Xornal galicia norte novembro 2014

Page 1

NOVEMBRO 2014 - ANO II - NUMERO 23

Prezo 1,20€

Proxecto para a Fábrica de Armas

PAX. 9


|Galicia|

2 //Novembro 2014 // Galicia Norte

Galicia é pioneira na racionalización da Administración O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na apertura das xornadas de debate sobre “Os entes instrumentais da Administración Pública de Galicia”, onde destacou que a Xunta foi pioneira en por en marcha un plan de racionalización da súa Administración paralela e comezar a adelgazar a Administración. O resultado deste proceso, que actualmente se atopa na súa terceira fase, suprimíronse máis de 70 entes e introducíronse centos de medidas de mellora naqueles que continúan funcionando. Grazas a todas estas medidas as arcas públicas galegas aforraranse máis de 57 millóns de euros cada ano, a maioría derivada das medidas de mellora da produtividade. Para pechar este proceso de reformas o Goberno galego puxo as bases para que a situación anterior, de desenfreo de entes paralelos, non se volva repetir;

e o ano pasado aprobou a Lei de Racionalización do Sector Público Autonómico de Galicia, que introduce unha serie de controis moi claros sobre os entes. Así, consolidáronse mecanismos de colaboración entre eles -para aproveitar as sinerxías e

evitar duplicar esforzos-, supeditouse a creación de novos entes ao ditame da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e converteuse o proceso de auditoría nunha práctica periódica para seguir medindo a eficacia e a pertinencia destes entes.

Normativa máis clara e transparente Rueda lembrou que ademais de por en marcha o Plan de Racionalización da Administración Paralela, a pasada lexislatura caracterizouse pola elaboración dunha nova normativa máis clara e transparente, que

contribuíse á posta en orde do mapa totalmente heteroxéneo de entes que había nese momento. Así, unha das primeiras leis que lanzou o novo goberno foi a reforma da lexislación de réxime orzamentario para garantir que os presupostos de todos estes entes figurasen nos Orzamentos xerais da Xunta. Ademais, considerouse prioritaria unha lexislación que puxera orde aos entes instrumentais e que culminou en decembro de 2010, coa aprobación da Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico. A Lofaxsga determinou o carácter de medios propios de todos os entes, definiu os procesos de creación e estableceu mecanismos de control transparentes como os plans de actuación ou os contratos-programa, que definía un modelo de xestión por obxectivos.

Turismo de Galicia celebrou unha reunión de seguimento do Plan Integral de Turismo de Galicia presentado a principios deste ano polo Goberno da Xunta de Galicia como folla de ruta do sector turístico ata o 2016. No encontro abordáronse os obxectivos estratéxicos sectoriais plasmados no dito Plan estratéxico. Así, tal e como expúxose na reunión, puido verse como moitos deles xa foron superados no que vai deste ano 2014 e como outros moitos están a punto de ser alcanzados. Un dos principais obxectivos marcados no Plan que xa foron superados con gran éxito foi o relacionado co turismo internacional. O número de viaxeiros internacionais que elixiron os establecementos regrados de Galicia nos últimos 12 meses acadou a cifra de 1.035.234, superando así o obxectivo previsto para 2016 dun millón. Así mesmo, o gasto total dos turistas

internacionais nos últimos 12 meses foi de máis de 855 millóns de euros, superando a cifra obxectivo dos 836 millóns que establece o Plan. En canto a cifra de viaxeiros aloxados en establecementos regrados, nos doce últimos meses acadou os 3.987.343, situándose moi preto dos 4 millóns establecidos polo plan. Así, de manterse a tendencia crecente dos últimos seis meses é previsible que no 2014 se acade dito obxectivo. Outro dos obxectivos estratéxicos de Turismo de Galicia céntrase no tempo que o visitante está aloxado nun establecemento. Nos establecementos regrados, a dita estadía media do último ano é de 2,13 noites, situándose preto dos 2,5 días establecidos coma obxectivo, un obxectivo moi ambicioso, dado que a estadía media é a primeira variable que se resinte ante situacións económicas non favorables.

En canto aos indicadores turísticos, durante a reunión destacouse o número de peregrinos que recibiu Compostela dende xaneiro a outubro, o cal aumentou un 10,5% en relación ao mesmo período de 2013. Este incremento é superior no mercado internacional que experimenta unha notable suba do 13%, constituíndo xa o 52% dos peregrinos que reciben a citada acreditación. O principal camiño, o Camiño Francés, creceu nun 7%, mentres o global do resto das rutas aumentou nun 18,6%. Deste xeito realizaron a ruta do Camiño Francés o 68% dos peregrinos con Compostela, o que demostra a diversificación das rutas ao aumentar o peso do resto das rutas. Tamén o número de turistas aloxados nos establecementos regrados de Galicia no acumulado ata setembro foi sinalado durante o encontro ao experimentar un aumento do 6,5%. Estes

resultados débense ao bo comportamento da demanda principalmente nos últimos 6 meses. O comportamento do mercado internacional é aínda máis positivo, cunha suba do 15,2%. A ocupación media hoteleira tamén aumentou en 1,26 puntos. No que se refire aos plans de accións, durante a reunión de seguimento constatouse que as porcentaxes de execución superan as previstas para o primeiro ano de implantación do Plan. Deste xeito, accións cuxo comezo estaba fixado no Plan para o segundo semestre deste ano 2014 contan xa con porcentaxes considerables de execución. Exemplo de elo é o plan de acción encamiñado á redución do impacto medioambiental global e a pegada ecolóxica das actividades turísticas, do que xa se executou un 18% con accións como o convenio firmado co Clúster de Turismo de Galicia. Tamén o baseado

na promoción para o impulso do turismo interno e turismo de proximidade, cun 12% de execución con accións como o Outono Gastronómico, De Tapas por Galicia ou as Rutas de Artesanía. Así mesmo, plans de acción como o centrado na promoción e apoio á organización de iniciativas de turismo deportivo para a captación de novos fluxos turísticos en tempada baixa, previstos para comezar no ano 2016 xa foron posto en marcha, neste caso levouse a cabo xa un 18% do mesmo. Entre as acción realizadas neste plan podemos destacar a primeira Travesía Náutica Xacobea, os circuitos de golf Cenor Camiño de Santiago e V Open Rías Baixas, Pantin Classic, e o Marisquiño. Como conclusión da reunión Turismo de Galicia acordou modificar á alza os obxectivos marcados a tres anos no Plan Integral de Turismo de Galicia que xa foron superados.

Galicia supera os obxectivos de turismo previstos para o 2016


|Galicia|

Galicia Norte //Novembro 2014 // 3

O proxecto de cooperación tranfronteiriza de emerxencia recibe novas axudas O vicepresidente da Xunta,

para continuar os logros xa

Alfonso Rueda, asistiu en Oporto á reunión do comité executivo do Proxecto ARIEM 112, onde se asinou o acordo que contempla a incorporación de 600.000 euros do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza EspañaPortugal, que servirán

acadados. Grazas aos bos resultados acadados, recentemente o Secretariado Técnico Conxunto do programa POCTEP confirmou o reforzo do proxecto cunha contía de 600.000 euros. Este importante reforzo económico permitirá

completar as accións que contribuirán a consolidar os mecanismos de cooperación e coordinación transfronteiriza, creando un marco de cooperación transfronteiriza rápido e eficaz que garanta a asistencia mutua. Entre outros asuntos, definíronse as liñas mestras do simulacro que se prevé realizar antes de que finalice o ano na zona transfronteiriza do Concello de Laza, en Ourense. Este exercicio ten por obxecto o rescate de vítimas como consecuencia dun accidente de tráfico e posterior accidente dun helicóptero de rescate nunha zona de difícil acceso. Neste operativo está previsto que interveñan organismos e unidades de emerxencias das tres rexión, coordinadas desde o posto de mando avanzado da Axega e en constante comunicación co Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia e os centros 112 implicados da rexión norte de Portugal. Outros asuntos que se abordaron foron os resultados

da segunda auditoría realizada pola Autoridade de Xestión do FEDER do Ministerio de Facenda, que se superou con éxito; un balance das actividades e os obxectivos desenvoltos; e a contratación de varias ferramentas de emerxencias, entre as que se atopan os equipos aéreos non tripulados,“drones”, unha cabeza tractora e unha app de localización de persoas en situación de risco. Ademais do vicepresidente, na reunión tamén participación o presidente da CCDR-N, Emidio Gomes, o Coordinador da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, Nuno Almeida, representantes da Axencia Galega de Emerxencias, autoridades da Agencia de Protección Civil de Castela e León e representantes do Instituto Nacional de Emergencia Médica, da Seguridade Pública de Oporto e da GNR por parte portuguesa. Proxecto ARIEM 112 O proxecto ARIEM 112 -Asistencia Recíproca

Interrexional en materia de emerxenciasten como obxectivo principal o establecemento dun mecanismo de colaboración entre os servizos responsables da xestión e mobilización de recursos de emerxencias na zona común transfronteiriza de Galicia, Castela e León e o Norte de Portugal. Cofinanciado con fondos FEDER, este programa abarca un total de 109 concellos a ambos lados da fronteira , cunha extensión de case 17.000 quilómetros cadrados e unha poboación estimada de preto de 600.000 habitantes, caracterizada polo envellecemento e a dispersión xeográfica. Con este proxecto, se pretende reducir os tempos de resposta e xestionar de maneira máis eficaz os centros de emerxencias -calquera que sexa o lugar onde xurda a incidencia-, de maneira que se favoreza a asistencia recíproca, inmediata e conxunta optimizando medios e recursos.

Descontos para familias numerosas

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a aprobación do acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consellería de Traballo e Benestar para a aplicación de descontos a familias numerosas no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia. Esta iniciativa permitirá a preto de 19.000 familias numerosas da

Comunidade beneficiarse de descontos de entre un 20% e un 50% -en función de se son familia numerosa xeral ou específica- no uso do transporte metropolitano. Na rolda de prensa do Consello, Feijóo explicou que a contía de bonificación se suma ás bonificacións que xa poden obter coa tarxeta de transporte metropolitano, que calquera cidadán en Galicia posúe ou pode posuír.

Así, o sistema de bonificación será o mesmo que o que se aplica á bonificación por recorrencia para os usuarios que superan as 40 viaxes ao mes, aos que se lle engade ese 20% e ese 50% a esa bonificación. Nese sentido, as viaxes realizadas nun mes polos membros de familias numerosas serán contabilizadas e procesadas, e o sistema realizará nunha recarga na tarxeta pola contía da bonificación con tan só introducila no caixeiro automático. Así mesmo, cómpre subliñar que estas bonificacións por familia numerosa son compatibles con outros descontos do programa tarifario, coa única limitación de que o importe total das bonificacións non poida superar o importe total da viaxe. As familias numerosas que empreguen habitualmente o transporte metropolitano sumarán, pois, un aforro engadido de entre o 20 e o 50% á me-

dia de aforro anual que xa ten un usuario frecuente do transporte público, que é de entre 300 ata 1.000 euros, dependendo da orixe e destino dos seus desprazamentos. O titular do Goberno galego precisou que para dar coñecemento desta medida, a Consellería de Traballo e Benestar remitirá, nos vindeiros días, unha carta a todas as familias numerosas rexistradas na Comunidade das áreas nas que esta iniciativa está operativa, para informalas destas vantaxes. O requisito que deberán cumprir é similar aos que se lles exixe os usuarios xerais do plan: dispor dunha tarxeta do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia e, especificamente, darse de alta telematicamente na aplicación social para familias numerosas da Dirección Xeral de Familia, de xeito que a Dirección xeral de Mobilidade conte cos datos dos usuarios que deben

percibir estas bonificacións. Plan de transporte metropolitano de Galicia Durante a rolda de prensa, Feijóo lembrou que o Plan de transporte metropolitano de Galicia comezou a súa andadura no ano 2011 e, actualmente, está implantando nas áreas da Coruña, de Santiago, de Ferrol e de Lugo. Asegurou que as cifras demostran que o transporte metropolitano é un éxito xa que se teñen rexistrado un millón de viaxes ao mes no conxunto destas catro áreas. Así mesmo, avanzou que o próximo Orzamento do ano 2015 prevé un incremento de máis do 42% das bonificacións para o transporte metropolitano, “dado que prevemos a súa implantación, de forma inmediata, na cidade de Vigo e, tamén se é posible seguir implantando nas dúas cidades que quedarían: Ourense e Pontevedra”, concluíu.


|Galicia|

4 //Novembro 2014 // Galicia Norte

Formación da Policía Local contra a violencia de xénero O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou pola formación e a preparación dos axentes de policía local galegos en materia de violencia de xénero. Foi durante o acto de entrega duns recoñecementos do traballo de varios axentes das Policías Locais de Santiago e Pontevedra, que se celebrou na sede da Academia Galega de Seguridade Pública. Rueda defendeu o importante labor destes axentes, os máis próximos ao cidadán, e anunciou que terán un papel fundamental na rede de Alerta Municipal para a detección temperá de casos de violencia de xénero. Para que cumpran con esa función de xeito meritorio brindoulles a colaboración da Agasp, como centro encargado da súa formación. A Xunta é consciente de que para avanzar na loita contra a violencia de xénero todas as administracións deben traballar de xeito conxunto. Así, en Galicia xa temos por primeira

vez a axentes da Policía Autonómica especializados neste eido, temos acceso á aplicación VIOGEN -grazas a un convenio de colaboración co Ministerio de Interior-, e estamos a elaborar un protocolo de colaboración entre forzas e corpos de seguridade.

No acto de hoxe entregouse por primeira vez na historia da Agasp unha placa de mérito colectivo, que recaeu no corpo de Policía Local de Santiago polo seu traballo e dedicación na traxedia de Angrois; e unha Medalla ao Mérito ao axente David Abollo, policía

local de Pontevedra que arriscou a súa vida nun rescate o ano pasado no río Lérez. Ademais, tamén se entregaron os distintivos de permanencia a 50 profesionais que levan 25 anos dedicando a súa vida a garantir a seguridade e a convivencia pacífica; os di-

plomas aos alumnos da 4ª promoción de oficiais da Policía Local -cunha mención especial pola súa excelencia- e os trofeos do V Campionato de Tiro Autonómico Policial. Temarios gratuítos na Internet A Xunta aposta por ofrecer a todos os axentes a formación máis completa posible desde o inicio da súa traxectoria. Así, ademais da formación puntual que reciben os axentes de novo ingreso, este ano a Academia dará un paso máis e publicará a partir deste mes -e con acceso libre e gratuíto en internet- os temarios para os cursos de acceso á policía local. Este ano a Academia convocou máis de 160 cursos de formación continua á Policía Local, 1.200 prazas e máis de 3.000 horas dentro dun plan de formación completo, que se elaborou a partir das suxestións dos propios alumnos e que atende especialmente á faceta práctica dos contidos.

Cursos sobre transparencia e medios para previr a corrupción A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, avanzou no Parlamento galego que o centro acollerá este mes dous cursos monográficos sobre Transparencia, goberno aberto e Administración pública e Ética pública e medios para previr a corrupción. No primeiro dos cursos debátese sobre quen debe controlar a transparencia, o acceso aos documentos administrativos, a simplificación das institucións políticas e administrativas e o presente e futuro da transparencia, entre outros temas. O outro curso é sobre Ética pública e medios para previr a corrupción e conta con

poñentes de perfil diverso e sobrado coñecemento na materia, como xuíces, fiscais, profesores universitarios, filósofos e profesionais dos medios de comunicación. A Egap como foro de debate Ademais deste adianto, Rodríguez-Campos tamén fixo balance do resto de cursos monográficos e xornadas que a Escola impartiu nos últimos anos, en total 15 iniciativas ás que asistiron máis de 1.400 persoas e que teñen convertido á EGAP “nun foro de debate das principais novidades que afectan á Administración, tratando en profundidade as políticas públicas máis relevantes e sempre a través dunha docencia de calidade”.

Neste sentido, fixéronse diversas xornadas sobre temas de grande transcendencia e actualidade, como a disciplina urbanística, a crise e reestruturación financeira, os modelos institucionais rexionais e a incidencia da nova lexislación de costas e ordenación do litoral. Tamén cursos monográficos sobre retos e perspectivas do emprego público nun contexto de crise, o futuro do Estado autonómico e a publicidade institucional. Xa neste ano 2014, a EGAP puxo en marcha o I Seminario Internacional sobre transparencia administrativa e protección dos intereses financeiros da U.E. na Eurorrexión Galicia-Norte de Por-

tugal, con especial atención ao control da xestión dos fondos da Unión Europea e as medidas de transparencia nos contratos públicos; e un curso monográfico titulado A reforma local a debate, no que se analizaron os efectos e incidencias da recente Lei de racionalización e sustentabilidade da Administración Local. Ademais, celebráronse tamén as Xornadas sobre as novas directivas de contratación pública e a súa transposición -con máis de 300 matriculados-; a Xornada ‘A xustiza que vén’, na que se ofreceu unha visión completa do que necesita o eido xudicial e das melloras que sería preciso implementar; e a recente

Xornada sobre Intimidade, imaxe e medios de comunicación públicos, onde distintos profesionais debateron sobre a convivencia do dereito á información e o respecto á intimidade e a honra das persoas sobre as que se informa. Segundo destacou a directora, a través destas iniciativas a Escola está a xerar debates para que a sociedade poida coñecer polo miúdo as distintas problemáticas que se suscitan ao redor do eido público, a fin de fomentar o intercambio de ideas e experiencias que permitan mellorar tanto a xestión como a propia organización administrativa, e cumprindo así coa vocación de servizo á cidadanía.


|Galicia|

Galicia Norte // Novembro 2014 // 5

O Camiño de Santiago é referente en Xapón Galicia e Xapón dan un paso máis na súa colaboración en materia turística e cultural coa xuntanza que mantiveron na Prefectura de Kagawa, na Illa de Shikoku, a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, e o responsable do departamento de Asuntos Exteriores do órgano administrativo xaponés, Jun Hajiro, ao obxecto de coñecer o proceso de creación, desenvolvemento e consolidación da promoción do Camiño de Santiago. Na actualidade, a Illa de Shikoku pretende desenvolver unha ruta de peregrinación que se estende polas catro prefecturas que compoñen este territorio –a propia Kagawa, Tokushima, Ehine e Kochi- e teñen como modelo de éxito o Camiño de Santiago. Nesta xuntanza, a directora de Promoción de Turismo de Galicia explicoulle ao representante da Prefectura de Kagawa e ao seu equipo de colaboradores o proceso seguido pola Xunta de Galicia e a Adminis-

tración do Estado para a declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade e como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Desenvolvemento da promoción do Camiño Ademais, Carmen Pita referiuse á celebración do Xacobeo, como gran evento conmemorativo dos anos santos composteláns e como medio de promoción do Camiño de Santiago e a comunidade galega,

tanto no interior de España como no estranxeiro. A directora de Promoción de Turismo de Galicia explicoulles aos responsables administrativos xaponeses as distintas rutas do Camiño e a protección coa que conta a Ruta xacobea por parte da Xunta de Galicia. Carmen Pita tamén informou en Kagawa dos incentivos públicos para a promoción do Camiño de Santiago e o Xaco-

beo. Exposición ‘Peregrinatio. O Camiño’ Durante a súa estadía en Xapón para a promoción turística de Galicia e o Camiño de Santiago, a directora de Promoción de Turismo de Galicia, tamén inaugurou a exposición ‘Peregrinatio. O Camiño’, no Aeon Hall da cidade de Wakaya, na Illa de Honshū. Enmarcada nos actos de celebración, esta exposición au-

diovisual é froito da recente e intensa viaxe realizada polo fotógrafo Manuel Valcárcel e o músico Alexandro González, ambos os dous galegos, a través de Italia, Francia, o norte de España e a Galicia xacobea, seguindo a mesma ruta que san Francisco percorreu no ano 1214 desde Asís a Compostela. Nesta viaxe contemporánea os autores mostráronse atentos á tradición cultural e á sensibilidade relixiosa que impregna os lugares e os camiños a Santiago de Compostela. Unhas paisaxes culturais e uns espazos sacros intimamente ligados á orixe evanxélica da tradición cristiá, sobre a que se asentan a mentalidade e a historia cultural dos pobos de Europa. Na súa estrita expresión física, o camiño de peregrinación vertebra territorios máis ou menos distantes, vincula o patrimonio cultural creado ao secular fluxo da peregrinación e proporciona a oportunidade de viaxar no tempo.

Tarxeta Bono-Cultura para 6.000 mozos Arredor de 6.000 mozas e mozos poderán beneficiarse da Tarxeta-Bono Cultura Galega que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá en marcha nos próximos meses dirixido ás persoas entre 18 e 30 anos. Esta nova e pioneira liña de axudas, anunciada onte polo conselleiro no Parlamento de Galicia irá dirixida a adquisición de libros en lingua galega e á a asistencia a espectáculos escénicos programados por compañías galegas e ten como obxectivo revitalizar o consumo de produtos culturais entre un sector da poboación especialmente vulnerable nestes momentos de dificultades de acceso ao mercado de traballo. A Tarxeta-Bono terá un custe de 50 euros, dos que o comprador achegará 33 e a Xunta 17. Con ela a

moza ou mozo poderá ter acceso – por exemplo- a 5 entradas de teatro cun custe de 10 euros cada un, cando realmente só aboou o prezo de tres entradas

(os devanditos 33 euros). A maiores a Consellería está a procurar descontos extra que as entidades colaboradoras (librarías e espazos escénicos)

poderán ofrecerlles aos usuarios da Tarxeta-Bono. De feito, xa está acordado coa Federación de Librarías de Galicia que as librarías participantes ofrezan un

10% de desconto nos libros adquiridos ao abeiro desta iniciativa, o que supón unha vantaxe aínda maior para o usuario. Ademais, a Consellería asinará un acordo de colaboración cun operador de plataforma tecnolóxica de venda para utilizar ese servidor de pagamentos e a súa experiencia na venda de produtos culturais en liña, de tal forma que se facilite o acceso aos usuarios. Segundo as estimacións da Consellería, este investimento permitirá mobilizar unha cantidade aproximada de máis de 300.000 euros de consumo nos dous sectores aos que vai dirixido esta iniciativa, o que supón un importantísimo impulso nun momento económico moi complicado para todos os sectores pero especialmente para o da Cultura.


|Cee/ Melide|

6 //Novembro 2014 // Galicia Norte

Máis de 49.500 euros para a Praza de Abastos A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou a praza de abastos de Cee, onde supervisou a realización dos traballos de mellora que se están a levar a cabo nas instalacións, que o Goberno galego cofinancia co concello cunha achega de 49.385 euros, é dicir, o 75% do total. Segundo indicou Do Campo, que estivo acompañada pola alcaldesa, Zaira Rodríguez, a Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, subvenciona esta actuación, que servirá para continuar co proxecto de rehabilitación do edificio iniciado o pasado ano, co fin de colaborar cos concellos na mellora competitiva dos mercados municipais e do comercio de proximidade, neste caso de Cee. As obras, que estarán concluídas antes do mes de decembro, incluirán a renovación da pavimentación exterior do recinto e a mellora da impermeabiliza-

ción, co fin de evitar esvaróns, por unha parte, e de filtracións de auga ao inmoble, por outra. Esta actuación súmase á levada a cabo o pasado exercicio, que permitiu substituír o pavimento do andar baixo do mercado para paliar o seu deterioro e eliminar as humidades no soto. Ese proxecto tamén contou cunha axuda de máis de 69.000 euros

por parte da Dirección Xeral de Comercio. O programa impulsado polo departamento autonómico enmárcase dentro da estratexia específica de apoio ao sector comercial que desenvolve a Xunta como unha das claves para a reactivación da economía das vilas galegas e reforza a colaboración do Executivo

autonómico cos concellos nun ámbito no que as súas actuacións resultan imprescindibles, tanto pola súa proximidade ao comerciante como polo seu coñecemento directo do comercio local.Na Costa da Morte. recibirán estas achegas tres concellos: Camariñas, Cee e A Laracha, que en total contarán con axudas por importe de case

69.500 euros.A liña destinada por Economía e Industria para a modernización dos mercados municipais contempla axudas de ata un máximo de 150.000 euros, un 25% máis que na anterior convocatoria, avanzando así no obxectivo de consolidar as prazas de abastos como líderes na venda de produto fresco e de calidade. Na provincia, as subvencións concedidas suporán un investimento de máis de 827.000 euros en 15 municipios. O departamento autonómico leva destinado no que levamos de ano 10 millóns de euros a diferentes programas de apoio dentro da estratexia específica de impulso á competitividade do comercio de proximidade, centrada en eixos como o apoio ao asociacionismo, o emprendemento e a apertura de novos establecementos comerciais, a innovación ou a potenciación das prazas de abastos como líderes na venda de produto fresco e de calidade.

Industria inviste 144.000 euros en Melide

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou o concello de Melide, para supervisar o

avance de diversos proxectos subvencionados pola Consellería de Economía e Industria no municipio, que

en total supoñen un investimento de máis de 144.000 euros. En primeiro lugar, Do Cam-

po, acompañada pola alcaldesa, Ángeles Vázquez, desprazouse ao polígono empresarial da Madanela, onde esta mesma semana arrancaron os traballos para instalar un novo sistema contraincendios. Esta actuación cofinanciarase entre o concello e o departamento autonómico, que destinará unha achega de 95.824 euros, que supón o 80% do investimento total. A delegada territorial explicou que as obras servirán para colocar unha rede de hidrantes para facilitar a prevención e extinción de incendios no parque industrial. Así, canalizarase unha tubaxe de abastecemento e en cada unha das parcelas haberá unha boca para hidrantes. A instalación completarase cun depósito de almacenamento de auga de 141 metros cúbicos de capacidade. Iluminación pública exterior Tras a visita á Madanela, Do Campo e a rexedora de Meli-

de comprobaron o resultado do proxecto de renovación da iluminación pública exterior levado a cabo na rúa Martagona, ao abeiro da convocatoria de Economía e Industria para este fin, a través da que conseguiu unha achega de 48.442 euros para a substitución de luminarias por outras máis eficientes e menos contaminantes. Estas medidas supuxeron o cambio de 84 puntos de luz formados por 35 lámpadas de mercurio cor corrixido e 49 de sodio de alta presión por equipos led, que permitirán diminuír a factura eléctrica en preto de 9.000 euros ao ano e as emisións de dióxido de carbono en 37,4 tonelada ao ano. “A través desta actuación contribuímos ao aforro enerxético do concello nunha das súas partidas máis destacables, tendo en conta que a iluminación pública supón, de media, case o 70% do consumo eléctrico dun municipio”, explicou a delegada.


|Oroso/Ortigueira|

Galicia Norte //Novembro 2014 // 7

Segundo curso da escola de pais e nais O concelleiro de Familia e Ensino, Antonio Leira, vén de inaugurar o segundo curso da escola de pais e nais “Espazo de Familia”, unha iniciativa organizada polo Concello de Oroso e subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña que terá lugar en martes alternos, en horario de 16:00 a 18:00 horas, no local social de Vilarromariz. “Espazo de Familia” é unha iniciativa dirixida ás familias do alumnado do Centro Rural Agrupado (CRA) de Oroso que pretende converterse nun punto de encontro para que os pais e nais reflexionen e afonden de xeito colectivo naqueles temas que máis lles preocupan sobre a educación dos seus cativos. Leira Piñeiro agarda que este segundo curso sexa “moi positivo, non só polo enriquecemento de poñer en común as dificultades e os acertos de cada familia na educación dos seus fillos, senón porque a proximidade das familias e dos profesionais neste punto de participación permitirá

mellorar a comunicación entre as familias e o profesorado, mellorará as habilidades parentais e facilitará a elaboración de estratexias educativas”. Por esa razón, as xornadas estarán un ano máis baixo a coordinación da psicóloga familiar do Concello de Oroso, Monserrat Lata. “Partimos dun grupo de persoas que ten gañas de facer algo. Polo que entendemos que neste espazo de par-

ticipación e encontro todos e todas temos que achegar as nosas ideas e esforzos. As familias son o eixe central deste punto, mais a colaboración de todas as persoas involucradas na educación enriquece estas experiencias”, apunta Monserrat Lata. Durante o seu primeiro curso, “Espazo de Familia” ofertou un total de seis sesións con temáticas moi variadas e de acordo coas peticións dos

pais e nais participantes: dende como afrontar o primeiro día de clase ata como resolver os conflitos cos cativos. De feito, a cuestión de como afrontar os conflitos cos nenos foi un dos máis recorrentes, analizándose cuestións como a imposición de normas e límites, a conveniencia ou non do castigo ou a importancia de saber colaborar cos pequenos e impulsar a súa autonomía. Esta escola de pais é froito dun proxecto posto en marcha de xeito experimental polo Concello de Oroso en verán de 2013. A boa acollida daquela iniciativa motivou que Leira Piñeiro se comprometera a poñer en marcha esta escola de pais e nais durante o curso 2013-2014. Un compromiso que se fixo efectivo en febreiro de 2014 e que agora goza de continuidade “para dar cumprida resposta a unha demanda dos profesores e da ANPA de poñer a disposición das familias un espazo no que compartir experiencias sobre a educación dos fillos e aprender uns dos outros”, explica o concelleiro de Familia e Ensino.

Residencia para persoas con discapacidade O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou a sede de Aspromor (Asociación Prominusválidos do Ortegal) en Ortigueira para asinar co presidente da asociación, Fernando Nieto Cortijo, un último convenio para rematar a residencia para persoas con discapacidade. A través deste acordo a institución provincial facilitará 68.847,48 euros para financiar o 30,55% do orzamento total para a construción da área reservada a persoas con deficiencias intelectuais moi graves. Se inclúen aquí traballos de albanelería, pavimentos, carpintería interior, fontanería e electricidade, entre outros. Está previsto que dispoña de cinco habitacións dobres e diversas estancias comúns. Esta achega súmase aos 300.000 euros que xa entregou a Deputación para as fases anteriores do proxecto e que permitiron erixir tanto a estrutura do

edifico como o primeiro andar. Nesta visita, Diego Calvo tivo a oportunidade de coñecer de primeira man tanto o avance das obras que están actualmente en marcha, como da unidade de día que está en funcionamento. Alí os usuarios desenvolven obradoiros como o de reciclado de plásticos ou de algodón de fregonas que lles permite estar activos. En canto ás obras, Aspromor calcula que todos os traballos estarán rematados no primeiro trimestre de 2015 e dedicará ese ano a adecuar e equipar a residencia para que estea funcionando na súa totalidade no 2016. Tras comprobar os resultados, Diego Calvo recoñeceu a Aspromor o gran labor que realizan e destacou o feito de que apostasen por un proxecto viable. “É un exemplo de cómo hai que traballar, paso a paso e con sentidiño”, declarou o presidente da Deputación en referen-

cia a que a obra se fixo por fases e asegurando a viabilidade futura das instalacións, segundo o número de usuarios que ían ter: “Porque sacades proxectos viables en tempos de crise”, insistiu o portavoz. O titular provincial ademais, se comprometeu a seguir colaborando con esta asociación para o seu bo funcionamento no futuro. En total o organismo provincial fíxose cargo do 20% de todo o proxecto, feito polo que o presiden-

te da asociación mostrouse moi agradecido coa Deputación. Por último e grazas aos talleres de reciclaxe que desenvolve Aspromor, Calvo invitounos a participar no I Encontro Empresas e Concellos que terá lugar en Expocoruña os días 26,27 e 28 de novembro. Centro único na zona Este novo centro, único destas características na comarca de Ortegal, dará servizo a unhas 48 persoas non só de Ortigueira

senón de outros concellos como Cariño, Mañón ou Cerdido, e incluso das Pontes. Unha vez rematadas, as instalacións disporán de centro de día e centro residencial para dous tipos de afectados: persoas con discapacidade intelectual adulta e persoas con discapacidade gravemente afectadas (PDIGA) e que polo tanto teñen necesidades de apoio extensas e xeneralizadas en situación de dependencia.


|A Coruña|

8 //Novembro 2014 // Galicia Norte

A Coruña, marca internacional de turismo industrial A Deputación puxo en marcha as primeiras xornadas informativas enmarcadas no convenio de colaboración asinado coa Fundación EOI (Escola de Organización Industrial) para mellorar a competitividade das pemes vinculadas ao sector turístico da provincia. Onte celebrouse un primeiro encontro na Coruña cos concellos do norte da provincia e hoxe un novo seminario en Santiago dirixido aos municipios do sur. Nestes primeiros talleres tamén participaron axentes de desenvolvemento local e asociacións, e está prevista a celebración futura de xornadas destinadas ás empresas. E é que un dos retos deste programa é, precisamente, mellorar a competitividade das pemes do sector afincadas no territorio a través da marca turismo industrial. O obxectivo destas sesións é explicar a todos os implicados este novo proxecto que pretende crear un novo produto turísticofocalizado no turismo industrial e converter así á pro-

vincia da Coruñanun referente

cursos turísticos territoriais do

e unha aplicación móbil na que

nacional e internacional neste ámbito. Este novo Produto de Turismo Industrial será competitivo, colaborador e de calidade e contribuirá a dinamizar e aumentar a rendibilidade económica e social da provincia a través da activación dos re-

medio rural. Entre as tarefas a desenvolver no marco do proxecto, destaca a realización de labores de consultoría en materia de innovación turística e o desenvolvemento dunha plataforma web de difusión turístico-industrial

se mostrará o novo produto “Turismo Industrial na Provincia da Coruña”. A participación no proxecto, non supón ningún custo para as Pemes beneficiarias, que en cambio si poderán obter un retorno económico vinculado

coa explotación turística, así como as Pemes turísticas que permitan reforzar a oferta industrial. Este proxecto, que se desenvolverá integramente na provincia, conta con 200.000 euros de financiamento e conta con axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Escola de Organización Industrial A Escola de Organización Industrial, fundada en 1955, é a primeira escola de negocios en España. Con 70.000 antigos alumnos nos seus preto de 60 anos de historia, EOI conta con máis de 1.800 empresas que confían no seu Alumni como fonte de recrutamento de talento. Actualmente, EOI ten máis de 1.200 profesores e 4.300 alumnos cada ano, que imparten máis de 80.000 horas dunha formación baseada no liderado na xestión empresarial. Todo iso, a través do apoio das novas tecnoloxías que fan de EOI unha escola dixital de referencia.

Donación de 3.000 Recuperación do euros para o parkinson arquivo histórico parkinson

O concelleiro de Deportes,Francisco Mourelo, entregou á Fundación Fortes os 3.000 euros recadados na oitava edición de Coruña10 para o proxecto Coppadis (Cohort ofPatients with Parkinson Disease in Spain 2015), un programa que ten como obxectivo colaborar no desenvolvemento de novos tratamentos que melloren a calidade de vida de pacientes e coidadores de enfermos de parkinson. O responsable municipal de Deportes agradeceu a solidariedade demostrada unha vez máis polos atletas participantes e pola sociedade coruñesa en xeral, pois, dos 3.001,50 euros recadados, 2.121 euros procederon do 10% das cotas de inscrición á

proba e 880,50 euros corresponderon ás achegas voluntarias dos corredores e das doazóns efectuadas na Fila Cero aberta para a ocasión. Coppadis é un estudo pretende que mellorar a calidade de vida de pacientes e coidadores e influír de xeito positivo no seu ámbito social e familiar. Así, traballa en ampliar os coñecemen-

tos sobre esta enfermidade para ensaiar futuros tratamentos e reducir os custos socioeconómicos. Máis de 30 hospitais sumáronse xa á iniciativa: oparkinson é a segunda enfermidade neurodexenerativa por número de habitantes .

A Deputación da Coruña renova o seu compromiso coa Fundación 10 de marzo para o proxecto de investigación, recuperación, conservación e difusión do seu arquivo histórico. A través dun convenio firmado entre o presidente provincial, Diego Calvo, e o presidente da fundación, Xan María Castro Paz, a entidade, vinculada ao sindicato de Comisións Obreiras, recibirá 9.238,75 euros para desenvolver os traballos de

organización, clasificación e catalogación da colección fotográfica do seu arquivo histórico. Neste acordo tamén está incluída unha primeira fase de restauración do fondo documental de José Pasín Romero. Con esta achega, ademais da recuperación de documentos, abonarase tamén parte dos salarios dos traballadores. En total, a Deputación asume o 80% do orzamento total, que ascende a 11.550,29 euros.


|A Coruña|

Galicia Norte //Novembro

2014 // 9

Novas infraestructuras xudiciais O vicepresidente, Alfonso Rueda, comprobou o avance das obras de rehabilitación da antiga fabrica de Tabacos, que dotará á cidade da Coruña dun novo edificio xudicial sen parangón, consolidando as infraestruturas xudiciais da cidade e recuperando para uso de todos os coruñeses un inmoble senlleiro que se atopaba abandonado. As obras permitirán dotar á Administración de Xustiza dunhas infraestruturas idóneas para os que nela traballan e para os milleiros de cidadáns que as utilizan cada día. Alfonso Rueda estivo acompañado na visita polo alcalde da Coruña, Carlos Negreira; pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas; o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela; e distintos axentes xudiciais; que puideron comprobar in situ a evolución desta actuación,

que xa leva meses en marcha cunha primeira parte fundamental, como é a demolición e desescombro de parte do interior do edificio, respectando os seus importantes valores arquitectónicos e patrimonais. Esta actuación enmarcase no

Plan de Infraestruturas Xudiciais posto en marcha pola Xunta e dotado con preto de 100 millóns de euros, o que permite levar a cabo actuacións fundamentais e moi necesarias nas grandes sedes xudiciais galegas. Esta obra

contan cun investimento arredor de 15 millóns de euros, o que constitúe un dos maiores investimentos nun edificio en Galicia na última década e dunha das maiores actuacións levadas a cabo para unha sede xudicial das que se teñen feito

nunca na nosa comunidade. O Plan de Infraestruturas Xudiciais representa ademais unha aposta pola colaboración entre Administracións, xa que son os concellos os que poñen á disposición da Administración de xustiza os terreos ou edificios e a Xunta a que se encarga de construír as infraestruturas. A nova sede xudicial dará servizo á Audiencia Provincial, á Fiscalía, xulgado de menores, vixiancia penitenciaria, salas de vistas, colexio de procuradores, colexio de avogados, despachos de psicólogos, traballadores sociais e médicos nun espazo de máis de 15.000 metros cadrados, que albergarán case 200 traballadores da Administración de Xustiza, e que permitirán incrementar nun 70 por cento a superficie das unidades xudiciais actuais, resolvendo os problemas de espazo para os vindeiros vinte anos.

Proxecto para a Fábrica de Armas

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, mantivo hoxe unha reunión con Juan Gómez Rey e Ramón Mejuto, responsables de Hércules de Armamento, que visitaron o Concello para presentar en profundidade o plan da

factoría. O devandito plan, segundo os responsables da empresa, considera os seguintes compromisos: . Importante carga de traballo, grazas ao aval de 8 empresas comprometidas. . A creación de 155 postos

de traballo ata outubro de 2015 e a previsión de sumar máis de 200 empregos directos no segundo ano. . A recuperación da escola de formación, “a antiga escola de aprendices”, para a xeración de novos empre-

gos especializados en colaboración coa UDC ou outras institucións educativas. . Unha comercialización xestionada dende a cidade: “Temos unha fábrica independente que ten vida propia dende A Coruña”, sinalaron os responsables os que destacaron a importancia desta cuestión.No transcurso do encontro, Carlos Negreira transmitiu aos responsable de Hércules de Armamento o firme compromiso do Goberno local co emprego industrial: “Temos moi claro que eses 300.000 metros cadrados teñen que estar destinados a unha actividade industrial para convertelos no quilómetro 0 da innovación do século XXI. Así o plasmamos nos documentos urbanísticos e enCoruña Futura: a Fábrica de Armas ten que ser a punta de lanza do em-

prego industrial”, asegurou o alcalde. Ademais, Negreira sinalou que un proxecto tan importante para a cidade ten que sumar para que “sexa máis grande e o mellor posible”. Neste sentido, propuxo que se tivese en conta a todos os que participaron en todo o proceso, tanto á outra empresa- cuxas formulacións e carga de traballo poderían ser aproveitables- como aos extraballadores: “Pedín que teñan sensibilidade coas persoas que deixaron parte da súa vida activa e profesional na Fábrica de Armas e axudaron a culminar este proceso. O obxectivo é sumar para cumprir esa previsión de chegar a outubro de 2015 con, polo menos, 155 postos de traballo e contar cun gran proxecto no que ninguén quede descolgado”, finalizou.


|A Coruña|

10 //Novembro 2014 // Galicia Norte

O presidente do Museo de Picasso de París visita A Coruña

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, agradeceu persoalmente en París a Laurent Le Bon, presidente do Musée Picasso París, a súa colaboración coa exposición El primeiro Picasso, que se celebrará o próximo ano no Mu-

seo de Belas dá Coruña, entre febreiro e maio, e que está organizada polo Concello e a Fundación Emalcsa, en colaboración coa consellería de Cultura e co Museu Picasso de Barcelona. Con esta mostra conmemorarase o 120 aniversario da primeira exposición individual do pintor, realizada en febreiro de 1895, nun local comercial da rúa Real coruñesa. Carlos Negreira deu as grazas a Le Bon por “o enorme esforzo” que fixo o Musée Picasso de París para colaborar coa exposición coruñesa do próximo ano, pois cederá obra malia que a pinacoteca volve abrir as súas portas esta semana tras cinco anos pechada. As pezas coru-

ñesas do artista malagueño constitúen unha parte fundamental da colección e o museo parisiense terá que prescindir delas en parte, durante tres meses ao ao pouco da súa reapertura, para cedelas a El primeiro Picasso”, subliñou o rexedor coruñés, quen tamén puido agradecer persoalmente a Anne Baldassari, anterior presidenta do Musée, o apoio que esta ofreceu á exposición coruñesa dende un primeiro momento. O alcalde destacou que este convite aos actos de reapertura doMusée e este encontro con Le Bon supoñen ademais unha “lombeirada internacional” ao proxecto de potenciación da etapa coruñesa Picasso em-

prendido polo Concello coruñés dende a súa chegada a María Pita. “París, Antibes, Málaga e Barcelona, que son os museos picassianos máis importantes do mundo, están a valorar o noso traballo”, destacou, precisando, a continuación, que os dous museos que hai en Málaga, o de Antibes e o de Barcelona tamén colaborarán con El primeiro Picasso. O encontro entre Negreira e Le Bon -a quen o rexedor regalou dous libros de temática coruñesa- tivo lugar hoxe pola mañá na sede doMusée Picasso Paris, onde o alcalde percorreu -acompañado polo persoal de confianza do presidente do Musée- as salas da remodelada

pinacoteca, cuxa exposición se abre precisamente con dúas obras realizadas polo artista andaluz na Coruña, La rapaza dos pés descalzos e El home da gorra. O rexedor coruñés, que acudiu á capital francesa acompañado polo tenente de alcalde María Luisa Cid, cualificou de “extraordinarias” as novas instalacións do Musée Picasso París, remodeladas e ampliadas tras un investimento de 31 millóns de euros. O Musée, inaugurado en 1985 e que posúe unha colección de 5.000 pezas que abranguen todas as etapas da obra do artista malagueño, reabrirá as súas portas ao público o próximo venres 25 de outubro.

Máis de un millón de euros para xerar actividade económica O Concello da Coruña, a Fundación EMALCSA, a Fundación Incyde e a Cámara de Comercio da Coruña asinan dous novos convenios dirixidos tanto a emprendedores e empresarios de pequenas e medianas empresas en xeral, como aos vinculados ás industrias culturais e creativas para crear e consolidar emprego O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, asinou dous convenios de colaboración entre o Concello, a Fundación EMALCSA, a Cámara de Comercio da Coruña e a Fundación INCYDE (Instituto Cameral para a creación e desenvolvemento da empresa) e acordou a firma dun novo convenio para dotar ao CIEM (Centro de Innovación e Emprendimiento Municipal) de mobiliario e equipamiento. No acto tamén estiveron o presidente da Cámara de Comercio, Marcelo Castro-Rial e o director xeral da Fundación INCYDE, Javier Collado, ademais da tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid. Trátase de dous convenios de colaboración por importe de 91.794 euros que van supoñer dous novos programas de formación -uno destinado a emprendedores e pymes e outro destinado á creación e consolidación de empresas de industrias culturais e creativas- coas súas dúas correspondentes xornadas de reforzo. Os programas contan cun 80% de financiamento a cargo do Fondo Social Europeo. “Estes acordos son unha mostra da colaboración do Concello tanto

coa Cámara de Comercio da Coruña como coa Fundación Incyde e viran en torno a outro proxecto en común como é o CIEM, situado no Papagayo e licitado este mes de outubro”, explicou o alcalde e engadiu: “Con estes dous novos proxectos buscamos persoas e empresas que queiran integrarse no novo vivero de empresas” Carlos Negreira aclarou que a intención é compasar a realización destes programas coa posta en marcha do CIEM. O primeiro dos convenios inclúe o desenvolvemento dun Programa de creación e consolidación de empresas e autoempleo Emprende en positivo e a súa correspondente xornada de reforzo, que se dirixe tanto a emprendedores, cunha idea que queiran desenvolvela e levala a cabo, como a pequenas e medianas empresas que queiran consolidarse ou incrementar a súa rentabilidad. O segundo dos convenios diríxese á creación e consolidación de empresas de industrias culturais e creativas, a través dun programa de formación e a súa correspondente xornada de reforzo, convenio que conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través da Fundación Incyde: “Somos a única institución española que ten este tipo de colaboración co Ministerio para desenvolver 6 ou 7 programas ao ano, dedicados a crear e consolidar industrias culturais e creativas”, destacou Javier Collado, quen subliñou o gran éxito desta iniciativa.

“Con este convenio preténdese potenciar as industrias culturais e creativas e integralo noutros proxectos que seguen esta liña como o Dsitrito Creativo, recollido en Coruña Futura e a posta en marcha de CIDEA. Temos moita actividade neste campo e pretendeemos xerar un caldo de cultivo que potencie as industruias culturais e creativas da cidade”, explicou o alcalde. Carlos Negreira tamén informou de que, no transcurso da reunión, acordouse a firma dun novo convenio por importe de 100.000 euros (o 80%, a través do Fondo Social Europeo) para dotar ao CIEM de equipamiento e mobiliario: “Coa colaboración da Fundación Incyde e a Cámra de Comercio da Coruña, estamos destinando máis de 1,5 millóns de euros a este proxecto que nace da colaboración institucional co

obxectivo de situarnos en primeira liña do noroeste español en apostar por esta fórmula de futuro consistente en buscar emprendedores e xerar actividade económica para o conxunto da cidadanía” Neste sentido, Marcelo Castro Rial recordou que, estes dous novos convenios asinados hoxe (91.794 eruso) e o acuedo para destinar 100.000 euros para equipameinto e mobiliario do CIEM, súmanse ao convenio para poñer en marchar o CIEM (1,1 millóns de euros) e o convenio asinado o ano pasado para a realización de 7 programas de formación e tres xornadas de reforzo (345.000 euros). “Todo este conxunto de iniciativas son unha oportunidade única para recibir asesoramiento personalizado e formación”, destacou o presidente da Cámara de Comercio coruñesa.


|A Coruña|

Galicia Norte // Novembro 2014 // 11

Remodelación das prazas da II Fase da Elviña O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, visitou a II Fase de Elviña con motivo das obras de reurbanización das prazas da rúa María Casares e a avenida deOleiros, un proxecto enmarcado dentro do Plan Municipal de Modernización de Espazos Públicos e, en concreto, dentro dun Plan de Mellora de Prazas na II Fase de Elviña que actuará, ata 2017, nas 10 prazas do barrio cun investimento municipal de 3,3 millóns de euros. “Comezamos dando prioridade a estas dúas prazas, que supoñen a maior parte do investimento, atendendo ás demandas de veciños e comerciantes,” explicou o alcalde, quen engadiu: “Estas actuacións cumpren co dobre obxectivo de, por un lado, dar máis protagonismo aos peóns, creando mellores espazos de convivencia e mellorando a calidade de vida dos veciños; e, por outra parte, ofrecer unha imaxe

homoxénea, co mesmo nivel en todos os barrios e que, polo tanto, todas as zonas da cidade ascendan a primeira división”.Así, a primeira actuación do Plan de Prazas, en María Casares e avenida de Oleiros, atende grandes demandas veciñais e dos comerciantes da zona como, por exemplo, a inclusión dunha zona de carga e descarga, paso de peóns, incremento no número

de prazas para discapacitados ou unha reordenación e mellora das zonas de aparcadoiro, arboredo e xardíns. O presuposto ascende a 729.395,97 euros, o que supuxo un aforro de case o 20% (179.901,60 euros) con respecto ao presuposto de licitación; e o prazo de execución será de seis meses. “As obras -explicou o alcalde-, realizaranse por fases para non afectar á

Educación e defensa na FP A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo no seu despacho do edificio administrativo de Monelos unha nova reunión co delegado de Defensa en Galicia, o capitán de navío José Abad Vila, con quen analizou o programa de colaboración establecido entre as dúas institucións que representan. Neste senso, no ámbito de educación, desde a xefatura territorial desta consellería e desde Defensa, organizaranse diversas actividades ao longo do ano cos distintos membros da comunidade educativa dos

centros de Formación Profesional da provincia da Coruña para dar a coñecer e acercar á sociedade a actividade e os servizos das Forzas Armadas. Trátase da primeira experiencia destas características que se levará a cabo en Galicia. Este programa conxunto arrancará a vindeira semana con charlas en tres centros integrados de FP da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela, dirixidas aos directores e orientadores destes centros, ás que tamén están invitados os institutos de Educación Secundaria da zona. O obxectivo é

continuar con estes encontros ao longo do curso e estender a súa participación ao alumnado de cada centro. Na mesma liña, Do Campo e Abad expresaron a súa vontade de continuar a traballar de xeito coordinado para seguir avanzando nun modelo de colaboración na área de Formación Profesional, co obxectivo de ofrecer unha formación de calidade que, pola súa orientación á práctica, ten demostrado ser unha porta de acceso ao emprego.

actividade diaria ou á capacidade de aparcadoiro da zona”. Así, a praza da rúa María Casares realizarase en tres fases e a da avenida de Oleiros, en dous, cun parón durante o Nadal para que a actuación non inflúa na actividade comercial do barrio. Carlos Negreira explicou que esta actuación nas prazas da II Fase deElviña se enmarca dentro do Plan Municipal de Mo-

dernización de Espazos Públicos que conta cun presuposto de máis de 23 millóns de euros para 2014.O alcalde tamén recordou o compromiso do Goberno municipal co barrio e que propiciou, grazas ao diálogo e colaboración existente entre administracións e, en concreto, co Ministerio de Fomento, que o proxecto da Terceira Rolda conectase os barrios do Birloque eElviña a través dun paso superior sobre a avenida de San Cristóbalque permitirá manter a conexión, tanto peonil como para o tráfico rodado e de bicicletas, entre a rúa Pablo Picasso e a avenida deGlasgow. Demos solución a un problema que angustiaba aos veciños destes dous barrios xa que quedaban illados e agora, a partir de abril de 2015, farase realidade un proxecto que gobernos anteriores non contemplaran e que incomunicaba a estes dous barrios da cidade, concluíu.

O carril bici máis longo de España O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, ofreceu unha conferencia inaugural do foro “Iniciativas de Xestión Ambiental ao Servizo da Sociedade” que organiza o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) na súa sede en Oleiros. Centrou a súa intervención na presentación do proxecto da rede ciclista metropolitana que ten previsto desenvolver a institución provincial en canto dispoña dos terreos municipais necesarios. “Non estamos suxeitos a unha actuación conxunta, xa que podemos facer as obras por tramos. A medida que teñamos os terreos, iniciaremos as licitacións previas ao inicio das obras”, insistiu o titular provincial. Calvo explicou en qué consiste esta iniciativa que permitirá dispor do carril bici máis longo de España ao superar os 70 quilómetros . Chegará den-

de o concello de Arteixo ata Oleiros, pasando por A Coruña, Culleredo e Cambre. “Estamos ante un proxecto aberto a calquera concello que queira sumarse”, adiantou o presidente da Deputación, que anunciou que xa mostraron o seu interese en participar no carril bici responsables municipais de Sada, Abegondo y A Laracha. Durante a súa intervención, o presidente provincial salientou que xa está blindado o orzamento, que ascende a 3,7 millóns de euros, á espera de poder licitar as obras que darán inicio a esta actuación. “O obxectivo deste carril é combinar os distintos usos: o ocio e o deporte, co transporte rodado”, afirmou Calvo, polo que esta infraestrutura se converterá nun “referente a movilidade branda”, solucionando así moitos dos problemas de circulación da comarca.


12 // Novembro

|Cambre|

2014 // Galicia Norte

Novo convenio co Club Baloncesto Cambre O alcalde, Manuel Rivas, acompañado polo edil de Deportes, Fernando Caride, selou un novo acordo co presidente do club Baloncesto Cambre Caeiro,Javier Prieto, que permitirá á entidade seguir realizando os seus proxectos deportivos especialmente en desenvolvendo os seus programas de formación base. Este convenio, que terá unha vixencia dun ano, enmárcase dentro da política de apoio ás entidades deportivas municipais que veñen desenvolvendo actividades de fomento da práctica deportiva, organi-

zación de eventos deportivos e de participación cidadá. Destacar que o club Baloncesto Cambre se converteu, nestes últimos anos, nunha entidade de referencia a nivel autonómico no mundo do baloncesto polo seu gran traballo coas escolas dirixidas aos máis pequenos e os éxitos obtidos nas categorías señor. A subvención que se concede ascende a 9.000 euros e servirá para que este club de referencia poida seguir levando a cabo o seu labor formativo no campo do baloncesto dentro de Cambre.

Un ano máis Cambre organizou a XII edición das Xornadas Castrexas durante os días 18 e 19 de outubro. Durante dous días, case medio centenar de asistentes disfrutaron de diferentes ponencias de expertos na materia e unha excursión a Celenova para achegarse ata o Castro de Castromao.

O Concelleiro de Cultura, Santiago Ríos, e o responsable das Xornadas, Ramón Boga, explicaron en rolda de prensa as xornadas que este ano contaron cunha participación de máis de 150 persoas. Ríos asegurou que o goberno local seguirá apoiando as xornadas que contan cada ano

XII Xornadas Castrexas

cunha maior participación e “porque temos a obriga de velar pola educación, a cultura e a historia, nosos mayores tesouros”, afirmou Ríos. As ponencias comezaron ás 17.00 horas. A primeira a cargo de Fidel Méndez Fernández, titulada: “Castro de Elviña: campaña de escava-

ción do 2013”. Tras o descanso deu comezo a conferencia de Francisco Javier González García, “Como coñecer a relixión na gali cia da Idade do ferro”. Xa o domingo un autobús partiu dende a casa consistorial para dirixirse a Samos. Alí os participantes percorre-

ron o Castro de Formigueiros. Despois pasaron pola vila de sarria e remataron cunha visita guiada ao Mosteiro de Samos. Os responsables recordaron que as inscripcións son de balde e únicamente os participantes pagaron a súa comida nun restaurante a zona lucense.


|Cambre/Lousame|

Galicia Norte// Novembro 2014 // 13

Axudas para entidades sociais O alcalde de Cambre, Manuel Rivas e a concelleira de Servizos Sociais e Benestar, María Jesús González Roel, asinaron tres convenios de colaboración con varias entidades sen ánimo de lucro do concello,APEM, ARElA e ASPACE. A presidenta de Apem, Antonia Pérez, a presidenta de Arela, Belén Sixto, e Antonilin Rodríguez, de Aspace,asistiron ou acto do pasado venres. En total ou concello destina para ás tres asociacións 7.500 euros co obxectivo de que continuendesenrolando vos seus programas de axuda promoción social dous enfermos mentais, con paralise cerebral ou persoas con algunhadiscapacidade e ás súas familias. APEM (Asociación Peo Enfermos Mentales de La coruña) Apem conveniou unha axuda de 3.000 euros. Entre vos obxectivosdesta asociación Asociación está ou dá recuperación e rehabilitación dous enfermos mentais do municipio de Cambre e asúa integración na sociedade, así como poder prestarasesoramento psicolóxico e sobre saúde mantal aos familiares dous afectados pola enfermidade mental, e posibilitar a ocupacióndo tempo de lecer déaste colectivo que non

ten suficientes recursos para poder acudir e desenvolver actividades acordes a súaproblemática. Por todo isto, ou concello de Cambre ven asinandonos últimos anos, convenios de colaboración con esta Asociación,xa que carece do persoal e recursos necesarios para fomentar este tipo de

talleres que se desenvolvan dende amesma onde adéstrase aos usuarios en diferentes técnicas:encadernación, enmarcado de cadros, cestaría, xardinería, cerámica, cartón pedra, costura, coiro, mecánica...Así como participación na Escola de familia e grupos de autoaxuda. Actualmente asis-

actividades. Ditos convenios formalizados en anos anteriores entre este Concello e APEM para a promoción social dous discapacitados psíquicos realizáronse de xeito satisfactorio. Así, un ano máis, proponse a aprobación dun novo convenio, para déaste xeito seguir prestando a atención necesaria aos veciños eveciñas de Cambre con enfermidades mentais, físicas e/ousensoriais a través dous recursos e persoal do que dispoña APEM, facilitando a incorporación nos

ten ao centro 6 veciños do municipio de Cambre. AREla (Asociación de Persoas con Discapacidade e Familiares deCambre) Arela conveniou unha axuda de 2.500 euros A Asociación dePersoas con Discapacidade e Familiares de Cambre (AREla) nace non ano 2007, a través dun grupo de familiares de enfermos con algún tipo de discapacidade, xa sexa sensorial, cognitiva, física ousíquica que tingan moitas inquedanzas e querían loitar polosdereitos

dás persoas con discapacidade e de poder ofertar, por un lado, máis actividades de ocio e lecer para este colectivo (excursións, saidas culturais, celebración de datas sinaladas...), e por outro lado, poder ofrecer servizos de xeito máis económico que son necesarios para eles, tales como fisioterapia, logopedia e terapia ocupacional. Así, proponse a aprobación dun convenio para formalizar a subvención nominativa consignada non orzamentomunicipal de 2014, e déasche xeito colaborar na prestación dá atención necesaria aos veciños e veciñas de Cambre condiscapacidade e aos seus familiares, a través dous medios epersoal dous que dispoña AREla, e facilitando a incorporación aos servizos e ás actividades de lecer que se desenvolvan dende a mesma e que son ás seguintes: - Tratamento logopédico: para previr e tratar alteracións dá fala, voz, linguaxe, audición, lectura e escritura. Ás sesións (2 semanais dunha hora cada unha) realízanse de xeitoindividualizado e en coordinación Co Centro de ensino do neno. - Fisioterapia: potenciar ou desenvolvemento sicomotor que limita a independencia dous usuarios, empregando un

conxunto de técnicas que prevén e readaptan aos usuarios. A fisioterapeuta contratada, traballa non local dá Asociación de lunsa venres catro horas diarias, sumando un total de 20 horassemanais. - Terapia Ocupacional - Piscina rehabilitadora - Excursións - Asistencia a varios partidos en Riazor - Comida de Nadal e Entroid Actualmente existen case 40 socios que se benefician de todosestes servizos e actividades, e ou obxectivo do Concello de Cambrecoa sinatura déasche convenio e promover e dar a coñecer esta Asociación a todo ou municipio de Cambre para que posibles usuarios se poidan beneficiar dás actividades dá mesma. ASPACE (Asociación de Paralíticos Celerabrales) Aspace conveniou unha axuda de 2.000 euros. Proponse a aprobación dun convenio para formalizar a subvención nominativa consignada non orzamento municipal de 2014, e déasche xeitocolaborar na prestación dá atención necesaria ás familias deCambre con paralise cerebral, para beneficiarse do servizo de hidroterapia través dous medios e persoal dous que dispoñaASPACE.

Presentación do libro “Os Bolechas van a Lousame” A Casa da Cultura de Lousame quedou pequena para o acto de presentación do libro-guía “Os Bolechas van a Lousame”. Preto de 150 persoas, na súa gran maioría nenos e nenas menores de dez anos, foron os primeiros en poder disfrutar das aventuras dos Bolechas por Lousame e de levar cadanseu libro autografado polo propio autor, Pepe Carreiro, que durante máis de hora e medio estivo dedicando o libro a cada pequeno e debuxándolle a cada un a súa personaxe favorita. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, agradeceu o traballo de Pepe Carreiro e destacou a importancia deste tipo de publicación “para dar a coñecer a riqueza deste fermoso municipio non só entre xente doutros municipios, senón tamén entre

os nosos nenos e nenas”. Pola súa banda, Pepe Carreiro explicoulles aos pequenos que “Os Bolechas teñen visitado moitas

que lles amosa como é o concello. Neste caso chámase Martiño e o seu bisavó era mineiro en San Finx, que seguro que

contar o final pois nun ratiño xa o ides poder ler no voso propio libro”. Entrega a empadroados

vilas, pois son moi viaxeiros e mesmo foron a Pekín”. Carreiro indicoulles aos rapaces que “en cada sitio que visitan, Os Bolechas teñen un amigo

coñecedes mellor ca min. Entón Braulio inventa un péndulo co que di que pode atopar unha mina de brillantes cun péndulo que leva no peto. E non vos vou

Antes de asinar os libros, Pepe Carreiro tamén lles explicou aos nenos e nenas como fai para debuxar aos distintos membros desta popular familia,

debuxando a Tatá e a Chispa. Tras esta demostración, os 120 cativos presentes levaron cadanseu libro “Os Bolechas van a Lousame”, dedicado por Pepe Carreiro. O Concello de Lousame, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a editorial Bolanda, editaron un total de 1.000 exemplares de “Os Bolechas van a Lousame”. A intención do Concello de Lousame é que cada neno/a empadroado no municipio poida ter un exemplar deste libro, que poderán recoller de xeito totalmente gratuíto na Biblioteca Municipal de Lousame. De feito, durante esta mesma mañá xa se repartiron outros 20 exemplares. O único requisito é estar empadroado en Lousame.


14 //Novembro 2014 // Galicia Norte

|A Baña/Ames|

Xóvenes impulsan a recuperación dunha ruta de senderismo en A Baña

O grupo de cinco xóvenes denominado ‘A mocidade en ruta’ impulsa unha iniciativa de recuperación dunha ruta de sendeirismo que transco-

rre polas parroquias de Ordoeste e Corneira (Concello da Baña), no Val de Barcala. O proxectos chámase ‘De ida e volta polo Val de Barcala’. O

grupo de mozos e mozas que desenvolven con frecuencia actividades para a mocidade e despois de participar nun taller de ideas que se reali-

zou no Concello da Baña, decide animarse a tramitar e solicitar un proxecto que tivera que ver coa súa realidade máis próxima e que, en moitas ocasións, “non se lle concede o valor que merece”, segundo eles consideran. A inicativa radica na rehabilitación dunha ruta de sendeirismo no seu entorno natural. O proxecto consiste na recuperación dunha ruta en plena natureza que transcorre polas parroquias de Ordoeste e Corneira, no corazón do Val de Barcala. O traxecto non estaba en moi boas condicións e, como amantes do rural e da natureza, pretenderon dende o inicio da iniciativa que esta ruta fora mellorada para que moitas máis persoas poidan gozar dela e coñecela. A súa actuación está sendo unha labor de acondiciona-

mento e sinalización, acompañada dun traballo previo medioambiental como foi a recollida de lixo da zona e a eliminación da maleza na ruta. O grupo tamén está elaborando unhas pequenas unidades didácticas para facer xogos coas persoas interesadas en visitar a zona así como unha explicación onde plasman a súa experiencia. Durante estas últimas semanas colocaron os soportes para os sinalizadores que facilitarán o paseo dos veciños e visitantes que percorran esta ruta. Para financiar esta idea os xóvenes integrados en ‘A mocidade en ruta’ (Leticia, Lidia, Eloy, Brais e Verónica) solicitaron unha axuda á Consellería de Traballo e Benestar dentro da Iniciativa Xove 2014 e contaron co apoio e asesoramento do Concello da Baña.

Máis de 86.000 euros para obras en Ames O Goberno municipal de Ames, reunido en Xunta de Goberno Local, vén de aprobar a adxudicación das obras de construción das beirarrúas e mellora do firme na calzada da rúa Xaquín Lorenzo, no Milladoiro, e as intervencións na Travesía do Pedregal e na Travesía Lodeiro, situadas en Bertamiráns. Estes traballos forman parte do Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña correspondente ao exercicio 2014. Nestas actuacións, o Concello de Ames investirá un total de 86.375 euros. Estas obras súmanse a outras recollidas no POS 2014 que xa foron adxudicadas anteriormente. O Concello de Ames executará ao longo deste ano varios proxectos que están sufragados con cargo ao Plan de Obras e Servizos

da Deputación Provincial da Coruña. Con este obxectivo, o Goberno amiense, reunido en Xunta de Goberno Local, aprobou o inicio da contratación das obras para construír beirarrúas e mellorar o firme da calzada da rúa Xaquín Lorenzo, situada no Milladoiro, e para executar varias intervencións de mellora na Travesía do Pedregal e rúa Lodeiro, ambas as dúas situadas na localidade de Bertamiráns. Nestas obras o Concello de Ames investirá un total de 86.375 euros. No proxecto que engloba a construción de beirarrúas e a mellora do firme da calzada da rúa Xaquín Lorenzo, no Milladoiro, vanse investir 39.731 euros. Neste caso preténdense construír 115,30 metros cadrados (20x2,00; 15x4,5 e 6x1,30 metros) de beirarrúa con

bordo de formigón e baldosa de formigón vibrado sobre unha capa de quince centímetros de zahorra de canteira e dez de formigón. Previamente á construción das beirarrúas haberá que realizar a canalización de 35 metros de tubería de PVC para o saneamento, recollida de augas de pluviais, canalización de auga potable, electricidade, comunicación e telefonía. Ademais, haberá que realizar a canalización de 43 metros de tubo polipropileno para a iluminación pública. Todo elo previa escavación dunha gabia e posterior recheo compactado da mesma. Por outra banda, este proxecto recolle a mellora da capa de rodaxe da calzada da rúa dividida en dous treitos de 21x2,50 e 135x11,00 metros. No primeiro treito aplicaranse

quince centímetros de grava, tratamento asfáltico semiprofundo e seis centímetros de aglomerado en quente, mentres que no segundo farase con cinco centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente, contémplase a instalación da sinalización horizontal co pintado de liñas en bordes e no eixo da rúa, así como o pintado de prazas de aparcamento, símbolos de cebreados e isletas. Tamén se colocará sinalización vertical. Travesías do Pedregal e Lodeiro A través deste proxecto vaise a repoñer un tramo de 262 metros cadrados de beirarrúa (150 metros cadrados na Travesía do Pedregal e

112x1,00 na rúa de Lodeiro) con bordo de formigón vibrado e sobre unha capa de formigón. Deste xeito, preténdese mellorar a capa de rodaxe da calzada destas dúas travesías naqueles treitos que presentan unha situación máis deficiente. Para elo aplicaranse cinco centímetros de aglomerado en quente. Por último, colocarase a sinalización vertical e horizontal. Esta última inclúe o pintado de liñas en bordes, no eixo das calzadas, cebreados, isletas, así como o pintado de prazas de aparcamento na travesía do Pedregal. Tamén haberá que realizar dúas arquetas de 20x20 e levarase a cabo unha adaptación de 20 pozos e arquetas existentes á nova rasante. Neste proxecto investiranse 46.644 euros.


|Publicidade|

Galicia Norte// Novembro 2014 // 15


|Ames / Aretixo|

16 //Novembro 2014// Galicia Norte

Nova ruta de senderismo en Ames

O pasado mes de setembro comezou a desenvolverse o obradoiro de emprego ‘Entre Ríos’, que durante seis meses dá formación e emprego a 27 persoas dos municipios de Ames e Brión. Esta iniciativa permite a formación e o desenvolvemento en actividades auxiliares en conservación e mellora do monte. Para a posta en marcha deste obradoiro, a Consellería de Traballo e Benestar concedeulle ao Concello de Ames unha subvención de preto de 200.000 euros. En total, forman parte desta acción formativa de inserción laboral 27 persoas, entre as que se atopan 22 alumnos/as traballadores/as, que se forman como peóns forestais, e cinco persoas que compoñen o equipo directivo. Ao longo de seis meses, ata febreiro de 2015, o alumnado formarase sobre a conservación

e acondicionamento de zonas de monte. Neste primeiro mes de desenvolvemento do obradoiro, o alumnado estivo traballando no acondicionamento do viveiro amiense de Barouta e levou a cabo actuacións de restauración hidrolóxica no río Sar. Ademais, comezaron os traballos de limpeza dunha ruta de sendeirismo entre Tapia e Piñeiro. No municipio de Brión, acometeuse a limpeza dunha finca e o acondicionamento e limpeza dunha ruta de sendeirismo na parroquia de Bastavales. A través destes traballos están realizando prácticas con motoserra. Os alumnos tamén participaron en clases teórico-prácticas de corrección hidrolóxicas tanto en Ames como en Brión para evitar a erosión da terra das beiras do río Sar. A través deste obradoiro

vanse a ensaiar varias técnicas nas beiras do río Sar como son o entramado vivo de madeira; o entramado de faxinas e o entramado con masa de cañizo ou fibra viva de coco. No apartado teórico, o alumnado estase especializando en actividades auxiliares en conservación e mellora do monte. Para elo están asistindo a varios módulos teóricos de informática, sensibilidade ambiental, orientación laboral, prevención de riscos laborais e educación compensatoria. En conxunto, ao longo dos seis meses de duración do obradoiro, traballarase na preservación dos ecosistemas da ribeira do Sar (acondicionamento e sinalización de camiños); acondicionamento e sinalización da ruta de Piñeiro; acondicionamento de Riamonte (pozo e pistas); actuacións silvícolas nos lugares de Mercuto e Lapido (Ames) e de Saíme e Salaño (Brión); creación de faixas secundarias contra os incendios en Mercuto; acondicionamento de varias rutas de sendeirismo de Ames (ruta do río Sar) e do concello de Brión. O concelleiro de Traballo, Bernardo Moar, explicou que “o obradoiro de emprego Entre Ríos ten como obxectivo que

ao seu remate, os participantes melloren as súas posibilidades de inserción por conta allea ou propia coa consecución dunha cualificación profesional nunha ocupación que capacita para traballar, a través da obtención do certificado de profesionalidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes”. O concelleiro subliñou a importancia que, neste e noutros eidos, ten a colaboración co Concello de Brión. Ademais, Bernardo Moar fixo fincapé en que “o goberno municipal seguirá traballando para desenvolver accións formativas de emprego co obxectivo de mellorar a situación laboral dos amienses”. Formación teórica e práctica A través deste programa preténdese que os participantes obteñan un certificado de profesionalidade de nivel 1. As accións formativas deste obradoiro de emprego desenvólvense principalmente nas dependencias do Centro de Formación Ocupacional, que o Concello de Ames ten en Aldea Nova. A formación está dividida en dúas partes (teórica e práctica) nas que se completarán un total de 960 horas.

Na parte teórica o alumnado estase formando en actividades auxiliares en conservación e mellora do montes. Deste xeito, impártense nocións sobre as operación auxiliares de repoboación, corrección hidrolóxica e mantemento de infraestruturas forestais (392 horas); operacións auxiliares en tratamentos silvícolas (210 horas); e operacións auxiliares no control de axentes causantes de pragas e de enfermidades de plantas forestais (80 horas). Ademais, haberá unha formación complementaria de 130 horas de duración en alfabetización dixital; sensibilización ambiental; formación para a igualdade; prevención de riscos laborais; e orientación, información profesional e formación empresarial. Actuacións nos concellos de Ames e Brión As prácticas laborais realízanse en obras e actuacións nos concellos de Ames e Brión e pretenden mellorar as condicións naturais da vexetación de ribeira, favorecendo os procesos de rexeneración natural, preservando dunha maneira sostible os ecosistemas de ribeira do río Sar. Ademais, acondicionaranse as pistas forestais e as sendas que valorizan o atractivo turístico relacionado co medio.

Arteixo terá un A Policía Local, campiona comedor social de España futbol 7 Servizos Sociais estima en 150 o número de usuarios de este novo servizo. O presuposto para o exercicio de 2015, no que xa traballa o executivo, reserva 160.000 euros para a posta en marcha dun comedor social que ofrecerá diariamente menús gratis ós máis necesitados. O obxectivo deste novo servizo é atender as necesidades básicas de alimentación das personas en risco de exclusión social por non ter ingresos económicos ou por sofrir algún tipo de problema de saude. O novo servizo da concellería que dirixe Ana Bello repartirá diariamente, e con carácter permanente, un menú nos centros cívicos de Arteixo,

Meicende e Oseiro e servirá para completar as axudas de emerxencia social, que, aínda que xa contemplan axudas económicas para a compra de alimentos, son de son de carácter temporal ata que os solicitantes podan cobrar outras axudas como a risga. A única condición para acceder ó servizo será dispoñer dun informe dos técnicos de servizos sociais que atestigüe que os solicitantes cumpren as condicións necesarias para dispoñer do mesmo. O novo comedor social complementa así a oferta municipal de axudas de emerxencia social, que son de carácter básico e extraordinario.

O equipo de fútbol 7 integrado por axentes da Policía local de Arteixo gañou á Policía Local de Pontevedra a final do I Open de e España para policías e bombeiros de Marina D’or celebra-

do entre o 23 e o 26 de outubro pasados. O evento deportivo constaba ademáis de outras probas nas que os axentes de Arteixo tamén obtiveron un papel destacado. Así resultou

subcampión en pádel a parella formada por Javier Villar e Jesús Remuiñán, policía en Laracha, que desputaron a final a unha parella da policía nacional de Vilarreal.


| Fene/Boiro|

Galicia Norte // Novembro 2014 // 17

Medidas de control da poboación xabaril A Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña ven de autorizar o reforzo das medidas de control da poboación do xabaril no concello de Fene, concretamente nas inmediacións do estaleiro de Navantia. Así o acordaron esta mañá nunha reunión a delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e representantes do estaleiro público e da Sociedade de Caza e Pesca Xuvia. O encontro foi promovido polas Administracións autonómica e local, que desde hai varios meses veñen traballando de xeito conxunto para atallar esta problemática. Deste xeito, nas vindeiras semanas levaranse a cabo diversas actuacións co fin de minimizar a presenza destes animais nesta área, onde están a provocar

danos tanto no ámbito agrícola como no relativo á seguridade viaria e ferroviaria e incluso nas áreas urbanas. Por unha banda, a Sociedade de Caza e Pesca Xuvia realizará labores para reducir as piaras nestas zonas. Neste caso, non se realizarán batidas con armas, ao tratarse

de áreas industriais e urbanas nas que se podería comprometer a seguridade dos cidadáns. Do mesmo xeito, desde o goberno municipal manterase a limpeza periódica das fincas da súa competencia e a vixilancia, a través dos servizos de Protección Civil e da Policía Local, para

evitar as molestias que causan estes animais na localidade. Pola súa banda, a Xunta solicitará formalmente a Navantia que acometa as labores de mantemento precisas nos terreos da súa titularidade para evitar o asentamento dos xabarís e a mellora e reforzo dos seus peches perimetrais. Desde o departamento autonómico seguirase a facer como ata o de agora un seguimento da situación real desta problemática. De xeito continuado mantéñense conversacións tanto cos representantes dos sectores afectados por esta situación como dos propios concellos para minimizar o impacto que xera a superpoboación desta especie sobre as colleitas, as zonas verdes e o tráfico. De feito, nos últimos tempos Conservación da Natureza vén esixindo de xeito rigoroso aos

tecores o cumprimento dos cupos de captura de xabaril establecidos no Plan de ordenación dos recursos cinexéticos. Na mesma liña, dende a Xunta tomáronse unha serie de medidas como a clasificación dos concellos segundo a intensidade dos danos ocasionados polo xabaril, a ampliación do período hábil de caza e a axilización administrativa para autorización de batidas. O resultado final destas medidas é o incremento de capturas de xabaril na provincia da Coruña, tendo en conta que nas últimas tres tempadas constátase un aumento do 63% respecto a anos anteriores. Por último, desde o departamento autonómico tamén se recorda aos propietarios a obrigatoriedade de manter limpas as súas fincas e terreos, co fin de evitar o asentamento de piaras

Convenio con Cruz Vermella O Alcalde de Boiro Juán José Dieste, e a Presidenta da Asemblea Local de Cruz Vermella Mª Luz González Failde asinaron un convenio de colaboración dentro dun programa para o desenvolvemento de accións de axuda e asistencia social. O Concello contribuirá cunha achega de 25.500 euros para realizar un programa deactividades en materias de Intervenvión Social e de

Intervención coa Mocidade dentrode varios ámbitos de actuación: Persoas maiores • Axuda a domicilio Complementaria; Acompañamento no domicilio e na realización de xestións. • Talleres de adestramento de memoria. • Actividades de Lecer e Tempo Libre. Infancia en dificultade social:

Prevención do Fracaso Escolar e Reforzo Educativo. Intervencións dos adolescentesS • Promoción e Educación para a Saúde • Perspectiva de xénero e co-educación. Todas estas actividades véñense desenvolvendo ao longo do ano procurando achegalasaos usuarios nos centros sociais das distintas parroquias

Veciños de Boiro visitan San Fins Un grupo de 26 veciños e veciñas de Boiro realizou unha visita guiada ás minas de San Finx, en Lousame, durante a que estiveron guiados por persoal do Concello de Lousame. Durante algo máis de unha hora, os veciños coñeceron a historia das minas e a súa evolución ao longo dos anos, facendo fincapé na importancia que a extracción de estaño e de wolframio tiveron para a comarca dende finais do século XIX ata despois

da “febre do wolframio” na posguerra civil española. Así mesmo, os asistentes coñeceron o traballo realizado polo Concello de Lousame para rehabilitar e poñer en valor o patrimonio da mina de San Finx. Un proxecto do que aínda queda unha última actuación: a adecuación dun tramo de galería subterránea para ser visitable polo público, o que convertería as minas de San Finx nun referente a nivel mundial

no que a turismo, patrimonio industrial mineiro e interese xeolóxico se refire. Esta visita súmase á realizada a finais da pasada semana por outros 14 traballadores da Sanidade pública, que participaron nunha ruta de sendeirismo por Lousame. Nesta ocasión, as fortes choivas caídas desluciron a visita, que practicamente quedou reducida ás actividades no interior dos edificios do complexo de San Finx.


18 // Novembro

2014 // Galicia Norte

|Riveira|

Riveira forma a futuros especialistas en turismo náutico Un total de 15 alumnos –nove mozos e seis mozas- iniciaron a súa formación no curso de especialistas en Turismo Náutico que vén de poñer en marcha o Concello de Riveira. O alcalde Manuel Ruiz e o concelleiro de Emprego, Anxo Orellán, achegáronse ás instalacións da aula CeMIT para dar a benvida aos asistentes a esta acción, destinada a persoas en busca de emprego e concibida para dotarlles da cualificación axeitada para a execución de todo tipo de actividades vinculadas ao turismo náutico. Neste senso, o munícipe riveirense fixo fincapé o gran potencial que acredita esta parte da península barbanzana, cun parque natural, un parque nacional e outros lugares de enorme interese ambiental e turístico: algo que “temos que saber explotar”.

Tamén salientou a aposta que se está a realizar dende o Concello pola formación no eido do turismo e o sector servizos e a posta en marcha o ano que vén dun viveiro de empresas que facilite o arranque nos

seus negocios das persoas emprendedoras. 234 horas O curso sobre turismo náutico constará de 234 horas de carácter tanto teórico como práctico e será impartido por

A Deputación aporta 20.000 euros ao Museo do Gravado

A Deputación da Coruña ten renovado o seu compromiso coa Fundación Museo de Artes do gravado á estampa dixital de Riveira ao asumir parte dos custos do seu programa de actividades. Para iso, o presidente provincial, Diego Calvo, asinou un convenio co presidente da Fundación e alcalde da localidade, Manuel Ruíz Rivas, por valor de

20.000 euros. Con esta achega financiarase o 47,26% do orzamento total necesario para levar a cabo todas as actividades deste centro, como por exemplo todos os gastos derivados das exposicións como a montaxe, os comisarios, as rotulacións ou os trípticos das mesmas. Ademais, con esta achega a Fundación Museo de Artes tamén pode desenvolver unha

das súas actividades máis destacadas, a organización do Premio Atlante de Gravado, que suma xa a súa sexta edición e que está dotado con 13.900 euros. Neste sentido, Calvo resaltou a importancia de apoiar a un centro como este por ser “referencia non só na comarca do Barbanza, senón en toda a provincia”.

dous docentes: José Benito Pastoriza –presente na apertura de hoxe- e Diego López. Rematará o 2 de decembro e as clases celébranse de luns a venres, de 9 a 14 horas. Entre as materias obxecto da

acción figuran: técnicas de iniciación aos deportes náuticos (windsurf, kayaksurf, kayak, paddleboard, surf, bodyboard), técnicas de perfeccionamento das diversas modalidades, técnicas e recursos de dinamización de clientes; comercialización e ferramentas comerciais; técnicas de xestión, organización e planificación das actividades e dos produtos turísticos náuticos; mantemento de material; e seguridade, hixiene e primeiros auxilios. Vilar, Ladeira e Coroso Así mesmo, as sesións prácticas desenvolveranse tres praias: dúas abertas –Vilar e Ladeira- e outra urbana –Coroso-, lugares todos eles onde se poderán familiarizar e perfeccionar as súas competencias nas distintas disciplinas, ademais de aprender a reparar o material, etc...

Remodelacióndos parques infantís O Concello de Riveira vén de adxudicar provisionalmente unha actuación en virtude da cal se vai proceder á instalación de pistas multideporte e á remodelación de parques infantís en Fonterramil (Castiñeiras) e nas proximidades da Igrexa de Artes. Trátase dunha acción financiada con cargo ao POS da Deputación e dirixida á mellora de dúas zonas recreativas bastante deterioradas. A empresa que obtivo unha mellor clasificación foi Oziona Soluciones de Entretenimiento, S.L., cunha oferta económica de 96.416 euros, IVE incluído. O prazo de execución son dous meses e medio. Fonterramil En Fonterramil, colocarase un pavimento de caucho continuo na área de actuación e substituiranse varios xogos por un moderno equipo combinado formado por

distintos tipos de tobogáns, ademais dun rocódromo e un xogo de muelle. Manteranse os columpios e a casiña existentes por estar en boas condicións. Ademais, disporase unha pista multideporte de 22x11 metros con porterías e canastras antivandálicas, pechamento en aceiro galvanizado e céspede artificial de última xeración. Artes Polo que respecta a Artes, vaise dispor un pavimento de caucho continuo en troques do solo de terra. Os xogos existentes conservaranse ao atopárense en bo estado. Neste caso, a pista multideporte que se vai instalar contará cunhas dimensións de 14,20x7,30 metros. O pechamento será en aceiro galvanizado e disporá de porterías e canastras antivandálicas e céspede artificial.


|Riveira|

Galicia norte//Novembro 2014 // 19

Comezan as obras do Parque de Aventura de San Roque O Parque de Aventura Arbóreo Ecosaudable que se vai situar no Periurbano de San Roque empeza a cobrar forma, despois de cinco días de traballo a cargo da empresa adxudicataria desta actuación, Kongo Bongo S.L.. Así, quen se achegue á zona de merendeiros deste enorme espazo ambiental emprazado a carón da cidade poderá observar unhas plataformas de madeira suspendidas das árbores: estruturas estas que van formar parte dos xogos que integrarán un parque de aventura que foi ideado polo Concello de Riveira para que San Roque se converta nun lu-

gar de referencia para toda a familia en canto ao disfrute do turismo activo e actividades de aventura. A execución do proxecto foi adxudicada á citada Kongo Bongo, S.L., por un importe que ascende a 79.285,25 euros. A actuación está cofinanciada con fondos Leader e o prazo de realización é dun mes. Catro circuítos O parque ecosaudable estará constituído por un circuíto previo sobre chan de quentamento e explicación do funcionamento do parque e outros tres circuítos dispostos sobre árbores: dous de carácter familiar para o disfrute conxunto

de adultos e nenos; e un circuíto deportivo con xogos de maior dificultade. Entre os elementos que o conformarán figuran unha ponte de rede, unha pasarela inglesa, un ponte xaponés, cinco tirolinas, un ponte vía ferrata, un ponte amazónico, escaleira de cordas, paso de lianas, balanzas colgantes e outras estruturas idóneas para o disfrute dos usuarios. A empresa adxudicataria realizou previamente a análise fitosanitaria dos árbores que van soster os circuítos, comprobando que contan coa resistencia axeitada e procedendo á súa marcaxe.

Conclúe a construcción do Polideportivo da Palmeira O novo e funcional edificio en cor branca, cuxos labores de finalización foron realizados pola empresa Acciona Infraestructuras (está pendente a entrega da obra), conta cunha superficie total de 2.457 metros cadrados distribuídos en dúas plantas: unha planta baixa de 557 metros e outra semisoto de 1.900. Alcalde Torres Colomer Está previsto que en breve se proceda coa urbanización do entorno dun inmoble que, como é sabido, levará o nome de Alcalde Torres Colomer.

Pavimentación de rúas nas parroquias O Concello de Riveira informa da próxima execución dunha actuación dirixida a pavimentar un total de seis rúas repartidas entre a cidade e outras dúas parroquias do municipio. Concretamente, trátase das rúas Lugo, Abesadas, Mendiño e Sorribas (no casco urbano), o vial que corre paralelo ao CEIP de Frións (en Carreira) e a rúa Cobasa en Aguiño.

O orzamento desta acción múltiple ascende a 76.306,92 euros e o prazo de execución é de dous meses. Está previsto que o pleno ordinario do vindeiro luns se proceda a unha ampliación de crédito co fin da súa posta en marcha. Deterioradas Na actualidade, as rúas en cuestión están pavimentadas con aglomerado asfáltico e rexistran un estado

moi deteriorado, con importantes baches e zonas disgregadas que redundan no prexuízo da seguridade viaria. Co fin de mellorar o estado das mesmas, está previsto pavimentalas cunha capa de aglomerado asfáltico en quente tipo D -12 de 6 centímetros de espesor. Ademais, prevese a posta a cota das diferentes tapas de pozos e arquetas existentes

A planta de acceso conta con dúas entradas, gradas, unha aula polivalente e unha oficina de información; mentres o andar semisoto disporá dunha pista deportiva, catro vestiarios (dous para monitores e dous para minusválidos), aseos xerais e de minusválidos, tres almacéns, dous cuartos de instalación, enfermaría, ximnasio-fitness, cuartos de limpeza e aula polivalente. Ademais dunha función deportiva, o edificio terá ademais unha orientación

multiusos, permitindo a posibilidade de albergar outras actividades de alta concorrencia, como proxeccións de películas, concertos, representacións teatrais, etc. Ten unha capacidade máxima de 1.195 ocupantes. A Deputación da Coruña contribuíu ao financiamento da infraestrutura cunha achega económica de 240.000 euros. Cabe lembrar que o prezo de adxudicación para a o remate do inmoble ascendeu a algo máis de 800.000 euros. Está situado en Horta do Barcelo.


20 //Novembro 2014 // Galicia Norte

|Santiago|

42.000 euros para a promoción de Compostela

A Deputación volve apoiar a promoción e dinamización da cidade de Santiago de Compostela a través dun acordo coa Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental por valor de preto de 42.000 euros. A agrupación recibe 41.250 eu-

ros dos fondos provinciais para realizar varias campañas de dinamización comercial como a celebración do VIII Congreso de Comercio. Inclúense accións de promoción na rúa, de fidelización de clientes e sinalización comercial. O presidente da Deputación, Diego Calvo, asinou

o convenio co portavoz da asociación, José Manuel Bello Rey, que agradeceu a axuda da institución provincial. A achega representa o 72,37% dun custo total de 57.000 euros. Na firma do convenio estivo presente o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, que agra-

A Oficina de Acollida ao Peregrino da rúa do Vilar rexistrou entre o 1 de xaneiro e o 10 de outubro un total de 216.000 peregrinos que recolleron a Compostela tras teren percorrido algunha das Rutas Xacobeas. Isto supón que na segunda semana do mes de outubro de 2014 xa se teña superada a cifra global de peregrinos chegados durante todo o ano pasado, que alcanzou os 215.880 camiñantes. Deste modo, a cifra global de peregrinos recibida en comparación co mesmo período de 2013 alcanza unha suba do 9,69%, con máis de 19 mil peregrinos recibidos máis que entre o 1 de xaneiro e o 10 de outubro do ano pasado. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, resaltou os espectaculares resultados obtidos este ano, tanto no que respecta ao crecemento na cifra de peregrinos que se veu rexistrando ao longo do ano que demostra que “o Camiño de Santiago é a nosa icona máis universal, o noso principal produto turístico e o eixe vertebrador da cultura europea”; como no tocante aos bos resultados obtidos en canto á cifra de

viaxeiros aloxados nos establecementos regrados de Galicia neste 2014. As Rutas Xacobeas están a experimentar un auxe constante. A oficina do peregrino entregou o sábado 9 de agosto 2.739 Compostelas, polo que se converteu no día en que máis peregrinos finalizaron o Camiño nun ano non santo. Peregrinos estranxeiros No que vai de ano, chegaron a Compostela un total de 104.349 peregrinos procedentes do territorio español, isto é, o 48,31% dos peregrinos. Un total de 111.651 peregrinos foron estranxeiros, en total un 51,69% dos peregrinos que chegaron a Santiago neste período procedían doutros países. En concreto, e por esta orde, os grupos de peregrinos estranxeiros máis numerosos procederon de Italia, Alemaña, Portugal, EEUU, Francia, Irlanda, Reino Unido, Holanda, Australia, Corea, Canada, Brasil, Polonia, Bélxica e Dinamarca. En total, en comparación cos rexistrados no mesmo período de 2013, chegaron a Compostela 12.923 peregrinos estranxeiros

máis. Onte mesmo, chegaron a Santiago un total de 812 peregrinos, dos cales 528, isto é o 65,02%, foron estranxeiros. Respecto aos peregrinos nacionais que chegaron no que vai de ano a Compostela, procederon principalmente das comunidades de Madrid, Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana, Castilla León e Galicia. Peregrinos por Camiños Por camiños, as cifras de peregrinos rexistradas neste período ten sido: 146.656 no Camiño Francés; 32.706 no Camiño Portugués; 13.234 no Camiño Norte; 7.656 no Camiño Primitivo; 7.843 na Vía da Prata. No Camiño Inglés 6.662 peregrinos e na Ruta Fisterra-Muxía rexistráronse 600 peregrinos. No tocante ás pernoitas rexistradas na rede pública de albergues, a cifra acadou nos oito primeiros meses deste ano as 290.348 pernoitas. Máximos históricos en turistas O mes de agosto marcou un máximo histórico en Galicia ó rexistrar preto de 780.000 viaxeiros no conxunto da comunidade, superando, así, os niveis dos anos

deceu o compromiso da Deputación coa cidade, en especial no que se refire a campañas de promoción. Cultura e Turismo Este investimento súmase aos 327.000 euros que a Deputación xa facilitou ao longo dos últimos meses á capital galega para distintos proxectos. Un deles serviu para apoiar unha campaña online para a promoción de Compostela en Europa con 100.000 euros. A Deputación asumiu o 76,92% do orzamento total, que ascendeu a 130.000 euros. A institución provincial tamén financiou o 80% do custo do Festival Internacional de Curtametraxes Cortocircuito, un total de 112.000 euros, que se celebrou ao longo deste mes e que incluíu non só un concurso de curtas, senón programas temáticos e demais actividades complementarias como son o Mercado Internacional de Curtametraxes, un encontro dos centros audiovisuais de

Galicia, actividades educativas, charlas, cafés-coloquio e mesas redondas. Por outra banda, un ano máis a Deputación renovou a súa colaboración co Plan de Competitividade Turística a través de 115.000 euros, o 80% do orzamento total. Con esta achega fináncianse feiras de turismo, presentacións e workshops, eventos gastronómicos... Tamén se inclúe neste acordo o financiamento da web coa recollida e edición de contidos, análise e tratamento de datos. Dinamización da economía local Tras a firma do convenio, Diego Calvo salientou a importancia de apoiar a Santiago de Compostela para que “manteña e mellore a súa proxección internacional”. Así, “dende a Deputación apostamos por accións de promoción que non só dean a coñecer as nosas virtudes no exterior, senón que dinamicen a economía local”.

santos 2004 e 2010. Os establecementos turísticos regrados de Galicia rexistraron neste mes un incremento do 6,7% no volume de viaxeiros e dun 3,8% nas pernoitas. Este comportamento positivo da demanda regrada sitúa os niveis deste ano nos máis elevados dos últimos tres. O turismo internacional acadou neste mes de agosto en Galicia tamén datos históricos tanto en termos de volume –con preto de 185.000 viaxeiros e 336.000 pernoitas- como de peso no conxunto da demanda –representa o 23,8% dos viaxeiros aloxados e o 17,7% das pernoitas neste oitavo mes do ano-.

Respecto as cifras do que vai de ano, Galicia rexistrou tamén unha importante mellora dos seus niveis de demanda turística correspondente aos aloxamentos regrados, cun incremento do 5,9% no relativo ao volume de viaxeiros aloxados –con pouco máis de 2,8 millóns- e do 3,9% no que atinxe ás pernoitas –con 6,0 millóns neste período-. O turismo nacional subiu, nun 2,7%, e o turismo internacional presenta tamén un comportamento positivo superando nun 8,9% o volume de pernoitas do pasado ano –a cifra de viaxeiros estranxeiros aloxados subiu nes-

Máis peregrinos que no 2013

te caso un 13,8%-.


|Santiago|

Galicia Norte// Novembro 2014 // 21

Visita do decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, recibiu no seu despacho ao decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Oriol Sarmiento, e ao delegado do Colexio en Santiago de Compostela, Fernando Branco Silva. Unha visita realizada co obxectivo de presentar oficialmente ao novo decano, elixido o pasado mes de xullo, e ofrecer a colaboración do Colexio ao Concello de Santiago en todas aquelas áreas técnicas para as que están capacitados os enxeñeiros industriais. Neste sentido, Oriol Sarmiento explicou a Agustín Hernández que a formación generalista do enxeñeiro industrial permítelle cubrir áreas moi variadas: enerxía,

mecánica, construción, fabricación, electricidade, electrónica, transporte e logística, materiais, acústica, comunicacións, homologación e pro-

piedade industrial, medio ambiente, organización da produción, certificación energética, xestión empresarial.... Así mesmo, o decano do Co-

lexio defendeu a conveniencia do visado voluntario de realización de actividades fronte á figura da declaración responsable que adoitan utili-

zar as administracións. ?Ademais de evitar problemas de intrusismo, a figura do visado voluntario descarga a responsabilidade no técnico que visa, non sobre o empresario?, explica Oriol Sarmiento. Agradecimientos e colaboración Pola súa banda, o delegado en Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais, Fernando Branco Silva, agradeceu a colaboración do Concello de Santiago co Colexio ao ceder o edificio Cersia para a celebración de xornadas técnicas e clases magistrales. ?Ademais, aproveitamos para invitarlle a inaugurar algún dos encontros formativos que estamos preparando para o próximo ano 2015?, adianta Fernando Branco.

Éxito no VIII centenario de San Francisco de Asís a Compostela A participación nos diferentes actos celebrados neste primeiro ano de celebración do VIII Centenario de San Francisco de Asía a Compostela lograron superar as expectativas de Turismo de Galicia. A celebración de dita conmemoración comezou a mediados do 2013 e celebrarase ata mediados de 2015, un período extraordinario que estase a dedicar ao aniversario da memoria da viaxe de San Francisco e ao seu legado a nivel iconográfico, artístico e de patrimonio inmaterial, así como ás conexións entre a espiritualidade franciscana e a espiritualidade da peregrinación. O obxectivo principal dos actos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela, que teñen a consideración de Acontecemento de Excepcional Interese Público, é impulsar a dinamización turística e cultural de Galicia a través dos significados e valores da peregrinación xacobea de San Francisco de Asís, un dos gran-

des personaxes da historia da Humanidade. A programación do centenario inclúe todo tipo de acontecementos culturais, artísticos e sociais, actuacións de investigación, así como iniciativas relacionadas co desenvolvemento turístico e a acollida ao visitante. Un evento de alcance internacional que acolle actividades que abarcan diferentes ámbitos: institucional; exposicións; publicacións; música, artes escénicas e audiovisual; congresos e conferencias; deportes e participación cidadá. Primeiro ano de celebración Desde que comezou a celebración desta efeméride, en agosto de 2013, son moitas as actividades que xa foron celebradas con gran éxito de participación. Primeiro exemplo de elo é a mostra central da programación do VIII Cententario, a exposición “On the Road”, que foi inaugurada no Pazo de Xelmirez, rehabilitado e acondicionado para a ocasión, o pasado xuño e que xa

superou os 43.300 visitantes e as 50 visitas guiadas a grupos de diferentes universidades, colexios, asociacións e outras colectividades. A mostra contén propostas creadas especificamente para a ocasión, como as que achegan Francis Alÿs, Tacita Dean ou Jimmy Durham; así como obras de recoñecidos artistas, como John Cage, Mario Merz ou Antthony McCall que se adaptan ao proxecto expositivo e que, dada a singularidade do contorno, adquiren unha nova dimensión expresiva. Trátase en todos os casos de creadores de alto nivel, entre os que se atopa tamén unha representación dalgúns dos artistas glaegos de maior proxección internacional, como Jorge Barbi e Antón Lamazares. Dita exposición de arte moderna é, ata o 30 de novembro, unha parada ineludible para os que visiten Galicia e Compostela. Outro dos grandes acontecementos organizados neste primeiro ano de

celebración, foi o primeiro Congreso de Peregrinacións e Turismo avalado pola Organización Mundial do Turismo (OMT) que reuniu a 35 poñentes de todo o mundo e máis de 300 participantes. Dita cita congresual converteu a Galicia no centro mundial das peregrinacións e afianzou a imaxe da nosa comunidade como referente das peregrinacións, espazo de encontro de culturas e berce de todas as relixións. O Congreso deixou como legado os relatorios de grandes expertos do tema e a Declaración de Santiago de Compostela sobre Turismo e Peregrinacións que sentou as bases a seguir, a partir de agora, neste ámbito. A I Travesía Náutica Xacobeo encabezou tamén a programación neste primeiro ano. Esta navegación, única en Europa, rememorou tanto a Traslatio del Apóstolo Santiago a Compostela coma a propia peregrinación de San Francisco de Asís. Dúas flotas de 35 embarcacións con máis de 250

navegantes percorreron, nunha viaxe única, máis de 1.500 millas e 12 dos máis importantes portos de Italia, Francia, Portugal e España. Dos proxectos expositivos do VIII Centenario xa celebrados, tamén cabe destacar a mostra “Peregrinatio e Novo Apóstol. San Francisco no Camiño de Santiago”. Inaugurada no Palazzo Bonacquisti en Asís, o pasado verán, e que puido verse, esta primavera, cunha versión ampliada na cidade compostelá e qie foi visitada por máis de 37.000 persoas. Outras das exposicións enmarcadas nos actos relacionados coa efeméride que acolleu Santiago foron “Auga Doce”, unha mostra con diferentes expresións artísticas que puido visitarse ata setembro na Cidade da Cultura, e “Il Cammino di Francesco”, unha exposición fotográfica de Steve McCurry que percorría os lugares e espazos sagrados da vida de San Francisco a través dos ollos deste prestixioso fotógrafo da Axencia Magnum.


| Ferrol |

22 // Novembro 2014 // Galicia Norte

A Deputación aporta máis de medio millón de euros para servizos culturais A Deputación da Coruña leva investidos nos últimos tres anos máis de medio millón de euros para a mellora de equipamentos culturais na cidade de Ferrol. Entre eles está o centro cultural Torrente Ballester, que visitou o presidente provincial, Diego Calvo, en compañía do alcalde, José Manuel Rey Varela, para coñecer o resultado das últimas obras de rehabilitación que se levaron a cabo no centro. Con esta última reforma o recinto gañou unha nova imaxe. Ademais de reparar a cuberta para evitar as constantes goteiras que sufría, instalouse un lucernario nunha área interior que ata o de agora carecía de luz

natural e se acondicionou o exterior como xardín a disposición dos veciños, que a partir de agora disporán desta zona de ocio no corazón de Ferrol. Tras comprobar de primei-

ra man a renovación, Diego Calvo salientou a nova imaxe do centro: “Grazas a esta intervención conseguimos un lugar totalmente novo e axudamos a que o centro teña moita máis calidade”.

A Deputación leva investidos máis de 200.000 euros na mellora destas instalacións vitais para a vida cultural da cidade, aos que hai que sumar outros 300.000 que foron destinados ao equipa-

mento escénico necesario para poñer en marcha o auditorio municipal de Caranza. Neste senso, tanto o alcalde coma o concelleiro de Cultura, Reyes García, agradeceron o compromiso do ente provincial coa cidade. “Temos invertido ben os fondos, conseguimos que a cultura siga presente nas inversións pese as dificultades”, sinalou José Manuel Rey. Pola súa banda, o concelleiro chegaba a dicir que hoxe o Torrente Ballester “comeza unha nova fase da súa historia”.“A Deputación fixo o máis fácil, poñer en orde unha subvención que levaba anos sen cobrarse”, explicou Calvo, que garantiu continuar nesta senda de colaboración co concello.

polo Ministerio do Interior a través da Gerencia de Infraestructuras. “Estamos a falar dun proxecto tremendamente importante, cun investimento moi notable e para unhas instalacións que necesitan dunha reforma urxente”, asegurou Calvo. Fernández de Mesa, po-

cal e de Fronteiras no bloque número un. O bloque número 4 manterá o destacamento de Tráfico, mentres que no número seis traballarán os axentes da Área de Seguridade, do EMUME (equipo muller-menor) e da policía xudicial. Ademais, e dentro da rehabi-

la súa banda, lembrou que no cuartel de Ferrol non se realiza ningunha actuación de mellora de instalacións desde o ano1952, cuestión que tamén salientou o rexedor José Manuel Rey. O proxecto O estudo prevé a reordenación dalgúns servizos, como é situar a sede da Compañía, Intervención de Armas, e a Patrulla Fis-

litación integral destas instalacións, está prevista a instalación de ascensores en cada bloque, así como ramplas que garantan o acceso independente para cada módulo. Mellorarase tamén a eficiencia enerxética da edificación, o que suporá a rehabilitación das fachadas cun moderno sistema de illamento polo exterior e a renovación de toda a carpin-

tería exterior colocando dobre acristalamento e rotura de ponte térmico. Substitución integral da cubertaA actuación na cuberta inclúe a súa substitución integral, tanto no que se refire á cubrición como á estrutura.Os traballos completaranse con novas instalacións de fontanería, saneamento, electricidade, climatización e telecomunicacións, todas elas con solucións mediante o uso de sistemas de alta eficiencia enerxética como unha caldeira de biomasa. Por último, o proxecto recolle a renovación da garita de control de acceso, que se verá ampliada cun novo módulo para o cuarto de instalacións. Irixoa, Arzúa, Miño e A Coruña No cuartel de Irixoa, as actuacións realizadas e xa rematadas consistiron na instalación de calefacción nas seis vivendas e nas dependencias oficiais cun investimento de 51.391,22 euros. En Arzúa as obras pasaron pola renovación das tubaxes tanto nas vivendas como nas oficinas para evitar as continuas fugas de auga. En total, o custo dos

traballos ascendeu a 39.326,21 euros. Os traballos no cuartel de Miño, cun orzamento de 79.681 euros, supoñen a ampliación das dependencias actuais e están a piques de comezar, unha vez resolto o traslado dos axentes a un local anexo mentres dure a intervención. O obxectivo das obras pasa por delimitar os seguintes espazos: oficina de atención ao público, oficina de muller/menor, atención ao cidadán; despacho do comandante de posto; salas de interrogatorio-identificación; sala de academias; arquivo; almacén; vestiarios e aseos. Finalmente, no relativo ao acuartelamento da Coruña, cóntase cun orzamento de 58.857 euros para a instalación de climatización en diversos puntos. Esta actuación está pendente de licitación. O custo de todas estas actuacións, así como a redacción do proxecto de reforma do cuartel de Ferrol, son asumidas con cargo aos 250.000 euros que comprometeu a Deputación no convenio coa Dirección General da Guardia Civil.

Proxecto para modernizar as instalacións da Guardia Civil A sede da Deputación da Coruña foi escenario dunha reunión da comisión de seguimento encargada de avaliar o estado das actuacións previstas no convenio firmado en marzo do ano 2013 entre Diego Calvo e o director general de la Guardia Civil, Arsenio Fernández de Mesa. Naquel acordo fixábase un investimento de 250.000 euros por parte da institución provincial para diferentes actuacións urxentes e necesarias en acuartelamentos da provincia. Como resultado dos estudos, decidiuse intervir en Irixoa, Arzúa, Miño e A Coruña e, a maiores, asumir os custos de redacción do proxecto de rehabilitación integral do cuartel da Garda Civil en Ferrol. Precisamente no encontro celebrado , coa participación tanto de Calvo como de Fernández de Mesa e do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presentouse este proxecto, encargado pola Deputación e que ascende, nunha primeira fase, a un investimento de 2,2 millóns de euros que, segundo explicou o director general da Guardia Civil, serán asumidos


|Pasatempos|

Galicia Norte/Novembro 2014 // 23

SUDOKU

HORÓSCOPO Aries: A túa intuición e sensibilidade son os teus activos máis fortes durante este mes. Hai, tamén non obstante, unha necesidade de impoñerte. Alguén está por reclamar o crédito de algo que por dereito che corresponde. Novamente, requírese diplomacia e tacto para resolver este problema. Este é tamén un bo mes para as negociacións e os temas financeiros. Tauro: Estabiliza o teu ambiente de traballo, pero require que traballes sobre as túas relacións e asuntos familiares. Estarás nunha posición única para aconsellar e apoiar alguén no teu círculo de amizades e de familiares con resultado inmediato e positivo. Será unha das túas experiencias máis compensadoras deste ano. O romance é tamén favorable. Geminis: Estás con entusiasmo e optimismo durante o inicio deste mes de decembro, pero a anticipada recompensa ou recoñecemento podería ir para outra persoa, por moito que te pese. O teu desafío é o de bater un record usando soamente as túas habilidades diplomáticas. Non deixes que a ira te afaste dos participantes. En xeral, as relacións son favorables este mes. Cancer: Decembro trae cambios e inquietude. Sentes a necesidade de estar coa xente, de ser sociable, de rir e de conversar e divertirse. Tes oportunidades de viaxar e coñecerás unha nova e excitante persoa nunha viaxe lonxe de casa. Esta persoa inspírache e motiva a intentar algo novo, saír do xa coñecido e de arriscarte.

Novembro, ditoso mes, empeza con Santos, acaba con San Andrés. Por todos os santos, neve nos campos. No mes de mortos, non saches a horta, non capes os porcos. Polo San Martiño, deixa a auga, come pan e bebe viño. Cada porquiño, ten o seu San Martiño.

SOPA DE LETRAS

LABIRINTO

O Outono

Leo: Será un mes compensador en moitas áreas da vida. Este é un bo momento para os negocios e os asuntos monetarios. Pero non te abuses gastando o diñeiro para impresionar aos outros ou para exhibir o teu éxito. Este mes trae equilibrio en todos os temas materiais. Espera algún recoñecemento no teu ambiente de traballo, quizais un bono ou promoción. Virgo: Este mes require que teñas practicidad e disciplina en todos os asuntos. Trae tanto oportunidades coma limitacións. A carreira ten alta prioridade e o teu estarás dedicándolle tempo extra. Hai pouco espazo para evadirte, e todos poderían chegar a facerche esixencias. Por outro lado, hai tamén moitas oportunidades implícitas nestas esixencias e sorprenderante agradablemente os premios que che chegarán cara a fins de mes. Libra: É sen dúbida ningunha o momento de volver aos negocios, de concentrarte no traballo, e de rematar calquera cousa que quedase inacabada. Presta atención aos detalles; non te atrases; non tomes atallos. Estás a facer as bases para o futuro, probando os outros e tí que mereces as responsabilidades e desafíos que asumiches. A túa enerxía está forte e concentrada. Podes concentrarte inclusive cando o traballo se volve rutineiro e aburrido. Está nunha época crucial da túa vida, inclusive tes a enerxía e a actitude “sen-prisioneiros” que te conducirán ao éxito. Escorpio: tráeche oportunidade e frustración. Mantén a concentración nas túas metas e traballa duro. Este é un excelente momento para a carreira con moitas oportunidades de progreso, debido en parte ao optimismo e entusiasmo do mes pasado. Ti causas unha boa impresión á xente, algúns dos cales están listos agora para ofrecerlle a proverbial cenoria. Hai un obstáculo; poderías sentirte que este non é o momento, e necesites un pouco de coraxe. Sagitario: É unha excelente ocasión para novos negocios, asuntos financeiros, e todas as cousas relacionadas co mundo material. Recibe recoñecemento ou por esforzos pasados na forma de recompensas estiveses a considerar para os teus negocios. A énfase deste mes é nas metas de longo prazo. As amizades e os parentes senten que estas un pouco distante, e poderías participar dos teus asuntos coa esperanza de que pases máis tempo con eles Capricornio: É a segunda vez neste ano que hai que abandonar algunha cousa. Unha relación esta chegando á fin. Isto pode causar algún sufrimento, pero hai tamén sentimentos de gratitude. Os teus sentimentos son profundos, pero tes dificultades en expresalos. Sénteste vulnerable e sensible. Atráete ceder o teu tempo e enerxía a algo fóra de ti. Haberá cambios na situación laboral, como unha rotación de persoal.

DISTRIBUCIÓN:

comarcas de :

Directora técnica: J.M.Martinez Publicidade: Dpto. Propio Xornalgalicianorte@gmail.com Redacción: xornalgalicianorte@gmail.com Fotografia: Hernandez, Arquivo, Dpto. Propio Montaxe e deseño: Dpto. Propio. Impresión: Publicaciones Tameiga

www.xornalgalicianorte.com Deposito Legal: VG 793-2012 Direccion: Apartado de Correos nº 590 36080-Pontevedra Telf: 981103795

Queda terminantemente prohibida a reproduccion total ou parcial de calquera dos contidos deste xornal. As marcas comerciais pertencen o rexistro das suas respectivas compañias e os anuncios publitarios co seu contido son reponsabilidade unica do anunciante.

Arzúa Barbanza A Barcala Bergantiños Betanzos A Coruña Eume Ferrol Fisterra Muros Noia Ordes Ortegal Santiago OSar Terra de Melide Terra de Soneira Xallas

Acuario: Podería rematar sendo o mes máis ocupado do ano. O traballo é esixente. As responsabilidades e os deberes poden facerse frustrantes. O teu debes insistir coa rutina e, en consecuencia, poderías aburrirte do teu medio....Tu nivel de enerxía esta alto e queres que as cousas cambien. Reorganiza a túa vida persoal. Administra o teu tempo máis eficientemente. Traballa na túa casa e no xardín para que gozar as melloras no teu ambiente como tamén na túa vida laboral. Piscis: Cambia o foco cara ás relacións e todos os temas sentimentais. Os colegas de traballo son esixentes, non soamente cos asuntos relativos ao traballo, senón tamén na área persoal. Poderías ser vítima de propaganda, ou involucrarte en conflitos que non teñen nada que ver contigo. Todo o teu tacto e diplomacia son necesarios para manter a harmonía no teu traballo. A túa intuición e sensibilidade son os teus activos máis fortes durante este mes. Este é tamén un bo mes para as negociacións e os temas financeiros, en particular os concernentes a préstamos e hipotecas.


24 //Novembro 2014 // Galicia Norte

|Publicidade|


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.