5 xornal galicia sur pontevedra maio 2016

Page 1

MAIO 2016 - ANO VII - NUMERO 66

PREZO 1.20€

INAUGÚRASE A CONSERVEIRA ORBE EN PONTE CALDELAS

PAX.9


2 // Maio 2016 //

| Galicia |

FEIJÓO AVANZA QUE A XUNTA EMPEZARÁ A DISTRIBUÍR O SUPERÁVIT DE RESPONSABILIDADE PENSANDO NO FUTURO DE GALICIA “Deixamos unha Galicia estable, con confianza e con certezas porque hoxe temos máis recursos adicionais e máis futuro” O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou no Pleno da Cámara que a Xunta empezará a distribuír, xa no vindeiro Consello, o superávit de responsabilidade pensando no futuro de Galicia: “dos nenos, da educación, da sanidade e do país”. “Deixamos unha Galicia estable, con confianza e con certezas porque hoxe temos máis recursos adicionais e máis futuro”, recoñeceu, incidindo en que cumprir o déficit público permitirá á Comunidade seguir investindo na mellora dos servizos públicos e incrementar a sanidade, a atención á dependencia, os servizos sociais e a educación. Nesta liña, Feijóo resaltou que o Plan estratéxico de Galicia 2015-2020, presentado na Cámara polo conselleiro de Facenda, pon de manifesto que “Galicia deixa escrita a súa política económica ata 2020 e que contou cunha política económica desde 2009 ata 2016”. “Os resultados da nosa política económica é que na Comunidade galega estamos crecendo: baixa o paro e increméntanse as afiliacións á Seguridade Social, soben as exportacións, a produ-

ción industrial, a confianza dos consumidores e baixan os impostos”, abundou, subliñando que se no primeiro trimestre de 2013 a EPA falaba de 287.000 parados, agora hai 60.000 menos; e se as afiliacións á Seguridade Social eran de 908.000 persoas, hoxe hai 34.500 afiliados máis. Sobre este punto, destacou ademais que o 75% dos asalariados en Galicia teñen emprego indefinido. “O contrato indefinido subiu no último ano en máis de 6.800 persoas

e os contratos a tempo completo en 48.000”, explicou, subliñando que a taxa de paro en Andalucía é 10 puntos maior que a de Galicia; en Extremadura é 9,9 puntos, en Castilla- La Mancha, 7,3 puntos e en Comunidad Valenciana, case 4 puntos máis que na Comunidade galega. Necesidade de reformar o actual sistema de financiamento das comunidades Durante a súa intervención, Feijóo destacou tamén a necesidade de reformar o actual sistema de financia-

mento das comunidades autónomas; un modelo que, segundo afirmou, non se rexeu polo principio de cubrir os custos reais dos servizos públicos, “senón para tentar manter o goberno de Zapatero e o tripartito catalán”. “Estamos a falar, en definitiva, dun modelo incorrecto, inxusto, que non financia o custo real dos servizos e, en consecuencia, dun modelo que hai que rectificar”, insistiu, afirmando que Galicia non quere un sistema de financiamento para un territorio. “Nós non queremos falar de independencia, queremos falar de persoas, do custo da sanidade dos maiores de 65 anos e dos maiores de 85 e de 95 anos. Queremos un sistema de financiamento para os galegos en pé de igualdade co resto das comunidades e das persoas de España”, sentenciou. O titular da Xunta afirmou que o Goberno galego conta cunha postura técnica e sólida e avogou por establecer contactos con outras comunidades neste eido. Así mesmo, lamentou que os grupos da oposición non estean a favor de pactar unha proposta conxunta de Galicia para un novo sistema.

En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara galega, Feijóo reiterou tamén o compromiso da Xunta co sector agrogandeiro, e expresou o seu convencemento de que ao igual que Galicia superou os atrancos no sector naval e da automoción, “tamén superaremos os atrancos no sector lácteo”. Neste contexto, salientou que desde o 1 de xaneiro de 2016, “e por primeira vez na historia de Galicia, ninguén paga un euro por mercar, nin por vender, nin por permutar unha soa leira, un só predio e unha soa propiedade no rural”. “Nós, o que fixemos foi manter os fondos da Política Agraria Común, aprobar novas leis para o medio rural, cobrar menos impostos aos gandeiros e aos agricultores e investir máis en modernización e innovación”, aseverou, recordando que o rural galego conta cun investimento de 1.200 millóns de euros a través do Programa de desenvolvemento rural de Galicia. Feijóo concluíu destacando que 757 mozos solicitaron incorporarse ao medio rural; “e hai máis de 2.200 solicitudes para mellorar as explotacións gandeiras”.

NAVA CASTRO ASISTE Á PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO PROTOTIPO DE TURISMO ENOLÓXICO DA ORGANIZACIÓN MUNDIAL DE TURISMO A dinamización das adegas e viticultores é unha liña estratéxica do Plan Integral de Turismo de Galicia A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu á presentación do primeiro prototipo de turismo enolóxico da Organización Mundial do Turismo (OMT), no marco da reunión do Consello Executivo desta entidade. Na xuntanza amosáronse os primeiros resultados do prototipo de bodegas que se está a realizar, no cal participan as cinco bodegas do Foro de Marcas Renombradas: Barbadillo, Pagos del Rey, Freixenet, González Byass e Osborne. Tamén se explicou a metodoloxía empregada, que poderá

ser replicada nos destinos que o desexen. Este encontro é de especial interese xa que dará a coñecer a evolución da iniciativa antes da presentación dos resultados finais, que será no mes de setembro durante a I Conferencia de Turismo Enolóxico da OMT que se celebrará en Georgia. O prototipo, que se dará a coñecer como “The Joyful Journey”, avoga por converter cada bodega nun centro de interpretación turística da zona, achegando ao visitante á realidade dunha rexión a través do

sector. Desta maneira, potenciarase o turismo enolóxico, aproveitando os enormes recursos que ofrece España, en xeral, e Galicia, en particular. Rutas dos Viños en Galicia A dinamización das adegas e viticultores galegos é unha liña estratéxica do Plan Integral de Turismo da nosa Comunidade. Neste sentido, o Goberno galego xa ten en marcha diversas iniciativas para fomentar o turismo enolóxico e o achegamento do visitante ás adegas galegas. Neste marco, a directora de Turismo de Galicia presentou

o luns a quinta edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, nas que o visitante poderá acceder de xeito gratuíto e guiado ás máis de 100 adegas participantes das cinco denominacións de orixe de Galicia e realizar un completo programa de enoturismo, que inclúe catas e degustacións. Trátase dun evento integrador excepcional ao ser Galicia a única comunidade autónoma española que ofrece unha promoción conxunta dos seus territorios vinícolas. A actividade desenvolverase

os días 21 e 22 deste mes nas rutas das denominacións de orixe das Rías Baixas e do Ribeiro e fin de semana seguinte, días 28 e 29, nos itinerarios de Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras. Este tipo de oferta contribúe a chegar a novos públicos e á desestacionalización do turismo en Galicia, que é a primeira Comunidade en canto a certificacións de calidade no sector do turismo industrial, por riba de territorios cunha gran tradición vitivinícola como son A Rioxa ou Castela e León.


// Maio // 3

| Galicia |

A XUNTA DEFENDE A COOPERACIÓN ENTRE AUTORIDADES REXIONAIS PARA POTENCIAR UN MODELO DE TURISMO SOSTIBLE O representante galego destaca o pulo socioeconómico que o turismo aporta ás zonas menos poboadas e avellentadas e salienta o exemplo de colaboración interrexional que representa o Camiño de Santiago A Xunta de Galicia aposta por un turismo sostible que axude a reactivar o emprego e o crecemento económico nas zonas rurais e que sexa capaz de adaptarse ás novas demandas dos consumidores e ás novas formas de viaxar. Así o defendeu hoxe o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, durante a reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) que tivo lugar os días 9 e 10 de maio na cidade austríaca de Innsbruck, fóra da súa sede habitual en Bruxelas. Os membros someteron a un primeiro intercambio de opinións o texto dun futuro ditame titulado O motor do turismo para impulsar a cooperación rexional na UE. O representante galego, Jesús Gamallo, subliñou durante o debate o potencial dun sector “que fortalece a cohesión económica e social da UE” e que atopa un aliado esencial nas estratexias de gobernanza multinivel. Tamén se referiu á importancia da colaboración interrexional para impulsar o turismo. Neste senso, referiuse á importancia que para un fenómeno

universal coma o Camiño de Santiago teñen os Convenios de Colaboración entre rexións e lembrou que a ruta xacobea colabora, entre outras moitas, coa rexión xaponesa de Wakayama. O turismo representa en Europa 9,7 millóns de postos de traballo, o 10% do PIB e 1,8 millóns de empresas, a maioría de pemes, de aí a súa capacidade de incidir de xeito positivo no desenvolvemento local e mesmo de poñer freo ao despoboamento ou á emigración dos mozos. Os membros da comisión sinalaron as oportunidades que ofrece a cooperación transfronteiriza neste eido, así como as colaboracións público-privada, pero tamén alertan da redución da cota de mercado da UE no contexto internacional fronte a países emerxentes, unha ameaza que debe ser atendida, entre outras, cun marco fiscal e xurídico máis eficiente e cun mellor aproveitamento das axudas europeas, nacionais e rexionais. Os representantes rexionais e locais piden unha resposta ao cambio estrutural do turismo e unha adaptación ás

necesidades e gustos dos turistas, sobre todo no relativo ao auxe da oferta especializada, como a cultural, o turismo rural ou o agroturismo. Os membros de NAT aplaudiron os cambios e os novos mercados abertos pola dixitalización e a economía colaborativa, mais tamén advirten dos riscos na protección social do sector que as autoridades deben ter en conta no seus enfoques normativos. Desperdicio de alimentos A comisión NAT deu tamén hoxe o visto bo a un proxecto de ditame sobre o desperdicio de alimentos, no que a asemblea de representantes rexionais e locais insta á Comisión Europea a establecer obxectivos máis concretos para reducir a perda de alimentos nun 30% de aquí a 2025. Na actualidade, arredor dun terzo da produción destinada ao consumo humano perde nas diferentes fases do proceso, dende a materia prima ao produto final, o que supón un prexuízo económico e medioambiental de millóns de euros. Polo tanto, os membros de NAT solicitan ás autoridades rexionais e locais que

elaboren programas propios para controlar os residuos alimenticios, que fomenten o consumo de produtos locais de tempada e poñan en marcha accións formativas sobre planificación alimentaria, entre outras. No seu encontro en Innsbruck, os membros de NAT intercambiaron tamén opinións sobre os enfoques para unha estratexia europea sobre alcohol. Ademais, o ámbito rural centrou a conferencia previa á comisión NAT que se celebrou onte, 9 de maio, na mesma cidade de Innsbruck, sobre As zonas rurais como claves para a cohesión económica, social e territorial en Europa, na que interviron autoridades do Tirol, do Mar Báltico ou da comunidade xermanófona de Bélxica. Debate con Erasmus sobre o futuro da UE Ademais, co gallo do Día de Europa, que tivo lugar onte, 9 de maio, Gamallo participou xunto con outros membros do Comité das Rexións e estudantes Erasmus e Erasmus Mundus na universidade austríaca de Innsbruck

nun debate sobre o futuro da Unión Europea. Na súa intervención, Gamallo defendeu a necesidade de que os cidadáns da UE participen máis activamente no proceso de toma de decisións e resaltou a importancia dun maior coñecemento e maior acceso á información por parte dos cidadáns “na consolidación dunha verdadeira estrutura democrática na UE”. A Comisión NAT do Comité das Rexións europeo Neste mandato, Galicia participa en dúas comisións do Comité das Rexións (CdR). Unha delas é a de Recursos Naturais (NAT), que traballa en asuntos como a Política Agrícola Común (PAC), o desenvolvemento rural ou a pesca. O Comité das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

FEIJÓO AVOGA POR RECUPERAR O ESPÍRITO DA TRANSICIÓN QUE FIXO ENTENDER QUE NO FUTURO DO PAÍS NON PODÍA CABER A PALABRA ‘CONTRA’ SENÓN OUTRA PREPOSICIÓN MÁIS FERMOSA: ‘CON’ O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou por recuperar o espírito da Transición que fixo entender que no futuro do país non podía caber a palabra ‘contra’ senón outra preposición máis fermosa: ‘con’. “O maior logro da Transición é precisamente o que algúns consideran o seu maior defecto: que se fixo contando cos todos. Con espírito de concordia, non de revancha”, aseverou, lembrando que os dirixentes de entón souberon entender que unha terrible etapa na

que media España excluíra a outra media non se podía superar facendo xusto o contrario. Durante o acto de presentación do libro El guionista de la Transición. Torcuato Fernández – Miranda, el profesor del Rey de Juan Fernández-Miranda, Feijóo afirmou que obras como esta permiten que saibamos un pouco máis acerca dunha das figuras clave dun momento histórico, a segunda metade da década dos 70, “na que os españois nos reconciliamos para sempre”. “Permítenos,

en definitiva, coñecer o momento político que lles tocou vivir e aprender como lograron que España saíse adiante nun dos cruzamentos de camiños máis complexos da nosa Historia”, abundou. O titular da Xunta afirmou que obras como a presentada hoxe “serven para coñecer a nosa Historia, para aprender dela, reflexionar sobre ela e mirala con perspectiva”. Non en van, aseverou que se hoxe chegamos onde estamos é grazas ao esforzo, á intelixencia e á altura de miras dos protagonistas da

Transición. “Non caiamos hoxe na tentación de desandar o seu camiño cara a

democracia constitucional: mellor sigamos avanzando por el”, concluíu.


4 // Maio 2016 //

| Galicia |

FEIJÓO REFÍRESE A GALICIA 100 COMO A PROBA DE QUE A NOSA TERRA É UNHA CONSTANTE NA HISTORIA DO MUNDO Cualifica esta mostra de excepcional pola súa concepción, polo valor intrínseco dos obxectos escolmados e pola aposta divulgadora: “Trátase, en definitiva, dunha historia viva que foi vivida”, di O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse á exposición Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura como a proba de que a nosa terra é unha constante na historia do mundo, “unha compoñente esencial para entender a súa evolución”. “Quitémoslle a achega galega, e será moito menos rica e intelixible”, aseverou. Durante un percorrido pola mostra, Feijóo afirmou que esta exposición pon de manifesto que as comunidades humanas son consecuencia dunha evolución e que, polo tanto, é ilusorio e temerario

prescindir do pasado plasmado en costumes, ritos e cerimonias que non teñen outro autor que o propio pobo, “xa que todo ese caudal de tradicións non son senón referencias que nos axudan a orientarnos e a saber quen somos”. Nesta liña, lembrou que resulta doado constatar que países carentes dunha historia tan rica como a nosa, se esforzan en crear tradicións ou buscalas afanosamente no seu pasado; “é dicir, necesitan saber de onde veñen, para saber a onde van”, dixo, incidindo en que “por fortuna, os galegos non precisamos ir na busca dunha

orixe perdida. Sabemos cal é, e agora a plasmamos nestes cen obxectos”. Feijóo concluíu cualificando esta exposición de excepcional pola súa concepción, polo valor intrínseco dos obxectos escolmados e pola aposta divulgadora. “Trátase, en definitiva, dunha historia viva que foi vivida”, afirmou, ao que engadiu que con esta mostra dáselle a condición de inmortais aos galegos que crearon, usaron e viviron con estes utensilios, ferramentas, libros ou enseres. “En certa forma están connosco para servirnos de guías polo pasado. Merecen ser escoita-

dos. Merecen ser admirados. Merecen que nos esforcemos

en reiterar esa fe no porvir que eles tiveron”, sentenciou.

FEIJÓO SALIENTA QUE, POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO, A XUNTA VOLVE INCREMENTAR O ORZAMENTO DESTINADO Á ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que, por terceiro ano consecutivo, a Xunta volve incrementar o orzamento destinado á atención á discapacidade, que desde 2014 ascendeu un 24% ata acadar os 94 millóns de euros. O obxectivo, segundo aseverou, é construír un modelo de sociedade no que a integración non sexa entendida como unha simple asimilación desta realidade social, senón como un recoñecemento ás capacidades de cada persoa. Durante a sinatura dos convenios nominativos coas entidades de discapacidade 2016, Feijóo afirmou que Galicia quere ser un exemplo dentro da sociedade mo-

derna de protección social, destacando así o traballo que desempeñan asociacións como Fegerec e Aspaym e as representadas a través do CERMI. Máis polo miúdo, afirmou que estes convenios teñen como obxectivo contribuír a promover a integración social e laboral das persoas con discapacidade; favorecer o seu desenvolvemento persoal e a súa autonomía; desenvolver accións encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida; orientar e apoiar as persoas con discapacidade e as súas familias e coidadores; e impulsar a formación e a investigación para o tratamento da discapacidade.

O titular da Xunta garantiu que o benestar das persoas dependentes ou cunha discapacidade será sempre un obxectivo prioritario na acción do Goberno galego. E, nesta liña, destacou a posta en marcha da Estratexia galega sobre a discapacidade 2015-2020, que contén 460 medidas para mellorar a atención á discapacidade desde ámbitos de actuación concretos e vitais; a autonomía persoal; a educación, co fin de que dispoñan dunha aprendizaxe e formación permanente en igualdade de condicións que o resto da poboación; a formación e o emprego, para favorecer o seu acceso ao mercado de traballo; e a saúde, para ofrecerlles unha asistencia sanitaria específica. Baixo estes parámetros, esta estratexia inclúe diversas liñas de axudas aos concellos, que se poñen en marcha este ano por importe de preto dun millón euros, para mellorar a accesibilidade dos recursos turísticos; actuacións de mellora dos accesos nas infraestruturas portuarias; a implantación dun sistema tecnolóxico no transporte público de Galicia que ofreza

información en tempo real de horarios e adaptabilidade; a aprobación da carteira de servizos específica para as persoas con discapacidade; e programas de asesoramento e orientación académica e profesional, cun orzamento tamén de máis de un millóns de euros. Así mesmo, cómpre destacar as novas liñas de subvencións para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal ou de asistencia, por valor de cerca dun millón euros; “e tamén está prevista a primeira convocatoria do proceso selectivo de acceso á función pública galega para as persoas con discapacidade intelectual”, abundou. Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego subliñou que esta estratexia ten ademais en conta outros plans sectoriais da Xunta para ampliar o seu alcance e ser máis efectiva nos seus resultados. É o caso da Estratexia de Inclusión Social de Galicia, os programas operativos do Fondo social Europeo e Feder, o IV Plan galego para a igualdade entre homes e mulleres ou a Estratexia Sergas 2015-

2020. No tocante ás prazas públicas, Feijóo asegurou que se entre 2009 e 2015 se crearon 929 prazas en centros de día, residencias ou ocupacións para atender as persoas con discapacidade, hoxe podemos dicir que en Galicia hai 5.000 prazas públicas para este colectivo. “E podemos adiantar que para finais de ano serán preto de 5.200, porque estarán dispoñibles 167 novas prazas”, dixo. Xunto con isto, tamén se porán en marcha novos programas de axudas con financiamento europeo que suporán unha dotación orzamentaria de máis de seis millóns de euros. Estes programas irán destinados, sobre todo, tanto ao mantemento das prazas nos centros de día e residencias que atenden a discapacidade, como ao fomento da accesibilidade en espazos públicos e á eliminación de barreiras arquitectónicas. O presidente do Goberno galego concluíu aseverando que coa sinatura destes convenios “non só queremos apoiar o traballo das asociacións que representan este colectivo senón sumarnos aos seus retos e obxectivos”.


// Maio 2016 // 5

| Galicia |

A XUNTA APOIA COA AXENDA 20 O ACCESO DA MOCIDADE GALEGA A UN POSTO DE TRABALLO CON AXUDAS E PROGRAMAS ESPECÍFICOS O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, pechou en Pontevedra a xornada organizada pola UNED sobre estratexias e ferramentas para a busca de oportunidades formativas e profesionais na UE O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, pechou en Pontevedra a xornada organizada pola UNED sobre estratexias e ferramentas para a busca de oportunidades formativas e profesionais na Unión Europa. Marnotes informou neste foro das liñas de axudas e programas específicos cos que conta o Goberno galego para apoiar o acceso a un emprego da mocidade. Neste senso, explicou, en primeiro lugar, que a Axenda 20 para o Emprego, a nova planificación da Xunta en materia laboral, inclúe para este fin diversas liñas de axudas por valor de 12,7 millóns de euros. Entre os

diferentes apoios, resaltou os destinados aos autónomos e os incentivos á contratación. O director xeral, en segundo lugar, fixo fincapé nos

programas específicos que a Xunta pon a disposición dos máis novos para axudalos a atopar un emprego e que tamén se enmarcan na Axenda

20. Resaltou a posta en marcha proximamente das Lanzadeiras de Emprego, unha iniciativa de fomento do emprendemento e autoemprego, que se levará a cabo coa Fundación Santa María La Real e co apoio da Fundación Telefónica a través dun convenio de colaboración. Esta actuación axudará aos mozos e mozas galegos sen emprego a posicionarse mellor no mercado de traballo ofrecéndolles reforzar as súas competencias e descubrir novas habilidades para obter un posto laboral ou desenvolver o seu propio proxecto empresarial. Outros dos programas aos que se referiu o director xe-

ral foron as Unidades de Formación na Empresa para impulsar a especialización e capacitación co compromiso de contratación e os Programas Integrados de Emprego que combinan información, orientación e asesoramento, formación e prácticas laborais. Así mesmo, indicou que a Xunta conta con 56 técnicos de orientación ou titores que deseñan itinerarios de emprego específicos para a mocidade. Por último, Marnotes indicou que todos estes programas foron deseñados tendo en conta os perfís que demandan as empresas e as necesidades da Industria 4.0 no que a formación profesional se refire.

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL PRESENTA O INFORME SOBRE O PLAN OPERATIVO DE INCLUSIÓN SOCIAL 2015-2016 Este plan consolida e introduce axustes en medidas que xa se puxeran en marcha no ano 2015 A Consellería de Política Social presentou o informe sobre o Plan Operativo de Inclusión Social 2015-2016, un documento que comprende, de xeito detallado e enmarcado nos diferentes obxectivos de inclusión social, as accións que se consideraron prioritarias para estes dous anos. O Plan Operativo de Inclusión Social 2015-2016 consolida e introduce axustes en medidas e accións que xa se puxeran en marcha con anterioridade no ano 2015, buscando un maior impacto nos resultados. Ademais, incorpora accións de nova creación que constitúen respostas a obxectivos previstos na Estratexia de Inclusión Social de Galicia. Por outra banda, o Plan Operativo inclúe accións dirixidas a promover a mellora da calidade profesional e da atención ás persoas participantes, a través da formación do persoal de acompañamento técnico nos procesos de inclusión sociolaboral. O documento comprende 305

accións orientadas a acadar os obxectivos previstos na Estratexia de Inclusión Social de Galicia e ademais, contén outras 50 accións dirixidas de xeito específico pero non exclusivo á poboación xitana en Galicia. O POIS diferenza os obxectivos entre as prioridades transversais e as sectoriais. En canto as primeiras, estas abranguen a prevención da pobreza e a exclusión social, a loita contra a pobreza infantil, a consolidación e mellora dos procesos de coordinación e participación, a promoción da participación das entidades de iniciativa social, abordar e reducir as consecuencias da exclusión territorial, promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, xerar o coñecemento sobre a inclusión social en Galicia e difundir a estratexia de inclusión social de Galicia, así como promover a inclusión dixital das persoas en situación ou risco de exclusión social e o uso das TICS na intervención a prol da inclusión social.

As prioridades sectoriais céntranse en fomentar unha intervención de calidade dos servizos sociais na prevención e abordaxe integral das situacións persoais e familiares de pobreza, vulnerabilidades e exclusión social; atender de xeito específico e complementario os factores de exclusión social que presentan determinadas persoas ou grupos vulnerables para acadar a súa plena inclusión social; garantir uns ingresos mínimos vinculados á activación sociolaboral; favorecer a inserción laboral nun mercado de traballo inclusivo; promover o acceso á educación e á formación previndo o fracaso escolar e aumentando os niveis de competencias; promover a inclusión social e a empregabilidade mediante estratexias de cualificación a través de recursos educativos e de formación para o emprego e da aprendizaxe permanente; favorecer a inclusión social a través da atención e do coidado da saúde; e mellorar o acceso á vivenda como aspec-

to clave na inclusión social. A Dirección Xeral de Inclusión Social contou con todos os departamentos da Xunta de Galicia implicados no desenvolvemento da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 coa finalidade de obter a información sobre as medidas que están a levar a cabo neste bienio. Estratexia de Inclusión Social de Galicia O 18 de decembro de 2014 o Consello da Xunta aprobou a Estratexia de Inclusión Social de Galicia (EIS Galicia), que constitúe o marco de planificación das prioridades, obxectivos e medidas que se levarán a cabo na nosa comunidade autónoma en materia de loita contra a pobreza e a exclusión social no período 2014-2020. A estrutura a EIS Galicia 2014-2020 asume o enfoque da inclusión social activa, promovido dende os diferentes marcos de traballo da Unión Europea e que vertebra tamén o Plan Nacional de Inclusión Social do Reino de España 2013-2016. Este

enfoque está integrado por tres eixos que combinan a garantía de acceso a uns ingresos mínimos vinculados; as políticas activas favorecedoras dun mercado laboral máis inclusivo cara as persoas con maiores dificultades de acceso; e o acceso a uns servizos de calidade, para a abordaxe multidimensional do fenómeno da pobreza e a exclusión social. A EIS comprende 16 prioridades estratéxicas, 56 obxectivos específicos e 238 medidas dirixidas a abordar as situacións persoais e familiares de vulnerabilidade, pobreza e exclusión social, e a procurar os apoios precisos para que as persoas destinatarias acaden a súa inclusión social e laboral. A EIS Galicia 2014-2020 prevé na súa formulación o seu desenvolvemento a través de Plans Operativos de Inclusión Social bianuais, para posibilitar que se concreten a máis curto prazo as accións que se van desenvolver para acadar os obxectivos previstos.


6 // Maio 2016 //

| Pontevedra |

O GOBERNO DA DEPUTACIÓN APROBA MÁIS DE DOUS MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS PARA INVESTIR EN DEZ CONCELLOS DA PROVINCIA A Presidenta Carmela Silva destacou a importancia que o investimento público ten para a creación de emprego nos concellos da provincia A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou 14 novas axudas, por un importe total de 2.149.986,42 € para 10 concellos da provincia ao abeiro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. Así, o concello de A Estrada recibirá tres axudas por un importe total de 807.961,36 € para a rede de abastecemento en dúas avenidas da vila e para a compra de dous camións e 150 contedores de recollida de lixo; e Redondela 605.759,68 €, repartidas en outras tres achegas, para melloras de saneamento nas súas parroquias. Pola súa banda, a Deputa-

ción entregará acontía de 149.951,19 € ao concello do Porriño para a renovación da instalación de alumeado exterior; 111.496,22 € a Mondariz con destino a un colector de saneamento; e 110.923,10 € ao concello de Cambados para o soterrado de tendidos eléctricos. Neste senso,78.010,79 € serán entregados a Ponteareas para financiar as obras de ampliación dunha rede de abastecemento; 77.825,41 € para Lalín con destino á instalación de xogos infantís; 73.999,17 € a Forcarei para a substitución de ventás na casa do concello; 70.472,21 € ao municipio de Cerdedo para a duplicación do depósito de

auga en dúas parroquias; e 63.492,29 € a Moraña destinados á substitución dunha beirarrúa e unha tubaria. Ata o momento, o grado de execución da liña 1é dun 17,54 %, o que representa unha inversión na provincia de 4.100.003,48 €, a consecuencia das complicacións que supón a realización dos proxectos de obras e as correspondentes autorizacións doutras administración. O Plan Concellos 2016, que naceu como unha iniciativa da nova Deputación, conta con 47 millóns de euros que serán transferidos na súa totalidade aos concellos antes do verán.

CARMELA SILVA AMOSA A SÚA SATISFACCIÓN POLOS 11 SENDEIROS AZUIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA A provincia suma 64 praias e portos con bandeira azul, so superada por Alacante A Presidenta da Deputación de Pontevedra ven de amosar a súa satisfacción porque con 11 sendeiros azuis a provincia de Pontevedra sitúase como líder nacional, co maior número de distintivos de toda España. Amais, Silva subliñou que as 64

bandeiras azuis en praias e portos de Pontevedra converten á provincia na segunda de España co maior número de galardóns, so superada por Alacante, o que se traduce “nun elemento máis de atracción turística”. Segundo informou a Presi-

denta da Deputación, “Galicia conta con 21 sendeiros azuis -moi por riba doutras comunidades autónomas como Valencia que con 15 ocupa a segunda posición nacional- dos cales 11 sitúanse na provincia de Pontevedra”. Ó respecto, Car-

mela Silva destacou que os sendeiros azuis “trátanse de itinerarios que enlazan praias e portos con bandeira azul e contribúen ó uso sostible do litoral, así como permiten á cidadanía o goce da natureza e promoven a saúde e o benestar, actuacións polas que debemos apostar todas as administracións públicas”. Neste contexto, a Presidenta da Deputación de Pontevedra recordou que a institución provincial “puxo en marcha un proxecto común en decembro de 2015 para impulsar a excelencia medioambiental e revitalizar os sendeiros azuis a través da realización de actuacións de sinalización, dotación de mobiliario, reparación de sendas, acondicionamento, restauración de fontes, impulso do aforro enerxético, mantemento e promoción”. Este proxecto da Deputación de Pontevedra conta cunha dotación de 150.000 € dos cales o 80% apórtaos a institución provincial e o importe restante os concellos de Baiona, Bueu, Can-

gas, A Guarda, A Illa de Arousa, Nigrán, Ponte Caldelas, Sanxenxo e Vigo que están adheridos ó mesmo. Carmela Silva destacou que “na actualidade técnicos da Deputación de Pontevedra realizaron xa visitas ós concellos que participan no proxecto para coñecer a súas necesidades” e adiantou que “antes de que remate o mes de maio, asinaranse os convenios cos municipios para levar a cabo actuacións nos sendeiros azuis que nos permitan seguir sendo un referente en España”. Os 11 sendeiros azuis da provincia de Pontevedra sitúanse en Cangas (Roteiro de Donón), Vigo (Camiño a Beiramar, Senda entre faros e Senda litoral e do Monte da Guía), Bueu (Cabo Udra), Illa de Arousa (Senda BaoXestelas), A Guarda (Senda litoral da Guarda), Nigrán (Sendeiro litoral ecosistema dunar Praia AméricaPanxón), Baiona (Sendeiro litoral de Baiona), Marín (Sendeiro Azul Ruta das Praias) e Ponte Caldelas (Sendeiro Azul do Río Verdugo).


// Maio 2016 // 7

| Cotobade |

A ESCOLA INFANTIL DE COTOBADE MEDRA ATA PRETO DAS 40 SOLICITUDES DE MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR A escola infantil de Cotobade atópase en fase de crecemento e medrou a súa solicitude de matrícula ata preto dos 40 cativos para o vindeiro curso escolar, segundo os datos ofrecidos polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar durante a visita do seu xerente, o ex alcalde de Ponte Caldelas Perfecto Rodríguez, e o rexedor local de Cotobade, Jorge Cubela, para ollar as instalacións e comezar a preparar o vindeiro exercicio. Deste xeito, a gardería cotobadesa rexistrou un total de 38 solicitudes, todas elas admitidas e sen lista de agarda, tras un lixeiro incremento con respecto ás 36 do presente curso e moi significativo en comparación coas 22 contabilizadas no curso 2014/2015. Ademais, cabe sinalar que este dato reflicte e refrenda o ascenso da natalidade detectado no último padrón municipal, no que Cotobade foi un dos 46 concellos galegos que subíu poboación. Nesta liña, a escola infantil de Cotobade é unha das que presenta unha maior

cifra de matr ícula entre os concellos cunha poboación similar na contorna de Pontevedra Así, as solicitudes de matrícula en Cotobade son superiores ás de Ponte Caldelas (33 admitidos e 4 de agarda) ou Campo Lameiro (13). A gardería, que conta cunhas instalacións modernas e funcionáis, é a terceira de maior capacidade na bisbarra Terras de Pontevedra, xa que conta cun cupo máximo de 74 cativos, unha cifra só superada polos 115 do recinto da Parda, situado na capital, e polos 87 de Poio. Deste xeito, está preparada para acoller sobradamente calquera incremento de cativos que se produza no municipio. Estas instalacións foron visitadas por Perfecto Rodríguez e Jorge Cubela para comentar as principais novidades e necesidades de cara ao vindeiro curso. O alcalde quixo expresar o seu agradecemento co ex alcalde caldelán “por estar sempre para o que se lle necesita, tanto antes como alcalde veciño como agora como responsable dos

Servizos Sociais, e por ter unha sensibilidade especial cos concellos e coas súas necesidades”. Ademais, deixou claro que a gardería “é un elemento fundamental para o noso concello, que quere seguir gañando poboación e que, por tanto, ten que ter os servizos perfectos, como este, para atender aos novos veciños”. Cubela tamén amosou a súa ledicia polo dato récord de 38 alumnos solicitantes de praza para o vindeiro curso académico, “xa que os cativos son os que nos van dar un futuro esperanzador como concello” e cre que en Cotobade “as cousas estanse facendo ben, como indican certos parámetros que reflicten que gañamos poboación e que cada vez temos máis cativos”. Por último, lembrou que a escola infantil “pertence a dúas áreas, as de Servizos Sociais e Educación, que este goberno local ten blindadas e que considera a súa prioridade máis absoluta, porque o primeiro son as persoas e o seu interes xeral e benestar”.

A OFICINA TÉCNICA ESTÁ A ELABORAR UN INFORME SOBRE AS OBRAS REALIZADAS NA CONTORNA DA PONTE MEDIEVAL DE ALMOFREI A actuación ten solicitada licenza, que estase a tramitar ante Augas de Galicia e Patrimonio, para a conservación e apertura de zanxa A oficina técnica municipal do Concello de Cotobade está a elaborar, dende o pasado venres, un informe sobre as obras realizadas na contorna da ponte medieval de Almofrei, en concreto na baixada da pista municipal que discorre pola zona. O alcalde, Jorge Cubela, tras ter coñecemento destes traballos, cursou o pasado venres unha providencia ao aparellador municipal para que emita un ditame sobre esta actuación. As obras realizadas teñen presentada unha solicitude de licenza municipal de obra, pero a mesma aínda non foi aprobada definitiva-

mente, xa que se está a tramitar ante o organismo Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Patrimonio, que deben dar o seu visto bo ao tratarse dunha actuación na zona de policía do río e que ademais se sitúa na contorna dunha ponte construída hai cinco séculos. A petición cursada refírese á realización dunha obra menor consistente en tarefas de conservación e a apertura dunha zanxa. Polo momento, o Concello de Cotobade prefire apelar á prudencia ata que a oficina técnica municipal emita o seu correspondente informe das obras realizadas e, a

partires dese momento, comezar a tomar as decisións que correspondan avaladas polos ditames técnicos. En calquera caso, e atendendo sempre ao informado polos especialistas, podería chegar a abrirse un expediente de reposición da legalidade. Finalmente, dende o Concello de Cotobade quere lembrarse que a Consellería de Educación e Cultura ten consignados 10.655 euros para a valoración dos traballos de conservación e restauración da ponte medieval de San Lourenzo de Almofrei co obxectivo da súa posta en valor.


8 // Maio 2016 //

| Ponte Caldelas |

PONTE CALDELAS REFORZA A BANDEIRA AZUL DA PRAIA DA CALZADA COA CONSECUCIÓN DO PRIMEIRO SENDEIRO AZUL INTERIOR DE ESPAÑA Andrés Díaz subliña o esforzo de xestión realizado para a consecución dunha mellora que converte ao río Verdugo nun atractivo turístico de primeiro nivel Ponte Caldelas conta co primeiro sendeiro azul de interior de toda España gracias a unha iniciativa emprendida polo Concello e que supuxo unha complexa tramitación diante da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), organismo europeo que concede os distintivos bandeira azul, e diante da Deputación de Pontevedra, que concedeu unha subvención para acometer parte das obras necesarias. ADEAC vén de aceptar a proposta do Concello de Ponte Caldelas para incluír unha ruta circular de 8,3 quilómetros de lonxitude, que terá como punto de saída e chegada o Balneario, reforzará a bandeira azul da praia da Calzada e converterá o río Verdugo nun atractivo de turismo verde de primeira magnitude. O sendeiro caldelán xa aparece recollido na web da asociaciación, xunto co resto dos sendeiros azuis declarados no conxunto de España: http://www.adeac.es/sites/default/files/archivos/Senderos_ Azules_2016.pdf O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, explicou que os sendeiros azuis son rutas que enlazan praias con bandeira azul con elementos naturais do seu entorno. Requiren da elaboración dun complexo proxec-

to técnico no que se inclúe un traballo de campo baseado na localización e características xerais do camiño, inventario de elementos e valores naturais, instalación de paneis de sinalización de ruta, valores naturais, balizaxe, etcétera. Todo elo debe ser, finalmente, avaliado polos inspectores de ADEAC para garantir o cumprimento das condicións esixidas. Un proxecto, engade o alcalde de Ponte Caldelas, que é complexo porque inclúe a presentación de moita documentación, entre ela un Plan de Protección Ambiental, outro de Educación Ambiental e un terceiro de Dinamización

Social, que obriga a prestar actividades socioeducativas para potenciar os valores naturais do trazado. Andrés Díaz está convencido de que este sendeiro azul exercerá tamén como motor dinamizador da hostalería e do comercio local e destaca o esforzo para non quedar parados tras a consecución da bandeira azul para a praia da Calzada. “Xa no seu momento tivemos que loitar por manter esa bandeira azul dando a batalla contra os vertidos que baixaban dende A Lama”, explicou, “pero agora pensabamos que había que poñer tamén en valor todo o entorno que arrodea o areal e

estamos moi contentos de telo conseguido e de ternos convertido nos primeiros titulares nun sendeiro destas características fóra do litoral español”. O alcalde anuncia que vanse executar coa máxima urxencia as obras brandas que permitirán recuperar os camiños de pescadores, potenciar o ecosistema fluvial e as súas especies máis características tanto na flora como na fauna. Eliminaranse exemplares de invasoras, protexeranse espazos sensibles, potenciarase a accesibilidade das estruturas, eliminaranse todo tipo de residuos e acometerase un tratamento ecolóxico e paisaxístico

xeral. O proxecto culminará con visitas guiadas, obradoiros formativos, voluntariado medioambiental e un programa de actividades para os centros educativos. Andrés Díaz recalca que o Concello tivo que realizar un dobre esforzo, pois paralelamente á solicitude diante da ADEAC foi preciso realizar un esforzo de xestión para a consecución dunha subvención de 13.000 euros da Deputación Provincial. Unha petición que culminou tras moitos trámites para acreditar a titularidade dos terreos ou permisos dos titulares, circunstancia que en moitas ocasións imposibilita a obtención deste tipo de axudas públicas. O novo sendeiro azul será un elemento central e característico do mapa do sendeirismo caldelán, pero non funcionará como elemento illado. O alcalde adianta que estará interconectado co resto de rutas do municipio. Estase a traballar para unilo o máximo posible coas rutas xa existentes ou en planificación para que sexa posible realizar distintos percorridos. Un deseño no que tamén estará incluída a propia vila de Ponte Caldelas para que os camiñantes podan tamén gozar dos servizos que ofrece a hostalería e o comercio local.

OPERARIOS DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS LIBERAN Á VELLA PONTE DOS DANOS PROVOCADOS POLAS HEDRAS E PLANTAS TREPADORA Realizan un amplo operativo de limpeza das marxes do río e as zonas verdes de Chan da Barcia

O perarios do Concello de Ponte Caldelas realizaron

un operativo espectacular de limpeza da vella ponte sobre o río Verdugo, ao seu paso pola vila, para liberar a este viaducto da ameaza das hedras e das planas trepadoras que podían afectar á súa conservación.

P ara realizar estes traballos tiveron que suspenderse por cordas desde a plataforma da ponte co fin de poder

achegarse ata os recunchos máis difíciles para realizar a operación.

S imultáneamente outro equipo de operarios do Con-

cello de Ponte Caldelas procederon á roza e limpeza das marxes do río Verdugo para telo en condicións óptimas para o paseo e a disputa da proba internacional de pesca deportiva que terá lugar a fin de semana do 28 e 29 de maio con motivo do 50 aniversario da Festa da Troita

de Ponte Caldelas.

T amén se procedeu a corte da herba no parque infantil e biosaudable existentes nas inmediacións da área deportiva de Chan da Barcia así como das súas zonas verdes. Con esta iniciativa de limpeza en profundidade do entorno do río Verdugo, Ponte Caldelas prepárase para recibir a visita de milleiros de persoas que se achegarán nos vindeiros días con motivo da Festa da Troita.


// Maio 2016 // 9

| Ponte Caldelas |

INAUGÚRASE A CONSERVEIRA ORBE EN PONTE CALDELAS

Para o alcalde de Ponte Caldelas, especialmente nestes tempos convulsos nos que vivimos, di que non hai nada máis satisfactorio que asistir á inauguración dunha empresa. A chegada da conserveira Orbe ao noso municipio é unha aposta clara e decidida por Ponte Caldelas. Recibide o recoñecemento institucional do Concello, pero non só iso, senón tamén o recoñecemento persoal de todos e todas os que integramos o equipo de Goberno, comezando polo alcalde que ten a honra de falarvos. Estamos realmente orgullosos de acoller a unha empresa con máis de medio século de historia, vinculada tradicionalmente ao porto de Vigo e con presenza comercial en máis de 40 países de todo o mundo. As portas do meu despacho na Alcaldía de Ponte Caldelas están sempre abertas a todos os veciños. E, por suposto, xa saben que tamén o están para os responsables da que, dende hoxe, é a empresa conserveira de Ponte Caldelas. Estou á sua disposición. O emprego, ou mellor dito, a creación de emprego é hoxe o obxectivo máximo das políticas públicas e de todas as Administracións. Dende o ámbito do Local, dende o Autonómico, dende o Estatal e dende a Unión Europea, non nos queda outra que

sumar forzas nunha dirección común para afrontar esta difícil batalla. Pero non basta con iso. Precisamos da intelixencia e a habilidade necesarias para atopar a imprescindible colaboración co sector privado. Só así seremos quen de sacar adiante iniciativas tan felices como a que hoxe culmina. Os responsables públicos debemos, hoxe máis que nunca, facer honra ao calificativo de responsables. Os galegos e as galegas miran cara nós buscando respostas. E temos a obriga de estar á altura para ofrecerlles unha estratexia baseada na concordia institucional, na colaboración e o entendemento. Superar personalismos, partidismos e localismos. Superar, en suma, oportunismos, que a nada produtivo conducen. Orbe é unha empresa nacida en Vigo, pero, sobre todo, é unha empresa galega que leva por todo o mundo os produtos máis representativos de Galicia. Máis dun cento de traballadores, moitos deles residentes na cidade olívica, traballarán agora en Ponte Caldelas. Como moitos dos nosos veciños xa traballan noutras empresas de Vigo. Dentro de pouco un bo número de caldeláns porán tamén o seu esforzo para contribuír á competitividade desta nova Orbe que inicia unha nova andaina. Decatémonos que todos somos aliados e que xuntos

sempre sumamos. Hai pouco tiven a oportunidade de falar co alcalde vigués, Abel Caballero, das posibilidades de que Ponte Caldelas poida beneficiarse dalgún dos servizos compartidos que ofrece ese club de municipios que é a Área Metropolitana de Vigo. Un club, señor presidente da Xunta de Galicia, no que vostede tamén ten o mérito de ter participado activamente para a súa materialización. Un magnífico exemplo de acción e visión estratéxica para un municipalismo galego moderno. Abaratar e mellorar servizos e consolidar poboación é o camiño.

Este solo que hoxe pisamos, este polígono empresarial da Reigosa, é outro exemplo do que se pode acadar cando as Administracións traballan xuntas para ofrecer solucións modernas aos retos aos que se enfronta Galicia como rexión situada neste recuncho non só de España, senón tamén de Europa. Un solo industrial ben situado (e agardemos que moi pronto mellor comunicado unha vez que remate a circunvalación de Pontevedra e a A-57), ofrece interesantes oportunidades que o actual equipo de Goberno de Ponte Caldelas non está

disposto a desperdiciar. Non teño palabras para agradecer o trato recibido dos empresarios aquí asentados, que están xa, a día de hoxe, contratando a caldeláns na liña do solicitado dende esta Alcaldía. Os resultados empezan a estar á vista: o noso municipio incrementou o seu padrón de habitantes en 54 persoas nos poucos meses que van de mandato. Pode parecer pouco, pero se o comparamos co marco xenérico de perda poboacional en toda a área central da provincia e os case 2.000 habitantes que perdemos en Ponte Caldelas durante o anterior mandato, a nosa visión gañará en claridade. Ponte Caldelas medra en poboación e, segundo os últimos datos do IGE, é un dos municipios cunha poboación máis nova nunha área territorial marcada polo espallamento e o envellecemento demográfico. Queremos empresas xeradoras de actividade económica e de emprego, respectuosas co medio ambiente e que contribúan a espallar o bo nome de Ponte Caldelas en Galicia, en España e no mundo. E queremos estar orgullosos de todas elas, superando erros do pasado. Mirando para o importante, que é o futuro. E o alcalde Andrés Díaz agradece e da a benvida os directivos e empregados de Orbe “Benvidos a Ponte Caldelas”


10 // Maio 2016 //

| Ponte Caldelas |

A CASA DO POBO DE FORZÁNS ESTREA CAPTURA OUTRA TROITA DE CASI PERSIANAS DE SEGURIDADE E GOZA XA 3 QUILOS NO RÍO VERDUGO DE WIFI GRATUÍTA O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, comprobou en Forzáns o resultado das obras acometidas na Casa do Pobo desta parroquia, onde á recente estrea da rede WiFi gratuíta, a cargo do Concello, vense a sumar a dotación de persianas de seguridade, cumprindo así unha petición veciñal. Andrés Díaz destacou o resultado destas melloras na Casa, que eran moi agardadas, e nas que o Concello fixo un investimento próximo aos 10.000 euros, dos que 5.352 euros corresponderon á substitución das 11 persianas de seguridade. A Casa do Pobo é unha instalación municipal moi utilizada polos veciños de Forzáns e agora ve melloradas as súas prestacións. A reparación e modernización deste tipo de dotacións públicas, das que só dous son municipais mentres o resto son de titularidade veciñal, é unha das liñas de traballo do Goberno local de Ponte Caldelas. Así, ás actuacións xa realizadas no que vai de mandato en Regodobargo, A Insua e Xustáns, súmase agora Forzáns, e xa están en marcha novos proxectos. Andrés Díaz destaca a sensibilidade do Goberno local con Forzáns, onde hai pouco tempo reparouse a rede pública de alumeado no barrio do Piñeiro, solucionando así un problema que viña de seis anos atrás, orixi-

nado polo roubo do cabo de alimentación eléctrica. Non foi ata a chegada do novo Goberno local en que os afectados viron reparada a incidencia. Ademáis mellorouse a iluminación despexando as luminarias e substituíndo as lámpadas. Por outra banda, destaca o alcalde, a parroquia de Forzáns viu cumpridos tamén outros compromisos adquiridos coa asemblea de veciños. Realizáronse distintas campañas de arranxo de fochancas nas vías públicas e colocouse unha nova marquesiña para protexer aos rapaces que agardan o transporte público ata o colexio Manuel Cordo Boullosa. “Temos un calendario de actuacións consensuado cos veciños e imos seguir traballando en beneficio de Forzáns”, recalcou Díaz.

Marcos González, un mozo veciño de Paradela (Ponte Caldelas) foi quen de capturar e sacar do río cunha cana un exemplar de troita de casi 3 quilos de peso e algo máis de 50 centímetros de lonxitude. A loita contra este descomunal animal da familia dos salmónidos tivo lugar ao caer a tardiña nun paraxe próximo aos Pasos da Fraga, no río Verdugo. González tivo a paciencia suficiente para poder sacar ao peixe despois de recibir unha forte picada que fixo que o seu carrete se volvera tolo polo tirón e os intentos de fuxida da troita. Durante máis de 40 minutos estivo loitando co peixe ata que, coa axuda do seu pai, pudo ir levándoa cara a beira do río e botala a terra. MORDEULLE NUN DEDO AO SEU PAI A fiereza do animal fixo que se revelara contra o seu captor con tanta intensidade que incluso chegou a morder ao pai de Marcos González quen, nun despiste mentra estaba tentando quitarlle o anzol de tres picos á troita, recibiu unha dentellada da troita que, aínda que tivo que a soltar, caiu en terra firme onde nada pudo facer para librarse do seu destino que non será outro que acabar no forno e nun xantar familiar para a vindeira fin de semana. Indicar para os expertos na pesca deportiva no río que o engado utilizado foi un anaco de escalo prendido sobre un anzol de tres picos, como os utilizados polas “culleriñas”. Marcos González asegura que volverá a pescar polas inmediaciones dos Pasos da Fraga xa que con anterioridade a esta pescata escapóuselle outra á que lle pudo ver a cola dun tamaño moitísimo máis grande.

PONTE CALDELAS PODERÍA COMEZAR A BENEFICIARSE DO SERVIZO DE TRANSPORTE DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO CARA FINAIS DE ANO O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, participou hoxe na xuntanza dos municipios interesados en integrar a Área Metropolitana de Vigo co obxectivo inmediato da posta en marcha do servizo de Transporte Metropolitano na área Sur e centro da provincia. A xuntanza, presidida por Abel Caballero, serviu para anunciar un calendario que, de non pro-

ducirse atrasos, podería significar a entrada en funcionamento do dispositivo cara finais de ano. Andrés Díaz foi invitado pola Alcaldía de Vigo en calidade de alcalde dun dos municipios que están a valorar a súa entrada nesta novidosa agrupación supramunicipal que parte, en principio, con 14 “socios”. O acordo adoptado hoxe en

Praza do Rei significa, de feito, o desbloqueo para que a Xunta de Galicia aprobe a lei reguladora da Área Metropolitana. Segundo o calendario adiantado, agárdase que o próximo mes de outubro se celebre a asemblea constituínte. Nesa mesma sesión trataranse as solicitudes de nova adhesión, entre elas a de Ponte Caldelas. Durante a xuntanza, Abel Caballero informou que, como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) vai solicitar que as áreas metropolitanas, como agrupacións municipais recoñecidas constitucionalmente, dispoñan de financiamento propio a través do Estado e das Comunidades Autónomas. Andrés Díaz apoia a proposta pois considera máis funcionais estas entidades locais que as fusións de concellos que, tal e

como están a xurdir, non pasan de meras anécdotas, pensadas de costas aos intereses dos veciños e sen acreditar ningunha mellora ou aforro na prestación dos servizos. Mentres non haxa fusións racionais, feitas para acadar estándares de poboación e funcionalidade municipal, esa é unha vía fracasada, afirmou. O alcalde de Ponte Caldelas explicou que tras a inauguración da conserveira Orbe (e moi próximamente a auxiliar da automoción Aludec) no polígono da Reigosa, resulta indudable a relación sociolaboral con Vigo. Hai traballadores dun municipio con posto laboral no outro e viceversa, polo que o axeitado é que os concellos poñamos os medios para facerlles a vida máis cómoda. O transporte público, funcional e asequible é básico. Especialmente para

o Concello de Ponte Caldelas, recalcou Díaz, porque un dos eixes da política municipal deste mandato é seguir crecendo en poboación nun contexto de forte recesión demográfica en toda a bisbarra. Andrés Díaz recalcou que a Área Metropolitana é un “club de concellos” que ofrece un catálogo dunha ducia de servizos nos que se poden obter importantes aforros ao tempo que mellora a calidade. A Ponte Caldelas, subliñou, interésalle o transporte o antes posible e, de cara a 2017 (data de remate da actual concesión) a recollida e transporte de lixo. Sen desbotar outras opcións en función dos custos e os intereses dos veciños e veciñas. A Área Metropolitana de Vigo é unha ferramenta útil que está ao noso alcance e o responsable é utilizala, recalcou.


// Maio 2016 // 11

| Ponte Caldelas|

CRÍTICA DO GRUPO DE GOBERNO O USO PARTIDISTA DAS INSTITUCIÓNS PARA ANUNCIAR OS PRIMEIROS 33.000 EUROS QUE INVISTE A XUNTA EN PONTE CALDELAS

Consideran bochornoso que o PP intente colgarse a medalla das obras nos parques infantís cando se pasou catro anos dicindo que non facían falta O Grupo de Gobernode Ponte Caldelas,, está abochornado pola foto que os concelleiros do Partido Popular foron facerse co “suposto delegado da Xunta en Pontevedra”, José Manuel Cores Tourís, para anunciar a concesión dunha pequena subvención de 33.000 euros para o arranxo parcial dos parques infantís de Xustáns e os dous da vila. “Hai que dicir que trátase do suposto delegado da Xunta, porque demostra con este tipo de actuacións que é o delegado político do Partido Popular”, recalca Andrés Díaz. O alcalde invita a Cores Tourís a que, no sucesivo, comunique ao Concello de Ponte Caldelas o resultado dos procedementos administrativos iniciados pola institución municipal. “Con este politiqueo barato, o señor Cores Tourís fáltalle ao respecto á institución municipal e, por ende, aos veciños de

Ponte Caldelas”. Andrés Díaz destaca que o pavimento de caucho para o parque de Xustáns foi unha obra longamente demandada dende a Oposición no pasado mandato e sistematicamente denegada polo ex-alcalde, Perfecto Rodríguez, quen mesmo declarou publicamente que non facía falta. A insistencia de Díaz,

dende a portavocía do grupo municipal socialista, debeuse a que o parque é utilizado como patio por unha escola infantil e houbo pequenas lesións de rapaces que xustificaban a urxencia da obra. En canto á substitución de varios columpios nos dous parques da vila, indicou que responde a unha petición veciñal.

A subvención, diante da negativa do anterior alcalde, foi solicitada polo actual equipo de Goberno, que decidiu priorizar esta mellora e incluía na Orde para infraestruturas en concellos de menos de 5.000 habitantes. “Pero o señor Cores Tourís debe pensar que a obra a solicitou o grupo municipal do Partido Popular, que, pola

súa présa en colgarse a medalla, cambiou de opinión con respecto ao criterio do anterior alcalde”. Andrés Díaz repróchalle ao Partido Popular que se moleste en escenificar a concesión dunha axuda minúscula, de só 33.000 euros, que representan o primeiro e único investimento da Xunta de Galicia no que vai de mandato municipal, o que contrasta cos máis de 2 millóns de euros investidos ata o momento en Cotobade e o máis de un millón de euros investido en A Lama, dous concellos de menor poboación, pero que se benefician da “política clientelar” do PP. “E, que eu saiba”, conclúe o alcalde caldelán, “en todos eses investimentos en Cotobade e A Lama, o señor Cores Tourís nunca chamou a concelleiros da Oposición para anunciarlles a execución de obras ou a concesión de subvencións”.

PONTE CALDELAS DEBE INVESTIR CASE MEDIO MILLÓN DE EUROS PARA MODERNIZAR A SÚA OBSOLETA REDE DE ALUMEADO PÚBLICO

A rede de alumeado público de Ponte Caldelas absorberá medio millón de euros durante os próximos anos, o que vai obrigar ao Concello a un esforzo de xestión. Os resultados dunha auditoría de eficiencia enerxética encargada pola Alcaldía son alarmantes, pois revelan un exceso de puntos de luz e o uso dunha tecnoloxía completamente obsoleta, tanto nas luminarias como nas infraestruturas de regulación e cableado. O alcalde Andrés Díaz Sobral está moi preocupado tras coñecer os datos deste estudo, encargado hai un par de meses e entregado onte mesmo pola empresa auditora. “Eu sabía que a situación que heredabamos tras moitos anos de goberno do PP era mala, pero esto supera todas as previsións”. De feito, os re-

sultados obrigan a repensar as liñas da política municipal durante todo o mandato, pois haberá que afrontar proxectos con investimentos propios e concorrer a todas as convocatorias de subvencións neste eido. O estudo indica que Ponte Caldelas dispón dun total de 3.660 puntos de luz para dar servizo a 5.600 habitantes. A totalidade da rede está composta por luminarias con tecnoloxía antigua, porque os únicos farois led instalados no municipio foron colocados hai poucos meses polo actual equipo de Goberno no polígono da Reigosa. Andrés Díaz adiantou que xa se está a traballar nun proxecto de mellora lumínica na ponte da vila, onde agora hai 18 vellos farois que van ser substituídos por só seis, reducindo o

impacto visual e, ao tempo, aumentando o grao de iluminación. Segundo a auditoría, a rede caldelán está composta por puntos ineficientes, de máis de 200 watios a base de vapor de sodio ou de mercurio, que deben ser reemplazados por sistemas led de 45 watios. Ademais, hai problemas co cableado, armarios con potencia excesiva e interruptores accionados con células fotoeléctricas que deben ser substituidos por modernos e máis eficientes reloxios “astro” dixitais, que optimizan o acendido. Andrés Díaz indica que o consumo eléctrico do Concello supera os 300.000 euros anuais e o obxectivo é reducilo, cando menos, nun 50% ao longo destes catro anos. Pero para elo será necesario

facer os fortes investimentos no paquete de actualización tecnolóxica que o Concello de Ponte Caldelas non fixo ata o de agora, mentres moitos outros concellos xa contan cunha rede moderna e funcional. O alcalde considera que os veciños deben coñecer a situación de partida á que se enfronta o equipo de Goberno. Pero non se trata só dun problema de aforro, senón tamén de que o servizo público de alumeado sofre frecuentes averías produto da deixadez e abandono ao que estivo sometido durante os últimos 16 anos. Agora hai un diagnóstico da situación e a vontade política de corrixila. “Ata hai ben pouco, a política municipal consistía en poñer puntos de luz por todas partes para contentar a persoas determinadas; agora

imos traballar na dirección contraria, reducindo farois, pero utilizando tecnoloxías modernas que, con menos consumo, proporcionan máis luz”, explicou o alcalde, quen pide algo de paciencia diante da “magnitude do desastre”. “O resultado”, conclúe Andrés Díaz, “será que teremos unha rede máis eficiente e, sobre todo, sostible a longo prazo”.


12 // Maio 2016 //

| A Lama |

OS VECIÑOS DE BARCIA DE SEIXO COMPLETAN A REHABILITACIÓN DO CENTRO SOCIAL E PARROQUIAL O alcalde da Lama, Jorge Canda, estivo presente na inspección realizada por un técnico da Deputación para supervisar os traballos realizados e volveu reivindicar o importante papel que desempeñaba o PAC O alcalde da Lama, Jorge Canda, acompañou aos responsables veciñais da rehabilitación do Centro Social desta parroquia durante a visita de inspección realizada por un técnico da Deputación para supervisar os traballos de rehabilitación realizados e que tiveron axuda da antigo PAC do organismo provincial. Jorge Canda destacou o esforzo realizado na reparación integral deste local que estará a disposición dos colectivos veciñais da parroquia de Barcia de Seixo e no que levan investidos uns 13.000 euros. Entre os traballos realizados destacan a colocación de friso de madeira no teito, a repación do tellado, así como a dotación dun novo pavimento antiescorregadizo para evitar calquera resbalón ou accidente indeseado. Tamén levaron a cabo labores de illamento da edificación con respecto ao terreo para evitar que as escorrentías dos días de choivas acabasen

filtrando humidade ao centro social. Para iso realizouse un sistema perimetral de drenaxe e illamento do edificio. CANDA REIVINDICA A UTILIDADE E NECESIDADE O PAC ELIMINADO POLO NOVO GOBERNO DA DIPUTACION Jorge Canda destacou “a importancia e eficiencia do antigo Plan de Acción Comunitaria (PAC), da Deputación Provincial, que permitía a asociacións de veciños, culturais, comunidades de augas, etc. poder acometer pequenas obras, en canto ao seu custo, pero de vital importancia para poder achegar servizos de primeira necesidade ao rural e que agora, co novo goberno, elimináronse dunha plumada deixando colgados a moitos colectivos que estaban a afrontar por fases arranxos en traídas de augas, locais sociais, etc”, indicou o alcalde da Lama. Tamén significou o rexedor da Lama que “estas pequenas obras que se ían realizan-

do no rural grazas ás achegas de material da Deputación a través do PAC tamén servían para dinamizar, a pequena escala, a economía dos pobos e as aldeas porque as empresas e autónomos locais eran os que adoitaban acabar realizando estas obritas que tiñan a súa importancia para as pequenas economías familiares e que agora des-

aparecen. É normal, agora os que dirixen a institución provincial teñen unha visión máis urbanita e o rural queda lonxe na súa cabeza e, o que é máis grave, no seu corazón. Cousas que no rural son imprescindibles para vivir como unha traída de auga para unha persoa que reside en Vigo ou Pontevedra nin llo expón porque lle basta con

abrir a billa e xa ten a auga e se ocorre unha avaría recorre aos servizos das grandes empresas que os prestan, pero o veciño ten que apañárselas para non quedar sen auga no verán, liquidar avarías, resolver problemas, etc. e que coas axudas do PAC podían ir capeando o temporal e agora nada de nada”, manifestou Jorge Canda.

CODILLO ESTOFADO CON PATACAS ASADAS E GUARNICIÓN NA XVI FESTA DE EXALTACIÓN GASTRONÓMICA QUE SE CELEBRARÁ O 15 DE MAIO

O xurado decidiu, por unanimidade, esta preparación entre as tres presentadas pola empresa encargada do cátering O xurado encargado de realizar a cata previa á celebración da Festa do Codillo, que terá lugar na Alameda da Lama o domingo 15 de maio, decantouse por unanimidade pola prepación estofada, con guarnición e patacas asadas presentada pola empresa Grupo Galego de Cátering Arelas, de Vincios (Gondomar), dirixida por Rosa María Fragueiro. Os examinadores, entre os que estaba o propio alcalde Jorge Canda e o secretario municipal, Gonzalo Porto, tamén probaron o “Codillo á Mazá”, con pisto de calabacín e arroz branco, así como “Codillo á Cazadora”, con espinacas salteadas e pementos do piquillo recheos que, aín-

da que a xuízo dos catadores estaban magníficos, decantáronse polo “Codillo Estofado”. Por outra banda, o alcalde, Jorge Canda, aproveitou a cata para lembrar que a XVI Festa do Codillo da Lama celebrarase o domingo 15 de maio, a partir das 14 horas, na Alameda lamense e no que se contempla un prezo para as racións de 12 euros. O alcalde da Lama, Jorge Canda, manifestou a súa satisfacción polo gran interese que levanta esta festa non só entre os residentes no municipio senón entre os centos de persoas que se achegan ata A Lama para participar neste evento de exaltación gastro-

nómica dun dos manxares máis populares de Galicia, neste caso o codillo. Nesta ocasión as racións previstas pola organización roldarán o milleiro e ademais do popular e saboroso codillo, van acompañadas de pan e viño, así como un prato de barro e servizos co fin de poder favorecer a degustación deste manxar que desde hai anos homenaxéase e exalta na Alameda da Lama. Novamente a empresa Cátering Arelas será a encargada de servir as racións de codillo, pan e viño que terá un prezo popular de 12 euros para favorecer a participación cidadá que prevé superar amplamente as cifras da edición pasada.


// Maio 2016 // 13

| As Neves | Arbo|

AS NEVES ACOLLE A EXPOSICIÓN SOBRE CASTELAO E O CÓMIC 'De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego' amosa obras de autores actuais como Kiko da Silva, José Domingo, Miguelanxo Prado, Mar Abad ou David Rubín 'De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego', exposición enmarcada na programación do Ano Castelao da Deputación de Pontevedra, vén de ser inaugurada na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de As Neves, nun acto no que estiveron presentes o rexedor da localidade, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, o comisario da mostra, Octavio Beares, e a presidenta de XOGA, Mª Jesús Monterde. "Como xa dixemos noutras ocasións con esta exposición queremos dar a coñecer unha das facetas artísticas máis descoñecidas de Castelao e vinculala cos autores e autoras actuais que hoxe en día desempeñan esta disciplina

con grande éxito no noso país" sinalou o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal. O deputado engadiu que "nesta ocasión, e precisamente neste concello, que acolle o Salón do Cómic do Condado, o Komiq Kon, parécenos moi pertinente que esta exposición inclúa As Neves no seu itinerario". 'De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego' referencia a produción de Castelao nos primeiros anos da súa traxectoria, que fixo a súa achega nun campo que, hoxe máis ca nunca, conta cunha importante representatividade de autores e autoras galegas que están traballando neste eido con moito éxito e calidade. A mostra, comisariada polo coñecido crítico de cómic, Octavio Beares, es-

tablece un percorrido polas obras de debuxantes galegos comezando polo propio Castelao, quen co debuxo amosou sempre o seu compromiso coa arte e a lingua galega, como se pode apreciar nas reproducións das tiras e debuxos publicados en Vida Gallega e o diario Galicia; ata os autores máis actuais, como son Kiko da Silva, José Domingo, Miguelanxo Prado, Mar Abad ou David Rubín. Unha selección na que se intentou incluír os autores e autoras galegas que son referencia no eido do cómic ata o día de hoxe, e tomando a Castelao como referente. Para facer a visita á exposición máis completa e accesible, pódese facer uso dunha audioguía e signoguía elaborada en colaboración con

AS NEVES AVANZA CARA UN MODELO PENSADO PARA AS PERSOAS O Concello vén de facer unha serie de modificacións no centro urbano Os cambios implantados incluíron a reorganización da praza de San Agustín, a creación dunha área de carga e descarga, inexistente ata o momento, e o aumento do número de prazas de estacionamento para persoas de mobilidade reducida. Ademais, permítese agora acceder ao núcleo urbano pola zona sur de xeito directo, a través da rúa Esperanza, para o que se inverteu o sentido de circulación no entorno da Praza Maior. Todas estas mudanzas foron levadas a cabo tendo en consideración as posturas e opinións das persoas da

contorna, para así tomar as decisións máis axeitadas. Lembran dende a institución, que a pesares de que nas inmediacións da praza de San Agustín se suprimiron algunhas zonas de estacionamento, existen máis de 200 prazas para aparcar a non máis de cinco minutos camiñando ao centro urbano. Deste xeito, O Concello fai unha firme aposta por un modelo territorial máis ordenado e inclusivo, no que priman as persoas fronte aos vehículos, fixándose en lugares como Pontevedra ou Allariz, que hoxe reciben premios por ser cidades cómodas para

vivir, e nos inicio da implantación dese modelo só escoitaban críticas, poñendo de manifesto que ás veces é necesaria a perspectiva que dan o tempo e os resultados. Alén do exposto, outra idea que motivou estas accións, foi unha nova visión respecto dos fluxos de tráfico nos vindeiros anos, como consecuencia da posta en funcionamento da vía entral da PLISAN. Feito que pode supoñer o desvío do tráfico da estrada de Ponteareas cara a PO-400 que circunvala As Neves cara Arbo, obrigando a reforzar a área de acceso á vila desde esa vía. Estas medidas, xunto coa promoción e dinamización do comercio manifestadas a través da permanente colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarias/os das Neves e da recente posta en marcha da campaña Quere o teu mercado, van na liña dun modelo de futuro pensado para as persoas, “mudando para avanzar cara O Concello que queremos ver”.

XOGA, Organización de Xordos de Galicia, e á que se accede mediante o código QR que aparece na sala e nos carteis. Ademais de explicacións orais e escritas incorpora a lingua de signos, cumprindo así cunha obriga patente de facer accesible os contidos culturais para todas e todos. Neste eido hai que lembrar que para concienciar a toda a poboación sobre a necesidade de promover actitudes inclusivas e integradoras para o conxunto da sociedade, a Deputación vén de poñer en marcha unha campaña en redes sociais para difundir o signo co que se nomea Castelao en lingua de signos. Para favorecer este tipo de actitudes, todas as persoas que queiran colaborar coa campaña poden subir unha foto 'signando' Castelao

ao Twitter coa etiqueta #signaCastelao e facendo mención á conta da Deputación @ depo_es. O signo consiste en colocar os dedos índice e polgar realizando un círculo sobre un dos ollos, en referencia ás gafas redondas que portaba o propio Castelao. Cada persoa debe realizar o signo cunha soa man, recomendándose que se realice coa man que se usa para escribir (as persoas destras coa dereita e as zurdas coa esquerda). 'De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego' poderá visitarse ma Sala de Exposicións do Auditorio Municipal ata o vindeiro 27 de maio. Esta exposición xa iniciara o seu percorrido no Porriño, e despois de pasar por As Neves, percorrerá os concellos de Cangas e Vilagarcía.

I ANDAINA DA LAMPREA O Vindeiro día 5 de xuño de 2016, o concello de Arbo organiza a I Andaina da Lamprea, aprazada o día 10 de abril debido o mal tempo. A Actividade que pretende promocionar os produtos típicos de Arbo, como son a Lamprea e o viño, así como as paisaxes pola beira dos dous ríos que bañan Arbo, o Rio Miño e o seu afluente o Deva, asi como as pesqueiras e o Centro de Interpretación do viño e da Lamprea de Arbo “Arabo”. A saída terá lugar dende o Museo Arabo as 10 da maña, o percorrido e de aproximadamente de dúas horas e

media e remata no mesmo Museo do Arabo, donde se degustara de maneira gratuíta a Lamprea e un viño e darase opción os participantes de que visiten as salas do Arabo, para que a través dos seus paneis informativos e vídeos, coñezan a nosa Vila e as súas belezas. PREZO: 3 €.-A INGRESAR NO Nº DE CONTA ES12 2080.5011.82.3040006781 . Prazo de finalización de inscrición 2 de xuño de 2016. Dificultad media – 10 kilómetros . Mais información na paxina web do Concello de Arbo www.concellodearbo.es


14 // Maio 2016 //

| Salvaterra de Miño |

“SON MÁIS QUE FERIDAS, SON AS NOSAS VIDAS”, SLOGAN GAÑADOR DO V CONCURSO DE SLOGANS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Salvaterra fixo entrega, este mércores, dos premios do concurso de slogans contra a Violencia de Xénero O Concello de Salvaterra entregou un ano mais os premios do concurso de lemas ou slogans para os alumnos e alumnas do IES de Salvaterra, convocado con motivo do día contra a violencia de xénero, co fin de “mellorar a convivencia en sociedade transmitindo valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia de xénero, entre os rapaces e rapazas do noso municipio, que son o noso futuro máis inmediato e que teñen na súa man invertir estes datos” Este concurso busca frases que traten de transmitir un mensaxe e un posicionamento claro de non aos malos tratos. Dentro das iniciativas desta campaña de sensibilización social, preténdese reunir material para facer posteriormente unha campaña de difusión e publicida-

de dalgúns dos recursos que existen para abordar este problema. O proxecto consistirá en confeccionar uns marcadores de páxinas onde vaia o lema ou slogan gañador do

concurso e algúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir en caso de coñecer ou ser víctima dunha situación de malos tratos. Esta iniciativa constitúe un reforzo a esta campaña de

sensibilización. Ademais de ser un soporte “atractivo, informativo e moi útil ten unha utilidade porque fai perdurar non tempo a mensaxe, a través a difusión entre os máis novos”.

Con esta actividade de carácter educativo e preventivo búscase erradicar a violencia de xénero promovendo un cambio de mentalidade que contribúa a desmitificar estereotipos sexistas e transmitindo outros valores. Premios Primeiro premio, por valor de 150 € canxeable por material educativo, deportivo e/ou música. Ademáis, o slogan gañador do primeiro premio utilizose para facer uns marcadores de páxinas que serán difundidos entre os propios alumnos/as do IES e polo Concello de Salvaterra de Miño.Foi para Zaira Vaqueiro Pereira co slogan “SON MÁIS QUE FERIDAS, SON AS NOSAS VIDAS” Ademais oubo tres premios por valor de 50 € canxeables por material educativo, deportivo e/ou música para Leticia Valije Martelletta, Nazaret Vaqueiro Pereira e Carolina Márquez Riveiro.

CURSO "COÑECE OU TEU RENOVARANSE AS PISTAS DE TENIS DO MÓBIL" PARQUE PÚBLICO A CANUDA Dirixido a persoas que teñen problemas ou non entenden o manexo desta ferramenta

H oxe en día o uso do teléfono móbil é algo case indis-

pensable e que entrou nas nosas vidas para quedarse.

A o principio era unha simple ferramenta que servía

que teñen problemas ou non entenden o manexo desta ferramenta.

S eis clases, de hora e media, onde verán o uso bási-

para chamar, pero co paso do tempo e a implantación de novas aplicacións hoxe en día é case como ter un mini ordenador no peto.

co do móbil, o manexo da pantalla táctil, o bloqueo e desbloqueo da pantalla, o arranque eapagado do móbil. O menú e as aplicacións, a axenda de contactos, o calendario, a alarma e o SMS.

dades novas, unha nova forma de comunicación, pero tamén fai que para algunhas persoas sexa cada día máis difícil poder manexar un móbil. Por ese motivo o Concello de Salvaterra organizou o Curso "Coñece ou Teu Móbil", que está dirixido a todas aquelas persoas

fotos e o retoque de imaxes. Unha vez que os temas básicos están asimilados verase o uso das redes sociais como o What´s up e o facebook, así como as chamadas de emerxencia e a solicitude de cita para o médico ou outras utilizacións que nos sirvan para o día a día

Idástouné montón algo bo, porque nos O uso da cámara de fotos, de posibili- a captura de videos, arquivar

O Alcalde de Salvaterra explicoulle ao Delegado da Xunta en Vigo en que van consistir as obras de renovación das pistas de tenis, e que se engloban dentro da mellora dos equipamentos deportivos que está a levar a cabo o Concello. Esta pistas teñen moitos anos e moito uso, xa que sobre todo aos fins de semana son moitas persoas as que se achegan á Canuda para practicar este deporte. Temos que ter en conta que ao longo do mes son centos de persoas, non só da comarca, senón de toda a provincia e norte de Portugal as que se desprazan ata Salvaterra para practicar diversas actividades deportivas e lúdicas, o Parque Público a Canuda é un dos espazos naturais con máis afluencia nestes momentos. Este proxecto pretende renovar o firme das pistas e as redes da mesma, e así mellorar o

servizo gratuíto ofrecido polo municipio. O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, visitou co Alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal Vaqueiro, as pistas de tenis do Parque Público A Canuda, para ver de primeira man as necesidades de renovación das mesmas, obras que vai realizar a Secretaría Xeral de Deportes por un importe de 40.000? e coas cales se

pretende poñer en valor una das diferentes alternativas deportivas que ofrece o noso Concello. Salvaterra de Miño é un Concello comprometido co deporte e coa vida saudable, inviste en mellorar os equipamentos deportivos e pon en valor o patrimonio a través de diferentes rutas de sendeirismo polos seus ríos, e convida os seus veciños e visitantes a levar uns hábitos saudables.


// Maio 2016 // 15

| Pazos de Borbén |

O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN APROBA UN ORZAMENTO DE 2,6 MILLÓNS DE EUROS PARA 2016 A previsión recolle un aumento da recadación grazas ás subvencións da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia O Concello de Pazos de Borbén xestionará este ano un orzamento de case 2,6 millóns de euros, tal e como aprobou a corporación municipal no último pleno. O documento económico recolle o aumento de diversas partidas grazas a un incremento dos ingresos, procedentes de

achegas da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. O aumento dos ingresos nos orzamentos correspóndese a unha lixeira subida da participación nos tributos do estado, que pasan de 523.000 a 538.000 euros. Ademais, a subvención procedente da Xunta de Galicia as-

cende dos 107.000 aos 124.000 euros. Ao que hai que engadir os 299.000 euros procedentes da Deputación de Pontevedra para a construción do campo de futbol de Nespereira e os fondos para a rede de saneamento.Grazas a esta subida na recadación está previsto un incremento

significativo nas principais partidas dos servizos sociais como o Servizo de Axuda no Fogar, que pasa dos 80.700 aos 140.000 euros, ou os fondos destinados a Emerxencia Social, que pasan dos 7.500 aos 10.000 euros. Increméntase a partida destinada ao fomento do emprego

ata situala en 10.000 euros. Tamén crecerán os fondos destinados ás asociacións deportivas do municipio, que crecen dos 8.000 aos 11.000 euros. Neste sentido cabe destacar o investimento para realizar no campo de fútbol de Nespereira, que conta cun orzamento total de 469.000 euros dos que a Deputación de Pontevedra achega case 300.000 euros e o Concello os 169.000 restantes. Ampliar a rede de saneamento municipal é outro dos grandes proxectos deste ano. Neste sentido investirase un total de 315.000 euros na instalación e mellora da rede nos barrios de Masusán, Igrexa e Carballiño, na parroquia de Amoedo. Ademais están previstas melloras en diversos camiños grazas ao Plan Marco así como o aumento na dotación destinada aos traballadores municipais contratados a cargo do Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra.

PAZOS DE BORBÉN REPARTE 25 COMPOSTEROS ENTRE OS SEUS VECIÑOS A medida conta coa colaboración de Sogama e pertence a unha campaña conxunta para impulsar a compostaxe doméstica O Concello de Pazos de Borbén, en colaboración con Sogama, acaba de iniciar unha nova campaña para impulsar a reciclaxe doméstica coa entrega de 25 composteros entre os veciños que participan na iniciativa. O proxecto arrincou coa entrega dos mesmos e unha charla formativa na que se instruíu aos asistentes sobre a correcta utilización do compostero ademais de responder as preguntas máis comúns. O obxectivo desta iniciativa é concienciar á veciñanza sobre a necesidade de impulsar a reciclaxe doméstica de materia orgánica a través da súa transformación en compost. Un abono natural de excelentes propiedades para o chan e perfecto para utilizar en substitución dos fertilizantes artificiais, cos consecuentes beneficios ambientais, económicos e so-

ciais para todos os veciños. Ademais do compostero e a charla informativa, os participantes nesta iniciativa asistiron a unha demostración de como se instala o depósito de compost ademais de recibir un manual de compostaxe doméstica cos aspectos máis importantes a ter en conta no proceso de reciclaxe de materia orgánica. Despois do acto de entrega, o alcalde de Pazos de Borbén, Andres Igrexas, asegurou que este proxecto axudaranos a instalar “unha práctica ambiental máis correcta. Que ten como exemplo a estas familias que están a colaborar e que nos axudan a mellorar a contorna e a transmitir esta mensaxe a todos os vecinos”. Ademais, o rexedor destacou que ademais de mellorar a contorna este tipo de prác-

ticas tamén teñen a súa repercusión sobre a economía local, xa que “ademais de aforrar e mellorar na reu-

tilización de recursos, reducimos gastos xa que toda a materia orgánica que se aproveita no compostero non

se deposita no colector habitual e axuda a reducir os gastos que orixina o servizo de lixos”.


16 // Maio 2016 //

| Publicidade |


// Maio 2016 // 17

| Soutomaior |

O PLENO MUNICIPAL DE SOUTOMAIOR DÁ O VISTO BOA Á LEI DO ÁREA METROPOLITANA A moción aprobouse cos votos a favor do Partido Popular e o Partido Socialista A corporación municipal de Soutomaior aprobou por maioría a proposta da alcaldía do texto da lei da área Metropolitana de Vigo. O Partido Popular e o Partido Socialista deron o seu apoio a esta modificación consensuada entre os 14 concellos da área Metropolitana e a Xunta de Galicia, a través do seu vicepresidente, Alfonso Rueda Valenzuela, que contou cos votos en contra do BNG. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, foi o encargado de facer un repaso de todo o proceso levado a cabo para facer realidade a área Metropolitana e lembrou que “esperamos agora que Vigo entre no plan de transporte antes de que sexa aprobada a nova lei e a área sexa por fin unha realidade”.

Durante o pleno, o alcalde mostrouse moi satisfeito pola aprobación desta medida e apelou na súa intervención ao “espírito da Declara-

ción de Soutomaior, xerme da área Metropolitana de Vigo. Un espírito de consenso que hoxe, case 17 anos despois

daquel 20 de novembro de 1999, segue vivo”, ao que agregou, “quero agradecer aos alcaldes de todos os concellos da área o seu apoio,

a súa comprensión, a súa colaboración e o seu duro traballo, por e para o ben de todos”. A moción foi aprobada por maioría a pesar dos votos en contra do BNG. Neste sentido, o alcalde referiuse a este feito como “unha mágoa que Soutomaior, precisamente onde naceu esta idea e este espírito de consenso, sexa hoxe unha excepción entre os Concellos da área metropolitana por non contar coa unanimidade do pleno municipal. É unha pena que o BNG de Soutomaior, ao contrario do que fixo noutros Concellos, só busque poñer impedimentos ao desenvolvemento de algo que mellorará a vida do máis de medio millón de galegos que viven na área metropolitana de Vigo”, finalizou o rexedor local.

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR ENTREGA OS DIPLOMAS DE MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS A 60 VECIÑOS O alcalde, Agustín Reguera, fixo entrega dos certificados aos primeiros alumnos en obter esta acreditación en centros formativos municipais O salón de actos do edificio Multiusos de Arcade acolleu a entrega de diplomas do curso de manipulador de produtos fitosanitarios organizado polo Concello de Soutomaior durante as últimas semanas. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, fixo entrega dos certificados aos 60 alumnos que superaron con éxito o exame oficial. O ciclo, de 25 horas lectivas, desempeñouse simultaneamente nos dous centros formativos cos que conta o Concello de Soutomaior, en Alxán e Arcade, para poder atender a gran demanda desta acreditación. “Grazas a estas instalacións agora é moito máis fácil para todos. Por primeira vez podémonos examinar en Soutomaior, antes tiñamos que ir a Pontevedra”, afirmou o alcalde neste sentido. “É unha demanda que nos viñades manifestando moitos de vós e estamos

a tentar cubrir todas as peticións”, engadiu o rexedor local Este documento ten un número identificativo da persoa que adquire os produtos fitosanitarios para que os puntos de venda poidan

rexistrar a entrega das substancias nunha ficha, de maneira que o comprador pasa a ser o responsable da correcta aplicación. O ciclo estaba dirixido a profesionais de tratamentos terrestres e aéreos, de

establecementos de almacenamento, venda ou distribución de produtos, ademais da os agricultores e particulares que os utilicen na súa propia explotación sen empregar persoal auxiliar e utilizando praguicidas non clasificados

como moi tóxicos. O obxectivo era dotar aos alumnos dos coñecementos e habilidades prácticas necesarias para a correcta manipulación destes produtos e facilitar a obtención do carné de aplicador/manipulador.


18 // Maio 2016 //

| Tui |

TUI INVESTIRÁ MÁIS DE 100 MIL EUROS NOS MELLORAS NO PARQUE CENTROS EDUCATIVOS DO MUNICIPIO INFANTIL DO MONTIÑO Foi renovado polo Concello cun investimento 26.494,86 euros

A s nenas e nenos disfrutan xa das novas instala-

cións do Parque Infantil do Montiño en Rebordáns. Este espazo foi renovado polo Concello cun investimento 26.494,86 euros do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación de Pontevedra de 2015.

a apertura deste espazo. Tamén estiveron presentes membros da AAVV de Veciños, así coma algúns veciños que non se quixeron perder o estreo dunha obra que demandaban dende hai tempo.

A actuación no parque infantil do Montiño súmase a realizada xa no do Penedo no Paseo Fluvial.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao conce- Os próximos espazos a lleiro de Medio Ambiente, renovar serán os parques José Martínez Tato, achegábanse ata Rebordáns para

O Concello de Tui vai investir máis de 100 mil euros en obras de mantemento nos distintos centros educativos do municipio que serán realizadas aproveitando as vacacións escolares de verán. A principal actuación centrarase na reforma do patio do CEIP de Randufe e no arranxo do pavillón do CEIP de Caldelas, onde amais serán instaladas portas de seguridade. Pero o parón estival será aproveitado tamén polo Concello para acometer outras tarefas de mantemento nos distintos centros educativos consistentes en

pintado de aulas, cambios de ventás, ou arranxo de instalacións precisas dado que os colexios tudenses teñen todos máis de tres décadas de antigüidade. A esta aportación municipal sumaranse os 41 mil que a Consellería de Educación investirá no arranxo da cuberta do CEIP de Rebordáns. Amais ao través de plans da Deputación levaranse as obras para unhas novas instalacións para o comedor escolar do CEIP nº2. Onte na sinatura do convenio coa Consellería de Educación para o mantemento

infantís de Caldelas e de Pexegueiro.

dos centros o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a conselleira de Ensino, María José González, trasladaron ao conselleiro Román Rodríguez, a necesidade de acometer a construción dun novo colexio para a parroquia de Pazos de Reis, para o que o Concello xa puxo a dispor do seu departamento os terreos na Finca Lagarteira. O conselleiro trasladoulle a boa disposición da Xunta para acometer este centro, quedando pendente o envío de documentación ao respecto dos prazos barallados.

JESÚS GONZÁLEZ E SERGIO PÉREZ, BRONCE NO CAMPIONATO DE EUROPA DE REMO Excelente fin de semana para o deporte tudense ao acadar Óscar Carrera a clasificación para os Xogos Olímpicos e Rubén Millan e Gabriel Pavón para o preolímpico O remeiro tudense Jesús González, xunto ao malagueño afincado en Tui, Sergio Pérez, integrantes do Club Remo Robaleira, participaron no Campionato de Europa de Remo, na cidade alemana de Brandemburgo, acadando a medalla de bronce na modalidade de dous sen peso lixeiro. Na xornada do sábado, Suso González e Sergio Pérez gañaron a súa eliminatoria e accederon á gran final, coa

intención de mellorar a súa cuarta posición do ano 2015. Nesta, a embarcación española rexistrou un tempo de 7:05.320, a 5.020 segundos da británica, que acadou a presea de ouro, e a segundo e medio da parella danesa. Esta medalla de bronce foi a única que acadou a selección española neste campionato, no que tamén participaron outros tudenses. Así, Nuria Domínguez rematou decimocuarta en skiff feminino,

e Óscar Alonso e David Prada, gañaron a final B, rematando na sétima posición, coa embarcación oito con temoeiro. O portugués Jorge André Carvalho, tamén do Club Remo do Miño, participou na modalidade dous sen temoeiro, acadando a sexta posición. Por outra parte na fin de semana confirmouse a presenza dun tudense nos próximos Xogos Olímpicos de Río, xa que Óscar Carre-

ra acadou esta clasificación e será un dos compoñentes do K4 1.000 metros. O padeeiro tudense rematou a súa regata en Trasona en sexta posición e, xunto a Rodrigo Germade, serán os integrantes galegos desta embarcación en Río. Nesta mesma regata, os padeeiros do Club Kayak Tudense, Rubén Millán e Gabriel Pavón, acadaron a clasificación para o preolímpico de Duisburgo, onde

pelexarán en escasos doce días, por unha praza olímpica no K2 1.000 metros. O Concello de Tui felicita a Jesús González e Sergio Pérez polo magnífico terceiro posto no Campionato de Europa de Remo, así como a Óscar Carrera pola súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Río, e desexa moita sorte aos padeeiros Rubén Millán e Gabriel Pavón, na súa próxima regata en Duisburgo.


// Maio 2016 // 19

| Porriño |

A CONCELLERÍA DE EMPREGO ORGANIZA DISTINTOS CURSOS, PARA DESEMPREGADAS/OS EMPADROADOS NO PORRIÑO A concelleira, subliña que os cursos teñen como “obxectivo esencial e fundamental contribuír á volta ao mercado laboral” mediante o coñecemento de novas habilidades demandadas polos empregadores A Concellería de Emprego, que dirixe Soledad Girón, ven de poñer en marcha varias accións formativas dirixidas a veciñas e veciños empadroados no Porriño e que se atopen en situación de desemprego. A concelleira, subliña que estes cursos teñen como “obxectivo esencial e fundamental contribuír á volta ao mercado laboral” mediante o coñecemento de novas habilidades demandadas polos empregadores ou que poden constituír un oco de mercado á hora de crear unha empresa. A actividade formativa, que é constante, abrangue un curso de Fibra Óptica, outro de CNC, para torneiros fresadores, “que se realizará tendo en conta a dispoñibilidade das empresas” que demandan este persoal, un de Manipulador, dous cursos de Alérxenos, un de Motivación, “que responde a unha demanda de emprego” e, nos vindeiros días, convocarase un de Maquillaxe e Perruquería, aproveitando a aula específica,

que estar´enfocado ao eido artístico. Ademais, nas vindeiras datas, a Concellería de Emprego abrirá o prazo, “con moito tempo”, para un curso de Drones.

Soledad Girón indica que, así mesmo, o Concello ven de optar a varios obradoiros convocados pola Xunta, un deles para Forestal, que se impartiría no Louro, outro de Atención Sociocultural, no

Centro de Torneiros e dous de Albanelería e Xardinería, que se impartirían na Escola de Covelo. A totalidade dos cursos, para os cales a inscrición estará aberta do día 16 de maio ao 3

de xuño, son de balde e, como se sinala nas bases dos mesmos, están organizados para persoas empadroadas no Porriño, maiores de idade e anotadas nas oficinas de emprego da vila.

O GOBERNO LOCAL DO PORRIÑO IMPULSARÁ E COORDINARÁ PROXECTOS EUROPEOS DE FORMACIÓN O primeiro deles é a creación dunha Plataforma on line para promover nos centros de formación, e para traballar conxuntamente, a nivel europeo O Concello do Porriño, por medio da Concellería de Educación, que dirixe Lourdes Moure, impulsará, contando coa experiencia de Amador Ordoñez, coordinador de proxectos europeos do IES Ribeira do Louro, ‘A Game for promoting entrepreneurship across European Schools’, un proxecto que será presentado dentro do Programa Eramus+ Asociacións Estratéxicas, Educación Escolar, e que ten coma obxectivo impulsar o concepto de emprendimento entre os alumnos de distintos niveis educativos, optando a fondos europeos para poder levar adiante os seus obxectivos.

O primeiro deles é a creación dunha Plataforma on line para promover nos centros de formación, e para traballar conxuntamente, a nivel europeo, dando pulo á idea de emprendedor entre as alumnas e alumnos, poñendo en man dos centros unha ferramenta que facilite esta labor mediante a formación de profesores e estudantes. Os alumnos terán unha visión máis crara da realidade actual do mundo da empresa, en especial coñecendo que sectores están a medrar, atopar ocos de mercado, coñecer as novas estratexias empresariais ou o estado da globalización do mercado, de xeito que, por medio de ideas

en común, experiencias e ideas conxuntas de cada un dos socios que participan nesta Plataforma, conquerir unha visión máis real do que debe de ser unha empresa na actualidade. O proxecto, coordinado polo Concello do Porriño, estará integrado polo IES Ribeira do Louro, o Dacorum Council for Voluntary Service, do Reino Unido, Atenea, de Portugal, University of Business and Enterprise, de Polonia e Magestil - Escola Profissional de Portugal. O vindeiro martes, día 10, no Restaurante Manolo, haberá unha primeira xornada para falar sobre proxectos europeos, que segundo a alcal-

desa do Porriño, Eva García de la Torre, “teñen unha importancia estratéxica” para o goberno local, na que estarán presentes, ademáis da propia rexedora e a concelleira de Educación, representantes dos equipos directivos de centros de infantil, primaria e secundaria, que abrangue Formación Profesional, de Porriño, Mos, Salceda, Salvaterra, Ponteareas e Tui. A idea final é a creación dunha rede de colaboración entre os centros, atraendo aos concelleiros de Educación destes concellos para conquerir proxectos europeos, unha xestión moi complexa que, como se viu na experiencia doutros países, como

Suecia, só é factible creando ‘consorcios’ formados por centros, o que podería denominarse como ‘escolas de escolas’, que permitan optar aos devanditos fondos europeos de formación. O primeiro paso pasaría polo tecido desta rede a nivel dos concellos sinalados, aproveitando as súas sinerxías e a experiencia de máis de 20 anos que ten o IES Ribeira do Louro na xestión de proxectos a nivel europeo. Na xuntanza se explicará como funcionan os programas, como optar a eles e cómo poden aproveitarse dos mesmos tantos os alumnos destes centros públicos, como os seus profesores.


20 // Maio 2016 //

| Porriño |

A ALCALDESA DO PORRIÑO E A PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN ASISTEN Á PRESENTACIÓN DA XIII EDICIÓN DO ‘FESTIVAL DE CINE DE CANS’ García de la Torre reiterou a implicación do Concello co festival que “pon a Porriño no mapa” A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asistiu á presentación do XIII Festival de Cine de Cans que se celebrará na parroquia porriñesa dos días 18 a 21 deste mes de maio. García de la Torre reiterou a implicación do Concello co festival que “pon a Porriño no mapa”, e engadiu que nesta edición a intención da Concellería de Cultura, da que tamén é titular, é que Cans chegue a toda a vila e poidan gozar do mesmo todas as veciñas en veciños. A alcaldesa indicou que ademais da axuda económica, a meirande das trece edicións do festival, o Concello traballou para incrementar a implicación de todos os porriñeses, co desfile de chimpíns polo centro da vila, coa colocación dun ‘dinocan’ diante da Casa do Concello ou a participación das rapazas e rapaces, por medio dos colexios, nunha exposición de debuxos relacionados co festival, visible na zona peonil do Porriño. A presidenta da Deputación, a primeira responsable do ente provincial que acude

á presentación do festival na súa historia, cualificou a ocasión de “salientable para a provincia” polo estar en Cans e porque, como indicou o director do festival, Alfonso Pato, aposta pola visibi-

lización da muller en todos os eidos: coma realizadoras, coma actrices, organizadoras e, coa proxección do documental ‘Cinema e Muller’ e, no caso deste martes, no apoio institucional a Cans,

coa presenza da propia Carmela Silva e a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre. A presidenta da Deputación agradeceu a implicación de Cans co ‘Ano Castelao’, im-

pulsado polo organismo provincial, que posibilitará que o pensador, artista, médico, escritor, debuxante e político estea presente durante todos os eventos que se realicen no festival.


| Publicidade |

// Maio 2016 // 21


22 // Maio 2016 //

| Baiona |

BAIONA BENEFICIARASE DE VARIAS AXUDAS DO PROGRAMA EUROPEO LEADER DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2014-2020

As liñas estratéxicas serán presentadas dentro de catro meses para a súa valoración e aprobación O grupo de desenvolvemento rural AGDR 14 MAIV-Baixo Miño, do que forma parte Baiona xunto con outros concellos, prepara xa o documento coas estratexias de acción que presentará á convocatoria 2014-2020 do programa europeo Eixo Leader. De ser aprobada, esta nova estratexia de desenvolvemento local, daría continuidade aos programas Leader anteriores tales como a iniciativa experimental (Leader I), pasando polos programas Leader II e Leader Plus, ata consolidarse no período 2007-2013 como o eixo 4 do PDR de Galicia (Plan de Desenvolvemento Rural). O Alcalde de Baiona, Anxo Rodal, e o Concelleiro de Medio Ambiente, José Ángel Bahamonde, acudiron onte a unha reunión en Silleda na que se presentou a convocatoria 2014-2020 do programa europeo Eixo Leader. Os fondos dispoñibles para este novo tramo do programa ascenden a 84 millóns de euros, dos cales poderían corresponderlle ao AGDR 14, do que forma parte o Concello de Baiona, entre 3 e 5 millóns para financiar iniciativas de mellora do nivel de vida no rural, fomento da actividade empresarial, xeración de emprego e riqueza, valorización do patrimonio cultural e natural, etc. O programa Leader 2007/2013 finalizou cun balance de máis de cinco millóns de euros concedidos en axudas a proxectos no rural da zona. Os beneficiarios deste programa foron comunidades de montes, socieda-

des agrarias, etc. Pero non a institucións. Sen embrago o programa anterior denominado Programa Europeo de Desenvolvemento Proder II se ía destinado a institucións e o concello beneficiouse de varias liñas de axuda. Ao amparo das subvencións do Programa Europeo de Desenvolvemento Proder II do grupo de desenvolvemento rural GDR 14 MAIV-Baixo Miño o Concello de Baiona levou a cabo importantes proxectos como a creación en 2006 do O Centro Antena situado no inmoble situado na rúa Julián Valverde financiado polo Programa Europeo de Desenvolvemento Rural Proder II da ADRMAIV cunha subvención de 80.000 euros. Unha actuación que supuxo a rehabilitación integral do inmoble que conta cun call center (espazo no que se instalaron 17 postos multimedia (computadores) con acceso a banda ancha, dúas deles adaptados a persoas minusválidas. En devandito callcenter veñen realizando desde a súa creación en 2006 accións formativas e de difusión das novas tecnoloxías da comunicación (cursos de informática para desempregados dentro do plan de Formación e Inserción Profesional (plan FIP) da Xunta de Galicia, cursos formación continua para traballadores, charlas de sensibilización sobre internet, seminarios sobre comercio electrónico, acceso ás novas tecnoloxías da comunicación etc.....) así como a adecuación dun despacho de coordinación, aseo. Todo

iso gratuíto para o cidadán. A área de actuación do centro antena complementouse co arranxo do paseo existente na marxe esquerda da estrada de 650 m. Outro dos proxectos ao amparo do proxecto do Programa Europeo de Desenvolvemento Proder II da ADR-MAIV dentro da súa convocatoria de Valorización do Patrimonio Natura foi a creación da recentemente rehabilitada senda do río fraga que cumpre o seu décimo aniversario. O Concello de Baiona puxo en valor ata entón un lugar descoñecido mesmo polos seus propios veciños debido á súa falta de accesibilidade. A Concellería de Medio Ambiente púxose ao choio e redactou un ambicioso proxecto para a posta en valor deste ben patrimonial e creou unha senda de 780 metros de lonxitude, ao

longo do río Fraga, desde o centro da parroquia de Baredo ata a desembocadura na costa. Na ruta atópanse oito muíños antigos, no tramo final do regato sitúanse tres deles que están rehabilitados xunto unha área de descanso. Os veciños de Baredo se mostras moi satisfeitos con esta renovación dun dos orgullos da súa parroquia pois contan cunha fabulosa área de esparexemento a pouco distancia dos seus fogares. A senda é un gran atractivo da parroquia de Baredo que está en plena ruta do camiño portugués pola costa, que acaba de ser oficializado, ademais o paseo fluvial forma parte do percorrido polo que transcorre a senda fluvial e litoral do Concello de Baiona presentada o pasado verán e que veñen complementar a oferta turística e cultural da

localidade. Tamén a implantación dunha Plataforma para a Prestación de e-Servizos á Cidadanía, que o Concello adquiriu como parte do seu programa de modernización e fomento da e-Administración. Desde o consistorio baionés apostouse por esta actuación con obxecto de avanzar na mellora dos servizos de xestión e atención dirixidos á cidadanía, que simplificarán os procedementos de integración coa administración autonómica e estatal, e que impulsarán a utilización dos e-Servizos. O Concello espera que as liñas estratéxicas apróbanse e que o municipio volve beneficiarse dunha importan liña de axudas moi beneficiosas para emprender novos proxectos nas parroquias baionesas.

A DEPUTACIÓN DESTINA PRETO DE 350 MIL EUROS AO CONCELLO DE BAIONA PARA A ADQUISICIÓN DUN VEHÍCULO E COLECTORES DE CARGA O goberno provincial leva concedidos 568.228,06 de euros ao concello, o 65% do total destinado a Baiona dentro de Plan Concellos 2016 A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra ven de conceder dúas novas axudas ao concello de Baiona, no marco da liña 1, investimento, do Plan Concellos

2016. A primeira das achegas, por valor de 246.840 € destinaranse á adquisición dun vehículo para a recollida de lixo; a segunda delas ascen-

de a 91.336,61 € e será dedicado á compra de colectores de carga lateral. Estas axudas súmanse aos 32.864,49 €, liña 3, concedidos para o financiamento

da festa da Arribada da Carabela Pinta, e 197.186,96 € para a contratación de 26 traballadores e traballadores novos que desempeñarán as súas labores no concello.

No primeiro trimestre do ano a Deputación leva concedidos 568.228,06 € ao concello, o 65 % do total destinado para Baiona dentro do Plan Concellos 2016.


// Maio 2016 // 23

| Valga | Cuntis |

MEDIO AMBIENTE E VALGA SELAN A COLABORACIÓN QUE PERMITE A LICITACIÓN DAS OBRAS PARA O REMATE DUN EDIFICIO ADMINISTRATIVO

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, José Mª Bello Maneiro, asinaron un convenio que permite rematar dita construción A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio deu un paso máis na colaboración co concello de Valga, que permitirá a licitación das obras para rematar un edificio administrativo neste municipio, por un importe de 160.000 euros. Isto será posible despois da sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Valga, rubricado esta mañá pola conselleira, Beatriz Mato, e o alcalde, José Mª Bello Maneiro. Grazas a esta colaboración, rematarase a construción dun edificio administrativo para mellorar a prestación

de servizos aos cidadáns. Cómpre recordar que o edifico que se pretende rematar foi obxecto dunha primeira intervención, na que se executaron obras de estrutura e cerramento da planta baixa. Así, as obras que se levarán a cabo contempla a execución das obras de estrutura da planta primeira, o entramado, a cuberta, medianeira e o peche da primeira planta e o baixo cuberta. A conselleira destacou a importancia desta actuación xa que prevé a reordenación dos usos e posta en valor deste espazos, facendo destes lugares puntos de encontro máis cómoos para os seus habitantes e aumentando as cotas de

benestar dos veciños. Tal e como se recolle no convenio, o Concello de Valga comprométese a obter os permisos, licencias e autorizacións, e a contratar, executar e recepcionar as obras. Plan hurbe O convenio asinado hoxe inscríbese no Plan hurbe, que o Goberno galego puxo en marcha en 2010 cun triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas de Galicia; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial. Para cumprir estas metas, o Plan inclúe tres programas de actuación: humanización de rúas, urbanización e mellora

de espazos públicos; e equipamentos público, especialmente referidos a aqueles de carácter cultural e social. Desde a súa posta en marcha

en 2010, o hurbe ten posibilitado a realización de 105 actuacións, grazas a un investimento total de 112 millóns de euros.

CORES TOURÍS ANALIZA CO ALCALDE DE CUNTIS E A XUNTA LOCAL A SITUACIÓN DAS CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS DE TROÁNS O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que no presente ano resolveranse os recursos pendentes e se elaborarán os acordos de reestruturación

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, analizou co alcalde de Cuntis, Manuel Campos e representantes da Xunta Local da concentración de Troáns I e II, o avance destas parcelarias. Na reunión, que tivo lugar no edificio da Delegación Territorial da Xunta, estivo tamén presente o xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo.

Durante o encontro, José Manuel Cores Tourís avanzoulle aos representantes veciñais que ao longo do presente ano resolveranse os 161 recursos pendentes (106 en Troáns I e 55 en Troáns II), e elaboraranse os acordos de reestruturación. “Está previsto que ao longo do 2016 se actúe sobre as bases definitivas, co obxectivo de poder asignar as novas parcelas a cada propietario de xeito que poidan xa come-

zar a traballar nelas”. Neste senso, o delegado territorial volveu a destacar ante os representantes da Xunta Local a importancia económica que supón a parcelaria, recordando que “o obxectivo último da Xunta de Galicia radica en sacar rendibilidade aos terreos a través de novas explotacións que eviten o abandono da terra e a racionalización da produción. De feito, a execución destas parcelarias

contribuirá a mellorar as infraestruturas e a elevar o nivel económico da zona”. En total, a administración autonómica, a través da Consellería de Medio Rural, destinará a este fin máis de 110.000 euros, tanto para a modificación das bases definitivas como para a execución dos acordos de reestruturación. José Manuel Cores Tourís tamén lembrou que fai uns meses executáronse obras de reforzo dos camiños principais da concentración parcelaria de Troáns II. Estes traballos, executados en 7 tramos cunha lonxitude total de case 4 quilómetros, permitiron mellorar a capacidade portante e a resistencia dos camiños principais en Troáns II, facilitando así o acceso aos diferentes puntos das parroquias de Cuntis. Deste xeito, mellorouse a capacidade destas vías trala reparación dos seus deterioros, causados polo continuado paso de vehículos e maquinaria agrícola, así como das augas de escorrentía e

outros factores propios do paso do tempo. Pola súa banda, o alcalde da localidade agradeceu a implicación da Xunta de Galicia coa execución destas dúas concentracións parcelarias. No caso da de Troáns II, conta cunha rede principal de camiños de 3,6 quilómetros e 6,9 de camiños secundarios. Esta concentración está conformada por 2.917 parcelas, 465 propietarios e permitirá concentrar un total de 147 hectáreas. No caso de Troáns I, as hectáreas a concentrar son 354 con 794 beneficiarios. As concentracións parcelarias do concello de Cuntis están a reestruturar un total de 2.540 hectáreas, beneficiando a un total de 4.362 propietarios. Na súa execución, a Xunta de Galicia investiu xa 3,6 millóns de euros, atopándose xa finalizadas a de Arcos de Furcos, a de Cuntis-Sector II, a de Estacas, a de Ferreiros, a de Piñeiro-Estacas-Cuntis (3 sectores) e a de PortelaCouselo.


24 // Maio 2016 //

| Publicidade |


// Maio // 25

| Meis |

ACTIVIDADES LÚDICO-DEPORTIVAS EN ACONDICIÓNASE A FONTE MEIS EN SAN MARTIÑO Inicio de clases de Ioga e Andaina polo río San Martiño A concellería de Cultura, Deportes e Mocidade do Concello de Meis, presenta dúas novas actividades LúdicoDeportivas, en dous ambientes distintos, que permitirán aos participantes a posta en forma para a nova tempada estival ao mesmo tempo que posibilitarán o poder gozar da natureza e como non, do encanto que entrañan as rutas da zona de Armenteira, no concello de Meis. A primeira das actividades realizarase o día 29 de maio e consistirá nunha Andaina, cun percorrido de 17 Km polo Río S. Martiño, con hora de saída ás 9:00 da mañá, cuxo punto de encontro está previsto na rotonda da autovía de “O Salnés”, saída Armenteira. Este percorrido prevese que teña unha duración de 4 horas, no que os participantes poderán gozar da beleza que encerra a paisaxe da “Ruta da Pedra e da Auga”, pertencente ao concello de Meis. Como segunda opción, a concellería de Cultura convida os amantes de Ioga e aos principiantes que queiran penetrarse nesta doutrina filosófica hindú, que consiste en prácticas para

Terase unha segunda actuación para arrombar o lavadoiro O concelleiro de vías e obras Jairo Paz, estivo revisando as actuacións realizadas na súa primeira fase da roza e limpeza da fonte da parroquia de San Martiño no lugar de Arosa / Guimaráns que fai uns días habían reclamado os veciños do lugar. Os traballos consistiron na roza e limpeza da fonte nesta primeira fase. Pero unha vez visto o estado en que se encontraba esta instalación o alcalde José Luis e o concelleiro de obras Jairo Paz, decidiron

conseguir un maior control físico e mental, a inscribirse nestas clases que, darán comezo o venres día 3 de xuño en horario de 20:00 a 22:00 horas. O prezo da actividade

ter unha segunda actuación e limpar e acondicionar o lavadoiro que se atopa situado nesta fonte, para que esta instalación recobre o vigor que se merece. O alcalde manifesta o seu agradecemento “a todos os veciños pola súa cooperación solicitando estas limpezas, xa que nun terreo tan extenso sempre pode quedar algo pendente, e lembra que se están realizando constantemente rozas e limpezas por todo o municipio”.

é de 25€ e os interesados poderán anotarse a través de correo electrónico actividades@meis.es ou no teléfono 615522448, antes do 31 de maio.

MEIS ARRANXA E ACONDICIONA VARIAS DAS SÚAS PARROQUIAS

O concello de Meis vén de acometer varias actuacións dentro do municipio, entre as cales se atopa a reparación de parte dun tramo da súa famosa Ruta dá Pedra dá Auga, a cal nos pasados temporais sufriu numerosos

danos un dos mais importantes é a desfeita por culpa das riadas dunha ponte de paso que estaba situado na zona do Muiño de Salcedas deixando o camiño totalmente intransitable e cortado o seu acceso, facendo estas

reparacións conseguiuse desbloquear este acceso quedando de novo totalmente aberto, nesta reparación usáronse material acordes ao seu contorno. As actuacións realizadas na parroquia de San Martiño concretamente non lugar de Lamas consistiron na ampliación dúas camiños aos accesos dás vivendas, onde os propietarios dous terreos cooperaron cedendo parte destes, para poder realizar unha dás obras tan necesarias e permitir desta maneira cumprir ou compromiso alcanzado polo concello, para a adecuación destas entradas. Tambien aproveitouse estes días para limpar as pistas e cunetas nos lugares de Outeiro, Luxio e Qintans e ten-

se previsto que se o tempo acompaña seguirase con es-

tas actuacións noutros moitos puntos do Concello.


26 // Maio 2016 //

| Ribadumia | O Grove|

O PLENO MUNICIPAL APROBA UNHA MOCIÓN SOBRE A CONSTRUCIÓN DE INVERNADOIROS EN CHAN RÚSTICO O pleno municipal aprobou unha moción para solicitarlle a Xunta de Galicia unha corrección na Lei do Solo, que modifique as esixencias para a construción de invernadoiros nos núcleos rurais. A nova Lei do Solo de Galicia establece nos artigos 35 ao 39 os usos e actividades en solo rústico, o procedemento para o outorgamento de autorizacións e as condicións xerais das edificacións neste tipo de solo. No punto g) do art. 35 inclúe como usos ou actividades admisibles a construción e instalacións agrícolas tales como viveiros e invernadoiros; e no art. 39., nas condicións xerais da edificación, transcribe o

texto dos artigos 42 e 44 da LOUGA, reducindo a superficie da parcela mínima a 2.000 m2 e fixando que no caso da construción de invernadoiros a superficie máxima de ocupación será do 60% da superficie da leira, permitindo en casos excepcionais chegar ao 66%. En resumo, a nova Lei elimina o réxime excepcional que para a construción de invernadoiros contemplaba a LOUGA, asociando este tipo de construcións a todo tipo de edificacións autorizables en Solo Rústico, esixíndolle as condicións de dotación de servizos urbanísticos, acceso rodado, recollida, eliminación e depuración de

residuos, abastecemento de auga, subministración de enerxía eléctrica, parcela mínima, retranqueos e demais condicións. Por todo iso, previamente a elaboración da moción que se presentou para o seu debate e aprobación o pasado xoves, o pasado día 22 de Marzo dende o Concello realizouse unha consulta á Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia con obxecto de confirmar as condicións que impón a nova normativa para a autorización de invernadoiros en Solo Rústico. A D.X. de Urbanismo contestou o pasado día 8 de abril por medio do escrito seguinte:

En relación á consulta formulada sobre a construción de invernadoiros en solo rústico, o mesmo constitúe un uso dos previstos no artigo 35.1.g), sometido á obtención do título habilitante municipal, e para o que resultan de aplicación as condicións de edificación previstas no artigo 39 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Non se contemplan na nova Lei do Solo excepcións ás cuestións específicas formuladas, por canto: - En relación á superficie mínima da parcela, será de 2.000 metros cadrados. - Deberá garántirse o acceso rodado de uso público adecuado á implantación.

- En canto aos servizos esixidos, deberán garantirse a cargo do promotor da actuación nos termos dispostos na lei. Polo exposto, dado o carácter eminentemente agrícola do municipio,e o evidente prexuízo para os veciños que supón a actual redacción da Lei do Solo nos artigos comentados, o pleno municipal aprobou dirixirse á Xunta de Galicia pedindo que mediante a modificación puntual da nova Lei do Solo establézase novamente o réxime excepcional que para este tipo de construcións tiña a LOUGA e así se posibilite a instalación deste tipo de construcións en Solo Rústico.

A U T O C A R A V A N I S T A S , MELLORAS NA CALIDADE DO SUBMINISTRO HOSTALERÍA NO GROVE QUE ESTÁ A EXECUTAR NO DE O GROVE Ante a problemática suscitada nas anteriores semanas no relativo a situación das autocaravanas no Concello do Grove, tense celebrado unha reunión aberta que contou coa presenza, mediante o convite do Concello, da Asociación de Autocaravanistas de Galicia e do sector da Hostalería do Grove. Na reunión, celebrada na Sala das Cunchas do Concello, quedou clara a existencia dunha grande confusión no relativo ao acontecido nos días anteriores en moitos casos froito de informacións incorrectas publicadas nos medios. Unha vez identificados os erros no relativo a cales eran as demandas reais dos autocaravanistas e cal era a visión do sector da hostalería puido avanzarse en concretar que o problema fundamental se atopa na ordenanza denominada “de bo goberno” do ano 2011 xa que, a pesares de que segundo os datos municipais non se ten rexistrado ningunha multa ou expediente, xera inseguridade aos visitantes que se achegan ao Grove neste tipo de vehículos. Neste punto dende o Concello

do Grove, tal e como se fixera no pleno do mes de abril, manifestouse o compromiso de modificar dita ordenanza o antes posible evitando así a inseguridade xurídica que os autocaravanistas manifestaron. No referido a outras demandas que xurdiron no relativo a áreas de estacionamento ou zonas de equipamentos específicos, quedou constatado tamén que non se trata dunha necesidade perentoria ou urxente ao existir servizos deste tipo nas proximidades e entendendo a imposibilidade municipal de abordar cuestións deste tipo de xeito inmediato. Nesta liña entendeuse que resultaría produtivo establecer unha vía de diálogo e colaboración cos campings locais para poder valorar as instalacións actuais e a súa adaptación ou non as novas necesidades. Deste xeito, e cun espírito totalmente construtivo e dialogante, tentarase manter as vías de diálogo abertas para que se constante a colaboración entre o Concello, autocaravanisas e hostalería na busca dun entendemento que preserve os intereses de tódolos implicados.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de O Grove invitado por Gas Natural Fenosa para coñecer as obras que esta empresa está a executar no municipio co obxectivo de mellorar a calidade do subministro. Na visita tamén estivo presente o director de Zona de Galicia de Gas Natural, Juan José Picón, o delegado de Unión Fenosa Distribución na provincia de Pontevedra, Fernando Val, así como o alcalde o alcalde do Grove, José Cacabelos, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial Santomé. Deste xeito, segundo apuntaron dende Unión Fenosa Distribución, a filial de distribución eléctrica de GAS NATURAL FENOSA, investirá durante 2016 e 2017 máis de 750.000 euros en obras de desenvolvemento en redes de media tensión no Grove para incrementar a fiabilidade e calidade do subministro eléctrico. En concreto, a compañía porá en servizo as liñas de media Tensión San Vicente- Quinteiro e San Vicente do Mar - Pedras Negras, que

conforman o peche da alimentación na zona de San Vicente do Mar, así como a prolongación da liña Vilalonga- A Graña ata o centro do Grove e a nova alimentación ao centro de transformación Silva- Insuíña, ambas para asegurar a alimentación de respaldo ao casco urbano da vila. O delegado territorial agradeceu a colaboración de Gas Natural Galicia á hora de poñer en marcha estes traballos, “esenciais” para este municipio pontevedrés que xa sufriu no pasado Nadal unha importante incidencia e que ve incrementada de xeito moi notable a súa poboación durante a época estival. O alcalde do Grove, pola súa

banda, tamén agradeceu a axilidade da empresa á hora de poñer en marcha estes traballos e da propia Xunta de Galicia, trala reunión mantida a comezos de ano para a busca de solucións urxentes de cara a evitar a saturación do servizo enerxético da localidade. A empresa enerxética investiu no período 2012-2015 cerca de 7,5 millóns de euros en actuacións e obras de adecuación e mellora de instalacións eléctricas en Media e Baixa tensión na comarca de O Salnés. A compañía ten previsto un investimento de máis de 3 millóns de euros ata 2017 en obras de mellora na comarca de O Salnés.


// Maio 2016 // 27

| Vila de Cruces | A Estrada |

A XUNTA INVESTIU MÁIS DE 1,14 MILLÓNS DE EUROS NA PARCELARIA DE DUXAME-INSUA-PORTODEMOUROS, VILA DE CRUCES As obras orzamentadas para este 2016, por un total de 130.000 euros, son para a mellora da capacidade portante A Consellería do Medio Rural leva invertido máis de 1,14 millóns de euros na concentración parcelaria de Duxame-Insua-Portodemouros, no concello pontevedrés de Vila de Cruces. Así o anunciou esta mañá a conselleira Ángeles Vázquez durante unha

visita ás obras que se están acometendo nesta zona, as cales para este ano teñen un orzamento de 130.000 euros a executar en obras para a mellora da capacidade portante. A conselleira, acompañada polo director xeral de Des-

envolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero Varela, realizou un pequeno percorrido polas obras que se están a levar a cabo nesta parcelaria, entre as que figuran o deseño de 25 camiños de nova apertura que complementan aos xa existentes e permiten así dar acceso á totalidade das fincas de reemplazo. Estas actuacións están enmarcadas no Plan de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia 2016, o cal ten un orzamento de 22 millóns de euros para este ano e co que se pretende rematar as 137 zonas activas en Galicia. Precisamente no concello de Vila de Cruces seguen vivas dúas parcelarias, a de Duxame-Insua-Portodemouros,

que está en fase de acordo, e a de Brandariz-Obra-Sector Brandariz, cuxas bases definitivas xa están aprobadas. Neste senso, Ángeles Vázquez destacou a importancia de continuar con estes procesos reorganizativos do territorio, xa que ademais de beneficiar ás explotacións agrogandeiras, posto que permite a súa redimensión, tamén se crea un sistema racional de comunicacións que resolve o problema de illamento e carencia de servizos que teñen algúns núcleos de poboación. A conselleira insistiu en que a reestruturación parcelaria é fundamental para o despegue socio-económico do rural galego en xeral e do agro en particular. Reorganización do territorio A concentración parcelaria de

Duxame-Insua-Portodemouros afecta a unha superficie de 1.197 hectáreas, pasando das 10.809 parcelas a 1.275 fincas, propiedade de 566 veciños. A outra parcelaria que aínda está aberta neste concello pontevedrés é a de Brandariz-Obra-Sector Brandariz, cunha superficie a tratar de 986 hectáreas e 8.348 parcelas propiedade de 575 veciños. Por outra banda, xa están totalmente rematadas 9 concentracións, que afectan a unha superficie de 4.417 hectáreas, as cales melloraron as condicións estruturais das zonas de San Pedro de Losón, Sabrexo, Larazo, Gres, Camanzo, Brandariz-Obra-Sector Obra, Bodaño, Bascuas e Añobre.

A ESTRADA PROGRAMA PRETO DE 30 ACTIVIDADES CULTURAIS, GASTRONÓMICAS E DEPORTIVAS PARA A XLIII FESTA DO SALMÓN O Concello da Estrada presentou a programación da XLIII Festa do Salmón, que comprende preto dunha trintena de actividades gastronómicas, deportivas e culturais e que arranca mañá cunha Ruta-Degustación de Tapas de Salmón na que participan un total de 26 establecementos do sector da hostalaría e a restauración. O concelleiro de Cultura estradense, Juan Constenla, salientou que "a Festa do Salmón, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia en 2013, ademais dun dos grandes atractivos turísticos da Estrada, é un dos principais eventos gastronómicos de Galicia tras 43 edicións". Tamén puxo de manifesto "o triple enfoque da programación de actividades, xa que está distribuida entre os ámbitos gastronómico, deportivo- medioambiental e lúdico-cultural". Xunto co concelleiro de Cultura compareceu tamén o presidente do Centro de Iniciativas e Turismo (CIT)

da Estrada, Luis Reimóndez, que foi o encargado de anunciar que a pregoeira nesta cuadraxésimo terceira edición será a catedrática de Historia Moderna da USC Ofelia Rey Castelao, que é natural da parroquia estradense de Arnois. Ademais, Reimóndez anunciou tamén que, xunto coa propia pregoeira, a distinción dos Salmóns de Ouro recibirana o domingo 15 o Club Bádminton A Estrada e a agrupación folclórica tradicional Tequexetéldere, tamén da Estrada. Coutos de Ximonde, Santeles e Sinde Pola súa parte, o presidente da Sociedade Deportiva Río Ulla, Miguel de la Calle, adiantou que esta fin de semana celebrarase nos coutos de Ximonde, Santeles e Sinde o XL Concurso Internacional de Pesca do Salmón, que conta con 48 participantes inscritos. Ao respecto, indicou que "o bo inicio da campaña de pesca do salmón no río Ulla, no que se rexistraron varias capturas

en poucos días, leva a pensar que este concurso cadra cun ciclo de pesca bo, polo que as perspectivas de capturas son tamén boas". Ruta-degustación de tapas de salmón e degustación popular Pola súa parte, no apartado gastronómico da XLIII

Festa do Salmón, a restauradora Adriana Abelleiro destacou que este ano a degustación popular do domingo 15 terá lugar na Praza do Mercado, onde 13 establecementos distribuirán as bandexas con 3 pinchos de salmón a un prezo de 4,5 euros. Ademais arran-

cou a Ruta-degustación de tapas de salmón, que nesta ocasión incrementou a participación de hostalerios e conta con 26 establecementos inscritos. O prezo das tapas, que poden consumirse de 12.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 23.00, será de 1,5 euros cada unha.


28 // Maio 2016 //

| Lalín|

O CONCELLO DE LALÍN SUMARASE AO CONVENIO ENTRE A FEGAMP E A XUNTA PARA A MELLORA DE ACCESO Á VIVENDA Nicolás González Casares valora complementar este acordo dende o Concello para ampliar as súas prestacións O concelleiro de Urbanismo anunciou a intención do Concello de Lalín de adherirse ao convenio de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a mellora de acceso á vivenda. Este acordo, asinado o pasado 3 de maio, pretende sentar as bases para poñer a disposición de persoas e familias en risco de exclusión social inmobles que permanecen desocupados. Nicolás González Casares explica que “aínda que o convenio se queda algo curto, xa que non garante un

baixo prezo aos inquilinos tal e como está o mercado de Lalín, o Concello valora a posibilidade de complementalo con medidas propias para ampliar as súas prestacións”. Neste sentido explica que nas vindeiras semanas iniciará unha rolda de contactos con inmobiliarias e entidades financeiras co obxectivo de poñer en marcha un banco de vivendas que sirva para que as persoas con menos recursos poidan ter máis doado o acceso a un piso”. O convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa de vivendas baleiras enmárcase no ámbito

do Plan Galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 20152020. que ten como primeiro eixo de actuación o acceso á vivenda mediante o de desenvolvemento de varios programas de axudas e investimentos directos que superarán os 100 millóns de euros. O acordo pretende poñer a disposición desta iniciativa as vivendas desocupadas, para poder destinalas a aquelas unidades familiares ou de convivencia con maior dificultade de acceso a unha casa e, de xeito prioritario, ás afectadas por procedementos de execucións hipotecarias ou por

desafiuzamentos por impago da renda de alugueiro da súa vivenda habitual. O IGVS tamén dará de alta diferentes seguros, como o de multirrisco do fogar ou o da garantía de cobro da renda, para colaborar cos concellos na implantación deste programa. Pola súa banda, os concellos adheridos ao convenio terán que elaborar unha proposta do procedemento para incorporar as vivendas baleiras que sexan da súa titularidade ou daquelas outras das que poidan dispoñer libremente do seu uso e das que teñan habilitación para a súa xestión. As administra-

cións locais tamén terán que elaborar unha proposta de procedemento de selección de arrendatarios e de adxudicación de vivendas. Ademais, no procedemento de adxudicación de vivendas deberá establecerse un prezo máximo da renda do alugueiro, que -segundo o estipulado no acordo para caso de Lalín- non poderá ser superior aos 300 euros por mes. Nicolás González Casares confía en que as medidas complementarias que adopte o Goberno de Lalín sirvan para que en calquera caso o prezo máximo do alugueiro se sitúe nos 200 euros.

O CONCELLO TRABALLA PARA DESTINAR 100 MIL EUROS A PROGRAMAS DO FOMENTO DO EMPREGO PARA PARADOS DE LONGA DURACIÓN

O alcalde afirma que “a creación de emprego é unha das obsesións que ten o Goberno municipal para este mandato” e agarda que estes dous proxectos “rebaixen as cifras de paro durante este mesmo ano” O alcalde de Lalín anunciou que o Goberno municipal está a traballar para sacar adiante un novo programa para o fomento do emprego. O Concello está xa a artellar as medidas necesarias para que esta iniciativa -que neste caso estará dirixida aos parados de longa duración- teña unha dotación orzamentaria de 100 mil euros. Nestes intres os servizos técnicos municipais analizan o encaixe normativo desta iniciativa e as posibilidades para a súa dotación orzamentaria. Entre outras fórmulas administrativas, o Goberno sopesa a posibilidade de solicitar autorización á Consellería de Traballo para desenvolver este plan. En calquera caso, o novo programa de emprego servirá para complementar o proxecto presentado esta mesma semana e que permitirá unha achega de 35 mil euros para que as mozas e mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos poidan acceder a prácticas non laborais en empresas do municipio.

Desta maneira, o Goberno municipal ten previsto destinar 135 mil euros a tratar de poñer fin a unha das grandes preocupacións das veciñas e veciños de Lalín. Rafael Cuíña explica que se trataría dun “esforzo orzamentario extraordinario para intentar darlle a volta a unha situación que, para min persoalmente e para o Goberno municipal ao que represento, constitúe unha verdadeira obsesión e ante a que non podemos quedar de brazos cruzados”. O

rexedor engade que “como administración pública, e na medida das nosas posibilidades, temos a obriga política e incluso moral de buscar unha saída ao problema do desemprego, o máis acuciante para boa parte da nosa veciñanza”. Nesta liña, Cuíña lembra as administracións local non teñen as competencias necesarias para facer todo o que lles gustaría na loita contra o desemprego, “pero iso non debe ser impedimento para que asumamos

as nosos responsabilidades como representantes públicos”. “Imos tentar facer un esforzo importante que agardemos que dea resultados positivos porque está claro que os cartos que imos destinar a estas iniciativas deberían vir doutras administracións e somos nós os que os temos que restar doutras partidas destinadas a outro tipo de actuacións menos prioritarias”. Con todo, o rexedor confirma que “o Goberno municipal vai presentar no vindeiro pleno ordinario unha iniciativa para instar, tanto á FEGAMP como á Xunta de Galicia, a que dote de maiores competencia ás entidades locais para poder facer fronte a unha situación das que somos precisamente os Concellos os primeiro en notar o seu impacto na nosa economía e na economía dos nosos cidadáns”. “O que está claro”, conclúe o alcalde, “é que aos Concellos non se nos pode limitar a que deamos respostas dende os servizos sociais, senón que tamén temos que ter a posibilida-

de de actuar no problema dende a súa mesma raíz”. Pola súa banda, a concelleira de Emprego, Katia Procino, incide en que “todos os días asistimos a situacións familiares dramáticas de xente que leva anos no paro e que non é capaz de atopar unha saída laboral. Ese problema acrecéntase cando estamos a falar de persoas maiores de 45 anos, que teñen moi complicado atopar un posto de traballo e que cada vez o teñen máis difícil para chegar a fin de mes e sacar adiante ás súas familias”. Iso é o que “verdadeiramente lle preocupa” a este Goberno, que con estes proxectos “asume de maneira directa a responsabilidade de sentar as bases para rebaixar as cifras de paro durante este mandato”. Para Procino, esta é “a verdadeira política con maiúsculas, para a que fomos elixidos pola xente e para a que nos levantamos cada mañá coa vontade de sacar de onde non hai para poder facer cousas”.


// Maio 2016 // 29

| Marín |

JOSE MANUEL GONZÁLEZ E MARÍA RAMALLO VISITARON O NOVO CENTRO DE SAÚDE DE MARÍN

Coa obra practicamente rematada, a falta de derradeiros detalles para que o SERGAS recepcione o edificio, iniciaráse agora a fase de equipamento e planificación loxística e de persoal O xerente da EOXI de Pontevedra e O Salnés, Jose Manuel González Álvarez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitaron o novo centro de saúde desta localidade, que conta cun investimento de máis de 5,2 millóns de euros. No transcurso da visita de hoxe, o xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, xunto coa rexedora marinense, acompañaron a profesionais, representan-

tes dos traballadores e medios de comunicación a efectuar un percorrido técnico polas novas dependencias asistenciais de Atención Primaria. Coa obra practicamente rematada, a falta de derradeiros detalles para que o SERGAS recepcione o edificio, iniciaráse agora a fase de equipamento e planificación loxística e de persoal para que o centro abra as súas portas este verán. 3.800 m2 de modernos espa-

zos asistenciais O novo centro de saúde de Marín conta con 3.800m2 de modernos espazos asistenciais, dotados de 12 consultas de medicina xeral e 11 de enfermería; aula para docencia, unha sala polivalente, un despacho para o traballador social, unha consulta de telemedicina e unha sala de toma de mostras; outra sala de técnicas, unha consulta de odontoloxía, outra para

hixiene dental, outra de farmacia, unha sala de raios X compartida co Punto de Atención Continuada -PAC,;unha consulta da muller, unha para a matrona, unha sala de educación para a saúde, outra para fisioterapia con 4 cabinas de tratamento, ademais dunha consulta de fisioterapia. Polo que atinxe a área de pediatría, o novo centro de saúde marinense alberga 4 consultas de pediatría,

unha polivalente e 4 de enfermería pediátrica. No que se refire á área de urxencias (PAC), dispón de 3 consultas de medicina xeral, 2 de enfermería, unha sala de críticos e unha sala de observación, ademais dos dormitorios para o persoal de garda. Outras dependencias do centro de saúde son unha sala de xuntas, unha biblioteca, unha sala de estar, así coma almacéns e un arquivo.

CARTEL IDENTIFICATIVO BANDEIRA AZUL, SENDEIRO AZUL E CENTROS AZÚIS EN MARÍN DOS FURANCHOS BANDEIRA AZUL.

Marín repite galadóns, Portocelo, Mogor, Aguete e O Santo contarán co distintivo da BANDEIRA Azul galardón que no día de hoxe faise público por ADEAC, o organismo que resolve, revisa e inspecciona as praias para que todo funcione e poder ondear este distintivo de calidade, de excelencia das augas e dos servizos que require. SENDEIRO AZUL.

llo. O Concello de Marín, fixo O horario de apertura , é entrega duns carteis identi- de 12:00 h. a 00:00, e as noificativos ós furanchos que solicitaron e obtiveron autorización para a realización desta actividade no ano 2016.

tes de venres a sábado e de sábado a domingo, así como vísperas de festivos, este horario poderase ampliar en 1 hora máis.

estabrece o comenzo da tempada de funcionamento, o día 1 de febreiro e o remate o 30 de xuño.

tará denuncia administrativa dos particulares que non teñan licenza para esta actividade.

o período de apertura, poderán solicitalo no concello, sempre que non superaren os 3 meses de actividade e nunca máis alá do 31 de xu-

desta actividade, da calidade, especialidade, e foi entregado pola concelleira de turismo e comercio Cristina Acuña.

O Regulamento de furan- A policía local supervisara chos do Concello de Marín, este cumprimento, e levanE xcepcionalmente, os fu- O cartel anunciador preranchos que queiran ampliar tende ser un identificador

Este ano o concello de Marín, solicitou calificar o paseo do vial de praias como sendeiro azul, e poñelo como exemplo de comunicación das praias pola súa beleza, atractivo e coidado, principal arteria que comunica os arenais todos eles con distintivo de calidade. CENTRO AZUL. PETRÓGLIFOS DE MOGOR. Outra novidade foi a candidatura presentada para facer do Centro de Inter-

pretación dos Petróglifos de Mogor un Centro azul cos parámetros que require o ADEAC e facelo centro neste espazo ben comunicado, co paseo do vial e o arenal de Mogor. CENTRO AZUL. ATENEO SANTA CECILIA. CLUBES UNESCO. Candidatura presentada e otorgada pola súa implicación co medio ambiente e a aposta polas actividades tradicionais, culturais e do mar.


30 // Maio 2016 //

| Bueu |

O GOBERNO DE BUEU APROBA EN PLENO UNS ORZAMENTOS ‘EQUILIBRADOS’ DE MÁIS DE SEIS MILLÓNS DE EUROS O Concello de Bueu xa conta cuns orzamentos oficiais, que foron aprobados inicialmente na sesión plenaria deste luns, 2 de maio, e que ascenden a 6.774.875 euros, e que demostra a “boa saúde económica e financeira do Concello, coa mellora de servizos e de novas infraestruturas”, en palabras de Félix Juncal, alcalde de Bueu. Neste orzamento xa se inclúe a partida da Deputación de Pontevedra, no marco do Plan Concellos. Con esta subvención, o Concello destinará 315.000 euros á rehabilitación da primeira fase do estaleiro da Banda do Río, e 120.000 euros á adquisición dunha varredora. Este foi o tema máis im-

portante do pleno de onte, no que o concelleiro de Facenda, José G. Cuervo fixo unha intervención na que explicou as liñas básicas e principais capítulos deste orzamento. En canto a gastos, as partidas máis impor-

tantes destínanse a persoal (2.855.389,85 euros), servizos (1.933.517 euros), transferencias correntes (750.095 euros), investimentos reais (951.546 euros) e ao fondo social (10.000), destinado aos traballadores munici-

pais e unha das principais novidades que se agarda sexa complementado nos vindeiros anos. En canto aos ingresos, o Concello recadará 2.601.908,94 euros en impostos directos, 1.999.246 euros en IBI urbano, 470.000 euros en vehículos, 102.000 euros en Imposto sobre Actividades económicas. Outras partidas de ingresos terán que ver cos impostos indirectos, as taxas, as transferencias correntes, e as transferencias de capital. Ademais, as previsións do orzamento estiman que neste exercicio serán amortizados 253.000 euros de débeda, polo que quedaría pendente pouco máis dun millón de euros, e en seis

anos o Concello vería saldada a súa débeda. Outro dos temas importantes que se aprobaron onte en pleno foi o catálogo de persoal do Concello de Bueu, que contou cos votos a favor do BNG, as abstencións do PP, e os votos en contra de PSOE e ACB-SON. Con todo, e tal e como anunciou o alcalde de Bueu, este catálogo ten carácter provisional xa se está elaborando unha proposta de RPT (Relación de Postos de Traballo). Neste pleno tamén se deu conta do informe de morosidade do Concello e do IMD correspondente ao primeiro trimestre deste ano, así como das resolucións da alcaldía habidas desde a derradeira sesión ordinaria.

ÉXITO NO I TORNEO ESCOLAR MUNICIPAL RECEPCIÓN OFICIAL DO DE CACHIZA CLUB DO MAR DE BUEU Este evento de recuperación do deporte tradicional organizarase en novas edicións Nos últimos anos, o Concello de Bueu vén apostando forte pola recuperación do deporte tradicional da cachiza ou billarda. Seguindo con esa labor de dar a coñecer este xogo entre as novas xeracións, a concellaría de deportes, dirixida por Manuel Otero, organizou a final do I Torneo Escolar Municipal de Cachiza, dirixida aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos centros escolares do municipio, e no que participaron un total de 30 alumnos e alumnas que xa previamente desenvolveran unha fase interna en cada

colexio. A competición tivo lugar finalmente no Pavillón de Beluso, e na clasificación por equipos, o alumnado do CEIP A Pedra fíxose co primeiro posto, seguido do CEIP A Torre de Cela, e do CEIP de Montemogos de Beluso. A nivel individual, Martín Barcia, de A Pedra, acadou a primeira posición, Pablo Villanueva, tamén do mesmo colexio, a segunda, e a terceira foi para Carlos Gómez, do colexio A Torre. Manolo Otero resaltou a grande acollida deste xogo tradicional, cuxa recupera-

ción se fomenta desde o goberno local, polo que se organizarán novas edicións en vindeiros anos. A cachiza ou billarda é un dos deportes tradicionais que máis se viña practicando no pasado coa chegada do bo tempo. O material de xogo necesario son dous paus, un máis curto que se coñece como “cachiza”, que ten unha lonxitude de 18 a 25 cm e entre 1.5 e 3 cm de diámetro ou grosor, e outro máis longo, o “pateiro”, que debe ter entre 50 e 60 cm de lonxitude e un grosos idéntico á cachiza.

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu a recepción oficial á tripulación infantil do Club do Mar de Bueu, como un recoñecemento pola súa clasificación no LXXIII Campionato de España de Bateis, que se celebrou a fin de semana pasada e no que quedaron quintos. Nun acto moi emotivo, o Concello entregou un diploma a Alejandro Santos Gómez, Salvador Castro Freire, Diego Otero García, Adrián González Martínez, Hugo Freire Lores, Andrés Ríos Villar, Ángeles Molanes Iglesias, aos adestradores Ana López Barreiro, e Diego Pérez García, e ao delegado Alberto Chapela Regueira. Tanto o concelleiro de de-

portes, Manolo Otero, como o alcalde da vila, Félix Juncal, quixeron arroupar a esta tripulación, á que deron os seus parabéns polos éxitos acadados, ademais de reiterar o seu apoio ao deporte do remo. Neste sentido, Juncal lembrou o seu pasado como remeiro, e salientou que "nunha sociedade tan fugaz como a de hoxe, é importante que vivades cada momento coa maior ilusión e paixón". No acto tamén estiveron os concelleiros do BNG Teresa López, Martín Villanueva, Silvia Carballo, Ana Isabel Otero, Macu Rodríguez, e Carlos Eirea, e do PP, Mercedes del Pilar Otero, e membros da directiva do Club do Mar de Bueu.


// Maio 2016 // 31

| Pasatempos |

SUDOKU

HORÓSCOPO

Aries: Podes actuar considerando ao teu ámbito, a túa familia e a xente, pero o teu individualismo levarache por un camiño alleo aos demais, podendo non gañar só impopularidade, senón unha gran dose de inimizade. No terreo amoroso os astros móstranse máis favorables, e Xuño parece ser un mes propicio. Tauro: Xuño é un mes máis favorable para todo o relacionado con cuestións financeiras e económicas, mesmo para recuperar parte do valor perdidos en anteriores inversións. Xuño é un mes para reorganizar a economía familiar, xestionar as finanzas relacionadas coas propiedades. Geminis: En Xuño seguirás sentindo a inquietude e incerteza sobre a túa traxectoria profesional e destino en xeral, pero terás alternativas e as sensacións serán positivas. No económico posibles ingresos e axudas. Os celos o inimigo a bater. Cancer: Xuño é un mes favorable para poñer orde na túa situación profesional, para definir novas metas e conseguir a colaboración das persoas axeitadas, tamén debes de aproveitar estes días para temas de venda e alugueres. No caso de que teñas que realizar xestións de compravenda verifica moi ben o que firmas. Bo momento para as citas e aventuras amorosas.

“Maio pasa como un raio” “Nin maio sen trebóns, nin home sen calzóns” “Maio sen trebóns é coma home sen collóns” “Are quen arou, que maio xa pasou” “Auga en maio, pan todo o ano” “O dez de maio sementa co saio”

SOPA DE LETRAS Costura

Leo: En Xuño estarás á espera de de acontecementos, especialmente de tipo social e profesional, é posible que teñas que tomar decisións moi importantes sobre a túa vida, a túa profesión e a túa actividade profesional. O feito de que vivas e sufras a presión da situación económica apunta a que debes de resituar o teu estado financeiro. Virgo: Seguen sendo tempo complicados.En Xuño pode que teñas algunha axuda ou cobres unha suma de diñeiro, pero será insuficiente para que sintas estabilidade financeira. Contactos amorosos moi intensos pero á súa vez cheos de incidentes, especialmente con encontros informais.

LABIRINTO

Libra: Xuño é un mes complicado, coa entrada de Marte en Libra volven os problemas de todo tipo, as túas relacións sociais e de amizade veranse fracturadas e pode que unha persoa importante afástese da túa vida. Escorpio: Estas nunha encrucillada, as decisións e formulacións|presentacións que adoptes en Xuño poden marcar o rumbo dos próximos anos, actúa con moita prudencia en todos os terreos. Pode que teñas algunha entrada de diñeiro, intenta administrarte. Sagitario: Xuño será mes de cambios, de moito esforzo, de adaptación ás novas circunstancias, e de revisar as túas decisións. No económico debes de reducir os gastos. É momento de relacións e contactos amorosos ocasionais, pode que teñas algunha relación especial cunha amizade. Capricornio: En Xuño momentos difíciles, se estás a traballar neste período estival encontrarás moita resistencia para poñer en marcha os teus proxectos, e se non o estás pode que as circunstancias laborais vaian cambiando. Bo momento para as relacións e contactos informais e ocasionais.

DISTRIBUCIÓN:

Director técnico: J.M.Martinez Publicidade: Dpto. Propio comercial.galiciasurpontevedra@gmail.com Redacción: redaccion.galiciasurpontevedra@gmail.com Fotografia: Hernandez, Arquivo, Dpto. Propio Montaxe e deseño: Dpto. Propio. Impresión: Publicaciones Tameiga

www.galiciasurpontevedra.es Deposito Legal: VG-951-2010 Direccion: Apartado de Correos nº 590 36080-Pontevedra Telf: 986090204

Queda terminantemente prohibida a reproduccion total ou parcial de calquera dos contidos deste xornal. As marcas comerciais pertencen o rexistro das suas respectivas compañias e os anuncios publitarios co seu contido son reponsabilidade unica do anunciante.

Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Cotobade, Ponte Caldelas, Soutomaior, Redondela, Marín, Poio, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa, Cuntis, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Valga, Portas, Ribadumia, Illa de Arousa, Barro, A Estrada, Meis, Meaño, Moraña, Ponteareas, Mondariz, A Cañiza,Covelo, Arbo,As Neves, Salvaterra,Porriño,Mos,Tui, Salceda, Oia,O Rosal, A Guarda,Tomiño, Baiona,Nigrán,Gondomar

Acuario: A túa actitude será boa en Xuño e buscarás recuperar o contacto con moita xente tanto por razóns de amizade coma por motivos profesionais, tes que tomar decisións importantes. Éxito á hora de coñecer xente e establecer novas amizades ou relacións sentimentais. Piscis: En Xuño deberás de recuperar o ritmo e o ánimo perdido, tes aínda moitas opcións de mellorar, pero para iso debes de xestionar os teus recursos con maior austeridade e administrar os tempos con maior exactitude. Hai moita xente que está disposta a seguirte, quizais debas de orientala.


32 // Maio 2016 //

| Publicidade |


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.