1 xornal galicia sur pontevedra xaneiro 2016 web

Page 1

XANEIRO 2016 - ANO VII - NUMERO 62

PREZO 1.20€

A Deputación subscribe a posición da FEMP sobre o acceso aos Fondos Feder Pax.8


|Galicia|

2 // Xaneiro 2016 //

A Gastronomía de Galicia, gran protagonista da 12ª edición dos Premios da OMT [A cerimonia de entrega da 12ª edición dos Premios da Organización Mundial de Turismo (OMT) celebrada no marco de Fitur tivo sabor galego] A gastronomía de Galicia foi a gran protagonista da cerimonia de entrega da 12ª edición dos Premios da Organización Mundial de Turismo (OMT) celebrada no marco da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur. A cena de gala foi dirixida polo prestixioso chef galego Estrella Michelin, Pepe Solla, en colaboración cos alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). A velada contou coa presenza de importantes axentes e representantes turísticos de todo o mundo converténdose nun escaparate único para a promoción internacional dunha das principais fortalezas de Galicia como destino. A directora de Turismo de Galicia foi a encargada de presentar os finalistas ao premio á innovación en organizacións non gobernamentais (ONG). Durante o acto Nava Castro destacou que a gastronomía é unha parte fundamental do

destino Galicia ao constituír a segunda motivación pola que os turistas elixen a Comunidade galega. A responsable de Turismo da Xunta sinalou que a gran variedade de materias primas unido á calidade destas e a excelente xeración dos xefes de cociña, permitiron que a gastronomía de Galicia distíngase na actualidade en todo o mundo pola súa calidade e a súa autenticidade. “A paixón

polo produto de calidade e a vangarda na elaboración dos pratos da cociña galega conseguen un resultado cheo de sabor e equilibrio que non deixa a ninguén indiferente”, afirmou Nava Castro. Un centro de referencia internacional Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia resaltou o prestixio internacional co que conta na actualidade o Centro Superior de Hostalería de Ga-

licia. Máis de 2.000 profesionais xa se graduaron no CSHG, no que ademais se desenvolven actividades formativas e labores de consultaría e exportación do seu modelo formativo. Os profesionais que saíron do centro nos seus máis de 20 anos de funcionamento desenvolven o seu labor profesional en máis de 60 países do mundo, acadando cada ano unha inserción laboral supe-

rior ao 85% no ano seguinte de rematar os estudos. Gran momento para a gastronomía galega Esta cena constitúe unha mostra máis de que a gastronomía e a formación de Galicia están a vivir o seu mellor momento. Neste ano, a nosa comunidade alberga trece restaurantes que contan co recoñecemento da Guía Michelin, unha das máis prestixiosas e esixentes de todo o mundo. Galicia consolidou, así, unha tendencia á alza ao recibir por primeira vez trece Estrellas Michelin. Así mesmo, o panorama gastronómico de Galicia tamén loce grazas a 37 Soles Repsol que distinguen a 26 dos nosos restaurantes entre os mellores. A isto hai que engadir que existen 51 establecementos de restauración galegos distinguidos coa Q de Calidade Turística o que sitúa a nosa comunidade na 6ª posición estatal.

Feijóo avanzou que a oferta pública de emprego para 2016 será a maior dos últimos anos >>No ámbito sanitario, a Xunta contempla poñer a disposición dos opositores máis de 800 prazas, grazas ao fin da limitación do 10 por cento na taxa de reposición máxima establecida polo Estado<< O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Oferta Pública de Emprego para 2016 será a maior dos últimos anos, superando amplamente as 2.000 prazas entre Sergas, Educación e Administración Xeral. Neste senso, sinalou que no ámbito sanitario, a Xunta contempla poñer a disposición dos opositores máis de 800 prazas de diferentes categorías sanitarias. A elas hai que sumar, segundo engadiu Feijóo, as máis de 1.100 prazas xa anunciadas no ámbito da Educación e as que se convocarán en Administración Xeral, que serán aprobadas nas vindeiras semanas. Como sinalou o máximo res-

ponsable autonómico, a OPE deste ano superará con creces o volume de todas as convocatorias acumuladas dos últimos anos grazas ao fin da limitación do 10 por cento na taxa de reposición máxima establecida polo Estado, unha situación que tamén afectou ao Sergas. Non obstante, subliñou que a Xunta sempre aproveitou ao máximo as posibilidades que lle permitía a lei para seguir a consolidar empregos no Sergas, ofertando todas as prazas posibles e sendo dos poucos servizos de saúde que mantivo as ofertas de praza cada ano. As probas para optar a prazas de Medicina de Familia e Enfermería De feito, segundo Feijóo, dende

o ano 2012 téñense ofertado na Sanidade galega un total de 788 prazas para diferentes categorías sanitarias. Neste senso, engadiu que hoxe o conselleiro de Sanidade informou na xuntanza do Consello da Xunta sobre o desenvolvemento do proceso selectivo para optar a prazas de Medicina de Familia e Enfermería, cuxas probas terán lugar este mesmo sábado no recinto feiral da Semana Verde en Silleda. Como sinalou, trátase de case 300 prazas correspondentes ás ofertas de Emprego Público do Sergas dos anos 2013 e 2015 e para as que hai máis de 9.500 aspirantes inscritos. Concretamente, no caso de

medicina de familia ofértanse 82 prazas, ás que concorren 1.040 aspirantes, dos cales 945 preséntanse por quenda libre, 67 por promoción interna e 28 pola de discapacitados. No caso de enfermería, hai 8.488 aspirantes admitidos que optan a 205 prazas. Deles, 8.269 preséntanse pola quenda libre, 108 pola de promoción interna e 11 pola de discapacitados. O titular da Xunta fixo fincapé tamén en que entre as principais novidades das probas, incorpóranse medidas para dotar ao proceso selectivo dunha maior seguridade nas súas diversas fases, destacando a posta a disposición dos tribunais dunha plataforma segura

en entorno web con acceso mediante certificación dixital. Isto permite garantir, segundo Feijóo, a trazabilidade de todo o proceso, a confidencialidade na elaboración das preguntas, a selección de exames aleatoria e automatizada sobre unha batería de preguntas, a impresión e custodia dos exames en salas securizadas e a selección aleatoria e automatizada das preguntas de exame. Así mesmo, Feijóo apuntou que antes do verán realizaranse tamén os exames da oferta aprobada en decembro de 2014, destinada a outros diplomados sanitarios, técnicos superiores e auxiliares de enfermería, con 201 prazas e uns 12.000 aspirantes.


|Galicia|

// Xaneiro 2016 // 3


4 // Xaneiro 2016 //

Primeira xornada de Galicia en Fitur

|Galicia|

>>La Vuelta Ciclista, os destinos Starlight e a nova aplicación de realidade aumentada foron os puntos fortes de Galicia na primeira xornada de Fitur<< A 36 edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, un dos certames sectoriais de maior repercusión mundial, celebrou a súa primeira xornada dirixida aos profesionais do sector. O stand de Turismo de Galicia acolleu ao longo deste primeiro día de celebración un total de 16 presentacións que permitiron coñecer aos asistentes a este certame os principais destinos e produtos da oferta turística da Comunidade galega. Así mesmo, o espazo galego acolleu as visitas de numerosas autoridades como o Embaixador de Estados Unidos, James Costos, a Ministra de Fomento, Ana Pastor, ou o Ministro de Industria, José Manuel Soria, entre outros. Nesta primeira xornada, La Vuelta Ciclista a España, os destinos Starlight e a nova aplicación de realidade aumentada a través do móbil ‘Turismo de Galicia’ foron os puntos fortes do espazo galego neste certame. Tamén foi protagonista o novo produto turístico da Ruta da Lamprea así como a festa na que o concello de Arbo exalta este manxar galego cada ano. O salón de actos do stand galego albergou tamén no día de hoxe presentacións dedicadas a destinos e recursos de Galicia tan importantes no reclamo dos turistas como a

Costa da Morte, A Coruña ou Santiago de Compostela. Ademais, Galicia expuxo aos visitantes a recoñecida gastronomía de Lugo coa presentación da nova guía “...E para comer Lugo” ou celebracións tan importantes para a nosa comunidade como a Feira do Xamón de A Cañiza, o Festival Celta de Ortigueira ou o salón gastronómico Xantar. Sete etapas de La Vuelta en Galicia A directora de Turismo de Galicia presentou o percorrido e valorou a repercusión que terá para Galicia a 71 edición de La Vuelta ciclista a España na cal a nosa comunidade ocupará un lugar destacado sendo o punto de partida

deste gran acontecemento deportivo e albergando as súas sete primeiras etapas. Nava Castro recordou que La Vuelta sairá dende o Balneario de Laias, en Cenlle, mostrando as imaxes de ‘Ourense, provincia termal’ a todas partes do mundo. Así mesmo, sinalou que as sete etapas que percorrerán as catro provincias galegas descubrirán todo o esplendor da natureza galega e as súas espectaculares paisaxes. A responsable de Turismo da Xunta afirmou que este evento que conxuga a competición coa promoción turística por onde discorre constitúe unha oportunidade única para continuar coa traxectoria de

internacionalización do destino Galicia e terá un gran impacto económico para toda a Comunidade. Realidade aumentada a través do móbil Outro dos puntos fortes desta primeira xornada foi a presentación da nova aplicación móbil de realidade aumentada ‘Turismo de Galicia’, unha ferramenta de axuda tanto para o turista potencial que queira coñecer Galicia como para o viaxeiro que estea xa a visitar a nosa comunidade. A responsable de Turismo da Xunta sinalou que esta aplicación constitúe unha mostra máis da aposta de Turismo de Galicia pola innovación e o emprego das novas tec-

noloxías a cal valorou como “fundamental para facer avanzar o sector turístico galego e para incrementar a nosa cota de competitividade nos mercados internacionais”. Ruta da Lamprea O espazo dedicado a Galicia en Fitur acolleu tamén unha presentación sobre a Ruta da Lamprea e a súa Festa de Arbo na que participou a directora de Turismo de Galicia. A responsable de Turismo da Xunta explicou que a Ruta da Lamprea constitúe un novo proxecto turístico que implica a sete concellos da ribeira do río Miño. Segundo sinalou Nava Castro, con esta ruta darase a coñecer o importante patrimonio que rodea a este peixe e a súa captura, permitindo descubrir desde as artes de pesca como as pesqueiras ou as estacadas, ata os lugares de interese natural e cultural, como miradoiros, paseos, pontes ou capelas, entre outros elementos que a compoñen. A directora de Turismo de Galicia sinalou que, no seu conxunto, a Ruta da Lamprea constitúe un importante produto turístico ampliará, non só a oferta turística destes concellos, senón tamén da Comunidade galega en xeral, a partir deste peixe que representa un recurso endóxeno moi característico de Galicia.

Máis dun millón de euros para o mantemento da rede de control de calidade do aire de Galicia A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá máis dun millón de euros ata 2019 para o mantemento da rede de control da calidade do aire de Galicia. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o anuncio de licitación para a contratación deste servizo. Os traballos destinaranse ao mantemento preventivo, á corrección das incidencias

que se detecten no funcionamento diario da rede, e ás operacións de calibración e verificación de todos os analizadores e captadores. Para un correcto mantemento, que permita contar cunha rede rigorosa e da máxima fiabilidade, efectuaranse visitas periódicas ás estacións fixas e móbiles co fin de supervisar o seu estado. Ao mesmo tempo, tamén se com-

probarán diariamente todos os parámetros das estacións para a detección de posibles avarías, erros de comunicación ou outras anomalías que, de producirse, serán solucionadas nun prazo inferior a 48 horas. Ademais, tamén se calibrarán os analizadores unha vez cada tres meses, e realizaranse verificacións quincenalmente e despois de cada

reparación. Hai que recordar que a Xunta desenvolve diversas iniciativas no marco do Plan nacional de adaptación ao cambio climático. Entre elas, está a vixilancia da presenza de gases contaminantes no aire a través desta rede de control. Polo tanto, é preciso que estes elementos de análise estean en condicións óptimas de utilización, para

o que é necesario levar a cabo un axeitado mantemento preventivo e correctivo. A rede de control da calidade do aire de Galicia está formada por un total de 11 estacións situadas nas principais cidades galegas e tamén en zonas rurais para medir a contaminación noutros espazos. Ademais, a Xunta dispón tamén dunha unidade móbil autopropulsada.


|Publicidade |

// Xaneiro 2016 // 5


|Bueu|

6 // Xaneiro 2016 //

A nova concelleira do Goberno local tomou posesión do seu cargo no pleno O goberno local de Bueu conta cunha nova concelleira. Inmaculada Concepción Rodríguez Dias (‘Macu’) tomou posesión do cargo de concelleira no pleno de xaneiro. Esta incorporación dáse tras a renuncia ao cargo por motivos persoais do concelleiro Antonio Rosales. Foi este un dos temas centrais da sesión de xaneiro, na que tamén se aprobou cos votos a favor de BNG, PSOE e SON e en contra do PP, a proposta da alcaldía relativa ao requirimento previo

á adxudicación e contratación para o arrendamento dun ben inmoble para destinar a oficinas municipais. Precisamente, só hai unha única oferta, que conta co informe favorable do arquitecto técnico municipal, e que se convocou por terceira vez, tras quedar deserta a oferta nas dúas convocatorias anteriores. O local, tal e como se estipulan nas bases, ten que ter unha distancia máxima á Casa do Concello de 200 metros, e unha superficie mínima de 200 metros cadrados.

Outro asunto da orde do día foi a proposta da alcaldía relativa á aprobación de recoñecemento extraxudicial de créditos, cos votos a fa-

vor do BNG, abstencións de SON e PSOE, e en contra do PP. O alcalde, Félix Juncal, salientou que no 2007 a débeda era de case 3 millóns

de euros, mentres que a finais de 2015 é un pouco superior ao millón, “unha evolución positiva de redución da débeda nestes anos”.

Prazo de presentación de curtas para o FICBUEU con importantes novidades na organización >>O prazo de presentación de curtas esténdese ata o 15 de abril<< A novena edición Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) deu o pistoletazo de saída coa apertura do prazo para a presentación de curtametraxes, que se estenderá ata o 15 de abril, sendo elixidos os seleccionados dous meses despois. Así o anunciaron

Carlos Eirea, concelleiro de cultura, e Manuel Pena, director do festival, na rolda de prensa de hoxe ás 13 horas no salón de plenos do Concello de Bueu. Esta edición arranca co desexo de “crecer ao ancho e en profundidade”, xa que os organizadores están pensando novas

actividades e seccións paralelas, ampliación do número de pases diarios, obradoiros específicos sobre como realizar curtas ou xornadas para os alumnos e alumnas dos centros educativos para achegarlles o cinema. Ademais, a organización buscará novas formas de financiamento, tanto públicas como privadas, que irá barallando ao longo destes meses, xa que os 18.000 euros do Concello de Bueu comezan a quedarse escasos ante o ritmo brutal ao que está medrando o festival, ao que o ano pasado se presentaron 2.087 curtas de 107 países diferentes. Manuel Pena destacou que este 2016 as proxeccións se

van desenvolver do 10 ao 17 de setembro durante sete días (nas pasadas edicións eran cinco días). En canto aos requisitos de participación, que se poden consultar a partir desta tarde na páxina web www. ficbueu.com, hai que resaltar que o límite máximo de duración das curtas é de 30 minutos, e a sección oficial estará composta por unha vintena de seleccionados, ademais de que se seguirán mantendo as cinco da sección galega, unha novidade da pasada edición con moi boa acollida entre o público. Neste sentido, está no tinteiro a posibilidade de darlle maior cabida aos centros de formación galegos mediante

a incorporación dun premio para os novos talentos das escolas. Tanto Manuel Pena como Carlos Eirea destacaron a proxección mundial do FICBUEU que xa é o terceiro ano que unha das curtas que foron proxectadas nel son nominadas aos Premios Óscar. Precisamente, este ano a alemá Alles wird gut (Todo irá ben) dirixida por Patrick Vollrath está seleccionada para a categoría de mellor curta do prestixioso galardón cinematográfico. “Un festival capaz de convocar a tantas curtas a nivel mundial, non é algo de transcendencia meramente local”, sentenciou Eirea, concelleiro de cultura.

O Goberno local adxudicou as obras da nave de deportes náuticos A Xunta de Goberno Local celebrada onte aprobou a adxudicación das obras na nave de deportes náuticos de Pescadoira a Ceta Contratas S.L. cun custe de 46.735 euros, con cargo ao Plan Provincial de Obras e

Servizos (PPOS 2015), e no que se presentaron un total de dezanove empresas. O proxecto inclúe a retirada da actual cuberta, debido ao mal estado da actual, e a substitución por unha nova de panel sándwich e

con novas baixantes de aluminio, para evitar o quentamento da nave debido aos raios solares. Tamén se dotará á nave de iluminación natural interior. Esta obra vai mellorar amplamente as condicións da

nave de Pescadoira a que, por outra banda, a finais de maio o Concello tamén recibiu a concesión por parte do Ministerio de Agricultura para a súa rehabilitación completa. En concreto, o obxectivo

do executivo buenense é a remodelación da nave para utilizala como almacén, taller de embarcacións e práctica de remo, así como para outras actividades vinculadas con este deporte.


|Bueu|

// Xaneiro 2016 //7

O concello de Bueu convoca tres concursos polo Entroido con case 2000 euros en premios O Concello de Bueu celebra o Entroido por todo o alto e pon en marcha un total de tres concursos cun orzamento total de 1900 euros, e que foron aprobados na Xunta de Goberno Local. Así, haberá un concurso de Carteis, no que poderán participar as persoas maiores de 16 anos, das que se seleccionarán tres finalistas, e se outorgará un único premio dotado con

300 euros, e nos que se valorará a calidade técnica, a calidade artística, o impacto visual, a creatividade e a orixinalidade. A data límite de entrega de orixinais será o 2 de febreiro. O mércores 10 de febreiro ás 17 horas terá lugar o desfile infantil e xuvenil Enterriño da Sardiña, no que poderán participar todos aqueles grupos de comparsas de Bueu que realicen o percorrido oficial do

desfile do Enterriño da Sardiña e se inscriban previamente no Concello de Bueu mediante a folla de inscrición ata o 10 de febreiro. Este concurso terá un primeiro premio, que consta de 200 euros, e un segundo, de 100 euros. E xa para ultimar os concursos, o 14 de febreiro ás 17 horas celebrarase o Enterro do paxaro de mal agoiro polas rúas do casco urbano, no que poderán

participar aquelas persoas ou grupos que realicen este desfile, e que se inscriban antes do 13 de febreiro ás 13 horas no Rexistro Xeral do Concello. Este concurso conta con importantes novidades, xa que se abre fóra da localidade e se diversifican os premios. Así, para comparsas haberá un 1º premio de 300 euros, e un segundo, de 200 euros; para as parellas, un premio único de

150 euros, para os grupos, un 1º premio de 300 euros, e un segundo, de 200 euros, e para as individuais, un premio único de 150 euros. Este ano, os premios serán anunciados o mesmo día de ambos desfiles, tal e como informan desde o Departamento de Cultura. As bases poderán descargarse na páxina web do Concello: www.concellodebueu.org.

Apoios para poñer en marcha o Plan de Compostaxe Tras a reunión mantida a finais de decembro, o concelleiro de obras e servizos de Bueu, Fidel Castro, pide o apoio dos veciños e veciñas, hostaleiros e asociacións para poder poñer en marcha o Plan de Compostaxe da Deputación, e conseguir composteiros para catro áreas da vila. En concreto, precísase un mínimo de 60 apoios para cada unha das áreas, que se situarán en Petís-Pescadoira, en torno aos institutos e pavillón municipal, na rúa Xosé María Estévez e na zona das Lagoas. Por este motivo, pídese a todas as asociacións de veciños, deportivas e ecolóxicas, co-

lexios e institutos e hostaleiros a que entreguen no Concello de Bueu o escrito referente

ao apoio a esta iniciativa, que foi presentada na reunión do pasado 28 de decembro. Ade-

mais, Fidel Castro vaise dirixir a partir da semana que vén ‘porta a porta’ para bus-

car apoios entre os veciños das diversas áreas, existindo tamén no propio Concello. Os composteiros que se pretenden instalar están formados por seis departamentos pechados cun valado exterior, que serán inspeccionados nos seis primeiros meses por un mestre composteiro seleccionado pola Deputación e que será o encargado de supervisar se a compostaxe se está realizando correctamente. Con esta iniciativa, o noso Concello reduciría os residuos orgánicos que se envían cada ano a Sogama, o que redundaría nunha redución de custos para investir noutros servizos.

O concello de Bueu presentou uns Orzamentos para 2016 de máis de seis millóns de euros O goberno municipal de Bueu presentará unha Proposta de Orzamentos que ascende a 6.352.188 euros tras incluír a partida da Deputación no marco do Plan Concellos 2016, e cun incremento do 10% con respecto ao 2015, no que os orzamentos eran de 5.800.000 euros. Unha das principais novidades é a baixada do Imposto de Bens Inmobles (IBI), o que significa que os veciños e veciñas do municipio pagarán un 17% menos nos seus recibos con respecto ao 2015. En concreto, e con respecto ao ano anterior, a recadación po-

lo IBI prevé unha redución de arredor de 100.000 euros. Así, neste ano, segundo o borrador dos orzamentos, o Concello fará investimentos en áreas clave, tal e como é a importante achega para a execución da primeira fase de rexeneración e rehabilitación do Estaleiro da Banda do Río, unha vella demanda da veciñanza, a implantación masiva do sistema de alumeado LED en diversas áreas como a Avenida de Marín e de Pazos Fontenla, a adquisición dunha varredora limpiadora para o chan urbano, a dotación dunha cuberta para o

espazo do mercado tradicional, ademais de saneamento, pavimentación e informática, cunha aposta pola renovación tecnolóxica da administración local. Ademais, tal e como destaca o concelleiro de Facenda, José Cuervo, vaise apostar forte por un Plan de Emprego, esforzo que o Concello de Bueu leva feito nos últimos anos, e que se visibiliza na contratación de trinta novas persoas nas diversas áreas, e na complementación de salarios dos contratados por parte da Deputación de Pontevedra. No caso deste complemento,

o Concello de Bueu sitúase como un dos poucos da provincia pontevedresa que complementa os salarios, e que garante unhas condicións dos traballadores en igualdade de condicións. Nos orzamentos tamén se reflicte un incremento do gasto en políticas sociais, área na que o Concello segue moi concienciado e que se completa coa destinación de fondos para o funcionamento e mantemento dos centros docentes de ensinanza infantil e primaria, as subvencións ás ANPAS para o mantemento dos comedores escolares e

Plan Madruga. Neste sentido, acondicionarase o novo local destinado á recolocación do Centro de Información á Muller (CIM) e do departamento de Servizos Sociais, unha vez remate o expediente de contratación. Este documento, que deixa patente o incremento dos investimentos reais dos 442.000 euros do 2015 aos 778.000 euros neste 2016, foi enviado aos grupos políticos municipais para o seu estudo, tal e como se comprometera o concelleiro de Facenda, José Cuervo, na sesión plenaria do mes de decembro.


|Pontevedra|

8// Xaneiro 2016 //

A Deputación subscribe a posición da FEMP sobre o acceso aos Fondos Feder

>> A Comisión de Deputacións esixe que os municipios de menos de 20.000 habitantes poidan acceder aos Fondos e solicita unha reunión urxente con Montoro << A Comisión de Deputacións, Cabidos e Consellos Insulares da FEMP acordou solicitar unha reunión de carác-

ter urxente co Ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, para facilitar que as De-

putacións e os municipios pequenos e medianos poidan chegar a tempo ás convocatorias de subvencións dos

fondos europeos FEDER. Este foi un dos acordos adoptados na primeira reunión desta Comisión en 2016 celebrada esta tarde na sede da FEMP, na que participou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, e na que se estableceu a folla de ruta deste grupo de traballo de aquí ata 2019. Carmela Silva lembrou que “na provincia de Pontevedra hai 53 municipios que, a día de hoxe, quedaron excluídos dos FEDER, é dicir a maioría da provincia queda fóra deses fondos que son meramente de investimento”, subliñou a Presidenta. O Presidente da Comisión e da Deputación de Jaén, Francisco Reyes, informou ao termo da reunión que os seus in-

tegrantes traballarán para facer cumprir as resolucións aprobadas no último Pleno da FEMP que, entre outros obxectivos, perseguen resolver os problemas históricos que arrastran estas Entidades Locais supramunicipais e facelas máis visibles para a opinión pública. Entre outras cuestións, Reyes destacou o empeño da Comisión para que se definan claramente as competencias das Deputacións e apróbese un sistema de financiamento adecuado para que poidan seguir cumprindo o traballo esencial de apoio aos pequenos municipios e garántanse uns servizos de calidade a todos os cidadáns, independentemente do tamaño de municipio en que o viven.

Uxío Benítez anuncia o Plan ‘Móvese’ para aumentar a seguranza viaria das estradas provinciais

>> O deputado de Mobilidade vén de solicitar a cada concello un informe sobre os puntos da rede viaria provincial nos que se precisa calmar o tráfico << O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou a posta en marcha do Plan MOVESE (Mobilidade e Velocidade Segura) para aumentar a seguranza viaria nas estradas provinciais con medidas de calmado do tráfico tales como a implantación de zonas 30 ou pasos de peóns sobreelevados. As zonas de actuación en cada municipioserán elixidas polos propios concellos, coñecedores dos lugaresnos que se precisa calmar o tráfico con máis necesidade. Segundo explicou Uxío Benítez este plan segue a “filosofía do decálogo de criterios para as actuacións nas vías provinciais que establece que a prioridade nas estradas da Deputación, a partir de agora, será para os peóns”. Neste sentido, subliñou que “os obxectivos son aumentar a seguranza viaria creando espazos de

coexistencia para todos os sistemas de desprazamento nun contorno viario seguro e tranquilo que permita protexer aos colectivos máis vulnerables”. O deputado defendeu que a medida máis importante para acadar unha mobilidade máis segura é actuar directamente sobre a velocidade á que transitan os vehículos, xa que canto máis reducida é esa velocidade menos número de sinistros se producen e menores son as súas consecuencias. Por este motivo o Plan MOVESE aposta por actuacións de calmado do tráfico mediante a instalación de zonas 30, pasos de peóns sobreelevados (PPS) e outro tipo de redutores físicos da velocidade dos vehículos (RFVV). Benítez lembrou que a rede de estradas provinciais, formada por 377 vías cunha lonxitude total de 1.700 quilómetros, supón unha trama de vías se-

cundarias, non de alta capacidade, que na súa maioría cruzan núcleos de poboación ou pasan por zonas cun tránsito peonil importante. Así, como exemplo para a instalación das zonas 30 ou dos chamados ‘lombos’ Benítez expuxo o caso de vías provinciais situadas ao carón de colexios, onde os desprazamentos de alumnos son continuos e é preciso darlles prioridade fronte á circulación rodada. “A prioridade ten que ser que os rapaces poidan ir seguros ao colexio, non que os coches que pasen por aí aforren 30 segundos e cheguen antes ao destino”, manifestou. Consensuado e con continuidade no mandato En canto ao proceso para poñer a andar a iniciativa, Benítez indicou que no Plan MOVESE haberá cambios en relación a como viña actuando a Deputación ata o de agora,

xa que serán os propios concellos os que expoñan cales son as súas necesidades. “A metodoloxía para elixir onde se actúa será diferente, posto que serán os concellos, principais coñecedores dos seus municipios, os que indicarán aos técnicos provinciais cales deberán ser os puntos de actuación”, dixo. A pasada semana, de feito, a Deputación xa trasladou formalmente aos alcaldes da provincia unha carta para explicar o procedemento de solicitude. Púxose a disposición un formulario tipo no que mandatarios, concelleiros, técnicos ou policías municipais deben explicar cal é o punto de actuación que requiren, así como os motivos polos que se debe mellorar a seguranza viaria nesa zona, ben por ser un punto de concentración de accidentes ou ben por tratarse dunha zona

de elevado tránsito peonil. Este formulario(tamén dispoñible na web www.depo.es) debe ser devolto ao departamento de Mobilidade antes do 1 de febreiro para que despois un técnico provincial visite a zona referida e realice un informe coas solucións máis acaídas para cada caso. Posteriormente, e en virtude do número de solicitudes presentadas e da súa argumentación, se contratarán as actuacións e se executarán ao longo deste ano. Segundo insistiu Benítez, a Deputación financiará o 100% das actuacións. Tamén sinalou que o Plan MOVESE terá continuidade durante todo o mandato, xa que o departamento de Mobilidade recibe periodicamente peticións de actuacións e ten constatado que na súa maior parte están relacionadas con problemas de seguranza viaria.


|A Lama|

// Xaneiro 2016// 9

A Lama contratará a 14 persoas dentro do Plan de Emprego da Deputación >>Terán preferencia os maiores de 45 anos e tras realizar unha proba práctica, o primeiros sete contratados empezarán a traballar o 15 de febreiro e o 1 de xuño outros tantos<< O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, confirmou que o Concello da Lama incorporará a un total de 14 persoas, en dúas quendas de seis meses, dentro do Plan de Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra. O primeiro grupo de sete operarios comezará a traballar o 15 de febreiro mentres que o segundo farao o 1 de xuño. Para poñer en marcha este plan local de fomento de emprego o Concello da Lama acolleuse ao Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais 2016 da Deputación ante a que solicitou unha subvención duns 87.000 euros que permitirán a contratación dos 14 traballadores aos que se lles abonará o SMI. As categorías demandadas

polo Concello da Lama serán as de fontaneiro, operario de industria metalúrxica e fabricación de produtos metálicos, operario ferreiro forjador, peón de construción, conserxe, mestre en educación e auxiliar administrativo. As obras ouservizos de interese xeral e social que se van a realizarar serán as de mantemento de centros recreativos, escola de apoio educativo, mantemento das infraestruturas de fontanería, xardíns municipais e acondicionamentos de espazos públicos. Os interesados en optar a estas prazas deberán estar inscritos como desempregados nos servizos públicos de emprego (Servizo Galego de Colocación ou INEM) e serán sometidos a unha proba práctica supervisada por técnicos municipais.

Terán preferencia no acceso á selección os maiores de 45 anos de idade. O alcalde, Jorge Canda Martínez cualificou de moi positivo esteproxecto de inserción laboral “iniciado xa co anterior presidente da Deputación, Rafael

Louzán, e que permite non só resolver moitos problemas derivados da falta de persoal nos concellos senón que son unha oportunidade para que moitas persoas atopen un posto de traballo digno. A experiencia que temos doutros programas

anteriores foimoi satisfactoria para todos e é tamén unha maneira de axudar aos pequenos municipios para poder poñer a punto infraestruturas e servizos que, doutra maneira, sería moi complicado manter”, sinalou Canda Martínez.

O alcalde levará a pleno a concesión dunha axuda de 500 euros por bebé nado no municipio

[Esta axuda será compatible con calquera outra existente e prolongarase por un máximo de dous anos]

O alcalde da Lama, Jorge Canda, levará ao próximo pleno da Corporación Municipal a concesión dunha axuda de 500 euros por cada nacemento que se rexistre, a partir da súa aprobación, no

municipio. Os beneficiarios desta axuda deberán acreditar o seu empadroamento no concello da Lama e terán a oportunidade de recibir esta contía durante un máximo de dous anos consecutivos.

Jorge Canda sinalou que esta iniciativa formaba parte do programa electoral co que o Partido Popular presentar ás pasadas eleccións municipaisonde no apartado de ”Benestar” se inclúa esta

medida como unha das máis destacadas e que agora o rexedor pretende implantar no municipio. Canda Martínez indicou que a intención do Concello da Lama é que estas axudas por nacemento sexan totalmente compatibles con calquera outra que se outorguen a nivel autonómico ou estatal e que a súa intención é fomentar dalgunha maneira a natalidade e, ao mesmo tempo, fixar poboación no municipio. “Un dos problemas que teñen os municipios rurais e do interior da provincia, como o da Lama, é a baixa natalidade, o envellecemento da poboación e a necesidade de enraizar habitantes nos núcleos rurais xa que se non a poboación diminúe ao abandonar as aldeas por falta de oportunidades e iniciativas que axuden ás persoas que optan por quedar a atopar

un aliciente máis”, sinalou Jorge Canda. “Desde logo que, por desgraza, nós non podemos solucionar en solitario estes problemas, pero temos a obrigación de tomar a iniciativa e poñer en marcha medidas reais e comprometidas para apostar neste camiño. Somos conscientes de que o problema do rural en Galicia precisa dunha política transversal onde converjan alternativas para o emprego, a promoción dos sectores producivos básicos, apoio á vivenda e á mocidade. Só así se poderá solucionar este problema do que nós somos moi conscientes e estamos dispostos a botar unha man para melloralo. O apoio á natalidade con esta axuda de 500 euros anuais durante dous anos é unha máis coa intención de poner solucións concretas a problemas reais”, concluíu o alcalde da Lama.


|A Lama|

10 //Xaneiro 2016 //

O concello cifra nuns 100.000 euros os danos causados polos efectos do último temporal

[Os técnicos municipais elaboraran un dossier sobre os danos ocasionados para remitirllo á Xunta] O Concello da Lama cifra nuns 100.000 euros o importe dos danos causados polo último temporal ocorrido no municipio e que se caracterizou por sucesivas trombas de auga que alagaron leiras, afectado a infraestruturas de comunicación interior do municipio e a varios muros de contención e de peche perimetral de leiras. Nestes momentos, os técnicos municipais están a ultimar o dossier cos danos e as súas valoracións para remitirllos á Xunta. O alcalde, Jorge Canda, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel CoresTourís, realizaron unha visita a varios lugares onde os danos móstrase dunha maneira máis patente. Así unha tromba de auga desenterro por completo e ao longo duns

100 metros a nova tubaxe de condución do abastecemento de auga á Lama e que discorre pola estrada que comunica a capital do municipio coa parroquia de Xende. A Forza da auga limpou completamente a gabia realizada para a canalización levándose as achegas de terra feitos e deixando totalmente ao descuberto as tubaxes encargadas de garantir a nova subministración de auga potable a parte da Lama. A intensa choiva tamén provocou a grave deterioración da estrada que dá acceso ao lugar de Fonte cova esnaquizando por completo o pavimento e levándose parte do asfaltado realizado recentemente, precisamente para corrixir unas desfeitas producidas anteriormente por outro

temporal. Para evitar que esta circunstancia volva suceder no futuro, operarios municipais procederon a realizar derivacións nas tradicionais canles naturais por onde discorre a auga proveniente dos torrentes do monte. A intención dos técnicos é darle unha nova

saídaáspluviais para que conflúancun regacho próximo e así sexan conducidas ata o río sen causar o grave dano actual. Finalmente, o alcalde Jorge Canda achegouse á parroquia de Gaxate onde a filtración de auga por baixo do asfalto foi oradando o terreo provocan-

do un buraco que ameaza a seguridade do tramo final da estrada de acceso ao centro do núcleo rural. Os operarios procederon a sinalizar a zona, asegurar o terreo e procederán a realizar calicatas para determinar o alcance da avaría provocada para proceder á súa corrección.

Cores Tourís visita a nova nave de xestión de residuos do concello de a Lama

>> O delegado territorial recordou que en 2015 puidéronse financiar 8 proxectos na provincia cun orzamento global de 590.000 euros <<

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de A Lama para comprobar o remate da nova nave de xestión de residuos deste municipio executado no seu polígono grazas a orde de axudas da Consellería de Economía e Industria que permite mellorar a competitividade dos parques empresariais de Galicia. O delegado territorial estivo acompañado do alcalde da localidade, Jorge Canda, e do

xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial. Segundo apuntou José Manuel Cores Tourís, grazas á liña de axudas de 2015, puidéronse desenvolver 8 proxectos na provincia de Pontevedra cunha subvención global que superou lixeramente os 590.000 euros. Así, executáronse obras de mellora de infraestrutura, beirarrúas, eficiencia enerxética, instalación de sistemas de vixilancia e acondicionamento de accesos nos concellos de Ponte Cal-

delas e A Lama en la comarca de Pontevedra; Vila de Cruces e Lalín no Deza; A Cañiza e Arbo no Condado e A Paradanta; Moraña na comarca de Caldas e Vilanova na de Arousa. No caso do concello de Ponte Caldelas, levouse a cabo a mellora da eficiencia enerxética na iluminación do polígono de A Reigosa para o que este concello recibiu 47.699,17 euros; e na Lama, a obra que se executou con cargo a liña de 2015 consistiu na construción dunha nave para a xestión de residuos, cunha axuda de 119.923 euros e un investimento global de 149.903,78 euros. En relación á obra hoxe visitada, o responsable territorial destacou que se trata dunha infraestrutura que permitirá xestionar os residuos producidos neste concello e que servirá, tamén, para gardar e almacenar de xeito seguro os utensilios e a maquinaria

usados na recollida do lixo. “Acabamos ademais de publicar a nova orde para 2016, no DOG do 30 de decembro, polo que o Goberno galego volveu a reiterar a súa aposta polos concellos como administración máis próxima aos cidadáns, impulsando unha liña que permitirá mellorar a súa actividade industrial, xerando postos de traballo e mellorando a competividade do tecido empresarial galego”, tal e como avanzou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra. Nesta nova convocatoria, o programa permitirá, un ano máis, impulsar actuacións en eidos diversos como o aforro e a eficiencia no gasto enerxético, a creación de novas plantas de depuración de augas, a xestión de residuos, os viais ou a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia”, explicou o delegado territorial.

O programa, que conta cun orzamento de 3,8 millóns de euros, prevé apoios de ata o 80% do custo subvencionable, cun máximo de 120.000 euros por solicitude. Unha cantidade que se incrementará ata o 95% e os 180.000 euros no caso de agrupacións de concellos. Desta forma, como sinalou Cores Tourís, colabórase coas administracións locais, primando unha xestión compartida que posibilita unha redución de gastos nas arcas municipais, facilitando a xeración de postos de traballo e o incremento da competitividade do tecido empresarial. Así mesmo, e para facilitar aos municipios a modernización dos seus parques empresariais, permitirase o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Faise así accesible a posta en marcha de actividades que incrementan a calidade destas infraestruturas.


|Cotobade|

//Xaneiro 2016// 11

O centro ictioxécnico de Carballedo soltou 190.000 exemplares de salmón durante 2015

[A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, visitou estas instalacións, que constitúen o punto de orixe de un de cada sete salmóns dos ríos Ulla, Lérez e Miño] O centro ictioxécnico de Carballedo, en Cotobade, soltou un total de 190.000 exemplares de salmón só en 2015, o que supón superar a media anual de 170.000 individuos ao ano que se viña rexistrando nas dúas últimas décadas. Así o expuxo a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, durante a súa visita a esta piscifactoría, na que destacou que todo este proceso está a acadar “unha importante porcentaxe de éxito”, como demostra o feito de que un de cada sete salmóns que remontan os ríos Ulla, Lérez, e Miño teñen a súa orixe neste centro. Ademais deste relevante labor, Mato destacou que nos últimos anos estanse a am-

pliar os esforzos da piscifactoría coa troita autóctona galega, un tipo de troita coa que é máis complexo traballar debido a súa delicadeza. O obxectivo desta liña de actuación é consolidar esta instalación como banco de xenes de todas as liñas de troita galega, de forma que sempre se poida dispoñer dos exemplares necesarios e axeitados –isto é, a liña xenética propia de cada zona- para acometer unha repoboación. De feito, en canto á relevancia das repoboacións, Mato lembrou que foi precisamente o traballo deste centro o que permitiu “dar un xiro” á situación que se detectou nas últimas décadas do século pasado cando se rexistrou un “preocupante”

descenso de poboación de salmón atlántico –especie propia de Galicia- en toda a comunidade autónoma, e moi especialmente no Ulla, Limia e Lérez. Este centro, no que a Consellería investiu 150.000

euros o pasado ano, é unha das tres piscifactorías autonómicas en funcionamento que dependen directamente da Xunta, xunto coa de Lugo –especializada tamén en salmón- e a de Carballiño, centrada na troita. Reunión co alcalde A titular do departamento autonómico aproveitou a súa estadía en Cotobade para reunirse co alcalde, Jorge Cubela, a quen lle comunicou que a Consellería ten previsto instalar nesta localidade un Centro de Recuperación de Fauna Silvestre, que se situará ao carón da piscifactoría, constituíndo así un complexo integrado. A previsión é iniciar de xeito inmediato a tramitación para a elaboración do proxecto e continuar

con todos os procedementos ao longo deste ano, co obxectivo de poder poñelo en marcha en 2017. O novo centro estará orientado á recuperación de aves silvestres, pero tamén contará cos recursos necesarios para o tratamento doutras especies como réptiles ou mamíferos. Un dos seus principais obxectivos será recuperar animais feridos e enfermos, e posibilitar o incremento da súa reintrodución no medio natural. Por último, na xuntanza Mato e Cubela tamén trataron distintos proxectos en materia de saneamento, que agora o departamento autonómico avaliará co obxectivo de mellorar as infraestruturas e servizos do municipio.

peración e colaboración interadministrativa, en materia de xestión de RSU, entre os catro concellos que se ven producindo dende a primeira sinatura do convenio no ano 2011, polo cal os catro concellos levarán a cabo o transporte e entrega de RSU á microplanta sita no Concello de A Lama así coma a colaboración na financiación nos custos de persoal desta microplanta.

Este convenio terá unha vixencia ata o 31 de decembro de 2018 prorrogándose por iguais períodos e terá coma obxectivo contar cun bo servizo de recollida de lixo contribuindo así coa a mellora-la calidade medio-ambiental, da calidade de vida e do benestar dos veciños do concello así como daquelas persoas que se acheguen a desfrutar da riqueza natural de Cotobade.

Convenio de Colaboración entre Cotobade, A Lama, Ponte- Caldelas e Fornelos de Montes O Alcalde do Concello de Cotobade, Jorge Cubela, asinou o Convenio de Colaboración cos Concello de A Lama, Ponte- Caldelas e Fornelos de Montes para o uso compartido e mantemento da microplanta de transferencia do Concello de A Lama. A acto de sinatura aisistiu o Alcalde do Concello de A Lama, D. Jorge Canda. Coa sinatura deste convenio dáselle continuidade á coo-


|Ponte Caldelas|

12 //Xaneiro 2016 //

A Mesa Local de Comercio decide celebrar a Feira de Oportunidades de Coempo o 13 e 14 de febreiro [Está é a primeira xuntanza que se realiza con Andrés Díaz como rexedor e con Suso Peleteiro como presidente da asociación empresarial] O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, a responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, Rosa Rivas Lois e o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas, Jesús Peleteiro celebraron a reunión da Mesa Local de Comercio na que se

decidiufixar a fin de semana do 13 e 14 de febreiro de 2016 como data final para celebrar unha nova edición da Feira de Oportunidades que organiza COEMPO. Os comerciantes trasladaron ao alcalde a idoneidade desta data para a celebración da Feira de Oportunidades ao considerar que encaixa perfectamente no

calendario feiral e do comercio dos municipios dos arredores, co fin de conseguir que Ponte Caldelas se convirta, nesa fin de semana, nun polo de atracción para que os consumidores poidan facer as compras de fin de tempada, visiten o municipio e acudan tamén aos distintos establecementos gastronómicos existentes

na zona. Por outra banda, os comerciantes aproveitaron a reunión para valorar co alcalde Andrés Díaz os resultados da campaña de Nadal así como distintas iniciativas de dinamización do comercio local que irán sendo analizadas e postas en marcha ao longo do presente ano que agora comeza.

A Mesa Local de Comercio tivo como novidade o estreno nestas xuntanzas do actual alcalde, Andrés Díaz Sobral, e do propio presidente dos comerciantes e empresarios de Ponte Caldelas, SusoPeleteiro, quen era tamén a primeira vez que asistía a este encontro en calidade de titular de COEMPO. Un dos obxectivos fixados polo novo equipo de gobernó é incrementar o apoioás actividades de dinamización non só do comercio senón tamén da hostalería de Ponte Caldelas que se traduce en diversas iniciativas levada a cabo desde a toma de posesión da Corporación, durante as festas patronais e no Nadal onde se apostou por poñer en marcha accións tendentes a conseguir que Ponte Caldelas volva a ser punto de interese e atracción comercial para os veciños e veciñas non só deste municipio senón doutros limítrofes.

A II Xuntanza Moteira organizada polo Moto Club Redondela celebrarase o 21 de maio >>Pretenden ocupar por completo a Alameda de Ponte Caldelas e convertilo nun evento multitudinario<< Membros do Moto Club Redondela mantiveron un encontro de traballoco alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, coa intención de celebrar a II Xuntanza Moteira o sábado 21 de maio, dentro dos actos conmemorativos do 50 aniversario da Festa da Troita que terá lugar este ano na vila do Verdugo. A intención dos organizadores é utilizar a Alameda como punto neurálxico desta quedada galega onde haberá toda unha serie de actividades musicais e lúdicas complementarias e que pretende ser multitudinaria debido a que a data escollida, o 21 de maio, sería a priori mellor desde un punto de vista me-

tereolóxico. Motos de tódalas marcas e cilindradas, customs, naket, erre, etc. daranse cita de novo en Ponte Caldelas despois do éxito, pese ao mal tempo, da primeira convocatoria celebrada en setembro no entorno da área deportiva de Chan da Barcia. O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e membros da directiva do Moto Club Redondela analizaron nesta primeira xuntanza os pormenores organizativos deste evento que pretende xuntar no municipio aos amantes do mundo do motor sobre dúas rodas. Os membros do Moto Club Redondela agradeceronao alcalde, Andrés Díaz, a

colaboración do Concello de Ponte Caldelas nesta iniciativa e apostaron por conso-

lidala para que sexa unha cita obrigada no calendario moteiro non só da provincia

senón de toda Galicia ademais dun revulsivo para promocionar a Festa da Troita.


|Publicidade|

// Xaneiro 2016//13


|Ponte Caldelas|

14 //Xaneiro 2016 //

Ponte Caldelas levará a pleno este xoves uns orzamentos municipais de 3.750.000 euros Parte co compromiso de reducir a débeda por debaixo dos 700.000 € sin pedir créditos e sin subir nin taxas nen impostos

O equipo de goberno de Ponte Caldelas, que lidera o socialista Andrés Díaz, someterá a Pleno o vindeiro xoves o seu primeiro orzamento municipal da lexislatura que acadará unha cifra de uns 3.750.000 euros, ao sumarlle os 496.000 euros que aporta a Deputación Provincial, e que foi cualificado polo alcalde como “o de maior contido social da historia recente do municipio”. Andrés Díaz basea a súa afirmación en que destinarán este ano un 25% máis ao apartado de emerxencia social subindo a cifra ata os 20.000 euros e o capítulo destinado ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) estará dotado con 40.000 euros máis que o exercizo pasado debido á gran

demanda detectada o pasado ano polas responsables dos Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas. Asemade o alcalde sinalou que estes orzamentos parten co compromiso firme de reducir a elevada débeda do Concello de Ponte Caldelas ata situala por debaixo dos 700.000 euros a final de ano dentro dos esforzos que levará a cabo o equipo de goberno para tentar conseguir ao final da lexislatura o déficit cero nas arcas municipais sin incrementar as taxas nin os impostos. “Están feitos desde unha visión prudente en canto aos ingresos e moi rigurosos no referente aos gastos facendo para elo un exercizo de eficiencia no aproveitamento

dos recursos e das posibilidades coas que conta o Concello. Estas contas, elaboradas de xeito colectivo polos tres grupos que compoñen o equipo de goberno (PSdeG-PSOE, AVP e BNG), están feitas pensando nas persoas e nas demandas plantexadas polos veciños de aí que teñan un claro sesgo social, para axudar aos que máis o precisan, e a potenciar políticas de mellora da calidade de vida e a iniciativas culturais descentralizadas para que cheguen a todos e cada uns dos lugares do noso municipio”, informou o alcalde. Estes orzamentos verán incrementado o volume investidor con respecto ao ano pasado, subindo de 193.000 a 389.000 o apartado destinado a investimentos que irán destinadas, fundamentalmente, a atender as demandas plantexadas polos veciños nas asembleas realizadas para recoller as propostas dos 32 lugares que compoñen o municipio. Así, haberá un plan de reposición de pavimento e muros de contención, cun orzamento que superará os 100.000 euros e tamén un incremento 20% destinado a compra de material “para atender pequenas obras e re-

paracións reclamadas nestas xuntanzas e que sempre quedaban non tinteiro, sin atender, porque o anterior goberno as desprezaba por ser de carácter menor, pero que nós somos conscientes da importancia que teñen para os veciños afectados, como losetas levantadas, augas que se empozan, sumidoiros que reparar, etc.”, indicou Andrés Díaz. Tamén se acometerán melloras que favorezan a eficiencia enerxética para baixar considerablemente o gasto por consumo eléctrico no alumeado público, arranxos en parques públicos, incorporación dun número reducido de vivendas da Reigosa que quedaron fóra do sistema actual de alcantarillado, contratación de 14 persoas dentro dos Plans de Emprego da Deputación e outras 5 a través da Xunta polo Risga. Por outra banda, o orzamento reforza o capítulo destinado a cultura e promoción turística de Ponte Caldelas que xirarán, básicamente, en torno a un plan cultural novidoso que terá como eixo a descentralización da actividade cultural no maior número de lugares posibles do municipio “e non só no centro da vila como se

viña facendo. Queremos dinamizar os centros culturais que están pechados cun ambicioso proxecto que precisará da colaboración cidadá e da implicación dos veciños e das veciñas para que redunde no seu beneficio”, aclaró Díaz. En canto á promoción de Ponte Caldelas como destino turístico, o alcalde referiuse á partida orientada á creación do primeiro sendeiro azul ligado á primeira praia fluvial de España co distintivo europeo de Bandeira Azul así como a unha serie de circuítos de sendeirismo entrelazados que terán como punto de partida a propia praia fluvial ou o Balneario. Para iso levarán a cabo labores de limpeza e sinalización dos carreiros así como unha adecuada promoción. Finalmente, o equipo de goberno anunciou que queda aberta unha partida destinada ao ximnasio e comedor do colexio da Reigosa que está pendente da decisión que neste sentido tomen os responsables da Consellería de Educación para concretar o nivel de implicación e compromiso orzamentario do que deberá facer uso o propio Concello de Ponte Caldelas.

O alcalde de Ponte Caldelas asistiu a unha obra de teatro sobre a reciclaxe

“A Fada Diana no bosque musical” foi financiada polo Concello para que pudera ser vista polos alumnos de tódolos centros educativos de infantil e primeria do municipio O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, asistiu á obra de teatro bilingüe, en galego e en inglés, titulada “A Fada Diana no bosque musical”, representada no salón de actos do colexio Cordo Boullosapara os alumnos de tódolos centros educativos de infantil e primaria do municipio, o da Reigosa e o do centro da vila, e que foi financiada polo Concello. Esta obra pretende concienciar aos máis pequenos da

casa da necesidade de separar e reciclar o lixo e de preservar o entorno natural que nos arrodea. A sinopsexira en torno a un mundo máxico onde Xúpiter quere destruir o planeta porque a malvada Bruxa Contaminación induce aos humanos a enchelo todo de lixo. Por iso a Fada Diana comprométese a limpalo todo, aínda que Xúpiter só cesará na súa destrución se Diana consegue salvar a Flora, unha flor que esta me-

dio murcha. A través de cancións e a complicidade dos cativos a Fada Diana deberá salvar o planeta a través da fantasía e dos bossentimentos fomentando valores como a diversidade, a familia, a solidariedade, o compañeirismo e a saúde medioambiental. Con esta iniciativa o novo equipo de gobernoquereachegar o entretemento formativo aosnenos e nenas ao tempo que colabora nasta-

refas educativas,en galego e inglés, deseñadas polos profesionais e ensinantescunha

participación activa dos cativos a través do xogo, a diversión e a aprendizaxe.


|Ponte Caldelas|

//Xaneiro 2016 //15

Ponte Caldelas acolleu a entrega de premios do XXIII Campionato Provincial de Caza de Raposo

>> O alcalde Andrés Díaz entregou o galardonao equipo de Silleda que resultou gañador nunha proba que contou con máis de 350 participantes das distintas comarcas que compoñen a provincia de Pontevedra << O pavillón municipal de deportes de Ponte Caldelas acolleu o xantar de confraternidade e a entrega de premios do XXIII Campionato Provincial de Caza do Raposo celebrado nos montes de Cotobade, A Lama, Fornelos e Ponte Caldelas e que foigañado polo equipo de Silleda. O acto de entrega dos galardóns contou coa presenza do

alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira así como varios directivos federativos, entre eles Francisco Couselo Castiñeira, presidente da FGC na provincia de Pontevedra. O campeonato desafiou ao mal tempo e desenrolouse nos montes dos concellos de Cotobade, A Lama, Forne-

los e Ponte Caldelas e participaron arredor de 350 persoas que disfrutaron dunha xornada cinexética e gastronómica, así como de un bo ambiente de camaradería e bo humor. O xantartamén estivo amenizado por un grupo folclórico que interpretou varias pezas coñecidas da música galega que foron animando a sobremesa ata a entrega

de premios. O equipo gañador absoluto foi o composto polos cazadores de Silleda, en segundo lugar clasificouse o de Cotobade, en terceiro os de Armenteira e en cuarta posición remataron os Colegas de Lalín. O encargado de animar a entrega de premios foi o xornalista cinexético Luis Macías quenagradeceu en nome da Federación Galega de Caza e dos organizado-

res a colaboración do Concello de Ponte Caldelas. O alcalde Andrés Díaz tomou a palabra para sinalar que este municipio está aberto á participación harmónica e sostible do disfrute do monte co respecto polo medio ambiente e sinalou que os cazadores son os primeiros interesados en que os montes e a natureza gocen da mellor das saúdes posibles para garantir a súa conservación e disfrute.

Entreganse a Cáritas os fondos, xoguetes e material recadadosnoFestivalSolidarioenaFeiradeArtesanía

[O acto asistiron o alcalde Andrés Díaz, o tenente de alcalde do BNG, Lito Muíños, e os concelleiros socialistas Enrique Vidal e Pilar Coutoademais da organizadora, Adriana García, e o responsable de Cáritas na localidade, Manuel Lois] A monitora de Zumba Adriana García Nascimento, en calidade de organizadora do

Festival Solidario e da Feira de Artesanía celebrados recentemente en Ponte Cal-

delas, fixo entrega dos fondos recollidos, así como dos xoguetes e material escolar

recadados durante o desenrolo desta actividade músicofestiva que tivo como escenario o pavillón municipal de deportes de Ponte Caldelas. O acto de entrega, celebrado no Consistorio, contou coa presenza do alcalde, Andrés Díaz, os tenentes de alcalde do PSdeG-PSOE, Enrique Vidal, e do BNG, Lito Muíños, a concelleira socialista, Pilar Couto, así como pola propia organizadora, Adriana García, e o responsable local da ONG Cáritas Interparroquial, Manuel Lois. Tanto o alcalde como o responsable de Cáritas agradeceron o esforzo organizativo de Adriana García así como as doazóns realizadas polo público asistente a un evento que tivo unha duración maratoniana de once horas

ininterrumpidas. O Festival Solidario contou coa colaboración especial de agrupacións folclóricas da zona como Os Coribantes de Buchabade, Os Catro Ventos ou Laranxada de Limón, así como os alumnos do IES Ponte Caldelas que puxeron en escena varias coreografías preparadas para a ocasión. Durante toda a xornada estiveron instalados a pé de pista varios postos de artesáns que contribuíron a ofrecer aos asistentes pezas únicas realizadas por eles coas súas propias mans, a uns presos especiais para a ocasión. A xornada rematou cunha master class de Zumba Fitness e Djembele cunha exhibición de bailes latinos a cargo de Jane Zouk e Luizinho Astral Lambazouk.


|Forcarei/Barro/Meis/Lalín|

16 //Xaneiro 2016 //

Cores Tourís visitou Forcarei para avanzar a nova liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental [O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que este muncipio é o concello con maior número de aeroxeneradores da provincia] O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de Forcarei para anunciar públicamente a nova liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental publicada recentemente no DOG e que conta cunha asignación de 11 millóns de euros. Tal e como lle explicou o delegado territorial á alcaldesa da localidade, Belén Cachafeiro, o anuncio da apertura desta liña de axudas “realízo aneste concello xa que se trata do que máis número de aeroxeneradores ten de toda a nosa provincia, en total 95”. Cores Tourís destacou que o pasado 28 de decembro publicouse a nova orde que expón os requisitos e criterios de repartición das subvencións da liña en concorrencia non competitiva e competitiva do ondo de Compensación Ambiental para o 2016. “A asignación inicial do FCA para o 2016 é de 11 millóns de euros”, explicou o delegado territorial, “6,6 en concorrencia non competitiva e 1,5 en competitiva, ademais de outros 3 millóns para actuacións específicas de protección do ambiente, incluídas aquelas que teñan por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco”. Neste sentido, Cores Tourís recordou que a convocatoria

de 2015 supuxo un investimento nesta provincia de 1,2 millóns dos cales 829.000 euros corresponderon á liña non competitiva e 400.000 á competitiva. O responsable territorial da Xunta recordou que este tipo de axudas representan un beneficio para os seus cidadáns, xa que subvencionan iniciativas de mellora do entorno e conservación do medio ambiente; e contribúeao reequilibrio territorial, posto que a meirande parte dos beneficiarios, un 99%, son concellos pequenos e do interior, como é o caso de Forcarei. E aproveitando este anuncio, o delegado analizou coa alcaldesa da localidade as obras realizadas ao abeiro deste Fondo, e que permiti-

ron executar o saneamento do lugar de Guisande, na parroquia de San Miguel de Presqueiras. En concreto, destináronse 155.000 euros para a mellora do saneamento do núcleo rural de Guisade, en San Miguel de Presqueiras. Esta obra permitiu definir unha rede de saneamento neste núcleo que evacúa as augas residuais xeradas neste lugar cara a un punto de vertido, que neste caso é conexión cun punto intermedio nun dos pozos existentes na rede de Outeiro, “que xa se atopa conectada a unha estación depuradora situada á saída do núcleo nesta mesma parroquia, á marxe dereita do vial de Outeiro a San Miguel”, explicou Cachafeiros. Deste xeito, a obra de sanea-

mento creou a servidume de mantemento na rede de canalización de augas residuais, composta de condutos e pozos, nas propiedades nas que se traza ésta, e que, neste caso, descorren en xeral por viais públicos. Para a execución dos traballos, escaváronse os terreos, cortouse o pavimento e realizáronse foxos en terreos compactos, recheando os mesmos con material seleccionado en capas de ata 25 cm de grosor. Instaláronse canalizacións de saneamento de PVC con diámetros de entre 200 mm e 315 mm e creouse un pozo de rexistro circular, repoñéndose o firme flexible para calzada de tráfico medio. Pola súa banda, Cores Tourís lembrou que o Fondo pro-

cede do canon eólico e leva xa seis anos, contando co 2016 que comeza, beneficiando aos concellos galegos con explotacións eólicas a través de pequenas obras, pero moi necesarias para acceder a servizos que antes non existían. O Fondo de Compensación Ambiental foi unha iniciativa posta en marcha en 2010 polo Goberno galego que permitiu por vez primeira aos concellos galegos beneficiarse directamente da explotación de enerxía eólica en Galicia; posto que se financia a través do canon eólico. “Esta liña de axudas permite aos concellos sufragar actuacións que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego”, engadiu Cores Tourís. Dende que se puxeron en marchas as axudas, máis de 220 concellos de toda Galicia se teñen beneficiado delas; permitindo que os cidadáns sexan beneficiarios directos das explotacións eólicas, cun investimento global de máis de 40 millóns de euros.. Ademais, este Fondo reflicte o compromiso da Xunta: co medio ambiente -está dirixido a actuacións ambientais-, coas facendas locais, xa que representa un importante ingreso para as arcas municipais; e por último co reequilibrio territorial, xa que a maioría dos concellos beneficiados atópanse en zonas rurais do interior de Galicia.

Campaña para promocionar os viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín >>A comisión de selección aprobou a ocupación de espazos de tres empresas en Lalín e unha para Barro-Meis<< A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a posta en marcha dunha campaña de información sobre as dispoñibilidades dos dous viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín. Silva fixo estas declaracións, en rolda de prensa, antes da comisión de selección dos

proxectos de ambos viveiros recordando que a intención da Deputación é que ambos centros acaden o cheo absoluto “usando as pemes e os autónomos a totalidade dos espazos dispoñibles”. En concreto, o viveiro de Barro-Meis recibiu unha solicitude para ocupar unha das

naves con oficina por parte da empresa “Eurotec Inspección S.L.”. O viveiro de empresas de Barro-Meis oferta 16 naves, cunha superficie variable entre os 54 e os 110 metros cadrados; 24 oficinas cunha superficie entre os 18 e os 25 metros cadrados; e tres espazos cowor-

king de 37 metros cadrados cunha capacidade para 12 postos. No que respecta ao viveiro de Lalín aprobáronse as tres peticións recibidas de oficinas para as empresas “Kuzunguka APP Developers”, “Stoutic Computing Technologies S.L.” e “Inés Ferreiroa Lou-

zao”. Neste viveiro de empresas de Lalín ofértanse tres naves cunha superficie de entre 141 e 142 metros cadrados; cinco oficinas cunha superficie entre 16 e 18 metros cadrados; e un espazo de coworking de 92,10 metros cadrados para 16 postos.


|Publicidade|

// Xaneiro 2016//17


|Lalín|

18 //Xaneiro 2016 //

Cinco candidaturas optan ao premio aldea singular que se entregará o 31 de xaneiro >>O galardón recoñecerá a aquel núcleo rural que máis destaque polo coidado dos seus espazos así como polo seu dinamismo social<< Cinco núcleos rurais do concello de Lalín optarán a facerse coa primeira edición dos premios Aldea Singular, que puxo en marcha o Goberno local e que está dotado cun premio de 15.000 euros para a candidatura gañadora. En concreto, presentaron as súas propostas as aldeas de Xaxán, Doade, Soutolongo, Losón e a Xesta. Este galardón pretende recoñecer a aquela aldea ou parroquia do concello que máis destaque na defensa e conservación da súa contorna natural, ambiental, do seu patrimonio histórico, cul-

tural ou artístico, así como en iniciativas de impulso económico, social, cultural, integración veciñal etc. A aldea gañadora deberá investir o importe do premio en actuacións que redunden beneficiosamente ao conxunto de veciños e sempre sobre terreos e espazos de dominio público. Así, os investimentos deberán estar relacionados con obras de construción ou rehabilitación, limpeza, sinalización, recuperación de espazos, mellora de alumeado público ou aforro enerxético, melloras e/ou construcións de saneamen-

tos, canalizacións etc. O xurado que valorará os proxectos presentados reunirase nas primeiras semanas de xaneiro e emitirá o seu fallo o día 15 do mesmo mes, coincidindo co inicio das actividades da Feira do Cocido. Estará conformado polos concelleiros delegados de Urbanismo, Facenda, Rural, Cultura, ademais de por un técnico de urbanismo, un experto en arquitectura e urbanismo, un experto medio ambiental e un artista de relevancia cultural. Este tribunal valorará a conservación urbanística

e arquitectónica de cada candidatura, a súa integración na paisaxe e o coidado dos seus valores naturais, sen esquecerse da súa actividade sociocultural e do proxecto de actuacións presentado. O premio Aldea Singular está recollido no pacto de goberno dentro das medidas de promoción e recuperación do rural, unha das prioridades que se marcou o executivo para este mandato. Así mesmo, este recoñecemento encáixase nas actividades relacionadas coa Feira do Cocido, de modo que tamén se contri-

búe a impulsar o festexo gastronómica. O Goberno local quere expresar o seu agradecemento polo esforzo e a colaboración de todas as parroquias que participan na primeira edición dos premios Aldea Singular, tendo en conta o pouco tempo que houbo para organizalos e as dificultades que atesouran sempre as primeiras veces. A intención do executivo e consolidar e reforzar estes recoñecementos de cara a próximas edicións, como exemplo de aposta do Concello para que o rural de Lalín sexa vivo, dinámico e exemplar

Traslado de pezas arqueolóxicas ao Centro de Xestión da Cultura Castrexa do Pazo de Liñares [Máis de 140.000 restos atopados nos 18 xacementos da provincia foron enviadas hoxe dende o Museo de Pontevedra ate as instalacións de Lalín]

Máis de 140.000 pezas atopadas nos xacementos castrexos da provincia chegaron ao Pazo de Liñares en Lalín para comezar os traballos de tratamento para a súa limpeza, restauración e posterior catalogación, co que ponse en marcha as instalacións do Centro de Xestión da Cultura Castrexa localizado na capital do Deza. Deste xeito empeza a funcionar as instalacións deste Centro da Xestión e do seu laboratorio de investigación

arqueolóxica do Pazo de Liñares onde van traballar entre dous e oito arqueólogos e restauradores, para a tratamento e clasificación das pezas e restos atopados nos asentamentos castrexos de toda a provincia. Como se recordará a Deputación de Pontevedra ven desenrolando escavacións en 18 castros e asentamentos da Idade do Ferro localizados na provincia, no que se atoparon centos de miles de pezas que teñen que ser tra-

tadas e catalogadas, traballo para o cal se conta coa nova infraestrutura do Pazo de Liñares, que tras solucionar os últimos problemas estruturais ponse en marcha. Ate de agora estes restos estaban depositados no Museo de Pontevedra. En principio, a maioría destas cento cuarenta mil pezas que hoxe trasladáronse ao Pazo de Liñares proceden dos asentamentos de Monte do Castro en Ribadumia e de A Lanzada en Sanxenxo, aínda que deberán recibir todos aqueles restos que podan aparecer nos 18 asentamentos que a Deputación de Pontevedra ven de escavar tras o convenio co Ministerio de Fomento. Precisamente neste momento está en marcha a licitación do concurso para a posta en valor, acondicionamento e señalética destes 18 xacementos de toda a provincia. En concreto, trátase dos castros de San Tegra (A Guarda); Alobre (Vilagar-

cía); Facho de Donón (Cangas); A Lanzada (Sanxenxo); Porta de Arcos (Rodeiro); Mercado dos Mouros (Valga); Igrexa Vella (Valga); Monte do Castro (Ribadumia); Adro Vello ( O Grove); Castro de Troña (Ponteareas); A Cabeziña (Oia); Castrolandín ( Cuntis); Alto da Cruz do Castro (Cotobade); Catro de Subidá (Marín); Castro de Toiriz (Silleda); Coto de Altamira (As Neves); Alto dos Cubos (Tui) e Castro de Penalba (Campo Lameiro).

Neste Centro de Xestión e no seu laboratorio arqueolóxico preténdese que tamén podan desenvolver o seu traballo persoal de outras institucións e incluso abrilo a estudantes en prácticas de restauración. Ademais, pretende ser unha instalación aberta á divulgación da vida castrexa para o que conta cunha pequena sala de exposicións que poderá acoller pequenas mostras dos restos atopados nas escavacións dos castros da provincia.


|Lalín|

//Xaneiro 2016 // 19

Visita do alcalde de Lalín ao lugar da Laxe, na parroquia de Bendoiro Visita do alcalde de La-

lín ao lugar da Laxe, na parroquia de Bendoiro, para comprobar sobre o terreo os problemas que está a causar o desbordamento do regato Mosqueiros.

R afael Cuíñareuniuse con

algúns dos veciños afectados polos asolagamentos que, en

ocasións, na época de choivas chegan a afectar a alguna vivenda da zona ouao albergue de peregrinos.

O rexedo rcomprometeuse

cos afectados a que o Concello emprenderá e axilizará todas as xestións necesarias para solventar este problema no menor prazo de tempo posible. Cuíña lamentou “a

desidia do anterior Goberno con respecto a este problema, sobre o que non se fixo absolutamente nada a pesar de que se repite dende hai anos, e recordou que os técnicos municipais están a ultimar o informe técnico que se remitirá canto antes a Augas de Galicia -o organismo competente para autorizar a solución a este asunto.

As deficiencias en varias pistas veñen provocadas polos “arranxos chapuceiros do anterior goberno” >>O edil asegura que “dende o Concello se actuará sempre con sentido común e priorizando cada actuación para que non se produzan situacións semellantes á que agora temos que afrontar”<< Veciños de diferentes parroquias, entre elas Vilatuxe, fixeron públicas as súas queixas nos últimos días, debido ao rápido deterioro que se vén producindo en diferentes vieiros do rural arranxados na última etapa do anterior goberno. Tras efectuar as correspondentes supervisións, o conce-

lleiro de Rural, Miguel Medela, asegurou que os problemas detectados no firme veñen provocados polos “arranxos chapuceiros do PP”. O edil asegura que “co obxectivo de obter réditos electorais, o anterior e xecutivo asfaltou a toda présa e ‘chafalleiramente’ unha chea de pistas, sen ter en conta nin sequera se as

condicións eran as axeitadas para facelo”. “Todo o mundo sabe que as pavimentacións se deben realizar baixo as condicións climatolóxicas apropiadas” dixo, antes de engadir que “as pésimas planificacións do PP están provocando que levemos toda a lexislatura dedicando grandes esforzos a solucionar as desfeitas que

eles deixaron polo rural”. O concelleiro quixo deixar claro que a “actitude deste Goberno será totalmente diferente”. “Priorizaremos cada actuación e seguiremos falando moito cos veciños antes de executar calquera proxecto”. Referíndose ao arranxo de vieiros, Medela explicou que “traballaremos sempre con

sentido común, mirando polo ben dos veciños e afastándonos das políticas caciquís”. “Asfaltaremos as estradas do rural cando sexa necesario e cando o tempo sexa o adecuado, para que os resultados sexan óptimos e non nos volvamos ver en situacións como as que temos que afrontar agora”, finalizou.

Cuíña reitera o apoio ao comercio tras “os 25 anos de abandono do sector por parte do PP” [O rexedor agarda reverter esta situación cuns orzamentos que incrementan as partidas de apoio e de promoción do comercio de Lalín] O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, insistiu no decidido apoio do Goberno ao comercio local, tras “unha etapa nefasta de 25 anos de abandono do sector por parte do Partido Popular”. Ese abandono concretouse, durante a etapa do PP, “na total ausencia de plans de dinamización para o comercio, o que sumado á ausencia de accións para afrontar os efectos da crise derivou nunha alarmante cifra de peche de locais en Lalín, sobre todo na rúa Principal”. Agora, un dos principais obxectivos do Goberno local pasa por sentar as bases por reverter esta situación e adoptar as medidas preci-

sas que propicien que o sector recupere o seu esplendor pasado”. Desta maneira, os orzamentos do Concello para o vindeiro ano -que foron aprobados o pasado 11 de decembro- contemplan un incremento substancial das partidas destinadas ao apoio ao comercio e aos emprendedores. “Trátase”, afirma Cuíña, “de activar ese círculo virtuoso no que Lalín sexa de novo un lugar atractivo para investir, no que a xente volva as rúas -sobre todo coa peonalización- e no que o incremento de vendas no sector propicie máis demanda e, en consecuencia, a apertura de novos locais”.

O rexedor afirma ademais que “esta é unha folla de ruta na que cada unha das medidas se debate e se acorda cos propios representantes do sector”. As xuntanzas con membros da AED así como as reunións con representantes do comercio e a hostalería son constantes, o que debuxa un panorama de colaboración “moi afastado da actitude á que nos tiña afeitos o PP nesta materia”. “É ridículo que o Partido Popular non asistira a ningunha das reunións que se convocaron nos últimos meses para tratar diferentes asuntos cos comerciantes, mentres, ao mesmo tempo critican que non hai reu-

nións, o que é completamente falso, como ratificou onte mesmo a AED”. “O peor”, segundo Cuíña, “é que no canto de apostar polo comercio, como estamos a facer nós, o PP dedicábase a gastar inxentes cantidades de cartos públicos polas desfeitas do Goberno do señor Crespo na xestión do parking Europa”. Neste sentido, os datos son claros: o Concello tivo que facer fronte o pasado mes de xaneiro a unha factura de 24.931,20 euros por servizos xurídicos externos e a outra este pasado 28 de decembro por valor de 35,985,60 euros e polo mesmo concepto. En total máis de 60 mil euros que

sen dúbida os comerciantes estarían encantados de utilizar para promocionar e revitalizar un sector que “o PP se empeñou en deixar morrer durante anos”. Para rematar, o alcalde amósase preocupado pola deixación de funcións do PP neste e noutros asuntos que afectan ao interese xeral de Lalín. “Se o mirase dende o punto de vista egoísta, debería estar contento con esta oposición de perfil baixo tirando a nulo, pero non é a que merece unha vila como Lalín, que leva anos sufrindo as consecuencias da incompetencia dos políticos do antigo réxime do Partido Popular”.


| Mondariz/Ponteareas|

20 //Xaneiro 2016 //

Mondariz pide a Augas de Galicia a urxente reparación da Senda do Tea O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín acompañado pola segunda tenente de alcalde, MarinaAlfaro, reunironse co director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez e co subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, Roberto Arias Sánchez para estudar as medidas a desenvolver de cara a reparar a Senda do Tea, que sufriu graves danos coas últimas enchentes. O rexedor municipal trasladoulle ao responsable de Augas de Galicia a situación actual da Senda do Tea logo das

últimas tormentas e a imposibilidade, por parte do Concello, de acometer as obras de reparación con fondos propios. Incidiu Xoán Carlos Montes na necesidade de adoptar “as medidas necesarias que eviten que unha situación como

esta volva a repetirse” e matizou que podería non ser preciso “devolver a Senda do Tea ao estado no que estaba antes das enchentes”, e explicou a posibilidade de acadar “unha solución, medioambientalmente sostible e que perdura-

se no tempo”. Dese xeito, asegurou o alcalde de Mondariz, “se estarían aforrando recursos ao non ter que estar efectuando continuas reparacións cando as condicións metereolóxicas sexan adversas”. Montes quixo salientar “a enorme receptividade con que acolleron as propostas tanto Roberto Rodríguez como Roberto Arias”, froito desa receptividade é un primeiro acordo polo que se elaborará un proxecto, para a Senda do Tea, entre unha técnica do Concello de Mondariz e técnicos de Augas de Galicia”.

O alcalde mondaricense quixo agradecer, aos responsables de Augas de Galicia, “a sensibilidade amosada neste tema que para Mondariz ten unha extraordinaria importancia”. Non se pode esquecer, asegurou Xoan Carlos Montes Bugarín, que Mondariz “ten un extraordinario patrimonio natural que hai que conservar e poñer en valor”, non só pola súa importancia no que ao medioambiente fai referencia, “senón tamén pola súa potencialidade cara a converter a Mondariz nun dos lugares de referencia de Turismo Natural do sur de Pontevedra”.

Ponteareas renova o convenio do Parque Municipal de Bombeiros até 2018

>> O Consello da Xunta vén a aprobar a prórroga cunaporte económico de 125.000 euros anuais, o mesmo que no anterior convenio <<

O Concello de Ponteareas vén de recibir o convenio asinado entre a Xunta de Galicia, as Deputacións Provinciais e a Federación Galega de Municipios e Pro-

vincias polo que se renova o aporte económico destinado a financiar o Parque de Bombeiros de Ponteareas, que contará con 100.000 euros anuais procedentes da

Xunta de Galicia e 25.000 euros anuais da Deputación de Pontevedra até o ano 2018, inclusive. Tanto o alcalde, Xosé Represas, como a concelleira

de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, salientan que “se trata da mesma cantidade disposta no anterior convenio para un servizo que precisa máis efectivos dos que ten na actualidade”. Neste senso, ámbolos dous edís lembraron que tanto o “Concello como a Deputación de Pontevedra están de acordo en incluír a Ponteareas no Consorcio Provincial de Bombeiros, creando unha segunda sede do Parque Comarcal do Porriño situada na vila do Tea, de xeitoque permita dar un servizo mellor e máis profesional ao noso municipio e

tamén ao resto de concellos pertencentes ás comarcas do Condado e A Paradanta”. Vanesa Fernández lembrou que “son 7 os concellos que, ademais de Ponteareas, son atendidos polo noso Corpo Municipal de Bombeiros. As limitacións económicas coas que conta esta administración son máis que coñecidas, polo que precisamos que a Xunta de Galicia traballe conxuntamente co Concello e a Deputación para incluír a Ponteareas na rede de parques comarcais e así garantir que se presta un servizo da máxima calidade”.

Ponteareas optará ás axudas do Programa EDUSI A corporación do Concello de Ponteareas vén de aprobar por maioría (todos os grupos votaron a favor a excepción do PP, que se abstivo) durante a sesión plenaria extraordinaria celebrada o pasado luns, 11 de xaneiro, presentar a candidatura para optar ás axudas que o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través

do Ministerio de Fomento, disporá para aplicar accións relacionadas co desenvolvemento urbano sostible e integrado. A EDUSI de Ponteareas (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado), presentará un orzamento de 6.250.000 euros. A axuda solicitada dos fondos FEDER ascende a 5.000.000

de euros, o máximo ao que se pode optar. O Concello comprométese, no caso de ser concedida a subvención, a aportar os 1.250.000 euros restantes no período que vai dende o presente ano 2016 até o vindeiro ano 2020. A estratexia"Ponteareas, H á b i t a t Saludable"desenvolverá no caso de recibir a menciona-

da subvención está articulada en catro grandes eixos: tecnoloxías da información, economía baixa en carbono, protección do medio ambiente e inclusión social e redución da pobreza. Trátase dunha oportunidade para que “Ponteareas logre unha cidade saudable, sustentable e inclusiva no horizonte 2020. O obxectivo

é poñer en marcha medidas relacionadas co fomento de emprego, coa modernización da administración, co acceso ás novas tecnoloxías da información, coa eficiencia enerxética, coa promoción da paisaxe cultural e do patrimonio inmaterial e coa inclusión dos colectivos menos favorecidos”, sinalou o alcalde, Xosé Represas.


|Ponteareas|

// Xaneiro 2016//21

A Policía Local xa dispón dunha nova motocicleta

>> A concelleira de Seguridade recolleu o vehículo en Pontevedra e asinou a acta de cesión en propiedade por parte da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza << A Policía Local de Ponteareas xa ten a súa disposición unha nova motocicleta de 47 cabalos de potencia e 660 centímetros de cilindrada. Trátase dunha adxudicación que a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza fixo ao Concello de Ponteareas no abeiro da convocatoria de subvencións para o ano 2015 para a asignación de vehículos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con corpo de Policía Local. A edil de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, recolleu o vehículo acompañada de dous axentes municipais

no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en

Campolongo, Pontevedra, lugar onde tivo lugar a si-

natura da acta de cesión en propiedade da motocicleta

por parte da propia Fernández e da secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Beatriz Cuiña. A concelleira ponteareá incidiu na necesidade de “dotar de máis medios a corpos de Policía Local, que fan un labor importantísimo, aspiran a menos subvencións que outros servizos municipais e contan, no caso de Ponteareas, con menos recursos económicos propios para sufragar a súa correcta actividade que Concellos máis grandes, o cal non quita que non estean prestando un servizo a unha poboación moi importante en número, pois o noso municipio conta na actualidade con máis de 23.000 veciños e veciñas”.

A OMIC de Ponteareas consegue a devolución de case 38.000 euros por parte de Cide HC Energía

>>A concelleira de Urbanismo, Chus Garrote, recorda que o goberno municipal “é plenamente consciente dos prazos administrativos” e mantén o compromiso de “presentar o documento no pleno a finais deste ano”<<

Un total de 37.984 euros. Esa é a cantidade que a comercializadora de enerxía Cide HC Energía deberá devolver a case 3.000 clientes por cobrarlles, durante máis de tres anos, unha cantidade engadida nas facturas non domiciliadas pola inclusión dunha nova cláusula abusiva non contemplada no contrato cos clientes. As primeiras reclamacións

de particulares que se viron afectados por este cobro chegaron á OMIC de Ponteareas a finais doano 2011. Foi entón cando a Oficina Municipal de Información ao Consumidor comezou a traballar,mediando coa empresa con cada unha das reclamacións co fin de que eliminase esa cláusula abusiva, deixase de cobrala e devolveseo cobrado aos consumidores ata ese momento.

Como a empresa se negou a resolver as reclamacións de xeito amigable, a responsable da oficina tivo que poñer ditas reclamacións en coñecemento do organismo superior en materia de consumo, o Instituto Galego de Consumo da Xunta de Galicia.Este organismo acreditou a ilegalidade desta cláusula, polo que, por parte do Instituto abríronse varios expedientes sancionadores.

Como as sancións que impón a Xunta de Galicia á comercializadora a través do Instituto Galego de Consumo non resarcen aos clientes, a propia O.M.I.C. puxo en coñecemento do Ministerio Fiscal (Fiscal de Consumidores) a situación que os veciños de Ponteareas estaban a sufrir coa esta comercializadora de enerxía. O Ministerio Fiscal, apreciando o mesmo que os or-

ganismos anteriores, decide tomar medidas e presentar unha demanda contra a empresa en defensa dos consumidores no Xulgado de Mercantil 1 de Pontevedra. A comercializadora, unha vez tivo coñecemento da demanda, chegou a un acordo co Ministerio Fiscal co fin de devolver aos clientes o cobrado polo concepto reclamado máis o IVE correspondente.

O Concello informa da convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega O prazo para poder inscribirse nas probas para a obtención do certificado que acredite o coñecemento da lingua galega rematará o día 8 de febreiro de 2016 O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura e Lecer, Normalización Lingüística e Turismo, que dirixe Hortensia Bautista Fernández, quere informar da convocatoria

da Secretaría Xeral de Política Lingüística das probas oficiais para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga). O prazo para poder inscribirse nas probas para a obtención do certificado que acredite o coñecemento da

lingua galega rematará o día 8 de febreiro de 2016 e a realización das probas terá lugar os días 2,3,9 e 10 de abril de 2016. Todas aquelas persoas interesadas na realización destas probas poden dirixirse ao Servizo Municipal de

Normalización Lingüística, situado no segundo andar da Casa do Concello, onde recibirán información, asesoramento, poderán recoller a solicitude e o impreso de taxas, ademais de recibir información sobre todos aqueles aspectos

relacionados coa obtención dos certificados de lingua galega (Celga). Igualmente, poderán consultar todos os aspectos relacionados con esta convocatoria na páxina web do Concello de Ponteareas a través desta ligazón.


| Ponteareas|

22 //Xaneiro 2016 //

Represas “orzamentos están xa elaborados e pendentes dos informes e trámites legais”

>>Tentará consensualos coa maioría da Corporación, pero lembra que a lei lle permite aprobalos en Xunta de Goberno se o pleno os rexeita<< O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, saíu ao paso das críticas do Partido Popular en relación co retraso na aprobación dos orzamentos.Represas explicou que “os presupostos están rematados no que ao goberno local compete e entregados ao departamento económico do Concello. Unha vez estean formados con todos os seus documentos e informes negociare-

mos co resto dos grupos para lograr o máis amplo apoio posíbel”. O alcalde indicou que “os servizos económicos do Concello non puideron rematar aínda o seu traballo respecto aos presupostos porque seguen tentando poñer orde no desbaraxuste económico e contábel deixado polo PP e incorporando as débedas e reclamacións que deixaron nos

caixóns, pero en días ou, ao sumo, en semanas, teremos xa os orzamentos informados”. O alcalde indicou que “a nosa prioridade é aprobar os orzamentos co máximo apoio no Pleno”. Pero lembrou que “coa redacción actual da lei, no caso de que non saian adiante no Pleno, aprobarémolos en Xunta de Goberno, porque Ponteareas non pode seguir sen

presupostos un ano máis”. Represas lembrou ao PP que “se non hai orzamentos non é por falta de apoios, pois incluso podemos aprobalos en Xunta de Goberno” e cualificou de “chiste” que o Partido Popular “critique o retraso de 15 días cando o anterior goberno deixou a Ponteareas sen orzamentos dende 2010. No anterior mandato iniciado en 2011 Solla non foi

capaz de aprobar os orzamentos de ningún ano. Nós aprobarémolo no primeiro” remachou Represas. O rexedor ponteareán explicou que “dende xuño as nosas principais prioridades foron sacar adiante o PXOM e os orzamentos e en breve lograremos eses dous obxectivos fundamental para sacar a Ponteareas do pozo onde o deixou o Partido Popular”.

A moción relativa á Área Metropolitana foi aprobada sen votos en contra >>A proposta presentada contaba co consenso previo acadado entre os grupos municipais do BNG, PSOE, e Mixto (A Riada do Tea e EU-Son) e foi aprobada en pleno coa abstención de PP e ACiP<< A sesión plenaria de ordinaria serviu para que a moción relacionada coa adhesión do Concello de Ponteareas á Área Metropolitana de Vigo, cuxo contido foi consensuado previamente polos grupos municipais de BNG, PSdGPSOE e Mixto (formado por A Riada do Tea e EU-Son), saíra adiante sen contabilizar ningún voto en contra, grazas aos votos a favor dos partidos previamente mencionados e á abstención dos grupos municipais de ACiP e do PP. O texto aprobado manifesta “a vontade do Concello de incorporarse á Área a partir do momento de constitución da mesma para participar dende o inicio na toma de decisións”. A proposta tamén recolle como unha das prioridades a incorporación ao transporte público na área metropolitana no menor prazo posible. Este documento, que lle será enviado de inmediato ao presidente da Xunta de Galicia, ao alcalde de Vigo e ao Director Xeral da Administración Local, especifica que Ponteareas “participará naqueles servizos da Área que lle sexan de inte-

rese, tomando as decisións que correspondan en cada caso”, así como a consideración de que “o financiamento debe realizarse en base aos habitantes de cada concello”. Xosé Represas, alcalde de Ponteareas, valorou “moi positivamente que a proposta saia do pleno sen votos desfavorables, pois permitirá defendela con máis forza diante das institucións competentes e amosa que todos os grupos da corporación valoran a importancia de adherirse a un ente supra municipal do que non podemos quedar marxinados”. A concelleira de Mobilidade, Vanesa Fernández, declarou “que este é un tren que Ponteareas non pode volver a perder e o novo goberno local garantirá que non se perda”. A revisión catastral, unánime A proposta do goberno na que se insta á Dirección Xeral do Catastro, dependente do Ministerio de Facenda, a realizar unha revisión e redución dos valores catastrais do municipio, foi aprobada por unanimidade.No caso de ser atendida a petición, o 1 de xaneiro de 2017

comezaría a aplicarse o correspondente coeficiente redutor aos bens inmobles do Concello de Ponteareas. A formulación da mesma basea o seu sentido en que “os actuais valores catastrais foron no ano 2009, momento no que se fixo a última revisión e no que se tomaron como referencia os prezos medios da vivenda nun momento no que as cifras eran moito máis elevadas que na actualidade como consecuencia da burbulla inmobiliaria”, sinalou Represas. Aquela revisión supuxo unha revalorización dos valores catastrais e provocou un elevado incremento sobre o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Coa nova revisión dos valores e a súa consecuente redución, “a factura que unha familia paga este ano 2016 polo Imposto de Bens Inmobles podería verse rebaixada entre un 10% e un 15% a partir do vindeiro ano 2017, segundo as cifras que estimamos dende o Concello”. Son compatibles Vanesa Fernández, concelleira de Seguridade Cidadá, Mobilidade e Sanidade; e Manuel Troncoso, conce-

lleiro de Servizos Sociais e Medio Rural teñen plena compatibilidade para exercer os seus labores de concelleiros con asignación a tempo parcial e as súas respectivas ocupacións profesionais, tamén na Administración Pública. O Partido Popular pediu unha comparecencia do concelleiro de Persoal ou do propio alcalde respecto da compatibilidade destes concelleiros para exercer como tales ademais de seguir desempeñando o seu labor como funcionarios noutras Administracións Públicas. As intervencións do alcalde, do concelleiro de Persoal, e dos propios Manuel Troncoso e Vanesa Fernández aclararon completamente a situación. A primeira dúbida que o grupo popular tiña é a seguinte: son postos compatibles? Segundo o artigo 5 da Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades de Persoal ao Servizo das Administracións Públicas, “os membros das corporacións locais, salvo que desempeñen nas mesmas cargos retribuídos en réxime de dedicación exclusiva,

poderán compatibilizar as súas actividades co desempeño dos cargos electivos”. Ademais a Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local establece que “nos supostos de membros da corporación local en situación de dedicación parcial poderanse percibir retribucións por tal dedicación, sempre que a desempeñen fóra da súa xornada de traballo na Administración”.É dicir, si son compatibles. A segunda dúbida era a seguinte: deben pedir permisopara compatibilizar as dúas actividades? Dado o exposto anteriormente e segundo o informe do asesor xurídico municipal, “non é necesaria a declaración de compatibilidade, respecto das actividades que os interesados realicen fóra do horario da súa dedicación, xa que a lei o que establece nestes casos de dedicación parcial, é unha incompatibilidade horaria, sen outro requisito”. Ámbolos dous concelleiros comunicaron , tal e como establece a normativa, o exercicio da súa actividade como edís nas súas respectivas administracións.


| Tui|

// Xaneiro 2016//23

Tui publica un díptico turístico sobre a Ruta Xudía da cidade A concellería de Turismo do Concello de Tui publicou un díptico turístico, cunha tirada de 2000 exemplares, con información sobre a Ruta Xudía da cidade. A comuna xudía medieval de Tui tivo unha gran importancia na cidade, deixando unha ampla herdanza cultural que fai de Tui o principal núcleo xudeu e xu-

deuconverso de Galicia. Asemade, a comunidade xudía tudense destacou pola súa integración, convivindo cos cristiáns sen que houbese conflictos durante a Idade Media. O exemplo máis importante desta integración está na Catedral de Tui, onde no claustro gótico se conserva gravada unha menorá ou candeeiro de sete brazos,

testemuña da cooperación da comunidade xudía co poder político e económico da cidade. Na portada do díptico pódese ver unha imaxe da cidade dende o río Miño e na contraportada, oito fotografías entre as que se atopa o Patio da Sinagoga, a Casa de Moisés e Aarón que data do século XV, a Casa de Salomón, a

Torre do Xudeu ou a menorá no claustro da Catedral. No interior do díptico está dispoñible un mapa da Ruta Xudía tudense, onde se sinalan os principais puntos de referencia do legado xudeu e unha ampla descrición de cada un dos elementos tanto do patrimonio relixioso coma civil. Os dípticos informativos, cunha tirada total de 2000

exemplares, estarán dispoñibles na Casa do Concello e na Oficina de Turismo de balde. Cómpre lembrar que Tui se suma dende hai uns anos no mes de setembro á celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía celebrando rutas guiadas e outras actividades entorno ao patrimonio xudeu da cidade.

Eurocidade Tui-Valença presentouse en FITUR coma destino único e privilexiado en España >> Durante 25 minutos expuxéronse as potencialidades das dúas cidades coa proxección dun vídeo e a intervención dos dous mandatarios << O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro convidou en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, en Madrid, a coñecer unha Eurocidade única en España. Coa súa intervención remataba a presentación da Eurocidade Tui-Valença baixo o titulo “Mil anos de historia”. Previamente interveu o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes. Gran expectación houbo ante este evento rea-

lizado no posto de Turgalicia e que contou coa presenza da directora xeral de Turismo, Nava Castro, e do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, amais do concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso e do vareador de Turismo de Valença, José Monte. A proxección dun vídeo no que se amosou o patrimonio cultural, natural, deportivo, gastronómico,.. tanto de Tui coma de Valença con “sécu-

los de memoria compartida” abriu esta presentación na que o Camiño de Santiago tivo tamén protagonismo ao ser a Valença o último punto en Portugal do Camiño Portugués e Tui a porta a entrada a Galicia do mesmo. As pontes internacionais, rúas comúns da Eurocidade, a Fortaleza de Valença, o Parque Natural do Monte Aloia, a gastronomía resaltaron en imaxes ao longo de sete minutos de proxección

a Tui e Valença coma un destino privilexiado. A continuación interveu o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, pechando o acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completando así os 25 minutos dos que dispuñan. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo unha valoración moi positiva desta presentación por ter a oportunidade dar a coñecer a marca de ca-

lidade da Eurocidade. Aproveitou para resaltar a riqueza patrimonial e natural das dúas cidade, facendo fincapé na diversidade de ocio ligada ao río Miño, a variedade da riqueza gastronómica e hostaleira. A presenza en FITUR é a primeira cita coas feiras de turismo que ten a Eurocidade, xa que no mes de marzo acudirá, con posto propio, á BTL que se celebra en Lisboa.

Celebraráse o desfile-concurso de Entroido o luns 8 de febreiro

O Concello de Tui vén de facer públicas as bases para participar no Desfile-concurso de Entroido que se celebrará na cidade o luns, 8 de febreiro. Precisamente a celebración en luns é unha das novidades que presenta este ano a convocatoria xunto á valoración no premio xeral da “actualidade” das propostas a concurso. Poderán participar tanto grupos coma a comparsas que presentar no Rexistro de Entrada da Casa do Concello de Tui o impreso normalizando o xoves 21 e o venres 22 deste mes de xaneiro en horario de 9 a 14h. Establécese un límite de participación a 18 comparsas e a 3 grupos, por orde de inscrición, coa salvidade de

que non quedará fóra ningún grupo ou comparsa de Tui. Os grupos deben ter un mínimo de 12 integrantes e un máximo de 20. Mentres as comparsas deben estar compostas por un mínimo de 25 persoas disfrazadas.

O desfile-concurso celebrarase o luns, 8 de febreiro, ás 17.30h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. En caso de choiva aprazaríase para o sábado 13 ás

17.30h. Amais o domingo 14 ás 19.30h sairá da Praza de San Fernando o Enterro do Bacallau no que deben participar os grupos e comparsas inscritos de rigoroso loito para poder facer efectivos os premios do concurso e as compensacións económicas. Así segundo o establecido nas bases desta actividade as comparsas tudense percibirán pola súa participación 250€ e 500€ se van acompañas de carroza, cifras que no caso de comparsas de fóra do municipio será de 125€ e 250€. No caso dos grupo os de Tui recibirán 100€ e 200€ se levan carroza, e os doutros concellos 20€ e 100€ respectivamente.

En canto aos premios establécense sete premios na categoría xeral na que o xurado valorará actualidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza. A contía dos premios oscilará entre os 700€ do primeiro clasificado e os 100 que percibirá o sétimo. En carrozas hai sete premios que oscilan entre 400€ e os 50€. Mentres en acompañamento musical establécense catro premios de 250€, 150€, 100 e 50€ e un en Fantasía dotado con 250€. As bases completas do desfileconcurso poden consultarse da web www.concellotui.org, e no taboleiro de anuncios do Concello de Tui e no departamento de Secretaría.


|Tui|

24 // Xaneiro 2016 //

Investiranse preto de 500 mil euros en diversas obras ao abeiro do Plan de Obras e Servizos da Deputación >> Melloras na pavimentación, sinalización e un parque infantil son algúns proxectos a executar. << O Concello de Tui anuncia que de xeito inmediato comezarán as obras dos proxectos aprobados ao abeiro do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación de Pontevedra de 2015 que suporán en conxunto un investimento de máis de 476 mil euros. Así por unha banda vai-

se acondicionar un parque infantil no Montiño en Rebordáns cun importe de 26.494,86 euros. En canto a pavimentacións no rural investiranse 52.744,66 euros para a mellora da pavimentación no lugar de Estrada, Randufe, 46.506,63 euros no lugar da Devesa en

Rebordáns, 28.897,98 euros en Outeiro, tamén en Randufe, 30.267,62 euros no acceso ao Monte das Penizas dende o Rapadouro, en Paramos, 37.345,62 euros para investir en melloras no lugar de Fonteseca, en Pexegueiro. Por outra parte tamén de xeito inmediato o Concello de

Tui comezará a construír un muro de contención no entorno das Instalacións Deportivas Álvarez Durán, paso previo para a colocación dun novo céspede, co que en conxunto se investirán 120 mil euros. Outros 105 mil euros deste plan provincial serán destinados á sinalización das parroquias e

lugares no termo municipal. Amais grazas ás baixas da adxudicación de obras da Deputación disporase de 29 mil euros para beirarrúas na Gándara en Guillarei, para o pintado de rúas no casco urbano, o asfaltado e pintado do arranxo da rotonda en Guillarei dirección Caldelas.

Tui foi o segundo punto a nivel nacional de saída de peregrinos a Santiago

Tui foi en 2015 o segundo punto a nivel nacional de saída de peregrinos cara Santiago de Compostela despois de Sarria. O ano pasado foron 13.799 as persoas que partiron de Tui cara Compostela segundo os datos da Oficina de Acollida ao Peregrino. Esta cifra supón 2.200 persoas máis que en 2014. Nos últimos anos o Camiño de Portugués

a Santiago ten rexistrado un notable incremento no número de camiñantes, e Tui, coma punto de entrada a Galicia deste traxecto ten experimentado un notable auxe pasando do décimo posto en 2005 con 2.533 peregrinos, o 2.70% do total, aos case 13.800 do ano pasado, que supuxeron o 5,26% do total Parte dos peregrinos que rea-

lizan o Camiño Portugués a Santiago achéganse ata a Oficina Municipal de Tui situada na Praza de San Fernando. Durante o 2015, entre os meses abril e decembro en que estivo aberta, esta Oficina atendeu a máis de 28 mil persoas. Deste total 19.883 foron turistas e 8.199 peregrinos, estes últimos representan o 29% das consultas. No que a turistas se refire a meirande parte deles, 17.989 eran españois principalmente de Madrid, Barcelona, Valencia e Vizcaya, mentres que os 1.894 restantes procedían de ata 46 países, sendo os máis numerosos de Portugal, Francia, Reino Unido e Alemaña. Mentres demandaron información 5.478 peregrinos estranxeiros de ata 64 nacionalidades, maioritariamente

de Portugal, Alemaña, Italia e Reino Unido. Tamén 2.721 peregrinos españois pasaron por esta oficina chegados principalmente de Madrid, Sevilla, Pontevedra e Barcelona. Agosto foi o mes en que maior número de consultas se realizaron na Oficina Municipal de Turismo. Foron 8.121 das que 5.945 foron realizadas por turistas nacionais, 482 por estranxeiros, 718 por peregrinos nacionais e 976 por peregrinos estranxeiros. Xullo foi o segundo mes no que máis persoas pasaron por este punto con 6.902 consultas. Mentres os meses de menor afluencia foron novembro con 653 persoas e decembro con 696. A estes datos hai que sumar ás máis de 3 mil persoas que se achegaron ao Punto de In-

formación Turística que este verán abriu na Praza da Inmaculada. Tendo en conta que as persoas que se achegan ata a Oficina de Turismo non o fan soas senón acompañadas cando menos doutra persoa máis, polo que se pode facer un cálculo de que máis de 100 mil persoas foron as que visitaron Tui durante o ano 2015. A Catedral de Tui e o Parque Natural do Monte Aloia puntos de interese Compre salientar tamén as boas cifras de visitantes de dous dos buques insignia da cidade coma son a Catedral de Tui, que de abril a xullo, computou máis de 35 mil visitas, e do Parque Natural do Monte Aloia por cuxo centro de visitantes pasaron máis de 10 mil persoas.


|Publicidade |

// Xaneiro 2016 //25


|Salvaterra/Arbo|

26 // Xaneiro 2016 //

Salvaterra abre o prazo de inscrición para o Enterro da Lamprea >> Os premios para as comparsas van dos 100 aos 150 euros, segundo número de participantes <<

O Desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2016, que terá lugar o sábado 13 de febrero, ás 18.00 horas ten aberto o prazo de inscrición ata o día 2 de febreiro. A inscrición farase na Casa do Concello en horario de

luns a venres de 9.00 a 14.00 e os sábados de 9.00 a 13.00 horas. Tamén os partipantes poden recoller as bases da convocatoria, onde figura a documentación que teñen que presentar ou consultala na páxina do Concello Os premios por participación

de comparsas son de 150 euros para as integradas por máis de 50 participantes e 100 euros para as de entre 20 e 50 participantes. As carrozas tamén van ser premiadas segundo o número de participantes. Así de 25 a 50 recibirán 200 euros;

as de 50 a 100, 400 euros; e as de máis de 100 participantes, 600 euros. Ademáis dun mínimo de 25 participantes as carrozas que concursen cómpre que teñan unha lonxitude mínima de 5 metros de longo. Tanto as comparsas como as

carrozas, segundo as bases do concurso, deberán “gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación”. As bases do concurso rexeitará naquelas carrozas ou comparsas que “repitan, no sustancial”, o disfrace de anos anteriores. A saída do desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2016 é dende a rúa Rosalía e descorre o desfile pola rúa Castelao, Fonte da Vila, Dona Urraca e praza do Concello. A concelleira de Cultura, Marta Valcárcel, anima a participar a tódolo sveciños, especialmente aos nenos e nenas de Salvaterra e de outras localidades. “O Enterro da Lamprea é un defile de entroido xa consolidado na nosa vila que atrae pola súa singularidade no sábado de Entroido a moita xente”.

Os que dexesen concursar, deberan anotarse no Concello ou ata unha hora antes do inicio do desfile. No segundo caso persoal do Concello ou de algún Concelleiro identificado durante os momentos previos ao inicio do desfile. O prazo para anotarse no Concello remata o venres 5 de febreiro ás 13:00 horas. Cada unha das comparsas

nomeará a un representante maior de idade que formará parte do Xurado. Esta persoa non poderá formar parte da comparsa. A puntuación das comparsas de 5 a 14 membros e das comparsas de 15 ou máis membros serán separadas. Para as comparsas de 15 ou mais membros, establécense 4 premios. A que obteña

maior puntuación recibirá un premio de 450 euros. A segunda, un premio de 225 euros. A terceira un premio de 100 euros e a cuarta percibirá un premio de 50 euros. Para as comparsas de 5 a 14 membros membros establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 130 euros. A segunda, un premio de 70 eu-

ros. A terceira un premio de 30 euros e a cuarta percibirá un premio de 30 euros. Para as comparsas infantís (15 ou máis membros menores de 12 anos) establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 140 euros. A segunda, un premio de 70 euros. A terceira un premio de 30 euros e a cuarta percibirá

un premio de 30 euros. Para a mellor mascarita establécense 4 premios. A que obteña maior puntuación recibirá un premio de 70 euros. A segunda, un premio de 35 euros. A terceira un premio de 20 euros e a cuarta percibirá un premio de 20 euros. A entrega dos premios realizarase o domingo día 7 de febreiro.

Arbo convoca un concurso de comparsas para celebrar, o próximo domingo 7 de febreiro

III Certame de carteis Brais Alonso O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis con motivo da celebración da “XXI Festa da Lamprea Seca” que terá lugar o día 14 de agosto do ano 2016. Este concurso ten como obxetivo deseñar o cartel para a “XXI FESTA DA LAMPREA SECA” promovendo así a festa gastronómica do

Municipio. Poderán participar no concurso todos interesados no mesmo. Tema: XX FESTA DA LAMPREA SECA Soporte: As propostas serán entregadas en calquera soporte que os participantes consideren axeitados e en soporte electrónico á máxima

resolución. Poderán presentarse como máximo dous carteis por participante. Nos carteis deberá incluírse de xeito correcto as letras e a edición da festa correspondente ao ano 2016: “XXI FESTA DA LAMPREA SECA 14 DE AGOSTO”.

Material: Os materiais a empregar poderán ser lapis de cores, ceras, acuarelas, témperas, collage, etc. Establécense os seguintes premios: 1º Premio: 200,00 euros. 2º Premio: 100,00 euros. O prazo para a entrega das propostas de carteis finalizará o día 12 de marzo de

2016. Ditas propostas serán entregadas no rexistro xeral do Concello, Praza do Consistorio nº 1, 36430, Arbo (Pontevedra) nun sobre pechado acompañadas dun sobre adicional tamén pechado no que figurarán os datos persoais do participante, fotocopia do DNI e domicilio e teléfono ou medio de contacto.


|Ribadumia|

// Xaneiro 2016 /27

Ribadumia fai entrega da doazón de 450€ a Cáritas e Protección Civil de Ribadumia

>>A cantidade doada corresponde á contía asignada ao Equipo de Goberno polo Pleno Extraordinario de constitución do Grupo Mixto celebrado o pasado 18 de decembro<< O equipo de goberno de Ribadumia entregou hoxe a Protección Civil e a Cáritas de Ribadumia a contía corres-

pondente polo Pleno Extraordinario do 18 de decembro, tal e como manifestaran no pleno sinalado.

A cantidade doada, 225€ a cada entidade, corresponde á contía asignada aos cinco concelleiros do equipo de go-

berno que reciben asignación por pleno. Tal e como sinalou o alcalde, “esta decisión enmárcase ante a situación de precipitación na que foi convocado este pleno extraordinario por parte do Partido Popular de Salomé Peña, sen importarlle a esta os 900 € que lle custa este pleno aos veciños de Ribadumia”. Tal e como afirma David Castro, “a decisión de convocar ese pleno extraordinario paréceme moi preocupante, xa que a oposición preferiu repercutir un gasto de 900€ aos veciños e non esperar ao próximo pleno, onde xa comunicáramos en plenos

anteriores que trataríamos o tema do grupo mixto unha vez ben analizados todos os informes recibidos polas distintas administracións”. Por todo iso, afirma que “o equipo de goberno de Ribadumia, ante esta preocupante situación, decidimos doar a cantidade que nos corresponde de 450€ a Protección Civil e Cáritas de Ribadumia para a compra de alimentos e outras necesidades” . Representantes de Protección Civil e de Cáritas das distintas parroquias de Ribadumia recolleron hoxe a doazón, agradecendo esta decisión por parte do equipo de goberno.

Cores Tourís comprobou o remate da caldeira de biomasa do CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia

O orzamento destinado a execución desta obra, de máis de 140.000 euros, que permitiu a substitución da anterior instalación de gasóleo, o que permite unha redución de 3 toneladas de CO2 ao ano O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia para comprobar o remate dos traballos de substitución da anterior caldeira de gasóleo por unha nova de biomasa. Na visita, o delegado territorial estivo acompañado polo alcalde do municipio, David José Castro, así como polo xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares, a deputada provincial, Salomé Peña, e os responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial. A obra supuxo a substitución de parte do sistema de xeración do calor actual, que utiliza como combustible gasóleo, por caldeiras que utilizan como combustible a biomasa. “Estes traballos tiveron un orzamento de máis de 140.000 euros e foron catalogadas coma prioritarias dentro dos proxectos a executar pola Xefatura Territorial de Cultura e Educación no pasa-

do ano”, matizou o responsable da Xunta en Pontevedra. A nova caldeira rematouse xusto antes das vacacións de Nadal e púxose hoxe en marcha por primeira vez. “Estamos a falar dun sistema pioneiro, xa que é a segunda caldeira destas características coas que conta un centro despois do IES de Poio”, explicou Cores Tourís. Pola súa banda os responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Pontevedra destacaron que para a execución da nova caldeira aproveitouse a instalación existente de gasóleo “que tiña pouco rendemento pero que quedará utilizable por se se producira calquera problema co novo servizo. Ademais, tamén se renovou de xeito total o sistema hidráulico da calefacción e se revisaron e limparon tódolos radiadores”. Segundo apuntaron os técnicos, a nova instalación conta con tres caldeiras pequenas en lugar dunha grande, de xeito que se pode regular o seu uso. “Esta-

mos a falar dunha instalación eficiencia que permite reducir o número de emisións de CO2 cumprindo así coas normativas europeas actuais”. O alcalde da localidade tamén quixo agradecer á Xunta de Galicia a súa aposta pola posta en marcha deste sistema pioneiro no centro, “xa que deste xeito temos unha caldeira de futuro”. Solicitude de colaboración á Deputación de Pontevedra O delegado territorial recordou que a obra que comproba-

ron forma parte dun conxunto de melloras nos centros educativos que veñen a demostrar que a Xunta de Galicia está a realizar un importante esforzo para o próximo curso na mellora dos colexios e institutos da provincia de Pontevedra. “En total lévanse invertido máis de un millón e medio de euros no acondicionamento e reforma dos centros de Primaria e case 700.000 euros nos de Secundaria, sumando en total un investimento de máis de dous

millóns douscentos mil euros nos centros educativos da provincia”, sinalou Cores Tourís. Froito de este acordo entre as 3 administracións, acordouse un investimento de 400.000 euros no centro educativo de Ribadumia. Así, o municipio aprobou aportar 209.000 euros para diferentes melloras neste centro educativo mentres a Xunta destinaría 140.000 para a substitución da caldeira e outros 60.000 para a reforma eléctrica do colexio.


|Ribadumia/O Grove|

28 //Xaneiro 2016 //

Medio Rural anunciou as dúas novas liñas de axuda para a comercialización dos produtos vitivinícolas

[O orzamento das subvencións é de 6,1 millóns de euros] O xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Miguel Pérez Dubois acompañado do alcalde de Ribadumia, David José Castro, visitaron a sede da adega Bouza do Rei de Ribadumia, co obxectivo de informar da nova liña de axudas da administración autonómica para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, así como da subvención para a comercialización e elaboración de produtos vitivinícolas que acaban de facerse públicas. Ambas convocatorias suman un total de 6,1 millóns. Segundo lle trasladou o xefe territorial ao xerente da adega, Isidoro Serantes, a Xunta de Galicia acaba de publicar estas dúas novas liñas de axudas no Diario Oficial de Galicia. De feito, o anuncio destas dúas novas liñas de axudas nesta adega débese a que Bouza do Rei acolleuse a ambas no pasado ano. Deste xeito, puido seguir a promocionar os seus viños en terceiros países onde xa está a traballar, como EEUU, Alemaña, U.K. ou México, e comprar unha nova empaquetadora de botellas. Deste xeito, nos últimos anos, obtivo subvencións de case 35.000 euros para axudas ao comercio exterior,

e 153.000 euros para industrialización e comercialización. Esta adega, fundada en 1984, conta na actualidade con seis socios e produce anualmente entre 1 e 1,5 millóns de quilos de uva comprados a 250 viticultores. Na súa liña de negocio tamén comercializan augardente e licores. A primeira destas ordes de subvencións, que conta cun orzamento de 2,4 millóns de euros, ten coma obxectivo a concesión de axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas, beneficiándose da mesma as empresas que realicen actividades de transformación ou comercialización de produtos vitivinícolas, ou ben as dúas á vez.

En canto a segunda orde, ten coma obxectivo a posta en marcha de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño e beneficiará a empresas vitivinícolas, así como a organizacións de produtores e asociacións e organizacións interprofesionais, cun orzamento bianual de 3,7 millóns de euros. Ademais, tamén poderán verse beneficiados destas axudas os órganos de xestión das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas vínicas, así como as cooperativa de segundo ou ulterior grao que comercializan viños elaborados polas súas adegas cooperativas asociadas e as entidades asociativas sen

ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños. Poden ser obxecto destas accións os viños, os licores, os espumosos, viño de uvas pasificadas, sobremaduradas e os viños ecolóxicos, sempre que sexan con denominación de orixe protexida, con indicación xeográfica protexida ou que se indique a variedade de uva de vinificación. Aínda que todos os terceiros países valen para a promoción, son prioritarios Alxeria, Australia, Brasil, China, Corea do Sur, Estados Unidos, India, Indonesia, Xapón, Marrocos, México, Rusia, Singapur, Sudáfrica, Turquía e os países do Golfo. Outros

países con interese son Suiza, Tailandia, Ucraina, Vietnam, os de Centroamérica e América do Sur, Canadá, Cuba, Filipinas e Noruega. Entre as accións que subvencionarán se atopan as misións comerciais, as campañas publicitarias, as promocións en punto de venda, portais web, misións inversas, oficinas de información, gabinete de prensa e presentacións de produto. Tamén a asistencia á feiras, encontros empresariais, xornadas, seminarios e catas, así como a realización de estudos e informes de mercado, de resultados das medidas de promoción e auditorías de execución de medidas e gastos das operacións. Dende 2009, a Xunta de Galicia ten destinado case 10 millóns de euros na provincia de Pontevedra en axudas para a industrialización e comercialización, que permitiron uns investimentos globais por parte dos beneficiados de 24,5 millóns de euros. Para a promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, a administración autonómica destino dende o comezo da lexislatura 7,3 millóns de euros, cun investimento total de máis de 14,6 millóns. En canto a axudas directas aos viticultores, estas acadaron case os 7,2 millóns de euros.

Tal e como se tiña plantexado nas charlas abertas aos veciños e veciñas, o remanente existente do contrato de redacción do PXOM permitiu sacar a concurso un servizo de apoio técnico para os procesos que o Plan Xeral requirirá nos vindeiros meses. A empresa gañadora do concurso comezará cos seus traballos a finais do mes de xaneiro e deberá prestar apoio aos servizos municipais que se están encargando

do tema. A entrada desta empresa de apoio permitirá que os traballos adquiran un maior ritmo xa que, ata o de agora, os avances se vían limitados pola sobrecarga do servizo de urbanismo (que tivo que facer fronte aos proxectos que se porán en marcha cos fondos da Deputación de Pontevedra) e a limitación de recursos técnicos municipais para este fin, xa que son precisos programas de xestión

específicos e manexo de planimetría e bases de datos moi amplas. Este equipo, ademais, será o encargado de elaborar os planos que se requirirán n as charlas públicas que se porán en marcha nos vindeiros meses, pudendo así contar con apoio claro para explicar cada un dos elementos que se vaian a incorporar o a eliminar do plan. Centro de día Esta empresa tamén será a

responsable de completar a información técnica necesaria para continuar coa tramitación administrativa do chan para o Centro de Día. Debemos lembrar que dito proceso foi paralizado polo anterior goberno e que xa se mantiveron conversar cos organismos responsables na Xunta de Galicia para desbloquear o proceso. Deste xeito, e tras reunión coa Secretaria Xeral de Urbanismo, acordouse que o plan parcial

que fora botado abaixo polo tripartito podería ser retomado coa presentación dos informes sectoriais pendentes. Ese é polo tanto, o encargo pendente para este novo equipo de traballo. O equipo de goberno agarda que ambas cuestións poidan presentar un notable avance con este apoio, mantendo unha axenda clara de reunións e de cumprimento de trámites que permita que se poidan concretar actuacións.

Adxudica o contrato do equipo de apoio técnico ao PXOM e para a o plan do Centro de Día


|Meaño/ Sanxenxo/ O Grove/Cambados|

//Xaneiro 2016//29

Infraestruturas licitou as obras de mellora do firme da PO-550 e da PO-504 [Estes traballos, que permitirán mellorar máis de 30 quilómetros, contarán cun orzamento de 500.000 euros] O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda licitará mañá as obras de mellora do firme da PO550 e da PO-504 ao seu paso polos concellos de Cambados, Meaño e Sanxenxo. Deste xeito, esta licitación sairá publicada mañá, martes 12, no Diario Oficial de Galicia, xunto á mellora que se vai a levar a cabo tamén na PO-224, entre Pontevedra e Barro. Estes traballos, que permitirán mellorar máis de 30 quilómetros, contarán cun orzamento de 500.000 euros. Tal e como explicou Cores Tourís, as obras consistirán na mellora de 14,5 quilómetros na estrada PO-550 que enlaza Cambados con Dena, Vilalonga e A Lanzada, e onde se realizará unha re-

habilitación localizada do firme, mediante fresado e reposición dos tramos máis deteriorados. Ademais, ao longo de 3 quilómetros executaranse fresados localizados con microaglomerado en toda a sección e repoñerase a sinalización horizontal. principalmente no fresado e reposición das zonas de pavimento deterioradas. En relación á PO-504, melloraranse 4,5 quilómetros entre Sanxenxo e Vilalonga, levándose a cabo unha rehabilitación localizada do firme, mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados. Posteriormente, estenderase un microaglomerado en toda a sección e reporase a sinalización horizontal. Finalmente, na PO-224, estrada que enlaza Ponte Bora (Pontevedra) con San Antoniño (Barro), realiza-

rase unha rehabilitación localizada do firme mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados, coa reposición das marcas viais que resulten afectadas ao longo de case 11 quilómetros. Ademais, tamén

se levará a cabo a execución de resaltos nas beiras da estrada sobre as que se actúe como medida adicional de seguridade unha vez que se trata dunha estrada estreita, sen beiravías e a media ladeira.

O delegado territorial destacou a importancia destas obra de mellora da seguridade viaria, “xa que estamos a falar de estradas que utilizan numerosos veciños destas parroquias de Arousa e Pontevedra”.

Analizase a incidencia do subministro eléctrico en Meaño, Sanxenxo e O Grove >> A Xunta e a distribuidora acordaron analizar as deficiencias que sexan aportadas polos municipios de cara á poñer en marcha as instalacións necesarias para mellorar o servizo << O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo unha reunión na Delegación Territorial co delegado de zona de Unión Fenosa, Fernando Val, coa alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, e os rexedores de Sanxenxo, Gonzalo Pita, e do Grove, José Cacabelos, de cara a analizar as incidencias no subministro eléctrico do pasado 1 de xaneiro. Durante esta reunión, en primeiro lugar analizouse a incidencia na subestación de Vilalonga, en segundo lugar os canais de comunicación das reclamacións dos afectados, e finalmente, outras posibles incidencias que se viñeron producindo nos últimos meses. Trala apertura dun expediente informativo por par-

te da Xefatura Territorial de Industria para coñecer as causas do incidente do pasado 1 de xaneiro, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra considerou necesario poñer en marcha a reunión celebrada hoxe con dous obxectivos, por un lado coñecer as impresións dos rexedores dos municipios afectados, e por outro, solicitarlles que aporten á administración autonómica os datos de que dispoñan en relación a outras deficiencias no subministro eléctrico, “tanto as que se produciron con anterioridade como as que se produzan no futuro”, engadindo tamén as demandas e queixas presentadas polos propios cidadáns. “De feito, puxemos en marcha esta reunión para analizar un feito puntual que

tivo unha incidencia social importante e que non queremos que se volva producir polo que teremos que buscar as solucións axeitadas”, engadiu José Manuel Cores Tourís. Durante a reunión de analizouse en primeiro lugar, a planificación de actuacións para completar a reparación da subestación de Vilalonga, “que nestes intres é provisional. A distribuidora terá que responder das labores de mantemento e dos protocolos de actuación realizados durante a avaría”, explicou Cores Tourís. En segundo lugar, puxéronse sobre as mesa os canais de comunicación das reclamacións dos afectados, que poden dirixirse directamente á empresa distribuidora a través do teléfono 900111999 ou

no correo csdistribucionelectricidad@gasnatural.com. Ademais, as oficinas de Consumo da Xunta tamén ofrecen información sobre cómo levar a cabo esas reclamacións, ou en caso de recibir unha contestación da empresa que o cliente non considere axeitada se lle informará sobre cómo presentar unha nova demanda. Finalmente, durante a reunión pedíuselle aos alcaldes dos municipios afectados que aporten información en relación a outras posibles incidencias e deficiencias no subministro de enerxía eléctrica nos últimos meses, co obxectivo de poñer en marcha, dende a Xefatura Territorial de Industria, en colaboración con Unión Fenosa, un seguimento das incidencias neste

subministro na zona de cara a poder executar as infraestruturas que sexan necesarias para solucionar as diferentes problemáticas que están a xurdir neste senso. Pola súa banda, Unión Fenosa Distribución se comprometeu a presentar un plan de actuacións que permitan avaliar, analizar e resolver estas problemáticas. “De feito, xa estamos a traballar para mellorar o servizo”, explicou o xefe territorial, Ignacio Rial, presente na reunión. Así, a Xunta acaba de aprobar a autorización para a construción de dúas novas obras no Grove e que permitirán a reposición de servizos en caso de avaría a través de sistemas de telecontrol. “Estas obras serán acometidas por Unión Fenosa nas próximas semanas”, engadiu.


30 //Xaneiro 2016 //

|Publicidade|


|Pasatempos|

// Xaneiro 2016 // 31

SUDOKU

HORÓSCOPO Aries:De arrebato en arrebato, iralle ben en amores porque estará máis doce que de costume. Ata o 7, Aries estará demasiado silencioso, temendo comunicarlle para falar dos seus sentimentos. Tauro: En febreiro Tauro estará instintivo, directo e apaixonado. Poñerasesen previo aviso furioso ouardente, tan ardente como ditatorial. Ata o 7, vostede estará case todo o tempo en reunión de traballo, realizando proxectos creativos, buscando camiños distintos que prometan un futuro renovado. Geminis: Febreiro comezará con bastante concreción, tanto en asuntos financeiros como legais. Por iso aproveitar ben esta primeira semana debe ser a súa prioridade, xa que de aí en máis as súas posibilidades de pechar bos tratos serán mínimas. Cancer:Este mes de Febreiro será problemático para os seus negocios e complicado no que fai áscomunicacións e contactos, especialmente do 7 en diante. Con todo terá sorte nas relacións públicas, popularidade, recoñecemento e tamén diñeiro

“Xaneiro, santeiro” “Xaneiro pasou, e a que fiou fiou” “A neve que lle entrega nadal a xaneiro dura como o aceiro” “Cando no xaneiro bebes, en agosto hai neves” “Non hai lúa coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro” “Xaneiro, sete lobos no carreiro” “Por xaneiro, os lobos baixan ao palleiro”

Leo:Poida que este sexa un mes de Febreiro de fama, de recoñecemento, de aplausos, de brillo pero do 7 en diante, será fatal para os seus números, aínda que Venus e Marte fáganlle bos contactos na súa profesión. Virgo:Prepárese para unhatempada de sacudidas e desencontros na parella. Os solteiros sacarana máis barata, a menos que se namoren da persoa equivocada e iso convértaos no seu xoguete persoal, nunobxecto sexual que pode ser refugado a vontade. Libra:Libra terá bastante enerxía durante todo o mes de Febreiro, aínda que ata o 15 deberá alimentarse ben e durmir oito horas diarias, xa que o seu metabolismo estará algo máis lento que de costume.

SOPA DE LETRAS LABIRINTO Barbería

Escorpio:Comezará o mes de Febreiro levándose o mundo por diante pero, aos poucos, acougarase. Ata o día 15. Que significa?Pois sinxelamente que vostede estará máis Escorpio que nunca, con ansias de poder, autoritario, celosísimo, posesivo e tamén emprendedor, incansable. Sagitario:A primeira quincena será de baixa na súa biorritmo, de falta de forzas, de accesos de extrema vitalidade seguidos dun cansazo insuperable. Precisará facer moito exercicio, estar polo menos unha hora diaria ao sol e, sobre todo, non reprimir a ira. Capricornio:A menos que vostede inicie un romance con alguén que ata ontepertenceuaoseu núcleo de amigos, é improbable que febreirosexa un mes de grandes satisfaccións para vostede. O diñeiro escaseará, aínda que o traballo sobre. Polo menos do 15 de Febreiro en diantevostede sentirá que lle fallan as forzas como para enfrontar o día a día.

DISTRIBUCIÓN:

Director técnico: J.M.Martinez Publicidade: Dpto. Propio comercial.galiciasurpontevedra@gmail.com Redacción: redaccion.galiciasurpontevedra@gmail.com Fotografia: Hernandez, Arquivo, Dpto. Propio Montaxe e deseño: Dpto. Propio. Impresión: Publicaciones Tameiga

Deposito Legal: VG-951-2010 Direccion: Apartado de Correos nº 590 36080-Pontevedra Telf: 986090115 Queda terminantemente prohibida a reproduccion total ou parcial de calquera dos contidos deste xornal. As marcas comerciais pertencen o rexistro das suas respectivas compañias e os anuncios publitarios co seu contido son reponsabilidade unica do anunciante.

Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Cotobade, Ponte Caldelas, Soutomaior, Redondela, Marín, Poio, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa, Cuntis, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Valga, Portas, Ribadumia, Illa de Arousa, Barro, A Estrada, Meis, Meaño, Moraña, Ponteareas, Mondariz, A Cañiza,Covelo, Arbo,As Neves, Salvaterra,Porriño,Mos,Tui, Salceda, Oia,O Rosal, A Guarda,Tomiño, Baiona,Nigrán,Gondomar

Acuario:Febreiro é un mes para facer contactos, aprender novas técnicas, para crecer e pensar. Non será un tempo favorable para botar raíces nin esperar resultados espléndidos. Isochegarádespois, unha vez que investigase as oportunidades que existen para alguén coa súa profesión. Estará ben pero demasiado ansioso e nervioso. Piscis:Terá diñeiro aínda que talvez non teña moit otraballo ata a segunda parte do mes de Febreiro, xa sexa porque cobrará por tarefas xa realizadas ou porque estará de viaxe. Se compra e vende propiedades, estará moi ocupado e traballará ben. Febreiro será un mes grandioso para os Piscos que se poñan a dieta! E terá que ter en conta este detalle se durante os festexos de fin de anoou as vacacións acumulou uns kilos de máis..


32 //Xaneiro 2016 //

|Publicidade|


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.