Xornal galicia sur pontevedra maio 2017 web

Page 1

MAIO 2017 - ANO VIII - NUMERO 78

PREZO 1.20€

EU NON VOU COMETER NINGÚN DELITO POR TAPAR AS ILEGALIDADES DO PP CO CIM PAX. 16-17


2 // Maio 2017 //

| Galicia |

A XUNTA DESTACA O PAPEL DAS EMPRESAS TIC COMO ACELERADORAS DA IMPLANTACIÓN DA INDUSTRIA 4.0 E DA DIXITALIZACIÓN EMPRESARIAL O Diario Oficial de Galicia pública as resolucións de concesión de máis de 600.000 euros en axudas destinadas a facilitar a implantación de 133 novos servizos destes dous programas en 110 empresas O director do Igape, Juan Cividanes, e a directora da Amtega, Mar Pereira, destacaron durante a súa visita ás instalacións en Santiago de Compostela de Imaxin Software, o importante papel que están chamadas a desenvolver as empresas TIC, tanto polo súa relevancia á hora de impulsar o crecemento económico na comunidade, como no seu papel de aceleradoras do proceso de dixitalización e mellora da competitividade do tecido empresarial galego. Obxectivos que está a impulsar a Xunta a través da Axenda Galicia-Industria 4.0 e da Axenda Dixital de Galicia 2020. Pereira e Cividanes salientaron que o Diario Oficial de Galicia pública hoxe novas resolucións coa concesión de máis de 600.000 euros en axudas destinadas a facilitar a implantación de 133 novos servizos dos programas ReAcciona e ReAcciona TIC en 110 empresas.

O importe total dos servizos aprobados, que cofinancian as empresas beneficiarias, ascende a 736.596 euros. No caso do ReAcciona TIC, os servizos máis demandados foron os de definición e posta en marcha de estratexias de marketing dixital e os diagnósticos sobre capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0. Entre os servizos do programa ReAcciona máis solicitados están os de optimización da

produción e cadea loxística e os centrados en impulsar a mellora de procesos. Imaxin Software é unha compañía con 20 anos de experiencia no desenvolvemento de software e está especializada en solucións multimedia e tecnoloxías lingüísticas. A compañía dispón de áreas de negocio especializadas na adaptación de contidos, tanto educativos como lúdicos, a formatos dixitais; solucións multilingües; e loca-

e familias asistiron a este evento, do que o conselleiro destacou que “sirva para afondar tanto no coñecemento do dano cerebral e no seu tratamento dende diversas disciplinas como no apoio e atención ás familias, xa que estas tamén se ven afectadas cando no

seu entorno hai unha persoa con esta problemática”. Na súa intervención, Rey Varela sinalou que a sociedade debe afrontar esta e calquera outro tipo de discapacidade dende a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción

lización de software en diferentes idiomas. Entre os seus clientes están desde compañías como Microsoft a entidades e institucións galegas ou españolas, editoriais, medios de comunicación, entidades financeiras ou compañías de telecomunicacións. O obxectivo de Imaxin Software é asesorar na aplicación de novas tecnoloxías para a mellora da produtividade en contornas de xestión e explotación da información, rompendo as barreiras lingüísticas en procesos de internacionalización e apertura das empresas cara a novos mercados. A compañía destina o 5% da súa facturación a investir en I+D+i para o desenvolvemento de novos produtos e servizos. A factoría de software e multimedia radicada en Santiago de Compostela acolleuse ao programa ReAcciona para optimizar a súa xestión financeira e

agora está a desenvolver un servizo de marketing dixital a través do ReAcciona TIC. O Igape e a Amtega activaron en datas recentes a segunda convocatoria do ano 2017 para a solicitude dos servizos do programa ReAcciona TIC, deseñado para impulsar a mellora da competitividade e a transformación dixital das empresas a través de diferentes servizos tecnolóxicos e de industria 4.0. A convocatoria estará aberta á presentación de solicitudes ata o vindeiro 31 de maio. O Igape, pola súa parte, prevé abrir novas convocatorias do ReAcciona a partir do mes de xuño. Estes servizos están cofinanciados pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, orientado a promover o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación e conseguir un tecido empresarial máis competitivo.

positiva. Neste sentido, apuntou que a inclusión social plena e efectiva destas persoas é un dos eixes que guía as políticas sociais do Goberno galego, ao tempo que engadiu que “non se trata tanto de que as persoas con discapacidade se adopten para integrarse na sociedade, senón que é esta quen as ten que incluír”. Ademais, o titular de Política Social destacou o traballo das entidades en prol de mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral e avogou por seguir afondando na colaboración e coordinación coas mesmas coa finalidade de “continuar ampliando, entre todos, a cobertura dos servizos destinados a estas persoas”. De feito, explicou que Galicia é pioneira en ter unha carteira específica

de servizos sociais dedicado a esta materia, o que permite unha maior especialización e poñer en marcha programas concretos para todos os colectivos: alzhéimer, discapacidade intelectual, parálise e dano cerebral etc. Por último, Rey Varela indicou que “a pesar dos avances dos últimos anos aínda queda moito por facer, como seguir sensibilizando á sociedade con respecto ao alcance e á dimensión do dano cerebral, así como impulsar e apoiar todas aquelas iniciativas que se dirixan a favorecer a integración destas persoas”. “Debemos seguir dándolle visibilidade ao dano cerebral e normalizar a situación das persoas que o padecen”, concluíu o conselleiro.

A XUNTA RENOVA O SEU COMPROMISO COAS PERSOAS CON DANO CEREBRAL ADQUIRIDO E OS SEUS FAMILIARES O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reiterou o compromiso da Xunta de Galicia de continuar co apoio ás persoas con dano cerebral adquirido na “procura de achegar solucións que contribúan a normalizar a súa situación na sociedade”. Así o sinalou durante o acto inaugural da primeira xornada sobre esta problemática organizada pola Fundación María José Jove e a Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña (Adaceco). Baixo o título “Capaces de todo”, o encontro reuniu a expertos profesionais en medicina interna, neuroloxía, atención á discapacidade, rehabilitación e mesmo enxeñería robótica. Profesionais no ámbito sanitario e educativo, así como como entidades


// Maio 2017 // 3

| Galicia |

GALICIA MANTÉN A SÚA POSICIÓN NA CLASIFICACIÓN NACIONAL DE BANDEIRAS AZUIS CON 113 DISTINTIVOS PARA OS AREAIS GALEGOS A Comunidade galega ocupa a primeira posición no número de recoñecementos para os sendeiros azuis con un total de 26 A Xunta de Galicia recoñece o labor dos concellos galegos para manter a nosa Comunidade como a autonomía española nunha das primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2017. Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 113; que se eleva a 131 distincións para praias e portos deportivos; polo que a sitúa na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 129 distincións. Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 25% (24,3) das 579 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalá (95 bandeiras). Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repe-

tir posición como o concello galego con máis bandeiras azuis, con 11 praias distinguidas. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o Concello de Vigo, que mantén as 9 acadadas en 2016; e a recuperación da bandeira azul para a praia da A Concheira e A Ribeira, en Baiona; e de Panxón, en Nigrán. Na provincia da Coruña é o municipio de Arteixo o que máis recoñecementos deste tipo obtén este ano, con sete; seguido de Boiro, con

seis areais distinguidos. Camariñas e Ponteceso volven sumarse á lista de concellos con areais galardoados coa praia de Arou e de Valarés, Ermida e Osme, respectivamente. Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz é o concello máis recoñecido, con catro galardóns para as praias de Peizá, Llás, As Polas e A Pampillosa. Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa cali-

dade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas. Cómpre destacar a primeira posición que ocupa Galicia en canto aos distintivos de sendeiros azuis, xa que suma 26 itinerarios que enlazan praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sostible do litoral. (Ao final das táboas coa relación de bandeiras azuis para os areais galegos, indícanse os sendeiros distinguidos). Portos deportivos, centros e sendeiros azuis En relación aos portos deportivos, en 2017 Galicia obtén 18 galardóns, dos que oito son das provincia de Pontevedra, outros oito da Coruña e dúas de Lugo. É de destacar que Galicia tamén recibe a distinción para 15 centros azuis, dun total de 71 en toda España. O re-

quisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul. O municipio que queira optar a esta distinción debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, a memoria anual da actividade, xunto coa súa candidatura, que xustifique o mantemento da súa condición como centro azul en anos sucesivos. Por estes motivos, a Xunta de Galicia felicita aos concellos de Bueu, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vigo, Redondela, Marín, Oleiros, Ortigueira, Boiro, Muros e Burela, por ser quen de manter estes recoñecementos.

FRANCISCO CONDE, PARTICIPOU EN SANTIAGO NO I FORO DE OPTIMIZACIÓN LOXÍSTICA DE GALICIA, ORGANIZADO POLA XUNTA PAR O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou en Santiago no I Foro de Optimización Loxística de Galicia, organizado pola Xunta para poñer en común as bases da futura folla de ruta do sector que está elaborando coas achegas de todos os axentes implicados na industria da loxística e que sinalará onde radica o potencial da Comunidade neste ámbito. Así, e tal e como sinalou o conselleiro, a Xunta está escoitando as demandas dos sectores produtivos galegos no eido da comercialización para identificar e plasmar na Estratexia as capacidades de mellora que ten Galicia para optimizar a loxística e que se converta nun elemento de competitivida-

de. “Temos que actuar sobre toda a cadea loxística para que se converta nun factor de competitividade para a industria galega”, engadiu. Deste xeito, indicou que a Estratexia Integral de Optimización Loxística de Galicia fortalecerá a competitividade do tecido industrial galego convertendo á Comunidade nunha plataforma loxística no tráfico de mercadorías, como porta de entrada e saída natural de Europa. Explicou, ao respecto, a necesidade de incluír, cando se fala de Industria 4.0, da loxística como un elemento fundamental para que as empresas galegas teñan todas as ferramentas necesarias para gañar competitividade. Para iso, precisou que hai que saber utilizar

de forma eficiente todas as infraestruturas, tanto portuarias como o transporte por estrada ou ferrocarril, para que as compañías teñan unha capacidade competitiva como territorio. Conde salientou, ademais, a importancia de avanzar na Loxística 4.0, incorporando as novas tecnoloxías a toda a cadea de subministración, tal e como contempla a Axenda Galicia-Industria 4.0. Deste xeito, a Loxística 4.0, en palabras do titular de Economía, permitirá unha xestión de envíos máis eficiente en función da previsión da demanda en tempo real; unha redución de stocks e almacenaxes; a optimización de rutas; e a trazabilidade de toda a mercadoría. En definitiva, Conde afir-

mou que a Xunta busca coa folla de ruta desenvolver actuacións para impulsar a coordinación das grandes infraestruturas loxísticas e potenciar a internacionalización e a competitividade das empresas do sector. “Temos que actuar cunha soa voz e dar unha resposta ao mapa de infraestruturas que temos en Galicia para que a cadea de produción e comercialización responda ás necesidades loxísticas que teñen os nosos axentes”, rematou. O sector en cifras O sector loxístico achega á economía galega máis de 2.000 millóns de euros (o 3,9% do PIB), dando emprego a máis de 49.000 persoas a través de case 11.900 empresas. Trátase dun sector industrial en auxe non só

pola situación xeográfica estratéxica de Galicia como ponte entre América e Europa, senón tamén pola evolución e o progreso das infraestruturas galegas. A Xunta está a apoiar de xeito decidido ás catro ramas que conforman este sector: o transporte terrestre, marítimo, aéreo e postal. Así mesmo, é un sector cada vez máis importante dada a actividade exportadora das empresas galegas que vai en aumento: en 2016 bateu máximos históricos acadando por primeira vez os 20.000 millóns de euros de facturación e as 6.700 empresas exportadoras; e ata febreiro de 2017 as vendas están a manter a tendencia, xa que creceron un 8,8% con respecto ao mesmo período do ano anterior.


4 // Maio 2017 //

| Galicia |

O NOVO CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓNS ÁS EMERXENCIAS ATENDEU 38000 CHAMADAS E CASE 10000 INCIDENCIAS

A Xunta destaca o bo funcionamento do CIAE 112 da Estrada e recalca que o servizo se está a desenvolver con total normalidade A Xunta de Galicia destacou o bo funcionamento do Centro Integrado de Atencións ás Emerxencias (CIAE 112) ao cumprirse as tres primeiras semanas desde a súa posta en marcha. O director xeral de Emerxencias, Luis Menor, salientou a normalidade na atención durante este tempo. Dende o 19 de abril, o CIAE 112 atendeu preto de 38000 chamadas e fixo fronte a case 10000 incidencias, o que dá mostra de que o servizo se está a desenvolver con total normalidade e coa calidade do servizo propia do 112, sen que se producise ningunha disfunción destacable. Menor

recordou que o traslado estivo perfectamente planificado e coa vista posta en todo o momento na seguridade

Galicia traballará a través de diferentes vías para minimizar o impacto do Brexit sobre os seus intereses pesqueiros. Así o explicou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, no pleno do Parlamento nunha comparecencia sobre este acontecemento, “inédito en Europa e do que, de momento, non son claras as súas posibles consecuencias en xeral e para o sector pesqueiro galego”. Neste sentido, a titular de Mar fixo fincapé en que Galicia debe estar preparada para facer unha oportunidade deste proceso de retirada de Reino Unido da Unión Europea. Por iso está a realizar unha folla de ruta “que este ano estará centrada no factor económico”. Un aspecto, expuxo, para o que se está a elaborar un informe coordinado pola profesora de Economía Aplicada e experta en Economía Pesqueira da Universidade de Santiago, María do Carme García Negro. Este documento analizará nun primeiro avance cuestións sobre o posible impacto por cese da pesquería e de acceso ás augas, principalmente dos buques que faenan en augas británicas e malvinas. Ademais, nunha posterior avaliación en función da

evolución das negociacións, analizará a afectación derivada da participación do Reino Unido nas cotas pesqueiras de NEAFC (Comisión de Pesquerías del Atlántico Nororiental) e do acceso comercial aos mercados europeos. Partindo desta análise, a folla de ruta de Galicia inclúe diferentes accións de traballo nos eidos exterior e interior. No exterior, explicou Rosa Quintana, Galicia aproveitará diferentes oportunidades para buscar aliados na defensa de intereses comúns nas negociacións do Brexit. Unha delas é a representación de todas as comunidades autónomas nos Consellos de Ministros de Pesca na UE durante o segundo semestre “para para manter encontros e facilitarlle as nosas análise á Comisión Europea, ao Parlamento Europeo e á Representación Permanente de España ante a UE”. Ademais, engadiu a titular de Mar, “queremos contar co apoio do Comité Económico e Social Europeo a través da sección NAT e doutros entes como o Comité das Rexións ou a Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas”. Nesta última entidade, especificou, Galicia aproveitará as xun-

dos galegos, e puxo en valor o CIAE 112 da Estrada como paso importante na mellora da atención ás emerxencias.

Por tipoloxías das incidencias, o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, (Axega), Juan José Muñoz, sinalou que as máis repetidas foron as urxencias sanitarias (2913), seguidas pola demanda das forzas e corpos de seguridade (1304), as incidencias con animais (1288) e as relacionadas coa circulación (1029). Sobre o afundimento do Nuevo Marcos, ocorrido o 26 de abril e no que morreron tres persoas, Menor insistiu en que a atención se prestou desde o primeiro minuto e que iso se recolle nas gravacións do servizo, xa que ás

5,35 horas se finalizou a chamada para comunicar o suceso e ás 5,36 xa estaba avisado Salvamento Marítimo, que é o organismo competente neste tipo de sinistros. Por último, o director xeral ofreceuse a mediar entre empresa e traballadores e recordou que se reuniu en sete ocasións cos sindicatos, sempre que foi requirido para elo. Destacou que a empresa fixo un ofrecemento dun bus gratuíto en cada cambio de quenda, así como varias ofertas para aumentar as retribucións dos traballadores, e confiou en que a negociación remate con éxito.

Galicia. Unhas análises, puntualizou Rosa Quintana, que se centrarán en aspectos clave como “a posible acollida en Galicia do Laboratorio Comunitario de Referencia para o seguimento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos dos moluscos bivalvos”. Neste sentido, a conselleira explicou que as funcións deste laboratorio “son de alto impacto na comercialización destes produtos no mercado interior e son unha materia de ámbito competencial da Xunta de Galicia”. Por outra banda, a conselleira fixo fincapé na importancia de contar co apoio do Parlamento Galego neste camiño de defensa dos intereses do sector pesqueiro galego. Nesta liña,

propuxo realizar unha sesión monográfica ao semestre da Comisión 8ª na que se dea conta da información dispoñible e se proceda a analizar e complementar os informes e argumentos dispoñibles. Accións realizadas Esta folla de ruta súmase ás accións xa realizadas dende Galicia en relación ao Brexit. Entre elas o informe encargado ao Instituto Universitario de Estudos Europeos, ‘Salvador de Madariaga’, da Universidade da Coruña, para analizar o alcance xurídico e as posibilidades de actuación a futuro neste asunto. Este documento, lembrou Rosa Quintana, reflicte que o Brexit “non ten por qué prexudicar ao sector pesqueiro galego”. De feito, expón diferentes vías que poden supoñer unha oportunidade para a frota galega. O informe, subliñou Rosa Quintana, foi presentado ao pleno do Consello Galego de Pesca e foi remitido ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, á Representación Permanente de España ante a UE e foi entregado polo presidente da Xunta á DG Mare para a súa análise e consideración.

GALICIA TRAZA UNHA FOLLA DE RUTA PARA MINIMIZAR O IMPACTO DO BREXIT SOBRE OS NOSOS INTERESES PESQUEIROS

tanzas trimestrais de coordinación do Grupo Pesca e o liderado no grupo específico sobre o Brexit conformado no Arco Atlántico. A maiores Rosa Quintana comunicou que tamén se busca intercambiar información con axentes pesqueiros de países como Alemaña, Países Baixos, Dinamarca, Francia e a outras rexións do Reino Unido con grande importancia pesqueira. En relación ao eido interior, a conselleira do Mar destacou o labor do grupo conformado no seo do Consello Galego de Pesca para facer seguimento de todas as novidades que se van producindo en relación ao Brexit e “complementar as análises xurídicas e económicas” que se elaborarán dende


// Maio 2017 // 5

| Galicia |

GALICIA E ARXENTINA REFORZAN OS SEUS LAZOS CULTURAIS COA PUBLICACIÓN DE ‘GALICIA ENTRE NOSOTROS’ Galicia e Arxentina veñen de reforzar os seus lazos culturais a través dun certame literario organizado conxuntamente coa Academia Argentina de las Letras e dirixido ao estudantado do país austral co fin de afondar no coñecemento de Galicia en xeral e do pobo galego en particular. No marco desta iniciativa, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na presentación da publicación da obra Galicia entre nosotros. Relatos de estudiantes argentinos que reúne as doce obras gañadoras da última edición deste certame literario. O responsable cultural do Goberno Galego desprazouse ata a sede institucional da Academia Argentina de las Letras para intervir neste acto, logo de visitar pola mañá o Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol, onde asistiu á charla ofrecida pola escritora Andrea Maceiras. En ambos actos estivo acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; e do delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro. ‘Galicia entre nosotros’ Tal como explicou Román

Rodríguez, coa publicación de Galicia entre nosotros, péchase o círculo que se abriu o ano pasado coa convocatoria deste certame literario entre Galicia e Arxentina que, segundo dixo, creouse coa idea de “enriquecer esta programación cultural cunha actividade que estreitase os xa de por si fortes lazos entre os nosos países”. “Os relatos dos 12 mozos gañadores amosan a proximidade, o fondo e íntimo coñecemento que os mozos arxentinos teñen da realidade social e histórica do pobo galego”, engadiu. No decurso do acto, as estudantes Natalia Philipp e María Inés Goldzycheer, que foron distinguidas co primeiro premio nas dúas categorías convocadas, procederon a ler os seus relatos. No evento, ademais do conselleiro, tamén participaron

o presidente da Academia Argentina de Letras, José Luis Moure, e os académicos desta mesma institución, Antonio Requeni, Jorge Cruz e Luis González Tosar. Alumnos galardoados Na convocatoria deste ano, na categoría A do certame, para alumnos de estudos terciarios e universitarios, o primeiro premio foi para o relato As de Natalia Philipp. Así mesmo, recibiron mencións especiais os traballos La tierra y la sangre, de Rodrigo Ariel Moral; El aullido, de Maricel Amblard; Hermana mía, de Sofía Tiviroli; El agua de mis ancestros, de Lisandro Penelas; e para El niño que trae la brisa, de Silvana Nancy Muíño. Por outra banda, na categoría B, para estudantes de nivel secundario, o primeiro premio concedéuselle a María Inés Goldzycher polo

relato Carta desde América; mentres que as mencións especiais recaeron en Al final, negro de Joaquín Batinic Rey; Los lobos de Galicia, de Maribel Gándara; Amor inmigrante, de Sabrina Rabaglia; ¡Se chove, que chova!, de Ela Jana Alazraqui; e en Somos lo que soñamos ser, de Lucía Belén Romero Percivati Franco. No Santiago Apóstol con Andrea Maceiras Previamente o conselleiro visitara o Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol, onde presentou á escritora Andrea Maceiras que, con motivo da súa participación na Feira Internacional do Libro de Bos Aires dentro da delegación galega, aproveitou para ofrecer unha charla aos alumnos deste centro educativo, baixo o título Ollos que son alas. Na súa intervención, Román

Rodríguez fixo un percorrido pola traxectoria literaria desta autora precoz e filóloga coruñesa que antes de cumprir os 20 anos xa tiña obtido diversos galardóns en concursos de narrativa e poesía. Tras destacar a “notable traxectoria” desta escritora, o conselleiro aproveitou para motivar aos alumnos a que lean e a que gocen dos libros porque “nos libros -dixo- está un dos fundamentos de calquera sociedade avanzada e só letra a letra –engadiu- se pode construír unha civilización de progreso verdadeiramente sostible e duradeira”. Román Rodríguez aproveitou para facer un percorrido polas instalacións do colexio Santiago Apóstol, que abriu as súas portas no ano 1998 froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Bos Aires, co obxectivo de desenvolver un programa educativo bicultural neste país. O centro conta, desde 2003, cun departamento de Lingua e Literatura galega que contribúe a reafirmar os valores da identidade e da cultura do noso país entre o estudantado, e tamén destaca pola intensa actividade cultural que programa cada curso escolar.

A XUNTA RECIBE 25 MOZOS E MOZAS ITALIANOS QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA A XUVENTUDE NO MUNDO A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, recibiu en Santiago a un grupo de 25 mozos e mozas procedentes da rexión de Sicilia (Italia), que participan nun intercambio bilateral enmarcado dentro do programa galego A xuventude no mundo, que organiza a Consellería de Política Social para impulsar a educación non formal e a solidariedade. Esta iniciativa forma parte das accións de colaboración que en materia de xuventude manteñen a Xunta de Galicia e varias entidades locais da rexión de Sicilia. Cecilia

Vázquez animou aos mozos e mozas a aproveitar ao máximo esta convivencia durante os sete días que dura o intercambio, xa que lles permitirá “compartir experiencias, culturas, tradicións, costumes e habilidades” que logo lles axudará “a adquisición de competencias, aptitudes e habilidades para o desenvolvemento persoal, educativo e profesional”, explicou. Durante a súa estancia, os mozos sicilianos interactúan en distintas actividades como obradoiros, charlas informativas e dinámicas de grupo sobre diversos temas coa fin de reforzar os vínculos entre eles

e entre eles e Galicia. O programa A xuventude no mundo da Xunta é de carácter bilateral, é dicir, potencia tamén a formación da mocidade galega no estranxeiro a través de estancias nas que os par-

ticipantes son acollidos por unha entidade xuvenil do país de referencia e comparten un amplo programa de actividades, o que supón a súa implicación activa na vida social, cultural e educativa da rexión

á que temporalmente se van desprazar. De feito, un grupo de 10 mozos e mozas galegos xa realizaron a súa estadía en Sicilia, o que lles serviu para mellorar o seu coñecemento doutras linguas, culturas e costumes, ao tempo que incrementaron o seu nivel de independencia e responsabilidade. Os intercambios constan con aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple, transporte na cidade e actividades organizadas pola entidade de acollida. A cargo dos participantes correrá o desprazamento ata o lugar, o seguro da viaxe, de accidente e de enfermidade.


6 // Maio 2017 //

| Deputación |

A MESA DO CAMIÑO APROBA O SEU REGULAMENTO E FIXA O XACOBEO 2021 COMO DATA LÍMITE PARA CONCLUIR A MELLORA DAS RUTAS DA PROVINCIA O goberno de Carmela Silva financiou no 2016 accións de mellora nas rutas xacobeas da provincia de Pontevedra con máis dun millón de euros A Mesa do Camiño da provincia de Pontevedra, integrada por Deputación, Xunta de Galicia e concellos polos que discorren as rutas xacobeas, aprobou o novo regulamento e avanza no seu obxectivo de ser o órgano operativo de coordinación e colaboración dos axentes institucionais e sociais con competencias e accións nos Camiños a Compostela. Co novo regulamento, ademáis do Camiño Portugués e a Vía da Prata, incorpóranse o Camiño Portugués pola Costa e o Camiño do Inverno de xeito que na Mesa xa están integradas todas as rutas recoñecidas na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. Na reunión da Mesa, que preside a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a que asistiron a Directora Xeral de Turismo da Xunta, Nava Castro, así como os alcaldes e representantes municipais, se fixou o Ano Xacobeo 2021 como prazo límite para a mellora definitiva das rutas en materia de accesibilidade, seguridade e promoción. De feito a Directora Xeral de

Turismo presentou o informe das medidas levadas a cabo nos diferentes Camiños que percorren a provincia. Tamén decidiuse que a Deputación de Pontevedra sexa a receptora das demandas dos concellos e interlocutora coa Xunta como administración competente. A presidenta Carmela Silva expresou a súa satisfacción “polos pasos decisivos dados na reunión da Mesa” e presentou o informe provincial que reflexa que o pasado ano 2016 a Deputación de Pontevedra financiou accións de mellora nas rutas xacobeas por máis dun millón de euros.

“Fixoo a través do Plan Concellos, das axudas do Ano do Patrimonio e das campañas de promoción”. Silva agradeceu expresamente aos concellos que solicitasen estes investimentos e recoñeceu a súa aposta por mellorar o entorno polo que pasa o Camiño así como os servizos necesarios para que os/as peregrinos/as teñan unha boa impresión das localidades e que as rutas sexan máis seguras e accesibles. Entre outras axudas en Mos investíuse (118.846,41 euros) na propia estrada pola que transcurre o Camiño Portugués coa construcción dun talud, en Meis

habilitouse un local para albergue de Peregrinos ou en Lalín fixéronse investimentos para mellorar a atención e información aos turistas, visitantes e peregrinos. Ao financiamento do Plan Concellos hai que sumar as subvencións concedidas ao abeiro do Ano do Patrimonio onde os concellos tiveron a posibilidade de mellorar o patrimonio material existente na traza do Camiño, como por exemplo Caldas de Reis, onde se rehabilitou a emblemática Fonte da Burga na que miles de peregrinos/as fan cumplen co ritual de degustar as augas mineromedicinais, tamén o cruceiro policromado de Os Cabaleiros en Mos ou o palco da música e o cruceiro de San Bartolomé en Tui. En materia de promoción Silva lembrou que precisamente os Camiños a Santiago son un dos eixos máis importantes na extratexia de Turismo Rías Baixas neste ano 2017, a campaña “Cruzando Camiños”, que xa foi presentada en Vigo, Pontevedra e Madrid e que se presentará en Portugal, Lisboa e Porto, ademáis

de Andalucía e a través da colaboración coas Casas de Galicia no exterior. A presidenta provincial tamén destacou o apoio á promoción das rutas xacobeas coa colaboración da Deputación co sector audiovisual como foi o patrocinio da serie televisiva “O Final do Camiño” ou do documental “Camiño de Irmandade”. Finalmente, Carmela Silva puxeo en valor accións como a segunda edición do programa “Degusta Europa que nesta edición 2017 se celebra nas plazas de Abastos de localidades polas que pasa o Camiño, contribuíndo a dinamización destes concellos Ademais da campaña de promoción, desde o servizo do Turismo tamén estase a traballar na mellora da calidade dos profesionais e establecementos que prestan servizos no Camiño e no seu entorno inmediato mediante a formación para a obtención do distintivo SICTED. Comentar ao respecto que obtiveron este distintivo 167 establecementos comerciais e hostaleiros situados nos concellos polos que pasa o Camiño.

TURISMO RÍAS BAIXAS CONFIRMA UNHA OCUPACIÓN HOTELEIRA PROVINCIAL DE MÁIS DO 77% DURANTE A PONTE DO PRIMEIRO DE MAIO Carmela Silva amosa a súa satisfacción polos “excelentes resultados, que superan ata en 15 puntos os rexistrados na mesma ponte do 2016” A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer os resultados de ocupación hoteleira rexistrados na provincia de Pontevedra durante a pasada ponte do primeiro de maio. Silva informou que a ocupación media provincial nos establecementos hoteleiros foi do 77,15%, dous puntos por riba das estimacións realizadas por Turismo Rías Baixas, e do 56% nos establecementos de turismo rural, 6 puntos máis que o previsto pola institución. Carmela Silva asegurou que “estamos a falar dunha das mellores pontes de maio dos

últimos anos, uns excelentes resultados que superan ata en 15 puntos os rexistrados na mesma ponte do 2016” e amosou a súa satisfacción por “seguir a ser un destino que crece”. A ocupación hoteleira foi do 77,15%, porcentaxe que se superou nas comarcas de Pontevedra, Vigo, O Morrazo, Caldas e no Deza e en Tabeirós-Terra de Montes. Pontevedra superou o 90% de ocupación hoteleira, Vigo o 85%, ao igual que o Deza e Tabeirós-Terra de Montes que rozaron esa porcentaxe, O Morrazo o 83% e Caldas o 80%. Pola súa banda, a co-

marca do Baixo Miño chegou ao 71% de ocupación, O Salnés ao 70% e as comarcas do

Condado e A Paradanta superaron o 53%. No caso dos establecementos

de turismo rural, a Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou a súa satisfacción por acadar unha ocupación do 56% na provincia de Pontevedra, seis puntos máis que o previsto por Turismo Rías Baixas. Esta porcentaxe se superou en comarcas como O Morrazo, O Condado e A Paradanta, O Baixo Miño e Pontevedra. Así, O Morrazo superou o 92 % da ocupación nos establecementos rurais, O Condado e A Paradanta o 86%, O Baixo Miño o 73% e Pontevedra o 61%. Pola súa banda, a comarca de Caldas acadou o 56% e O Salnés o 41%.


// Maio 2017 // 7

| Deputación |

CARMELA SILVA MANTÉN UNHA REUNIÓN CO NÚMERO DOUS DO MINISTERIO DAS RELAÇOES PORTUGUESAS PARA PROMOVER LIÑAS DE COLABORACIÓN ENTRE A PROVINCIA E PORTUGAL A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, foi recibida no Ministerio das Relaçoes Portuguesas polo Secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luis Carneiro, para avanzar na posta en marcha de liñas de colaboración entre a provincia pontevedresa e o país veciño. No transcurso da reunión, o número dous do Ministerio das Relaçoes Portuguesas convidou á Presidenta da Deputación a participar, con propostas propias, nun encontro sobre a diáspora e a emigración que terá lugar o vindeiro mes de decembro en Viana do Castelo . Carmela Silva tivo a oportunidade de conversar co Secretario de Estado das Comunidades Portuguesas sobre a AECT Río Miño, a través da cal se pretenden fortalecer lazos de colaboración e proxectos comúns que permitan que ambos territorios a carón do Miño poidan ser un exemplo de traballo conxunto e de desenvolvemento. Ao respecto, a Presidenta provincial amosou a súa satis-

facción “xa que vemos que esta é unha aposta clara do goberno portugués, así que agardo e reclámolle ao de España o mesmo compromiso e implicación en canto á AECT Río Miño”. Durante a reunión tamén se abordaron cuestións relativas á diáspora xa que, en palabras de Silva, “tanto Galicia como Portugal son terra de emigrantes, incluso hoxe que estamos a vivir unha nova emigración produto dunha situación de crise e de falta de traballo”. Sobre esta cuestión, Silva asegurou que “o goberno portugués está a desenvolver un proxecto moi interesante de atención aos seus emigrantes no marco do cal me convidaron, como Presidenta da Deputación, a participar en Viana do Castelo nun encontro no que se vai abordar a aposta en materia de atención á emigración”. Tamén en materia de emigración, Carmela Silva e José Luís Carneiro concretaron a posta en marcha dun evento “probablemente en Vigo – tal e como indicou a Presidenta

provincial - onde tamén se van tratar cuestións relativas á atención á emigración, dando a coñecer as políticas migratorias que está a desenvolver Portugal e que teñen que servir de exemplo en España”. Pola súa banda, as infraestruturas entre a provincia de Pontevedra e o Norte de Portugal foron outras das cuestións abordadas no transcurso da reunión entre a Presidenta da Deputación e o número dous do Ministerio de Relaçaos Exteriores. Máis polo miúdo, Silva fixo mención á “saída sur ferroviaria Vigo-Porto, que nos permitiría converternos nun dos principais polos de dinamización económica do Norte da Península Ibérica”. Ao respecto, a Presidenta da Deputación de Pontevedra engadiu que “Portugal fixo o seu traballo, co proxecto de electrificación do tren entre Porto e a fronteira española, e agora quédalle ao goberno español apostar pola comunicación ferroviaria con Portugal que nos permita que o

territorio entre Porto e Vigo sexa un dos eixos que nos comunique con Europa”. A Presidenta da Deputación tamén lle propuxo ao Secretario de Estado poñer en marcha dous encontros, en Portugal e na provincia de Pontevedra, para visibilizar o papel das mulleres traballadoras e profesionais portuguesas que exercen a súa actividade na provincia de Pontevedra e españolas que o fan en Portugal. Xa para rematar a xornada, Carmela Silva foi recibida na sede da Asamblea da Re-

pública Portuguesa polo deputado Paulo Alexandre de Carvalho Pisco, co gallo de promover e fortalecer as relacións entre a provincia de Pontevedra e Portugal. Silva subliñou que “a mellor forma de celebrar o Día de Europa é apostar por impulsar redes de colaboración entre os países que conforman a Unión para promover sinerxías que permitan avanzar no desenvolvemento social, cultural, institucional e económico da Eurorrexión provincia de Pontevedra- Norte de Portugal”.

O GOBERNO DE CARMELA SILVA APROBA ACHEGAS POR VALOR DE PRETO DE 900.000 EUROS PARA OITO CONCELLOS DA PROVINCIA

As achegas enmárcanse na liña 1 do Plan Concellos 2017 que leva xa concedidos case 8 millóns de euros nestes primeiros meses do ano A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou axudas por valor de preto de 900.000 euros para que oito concellos da provincia poidan levar a cabo proxectos ao abeiro da liña 1 do “Plan Concellos 2017”. A Presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que “a través desta liña, dedicada a investimentos, estamos a permitir que núcleos de poboación da nosa provincia poidan poñer en marcha proxectos e actuacións para dotalos de infraestruturas, en moitas ocasións básicas, e garantir, así, a calidade de vida das súas veciñas e veciños”. Carmela Silva puxo en valor esta aprobación, que ascende a 894.512,28 €, a través da cal

Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Cuntis, Nigrán, Oia, Redondela e Ribadumia poderán poñer en marcha proxectos como “humanizacións e acondicionamentos de rúas e camiños municipais, impulsar e optimizar a rede de

saneamento, construír almacéns municipais ou mellorar a subministración de electricidade”. En concreto, Cambados recibirá 147.712,14 € para a humanización das rúas de Ourense e Pontevedra, Campo Lamei-

ro 97.105,50 € para a mellora de camiños en San Isidro, Laxe, Morañó e Gargallóns e Cangas 151.802,90 € para a humanización das rúas Baiona e Méndez Núñez. Amais, Cuntis recibirá 100.000 € para o saneamento da Casiña, Nigrán 88.585,29 € para a adquisición dunha parcela na que construír un almacén municipal, Oia 106.901,04 € para unha actuación integral no camiño de Refoxos, Redondela 135.360,92 € para a instalación de coletores de saneamento entre o Colexio de Porto Cabeiro ata a estrada N-550 e a Ribadumia 67.044,49 € para a legalización da subministración de electricidade.

As axudas aprobadas ata a data pola Deputación de Pontevedra dentro da liña 1 do “Plan Concellos 2017” ascenden a un total de 7.796.592,68 €, isto supón un 30,28 % do destinado a investimentos. Esta é a liña con maior dotación económica do programa e, cun orzamento de 25.750.000 € (fronte aos 25 millóns de 2016) significa o 62,5 % do total do plan. O “Plan Concellos 2017” ten asignado para este curso unha dotación de 41,2 millóns de euros, unha partida un 3% maior que a aprobada no ano anterior e que entre as súas tres liñas estratéxicas leva aprobado xa máis de 26 millóns de euros dende xaneiro.


8 // Maio 2017 //

| Deputación |

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBA O PROCEDEMENTO PARA A CONTRATACIÓN DA MUSEALIZACIÓN DO CASTELO DE SOUTOMAIOR

O 15 de maio retómanse as visitas teatralizadas ao Castelo, que se estenderán ata setembro e serán executadas pola empresa Troula Animación A Presidenta da Deputación de Pontevedra anunciou a aprobación do procedemento de contratación do deseño, produción, subministro e instalación da musealización do Castelo de Soutomaior. Carmela Silva informou que “do Plan de Viabilidade do Castelo de Soutomaior, que comezamos a executar coas visitas teatralizadas e coas sendas peonís, quedaba pendente o relativo á musealización que, coa aprobación do procedemento para a súa contratación, estamos xa a poñer en marcha”. A través deste contrato – tal e como asegurou Silva- regúlanse as condicións relativas aos traballos de musealización, desde o deseño, produción, subministro e sinalización ata a instalación de diferentes elementos “para poñer en valor, protexer e preservar este monumento declarado Ben de Interese Cultural e convertelo nun

foco de atracción turística e de dinamización económica”. Carmela Silva asegurou que as empresas que queiran optar ao contrato deberán “redactar un proxecto museográfico completo así como configurar os espazos expositivos, incluíndo a sinalización e a elaboración de recursos didácticos e educativos para todos os públicos en galego, castelán e inglés”. O obxectivo deste proxecto é renovar os contidos e a for-

malización museográfica do Castelo de Soutomaior, destacar a súa importancia no territorio, o seu valor simbólico e a súa traxectoria histórica. A través deste proxecto de musealización delimitarase tamén unha zona de control de acceso tanto ao castelo como aos xardíns e un espazo introdutorio. Amais, os eixos temáticos que deberá incluír o proxecto , ao menos, terán que abordar os dez séculos de historia do Castelo de

Soutomaior, a importancia do enclave do recinto para o control do territorio, a linaxe dos Soutomaior, o asalto e a destrución do castelo a cargo das revoltas Irmandiñas, a fortaleza como centro de poder político e económico, as figuras de Pedro Madruga, Cristóbal Colón e da Marquesa de Ayerbe, as continuas adaptacións do castelo e as reformas efectuadas dende o século XII ata o XX. A Presidenta da Deputación indicou que o prazo máximo para a realización dos traballos será de 28 semanas trala formalización do contrato para a musealización do Castelo de Soutomaior. Carmela Silva tamén informou que este ano se retoman as visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior e adiantou que comezarán o luns 15 de maio a cargo de Troula Animación S.L. Segundo declarou a Presidenta da Deputación, este ano

“faranse 34 funcións cunha duración de 45 minutos, cun cambio radical, cun novo enfoque, moito máis ambiciosas e máis enfocadas ao turismo familiar enmarcado na estratexia do Plan de Usos do Castelo”. Amais, tal e como adiantou Silva, “a adquisición das entradas farase a través de ataquilla. com, para facilitar os trámites ás persoas que queiran asistir e ter un mellor control do acceso”. A Presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que as visitas teatralizadas, que se rematarán de perfilar nos vindeiros días, estenderanse entre o 15 de maio e o 14 de setembro. Máis polo miúdo, en maio as visitas terán lugar os días 15, 18, 22, 25 e 29; en xuño o 1, 5, 8, 12, 19, 22, 26 e 29; en xullo os días 3, 10, 13, 17, 20, 27 e 31; en agosto o 7, 10, 14, 17, 21, 24, 28 e 31 e en setembro os días 4, 7, 11 e 14.

O CONSORCIO UNIVERSITARIO DA UNED DE PONTEVEDRA CELEBRA A PRIMEIRA XUNTA REITORA DO CURSO ACADÉMICO Na reunión tamén se deu luz verde a iniciar os trámites para poder impartir un novo Grau de Criminoloxía A Xunta Reitora do Consorcio Universitario do Centro Asociado á Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Pontevedra acordou, a aprobación da petición realizada polo Concello de Portas para a apertura dunha Aula Universitaria no municipio, que agora queda pendente da ratificación da Sede Central da UNED. Ademais, o órgano de goberno do Centro pontevedrés deu luz verde ao inicio da tramitación da solicitude para impartir o novo Grau universitario de Criminoloxía que se sumará á oferta de estudos oficiais da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Por outra parte, a Xunta Reitora do Consorcio procedeu á liquidación do exercicio económico do ano 2016. O total de gastos do Centro

da UNED de Pontevedra ascendeu a 1.667.611,68 €, repartidos en: 65% -coste do persoal laboral, 8,47% -persoal directivo, 8,10% -seguros sociais de todo o persoal do Centro, 3,51%-gasto corrente, 0,04%- gastos fi-

nancieiros, 54.96%- gasto total destinado á docencia e 3.27%-gasto total das obras realizadas. O informe económico presentado detalla tamén o incremento dos ingresos propios, procedentes, na súa

maior parte, da explotación da extension universitaria do Centro, que xa se convertiu na súa terceira fonte de ingresos, representando un 12,65% do total por detrás da aportación da Sede Central da UNED (37,03%) e a

Deputación de Pontevedra (17,54%). Órgano de control e tutela A Xunta Reitora é o órgano de control e tutela da UNED, composto por representantes de todas as entidades responsables do centro de estudos a distancia. Á reunión de hoxe, presidida pola Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tamén asistiron o Vicerrector adxunto de Centros Asociados da UNED, Vicente Pérez; o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o Director de ENCE, Antonio Casal; o representante do alumnado do Centro en Pontevedra, Benito López Pazos; a representante de tutores, Milagros Lores; o representante do PAS, Rafael Cotelo; a Secretaria do Centro, María Troncoso, e a Directora, Beatriz Rodríguez López.


// Maio 2017 // 9

| Deputación |

O GOBERNO DE CARMELA SILVA ACHEGA 22.000 EUROS PARA TRES NOVOS PROXECTOS PROVINCIAIS EN MATERIA DE IGUALDADE A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada pola deputada Isaura Abelairas, vén de asinar tres convenios de colaboración por valor de 22.000 € con tres entidades para o impulso da igualdade efectiva de oportunidades entre mulleres e homes. Estas sinaturas teñen por obxectivos tanto a detección temperá da violencia de xénero como a capacitación das persoas especialistas, así como o impulso dun programa provincial de intervención social con persoas en prostitución e/ou vítimas de trata sexual e a posta en marcha dun plan de formación en centros públicos de primaria, secundaria e de formación profesional sobre a Diversidade Afectiva e de Xénero (DAX). Máis polo miúdo, Silva asinou un convenio para a achega de 6.000 € á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos para o desenvolvemento do programa provincial “Camiño ao bo trato”. A Presidenta da Deputación subliñou “o papel fundamental desta asociación que traballa desde 1998 para atender, apoiar e acompañar a mulleres no proceso de ruptura cos malos tratos amais de formar e informar para impulsar a igualdade entre as persoas”. “Camiño ao bo trato”, como informou Silva, está dirixido a persoas interesadas na formación en xénero, aos profesionais de atención dos servizos sociais e ao profesorado e alumnado dos centros educativos da provincia de Ponteve-

dra coa finalidade de detectar de forma temperá casos de violencia machista. Para elo, afondarase e concienciarase na necesidade dunha visión desde a perspectiva de xénero, incorporando modelos igualitarios, favorecendo a adquisición de habilidades preventivas e dotando de medios que permitan acadar unha detección máis eficaz e operativa dos malos tratos. Carmela Silva tamén asinou un convenio coa asociación Faraxa mediante o cal a institución provincial achegará 10.000 € para impulsar un programa provincial de intervención social con persoas en prostitución e/ou vítimas de trata sexual durante este ano. A Presidenta da Deputación enxalzou o traballo que se está a desenvolver desde Faraxa, que “leva dende o 2009 ofrecendo cobertura en toda a nosa comunidade e incluso fóra dela para denunciar as

violacións dos dereitos humanos e combater a explotación sexual, amais de loitar para erradicar calquera forma de violencia contra as mulleres e de defender a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes”. A colaboración da Deputación con Faraxa estará centrada no traballo que a asociación leva a cabo mediante unha unidade móbil no propio medio no que se exerce a prostitución e na formación. A través destes dous medios preténdese mellorar a calidade de vida das persoas en prostitución e detectar situacións de grave violación dos dereitos humanos como é a trata sexual. Ao respecto, Silva subliñou que “aínda que a prostitución en España non está penada si o está a explotación sexual da prostitución allea e, lamentablemente, este delito que tanto atenta contra os dereitos das mulleres non se está a

perseguir coa dilixencia adecuada”. A Presidenta da Deputación tamén asinou esta tarde un convenio coa asociación Nós Mesmas mediante o cal a institución provincial achega 6.000 € para poñer en marcha un plan de formación en Diversidade Afectiva e de Xénero (DAX) en centros públicos de primaria, secundaria e de formación profesional da provincia de Pontevedra. Carmela Silva subliñou o importante papel que está a desenvolver Nós Mesmas que “dende o 2008 está a defender os dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais e que tanto traballa nas escolas e centros educativos para divulgar a Diversidade Afectiva e de Xénero e rachar co bulling homofóbico”. A través da colaboración entre a institución provincial e Nós Mesmas preténdese promover o pleno desenvolvemento da

personalidade e capacidades afectivas do alumnado; impulsar a formación no respecto á diversidade e aos dereitos e liberdades; recoñecer, respectar e visibilizar a diversidade afectiva e de xénero e proporcionar ferramentas e recursos ás aulas para enfrontar unha situación de acoso LGTBfóbico. Para acadalo, tal e como informou Silva, “levaranse a cabo tanto campañas de sensibilización para visibilizar a Diversidade Afectiva e de Xénero e loitar contra a LGTBfobia, como charlas formativas sobre Diversidade Afectiva e de Xénero nos centros educativos e xornadas de formación intensiva para o profesorado”. Mediante estas tres sinaturas de convenios coas asociacións Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, Faraxa e Nós Mesmas, a institución provincial manifesta, en palabras de Silva, “o noso auténtico compromiso coa igualdade”. A Presidenta da Deputación asegurou que “queremos apoiarvos e traballar con vós, xuntas e xuntos, da man, para impulsar e defender a igualdade efectiva entre mulleres e homes, para erradicar a violencia machista, para eliminar todo tipo de delitos que atenten contra os dereitos humanos, para combater a explotación sexual, para garantir a igualdade, a non discriminación e protexer verdadeiramente os intereses de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais na provincia de Pontevedra”.

“SMARTPEME” DUPLICA O NÚMERO DE PARTICIPANTES NOS CURSOS DE FORMACIÓN SOBRE AS TIC NO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2017 “SmartPeme”, a iniciativa de asesoramento sobre novas tecnoloxías dirixido a PEMES, persoas autónomas e emprendedoras posta en marcha polo goberno de Carmela Silva, prestou servizo a máis de 800 proxectos empresariais nestes primeiros tres meses de 2017, o que supón un incremento do 47% respecto ás 556 persoas que participaron nos seus obradoiros no mesmo período do ano anterior. Trátase

duns datos moi positivos que poñen de manifesto a utilidade do proxecto e que veñen a ser o resultado dos esforzos da Deputación por relanzar este programa de asesoramento. En concreto, entre xaneiro e marzo de 2017 o “SmartPeme” ofreceu 91 cursos, 10 máis que os impartidos o ano pasado, nos que participaron 832 persoas. Os cursos foron do máis variado, dende formación básica en redes

sociais, almacenamento de datos na nube ou como usar Instragram na empresa, ata o uso de ferramentas de traballo específicas como Hootsuite ou Facebook Ads. Ademais, nestes primeiro trimestre de 2017, os servizos de asesoramento de SmartPeme foron solicitados po 297 empresas, fronte ás 221 que o fixeron no curso anterior, o que permitiu resolver 422 consultas relacionadas con diversos ámbitos

das TIC, o que representa un aumento de case o 50%. O proxecto de asesoramento, que da servizo a toda a provincia a través dos 6 puntos de atención nos concellos de Cambados, Lalín, Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo, e da páxina web smartpeme.depo.es, está permitindo que cada vez máis axentes do sector empresarial se aproveiten destes servizos para mellorar a produtividade e in-

crementar as ventas dos seus negocios. Precisamente, estas liñas de traballo, o asesoramento e a capacitación tecnolóxica, permiten dotar ao tecido empresarial pontevedrés as ferramentas necesarias para competir nun mercado cada vez máis globalizado, onde a xestión da información e a presenza en medios web son unha necesidade dos negocios en calquera sector produtivo.


10 // Maio 2017 //

| A Lama |

A LAMA VOLVERÁ A APOSTAR POLO CODILLO ESTOFADO CON GUARNICIÓN NA XVII FESTA DE EXALTACIÓN GASTRONÓMICA QUE SE CELEBRARÁ O 21

O xurado decidiu este prato con non poucas dúbidas debido á calidade e o bo sabor dos outras dúas modalidades preparadas para a ocasión presentadas pola empresa encargada do cátering

O xurado encargado de realizar a cata previa á celebración da XVII Festa do Codillo, que terá lugar na Alameda da Lama o domingo 21 de maio, decantouse pola prepación tradicional, é dicir, estofado con guarnición presentada pola empresa Grupo

Galego de Cátering Arelas, de Vincios (Gondomar). Os examinadores, entre os que estaba o propio alcalde Jorge Canda e o concelleiro José Sobral, ademais de probar o codillo estofado, tamén degustaron a súa variedade en viño mencía con salteado

de verduras e patacas con pemento de piquillo recheo de verdura con teto así como o codillo en salsa de froitos secos con arroz branco e grelos con queixo do Cebreiro. Por outra banda, o alcalde, Jorge Canda, aproveitou a cata para lembrar que a XVII Festa do Codillo da Lama celebrarase o domingo 21 de maio, a partir das 14 horas, na Alameda lamense e no que se contempla un prezo para as racións de 12 euros, o mesmo do pasado ano, que dá dereito ademais da o codillo estofado a pan, cubertos e un prato de barro conmemorativo do evento que os comensais poderán levar como recordo. O alcalde da Lama, Jorge Canda, manifestou a súa satisfacción polo gran interese

que levanta esta festa non só entre os residentes no municipio senón entre os centos de persoas que se achegan ata A Lama para participar neste evento de exaltación gastronómica dun dos manxares máis populares de Galicia, neste caso o codillo. Novamente a empresa Cá-

tering Arelas, representada por Rosa María Fragueiro, será a encargada de servir as racións de codillo, pan e viño que terá un prezo popular de 12 euros para favorecer a participación cidadá que prevé superar as cifras da edición pasada e tentará chegar ao milleiro de persoas.

O ALCALDE DA LAMA ENTREVISTOUSE COA PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN

O alcalde da Lama, tras entrevistarse coa presidenta da Deputación, creará unha comisión de estudo para elevar unha proposta de colaboración entre administracións para revitalizar as “Colonias” O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, cualificou de moi positiva a reunión mantida coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a quen lle trasladou a súa preocupación polo estado de abandono no que se atopan “As Colonias”, en Covelo. Debido á receptividade da responsable do ente provincial, o alcalde creará unha comisión multidisciplinar para presentar un estudo que permita unha actuación coordinada de distintas administracións para revitalizar este antigo complexo de goce xuvenil. Así mesmo, durante a reunión, Jorge Canda comentoulle á presidenta da Deputación a necesidade de que o ente provincial actuase nos viarios EP-306 e EP-307 co fin de mellorar a seguridade viaria na zona. Estas peticións erán estudadas polo deputado delegado, Uxío Benítez, que é quen ten a responsabilidade directa sobre o tema.

En canto ás demandas de Jorge Canda para a EP-306, que une os lugares de Ponte Verdugo, Cambeses e Barcia de Seixo, estas centráronse en reclamar a finalización dun tramo de 4 quilómetros para que todo o traxecto, duns 16,3 quilómetros, conten cun ancho de 6 metros na calzada. Tamén pediu a reposición da pintura e a sinalización tanto horizontal como vertical deste viario así como a mellora do firme na antiga ponte en Ponche Verdugo, xunto á praia fluvial, que se atopa en situación deplorable. Polo que respecta á EP-307, entre O Peso e Caroi, Jorge Canda sinalou a necesidade de finalizar 2 quilómetros do viario e a reparación dos 9 quilómetros totais de que consta o trazado co fin de que poida alcanzar os 6 metros de ancho no pavimento e así mellorar a seguridade viaria. Ese ensanche e a posibilidade de corrixir ou eliminar algunha curva foron as principais reclamacións

presentadas polo alcalde da Lama á presidenta da Deputación. Ademais, o alcalde da Lama e a presidenta da Deputación de Pontevedra abordaron a necesidade de completar a Estatua ao Emigrante que existe na contorna das Ermitas e que, froito do vandalismo, atópase incompleta. Carmela Silva comprometeuse a solicitar a colaboración da Escola de Canteiros para atopar unha fórmula que permita culminar adecuadamente esta

obra de homenaxe aos miles de persoas que saíron destas terras para emprender o difícil e incerto camiño da emigración. Finalmente, Jorge Canda trasladoulle a Carmela Silva a súa preocupación pola falta de compensación económica do Estado ao Concello da Lama polos servizos e a atención que se presta ás 1.400 persoas que conforman a poboación recluída do centro penal que, a pesar de supoñer un número de residente importante non computan

a nivel da distribución que o Estado fai sobre os tributos que destina aos municipios. A presidenta mostrouse “moi receptiva a estudar ou noso plantexamento e comprendeu vos nosos argumentos á hora de reclamar que se tenña en conta á poboación recluída non repartición dos fondos do Estado e esperemos tamén que se contemple tamén este tema cando trátese de destina-os fondos do Plan Concellos dá Deputación de Pontevedra”, manifestou Jorge Canda. Tamén falaron sobre a necesidade de manter a disposición dos veciños e veciñas da Lama dunha oficina do ORAL no Concello que puidese prestar estes servizos unhas hora á semana ou unha xornada enteira cada 15 días co fin de que non se producisen discriminacións neste sentido con outros municipios similares e ao mesmo tempo contribuísese a mellorar a relación entre este organismo recadador e os administrados.


| Publicidade|

// Maio 2017 // 11


12 // Maio 2017 //

| Ponte Caldelas |

PONTE CALDELAS DEMOSTRA O SEU POTENCIAL NO DOMINÓ ACOLLENDO O TORNEO DE MAIOR PARTICIPACIÓN Un dos tres equipos locais impúxose na cita anual co seis dobre

H

oubo ruído de fichas en Ponte Caldelas. A oitava edición do Torneo de Dominó encheu os locais da discoteca Mica (antiga Reivi) e bateu o seu récord de participación con 66 parellas, agrupadas nunha decena de equipos. Un torneo que organizan a Asociación Cultural Recreativa Verdugo, a Federación Galega de Dominó e o Concello de Ponte Caldelas.

O

torneo disputouse ao longo de todo o día con catro partidas por parella pola mañá, parada para comer e as últimas tres partidas xa

pola tarde. Despois dunha xornada de intensa competición impúxose o equipo A da ACR Verdugo, mentres que o segundo e terceiro posto foron para dous equipos do potente club de Sada. Na clasificación por parellas dominou Sada, que conseguiu colocar a Plácido CastroRicardo Arévalo e Rafael Fiestras-Abelardo nos dous primeiros postos, seguidos por Oswaldo Vilariño-José Alonso do club Deza. Os primeiros locais, no cuarto posto, foron José Otero-Eliseo Cerdeira, do Verdugo A.

O

torneo, disputado en sistema aberto, o que permitía ao público acercarse a contemplar as partidas, foi todo un éxito de participación, ao congregar deste xeito 132 persoas xogando durante todo o día.

A

ACR Verdugo participou con tres equipos (cada un composto por entre 4 e 7 parellas) o que demostra o arraigo deste xogo en toda a bisbarra. De feito, o club caldelán é o que conta con máis

socios de toda Galicia ao ter un total de 64 xogadores federados, procedentes non só de Ponte Caldelas, senón dos concellos da contorna.

O

torneo, que contou cunha decena de equipos, cede agora a quenda a Cangas, que acollerá a próxima cita por partida dobre, xa que ademais do torneo, será a sede do Campionato galego.

A SEGUNDA ANDAINA DO “PATEA TAPEA” SERVIU PARA GOZAR DO SENDEIRO AZUL, O CAMIÑO DE RORIZ E O FOXO DO LOBO Un cento de persoas desafiaron ao mal tempo e saíron para participar na segunda andaina do programa municipal “Patea Tapea”. O comezo foi na praia fluvial da Calzada, ás 10 horas, e consistiu nun roteiro circular de 13 Km polo Sendeiro Azul, camiño de Roriz e o Foxo do Lobo de Laxoso. O tapeo de rigor celebrouse, á volta a Ponte Caldelas, nos bares Alameda e Parada. Entre os asistentes había membros do equipo de goberno, encabezados polo alcalde, Andrés Díaz. A organización previu tamén atallos para os que

non quixeran completar a totalidade do percorrido aos 6 e aos 8 Km. O “Patea Tapea” é unha iniciativa do Goberno local do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, para a dinamización social do municipio. Inclúe saídas ao longo de todo o ano con traxectos diferentes e utilizando a nova rede de sendeiros intercomunicados de Ponte Caldelas. Ao tempo, o Concello está ocupándose da restauración de toda a sinalización existente, que estaba moi danada, da limpeza da vexetación invasora e incorporación de novos camiños.


| Publicidade |

// Maio 2017 // 13


14 // Maio 2017 //

| Ponte Caldelas |

PONTE CALDELAS ESTREA UN FUNCIONAL CARRIL-BICI PARA ACCEDER Á PRAIA DA CALZADA O Goberno local reforma o paseo máis representativo da vila, corrixindo o seu abandono, e combinando estética con seguridade viaria Ponte Caldelas estrea esta ponte festiva o seu primeiro carril-bici, unha vía vermella de case un quilómetro de lonxitude para unir o centro urbano coa praia da Calzada. O Goberno local, case ao completo, desprazouse para gozar do que foi cualificado como a guinda final da profunda remodelación realizada do paseo Cordo Boullosa, a carón do río Verdugo. O alcalde, Andrés Díaz, acompañado de concelleiros do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, aproveitou para percorrer en bicicleta a nova dotación, coa que circulación ciclista queda perfectamente separada dos vehículos. Trátase dun traxecto completamente chan, polo que, ademais de proporcionar un acceso inmellorable á praia fluvial, serve tamén como alternativa de lecer para a veciñanza nunha paisaxe de gran beleza. Os equipo de goberno considera tamén esta obra como un importante avance na seguridade viaria nunha vía pola que circulan numerosos rapaces. Un aspecto no que tamén se incide coa instala-

ción de tres pasos de peóns elevados ao longo do remozado percorrido que vai da ponte ata a praia. Andrés Díaz subliñou o estado, completamente desastroso, no que o actual Goberno local se atopou o paseo da Calzada, cheo de fochancas e cun asfalto descarnado ou levantado por tramos, que mesmo foi necesario fresar

parcialmente para garantir un correcto asentamento da nova capa de rodadura. Grazas ás obras realizadas, cun orzamento moi próximo aos 100.000 euros, o paseo loce un aspecto magnífico e está correctamente sinalizado horizontal e verticalmente, cos espazos para vehículos, bicicletas e peóns perfectamente separados.

O carril-bici foi posible grazas á ampliación de sección nas zonas máis estreitas. O Concello contou coa colaboración dos propietarios, aos que compensou construíndolle novos muros de contención. Ademais de todo elo, procedeuse á reparación das beirarrúas, que presentaban danos moi visibles, así como á retirada de bordos agresi-

vos de pedra e á reparación completa da rede de iluminación, dotándoo de lámpadas con tecnoloxía led. Andrés Díaz afirma que ponse así fin ao vergoñento estado en que se atopaba un paseo que é un dos emblemas do municipio, ao constituír o acceso á única praia fluvial de toda España con bandeira azul. Un abandono que cualificou como incomprensible e ben representativo da “herdanza” que deixou o anterior Goberno municipal do PP. Por outra banda, o Goberno local está a rematar os trámites para a adxudicación da explotación do bar-kiosko da praia da Calzada. Despois de ter recibido varias ofertas están a estudarse as condicións ofrecidas para garantir o mellor servizo por un período de catro anos. Quedará tamén, deste xeito solucionada, outra das eivas de xestión coas que se atopou o novo Goberno municipal, pois a instalación estaba explotada en precario e mesmo houbo que adxudicala provisionalmente o pasado verán por mor da renuncia da súa anterior concesionaria.

OS VECIÑOS DE PONTE CALDELAS GOZARON DE PORTUGAL E PREPARAN XA A SEGUINTE EXCURSIÓN AO BARBANZA A expedición de Ponte Caldelas, que gozou dos encantos de Portugal, chegou sen novidade, despois de gozar durante dous días da oferta turística das localidades de Caldas da Raínha, Óbidos, Peniche e Aveiro. Unhas 107 persoas sumáronse a esta primeira saída con pernoita incluída, organizada polo Concello dentro do programa “Ponte Caldelas na ruta” para a dinamización sociocultural do municipio. A satisfacción entre os participantes foi total e tiveron ocasión especialmente de gozar dos paseos en “moliceiro”, é dicir das embarcacións que surcan as augas da ría de Aveiro.

Os asistentes valoraron de xeito moi positivo a estancia no hotel de Caldas da Raínha, así como a organización e a calidade das excursións programadas. Tanto foi así que xa recabaron información sobre a seguinte cita deste programa, que inclúe media ducia de excursións ao longo do ano. A próxima saída será ao Barbanza e terá lugar o próximo 11 de xuño. O prazo para facer a reserva será entre o 10 de maio e o 2 de xuño. As persoas interesadas deberán achegar os seus datos e ingresar o importe da comida, que será de 12 euros. O Concello corre co resto dos gastos.


// Maio 2017 // 15

| Ponte caldelas |

O CONCELLO APOIA Á ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE PONTE CALDELAS E CÉDELLE UN LOCAL NO CENTRO URBANO

“É un paso moi grande, agora estamos no noso mellor momento” afirma a responsable do colectivo feminino, Pilar Vidal A asociación de Mulleres Rurais de Ponte Caldelas está de mudanza. Esta semana estreou o novo local, cedido polo Concello, no Pavillón Municipal, onde, a partir de agora, vai despregar a súa ampla actividade cultural, formativa e de lecer. O acto de inauguración celebrouse coa asistencia de varias decenas de socias, acompañadas do alcalde, Andrés Díaz. O Goberno local, formado pola coalición entre PSdeG-PSOE, AVP e BNG, apoia deste xeito a un dos colectivos máis dinámicos de Ponte Caldelas, pois as Mulleres Rurais desenvolven actividades tan variadas como cursos de costura, encaixe de bolillos, Pilates, cestería, excursións, andainas, charlas e conferencias. No seu haber figuran tamén as subvencións que tramitan anualmente diante da Deputación para financiar outras actividades ou a asistencia anual á feira de Vila Nova de Cerveira. Sen embargo, un dos seus principais signos de distinción é o grupo de

teatro, que xa representou tres obras, e actualmente ten en cartel “O anel máxico”. Andrés Díaz enxalzou a forte actividade despregada polas Mulleres Rurais, sempre activas e enraizadas na vida do municipio, polo que cualificou como un acto de xustiza a cesión deste local, que vai permitir o emprendemento de novas iniciativas. Deste xeito, a asociación abandona a Casa do Pobo de Cuñas, onde ata o de agora estaba aloxada, e pasa a dispor dun local gratuíto, evitando así o pago da cota que anteriormente satisfacían para colaborar cos gastos xerais. O local municipal, que anteriormente acollía as clases dos obradoiros, foi acondicionado polas propias Mulleres Rurais coa colaboración do Concello. Conta xa con instalación de fontanería e só falta dotalo dalgúns elementos como cociña, forno e frigorífico para poder desenvolver as actividades relacionadas coa cociña.

Pilar Vidal, tesoureira da asociación caldelán, subliñou que neste momento están “no mellor momento”. “Acabamos de dar un paso moi grande porque agora estamos no centro e moitas das nosas socias xa poderán vir camiñando e as que tiñan que desprazarse terán tamén máis facilidades”.

O reto que agora se poñen por diante é o de crecer e incorporar a xente nova que se vaia preparando para tomar o relevo dunha asociación moi importante na dinamización do tecido social do municipio. “Estamos facéndonos maiores e cómpre ir achegando á mocidade”, recalcou Pilar. As Mulleres Rurais puxé-

ronse en marcha hai seis anos con só 15 socias e a día de hoxe son 75 as que están dadas de alta e participan activamente. Proceden de todos os lugares de Ponte Caldelas e agora confían en crecer, aínda máis, grazas ao novo local e a un programa de actividades cada vez máis completo.

AS OBRAS DE MELLORA NA REDE DE RECOLLIDA DE PLUVIAIS SOLUCIONAN AS INUNDACIÓNS EN DÚAS CASAS DE A ROCA O Concello de Ponte Caldelas continúa corrixindo os múltiples problemas existentes na rede de recollida de augas pluviais do municipio. Durante a pasada semana, os operarios municipais traballaron no lugar de A Roca para solucionar as inundacións que afectaban a dúas vivendas unifamiliares. Na parte alta de A Roca colocáronse novos tubos, de maior sección, para absorber as augas dos días de fortes choivas e evitar así os desbordamentos. Na parte baixa do pobo realizouse a mesma operación para dar saída as augas e reparouse un muro de contención.

O Goberno local caldelán está a realizar este tipo de obras por todo o municipio, dando así resposta ás peticións veciñais. Aínda que non foi o caso da mellora realizada en A Roca, en varios lugares si foi preciso mesmo reparar obras recentes realizadas polo anterior Goberno municipal, porque a sección dos tubos colocados non era suficiente. O alcalde, Andrés Díaz, anticipa que continuarán realizándose este tipo de actuacións, moi necesarias en varios núcleos situados en pendente e confía en ter todos os casos solucionados ao longo deste mandato municipal.


16 // Maio 2017 //

EU NON VOU COMETER NINGÚN DELITO PO

Entrevista con Andrés Díaz sobre a sentenza que converte en traballad O PP chegou a pagarlles sen contrato, ademais de vacacións e baixas por maternidade, a pesar de me de que se eu renovaba ese contrato estaría prevaricando”

O Concello de Ponte Caldelas vén de anunciar a súa intención de recorrer diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a sentenza do Xulgado do Socia doras autónomas (avogada e psicóloga) que atendían o Centro de Información á Muller. O xuíz entende que existía relación laboral, algo do que o Concello como calquera empresa de servizos ás que se lle pagan facturas polos servizos prestados. Aínda máis, sostén o Concello que o único que fixo foi non prorr aclarar todo isto falamos co alcalde, Andrés Díaz. -Por que presentan recurso diante desta sentenza? -Porque o Concello non pode asumir como persoal laboral propio e fixo a dúas traballadoras autónomas, que foron contratadas polo anterior equipo municipal do PP para prestar un servizo. Unha vez que remata ese servizo non poden pasar a formar parte do cadro de persoal do Concello. Nós defendemos que a porta de entrada á Administración é a mesma para todos e chámanse Oposicións. Non pode ser que para contratar un auxiliar administrativo haxa que convocar unha Oposición e que estas dúas traballadoras, equiparadas ao grupo A1, é dicir co salario máximo, entren pola porta de atrás, só polas chapuzas que herdamos do PP.

que non compartamos o fallo desa sentenza, pero nos Feitos Probados deixa moi clara a escandalosa cadea de irregularidades cometida polo anterior alcalde e a anterior Xunta de Goberno do Partido Popular. Entre o 13 de xullo de 2006 e o 1 de xaneiro de 2015, o servizo foi adxudicado 6 veces, sempre ás mesmas traballadoras (avogada e psicóloga). Non só iso, senón que se prorrogou noutras cinco ocasións. ¡Seis contratos e cinco prórrogas a dedo! Non obstante, o máis destacado é que en tres períodos distintos, que totalizan uns 7 meses, traballaron sen contrato e cobrando as súas facturas. Recalco o das facturas, porque alguén debería explicar como se pode facturar estando sen contrato. E peor aínda, o propio xuíz se manifesta estrañado de que se puideran dar vacacións anuais retribuídas e dous permisos de maternidade. Recalco que falamos da contratación dun servizo externo, con profesionais autónomas, e non de traballadores municipais. E todo iso foi autorizado, como di a sentenza, polo anterior alcalde.

-Asegura vostede que isto é unha consecuencia da xestión do PP, é dicir que todo se remonta a antes da súa chegada a Alcaldía? Como argumenta iso? -Pero non podía vostede prorrogar o servi-Eu son alcalde dende xuño de 2015 e todas as irregu- zo e evitarse todo este lío? laridades son anteriores á miña chegada. Invito a todo o mundo a que lea a sentenza do xuíz. Unha cousa é

-Non. De ningunha maneira. En xaneiro de 2016 re-

matou o último deses contratos. Eu reuninme coa secretaria municipal e a interventora e ambas dixéronme moi claramente que sería ilegal esa prórroga. Que xa tiñan informado negativamente en todos os contratos e prórrogas anteriores. Que o anterior alcalde pasou por alto eses informes e que lles dicía que o CIM só seguiría aberto mentres houbera subvención da Xunta e que, por tanto, non estabamos xerando dereitos laborais para dúas persoas que, insisto, son autónomas e non persoal municipal. Insisto, avisáronme de que non se podía prorrogar.

-Hai quen pode pensar que se ao anterior alcalde non lle pasou nada, tamén podía vostede seguir a mesma estratexia e continuar prorrogando. -O curioso é que eu teño que dar explicacións pola enorme chapuza que fixo o PP. O curioso é que a min o xuíz dime iso mesmo, que podería prorrogar como facía o que estaba antes, pero non me aclara como podía facelo coas advertencias da secretaria e da interventora, que me dixeron moi claramente que podía estar incorrendo nun suposto delito de prevaricación. Iso é unha


// Maio 2017 // 17

OR TAPAR AS ILEGALIDADES DO PP CO CIM

doras fixas ao persoal do CIM que son autónomas – “Os técnicos avisáron-

al que declara a existencia dunha relación laboral coas dúas traballao discrepa, xa que eran dúas traballadoras autónomas, contratadas rogar un contrato que remataba o pasado 31 de decembro. Para das principais razóns polas que presentamos este recurso. Creo que hai unha contradición que o xuíz non nos aclara. Ademais, eu teño moi claro que non paso por enriba dos informes dos técnicos municipais e non asino resolucións potencialmente prevaricadoras.

-Valoran pedir responsabilidades patrimoniais ao anterior alcalde e á anterior Xunta de Goberno local? -Se o Concello de Ponte Caldelas é finalmente condenado a pagar polas chapuzas que eles nos deixaron sobre a mesa, a miña opinión é que hai que esixir responsabilidades para que sexan eles os que paguen. O “calote” das súas chapuzas non pode correr por conta dos veciños do noso municipio. Aínda que esa é a miña opinión persoal e neste Goberno local todas as decisións se toman por consenso das tres forzas que gobernamos, é dicir PSdeG-PSOE, AVP e BNG.

-Cabe tamén preguntarse se Ponte Caldelas, con 5.500 habitantes, necesita un Centro de Información á Muller?

-Ponte Caldelas, igual que o resto dos municipios de Galicia, necesita ter ás mulleres vítimas de violencia de xénero ben atendidas. Se o chamamos CIM ou outra cousa é menos importante. O CIM de Ponte Caldelas era o máis pequeno de Galicia. Ningún concello do noso tamaño ten CIM propio e exclusivo. Nós tiñamos unha avogada de luns a xoves (4 días á semana). A mesma avogada traballa os venres, é dicir, un só día á semana, no CIM comarcal de Soutomaior (que cobre tamén Vilaboa e Pazos). É dicir, catro días para 5.500 habitantes e un só día para 18.000 habitantes. E aos da Xunta dalles igual, porque mentres lle pasan a pelota aos concellos se despreocupan. Como sempre. Aínda máis tiñamos unhas horas de atención homologables ás de Vigo ou Pontevedra. ¿A quen lle entra iso na cabeza? A min non me toca valorar o traballo que facían esas traballadoras, ás que expreso o meu respecto porque, a fin de contas defenden os seus dereitos. Como alcalde tócame organizar os servizos para que sexan acaídos e adaptados ás necesidades. Agora temos unha avogada especializada en Dereito de Familia, que atende a todos os veciños. Nos cinco meses que leva con nós atendeu centos de consultas. Pero, en materia de violencia de xénero case non tivo traballo. Esa é a realidade. O resto é demagoxia e manipulación.

-E como leva vostede os ataques políticos por este asunto? -O PP debería avergoñarse por non ter quedado calado, que era o que tiñan que facer. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, atreveuse a chamarme machista, sen coñecerme de nada. Esixinlle dúas veces desculpas en atentas cartas, pero se nega. Ese é o nivel institucional que ofrece o PP. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, o señor Cores Tourís, tamén se atreveu a falar cando el, cando era alcalde de Cambados pechou o CIM. O PP levou o tema ao Parlamento de Galicia. O vicepresidente Rueda Crespo visitou A Lama o día de Reis para criticar a Ponte Caldelas. Hai unha sobreactuación do PP absolutamente bochornosa. Sabe todo o mundo que xa hai sentenzas anteriores sobre problemas laborais coas traballadoras dos CIM, como sucedeu hai non moito en Marín. Isto non vai de maior ou menor compromiso social, senón de demandas laborais equivalentes ás que poden xurdir en calquera outro servizo municipal prestado en réxime de contratación administrativa. Así que pido humildemente respecto. E, de paso, un pouco de educación antes de poñerse a insultar.


18 // Maio 2017 //

| Soutomaior |

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR PON EN SERVIZO A PONTE COLGANTE DO VERDUGO A TEMPO PARA A APERTURA DA VEDA DE PESCA O acondicionamento da pasarela contou cun orzamento de case 6.000 euros que foron financiados pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, inspeccionaron o resultado dos traballos de acondicionamento da coñecida ponte colgante sobre o río Verdugo. A pasarela entrou novamente en servizo o primeiro día deste mes para atender as demandas dos afeccionados á pesca deportiva para a apertura da veda de pesca, así como do resto de usuarios desta zona recreativa durante a tempada estival. Os traballos consistiron na retirada e substitución dos 145 taboleiros, coas súas correspondentes fixacións metálicas, que compoñen a pasarela. A actuación, solicitada polo Concello de

Soutomaior á Consellería de Medio Ambiente, contou cun orzamento de case 6.000 eu-

ros que foron afrontados na súa totalidade polo ente autonómico.

“A renovación da pasarela da ponte colgante supón unha necesidade atendida

xusto a tempo xa que esta zona é un dos grandes atractivos naturais de Soutomaior”, declarou o alcalde de Soutomaior, que definiu este enclave como “un remanso de paz cun ambiente único”. A ponte colgante sobre o Verdugo atópase na unión do devandito río co Oitavén, e conta cunha elevación de 6 metros sobre o nivel habitual do río. Conta cunha pequena praia fluvial na súa marxe esquerda e diferentes restos de antigos muíños nos arredores. Esta parte do curso do río conta cunha importante afluencia durante todo o ano xa que ademais dos tradicionais bañistas, tamén é frecuentada habitualmente por afeccionados á pesca deportiva, á fotografía e á natureza en xeral.

400 ESCOLARES ASISTEN Á ESTREA DO OBRAS DO NOVO INSTITUTO FESTIVAL REDONDELA EN CURTO PÚBLICO DE SOUTOMAIOR Agustín Reguera e Ignacio López-Chaves Máis de 400 nenos e nenas, procedentes de varios centros escolares, déronse cita no edificio Multiusos de Arcade para a estrea do festival Redondela en Curto, que este ano visita por primeira vez o concello de Soutomaior. A cita contou coa participación do campión do mundo de tenis en cadeira de rodas, Martín da Ponte, que compartiu as súas experiencias cos alumnos antes do comezo da proxección. A sesión desta mañá forma parte da sección do festival dedicada ao cinema con carácter educativo titulada

“Cinema non Ensino”. Organizada pola asociación de persoas con discapacidades especiais Andaina, esta sección ten como obxectivo o concienciar aos máis de 1300 escolares participantes nesta edición sobre integración social e diversidade funcional. Para iso, ademais da proxección de diversos curtos de animación nos que se transmiten valores de integración e respecto, os pequenos asisten a unha breve charla cun personaxe de relevancia que sirva aos alumnos como exemplo de superación.

A personalidade convidada para a proxección desta mañá foi o novo campión do mundo de tenis en cadeira de rodas, o vigués Martín da Ponte, que compartiu cos alumnos a súa experiencia, desde o diagnóstico da súa enfermidade, ata a súa participación nos últimos xogos olímpicos disputados en Río de Janeiro e a súa vitoria no campionato do mundo. Unha inspiradora historia de superación que fixo as delicias dos pequenos. O acto tamén contou coa participación do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que fixo entrega dun recordo ao campión vigués pola súa colaboración. Durante a súa intervención, o alcalde destacou a importancia desta clase de iniciativas, “que pretenden facer unha sociedade mellor inculcando valores a través do cinema, dunha maneira divertida para os máis pequenos”, que tras agradecer a súa visita a Martín da Ponte afirmou que “con bos exemplos edúcanse as boas persoas”.

comprobaron o avance dos traballos

O

alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio LópezChaves, visitaron os traballos de construción do novo instituto público de Soutomaior.

S

egundo puideron constatar, os traballos avanzan a bo ritmo e dentro do prazo previsto. Actualmente, tal e como informaron esta mañá os responsables técnicos dos traballos, xa está practicamente finalizados os cimentos do novo centro e espérase que para finais deste verán xa debería estar lista a estrutura principal do edificio.

O

novo instituto terá capacidade para 480 alumnos, con 12 unidades de ESO e 4 de Bacharelato, e a súa construción cobre a necesidade educativa dun dos municipios con maior índi-

ce de natalidade de Galicia. Isto tradúcese nunha gran necesidade de prazas escolares para os próximos anos que ao ser cuberta axudará a fixar a poboación no municipio, contribuíndo así ao seu crecemento.

N

este sentido, o alcalde de Soutomaior declarou que se trata “dunha obra fundamental para o futuro do municipio, polo que as institucións debemos manter unha actitude vixiante e axudar a que todo avance da mellor maneira”.

P

ola súa banda, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, LópezChaves, manifestou que este centro “vén cumprir o compromiso do departamento educativo da Xunta coas crecentes necesidades de prazas de escolarización que ten Soutomaior e para o que a Xunta destinará máis de 5 millóns de euros”.


// Maio 2017 // 19

| O Porriño |

ACTOS DE CELEBRACIÓN DO 25 ANIVERSARIO DO IES RIBEIRA DO LOURO A alcaldesa, Eva García de la Torre, e a concelleira de Educación, Lourdes Moure, asistiron á celebración dos 25 anos de vida do IES Ribeira do Louro, un acto que se celebrou no propio centro e no cal os estudantes e os profesoresactuais e pasados- foron os protagonistas. A actual directora do instituto de Torneiros, Juana Muñoz, fixo unha lembranza da historia deste centro no que na actualidade estudan ao redor de 630 alumnas e alumnos e imparten ensino máis de 60 profesoras e profesores. A directora resumiu este cuarto de sáculo do IES Ribeira do Louro cunha palabra, “innovación”. “Innovamos coa Educación Secundaria Experimental, converténdonos nun referente para os centros da ESO; implantamos o módulo de nivel II de Albanelería, os Ciclos Medios de Equipos Electrónicos de Consumo e impartimos, integramente, ESO, Bacharelato, Ciclos Medios e Superiores de FP, Programas de Garantía Social,

Educación e Adultos de Nivel I e II e Educación Secundaria de Adultos”. Ademais, o Ribeira do Louro é unha referencia en Proxectos Internacionais, e os seus estudantes e profesores interviñeron, en estes anos, e máis de 500 experiencias educativas en países tan variados coma China, Albania, Estados Unidos, Noruega, Reino Unido, Romanía, Malta, Alemaña, Bosnia, Francia ou a India, en iniciativas coma EREASMUS, Travelcom, LinguasNet, Chinesecom, Emport ou School Bulying, en materias coma o marketing, inmigración, mellora da competencia, ensino de chinés elemental, accións contra o acoso racial e a xenofobia ou riscos das redes sociais ou Internet. Pola súa banda, a alcaldesa, logo de felicitar a toda a comunidade do Ribeira do Louro por estes 25 anos de vida, transmitiu o seu “orgullo polo excelente labor da comunidade educativa do Porriño” e polo traballo dos ensinantes que, ademais de coñe-

cementos e destreza no eido das súas materias, “educan en valores tan importantes coma a inclusión, a solidariedade, ou a igualdade”. Eva García de la Torre subliñou que os organismos públicos, neste caso a administración local, ten que “poñer os medios necesarios para

eliminar todas as barreiras que poidan ter as alumnas e alumnos para recibir unha educación igualitaria, unha educación de calidade”. García de la Torre comprometeuse con este principio e adiantou que fará todo o que estea na súa man para facer realidade unha “vella deman-

da” do centro que é a apertura dun comedor. Neste eido, a alcaldesa lembrou que a Educación é unha competencia do Goberno de Galicia e pediulle que cumpra coa súas obrigas e que traballe conxuntamente co Goberno local para que haxa, por fin, un comedor no Ribeira do Louro.

A CONCELLERÍA DE LIMPEZA PON EN MARCHA ‘TROPA VERDE’

‘Tropa Verde’ un proxecto que pretende concienciar ás porriñesas e porriñeses da importancia da reciclaxe premiando a súa boa xestión dos residuos A empresa ‘Teimas Desenvolvemento’, en colaboración coa Concellería de Limpeza do Porriño, que dirixe Orlando Márquez, veñen de poñer en marcha o proxecto ‘Tropa Verde’ que ten coma finalidade concienciar ás veciñas e veciños do Porriño da importancia da reciclaxe e da correcta xestión dos residuos. Esta iniciativa, como explicaron este mércores en rolda de prensa Marta Morán, dinamizadora de ‘Tropa Verde’, Ricardo Vila, socio de ‘Teimas Desenvolvemento’ e o propio Orlando Márquez, segue un proceso de participación moi sinxelo: os participantes teñen que inscribirse na web troparverde.org e cando leven os seus residuos a un punto limpo, ou avisen aos servizos municipais de limpeza que pasen a recoller algún obxecto dos coñecidos coma ‘voluminosos’, usen os colectores de aceite ou os ‘Mini Puntos Limpos’ para deixar neles pilas, lámpadas, cartuchos de impresora, toner ou

CDS, entre outros obxectos, obterán un cheque cun código que deberán introducir na devandita web. Entón, recibirán uns puntos, chamados ‘estrelas’, que poderán trocar por produtos e

descontos no comercio e na hostalería local. Coma indicou o concelleiro, ‘Tropa Verde’ conta coa colaboración de 25 establecementos do Porriño que son os encargados de ‘recompen-

sar’ aos bos recicladores con ‘premios’ que abranguen varias categorías: Hostalería, Comercio, Cultura, Deporte, Saúde, Infantil ou Estética, de xeito que quen recicle pode lograr dende cortes de pelo de

balde, pasando por descontos en tendas de moda, agasallos de libros ou galanos sorpresa. Orlando Márquez subliñou que é “moi importante” lograr que as veciñas e veciños usen correctamente os Puntos Limpos, que empreguen os colectores de aceite, que reciclen, nos ‘Mini Puntos limpos’, cargadores, cartuchos de tinta, baterías ou teléfonos móbiles, e que fagan un bo uso do Servizo de Recollida de Voluminosos, “que pasa os días 1 e 15 de cada mes con so chamar ao Concello se calquera cidadán quere desfacerse de mobles, electrodomésticos ou obxectos de grande tamaño que non poden deixarse no lixo”. ‘Tropa Verde’, que xa funciona, ademais, nos concellos de Compostela, Lugo, Sarria, Ames e Redondela, estará colaborando co Concello do Porriño durante un prazo inicial dun ano, aínda que a intención do Goberno local é que ese tempo se prorrogue se a experiencia é positiva.


20 // Maio 2017 //

| O Porriño |

O FESTIVAL DE CANS CELEBRA A SÚA 14ª EDICIÓN DO 24 AO 27 DE MAIO CO APOIO DA XUNTA Profesionais dos sectores audiovisual e musical, veciños e afeccionados de toda Galicia daranse cita do 24 ao 27 de maio no Festival de Cans, que hoxe presentou o programa da súa décimo cuarta edición. A Xunta de Galicia volve colaborar economicamente coa organización do certame, que se celebra na aldea do Porriño da que toma o seu nome. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e mais o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañaron nesta presentación os responsables do certame que organiza a Asociación Cultural Arela e os representantes do resto de entidades e empresas colaboradoras. Xunto co carácter lúdico e veciñal que converte este festival nun dos eventos culturais máis peculiares de todos os que cada ano se celebran en Galicia, o director da Agadic destacou tamén o papel de Cans como plataforma de difusión e impulso das realizadoras e realizadores galegos. Este ano son 16 as curtametraxes seleccionadas na sección oficial a concurso, da que a organización destaca

a paridade numérica entre as pezas realizadas por mulleres e por homes, mentres que no apartado de animación presentaranse outras seis curtas cunha forte presenza de novos creadores. Ademais, os videoclips gañan protagonismo, con 19 traballos en competición. En canto ás longametraxes, Cans estreará A historia dun satálite, de Also Sisters, e o documental sobre o naufraxio do Prestixe Mar de fondo, de Dani Guzmán, ademais de contar con Manane Rodríguez para afondar no proceso de realización do seu filme Migas de pan na sección Rebobinando, entre outras proxeccións. Audiovisual e música O Festival de Cans avanza, así mesmo, na súa aposta polo diálogo entre a música e o audiovisual, con propostas como a exhibición de Frágil equilibrio, gañador este ano do Goya ao mellor documental, acompañada dunha actuación de Uxía, intérprete do tema deste filme que estivo nomeado á mellor canción orixinal nestes mesmos premios. Seguindo neste apartado, o certame rescatará prezas audiovisuais do grupo Radio Océano, estreará o

novo vídeo de Terbutalina e ofrecerá unha retrospectiva dos mellores clips de Eladio y los Seres Queridos. As tres bandas forman parte, igualmente, da carteleira de máis de 25 concertos que acolle o festival e na que se atopan outros grupos como León Benavente, Corizonas, Familia Caamagno, Adrián Costa & The Criers, Cora Sayers, Roger de Flor e Os Silvestres, Os Carunchos, Electric Feels, Escuchando Elefantes ou Trío Acivro. Convidados e homenaxes Tamén son seccións habituais do festival o Coloquio

na Leira, que este ano estará protagonizado polo cineasta Montxo Armendáriz, ou Fill@s de Cans e A que andas?, nas que se ofrece un avance de proxectos audiovisuais galegos que se atopan en diferentes fases de desenvolvemento e de produción. No capítulo de homenaxes, o actor Miguel de Lira recibirá o Premio Pedigree, mentres que os chimpíns de prata irán para o director Jorge Coira e para o veciño de Cans Feliciano Bernárdez, “Xano”. Tamén hai nomes ben coñecidos do audiovisual galego

no xurado da sección oficial, integrado por Luisa Romeo, Mara Torres, José Antonio Quirós, Sonia Castelo, Diana Toucedo, Alfonso Zarauza e César Goldi. Esta ampla programación complétase con outras seccións habituais como MiniCans e Cans do futuro para o público infantil e xuvenil, a ruta CansSonoro con Xurxo Souto, a Can Parade para descubrir novos valores artísticos de Galicia ou a ollada gastronómica cara á sétima arte con Tapas de cinema, entre outras moitas actividades.


// Maio 2017 // 21

| O Porriño|

O PARO NO PORRIÑO VOLVE A BAIXAR E SITUASE EN VALORES SEMELLANTES AOS DE HAI 8 ANOS O número de parados descendeu o mes pasado no Porriño en 37 persoas, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Dacordo cos mesmos, na vila hai 1.842 desempregados anotados na oficina do Servizo Galego de Emprego. Isto supón que o paro situouse ao remate de abril no 20,3%, preto de 5 décimas menos que en marzo. En relación co mes de abril de 2016 o desemprego descendeu no Porriño en 285 persoas, pasando de 2.127 a 1.842 e, porcentualmente, do 23,4 ao 20,3%, tres puntos menos nun ano. Isto sitúa o desemprego na vila en valores descoñe-

cidos dende hai 8 anos, no 2009, cando o número de parados era semellante ao de hoxe e, isto engade un dato máis esperanzador: tendo en conta que aquel ano a poboación do Porriño era de 17.475 habitantes, 2.000 persoas menos que na actualidade. Dacordo coas cifras oficiais sobre a evolución do paro, dende que actual Goberno local tomara posesión, o desemprego en O Porriño reduciuse de 2.139 persoas en xuño de 2015 a 1.842 este mes de abril, o que supón unha caída de preto de 3 puntos e medio. A alcaldesa salienta que son boas novas e amósase segura de que as iniciativas impulsadas dende o Conce-

llo funcionan, como os acordos acadados con empresas para a formación de traballadores demandantes de emprego-que permitiu aca-

dar traballo a varios veciños desempregados-, os convenios con outras Administracións, como os ‘Obradoiros de Emprego’ co-financiados

coa Xunta de Galicia, e os ‘Plans de Emprego’ posibles logo da sinatura dun convenio coa Deputación de Pontevedra, e o investimento de fondos municipais-so no que vai deste ano máis de 350.000€-adicados integramente a poñer as condicións axeitadas para facilitar a empregabilidade de aquelas porriñesas e porriñeses que queren traballar. Eva García de la Torre insiste en que no Goberno local “nunca estamos satisfeitos” e lembra que “temos coma prioridade número un a creación de emprego e non imos reparar en esforzos, iniciativas e inversións para que os veciños que están na procura dun traballo o atopen canto antes”.

ALUMNAS E ALUMNOS DE POLONIA E SUECIA MARQUESIÑA NA PARADA DE ACOLLIDOS POR FAMILIAS DO PORRIÑO AUTOBÚS DE O CERQUIDO 17 alumnas e alumnos chegados das localidades de Boras, en Suecia, e Poznan, en Polonia, veñen de poñer en común, xunto con estudantes do IES Ribeira do Louro, nun proxecto sobre comercio xusto, que ven de desenrolarse dende setembro de 2016 no marco do Programa Erasmus +. O ‘Europeans for Fair Trade’ (Europeos para o Comercio Xusto), é un proxecto promovido pola Escola Secundaria 12, de Modjeska, en Polonia, e o Sven Eriksongymnasiet, de Suecia, xunto co IES Ribeira do Louro, que pretende promover valores positivos para a nosa

sociedade promovendo o Comercio Xusto. O mesmo permite a mobilidade de estudantes e profesores coa finalidade de investigar e discutir sobre este tema. Isto levou a familias de estudantes do Ribeira do Louro a acoller nas súas casas a alumnas e alumnos suecos e polacos, que desenvolven un programa formativo e cultura relacionado co Comercio Xusto, elaborado por estudantes e profesores e que permitirá que temas coma ‘Comercio Xusto e Xénero’, ou ‘Comercio Xusto, Banca e Ética’, sexan empregados por estes centros dentro das súas uni-

dades formativas. Tamén se levou adiante un ‘Concurso de Vídeos’ relacionados con esta temática, que ven de fallarse este venres, e que contou coa colaboración de varios establecementos comerciais de O Porriño relacionados con produtos ecolóxicos, da terra, mesmo unha tenda de informática, que donaron varios dos premios. Os estudantes do Porriño que participaron neste proxecto viaxarán, o curso que ven a Polonia e Suecia para unha estadía dunha semana con familias dos estudantes suecos e polacos que estiveron aquí.

A Concellería de Vías e Obras ven de rematar a colocación da marquesiña na parada de autobús de O Cerquido, preto da conexión coa A-55, que era, como subliña o concelleiro Manuel Carrera, unha vella demanda dos veciños da parroquia de Budiño. A mesma, coma moitos dos traballos que está a levar a diante a concellería de Vías e Obras, está rematada en ‘rosa Porriño’ e incorpora un banco de pedra. Esta mellora é outra máis

das actuacións que está a levar adiante a Concellería de Vías e Obras nos últimos meses e que abranguen, entre outras iniciativas, o remate da mellora das rúas Buenos Aires e Progreso; a nova beirarrúa de preto de 2 quilómetros entre as parroquias de Atios e Pontellas; o adecentamento da Praza de Abastos ou as distintas conexións á rede de saneamento de vivendas de todas as parroquias, traballos que seguen adiante en diferentes puntos do Porriño.


22 // Maio 2017 //

| Ponteareas |

O GOBERNO DE PONTEAREAS INVESTIU 40.000 EUROS NO CONSERVATORIO PARA EVITAR ENTRADAS DE AUGA E HUMIDADES

Realizouse a substitución dunha das cubertas do edificio, reformas nos baños e canalización exterior de recollida de augas pluviais

volvéronse obras nos baños e no exterior do edificio do a fin de erradicar as permanentes humidades ocasionadas polas filtracións en días de choiva. Era unha actuación necesaria, explicaba Cristina Fernández Davila, “de cara a acondicionalo para impedir a entrada constante de auga e humidades”. Con estes traballos, engade a concelleira, “o Goberno non fai máis que dar resposta as peticións da Comunidade Educativa que durante tanto tempo solicitou melloras nas instalacións desatendidas nos mandatos anteriores”. Fernández Davila manifestou que esta é unha parte das obras necesarias para a mellora integral do edificio que acolle as clases do Conservatorio e a Escola de música municipais.

O Concello de Ponteareas vén de dar por rematadas as obras que se desenvolvían no Conservatorio Municipal de cara a rematar cos problemas de filtracións de auga e humidades no interior das instalacións. A solución proxectada dende a Oficina Técnica do Concello de Ponteareas, explica a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, consistiu na retirada da actual cuberta baixa para substituíla por unha nova, procedendo á impermeabilización do encontro da cuberta co módulo principal do edificio en todo o seu perímetro. Os traballos, cun custe de preto de 40.000 euros foron financiados con fondos propios do Concello e o Plan Concellos da Deputación Doutra banda, tamén desen-

PONTEAREAS SOLICITA UN NOVO OBRADOIRO PLAN DE LIMPEZA DE DE EMPREGO DE 9 MESES PARA 20 VECIÑOS BEIRARRÚAS O concello solicita a cofinanciación da Consellería de Economía, Os traballos prolongaranse durante todo Emprego e Industria, para formar a 20 persoas desemprgadas o mes de maio

O

Concello de Ponteareas solicitou un novo obradoiro de emprego, que agarda que sexa aprobado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. para iniciar mes de setembro as actividades do Obradoiro ‘Compromiso Social III’ que permitirá que 20 veciños e veciñas en situación de desemprego, poidan contar cun contrato laboral de 9 meses de duración ao mesmo tempo que melloran a súa cualificación profesional de cara a súa inserción no mercado laboral.

O

s/as alumnos/as traballadores/as desenvolverán as súas actividades en cinco especialidades formativas que son as de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio; Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións; Operacións

auxiliares de revestimentos continuos en construción; Fábricas de albanelería e Revestimentos con pastas e morteiros en construción.

A

s persoas participantes nos programas, ao mesmo tempo que adquiren fondos coñecementos teóricos sobre as súas especialidades, desenvolven estes coñecementos coa súa posta en práctica realizando, amais, unha labor útil para a cidadanía.

A

sí, o programa de axuda no fogar é un recurso que ten por obxecto prestarlle aos cidadáns, no seu domicilio, un conxunto de atencións no seu propio entorno, evitando desa forma, o seu posible ingreso nun centro asistencial. En caso de producirse esta, os coidados seríanlle prestados na residencia de

maiores.Doutra banda, os/as alumnos/as dos módulos de construción, levarán a cabo na parte práctica a rehabilitación de edificios municipais.

O

alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, salientaba a importancia deste Obradoiro de Emprego, xa que “permite que veciños e veciñas en situación de desemprego poidan atopar un alivio a súa situación laboral”. Represas insistiu na necesidade destas iniciativas de formación “como ferramenta imprescindible para que os nosos veciños e veciñas poidan insertarse nun mercado laboral cada día máis competitivo e máis preparado”. Por último, Xosé Represas incidía en que “as políticas de emprego son e serán unha prioridade para este Goberno”.

A Concellería de Medio Ambiente, que xestiona o alcalde Xosé Represas, vén de poñer en marcha un programa integral de limpeza de beirarrúas e zonas peonís que se desenvolverá durante todo o mes de maio. O labor, iniciado xa pola empresa concesionaria Fomento de Construcións e Contratas, abranguerá to-

das as rúas e zonas peonís do núcleo urbano. O alcalde de Ponteareas e concelleiro de Medio Ambiente sinalaba que os traballos “permitirán que o casco urbano presente o seu mellor aspecto”. No mesmo sentido subliñaba que entre os labores que se realizarán “eliminarán non só a sucidade, senón tamén o verdello existente nas zonas máis sombrías das zonas peonís e espazos de lecer”. Fixo especial fincapé o rexedor ponteareán, no feito de que para os traballos a desenvolver, utilizarase a maquinaria máis axeitada segundo a superficie de que se trate, “de xeito que algunhas zonas serán limpadas con auga a presión, mentres que noutras será precisa a utilización de decapadora”. En todo caso, asegurou Xosé Represas, “utilizaranse medios absolutamente respectuosos co medio ambiente”.


// Maio 2017 // 23

| Mondariz |

O GOBERNO DE MONDARIZ ASEGURA QUE FACILITAR A CONCILIACIÓN LABORAL E FAMILIAR DOS SEUS TRABALLADORES “SEMPRE FOI UNHA PRIORIDADE” Ante diversas informacións aparecidas nos medios de comunicación e logo das acusacións formuladas no Pleno polos grupos da oposición sobre o caso da conciliación familiar da conserxe, o Goberno local de Mondariz quere facer as seguintes puntualizacións de cara a que, a veciñanza, coñeza a realidade dos feitos. 1.O Goberno local sempre tivo entre as súas prioridades, o benestar dos seus traballadores e traballadoras, convencido de que este está directamente relacionado co seu rendemento laboral e, polo tanto, co beneficio dos administrados e administradas. Nese benestar inclúese a conciliación familiar e laboral nos casos nos que fora precisa. 2.A conserxe non solicitaba nos seus escritos como conciliación da vida laboral e familiar unha adaptación da xornada, senón un cambio de

horario algo que os tribunais en varias sentencias aclaran que “sendo conscientes de que a elección do horario corresponde ao pai traballador ou nai traballadora, tal elección non pode comportar modificación do réxime de xornada e si, unicamente, a súa redución”. 3.A traballadora decidiu sacar ao seu fillo da Gardería Municipal e solicitoulle ao goberno local o poder mantelo con ela durante toda a xornada laboral, mentres non atopaba outra solución, algo que non se lle permite a ningún traballador ou traballadora e que o Goberno de AporM admitiu dadas as especiais circunstancias que concorrían neste caso durante varios meses. 4.Nos meses de xullo e agosto, permitíuselle facer horario de mañá ao diminuír en verán as actividades dos centros que ten baixo a súa responsabilidade en canto a

apertura ou peche. En setembro, a propia traballadora pídelle ao alcalde o horario de 9:30 h a 17 h, mentres busca unha solución para o coidado do seu fillo, horario que mantivo durante mais de 8 meses ata que colleu a baixa, asumindo os responsables locais a xestión do horario que quedaba sen os servizos da conserxe. 5.As actuacións do Goberno local, permitíndolle que acudira ao seu posto de traballo co seu fillo, algo que non se lle permite a ninguén, amosan claramente a vontade do Executivo local de atopar unha solución viable. 6.As funcións da traballadora, recollidas no BOPPO nº 92 de 13 de maio do 2005 son as de “garantir a apertura, peche e mantemento en bo estado das instalacións municipais e especialmente a do Polideportivo Municipal, Casa do Concello e Centro Social”. Por motivos obvios

de horarios das actividades que se realizan no Polideportivo Municipal e no Centro Social, a presenza da conserxe requírese necesariamente tamén de tarde. 7.Dado que a conserxe non solicitaba conciliación familiar senón un cambio de horario, este orixinaría unha modificación substancial das condicións de traballo do outro conserxe, persoal funcionario, que tomou posesión específicamente para o CPI de Mondariz, non para instalacións municipais varias como dita conserxe. Isto faría que o Concello incorrese nunha clara ilegalidade ao cambiar as condicións de traballo do outro traballador. Considera o Goberno que unha cousa é a simple redución e modificación de xornada e outra a fixación dun horario distinto, xa que a conserxe non negocia ningunha outra posibilidade, pide unha xornada de 8:30

hs a 15 hs. A outra conserxe é persoal laboral, que foi contratada especificamente para a Escola de Música e o seu horario é de mañá e de tarde, rematando a súa xornada ás 21 hs. 8.O Goberno local está aberto a buscar solucións que permitan, a vida familiar e laboral da conserxe, polo que se tentará buscar esta conciliación cun horario alternativo que permita satisfacer os seus intereses pero sen afectar á adecuada prestación dos servizos municipais. 9.O Goberno local desminte, de xeito rotundo, as acusacións formuladas por algún grupo da oposición danando intencionadamente a honestidade do executivo local e utilizando este caso como arma para atacar ao Goberno seguindo a máxima de que “en política todo vale”, máxima que, evidentemente, non comparte este Goberno.

va, de carácter totalmente gratuíto e 3 horas lectivas, impartirase nas Aulas da Escola de Vilar en dúas datas: o 27 de abril e o 9 de xuño, ámbalas dúas en horario de 10 h a 13 h. A inscrición para o curso do 27 de abril remata o 25 de abril, mentres que para a quenda do 9 de xuño, a inscrición será entre o 8 de maio e 5 de xuño. Acompañante de transporte escolar. Contará cunha duración de 40 horas lecti-

vas (20 horas presenciais e outras 20 a distancia) e impartirase en horario de 10 h a 13 :30 h nas Aulas da Escola de Vilar entre o 16 de maio e o 1 de xuño. O período de inscrición será do 17 de abril ao 9 de maio, mentres que o de matrícula será entre o 10 e 12 de maio. O prezo deste curso será de 20 euros para persoas en situación de desemprego e 30 euros para traballadores/as en activo. Prevención de riscos laborais. Especialidade Albanelería a desenvolver entre o 22 e o 30 de maio nas Aulas da Escola de Vilar os luns, mércores e venres entre as 9 h e as 13 h, con 20 horas lectivas comúns e 6 horas de especialidade. O curso terá un prezo de 25 € para desempregados/as e 40 € para traballadores/as en activo. A inscrición estará aberta entre o 17 de abril e o 15 de maio e a matrícula poderá formalizarse do 16 ao 19 de maio.

Preparación de proba libre ESO para adultos. O curso, o máis longo de todos eles, impartirase entre o 4 de maio e o 5 de setembro con clases os martes e xoves no Centro Social en horario de 10 h a 13 h. A inscrición, que xa está aberta, pecharase o día 25 de abril e a matrícula poderá formalizarse entre o 25 de abril e o 2 de maio. O prezo será de 20 €/mes para desempregados/as e 30 €/ mes para traballadores/as en activo. Informática avanzada a impartirse entre o 12 e 13 de xuño, os luns, mércores e venres de 9:30 h a 12:30 h na Biblioteca Municipal. O custe do curso é de 15 € e a inscrición estará aberta entre os días 15 de maio e 2 de xuño. O período de matrícula será do 5 ao 8 de xuño. En todos os cursos, as persoas desempregadas e empadroadas en Mondariz terán prioridade á hora de participar nos mesmos. As que non cumpran estes re-

quisitos, poderán inscribirse igualmente e pasarán a formar parte dunha lista de espera. No caso en que rematado o prazo de inscrición quedaran prazas baleiras, ditas prazas serán cubertas coas persoas da antedita lista de espera. Dado que as prazas son limitadas, no caso de haber máis solicitantes que prazas dispoñibles, a orde a marcará a presentación da inscrición no Rexistro do Concello. As accións formativas, en todo caso, están suxeitas a cubrir o grupo mínimo de alumno/as. De non ser así, o Concello poderá cambiar a data do curso ou mesmo cancelar a súa celebración. Para máis información, interesados e interesadas poden dirixirse á OMIX de Mondariz, na rúa Merouces, 16; nos teléfonos 986 664 306 e 680 964 461 ou no enderezo de correo electrónico omix@concellodemondariz.com

MONDARIZ PON EN MARCHA O PLAN MUNICIPAL DE FORMACIÓN 2017 O Concello de Mondariz vén de poñer en marcha o Plan Municipal de Formación que ofrecerá, dende este mes de abril e ata setembro, un total de sete cursos dirixidos a persoas empadroadas no municipio. Aínda que poden participar traballadores/as en activo, terán preferencia ás persoas en situación de desemprego xa que estas actividades permitiralles adquirir coñecementos que melloren as súas posibilidades de inserción laboral. O curso de Informática Básica será o primeiro en desenvolverse. A o prazo de inscrición rematará o vindeiro 18 de abril e o período de matrícula será entre o 19 e 21 de abril. O curso cun total de 30 horas lectivas e prezo de 15 euros, impartirase nas instalacións da Biblioteca Municipal do 24 de abril ao 30 de maio, os luns, mércores e venres de 9:30 h a 13 h. Manipulador de Alimentos. Esta actividade formati-


24 // Maio 2017 //

| As Neves - Salvaterra |

SALVATERRA E AS NEVES APROBAN A SOLICITUDE CONXUNTA DUN OBRADOIRO DE EMPREGO DE ENOTURISMO O Concello de Salvaterra de Miño liderara a solicitude dun obradoiro de emprego conxunto co Concello de As Neves denominado VIÑOCULTURA SAN. Estes dous Concellos na súa aposta clara para mellorar a situación de desemprego e formativa dos seus veciños e veciñas céntranse nun recurso económico moi importante para a zona como é a viticultura, que día a día crece, e crece sobre todo como recurso turístico en si, xa que o etnoturísmo e un sector en alza que achega a centos de visitantes a nosa zona. Salvaterra e As Neves encóntranse dentro da

DO Rías Baixas, Subzona do Condado do Tea, unha zona excepcional para a produción e venta de viño. Xa solo Salvaterra conta con máis de 2000 viticultores inscritos no Consello Regulador e máis de 20 adegas, entre grandes e pequenas, que día a día están apostando máis polo turismo, abrindo as súas portas aos visitantes. É neste contesto no que ámbolos dous Concellos, conscientes da importancia destes dous eixos económicos estratéxicos, deciden realizar a solicitude deste Obradoiro de Emprego de enoturismo denominado VIÑOCULTU-

RA SAN, unha experiencia pioneira a nivel de Galicia. Plantéxanse dúas especialidades formativas principais, para a impartición dos certificados de profesionalidade, por un lado o eixo de turismo, que inclúe os certificados de Promoción turística local e información ao visitante e o de Venda de servicios e produtos turísticos. Por outro lado o o eixo de viticultura, que inclúe o certificado de profesionalidade de Elaboración de viño e licores e o certificado de Enotecnia. En cada especialidade participaran 10 alumnos-traballadores de cada concello, cun total 20

alumnos-traballadores, que é o máximo que permite a convocatoria de solicitudes. A duración do Obradoiro de Emprego está prevista para nove meses, que irían de outubro deste ano a xuño de 2018, cun total de 2160 horas de formación teórico-práctica. O requisito fundamental para participar no Obradoiro é estar inscrito como demandante de Emprego na Oficina de Emprego de Ponteareas, terán preferencia para participar no proceso de selección as persoas beneficiarias da RISGA, así como aquelas que, tendo prevista a realización deste tipo de medidas

no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como as persoas mozas menores de 30 anos, as mulleres en xeral, as mulleres vítimas de violencia, o persoal traballador que esgotou as prestacións e subsidios por desemprego, as persoas paradas de longa duración ou as persoas maiores de 45 anos, entre outros colectivos. O tribunal de selección do alumnado estará formado por un grupo de traballo mixto, de persoal técnico de ámbolos dous concellos e persoal técnico da Xunta.

Dende o departamento de Medio Ambiente do Concello levamos anos traballando para reforzar e concienciar sobre a reciclaxe e o sistema de recollida selectiva, ademais de facer un gran esforzo para achegar este servicio a todos os nosos veciños e veciñas, co fin de seguir reducindo a cantidade de lixo enviado ao contenedor verde, e así mellorar o noso medio ambiente, xa que esa será a herdanza que lle deixamos aos nosos fillos e fillas. Nas ultimas datas coa colaboración de Sogama iniciamos un proxecto de compostaxe

caseira, polo que seguiremos apostando e que sigue aberto a todos aqueles que queiran participar. Hai uns meses que empezamos con este proxecto no que participaron 25 familias, e o resultado esta a ser moi bo, polo que decidimos seguir potenciando este sistema e colaborar con máis veciños. Hoxe fixemos a entrega de 16 composteiros, pero seguiremos traballando para chegar a moitas máis, xa que toda aquela persoa que teña unha casa pode participar e crear o seu propio compost para utilizalo na súa finca

ou no seu xardín, unha maneira ecolóxica e natural de traballar, pero sobre todo unha maneira de coidar o noso medio ambiente, algo do que cada día somos máis conscientes, e esperamos chegar a moitas máis casas. Nestes momentos tamén se está estudando a posibilidade de facer un sistema de recollida de compost no Casco urbano. O Concello segue traballando e apostando firmemente polo Medio Ambiente, Salvaterra é un dos Concellos con máis metros cadrados de zonas verdes por habitante.

O Concello procedeu ata o 5 de maio ao pago dos terreos expropiados para a senda que comunicará Salvaterra con Tui, aos máis dos 200 propietarios., a través da convocatoria dos titulares dos bens e dereitos afectados pola Senda que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello. Con data 26 xaneiro de 2015, o Pleno da Corporación procedeu a declarar de utilidade pública as obras que se inclúen no proxecto e a necesidade de proceder a expropiación dos bens e dereitos dos propietarios. Con esta obra, que comezará a partir do mes de xuño, pretendese conseguir a recuperación do entorno natural dun tramo do Río Miño, mediante a implantación dunha senda peatonal de ribeira así como áreas de recreo e lecer, establecendo as condición adecuadas que permitan o disfrute do medio fluvial pola poboación. Este tramo ten unha lonxitude de 7,50 km dende o paseo existente que une o Parque da Canuda co Río Caselas, límite co Concello de Tui. Esta senda fluvial inclúese dentro da rede Municipal de Sendas fluviais do Río Miño, Tea e Mendo, cun percorrido total para paseos e desfrute de veciños/as e visitantes de máis de 25 km, polas ribeiras

dos citados Ríos. Salvaterra con este sendeiro pasará a ser o Municipio con máis kilómetros de sendas fluviais de toda Galicia. O Concello segue apostando polo Medio Ambiente e pola natureza, sendo o Parque Público A Canuda o Pulmón verde do Sur de Galicia, contando cun Xardín Botánico de Orquídeas e proximamente inaugurarase un Acuario con toda a fauna dos Ríos, ambos son únicos en Galicia, e ademais somos unha Vila con máis de 1.000 árbores e máis metros cadrados de zonas verdes por habitante. Con accións como esta segue traballando para permitir a poboación unha convivencia co ecosistema fluvial. Débese protexer os espacios fluviais e potenciar a integración destas áreas nos núcleos de poboación. Os obxectivos principais que se perseguen dada a vulnerabilidade que presentan os ecosistemas fluviais e o valor estratéxico ecolóxico que conserva este río, por un lado realizar a mínima intervención posible, plantexar actuación encamiñadas a favorecer os procesos naturais para conseguir sistemas estables e autosostibles e evitar efectos de contaminación da vexetación do bosque de ribeira.

O CONCELLO REPARTE UNHA NOVA REMESA SALVATERRA EMPEZA COS DE COMPOSTEIROS PAGOS DAS EXPROPIACIÓN


// Maio 2017 // 25

| Baiona |

BAIONA E ANGRA DAN OS PRIMEIROS PASOS PARA O SEU IRMANDAMENTO Unha delegación da capital da Illa Terceira das Azores visitou a Vila para estreitar os lazos Baiona e Angra do Heroismo, capital da Illa Terceira das Azores, comezaron o proceso para estudar o seu irmandamento. Os lazos culturais e históricos, coas rutas do Descubrimento de América e o comercio coas Indias, así como os deportivos, grazas a regata oceánica que organizan os clubs náuticos, son as referencias nos primeiros pasos para estreitar as súas relacións institucionais. O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, mantivo no Monte Real Club de Yates unha primeira reunión co vicepresidente da Cámara de Angra do Heroismo, José Gaspar Rosa da Lima, na que tamén participaron o presidente do Angra Iate Clube, Augusto Silva, e o seu homólogo no club baionés, José Luis Álvarez. Ademais, estiveron presentes para avanzar no irmandamento o concelleiros María Iglesias, Beatriz González e Raúl Costas, concelleiros de Cultura, Turismo e Actividades Marítimas, respectivamente. “Este primeiro contacto foi moi positivo para chegar a un irmandamento e estreitar as nosas relacións, que xa son históricas pero que nos últimos anos reforzáronse coa organización da regata”, apuntou Ángel Rodal.

O acordo entre os representantes de Baiona e Angra deberá agora plasmarse nos informes que serán presentados ante o Goberno de España para que autorice a firma. Posteriormente, os plenos municipais de cada localidade deberán dar o visto bo definitivo o irmandamento. Vinculacións históricas As vinculacións se remontan xa ao século XV, posto que as Illas Azores foron o punto exacto onde se separaron as carabelas “La Niña” e “La Pinta” de regreso de América cando lles sorprende unha gran tormenta. “La Pinta” arribaría ao Porto de Baiona o 1 de marzo de 1493 mentres que “La Niña” chegaría ás Azores para días máis tarde continuar a súa travesía hasta Lisboa, onde arribaría un 4 de marzo de 1493. A nova ruta do Descubrimento foi dende entón un nexo de unión que tivo continuidade cando o Rei Felipe II de España e I de Portugal autorizou a comercio de mercancías das Indias en ambos portos, coa construción en 1580 do Castelo de Sao Joao Batista en Angra e a mellora en 1582 da Fortaleza de Monte Real. Turismo As similitudes paisaxísticas,

cunha grande baía e unha península que presiden ambas vilas, tamén están marcas pola importancia do turismo no sector económico e a presencia dun establecemento hoteleiro de referencia (o Parador Conde de Gondomar, en Baiona, e a Pousada de San Sebastiao, en Angra). A capital de Terceira converteuse en 1983 na primeira cidade portuguesa en ser nomeada Patrimonio Mundial da UNESCO, mentres que o

casco vello de Baiona é dende 1993 Conxunto de Interese Histórico Artístico, ademais do título de Festa de Interese Turístico Internacional que recae na Arribada. Atlantic Race Baiona e Angra xa contan cunha grande regata internacional, unha competición transoceánica bianual de dobre etapa. A proba náutica celébrase cada dous anos e partirá de Baiona en xullo de 2018, ano no que se celebra o

525 aniversario da Arribada. Os barcos participantes percorrerán as 865 millas que as separan nun tempo máximo de 9 días e 8 horas. O Angra Iate Clube acollerá nas súas instalacións a entrega dos premios aos gañadores da primeira etapa. En Angra, as tripulacións poderán participar en diversos actos turísticos, sociais e culturais con visitas guiadas e programadas con motivo da súa chegada á illa.

O PLENO MUNICIPAL DE BAIONA APROBA POR UNANIMIDADE A NOVA ORDENANZA DE AXUDA NO FOGAR

A Corporación tamén aprobou os Orzamentos de 2017 e dúas mocións sobre o Rebullón e pobreza enerxética O Pleno Municipal do Concello de Baiona aprobou este xoves por unanimidade a ordenanza do Servizo de Axuda no Fogar e Teleasistencia Domiciliaria, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia. A Corporación, tamén por unanimidade, deu o visto bo a dúas mocións para a recuperación do antigo Hospital do Rebullón e para firmar o convenio coa FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) que dea cobertura a familias en situación de vulnerabilida-

de fronte as empresas subministradoras de enerxía. Ademais, o Pleno procedeu á aprobación definitiva dos Orzamentos de 2017 cunha

cifra de 8,5 millóns de euros. A sesión plenaria e ordinaria do mes de maio do Concello de Baiona celebrouse este xoves con tres importantes

medidas de carácter social. Por unha banda, aprobouse a Ordenanza Municipal do Servizo de Axuda no Fogar que regula os requisitos e condicións da prestación. Segunda a nova normativa, e tal e como explicou a concelleira de Servizos Socias, Carmen Paredes, o servizo poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia, para cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade,

especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato. Na mesma sesión, todos os grupos municipais estiveron de acordo na aprobación da moción de Esquerda Unida para reclamar a recuperación do antigo Hospital do Rebullón para servizos sociais. Tamén saíu adiante a moción do PSOE instando ao goberno local a firmar o convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias e as empresas subministradoras de enerxía nos casos de persoas ou familias en situación de vulnerabilidade ou urxencia social.


26 // Maio 2017 //

| Nigrán |

NIGRÁN AVANZA NO PXOM E FIXA UN CRONOGRAMA COA XUNTA E MPRESA REDACTORA DE CARA A OBTER A APROBACIÓN DEFINITIVA EN 2018 O Concello de Nigrán deu un paso máis de cara a aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal tras ter concluído o estudo de prospección arqueolóxica que permitirá responder nas próximas semanas ao único requerimento sectorial pendente de Patrimonio. Con esta importante novidade, o alcalde e o edil de urbanismo mantiveron onte un encontro en Santiago coa Directora Xeral de Ordenación do Territorio e a empresa redactora do PXOM (Eptisa), no que acordaron coordinar e acelerar toda a tramitación do informe de avaliación ambiental, seguinte paso tras obter o visto bo de Patrimonio e derradeiro antes da aprobación provisional do documento en Pleno. Ante este avance, o Concello urxiu a Eptisa a que fixe xa un cronograma de prazos concretos ata obter o documento definitivo, calendario que a empresa redactora se comprometu a facer e a presentar tamén ante a Xunta para unha mellor

coordinación das diferentes administracións. O obxectivo é que, tras corrixir os informes sectoriais desfavorables, comecen no outono coa avaliación ambiental, informe que unha vez entregado á Xunta terá un prazo de tres meses para contestar. “Neste sentido, na reunión de onte coa directora xeral, esta trasladounos o seu total compromiso para acelerar ao máximo este trámite final co obxectivo de que esté resolto antes de finalizar o ano”, incide o alcalde, Juan González. Seguidamente, durante este periodo que o organismo autonómico tramita o informe, o Concello aproveitará para expor o PXOM en cada unha das parroquias co fin de que os veciños o coñezan de primeira man antes de levalo ao Pleno para a súa aprobación provisional, obxectivo que se espera acadar entre finais do 2017 e principios de 2018 sendo inmediatamente despois a definitiva. O Concello de Nigrán, ante este importante avance na

tramitación do documento, convoca novamente o Consello Sectorial para o día 10 de maio, órgano que este goberno rescatou xa no 2015 tras máis de tres anos sen ser convocado e que está formado por preto de trinta en-

tidades veciñais, culturais, deportivas ou comunidades de montes. “A aprobación do PXOM é unha prioridade de goberno, levamos todo este mandato traballando arreo para que sexa unha realidade porque é un asunto clave

para o futuro do municipio. Ante todo buscamos transparencia, consenso absoluto e participación, por iso queremos informar de primeira man aos veciños do estado actual do PXOM”, insiste González.

CONTADORES DE TEMPO PARA PEÓNS NOS BANCOS NO PASEO DENDE A SEMÁFOROS URBANOS RAMALLOSA A PANXÓN O obxectivo é reforzar a seguridade vial do peón á hora de cruzar O Concello de Nigrán ven de habilitar contadores de tempo para peóns por valor de 4.600 euros en nove semáforos do centro urbano co obxectivo de reforzar a seguridade vial, sendo especialmente útil para persoas con problemas de mobilidade reducida. Este contador regresivo marca os segundos que faltan para o cambio de fase, así, xunto ao número de liñas que ten o paso de cebra (que dá unha medida da anchura da calzada) permite avaliar claramente se é posible ou non cruzar por completo antes do comezo da fase vermella. Os novos dispositivos foron instalados exactamente nos mesmos semáforos nos que o ano pasado se puxo un sinal acústico para invidentes que se activa a través do móbil

grazas ao receptor de bluetooth (suprimindo ao mesmo tempo o inconvinte de que soe indiscriminadamente mentras está en verde). Trátase, por tanto, de pasos de peóns nas zonas urbanas máis transitadas de Nigrán (rúas Rosalía de Castro, Estrada pola Vía, Val Miñor e Pablo

Iglesias). “É un paso máis dentro da nosa política de accesibilidade, forma parte da nosa visión de conxunto de ‘Un Nigrán para todos’”, explica o alcalde, Juan González, quen engade que “a accesibilidade vai máis alá de facer beirarrúas”.

O Concello de Nigrán ven de instalar dez novos bancos de madeira no paseo entre A Ramallosa e Panxón ante a petición dos veciños, especialmente xente maior que consideraba que existía demasiada distancia entre os xa existentes. Deste xeito, puxéronse tres na rúa Cidade de Vigo (frente ao pavillón de Panxón), tres no paseo marítimo, dous no paseo de Praia América e dous no tramo dende A Ramallosa cara

A Foz. Neste entorno hai que sumar os que o Concello puxo a finais de 2016 ao longo do sendeiro azul de Lourido, tramo de gran pendente onde non existía ningún. "Estanse a poñer bancos en tódalas parroquias porque queremos crear puntos de convivencia e socialización para os veciños, forma parte da nosa visión de conxunto de 'Un Nigrán para todos' e e algo moi demandado pola xente maior", sinala o alcalde, Juan González.


// Abril 2017 // 27

| Cuntis | Valga |

CORES TOURÍS COMPROBA OS EQUIPAMENTOS TÉRMICOS DE BIOMASA QUE PUXO EN MARCHA CUNTIS GRAZAS A COLABORACIÓN ECONÓMICA DA XUNTA O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os case 70.000 euros destinados neste concello para a instalación de tres caldeiras, unha de pellets e dúas de biomasa O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou o concello de Cuntis para, en compaña do alcalde da localidade, Manuel Campos, comprobar a instalación de tres caldeiras para as que o municipio solicitou unha axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Inega. Na visita, o delegado territorial estivo acompañado tamén do xefe territorial deste departamento en Pontevedra, Ignacio Rial. O concello de Cuntis instalou en 2016 tres caldeiras de biomasa, unha no centro Patelas e outra no CFO de A Ran, así como no edificio consistorial, para o que solicitou unha axuda do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) de case 63.000 euros, a través da liña de axudas para proxectos de

equipamentos térmicos de biomasa. En total, o investimento roldou os 84.000 euros. En 2016 beneficiáronse destas axudas na provincia de Pontevedra os concellos de Vila de Cruces, Cuntis, For-

carei, Dozón, Cambados, Silleda, Bueu, Illa de Arousa, Lalín, Porriño, Meis e Covelo, destinando o INEGA un montante total de 565.622 euros para a execución de un total de 28 caldeiras. Estes proxectos supuxeron

un investimento global de 780.000 euros. Segundo informou o delegado territorial, a nova liña de axudas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa contará con 4,6 millóns de euros, dos cales

1 destinaranse a proxectos de entes municipais. A solicitude destas subvencións está aberta ata o 24 do presente mes, e os beneficiarios, ademais dos concellos, tamén poderán ser edificios da administración, entidades sen ánimo de lucro, empresas legalmente constituídas e autónomos. O porcentaxe de axuda será do 80% no caso das entidades públicas e dun 50% no resto. Por outra banda, tamén está aberta unha liña de axudas para persoas físicas, agrupacións privadas ou propietarios de inmobles do sector residencial de cara a poñer en marcha pequenas infraestruturas de equipamentos térmicos de biomasa. Neste caso, a contía global da convocatoria ascende a 2,2 millóns de euros.

NAVA CASTRO PON EN VALOR O TRABALLO DE AFECCIONADOS E PARTICULARES NA CONSERVACIÓN E DIVULGACIÓN DA FLOR DA CAMELIA A directora de Turismo de Galicia participou en Valga na inauguración da XI Exposición da Camelia Bella Otero A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor o traballo que están a levar a cabo afeccionados e particulares na conservación e divulgación da flor da camelia tanto na nosa comunidade como fóra dela.

XI edición da Exposición da Camelia Bella Otero Nava Castro fixo estas declaracións durante a inauguración da XI edición da Exposición da Camelia Bella Otero, promovida polo Concello de Valga e a Asociación de Mulleres Rurais Albor, e “consolidada xa como unha cita ineludible

no calendario dos amantes da camelia, cada vez máis numerosos”, valorou a responsable de Turismo da Xunta. E é que na exposición participan cada ano numerosos colectivos sociais, centros educativos, asociacións, así como veciñas e veciños desta localidade pontevedresa e tamén de fóra dela que, coas súas innovadoras e orixinais presentacións florais coa camelia como protagonista, contribúen a divulgar, difundir e promocionar todo o potencial desta flor. Agradecendo á organización o seu esforzo de máis dunha década rendendo culto á camelia con iniciativas como esta, a directora de Turismo amosou a súa satisfacción pola boa resposta que tamén están a acadar as actividades pro-

mocionais postas en marcha polo seu departamento. Recurso desestacionalizador Neste sentido, fixo mención á Ruta da Camelia –o itinerario especialmente deseñado para percorrer a nosa comunidade de norte a sur

a través de 12 pazos e xardíns- que se converteu nun “potente recurso turístico desestacionalizador e un referente internacional”. Do mesmo xeito, referiuse á campaña ‘Viños e Camelias’, a experiencia turística creada ao carón da Ruta

da Camelia e as bodegas que forman parte da D.O Rías Baixas que se celebrará en San Sebastián en abril e que, ao seu paso por Bilbao durante o mes de marzo acadou máis de 3.000 asistentes. Ademais, realizáronse preto dun centenar de contactos con operadores turísticos e unha das catas de viño da D.O Rías Baixas na que participaron numerosos usuarios de Instagram obtivo un alcance total de máis de 25.000 seguidores. “Dende Turismo de Galicia continuaremos traballando a prol da conservación desta flor e impulsado o seu coñecemento. Porque contribúe a posicionarnos como destino experiencial, axúdanos a desestacionalizar a nosa oferta e é todo un referente internacional”, subliñou Nava Castro.


28 // Maio 2017 //

| Publicidade |


// Maio 2017 // 29

| Meis |

O ALCALDE JOSÉ LUIS PÉREZ, COMPROBA O TRABALLO E ADECUACIÓN DO VIARIO E OS MUROS, TRAS A RESTAURACIÓN DO CRUCEIRO DÁS ÁNIMAS DE LAMAS O alcalde José Luis Pérez, comprobou como se están realizando os traballos de adecuación do viario situado no Cruceiro dás Ánimas de Lamas, en San Martiño parroquia de Meis, unha vez finalizada a primeira fase dá escavación e recolocación do Cruceiro dás Ánimas de Lamas, con subvención dá Deputación de Pontevedra e a colaboración do Concello de Meis. Cunha inversion de 7.125,50€ dos cales a Deputación de Pontevedra a achegado 6.177,90€ e o resto o concello de Meis Ou Cruceiro dás Ánimas de Lamas data do ano 1832, segundo a inscrición que figura ou seu pe, polo tanto, e un BIC, e esta sometido a ou réxime xurídico previsto para ese tipo de bens na lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Situado nun cruzamento de camiños, estaba composto a primeira ollada por unha base cúbica, un fuste que ten ou seu pe un peto de animas con almiñas e crucifixo non

seu interior, ou longo do fuste varios santiños, rematado nun capitel. A cruz decorada estaba moi fragmentada e resgardada por Dores Padín durante mais de 30 anos, xunto cun torso do Cristo e a Virxe do Carme. Segundo as características doutros cruceiros dá zona, e por conversas cos veciños, se pensa que debía ter unha grade soterrada; decidiuse entón realizar unha cata na que apareceron vos chantos soterrados Despois de realizar a escavación e retirar todo os chanzos cos seus pasos numerados, procedeuse a realizar unha soleira na que asentar novamente eses 5 chanzos xunto co pedestal, ocupando unha extensión de 3,12 x 3,12 m de lado. A cruz moi decorada e fragmentada, esta sendo restaurada anaco a anaco, sendo ou traballo delicado e dunha gran laboriosidade. Entre tódolos anacos atopados reconstrúense dous querubíns

que coroan a Virxe. Por sorte, todos vos membros do Cristo están localizados e facilitan a restauración do mesmo. Nesta segunda fase estase a acondicionar vos acesos que circundan ou cruceiro, e finalizarase colocando ou cruz totalmente restaurada. ( Esta restauración esta sendo realizada por D. Xosé Lomba)

MEIS, EQUÍPASE PARA O COMEZO DAS O ALCALDE JOSÉ LUIS PÉREZ, ROZAS POR TODO O CONCELLO. REVISA O ESTADO EN QUE QUEDOU O CRUCEIRO DE QUINTÁNS O Concello de Meis vén de facer unha adquisición máis que necesaria para o labor de roza e acondicionamento dos viarios do municipio, polo cal o alcalde José Luis Pérez a tomado a decisión de investir na compra de ferramentas necesarias para este labor, realizando a compra de 5 unidades de rozadoras por un importe de 2.590,75€ + I.V.A e dun biotriturador por un importe de 3.818€ + I.V.A.

O rexedor quere con esta decisión reforzar o equipamento dotando ao persoal dunhas máquinas necesarias para o labor de roza, e acondicionamento dos viarios. O alcalde José Luis Pérez afirma que debido á gran extensión de terreo que ten o municipio os labores de roza son moi complicadas e agradece a todos os veciños a súa paciencia e comprensión e afirma que así o persoal do concello poderá axilizar mais estes traballos.

O alcalde José Luis Pérez, revisou estes días o estado no que quedou a restauración do “Cruceiro de Quintáns” debido a que o 11 de agosto de 2015 debido a un accidente de trafico este Cruceiro que conta cunha antigüidade de mais de 100 anos situado en Quintáns unha parroquia do concello de Meis, quedou totalmente esnaquizado, como se pode comprobar nas imaxes. O alcalde José Luis Pérez quedou moi satisfeito co arduo traballo realizado para a restauración do mesmo e comentou que este cruceiro é un sinal identificativo do lugar, e que grazas a Cruceiros como leste o concello de Meis conta cun gran patrimonio cultural e volver recuperalo con todo o seu esplendor é motivo de satisfacción.


30 // Maio 2017 //

| Bueu |

O CONCELLO DE BUEU CONSEGUE A BANDEIRA AZUL PARA CATRO PRAIAS, A AULA DE CABO UDRA E AGRELO E O SENDEIRO DE UDRA O Centro de Interpretación de Agrelo estréase con este distintivo outorgado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) vén de anunciar as bandeiras azuis para os areais de España durante este verán. Así, o Concello de Bueu mantén as catro bandeiras azuis nas praias de Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán. Ademais, a vila morracense consegue o distintivo azul para o sendeiro de Cabo Udra e a Aula da Natureza deste espazo, ao tempo que se estrea o Centro de Interpretación de Agrelo, inaugurado a finais de 2015 tras ser rehabilitado polo goberno municipal. O municipio bueués recolle un ano máis os froitos das diversas obras e xestións que levan facendo para manter este distintivo que concede a ADEAC como un premio aos concellos que realicen unha labor importante no mantemento e acondicionamento do patri-

monio natural. Neste senso, a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Silvia Carballo, quixo resaltar

que “conseguimos todas as candidaturas que pretendemos”. Ademais, o alcalde da vila, Félix Juncal,

destaca a satisfacción por “poder recuperar as catro bandeiras azuis nas praias, situación que se logra co bo

traballo e co mantemento dos servizos no pasado verán”. O rexedor refírese tamén ás dificultades que se tiveron que afrontar desde o Concello no tocante á contratación de socorristas, que levou a que non estivesen contratados a comezos de xullo na praia de Lagos, onde se perdeu o pasado ano o distintivo. Con todo, “o Concello seguiu mantendo os servizos durante toda a tempada, que é a causa de que se volva recuperar a Bandeira Azul para este areal”, apuntou Juncal. Por outra banda, desde o goberno local mostran unha dobre satisfacción, pois a entrada do Centro de Interpretación de Agrelo vén a refrendar o traballo realizado polas diversas concellarías na aposta polo medio ambiente como elemento imprescindible de sensibilización e promoción turística.

O CONCELLO ASINA UN CONVENIO COA SIMULACRO DE RESCATE DE ASOCIACIÓN DAS ALFOMBRAS ACCIDENTADOS O Concello de Bueu achegará unha axuda de 9.000 euros para a promoción das alfombras florais e do Corpus de Bueu. Así se manifesta no convenio que asinaron esta semana o alcalde da vila, Félix Juncal, e a presidenta da Asociación Cultural das Alfombras do Corpus de Bueu, Carmen Santos. Desde o pasado 2015, este colectivo asumiu a xestión dunha iniciativa veciñal cuxos gastos e organización recaían con anterioridade no Concello. Se no primeiro ano, o obxectivo era a revitalización e recuperación desta festa e dos tapices florais na vila, ademais do cambio de percorrido para facelo máis accesible, o programa foise estendendo no tempo e no espazo. De feito, as III Xornadas das Alfombras Florais acolleron este ano unha exposición foto-

gráfica que se pode ver na Sala Domínguez Búa ata o 14 de maio, unha serie de conferencias nas que estivo moi presente Maruja Mallo, e unha gala de homenaxe aos alfombristas veteráns. Ademais, ao longo do ano, os membros da Asociación teñen participado en diversos eventos nacionais e internacionais de promoción das al-

fombras florais, así como na organización de obradoiros infantís, para maiores etc. Hai que salientar que o Corpus de Bueu foi declarada Festa de Interese Local no ano 2002 e na actualidade o proxecto de declaración de Festa de Interese Turístico Galego atópase nos últimos trámites na Axencia Galega de Turismo.

O alumnado do curso de socorrismo realizou un simulacro Un total de dezaseis alumnos e alumnas que participan no curso de socorrismo que organiza o Concello de Bueu, realizaron este xoves unha das probas máis efectivas das súas tarefas: un simulacro de rescate de accidentados. As probas tiveron lugar na praia da Banda do Río, e o alumnado tivo a oportunidade de practicar diversos tipos de rescate, baseándose nas múltiples situacións reais que poden acontecer. O curso, que está previsto que remate a finais deste mes, estase desenvolvendo na Escola Náutico Pesqueira de Bueu e, tras unha formación teórica, está previsto que nos vindeiros días comece a parte práctica na Escola Naval Militar de Marín.

Esta formación faise ao abeiro dunha subvención concedida polo Grupo de Acción Local da Ría de Pontevedra xunto ao Concello de Marín, e nace tras as múltiples reunións mantidas a respecto da necesidade de desenvolver un plan intermunicipal de emprego e formación no sector do mar. O GALP concedeu unha subvención por importe de 31.429 euros para este curso que busca abrir as oportunidades dos que queren dedicarse ao socorrismo das praias. Neste sentido, desde o goberno municipal agradecen a colaboración da Xefatura Territorial de Economía e Industria de Pontevedra, desde a que se puxo moito empeño porque este curso saíse adiante.


// Maio 2017 // 31

| Pasatempos |

SUDOKU

HORÓSCOPO

Aries: Fogosidad e tenrura asociaranse para que estes fillos de Marte gocen dun romance apto só para esixentes. Descifrarán sen esforzo as mensaxes que lle cheguen desde o máis profundo do corazón do seu namorado e contarán con innumerables momentos de íntima satisfacción. Tauro: Cunha elevada autoestima, Tauro dispoñerase a compartir o seu tempo libre con poucos e selectos amigos. Sofisticados festexos farán a delicia destes fillos de Venus que se conforman con pouco, sempre que sexa da mellor calidade. Geminis: Polo xeral pouco expresivos cando de romances trátase, os Xemelgos sorprenderán aos seus namorados pola súa cálida e espontánea efusividad. Traducirán en palabras os seus sentimentos e acompañaranas coas caricias máis ousadas. Os geminianos alcanzarán as metas que se propoñan. Cancer: Demoras e tropezos durante todo o mes. O esforzo que realice non se reflectirá nos resultados en forma inmediata. Pero será necesario que conserve un estado de ánimo firme que lle permita soportar estas dificultades transitorias.

“Maio frío, moito trigo, maio pardo, ano farto” “O queixo ou o barbeiro en abril ou maio sexa feito” “En maio inda a vella queima o tallo” “O que nace no maio é máis atolondrado” “A auga de maio non fai dano” “O percebe e o salmón en maio están no sazón”

SOPA DE LETRAS Moluscos

LABIRINTO

Leo: Os leoninos acharanse a gusto entre as súas amizades. Dispostos, máis que nunca, a compartir o seu tempo cos seus pares, sorprenderanse ao comprobar que un dos seus amigos está a piques de converterse no seu esixente namorado. Ante esta situación, Leo non terá que dubidalo demasiado. Virgo: O exceso de responsabilidades crearán en moitos virginianos un estado depresivo. A falta de descanso e de distraccións resultaralles alienante. Regulen o seu esforzo para evitar este desgaste que podería enfermalos. Unha medida coherente será apartarse dos conflitos no plano profesional. Libra: Os librianos son moi adaptables, por iso é polo que non lles resultará difícil acomodarse aos ditados de Cupido.E no mes de maio as condicións serán excelentes para forxar unha parella estable con proxectos a futuro. Namorarse dun estranxeiro non os sorprenderá. Pola contra, alimentará as súas expectativas. Escorpio: Este período resultará óptimo para revisar en que condicións están as finanzas da sociedade. Escorpio, coa súa habilidade para detectar procedementos indebidos, evitará que o estafen ou abusen da súa confianza. Naqueles casos en que a fraude xa se cometeu, tomará as medidas oportunas para neutralizalo. Sagitario: Na súa contorna inmediata, os Centauros acharán as respostas que necesitan para mellorar a súa actividade laboral. Lograrán cambios, se llo propoñen seriamente. Cos seus asociados, a comunicación distará moito de ser cordial. As friccións desembocarán en rupturas. Capricornio: Será conveniente que estea moi atento e reserve tempo e empeño para cultivar vínculos románticos. Oportunidades non lle faltarán, esa é a marca que dominará todo o mes. Dentro do seu tan amado ámbito de traballo existirá a posibilidade de iniciar unha relación que o colmará de satisfaccións.

DISTRIBUCIÓN:

Director técnico: J.M.Martinez Publicidade: Dpto. Propio comercial.galiciasurpontevedra@gmail.com Redacción: redaccion.galiciasurpontevedra@gmail.com Fotografia: Hernandez, Arquivo, Dpto. Propio Montaxe e deseño: Dpto. Propio. Impresión: Publicaciones Tameiga

www.galiciasurpontevedra.es Deposito Legal: VG-951-2010 Direccion: Apartado de Correos nº 590 36080-Pontevedra Telf: 986090204

Queda terminantemente prohibida a reproduccion total ou parcial de calquera dos contidos deste xornal. As marcas comerciais pertencen o rexistro das suas respectivas compañias e os anuncios publitarios co seu contido son reponsabilidade unica do anunciante.

Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Cotobade, Ponte Caldelas, Soutomaior, Redondela, Marín, Poio, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa, Cuntis, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Valga, Portas, Ribadumia, Illa de Arousa, Barro, A Estrada, Meis, Meaño, Moraña, Ponteareas, Mondariz, A Cañiza,Covelo, Arbo,As Neves, Salvaterra,Porriño,Mos,Tui, Salceda, Oia,O Rosal, A Guarda,Tomiño, Baiona,Nigrán,Gondomar

Acuario: Máis aló das dificultades ocasionadas pola inxerencia dun familiar no terreo laboral, Acuario continuará co seu electiva labor. Resultará imperativo que aclare aos familiares que traballan con el ou para el que deberán cumprir co que se lles pide sen que o parentesco concédalles ningún privilexio. Absorbidos por cuestións familiares, algúns Aguadores distanciaranse das súas amizades. Piscis: Encapsulado por problemas domésticos, Pisces non se desenvolverá como cómpre no plano laboral. Terá que separar as augas e esquecerse destes inconvenientes se pretende soster o seu rendemento. Pola contra, aos seus problemas hogareños sumaránselle dificultades laborais. Afastamentos e decepcións que farán cambalear a estabilidade emocional dos Peixes.


32 // Maio 2017 //

| Publicidade |

猀 漀 搀 椀 渀 唀 倀伀䰀䄀匀

䰀䔀吀刀 匀 䄀 匀 伀

䄀匀

䐀愀 搀愀猀 䰀攀琀爀愀猀 䜀愀氀攀最愀猀 ㈀ ㄀㜀Ⰰ 搀攀搀椀挀愀搀漀 愀 䌀愀爀氀漀猀 䌀愀猀愀爀攀猀

嘀椀愀砀攀椀爀漀 椀渀挀愀渀猀愀戀氀攀Ⰰ 最爀愀渀 挀漀渀瘀攀爀猀愀搀漀爀Ⰰ 琀漀氀攀爀愀渀琀攀 攀Ⰰ 猀漀戀爀攀 琀漀搀漀Ⰰꀀ猀攀洀瀀爀攀 琀攀渀搀攀渀搀漀 瀀漀渀琀攀猀Ⰰ 䌀愀爀氀漀猀 䌀愀猀愀爀攀猀 挀栀攀最漀甀   氀椀琀攀爀愀琀甀爀愀 最愀氀攀最愀ꀀ挀漀洀漀 甀渀 爀攀渀漀瘀愀搀漀爀 搀愀 猀切愀 渀愀爀爀愀琀椀瘀愀⸀ ∀䌀氀愀爀漀 焀甀攀 愀 砀攀渀琀攀 搀漀 氀甀最愀爀 琀攀渀 甀渀 挀漀渀琀爀愀猀椀渀愀氀 瀀愀爀愀 挀漀攀挀攀爀 愀ꀀ瘀攀爀搀愀搀攀椀爀愀 最愀氀椀愀 愀稀甀氀⸀ 堀愀 挀栀漀 搀椀爀攀椀 挀愀渀搀漀 瘀攀愀猀⸀ꀀ 䴀愀 瘀漀甀 搀攀 瘀椀愀砀攀⸀ 䌀愀渀搀漀 瘀漀氀瘀愀Ⰰ 猀攀最甀椀爀攀椀挀栀攀 挀漀渀琀愀渀搀漀 栀椀猀琀漀爀椀愀猀Ⰰ 焀甀攀 瀀漀爀 愀焀甀 猀攀洀瀀爀攀 栀愀椀 愀氀最漀 焀甀攀 挀漀渀琀愀爀⸀∀ 䄀 最愀氀椀愀 愀稀甀氀⸀ 䌀愀爀氀漀猀 䌀愀猀愀爀攀猀Ⰰ 栀漀洀攀渀愀砀攀愀搀漀 渀漀 䐀愀 搀愀猀 䰀攀琀爀愀猀 䜀愀氀攀最愀猀 ㈀ ㄀㜀

㄀㜀 搀攀 洀愀椀漀 䐀愀 搀愀猀 䰀攀琀爀愀猀 䜀愀氀攀最愀猀

砀甀渀琀愀⸀最愀氀


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.