Xornal galicia sur pontevedra novembro 2014

Page 1

NOVEMBRO 2014 - ANOV - NUMERO 48

PREZO 1.20€

Formación policial contra a violencia de xénero PAX.5


|Galicia|

2 // Novembro2014 // Galicia Sur/Pontevedra

Novas medidas no Plan Director da Rede Natura 2000

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, avanza un paso máis na conservación e mellora dos ecosistema mariños da Comunidade Autónoma. Así o puxo de manifesto a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, durante a reunión do grupo de traballo para o estudo dos desfeitos mariños da Convención do Atlántico Norte (OSPAR), que se celebrou en Vigo. Salientou que o Plan Director

da Rede Natura 2000, aprobado recentemente, incorpora directrices e normas encamiñadas a acadar un equilibrio ecolóxico dos ecosistemas mariños, evitar a progresiva contaminación e promover a conservación e uso sostible dos recursos nas Zonas de Especial protección (ZEC) que se integran na área litoral. A representante da Consellería de Medio Ambiente destacou que as rías galegas constitúen un dos ecosistemas mariños de maior diversidade biolóxi-

ca a nivel mundial, sendo a súa preservación unha das prioridades da Dirección Xeral. Por tal motivo, o primeiro obxectivo de conservación que establece o Plan Director neste ámbito é protexer e preservar o medio mariño, evitar o seu deterioro e -na medida do posible- recuperar os ecosistemas mariños nas zonas que fosen afectadas negativamente. Así mesmo, en relación aos hábitat costeiros, o Plan Director contempla contribuír á protección das

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e a secretaria xeral de Sanidade e Consumo do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Pilar Farjas, participaron na inauguración da XX Semana Europea da Calidade, que se celebrou na Consellería de Sanidade, en Santiago de Compostela. No acto púxose de manifesto que a calidade é un dos elementos estratéxicos nos que se fundamenta a transformación e a mellora do Sergas para prestar aos pacientes unha asistencia personalizada, coa mellor tecnoloxía e calidade, e dunha maneira eficiente e eficaz. A calidade dos servizos sanitarios debe ser o resultado

das políticas sanitarias, de facer o correcto, da imaxe da organización que perciben os prestadores e receptores dos coidados, da definición do servizo atendendo ao cliente interno e externo, e da adecuada interacción entre ambos. Tamén se resaltaron diversas iniciativas relacionadas coa calidade, como os proxectos de formación entre iguais. Así, ata o momento, téñense formado 26 pacientes expertos titores, seguindo o modelo Stanford, en diversas patoloxías -enfermidade renal, diabetes, enfermidades osteoarticulares, insuficiencia cardíaca, esclerose múltiple, cancro, Parkinson, pernas inquietas...-, ademais de dous pacientes expertos titores

en seguridade de pacientes. Estes, en colaboración cos profesionais do Sergas, imparten á súa vez actividades de formación a outros cidadáns para que aprendan a manexar a súa enfermidade, e para que asuman un rol máis activo e melloren a súa calidade de vida. Fíxose tamén referencia ás iniciativas de aplicación da metodoloxía Lean Healthcare que se teñen desenvolvido xa nos complexos hospitalarios de Ourense, Santiago e Vigo. Deste xeito, arredor de 70 profesionais recibiron formación sobre esta ferramenta aplicada á saúde nos dous últimos anos, e as persoas que lideraron estes proxectos compartiron a súa experiencia no marco da Semana Europea da Calidade.

augas territoriais e mariñas e acadar os obxectivos dos acordos internacionais pertinentes, incluídos aqueles que teñen como finalidade previr e erradicar a contaminación do medio mariño, como os fixados na Convención do Atlántico Norte (OSPAR). Tellado Barcia destacou que a presenza de lixo no medio mariño é unha cuestión de carácter transnacional en cuxa resolución resulta básico establecer consensos a nivel técnico e administrativo, con independencia das fronteiras políticas e bioxeográficas. Apostou pola convocatoria de encontros como o celebrado hoxe en Vigo, que por primeira vez se reúne en España, e que servirá como foro de transmisión de coñecementos e experiencias, para buscar medidas de consenso que permitan reducir a presenza de lixo mariño, así como os seus graves efectos ambientais e socioeconómicos. A directora xeral de Conservación da Natureza destacou o esforzo que realiza a Xunta de Galicia, a través do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia -que acolleu na súa sede en Vigo a celebración deste encontro, en preservar a

extraordinaria biodiversidade que acollen os fondos mariños de Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes. Lembrou que o Parque Nacional –que pertence á Rede Ospar desde o ano 2008- é un ámbito especialmente sensible ao impacto do lixo, xa que o seu emprazamento na estrada das Rías Baixas fai que os arquipélagos que o conforman actúen como barreira natural para as correntes oceánicas e, en consecuencia, para os vertidos que transportan. O convenio Ospar entrou en vigor en 1998, polo que a partir desa data o seu articulado é de obrigado cumprimento para as os países de Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemaña, Irlanda, Islandia, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Portugal, España, Suecia, Suíza, Reino Unido e a Comunidad Europea, como asinantes. Estes reúnense cada ano e cada cinco anos ten lugar unha reunión ministerial das partes. Esta convención fixa os estándares de biodiversidade mariña, eutrofización, o vertido de sustancias tóxicas e radioactivas aos mares, as industrias gasísticas e petroleiras de alta mar e o establecemento das condicións medioambientais de referencia.

O Sergas implanta iniciativas no eido da Calidade


|Galicia|

Galicia Sur/Pontevedra // Novembro 2014 // 3

Galicia é pioneira na racionalización da Administración O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na apertura das xornadas de debate sobre “Os entes instrumentais da Administración Pública de Galicia”, onde destacou que a Xunta foi pioneira en por en marcha un plan de racionalización da súa Administración paralela e comezar a adelgazar a Administración. O resultado deste proceso, que actualmente se atopa na súa terceira fase, suprimíronse máis de 70 entes e introducíronse centos de medidas de mellora naqueles que continúan funcionando. Grazas a todas estas medidas as arcas públicas galegas aforraranse máis de 57 millóns de euros cada ano, a maioría derivada das medidas de mellora da produtividade. Para pechar este proceso de reformas o Goberno galego puxo as bases para que a situación

anterior, de desenfreo de entes paralelos, non se volva repetir; e o ano pasado aprobou a Lei de Racionalización do Sector Público Autonómico de Galicia, que introduce unha serie de controis moi claros sobre os entes. Así, consolidáronse mecanismos de colaboración entre eles

-para aproveitar as sinerxías e evitar duplicar esforzos-, supeditouse a creación de novos entes ao ditame da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e converteuse o proceso de auditoría nunha práctica periódica para seguir medindo a eficacia e a pertinencia destes entes.

Normativa máis clara e transparente Rueda lembrou que ademais de por en marcha o Plan de Racionalización da Administración Paralela, a pasada lexislatura caracterizouse pola elaboración dunha nova normativa máis clara e transparente, que contribuíse á posta en orde do

mapa totalmente heteroxéneo de entes que había nese momento. Así, unha das primeiras leis que lanzou o novo goberno foi a reforma da lexislación de réxime orzamentario para garantir que os presupostos de todos estes entes figurasen nos Orzamentos xerais da Xunta. Ademais, considerouse prioritaria unha lexislación que puxera orde aos entes instrumentais e que culminou en decembro de 2010, coa aprobación da Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico. A Lofaxsga determinou o carácter de medios propios de todos os entes, definiu os procesos de creación e estableceu mecanismos de control transparentes como os plans de actuación ou os contratos-programa, que definía un modelo de xestión por obxectivos.

Galicia supera os obxectivos de turismo previstos para o 2016 Turismo de Galicia celebrou unha reunión de seguimento do Plan Integral de Turismo de Galicia presentado a principios deste ano polo Goberno da Xunta de Galicia como folla de ruta do sector turístico ata o 2016. No encontro abordáronse os obxectivos estratéxicos sectoriais plasmados no dito Plan estratéxico. Así, tal e como expúxose na reunión, puido verse como moitos deles xa foron superados no que vai deste ano 2014 e como outros moitos están a punto de ser alcanzados. Un dos principais obxectivos marcados no Plan que xa foron superados con gran éxito foi o relacionado co turismo internacional. O número de viaxeiros internacionais que elixiron os establecementos regrados de Galicia nos últimos 12 meses acadou a cifra de 1.035.234, superando así o obxectivo previsto para 2016 dun millón. Así mesmo, o gasto total dos turistas

internacionais nos últimos 12 meses foi de máis de 855 millóns de euros, superando a cifra obxectivo dos 836 millóns que establece o Plan. En canto a cifra de viaxeiros aloxados en establecementos regrados, nos doce últimos meses acadou os 3.987.343, situándose moi preto dos 4 millóns establecidos polo plan. Así, de manterse a tendencia crecente dos últimos seis meses é previsible que no 2014 se acade dito obxectivo. Outro dos obxectivos estratéxicos de Turismo de Galicia céntrase no tempo que o visitante está aloxado nun establecemento. Nos establecementos regrados, a dita estadía media do último ano é de 2,13 noites, situándose preto dos 2,5 días establecidos coma obxectivo, un obxectivo moi ambicioso, dado que a estadía media é a primeira variable que se resinte ante situacións económicas non favorables.

En canto aos indicadores turísticos, durante a reunión destacouse o número de peregrinos que recibiu Compostela dende xaneiro a outubro, o cal aumentou un 10,5% en relación ao mesmo período de 2013. Este incremento é superior no mercado internacional que experimenta unha notable suba do 13%, constituíndo xa o 52% dos peregrinos que reciben a citada acreditación. O principal camiño, o Camiño Francés, creceu nun 7%, mentres o global do resto das rutas aumentou nun 18,6%. Deste xeito realizaron a ruta do Camiño Francés o 68% dos peregrinos con Compostela, o que demostra a diversificación das rutas ao aumentar o peso do resto das rutas. Tamén o número de turistas aloxados nos establecementos regrados de Galicia no acumulado ata setembro foi sinalado durante o encontro ao experimentar un aumento do 6,5%. Estes

resultados débense ao bo comportamento da demanda principalmente nos últimos 6 meses. O comportamento do mercado internacional é aínda máis positivo, cunha suba do 15,2%. A ocupación media hoteleira tamén aumentou en 1,26 puntos. No que se refire aos plans de accións, durante a reunión de seguimento constatouse que as porcentaxes de execución superan as previstas para o primeiro ano de implantación do Plan. Deste xeito, accións cuxo comezo estaba fixado no Plan para o segundo semestre deste ano 2014 contan xa con porcentaxes considerables de execución. Exemplo de elo é o plan de acción encamiñado á redución do impacto medioambiental global e a pegada ecolóxica das actividades turísticas, do que xa se executou un 18% con accións como o convenio firmado co Clúster de Turismo de Galicia. Tamén o baseado

na promoción para o impulso do turismo interno e turismo de proximidade, cun 12% de execución con accións como o Outono Gastronómico, De Tapas por Galicia ou as Rutas de Artesanía. Así mesmo, plans de acción como o centrado na promoción e apoio á organización de iniciativas de turismo deportivo para a captación de novos fluxos turísticos en tempada baixa, previstos para comezar no ano 2016 xa foron posto en marcha, neste caso levouse a cabo xa un 18% do mesmo. Entre as acción realizadas neste plan podemos destacar a primeira Travesía Náutica Xacobea, os circuitos de golf Cenor Camiño de Santiago e V Open Rías Baixas, Pantin Classic, e o Marisquiño. Como conclusión da reunión Turismo de Galicia acordou modificar á alza os obxectivos marcados a tres anos no Plan Integral de Turismo de Galicia que xa foron superados.


4 //Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Galicia|

O proxecto de cooperación tranfronteiriza de emerxencia recibe novas axudas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu en Oporto á reunión do comité executivo do Proxecto ARIEM 112, onde se asinou o acordo que contempla a incorporación de 600.000 euros do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza EspañaPortugal, que servirán para continuar os logros xa acadados. Grazas aos bos resultados acadados, recentemente o Secretariado Técnico Conxunto do programa POCTEP confirmou o reforzo do proxecto cunha contía de 600.000 euros. Este importante

reforzo económico permitirá completar as accións que contribuirán a consolidar os mecanismos de cooperación e coordinación transfronteiriza, creando un marco de cooperación transfronteiriza rápido e eficaz que garanta a asistencia mutua. Entre outros asuntos, definíronse as liñas mestras do simulacro que se prevé realizar antes de que finalice o ano na zona transfronteiriza do Concello de Laza, en Ourense. Este exercicio ten por obxecto o rescate de vítimas como consecuencia dun accidente de tráfico e

posterior accidente dun helicóptero de rescate nunha zona de difícil acceso. Neste operativo está previsto que interveñan organismos e unidades de emerxencias das tres rexión, coordinadas desde o posto de mando avanzado da Axega e en constante comunicación co Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia e os centros 112 implicados da rexión norte de Portugal. Outros asuntos que se abordaron foron os resultados da segunda auditoría realizada pola Autoridade de Xestión do FEDER do Ministerio de Facenda, que se superou con éxito; un balance das actividades e os obxectivos desenvoltos; e a contratación de varias ferramentas de emerxencias, entre as que se atopan os equipos aéreos non tripulados,“drones”, unha cabeza tractora e unha app de localización de persoas en situación de risco. Ademais do vicepresidente, na reunión tamén participación o presidente da CCDR-N, Emidio Gomes, o Coordinador da Comunidade de Traballo GaliciaNorte de Portugal, Nuno Almeida, representantes da Axencia Galega de Emerxencias, autoridades da Agencia de Protección Civil de Castela e León e representantes do Instituto Nacional

de Emergencia Médica, da Seguridade Pública de Oporto e da GNR por parte portuguesa. Proxecto ARIEM 112 O proxecto ARIEM 112 -Asistencia Recíproca Interrexional en materia de emerxencias- ten como obxectivo principal o establecemento dun mecanismo de colaboración entre os servizos responsables da xestión e mobilización de recursos de emerxencias na zona común transfronteiriza de Galicia, Castela e León e o Norte de Portugal. Cofinanciado con fondos FEDER, este programa abarca un total de 109 concellos a ambos lados da fronteira , cunha extensión de case 17.000 quilómetros cadrados e unha poboación estimada de preto de 600.000 habitantes, caracterizada polo envellecemento e a dispersión xeográfica. Con este proxecto, se pretende reducir os tempos de resposta e xestionar de maneira máis eficaz os centros de emerxencias -calquera que sexa o lugar onde xurda a incidencia-, de maneira que se favoreza a asistencia recíproca, inmediata e conxunta optimizando medios e recursos.

Descontos para familias numerosas O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a aprobación do acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consellería de Traballo e Benestar para a aplicación de descontos a familias numerosas no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia. Esta iniciativa permitirá a preto de 19.000 familias numerosas da Comunidade beneficiarse de descontos de entre un 20% e un 50% -en función de se son familia numerosa xeral ou específica- no uso do transporte metropolitano. Na rolda de prensa do Consello, Feijóo explicou que a contía de bonificación se suma ás bonificacións que xa poden obter coa tarxeta de transporte metropolitano, que calquera cidadán en Galicia posúe ou pode posuír. Así, o sistema de bonificación será o mesmo que o que se aplica á bonificación por recorrencia para os usuarios que superan as 40 viaxes ao mes, aos que se lle engade ese 20% e ese 50% a esa bonificación. Nese sentido, as viaxes realizadas nun mes polos membros de familias numerosas serán contabilizadas e procesadas, e o sistema realizará nunha recarga na tar-

xeta pola contía da bonificación con tan só introducila no caixeiro automático. Así mesmo, cómpre subliñar que estas bonificacións por familia numerosa son compatibles con outros descontos do programa tarifario, coa única limitación de que o importe total das bonificacións non poida superar o importe total da viaxe. As familias numerosas que empreguen habitualmente o transporte metropolitano sumarán, pois, un aforro engadido de entre o 20 e o 50% á media de aforro anual que xa ten un usuario frecuente

do transporte público, que é de entre 300 ata 1.000 euros, dependendo da orixe e destino dos seus desprazamentos. O titular do Goberno galego precisou que para dar coñecemento desta medida, a Consellería de Traballo e Benestar remitirá, nos vindeiros días, unha carta a todas as familias numerosas rexistradas na Comunidade das áreas nas que esta iniciativa está operativa, para informalas destas vantaxes. O requisito que deberán cumprir é similar aos que se lles exixe os usuarios xerais do plan:

dispor dunha tarxeta do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia e, especificamente, darse de alta telematicamente na aplicación social para familias numerosas da Dirección Xeral de Familia, de xeito que a Dirección xeral de Mobilidade conte cos datos dos usuarios que deben percibir estas bonificacións. Plan de transporte metropolitano de Galicia Durante a rolda de prensa, Feijóo lembrou que o Plan de transporte metropolitano de Galicia comezou a súa andadura no ano 2011 e, actualmente, está implantando nas áreas da Coruña, de Santiago, de Ferrol e de Lugo. Asegurou que as cifras demostran que o transporte metropolitano é un éxito xa que se teñen rexistrado un millón de viaxes ao mes no conxunto destas catro áreas. Así mesmo, avanzou que o próximo Orzamento do ano 2015 prevé un incremento de máis do 42% das bonificacións para o transporte metropolitano, “dado que prevemos a súa implantación, de forma inmediata, na cidade de Vigo e, tamén se é posible seguir implantando nas dúas cidades que quedarían: Ourense e Pontevedra”, concluíu.


|Galicia |

Galicia Sur/Pontevedra //Novembro 2014 // 5

Formación da Policía Local contra a violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou pola formación e a preparación dos axentes de policía local galegos en materia de violencia de xénero. Foi durante o acto de entrega duns recoñecementos do traballo de varios axentes das Policías Locais de Santiago e Pontevedra, que se celebrou na sede da Academia Galega de Seguridade Pública. Rueda defendeu o importan-

te labor destes axentes, os máis próximos ao cidadán, e anunciou que terán un papel fundamental na rede de Alerta Municipal para a detección temperá de casos de violencia de xénero. Para que cumpran con esa función de xeito meritorio brindoulles a colaboración da Agasp, como centro encargado da súa formación. A Xunta é consciente de que para avanzar na loita contra a

violencia de xénero todas as administracións deben traballar de xeito conxunto. Así, en Galicia xa temos por primeira vez a axentes da Policía Autonómica especializados neste eido, temos acceso á aplicación VIOGEN -grazas a un convenio de colaboración co Ministerio de Interior-, e estamos a elaborar un protocolo de colaboración entre forzas e corpos de seguridade. No acto de hoxe entregouse

por primeira vez na historia da Agasp unha placa de mérito colectivo, que recaeu no corpo de Policía Local de Santiago polo seu traballo e dedicación na traxedia de Angrois; e unha Medalla ao Mérito ao axente David Abollo, policía local de Pontevedra que arriscou a súa vida nun rescate o ano pasado no río Lérez. Ademais, tamén se entregaron os distintivos de permanencia a 50 profesionais que

levan 25 anos dedicando a súa vida a garantir a seguridade e a convivencia pacífica; os diplomas aos alumnos da 4ª promoción de oficiais da Policía Local -cunha mención especial pola súa excelenciae os trofeos do V Campionato de Tiro Autonómico Policial. Temarios gratuítos na Internet A Xunta aposta por ofrecer a todos os axentes a formación máis completa posible desde o inicio da súa traxectoria. Así, ademais da formación puntual que reciben os axentes de novo ingreso, este ano a Academia dará un paso máis e publicará a partir deste mes -e con acceso libre e gratuíto en internet- os temarios para os cursos de acceso á policía local. Este ano a Academia convocou máis de 160 cursos de formación continua á Policía Local, 1.200 prazas e máis de 3.000 horas dentro dun plan de formación completo, que se elaborou a partir das suxestións dos propios alumnos e que atende especialmente á faceta práctica dos contidos.

A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, avanzou no Parlamento galego que o centro acollerá este mes dous cursos monográficos sobre Transparencia, goberno aberto e Administración pública e Ética pública e medios para previr a corrupción. No primeiro dos cursos debátese sobre quen debe controlar a transparencia, o acceso aos documentos administrativos, a simplificación das institucións políticas e administrativas e o presente e futuro da transparencia, entre outros temas. O outro curso é sobre Ética pública e medios para previr a corrupción e conta con

poñentes de perfil diverso e sobrado coñecemento na materia, como xuíces, fiscais, profesores universitarios, filósofos e profesionais dos medios de comunicación. A Egap como foro de debate Ademais deste adianto, Rodríguez-Campos tamén fixo balance do resto de cursos monográficos e xornadas que a Escola impartiu nos últimos anos, en total 15 iniciativas ás que asistiron máis de 1.400 persoas e que teñen convertido á EGAP “nun foro de debate das principais novidades que afectan á Administración, tratando en profundidade as políticas públicas máis relevantes e sempre a través dunha docencia de calidade”.

Neste sentido, fixéronse diversas xornadas sobre temas de grande transcendencia e actualidade, como a disciplina urbanística, a crise e reestruturación financeira, os modelos institucionais rexionais e a incidencia da nova lexislación de costas e ordenación do litoral. Tamén cursos monográficos sobre retos e perspectivas do emprego público nun contexto de crise, o futuro do Estado autonómico e a publicidade institucional. Xa neste ano 2014, a EGAP puxo en marcha o I Seminario Internacional sobre transparencia administrativa e protección dos intereses financeiros da U.E. na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal,

con especial atención ao control da xestión dos fondos da Unión Europea e as medidas de transparencia nos contratos públicos; e un curso monográfico titulado A reforma local a debate, no que se analizaron os efectos e incidencias da recente Lei de racionalización e sustentabilidade da Administración Local. Ademais, celebráronse tamén as Xornadas sobre as novas directivas de contratación pública e a súa transposición -con máis de 300 matriculados-; a Xornada ‘A xustiza que vén’, na que se ofreceu unha visión completa do que necesita o eido xudicial e das melloras que sería preciso implementar; e a recente Xornada sobre

Intimidade, imaxe e medios de comunicación públicos, onde distintos profesionais debateron sobre a convivencia do dereito á información e o respecto á intimidade e a honra das persoas sobre as que se informa. Segundo destacou a directora, a través destas iniciativas a Escola está a xerar debates para que a sociedade poida coñecer polo miúdo as distintas problemáticas que se suscitan ao redor do eido público, a fin de fomentar o intercambio de ideas e experiencias que permitan mellorar tanto a xestión como a propia organización administrativa, e cumprindo así coa vocación de servizo á cidadanía.

Cursos sobre transparencia e medios para previr a corrupción


|Galicia|

6 //Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

O Camiño de Santiago é referente en Xapón Galicia e Xapón dan un paso máis na súa colaboración en materia turística e cultural coa xuntanza que mantiveron na Prefectura de Kagawa, na Illa de Shikoku, a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, e o responsable do departamento de Asuntos Exteriores do órgano administrativo xaponés, Jun Hajiro, ao obxecto de coñecer o proceso de creación, desenvolvemento e consolidación da promoción do Camiño de Santiago. Na actualidade, a Illa de Shikoku pretende desenvolver unha ruta de peregrinación que se estende polas catro prefecturas que compoñen este territorio –a propia Kagawa, Tokushima, Ehine e Kochi- e teñen como modelo de éxito o Camiño de Santiago. Nesta xuntanza, a directora de Promoción de Turismo de Galicia explicoulle ao representante da Prefectura de Kagawa e ao seu equipo de colaboradores o proceso seguido pola Xunta de Galicia e a Administración do Estado

para a declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade e como

lega, tanto no interior de España como no estranxeiro. A directora de Promoción

cobeo. Exposición ‘Peregrinatio. O Camiño’

Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Desenvolvemento da promoción do Camiño Ademais, Carmen Pita referiuse á celebración do Xacobeo, como gran evento conmemorativo dos anos santos composteláns e como medio de promoción do Camiño de Santiago e a comunidade ga-

de Turismo de Galicia explicoulles aos responsables administrativos xaponeses as distintas rutas do Camiño e a protección coa que conta a Ruta xacobea por parte da Xunta de Galicia. Carmen Pita tamén informou en Kagawa dos incentivos públicos para a promoción do Camiño de Santiago e o Xa-

Durante a súa estadía en Xapón para a promoción turística de Galicia e o Camiño de Santiago, a directora de Promoción de Turismo de Galicia, tamén inaugurou a exposición ‘Peregrinatio. O Camiño’, no Aeon Hall da cidade de Wakaya, na Illa de Honshū. Enmarcada nos actos de celebración, esta exposición au-

diovisual é froito da recente e intensa viaxe realizada polo fotógrafo Manuel Valcárcel e o músico Alexandro González, ambos os dous galegos, a través de Italia, Francia, o norte de España e a Galicia xacobea, seguindo a mesma ruta que san Francisco percorreu no ano 1214 desde Asís a Compostela. Nesta viaxe contemporánea os autores mostráronse atentos á tradición cultural e á sensibilidade relixiosa que impregna os lugares e os camiños a Santiago de Compostela. Unhas paisaxes culturais e uns espazos sacros intimamente ligados á orixe evanxélica da tradición cristiá, sobre a que se asentan a mentalidade e a historia cultural dos pobos de Europa. Na súa estrita expresión física, o camiño de peregrinación vertebra territorios máis ou menos distantes, vincula o patrimonio cultural creado ao secular fluxo da peregrinación e proporciona a oportunidade de viaxar no tempo.

Tarxeta Bono-Cultura para 6.000 mozos Arredor de 6.000 mozas e mozos poderán beneficiarse da Tarxeta-Bono Cultura Galega que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá en marcha nos próximos meses dirixido ás persoas entre 18 e 30 anos. Esta nova e pioneira liña de axudas, anunciada onte polo conselleiro no Parlamento de Galicia irá dirixida a adquisición de libros en lingua galega e á a asistencia a espectáculos escénicos programados por compañías galegas e ten como obxectivo revitalizar o consumo de produtos culturais entre un sector da poboación especialmente vulnerable nestes momentos de dificultades de acceso ao mercado de traballo. A Tarxeta-Bono terá un custe de 50 euros, dos que o comprador achegará 33 e a Xunta 17. Con ela a moza

ou mozo poderá ter acceso – por exemplo- a 5 entradas de teatro cun custe de 10 euros cada un, cando realmente só aboou o prezo de tres

entradas (os devanditos 33 euros). A maiores a Consellería está a procurar descontos extra que as entidades colaboradoras (librarías e

espazos escénicos) poderán ofrecerlles aos usuarios da Tarxeta-Bono. De feito, xa está acordado coa Federación de Librarías de Galicia que as

librarías participantes ofrezan un 10% de desconto nos libros adquiridos ao abeiro desta iniciativa, o que supón unha vantaxe aínda maior para o usuario. Ademais, a Consellería asinará un acordo de colaboración cun operador de plataforma tecnolóxica de venda para utilizar ese servidor de pagamentos e a súa experiencia na venda de produtos culturais en liña, de tal forma que se facilite o acceso aos usuarios. Segundo as estimacións da Consellería, este investimento permitirá mobilizar unha cantidade aproximada de máis de 300.000 euros de consumo nos dous sectores aos que vai dirixido esta iniciativa, o que supón un importantísimo impulso nun momento económico moi complicado para todos os sectores pero especialmente para o da Cultura.


|Pontevedra|

Galicia Sur/Pontevedra // Novembro 2014 // 7

Encontro cos presidentes provinciais de Barcelona e Sevilla Os presidentes provinciais do Partido Popular de Barcelona e Sevilla, Alberto Villagrasa e Juan Bueno participan xunto co seu homólogo en Pontevedra, Rafael Louzán, no I Encontro de presidentes Provinciais do PP que se celebrou en Pontevedra . Os tres líderes provinciais adiantaron o contido dos temas máis relevantes que se van tratar na xuntanza máis importante de este encontro, e que será a que reúna a todos os alcaldes e dirixentes da provincia cos tres presidentes. Louzán, Bueno e Villagrasa coincidiron ao destacar que este encontro é unha boa oportunidade para intercambiar impresións de tres realidades distintas nun mesmo partido. O presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán, agradeceu a asistencia e disponibilidade dos dous líderes e subliñou o mérito tanto do PP de Sevilla como o de Barcelona por traballar “en situacións políticas que non son nada fá-

ciles”, pero que sen dúbida son decisivas e claves para que o PP goberno no Estado e consiga os magníficos resultados das pasadas eleccións xerais. PONTEVEDRA COMO EXEMPLO O presidente provincial de Sevilla, Juan Bueno, refiriuse ao traballo realizado polo PP de Galicia como “exemplar”. Unha situación que desde o partido vemos con certa envexa, non só polos resultados que acadan en cada un dos procesos electorais senón tamén pola política de proximidade e bo goberno. Unha situación radicalmente distinta á que se está vivindo en Andalucía, a criterio do popular andaluz, porque “a situación de Andalucía é de desgoberno, cun PSOE que leva demasiados anos pervirtindo o poder”, explicou. “Pódese estar moitos anos no goberno e facelo ben pero en Andalucía o PSOE leva a xestión pública ao peor, cunha coalición de perdedores e cunha

presidenta que nin tan sequera foi a candidata senón que é ocasional pola fuxida dos dirixentes do PSOE que se presentaron, e que nun tempo saberemos o porqué desa fuxida”. Juan Bueno explicou que hai tres características que definen claramente a situación política do goberno andaluz en todas as institucións nas que gobernan, xa sexa a Junta andaluza, a Deputación ou os diferentes concellos: sectarismo, bloqueo e corrupción. “Actúan de forma sectaria, abusando do poder e bloqueando a todos aqueles municipios nos que nalgún momento votaron ao Partido Popular. Non se trata dun bloqueo por cuestión orzamentarias, senón por actitudes castigando aos cidadáns polo simple feito de cometer o pecado de votar ao Partido Popular”. Outra das características ás que se refiriu o popular sevillano foi á corrupción, “Os maiores casos de corrupción están en Andalucía e co epicentro en Sevilla”.

O presidente provincial explicou que hai neste momento 54 cargos do PSOE involucrados con casos de corrupción e centos de imputados por toda a comunidade. A MAIORÍA DE CATALÁNS NON SON -INDEPENDENTISTAS Alberto Villagrasa, presidente provincial do PP de Barcelona, valorou positivamente a reunión do PP Provincial de Pontevedra, e a oportunidade que se lle brinda ao PP de Barcelona, “porque non só é importante para compartir cuestión organizativas e máis propias de partido senón tamén porque hai temas políticos en Cataluña que lle afectan ao conxuntos dos españois como é o caso do desafío rupturista que está facendo Artur Mas”. Villagrasa sinalou que “necesitamos sentirnos queridos porque a maiorías dos cataláns non somos independentistas, e neste momento parece que Cataluña só ten unha voz”. Lamentou que en Cataluña

non se fale neste momomento de sanidade, de Cultura ou de política social. “En Cataluña houbo nestas semanas 40 persoas afectadas por un xermolo de lexionela con 10 falecidos e ninguén fala diso, só se fala do proceso independentista”. Explicou ademais que a tensión é cada vez maior, con amigos que xa non se falan, familias que só se reúnen no Nadal ou problemas nos colexios porque hai moitos pais que queren unha educación diferente para os seus fillos”. Villagrasa arremeteu tamén contra o Partido Socialista Catalán, “por ese papel ambigüo que está xogando, perdendo nalgúns lugares o seu perfil nacional e a súa vocación de partido de Estado, habendo municipios nos que incluso se pode a chegar a confundir con Esquerda Republicana”. Nesta liña incidiu en que o bloque constituionalista se reduciu ao PP practicamente, e que este proceso non vai acabar o 9 de novembro.


8 //Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Pontevedra|

Cores Tourís e Jacobo Moreira reúnense en prol das infraestructurtas das parroquias

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, reuniuse co portavoz do PP de Pontevedra e deputado autonómico, Jacobo Moreira, co obxectivo de analizar melloras nas infraestruturas das parroquias de Xeve e de Verducido. Durante o encontro, Jacobo Moreira, que estivo acompañado polo coordinador do PP das parroquias de San Andrés de Xeve, Santa María de Xeve e Verducido, Arturo Casal, trasladoulle ao delegado te-

rritorial varias demandas en relación ao curce do Goio, ao entorno do río Fontáns e do río Raxadoiro. Jacobo Moreira trasladoulle a Cores Tourís as demandas do Partido Popular da localidade entorno ao cruce do Goio en San Andrés de Xeve, onde se solicita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura que cambie a liña continua pola discontinua e se coloque un espello de tráfico para mellorar a seguridade e visibilidade neste punto.

No caso do lugar de Fontáns en Santa María de Xeve, os populares pontevedreses demandaron ante o delegado territorial o arranxo e rehabilitación de dous pasos de acceso a fincas e a reposición e reparación de muros caídos a consecuencia das riadas, así como a limpeza do cauce. Finalmente, en relación ao lugar de Bordel, en Verducido, o PP de Pontevedra solicitou a Xunta que leve a cabo a limpeza e profundización do cauce para evitar a filtración de auga

a unha vivenda situada nas inmediacións do río Raxadoiro. José Manuel Cores Tourís asegurou aos representantes populares de Pontevedra que dará traslado destas demandas ao departamento autonómico correspondente para a súa análise e valoración e reafirmoulles o compromiso da Xunta de Galicia cos veciños destas parroquias de Pontevedra, e recordoulles que a Xunta está a elaborar os orzamentos de 2015 onde “agardamos que se contemple o asfaltado dos tramos da PO-224 ao seu paso polas parroquias de Santa María de Xeve e Verducido”. De feito, o delegado territorial recordou o investimento de máis de 210.000 euros a través do cal se reformaron os tramos de San Andrés de Xeve e do Pontillón do Castro. Esta obra comprendeu diversas actuacións de rehabilitación da rodadura entre os quilómetros 0 e 4 destas estrada, aproveitandose tamén a execución dun pequeno tramo situado a carón do propio embalse do Pontillón do Castro, entre os quilómetros 7,5 e 8. O delegado territorial destacou a importancia das obras de mellora da seguridade viaria que levou a cabo a Xuntas nos últimos meses nas estradas dependentes da administración autonómica no concello de Pontevedra. “Estamos

A Xunta de Goberno Local adxudicou á empresa Stradia Infraestructuras S.L. as obras do proxecto complementario, valorado en 55.452,61 euros, derivado da aparición de restos arqueolóxicos nun tramo da rúa de Santa Clara. Os fondos permitirán a escavación dunha área duns 400 metros cadrados na zona onde apareceu un empedrado medieval que podería corresponder ao Camiño Vello de Castela.

O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, subliñou que cúmprese así o compromiso alcanzado cos veciños e comerciantes de Santa Clara de adxudicar canto antes esta actuación adicional para finalizar a reurbanización integral desta rúa, que xa contaba cun orzamento de 676.199,22 euros. A obra complementaria finánciase coa modificación de crédito aprobada polo Concello de Pontevedra e que entrou en

vigor a semana pasada. As obras,xa se reactivaron a semana pasada con algúns traballos preparatorios na praza de José Martí. Instalouse tamén un “by-pass” para subministro de auga ao edificio do Híper Froiz. Trátase de colocar un tubo provisional ata o remate da obra, porque o subministro definitivo non quedará definitivamente instalado ata o remate da rúa. Reasfaltouse un trozo do primeiro tramo da obra (entre o

cruce de Santa Clara e Álvaro Cunqueiro). O asfaltado fíxose a principios de ano en condicións meteorolóxicas adversas, con bastante frío, e houbo un problema de fraguado do aglomerado asfáltico, polo que é preciso corrixilo. Instalouse tamén a pasarelasque dará acceso aos portais de vivendas e negocios situados no último tramo de Santa Clara. É unha pasarela de 60 metros de lonxitude e dous metros de ancho.

a falar dunha estrada que utilizan numerosos veciños das parroquias de Pontevedra, e supoñen unha importante mellora en canto a seguridade na condución”, engadiu. Na cidade de Pontevedra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tamén actuou sobre as estradas PO-542 entre Pino-Pontebora (entre os quilómetros 0 e 5) e na PO-532, estrada de Pontecaldelas (entre o Polígono de O Campiño e as antigas canteiras, o que supuxo catro quilómetros de mellora). Todos estes traballos, que supuxeron un orzamento global de máis de 450.000 euros permitiron mellorar os asfaltados a través de fresado e reposición, con renovación da sinalización horizontal e vertical e repintado. En relación as parroquias de Verducido e de Xeve, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra recordou que a administración autonómica xa investiu 759.531 euros no saneamento do lugar de Sobral en San Andrés de Xeve, así como 601.010 no saneamento do lugar da Igrexa e Frieiro, e 506.531 euros no lugar de Gatomorto en Santa María de Xeve. Ademais, tamén levou a cabo a construción de beirarrúas nas inmediacións do colexio de San Andrés de Xeve,

A continuación iniciarase a escavación arqueolóxica. Levantarase o pavimento con medios mecánicos ata baixar en torno a metro e medio. A continuación, os arqueólogos realizarán un desbastado manual e estudarán as hipotéticas estruturas que podan aparecer. As previsións están en rematar cara o Nadal, pero todo vai depender da presencia de novos vestixios arqueolóxicos e da importancia que teñan.

Escavacións arqueolóxicas na rúa Santa Clara


|A Lama/Cambados|

Galicia Sur/Pontevedra //Novembro 2014 // 9

Restauración da ponte de Verducido O Concello da Lama acaba de recibir as autorizacións por parte de Patrimonio e Augas de Galicia para levar a cabo importantes obras de restauración e conservación da ponte medieval sobre o ríoParada na parroquia de Verducido. A intención do alcalde Jorge Canda é realizar labores de limpeza, eliminación de raíces de plantas rubideiras que ameazan con derrubar as pedras que dan forma a esta emblemática ponte. Así mesmo, recolocaranse algúns elementos ameazados polo paso do tempo para unha

maior seguridade e consistencia da construción medieval. Tamén se procederá a recuperar do fondo da canle do río Paradaas pedras, como parapetos da ponte, que se encontran caídos no leito deste afluente. A intención do alcalde é que este viaduto volva recuperar o esplendor de épocas pasadas para que se manteñan por moitos anos máis como sinal de identidade dos veciños e veciñas da parroquia de Verducido e ao mesmo tempo sexa un atractivo turístico para os amantes do sendeirismo, o turismo

cultural e patrimonial. Jorge Canda tamén ten posto en contacto con responsables da administración autonómica co fin de solicitar o seu apoio para que este elemento de interese cultural teña a maior protección posible que axude á súa conservación e posta en valor ao tempo que favoreza o seu estudo por parte de investigadores ligados á historia do municipio da Lama e á arquitectura civil medieval xa que esta ponte é un digno representante da capacidade construtiva dos habitantes da Lama en épocas pasadas.

Rebaixa do IBI aos mínimos legais A Corporación Municipal da Lama aprobou cos votos a favor do PPdeG, o PSdeG-PSOE e o BNG (o concelleiro non adscrito votou en contra) a modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) ata alcanzar o tipo impositivo mínimo para mitigar os efectos da actualización do catastro que se está a levar a cabo nestes días no muni-

cipio. Esta rebaixa da taxa impositiva situada de forma transitoria e obrigatoria polo Estado no 0,60%, ao 0,30% (a metade) supoñerá na práctica que a revisión que consiga a actualización do catastro que, na maioría dos casos, se produza unha baixada nos impostos que pagan os veciños da Lama pola rústica e a urbana, aínda que aumente a valoración das súas pro-

piedades. O acordo plenario prevé que a modificación desta ordenanza faga que no 2015 a taxa se sitúe no caso da urbana no 0,30% subindo 0,02 puntos cada ano ata situala no ano 2020 no 0,40%, o tramo mínimo impositivo que marca o Estado, moi por debaixo do 0,46% actual. En canto á rústica manterase no 0,30%. Por outra parte, o Pleno

da Corporación Municipal aprobou a posta en marcha do concurso público para a adxudicación do Servizo de Axuda a Domicilio (SAF) aínda que o debate coa oposición se centrou na necesidade de, en caso de que o concurso quede deserto, póidase variar a ordenanza que tarifica este servizo co fin de que poida ser aumentado o prezo por hora esti-

pulado no concurso. Tamén se puxo de manifesto, por parte da voceira do BNG e do PSdeG-PSOE as queixas que, ao parecer, existen sobre a empresa que actualmente viña realizando o servizo. O Pleno aprobou tamén a Conta Xeral do Orzamento de 2013 para que poida ser remitida en tempo e forma ao Conselo de Conincre de Galicia para a súa revisión.

Nova calefacción nos centros públicos A empresa adxudicataria está rematando as tarefas de instalación de tres no vas caldeiras de biomasa en tres edif icios públicos, f inanciadas con apor tacións do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolve mento Rural FEADER, a través do Agader (A xencia Galega de Desenvolve mento Rural). Os primeiros edif icios be nef iciados por esta medida de aforro ener xético, que permite sustituir as antigas caldeiras de gasóleo e optimizar o rendemento, son o Centro de Saúde, o Museo do Viño e o Centro de Educación Infantil A Pastora. O investimento global

desta iniciativa supera os 95.000 euros pero a sub vención de fondos euro peos solicitada polo Concello a través do Agader, ascende ó 80 por cento do custe total. Para levar a cabo esta instalación de distribuidoras de calefacción foi necesario realizar pequenas obras de ampliación que permitiron adaptar as novas máquinas e mecanismos ó espazo habilitado.En futuras actuacións vaise continuar coa instalación destas no vas caldeiras en edif icios públicos, co obxectivo de compatibilizar a mellora da calidade do ser vizo coa ef iciencia emais aforro no consumo de ener xía.


|Cambados|

10 // Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

Prevención de drogas nos centros educativos O alcalde, Luis Aragunde, e a responsable de cursos do SPAD de Vilagarcía, Ángeles Bravo, asinaron o convenio de colaboración municipal co Servizo de Prevención e Asistencia a Drogodependencias (SPAD), que se levará a cabo nos colexios cambadeses durante o curso 2014-15. Para o rexedor cambadés “é unha obrigación dar continuidade ó labor imprescindible que vén desenvolvendo o SPAD nos colexios cambadeses sobre a prevención de drogodependencias”, pois trátase dun “problema social grave que debe atallarse dende a infancia”. A responsable do servizo preventivo agradeceu a “gran sensibilidade” amosada polo Concello respecto deste problema sociosanitario e indicou que durante este curso vaise seguir actuando no ámbito escolar, pero tamén no familiar, no xuvenil, nos conflitos de xénero, así como no ámbito laboral. O investimento municipal neste capítulo ascende a 7.150 euros para este curso e atinxe a todos os colexios e institutos.

A responsable de cursos do SPAD anunciou que este ano vaise poñer en marcha un novo programa de actuación no ámbito familiar, que se denomina “En familia todos contan”, encamiñado ó fortalecemento das capacidades familiares e á

diminución dos factores de vulnerabilidade que constitúen unha seria amenaza para o desenvolvemento saudable das vidas de cada membro que integra a unidade familiar. Tamén se vai continuar traballando con familias con risco de dro-

godependencias (prevención selectiva), no que se vai procurar detectar factores de alarma en colaboración cos Servizos Sociais. Outros programas No eido da escola vaise continuar co programa de preven-

ción selectiva, baixo a denominación “Non pasa nada, pasa algo?”, dirixido a alumnado de 4º de ESO ou PCPI que estudan en centros nos que se detectou algún problema relacionado co uso de drogas ou que se atopan en situación de risco. Os outros programas a impartir nos colexios serán os mesmos que se veñen desenvolvendo nos últimos anos, dirixidos a unha poboación que se aproxima ás 2.000 persoas, entre alumnado e profesorado. O primeiro destes programas é o denominado “Prevención do consumo de drogas na escola”, que se complementa co “Cine como elemento de prevención”, os “Contos para conversarmos”, emais “Cambio de Sentido”. Entre as “Intervencións socioeducativas nas aulas” atopamos o Obradoiro de bebidas saudables, as Habilidades sociais, Drogas legais e ilegais, e Prevención de VIH/Sida. As “campañas de información e sensibilización” completan a programación do SPAD nos colexios públicos e institutos de secundaria.

Dinamización da lingua para os cativos A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Cambados o concerto-obradoiro infantil “Brinca vai de aquí a acolá!”, a sexta proposta de lecer en galego coa que o programa FalaRedes, que esta Consellería lle destina ao concellos que integran a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, pechará a edición de 2014 facendo as delicias dos nenos e nenas de 25 concellos. Valentín García estivo acompañado na rolda de prensa por Luis Aragunde, alcalde da localidade pontevedresa, e polo actor e músico Paco Nogueiras, protagonista deste novo espectáculo baseado no libro disco “Brinca vai!”, que triunfa entre a cativada. Unha proposta na que

a música, as cancións, o humor e o enxeño toman a palabra para convidar á creatividade e a viaxar ao longo dos doce meses do ano achegándolle á xente miúda da casa as tradicións, a natureza, os xogos ou as festas populares. Achegar a língua Tras o éxito colleitado ata o momento polas tres actividades infantís postas en marcha polo FalaRedes -o concerto Toc Toc, a obra de teatro “As fabas máxicas” e o concurso “Os Bolechas e o Sabichón”-, o secretario xeral explicou que esta nova proposta persegue o mesmo obxectivo: achegar a nosa lingua á cativada de xeito lúdico e divertido. “A música actúa unha vez máis como fonte de transmisión do galego ao promover que os nenos e nenas sigan cantando as cancións tras finalizar a acti-

vidade, na que cantan, bailan e brincan, gozando dunha auténtica festa no noso idioma”, engadiu García Gómez. Destinado a cativos e cativas de 6 a 9 anos e ás súas familias, no concerto-obradoiro o divertido artista Paco Nogueiras non tarda en conquistar o público a través dos atractivos ritmos dos que bota man. Coma sempre en FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade das salas. De xira por 25 concellos Da man do FalaRedes 2014, “Brinca vai de aquí a acolá!” chegará nos derradeiros meses do ano a 25 concellos da RDL da Xunta de Galicia. A primeira parada será este domingo na vila de Cambados, onde a xente miúda ten unha cita coa diversión en galego ás 18:00 h no Auditorio da Xuventude.

Tras esta agardada estrea, a actividade visitará en novembro os concellos de Aranga, Guitiriz, Palas de Rei, Redondela, Xunqueira de Espadanedo, Viana do Bolo, O Bolo, A Rúa, Cangas, Melón, Arbo, A Laracha, Boiro, Frades, O Vicedo e Melide. Xa en decembro, Paco Nogueiras e o seu característico chapeu farán parada en Viveiro, Boborás, Corcubión, Santa Comba, A Coruña, Ramirás, Bergondo e Forcarei. Os sons do vento que pasa Quen tamén continúa percorrendo en exclusiva os concellos da RDL no marco do FalaRedes é o concerto de fados en galego Os sons do vento que pasa, xa destinado ao público de todas as idades. Nesta ocasión, Gonçalo Guerreiro e Dani Pais deleitarán

coa súa música a veciñanza de Oleiros e Verín. No concello coruñés a cita será hoxe mesmo, ás 21:00 h na Fábrica, mentres que no ourensán actuarán mañá sábado, ás 20:00 h na Casa da Cultura. FalaRedes 2014 Ata finais de ano, FalaRedes chegará durante as fins de semana e os festivos á totalidade de concellos da RDL a través de seis actividades con preto de 200 sesións gratuítas. Completa a programación desta terceira edición do programa a xincana Augalingua, que tamén concluíu con moi bos resultados a súa xira estival. Máis información sobre FalaRedes 2014 no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüísticawww.xunta.es/linguagalega/falaredes_2014 e nas redes sociais.


|Salvaterra do Miño/Ribadumia|

Galicia Sur/Pontevedra // Novembro 2014 // 11

Cores Tourís inaugura “Condado do Miño” O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou na inauguración do obradoiro de emprego “Condado do Miño” de As Neves e Salvaterra do Miño, acompañado dos alcaldes das localidades, Emilio Castro e Arturo Grandal. O obradoiro terá unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta está a investir 178.000 euros, “que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento superarán os 220.000 euros”, segundo explicou Cores Tourís. O obxectivo destes cursos é preparar a 20 alumnos, aos que haberá que sumar o persoal contratado para dar formación en dous cursos de Xardinería e Forestal: un director, un titor, unha administrativa e dous

monitores. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mostrou a súa satisfacción por poder inaugurar esta iniciativa que ten “un obxectivo claro, dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente. Non

mándose e outros formando”, en relación aos titores e monitores dos dous cursos. Destacou o delegado territorial o feito de que no proceso selectivo contaron con vantaxe as mulleres e os parados de longa duración.De feito, as persoas desemprega-

podemos esquecer ademais”, engadiu Cores Tourís, “que en total son 25 as persoas que grazas a estes obradoiros, obteñen un posto de traballo, uns for-

das participantes como alumnado traballador percibirán o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes durante os meses que durarán estes

Cursos para xóvenes Vintecinco mozos desempregados de entre 16 e 35 anos comezaron un curso de herboristería e herbas medicinais no Concello de Ribadumia. A actividade, organizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra, está enmarcada no programa Actívate do entre provincial. Son accións formativas para a mocidade, que nesta edición se especializarán en “herboristería e herbas medicinais”. Desde o concello pretendese dotar os mozos de nocións básicas de cales son as herbas e plantas mais beneficiosas segundo o síntoma ou enfermidade. A formación pretende xerar unha opor-

tunidade de aprendizaxe e especialización para a xente máis moza de cara a orientación laboral cara o mundo da herboristería e mesmos ser unha opción de emprendemento. O curso ten unha duración de 40 horas, das que 36 serán formativas do propio curso e 4 corresponderá a un taller de carácter obrigatorio sobre as habilidades sociais para a inserción laboral, técnicas de busca de emprego, elaboración do curriculum vitae, orientación laboral…Realizouse na Casa da Cultura de Ribadumia en horario de 09:30 a 13:00. Os cursos Actívate son accións formativas gratuítas para a mocidade de entre 16 e 35

anos, financiados pola Deputación de Pontevedra. O Concello de Ribadumia adscribiuse por quinto ano consecutivo a este programa, co fin de seguir ofrecendo formación gratuíta á mocidade do municipio, mellorar a súa especialización profesional e favorecer a inserción no mercado laboral, especialmente naquelas disciplinas nas que existe un nicho de mercado emerxente. En Ribadumia xa se impartiron, a través deste programa, os cursos de técnicas de aseo e hixiene a persoas dependentes, Auxiliar de Gardería, de Caixeiro-Repoñedor e de Poda e Xardinería e tapas pinchos e canapés.

proxectos. En cada un dos dous cursos de Xardinería-Forestal formaranse 10 alumnos. O alumnado traballará durante os próximos seis meses tanto en As Neves como en Salvaterra. No primeiro dos dous concellos levará a cabo a mellora e acondicionamento da área recreativa de Chan de Vide, do parque público Eira de Liñaza, do xardín público e zonas verdes de Tortoreos e nas zonas verdes de A Caíña. En Salvaterra, centrarán a súa actividade na mellora do xardín público da praza do concello, das zonas verdes de Casal, no xardín público de Marqués de Viana e no parque de A Canuda. Cores Tourís, aproveitou a visita ao obradoiro do Condado do Miño para destacar o “manifesto claro de colaboración institu-

cional da Xunta coas entidades locais para intentar que o obradoiros de emprego teñan continuidade na creación de postos de traballo no futuro”. Pola súa banda, os alcaldes de As Neves e de Salvaterra agradeceron a visita do delegado territorial a estas instalacións e destacaron a importancia de que a Xunta “depositara a súa confianza no noso concello para por en marcha este proxecto que permite formar a desempregados do municipio durante 6 meses e finalmente, formalos para poder optar a un posto de emprego no futuro”. Finalmente, o delegado territorial recordou que obradoiros como o destes dous concellos estanse a desenrolar en varios municipios da provincia de Pontevedra.

Concurso Nadal A Concellería de Cultura de Ribadumia convoca a décimo segunda edición do concurso escolar de Postais de Nadal, destinada ao alumnado dos centros de infantil, primaria e secundaria da localidade. Como cada edición, o tema elixido é a solidariedade e o Nadal. O Concello de Ribadumia utilizará publicará as imaxes seleccionadas en formato dixital, e as utilizará para realizar as felicitacións oficiais do Nadal. Cada rapaz pode presentar un único traballo nos centros escolares ata o venres 12 de decembro. En cada centro haberá unha urna para cada un dos distintos ciclos educativos, na que se depositarán os traballos. Os gañadores elixiranse por cada unha das categorías participantes: infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria e ESO. As postais levarán na parte frontal un título e dous versos en galego e, no reverso, os datos persoais do participante: nome, enderezo, teléfono, idade e curso escolar. Premiarase aos gañadores de cada categoría agasallo o 5 de xaneiro, ao rematar a

cabalgata dos Reis Magos. O xurado encargado da valoración das postais estará integrado pola concelleira de Cultura, Susana Fandiño; polos directores do CPI Julia Becerra Malvar e do CRA de Ribadumia; e polo técnico municipal de cultura. O concurso de postais de Nadal é unha das moitas actividades que cada ano programa a concellería de Cultura para celebrar esta data. Concurso de Carrozas. Tamén abre o prazo o Concurso de Carrozas de Reis, no que poden participar tódalas Asociacións, Grupos e particulares que o desexen. Nesta cuarta edición cada carroza que se inscriba e participe recibirá unha axuda de 200€ para material, que se deberá xustificar con facturas de gastos relacionados coas carrozas e repartiranse 1.200 euros entre as tres mellores carrozas. Os interesados en participar no concurso poden inscribirse nas oficinas municipais ata o 19 de decembro. ra levará un premio de 600 euros; a que acade o segundo posto de 400 euros e a terceira de 200 euros.


12 //Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

| Cotobade/Ponte Caldelas|

Cotobade en tapas

Tecnoloxía Led

Os premios entregados foron os da #SelfieTapa, que acadou Arturo Casal cunha foto con máis Me Gustas no facebook de “Cotobade en Festas” e que recibiu un Bono por valor de 20€ a gastar no establecemento ó que pertence a tapa da foto gañadora!!! Con íste concurso preténdíase achegar a xente máis xoven ós establecementos da zona aproveitando a importancia das novas tecnoloxias. Tamén

O Alcalde do Concello, Jorge Cubela, firmou o Contrato de Adxudicación das obras de aforro enerxético con responsables da Empresa Adxudicataria, Intecner. O proxecto da intervención ascende a 60.000 euros, dos cales o INEGA aporta o 85% do total. As obras foron adxudicadas en 37.510 con IVA incluido. Sustituiranse lámpadas de vapor de sodio de 125 kw por outras con tecnoloxía Led Blus-

gracias á colaboración de Bodegas Fermenta, o gañador recibiu como agasallo un pack de varias cervexas artesanas desta empresa que ten situadas as súas instalacións en Mourente, Pontevedra No apartado dos premios a locais que foron entregados polo alcade de Cotobade, Jorge Cubela, os outorgados polo público foron en 3º lugar para Café-Bar A Chan, en 2º lugar para Casa Blanco e acadou o

primeiro posto A Vosa Taberna. Por parte do xurado profesional composto polos membros de Galicia Gastro, A Vosa Taberna, tamén foi a merecedora deste premio profesional do III #CotobadeenTapas. O grupo de bloggers Galicia Gastro, que fixeron de xurado profesional, elixiron a tapa que máis lle gustou baseándose na creatividade, no sabor, ou na presentación entre outras cualidades.

sens, que garantizarán un aforro do 50% nos cuadros de luz nos que se actuarán. O Goberno Local encargou un estudio de aforros á Consultoría Enmacosa para coñecer qué cuadros son os que máis consumen do Concello e nos cales se podería aforrar máis. Tras ese estudio decidiuse actuar en varios cuadros de luz da Parroquia de Carballedo, que con esta intervención reducirán o seu gasto nun 50%.

Obras na estrada de Pazos Os traballos adxudicados pola Deputación en 134.000 euros, inclúena renovación total dás canalizacións dás redes de saneamento epluviais, así como unha nova pavimentación O alcalde Perfecto Rodríguez supervisou ou inicio dás obras demellora dá Estrada Provincial CP-0202 Ponte Caldelas-Pazos, que dá acceso a este núcleo de poboación, e que a Deputación dePontevedra adxudicou á empresa Construcións e Escavacións Pérez Portela, S.L., cun presuposto de 134.000 euros. Por outra parte, o Concello de ponte Caldelas, está a valorar a posibilidade de asumir a titularidade desta estrada, unha vez finalícense as obras de renovación das

conducións de pluviais e rede de sumidoiros e pavimen-

tación, toda vez que se trata dun vial que, polas súas ca-

racterísticas, se podería cualificar como interior xa que

os seus 800 metros lineais de lonxitude discorren polo núcleo de Pazos, con moitas vivendas a ambas as dúas marxes da calzada, que impide no futuro o seu ensanche. No caso de pasar a ser un vial municipal, os veciños de Pazosevitaríanse todos os trámites que actualmente teñen que realizar ante a Deputación de Pontevedra para calquera pequena reforma que queiran acometer nas súas vivendas. Ademais, sendo municipal e tendo en conta que no vial están instaladas canalizacións da rede de saneamento ou auga, se facilitará tamén calquera reparación ou enganche que agora hai que realizar solicitando, previamente, autorización á Deputación de Pontevedra.


|Ponte Caldelas|

Galicia Sur/Pontevedra / Novembro2014 // 13

Cursos para desempregados

O Concello de ponte Caldelas impulsa unha nova edición de cursos formativos para favorecer o acceso ao mercado laboral de persoas en situación de desemprego ou que queiran mellorar a súa capacitación de cara ao futuro. Nesta primeira ondada poñeranse en marcha cursos de camareiro, primeiros auxilios en caso de traumatismo, coidados básicos para persoas dependentes e un de orientación laboral.O primeiro dos cursos, o de camareiro, impartido pola Aso-

ciaciónRexurdir, desenvólvese do 13 de outubro ao 21 de novembro, cun total de 120 horas lectivas teórico-prácticas que se impartirán de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:30 horas nas instalacións municipais das que dispón o Concello en Chan dá Barcia.Os principais destinatarios deste curso son parados de longa duración, persoas sen cualificación profesional e rendas baixas e está integrado no II Plan de Inclusión Social en colaboración co departamento de Servizos

Sociais del Concello de ponte Caldelas. O curso de primeiros auxilios en casos de traumatismos impartiuse o 17 de outubro e constou de 5 horas lectivas teórico-prácticas que foron impartidos a un total de 15 alumnos en horario de 16 a 21 horas. As clases tiveron lugar no Salón de Actos do Centro Cultural deponte Caldelas e estiveron organizadas pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello en colaboración coa Federa-

ción Galega de Asociacións de Transporte de Viaxeiros en Autocar (Transgacar), quen se encarga tamén de impartir o curso. Por outra parte, do 20 ao 31 de outubro tivo lugar o curso de coidados básicos para persoas dependentes que se impartiu ao longo de 40 horas lectivas entre un mínimo de 15 alumnos e un máximo de 25. O horario estableceuse de luns a venres de 16 a 20 horas e desenvolveuse no Salón de Actos do Centro Cultural deponte

Caldelas. Este curso está dirixido a mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. Esta iniciativa formativa inclúese no Programa Actívate de la Diputación dePontevedra e conta coa colaboración organizativa da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello. Finalmente, o Concello de ponte Caldelas acolle un curso de orientación laboral que se impartiu en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, da Xunta de Galicia.

A Xunta ao fronte da explotación da EDAR O alcalde de ponte Caldelas Perfecto Rodríguez asinouo convenio mediante o cal a xestión da depuradora municipal de ponte Caldelas pasará a ser asumida pola Xunta de Galicia. O mantemento das distintas Depuradoras do municipio superan, na actualidade, os 200.000 euros anuais, dos cales só a EDAR de ponte Caldelas, que dá servizo á zona urbana, Caldelas e Pazos, rolda os 140.000 euros de custo anual. Precisamente esta EDAR é a que asumirá a súa explotación a Xunta a través de Augas de Galicia, unha medida que supoñerá un aforro importante para as arcas municipais, posto que o que reca-

da oConcello coa taxa de depuración supón menos de 50% do custo actual do mantemento da EDAR. O feito de que a depuradora municipal sexa xestionada pola Xuntanon supoñerá alteración ningunha sobre o recibo que pagan os cidadáns xa que o Concello de ponte Caldelas aplica, dende xaneiro de 2013 no recibo da rede de sumidoiros, o coeficiente de vertedura ou taxa de depuración, aprobada pola Xunta en 2012 e que ten por obxecto contribuír ao sostemento das depuradoras. Esta taxa de depuración ou coeficiente de vertedura aplícase dende xaneiro de 2013 a todos os usuarios do servizo

de saneamento, con independencia de se a EDAR a xestiona a Xunta ou o Concello e é un dos condicionantes que establecía a administración autonómica para conseguir a explotación da depuradora. A partir de 2015, cando aXunta pase a explotar a EDAR, o que ingresa oConcello pola taxa de depuración ou coeficiente de vertedura ten que transferirllo á Xunta. Coa entrada en vigor da Lei de Augas de Galicia en novembro de 2010 e o Decreto 29/2013 do 14 de marzo que regula a explotación das infraestruturas hidráulicas por parte da Xunta abriuse esta posibilidade, á que o Concello de ponte Caldelas foi un dos

primeiros en acollerse. Precisamente para poder solicitar á Xunta a explotación da EDAR era necesario cumprir a normativa galega e europea en materia de auga e saneamento, aplicando a taxa de auga sobre a base do consumo real e establecer o coeficiente de vertedura ou taxa de depuración, algo que o Concello iniciou xa no ano 2012, precisamente para ter esta posibilidade ademais doutras como ser beneficiario de axudas europeas para obras de saneamento. De non aplicar estes criterios legais en materia de auga ponte Caldelas quedaría fóra desas posibles axudas.


14 // Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Ponte Caldelas|

Perfecto Rodríguez promove o parque empresarial da Reigosa O alcalde de ponte Caldelas Perfecto Rodríguez, acompañado do Presidente da Autoridade Portuaria de Marín José Benito Suárez Costa e do coordinador de Xestur para a zona sur Javier Domínguez, visitou esta mañá o Parque Empresarial da Reigosaco obxectivo de que o responsable do porto coñeza esta zona industrial da bisbarra, perfectamente urbanizada e con parcelas dispoñibles para que empresas que teñan vinculación co porto poidan instalarse neste área empresarial. Para Perfecto Rodríguez o Parque Empresarial da Reigosa ten que ser o polígono de referencia na bisbarra para a instalación de novas empresas. Este parque é e concibiuse como unha ampliación do Parque doCampiño e polo tanto pola súa situación pode perfectamente acoller empresas de toda a bisbarra e mesmo tamén moitas que teñan vinculación co porto de Marín, posto que está só a unha distancia de 15 minutos do citado porto. Temos que ser conscientes de que nos próximos 10 anos o único chan industrial dispoñible na bisbarra é este polígono industrial daReigosa ademais do de Barro - Meis, e todos debemos traballar xuntos para promovelo, evitando localismos ou xerando dúbidas sobre a existencia de chan industrial porque non o haxa fisicamente en Pontevedra capital ou no porto de Marín. “Se empresas importantes como ORBE ou ALUDEC consideran óptimo a localización da Reigosa a pesar de ter importantes vínculos coa área de Vi-

Un total de 15 alumnos realizaron no Centro Cultural de ponte Caldelas un curso de primeiros auxilios en casos de traumatismos que consistiron en 5 horas lectivas teórico-prácticas impartidas en horario de 16 a 21 horas. As clases tiveron lugar no Salón de Actos do Centro

go (Aludec con Citröen e Orbe co porto deVigo), non deben ser as administracións as que poñan en dúbida a idoneidade deste parque ou a suposta necesidade de crear outros polígonos”. “Por iso fago un chamamento a que todas as administracións e sectores sociais promovamos este parque empresarial na bisbarra, porque este polígono pode perfectamente

de metros cadrados de chan industrial, é sen lugar a dúbidas unha zona perfectamente apta para instalarse empresas vinculadas ao porto. Ademais é importante ter en conta que este parque empresarial se encontra a 15 minutos do Porto de Marín. A distancia acurtouse en tempo grazas a dúas obras (a reforma do nó do Piñeiro e o desdobramento da estrada PO-243), que con-

lente noticia que o Ministerio de Fomente prevexa o inicio das obras en 2015 do primeiro tramo entre a estrada de Vigoe a estrada de ponte Caldelas. Precisamente este primeiro tramo servirá para conectar mellor esta área industrial porque a conexión coa estrada de ponte Caldelas (PO-532) se fai a 1 km do acceso aos polígonos conectándoos así mellor coa saída cara a Vigo.

albergar empresas que teñan vinculación co porto pola súa curta distancia. Xa sei que non pode ser propiamente un “porto seco” en sentido estrito porque non ten acceso ferroviario pero iso non impide que poida albergar outras empresas que non requiran tren para o seu transporte de mercadorías, tal e como se está a demostrar agora coas dúas novas naves do grupo ALUDEC ou coa conservera ORBE, S.A. “. Distancia ao Porto. Para Perfecto Rodríguez a área empresarial da Reigosa, que unida ao parque do Camiño suman máis dun millón

seguen que sexa máis fluído o acceso cara á AP-9 e cara á autovía de Marín. Por poñer un exemplo: PLISAR A de Salvaterra e Ás Neves, planificada como “porto seco” vinculado ao Porto de Vigo, está a moita maior distancia que a área industrial da Reigosa del Puerto de Marín. A-57 (CIRCUNVALACIÓN DE PONTEVEDRA) Perfecto Rodríguez quixo destacar tamén a importancia que para a área empresarial que forman O Campiño - A Reigosa ten o proxecto de circunvalación de Pontevedra, e por iso considera que é unha exce-

“Algunha das empresas que agora se están a instalar na Reigosaten importante vinculación económica coa área de Vigo, e para decidir a súa implantación valoraron positivamente tamén esa futura vía de comunicación”.Por iso Perfecto Rodríguez espera que todas as institucións e sectores económicos e sociais apoien sen fisuras esta infraestrutura porque será fundamental para que esta área empresarial acolla novas empresas que valorarán sen dúbida as mellores comunicacións. Parque Empresarial da Reigosa.

Curso de primeiros auxilios Cultural de ponte Caldelas e estiveron organizadas pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Transporte de Viaxeiros en Autocar (Transgacar), quen se encargou tamén de impartir o

curso.Os alumnos asistentes tiveron a oportunidade de coñecer o protocolo máis habitual para actuar en caso de encontrarse ante unha situación marcada por un traumatismo co fin de poder prestar os primeiros auxilios á vítima do xeito máis axeitado.

O Parque Empresarial da Reigosa que é a ampliación cara a ponte Caldelas del Polígono do Campiño, ten unha superficie total de 493.096,67 m2, dos cales 286.622 m2 corresponden a chan empresarial distribuído nun total de 49 parcelas. Destas parcelas actualmente hai 26 vendidas e 2 reservadas que suman unha superficie de 130.879 m2, despois de iniciar xa a súa actividade 10 empresas que ocupan 13 parcelas e outras 3 en construción. As parcelas dispoñibles suman 155.000 m2, con superficies que van dende os 1.200 m2 aos 19.900, 21.500 e 26.500 m2 que ten as tres máis grandes. O prezo do m2 é de 95 €, que con diferentes descontos que ofrece Xestur o fai máis competitivo que o resto de parques existentes na provincia. Ademais este parque ten posibilidades de crecemento nun futuro. Central de Transportes da Reigosa. Colindando co Parque Empresarial da Reigosa e co do Campiño está a Central de Transportes, un parque loxístico destinado a empresas do sector do transporte de mercadorías por estrada, pero que tamén pode dar cabida a outras empresas vinculadas ao sector do transporte e a automoción. Esta Central de Transportes ocupa unha superficie de 86.963,96 m2, distribuída en 43 parcelas que suman un total de 41.000 m2 de uso comercial-industrial. Estas parcelas teñen superficies que van dende os 594 m2 ata os 1.200 m2. O prezo nesta Central de Transportes é de 81 €/m2.


|Ponte Caldelas|

Galicia Sur/Pontevedra //Novembro 2014 // 15

Curso de coidados básicos a persoas dependentes

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez asistiu ao comezo do curso de coidados

básicos para persoas dependentes que acolleu o Salón de Actos do Centro Cultural de

Ponche Caldelas ata o 31 de outubro. Esta iniciativa formativa in-

clúese no Programa Actívate da Diputación de Pontevedra e conta coa colaboración organizativa da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ponte Caldelas dentro da nova edición de cursos orientados cara a persoas en situación de desemprego co fin de que poidan mellorar o seu capacitación profesional e ter maiores posibilidades de integrarse no mercado laboral. O curso coidados básicos para persoas dependentes tivo unha duración dunhas 40 horas lectivas impartidas de luns a venres en horario de 16 a 20 horas e desenvolveuse no Salón de Actos do Centro Cultural de Ponte Caldelas. Este curso está especialmente

territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou a importancia da posta en marcha desta nova firma para a comarca de Pontevedra. “Trátase dunha conserveira con gran tradición na nosa provincia que factura cerca de 20 millóns ao ano”, explicou o delegado territorial. “Iniciativas deste calado permiten dinamizar economicamente esta área xeográfica e tamén ao propio polígono empresarial”.

Cores Tourís destacou tamén a importancia da colaboración do concello de Ponte Caldelas á hora de tramitar o máis axilmente posible as licencias para o comezo da obra, e a labor de Xestur, “de cara a negociar a implantación desta conserveira no concello da comarca pontevedresa”. “Ponte Caldelas e a comarca gañan así unha importante firma, non só polo prestixio que ela mesma supón, senón tamén porque pode servir de polo de atracción para outras empresas que se animen a instalarse no polígono de A Reigosa onde aínda quedan parcelas a disposición dos emprendedores interesados”, engadiu o delegado territorial. O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, pola súa banda, destacou a presenza dunha nova firma no polígono de A Reigosa e engadiu que agarda que “pouco a pouco outras firmas comecen este ano a construír as súas naves nesta área empresarial e que, en poucos anos, poida converterse nun motor de actividade

dirixido a mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos aínda que tamén poideron participar aquelas persoas interesadas no contido do mesmo, a condición de que dispoñan de prazas suficientes e conten coa autorización do Concello de Ponche Caldelas. O regidor de Ponte Caldelas animou aos participantes a aproveitar ao máximo os ensinos transmitidos neste curso que ten un especial interese para aquelas persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos nesta materia moi importantes para poder acceder a postos de traballo relacionadas con servizos sociais, atención a persoas maiores, axuda a domicilio, etc.

Cores Tourís visita as obras da conserveira Orbe

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou o avance das obras da nova nave que a conserveira Orbe está a construír no polígono empresarial de A Reigosa en Ponte Caldelas. Este acto foi presidido polo xerente da empresa, Juan José Vicente, e no mesmo estiveron presentes o alcalde da localidade, Perfecto Rodríguez, o presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez, o responsable de Xestur-Pontevedra, Javier Domínguez, así como os xefes territoriais de de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez e de Economía e Industria, Ignacio Rial, e a responsable da área de Mar, Sonia Lorenzo. Orbe comeza así o traslado da súa planta situada en Vigo ao polígono de Ponte Caldelas trala compra dunha parcela de 15.000 metros cadrados (con opción de compra de outros 9.000 metros cadrados situados ao carón). A a empresa conta con 150 em-

pregados e estará executada antes de finais de ano. O orzamento para a construción da nova nave roldará os 8 millóns de euros. “Esta adquisición, realizada a Xestur, enmárcase dentro do proceso de expansión industrial da empresa co obxectivo de mellorar as súas infraestruturas e atender a demanda existente de produción”, explicou Juan José Vicente. Pola súa banda, o delegado

empresarial e industrial e de xeración de emprego”. Na actualidade, o parque empresarial de A Reigosa conta con 49 parcelas, das cales 24 atópanse xa vendidas e 2 reservadas. Na actualidade 11 empresas atópanse xa instaladas e con actividade, ocupando 13 parcelas. A empresa Orbe S.A. dedícase dende 1941, cando foi fundada por Daniel Vicente Álvarez, á fabricación de conservas de pescado e marisco, con máis de 130 produtos no mercado (mariscos, pescados, cefalópodos, pratos preparados), aínda que o seu orixe atópase nunha fábrica de salgadura de pescados creada en 1934. “Estamos a traballar para conseguir superar os 30 millóns de facturación a medio prazo”, rematou o xerente da firma conserveira, quen destacou a actual liña de exportación da firma, vendendo en países coma Estados Unidos, Alemaña, Inglaterra, Francia, Panamá, Costa Rica, Colombia ou Méxido, cun ratio do 40% da produción total.


|O Porriño|

16 //Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

Segundo obradoiro de emprego “Porremprego” Durante un período de 6 meses, cun total de 960 horas, os 19 participantes recibirán formación e dispoñerán, paralelamente, dun contrato laboral, recibindo unha retribución salarial polo traballo desempeñado Porremprego II inclúe dúas accións formativas, Limpeza de superficies e mobiliario de edificios e locais e Emprego doméstico (nivel de competencia 1) e Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais (nivel de competencia 3) 19 veciños de Porriño, 14 mulleres e 5 homes de idades que oscilan entre os 25 e os 57 anos, se formarán e traballarán simultáneamente nos próximos seis meses noObradoiro de emprego Porremprego II que se presentou no multicentro de Torneiros. O acto contou coa presenza do alcaldeNelson Santos; o concelleiro de Emprego e Formación M. Alejandro Lorenzo, acompañados de Susana Figueroa, Xefe de Servizo de Coordinación Administrativa da Consellería de Traballo e Benestar;Ramón Díaz Jefe de Servicio de Empleo e Formación da Xunta de Galicia e a directora do obradoiro Mila Calviño. Porremprego II conta cunha subvención da Xunta de Galicia de 170.000 euros para a posta en marcha das dúas accións formativas que inclúe, “Limpeza de superficies e mo-

biliario de edificios e locais e Emprego doméstico” (nivel de competencia 1) e “Dinamización, programación e desenvolvemento de accións cultu-

lamente, dun contrato laboral, recibindo unha retribución salarial polo traballo desempeñado. Os alumnos do curso de “Limpeza de superficies e

vidades e accións culturais impulsadas polo Concello. O alcalde de Porriño, Nelson Santos, aproveitou a ocasión para instar os alumnos na im-

rais” (nivel de competencia 3). “A posta en marcha destas dúas áreas formativas é unha aposta importante do Concello de Porriño ao existir unha importante oferta-demanda en ambas as dúas, o cal aumenta a posibilidade dunha futura inserción laboral dos alumnos non só en empresas privadas, senón en diferentes asociacións ou no autoemprego”, aseguraba M. Alejandro Lorenzo, Concelleiro de Emprego e Formación do Concello de Porriño. Durante un período de 6 meses, cun total de 960 horas, os 19 participantes recibirán formación e dispoñerán, parale-

mobiliario de edificios e locais e Emprego doméstico”, á vez que reciben formación; realizarán diferentes traballos de limpeza da casa consistorial, pavillón polideportivo, centro cultural, centro multiúsos eUAD, Además de limpeza en domicilios particulares en coordinación cos Servizos Sociais para os usuarios/ás que necesiten este tipo de prestación. Pola súa parte, os participantes no curso de “Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais”, participarán nos diferentes actos culturais de Nadal (animación dá rúa, etc..), carnaval, e diversas acti-

portancia de continuar coa formación á hora de conseguir a inserción laboral “adquirir uns coñecementos específicos nun determinada materia axudaravos a afrontar a inserción laboral con maior competitividade”, sinalaba o rexedor, “A prioridade doConcello de Porriño é conseguir a vosa inserción, para min este é un día alegre xa que polo menos por seis meses, estaredes a desempeñar un traballo remunerado á vez que continuades coa vosa formación”, concluía Santos. Nesta liña, o rexedor subliñou, que a pesar da actual situación económica, os datos do paro en

Porriño melloraron rexistrándose un descenso importante nos seis últimos meses, “todo grazas ao traballo encomiable realizado polo equipo do servizo de Porrempregoco concelleiro Alejandro Lorenzo á fronte, cuxas iniciativas en materia de emprego e formación están a dar xa os seus froitos”. O Xefe do Servizo de coordinación da Xunta de Galicia, Susana Figueroa reiterou os asistentes a importancia de continuar formándose, “iniciativas como esta impulsadas polo Concello de Porriño sempre terán o apoio da Xunta de Galicia, que comparte a última finalidade destas accións, a inserción laboral dos alumnos-traballadores,”. Pola súa banda, Ramón Díaz, aseguraba “ao igual que todas as accións en materia de emprego e formación impulsadas por este Concello, a posta en marcha deste obradoiro PorrempregoII, é unha oportunidade para todos á hora de cursar estas especialidades formativas de cara á obtención dun certificado de profesionalidade. “ O obxectivo principal que persegue o Concello de Porriño coa posta en marcha desta e outras iniciativas en materia de emprego e formación, é reducir a taxa de desemprego en sectores de díficilinserción pero cunha importante ofertademanda, dotando os aspirantes dunha mellor cualificación profesional.


|O Porriño |

Galicia Sur/Pontevedra // Novembro 2014 // 17

Formación para a inserción da etnia xitana no mercado laboral

Un total de 18 mulleres e 14 homes asistirán aos cursos homologados de Manipulador de Alimentos, Carretillero ou Patchwork, co fin de complementar os seus coñecementos e facilitar o seu acceso a calquera posto de traballo Porriño é unha das locali-

dades de Galicia cun maior número de familias xitanas, cun total de 179 persoas adheridas a este plan de desenvolvemento, que se vén realizando dende hai máis de dúas décadas Un total de 35 persoas de etnia xitana participan xa, nas diferentes accións for-

mativas enmarcadas no Plan de Desenvolvemento Xitano posto en marcha polo Concello de Porriño, a través da concellaría de Servizos Sociais, que dirixe Teresa Veloso. Un total de 18 mulleres e 14 homes asistirán aos cursos homologados de Manipulador de Alimentos,Carretillero ou

Patchwork, co fin de complementar os seus coñecementos e facilitar o seu acceso a calquera posto de traballo. O obxectivo final deste programa, financiado polo Fondo Social Europeo, é a promoción da integración social deste colectivo que se encontra nunha situación agu-

da de exclusión social e desemprego, así como facilitar o seu acceso e incorporación efectiva ao mercado laboral. Porriño é unha das localidades de Galicia cun maior número de familias xitanas, cun total de 179 persoas adheridas a este plan de desenvolvemento; polo que dende o Concello se veñen realizando dende hai case dúas décadas programas deste tipo, logrando durante varios anos formar persoas da comunidade xitana que non tiñan sequera coñecementos básicos de escritura e lectura, como primeiro paso para a inclusión social deste colectivo. O Plan de Desenvolvemento Xitano desenvolve varias liñas de actuación, os cursos formativos e plans de alfabetización para adultos, a promoción da convivencia cidadá e interacción social deste colectivo e o control e redución do absentismo escolar, conseguindo na actualidade o índice de escolarización no noso municipio sexa do 100%.

valor do rico patrimonio arquitectónico que atesoura o noso municipio”, manifesta o alcalde de Porriño, Nelson Santos, “O palco de música do Parque do Cristo, do mesmo xeito que

outros monumentos e edificios, ademais de conformar patrimonio material da nosa vila, forman parte da historia persoal de todos os veciños de Porriño, o que para o Concello conlleva a gran responsabilidade de mantelos en perfecto estado de conservación para que tamén poidan formar parte da historia e o recordo das futuras xeracións de porriñeses”. As actuacións, centraranse sobre todo na parte máis danada, a estrutura da cuberta, que actualmente atópase fóra de servizo, totalmente atacada pola corrosión, polo que será retirada completamente para a súa posterior reconstrución, tamén en aceiro, seguindo o mesmo esquema de sustentación orixinal. Así mesmo, procederase á retirada e posterior reconstrución das chapas de

cuberta, que se atopan visiblemente danadas, e á colocación dun novo falso teito de madeira, reproducindo a súa configuración orixinal. Tanto a base do palco, construída en granito, como os alicerces, atópanse nun estado aceptable, no entanto, serán limpados a fin de mellorar o seu estado. No que respecta a ornamentación, a causa do deterioro da cuberta actualmente as pezas da coroa ornamental de remate están na maioría dos casos fóra da súa posición, habendo desaparecido ata algunha delas polo que, procederase á retirada, limpeza e recolocación de cada unha das dezaseis pezas que a conforman e do remate en forma de lira que coroa o palco, así como a colocar unha copia en fundición dos elementos perdidos.

Restauración do palco da música O paso dos anos, a climatología e a erosión natural dalgún dos seus materiais fixeron mella nunha das construcións máis emblemáticas do casco urbano porriñés, o Palco de música do Parque do Cristo. Actualmente, presenta un deterioro evidente polo que o Concello de Porriño, co informe favorable da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra e en base ás pautas marcadas previo estudo técnico, procederá á restauración da que é unha das obras máis representativas da nosa vila desde o punto de vista arquitectónico, urbanístico e histórico. Este palco loce baixo a arboleda do Parque do Cristo desde principios do século XX, cando foi doado ao pobo de Porriño por un dos seus grandes mecenas, D. Servando Ramilo Neves.

A día de hoxe, o palco mantén íntegra a súa base en pedra e a súa estrutura orixinal. “Desde o Concello de Porriño traballaremos, como ata agora fixemos, na defensa e posta en


18 //Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Mondariz/ Ponteareas|

Cores Tourís visita as obras de pavientación en Mondariz-Balneario O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras que se están a executar para a mellora de unha estrada rural do concello de Mondariz-Balneario dentro do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar en compaña do alcalde da localidade, José Antonio Lorenzo e pola xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, Julia Pérez Palacios. Trátase de un camiño de Chan de Gándara no que, dende a Consellería de Medio Rural, investíronse 25.000 euros. En concreto, os traballos supuxeron a demolición do pavimento existente e a pavimentación posterior da pista con base de zahorra e pedra rústica en formas irregulares, sobre cama de morteiro de cemento.

Ademais, segundo apuntou Cores Tourís, tamén se mellorou o entrocamento con colocación de reixa e pavimen-

total, no global da provincia de Pontevedra estanse a investir no 2014 para este tipo de traballos, 2,6 millóns de

que “poñen de manifesto a sintonía da administración autonómica e os concellos para levar a cabo os progra-

tación. “Sería interesante explicar tamén que, no caso da comarca do Condado-A Paradanta, investiranse ao longo do presente ano un total de 221.500 euros dentro do Plan Marco que permite mellorar os camiños rurais. En

euros”, engadiu Cores Tourís. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou a visita a Mondariz-Balneario para agradecer a colaboración dos alcaldes pola súa colaboración no desenvolvemento destes programas

mas deseñados para alcanzar unha mellora da calidade de vida da poboación rural”. Pola súa banda, o alcalde da localidade, José Antonio Lorenzo, agradeceu o esforzo da Consellería de Medio Rural e Mar por mellorar os acce-

sos a explotacións agrarias e viñedos. “Non podemos esquecer que estamos a falar de melloras de estradas que teñen especialmente esa finalidade, acceder a ese tipo de parcelas”, explicou o rexedor, quen deixou claro que o concello de Mondariz-Balneario continuará a traballar para seguir mellorando este tipo de viais, pavimentando camiños e ancheando. Nos últimos anos, a Consellería de Medio Rural investiu na provincia de Pontevedra máis de 35,7 millóns de euros en diversos programas de infraestruturas agrarias, tanto en traballos de emerxencia, mellora de camiños rurais, concentracións parcelarias, etc. No caso do concello de Mondariz-Balneario, o investimento en mellora de vías rurais roldou xa os 150.000 euros.

Mondariz-Balneario aforrará un 55% na luz O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou as obras executadas no concello de Mondariz-Balneario para mellorar a eficiencia enerxética deste municipio, executadas a través dunha liña de axudas da Consellería de Economía e Industria. Na visita o delegado territorial estivo acompañado do alcalde da localidade, José Antonio Lorenzo, así como do xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial. José Manuel Cores Tourís destacou os 20.000 euros de investimento que se destinaron a obras de mellora enerxética no concello de Mondariz-Balneario e dos que 17.000 euros corresponderon a subvención aportada pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Enerxético de Galicia. “En concreto cambiaronse 96 puntos de luz que ata a súa renovación estaban compostos por 59 lámpadas de vapor de sodio e 37 equipos led. Agora

conta con 21 lámapadas de sodio de alta presión e 75 equipos led. Esto suporá un aforro do 55% no recibo da luz do concello de Mondariz-Balneario, cifrados nuns 5.000 euros”, explicou Cores Tourís. O responsable da Xunta en Pontevedra tamén comentou que “con esta actuación con-

seguirase un aforro enerxético de 26.996 kWh ao ano no municipio de Mondariz -Balneario”. “Esta iniciativa permitirá a redución das emisións de CO2 en 17,55 toneladas ao ano, o equivalente a 877 árbores plantados”, matizou finalmente o delegado territorial. A maiores de Mondariz-Bal-

neario, tamén se veron beneficiados os concellos de Fornelos de Montes, Mos, Salceda de Caselas e Ponteareas. Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria achega máis de 170.000 euros para o desenvolvemento deste proxecto. Deste xeito, como indicou Cores Tourís, o concello de Fornelos de Montes recibe preto de 42.000 euros; Salceda de Caselas, 51.000 euros; Mondariz-Balneario, 17.000 euros; Mos, arredor de 26.000 euros; e Ponteareas, 34.000 euros. En total, modificaranse un total de 429 puntos de luz no conxunto dos cinco concellos. “A través desta actuación contribuímos ao aforro enerxético dos concellos nunha das súas partidas máis destacables, tendo en conta que a iluminación pública supón, de media, case o 70% do consumo eléctrico dun municipio”, explicou Cores Tourís. Deste xeito, resaltou, “a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia, mostra unha especial sensibilidade

cos municipios por ser a administración local a máis achegada aos cidadáns”, tendo as medidas adoptadas un maior grao de visibilidade e repercusión pública. Segundo apuntou o delegado territorial, a Xunta de Galicia destinou este ano 4,5 millóns de euros a este programa de iluminación exterior do Inega, un 15% máis que na anterior convocatoria, “dos cales 1,3 corresponden á provincia de Pontevedra, onde se promoveron 6 proxectos de agrupacións municipais de ata 9 municipios”. En total, 42 concellos da provincia de Pontevedra téñense beneficiado xa dun programa que lles permite instalar equipos máis eficientes e que, desta volta, promoveu unha vez máis os proxectos colaborativos como o de Salceda de Caselas, Fornelos de Montes, Mos, Ponteareas e Mondariz-Balneario, que viron incrementada a contía da axuda ata o 85%, fomentándose así a cooperación institucional e diminuíndo os custos de execución.


|Ponteareas|

Galicia Sur/Pontevedra // Novembro 2014 // 19

Xuntanza polo ensino Apoio á cultura O concelleiro de Educación do Concello de Ponteareas mantivo unha xuntanza cos responsables da dirección de todos os centros de ensino de Ponteareas, de infantil, primaria e ESO, tanto públicos coma concertados, para tratar diversos temas de especial interese para o colectivo. Entre os asuntos que se trataron, un entendeuse de máxima importancia como é a situación da zonificación actual, que

asigna a cada centro os alumnos que se poden matricular nestes dependendo do domicilio do alumno. Así chegouse á conclusión unánime de que é necesaria unha reestructuración desta asignación e facer unha nova proposta de zonificación, tendo en conta os núcleos de máis poboación en idade escolar, sobre todo, dentro do casco urbano. Segundo o edil de Educación, Andrés Sampedro Fernán-

dez, esta nova asignación e restructuración das zonas de adscrición dos centros é necesaria e importante, tendo en conta o aumento de alumnos en determinadas zonas e, pola contra, de diminución noutras e para o cal trasladaráselle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estas inquietudes do colectivo do Ensino para poder chegar a unha nova zonificación, acorde coas necesidades actuais.

O alcalde do Concello de Ponteareas, Salvador González Solla, xunto coa responsable da Concellería de Economía e Facenda, Belén Villar González, e o edil de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, reuníronse cos representantes das casas culturais do Concello de Ponteareas coa finalidade de informalos persoalmente de todos aqueles aspectos relacionados coas “Bases de subvencións de apoia á cultura, destinadas aos centros e casas culturais do Concello de Ponteareas”. Salvador González Solla detallou nesta xuntanza mantida coas asociacións todos os aspectos recollidos nas devanditas bases de subvencións, así como aclarou todas as dúbidas e cuestións de interese sobre estas axudas. Así mesmo, o edil delegado de Cultura, Andrés Sampedro, manifestoulles o apoio, colaboración e asesoramento da súa concellería en todo o relacionado con esta liña de axudas.

A través destas axudas, o Concello de Ponteareas invistirá 40.000 euros en subvencións de apoio á Cultura destinadas aos centros e casas culturais do municipio, cuxa finalidade é colaborar cos gastos de funcionamento e mantemento dos mencionados centros ou casas, así como fomentar, impulsar e apoiar as actividades culturais e musicais que estes desenvolven dentro do seu ámbito de actuación. Poideron solicitar estas axudas as asociacións sen ánimo de lucro e legalmente constituídas dos centros e casas culturais. Os beneficiarios destas subvencións contarán cunha partida económica inicial fixa, e igual para todos, por importe de 400 euros para gastos xerais como limpeza, enerxía eléctrica, ou calquera outro gasto, e cunha partida económica variable en función dunha serie de parámetros, como pode ser o número de socios ou o gasto en actividades culturais.

Formación en primeiros auxilios A deputada provincial Marta Iglesias; xunto a concelleira de emprego, servicios sociales atención-primaria, comercio e industria, Marisol Valado, asistiron a inuaguración do curso sobre técnicas de seguridade e primeiros auxilios organizado pola Deputación neste municipio, e no que participarán perante dous días por semá un total de 25 alumnos. En total serán 50 alumnos ponteareáns os que aproveiten os cursos incluidos neste programa da Deputación, para o fomento da formación laboral, xa que ademais do ciclo sobre primeros auxilios, xa se impartíu neste ano unha segunda actividade docente, para acompañantes de autobuses escolares. Os diplomas de asistencia a este segundo curso, foron entregados no Centro de Desenvolvemento local de Ponteareas. Esta iniciativa

da Deputación, repítese por sexto ano consecutivo, no municipio. A deputada Marta Iglesias, puxo en valor, o feito de que mais dun milleiro de alumnos, participen en toda a provincia, do ‘Actívate 2014’, con mais de 55 Concellos adheridos ao proxecto e perto de 70 cursos en marcha.

Según explicou, “a Deputación está facendo un esforzo máximo na formación laboral e o acceso ao emprego dos xóvenes e parados”. “Proba delo —engadíu—, é que perto de 2.300 persoas accederan a realización de prácticas laborales gracias a las becas de la Administración Provincial durante este año”.

O alcalde de Ponteareas, Salvador González, e a concelleira de emprego, Marisol Valado, agradecen o esforzo feito pola Deputación na formación laboral dentro do municipio, e animan os cidadáns a “aproveitar estas iniciativas e mellorar así as expectativas laborais para colectivos que actualmente

se atopan en busca de emprego”. Dende o derradeiro ano 2009 hasta este curso, o programa Actívate da Deputación, puxo en funcionamento, experiencias docentes en Ponteareas sobre: prevención de riscos laborais, cociña e repostería, monitores de tempo libre, coidado de nenos, cursos de caixeiros e repoñedores, iniciación a informática, photoshop e retoque fotográfico, conservación de alimentos, reparacións domésticas, ou de especialidades como o xogo infantil. Os alumnos que participaron das actividades deste ano, destacaron a calidade da docencia e a utilidade das materias elexidas. Animaron a Deputación, a continuar nesta liña de apoyo a formación laboral e suxeriron a posibilidade de ampliar o número de cursos de cara a vindeiras edicións.


20 //Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

| Ponteareas|

A firma Kauman aposta polo I+D O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou a nave da empresa Kauman en Ponteareas, onde puido comprobar os proxectos de I+D cos que está a traballar esta firma e nos que xa investiu case 4 millóns de euros, dos cales 1,4 millóns foron aportados dende a Consellería de Economía e o Ministerio de Industria. Na visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, Salvador González Solla, o xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, así como polo presidente da empresa, Juan José Rey Ferrán, e os directores da mesma, Diego Rodríguez e Olga Núñez. Kauman é unha empresa líder en seguridade e innovación, especialistas en bandas transportadoras. Conta con 75 anos de experiencia e coa creación dunha subsidiaria na República Oriental de Uruguay, baixo o nome de Citrans, a cal mantén as mesmas políticas institucionais. “Deste xeito, pasamos xa a ser un grupo empresarial internacional”, engadiu, matizando que, de feito, “nos últimos cinco anos estamos a ter un crecemento exponencial, cifrado nun 7%, cunha facturación no último ano de 16 millóns de euros”. Nos últimos anos a firma pontareana puxo en marcha diversos proxectos de investigación e desenvol-

vemento nos que investiu un total de 4 millóns de euros, dos cales 1,4 millóns de euros foron aportados dende a administración autonómica e o Ministerio de Industria, “o que supón o 35% deste investimento”. Así, investigouse nun sistema de unión de pezas de caucho para bandas transportadoras de elevados requirimentos funcionais; nun sistema de control de

ma para control de roturas de banda. Ademais, na actualidade, están a traballar dende Kauman en dous proxectos estrela: o desenvolvemento de barreiras para os quitamedos que melloren a seguridade viaria, especialmente, no caso das motocicletas, así como na execución dunha transportadora cilíndrica. A firma con sede en Ponteareas

trelas é a banda homologada antichamas e a banda transportadora mediante o uso de aramida, feitas ambas con téxtil o que permite un importante aforro en enerxía coa mesma resistencia”, matizou Rey Ferrán, quen asegurou que a súa firma conta con 10 liñas de traballo coas que son capaces de fabricar 600.000 metros cadrados anuais de todo tipo de ban-

defectos en bandas de caucho mediante visión artificial; na innovación en bandas mediante o uso de carcasa téxtil ou na investigación de novas fórmulas de mesturas de caucho. Tamén se levaron a cabo investigacións no eido da aplicación de novos materiais e elementos sustentadores, na innovación de bandas transportadoras tubulares e no uso de aramida. Finalmente, outro proxecto foi o desenvolvemento dun siste-

conta con 50 traballadores, e con 23.000 metros cadrados en total de nave. O 80% da súa produción expórtase a máis de 50 países como Alemaña, México, Francia ou UK, aínda que tamén conta con presenza en Brasil, Chile e Perú. A empresa está a colaborar coas oficinas de mercados exteriores da Xunta de cara a incrementar a súa internacionalización e a entrada en novos países. “Un dos nosos produtos es-

das transportadoras de caucho con carcasa téxtil ou metálica. “Na actualidade estamos a investigar permanentemente novas formas de reducir e reciclar residuos así como de mellorar a nosa eficiencia enerxética”, rematou o presidente de Kauman. Entre os sectores onde traballa destacan especialmente a minería, no movemento de sólidos e graneis, na industria alimenticia, na química e farma-

Cociña para cativos A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, entregou na praza de abastos de Lalín os diplomas aos rapaces que participaron nos obradoiros de cociña Peque-Chef, desenvolvidos pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal) co apoio da Consellería de Economía e Industria. Vázquez Abeal destacou que a iniciativa Peque-Chef supón un paso moi importante na tarefa de achegar a actividade das prazas e mercados aos mais novos, contribuíndo a consolidar as prazas de abastos como líderes na venda do produto fresco e de calidade.

Os obradoiros Peque-Chef, que se realizan cada mes nunha das prazas de abastos que forman parte de Fepragal, están dirixida a nenos a partir dos cinco anos, cun mestre cociñeiro co que aprenden a elaborar pratos cos produtos da praza. Ademais, móstralles hábitos saudables na alimentación, ao tempo que se os informa das propiedades beneficiosas que conteñen os alimentos incluídos na súa dieta cotiá.No acto, a directora xeral de Comercio entregou aos rapaces participantes o libro-guía para previr a obesidade infantil Os bolechas educan a Pepiño Chispa..

céutica así como na agrícola. No eido da minería cabe destacar que, Kauman leva moitos anos suministrando banda a todo tipo de explotacións mineiras, polo que se atopa presente en 55 países. “Hai que ter en conta que en toda instalación mineira o transporte por banda de mineral é fundamental, e sen él non podería realizarse proceso mineiro algún”, explicou Rey Ferrán. Así, incrementou os seus servizos naqueles países onde a minería está a ir a máis coma Chile, Perú, Arxentina, Colombia ou México, aos que subministra material dende a súa planta de Uruguay. Pero tamén traballa con outros países con tradición mineira coma Canadá, Estados Unidos, Australia ou Sudáfrica. “O éxito mundial da nosa empresa non é outro que o traballo ben feito, apoiado nunha calidade máxima, nun desenvolvemento constante do produto e nunha xestión baseada na exportación e o coñecemento dos mercados”, rematou o presidente de Kauman, quen recordou que a pesar de ser un grupo internacional, non deixa de lado o seu entorno, “polo que dedicamos parte da nosa facturación ao patrocinio de festividades do municipio no que nos atopamos así como a varios dos seus clubes deportivos, como o Club Ciclista Ponteareas, o mais importante de Galicia”.


|Ponteareas|

Galicia Sur/Pontevedra // Novembro 2014 // 21

Melloras nos parques infantís de Ponteareas O Concello de Ponteareas está a levar a cabo obras dentro do Plan de mellora dos parques infantís de Ponteares, tanto na vila como nas parroquias. Así, no centro urbano, as reformas afectarán ao Parque da Perillana, As Pombas, Ponteareas Cidade, As Monxas, Parque de Mota, así como os situados na parte superior do Auditorio Reveriano Soutullo e Conservatorio de Música do mesmo nome, e igualmente nos parques infantís das parroquias. As obras de mellora

destas instalcións e espazos recreativos están contemplados dentro do Plan de mellora dos parques infantís de Ponteareas, redactado plos servizos técnicos municipais, e terán un investimento de máis de 30.000 euros que será sufragado integramente polo Concello de Ponteareas. Estas accións de mellora complementan as xa levadas a cabo durante todo o ano e consistirán en labores de mantemento, como pintado de aparatos de ximnasia, limpeza e repo-

sición de elementos como columpios, papeleiras, vernizado de bancos, pintura de bambáns e dos seus elementos deteriorados, así como o pintado dos farois dos citados parques. Nas zonas de bambáns procederase á reposición do pavimento amortiguador de caucho, así como á limpeza das instalacións dos xogos infantís e á reparación dos valados de pechamento destas zonas recreativas. Ademais destes traballos de mellora, no caso do Parque das Pombas acometerase a limpeza dos edificios municipais de Bombeiros e Policía Local, procedendo á limpeza das súas fachadas con chorros de auga a presión e pintado das mesmas, actuacións que completarán a mellora de todo o contorno do Parque das Pombas.

Charla informativa sobre os bancos O Concello celebrou unha charla-coloquio sobre a información das entidades financieras, titulada: “Que non che tomen o pelo no banco. Consellos para defenderse dos abusos das entidades financeiras”, organizada pola O.M.I.C. do Concello de Ponteareas, pertencente á Concellería de Consumo dirixida por Dª. Marisol Valado Pérez, quen está comprometida cos veciños en facilitarlles información co fin de que defendan seus intereses coma consumidores responsables. Nesta xornada participaron Dª. Iria Aguete Agulla coordinadora da Asociación de Consumidores ADICAE GALICIA, Dª. Celia Corral Blanco, Técnica de Consumo de ADICAE e Dª. Antonia Yanes Sobral, Responsable da O.M.I.C. de Ponteareas, quen explicou as xestións que se realizan ante as entidades bancarias co fin de resolver

as reclamacions presentadas polos veciños e se comentaron que reclamacions son as más habituais e as resolucions que se están consiguindo. Tratousee dunha charla para que os veciños presentes aprendan a defenderse dos abusos que comenten as entidades financeiras respecto aos seus clientes e que temos muy presente coa venda das preferentes, entre otros productos. O sector financeiro xa non é o que era, antes podíase confiar no bo facer das entidades bancarias, hoxe en día proliferan os abusos e temos moitas dudas ante a firma de calquer documento na entidade bancaria. Por iso é importante coñecer o funcionamento das contas, dos productos de aforro, dos préstamos, como aforrar comisions, como xestionar nosas deudas e como reclamar ante os bancos, entre otras cuestions.


22 //Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Arbo / Ponteareas |

Economía e Industria colabora coa reforma da Praza de Abastos e Arbo O xefe territorial de Economía e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial Santomé, visitou en compaña do alcalde de Arbo, Horacio Gil, a praza de abastos da localidade co obxectivo de coñecer as obras que se van realizar neste mercado de cara a súa modernización e renovación. A orde da Consellería (do 12 de marzo de 2014) á que se acolleu o concello de Arbo, estableceu as bases reguladoras para a subvención de proxectos municipais co obxectivo de mellorar os mercados e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia. O proxecto de Arbo suporá un investimento de 10.883,88 euros, dos cales 8.054,07 serán aportados pola administración autonómica, “é dicir, o 74% do total”, explicou Rial Santomé. As obras consistirán na demolición dun aseo existente para crear unha zona de reciclaxe, a creación dun novo aseo adaptado para discapacitados, así

como a instalación dunha nova porta automática de acceso á praza e a instalación de consignas. Tamén se porán en marcha actividades de asesoramento a comerciantes (mentoring) nes-

imprescindibles e, moi especialmente, os mercados municipais, que teñen unha singular significación por constituíren espazos de centralidade comercial, que, a miúdo, teñen a ca-

dos consumidores, dende o momento en que os mercados remodelados permiten consolidar unha forma de comercio de proximidade e a rexeneración dun contorno urbano das vilas

te espazo. “A adecuación e mellora dos equipamentos públicos comerciais municipais constitúen un elemento clave para o desenvolvemento do comercio”, recordou, o xefe territorial. “Non podemos esquecer que, para estes efectos, as actuacións desenvolvidas polos concellos no ámbito comercial resultan

pacidade de xerar actividades complementarias ao seu redor, ao tempo que constitúen unha canle de comercialización moi eficaz de produto fresco derivado do mar, a horta e a gandaría”, engadiu. Por estas razóns, considera Ignacio Rial que “é preciso adaptar estes espazos ás necesidades, tanto dos comerciantes como

e cidades”. Neste senso, “resulta oportuno establecer unha liña de colaboración entre concellos como, neste caso o de Arbo, e a Consellería de Economía e Industria de cara a acadar un modelo de calidade baseado nos principios de accesibilidade, sustentabilidade ambiental, organización e xestión de servizos, e convertelos en centros

especializados en produtos da compra cotiá, desenvolvendo unha xestión global aos intereses dos comerciantes e dos propios consumidores, creando así tamén unha rede de mercados de Galicia”, explicou o xefe territorial. Tal e como recordou Ignacio Rial, a Consellería de Economía e Industria resolveu este ano axudas por case 271.000 euros para o impulso de actuacións nas prazas de abastos e no comercio local dos concellos da comarca do Condado Paradanta: Ponteareas, As Neves, Arbo e A Cañiza. Deste xeito, a Xunta impulsou en 2014 actuacións por un total de 5,5 millóns en toda Galicia destinadas a potenciar os mercados de abastos e a impulsar a competitividade do comercio de proximidade, para os que facilitará axudas por un montante global de 3,8 millóns de euros. En relación á provincia de Pontevedra, as axudas aportadas pola administración autonómica suponen case 2 millóns de euros (1.925.785,2 euros), facilitando así a execución de obras cun investimento total de 2.781.670,2 euros.

Remodelación dos Xardíns da Xiralda As obras de remodelación dos xardíns da Xiralda que rodean a casa do Casa do Concello de Ponteareas xa están en fase de licitación e comezarán neste ano 2014. Estas obras, subvencionadas pola Deputación Provincial de Pontevedra, dentro do “Plan de Obras e Servizos Provinciais”, do ano 2013, significarán un investimento de 218.151,29 euros, que se dedicarán a obras de remodelación, renovación integral dos parques de xogos, medidas de seguridade das instalacións infantís, así como a adecuación e embelecemento deste espazo de recreo tan importante para os veciños de Ponteareas. Os traballos que se acometerán consistirán na retirada do material de terra da cobertura existente para a súa posterior nivelación e aporte final de ca-

pa de terra vexetal; limpeza dos muros perimetrais que rodean o recinto; renovación integral dos dous parques infantís con novos elementos, valados e un pavimento de losetas de caucho, evitando o encharcamento que se producía no inverno, e que garantirá a seguridade dos nenos en caso de caída e que ata o de agora era de area. Procederase tamén á substitución total do mobiliario urbano, como bancos, papeleiras e farois. Así mesmo dotarase de novos pavimentos de pedra granítica no perímetro da casa do concello, adoquinaranse os pasos de circulación peonil intermedia e procederase á plantación de céspede e ao novo axardinamento de todo xardín. Engadiráselle, ademais, un valor informativo e unha visión pedagóxica a través de

paneis indicativos cos nomes das especies cos que conta este xardín emblemático de Ponteareas, con árbores centenarias, o máis coñecido e o máis céntrico, onde xeracións de ponteareáns gozaron da súa tranquilidade ao longo da historia. Completaranse as reformas coa execución dunha nova instalación eléctrica que se axuste á normativa actual e permita o uso de novas tecnoloxías de aforro enerxético, mediante a instalación de lámpadas Led, así como a instalación dun sistema de rego automático, que consumirá menos auga. Todas estas actuacións, tanto nos materiais empregados como nos sistemas elixidos garantirán unhas condicións de hixiene, saúde e protección do medio ambiente acorde co seu contorno.


| Baiona|

Galicia Sur/Pontevedra // Novembro 2014 // 23

Baiona promove a súa gastronomía O evento tivo lugar na localidade de Laredo (Cantabria) e congregou unha trintena de comensais para dar boa conta dun suculento menú elaborado a partir de exquisiteces mariñas servidas explotando todo o seu potencial de sabor. De fondo, a intención deliberada de reivindicar unha das fortalezas que caracterizan a uns destinos empeñados en despregar os seus mellores recursos ante uns viaxeiros cada vez máis esixentes. Bocados de mar e terra con vocación de inesquecibles. Así é a auténtica gastronomía destas vilas mariñeiras. Un baluarte dos atractivos que reúnen estes dez privilexiados enclaves do Atlántico e Cantábrico para seducir irreversiblemente os seus visitantes. Unha tradición en constante evolución cara a novas propostas que nunca descoida a autenticidade dunha cociña encumbrada a partir de sacar o máximo partido a peixes de inigualable frescura que os fai únicos. Ingredientes infalibles

para unha exitosa experiencia que reuniu nos fogóns as culturas gastronómicas cántabra, asturiana e galegas para brindar unha degustación memorable. Co selo de calidade de “Villas Marineras” A alianza entre os xefes de

cociña José Molleda del Restaurante "Las Redes", de San Vicente de la Barquera, e de Ricardo Sotres, do Restaurante "El Retiro" de Pancar, en Llanes, en perfecta sincronización cos alumnos do Departamento de Hostalaría do IES Fuente Fres-

nedo de Laredo, converteron o comedor do centro educativo nun templo de exaltación das bondades culinarias duns enclaves descaradamente asomado o mar. Laredo, Santoña, San Vicente de la Barquera, Llanes, Ribadesella, Cudillero,

Viveiro, Ortigueira, Sanxenxo e Baiona alardean dunhas materias primas capaces de entusiasmar aos que fan do bo comer unha sa filosofía de vida. O presidente de “Villas Marineras, Ángel Vega, deu a benvida aos representantes de medios de comunicación e de distintas entidades vinculou co ámbito mariñeiro que se converteron en compracidos protagonistas dunha experiencia plena de desfrutes gustativos. Todos coincidiron en destacar o acerto dunha iniciativa que arrancou o pasado mes de marzo en Sanxenxo e que ten previsto culminar nos próximos meses en Llanes nunha entrega igualmente repleta de alicientes. O recinto foi decorado cun bodegón no que se mostraron algunhas das exquisiteces que xa forman parte da tarxeta de visita das distintas “Villas Marineras. Un pequeno cóctel de benvida deu paso a un festival de sorpresas gustativas que desatou os eloxios de todos os congregados.

6.000 euros para a asociación Avelaiña

O director de área de negocio de “a Caixa” en Vigo sur, Gonzalo Talegón, e representantes das oficinas da Garda e Baiona desprazáronse ao local que Avelaiña, asociación de axuda ás persoas con problemas mentais, dispón nesta última localidade co obxectivo de coñecer de primeira man a súa actividade e facerlle

acto de entrega dunha axuda de 6.000 euros da Fundación Obra Social “a Caixa” Esta achega terá como destino colaborar na remodelación do centro de Baiona, un local cedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social que necesitou un acondicionamento para poder poñer en marcha todos os servizos e

programas que leva Avelaiñaleva a cabo na bisbarra Tras a visita, os representantes de “a Caixa” manifestaron a súa satisfacción e a de todos os empregados das oficinas por poder colaborar cunha das principais organizacións sociais do Val Miñor e axudar a que preste unha atención máis axeitada aos seus usua-

rios. Pola súa banda, Rafa Álvarez, xerente da Asociación expresou o seu agradecemento a “a Caixa”, xa que esta doazón contribuirá á mellora na atención das persoas con enfermidade mental da bisbarra. Obra Social “a Caixa”: máis comprometidos que nunca O compromiso de “a Caixa” coas necesidades da sociedade na que desenvolve a súa actividade financeira e co benestar das persoas, un dos seus trazos máis definitorios dende o seu nacemento en 1904, adquire unha dimensión maior, e máis diferencial que nunca, nas actuais circunstancias. A pesar das dificultades, a entidade manterá o presuposto da súa Obra Social durante 2014 en 500 millóns de euros, a mesma cifra presupostada nos 6 anos precedentes. Neste sentido, o 67% do presuposto (334,9 millóns de

euros) destinarase ao desenvolvemento de programas sociais e asistenciais). A resposta ás problemáticas sociais máis incitantes e a atención ás persoas máis vulnerables continúan sendo prioridades fundamentais. Avelaiña Os Programas que leva a cabo Avelaíña son innumerables, dende o Servizo de Rehabilitación Psicosocial, os Programas de respiro familiar, Actividades da vida diaria e os servizos de orientación á comunidade. Os afectados por algunha enfermidade mental acoden a diario ao seu Centro de Rehabilitación, participando en talleres de prensa, informática, formación de adultos, actividades psicofísicas, entre outros. Tamén os seus familiares reciben atención dos profesionais deAvelaíña a través das consultas, do servizo de orientación e a atención domiciliaria.


24 //Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Nigrán|

III Xornadas sobre Violencia de Xénero na adolescencia O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, a Secretaria Territorial de Igualdade, Yolanda Lesmes, e a concejala de Patrimonio, Igualdade e Mocidade, María José Piñeiro, presidiron a inauguración das III Xornadas sobre Violencia de Xénero, organizadas polo goberno municipal con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Erradicación da Violencia de Xénero, e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade, que este ano chegan a súa terceira edición. As xornadas versan sobre a adolescencia, a violencia e a incidencia das novas tecnoloxías nesta lacra social, congregando a máis de 80 persoas procedentes de toda Galicia vinculadas profesionalmente á violencia de xénero. A violencia de xénero en adolescentes, un fenómeno diferente Tradicionalmente, os estudos referidos á violencia de xénero concentráronse de xeito case exclusivo nas parellas adultas. Cando a literatura científica comezou a interesarse polas parellas máis novas, a vinculación con estes estudos resultou automática, considerando que a violencia en parellas adolescentes era o mesmo fenómeno. Con todo, algúns autores comezaron a suscitar a necesidade de realizar estudos dirixidos ex-

plícitamente a este fenómeno, na medida en que a dinámica que se establece entre parellas adultas non é a mesma que a dinámica noivo-noiva das parellas máis novas. Este fenómeno é coñecido na literatura internacional como “dating violence” ou “dating aggression”, aínda que a literatura nacional optou por utilizar términos como violencia/agresividade nas relacións de noviazgo ou nas relacións sentimentais adolescentes. As novas tecnoloxías Debido á utilización das novas tecnoloxías na sociedade da información e o coñecemento están xurdindo novas formas de exercer violencia de xénero. No ano 2013 foron presentados

dous estudos promovidos pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero. “O ciberacoso como forma de exercer violencia na mocidade: un risco na sociedade da información e o coñecemento” e “A evolución da adolescencia española sobre a igualdade e a prevención da violencia de xénero”, nos que se profundaba na violencia de xénero na mocidade e as novas tecnoloxías. Algúns datos extraídos de ambos estudos revelan que o 28% dos mozos non consideran conduta de risco responder a unha mensaxe no que lle insultan. O 49,4% dos mozos e o 26,2% das mozas non consideran moi ou bastante perigoso quedar con outro mozo ou moza que coñe-

ceron por internet. O 25% das mozas e o 53% dos mozos non consideran moi ou bastante perigoso responder a unha mensaxe no que alguén que non coñece ofrécelle cousas. O 4,9% das mozas e o 16,1% dos mozos non consideran moi ou bastante perigoso colgar unha foto de carácter sexual, conduta que recoñecen realizar en dúas ou máis ocasións o 1,1% das mozas e o 2,2% dos mozos. No ámbito territorial galego, un recente estudo sobre o uso das novas tecnoloxías da mocidade galega, publicado o pasado mes de setembro e elaborado pola Xunta de Galicia, o Defensor do Pobo e a Universidade de Santiago de Compostela, revela datos similares. Un 31,4% dos

adolescentes galegos admiten haber contactado con descoñecidos a través de internet, e un de cada dez revela que quedou con persoas as que coñece exclusivamente a través da rede. Estes datos foron o punto de partida para a organización destas xornadas coa finalidade de darlle visibilidad na contorna da conmemoración do día internacional para a erradicación da violencia de xénero. As xornadas As xornadas están estructuradas en cinco relatorios nas que participaron Yolanda Rodríquez Castro, cuxa relatorio abordou o marco conceptual da violencia de xénero en parellas adolescentes; Patricia Alonso Ruído, que profundizou nunha das prácticas de risco, o “sexting”; Pablo Grande Seara, que abordou a problemática desde o ámbito xurídico; Antonio Rial Boubeta, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador do estudo elaborado en Galicia, que expuxo os resultados do estudo centrados no ámbito da violencia de xénero; e, para rematar, Carmen Barreiro Couto, membro do grupo de traballo sobre a adolescencia e novas tecnoloxías promovido polo Defensor do Pobo, que abordou as estratexias de intervención.

A Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas adxudicou o contrato para a execución dunha senda peonil ao longo da estrada autonómica VigoTui (PO-552), enPriegue, no Concello de Nigrán. Con esta actuación, que se iniciará nas próximas semanas, os veciños da zona poderán camiñar entre as parroquias de Priegue e Nigrán utilizando un itinerario habilitado para tal efecto. As obras foron adxudicadas a Construcións Obras e Viais, S.A. (COVSA) por algo máis de 140.000 euros. O proxecto ten por obxecto a creación dun iti-

nerario peonil de 710 metros de lonxitude entre os puntos quilométricos 8 +160, onde finalizan as beirarrúas existentes Nas rexas, e 8 +870, onde comezan as beirarrúas deNigrán. Este proxecto dá resposta a unha demanda histórica dos veciños dePriegue e Nigrán, ao conectar as dúas parroquias a través dunha senda peonil, ao tempo que dá novo cumprimento a un compromiso electoral adquirido cos veciños en maio de 2011. “A actuación mellorará a seguridade viaria dos viandantes, que na actualidade deben cir-

cular por unha estreita beiravía, nunha estrada que rexistra intensidades de tráfico elevadas, en torno a 15.000 vehículos diarios”, explica o alcalde, Alberto Valverde. Esta actuación, súmase á anunciada semana atrás para recuperar e mellorar as beirarrúas da PO-552, a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra por valor de 159.741,28 euros para a reparación e mellora das beirarrúas da Avda. Rosalía de Castro eVal Miñor, “que implementar sensiblemente a seguridade vial desta estrada, ao tempo que dará unha nova imaxe a un-

ha das principais arterias de comunicación do concello”, apunta Valverde. A senda peonil A senda peonil construirase en paralelo á estrada, ao mesmo nivel da súa rasante para garantir unha drenaxe idónea, e cun ancho mínimo de 1,5 metros, e executarase en formigón colorado, co fin de que sexa doadamente perceptible e visible para os usuarios. A obra complementarase coa execución dunha cuneta de seguridade para a recollida e evacuación das augas superficiais da plataforma ata os puntos de desaugadoiro.

Ademais, colocaranse os sistemas de contención precisos para separar o tráfico rodado do peonil, reducindo así a posibilidade de atropelo por saída de vía. A actuación, financiada pola CMATI, beneficiará aos máis de 18.000 habitantes do concello, coa que verán unha sensible mellora da seguridade vial neste punto do termo municipal. O departamento que dirixe Ethel Vázquez, mediante este tipo de actuacións, pretende proporcionar aos cidadáns unha rede viaria máis segura e cómoda, que mellore a accesibilidade do conxunto de usuarios.

Nova senda peonil de 700 metros


| Gondomar|

Galicia Sur/Pontevedra // Novembro 2014 // 25

Alfonso Rueda visita o paseo fluvial O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o paseo fluvial da Coelleira, en Gondomar, cuxa adecuación financiouse ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público. Na visita Rueda estivo acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e do alcalde da localidade, Fernando Guitián. Rueda salientou a importancia destas pequenas actuacións que benefician directamente aos cidadáns e demostran as vantaxes da colaboración entre administracións. Neste caso, a Xunta investiu 40.000 euros para rehabilitar e recuperar para os veciños de Gondomar un paseo fluvial que mellorou considerablemente o entorno da zona onde se ubica. O ano pasado a Xunta e o Concello de Gondomar levaron a cabo unha adecuación do

paseo que hai ao longo do río Miñor, no parque da Coelleira. Consistiu na construción dun paseo peonil cun pavimento de lousas de formigón; unha obra que recuperou o espazo verde na marxe do río e que

Veciños de turismo a Castela e León Un total de 43 veciños de Gondomar regresaron da viaxe organizada pola concellaría de Benestar Social ás provincias de Zamora, Valladolid, Segovia eSalamanca. Dirixido a persoas maiores de 55 anos, este tipo de viaxes son organizadas dende a concellaría de Benestar do Concello de Gondomar co fin

de facilitar o turismo dos maiores do municipio co aloxamento e todos os desprazamentos a cargo da empresa xestora en cada caso. Nesta última excursión os participantes percorreron diferentes provincias castelán-leonesas onde coñeceron a gastronomía e cultura propias durante cinco días.

ten especial coidado coa caída de augas pluviais a este. O vicepresidente asegurou que a Xunta continuará facendo un esforzo para apoiar aos concellos, non só a través desta orde, senón de moitas axu-

das máis cuxo compromiso xa se reflicte nos Orzamentos. É o caso do Fondo de Cooperación Local, que se mantén un ano máis; o Fondo de Compensación Ambiental; as axudas para o mantemento dos

CIMs; ou o apoio decidido a aqueles concellos que opten por cooperar entre si, entre outros exemplos. Orde de infraestruturas A Orde de axudas para Infraestruturas de uso público é unha ferramenta que o Goberno galego pon á disposición dos concellos para financiar infraestruturas que beneficien directamente aos seus veciños, como instalacións deportivas e culturais ou prazas, paseos e parques infantís. Un dos principais obxectivos destas axudas é contribuír ao reequilibrio territorial, sobre todo dos concellos máis pequenos, xa que está dirixida aos que teñen menos de 30.000 habitantes. Este ano as axudas contan cunha dotación de 2 millóns de euros, un 50 por cento máis que en 2013, e beneficiarán a 73 concellos.


26 // Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

| Gondomar|

Gondomar participa en cooperación

Patricia Durán, concelleira de Servizos Sociais de Gondomar, participou na Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ao ser este Concello un dos socios da enti-

dade. Desde o seu fundación, no ano 1997, o Fondo Galego desenvolveu 150 proxectos en 25 países ademais de promover actividades e materiais nos países máis empobrecidos.

Os 89 socios integrantes, 87 Concellos e as Diputaciones de Coruña e Lugo, colaboran nunha xestión transparente e profesional, así como na realización de proxectos nos países

do Sur e a sensibilización da sociedade gallegal. Na Asemblea Xeral celebrada acordouse destinar 20.000 euros a Palestina para contribuír á súa recuperación tralos últimos bombardeos israelís, e 10.000 euros á poboación afectada polo tifón Haiyan en Filipinas. Acordouse, ademais, cofinanciar con 150.000 euros proxectos das ONGD en países do Sur. A Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina recibirá así 10.000 euros para apoiar o traballo dos equipos de saúde mental da entidade que atende á poboación no contexto posbélico, e os outros 10.000 euros destinaranse para a distribución de material médico e farmacéutico na Franxa a través da Asociación Médica Hispano

Palestina. Por outra banda, cos 10.000 euros destinados a Filipinas proporcionarase refuxio e materiais de primeira necesidade ás comunidades do arquipélago. Así mesmo, sete ONGD galegas desenvolverán proxectos de cooperación internacional en Nicaragua, Fonduras, Perú, India e Guatemala para facilitar o acceso ao auga dos nicaragüenses mediante mellóraa de infraestructuras, mellorar a atención ás vítimas de violencia familiar e sexual en Perú ou impulsar a participación política das mulleres do rural en India. O Concello de Gondomar mostra así o seu compromiso cos países do sur mediante a súa participación no Fondo Galego onde os socios colaboran e reúnense para tomar decisións e aprobar proxectos que repercutan no beneficio de comunidades desfavorecidas.

Premio aos mellores hostaleiros Tivo lugar no mes de outubro a entrega de premios do concurso Tapas do Conde celebrado en Gondomar o pasado mes de agosto no que máis de 20 establecementos participaron nas categorías salgado e doce. O acto de entrega tivo lugar no Pazo del Conde de Gondomar e estivo presidido polo alcalde Fernando Guitián, a concelleira de Turismo e Comercio Paula Bouzos, o Conde de Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba e a presidenta da asociación de Empresarios e Comerciantes

do Val Miñor, Ovalmi, Ana Ferreiro. Na categoría de tapa salgada o primeiro premio recibiuno a cervexaría Ágora, o segundo a cervexaría Yantar e o terceiro o restaurante a Vitrola. Na categoría de tapa doce a cervexaría Ágora foi novamente a elixida para levarse o primeiro premio, seguida do restaurante a Vitrola e a tapería Seixos, premios outorgados de acordo ás votacións particulares dos clientes. O Conde de Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba, agra-

deceu a presenza dos asistentes no seu fogar invitándoos a sentirse como na súa propia casa, “este pazo é do pobo”, comentaba. Ana Ferreiro, presidenta de Ovalmi, resaltou a importancia de que os comerciantes traballen unidos para conseguir a promoción de Gondomar, hai que conseguir que se achegue ao noso municipio xente doutras zonas e iso lógrase con unión e esforzo colectivo. Pola súa banda o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, fixo fincapé na necesidade de

traballo conxunto non só entre os hostaleiros, senón tamén entre estes e o Concello, “é necesario un interlocutor que esixa ao Concello aquilo que cree que pode ser bo para o pobo e desenvolver unha relación de cooperación para resolver, na medida que sexa posible, estas necesidades con beneficio colectivo”. Así mesmo, Fernando Guitián recoñeceu o Pazo do Conde de Gondomar como “un dos ámbitos máis bonitos do Val Miñor”, e agradeceu a axuda e disposición do Conde para

a celebración deste acto. Esta segunda edición do concurso Tapas do Conde aglutinou un maior número de asistentes que a edición anterior, polo que as autoridades e organizadores implicados aseguraron traballar arduamente de cara ao próximo ano e converter a festa nunha tradición de referencia do verán gondomareño, “sen a vosa colaboración e ilusión esta iniciativa non sairía adiante”, destacabaPaula Bouzos, concelleira de Turismo e Comercio.


|Gondomar|

Galicia Sur/Pontevedra // Novembro 2014 // 27

Gondomar recupera o lavadeiro de Abrollido O Concello de Gondomar recuperou o tradicional lavadoiro de Abrollido, na parroquia de Donas, que se encontraba en estado de deterioración debido á acumulación de sedimentos derivados das chuvias e riadas e ao amontoamento de vexetación. Á súa vez, o Concello levou a cabo obras de mantemento, mellora e sinalización nas parroquias de Vincios, onde se instalou a petición dos veciños unha marquesiña, e Morga-

dáns, onde se reparou unha curva afectada pola auga subterránea da calzada que provocaba fracturas no asfalto. O Concello levou a cabo así labores de drenaxe na curva afectada e procederá ao asfaltado a finais desta semana unha vez comprobado o funcionamento das obras realizadas. .A concellaría de Medio Ambiente tamén acondicionou zonas de recollida de residuos nas parroquias de Donas, Borreiros e Villaza mediante limpeza, vala-

do e sinalización. O concelleiro de Medio, Juan Carlos González Camesella, recorda que nas zonas intervidas se producían constantemente verteduras incontroladas de todo tipo mesmo naquelas recentemente acondicionadas polo Concello, que sufriron actos de vandalismo, polo que o Concello abrirá expediente sancionador contra aquelas persoas que actúen en prexuízo e deterioración das instalacións.

Descende a delincuencia O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, copresidiu, xunto co alcalde, Fernando Guitián Guitián, a reunión da Xunta Local de Seguridade de Gondomar, á que tamén asistiron representantes municipais, do Corpo Nacional de Policía adscrita á Policía Autonómica, da Garda Civil e da Policía Local. Durante a reunión mantida, púxose de manifesto o descenso da actividade delincuencial que se produciu durante os oito primeiros meses do ano, reflexo da eficacia de todos os axentes que participan na seguridade desta zona da provincia. O subdelegado do Goberno, felicitou ás forzas de seguridade pola súa colaboración á hora de desenvolver o seu traballo nes-

te municipio e animoulles a non baixar a garda e traballar por mellóraa de cífralas ano a ano. Durante o encontro informouse tamén do satisfactorio desenvolvemento tanto do Plan de Lecer como do Plan Director. O primeiro está centrado no control de establecementos que poden dispensar bebidas alcohólicas a menores e o segundo está orientado aos centros de educación, para previr o consumo de alcohol e drogas entre os mozos, así como fomentar o bo uso das novas tecnoloxías e evitar o acoso escolar. Dentro deste último programa, e co comezo do curso escolar, solicitáronse charlas informativas en varios centros do municipio que se atenderán nas próximas semanas.

Cancelación de crédito por solvencia económica

O Concello de Gondomar levou a Pleno unha modificación presupostaria para a cancelación dun crédito contratado no ano 2012 ao concluír, tras os informes dos técnicos munici-

pais, que as arcas municipais contan con fondos líquidos abondo para cancelar a débeda. No exercicio de 2012 o actual goberno decidiu acollerse ao Real Decreto 4/2012 para

poñer ao día as facturas pendentes de pagamento a provedores, que nesa data ascendían a 1 millón 657 mil euros. No presente ano apróbase o Real Decreto 8/2014 coa finali-

dade pública de posibilitar aos concellos a redución da carga financeira dos contratos de préstamo asinados co Fondo para Financiamento dos pagamentos a provedores. Así, tras sondar as entidades financeiras, o Concello de Gondomar constata o considerable aforro que supoñería para as contas municipais a cancelación do crédito tendo en conta, ademais, que o concello posúe depósitos a prazo fixo por un importe superior aos 2 millóns 850mil euros. Outras variables a ter en conta para a cancelación do crédito son a situación dos fondos líquidos, que ao finalizar o terceiro trimestre do presente ano superan os 4 millóns de euros, así como o remanente de tesouraría para

gastos xerais, que supera os 3 millóns 700 mil euros. Á súa vez, o goberno central, dentro das medidas de control sobre as entidades locais, establece como uso primario do remanente a amortización da débeda, limitando polo tanto o seu uso para outro tipo de finalidade. Segundo informa a concelleira de Facenda Natalia Salgueiro, coa cancelación deste crédito o nivel de endebedamento do Concello quedaría situado moi por debaixo do permitido por lei. Esta decisión de suspensión supón ademais, “ un xesto responsable por parte do goberno local, xa que deixa en boa posición as arcas municipais para os gobernos vindeiros”, sinala Salguerio.


28 //Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Publicidade|


|Gondfomar|

Galicia Sur/Pontevedra //Novembro 2014 // 29

O CPA Gondomar no Campeonato de Europa O pasado 1 de novembro o Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar alcanzou o quinto posto na Copa de Europa celebrada en Luso, Portugal, coa patinadoraMiriam Pérez no seu debut dentro da categoría xuvenil. Miriam, de 16 anos de idade e unha das 3 representantes españolas no campionato europeo, enfrontábase en Portugal ás italianas, escola referente mundial, polo que a posición alcanzada é dobremente celebrada por un club que tan só ten 10 meses de vida. O CPA Gondomar creouse en xaneiro do presente ano grazas aDavid Figueroa, adestrador de recoñecido prestixio internacional e instrutor nas escolas deportivas de Gondomar, quen considerou o gran número de nenos na localidade e a inexistencia dun club de patinaxe artística como

factores determinantes para a creación dunha formación

Miriam Pérez iniciouse aos 8 anos no mundo da patinaxe

O CPA Gondomar conta xa con 45 deportistas, 11 deles

nova. A maior dispoñibilidade de horas de adestramento ofrecidas polo Concello no colexio de Donas foi clave para o crecemento do club.

da man de David Figueroa e, dende entón, traballou sempre con el obtendo numerosos éxitos como a medalla de ouro no Campionato de España 2010.

en competición en todas as categorías dos campionatos nacionais (a excepción da infantil) e no campionato internacional europeo recentemente disputado, cun novo

reto este fin de semana no Campionato de España Cría que se celebra en Ripollet e onde a críaXosé Cruz, con tan só 8 meses no Club, demostrará as súas competencias deportivas. O Club asegura que o éxito alcanzado en tan pouco tempo se debe á conxugación de tres factores fundamentais: os nenos e nenas integrantes pola súa tenacidade e constancia, o traballo, dedicación e paixón de David Figueroa e a filosofía de traballo serio e ben feito do club. Tanto o club coma o Concello de Gondomar celebran así o bo funcionamento desta nova formación deportiva augurando futuros éxitos e recoñecementos que axudan a valorar a calidade deportiva do Val Miñor e situar a Gondomar nos escenarios deportivos nacionais e internacionais.

Nova edición de Gondonadal para escolares O Concello de Gondomar pon en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa de ocio e tempo libre Gondonadal durante as vacacións escolares de Nadal. Co obxectivo de favorecer a conciliación familiar e laboral oConcello ofrece un total de 40 prazas destinadas a menores empadroados en Gondomar e fillos de traballadores en activo nacidos entre 2001- 2002 e no ano 2011. En caso de non cubrir todas as prazas aceptaranse menores doutros Concellos con preferencia a aqueles cuxos

Curso de Retoque Dixital O deputado e alcalde de Gondomar Fernando Guitián, xunto co concelleiro de Xuventude,Ignacio Troncoso, fixo entrega do diploma acreditativo do curso “Retoque Dixital Fotográfico” promovido pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Actívate. Durante a formación,

de 40 horas de duración, os alumnos participantes adquiriron nocións básicas sobre o mundo da fotografía e as posibilidades do retoque dixital co conseguinte aumento das súas competencias artísticas valorables en moitos dos perfís profesionais demandados. O programa Actívate da Dipu-

tación de Pontevedra inclúe diferentes actividades formativas e educativas no ámbito do tempo libre que responden ás demandas da poboación nova da provincia co fin de potenciar movementos de participación e cooperación social á vez que mellora a formación elemental da xuventude.

proxenitores traballen no municipio deGondomar. Gondonadal levarase a cabo entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro no CEIP Chano Piñeiro de 9 horas a 14 horas. As solicitudes deberán presentarse a partir do día 17 de novembro e ata o día 28 de novembro no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 9 horas a 13:30 horas e sábados de 9 horas a 13 horas. A solicitude da praza deberá ir acompañada da fotocopia do documento de identidade dos pais, das persoas encargadas de ir a recoller aos nenos, do libro

de familia ou DNI do menor, do volante de empadroamento da unidade familiar, e, de ser o caso, xustificación da ocupación actualizada dos pais ou titores. A lista provisional de admitidos publicarase o día 2 de decembro na páxina oficial do Concello www.concellodegondomar. com co proceso de reclamacións aberto ata o día 5 de decembro e coa publicación definitiva o día 12 de decembro. Máis información dispoñible no teléfono 986. 389.355 ou no correo electrónico aio@concellodegondomar.com.


|Redondela|

30 //Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

Adxudicadas as obras da EDAR por 170.000 euros O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, avanzou que as obras de mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Concello de Redondela comezarán a principios do vindeiro ano, tras adxudicar esta actuación por un importe de máis de 171.000 euros. Gonzalo Mosqueira visitou as instalacións da depuradora xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, o tenente alcalde de Redondela, Miguel Ángel Álvarez, e a concelleira de Limpeza Viaria e Parques, María José Barciela Ramos, aos que lles confirmou que este contrato foi adxudicado á empresa Macraut Enxeñeiros SL.As tarefas, cuxo prazo de execución é de 6 meses, que se van realizar pretenden tratar os olores ou reducir a emisión destes nas instalacións existentes, ademais de mellorar a calidade visual e sonora na contorna da EDAR. En base a esta actuación, que se executa no marco dun acordo de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Redondela, realizarase a instalación dun sistema de desodorización, posto que un dos obxectivos do proxecto é reducir a contaminación por olor, así, unha vez localizados os focos máis

importantes de contaminación olfativa da EDAR, situados no edificio de deshidratación e no espesador de lodos, ademais de no pozo de grosos, proponse a instalación de sistemas de desodorización, instalarase unha cubeta no espesador de lodos para poder confinar e eliminar o olor xerado nesta instalación. Tamén, se procederá á adaptación dos sistemas de control da planta, incorporando as sinais dos novos equipos e da rexa de grosos ao centro de control da

Estación Depuradora de Augas Residuais. Finalmente, farase unha instalación dun peche vexetal perimetral en toda a EDAR, coa súa correspondente rede de rego. As accións a levar a cabo supoñen un investimento de case 200.000 euros, aboados pola Xunta de Galicia coa cofinanciación de fondos europeos FEDER. Cabe sinalar que a porcentaxe de financiamento por parte da Xunta para este tipo de colaboracións é ata do 100% do total do custo das

obras requiríndose a previa aprobación polo Consello da Xunta no suposto de conterse obrigas de gasto plurianuais ou unha contía superior a 150.233 euros, como é o caso. Antecedentes A actual depuradora é unha infraestrutura do ano 1992, na que, posteriormente, se fixeron distintas melloras técnicas, co propósito de incrementar o rendemento na depuración. Máis tarde, froito da revisión do informe da empresa adxudica-

taria do contrato de asistencia técnica para o control e asesoramento á explotación das instalacións de depuración de augas residuais de Galicia, encargouse a redacción do proxecto que se vai levar a cabo. Co paso do tempo, este inmoble quedou integrado nunha trama urbana deste importante núcleo de poboación, moi preto do mercado e de colexios, instalacións deportivas e vivendas. Recentemente tamén se construíu un paseo fluvial que bordea a instalación, facendo aínda máis notable a súa presenza. Esta actuación tramítase ao abeiro do Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, do 4 de novembro, de Augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas, no que se establece a regulación do procedemento de colaboración técnica e financeira entre a Administración hidráulica de Galicia e as entidades locais. Esta normativa establece a posibilidade de financiamento e execución por parte do executivo autonómico de obras de abastecemento e saneamento de auga, incluso os proxectos técnicos e construtivos, nos termos municipais de Galicia.

O subdelegado provincial na Xunta de Seguridade

O subdelegado do Goberno enPontevedra, Antonio

Coello Bufill, copresidiu, xunto co alcalde,Javier Bas Co-

rugeira, a reunión da Xunta Local de Seguridade deRe-

dondela, á que tamén asistiron representantes municipais, do Corpo Nacional e da Policía Local. Durante a reunión mantida, púxose de manifesto o descenso da actividade delincuencial que se produciu durante os nove primeiros meses do ano, reflexo da eficacia de todos os axentes que participan na seguridade desta zona da provincia. Ademais, constatouse o bo funcionamento dos dispositivos especiais que se poñen en marcha debido á celebración, neste concello, dalgúns eventos multitudinarios como o Carnaval de Verán ou a Festa da Coca. Durante

o encontro informouse tamén do satisfactorio desenvolvemento tanto do Plan de Ocio coma do Plan Director. O primeiro está centrado no control de establecementos que poden dispensar bebidas alcohólicas a menores e o segundo está orientado aos centros de educación, para previr o consumo de alcohol e drogas entre os mozos, así como fomentar o bo uso das novas tecnoloxías e evitar o acoso escolar. Dentro deste último programa, impartíronse 9 charlas informativas en distintos centros do municipio das que puideron beneficiarse máis de 500 persoas.


|Pasatempos|

Galicia Sur/Pontevedra //Novembro 2014 // 31

SUDOKU

HORÓSCOPO Aries: A túa intuición e sensibilidade son os teus activos máis fortes durante este mes. Hai, tamén non obstante, unha necesidade de impoñerte. Alguén está por reclamar o crédito de algo que por dereito che corresponde. Novamente, requírese diplomacia e tacto para resolver este problema. Este é tamén un bo mes para as negociacións e os temas financeiros. Tauro: Estabiliza o teu ambiente de traballo, pero require que traballes sobre as túas relacións e asuntos familiares. Estarás nunha posición única para aconsellar e apoiar alguén no teu círculo de amizades e de familiares con resultado inmediato e positivo. Será unha das túas experiencias máis compensadoras deste ano. O romance é tamén favorable. Geminis: Estás con entusiasmo e optimismo durante o inicio deste mes de decembro, pero a anticipada recompensa ou recoñecemento podería ir para outra persoa, por moito que te pese. O teu desafío é o de bater un record usando soamente as túas habilidades diplomáticas. Non deixes que a ira te afaste dos participantes. En xeral, as relacións son favorables este mes. Cancer: Decembro trae cambios e inquietude. Sentes a necesidade de estar coa xente, de ser sociable, de rir e de conversar e divertirse. Tes oportunidades de viaxar e coñecerás unha nova e excitante persoa nunha viaxe lonxe de casa. Esta persoa inspírache e motiva a intentar algo novo, saír do xa coñecido e de arriscarte.

Novembro, ditoso mes, empeza con Santos, acaba con San Andrés. Por todos os santos, neve nos campos. No mes de mortos, non saches a horta, non capes os porcos. Polo San Martiño, deixa a auga, come pan e bebe viño. Cada porquiño, ten o seu San Martiño.

SOPA DE LETRAS

LABIRINTO

O Outono

Leo: Será un mes compensador en moitas áreas da vida. Este é un bo momento para os negocios e os asuntos monetarios. Pero non te abuses gastando o diñeiro para impresionar aos outros ou para exhibir o teu éxito. Este mes trae equilibrio en todos os temas materiais. Espera algún recoñecemento no teu ambiente de traballo, quizais un bono ou promoción. Virgo: Este mes require que teñas practicidad e disciplina en todos os asuntos. Trae tanto oportunidades coma limitacións. A carreira ten alta prioridade e o teu estarás dedicándolle tempo extra. Hai pouco espazo para evadirte, e todos poderían chegar a facerche esixencias. Por outro lado, hai tamén moitas oportunidades implícitas nestas esixencias e sorprenderante agradablemente os premios que che chegarán cara a fins de mes. Libra: É sen dúbida ningunha o momento de volver aos negocios, de concentrarte no traballo, e de rematar calquera cousa que quedase inacabada. Presta atención aos detalles; non te atrases; non tomes atallos. Estás a facer as bases para o futuro, probando os outros e tí que mereces as responsabilidades e desafíos que asumiches. A túa enerxía está forte e concentrada. Podes concentrarte inclusive cando o traballo se volve rutineiro e aburrido. Está nunha época crucial da túa vida, inclusive tes a enerxía e a actitude “sen-prisioneiros” que te conducirán ao éxito. Escorpio: tráeche oportunidade e frustración. Mantén a concentración nas túas metas e traballa duro. Este é un excelente momento para a carreira con moitas oportunidades de progreso, debido en parte ao optimismo e entusiasmo do mes pasado. Ti causas unha boa impresión á xente, algúns dos cales están listos agora para ofrecerlle a proverbial cenoria. Hai un obstáculo; poderías sentirte que este non é o momento, e necesites un pouco de coraxe. Sagitario: É unha excelente ocasión para novos negocios, asuntos financeiros, e todas as cousas relacionadas co mundo material. Recibe recoñecemento ou por esforzos pasados na forma de recompensas estiveses a considerar para os teus negocios. A énfase deste mes é nas metas de longo prazo. As amizades e os parentes senten que estas un pouco distante, e poderías participar dos teus asuntos coa esperanza de que pases máis tempo con eles Capricornio: É a segunda vez neste ano que hai que abandonar algunha cousa. Unha relación esta chegando á fin. Isto pode causar algún sufrimento, pero hai tamén sentimentos de gratitude. Os teus sentimentos son profundos, pero tes dificultades en expresalos. Sénteste vulnerable e sensible. Atráete ceder o teu tempo e enerxía a algo fóra de ti. Haberá cambios na situación laboral, como unha rotación de persoal.

DISTRIBUCIÓN:

Directora técnica: J.M.Martinez Publicidade: Dpto. Propio Xornalgaliciasur@gmail.com Redacción: redaccion.xornalgaliciasur@gmail.com Fotografia: Hernandez, Arquivo, Dpto. Propio Montaxe e deseño: Dpto. Propio. Impresión: Publicaciones Tameiga

Deposito Legal: VG-951-2010 Direccion: Apartado de Correos nº 590 36080-Pontevedra Telf: 986090115 Queda terminantemente prohibida a reproduccion total ou parcial de calquera dos contidos deste xornal. As marcas comerciais pertencen o rexistro das suas respectivas compañias e os anuncios publitarios co seu contido son reponsabilidade unica do anunciante.

Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Cotobade, Ponte Caldelas, Soutomaior, Redondela, Marín, Poio, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa, Cuntis, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Valga, Portas, Ribadumia, Illa de Arousa, Barro, A Estrada, Meis, Meaño, Moraña, Ponteareas, Mondariz, A Cañiza,Covelo, Arbo,As Neves, Salvaterra,Porriño,Mos,Tui, Salceda, Oia,O Rosal, A Guarda,Tomiño, Baiona,Nigrán,Gondomar

Acuario: Podería rematar sendo o mes máis ocupado do ano. O traballo é esixente. As responsabilidades e os deberes poden facerse frustrantes. O teu debes insistir coa rutina e, en consecuencia, poderías aburrirte do teu medio....Tu nivel de enerxía esta alto e queres que as cousas cambien. Reorganiza a túa vida persoal. Administra o teu tempo máis eficientemente. Traballa na túa casa e no xardín para que gozar as melloras no teu ambiente como tamén na túa vida laboral. Piscis: Cambia o foco cara ás relacións e todos os temas sentimentais. Os colegas de traballo son esixentes, non soamente cos asuntos relativos ao traballo, senón tamén na área persoal. Poderías ser vítima de propaganda, ou involucrarte en conflitos que non teñen nada que ver contigo. Todo o teu tacto e diplomacia son necesarios para manter a harmonía no teu traballo. A túa intuición e sensibilidade son os teus activos máis fortes durante este mes. Este é tamén un bo mes para as negociacións e os temas financeiros, en particular os concernentes a préstamos e hipotecas.


32 //Novembro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Publicidade|


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.