9 1xornal galicia sur pontevedra outubro 2014 opt

Page 1

OUTUBRO 2014 - ANOV - NUMERO 47

PREZO 1.20€

PAX.4

Feijóo resalta o apoio da Xunta ao fomento da I+D+i na industria mariña e alimentaria galega

e-mail .: infoskipol@gmail.com Telf.: 986 09 09 75


2 // Outubro2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Galicia|

Feijóo destaca o incrementado de 850 prazas destinadas ás persoas con discapacidade Resalta o incremento actual de máis de 700 das prazas públicas para este colectivo, un 16% máis das que había en abril de 2009; ás que se engadirán, a finais de 2014, 140 novas prazas de atención diúrna para persoas con discapacidade O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou que, ao remate de 2014, as prazas para as persoas con discapacidade se terán incrementado nun 20%, tras a creación de preto de 850 novas desde abril de 2009. Así o subliñou durante a inauguración das novas instalacións do Centro de Educación Especial de ASPACE en Sada, dirixido aos nenos e mozos afectados por parálise cerebral. Na súa intervención, o mandatario galego reiterou o compromiso da Xunta de cara a garantir mellores servizos para as persoas con discapacidade, o que se ten traducido no incremento do número de prazas públicas destinadas a este colectivo: desde a chegada ao Goberno máis de 700, un 16% máis das que había en abril de 2009. E un compromiso que se vai seguir reforzando porque, segundo avanzou, antes de que finalice o ano poñeranse en marcha 140 novas prazas de atención diúrna para este colectivo. “Así pois, e a pesar da crise económica, a finais de 2014 teremos creado case 850 para persoas con discapacidade, un 20% máis das que atopamos á nosa chegada”, aseverou. Deste xeito, na actualidade Galicia conta con 5.000 prazas dirixidas a este colectivo e sostidas con fondos públicos. Tras referise á partida dedicada este ano á discapacidade, máis de 97 millóns de euros -case un 6% máis que en 2013, Feijóo explicou que o Executivo galego está a desenvolver unha política en materia de discapacidade “transversal”, deseñada desde unha perspectiva global. Unha óptica horizontal que ten en conta tanto o incremento no número de prazas, como a calidade dos servizos prestados, a inserción laboral ou o marco normativo. “Poñemos o acento en garantir

a máxima calidade e eficiencia nos servizos que lle ofrecemos aos usuarios”, e este é o “principal cometido da Carteira de Servizos para a Dependencia”, abundou Feijóo, lembrando que esta carteira se puxo en marcha hai un ano, tras moitos meses de diálogo coas entidades do terceiro sector. Unha

poloxía de discapacidade e ao ampliar o número de servizos e adecualos ás necesidades reais dos seus beneficiarios. Este é o primeiro paso do novo modelo de carteiras, ao que lle seguirán nos vindeiros meses a de Familia e Infancia; a de Persoas con Autonomía; e a de Servizos de Inclusión.

>Subliña que o Executivo galego está a desenvolver unha política “transversal” en materia de discapacidade, centrada no incremento no número de prazas, na calidade dos servizos prestados, na inserción laboral e no marco normativo<

iniciativa que, dixo, “pretende confeccionar un traxe á medida de cada usuario”, ao establecer un catálogo específico de prestacións para cada ti-

Canto á integración laboral deste colectivo, Feijóo destacou que en 2014 se reforzou nun 8% a dotación económica para os programas de empre-

go para a discapacidade, aos que se destina unha partida de 17,4 millóns de euros. No que atinxe á mellora do marco lexislativo, o xefe do Executivo galego recordou a aprobación, a finais do pasado ano, do Decreto de atención temperá, que mellora a coordinación e a eficiencia na atención aos nenos que máis o precisan; que nestes momentos se está a traballar na redacción dos protocolos que desenvolven este decreto e na ampliación da rede de centros de atención temperá; e que antes de que finalice o ano estará aprobada a nova Lei de accesibilidade –en pleno proceso

tectónicas. O presidente da Xunta destacou o traballo que, ao longo dos seus 37 anos de existencia, vén realizando ASPACECoruña a prol das persoas con parálise cerebral; e cualificou a organización como un “referente” na materia, non só na área da Coruña e da súa comarca, senón en toda Galicia. O centro de ASPACE inaugurado dispón de 8 aulas de educación especial destinadas a cubrir as necesidades de aprendizaxe dos nenos e mozos de 0 a 21 anos afectados por parálise cerebral. Neste momento, o centro ten concertadas 6 unidades coa Con-

parlamentario-, que aposta pola consecución dunha accesibilidade “universal” que contribúa a superar o tradicional concepto de barreiras arqui-

sellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, atende 21 alumnos de idades entre os 6 e os 20 anos, cunha ratio por aula de 3-5 alumnos.


|Galicia|

Galicia Sur/Pontevedra // Outubro 2014 // 3

Sanidade aposta pola innovación farmacéutica

O Servizo Galego de Saúde aposta pola introdución de novos tratamentos innovadores centrando os seus esforzos en garantir a sustentabilidade do sistema sanitario público. Así o declarou a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, na inauguración da xornada sobre A incorporación da innovación farmacéutica á práctica clínica, onde subliñou que esta práctica debe estar “avalada pola súa eficiencia, seguridade e efectividade”, ademais de introducirse de forma “ordenada,

equitativa e homoxénea” co fin de garantir as condicións de igualdade no acceso aos medicamentos no Sistema Nacional de Saúde. A conselleira avogou pola utilización dunha innovación aberta como panca de cambio do sistema, pasando dun modelo reactivo a un proactivo, no que se fomente e coordine a comunicación cos diferentes axentes implicados na cadea da prescrición e dispensa do medicamento.“É necesario desenvolver estratexias que

nos permitan xestionar a innovación farmacéutica de maneira que manteñamos cubertas outras necesidades asistenciais ás que o sistema sanitario debe continuar dando resposta”, subliñou Mosquera.Neste eido, indicou que Galicia, xunto co resto de comunidades autónomas e a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, colabora na elaboración e protocolización dos informes de posicionamento terapéutico dos medicamentos, ferramenta para a toma

de decisións de financiamento e para a aprobación do prezo reembolso dos fármacos. O obxectivo é desenvolver un único informe de posicionamento terapéutico para cada novo medicamento, que sexa recoñecido por todo o Sistema Nacional de Saúde. Así, coa colaboración dos expertos clínicos, defínese o perfil do paciente candidato a ese novo medicamento, baseándose nos criterios de eficiencia e seguridade segundo a evidencia científica dispoñible. Ademais,

nunha fase posterior á decisión do prezo, incorporarase unha avaliación económica que posicione a este novo medicamento en función da súa eficiencia. Estes informes son sometidos a consulta das sociedades científicas, asociacións de pacientes e laboratorios titulares de comercialización. Ademais, a conselleira de Sanidade lembrou que o Sergas realiza, cada ano, 25 millóns de consultas nos centros de saúde, 4 millóns de consultas nos hospitais e 187.000 intervencións cirúrxicas; ademais de atender a 1 millón de urxencias hospitalarias e dispensar máis de 60 millóns de receitas médicas. O orzamento de Sanidade para asumir esta actividade é de 3.400 millóns de euros, o que supón máis do 40% do orzamento total da Xunta de Galicia. Deles, un terzo emprégase na xestión de recursos humanos e outro terzo no pago da factura farmacéutica. Ademais, o Sergas presta asistencia a unha poboación cada vez máis envellecida. Un 23% da poboación é maior de 65 anos, cifra que no 2020 alcanzará o 25%. A isto súmase o incremento da cronicidade, polo que é necesario organizar un sistema de saúde efectivo para estes doentes que a maiores son polimedicados.

Benestar inviste 150.000 euros no convenio con Cruz Vermella

A Consellería de Traballo e Benestar e Cruz Vermella veñen de renovar o convenio de colaboración que manteñen para o programa “Sen Teito”, que xestiona esta entidade e que conta cunha achega do departamento autonómico de 150.000 euros para este ano. En total, esta iniciativa atendeu a preto de 1.4000 persoas en toda Galicia durante o anterior exercicio. Esta colaboración, que se vén levando a cabo desde 2002,

ten como obxectivo mellorar a situación das persoas sen fogar, desde unha perspectiva de atención integral, así como ofrecerlles unha atención coordinada das administración e entidades que permita atender as súas necesidades. Máis en concreto, o convenio promove a posta en marcha dunha serie de actuacións que teñen como obxectivo mellorar a situación social e sanitaria das persoas que viven na rúa ou en infravivendas.

Esta atención préstase a través dunha rede de equipo de intervención na rúa, situados na Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vigo, que desenvolve o seu labor de xeito coordinado coa rede de recursos de atención ao colectivo: albergues, comedores sociais, e servizos sociais. Estes equipos locais de intervención inciden nas seguintes áreas de traballo: información, asesoramento, acompaña-

mento individualizado, formación, promoción da saúde, aproveitamento positivo do ocio e do tempo de lecer, sensibilización social, e fortalecemento da rede de traballo de coordinación entre as entidades e as institucións. O programa de atención ás persoas sen teito inscríbese no compromiso do Goberno galego de axudar aos colectivos máis desfavorecidos. Así, nesta mesma liña de actuación, enmárcase tamén a posta en

marcha, este ano por vez primeira, dunha orde para a contratación de persoas que están a percibir a RISGA, dotada con 5 millóns de euros. Ademais, cabe recordar que ano tras ano auméntase a partida destinada á inclusión. En 2014 están a destinarse 59,2 millóns de euros, un 13,6% máis que en 2013. Só para a RISGA hai orzamentados 42,7 millóns de euros, un 30% máis que o orzamento inicial de 2013.


4 //Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Galicia|

Feijóo resalta o apoio da Xunta ao fomento da I+D+i na industria mariña e alimentaria O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou o compromiso e o apoio do Goberno galego ao fomento e promoción da I+D+i na industria mariña e alimentaria galega co fin de que gañe competitividade e poida responder mellor ás demandas de mercados e de consumidores. Así o sinalou durante o acto de inauguración do II Simposio científico inter-

e que acolle case o 10% das persoas empregadas; é unha potencia pesqueira e acuícola a nivel mundial, cuns ingresos anuais arredor dos 770 millóns de euros, dando emprego a máis de 4.200 persoas; e ocupa o primeiro posto da Unión Europea e o segundo a nivel internacional no que a conservas de pescados e marisco se refire, un segmento que achega case

no aumento da seguridade da materia prima galega; e de maneira particular, no desenvolvemento de alimentos funcionais que, a través da biotecnoloxía, melloren a calidade de vida das persoas con necesidades especiais. Así mesmo, a Xunta ten inxectado 6 millóns de euros aos centros de coñecemento da Comunidade –CECOPESCA e

mento de 9 millóns. Todas estas son, segundo Feijóo, iniciativas que mostran o apoio que desde a Xunta se está ofrecendo e se vai seguir dando para impulsar a I+D+i das industrias pesqueiras e alimentarias galegas, conscientes, dixo, de que “na innovación está a chave do futuro”. Nesta liña, considerou que, só a través do deseño dunha estratexia

clara aposta pola acuicultura, que evite a presión pesqueira sobre os xacementos mariños e, ao tempo, axude a satisfacer a cada vez maior demanda global de pescados e mariscos. O presidente galego incidiu, ademais, en que as previsións da FAO suxiren que, no ano 2030 o 62% do pescado que consumamos procederá da acuicultura, e que países con

nacional para a innovación na industria mariña e alimentaria, que se celebrou na cidade de Vigo. O mandatario autonómico considerou que de cara aos próximos anos, o valor engadido que achegarán os resultados da I+D+i será “determinante” á hora de acadar os niveis de competitividade e as cotas de mercado que o complexo marindustria precisa para facer fronte aos retos dun mercado cada vez máis globalizado e exixente. “O sector pesqueiro e alimentario galego é moi consciente disto” e “coñece ben os retos aos que debe facer fronte se quere seguir mantendo o liderado e continuar sendo referente español e europeo”, afirmou. Nesta liña, lembrou que Galicia conta cun sistema alimentación-industria que xera o 7,5% do valor actual neto galego

12.000 postos de traballo e o 78% do emprego do sector en España, acadando arredor de 1.120 millóns de euros anuais en facturación, o 85% do total nacional. Apoio da Xunta ao sector “No Goberno galego coñecemos o carácter estratéxico que este vector industrial ten na nosa economía”, asegurou Feijóo, destacando que desde a Xunta se teñen posto en marcha un amplo número de instrumentos que están axudando a un aumento da intensidade tecnolóxica das empresas galegas, á innovación dos seus produtos e procesos, así como á especialización e á diversificación do seu catálogo comercial. Así, explicou, a RIS3, a Estratexia de Especialización Intelixente, pon o acento na investigación e na innovación para revalorizar os subprodutos e descartes da pesca e a industria conserveira;

CETMAR- para o desenvolvemento de produtos e servizos competitivos e para a diversificación do sector alimentario. Ademais, un proxecto “singular e de grande importancia” para o Goberno galego é a construción do Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria, que suporá un investimento de 8,5 millóns. Xunto con isto, o mandatario autonómico resaltou o desenvolvemento de 6 proxectos de investigación de alto impacto para a cadea mar-industria, cun investimento de 10,8 millóns, ao amparo do programa FEDER-Innterconecta; ademais das axudas do programa Conecta Pemes para proxectos de I+D+i promovidos por empresas do sector pesqueiro e da industria de transformación asociada. Unhas axudas que permiten mobilizar un investi-

baseada na innovación, as empresas galegas serán capaces de afrontar os seus retos: o crecemento, a creación de emprego e o impulso dunha industria sustentable, respectuosa co medio e á altura das exixencias de mercados e consumidores. II Simposio científico internacional Por último, o presidente galego referiuse á celebración do II Simposio científico internacional para a innovación na industria mariña e alimentaria como un foro axeitado que lle blinda ás empresas unha visión integral das problemáticas e das novas tendencias, o que lles axudará a definir e trazar unha folla de ruta para o futuro. A este respecto, Feijóo lembrou que o porvir desta industria pasa por unha actividade pesqueira “sustentable”, por un sector transformador “respectuoso co medio”, e por unha

elevados niveis de inseguridade alimentaria na actualidade se terán convertido tamén en grandes produtores mundiais. Neste sentido, Feijóo subliñou que se fai necesario que gobernos de terceiros países “se comprometan a abrazar prácticas que regulen e exixan plenas garantías alimentarias a produtores e transformadores de alimentos”, ao tempo que se fai indispensable garantir unhas condicións dignas aos traballadores do sector pesqueiro, que contribúan a reforzar unha economía global de libre mercado sen que supoña unha ameaza para os produtores responsables nin tampouco para os consumidores. “A creación e revisión de normativas comunitarias e internacionais para a regulación efectiva destes aspectos será una das vertentes que maior esforzo e dedicación requirirá”, concluíu.


|Galicia |

Galicia Sur/Pontevedra //Outubro2014 // 5

Primeira Reserva Internacional Fluvial da Unión Europea entre España e Portugal O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do MiñoSil(CHMS), está impulsando a declaración da primeira Reserva Internacional Fluvial da Unión Europea, entre España e Portugal, para os ríos transfronteirizosTroncoso e Laboreiro. Presentáronse, en Ourense, os resultados do proxecto de Calidade Ambiental das Reservas Naturais Fluviais Internacionais de Medio Acuático (CARISMA), que promove esta declaración, e que foi desenvolvido no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, que fomenta o desenvolvemento das zonas transfronteirizas de ambos os dous países. O presidente da CHMS, Francisco Marín, inaugurou a xornada, onde hai destacado que “por primeira vez en Europa, administracións de diferentes países puxéronse de acordo para protexer e poñer en valor ríos compartidos”. O Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, coordinou este proxecto, na que tamén participaron como socios a Administración Hidrográfica do Norte de Portugal e a Câmara de Melgaço. Este proxecto contou cun presuposto de máis de 2 millóns de euros, e conta co informe favorable do Consello da Auga da demarcación doMiñoSil, que xa informou a favor desta proposta de declaración de Reserva Internacional Fluvial. “O resultado do proxecto Carisma responde a unha filosofía de unión entre poboacións transfronteirizas en prol de crear un revulsivo económico e de axuda a a dinamización do turismo ambiental da zona”, sinalou Marín. No primeiro conxunto de actividades, destinada a mellorar o control da calidade e cantidade das augas de ambos os dous ríos, realizouse un estudo limnolóxico para a caracterización das condicións

de referencia da tipoloxía de masa de auga das reservas. Este estudo permitiu verificar a excelente conservación de os ríos analizando os seus ecosistemas (fauna, flora, vexetación de ribeira, indicadores biolóxicos...), o que propiciou a declaración de ambos os dous ríos como reservas naturais fluviais internacionais. Tamén neste primeiro bloque de accións se desenvolveu un sistema de abastecemento de auga público a diversas poboacións que rodean ao río Laboreiro, en concreto Castro Laboreiro no municipio de Melgaço(Portugal). ACTUACIÓNS A AMBOS LADOS DA FRONTEIRA Entre as actuacións centradas en corrixir pequenas fontes de contaminación por augas residuais domésticas, construíuse unha estación depuradora de augas residuais no municipio de Padrenda (Ourense), que permitirá depu-

rar as augas do ámbito de ponte Barxas. A nova instalación dará servizo a máis de 600 habitantes-equivalentes e mellorará a calidade ecolóxica do ríoTroncoso. Por a súa parte, en Portugal, nas localidades de Fiaes e Melgaço, construíronse tamén senllas depuradoras compactas. O proxecto Carisma considerou, ademais, outras intervencións nas marxes dos ríos para recuperar e acondicionar ambas as dúas ribeiras, e tamén se propiciou a construción de novos accesos para posibilitar a comunicación e relación dos habitantes das poboacións limítrofes, como a pasarela peonil sobre o río Troncoso en Acivido (Padrenda). Paralelamente deseñáronse e rehabilitado sendeiros peonís tanto no río Laboreiro en Olelas (Entrimo) como no río Troncoso (Padrenda), e se han executado varias rutas de sendeirismo

para o desfrute principal dos habitantes de a zona, co obxectivo de que poidan dispoñer no seu ámbito máis inmediato de camiños ou sendeiros peonís onde practicar deporte. CONCIENCIACIÓN DAS POBOACIÓNS DOS DOUS PAÍSES Dentro do último bloque de actuacións, centrado na divulgación e comunicación, instaláronse un conxunto de paneis interpretativos a ambos os dous lados da fronteira con información dos diferentes sendeiros e a paisaxe. Os concellos, ademais, acolleron charlas e accións divulgativas como a conmemoración do Día Mundial da Auga 2013, celebrado cos nenos do municipio de Padrenda, acto no que se fixeron entrega dos premios do concurso de debuxo e narrativa aos mellores traballos presentados polos escolares baixo o epígrafe “Cóntanos do teu río”.

A Xunta destaca a importancia das introdución das novas tecnoloxías no futuro da Administración de Xustiza O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na inauguración das xornadas da EGAP sobre “A Xustiza que vén”, onde fixo fincapé na importancia da introdución das novas tecnoloxías no ámbito da Administración da Xustiza e destacou o investimento que está a levar a cabo o Goberno galego en materia xudicial du-

rante os últimos anos, que se traduce na implantación das TIC na Administración de Xustiza e na construción e mellora das infraestruturas xudiciais galegas. Alfonso Rueda inaugurou as Xornadas “A Xustiza que vén”, que teñen lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública, onde incidiu na perti-

nencia deste espazo de debate xusto neste momento, no que aos xa coñecidos proxectos de reforma que se atopan en marcha no ámbito xudicial –nova lei orgánica do Poder Xudicial, cambios na lei de enxuizamento, reformas dos códigos penal e mercantil, entre outras- se suma a chegada dun novo ministro de Xustiza.

O obxectivo principal desta Xornadas é coñecer as liñas mestras no deseño da Xustiza nos vindeiros anos, tanto na súa programación territorial coma funcional, poñendo de manifesto as novidades que presenta a nova lexislación orgánica do poder xudicial e a súa incidencia na actividade dos profesionais. Nas xorna-

das participan especialistas na Xustiza coma Miguel Ángel Cadenas, Presidente do TSXG; Lorenzo del Río, Presidente do TSJ Andalucía; José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG; e Javier Carlos Sánchez García, vicepresidente do Colexio Nacional de Procuradores, entre outros.


|Galicia|

6 //Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

A Xunta busca unha alianza comercial con Taiwan

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, mantivo un encontro de traballo co director do Ministerio de Economía de Taiwán, Timothy Tseng Chen Te, e coa directora do Consello para o Desenvolvemento do Comercio Exterior de Taiwán – TAITRA, Inés Wu, co obxectivo de poñer as bases dunha alianza comercial bilateral que impulse a asociación entre compañías de ambos mercados, e permita a Galicia afianzar as súas exportacións a este país asiático, onde 91 empresas galegas venderon as súas mercadorías o ano pasado –un 28% máis que en 2012-.

Produtos pesqueiros, material eléctrico, granito e madeira foron as estrelas da exportación galega a Taiwan, o quinto socio comercial de España en Asia, durante 2013. En sentido contrario, as importacións galegas desde este país de extremo oriente se focalizaron en produtos siderúrxicos, as motocicletas e bicicletas, as ferramentas de man e os artigos deportivos. Comparando exportacións e importacións, a balanza comercial é positiva para Galicia, cunha taxa de cobertura do 230% o pasado ano. Na reunión desenvolvida na

sede do Igape, na que participaron tamén e responsables de captación de investimentos do Instituto, avaliáronse ademais as posibles vías para que as organizacións empresariais de ambas zonas podan chegar a acordos que potencien aínda máis o investimento e a exportación. Aguilera destacou os apoios da Xunta á internacionalización da economía galega, respaldando ás empresas desde o primeiro diagnóstico ata o mesmo mercado de destino, e potenciando o investimento estranxeiro na nosa comunidade. Neste senso, amosouse

convencido de que, a raíz de encontros como o de hoxe, seguirá medrando o número de compañías que venden os seu produtos e servizos en Taiwán. Cun crecemento económico medio do 4,7% durante os últimos 25 anos, o mercado taiwanés resulta de especial interese para empresas galegas de sectores moi variados, especialmente o agroalimentario, bens de consumo e industriais, infraestruturas e enxeñaría civil ou servizos en xeral. O Consello para o Desenvolvemento do Comercio Exterior de Taiwán–TAITRA, organiza

o evento internacional Taiwán Excellence, que se desenvolverá mañá domingo na praza do Obradoiro de Santiago para a promoción de empresas e produtos taiwaneses distinguidos co prestixioso selo de calidade Taiwán Excellence, centrado en sectores como o TIC, industria de bicicletas, ferramentas industriais, compoñentes de automoción e equipamento médico. Neste encontro internacional procederase á entrega de galardóns ao mérito deportivo outorgados por Taiwán Excellence a destacadas figuras do deporte en España.

Nava Castro reuniuse en Bos Aires co embaixador de España en Arxentina No marco da visita promocional que estes días realiza a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a Arxentina mantivo un encontro nas dependencias da Embaixada de España en Bos Aires con Estanislao de Grandes Pascual, embaixador de España no país. No encontro estiveron presentes tamén o ministro consejero, Pedro José Sanz Serrano, e o conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Arxentina, Santia-

go Camba. Durante o encontro de traballo, a directora de Turismo de Galicia e o embaixador de España en Arxentina trataron diversos aspectos relacionados coa promoción de Galicia neste país e co crecente interese que os arxentinos amosan polo Camiño de Santiago así como polo aumento da afluencia de turistas de Arxentina que se achegan a coñecer o destino Galicia atraídos fundamentalmente pola cultura

e a enogastronomía. A estadía en Arxentina da directora de Turismo de Galicia incluíu, ademais deste encontro e a participación na feira internacional de turismo de saúde, Termatalia, o acto conmemorativo da Festa de Hispanidade no Centro Galego de Mar del Plata, o Capítulo Extraordinario da Orde do Camiño de Santiago no día de San Francisco e un encontro con emigrantes galegos no país, entre outras accións.


|Pontevedra|

Galicia Sur/Pontevedra // Outubro 2014 // 7

Touris comprobou o remate das obras do lugar de Pazos no Concello de Pontevedra

“O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou estes traballos, localizados na parroquia de Marcón, que contaron cun orzamento de case 60.500 euros” O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou en Pontevedra as obras que se están a executar para a mellora de do camiño rural de Pazos, na parroquia de Marcón, en compaña do xefe territorial de Medio Rural e Mar, Miguel Dubois. Estes traballos, centrados na mellora do firme do camiño e dun ramal, executáronse dentro do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e Mar, cun orzamento de case 60.500 euros.

En concreto, levouse a cabo a limpeza das cunetas desta vía situada no lugar de Pazos que enlaza coa PO-243 (O Pino-Marcón). Ademais, aplicouse unha base de macádam de 20 centímetros de espesor e bacheo con aglomerado en frío, en varias partes do camiño e do seu ramal. “Tamén se levou a cabo o varrido por medios mecánicos na súa totalidade, regularizándose con aglomerado en quente de 6 centímetros de espesor,

instalándose distintas sinalizacións reflectivas con pintura”, explicou Cores Tourís, quen matizou que, en total, colocáronse catro sinais de stop, outras dúas de restrición ou prohibición e outras dúas de ceda o paso. “Ademais”, engadiu o delegado territorial, “puxéronse a nivel da nova rasante un total de 14 pozos de rexistro e instaláronse canos corrugados e arquetas”. “Sería interesante explicar tamén que, no caso da comarca de Pontevedra, estase a investir

ao longo do presente ano un total de 500.000 euros dentro do Plan Marco que permite mellorar os camiños rurais. En total, no global da provincia de Pontevedra estanse a investir no 2014 para este tipo de traballos, 2,6 millóns de euros”, engadiu Cores Tourís. Nos últimos anos a Consellería de Medio Rural investiu na provincia de Pontevedra máis de 35,7 millóns de euros en diversos programas de infraestruturas agrarias, tanto

en traballos de emerxencia, mellora de camiños rurais, concentracións parcelarias, etc. No caso concreto do concello de Pontevedra, este investimento foi de 292.103,21 euros, executándose, entre outras obras, a apertura de pistas e recheo na parroquia de Verducido; a mellora da infraestrutura de abastecemento de auga en Canicouva; a reforma da infraestrutura viaria en Vilar ou o acondicionamento do acceso dende Fontán a Maunzo.

Cultura e Educación dotou ao CEIP A Lomba de 4 especialistas

>O departamento educativo da Xunta de Galicia lamenta que o centro falsee os datos sobre o número de alumnos con estas necesidades, que representan menos do 4% do total do alumnado< A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dotou ao CEIP A Lomba de 4 especialistas - en Audición e Linguaxe e en Pedagoxía Terapéutica- para os alumnos con necesidades es-

peciais de atención educativa matriculados no centro. Neste sentido o departamento educativo da Xunta de Galicia lamenta que o centro falsee os datos sobre o número de alumnos con estas necesida-

des, que representan menos do 4% do total do alumnado – 21 alumnos sobre o total de 544 – do colexio, e non 1 de cada 5, como están a difundir nos medios de comunicación. Segundo os informes da Ins-

pección Educativa este persoal é suficiente para atender as necesidades do centro, que conta cun total de 44 docentes, 2 por riba do marcado polo catálogo. Deste xeito a Consellería demostra o seu

compromiso coa atención dos escolares que, ben con informes médicos ou dos equipos de orientación, están diagnosticados como alumnas e alumnos con necesidades especiais.


8 //Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Pontevedra|

A provincia de Pontevedra vai recibir en 2015 máis de 343 millóns Paz Lago amosáse satisfeita cos PXE para a provincia, por ser “continuistas e reais”

A dotación para investimentos en estradas da provincia aumenta un 94% con respecto a 2014 A deputada nacional do PP de Pontevedra, Paz Lago, valorou en rolda de prensa os Presupostos Xerais do Estado 2015 no que atinxe á provincia de Pontevedra e amosouse satisfeita por ser “continuistas e reais” tendo en conta o contexto socieconómico no que vivimos. “Hai que subliñar que as cifras o que reflicten é o claro obxectivo de impulsar o crecemento económico, a creación de emprego e mellora da competitividade”,dixo. Paz Lago destacou o Ministerio de Fomento, dirixido pola Pontevedra Ana Pastor, por coñecer e saber cal é a mellor solución para os pontevedreses e as necesidades desta provincia. O Ministerio de Fomento vai destinar para a provincia de Pontevedra 343, 61 millóns

de euros, cun investimento de 218,16 millons de euros. A dotación para investimentos en estradas da provincia ascende ae 49,73 millóns de euros, un 94% máis ca en 2014. Destes, 6,04 millóns de euros destinaranse para subvencionar a supresión da peaxe no treito de acceso a Vigo (Morrazo-Rande e inverso) da AP9. Prevese un investimento por parte das concesionarias de autopistas da peaxe AP-9 e AP-53 de 71,5 millóns de euros, do que 71 se destinan a actuacións de conservación e iniciación de ampliación da Ponte de Rande. A deputada popular explicou ademais que trala entrada en vigor do Real Decreto (104/2013 8 de febreiro), aplícase unha bonificación do 100% na viaxe de retorno aos usua-

rios que fan o percorrido entre Pontevedra e Vigo no mesmo día laborable cun vehículo lixeiro e utilizando o sistema de pago da telepeaxe. Non faltan nestes orzamentos obras fundamentais para a provincia, como a circunvalación de Pontevedra que vai recibir un total de 25 millóns de euros, repartidos en varios treitos da A57, Vilaboa-A Ermida, A Ermida-Pilarteiros e PilarteirosBarro e a conexión coa AP-9 en Curro, a variante da Estrada que conta con 2,3 millóns de euros para licitar obras, ou a autovía Vigo- O Porriño para a que se destinan 10 millóns de euros. En materia ferroviaria, o investimento na provincia ascende a 130,83 millóns de euros e inclúen, entre outras actuacións, 183.360 euros para as obras do eixe atlántico entre Vigo e

a fronteira portuguesa, ou a aposta pola liña de alta velocidade entre Ourense e Vigo ao seu paso por Cerdedo con 247.210 euros. Portos En canto aos portos de interese do Estado da provincia, contarán cun investimento de 35 millón de euros, dos que 20,2 millóns serán para Vigo –con especial atención á ampliación dos peiraos comerciais, nos que se invisten 6,5 millóns-; 7,4 millóns para Pontevedra-Marín –destacando as melloras do calado de Marín. En Vilagarcía investiranse 2,7 millóns de euros, sendo un dos investimentos máis destacados o proxecto da terminal Intermodal. Rehabilitación arquitectónica Na provincia de Pontevedra prevese un investimento de 1,30 millóns de euros respecto ao programa de Rehabilitación Arquitectónica, e as actuacións contempladas son a praza de abastos de Cambados cunha dotación económica de 600.000 euros, ou o acondicionamento de varias dependen-

cias do conxunto catedralicio de Tui para usos culturais, con 499.000 euros. Aumenta o gasto social Lago destacou ademais o esforzo que se recolle nos orzamentos para a a atención ás familias xa que o gasto social dentro do Presuposto consolidado pasou de 52,7% en 2014 ao 53,9% en 2015, con unha partida de 187.408.000€. Asimesmo, para Servizos Sociais e Promoción Social contemplánse 1.944 millóns, un 5.1% máis que no 2014. Orzamentos que cubren necesidades A deputada popular concluíu a súa intervención asegurando que a achega que se fai desde o Estado a esta provincia segue a liña continuista iniciada en anos anteriores polo executivo de Mariano Rajoy, e no que se priorizan as obras necesarias e máis demandadas polos pontevedreses, quedando atrás as partidas presupostarias para “obras faraónicas que nunca se chegaron a executar” e deixando atrás, sobre todo, os presupostos “para quedar ben”.


|Cambados|

Galicia Sur/Pontevedra //Outubro 2014 // 9

O Cristo de Santa Mariña restaurase O arqueólogo municipal, Ángel Acuña, e o experto en restauración patrimonial José Manuel Aguiño, dirixiron as tarefas de retirada do Cristo situado tralo altar maior do templo das ruinas de Santa Mariña, traballos que se alongaron durante case tres horas e que remataron co traslado da peza a un taller especializado onde se someterá a estudo a súa eventual restauración. Operarios municipais instalaron un andamio detrás do altar que facilitou a colocación dun pequeno guindastre co cal se baixou o Cristo de madeira previamente engasado, recuberto e protexido con material plástico de embalaxe. O traslado realizouse coa máxima precaución para evitar posibles danos na figura que conta con un século de antigüidade. Durante unha fin de semana José Manuel Aguiño xa realizara as correspondentes tarefas de engasado e protección

da imaxe. Estes traballos permitiron consolidar a escultura de madeira suxeitando con gasa algunhas partes da cruz e do crucificado, ademais de imprimirlle unha película de protección externa reversible, que se pode eliminar a posteriori. A peza atópase nun estado de avanzado deterioro, pesa arredor de 100 quilos e mide preto de 3 metros de altura. Os expertos coinciden en diagnosticar que, malia os danos producidos na madeira, a peza –que foi donada por unha familia cambadesa á Igrexa hai máis de 100 anos- é recuperable. Diagnóstico e estudo de viabilidade O restaurador José Manuel Aguiño vai realizar no seu taller un diagnóstico en profundidade da imaxe relixiosa para determinar a viabilidade dunha restauración e a canto poderían elevarse os custes da

mesma. Según o alcance destes presupostos, decidirase se se leva a cabo a recuperación da imaxe do Cristo crucificado. O arqueólogo municipal con-

sidera que a imaxe tería que ser sometida a un tratamento insecticida e funxicida para eliminar as causas que determinaron o seu deterioro, que

se foi facendo patente nos últimos anos, e despois efectuaríanse outros labores de consolidación e restauración da madeira.

O obradoiro de emprego de Cambados O concello mellora as renovaolavadoirodeSanRoque beirarrúas de Rosalía de Castro Un monitor e alumnos-traballadores do obradoiro de emprego Turismo Sostible III veñen de comezar as obras de renovación do contorno do lavadoiro de San Roque, o cal precede a unha actuación máis ampla que inclúe o acondicionamento e mellora do xardín urbano de Os Olmos. Os traballos neste lavadoiro procuran a súa posta en valor e consisten na impermeabilización do estanque pétreo; canalización das augas pluviais e das propias do estanque; mellora de accesos; construcción de escaleiras en canteiría, e retirada de elementos non acordes co seu contorno, como por exemplo un muro perimetral de bloques que vai ser sustituido por outro con sillares de canteiría. O alumnado deste obradoiro levará a cabo ó longo dos vindeiros meses traballos de mellora da senda fluvial na desembocadura do Río Umia e nos principais espazos verdes do casco urbano, como A

Calzada, parque de Torrado, paseos, prazas, etc. Finalmente, os alumnos levarán a cabo obras de mellora nas áreas recreativas dos centros socioculturais das parroquias e núcleos rurais. O obradoiro terá unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta está a investir case 169.000 euros, que xunto

coa aportación económica do Concello para material e equipamento chegarán ata case os 200.000 euros. O obxectivo destes cursos é formar a 19 persoas, ás que haberá que sumar o persoal contratado para dar formación en canteiría e forestal: un director, un titor, unha administrativa e dous monitores.

O Concello de Cambados vai cambiar as beirarrúas de Rosalía de Castro dende o Arco Ponte do Pazo de Fefiñáns ata o Instituto Cabanillas. A obra consistirá en ir substituíndo o actual cemento por lousas de granito, seguindo a estética aplicada noutras rúas do casco histórico. No deseño da nova obra se contempla manter as actuais prazas de aparcamento a ambos lados da rúa, coa finalidade de que os condutores respecten estas beirarrúas. O goberno local ve necesario manter a bolsa de

aparcamento ao pé da praza de Fefiñáns que ofrece a rúa Rosalía de Castro, de maneira que seguirase podendo aparcar en liña a ambas marxes da vía. Así mesmo, renovaranse as farois e o mobiliario urbano. As obras teñen un custo de 78.256 euros e o prazo de execución e de dous meses e medio. O Concello acaba de adxudicar estas obras, que se financian con cargo ao Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas 2014 da Deputación de Pontevedra.


|A Lama|

10 // Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

Tourís participou na posta en marcha do obradoiro de emprego “Conca do río Verdugo-Oitavén” de A Lama “

A Consellería de Traballo e Benestar está a investir nesta iniciativa 177.700 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou na inauguración do obradoiro de emprego “Conca do Río Verdugo-Oitavén”, acompañado do alcalde de A Lama, Jorge Canda, do alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, así como do alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, así como a xefa territorial de Traballo e Benestar, María Peón. O obradoiro terá unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta está a investir 177.700 euros, “que xunto a aportación económica do concello para material e equipamento superarán os 220.000 euros”, segundo explicou Cores Tourís. O obxectivo destes cursos é preparar a 20 alumnos, aos que haberá que sumar o persoal contratado para dar formación en Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio e en Forestal-Xardinería: un

director, una titora, unha administrativa e tres monitores. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mostrou a súa satisfacción por poder inaugurar esta iniciativa que ten “un obxectivo claro, dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente. Non podemos esquecer ademais”, engadiu Cores Tourís, “que en total son 26 as persoas que grazas a estes obradoiros, obteñen un posto de traballo, uns formándose e outros formando”, en relación aos titores e monitores dos dous cursos. Destacou o delegado territorial o feito de que no proceso selectivo contaron con vantaxe as mulleres e os parados de longa duración. De feito, as persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o Salario Mínimo Interprofesional, 641,40 euros ao mes

durante os meses que durarán estes proxectos. En Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio formaranse 7 alumnos e en Forestal-Xardinería outros 13. O alumnado traballará durante os próximos seis meses nos concellos de A Lama, Fornelos de Montes e Ponte Caldelas, de onde proceden as persoas que se formarán neste obradoiro. Así, darán servizo de atención sociosanitaria a persoas residentes no concello de Fornelos de Montes no seu domicilo. Ademais, tamén se levará a cabo o mantemento e mellora de zonas verdes do concello de Ponte Caldelas e da ruta de sendeirismo “Tralos pasos do río Xesta” de A Lama. No municipio de Ponte Caldelas, en concreto, levaranse a cabo labores de mantemento do complexo deportivo Chan de Barcia, os xardíns de Xerardo Carballal Morgade, a praza

de Frai Antonio Orge, o paseo do Río, o parque do paseo Manuel Cordo Boullosa e a urbanización do edificio Sol. No caso de A Lama, a maiores, tamén se acondiconará a carballeira de Os Prados e se repoboará o polígono industrial de Racelo. Cores Tourís, aproveitou a visita ao obradoiro de A Lama para destacar o “manifesto claro de colaboración institucional da Xunta coas entidades locais para intentar que o obradoiros de emprego teñan continuidade na creación de postos de traballo no futuro”. Pola súa banda, o alcalde de A Lama, Jorge Canda agradeceu a visita do delegado territorial a estas instalacións e destacou a importancia de que a Xunta “depositara a súa confianza no noso concello para por en marcha este proxecto xa que cumpre varios obxectivos: por un lado formar a desempregados do concello; por outro darlles

un traballo durante 6 meses e finalmente, axudarnos a desenrolar importantes obras municipais”. Finalmente, o delegado territorial recordou que obradoiros como o de a Conca do río Verdugo-Oitavén estanse a desenrolar en varios concellos da provincia de Pontevedra. “En concreto, na provincia de Pontevedra, investiranse 2 millóns de euros para a posta en marcha destes cursos de formación que beneficiarán a 242 persoas en 12 obradoiros de 22 concellos que poderán contar cun emprego nun momento de crise como o que estamos a vivir”. En toda Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar pon en marcha estes días un total de 53 obradoiros, que contarán cun investimento de preto de 10 millóns de euros e un número total de participantes que roldará os 1.300.


|A Lama|

Galicia Sur/Pontevedra // Outubro 2014 // 11

O Concello de A Lama subvenciona as cotas das actividades extraescolares das familias sen recursos O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, asistiu á reunión de pais e nais organizada pola ANPA e que tivo lugar no Colexio da Lama para explicar o acordo subscrito co Concello grazas ao cal a administración local asumirá o pagamento das cotas, das familias sen recursos, fixadas pola ANPA para as actividades extraescolares co fin de que ningún neno do colexio se vexa privado da súa parti-

cipación por cuestións económicas. Jorge Canda explicará na reunión de pais o criterio que seguirán os Servizos Sociais do Concello para determinar que familias cumpren os requisitos necesarios para poder beneficiarse desta axudas extraordinarias que poñerá en marcha a administración local para evitar que ningún neno se vexa privado da súa participación en acti-

vidades extraescolares por motivos económicos. A ANPA da Lama ten previsto poñer en marcha este curso un total de 7 actividades extraescolares entre as que destacan natación, cuxo traslado dende o colexio ata a piscina e regreso se realizará a través de medios de transporte que poñerá a disposición dos alumnos oConcello da Lama. Outra actividades extraesco-

lares previstas serán fútbol, patinaxe, baile moderno, inglés, manualidades e traballo en coiro. O custo por actividade será de 12 euros para os nenos cuxos pais pertenzan áANPA e 15 euros no caso de que non. Tamén se establece unha rebaixa na cota de socios do ANPA para este curso escolar pasando dos 15 euros habituais os 10 euros fixados nesta ocasión. Con esta iniciativa de co-

laboración entre a ANPA e o Concello da Lama busca que calquera neno en idade escolar poida participar nas actividades extraescolares organizadas pola entidade asociativa familiar sen que a especial situación de desamparo económico sexa un impedimento para a súa formación e integración na oferta lúdico-formativa que se desenvolven fóra do horario escolar.

Recoñecemento ao persoal de Institucións Penitenciarias no CP da Lama O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Buf ill, pre sidiu no Centro Penitenciario da Lama, o ac to de homenaxe ao persoal de Institucións Penitenciarias no día da festividade Da nosa Señora da Mercede, patroa da institución. O subdelegado do Goberno estivo acompañado por numerosas autoridades neste evento. Par ticiparon neste o direc tor do Centro, Álvaro Nuevo; o alcalde da Lama, Jorge Canda ou o subdelegado de Defensa, Lorenzo Sánchez Enjamio, entre outras personalidades.Este ac to, ser viu para recoñecer o seu valioso labor a 15 funcionarios do Centro da Lama, que cumpren neste ano os 25 anos de ser vizo, e ao equipo técnico do Módulo 8, polo seu polo seu traballo nas tarefas levadas a cabo para a desintoxicación e rehabilitación de internos drogodependentes. Ademais, fíxose unha mención honoríf ica ao xefe de ser vizos do centro, Nonito García García, pola súa traxec toria profesional e a súa dilixencia no ser vizo. Bispo D. Luis Quinteiro FiuzaO subdelegado f ixo entrega tamén, durante o ac to, da medalla de bronce ao mérito penitenciario ao alférez José Manuel González Bodelón, xefe do destacamento da Garda Civil, pola súa cola boración e a súa abnegada tarefa no CP da Lama.

No seu discurso, o subdelegado do Goberno en Pontevedraagradeceu os esforzos diarios do persoal destinado na Lama e, en xeral, o das Institucións Penitenciarias, así como o de asociacións e colec tivos cola boradores que traballan pola reinserción e reintegración social nestas institucións.


12 // Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

| Cotobade|

Xunta e Cotobade colaborarán “Remodelarase a planta baixa da Casa Consistorial, practicamente en desuso, para convertela nun lugar aberto ás veciñas e veciños, que facilite a participación cidadá” O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, asinaron en San Caetano un convenio de colaboración polo cal o Executivo autonómico achega ao concello 20.000 euros para a creación dun novo salón de actividades para a vila. A actuación que se vai realizar ao abeiro desta colaboración consiste en realizar obras de remodelación da planta baixa da Casa Consistorial, actualmente destinada a almacenaxe, co fin de que o Concello poida dispor dunha sala de xuntas ou reunións axeitada as necesidades actuais e as tarefas que leva a cabo no seu día a día: reunións, xuntas conferencias, actividades veciñais,

etc. Como indica o texto do convenio, pretendese converter este espazo, practicamente en desuso, nun lugar aberto ás veciñas e veciños, que facilite a participación cidadá na xestión pública e a mellora da mesma e do goberno local, atendendo a unha demanda de maior participación, información e transparencia que contribuirá á mellora do procedemento de toma de decisións políticas e a democracia local. O proxecto deste novo salón de actividades para Cotobade ten un orzamento de algo máis de 63.000 euros, dos cales o Goberno galego achegará case un terzo do total.

O SERGAS e o Concello supervisan o remate das obras no local do centro multiusos de Carballedo O xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, Jose Manuel González Álvarez, xunto co alcalde de Cotobade, Jorge Cubela López e técnicos da Dirección Xeral de Recursos Económicos do SERGAS, supervisaron o remate das obras de acondicionamento do local sito na planta baixa do centro multiusos de Carballedo. Cunha superficie de 201,50 m2, conta con cinco salas asistenciais e próximamente prestará actividade sanitaria de Atención Primaria neste Concello, cun cadro de profesionais dotado de dous facultativos, unha enfermeira, un pediatra e unha matrona. Segundo quedou patente no transcurso da visita de ambos responsables aos novos espazos -nunha obra na que tamén colaborou a Deputación Provincial de Pontevedra- o Servizo Galego de Saúde trasladará próximamente as dependencias do centro de saúde emprazado no lugar da Igrexa (Carballedo) á planta baixa do novo inmoble para, deste xeito, poder reverter ao Concello o local onde se desenvolve actualmente a actividade de Atención Primaria en Carballedo. Tanto Jose Manuel González coma Jorge Cubela subliñaron que, co obxecto de mellorar a accesibilidade dos usuarios, o SERGAS e o Concello de Cotobade avanzan nas xestións para que este municipio forme parte da relación de concellos beneficiarios das axudas necesarias para atender os gastos de mantemento do centro sanitario de referencia -electricidade, calefacción, limpeza e persoal- de acordo co Convenio de Colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a FEGAMP, para a realización de programas de atención e protección da saúde.


|Ponte Caldelas|

Galicia Sur/Pontevedra / Outubro2014 // 13

44 persoas desempregadas foron contratadas durante 2014

Un total de 44 persoas en situación de desemprego foron contratados no que vai de ano a través dos programas de emprego nos que participa o Concello de ponte Caldelas. Estes plans están financiados principalmente pola Deputación de Pontevedra ou polaXunta de Galicia. A entidade coa que máis colabora o Concello de ponte Caldelas en canto a número de postos de traballo creados a través de de programas de emprego é a Deputación de Pontevedra que achegou un total de 22 traballadores durante 6 meses. O Plan de Deputación I posibilitou a contratación de 10 desempregado entre maio e outubro deste ano, mentres que o Plan de Deputación II permitiu empregar 12 persoas entre os meses de xullo e decembro. A estes hai que engadir outros 10 que foron contratados entre novembro de 2013 e maio de 2014. Tamén a raíz da colaboración económica da Xunta de Galicia nestes días se puido contratar no municipio de ponte Caldelas unha socorrista e a 5 persoas incluídas no programa especialmente destinado ás persoas beneficiarias do RISGA. Neste último caso un total de 5 traballadores foron agora contratados polo Concello por 7 meses para realizar tarefas de limpeza e mantemento de parques e xardíns. Por outra parte, hai que sinalar que o Obradoiro de Empregofinanciado pola Xunta de Galicia, que foi concedido conxuntamente aos Concellos de ponte Caldelas, A Lama e Fornelos, permitiu a contratación de 6 persoas de ponte Caldelas as cales compaxinarán o seu proceso formativo co desempeño de tarefas relacionadas coa súa aprendizaxe e que permitirán tamén realizar melloras en materia de mantemento e xardinaría no munici-

pio. O alcalde Perfecto Rodríguez explicou que a pesar das dificultades de que dispón o Concello de ponte

das mulleres nestes programas con porcentaxes sempre en torno a un 45 ou 50%. En todos estes casos a selección do

tre esas persoas desempregadas que remite previamente a oficina de emprego. Estas bases de selección que aproba o Concello para cada proce-

Caldelas para realizar directamente novas contratacións de persoal, coa participación nestes programas de emprego financiados por Deputación ou Xunta, se posibilitou a contratación de 44 desempregados do municipio, o que supón un alivio temporal para estas persoas nas situación actual de taxa de paro que afecta a todo o país. Dos 44 contratos realizados, 19 son mulleres e 25 homes, co que se consegue tamén a inserción laborar-

persoal a contratar faise de acordo cuns criterios que establecen as propias subvencións que financia Xunta ou Deputación, que esixen que se faga a oferta de emprego a través das correspondentes oficinas de emprego. Estas oficinas adoitan enviar un número determinado de persoas desempregadas aptas para cubrir cada praza. Posteriormente oConcello ten que realizar a selección concreta dos postos de traballo ofertados en-

demento, son públicas e expóñense no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web. De acordo con esas bases os aspirantes teñen que realizar distintas probas prácticas que teñen que ver coas tarefas concretas que van realizar: manexo dunha rozadora, limpeza viaria, manexo dundúmper, etc (en función de cada posto de traballo concreto). En todos casos o tribunal de selección fórmao funcionarios e persoal doConcello.

En todo o mes de novembro cada compra feita en Calzados Yoli e Super Precios terá un bono desconto para disfrutar na seguinte compra


|Ponte Caldelas|

14 // Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

Ponte Caldelas aproba a licenza de obra e instalación da conservera Orbe ,S.A O alcalde de ponte Caldelas Perfecto Rodríguez informou que na Xunta de Goberno se aprobou a licenza de obra e instalación para a fábrica de conservas ORBE, S.A. que se instalará na parcela n.º 13 do Parque Empresarial da Reigosa. No pleno celebrado a corporación tería aprobado unha bonificación no ICIO do 50% á citada empresa por considerar o proxecto de “interese municipal” polas posibilidades de emprego que supoñerá esa empresa no futuro, en especial para o colectivo de mulleres desempregadas. A este respecto, o alcalde asinou a principios desta semana un protocolo de colaboración en virtude do cal ORBE,

S.A. mostra a súa disposición a facilitar a empleabilidad a parados censados neste municipio dentro das posibilidades e postos de traballo que poida xerar a empresa. Aínda con esa bonificación, o ingreso pola licenza que tivo que pagar a empresa ascende a 61.000 euros, o que supón tamén un importante ingreso para as arcas municipais. Perfecto Rodríguez considera moi importante para o futuro a implantación desta empresa no polígono da Reigosa. “Llevamos máis de 3 anos de conversacións coa empresa para a súa situación naReigosa, e por fin este verán confirmouse e coa licenza agora outorgada

esperamos que o próximo verán entre en funcionamento”. O alcalde quere deixar claro que é a empresa ORBE, S.A., como empresa privada, a que seleccionará o persoal de acordo ás necesidades de emprego que vaia xerando e aos perfís profesionais que necesita. “O que acordamos no protocolo é que nesas circunstancias lle darán prioridade ás veciñas desempregadas do noso municipio, algo moi importante”. “O meu labor como alcalde é atraer empresas ao polígono industrial para que exista xeración de emprego, e a poder ser, que se beneficien os desempregados do noso municipio,”.

Resposta ao PSOE Perfecto Rodríguez lamenta que o PSOE non aprobase a bonificación do 50%, como si o fixo o BNG co grupo de goberno. O alcalde cre que “o problema de Andrés Díaz é que durante os últimos 2 anos estivo a dicir publicamente que a instalación dunhaconservera no polígono da Reigosa era un engano do alcalde aos veciños na pasada campaña electoral do 2011. Agora como se confirmou a súa instalación, en lugar de pedir perdón por acusar o alcalde de enganar, dedícase a confundir e non aprobar a bonificación levada a pleno, a pesar de dicir que debe incentivarse a instalación de empresas no polígono,”.

Ponte Caldelas reabre o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas

Con esta iniciativa preténdese que nenos e mozos poidan instruírse na práctica de deportes como o tenis, a ximnasia acrobática e o taekwondo. A disposición do renovado pavillón de deportes municipal favorece que dende o Concello de ponte Caldelas se impulse a creación dunha maior oferta formativa xa que as novas instalacións permiten unha práctica axeitada destes deportes, dos que ata agora era moi difí-

cil garantir a súa continuidade. Para desenvolver este proxecto formativo cara aos máis xóvenes o Concello chegou a acordos con clubs do municipio e do veciño de Pontevedra co fin de que sexan os encargados de xestionar e dirixir as escolas deportivas.As escolas comezarán a funcionar no mes de outubro e poderán inscribirse, coa súa ficha e seguro federativo, nenos e nenas con idades a partir dos 5 anos para

a de tenis. No caso da escola de ximnasia acrobática as idades dos que poderán participar serán as comprendidas entre os 4 e os 14 anos, mentres que en taekwondo será de 6 a 11. A colaboración da Deputación de Pontevedra e do propio Concello de ponte Caldelas favorecerán que as cotas sexan moi económicas con relación á tarifa habitual. Así, os alumnos da escola de tenis, terán a posibilidade de asistir 2 días

á semana con horarios distribuídos os mércores (de 15:45 a 17:45 horas) e venres de 17 a 21 horas polo que a cantidade que terán que aboar irá en función do tempo que empreguen. Polo que respecta á ximnasia, esta impartirase durante 2 días á semana (os martes e xoves de 16:30 a 17:30 horas) e o seu custo será de 15 euros ao mes, ademais de 30 euros en concepto de ficha.Os alumnos

de taekwondo acudirán dous días á semana a esta actividade (os luns de 17 a 19:15 horas e os mércores de 18 a 19:30 horas), cun custo mensual de 10 euros. O formulario para realizar a inscrición poderase descargar da páxina web do Concello (www.pontecaldelas.org) aínda que deberán entregarse nas oficinas municipais habilitadas para tal fin na Casa do concello.


|Ponte Caldelas|

Galicia Sur/Pontevedra //Outubro 2014 // 15

O alcalde e os veciños de Mirón inauguran un parque biosaludable O alcalde de ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, inaugurou en compañía dos veciños de Mirón o parque biosaludable, instalado nas inmediacións da Carballeira, composto por varios aparatos para a práctica de ximnasia de mantemento. Entre os asistentes encontrábase unha bebé e a avoa centenaria de Mirón, Cecilia Martínez Pazos, que foi saudada con cariño polo rexedor de ponte Caldelas con quen departiu durante toda a xornada. O lugar elixido para a situación do parque biosaludable agora inaugurado está integrado nunha paraxe natural excep-

cional, aCarballeira de Mirón, onde xa existía un parque infantil e unha zona de recreo veciñal onde se desenvolven as celebracións festivas parroquiais. Os elementos instalados en Mirón están especialmente deseñados para favorecer a práctica de deporte entre as persoas maiores adaptando cada movemento ás necesidades psicomotrices dos usuarios, con especial coidado polos exercicios de rehabilitación e reforzo muscular de pernas e brazos. O alcalde desexou os veciños presentes que fixeran un bo uso das novas instalacións co

fin non só de que melloren a súa calidade de vida senón coa intención de que un investimento público destas características poida ser aproveitado polo público ao que vai destinada. O rexedor, manifestou que o motivo de instalar este parquebiosaludable na Carballeira de Mirón é porque é unha zona onde tamén existe un parque infantil, unha área recreativa e a proximidade dunha pista polideportiva e así refórzase o obxectivo de que nestas zonas do rural exista interrelación entre as distintas xeracións que viven na zona: avós, pais e nenos.

O Concello de ponte Caldelas está a levar a cabo, a instalación de máis parques biosaludables noutras as parroquias e lugares do municipio co fin de facilitar o acceso a este tipo de aparatos polo maior número posible de persoas. O obxectivo é que pouco a pouco todas as parroquias do municipio conten cunha instalación deste tipo. Recentemente instaláronse estes parques biosaludables na Insua,Laxoso, Anceu e Regodobargo e con anterioridade xa dotárase destes elementos a Chan dá Barcia, na praia fluvial, Forzáns, Xustáns,Caritel, Vilarchán, Silvoso de Arriba e O Pío,

en Tourón, entre outros. Estes parques biosaludables son cada vez máis demandados pola poboación toda vez que axudan ao mantemento físico das persoas maiores ao tempo que completan a oferta lúdico-recreativa e de entretemento existente nos diferentes lugares do municipio dentro da política de descentralización de servizos e oportunidades de ocio que está a realizar o Concello de ponte Caldelas e que levou a este municipio, entre outras cuestións, a contar con parques infantís en practicamente todos os núcleos de poboación.

O Concello renovará a iluminación pública en Laxoso de Arriba O alcalde de ponte Caldelas Perfecto Rodríguez informou que neste mes de outubro o Concello realizará unha actuación de mellora de eficiencia enerxética consistente na renovación da iluminación pública de Laxoso de Arriba, que inclúe a instalación de equipos redutores de potencia na iluminación. A actuación en Laxoso de Arriba supón a renovación de todas as luminarias porque as novas pantallas inclúen equipos de eficiencia enerxética, que reducen a potencia a determinadas

horas da noite, diminuíndo o consumo. En total colocaranse 42 novas luminarias de 70 W SAP, así como 40 unidades redutoras de consumo. Ademais substituiranse 2.000 metros lineais de cable antigo. Se trata dunha actuación similar ás realizadas en anos anteriores noutros lugares do municipio como Chan do Casal, Sobreiro, Aluncía,Caritel, Anceu, Baltar, Buchabad e gran parte da zona urbana. A actuación ten un presuposto total

de 39.636 euros que son financiados en parte (27.745 euros) por unha subvención da Vicepresidencia da Xunta a través do Fondo de Compensación Ambiental. O Concello ten que achegar 11.890 euros de fondos propios. Con estas actuacións o alcalde pretende seguir renovando pouco a pouco as vellas instalacións de iluminación pública á vez que se introducen equipos de aforro que mellorarán a eficiencia enerxética. O alcalde espera que no futuro todas estas medidas

redunden na redución da factura correspondente á iluminación pública, que nestes anos alcanza arredor dos 290.000 euros anuais tendo en conta as frecuentes subas na tarifa eléctrica. “É un custo elevado que temos que intentar seguir reducindo no futuro con actuacións como estas, que diminúen a potencia a determinadas horas; co obxectivo de non chegar a situacións como sucedeu noutros concellos onde tiveron que apagar ou eliminar farois”.


|O Porriño|

16 // Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

O barrio de Vacariza dispoñerá de conexión á rede de saneamento do Louro A instalación de 1.300 metros de condución requirirá un investimento de 235.000 euros, que asumirán a Confederación Hidrográfica doMiño-Sil e Augas de Galicia nun 80% e 20% respectivamente. Deste modo dáse un paso máis no proxecto de Saneamento do ríoLouro, no que o estado investirá máis de 5 millóns de euros, asumindo a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil o 80% da contía total e Augas de Galicia o 20%. Pola súa banda o Concello de Porriño como administración territorial, levará a cabo a adquisición dos terreos necesarios polo sistema de expropiación, supoñendo un investimento que alcanza os 50.000 euros. O alcalde de Porriño, Nelson Santos, acudía ao acto celebrado nas instalacións da EDAR de Guillarei onde se formalizaron os protocolos de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Xunta de Galicia cos concellos que forman parte do Consorcio de Augas do Louro, entre os que se encontra noso municipio. Deste modo, o rexedor formalizaba coa súa rúbrica estes convenios para o financiamento e execución dos proxectos de mellora de saneamento do río Louro, así como as encomendas de xestión para a entrega, mantemento e con-

servación destas actuacións incluídas no programa operativo de financiamento con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e que inclúen a dotación ao barrio da Vacariza de Budiño das infraestruturas de saneamento

Dábase así un paso máis no proxecto de Saneamento do río Louro, ao que o estado destinará máis de 5 millóns de euros, e que ata a data xa requiriu o investimento de máis de 110 millóns por parte do estado e máis de 26 millóns de euros

redundarán nunha mellora da calidade e da eficiencia do servizo de xestión do ciclo da auga e, polo tanto, nunha mellor calidade de vida dos veciños de Porriño. O conxunto de augas residuais que se orixinan no barrio de

conducilas ata os colectores do Louro para poder realizar a súa entrega á Edar de Guillarei, o Concello de Porriño procedeu á firma dun Convenio de Colaboración con Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o financia-

adecuadas proporcionando conexión aos colectores de saneamento que comunican coa Edar de Guillarei. A instalación de 1.300 metros de condución executarase nun prazo de 10 meses, e requirirá un investimento de 235.000 euros, que asumirán a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Augas de Galicia nun 80% e 20% respectivamente. O saneamento integral do Louro será unha realidade a finais de 2015

por parte da Xunta de Galicia. No caso concreto do noso municipio, co fin de asegurar o abastecemento e depuración co que se garanten os servizos básicos non só para os cidadáns, senón tamén para a actividade industrial e comercial, se fixo indispensable xestionar as infraestruturas de saneamento e depuración que fosen preciso construír para mellorar o estado deste río que soporta forte presión urbana e industrial. Infraestruturas que

Carracidoe nas parroquias de Atios, Cans, Budiño, Torneiros, Mosende,Pontellas e Chenlo, se verten ao río Louro e os seus afluentes. Isto produce non só un inadecuado estado ecolóxico do río, senón que afecta directamente á zona de “Ás Gándaras de Budiño”, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) para os efectos de protección de medio. Deste modo, co fin de atender a necesidade urxente de recoller estas augas residuais e

mento e execución do proxecto de Actuacións Prioritarias de Saneamento dePorriño. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil asumirá o 80% da contía total e Augas de Galicia o 20% segundo se desprende do devandito convenio. Pola súa banda o Concello de Porriño, como administración territorial, levará a cabo a adquisición dos terreos necesarios polo sistema de expropiación, supoñendo un investimento que alcanza os 50.000 euros.


|O Porriño |

Galicia Sur/Pontevedra // Outubro 2014 // 17

Emotiva homenaxe que o Porriño Industrial F.C rendeu a José Márquez “Louro” O presidente, Esteban Cidanes, agradeceu publicamente e por sorpresa a dedicación e achega ao club, do actual secretario e delegado Márquez, e do masaxista “Louro” durante máis de 30 anos O alcalde de Porriño, Nelson Santos, dedicou unhas sentidas palabras de agradecemento a ambos os dous e quixo enxalzar a súa achega ao club durante estes máis de 30 anos Posteriormente, celebrouse o Trofeo Festas do Cristo- JJ Gradín 3 x1, que se adxudicaría finalmente o equipo local O alcalde de Porriño, Nelson Santos, sumouse onte á homenaxe sorpresa que o Porriño IndustrialF.C. rendeu a dous históricos do club, José Márquez Ozores e Juan Maceira Pérez, coñecido por todos como “Rubio”. Tras a presentación de todas as categorías do club para

esta tempada, con todos os xogadores en campo e o complexo deportivo de Lourambal a rebordar, o presidente do Porriño Industrial, Este-

ban Cidanes, agradeceu publicamente e por sorpresa a dedicación e achega ao club, do actual secretario e delegado Márquez, e do masaxista

“Louro” durante máis de 30 anos. O actual presidente e os seus antecesores, Moncho Bastos e Jose Carlos Díaz, quixeron

con este sentido tributo poñer en valor o labor destes dous indispensables do equipo local que, visiblemente emocionados recibiron senllas placas conmemorativas de parte do club e do seu equipo. Así mesmo, o alcalde de Porriño, Nelson Santos, dedicou unhas sentidas palabras de agradecemento e quixo enxalzar a achega de ambos os dous ao club durante eses máis de 30 anos, tras as cales fixo entrega en nome do Concello de Porriño, dun obsequio en recoñecemento ao papel que estes desempeñaron e desempeñan como destacados socios e membros do Porriño Industrial F.C. Tras este sentido tributo, a bancada ao completo do Lourambalrompeu nun sonoro aplauso en mostra de cariño e gratitude cara aos homenaxeados.

Rubén Pintos presentou en porriño o seu primeiro libro, “O neno das cores”

O ac to de presentación ti vo lugar no Centro Cultu ral Municipal A través das aventuras e e xp eriencias de Marc, ne no de doce anos cun p e cu liar xeito de p ercibir as co res, e p or ende a realidade que o rodea, o autor pre tende remover concien cias evo cando sensacións e re cordos que todos al -

b ergamos p ero, que no noso camiño cara á madu rez a, imos deixamos atrás “ Unha obra que versa so bre a f amilia, a amiz ade, o amor... sobre todos eses valores que desgraciada mente fóronse p erdendo”. D este modo def inía a súa primeira novela o autor local Rub én Pintos, duran te a presentación do seu

libro no Centro Cultural Municipal de Porriño. Nun ac to, que como af irmaba a concelleira de Cul tura Teres a Veloso, pre tendía “valorar e p oñer en relevo o traballo deste escritor ”, o autor diser tou sobre a que é a súa primei ra incursión no mundo li terario. “O neno das cores” é unha

novela tenra, na que, ma lia non ser autobiográf ica, o autor re coñe ce moito de se mesmo. “Calquera escritor, escriba sobre o que escriba, ten como referen cia esencial a súa propia baga xe,” e xplicaba Rub én Pintos. O escritor compar tiu ta mén cos presentes o que para el supuxo todo o pro ceso de creación, “chorei e rín escribindo este libro. Que escribise un libro non me conver te en escritor, o que busco é que o le c tor, cando lea estas liñas p oi da sentir o mesmo ca min cando as escribín”, e apro veitou para agrade cer á súa familia, e en esp e cial á súa esp osa, o ap oio e a conf ianz a que dep osita ron nel durante todo este proceso. A través das aventuras e e xp eriencias de Marc, ne -

no de doce anos cun p e culiar xeito de p ercibir as cores, e p or ende a reali dade que o rodea, o autor pretende remover as no sas conciencias evocando sensacións e re cordos que todos alb ergamos p ero que, no noso camiño cara á madurez a, fomos deixan do atrás. A sí, el mesmo viuse sorprendido p ola súa propia historia e p olo que os seus p ersona xes lle ían mostrando á me dida que a trama a se desenvol vía, “é como contarche un chiste a ti mesmo, e rir, co mentaba sarcasticamente. “O neno das cores”, pu blicado p ola e ditorial Se le er encóntrase xa á ven da para des f rute de todo aquel que queira deixarse envolver desa esencia de inocencia e sorpresa que dun modo ou outro, todos levamos connosco.


18 // Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Mondariz/ Ponteareas|

Cores Tourís comprobou as obras de mellora da seguridade viaria na PO-254 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou , en compaña do alcalde da localidade, José Antonio Lorenzo, as obras de mellora da seguridade viaria executadas nas últimas semanas na PO-254 ao seu paso polo concello de MondarizBalneario. En concreto, esta obra inclúese nun proxecto que permitiu mellorar varias estradas da zona sur da provincia de Pontevedra e que obtivo un orzamento preto dos 500.000 euros. Estes traballos permitiron executar a reforma dos firmes das estradas PO-244 entre Arcade e Soutomaior, a PO-254 entre Ponteareas e Mondariz, a PO-400 entre Salvaterra e Filgueira e a PO404 entre Guillarei e A Rañada. “Esto supuxo a mellora dun total de 9,2 quilómetros de estradas, beneficiándose unha poboación global de máis de 77.000 veciños”, asegurou Cores Tourís. No caso da estrada que visitou o delegado territorial, os traballos supuxeron a reparación do firme existente, a través do fresado e reposición da capa de rodadura de treitos localizados. Tamén a extensión de microaglomerados para o selado de gretas ou coa finalidade de mellorar as características superficiais

do firme, nos treitos nos que resulte necesario. “Estas actuacións”, segundo apuntou Cores Tourís, “complementáronse coa reposición de marcas viarias e de elementos de balizamento. Tamén levouse a cabo a limpeza e reperfilado das cunetas existentes”. No caso desta estrada que atravesa o concello de Mondariz-Balneario, aplicouse 1.500 toneladas de bituminosa en quente, fresándose un total de 15.000 metros cadrados. Tres millóns de euros en traballos de mellora do firme O delegado territorial aproveitou a visita para destacar os máis de 3 millóns de euros investidos este ano na mellora de 14 estradas en concellos dependentes da Delegación Territorial de Pontevedra. En este sentido, Cores Tourís destacou que, ademais dos traballos executados sobre a PO-254, tamén se levaron a cabo melloras do firme e fresado na PO-224 entre Ponte Bora e San Antoniño, na PO534 entre Lalín e Folgoso, e a PO-960 entre Vila de Cruces e o límite da provincia de Pontevedra. “A esta reforma destináronse 500.000 euros para obras de reposición e fresado, bituminosa en quente, microaglomerados en frío e sinalización horizontal”, explicou o delegado territo-

rial, quen engadiu que “estes traballos atópanse practicamente rematados”. José Manuel Cores Tourís tamén destacou os 600.000 euros destinados á mellora das estradas PO-305 entre Saiar e Vilagarcía e a PO-331 entre Pontevedra e Vilagarcía, onde se executou o fresado e reposición das zonas de pavimento deterioradas. Nestes traballos levouse a cabo, ademais, a aplicación da coñecida como “pel de crocodilo” e “malla grosa” e procedeuse

A Deputación destina máis de 50.000 euros a melloras no Concello de Mondariz

A Deputación de Pontevedra investirá máis de 50.000 euros en dúas actuacións orientadas a mellorar a seguridade en varios puntos do municipio. Trátase, concretamente, da mellora dunha pista municipal no lugar de Aboal e da construción de cadanseu muro de contención en A Costa e O Regueiro, actuacións incluídas no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais. No que respecta á pista de Aboal, a Deputación financiará esta actuación cunha subvención concedida ao concello por un importe de 23.356,88 euros. Os traballos incluirán a sinalización horizontal e vertical da estrada así como o balizamento con barreiras de seguridade flexibles con

protección para motociclistas e a instalación de bandas redutoras de velocidade. Pola súa banda, a construción de muros de contención contará cunha achega da Administración Provincial de 27.692,57 euros. As obras suporán o levantamento dun muro de contención en A Costa, na parroquia de Frades, cunha lonxitude de 26 metros e unha altura comprendida entre o 1,7 e os 2,9 metros. Realizarase en mampostería granítica. No mesmo material se construirá o muro de O Regueiro, en Riofrío, cunha lonxitude de 42 metros e alturas comprendidas entre os 2 e os 4 metros, dependendo da zona.

tamén á reposición da sinalización horizontal en todo o tramo. Finalmente, tamén destacou a execución de obras de mellora da seguridade viaria en outras 4 estradas da provincia onde se investiron 517.000 euros, en concreto para as vías PO-300 entre Mosteiro e Cambados, da Po-303 entre Samieira e Castrelo, da PO-313 entre Marín e Moaña e da PO-548 entre Pontecesures e Vilagarcía. A maiores, o delegado tamén recordou que a Conse-

llería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas mellorou o trazado e o firme da estrada que enlaza Cachafeiro con Vilapouca en Forcarei (PO-536) e que supuxo un investimento de 850.000 euros. José Manuel Cores Tourís destacou a importancia destas obra de mellora da seguridade viaria, “xa que estamos a falar dunhas estradas que soporta un importante número de vehículos ao día e que necesitaban mellorar a calidade da súa calzada”.

Cores Tourís analiza xunta ao alcalde de Mondariz, Julio Alén, a perigosidade da estrada que enlaza a zona urbana con Moscoso


|Ponteareas|

Galicia Sur/Pontevedra // Outubro 2014 // 19

Ponteareas conta con Axencia de Colocación No acto, estiveron presentes a directora xeral de emprego e formación da Xunta de Galicia Ana María Díaz López, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e a concelleira de emprego e desenvolvemento local, Marisol Valado Pérez. A partir de agora, o concello de Ponteareas, contará cunha nova ferramenta para a promoción do emprego. A resolución de autorización para actúar como axencia de colocación, conleva a capacidade de facer o casamento, entre as ofertas das empresas e os demandantes de emprego, sen que se interveña nas relacións laborais que poidan derivarse. A directoria xeral, destaca que “no marco das políticas activas de emprego, é vontade da Xunta, establecer e fomentar a colaboración tanto públicoprivada como pública-publica a hora de facer as intermediacións laborais, polo que a actividade da nova axencia, será un complemento da actividade da oficina de emprego de Ponteareas, sendo neste caso unha colaboración entre dúas administracións públicas, como tamén o son, ás colaboracións público-privadas, de todas as axen-

cias privadas de colocación debidamente autorizadas”.

do a máxima información das ofertas, aos usuarios a través

seguintes áreas: solicitudes de inscripción de demandantes,

A axencia, que nestes derradeiros meses, ultimou os preparativos técnico-administrativos para a súa operatividade, contará con protocolos de actuación, baseados nunha aplicación de xestión da axencia e nun portal web (www. gestionandote.com/agencia/ ponteareas), para ofertantes e demandantes. Con esto, pretendese que a axencia se caracterize por un funcionamento sinxelo, áxil e eficaz, facilitan-

do propio portal da axencia, a páxina web do concello, os taboleiros do CDL e a rede social corporativa. A base de datos de axencia, estará conformada por as entidades ofertantes e os demandantes, utilizando o soporte dixital para este fin, e o soporte papel para as autorizacións de privacidade. A eficacia da xestión da axencia, garantízase a través dos protocolos informáticos nas

solicitudes de inscripción de ofertantes, filtro de candidatos e seguimento da inserción. O alcalde Solla, destaca que “a preocupación polo emprego no concello, fai necesaria a súa participación nas distintas políticas activas de emprego”. Coa posta en marcha desta nova axencia, “somos o segundo concello de Pontevedra, en dispoñer deste servizo para os desempregados e o cuarto en Galicia, polo que, esto demos-

tra, que o compromiso do concello en priorizar a loita contra o paro, sempre estuvo entre os seus obxectivos prioritarios”. A axencia, ademais da posibilidade de inserción, ofrecerá aos demandantes, un servizo personalizado de información, orientación, calificación e recalificación profesional, garantindo a mellora do seu grado de empregabilidade e polo tanto incrementado a súas probabilidades de inserción laboral. Pola súa banda a concelleria Valado, subliña que “a axencia covertirase nun novo espazo de colaboración co empresariado local, comarcal e provincial, dando resposta as súas necesidades de recrutamento e selección de empregados, pechando o ciclo do servizo de emprego que se oferta dende o CDL: información, orientación, formación e inserción”. Todas aquelas persoas interesadas en formar parte da base de datos de axencia poden dirixirse ao centro de desenvolvemento local: Lomba do Cruceiro 5, Ponteareas, teléfono 986 66 10 50. Tamén a través do portal de emprego: www. gestionandote.com/agencia/ ponteareas

OCPAE2.0deofertacursosenmateriade propiedadeindustrial ecomercioelectrónico A Deputación de Pontevedra pon en marcha xornadas de capacitación tecnolóxica en materia de propiedade industrial, comercio electrónico e utilización eficiente de ferramentas informáticas dirixidas ás máis de 3.200 microempresas e autónomos das comarcas de O Condado e A Paradanta. Será a través do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial en Novas Tecnoloxías (CPAE 2.0) que a administración provincial ten aberto ao público no Centro de Desenvolvemento Local de Ribadetea, en Ponteareas. Estas xornadas forman parte do programa de servizos e ac-

tividades que a rede de centros CPAE vén desenvolvendo desde a súa inauguración, no pasado mes de marzo, e co que se pretende facilitar ao empresariado a mellora da súa competitividade por medio da mellora tecnolóxica. Desta forma, o centro de asesoramento ofrécelles as micropemes e autónomos servizos de información, análise e asesoramento sobre o uso das TIC; titorización na incorporación das Novas Tecnoloxías; demostración de produtos e solucións TIC e acompañamento para o uso do comercio electrónico, ademais de axudalos no acceso a axudas e

subvencións para a aplicación das tecnoloxías ao seu negocio. Xunto a estes servizos individualizados, ofértanse as anteditas xornadas de capacitación tecnolóxica, que comezaron a implantarse no mes de xullo cun notable éxito (desenvolvéronse 47 accións en toda a provincia, nas que participaron 450 empresarios) e que van continuar ao longo dos vindeiros meses. Entre as 28 que se van impartir nos próximos días nos 6 centros que compoñen a rede, figuran 4 accións formativas que se desenvolverán no CPAE de Ponteareas e entre as que

destaca unha sesión maxistral de temática legal sobre os aspectos estratéxicos de Propiedade Industrial no Sector TIC (signos distintivos, know-how, patentes). Esta acción formativa é impartida por Eli Salís, Director de PwC Tax & Legal Services e responsable da Axencia de Propiedade Industrial da Especialidade de Intanxibles de PwC . Tiveron tamén lugar outras tres: dúas sobre comercio electrónico para micropemes os días 18 e 20 de setembro e outra sobre a utilización eficiente de Google. Estas sesións, ao igual que o asesoramento personalizado,

son de balde e terán continuidade nos próximos meses, polo que a Deputación de Pontevedra ten á disposición dos usuarios unha web na que calquera interesado poida acceder á programación completa dos obradoiros. Trátase do portal www.cpae20.depo.es, no que tamén se ofrece información de todos os servizos ofertados pola Administración Provincial a través do CPAE. Neste mesmo portal as microempresas e autónomos poden solicitar cita previa, ademais de poder facelo a través do teléfono 886 20 20 20 ou do correo electrónico info. cpae20@depo.es.


20 //Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

| Ponteareas |

“ Pemento de Guláns” O alcalde do Concello de Ponteareas, Salvador González Solla, acompañado dos concelleiros de Cultura, Andrés Sampedro, e de Comercio, Marisol Valado, xunto con representantes da Asociación Amigos do Pemento de Guláns, presentaron no salón de Sesións do concello ponteareán as primeiras Xornadas sobre a posta en valor e recuperación da variedade tradicional do “ Pemento de Guláns”, unhas xornadas que se levaron a cabo o pasado setembro no auditorio do Centro Cultural de Guláns. Salvador González destacou a importancia do proxecto de recuperación do pemento de Guláns, produto autóctono que quedara relegado ás hortas familiares e que case desaparecera. O Concello de Ponteareas, desde a Concellería de Comercio que dirixe Marisol Valado, leva traballando desde hai tempo no proxecto de recuperación desta variedade de pemento e así o pasado ano solicitou o apoio da Consellería do Medio Rural, quen aprobou o proxecto de “Caracterización e Mellora do Pemento de Guláns”, financiado pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, así como se levou a cabo a inscrición do pemento de Guláns no Catálogo Nacional de Variedades Comerciais e Protexidas, rexistrándose como variedade protexida. Igualmente o alcalde de Ponteareas quixo agradecer publicamente o entusiasmo amosado polo director do

Centro da Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño, de Entenza- Salceda de Caselas, Manuel Rivero Leiro, a quen Salvador González agradeceu a súa dedicación

guinte, afrontar a producción e comercialización do produto, estando moitas empresas distribuidoras interesadas na súa comercialización, esperado o alcalde que novamente

iniciado e amosou o interese dos veciños por recuperar esta variedade de pemento puro de Guláns, parroquia tradicionalmente agrícola, recalcando a importancia e po-

10:30 horas e ata as 13:30 h leváronse a cabo varios relatorios sobre o cultivo e comercialización do pemento de Guláns. O primeiro poñente foi Manuel Rivero Leiro, direc-

para a selección da variedade do pemento de Guláns e sen o cal non sería posible este ambicioso proxecto. O entusiasmo do Concello, da Xunta, do Centro de Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño, xunto coa excelente acollida dos veciños da parroquia, que se implicaron desde o primeiro momento, dando lugar á Asociación Amigos do Pemento de Guláns, fixo posible que este proceso estea en marcha para, no paso se-

Guláns sexa a “horta de Vigo”. O concello de Ponteareas seguirá apostando para pór en valor os produtos de calidade propios, facendo que teñan a proxección comercial que se merecen, como así se fixo coas rosquillas de Ponteareas, conseguindo a marca de garantía de calidade. Tras o alcalde, o presidente da Asociación Amigos do Pemento de Guláns, Francisco González Carracedo, agradeceulle ao concello o proxecto

sibilidades que a producción do pemento puro de Guláns pode ter para a parroquia e para a xente nova que poida dedicarse a este sector. As Xornadas sobre a posta en valor e recuperación da variedade tradicional do “Pemento de Guláns”foron inauguradas a cargo do alcalde do Concello de Ponteareas, Salvador González para, a continuación, pasar á presentación da Asociación de Amigos do Pemento de Guláns. A partir das

tor do Centro da Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño, de Entienza-Salceda de Caselas. A continuación interviron Xosé Manuel Castro Leirachá, Ernesto Sánchez Salgado, Lourdes Enes Fernández e Antonio Rivera Martínez. A partir das 13.30 horas houbo unha mesa redonda para a posta en común das experiencias e ideas. Ao remate, os asistentes poderon degustar o tradicional pemento de Guláns.

Nova acción formativa de Aquelando3 A deputada provincial Marta Iglesias, presentou no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, a segunda das tres accións formativas, do proxecto Aquelando, que se imparten en Ponteareas: Atención Sociosanitaria a Persoas en domicilio No acto, estivo acompañada polo alcalde Salvador González, a concelleira de emprego Marisol Valado, e persoal técnico do CDL. Esta nova acción formativa, do proxecto Aquelando 3 do que forma parte o concello, está encadrada no programa operativo europeo “Adaptabilidade e Emprego” do Fondo Social Europeo. Marta Iglesias, deulle a benvida as asistentes e fixo especial fincapé no feito de que nas accións formativas impartidas neste ano, dentro do proxecto, en toda a provincia, chegóuse a un 72 % de inserción laboral. Isto significa que para esta edición, tamén haberá unha porcentaxe do 60 % de alumnas, que accederán a un contrato de traballo. A acción formativa, terá unha duración de 600 horas e nela participan un total de 15 alumnos/as, que perante 6 horas diarias, e ata finais de decembro, adquirirán coñe-

cementos e habilidades necesarios para atender a persoas, no ámbito sociosanitario, nos domicilios dos usuarios, onde se desenvolva a súa actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo el equipo interdisciplinario competente e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co contorno. A formación completarase con 80 horas de prácticas en empresas do sector. O Alcalde Solla, volveu a lembrar a importancia deste proxecto, dado que é un dos máis representativos da comarca no ambito da atención as persoas, cunha gran repercusión na creación de emprego, nun sector prioritario para a poboación, polo que o concello non escatimará apoio e esforzos para seguir colaborando coa deputación provincial no seu desenvolvemento. Pola súa banda, a concelleira Valado, lembroulle aos asistentes que “agora, é imprescindible estar en posesión deste certificado de profesionalidade para poder traballar no sector, polo que, a oportunidade que se lles ofrece dende a deputación e o concello é única, e como tal, compre aproveitala”. Tamén agradeceu o apoio, que dende a Deputación se ven dando a inversión para actividades formativas.


|Redondela|

Galicia Sur/Pontevedra // Outubro 2014 // 21

Bravo Bosch visita aos alumnos e alumnas do obradoir de emprego de Redondela A Consellería de Traballo e Benestar vén de poñer en marcha en Redondela o obradoiro de emprego Emprega Verde II, para o que destina un investimento de case 170.000 euros. A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou aos alumnos e alumnas participantes xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, a concelleira de Emprego e Desenvolvemento Local, Ana Alonso, e a directora do OOEE, Imelda Barrio Santamaría. Os obradoiros de emprego son programas mixtos de formación e emprego que están destinados a persoas desempregadas. Concretamente, no caso de Redondela recibirán formación teórica e práctica un total de 19 alumnos e alumnas (13 mulleres e 6 homes) nas especialidades de xardinería e horticultura ecolóxica (11 persoas) e en deseño gráfico para promoción turística e cultural local (8 alumnos).

Os 19 alumnos e alumnas recibirán formación en xardinería e horticultura ecolóxica co fin de levar a cabo a recuperación, instalación e mantemento ecolóxico e sostible de zonas verdes do municipio

zona de produción ecolóxica de hortalizas. Esta especialidade do OOEE levarase a cabo nas instalacións da Escola Taller Pousadouro. Ademais, no CEMIT de Chapela realizarase a segunda especialidade do

servizos turísticos así coma para o deseño e realización de produtos gráficos para a dinamización turística e cultural local. Coma explicou Bravo Bosch, esta iniciativa terá unha duración de seis me-

(en principio tratarán 12 zonas de actuación) ademais de realizar o mantemento dunha

obradoiro, onde os alumnos e alumnas recibirán formación para o deseño de produtos e

ses e durante este tempo os alumnos e alumnas alternarán a formación co traballo ou a

práctica profesional. Así, preténdese conseguir aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional para que as persoas desempregadas “aprendan traballando”. Formación e emprego para 141 persoas Na área territorial de Vigo, a Xunta porá en marcha nos vindeiros días, ademais do de Mos, os obradoiros de O Porriño, con 19 alumnos e 170.000 euros para as especialidades de electromecánica de mantemento, animación sociocultural e limpeza de inmobles; Redondela, tamén para 19 alumnos e cun orzamento de 170.000 euros, nas especialidades de xardinería e deseño gráfico. Cangas, onde se investirán preto de 187.000 euros para formar e ofrecer un posto de traballo a 21 persoas desempregadas nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.


22 //Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Arbo / Ponteareas |

As obras da Segunda fase do saneamento da parroquia de Bugarín seguen a bo ritmo O concelleiro de Servizos Comúns, Jesús Manuel Cao Vila, xunto co edil de Vías e Obras, Alberto Novoa Iglesias, visitaron as obras de saneamento de Bugarín, II Fase, onde puideron constatar que estes traballos van a un moi bo ritmo. A execución destas obras, incluídas no “Plan de obras e servizos da Deputación de Pontevedra para o ano 2013” supuxeron un investimento de 115.683,69 euros e vén ampliar a infraestrutura de saneamento na parroquia de Bugarín, dando servizo a máis de 44 vivendas adicionais. Estas obras, en conxunto coas das fases xa existente, e coas da próxima Fase III, darán servizo a un número aproximado de vivendas superior a 103, podendo integrarse estas á rede de colectores existentes. As obras desta Fase II, xunto

coas da Fase III, significarán un investimento total de 250.778,28 euros destinados á ampliación da rede de sa-

Ponteareas- Mondariz e consistiron na apertura de gabias, a construción de pozos de rexistro, colocación de

lineais, colocándose tuberías de PVC con diámetros que van desde os 200 aos 315 milímetros. Así mesmo,

neamento de Bugarín. As obras desta Fase II discorreron na parte alta da parroquia de Bugarín, situada ao leste da estrada PO-254,

tuberías e construcción do colector sur da rede de saneamento de augas fecais e pluviais, cunha lonxitude aproximada de 900 metros

aínda que non estaba contemplado no proxecto, foi necesaria a execución dunha perforación, tipo “topo”, por debaixo da estrada que

Ponteareas inviste 40.00 euros en subvencións de apoio á Cultura A Xunta de Goberno Local do Concello de Ponteareas, na súa sesión do día 8 de setembro, aprobou as Bases de subvencións de apoia á cultura, destinadas aos centros e casas culturais do Concello de Ponteareas. O obxecto desta liña de subvencións é colaborar cos gastos de funcionamento e mantemento dos mencionados centros ou casas, así como fomentar, impulsar e apoiar as actividades culturais e musicais que estes desenvolven dentro do seu ámbito de actuación. Poderán solicitar estas axudas as asociacións sen ánimo de lucro e legalmente constituídas dos centros e casas culturais do municipio de Ponteareas. Os beneficiarios destas subvencións contarán cunha partida económica inicial fixa, e igual para todos, por importe de 400 euros para gastos xerais como limpeza, enerxía eléctrica, ou calquera outro gasto, e cunha partida económica variable en función dunha serie de parámetros, como pode ser o número de socios ou o gasto en actividades culturais que desenvolven, entre outros. Todos aqueles interesados poderán solicitar a subvención a través do modelo normalizado que se lles facilitará no Departamento de Cultura do Concello de Ponteareas, ou na páxina web do concello, xunto coa documentación precisa,

e presentaranse no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Ponteareas, dentro do prazo de 30 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación das citadas bases de subvencións no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. O alcalde, Salvador González Solla, cumpre así o compromiso manifestado ás distintas asociacións culturais para axudar a financiar os gastos dos centros e casas culturais, así como as actividades culturais que desenvolven. Así mesmo, cómpre destacar que o Concello de Ponteareas, desde hai xa dous anos, ten posto en marcha outras liñas de axudas que abarcan un plan de accións formativas nos centros e casas culturais, así como o Plan Cultural, ambos cunha dotación orzamentaria que supera os 22.000 euros e que, xunto con estas novas subvencións de apoio á Cultura, veñen supoñer un total de 62.000 euros. Así pois, o Concello de Ponteareas, ademais de apostar pola construción de centros e casas culturais onde se poidan reunir os veciños e desenvolver as súas actividades, dótaos de accións formativas, ademais de dinamizar estes centros a través das 33 agrupacións do Concello de Ponteareas que poden solicitar estes e entre as que podemos salientar as bandas de música, orquestras de cámara, bandas de gaitas, grupos de gaitas, grupos folclóricos, pandeireteiras, grupos de teatro etc.

comunica Ponteareas con Mondariz, coa finalidade de unir a parte alta de Bugarín coa parte baixa onde, ao final do seu percorrido, despois de atravesar a citada estrada polo paso subterráneo existente, verterá as súas augas ao colector xa existente que desemboca na actual minidepuradora de Bugarín. O goberno ponteareán amósase moi satisfeito pola boa marcha das obras desta Fase II e, tal como está proxectado, seguirase co proxecto de saneamento das parroquias ponteareás, como xa aconteceu con Xinzo, Arnoso, Areas ou neste momento Prado e Bugarín. Así mesmo, infórmase que todas as persoas interesadas no enganche á citada rede de saneamento, deben dirixirse á Concellería de Servizos Comúns, onde recibirán a información e o asesoramento necesario.

Curso de auxiliar de servizos e control de accesos O pasado setembro iniciouse o curso de Formación Profesional “Auxiliar de Ser vizos e control de accesos”, impar tido e organizado dende COGAMI. Esta acción formativa, dirixida ó colectivo das persoas con discapacidade, enmarcase dentro do Convenio de Formación Pro fesional das persoas con discapacidade 2014, pro grama operativo FSE- Galicia 2007-2014, f inanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia. O curso conta de un total de 280 horas, repar tidas de luns a venres de 15:30 a 21:00, dende o 18 de se tembro ata o 28 de novembro, e nel van par ticipar un total de 12 alumnos con discapacidade do concello de Ponteareas e concellos limítrofes. A dita presentación asistiron a concelleira

de ser vizos sociais-atención primaria, Marisol Valado e o director do centro Asprodico, Aurelio Otero, que xunto a presidenta de Adapta e persoal de Co gami, aproveitaron para saudar a todos os alumnos deste curso, animándoos a aproveitar dita formación de cara o mundo laboral. A actividade vaise levar a cabo no centro municipal Asprodico. Isto é posible po lo compromiso adquirido a través dun convenio de colaboración entre o Concello de Ponteareas, COGAMI e a Asociación Adapta, para a posta en marcha de actividades e ser vizos dirixidos as persoas con discapacidade. Para o alcalde un dos obxetivos é a inte gración socio -laboral deste colectivo do concello de Ponteareas e das comarcas do Condado e Paradanta.


| Ponteareas / Baiona|

Galicia Sur/Pontevedra // Outubro 2014 // 23

O subdelegado do Goberno provincial na reunión da Xunta Local de Seguridade O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, copresidiu, xunto co alcalde,Salvador González Solla, a reunión da Xunta Local de Seguridade de Ponteareas, á que tamén asistiron varios representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local. Durante a reunión mantida, o subdelegado do Goberno agradeceu a coordinación e a estreita a colaboración existente entre a Garda Civil e os efectivos da Policía Local deste municipio. Ademais, púxose de manifesto o descenso de

delitos que se produciu durante os oito primeiros meses, que caeron un 3,52%, así como a eficacia de todos os axentes que participan na seguri-

dade desta zona da provincia. Durante o encontro informouse tamén do satisfactorio desenvolvemento tanto do Plan de Ocio coma

do Plan Director. O primeiro está centrado no control de establecementos que poden dispensar bebidas alcohólicas a menores e o segundo está orientado aos centros de educación, para previr o consumo de alcohol e drogas entre os mozos, así como fomentar o bo uso das novas tecnoloxías e evitar o acoso escolar. Dentro deste último programa, impartíronse unha ducia de charlas informativas en distintos centros do municipio das que puideron benefi ciarse unhas 400 persoas.

Deputación destina 144.000 euros aos xardíns do Museo da Navegación en Baiona A Xunta de Goberno da Deputación vén de conceder, logo dunha xuntanza, unha subvención de 143.383,26 euros ao concello de Baiona para a recuperación dos xardíns e a finca da Casa-Museo da Navegación. A maiores desta subvención, a Deputación deseñará, fabricará e instalará o mobiliario urbano que completará a urbanización e adecuación desta finca, ao abeiro dun convenio de colaboración que tamén foi autorizado esta mañá pola Xunta de Goberno. En concreto, a Escola de Canteiros e os talleres ocupacionais de Príncipe Felipe construirán unha zona de xogo para nenos de temática marítima, que terá como elemento central unha representación da Carabela Santa María partida en dous tras encallar na actual República Dominicana; 4 bancadas coas súas correspondentes farolas e 3 farolas de pé, entre outros elemtnos. O material para a fabricación destes elementos (pedra, madeira, ferro galvanizado….) será subministrado polo propio concello.

No que respecta á subvención concedida, permitirá actuar na finca urbana da antiga Casa Carvajal, actualmente dedicada a Museo da Navegación, de forma que acollerá diversos espazos, desde auditorio ao aire libre, ata pàrque infantil, pasando por zonas de paseo, gradarías… Así, na zona sureste crearase un acceso dotado de bancadas que caen en cascada concibido para lugar de estancia e contemplación. As bancadas serán de granito e madeira e estarán dotadas de iluminación, papeleiras, alcorques e outros elementos urbanos. No sector oeste instalarase a antedita zona de xogo infantil rememorando a Carabela Santa María e, nas proximidades das rúas Ventura Misa e Manuel Misa situarase o Obelisco adicado a Ventura Misa, que será trasladado alí desde a súa actual ubicación no Paseo da Ribeira. Todo iso completarase coa mellora do terreo, o axardinamento e a pavimentación.


24 //Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Nigrán|

O goberno municipal completa a rede de saneamento

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, visitou as obras de saneamento que o goberno municipal está a realizar na parroquia de Nigrán para completar a infraestrutura hidráulica da Tarela, e cuxa finalización está prevista para os próximos días. A actuación, valorada en 9.700 euros, está a ser executada por operarios municipais, “circunstancia que nos permitiu reducir o custo final da actuación para as arcas municipais”, sinala. O obxectivo da obra é completar a rede de saneamento da Tarelanunha zona de rede de sumidoiros xa exis-

tente, actuando nun tramo de 126 metros que discorre entre a Rúa dous Pazos e o parque empresarial Porto do Molle, “ampliando a rede a 15 veciños da parroquia de Nigrán que, ata a data, non tiñan opción de conectarse a este servizo”, engade Valverde. “Unha actuación sinxela dende un punto de vista técnico, dun custo reducido atendendo ao beneficio que xera os veciños, ignorada en anteriores mandatos e que é este goberno o que dá resposta á demanda veciñal”, apunta o rexedor.

A esta actuación súmanse outras realizadas ao longo do presente mandato, como as acometidas no Camiño do Labrego ou enChandebrito, así como o convenio de colaboración plurianual asinado coa Xunta de Galicia por valor dun millón de euros, “co firme obxectivo de implementar a rede de abastecemento e saneamento municipal en diversos puntos do municipio, mellorando os servizos municipais dos veciños ao tempo que reducimos os riscos de contaminación medio ambiental do ámbito”, observa Valverde.

O goberno popular reduce a débeda en 502.000 euros deixándoa en cifras históricas O goberno municipal aprobou nunha sesión plenaria unha modificación de crédito por valor de 502.711,95 euros procedentes do remanente de tesouraría para amortizar a débeda financeira do concello. Esta nova amortización realizada polo equipo de Valverde reduce a débeda viva de Nigrán aos 1,6 millóns de euros, “unha contía que contrasta cos 6,1 millóns de euros de débeda que rexistraban as arcas municipais en pleno mandato socialista, en 2009,” subliñou o alcalde de Nigrán,Alberto Valverde. A capacidade de xestión e de goberno do equipo de Valverde deixa a Nigrán con estas cifras históricas, “situándose como o cuarto concello de si-

milares características da provincia, en canto á contía do presuposto municipal e ao número de habitantes, con menor débeda financeira,” engade o rexedor. Esta nova amortización, ademais de reducir a débeda financeira,” é tamén sinónimo de saúde financeira das arcas municipais, ao manter o período medio de pagamento a provedores en menos de 30 días, o que á súa vez favorece a actividade económica e o emprego no municipio, destaca Valverde. Taxa por entrada de vehículos No primeiro trimestre do ano, o goberno municipal levo ao pleno da corporación unha modificación da ordenanza fis-

cal reguladora da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas, que propoñía unha rebaixa para as vivendas máis gravadas por este canon -as vivendas unifamiliares- de ata un 70%, reducíndose a 7,95 euros o metro lineal. Tras o debate na sesión plenaria, aceptouse a emenda parcial presentada por UCN, rebaixándose ata os 6 euros por metro lineal, “a pesar de que coa redución formulada polo goberno municipal esta taxa se situaba moi por debaixo da media de concellos do sur da provincia de Pontevedra, que están a tributar 13,8 euros, 19,8 euros, 25,58 euros ou 18,18, por exemplo”, sinala o rexedor. No período de exposición pú-

blica da taxa, IU presentou unha alegación, que foi estudada polos departamentos técnicos correspondentes para aclarar a súa aplicabilidade. “Analizada a alegación de IU, e comprobada a aplicabilidade legal da alegación, o que aprobamos hoxe de forma definitiva foi a modificación da ordenanza proposta no seu día por este goberno, á que incorporamos a emenda parcial de UCN, e non a súa modificación á ordenanza, como asegurou ante os medios do concelleiro independente,” recorda Valverde. Neste sentido, avanzou que xa deu orde aos servizos económicos municipais que os dous exercicios pendentes de cobramento desta taxa, os co-

rrespondentes aos anos 2013 e 2014, non sexan liquidados á vez, “co fin de paliar o efecto que para unha economía familiar pode ter asumir os dous cobramentos de forma conxunta”, aclara o rexedor. Posta a punto dunha nova pista deportiva Por outro lado, o goberno municipal aprobou hoxe destinar 10.464,92 euros procedentes do remanente da asignación para a actuación de acondicionamento nos vestiarios do Condomínguez para a posta a punto da pista polideportiva Campo dá Feira, en Parada, “unha instalación municipal infrautilizada polos veciños debido ao seu lamentable estado de abandono”, sinala o rexedor.


|Nigrán |

Galicia Sur/Pontevedra // Outubro 2014 // 25

Valverde e o Director Xeral de Xuventude visitan o proxecto “Onda Miñor” O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e o Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitaron en compañía das concelleiras de Patrimonio, Xuventude e Igualdade, María José Pino, e de Promoción empresarial, Comercio e Emprego, Rosa Rodríguez, o curso de iniciación ao medio radiofónico que se está a impartir no Centro Antena de Nigrán.O proxecto “Onda Miñor”, enmarcado dentro do programa “IniciativaXove” da Consellería de Traballo e Benestar Social de la Xunta de Galicia, permite a unha vintena de veciños da bisbarra do Val Miñordar os seus primeiros pasos no mundo radiofónico, como así o demostraron hoxe coa realización dun magazine radiofónico en directo, do que alcalde e Director Xeral foron os protagonistas. En total, 49 asociacións xuvenís ou grupos informais de mozos da provincia de Pontevedra están a executar proxectos financiados no marco do programa de participación xuvenil da Xunta de Galicia “Iniciativa Xove”, cun investimento total de 180.000 euros.Na súa intervención, Rodeiro recordou que “Iniciativa Xove” forma parte dos programas de renovación das políticas de xuventude daXunta de Galicia, que na actualidade xiran en torno á xestión de actuacións baseadas na adquisición de novas competencias a través da educación non formal.

O responsable de Xuventude asegurou que este programa permite aos mozos galegos demostrar a capacidade de organizar os seus propios proxectos, ao tempo que

a autoconfianza, autonomía e iniciativa persoal”. Pola súa banda, o rexedor municipal agradeceu o esforzo que realiza a Xunta de Galicia á hora de

sición iniciativas que fomenten a adquisición de novos coñecementos e aptitudes, tanto para a súa traxectoria profesional como persoal.

de; o coñecemento e o respecto do ámbito natural, a intervención ambiental e o fomento dos bos hábitos neste campo; a rehabilitación e renovación de espazos de-

estimula o protagonismo, a creatividade e o liderado xuvenil. O director xeral tamén destacou que a participación xuvenil en programas de educación non formal “leva consigo o desenvolvemento de valores como as aptitudes comunicativas, organizativas e de planificación, o traballo en equipo, o sentido da iniciativa ou

promover e fomentar actividades dirixidas aos mozos, “un colectivo fundamental na sociedade, activo e proactivo a todo tipo de proxectos como o que visitamos hoxe”, apuntou. Así mesmo, insistiu na importancia de que a administración manteña o seu compromiso cos mozos galegos, para poñer á súa dispo-

O programa Este programa conta con programas vinculados co emprendimiento e a empleabilidad, agrupados baixo o epígrafe de “Iniciativa Xoveemprendedora”. Tamén destacan iniciativas dirixidas a favorecer a integración de colectivos con diversidade funcional ou en risco de exclusión social; a creativida-

gradados; e os relacionados coas novas tecnoloxías. No total de Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar financia este ano con máis de 500.000 euros un total de 137 proxectos de educación non formal que desenvolven preto de 700 mozos pertencentes a grupos informais, así como asociacións e entidades xuvenís.

O goberno municipal instala un sistema con placas solares no campo de fútbol de Vilariño O goberno municipal instala un sistema de produción de AQS (auga quente sanitaria) mediante enerxía solar térmica nos vestiarios do campo de fútbol de Vilariño. A actuación consistiu na instalación de 16 paneis solares na cuberta dos vestiarios desta instalación municipal, que servirán para quentar un depósito de 2.000 litros de auga. “A implantación deste sistema rebaixará o consumo de gasoil e reducirá a emisión de gas de efecto invernadoiro, diminuíndo o custo de mantemento para as arcas municipais á vez que damos un paso máis no noso compromiso de coidar e protexer a nosa contorna ambiental”, sinala a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva. A instalación deste sistema executouse a través dunha subvención outorgada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para proxectos de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables promovidos polos concellos, cofinanciada con fondos FEADER da UE, asumindo a administración autonómica o 91% do importe final da actuación, valorada en 21.677,90 euros.


26 // Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

| Nigrán / Gondomar|

O goberno municipal inicia a remodelación dos vestiarios do Condomínguez O goberno municipal inicia as obras de acondicionamento e mellora dos vestiarios do campo de fútbol municipal Condomínguez, en Priegue. A actuación, valorada en 38.421,15 euros, permitirá mellorar as condicións hixiénico-sanitarias dunha das instalacións deportivas máis destacadas do municipio, “que é empregada por máis dun millar de persoas, o 80% nenos e nenas de Nigrán”, apunta o alcalde, Alberto Valverde. O proxecto considera o acondicionamento e posta a punto interior e exterior dos vestiarios, “unha actuación prioritaria para este goberno, ao tratarse dunha instalación municipal moi demandada polos nosos veciños e que tras anos de abandono se encontra nun estado precario”, puntualiza Valverde. Máis concretamente, a remodelación dos vestiarios consistirá na reposición dos acabados interiores (solados e azulexados), a renovación das instalacións de saneamento, electricidade

e fontanaría, a reposición e ampliación da carpintaría exterior,

a renovación do mobiliario, e o pintado interior e exterior. O

rexedor avanza que as obras se executarán o máis rápido

posible, “de forma que se xere o menor prexuízo posible os usuarios destas instalacións”, engade. A esta actuación hai que engadir a subvención de 171.482 euros concedida pola Deputación de Pontevedra, cuxo expediente de licitación iniciarase esta semana, para acometer a renovación do céspede artificial do Condomínguez, moi deteriorado, e o sistema de rega, cuxo mal funcionamento ocasiona en ocasións puntuais perdas de auga. O rexedor agradece unha vez máis o compromiso da Deputación de Pontevedra co municipio. “Entre as dúas administracións destinaremos máis de 200.000 euros a acometer a remodelación completa do campo de fútbol de Condomínguez, investimento que se suma aos 300.000 euros destinados ao campo de fútbol de Vilariño, resultado dun convenio de colaboración entre deputación e concello”, conclúe.

Comezan as obras de construción do centro de saúde de Panxón Formalizouse a acta de comprobación de reformulación do centro de saúde de Panxón, dando así comezo ás obras de construción, tras asinarse o contrato de obra entre o Servizo Galego de Saúde e a empresa Obras e Servizos Gómez Crespo, o pasado día 26 de setembro. O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, acompañado polo xerente doSERGAS, Antonio Fernández-Campa, visitaron os terreos onde se edificará o novo centro de saúde, nun acto que contou tamén coa presenza do xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada,Mario González; o director de Procesos Sin Ingreso de la Estructura Organizativa de Gestión Integrada de Vigo, Javier Caramés; e a subdirectora xeral de Investimentos do Sergas, Cristina Enjamio.

O presuposto da adxudicación é de 1.841.633 euros para unha superficie construída de 1.375 metros cadrados. O

da rede de Atención Primaria e mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o ámbito de traballo dos profesionais.

centro está cofinanciado con fondos FEDER e enmárcase na Estratexia Sergas2014 para modernizar as infraestruturas

A obra, que está previsto que se leve a cabo nun prazo de 12 meses, ten no seu programa funcional 6 consultas

de medicina xeral, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, unha polivalente, 1 consulta de pediatría, 1 de enfermaría pediátrica, sala de xuntas, aseos, oficios vestiarios e todos os servizos necesarios para o correcto funcionamento do centro. Na súa intervención, o alcalde manifestou a súa satis facción polo comezo das obras de construción do novo centro de saúde dePanxón, “unha infraestrutura demanda polos nosos veciños dende hai anos

e que hoxe se fai unha realidade máis tanxible, despois de moito traballo e moito esforzo por parte deste goberno e do propio concello como administración,”. Valverde aproveitou para avanzar que, a pesar de que hai que agardar á finalización e posta en funcionamento da nova infraestrutura sanitaria, o goberno municipal xa hai iniciada as xestións para reutilizar o actual centro de saúde como un espazo social e de ocio para os veciños de Nigrán. Contactamos coa propietaria dos terreos onde se sitúa o actual centro de saúde, a Tesouraría da Seguridade Social, e nos avanzaron que non habería problema ningún a, chegado o momento, redestinar esta infraestrutura a un uso social para desfrute dos nosos maiores”, concluíu.


|Nigrán/Gondomar|

Galicia Sur/Pontevedra // Outubro 2014 // 27

A secretaria xeral da Igualdade inaugura o VI Encontro Nacional de Mulleres López Abella agradeceu o traballo diario do colectivo na loita contra a violencia de xénero A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, inaugurou o VI Encontro Nacional de Mulleres que organiza a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo e que se celebrou na Residencia de Tempo Libre de Panxón. López Abella felicitou ás integrantes da Asociación pola organización deste Encontro Nacional, que comeza hoxe e que se prolongará durante todo o día de mañá e no que se tratarán temas como as migracións, violencias, amores patriarcais, erótica do coidado e a feminización da pobreza. Ademais, agradeceulle o seu traballo diario, incansable e impagable na loita contra a violencia de xénero, que se

centra en catro obxectivos fundamentais, que son a concienciación e prevención da

que sufren violencia de xénero; e a súa reincorporación psico-social.

mente traballan coas vítimas, as forzas e corpos de seguridade, os/as xuíces e funcio-

violencia contra as mulleres, a formación en materia de xénero; o apoio, asistencia e acompañamento ás mulleres

A Secretaria Xeral destacou que os esforzos que a sociedade no seu conxunto, as asociacións e organismos que diaria-

narios/as, e mailos gobernos de todas as administracións veñen realizando nos últimos anos, non son esforzos en bal-

de, xa que moitas mulleres teñen conseguido saír desa espiral infame que é a violencia de xénero, e moitas ordes de protección teñen conseguido evitar a perda de moitas vidas. López Abella incidiu que a folla de ruta do goberno galego na loita contra a violencia de xénero ten varios obxectivos, que son a sensibilización, prevención, denuncia, atención e protección, e reiterou que para acadar estes obxectivos é fundamental a coordinación e a colaboración entre todos os axentes implicados, coma son as Administracións públicas, poder xudicial, forzas e corpos de seguridade, entidades e a sociedade no seu conxunto.

Gondomar recupera o lavadoiro de Abrollido e acondiciona zonas de recollida residual O Concello de Gondomar recuperou o tradicional lavadoiro de Abrollido, na parroquia de Donas, que se encontraba en estado de deterioración debido á acumulación de sedimentos derivados das chuvias e riadas e ao amontoamento de vexetación. Á súa vez, o Concello levou a cabo obras de mantemento, mellora e sinaliza-

ción nas parroquias de Vincios, onde se instalou a petición dos veciños unha marquesiña, e Morgadáns, onde se reparou unha curva afectada pola auga subterránea da calzada que provocaba fracturas no asfalto. O Concello levou a cabo así labores de drenaxe na curva afectada e procederá ao asfaltado a finais desta semana unha vez compro-

bado o funcionamento das obras realizadas. Por outra banda, A concellaría de Medio Ambiente municipal acondicionou zonas de recollida de residuos nas parroquias de Donas, Borreiros e Villaza mediante limpeza, valado e sinalización. O concelleiro de Medio, Juan Carlos González Camesella, recorda que nas

zonas intervidas se producían constantemente verteduras incontroladas de todo tipo mesmo naquelas recentemente acondicionadas polo Concello, que sufriron actos de vandalismo, polo que o Concello abrirá expediente sancionador contra aquelas persoas que actúen en prexuízo e deterioración das instalacións.


28 //Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Gondomar|

Gondomar aforrará 560.000 euros Gondomar aprobou en Pleno ordinario a adhesión ao convenio de cooperación da Deputación de Pontevedra para a recollida de lixo do municipio do que xa forman parte 21 Concellos da provincia. Grazas ao convenio o Concello aforrará, durante os dous primeiros anos, 560.000 euros, xa que a taxa de recollida de lixo se conxelará e a Deputación pagará o 80% da diferenza entre a taxa que se cobra aos veciños (450.000 euros) e o custo real do servizo (800.000 euros) a través do concurso de licitación. A partir do ano 2017 o Concello está obrigado a pagar o custo total como o estivo a facer ata agora polo que este pagamento se realizará a través da taxa repercutida aos veciños, e, se a taxa non recadase o suficiente, as arcas municipais pagarían o resto. O cobramento da recollida de lixo aos veciños para os anos 2013, 2014 e 2015, foi aprobado por acordo plenario en 2012 e non cobre o custo total do servizo xa que a corporación municipal busca unha implantación gradual da taxa que non supoña un drástico desembolso inicial aos contribuíntes supoñendo a cantidade fixada a pagar un 75% menor que o establecido

nos Concellos limítrofes. O novo convenio terá, en palabras do alcalde Fernando Guitián, un efecto práctico para Gondomar xa que a recollida de lixo no municipio foi adxudicada en 2001 e o servizo necesita modernizarse con nova maquinaria e colectores, “prestacións que a Deputación ofrece e que cobre as necesidades reais de Gondomar”. Así mesmo, o convenio prevé a subrogación de todos os traballadores

entre os veciños para tratar os residuos orgánicos, apostando así por un maior compromiso co medio ambiente. Así mesmo, o Concello lembra que, segundo o acordo aprobado en pleno a data 08/11/2012 sobre a Ordenanza fiscal reguladora da Taxa de recollida de lixo, quedarán exentos do pagamento da taxa de basuras aqueles cuxos ingresos sexan inferiores ao indicador Público de Renda de Efectos Múltiples

que se encargan na actualidade da recollida de lixo na localidade. BNG e PP apoiaron este convenio na Deputación que inclúe, á súa vez, a creación dunha primeira planta de compostaxe así como a repartición de composteros

(IPREM) de 532 euros. Así mesmo, terán dereito a bonificación do 50% da cota, respecto á súa vivenda actual, aquelas persoas que no momento da solicitude teñan uns ingresos anuais, incrementados cos das persoas empadroadas na

mesma vivenda, non superiores á cantidade resultante de multiplicar por 1,3 o IPREM durante o ano natural anterior a aquel ao que se vén a producir efecto. Así, considéranse ingresos anuais os rendementos íntegros do traballo e do capital mobiliario e inmobiliario, así como os rendementos de actividades económicas aos que se refiren os artigos 17,25, 22 e 27 da Lei 35/2006 do 28 de novembro, do IRPF e da modificación parcial das Leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de Non Residentes e sobre o Patrimonio. Para ter dereito a esta bonificación deberase solicitar ata o 31 de decembro de cada ano, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento das condicións para o seu outorgamento, e no caso de resultar considerada, producirán efectos para o exercicio seguinte a aquel no que fosen formuladas. A solicitude deberá presentarse na oficina do ORAL de Gondomar acompañada dos seguintes documentos: -Fotocopia compulsada da declaración da renda do exercicio inmediato anterior ou, no seu defecto, certificación negativa da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria correspondente aos integrantes da unidade familiar. -Certificación catastral dos inmobles da súa propiedade.

O auditorio Lois Tobío inaugura novas instalacións O Conselleiro de Cultura de la Xunta de Galicia Xesús Vázquez e o Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo acudiron á inauguración das obras de ampliación do auditorio de Gondomar que contaron cun investimento total de 240.000 euros, 170.000 procedentes da Xuntae 70.000 do Concello. As obras levadas a cabo supoñen a adecuación da sala platea onde se abriu un espazo para luces de sala que permitirá actividades diferentes a obras exclusivas de teatro como conferencias ou concertos que precisan outro tipo de iluminación. Ampliouse á súa vez o acceso de entrada coa creación dun vestíbulo amplo que conecta co corredor central do auditorio, “antes o público tiña que acceder á sala polo lateral o que moitas

veces interfería na actividade que se estaba a realizar, con esta nova adecuación e ampliación do vestíbulo o público terá a nova sensación de entrar” a un teatro máis que a un auditorio, che vai introducindo” “no ambiente do espectáculo”, comenta o concelleiro de cultura Ignacio Troncoso. Á súa vez con este último investimento de 240.000 resultante dun convenio bianual entre a Xunta de Galicia e o Concello de Gondomar, capacitouse o soto contraincendios, climatizado as salas e habilitado unha zona de carga e descarga anexa ao escenario para facilidade das compañías “as novas obras dotarán de maior autonomía os técnicos das compañías e darán maior importancia ao público cos novos accesos”, comenta Ignacio Troncoso.

Dende que o auditorio se abriu ao público hai 15 anos, leváronse a cabo obras menores como sinalizacións de platea, saídas de emerxencia, instalación de novos cadros de corrente ou ins-

talación dos panos dianteiros e traseiros do escenario grazas a diferentes subvencións. O Concello conta agora cunha nova axuda da Deputación de Pontevedra de 82.000 euros coa que

se procederá á ampliación das dimensións do escenario, a reforma dos aseos destinados ao persoal das compañías e lacreación dun acceso directo ao espazo para persoas con minusvalía.


|Gondomar|

Galicia Sur/Pontevedra //Outubro 2014 // 29

Gondomar certifica o funcionamento do muro - grada do CDL

O Concello de Gondomar, tras o desbordamento do río Miñor o pasado mes debido ás fortes chuvias e a preamar, celebra o funcionamento do novo muro - grada instalado diante das edificacións do Centro de Desenvolvemento Local como medida de protección ante as inundacións do edificio que en anos anteriores se repetían debido á situación xeográfica de baixa altura do lugar. O nivel de auga alcanzado polo desbordamento do río a pa-

sada semana tería anegado a zona afectando directamente aos edificios polo que o muro -grada impediu a inundación e retivo a suba do nivel do río. Pola súa banda, a auga acumulada no ámbito dos edificios provén tanto da chuvia como da urbanización do campo de futbol e a súa evacuación se produce unha vez que baixa o nivel do río grazas á instalación dunha válvula na canalización de desaugadoiro que impide a entrada da auga pro-

cedente do río ao ámbito dos inmobles municipais e permite a evacuación posterior da auga acumulada no interior cando o nivel do caudal do río baixa. Comprobada a eficiencia do sistema e conseguido o obxectivo de evitar a inundación dos edificios, o Concello estuda ,dentro do proxecto integral de mellora da zona, perfeccionar a instalación dotándoa dun sistema de evacuación da auga interior proveniente da

chuvia mediante bombeo. Esta primeira fase do proxecto integral levouse a cabo grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra, polo que o Concello atópase na búsqueda de novas formas de financiamento para levar a cabo as seguintes fases de mellora da obra. En concreto, a corporación municipal prevé acometer,nun breve período de tempo, as obras do aparcadoiro na circunvalación tamén sufragadas polo organismo

provincial. O Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar constitúese como centro clave de emprego e formación ocupacional do Val Miñor e colabora con axentes e institucións sociais para a posta en marcha de proxectos de desenvolvemento local da zona, polo que o goberno municipal mantén o seu compromiso de preservar e protexer as instalacións dos edificios municipais de grande antigüidade e valor funcional.


30 //Outubro 2014 // Galicia Sur/Pontevedra

|Publicidade|


Galicia Sur/Pontevedra //Outubro 2014 // 31

|Pasatempos|

SUDOKU

HORÓSCOPO Aries:Este mes trae confianza, independencia, e individualidade. Agora, levarante a asumir novos desafíos, a atacar novosproxectos, e a afirmar a túa vida. Tesenerxía de reserva e úsala para motivar e inspirar a xente. Sentes que non hai nada que non poidasfacer. Tes ambición e persegues os teusobxectivos. Tauro:Novembro trae cambios, emocións, e posiblemente un incentivo financeiro. Movemento - viaxe, mudanza de residencia ou de oficina, quizais.Recibirás unha carta ou un chamado telefónico de alguén próximo e de quen non tes noticias hai tempo.Este mes debería ser suave e alegre. Trata de non tomar as cousas demasiado en serio. Geminis:Poderíanpedirche para facerunhaviaxe de traballo. Esta viaxeé inesperada pero traerache resultados moi positivos. Outraposibilidade é que che ofrezanunha trasferencia e promoción. Dunhaououtra forma haberá cambios no teu ambiente.Agora é o momento de faceralgúns cambios, de promoverte abertamente, e de alcanzar outrasfontes posibles de renda. Cancer:Ésendúbidaningunha o momento de volver aos negocios, de concentrarte no traballo, e de rematar calqueracousa que quedase inacabada. Presta atención aos detalles; non te atrases; non tomes atallos. Estás a facer as bases para o futuro, probando os outros e tí que mereces as responsabilidades e desafíos que asumiches. A túaenerxía está forte e concentrada.

A castaña no agosto quere arder; e no setembro, beber Castañas no Nadal saben ben e pártense mal Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruin viño Temperá é a castaña que por setembro regaña Polo San Martiño, castañas e viño

Leo:De moitas formas, este mes trae bendicións e pode ser moi reconfortante. A única experiencia complicada durante este mes será a necesidade de tratar con diplomacia e tacto un problema antigo, quizais con alguén no traballo. Un conflito básico de personalidadefoi a causa da fricción entre teu e un colega de traballo, e isto non pode ser máis ignorado. Virgo:A túa carga de traballo é considerable pero non te absorbe tanto como foinoutros momentos deste ano. Tesenerxía e confianza de que agora te estás a mover na dirección correcta. Os sentimentos de inseguridade e de frustración que se destacaron durante a maior parte deste ano están a desaparecer. As túasamizades e familiares mostranfortessinais de lealdade e os teussentimentos son expresados máis libremente. Libra:Precisas dun descanso. Se é posible, toma algún tempo libre para recargar as túas baterías. Necesitas de sol, relaxarche, alegría, e rir con amizades. Os únicos aspectos da carreira que son favorables son os relacionados coa creatividade, e inspirando e motivando as persoas coas cales traballas. Estas é unha boa ocasión para expresar os sentimentos e as ideas sobre as cales estiveches a pensar nos últimos meses.

SOPA DE LETRAS

LABIRINTO

Fotografía

Escorpio:Será un excelente momento para inspirar e motivar os outros. O teu entusiasmo é contaxioso e ningún obstáculo é demasiado grande para non o poder superar. Tespouca paciencia este mes e quererías que todo camiñasemoitomáis rápido. A túa mente anda a velocidades Mach pero podes dispersar as túasenerxías. Tenderás a querer cortar camiño demasiadas veces para evitar esforzoou detalles, que poderían resultar en frustraciónsou exceso de traballo en decembro. Sagitario:Afastaraste un pouco dos asuntos e problemas da xente. Durante o curso deste ano, tivo que axudar, recomendar, e aconsellaraosoutros varias veces. Agora, tesunha pausa. Pasa un tempo a soas para contemplar e meditar, Estudiar e ler son tamén favorables. A túa carga de traballo non diminuirá pero a maior parte é rutineiro e déixacheespazo para divagar mentalmente. Tamén, a túa mente está agudizada e podes concentrarte con facilidade cando queres... Capricornio:É unha excelente ocasión para novos negocios, asuntos financeiros, e todas as cousas relacionadas co mundo material. Recibe recoñecementoou por esforzos pasados na forma de recompensas estiveses a considerar para os teus negocios. Certacantidade de equilibrio séntese. Castigo e premio son ambos os dous posibles. Se te esforzaches sinceramente, a recompensa chegará. Pero, para algunhaspersoas, este mes poderíatraerlles malas noticias.

DISTRIBUCIÓN:

Directora técnica: J.M.Martinez Publicidade: Dpto. Propio Xornalgaliciasur@gmail.com Redacción: redaccion.xornalgaliciasur@gmail.com Fotografia: Hernandez, Arquivo, Dpto. Propio Montaxe e deseño: Dpto. Propio. Impresión: Publicaciones Tameiga

Deposito Legal: VG-951-2010 Direccion: Apartado de Correos nº 590 36080-Pontevedra Telf: 986090115 Queda terminantemente prohibida a reproduccion total ou parcial de calquera dos contidos deste xornal. As marcas comerciais pertencen o rexistro das suas respectivas compañias e os anuncios publitarios co seu contido son reponsabilidade unica do anunciante.

Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Cotobade, Ponte Caldelas, Soutomaior, Redondela, Marín, Poio, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa, Cuntis, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Valga, Portas, Ribadumia, Illa de Arousa, Barro, A Estrada, Meis, Meaño, Moraña, Ponteareas, Mondariz, A Cañiza,Covelo, Arbo,As Neves, Salvaterra,Porriño,Mos,Tui, Salceda, Oia,O Rosal, A Guarda,Tomiño, Baiona,Nigrán,Gondomar

Acuario:Toma un tempo libre e, se é posible vacacións. Entra en contacto coteueu interior, divaga, e comparte eses sentimentos e pensamentos con alguén en quen confíes. Precisarás que a xente te agradeza. Percibes os cambios no horizonte, pero sénteste no limbo, esperando que os feitos che indiquen un novo rumbo. Busca o consello, o enfoque, e a percepción doutros. Continua causando unha boa impresión naqueles con quentraballas, pero non polatúa acentuada sensibilidade e conciencia, senónpolatúaaptitude para expresarte ben e motivar a xente a ver as cousasaoteuxeito. Ten coidado en non manipular as persoas... Este é un mes “afortunado”. Piscis:Este é un bo momento para os negocios e as finanzas. É tempo para ter decisión e aventurarse, e non para o conservadorismo. Coraxe e orixinalidade son os ingredientes claves e necesarios para aproveitar totalmente este ciclo. A túa vida persoal está máis estable e sincera, para deleite das túasamizades e parentes. Tamén está con xenerosidade e motivación, pero non con humor para tratar as pequeneces. Estás un pouco impaciente. Poderías comprobar que o romance é o aspecto máis desafiante deste período. As probabilidades de encontrar alguén son boas, pero a túaabordaxepodería ser demasiado intensa e insensible.


32 // Outubro 2014 // Galicia Sur//Pontevedra/

|Publicidade|


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.