XGNACORUÑA OCTUBRE 2014

Page 1

OUTUBRO 2014 - ANO II - NUMERO 22

Prezo 1,20€

Sanidade aposta pola innovación farmacéutica PAX. 3

e-mail .: infoskipol@gmail.com Telf.: 986 09 09 75


|Galicia|

2 //Outubro 2014 // Galicia Norte

Feijóo destaca o incrementado de 850 prazas destinadas ás persoas con discapacidade Resalta o incremento actual de máis de 700 das prazas públicas para este colectivo, un 16% máis das que había en abril de 2009; ás que se engadirán, a finais de 2014, 140 novas prazas de atención diúrna para persoas con discapacidade O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou que, ao remate de 2014, as prazas para as persoas con discapacidade se terán incrementado nun 20%, tras a creación de preto de 850 novas desde abril de 2009. Así o subliñou durante a inauguración das novas instalacións do Centro de Educación Especial de ASPACE en Sada, dirixido aos nenos e mozos afectados por parálise cerebral. Na súa intervención, o mandatario galego reiterou o compromiso da Xunta de cara a garantir mellores servizos para as persoas con discapacidade, o que se ten traducido no incremento do número de prazas públicas destinadas a este colectivo: desde a chegada ao Goberno máis de 700, un 16% máis das que había en abril de 2009. E un compromiso que se vai seguir reforzando porque, segundo avanzou, antes de que finalice o ano poñeranse en marcha 140 novas prazas de atención diúrna para este colectivo. “Así pois, e a pesar da crise económica, a finais de 2014 teremos creado case 850 para persoas con discapacidade, un 20% máis das que atopamos á nosa chegada”, aseverou. Deste xeito, na actualidade Galicia conta con 5.000 prazas dirixidas a este colectivo e sostidas con fondos públicos. Tras referise á partida dedicada este ano á discapacidade, máis de 97 millóns de euros -case un 6% máis que en 2013, Feijóo explicou que o Executivo galego está a desenvolver unha política en materia de discapacidade “transversal”, deseñada desde unha perspectiva global. Unha óptica horizontal que ten en conta tanto o incremento no número de prazas, como a calidade dos servizos prestados, a inserción laboral ou o marco normativo. “Poñemos o acento en garantir

a máxima calidade e eficiencia nos servizos que lle ofrecemos aos usuarios”, e este é o “principal cometido da Carteira de Servizos para a Dependencia”, abundou Feijóo, lembrando que esta carteira se puxo en marcha hai un ano, tras moitos meses de diálogo coas entidades do terceiro sector. Unha

poloxía de discapacidade e ao ampliar o número de servizos e adecualos ás necesidades reais dos seus beneficiarios. Este é o primeiro paso do novo modelo de carteiras, ao que lle seguirán nos vindeiros meses a de Familia e Infancia; a de Persoas con Autonomía; e a de Servizos de Inclusión.

>Subliña que o Executivo galego está a desenvolver unha política “transversal” en materia de discapacidade, centrada no incremento no número de prazas, na calidade dos servizos prestados, na inserción laboral e no marco normativo<

iniciativa que, dixo, “pretende confeccionar un traxe á medida de cada usuario”, ao establecer un catálogo específico de prestacións para cada ti-

Canto á integración laboral deste colectivo, Feijóo destacou que en 2014 se reforzou nun 8% a dotación económica para os programas de empre-

go para a discapacidade, aos que se destina unha partida de 17,4 millóns de euros. No que atinxe á mellora do marco lexislativo, o xefe do Executivo galego recordou a aprobación, a finais do pasado ano, do Decreto de atención temperá, que mellora a coordinación e a eficiencia na atención aos nenos que máis o precisan; que nestes momentos se está a traballar na redacción dos protocolos que desenvolven este decreto e na ampliación da rede de centros de atención temperá; e que antes de que finalice o ano estará aprobada a nova Lei de accesibilidade –en pleno

arquitectónicas. O presidente da Xunta destacou o traballo que, ao longo dos seus 37 anos de existencia, vén realizando ASPACECoruña a prol das persoas con parálise cerebral; e cualificou a organización como un “referente” na materia, non só na área da Coruña e da súa comarca, senón en toda Galicia. O centro de ASPACE inaugurado dispón de 8 aulas de educación especial destinadas a cubrir as necesidades de aprendizaxe dos nenos e mozos de 0 a 21 anos afectados por parálise cerebral. Neste momento, o centro ten concertadas 6 unidades coa Con-

proceso parlamentario-, que aposta pola consecución dunha accesibilidade “universal” que contribúa a superar o tradicional concepto de barreiras

sellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, atende 21 alumnos de idades entre os 6 e os 20 anos, cunha ratio por aula de 3-5 alumnos.


|Galicia|

Galicia Norte //Outubro 2014 // 3

Sanidade aposta pola innovación farmacéutica

O Servizo Galego de Saúde aposta pola introdución de novos tratamentos innovadores centrando os seus esforzos en garantir a sustentabilidade do sistema sanitario público. Así o declarou a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, na inauguración da xornada sobre A incorporación da innovación farmacéutica á práctica clínica, onde subliñou que esta práctica debe estar “avalada pola súa eficiencia, seguridade e efectividade”, ademais de introducirse de forma “ordenada,

equitativa e homoxénea” co fin de garantir as condicións de igualdade no acceso aos medicamentos no Sistema Nacional de Saúde. A conselleira avogou pola utilización dunha innovación aberta como panca de cambio do sistema, pasando dun modelo reactivo a un proactivo, no que se fomente e coordine a comunicación cos diferentes axentes implicados na cadea da prescrición e dispensa do medicamento.“É necesario desenvolver estratexias que

nos permitan xestionar a innovación farmacéutica de maneira que manteñamos cubertas outras necesidades asistenciais ás que o sistema sanitario debe continuar dando resposta”, subliñou Mosquera.Neste eido, indicou que Galicia, xunto co resto de comunidades autónomas e a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, colabora na elaboración e protocolización dos informes de posicionamento terapéutico dos medicamentos, ferramenta para a toma

de decisións de financiamento e para a aprobación do prezo reembolso dos fármacos. O obxectivo é desenvolver un único informe de posicionamento terapéutico para cada novo medicamento, que sexa recoñecido por todo o Sistema Nacional de Saúde. Así, coa colaboración dos expertos clínicos, defínese o perfil do paciente candidato a ese novo medicamento, baseándose nos criterios de eficiencia e seguridade segundo a evidencia científica dispoñible. Ademais,

nunha fase posterior á decisión do prezo, incorporarase unha avaliación económica que posicione a este novo medicamento en función da súa eficiencia. Estes informes son sometidos a consulta das sociedades científicas, asociacións de pacientes e laboratorios titulares de comercialización. Ademais, a conselleira de Sanidade lembrou que o Sergas realiza, cada ano, 25 millóns de consultas nos centros de saúde, 4 millóns de consultas nos hospitais e 187.000 intervencións cirúrxicas; ademais de atender a 1 millón de urxencias hospitalarias e dispensar máis de 60 millóns de receitas médicas. O orzamento de Sanidade para asumir esta actividade é de 3.400 millóns de euros, o que supón máis do 40% do orzamento total da Xunta de Galicia. Deles, un terzo emprégase na xestión de recursos humanos e outro terzo no pago da factura farmacéutica. Ademais, o Sergas presta asistencia a unha poboación cada vez máis envellecida. Un 23% da poboación é maior de 65 anos, cifra que no 2020 alcanzará o 25%. A isto súmase o incremento da cronicidade, polo que é necesario organizar un sistema de saúde efectivo para estes doentes que a maiores son polimedicados.

Benestar inviste 150.000 euros no convenio con Cruz Vermella A Consellería de Traballo e Benestar e Cruz Vermella veñen de renovar o convenio de colaboración que manteñen para o programa “Sen Teito”, que xestiona esta entidade e que conta cunha achega do departamento autonómico de 150.000 euros para este ano. En total, esta iniciativa atendeu a preto de 1.4000 persoas en toda Galicia durante o anterior exercicio. Esta colaboración, que se vén levando a cabo desde 2002,

ten como obxectivo mellorar a situación das persoas sen fogar, desde unha perspectiva de atención integral, así como ofrecerlles unha atención coordinada das administración e entidades que permita atender as súas necesidades. Máis en concreto, o convenio promove a posta en marcha dunha serie de actuacións que teñen como obxectivo mellorar a situación social e sanitaria das persoas que viven na rúa ou en infravivendas.

Esta atención préstase a través dunha rede de equipo de intervención na rúa, situados na Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vigo, que desenvolve o seu labor de xeito coordinado coa rede de recursos de atención ao colectivo: albergues, comedores sociais, e servizos sociais. Estes equipos locais de intervención inciden nas seguintes áreas de traballo: información, asesoramento, acompaña-

mento individualizado, formación, promoción da saúde, aproveitamento positivo do ocio e do tempo de lecer, sensibilización social, e fortalecemento da rede de traballo de coordinación entre as entidades e as institucións. O programa de atención ás persoas sen teito inscríbese no compromiso do Goberno galego de axudar aos colectivos máis desfavorecidos. Así, nesta mesma liña de actuación, enmárcase tamén a posta en

marcha, este ano por vez primeira, dunha orde para a contratación de persoas que están a percibir a RISGA, dotada con 5 millóns de euros. Ademais, cabe recordar que ano tras ano auméntase a partida destinada á inclusión. En 2014 están a destinarse 59,2 millóns de euros, un 13,6% máis que en 2013. Só para a RISGA hai orzamentados 42,7 millóns de euros, un 30% máis que o orzamento inicial de 2013.


|Galicia|

4 //Outubro 2014 // Galicia Norte

Feijóo resalta o apoio da Xunta ao fomento da I+D+i na industria mariña e alimentaria O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou o compromiso e o apoio do Goberno galego ao fomento e promoción da I+D+i na industria mariña e alimentaria galega co fin de que gañe competitividade e poida responder mellor ás demandas de mercados e de consumidores. Así o sinalou durante o acto de inauguración do II Simposio científico inter-

e que acolle case o 10% das persoas empregadas; é unha potencia pesqueira e acuícola a nivel mundial, cuns ingresos anuais arredor dos 770 millóns de euros, dando emprego a máis de 4.200 persoas; e ocupa o primeiro posto da Unión Europea e o segundo a nivel internacional no que a conservas de pescados e marisco se refire, un segmento que achega case

no aumento da seguridade da materia prima galega; e de maneira particular, no desenvolvemento de alimentos funcionais que, a través da biotecnoloxía, melloren a calidade de vida das persoas con necesidades especiais. Así mesmo, a Xunta ten inxectado 6 millóns de euros aos centros de coñecemento da Comunidade –CECOPESCA e

mento de 9 millóns. Todas estas son, segundo Feijóo, iniciativas que mostran o apoio que desde a Xunta se está ofrecendo e se vai seguir dando para impulsar a I+D+i das industrias pesqueiras e alimentarias galegas, conscientes, dixo, de que “na innovación está a chave do futuro”. Nesta liña, considerou que, só a través do deseño dunha estratexia

clara aposta pola acuicultura, que evite a presión pesqueira sobre os xacementos mariños e, ao tempo, axude a satisfacer a cada vez maior demanda global de pescados e mariscos. O presidente galego incidiu, ademais, en que as previsións da FAO suxiren que, no ano 2030 o 62% do pescado que consumamos procederá da acuicultura, e que países con

nacional para a innovación na industria mariña e alimentaria, que se celebrou na cidade de Vigo. O mandatario autonómico considerou que de cara aos próximos anos, o valor engadido que achegarán os resultados da I+D+i será “determinante” á hora de acadar os niveis de competitividade e as cotas de mercado que o complexo marindustria precisa para facer fronte aos retos dun mercado cada vez máis globalizado e exixente. “O sector pesqueiro e alimentario galego é moi consciente disto” e “coñece ben os retos aos que debe facer fronte se quere seguir mantendo o liderado e continuar sendo referente español e europeo”, afirmou. Nesta liña, lembrou que Galicia conta cun sistema alimentación-industria que xera o 7,5% do valor actual neto galego

12.000 postos de traballo e o 78% do emprego do sector en España, acadando arredor de 1.120 millóns de euros anuais en facturación, o 85% do total nacional. Apoio da Xunta ao sector “No Goberno galego coñecemos o carácter estratéxico que este vector industrial ten na nosa economía”, asegurou Feijóo, destacando que desde a Xunta se teñen posto en marcha un amplo número de instrumentos que están axudando a un aumento da intensidade tecnolóxica das empresas galegas, á innovación dos seus produtos e procesos, así como á especialización e á diversificación do seu catálogo comercial. Así, explicou, a RIS3, a Estratexia de Especialización Intelixente, pon o acento na investigación e na innovación para revalorizar os subprodutos e descartes da pesca e a industria conserveira;

CETMAR- para o desenvolvemento de produtos e servizos competitivos e para a diversificación do sector alimentario. Ademais, un proxecto “singular e de grande importancia” para o Goberno galego é a construción do Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria, que suporá un investimento de 8,5 millóns. Xunto con isto, o mandatario autonómico resaltou o desenvolvemento de 6 proxectos de investigación de alto impacto para a cadea mar-industria, cun investimento de 10,8 millóns, ao amparo do programa FEDER-Innterconecta; ademais das axudas do programa Conecta Pemes para proxectos de I+D+i promovidos por empresas do sector pesqueiro e da industria de transformación asociada. Unhas axudas que permiten mobilizar un investi-

baseada na innovación, as empresas galegas serán capaces de afrontar os seus retos: o crecemento, a creación de emprego e o impulso dunha industria sustentable, respectuosa co medio e á altura das exixencias de mercados e consumidores. II Simposio científico internacional Por último, o presidente galego referiuse á celebración do II Simposio científico internacional para a innovación na industria mariña e alimentaria como un foro axeitado que lle blinda ás empresas unha visión integral das problemáticas e das novas tendencias, o que lles axudará a definir e trazar unha folla de ruta para o futuro. A este respecto, Feijóo lembrou que o porvir desta industria pasa por unha actividade pesqueira “sustentable”, por un sector transformador “respectuoso co medio”, e por unha

elevados niveis de inseguridade alimentaria na actualidade se terán convertido tamén en grandes produtores mundiais. Neste sentido, Feijóo subliñou que se fai necesario que gobernos de terceiros países “se comprometan a abrazar prácticas que regulen e exixan plenas garantías alimentarias a produtores e transformadores de alimentos”, ao tempo que se fai indispensable garantir unhas condicións dignas aos traballadores do sector pesqueiro, que contribúan a reforzar unha economía global de libre mercado sen que supoña unha ameaza para os produtores responsables nin tampouco para os consumidores. “A creación e revisión de normativas comunitarias e internacionais para a regulación efectiva destes aspectos será una das vertentes que maior esforzo e dedicación requirirá”, concluíu.


|Galicia|

Galicia Norte // Outubro 2014 // 5

Primeira Reserva Internacional Fluvial da Unión Europea entre España e Portugal O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do MiñoSil(CHMS), está impulsando a declaración da primeira Reserva Internacional Fluvial da Unión Europea, entre España e Portugal, para os ríos transfronteirizosTroncoso e Laboreiro. Presentáronse, en Ourense, os resultados do proxecto de Calidade Ambiental das Reservas Naturais Fluviais Internacionais de Medio Acuático (CARISMA), que promove esta declaración, e que foi desenvolvido no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, que fomenta o desenvolvemento das zonas transfronteirizas de ambos os dous países. O presidente da CHMS, Francisco Marín, inaugurou a xornada, onde hai destacado que “por primeira vez en Europa, administracións de diferentes países puxéronse de acordo para protexer e poñer en valor ríos compartidos”. O Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, coordinou este proxecto, na que tamén participaron como socios a Administración Hidrográfica do Norte de Portugal e a Câmara de Melgaço. Este proxecto contou cun presuposto de máis de 2 millóns de euros, e conta co informe favorable do Consello da Auga da demarcación doMiñoSil, que xa informou a favor desta proposta de declaración de Reserva Internacional Fluvial. “O resultado do proxecto Carisma responde a unha filosofía de unión entre poboacións transfronteirizas en prol de crear un revulsivo económico e de axuda a a dinamización do turismo ambiental da zona”, sinalou Marín. No primeiro conxunto de actividades, destinada a mellorar o control da calidade e cantidade das augas de ambos os dous ríos, realizouse un estudo limnolóxico para a caracterización das condicións

de referencia da tipoloxía de masa de auga das reservas. Este estudo permitiu verificar a excelente conservación de os ríos analizando os seus ecosistemas (fauna, flora, vexetación de ribeira, indicadores biolóxicos...), o que propiciou a declaración de ambos os dous ríos como reservas naturais fluviais internacionais. Tamén neste primeiro bloque de accións se desenvolveu un sistema de abastecemento de auga público a diversas poboacións que rodean ao río Laboreiro, en concreto Castro Laboreiro no municipio de Melgaço(Portugal). ACTUACIÓNS A AMBOS LADOS DA FRONTEIRA Entre as actuacións centradas en corrixir pequenas fontes de contaminación por augas residuais domésticas, construíuse unha estación depuradora de augas residuais no municipio de Padrenda (Ourense), que permitirá depu-

rar as augas do ámbito de ponte Barxas. A nova instalación dará servizo a máis de 600 habitantes-equivalentes e mellorará a calidade ecolóxica do ríoTroncoso. Por a súa parte, en Portugal, nas localidades de Fiaes e Melgaço, construíronse tamén senllas depuradoras compactas. O proxecto Carisma considerou, ademais, outras intervencións nas marxes dos ríos para recuperar e acondicionar ambas as dúas ribeiras, e tamén se propiciou a construción de novos accesos para posibilitar a comunicación e relación dos habitantes das poboacións limítrofes, como a pasarela peonil sobre o río Troncoso en Acivido (Padrenda). Paralelamente deseñáronse e rehabilitado sendeiros peonís tanto no río Laboreiro en Olelas (Entrimo) como no río Troncoso (Padrenda), e se han executado varias rutas de sendeirismo

para o desfrute principal dos habitantes de a zona, co obxectivo de que poidan dispoñer no seu ámbito máis inmediato de camiños ou sendeiros peonís onde practicar deporte. CONCIENCIACIÓN DAS POBOACIÓNS DOS DOUS PAÍSES Dentro do último bloque de actuacións, centrado na divulgación e comunicación, instaláronse un conxunto de paneis interpretativos a ambos os dous lados da fronteira con información dos diferentes sendeiros e a paisaxe. Os concellos, ademais, acolleron charlas e accións divulgativas como a conmemoración do Día Mundial da Auga 2013, celebrado cos nenos do municipio de Padrenda, acto no que se fixeron entrega dos premios do concurso de debuxo e narrativa aos mellores traballos presentados polos escolares baixo o epígrafe “Cóntanos do teu río”.

A Xunta destaca a importancia das introdución das novas tecnoloxías no futuro da Administración de Xustiza O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na inauguración das xornadas da EGAP sobre “A Xustiza que vén”, onde fixo fincapé na importancia da introdución das novas tecnoloxías no ámbito da Administración da Xustiza e destacou o investimento que está a levar a cabo o Goberno galego en materia xudicial du-

rante os últimos anos, que se traduce na implantación das TIC na Administración de Xustiza e na construción e mellora das infraestruturas xudiciais galegas. Alfonso Rueda inaugurou as Xornadas “A Xustiza que vén”, que teñen lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública, onde incidiu na perti-

nencia deste espazo de debate xusto neste momento, no que aos xa coñecidos proxectos de reforma que se atopan en marcha no ámbito xudicial –nova lei orgánica do Poder Xudicial, cambios na lei de enxuizamento, reformas dos códigos penal e mercantil, entre outras- se suma a chegada dun novo ministro de Xustiza.

O obxectivo principal desta Xornadas é coñecer as liñas mestras no deseño da Xustiza nos vindeiros anos, tanto na súa programación territorial coma funcional, poñendo de manifesto as novidades que presenta a nova lexislación orgánica do poder xudicial e a súa incidencia na actividade dos profesionais. Nas xorna-

das participan especialistas na Xustiza coma Miguel Ángel Cadenas, Presidente do TSXG; Lorenzo del Río, Presidente do TSJ Andalucía; José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG; e Javier Carlos Sánchez García, vicepresidente do Colexio Nacional de Procuradores, entre outros.


|Cee/ Melide|

6 //Outubro 2014 // Galicia Norte

Cee celebra as I Xornadas de organización de entidades deportivas O Concello de Cee celebrou os pasados días 3 e 4 de outubro , no Salón de Plenos , un curso de formación promovido pola Deputación Provincial da Coruña O curso ,cunha duración de 12 horas, (venres pola tarde e sábado todo o día), foi gratuíto para todos os técnicos e adestradores dos clubes da provincia. Impartíronse 3 contidos de especial relevancia: responsabilidade civil dos técnicos, búsqueda de patrocinadores e colaboradores e xestión dunha entidade deportiva. O obxetivo final foi proporcionar a directivos, técnicos e adestradores deportivos da provincia da Coruña,que dirixen actualmente escolas deportivas ou clubs deportivos, unha formación en materia de dirección e xestión dunha entidade

deportiva. Os bloques fundamentais impartidos resúmense na identificación das demandas e necesidades reais dos directivos e técnicos de clubs, a comparación e análise dos distintos modelos de xestión utilizados actualmente nos clubsdeportivos e a promoción e creación de relacións e futuros intercambios entre profesionais de entidadesdeportivas. O programa destas xornadas consta así de temas coma Código deontolóxico do técnico deportivo Responsabilidade civil na xestión deportiva Dirección e xestión de entidades deportivas Bases para a xestión de subvencións en clubs e asociacións deportvas Bases para a busca de patrocinadores e colaboradores

A XGL aproba o asfaltado do aparcadoiro do Campo da feira de Melide A XGL de Melide aproba por procedemento de subasta o asfaltado e acondicionamento da principal explanada do Campo da feira de Melide. Se acondicionara igualmente unha área para aparcamento de camións de gando, coches con remolque, coches comúns, autobuses e autocara-

banas. O presuposto ascende a 64.397,87 €. A previsión é que esteña finalizado antes de rematar o ano dando así unha mellora substancial de servizo de parking anto a veciños como a visitantes. Habilitanse espazos perfectamente delimitados para

coches, camións, autobuses e autocaravanas. Con esta mellora amplíase o número de prazas de estacionamento de autobuses con 12 prazas de 12 m de longo x 4 m de ancho; 30 prazas de coches con 7 reservadas para persoas minusválidas. Debido á proximidade da explanada coa nave da

feira da gando considerouse necesario a delimitación de parcelas para coches con animales e coches con remolque diseñándose para tal fin 14 prazas cun ancho especial; 7 delas cunha medida de 11,50 m de longo e 9,50 m respectivamente sendo o ancho de 4 metros. Tamén se contemplan

5 prazas para autocaravanas. O prazo de execución será de dous meses dende a adxudicación. As propostas puideron presentarse na secretaría xeral da Casa do Concello hasta ás 13.00 h do día 7 de outubro de 2014. As bases están disponibles no perfil de contratante.


|Oroso/Ortigueira|

Galicia Norte //Outubro 2014 // 7

Oroso reparte 3.000 xogos para incentivar a reciclaxe de lixo O Concello de Oroso e a comunidade educativa colaborarán no reparto dun xogo de reciclaxe entre os estudantes das escolas infantís, os colexios de infantil e primaria e o instituto de secundaria do municipio. Cunha dinámica semellante ao xogo da Oca e protagonizado por ‘Troi’, unha mascota educativa inspirada nunha troita, vanse repartir inicialmente 3.000 exemplares do xogo, co propósito de que chegue a todas as familias con nenos. O xogo foi presentado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e os concelleiros de Ensino, Antonio Leira, e de Medio Ambiente, José María Castro, nun acto ao que asistiron representantes das ANPAS e dos distintos centros educativos. Mirás explicou que o xogo quere aproveitar o feito de que os nenos e nenas actúan a miúdo como mestres nas súas casas, de modo que “a través deles pretendemos conseguir unha mellora significativa da separación e reciclaxe do lixo en Oroso”.Mirás expuxo que “a sociedade aínda non é o suficientemente consciente do problema que temos cos re-

siduos, xa que en Sogama cando menos o 40% de todo o que chega non se recicla e se non colaboramos desde a orixe vai ser

Cerceda, o que en termos económicos equival a uns 110 euros diarios que non gastaría o erario municipal.

máis cómodos e inmediatos coa que conta a cidadanía para transmitirlle á administración local problemáticas ambien-

imposible ter un ambiente sano para os nosos fillos e netos”. Ademais desta prioridade educativa, o alcalde indicou que unha mellora neste eido permitirá reducir ata nun 30% os residuos que o Concello remite á planta de Sogama de maneira impropia, co correspondente aforro económico. Estímase que se poderían enviar uns 1.500 quilos menos cada día á planta de

Boa acollida Línea Verde Oroso Por outra parte, o goberno municipal aproveitou o acto de presentación do xogo de ‘Troi’ para dar conta da boa acollida que está tendo o servizo ‘Línea Verde Oroso’, desde a súa posta en funcionamento a comezos do verán pasado. O alcalde asegurou que xa supera as cen incidencias atendidas e comentou que se trata “dun dos sistemas

tais ou de servizos básicos”, que son atendidas en menos de 24 horas. Línea Verde Oroso’ conta cunha aplicación para móbiles intelixentes e cun sitio web (www.lineaverdeoroso.com), nas que os cidadáns poden formular consultas, comunicar incidencias ou obter información unha guía de boas prácticas sobre medio ambiente, facerse con recursos sobre educación

Última fase da senda peonil entre Sigüeiro e Gándara O Concello de Oroso está a rematar as obras da última fase da senda peonil que unirá a urbanización Porto Avieira (Gándara) coa capital municipal, Sigüeiro. As obras estanse a acometer na rúa María Casares, moi utilizada como primeiro acceso á urbanización Porto Avieira. Os traballos realízanse ao longo dun tramo duns trescentos metros, entre as beirarrúas da primeira mazá da urbanización e a segunda fase da senda peonil, construída polo Concello de Oroso en setembro de 2012. Unhas obras que tamén inclúen a instalación da tubaxe correspondente á recollida de pluviais e que supoñen un investimento de case 50.000 euros por parte do Concello de Oroso.

O concelleiro de Vías e Obras, Eduardo Veiras, agarda que os traballos “poidan estar rematados nos próximos días” e adianta que “a nosa intención é seguir mellorando a conexión da parroquia de Gándara con Sigüeiro a través de sendas peonís, polo que nun futuro agardamos poder chegar cunha senda peonil ata O Piñeirón”. Compromiso cumprido Deste xeito, o Concello de Oroso cumpre co compromiso que o seu alcalde, Manuel Mirás, adquirira cos veciños e veciñas de Porto Avieira hai un ano (setembro de 2013). Nesa data, Mirás anunciara que “nos próximos anos temos a intención de rematar a senda peonil entre Sigüeiro e Gándara co tramo da rúa María Casares, no mes-

mo lado onde vai o alumeado público que acabamos de estrear. Deste xeito, os veciños e veciñas de Porto Avieira estarán unidos coa capital municipal a través dunha senda peonil que partirá das propias beirarrúas da urbanización, o que mellorará a súa seguridade viaria”. Unha vez rematen os traballos postos en marcha a principios deste mes de setembro, O Concello de Oroso terá investido preto de 150.000 euros nos últimos tres anos en mellorar a seguridade viaria dos veciños e veciñas da parroquia de Gándara mediante a conexión da urbanización Porto Avieira con Sigüeiro e en dotar á rúa María Casares de alumeado público

ambiental, ou acceder á lexislación e normativa sectorial, entre outros moitos contidos. Mirás animou á comunidade escolar presente no acto a utilizar tamén ‘Línea Verde Oroso’ como ferramenta educativa e tamén emprazou á cidadanía en xeral a valerse desta aplicación para denunciar situacións ás que o Concello cos seus medios non pode chegar por si só. Puxo como exemplo o comportamento incívico dalgúns propietarios de cans, que non recollen os seus excrementos en parques e zonas verdes. “Temos unha moi boa ordenanza nesta materia –destacou o alcaldepero o Concello non pode estar detrás de cada persoa que saca o seu can, de modo que aínda que non sexa moi cómodo denunciar un veciño pedimos colaboración cidadá para coñecer estes casos”. Tamén anunciou que en breve se iniciará unha campaña de vixilancia, con sancións, para quen paseen coa súa mascota sen portar a bolsa coa que recoller os excrementos e depositalos no lugar axeitado.

Ortigueira ofrece un curso de emprego doméstico O Centro de Información á Muller prepara, co respaldo de Deputación da Coruña, un curso destinado a impulsar a inserción laboral de mulleres en grave risco de exclusión social no eido do traballo doméstico. A acción inscríbese no marco das iniciativas formativas de mellora da empregabilidade. Apuntan dende o servizo, dependente da Concellaría de Benestar Social, que a iniciativa ten como obxectivos a adquisición por parte das alumnas de coñecementos teóricos e prácticos de tipo doméstico que as capacite para ocupacións relacionadas co traballo de empregada no fogar (cociñar, limpar, pasar o ferro...) e facilite a obtención do certificado de profesionalidade de

emprego doméstico. Trátase deste xeito de buscar unha saída profesional a un grupo de usuarias novas e con cargas familiares que, por razóns de diversa índole (falta de habilidades sociais e persoais, carencia de estudos básicos, descoñecemento do idioma...) teñen especiais dificultades de inserción laboral e encóntranse en risco de exclusión. O CIM de Ortigueira contará cunha subvención de 2.340 euros de Deputación da Coruña, para activar este curso, que terá unha duración de 80 horas e que persegue contribuír a que estas veciñas que carecen de ingresos ou perciben prestacións tipo Risga, poidan acceder ao mercado laboral.


|A Coruña|

8 //Outubro 2014 // Galicia Norte

Concello e Xunta acordan construír un centro de saúde en Santa Lucía O alcalde, Carlos Negreira, alcanzou un acordo coa conselleira de Sanidade, Orballo Mosquera, para actuar de forma conxunta na parcela do mercado de SantaLucía, no barrio da Falperra, co fin de acometer a rehabilitación integral do edificio -que actualmente acolle a praza de abastos-, e que manterá o seu uso como mercado e onde tamén se instalará un centro de saúde. Ademais de dotala doutros usos veciñais. O proxecto licitarase no primeiro trimestre de 2015, unha

vez que o Concello recupere a concesión do edificio que agora alberga o mercado. En calquera caso, o obxectivo do Goberno local é afrontar unha rehabilitación do inmoble con dous obxectivos prioritarios: adaptar o mercado ás necesidades do século XXI e dotar ao edificio dun centro de saúde de modo que a organización funcional deste permita desenvolver as dúas actividades de forma totalmente independente e sen ningún problema de compatibilidade. O futuro centro de saúde be-

neficiará a unha poboación sanitaria de case 7.000 veciños de La Falperra, a maioría usuarios do ambulatorio de Federico Tapia, que continuará aberto. A súa construción é unha antiga demanda veciñal do barrio que marcará un antes e un despois para a Falperra: revitalizarase o barrio e o edificio converterase no motor da zona. O proxecto forma parte do plan de revitalización do barrio, que inclúe, entre outras actuacións, mellores conexións e a instalación de escaleiras mecánicas.

Miguel Lorenzo entrega os diplomas do curso ‘Pintora - Decoradora’ O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, participou na entrega de diplomas ás 12 alumnas que asistiron e finalizaron o curso Pintora Decoradora que se celebrou entre xuño e setembro deste ano. O curso forma parte da iniciativa Emprende Futuro que o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello realiza cofinanciado pola Deputación Provincial de A Coruña. O obxectivo desta iniciativa é mellorar a posición das mulleres na sociedade impulsando

a súa participación no ámbito laboral, xa sexa por conta allea ou a través dunha iniciativa emprendedora. Ademais deste curso, enmarcado no ámbito da formación específica, ofértanse, ao longo deste ano, outros sete cursos relacionados con competencias pre-laborais, formación transversal, formación para o emprego por conta propia e formación lingüística. As actividades diríxense a mulleres en idade laboral residentes na Coruña ou a área metropolita-

na e dáse prioridade a mulleres vítimas de violencia de xénero, emigrantes, con escasa ou nula experiencia laboral, ou con traballos precarios. Este programa dá continuidade ao desenvolvido entre xuño de 2013 e xuño de 2014 cofinanciado tamén pola Deputación Provincial,Proxecta ou teu futuro, no que participaron 151 mulleres. En total, ofrecéronse 1.269 horas de formación repartidas nas 22 edicións que se realizaron dos 9 cursos ofertados.

A posta en marcha do proxecto de rehabilitación do mercado de Santa Lucía, ademais dunha reivindicación histórica do barrio, é tamén unha promesa electoral de Carlos Negreira, cuxo equipo de goberno, a través da Concellaría de Emprego e Empresa que dirixeLuisa Cid, mantén reunións periódicas cos pracervos para analizar posibles alternativas de futuro malia que a responsabilidade dos seus negocios non recae no Concello ao tratarse dunha concesión administrativa. Este novo proxecto súmase a

outros actuacións que se levaron a cabo no barrio, como a remodelación tanto da praza do Libro coma da rúa Enrique Dequidt; a instalación da área infantil na prazaFrancisco Prego; ou as próximas iniciativas de mellora da accesibilidade como a instalación de escaleiras mecánicas en MestreClavé; ou o concurso de ideas para a renovación da praza de AntonioTenreiro. Actuacións que supoñerán un antes e un despois para o barrio da Falperra e para a mellora da súa calidade de vida.


|A Coruña|

Galicia Norte //Outubro

2014 // 9

Agra Directo transforma o barrio do Agrdo Orzán en punto de encontro cultural” O tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, presentou o Festival Agra Directo, unha iniciativa cultural, que se celebra no Agra do Orzándo ata o 26 de outubro. “Esta iniciativa persegue a transformación progresiva do barrio en distrito artístico e punto cultural de encontro dentro e fóra da Coruña. E non só iso, senón que este cambio virá da man de artistas locais, comerciantes e veciños que serán os encargados de encher as súas rúas de contido e, en definitiva, de revitalizar o barrio e dinamizar o seu tecido cultural, social e comercial”, destacou a concelleira, acompañada porÁlvaro Matías, director xeral de A Fábrica, e Juan Varela, coordinador do proxecto. O festival baséase na creación dun espazo de vangarda a través da posta en marcha de proxectos artísticos desenvolvidos de xeito aberto e gratuíta no barrio, sentando as bases dunha futura estrutura de difusión e exhibición no Agra do Orzán. Ana Fernández explicou que a sección oficial do festival se desenvolverá en rúas, prazas e espazos públicos do barrio cun eixe temático diferenciado para cada unha das catro semanas de Agra Directo: Arte Urbana, Fotografía, Sostibilidade e Artes Escénicas. Ademais, desenvolverase un Festival Off, que converterá aos bares, restaurantes e tendas do barrio en escenario de creación cultural durante os fins de semana co obxectivo de que todo o barrio participe na iniciativa. Así, programaranse talleres, proxeccións audiovisuais e exposicións; actividades sobre xénero, integración e multiculturalidade; seminarios e representacións de artes visuais, escénicas e musicais. “Os creadores locais terán a posibilidade de integrar as súas propostas nun escenario real, a cidade. Ademais, o contacto con outros artistas e a proximidade e a participación dos veciños, permitirán potenciar as sinerxías entre o sector cultural

e outros sectores económicos con presenza no barrio, apoiar a creación cultural dos artistas locais e impulsar a cohesión social a través da participación cidadá dos veciños, explicou Fernández, quen engadiu: “Todas as actividades deste proxecto pretenden poñer en valor os devanditos espazos e convertelos en parte dun circuíto expositivo permanente ao aire libre, atractivo para os veciños e visitantes; así como dar a coñecer a todas as agrupacións

mobiliario ecolóxico móbil. Do 29 de setembro ao 3 de outubro, Héctor Francesch e o seu Proxecto Window representou o carácter cosmopolita do barrio cunha intervención na fachada das tres torres situadas na Rolda de Outeiro, 276; invitando a todos os veciños a participar na realización dun mosaico multicolor e multicultural. A actividade culminouco arranque de luces das torres ao que todos os participantes e veciños estarán invitados.

ller Barrio Habitado para crear imaxes cun alto poder narrativo que reflictan o día a día dos habitantes do barrio e a forma en que estes viven e se relacionan. As fotografías resultantes dos tres talleres conformarán exposicións temporais nas rúas do barrio. O 11 de outubro pechou o programa da semana dedicada á fotografía dúas actividades didácticas en torno á imaxe: un taller infantil de construción de cámaras estenopeicas, impar-

culturais, sociais e comerciais co obxectivo de fomentar a convivencia e crear sinerxías de cara a futuros proxectos”. Agra Directo enmárcase dentro do proxecto Urbana C, co financiamento dos fondos europeos FEDER nun 80%, e o 20% restante procedente das arcas municipais e que desenvolve no barrio outras iniciativas en materia de integración, emprego ou dinamización cultural. Arte urbana (Do 29 de setembro ao 5 de outubro) En Arte e cultura urbana para transformar o barrio un grupo de artistas locais traballaron, durante cinco días, nun proxecto global de intervención urbana, que modifican dous espazos públicos de Agrado Orzán coa participación de 10 veciños do barrio por actividade. OColectivo Dasartes crea un xardín das ideas no ámbito do depósito de auga do Ventorrillo a través do tratamento tipográfico e pictográfico do chan ou a xeración de

Ambas as dúas actividades deste proxecto pretenden poñer en valor os devanditos espazos e convertelos en parte dun circuíto expositivo permanente ao aire libre, atractivo para veciños e visitantes. Fotografía (Do 6 ao 12 de outubro) Durante esta semana, o festival puxo o foco na imaxe, desenvolvendo o proxecto fotográfico documental AgraFoto, no que tres fotógrafos da Coruña uníronse para captar en imaxes a realidade actual do barrio e traballar na documentación da vida dos seus cidadáns. Do 6 ao 10 de outubro, Jesús Madriñán dirixiu o taller Un viaxe a través do Retrato, no que os veciños do barrio fotografiaron e se fotografaron na rúa Barcelona; Luís Díaz Díazimpartiu o taller Espacios con memoria, onde ensinou a identificar e inmortalizar espazos colectores de memoria comunitaria no barrio; e por último, Amador Lorenzo dará as claves no ta-

tido pola asociación Posición B, onde 15 nenos de entre 5 e 12 anos construiron a súa propia cámara co uso dunha caixa de cartón; e un taller de escritura para fotógrafos, a cargo do xornalista e escritor Doménico Chiappe, no que 20 profesionais aprenderán a escribir cun estilo literario textos que complementen e enriquezan o seu traballo fotográfico. Sostibilidade (Do 13 ao 19 outubro) A partir do 13 de outubro, Agra Directo creou espazos verdes de encontro e convivencia para os veciños do barrio, concibidos baixo as premisas de participación colectiva, sostibilidade e economía de medios. Urbanlab realizou unha intervención nun dos muros periféricos do Centro Ágora que conectará, por un lado, a natureza espontánea xa existente froito da chuvia e a humidade; por outro, unecograffiti de mofo que se integrará á estrutura do muro; e, por último,

unha parcela de cultivo colaboradora que poderán xestionar os propios veciños do barrio. Pola súa banda, SaborPlace ensinará, nun taller práctico para veciños maiores de 60 anos, os principios da agricultura biolóxica, fomentando o seu contacto directo coa natureza e o medio no Parque dos Mariñeiros (18 outubro). Ademais, o Centro Ágora acollerá un encontro veciñal moderado por Urbanlab no que os veciños compartirán as súas ideas e suxestións para mellorar o barrio e xerar un debate construtivo de convivencia (18 de outubro). Artes Escénicas (Do 20 ao 26 de outubro) A última semana temática do festival estará dedicada á escena. A compañía galega Teatro do Andamio dirixirá a creación e interpretación colectiva dunha peza teatral ao longo dunha semana. Do 20 ao 24 de outubro, os veciños do barrio, 16 persoas inscritas previamente, converteranse en improvisados actores de teatro. Os participantes no taller crearán situacións, concibirán personaxes e espazos e deseñarán vestiario e escenografía. A estrea da obra clausurará Agra Directo nun acto que congregará a todos os veciños e persoas que fixeron posible o festival no Centro Ágora o 26 de outubro. Completará o programa teatral o taller de teatro Integra2, dirixido a inmigrantes e persoas en risco de exclusión e que impartirá o colectivo Accem no Centro Ágora. O artista galego Enrique Tenreiroprotagonizará a performance El consumidor consumido na que, emulando o protagonista da película La Cabina, permanecerá no interior dunha neveira, instalada xunto ao Mercado Das conchiñas, vestido de executivo consumista atrapado no propio consumo. Por último, Martín Félix Massa realizará unha instalación de video-mapping nun espazo público de tránsito que interaccionará co público asistente.


|A Coruña|

10 //Outubro 2014 // Galicia Norte

Negreira participa nun encontro dedicado ao chan empresarial da área metropolitana, - O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, mantivo un encontro con expertos e profesionais que traballan ou están relacionados co chan empresarial da área metropolitana, dentro das reunións sectoriais que se realizan no marco de Coruña Futura. Neste encontro tamén participaron o tenente de alcalde Luisa Cid; a concelleira de Mobilidade, Begoña Freire; e o director xerente da Fundación EMALCSA, Manuel Aguilar. Este é o 25º encontro sectorial que se celebra, tras os realizados con membros do

Corpo Consular; con profesionais do sector das Tecnoloxías da Información; da Creación Dixital e a Produción Audiovisual; da Asistencia Sanitaria; do Comercio, Hostalaría e Turismo; da investigación na Universidade dá Coruña (UDC); do mar; do ensino e a educación; da acción social; do emprendimientoempresarial; da mobilidade; dos servizos para a saúde e o envellecemento saudable; da cultura; do deporte; da imaxe e marca da cidade; da renovación, rehabilitación e rexeneración urbana; ou do talento novo co

obxectivo de continuar coas accións de participación no proxecto Coruña Futura e complementar, deste modo, o traballo iniciado co Foro Cidade, que se reuniu xa en dúas ocasións e no que participaron máis de 300 representantes de diferentes ámbitos da sociedade coruñesa. Nesta ocasión, a reunión abordou a situación dos parques empresariais, as propostas para lograr unha melloría e as achegas que poden realizar os axentes sociais e institucionais. Un dos principais obxectivos foi compartir experiencias e solucións ten-

do en conta que este tipo de infraestruturas, que ocupan unha superficie próxima aos 8 millóns de metros cadrados na área, ten unha dimensión metropolitana. O alcalde presentou o proxecto Coruña Futura e escoitou a profesionais e expertos na materia como representantes dos polígonos e parques empresariais de Sabón, POCOMACO, A Grela, Espírito Santo, Alvedro, Ledoño ou Vío; así como responsables da Federación Galega de Parques Empresariais, Xestur, ADÍA, CEINSAou o presidente do Porto da Co-

ruña, Enrique Losada. Estes encontros terán continuidade a través de novas reunións con sectores clave da cidade e a área metropolitana como o medio. O obxectivo agora, unha vez definidos os ámbitos estratéxicos para a cidade e o seu ámbito metropolitano, é implementar as accións prioritarias orientadas á xeración de oportunidades para o asentamento e desenvolvemento empresarial, á atracción e retención de talento, ao desenvolvemento urbano, á creación de emprego e á cohesión social.


|A Coruña|

Galicia Norte // Outubro 2014 // 11

O Concello abre ao público o novo parque infantil de Palavea

A concelleira de Barrio Mariel Padín visitou Palavea, onde se abriu ao público o novo parque infantil xunto ao centro cívico e que conta cun maior número de xogos -de 3 a 12- e para unha franxa de idade máis ampla -dos 3 a 6 anos pásase a xogos para nenos de 3 a 14 anos-. O Concello instalou dúas áreas infantís con pavimento de caucho cun total de 450 metros cadrados e con capacidade para 50 usuarios de xeito simultáneo -a antiga instalación, de 140 metros cadrados, podía ser utilizada por un máximo de 15 nenos á vez-. O novo parque infantil creado en Palavea polo Goberno municipal, cun investimento de 80.000 euros, dispón das seguintes zonas: . Unha zona para nenos pequenos de 200 metros

cadrados. Aprovéitanse a estrutura, o camión e un bambán que xa existían e complétanse con dous peiraos e un asento en bambán para bebé. . Outra zona para nenos maiores de 250 metros cadrados cunha rede de trepa, unha estrutura con torre e tobogán, un surf, unha vagoneta, un carrusel e un bambán. O novo parque infantil conta cun novo banco de 17 metros de lonxitude para facilitar a estanza de pais e avós, ao tempo que garante percorridos peonís a persoas con mobilidade reducida grazas á instalación dunha rampla que resolve a diferenza de cota coas rúasperimetrales. Ademais, modificouse a zona verde co transplantado de árbores, a colocación de sebes, a modificación do sistema de rego e a sementeira

Servizos Sociais colabora con 42.500 euros O Concello da Coruña aproba a subscrición de dous novos convenios para favorecer a integración e inclusión social. Trátase de proxectos de colaboración por un importe total de 42.500 euros que se asinarán con Ecos do Sur e coa Fundación Secretariado Gitano. O primeiro dos acordos é para contribuír ao financiamento dos gastos xerais da entidade social Ecos do Sur, que percibirá 10.000 euros para continuar co desenvolvemento das súas actividades. O segundo convenio de colaboración é coa Fundación Secretariado Xitano por importe de 32.500 euros e que permitirá continuar co programaAcceder, dirixido á inclusión básica e o acceso ao mercado laboral -un plan que, ao igual que en 2013, conta con fondos europeos e serve como paso seguinte no apoio aos procesos de inserción sociolaboral-.

O Concello da Coruña tamén ten un convenio de colaboración coa Fundación Especial Novacaixagalicia Obra Social por 330.000 eurosque permitirá financiar o plan de integración social das familias de etnia xitana na cidade. O convenio que se asinará coa Fundación Especial Novacaixagalicia Obra Social permitirá continuar este ano co seu compromiso pola integración social das familias, dentro do Programa Municipal de Erradicación do Chabolismo. Nesta mesma liña de esforzo e compromiso na erradicación do chabolismo, o Concello mantén unha estreita colaboración con outras entidades sociais da cidade, como é o caso de Antonio Noche, á que en 2014 destina 30.000 euros para contribuír aos gastos de financiamento do seu programa de integración social das familias que residen en infraviviendas.

O Concello pon en marcha unha campaña contra a explotación sexual O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, presentou os actos que o Concello organizou con motivo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas que se realiza, como cada ano, o 23 de setembro en conmemoración da primeira norma legal no mundo contra a prostitución infantil, aprobada en Arxentina un 23 de setembro de 1913. Nesta ocasión, a campaña, que levará o título de No negocio

coa trata, centrarase en accións específicas de información e sensibilización cidadá, ademais dun acto central no centro cívico Dos mallos coa participación de especialistas na materia e talleres de sensibilización da poboación nova.“Para alcanzar o obxectivo da prevención temos antes que afondar en accións de información, formación e sensibilización para incrementar o coñecemento desta realidade e promover reaccións de intolerancia contra estes actos delituosos”, explicou o concelleiro, quen detallou as actividades qu 1. Repartición de material: co obxectivo de incidir nun impacto cidadán significativo, cun público de diferentes idades, o día 23 distribuiranse bolsas de papel ás bibliotecas e aos 226 comercios asociados á Asociación de Comerciantes Distrito Os Mallos, Asociación de comerciantes Agra/Rúa Barcelona e a Asociación de Comerciantes Zona Obelisco. “As bolsas fan referencia ao lema da campaña, incorporando unha imaxe que quere denunciar a comercialización á que están sometidas moitas mulleres e o prezo que a xeito de débeda deben asumir e pagar cos seus servizos sexuais, prezo previo á súa liberdade,” explicou Lorenzo, quen agradeceu a implicación das asociacións de comerciantes que se involucraron e participarán activamente na súa distribución. 2. Acto central da campaña. - A socióloga Silvia Pérez Freire, presentarou o seu informe Estudoexploratorio da trata de persoas en Galicia. - A entidade Médicos do Mundo informou sobre Ferramentas contra a trata, presentando un dos seus traballos máis recentes: un proxecto de sensibilización en forma de cómic contra a escravitude sexual. 3. Taller formativo Se trata da trata, dirixido a mozos de centros de educación Secundaria e Formación Profesional da cidade, con idades comprendidas entre os 16 e os 20 anos. “Os talleres, de 90 minutos de duración e impartidos polo politólogo Daniel Bóveda, pretenden romper mitos e concienciar aos máis novos sobre este grave problema para que reflexionen sobre que se pode facer para loitar contra el, explicou o concelleiro, quen indicou que a iniciativa se impartirá durante o primeiro trimestre do curso conforme á demanda dos centros educativos e recordou que o ano pasado esta iniciativa chegou a 213 alumnos.e se poñerán en marcha:


12 // Outubro

|Cambre|

2014 // Galicia Norte

O bradoiro sociosanitario,ofrece formación e traballo a 20 persoas O novo obradoiro do concello de Cambre está a ofrecer actualmente formación teórico e práctica de calidade e un posto de traballo a un total de 20 persoas desempregadas. A iniciativa, financiada pola consellería de Traballo e Benestar con 175.000 euros, especialízase na atención sociosanitaria a persoas dependentes. A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, visitou este proxecto, que dá continuidade ao obradoiro que tivo lugar entre 2013 e 2014, e que contou con 22 alumnos e un orzamento de 220.000 euros.Segundo puxo en valor Mato, estas iniciativas mixtas de formación e emprego ofrecen diversas vantaxes. Unha das principais é que permiten acceder a un posto de traballo, ao tempo que ofrecen unha formación teórica e práctica de calidade, que permite a obtención dun certificado de profesionalidade a nivel nacional. Neste caso en concreto, a es-

pecialidade do obradoiro de Cambre supón “un importante xacemento de emprego de presente e de futuro”. Segundo os datos de inserción

altas. Ademais, os obradoiros van aparellados á realización de actuacións en beneficio da comunidades. No obradoiro

como Padre Rubinos, ASPACE, o centro Pai Menni de Betanzos, ou a residencia de maiores García Hermanos de Betanzos. A conselleira fixo tamén espe-

laboral máis recentes, en cursos de atención sociosanitaria acádese o 52 por cento de inserción, unha das taxas máis

de Cambre, os alumnos van adquirir experiencia profesional en “prestixiosas entidades sociais” da área metropolitana

cial fincapé en que os obradoiros abren “importantes espazos de colaboración” entre a administración autonómica

e a local. Ao respecto, sinalou que a comunicación co concello de Cambre “é estreita e fluída”, como o demostran os case 400.000 euros que se teñen investido desde o ano pasado nos dous obradoiros. E como o demostra a tamén a construción dunha nova escola infantil na localidade, en virtude do convenio entre este departamento autonómico e a Fundación Amancio Ortega. Esta instalación incorporarase á rede autonómica A Galiña Azul e permitirá dobrar as prazas públicas de educación infantil dispoñibles en Cambre. Actualmente, hai en marcha un total de 53 obradoiros por toda Galicia, que contan cun investimento de 10,2 millóns de euros e que están a beneficiar a 1.300 galegos e galegas.Na provincia da Coruña, estanse a financiar 15 obradoiros, que chegan a un total de 32 concellos, contan con 315 alumnos, e supoñen un investimento de 2,8 millóns de euros.

Aguas de Galicia e Concello O proxecto RÍOS chega a Cambre crearán 3 zonas de baño e esparcemento no Mero O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, confirmou que Augas de Galicia está a traballar conjuntamente co goberno local de Cambre na redacción dun proxecto para actuar nas sendas do río Mero, desde A Barcala ata a presa de Cecebre. Gonzalo Mosqueira interveu onte en Comisión Parlamentaria onde aclarou que neste proxectos recóllense reparacións de drenaxes para evitar pequenos asolagamentos e das zonas de pavimento danado co paso do tempo; e arranxos por problemas de erosión por pluviais mal encauzada. Tamén se acondicionarán tres zonas de baño: unha na zona da Telleira, outra no merendeiro (cerca da presa de Cecebre) e outra ao lado da ponte da estación de Cambre, no que se incluiría mobiliario e papeleiras; así como a rehabilitación de varias zonas de esparcemento que existe ao longo do paseo. Mosqueira sinalou que na actualidade xa se está actuando de maneira continua nese entorno do Concello de Cambre, xa que desde 2010 ata outubro de 2013, Augas de Galicia investiu máis de 186.000 euros no mantemento desta zona e desde outubro de 2013 ata a actualidade, máis de 106.000 euros; é dicir, case

300.000 euros. Actuación rematada en setembro O director de Augas de Galicia destacou que hai a penas unha semana se rematou unha actuación consistente na retirada de atascos e madeira morta na canle do río Mero, entre A Veiga (presa de Cecebre) e a Telva, traballos que contaron cunha inversión de máis de 55.000 euros. Aclarou que ademais dos traballos realizados no leito do río, tamén é necesario acometer outras labores de mantemento da vexetación das marxes, debido á excesiva proliferación de masas de silvas e arbustos. Lembrou que os terreos situados entre a canle do río e as motas de protección foron obxecto dunha actuación de repoboación con especies de ribeira, que requiren un mantemento periódico, máis intenso durante os primeiros anos, para evitar que a proliferación das xestas impida o crecemento dos exemplares plantados e o desenvolvemento de brotes. Por este motivo, Augas de Galicia continuará cos traballos indicados anteriormente e, previsiblemente, desde a próxima semana e durante uns 3 meses estarase traballando na limpeza das marxes do Mero.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. A VII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrará este ano en 46 concellos de toda Galicia, e participarán un total de 58 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén 8 concellos que organizan directamente esta actividade. Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta sexta edición. A limpeza quetivo lugar o pasado 28 de setembro mobilizou a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazaron aos ríos destes 46 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social. En Cambre realizou a coordinación da limpeza a oficina municipal de voluntariado do Concello de Cambre. Foi xa o sexto ano consecutivo do Concello de Cambre apoiando esta iniciativa de sensibilización concienciación e voluntariado ambiental. A limpeza desenvolveuse no río Mero o domingo 28 de setembro de 10:00 a 13:30 horas. A participación estivo aberta a calquera veciño/a interesado/a. Para levar a cabo a actuación reeditouse o protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais. Tamén se agasallou aos/ás voluntarios/as con unhas camisolas co lema da limpeza.


|Cambre|

Galicia Norte// Outubro 2014 // 13

Cambre recibe a unha comitiva de peregrinos do Nacional Trust e de Tesouros de Galicia . O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, realizou unha etapa do Camiño Inglés, acompañado de varios concelleiros e veciños, xunto a unha comitiva formada por peregrinos pertencentes ao Nacional Trusts e a Tesouros de Galicia. Esta iniciativa está cofinanciada pola Deputación da Coruña. Trátase dun programa no que se seleccionou a once recén licenciados de diferentes disciplinas durante catro meses, e foron recompilando, orga-

nizando e traducindo contidos para filtralos aos millóns de membros dos National Trusts. O proxecto culmina cunha memoria na que recogererán varias suxestións xunto cun plan para converter o Camiño Inglés no segundo camiño de Santiago máis concorrido. Un plan que propoñerán dende ambas as dúas asociacións afrontalo con participación pública e privada, e que poida ser un modelo de xestión dos cami-

ños de Santiago. Dentro deste plan encóntrase o estudo e recuperación do Camiño Inglés nas Illas Británicas. De forma paralela a este proxecto, a Deputación da Coruña encargou a redacción dun libro sobre o Camiño Inglés en Español e Inglés, que recupera as conexións Galicia -Reino Unido, como raícesarticuladoras da vinculación potencial de Galicia con Reino Unido, presentando o Camiño Inglés como porta a

Galicia. Esta terceira etapa do Camiño que afrontan os peregrinos ten discrurrido entre A Coruña e Bruma, e sobre as 13.00 horas detívose na igrexa deSantiago de Sigrás para degustar un pincho elaborado por un dos mellores restaurantes de España, La Estación de Camrbe. O grupo fórmano preto de 30 persoas, sen contar os discapacitados, voluntarios, e grupos que ao longo do camiño se unirán para facer algún

tramo connosco. Rivas destacou a iniciativa xa que considera moi necesaria a posta en valor dun dos camiños de peregrinación máis importantes. “Todas as iniciativas que axuden a converter o Camiño Inglés no segundo máis concorrido da peregrinación aSantiago serán benvidas. Debemos de poñelo en valor e de potenciar un recurso cultural e turístico do que se beneficiarán os veciños deCambre”, explicou Rivas.

O goberno local habilita unha zona de estacionamento no CEIP Torrente Ballester para mellorar a seguridade vial na zona O goberno local habilitou unha zona de estacionamento no CEIP Torrente Ballester despois da petición dos pais unha zona de aparcadoiro na entrada do centro educativo. A brigada de Obras e Servizos acondicionou unha parte da parcela municipal que servirá agora para que os pais poidan recoller con maior seguridade os seus fillos do colexio. Así mesmo, colocouse un valo perimetral de seguridade, xa que a parcela municipal ten un desnivel importante. Trátase dun aparcadoiro de rotación onde os pais estacionarán durante uns minutos co obxectivo de que non impidan a circulación dos autobuses na única vía de acceso ao centro. É unha reivindicación dos pais así como a eliminación das liñas amarelas que prohiben o esta-

cionamento no bordo a estrada. Non obstante, segundo a Policía Local, o trasporte escolar necesita dese espazo para poder dar o xiro cara ao centro, polo tanto aconsella que as liñas se manteñan por seguridade vial. A Concellaría de Educación xa habilitou un aparcadoiro, o usado pola Escola de Música Sementeira, pero os pais aseguraban que non era suficiente. Agora contarán con dúas zonas de estacionamento para recoller aos seus fillos, aínda que a edil de Educación, María Jesús González Roel, asegura que non será a única medida en materia de seguridade vial que se poñerá en práctica no colexio. Estuda nestes momentos máis medidas coa Policía Local para dotar de maior seguridade os menores.


14 // Outubro 2014 // Galicia Norte

|A Baña/Ames|

A Baña prevé un aforro enerxético do A Baña pecha as contas 60% coa biomasa na Casa de Cultura de 2013 cun positivo de e na Escola Municipal de Música 262.000 euros O Concello da Bañaten previsto poñer en marcha un plan de aforro enerxético nos edificios públicos que acollen a Casa de Cultura e a Escola Municipal de Música, ambos os dous situados na zona urbana de San Vicenzodá Baña. O Goberno municipal estima que o aforro enerxético e, en consecuencia, económico, roldará entre o 60 e o 70%.¿ Cómo o conseguirá? Pois a través da instalación de caldeiras de biomasa, que substituirán as actuais. A calefacción na Casa de Cultura, un

edificio ao lado da Igrexa dás Dores, é de gasóil. E a da Escola Municipal de Música, nun edificio tamén próximo á sede do Concello, funciona a través de enerxía eléctrica. O Inega xa comunició ao Concello dáBaña a aprobación do proxecto, que comezará a plasmarse nas próximas semanas. O investimento, que xa conta coa ‘luz verde’ da institución dependente do Goberno autónomo, será de 42.000 euros. A Casa de Cultura contará cunha caldeira de biomasa dunha potencia de

42KW e un silo de 4.000 litros. Pola súa banda, a Escola Municipal de Música contará cunha caldeira de biomasa de 65KW e un silo para almacenar biomasa de 6.000 litros. O Concello dá Baña aposta pola xestión responsable dos recursos e por iso apesta por plans de aforro enerxético. Xa acometeu tamén plans de aforro enerxético nas instalacións deportivas dependentes do Concello, quen confía en que o novo proxecto estea executado antes de que finalice o presente exercicio.

. O pleno do Concello da Baña, aprobou , en sesión ordinaria, a súa Conta Xeral de 2013. A Baña celebrou un pleno que abordou diferentes asuntos de interese para o municipio. A ‘luz verde’ á Conta Xeral de 2013 (estado de gastos e ingresos) validouse co voto positivo de seis concelleiros do PP e dous en contra do PSOE. Asentouse un edil popular e outros dous socialistas. A Conta Xeral de 2013 rexistrou un remanente de tesouraría positivo de 262.703 euros. O equipo de Goberno local atendeu e respondeu ás preguntas formuladas pola oposición sobre o estado de gastos e ingresos. O pleno comezou ás 13.30 horas e finalizou ás 15.00 horas. Tamén se deu conta detallada do informe relativo ao cumprimento do obxectivo de estabilidade esixido pola Lei Xeneral de Estabilidade Prespuestaria(RD 1463/2007). A Conta Xeral de 2013 do Concello dá Baña estivo exposta publicamente para a súa consulta, tal e como é preceptivo. Tamén foi aprobada a proposta de recoñecemento ao persoal doConcello (funcionarios e persoal laboral) de recibir a parte proporcional da paga extra do ano 2012. Recoñécense un total de 44 días. No Pleno, así mes-

mo, procedeuse a autorizar o inicio do proceso para a elección do xuíz de paz substituto. O Pleno do Concello dá Baña someteu tamén a votación e foi aprobado o Convenio para poñer en marcha o ‘Proxecto de aforroenerxétido nos alumados dá Baña, Negreira e Val do Dubra’, dentro da liña de subvencións de natureza competitiva do Fondo de Compensación Ambiental. O investimento total deste proxecto impulsado conxuntamente nos tres concellos suma 100.000 euros. O importe total da subvención será de 50.000 euros, o 50% do investimento previsto. O plan de aforro enerxético en Val do Dubra,A Baña e Negreira poñerase en marcha, en consecuencia, nas próximas semanas, unha vez xustificada e recibida a subvención e aprobado o trámite nos correspondentes plenos. As entidades locais beneficiarias deberán destinar proporcionalmente os fondos que completen o investimento. O proxecto consiste na substitución, modernización e mellora da iluminación pública dos núcleos de poboación da Baña, Val do Dubra e Negreira. Os tres concellospretenden con esta medida adelgazar a factura enerxética que asumen as arcas municipais.

CalvoclausuraenAmesunproxectodeinserción laboral de mulleres desempregadas

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, acompañou ao alcalde de Ames, Santiago Amor, na entrega de diplomas e clausura do Proxecto HERA. Este plan de formación, cofinanciado pola Deputación e o Concello, tivo lugar durante os meses de marzo, abril, maio e

xuño co obxectivo de mellorar a empregabilidade das mulleres con especiais dificultades de inserción. No proxecto tomaron parte un total de 20 mulleres que recibiron máis de 200 horas de formación tanto en competencias claves como nun itinerario de

comercio e hostalería. Todas as alumnas aprobaron os exames teóricos, aos que seguiu un período de prácticas en diferentes empresas de Ames e Santiago de Compostela. Durante a cerimonia de clausura, na cal unha das alumnas contou a súa experiencia no

curso, o presidente da Deputación animou ás mulleres “a seguir formándose” para “loitar por un futuro e un posto de traballo nun mercado laboral difícil”. Aludiu a que, tras a conclusión do programa, “queda o máis difícil”, que é manter “esa ilusión e esa forza” que, dixo, “é fundamental para a procura dun futuro mellor e que demostraron poseer estas mulleres para sacar tempo de onde non o ten e cumprir cos obxectivos do programa”. O curso contou cunha subvención da Deputación da Coruña de 18.725 euros enmarcada na axuda e promoción de proxectos relacionados cos Servizos Sociais. Biblioteca do Milladoiro A cerimonia de entrega serviu tamén para que o titular da institución provincial coñecera a reforma

realizada na biblioteca do Milladoiro grazas a unha axuda da Deputación Provincial. Neste caso, a institución provincial investiu máis de 110.000 euros na reparación do espazo e a habilitación dun punto de estudo do que carecían os amienses. Calvo, dirixíndose a todas as asistentes ao curso, agradeceu “o esforzo realizado” e felicitouse por “poder ser testemuña do resultado dos nosos investimentos” e de cómo as persoas pódense beneficiar “das xestións que os responsables das administracións facemos nos despachos”. En canto ao traballo do alcalde, Santiago Amor, salientou que “cando vén A Deputación, pide para o seu concello como se fora o único da provincia, e aquí tendes os resultados”.


|Publicidade|

Galicia Norte// Outubro 2014 // 15

Telf. 986090975 - Email infoskipol@gmail.com


|Arteixo / Sabón|

16 //Outubro 2014// Galicia Norte

A Deputación aproba cesión de infraestructuras parcelas e servizos do polígono de Sabón ao Concello de Arteixo O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, falou no pleno provincial dun “día histórico” para a institución e, por extensión, para toda a provincia: “Hoxe aprobamos o convenio para a cesión de infraestruturas, parcelas e servizos do polígono de Sabón ao Concello de Arteixo e tamén hoxe a nosa Tesourería realizou o último pago para a cancelación definitiva da débeda financeira desta institución”. Así, e con respecto á primeira cuestión, Calvo apuntou que “grazas á colaboración entre administracións, ao bo traballo dos técnicos, e tamén á boa disposición dos empresarios do polígono”, estase a dar un paso importantísimo para todos nós, xa que “coa situación actual, non tiña sentido que a Deputación continuara a ser titular e xestora do polígono de Sabón”. Así, e por unanimidade dos grupos políticos, votouse a favor da cesión de titularidade do polígono ao Concello de Arteixo, cuestión que corre parella a un investimento de seis millóns de euros por parte da Deputación para “realizar todas as actuacións necesarias para que Arteixo reciba un polígono de Sabón en perfectas condicións”. As actuacións previstas afectan tanto á rede viaria como ás zonas verdes, que inclúen a contorna do embalse, e ao

abastecemento de auga e saneamento. Así, e conforme ao texto do convenio, humanizarase o contorno dos viarios dándolle un tratamento homoxéneo; adecuarase a iluminación ás recomendacións actuais; e canalizaranse as augas pluviais co obxectivo de minimizar os puntos de vertido. Auga potable En canto ao abastecemento, a Deputación comprométese a dotar ao polígono de Sabón dunha fonte segura de auga potable, algo que se realizará ben mediante a reforma da actual ETAP ou ben mediante un colector de transporte que

poida garantir o subministro dun caudal medio de 100 litros por segundo. Ademais, substituiranse as actuais tubaxes de fibrocemento. No caso de que se manteña a rede do polígono para auga industrial, executarase unha rede complementaria de auga potable. Tanto o alcalde de Arteixo como o presidente dos empresarios do polígono, Manuel Rivas, ambos deputados provinciais, felicitáronse polo acordo adoptado e agradeceron todo o traballo realizado polos técnicos porque “este convenio é bo para todos os veciños de Arteixo e tamén para os traballadores do polí-

gono”. Débeda cero Diego Calvo, durante a súa intervención, lembrou tamén “o traballo realizado polos membros de anteriores corporacións” e compartiu co resto dos deputados o que el sinalou coma “unha data histórica para a Deputación” porque precisamente durante esa mañá realizouse o último pago necesario para a cancelación da débeda financeira que mantiña a institución provincial. “Hoxe podemos dicir que temos débeda cero e que somos unha das administracións máis saneadas de España e hoxe podemos dicir que a par-

tir de agora o noso orzamento xa non incluirá reservas para amortización de débeda nin intereses, o que nos permitirá facer máis investimentos nos lugares que se necesitan”, concluíu o presidente. A transacción realizada suma algo máis de 19 millóns de euros, e completa os 36 millóns pendente de amortización por parte da Deputación cando se firmou un convenio coa entidade ABANCA para, por unha banda, cancelar toda a débeda, e, por outra, poñer eses cartos á disposición da poboación a través de créditos brandos para familias, emprendedores e administracións locais.

As praias de Arteixo recibiron preto de 180.000 visitantes nos meses de verán O s s e r v izos d e Prote cci ó n Ci v il dan a co ñ e ce r o b alan ce da ac tuaci ó n e n p r aias n os p as a d os m es es d e ve r án . A in ci d e n cia d e b añis t as d es ce n d e u un 20 % co n resp e c to ó an o 2013 d e b i d o, p r in cip alm e nte, ás a d ve r s as co n dici ó ns m e te o ro l óx ic as . A m e ir an d e p ar te das in ci d e n cias re x is tr a das , 250 das 413 tot ais , f o ro n p o r p ic a dur as d e p e i xe m e ntres qu e o res to d e b é ro ns e a g o lp es e

h e r i das p rovo c a das n os areais . O co n ce ll o hab ilito u es te an o p re to d e 50. 0 0 0 m2 d e ap arc am e ntos nas s e te p r aias o qu e co ntr ib uiu a m e ll o r a - l o acces o d os v isit antes . O e quip am e nto co mp l e to us e co n 45 s o co r r is t as re p ar ti d os e ntre os s e te areais . O s e quip os d e p rote cci ó n v icil co nt aro n cun p resup os to d e 250. 0 0 0 e uros e tr ab allaro n d o 15 d e x uñ o at a o 15 d e s e te mb ro.


| Boiro/Cedeira|

Galicia Norte // Outubro 2014 // 17

O alcalde firma un convenio co arzebispado que permitirá actuacións en Cures A firma do convenio implica que a Igrexa cede os terreos necesarios ao Concello que lle permitirán a ampliación de espazos públicos e a creación dunha zona de aparcamento no entorno da igrexa de Cures. O Alcalde e D. Dictino Maceira Fernández apoderado do Arcebispado de Santiago de Compostela asinaron este documento en presenza do Arcipreste D. Ricardo Villaverde Gondar e o párroco D. Marcelino Barros Redondo. O convenio recolle a cesión de dúas parcelas propiedade do Arcebispado, unha de 501,98 m2 e a outra de 1.434,33 m2 de terreo nas inmediacións da igrexa parroquial de San Andrés de Cures que permitirán as actuacións de mellora neste entorno. O Concello pretende desenvolver este proxecto en duas fases, na primeira crearase un novo espazo público de aproximadamente

500 m2 con pavimentación en lousa de propiaño, a construcción dos muros de delimitación e unhas escalinatas de acceso e baixada da praza hacia a calzada, tamén a recuperación do hórreo existente. Na segunda fase será a construcción do novo aparcadoiro nunha franxa de terreo de 1,434,33 m2 cubrindo un espazo lonxitudinal ao longo da estrada de aprox. 200 m., que permitirá a veciños e feligreses deixar os vehículos preto da igrexa e ancheamento do vial. A previsión de inversión achégase aos 170.000 €., contando con poder empezar acometer as obras de seguido tan pronto se dispoña de todos os permisos pertinentes.

A deputación destina 181.000 euros a Cedeira O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou esta mañá na sede da institución provincial dous convenios de colaboración co alcalde de Cedeira, Luis Rubido, por valor de 181.742,96 euros, cos que cofinanciar varias actuacións neste municipio O primeiro dos acordos re-

colle unha achega provincial de 115,339,74 euros, o que supón o 80% do orzamento que permitirá levar a cabo as obras de captación e abastecemento en San Andrés de Teixido. Pola súa banda, o segundo dos convenios asinados entre a Deputación da Coruña e o Concello de Cedeira servi-

rá para financiar as obras de acondicionamento e mellora dos camiños municipais de Montemeao O orzamento total destas obras é de 83.004,03, dos que a institución provincial achegará 66.403,22, o que supón o 80% do total dos cartos necesarios para esta actuación.

e-mail: distribucionesamp@gmail.com


18 // Outubro

2014 // Galicia Norte

|Riveira|

Veciños e visitantes xa poden disfrutar dun remozado merendeiro en Couso O Concello de Riveira vén de realizar en Couso unha actuación dirixida a mellorar os equipamentos e instalacións dispostas na súa zona recreativa e propiciar a súa integración no envexable medio natural no que se sitúan, de gran valor tanto ecolóxico como paisaxístico e moi frecuentada por veciños e visitantes. A iniciativa foi executada pola empresa Jenaro Cadaval e comportou un investimento de 50.699 euros. Está subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e cofinanciada con fondos Feader. Unha das accións realizadas no marco do proxecto foi a plantación de novas especies autócto-

nas, dado que os temporais do

pasado inverno derribaron al-

gúns piñeiros localizados nesta

zona que era aconsellable restituír con nova masa arbórea. Ademais, substituíronse os bancos e mesas de pedra en mal estado que había no merendeiro por outros novos e restauráronse con pedra as cubertas das barbacoas. Tamén se colocou unha torre de xogos infantil de nova creación, con columpios, tobogáns e outros elementos ideados para o disfrute dos pequenos. Paneis interpretativos A modo de complemento, nos próximos días instalaranse paneis interpretativos que fagan referencia, por un lado, ao patrimonio etnográfico e á arquitectura civil e, por outro, ao patrimonio natural e rutas de sendeirismo que descorren polo entorno.

23 empresas interesadas O Concello investirá máis de 165.000 euros en executar o proxecto de na renovación de servizos e pavimentación recuperación do río Arlés da rúa da Concha e transversal en Castiñeiras Concluído o prazo de presentación de ofertas, foron un total de 23 as empresas interesadas en acometer o proxecto de recuperación integral do río Arlés e o seu contorno: a última das actuacións pendentes de executar entre as incluídas no plan Riveira Atlántica 2015, que está cofinanciada nun 70% con fondos europeos FEDER. Cómpre lembrar que o procedemento de contratación é aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación e que o orzamento base de licitación desta actuación ascende a un total de 848.475 euros. A obra ten un prazo de execución de tres meses. O número de ofertas presentadas segue a liña doutras importantes actuacións incluídas no proxecto Riveira Atlántica, que tamén subscitaron o interese de numerosas empresas. Sen ir máis lonxe, a execución do proxecto de reorientación e finalización do Novo Mercado tamén congregou o pasado inverno un total de 23 ofertas durante o período de licitación; mentres que para o Centro Social e de Ocio Saudable de Oleiros presentáronse 31 enti-

dades; e 14 para a construción do paseo do Touro.A grandes rasgos, o proxecto ambiental que se pretende realizar (e que foi elaborado pola empresa Hidria Ciencia, Ambiente y Desarrollo, S.L.) prevé a creación dunha senda dende a confluencia do río coa estrada DP 71304 e que ao longo de case cinco quilómetros descorrerá paralela ao cauce do río Arlés (tamén chamado Artes e Sanchanás) e estará realizada en materiais respectuosos co entorno. Outras accións previstas son a limpeza e desbroce na parte máis alta do río, na que se insinuará un percorrido delimitándoo coa colocación de fitos, así como o acondicionamento dos camiños, viais e estruturas existentes no transcurso da senda. Tamén será creada unha área recreativa con zona de descanso e esparcimento no curso baixo do río e activarase un plan de sinalización, orientación e divulgación do patrimonio natural, etnográfico, cultural e paisaxístico, instalando paneis de situación e acceso, e situando mesas interpretativas ao longo da senda.

O Concello de Riveira aprobou en xunta de goberno local un proxecto técnico dirixido a renovar os servizos e a pavimentación da rúa da Concha e dunha vía transversal a esta en Castiñeiras. Esta actuación comporta un investimento de 165.444,16 euros e ten un prazo de licitación de catro meses. Agora, o próximo paso a dar antes de materializar a obra, que prosegue cos labores de humanización dos distintos núcleos e lugares das parroquias do municipio, é licitar a execución da mesma. Deterioro Actualmente tanto a rúa da Concha como a rúa transversal contan cun pavimento de formigón no que se apreza un deterioro significativo en forma de socavóns e disgregacións. Ademais, a rede de abastecemento esta feita en fibrocemento e non hai separativo de augas pluviais e fecais, polo que ambas circulan por un único colector.

Para solucionar estas carencias, o proxecto aprobado prevé no que se refire ao abastecemento de auga substituír a tubaxe existente por outra de polietileno de alta densidade con diámetros de 75 milímetros na rúa da Concha e de 50 milímetros na transversal. Ademais, para o saneamento de fecais disporase un colector de PVC liso de 315 milímetros de diámetro que conducirá as augas ata entroncar coa rede existente e, con respecto ás pluviais, instalarase polo centro da calzada colectores de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e construiranse sumidoiros sifónicos de formigón prefabricado. Granito En canto á pavimentación, preténdese adecuar este espazo á estética xa implementada en rúas lindeiras, de tal xeito que se empregarán lousas de granito de 60x40x8 centímetros combinadas con adoquíns de granito de 33x16x8 centímetros.


|Riveira|

Galicia norte//Outubro 2014 // 19

O Periurbano de San Roque albergará un parque de aventura arbóreo para ser o epicentro do turismo activo de Riveira Tres circuítos sobre árboles formarán o parque, con tirolinas, pasarelas, pontes de diversos tipos e outros elementos integrados no entorno O Co n ce ll o d e R i ve ir a vé n d e f o r maliz ar a a d x u dic aci ó n dunha n ov a a c tua ci ó n o r i e n t a da a crear n o Parqu e Pe r iurb an o d e S an R o qu e un Parqu e d e Ave ntur a Ar b ó re o Ecos au dab l e. A iniciati v a co nsis te na imp lant a ci ó n dunha s e r i e d e circuítos d e ave ntur a qu e es tean inte gr a d os n es te e nto r n o d e gr an dísim o inte res e natur al co o bxe c to d e f o r t al e ce r o s e u atr ac ti vo a tr avés dunha amp la of e r t a d e ac ti v i da d es d e tur ism o ac ti vo e ave ntur a , apt as p ar a s e r dis f r u t a das p o r p e r s o as d e dis tint as f r an x as d e i da d e e c ap acit aci ó n f ísic a . A e xe cu ci ó n d o p roxe c to f oi a d x u dic a da á e mp res a Ko n g o

B o n g o, S . L . , p o r un imp o r te qu e as ce n d e a 65. 525 e uros , cof inan cia d os co n f o n d os Lea d e r. O p r a zo d e realiz a ci ó n é dun m es e es t á p rev isto qu e os tr ab all os ar r an qu e n a v in d e ir a s e mana . Circuítos f amiliares e d e p o rti vo A zo na d e ac tuaci ó n sitúas e nas inm e dia ci ó ns d o m e re n d e iro d e S an R o qu e. H ab e r á un circuíto p rev i o s o b re chan d e qu e nt am e nto e e x p lic a ci ó n d o f un ci o nam e nto d o p arqu e e o u tros tres circuí tos disp os tos s o b re ár b o res: d o us d e c ar á c te r f amiliar p ar a o dis f r u te co n x unto d e a dultos e n e n os; e un circuí to d e p o r ti vo co n xo g os d e

mai o r di f icult a d e. A t al o bxe c to ins t alar ans e di ve r s os e l e m e ntos inte gr a d os n o co nto r n o, e ntre os qu e f igur an d e n d e un ha p o nte d e re d e, at a unha p as are la in gl es a , p o nte x a p o n és , cin co tiro linas , un p o nte v ía f e r r at a , un p o n te ama zó nico, es c al e ir a d e co rdas , p as o d e lianas , b a lan z as co l gantes e o u tr as es tr u tur as i d ó n eas p ar a o dis f r u te d os usuar i os . A e mp res a a d x u dic at ar ia realizo u o nte a anális e f i tos anit ar ia d os ár b o res qu e d e b e r án s os te r os circuítos , co mp ro b an d o qu e co nt an co a resis te n cia a xe it a da e p ro ce d e n d o á súa marc a xe.

Clausura dos obradoiros de bailes Dous novos vertedoiros incontrolados en Castro de salón e os Castelos O Concello de Riveira informa de que se localizaron dous novos vertedoiros incontrolados respecto dos que o Grupo de Apoio ás Emerxencias Municipais (GAEM) comezou a traballar na súa erradicación e limpeza. Un deles sitúase no lugar do Castro, en Carreira, en tanto que o outro está localizado en Os Castelos, na veciña parroquia de Aguiño. Entre os obxectos eliminados figuraban algúns tan voluminosos como unha cociña e un sofá. Dende o Concello quérese lembrar a existencia dun Punto Limpo neste municipio pensado precisamente para a reciclaxe e xestión deste tipo de residuos. Está localizado en Xarás e o seu número de teléfono é o 981 871 808. Ademais, proceder a este tipo de depósitos na vía pública leva aparellado importantes sancións.

O Conservatorio de Aguiño serviu como sede para celebrar o acto de clausura dos obradoiros de bailes de salón para maiores que se teñen desenvolvido ao longo deste curso en distintos puntos do municipio. Foron cerca de 120 os alum-

nos que, pertencentes ás nove parroquias do concello, se animaron a participar nos tres talleres celebrados, nas localidades de Riveira, Aguiño e Corrubedo, no marco do Programa de Dinamización Social para os nosos Maiores de Riveira.

O evento contou coa presenza do concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño; da xefa de servizo Francisca Vidal; e dos profesores Francisco Muñiz e Carmen Vila, de Taller Alecrín, que mesmo efectuaron unha exhibición ante os seus pupilos.


20 //Outubro 2014 // Galicia Norte

|Santiago|

A directora de turismo de Galicia presenta un cómic sobre a vida de San Francisco A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou o cómic sobre a vida de San Francisco no marco da conmemoración do oitavo centenario da súa peregrinación a Santiago de Compostela. O acto contou tamén coa presenza do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, o responsable provincial franciscano, José Antonio Castiñeiras, e o autor do cómic, Manuel Méndez. A dita publicación, editada en galego e castelán, relata como para o santo de Asís, o Camiño non foi unha meta, senón o principio dunha peregrinación e o “comezo dunha nova vida na que todos somos peregrinos”. En Santiago foille revelada a súa misión de espallar a súa Orde polo mundo, tal e como se revela neste cómic tan especial. Durante o acto de presentación, a directora de Turismo de Galicia resaltou que a través deste cómic podemos coñecer dunha maneira amena e divertida a vida de San Francisco de Asís e a súa peregrinación a Santiago de Compostela. E engadiu que “esta publicación acerca ao

público en xeral e ao infantil en particular a biografía dun dos grandes personaxes da historia da Humanidade”. Segundo explicou Nava Castro, esta acción, súmase as outras grandes publicacións relacionadas con san Francis-

grandes expertos mundiais en literatura medieval italiana, e magnificamente ilustrada por Darío Basso, e os catálogos de exposicións tan relevantes como “Peregrino e Novo Apóstolo, San Francisco no Camiño de Santiago”,

están localizadas no Pazo de Xelmírez e na igrexa e cemiterio de Bonaval ata o 30 de novembro. A directora de Turismo de Galicia sinalou que “estase traballando tamén nas actas do primeiro Congreso Interna-

co realizadas con motivo da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago. Entre elas, podemos destacar a versión galega do libro “As Floriñas”, traducida do italiano medieval por Darío Xohán Cabana, un dos

coa que se iniciou os actos da conmemoración en Asís e que tamén se puido visitar durante este verán na capital de Galicia, ou a mostra estrela do Centenario, “On the Road”, que conta coa presenza de grandes obras de prestixiosos artistas internacionais que

cional de Peregrinacións e Turismo celebrado neste mesmo mes”. Con elas quedarán plasmadas os relatorios dos grandes expertos das peregrinacións que se deron cita en Santiago de Compostela. Así mesmo, comentou que o congreso deixou tamén co-

mo legado a Declaración de Santiago de Compostela sobre Turismo e Peregrinacións. Nela, fíxose un chamamento unánime a todos os actores involucrados co fin de destacar, entre outros elementos, a valiosa contribución das peregrinacións e do turismo sostible ao diálogo intercultural, ao respecto universal polos valores espirituais da Humanidade e ao establecemento da paz e a prosperidade do mundo. “Estes valores son algúns dos que impulsan ano tras ano a miles de camiñantes a visitar o sepulcro do Apóstolo Santiago ao igual que fixo fai 800 anos San Francisco de Asís, o cal, marcou intensamente a súa pegada no legado xacobeo e a súa contribución á internacionalización”, explicou a directora de Turismo de Galicia. E así se plasma no propio cómic cando relata “Francisco foi un gran viaxeiro, un trotamundos, viaxou por toda Italia, Francia, España, Oriente Medio e Terra Santa para converter aos musulmáns ao cristianismo. De entre todas estas viaxes fixo unha moi especial: O Camiño de Santiago”.

O alcalde establece como eixes dos orzamentos de 2015 a blindaxe do gasto social e educativo, os investimentos e a rebaixa da presión fiscal

O alcalde compostelán, Agustín Hernández , mantivo unha reu nión de coordinación cos con celleiros do grup o de G oberno municipal, co f in de preparar os or z amentos de 2015. O encontro, celebrado no edif icio Cersia, en San L áz aro, ser viu para poñer en común as diferentes necesidades dos diferentes depar tamentos. Os or z amentos do novo exercicio terán como prioridade a blinda xe do gasto social e en educación, os investimentos e a rebaixa da presión f iscal. Agustín Hernández explicou que, ata o momento, a Conce llería de Facenda solicitou datos aos diferentes centros xestores e concellerías para formaliz ar un borrador. “A par tir de hoxe, a

Concellería de Facenda estuda rá as diferentes propostas que estamos a poñer enriba da mesa e elaborarase un borrador de orz amentos, que esperemos estea a f inais de outubro ou principios de novembro e poida ir ao ple no”, indicou. O obxec tivo, dixo, é “comez ar xaneiro cos or z amen tos de 2015 en vigor ”. Segundo indicou, os or z amentos pivotarán sobre varios eixes fun damentais: a xuste de ingresos e os gastos; blindar o gasto social e en educación; prioriz ar os in vestimentos e diminuir a presión f iscal aos veciños. Agirmou que o Concello está na senda do rigor, para presentar aos cidadáns un Concello coas contas saneadas. Normalidade, apoios institucio -

nais e investimentos por 20 millóns de euros Agustín Hernández aproveitou a súa comparecencia ante os me dios para facer balance dos 77 días, dous meses e medio, den de a súa toma de posesión como alcalde. Destacou a normalidade do funcionamento da xestión co tiá do Concello e o traballo realiz ado para resolver os problemas cotiás dos cidadáns, desbloquear cuestións pendentes e per f ilar novos proxec tos. Neste sentido, referiuse ao relanz amento dos apoios institucionais, con investimentos por uns 20 millóns de euros. A sí, salientou os compromisos e xuntanz as mantidos coas institucións autonómicas, dos que

saíron investimentos como: por par te da Xunta, 2, 3 millóns de euros para o Estatuto da Capitalida de, 2 millóns para a restauración fachada da Catedral, 70 0.0 0 0 pa ra o Bosque de Galicia, 50 0.0 0 0 para a peonaliz ación de Carreira do Conde, 30 0.0 0 0 para a amplia ción do CEIP Monte dos Postes; por par te da Deputación da Co ruña, 20 0.0 0 0 euros (dun investimento total de 60 0.0 0 0) para o campo de fútbol de Conxo; 227.0 0 0 para promoción turística e cultural e 751.0 0 0 euros do Plan DTC; e do G oberno español, 7 mi llóns de euros para o inicio das obras do paso inferior de Conxo e o desbloqueo da mellora da de puradora da Silvouta, por 4 millóns de euros.


|Santiago|

Galicia Norte// Outubro 2014 // 21

Feijóo subliña a aposta de Galicia pola biotecnoloxía

“Destaca o liderado da Comunidade na investigación biotecnolóxica, que emprega máis de mil profesionais nos prestixiosos centros do Campus Vida e do Campus do Mar” O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou a aposta do Executivo galego pola biotecnoloxía, que cualificou como un “sector estratéxico” para mellorar a calidade de vida de toda a cidadanía. O mandatario autonómico participou na recepción oficial de BioSpain 2014, que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos. Durante a súa intervención, Feijóo destacou o apoio prestado polo Goberno autonómico á investigación biotecnolóxica, que se desenvolve nos dous Campus de Excelencia Internacional cos que conta a Comunidade –o Campus Vida da Universidade de Santiago e o Campus do Mar da Universidade de Vigo–, a través de tres institutos de investigación que empregan máis de 1.000 profe-

sionais distribuídos nun cento de grupos de traballo. Grazas a esta aposta, “hoxe en día ninguén dubida de que dispoñemos do coñecemento científico, a capacidade tecnolóxica e a visión empresarial para ser competitivos”, subliñou. O presidente da Xunta quixo

reivindicar a empresa privada como o outro gran polo de desenvolvemento do sector, promovido polo Executivo autonómico mediante axudas para a creación e internacionalización de proxectos biotecnolóxicos. Estas compañías representan unha “transformación históri-

ca” no noso sistema produtivo e están presentes en países como Uruguai, India ou África do Sur, situando Galicia como a terceira rexión máis bioemprendedora de España, tal e como lembrou o mandatario galego. A importancia da biotecnoloxía Feijóo tamén puxo en valor a importancia da biotecnoloxía nas súas múltiples aplicacións, entre as que destacou a sanitaria. Nese senso, o presidente da Xunta reivindicou o papel do Sergas como axente dinamizador para o sector, que ten o seu reflexo nos programas Hospital 2050 e Innova Saúde. Grazas a eles, Galicia está a ser pioneira no aproveitamento da intelixencia colectiva para a mellora das políticas públicas, consolidándose como un referente de innovación sanitaria e

alumeando o futuro dun sistema que será “máis eficiente” e ofrecerá “máis e mellores prestacións” á cidadanía. O mandatario galego quixo rematar enmarcando a aposta do Goberno galego polo sector biotecnolóxico como parte dunha política global de apoio ás actividades económicas máis innovadoras, que ten o seu reflexo na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), así como nos máis de 1.600 millóns de euros mobilizados a través dos fondos FEDER. “O futuro xa está aquí e pasa pola biotecnoloxía”, concluíu, despois de agradecerlle á Asociación Española de Bioempresas (ASEBIO) a confianza depositada en Galicia como sede deste prestixioso congreso internacional.

Xunta e Concello de Santiago reforzan a súa colaboración no Centro de Información á Muller + A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella acompañada do alcalde de Santiago, Agustín Hernández e da directora do Instituto da Muller, Carmen Plaza visitaron o Centro de Información á Muller, onde a titular de Igualdade avanzou que este ano Xunta e Concello reforzan a súa colaboración en materia de igualdade. O CIM de Santiago ofrece asistencia xurídica e atención psicolóxica ás mulleres santiaguesas que o precisen. Está integrado por unha asesora xurídica, unha psicóloga, e conta coa colaboración dos profesionais dos servizos sociais. A titular de Igualdade indicou que o Centro atendeu o ano pasado máis de 1.700 persoas e recibiu máis de 9.300 consultas. Segundo destacou López Abella para a Xunta é prioritario acadar unha igualdade real entre homes e mulleres e erradicar a lacra da violencia de xénero. Por iso, este compromiso queda refrendado un ano máis con

liñas de axuda específicas tanto para os CIM coma para os concellos co fin de que desenvolvan programas de prevención da violencia de xénero e a prol da igualdade, coma é o caso de Santiago que conta con axudas da Xunta para apoio ao CIM e para o programa de fomento da conciliación que superan os 237.000 euros entre

os anos 2009 e 2013. As axudas dos CIMs teñen por obxecto colaborar coas entidades locais no funcionamento destes centros, coa finalidade de garantir a prestación dun servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade, que lles proporcione asesoramento xurídico e psicolóxico; información

sobre recursos específicos para mulleres, así como o desenvolvemento de calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes. Este Centro conta co servizo de teletraduccion en 51 idiomas, un servizo totalmente gratuíto que procura o acceso ás mulleres inmigrantes residentes en Santiago aos recursos dispoñibles, o que é esencial nos casos de trata de persoas e violencia de xénero. Ademais, o concello de Santiago é un dos 149 concellos galegos adheridos á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero levando a cabo no ano 2012 actuacións de autoprotección e defensa para mulleres vítimas de violencia de xénero en colaboración ca Policia Nacional; e no ano 2013, actuacións de intervención de terapia ocupacional con nenos, nenas e adolescentes expostos a situacións de violencia de xénero


| Ferrol |

22 // Outubro 2014 // Galicia Norte

O alcalde anuncia a ampliación da zona peonil e o carril-bici na zona portuaria

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, acompañado do director xeral de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera Martínez, e da directora territorial de Aguas de las Cuencas de España (AcuaEs), Isabel Pérez Espinosa, visitaron as obras de saneamento e rexeneración da ría de Ferrol. Esta visita coincidiu co inicio dos traballos da estación de regulación en terreos da Autoridade Portuaria. Tráta-

se dun proxecto que, a petición do alcalde de Ferrol e ante a demanda veciñal, o Ministerio de Medio Ambiente volveu redactar para evitar así o levantamento dun tanque de tormentas nos Xardíns de La Ranita. O primeiro edil da cidade aproveitou esta visita de seguimento das obras, en que tamén participou o presidente do Porto de Ferrol, José Manuel Vilariño Anca, para anunciar que ade-

mais da conservación dos xardíns de La Ranita, a actuación na zona portuaria permitirá gañar novos espazos para os cidadáns. “Ademais de salvar La Ranita, que era un obxectivo fundamental, imos aumentar en máis de 800 metros cadrados a zona de paseo do entorno portuario”. Así, a actuación contempla o incremento da zona peonil no contorno portuario mediante o retranqueo do

peche da Autoridade Portuaria -que xa está adxudicado-. En concreto, os traballos permitirán recuperar como zona de paseo con carril –bici unha superficie de 821 metros cadrados no estrada do Porto co retranqueo do peche portuario. Jose Manuel Rey insistiu en que “o saneamento é unha actuación estratéxica neste mandato e un dos retos marcados que estamos a cumprir a través de algo que é fundamental neste tipo de actuacións que acumulaban tantos anos de retraso: a seriedade na execución e a coordinación entre Administracións”. Ao fío disto, o alcalde lembrou que cando tomou posesión foi necesario solucionar dúas cuestións. A primeira delas, a do financiamento, xa que o convenio herdado do mandato anterior supoña que o Concello tiña que financiar o 30% das obras, cantidade que se conseguiu reducir ao 10%. E a segunda a xa comentada necesidade de salvar os xardíns de La Ranita. Así mesmo, o rexedor ferrolá destacou o feito de que

o maior investimento previsto nos Presupostos Xerais do Estado sexa o do saneamento, con 16,9 millóns de euros; o que “garante a continuidade das obras”. Pola súa banda, a directora territorial de AcuaEs, Isabel Pérez Espinosa, sinalou que a previsión dos traballos de saneamento estanse cumprindo. Ao respecto, sinalou que o tramo A Gándara-Malata está executado nun 39%; mentres que o grao de execución do tramo A Gándara-Cadaval supera o 30%. A responsable de AcuaES sinalou que o compromiso é ter rematadas todas as obras de saneamento a finais do próximo ano para dar servizo a todos os veciños dos concellos de Ferrol e Narón. Así as cousas, e no que atinxe ao municipio ferrolán, AcuaES, Augas de Galicia e Emafesa conseguiron completar durante este verán 11 das 16 conexións á rede. De feito, hoxe en día xa hai vivendas de Ferrol Vello, A Magdalena e a estrada do Porto que depuran as súas augas residuais.

José Manuel Rey destaca a importancia dos comedores sénior da cidade O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu esta o acto de celebración do Día Internacional das Persoas Maiores, no que foron homenaxeadas as persoas de maior idade de cada un dos comedores sénior da cidade, situados no Ensanche A –rúa Río Xubia-, Caranza, e os novos equipamentos de San Pablo-Catabois e Esteiro. Este homenaxe aos maiores que tivo lugar no Salón de Recepcións do Pazo Municipal tamén contou coa participación da concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro; a voceira do Goberno Municipal, Martina Aneiros Barros; e representantes dos grupos políticos. Jose Manuel Rey destacou que a celebración do Día Internacional das Persoas Maiores se remonta ao ano 1990 e o tema conmemorativo deste ano é “Sen esquecer a ninguén”. O rexedor municipal tamén sinalou a importancia dos comedores sénior da cidade “para promover o envellecemento activo e saudable dos nosos maiores”. Así mesmo, recoñeceu que as xeracións ac-

tuais “temos unha débeda cos nosos maiores xa que o seu esforzo, traballo e sacrificio fixo posible unha sociedade mellor en que podemos gozar de moitas máis cousas”. Por último, o alcalde ferrolán enumerou as diferentes actividades que organiza a Concellería de Benestar para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores. Neste senso, o primeiro edil destacou a visita guiada pola Ruta da Construción Naval que realizarán o vindeiro 10 de outubro os maiores ferroláns ou as charlas de alimentación saudable que se impartirán en diferentes centros da cidade. Así mesmo, mañá día 1 de outubro se servirá un menú especial en todos os comedores sénior de Ferrol. María Andrea Fandiño Rodríguez, Adonis Fernández García, María Elena Torres Regueira e Antonio Freire Romero, foron as persoas maiores homenaxeadas durante o acto que recibiron cadanseu agasallo de recordo. A xornada estivo amenizada por dous membros do Real Coro Toxos e Froles.


|Pasatempos|

Galicia Norte/Outubro 2014 // 23

SUDOKU

HORÓSCOPO Aries:Este mes trae confianza, independencia, e individualidade. Agora, levarante a asumir novos desafíos, a atacar novosproxectos, e a afirmar a túa vida. Tesenerxía de reserva e úsala para motivar e inspirar a xente. Sentes que non hai nada que non poidasfacer. Tes ambición e persegues os teusobxectivos. Tauro:Novembro trae cambios, emocións, e posiblemente un incentivo financeiro. Movemento - viaxe, mudanza de residencia ou de oficina, quizais.Recibirás unha carta ou un chamado telefónico de alguén próximo e de quen non tes noticias hai tempo.Este mes debería ser suave e alegre. Trata de non tomar as cousas demasiado en serio. Geminis:Poderíanpedirche para facerunhaviaxe de traballo. Esta viaxeé inesperada pero traerache resultados moi positivos. Outraposibilidade é que che ofrezanunha trasferencia e promoción. Dunhaououtra forma haberá cambios no teu ambiente.Agora é o momento de faceralgúns cambios, de promoverte abertamente, e de alcanzar outrasfontes posibles de renda. Cancer:Ésendúbidaningunha o momento de volver aos negocios, de concentrarte no traballo, e de rematar calqueracousa que quedase inacabada. Presta atención aos detalles; non te atrases; non tomes atallos. Estás a facer as bases para o futuro, probando os outros e tí que mereces as responsabilidades e desafíos que asumiches. A túaenerxía está forte e concentrada. Leo:De moitas formas, este mes trae bendicións e pode ser moi reconfortante. A única experiencia complicada durante este mes será a necesidade de tratar con diplomacia e tacto un problema antigo, quizais con alguén no traballo. Un conflito básico de personalidadefoi a causa da fricción entre teu e un colega de traballo, e isto non pode ser máis ignorado.

A castaña no agosto quere arder; e no setembro, beber Castañas no Nadal saben ben e pártense mal Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruin viño Temperá é a castaña que por setembro regaña Polo San Martiño, castañas e viño

Virgo:A túa carga de traballo é considerable pero non te absorbe tanto como foinoutros momentos deste ano. Tesenerxía e confianza de que agora te estás a mover na dirección correcta. Os sentimentos de inseguridade e de frustración que se destacaron durante a maior parte deste ano están a desaparecer. As túasamizades e familiares mostranfortessinais de lealdade e os teussentimentos son expresados máis libremente. Libra:Precisas dun descanso. Se é posible, toma algún tempo libre para recargar as túas baterías. Necesitas de sol, relaxarche, alegría, e rir con amizades. Os únicos aspectos da carreira que son favorables son os relacionados coa creatividade, e inspirando e motivando as persoas coas cales traballas. Estas é unha boa ocasión para expresar os sentimentos e as ideas sobre as cales estiveches a pensar nos últimos meses.

SOPA DE LETRAS

LABIRINTO

Fotografía

Escorpio:Será un excelente momento para inspirar e motivar os outros. O teu entusiasmo é contaxioso e ningún obstáculo é demasiado grande para non o poder superar. Tespouca paciencia este mes e quererías que todo camiñasemoitomáis rápido. A túa mente anda a velocidades Mach pero podes dispersar as túasenerxías. Tenderás a querer cortar camiño demasiadas veces para evitar esforzoou detalles, que poderían resultar en frustraciónsou exceso de traballo en decembro. Sagitario:Afastaraste un pouco dos asuntos e problemas da xente. Durante o curso deste ano, tivo que axudar, recomendar, e aconsellaraosoutros varias veces. Agora, tesunha pausa. Pasa un tempo a soas para contemplar e meditar, Estudiar e ler son tamén favorables. A túa carga de traballo non diminuirá pero a maior parte é rutineiro e déixacheespazo para divagar mentalmente. Tamén, a túa mente está agudizada e podes concentrarte con facilidade cando queres... Capricornio:É unha excelente ocasión para novos negocios, asuntos financeiros, e todas as cousas relacionadas co mundo material. Recibe recoñecementoou por esforzos pasados na forma de recompensas estiveses a considerar para os teus negocios. Certacantidade de equilibrio séntese. Castigo e premio son ambos os dous posibles. Se te esforzaches sinceramente, a recompensa chegará. Pero, para algunhaspersoas, este mes poderíatraerlles malas noticias.

DISTRIBUCIÓN:

comarcas de :

Directora técnica: J.M.Martinez Publicidade: Dpto. Propio Xornalgalicianorte@gmail.com Redacción: xornalgalicianorte@gmail.com Fotografia: Hernandez, Arquivo, Dpto. Propio Montaxe e deseño: Dpto. Propio. Impresión: Publicaciones Tameiga

www.xornalgalicianorte.com Deposito Legal: VG 793-2012 Direccion: Apartado de Correos nº 590 36080-Pontevedra Telf: 981103795

Queda terminantemente prohibida a reproduccion total ou parcial de calquera dos contidos deste xornal. As marcas comerciais pertencen o rexistro das suas respectivas compañias e os anuncios publitarios co seu contido son reponsabilidade unica do anunciante.

Arzúa Barbanza A Barcala Bergantiños Betanzos A Coruña Eume Ferrol Fisterra Muros Noia Ordes Ortegal Santiago OSar Terra de Melide Terra de Soneira Xallas

Acuario:Toma un tempo libre e, se é posible vacacións. Entra en contacto coteueu interior, divaga, e comparte eses sentimentos e pensamentos con alguén en quen confíes. Precisarás que a xente te agradeza. Percibes os cambios no horizonte, pero sénteste no limbo, esperando que os feitos che indiquen un novo rumbo. Busca o consello, o enfoque, e a percepción doutros. Continua causando unha boa impresión naqueles con quentraballas, pero non polatúa acentuada sensibilidade e conciencia, senónpolatúaaptitude para expresarte ben e motivar a xente a ver as cousasaoteuxeito. Ten coidado en non manipular as persoas... Este é un mes “afortunado”. Piscis:Este é un bo momento para os negocios e as finanzas. É tempo para ter decisión e aventurarse, e non para o conservadorismo. Coraxe e orixinalidade son os ingredientes claves e necesarios para aproveitar totalmente este ciclo. A túa vida persoal está máis estable e sincera, para deleite das túasamizades e parentes. Tamén está con xenerosidade e motivación, pero non con humor para tratar as pequeneces. Estás un pouco impaciente. Poderías comprobar que o romance é o aspecto máis desafiante deste período. As probabilidades de encontrar alguén son boas, pero a túaabordaxepodería ser demasiado intensa e insensible.


24 //Outubro 2014 // Galicia Norte

|Publicidade|


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.