Duplo R.
TSC, 22 (2012)
165
O 58,8 % da poboación galega di falar sempre en galego e só un 3 % di non saberentender a lingua propia de Galicia. Galicia está perdendo falantes da lingua propia a ritmos preocupantes, e pouco favorecedora é a asociación xente nova e urbana: castelán, xente maior: galego. Vigo, xunto con Ferrol, son as dúas cidades que presentan os peores datos para o galego. Un 80,8 % utiliza só ou máis galego (fronte á media do 67,5 % das cidades galegas) e un 19,2 % só galego ou máis galego (fronte ao 32,5 %). Con todo, máis do 75 % di poder utilizalo sen problemas. Só o 3,96 % das familias din utilizar sempre o galego (fronte, por ex., ao 13,59 % de Ourense). Hai un notable aumento do coñecemento do galego (vía ensino) pero non se traduce nun aumento correlativo do uso. Respecto da opinión da xente moza verbo do galego a maioría di que se debe aprender galego, é positivo pero non se acepta o compromiso de usalo. Non hai hostilidade contra a lingua propia, e mesmo se lles demandan máis actuacións e compromiso ás autoridades para fomentar o coñecemento, o uso... pero non ven a utilidade de falar galego (si para traballar na administración ou na universidade). Podemos resumir dicindo que a xente moza coñece a lingua, saben utilizala potencialmente, len en galego, teñen capacidade para utilizala pero non é a súa lingua cotiá de relación, sobre todo nos eidos urbanos, e claramente en Vigo. O SNL realizou no ano 2002 un estudo sociolingüístico, e nos dous anos seguintes comeza a elaborar o Plan de dinamización lingüística do Concello de Vigo (PDL), que foi aprobado no ano 2007 polo Consello Social da Lingua. Articulado en 7 sectores estratéxicos (administración local, ensino e mocidade, medios de comunicación, asociativo, inmigración, crenzas relixiosas e socioeconómico) o PDL ten como obxectivo último «facer normal o uso do galego en calquera ámbito da sociedade viguesa», para o cal, entre outras moitas directrices cómpre «tecer redes de información e cooperación cara a actuacións conxuntas na dinamización lingüística, posibilitando así a xeración de dinámicas globais e interconectadas na mellora da situación da lingua galega na cidade». Conscientes da importancia do sector infantil e xuvenil, o SNL, xunto con outras áreas do Concello, como Deportes, Cultura e Mocidade, elaboramos programas de dinamización partindo dunha premisa: aprender xogando, gozando e xogar aprendendo. Neste cometido contamos tamén coa complicidade dos equipos de normalización e dinamización dos centros de ensino, asociacións xuvenís, e de tempo libre e lecer. O PDL analiza a situación do galego nestes sectores (infantil, xuvenil, lecer e ensino) e presenta distintas propostas dirixidas a acadar os obxectivos marcados: — Acadar o uso normalizado do galego nas iniciativas que desenvolven os centros de ensino de Vigo. — Promover unha mellor actitude das familias para que cumpran un papel máis activo na promoción do galego. — Implicar os xestores e programadores da oferta lúdica xuvenil na promoción social do galego.
04 Taula Rodona 2 TSC22.indd 165
30/01/13 13:16