Lembranzas 2003-2004

Page 19

Tamén pensamos que era moi positivo para o noso alumnado ter contacto con galegofalantes da súa idade, podo dicir que para min foi moi grato comprobar como bastantes persoas se lanzaban a falar galego con soltura durante o intercambio ¿Por qué non continuar despois?

Coa presidenta da confraría de Barallobre en San Felipe

Para min foi especialmente gratificante facer esta actividade con dous grupos de alumnos/as que coñezo e aprecio, ver como tras timideces iniciais se relaccionaban e facían boas migas. No caso concreto do alumnado deste IES desfrutei dandolles a coñecer a Terra de Caldelas, unha terra fermosa, que amo e que desgraciadamente esmorece polo abandono rural; desfrutei amosandolles os soutos, os socalcos e propiciando que os meus ex alumnos lles amosasen as súas aldeas, a maquinaria agrícola e o seu modo de vida, no que teñen un grado de responsabilidae e traballo descoñecido para moitos dos chicos e chicas de Ferrol.

Víctor e Marcos ensinándonos a maquinaria agrícola en Sampaio

Durante a nosa visita o mal tempo impediunos facer algunhas actividades e desluciu a ruta de senderismo con cabalos, onde nos choveu a chuzos e por certo moitos aprenderon o que é unha corredoira enlamada, cousa que polo visto non tiñan clara. 16


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.