__MAIN_TEXT__

Page 1

LEMBRANZAS 2018-2019 IES CATABOIS

SABELA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ 3º ESO

ISRAEL HERNÁNDEZ e RUBÉN MARTA 1º ESO

JOSÉ ANTONIO SALAZAR CAMACHO 3º ESO


Limiar Encargáronme a redacción deste Limiar porque este será o meu último curso no IES de Catabois, así que intentarei corresponder con todo o entusiasmo que se merece este lugar no que vivín tantas e tan boas experiencias. Gustaríame comezar destacando unha das vivencias que marcou o punto de partida do meu periplo profesional en Catabois. Sería o meu segundo ou terceiro día de traballo, e mentres soaba a melodía de “Piratas del Caribe” que marcaba o comezo do tempo de lecer, observei sorprendida como un grupo numerosísimo de alumnos e alumnas avanzaba a paso rápido cara a un destino para min descoñecido. Sospeitando algunha trama oculta conseguín parar un deles para preguntarlle a que lugar se dirixían e este, con cara de sorpresa contestoume: “Ay, profe, ¿a dónde quieres que vaya? Voy a la biblio”. Para a miña sorpresa, cando asomei a cabeza pola porta da Biblioteca descubrín con agrado un lugar abarrotado de rapaces e rapazas que leriaban sentados nas mesas ou rebulían entre os estantes repletos de libros. E eu pensei: “Como non vou ser feliz neste sitio?”. E fun feliz.

Estes convertéronse para min nuns anos moi intensos e moi ricos en experiencias profesionais e, sobre todo persoais: colaboramos con outros centros en actividades diversas, participamos en concursos, gañamos premios e fixemos viaxes académicas. Ademais despedimos con alegría a compañeiros/as e alumnos/as que iniciaron novas etapas vitais… e con enorme pena a outros que xa non veremos xamais.

En definitiva, son moitas as cousas que vou botar de menos: o dinamismo de Raquel e de Emilio, a serenidade de Rosa (Mates), a paciencia de Merce e Noemí, a creatividade de Conchi e Iria, a retranca de Rosa (Sociais) e de Carmen, a prudencia de Emilia, a sensatez de Pablo e Miguel, o optimismo de Maca, a sensibilidade de Mónica, a calma de Chus, a simpatía de Mar, o humor de Alfonso, a alegría de de Jose e de Fran, a espiritualidade de Bea, o entusiasmo de Rita, os cafés con Antonia e con Loli, as risas con Belén… Pero sobre todo hei botar moito de menos á miña supercompi Teresa, que compartiu comigo esta marabillosa aventura que é a docencia da lingua de Cervantes e soubo combinala con outras moitas experiencias lúdico-académicas que nos converteron en directoras de teatro, roteiras por terras antaluzas, Supernenas ou Comandantes de tropa estelar con destino a Saturno.

Marcho dun lugar cheo de vida que dá vida a todos os que temos a sorte de pasar aquí unha parte da nosa vida profesional. Marcho cun sentimento agridoce porque combino a tristura de despedirme dos membros desta comunidade educativa coa satisfacción de saber que intentei deixar o mellor de min en cada momento. Pero voume coa seguridade de que aquí deixo unha chea de amigos que souberon gañar un lugar moi especial no meu corazón porque converteron o meu paso por este instituto nunha experiencia intensa, emocionante e profundamente apaixonante.

Moitas grazas a tod@s e, sobre todo, que viva o IES de Catabois.


1º ESO Barrul Borjas, Jeremi Calvo Hermida, Romina Andrea Charlín Pérez, Nuria Jiménez Conchado, Abraham Jiménez Jiménez, Adrián Jiménez Jiménez, Daniel Marta Zaragoza, Rubén Monteiro Monteiro, Daniel Monteiro Romero, Janet Monteiro Romero, Silvana Osagie López, Kelly Obas Pazos López, Iván Pérez Dujmovic, Alba Lucía Salazar Camacho, Denis Salazar Conchado, Andrea Salazar Jiménez, Julen Vega Ramírez, Francisco Antonio Yanett Cabanas, Keira Alexandra


2º ESO “A-PMAR”

Acosta Carnero, Ángel Aguiar Couce, Aitana Rubén Carro Nieto Costa Riesgo, Daniela De la Puente Cal, José Vicente Diz Rodríguez, Esther Fernández Suárez, Naim Franco Paez, Iván Galego Campos, Ignacio Jiménez Borja, Malena Lago Gerpe, Nerea Laya Torres, Oscar Benjamin Llago Vázquez, Adrián Llago Vázquez, Alejandro López Mosquera, Rosalía Oliveira Pérez, Andrea Prieto Aneiros, Martín Restrebada Rodríguez, Iván Rio Naveiras, Nicolás del Salazar Jiménez, Adolfo Salazar Jiménez, Verónica Saldaña Vidal, Iago Sanjurjo López, Sofia Somaza Nieto, Sofía 3


3º ESO “A- PMAR”

Aguiar Couce, Yaiza Álvarez Chao, Laura Aneiros López, Adrián Becerra Carro, Laura Bocija Fernández, Alejandro Fernández González, Sabela López Berdeal, Hugo Lorenzo Rodríguez, Oscar Monteiro Romero, Desirée Núñez García, Miguel Pérez Mosquera, Alicia Reyes Fernández, Ariana Rico Noceda, André Rodríguez Fernández, Ismael Rodríguez López, José Manuel Salazar Camacho, José Antonio Salazar Montoya, Aitana Natalia Vargas Pisa

4


4º ESO

Bellón González, Yetur Feal Allegue, Brais Fernández García, Natalia García Fernández, Lucía Garrote Hermida, Joel Lema Cortés, Elena Pato Romero, Saúl Prieto-Puga Gonzáles, Claudia Teiga Sánchez, Sergio

5


PFB- Limpeza de Edificios

Cabaleiro García, Jordi Céspedes Rodríguez, Mª Belén Fernández García, Sheyla Martínez Rodríguez, Jennifer Navalón Bustabad, Mario Romero Monteiro, Bernabé Salmerón Vila, Carlos

6


PFB- Comercio

Álvarez Tojeiro, Estefanía Cabrera Gabarre, Estefanía Estévez López, José Luis Ferreira da Silva, Ana Daniela Graña Painceira, Ivet Jiménez Amaya, Samanta Leira Rios, Borja López Puentes, Erik Pita Medín, Alejandro

7


INTERCAMBIO CO IIS A. MEUCCI, BASSANO ROMANO – ITALIA Comigo non contedes para outra. Xa chegou. Tanto intercambio, tanto coñecer lugares e persoas. Que os aeroportos son un rollo, e os controis de seguridade son una tortura. E logo o de viaxar con rapaces: que un a un teñen un pase, pero todos xuntos….! Así quedades de aliviados aquí. E total…viaxas a outro país, coñeces xente e lugares bonitos, obras de arte e monumentos que che deixan sen alento…e volta ao de sempre. Que non puidemos traer nin unha pedra do Coliseum! E total, xa estaba roto antes de que chegaramos, esta vez é certo que eles non fixeron nada. A ver, bonito é, e aprender aprendes, pero una pedriña…que lles custaba?

8


E outra: para ir a un instituto xa temos o noso, o de Bassano está ben, pero entre que falan italiano e que non paramos para ir de aquí alá ver cousas…! Que non digo que non estiveran ben, porque museos vimos, eh? Dous museos etruscos, necrópoles, palacios e concellos, cidades pequenas e grandes (Ai, Roma…!), ata outro país pequeno visitamos, porque o Vaticano é un Estado! Pero ao final, síntese un pouca cousa, con tanta grandeza e tanta beleza e tanta arte. E parece que somos importantes, ata que vemos o que fixeron outras culturas xa desaparecidas, como os etruscos. Que elegancia e beleza a da súa cultura! Gustounos a necrópole, pero xa vedes o que quedou deles. Aí chegan os romanos, fundan un imperio, constrúen marabillas, enchen Europa e medio mundo de cultura, desenvolvemento, dereito, organización, infraestruturas e coñecemento….e catro bárbaros despois só nos quedan as ruinas.

9


Que non, que non paga a pena. Certo é que visitamos vilas bonitas: Tarquinia, Sutri, Roncigliano, Caprarola –o Palazzo Farnese faite sentir aínda mais pequeno, eses sí eran ricos e poderosos- , ata una praia visitamos, e un lago nacido dun cono volcánico. O lago de Vico, chamábase. Todo rodeado de abeleiras, que a zona é de produtores de “nocciola”, unha crema como a nutella pero mellor! Ou sexa, autóctona, caseira e deliciosa. E logo non podemos traela, porque non deixan na equipaxe de man. Se é que non paga a pena, xa o digo eu…

10


E os rapaces…que? Total, para ver Roma xa se ve na televisión, que cansa menos que camiñala toda! Home, non podes lanzar a moediña na Fontana di Trevi, e comer un dos mellores xeados do mundo na pantalla está complicado, certo é. Pero…e os riscos? Porque riscos hai: mira que se os vosos fillos se afeccionan a viaxar e acaban nun Erasmus en Italia na universidade…ata poderían converterse en cosmopolitas e aventureiros! Xa digo, un risco, e dos peores.

E mira como rematamos, aí con todos disimulando as bágoas cando nos despedimos…a que levar dez rapaces a vivir con familias italianas una semana, se logo choran uns e choran outros cando nos despedimos? Que a vida non é vida para sufrir, ho! Que non, que non paga a pena. Que xa coñezo eu a Maca e algo estará argallando, pero comigo que non conte. E Antón creo que pensa o mesmo.

11


“TARQUINIA: Un viaje en el pasado” Un grupo de alumnos del I.E.S. de Catabois en Ferrol hemos tenido la oportunidad de viajar a Bassano Romano, en Italia, en un intercambio de alumnos durante el curso académico 2018/2019. Durante nuestra visita, uno de los lugares más interesante que visitamos fue Tarquinia y la necrópolis etrusca de Monterozzi, que se encuentra a las afueras de esta ciudad. Monterozzi cuenta con alrededor de 6000 tumbas repartidas entre tumbas de cámaras subterráneas o tumbas exteriores. Las exteriores muestran un aspecto muy curioso como si se tratase de grandes hongos tipo “Boletus”.

Muchas de las tumbas con cámaras están decoradas con bonitas pinturas porque en muchas de ellas se enterraba a gente con mucho dinero o de alto rango social. En las pinturas se representaban escenas de carácter mágico-religioso, representaciones de banquetes funerarios y otras escenas festivas y cotidianas, usando colores intensos y vivaces. Algunas de las pinturas son realmente hermosas y se conservan en un estado bastante bueno.

Algunas de las tumbas que visitamos fueron: Tomba dei giocolieri, Tomba della pulcella, Tomba delle leonesse y Tomba dei leopardi. Cada uno de los enterramientos subterráneos están cubiertos por una caseta a modo de protección. Se accede hasta las cámaras a través de estrechos corredores oscuros con escalones. Las cámaras están protegidas del exterior por un cristal para impedir que las pinturas se deterioren. Al llegar a ellas, hay que pulsar un interruptor para poder observarlas y admirar la decoración.

12


Como los pasillos de entrada a las cámaras son estrechos hay que hacer cola y esperar a que salga el grupo anterior para poder entrar. El lugar es muy visitado por grupos de estudiantes y turistas que, como nosotros, quieren descubrir cómo era la vida en la antigüedad, varios siglos antes de Cristo. Aprendimos que la civilización etrusca era muy evolucionada, les gustaba que se les enterrase acompañados por sus objetos personales. Nos llamó la atención que la mujer jugaba un papel de igualdad con respecto al hombre al contrario que en civilizaciones de la época o posteriores como la griega y la romana. Aparece junto a su marido en muchas de las pinturas.

La necrópolis de Monterozzi fue declarada Patrimonio de la Humanidad por la UNESCO en el año 2004 para conservarla y que en el futuro la gente como yo pueda observarla e informarse acerca de las costumbres y tradiciones del pueblo etrusco. Me encantó visitar tanto Monterozzi como Tarquinia y el Museo Arqueológico Nacional de Tarquinia porque me atrae mucho conocer cómo vivía el hombre antiguo. Es una visita que recomendaría a todo el mundo ya que a mí me encantó.

Por Miguel Núñez García, 3º A. Fuentes: Guía de la necrópolis de Monterozzi y el Museo Arqueológico Nacional de Tarquinia https://civitavecchia.portmobility.it/es/tarquinia-y-la-necropolis-etrusca-de-monterozzi http://www.viatorimperi.com/tarquinia https://viajealpatrimonio.com/listing/necropolis-etruscas-cerveteri-tarquinia/

13


LAGO DI VICO, by Adriรกn Aneiros Lรณpez, 3rd PMAR. It is a lake that is located near Bassano Romano, the place where we took part in an exchange of students this year. Its origin is volcanic and it is a natural reserve so it is very beautiful because there are a lot of trees and many birds of different species.

We had lunch in a place near the lake: lasagna, beefsteaks and some cakes covered with Nellina, the Italian Nocilla produced in the area. After lunch, we had some rest and spent the afternoon playing, relaxing and having a look around.

14


At the lake, there was a guide who gave us a lot of information about it and we carried out some interesting activities. In one of them, we entered the forest and they gave us some mirrors to place them under our noses. Then we had to look down and it looked like you were 10 meters above the trees. The aim was that we experienced what a bird feels when it is flying over or amongst the trees. We could feel ourselves like birds! And it was a lot of fun!

When we went to look out for birds on the lake, we were given some binoculars to look at the types of birds that we had in the area and to finish we got deeper into the forest and we all sat quietly to hear all the animals that were in it.

The lake is surrounded by plantations of hazelnut. Nellina comes from them. You get a lot of money from these plantations because the hazelnuts grown here are excellent and most of them are bought by the famous Ferrero Rocher chocolate company.

15


AVENTURA ENTRE LETRAS E CIENCIAS En novembro, partimos con ilusión para o sur, para gozar da actividade das Rutas Científicas, Artísticas e Literarias organizadas polo Ministerio de Educación. Alí, acompañados dos compañeiros e compañeiras do IES Esteban Manuel de Villegas (Nájera, La Rioja) comezamos a nosa ruta por Murcia e pola Andalucía oriental, ata chegar a Málaga.

Como primeira experiencia, recibíronnos no Centro de Arte Dramático de Murcia, onde gozamos coa paixón dos estudantes de artes escénicas, para continuar logo cunha agradable visita guiada pola cidade.

16


En La Unión transformámonos en auténticos mineiros, para percorrer as galerías e sentir de preto as pegadas do cante flamenco que garda este antigo xacemento de pirita.

Das profundidades da terra, pasamos ao mar e, no museo naval de Cartagena puidemos coñecer o submarino Isaac Peral da man dun vello lobo de mar. Canto detalle na explicación! E tamén o fermosísimo teatro romano.

17


Xa nos apetecía algo de natureza así que marchamos cara ao Cabo de Gata. Houbo quen quixo deixar en Terra a Pilar e Teresa, pero sonche moi teimudas e por nada do mundo perderían esta fantástica posta de sol.

Que dicir da natureza transformada polo home: o mar de plástico de El Ejido foi impactante. O bo foi a degustación de produtos dos invernadoiros: pementos e tomates ben fresquiños. A máis de un lle quedou cara de tomate pera, ¡mágoa que non nos deixan ensinar o testemuño gráfico! E da horta ao forno. Todos a amasar pan en Trópolis (Alcudia de Guadix)!

18


Mais non eran rutas literarias? Aí que imos para a terra de Lorca: poemas, arquitectura e ciencia. O espíritu de Lorca estimulou os nosos alumnos que arrincaron a recitar, cantar e bailar no parque de San Vicente, e xa quedamos coa banda sonora que marcou a nosa viaxe en boa sintonía -letra de Lorca, música de Camarón-: “El sueño va sobre el tiempo, flotando como un velero, nadie puede abrir semillas en el corazón del sueño.” Ao día seguinte agardábannos interesantes descobertas: a maxestuosa Alhambra, o entrañable Albaicín e o Parque das Ciencias de Granada con exposicións interactivas que nos mantiveron ben entretidos.

Xa para remate do noso periplo, quedaba Málaga: as increíbles vistas desde o Mirador de Gibralfaro, o museo Picasso e o Centre Pompidou. Lembrade o que alí aprendemos e que non vos traten coma ovellas dun rabaño! Fin da viaxe e volta para a terriña! Danos colaterais: algún que outro corazón roto e moitas ganas de repetir experiencia.

Rematamos este artigo cunha forte aperta para a nosa profe Pilar, desexándolle todo o mellor agora que cambia de centro. Non podía haber mellor aliada de viaxe, por suposto, no sentido máis amplo da expresión. Grazas, compañeira!!!

19


Este curso un grupo de alumnos del IES de Catabois participaron por primera vez en este concurso de robótica,nuestra participación esta garantizada durante los dos siguientes cursos ya que se nos concedió una ayuda del Plan Social. Esta ayuda consiste en la cesión de dos robots y la participación en el concurso durante tres cursos. El equipo se llama Robotbois y este curso estaba formado por: Iván,Nuria,Keira (1ºESO), Elia, Rubén, Iago (2ºESO), Miguel, Alicia (3ºESO), Joel, Elena(4ºESO), Sergio,Saúl y Braís, todo el claustro colaboro de manera directa o indirecta, por poner ejemplos de colaboración: Rosa , Maca, Alfonso y alguno más nos dejaron sus clases para poder ensayar, Raquel y Emilio participaron activamente en la elaboración del póster de valores y la programación del robot. Yo (Carmen) ayudé en la elaboración del proyecto científico. Pilar colaboró en la redacción del póster de valores. Ella y nuestra dire nos acompañaron en el concurso. Lo pasamos genial, fue un trabajo duro en el que también tuvimos ayuda de Ángela Vázquez ingeniera química que nos explico en el laboratorio todo lo que debíamos de conocer para poder elaborar nuestro proyecto científico “Os ouriños de hoxe ,o café de maña”.

20


Os que marchan Aínda sendo conscientes das incertezas que xera decidir o tipo de estudos que escollerán ao rematar a ESO no noso Instituto, e que ademais aínda teñen tempo a decidir por onde van orientar o seu futuro, preguntámoslle ao alumnado de 4º que profesión lles gustaría estar a exercer no ano 2029, é dicir, dentro de dez anos, e aquí están as súas respostas:

Yetur Bellón Soldador

Lucía García Farmacia- Parafarmacia

Saúl Pato Policia Nacional

Brais Feal Redes Informáticas

Joel Garrote Gandeiro

Claudia Prieto-Puga Educadora Infantil

21

Natalia Fernández Auxiliar Enfermeria

Elena Cortés Reposteira

Sergio Teiga Cantante


ENTROIDO 2019: A MÚSICA TOMA CATABOIS

22


23


POR TERRAS DE LUGO Os alumnos/as de 3º A e 3º PMAR xunto co alumnado do club de lectura e as profesoras Antonia, Dolores, Rosa e Carmen, fixeron en abril unha viaxe á cidade de Lugo, arredores e Outeiro de Rei. Comezamos a viaxe chegando ao castro de Viladonga aproximadamente sobre as 10 da mañá. Alí tivemos unha pequena charla sobre as orixes e historia do castro. Posteriormente coa guía correspondente visitamos as instalacións do centro de interpretación e, no exterior, os restos do mesmo. Despois desta visita, saímos cara a Lugo para visitar a Casa do Mitreo, antes de entrar fixemos un percorrido pola muralla romana, explicando brevemente a súa historia. A visita á Casa do Mitreo durou aproximadamente unha hora, durante a cal a guía foinos informado sobre os habitantes da casa, a que se adicaban e a súa relación coa historia de Roma. As inclemencias do tempo non nos permitiron seguir o percorrido pola cidade, pero tamén foi unha boa escusa para contemplar o interior da catedral. Aínda que o tempo ía moi axustado aínda pasamos polo centro comercial, de camiño a Outeiro de Rei, última parada da nosa viaxe, alí visitamos a casa museo de Manuel María, para coñecer máis a vida e obra deste importante escritor galego.

24


SEMANA DEL LIBRO EN CATABOIS 2019

Como todos los años, una de las actividades más importantes de la Biblioteca es la celebración de la Semana del Libro. El martes 23, realizamos una visita guiada por el Castro de Viladonga. Ya en Lugo nos dirigimos a la Domus do Mitreo, junto a la muralla. Allí escuchamos las explicaciones referidas a las estancias y herramientas, tipos de monedas, armas, etc. Por la tarde, en la Casa de Manuel Maria en Outeiro de Rei, conmemoramos el Día del Libro con una sesión de recitado de poemas de los alumnos La Semana del Libro culminó el viernes 26 de abril con la visita de los centros de Primaria de Pazos, San Xoán de Filgueira y Juan de Lángara. Después del recibimiento en la Biblioteca, los distintos grupos acompañados por alumnado de nuestros clubes de lectura, disfrutaron de una mañana intensa.

25


En primer lugar, los alumnos participaron en nuestros talleres de Scrapbooking impartidos por Paula Cartelle.

El broche final a los actos de la semana protagonizados por el libro fue nuestra tradicional Feria Solidaria, que organizamos cada curso y cuyos beneficios destinamos a la Cocina Económica de Ferrol. La feria gozó de bastante animación y alumnos y mayores participaron con ambiente festivo. Y con buen sabor de boca nos ponemos ya a organizar la del curso que viene, esperando que sea aún mejor. Como siempre, os agradecemos vuestro esfuerzo e ilusión.

26


PLANS PROXECTA Un ano máis volvémonos sumar a estes plans, propostos desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, coa intención de fomentar a innovación educativa á vez que se desenvolven as competencias clave. Son proxectos que se traballan en conxunto entre profesorado e alumnado de distintos niveis, e que complementan a formación integral do noso alumnado. PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO AQUÍ NON HAI QUEN PARE…!!!! “BULE POLO CATABOIS” No curso 18-19 no proxecto deportivo de centro tivemos que repoñer material deportivo, xogar nas canchas de cemento queima todos os balóns, por bos que sexan...!! Dámoslles uso, que só nos duran un curso!!  A climatoloxía non axudou moito, coma sempre o fútbol, o baloncesto e o futbolín levan a dianteira. O tenis de mesa este curso apagouse un pouco debido á marcha do alumnado de 4º, que o curso pasado fixo moi bo campionato.  O alumnado, este ano, queixouse un pouco pola pouca participación. Ao final conseguímolo, temos os catro torneos: fútbol, baloncesto, tenis de mesa e futbolín con representación feminina en dous, por algo se empeza.  O alumnado de 3º ESO, na materia de Lingua Castelá, participou na concienciación da campaña o deporte para todos e sobre todo neste curso démoslle un recoñecemento ao deporte feminino. Estamos nun momento de recoñecemento e visualización do deporte feminino nos medios de comunicación, xa era hora!!! CHICAS BENVIDAS!!

27


3º 4º E PFB: ACTIVIDADE CHARLA RCP

O día 11 de Febreiro acudiron ao noso centro cinco residentes de enfermería da área sanitaria de Ferrol para ensinar aos alumnos de 3º, 4º ESO e dos programas formativos de limpeza e comercio a cadea de supervivencia, é dicir, aqueles pasos e accións que hai que seguir para atender unha persoa en caso de parada cardiorrespiratoria. Uns simples pasos dunha cadea que empregados correctamente poden chegar a salvar unha vida. Esta actividade foi realizada entre o departamento de Educación Física e o departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

28


A materia de Promoción de estilos de vida saudable (PEVS), acompaña o proxecto deportivo coa concienciación e importancia do deporte e as boas prácticas de alimentación e hixiene nos grupos de 1º e 2º da ESO

Murais ilustrativos de 2º Pratos saudables e non saudables e menús equilibrados en 1º

29


PROXECTO TERRA INTERCAMBIO TERRITORIAL GUIMARAES (PORTUGAL) O día 9 de abril, 30 alumnos/as acompañados/as polas profesoras Mónica, Carmen e Rosa, comezamos a nosa andadura cara a Guimaraes (Portugal). A primeira parada é preto de Guimarães, no alto do monte de S. Romão sobre o magnifico val do río Ave, para realizar, a pesar da choiva, o percurso por Citania de Briteiros, un dos exemplos máis significativos da cultura castrexa “ que se desenvolveu no século II a.C. no Noroeste da Península Ibérica.

Tras xantar dirixímonos ao Mosteiro de Souto San Salvador. Igrexa románica, barroca e neoclásica, pertencente ao antigo mosteiro medieval dos canónicos de San Agustín. Os veciños do lugar son os que se preocupan e se ocupan da súa conservación e mantemento.

30


A primeira hora da tarde, chegamos a Guimaraes, considerado o lugar onde naceu Portugal. Realizamos un pequeno percurso guiado en autobús pola cidade rematando na base do teleférico.

No teleférico subimos ao Monte da Penha. Alí puidemos gozar dunha paisaxe natural única. No máis alto atopase o ”Santuario da Penha”, centro moi importante de peregrinación e faro de Guimaraes. Monumento de gran beleza no medio dun bosque frondoso con fontes e camiños entre grandes rochas de granito redondeadas, excavada nunha delas atópase a “Ermida de Nossa Senhora do Carmo”, que visitamos internándonos nunha especie de paso.

Despois do descenso cara á cidade, e unha vez deixada a equipaxe no albergue, fomos visitar un antigo curtume, restaurado e convertido hoxe no Centro "Ciencia VivaCurtir Ciencia", situado na zona de Couros da cidade. Nalgúns dos seus pavillóns podemos asistir aos seus obradoiros de robótica, reciclaxe, astronomía e comunicacións. 31


Completamos a intensa xornada cun paseo nocturno polo centro da cidade para contemplar no seu Largo do Toural as súas famosas luces de Nadal que manteñen ao longo do ano e que é un orgullo para os seus veciños.

No segundo día tras o almorzo e recollida das habitacións no albergue, comezamos visitando a zona de Couros.

A tradición do traballo en coiro xa é antiga en Guimarães. Actividade que tivo lugar desde a Idade Media fóra das antigas murallas xunto ao río que atravesa a cidade, nunha zona coñecida por ser o burgo de Couros e onde actualmente se atopan os vestixios desa antiga conexión coa fabricación das peles.

32


Continuamos a nosa andadura visitando o Centro Histórico de Guimaraes. O alumnado realizou actividade en grupos “Á descoberta do Centro Histórico de Guimaraes”, resolvendo as pistas que lles proporcionaba a actividade, descubriron os monumentos e lugares máis significativos do centro histórico dun xeito moi dinámico e ameno. Resultoulles moi entretido.

Rematada a actividade, dirixímonos a visitar o antigo Castelo de Guimarães, que defendeu á antiga cidade dos ataques de árabes e normandos. O pequeno castelo é unha ruína parcial no cume do Monte Largo.

Coa visita do Castelo completamos as actividades, e despois de xantar regresamos a Ferrol, realizando unha pequena parada na Fortaleza. Moitas grazas a todos/as os/as que fixeron posíble que puideramos realizar esta viaxe tan enriquecedora e agradable.

33


DONAS DE SI – MULLERES IMPARABLES EN CATABOIS Durante o presente curso académico o alumnado de 2º, 3 º e 4º de ESO continou coa súa participación no proxecto Mulleres imparables en Catabois como parte do Plan Proxecta Donas de si. Este ano, ademais de continuar reivindicando o papel de grandes mulleres na historia da nosa cultura occidental, o alumnado de 2º de ESO centrou os seus esforzos en intentar dar visibilidade a mulleres galegas de todos os tempos. Como comezo de actividade, os alumnos e alumnas desenvolveron un traballo de investigación consistente en localizar todas aquelas mulleres que acadaron relevancia nas distintas etapas da historia galega. Así puideron familiarizarse coas fazañas da almirante Isabel Barreto, a excelencia artística de pintoras como Maruja Mallo, o activismo de periodistas como Sofía Casanova e Concepción Arenal ou a actividade literaria de escritoras como Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán. Pero tamén entraron en contacto con mulleres que loitan hoxe en día por acadar o seu lugar na sociedade: deportistas como Vero Boquete, Ana Peleteiro ou Chus Lago; biólogas como Rebeca Atencia; astrofísicas como Begoña Vila ou farmacéuticas como María José Alonso. Os datos máis relevantes da actividade profesional de cada unha desas mulleres foron organizados e recollidos en tarxetas que serviron como punto de partida para o desenvolvemento da tarefa central do curso, consistente na elaboración dun xogo de mesa destinado aos rapaces máis novos: Quen é quen nas mulleres galegas.

NACEU: SÉCULO XIX PROVINCIA : A CORUÑA MORREU: SÉCULO XX PROFESIÓN: PERIODISTA

PRIMEIRA MULLER ESPAÑOLA CORRESPONSAL DE GUERRA

EN

SER

NACEU: SÉCULO XX PROVINCIA : A CORUÑA MORREU: ------PROFESIÓN: DEPORTISTA ESPECIALIDADE: FÚTBOL CAPITANA DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL

Este xogo de mesa está directamente inspirado no archicoñecido Quen é quen? pero neste caso os xogadores deberán adiviñar cal é a personaxe descoñecida mediante preguntas relacionadas coa súa vida e a súa actividade profesional. 34


Mentres, o alumnado de terceiro de ESO dedicouse ao estudo da vida e obra de figuras femininas relevantes no mundo da moda.

O alumnado de cuarto de ESO, pola súa banda, encargouse de revisar de forma crítica o papel da muller na historia da literatura dende o século XVIII ata a actualidade a partir da análise da presenza de mulleres no seu libro de texto da materia de Lingua Castelá. Puideron descubrir así que as féminas foron excluídas case totalmente do canon da literatura española (e tamén do canon das restantes literaturas occidentais) ata hai relativamente pouco tempo, a pesar de que, en moitos casos, a súa calidade literaria era equiparable á dos escritores da mesma época.

Las sinsombrero

35


PLAN PROXECTA, POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE Como en anos anteriores este curso arrincamos con moita forza, dispost@s a convivir os 365 días con respecto e igualdade. Unha das primeiras actividades que estivemos preparando foi a de "Viñetas e violencia de xénero", onde o alumnado de 2º curso buscou viñetas de debuxantes coñecidos como Borges, Mingote, Gallego y Rey e outros...nas que amosan a violencia contra as mulleres. Unha vez seleccionada a viñeta e explicado ao resto de compañeiras e compañeiros o por qué da súa elección, escribiron un lema sobre o que lles suxería, manifestando a súa disconformidade. Esta actividade complementouse con outra que tivo lugar o 26 de novembro, na que participou o resto do alumnado e profesorado do IES, que consistiu en buscar información, folletos, trípticos sobre a violencia de xénero, e que culminaba con deixar unha mensaxe relacionada co tema nunha cartolina branca, sobre o un corazón grande en negro. Unha das actividades que se propuxo ao alumnado de 2º ESO na optativa de Igualdade de xénero foi analizar algúns eslogans publicitarios moi típicos doutras épocas. Aquí vos van dous exemplos do que fixeron. Noutra ocasión o alumnado de 2º ESO tiña que reflexionar sobre a violencia de xénero, e en especial sobre a que aparece nas relacións entre parellas de adolescentes. Elaboraron un DECÁLOGO que está colgado no taboleiro da súa clase, sobre unhas relacións de parella entre adolescentes baseadas no diálogo e na cooperación. Non deixando ningún espazo para a violencia. O 18 de marzo houbo unha charla co título “Violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais”, impartida por dúas irmán s,Gela e Elisa, da Consultora Sánchez Albornoz, moi comprometidas en conseguir a igualdade entre homes e mulleres. Amosaron como se seguen a reproducir na publiciade estereotipos e sesgos sexistas, e o poder que isto ten na sociedade posto que tendemos a imitar estes modelos. Houbo moito debate sobre estas cuestións. Temos un alumnado crítico coa publicidade e cos medios audiovisuais, dispostos a romper cos estereotipos e cos roles sociais tradicionais asignados ás mulleres. 36


O 1 abril trouxemos o espectáculo "Golpes", un monólogo no que a atriz Estibaliz Veiga representaba a Pamela, unha moza que sufriu violencia de xénero. Sen máis artificio que a súa voz e a súa interpretación, encarnaba as diferentes personaxes coas que Pamela se ía atopando ao longo da vida, tratando de sensibilizar e previr a desigualdade dende onde nacen as relacións adolescentes. Dun xeito directo e fuxindo do tráxico, Golpes foi un espectáculo onde a protagonista falaba dos golpes que recibiu, como entrou no círculo da violencia, como namorou crendo nos mitos do amor romántico... o alumnado identificaba e recoñecía as accións cotiás de desigualdade coas que se ía topando a protagonista. Sen dúbida foi unha estupenda actividade onde se sementou a visión "dun mundo mellor posible".

Do 30 maio ao 17 de xuño: tivemos no IES unha exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade denominada “Cartas de amor”. Tamén se fixo un obradoiro práctico explicativo da mostra a cargo de Laura Vilavoy

Como podedes observar a implicación e a participación do alumnado nestas actividades foi exemplar. Cara o curso que vén, máis e mellor. Grazas a todas e todos!!.

37


QUÉROTE+ Desde o curso 2015/16, o IES Catabois participa no Plan Proxecta Quérote +, cun resultado positivo non só para o alumnado, senón tamén para o profesorado involucrado. O obxectivo fundamental do proxecto é que os alumnos e alumnas de 3º ESO aprendan a coñecerse, a aceptarse e a vivir a súa sexualidade, nesa etapa de cambios que caracteriza a puberdade. Estas son algunhas das actividades realizadas: O 22 de novembro Rita encargouse de traballar cos alumnos de 3º A e 3º PMAR o tema sobre “A orientación do desexo e a identidade sexual” poñéndose en valor a diversidade, a igualdade de xéneros, a tolerancia e o respecto. No mes de xaneiro dentro da materia de Bioloxía e Xeoloxía, traballouse a anatomía e fisioloxía do aparato reprodutor. Ademais o día 14 de xaneiro, o alumnado recibiu unha charla sobre os métodos anticonceptivos e as infeccións de transmisión sexual. Con esta información recibida e os enlaces facilitados, dentro do programa Quérote+, os alumnos elaboraron unha presentación sobre estes contidos e posteriormente realizaron unha exposición aos seus compañeiros.

Simultaneamente no mes de xaneiro, na materia de Lingua Galega traballaron o tema da Educación Sexual, visualizando vídeos sobre o tema e realizando unha posta en común e unha reflexión sobre as dúbidas xurdidas respecto ás prácticas eróticas, as relacións entre as persoas así como propiciando actitudes de empatía cara ás diferentes visións e formas de vivir a sexualidade.

38


Na clase de Lingua Castelá aproveitouse a data do San Valentín para traballar os mitos do amor romántico. Xerouse un debate moi interesante na aula, no que rapazas e rapaces participaron activamente. En primeiro lugar desenvolveuse a ficha “O modelo de amor romántico” e logo pedíuselle ao alumnado que trouxese descargada a aplicación DetectAmor, creada polo Instituto andaluz da Muller: http://www.juntadeandalucia.es/iamindex.php/coeducacio n/app-detectamor Trátase dun recurso lúdico para que a xente nova xogue, se divirta e investigue sobre as relacións de parella e cuestionen a súa idea do amor, reflexionando sobre posibles actitudes machistas e de violencia de xénero.  A actividade centrouse no bloque do test Mitógrafo. O alumnado debía situarse a unha ou outra banda da clase segundo estivese ou non de acordo con algunhas frases-mito en relación ao amor: “Busco a media laranxa”, “O amor é para sempre”, “Ten ciumes porque me quere”... A maioría caía na conta de que se trataba só de mitos, e non de realidades, pero a máis de un houbo que convencelo/a e os argumentos foron ben rotundos.  Sorprende ver que, malia o informados e concienciados que están os rapaces e rapazas, as estatísticas informen desgraciadamente dunha perpetuación deses mitos entre a xente máis nova. Durante o mes de abril traballouse o tema “A relación dos sexos a través da tecnoloxía” dende a materia de Inglés, mediante un cuestionario para que os alumnos/as contestaran individualmente e despois fíxose unha posta en común, primeiro en pequenos grupos e, a continuación, no grupo-clase extraéronse conclusións. Ademais de facer o cuestionario tamén visionaron algúns vídeos relacionados co tema e creáronse algunhas diapositivas. O día 4 de abril, os alumnos asistiron no centro a unha charla sobre a aplicación para móbiles Android Risco Cero. Unha das iniciativas gañadoras dos Premios de Innovación Docente 2017 que convocou o Colexio Médico da Coruña. Risco Cero informa dos métodos efectivos para reducir as enfermidades de transmisión sexual por non utilizar preservativo ou empregalo mal. Finalizouse o curso traballando con Belén, a orientadora, o tema “Cultivando habilidades en clase”, realizando unha actividade na tiñan que poñer en práctica diversas técnicas para facer fronte á presión do grupo de iguais. Estas son algunhas das imaxes que reflicten o moito e o ben que traballaron.

39


CONSUMÓPOLIS O alumnado do centro participou nun proxecto chamado Consumópolis que tiña como finalidade a concienciación sobre a conservación do medio ambiente e da relevancia da reciclaxe. Dábase así continuidade ao impulso de iniciativas neste sentido nas que estabamos inmersos no noso centro, posto que xa se viña traballando desde diferentes actuacións, tanto lúdicas (Gymkana de Nadal, onde unha das proba era reciclar axeitadamente) como curriculares (Bioloxía, Promoción de Estilos de Vida Saudables) ou organizativas (quendas para as distintas titorías de limpeza do patio con separación dos residuos). O concurso dividíase en dúas partes: Primeira fase: concurso virtual. Consistía no percorrido pola cidade virtual de Consumópolis. Segunda fase: o produto final. Había que deseñar, elaborar e presentar un produto sobre o consumo responsable. O produto realizado polo alumnado de 1 ESO foi:

Zapatillas Caucho Sport RINAK: " Corre como a túa bici"

40


Moitos dos materiais como goma eva, pinturas acrílicas en aerosol (cores vermello e prata), pegamento, silicona, grampas, cúter, tesoiras, pistola de silicona e grampadora, xa os tiñamos no centro. Para o resto, o alumnado pediu axuda ás familias e a outros docentes: a cuberta de caucho conseguírona nun desgüace; a taladradora de facer buracos en cintos prestóunola a titora e os cordóns eran uns de recambio que traían unhas zapatillas e que non se usaron. Con este deseño orixinal o alumnado de 1 ESO acadou o segundo premio da súa categoría no concurso. PARABÉNS!!!! O produto realizado polo alumnado de 3 ESO foi: un ventilador USB. Esta idea xurdiu debido ás altas temperaturas que había na aula de informática cando todos os ordenadores estaban encendidos, desta forma aproveitan a enerxía da computadora para facer funcionar o ventilador.

“Non consumas sen sentido. Refréscate co teu equipo”

Forno solar- Alumnado de 4º

Ventilador USB- Alumnado 3º

41


O ventilador USB foi fabricado enteiramente con materiais reciclados; a base e a hélice foron de cartón obtido dunhas caixas que xa non se utilizan. O soporte dun rolo de papel de aluminio xa gastado. O cable USB foi dun rato de computador que xa non funciona e o motor é dun xoguete co que xa non se xoga. Todo isto pintado en cor prata e negro. Os materiais que non tiñamos no centro, como cable USB, soporte do rolo e motor dun xoguete, foron achegados polas familias. O resto xa o tiñamos no centro: cartón, pinturas acrílicas en aerosol (cores negro e prata), silicona, cúter, tesoiras, compás, pistola de silicona. Con este deseño orixinal o alumnado de 3 ESO acadou o segundo premio da súa categoría no concurso. PARABÉNS!!! O produto realizado polo alumnado de 4 ESO foi:un forno solar. Tres foron as razóns que convenceron: ·

Estar moi implicados na loita contra o cambio climático e sentir un gran interese polas enerxías renovables.

·

Desexar traballar con materiais fáciles de conseguir.

·

Querer crear un obxecto que se poida utilizar inmediatamente e en situacións cotiás. Noraboa a todos/as os/as participantes. O seu esforzo foi recompensado con dous premios Consumópolis que foron recollidos o pasado 14 de xuño en Santiago de Compostela.

42


8 DE ABRIL DÍA DO POBO XITANO PROXECTO BANDEIRA XITANA Corría o mes de marzo cando cheguei ao Instituto de Ensino Secundario Obrigatorio, IES de Catabois, cando os campos comezaban a amosar de novo o seu manto verde característico e o azul do ceo asomaba entre as nubes do inverno. Polo de entón, asignáronme dous cursos: primeiro e terceiro da ESO, cun alumnado que é, nunha ampla porcentaxe, de etnia xitana, e cuns costumes, verbas e usos que iría eu aprendendo co paso dos meses. Ao pouco de comezar a dar clases, notei que había na entrada do centro unha grande bandeira de cores vivas, cunha enorme roda vermella no centro. Era a súa bandeira: a Bandeira do Pobo Xitano; a roda percorre os campos do mundo. Fermosa, mais faltaba algo. A forma das xuntas non era a correcta desde a perspectiva do correcto deseño, coma tampouco os recortes nin as medidas nin as proporcións... A fixera o alumnado de etnia xitana do curso pasado ao seu xeito, bastante ben a fixeron!! Cerca dun mes máis tarde, no 8 de abril, Día do Pobo Xitano, propuxen na clase facer unha nova bandeira, con orgullo e proximidade á cultura romaní, de xeito que nos permitise apreciar como é que se deseña o símbolo de toda unha comunidade. Introducimos todo o currículo de Plástica ata o momento. O primeiro prototipo fixémolo, de novo, a base de recortes de papel. Tardamos un mes en rematalo (porque, non o sabiamos, pero facer ben un deseño leva moito estudo e traballo). Para o segundo modelo, impreso sobre lona de calidade, xa comprendiamos o porqué as liñas, os espazos entre curvas e rectas e mailos campos de cor eran os que eran. A bandeira ficaba de xeito permanente tamén no interior de cada alumno e alumna: o expoñerse á diferenza e ao complexo dos distintos puntos de vista; o asumir que hai un progreso imparable no camiño e mais o esforzo que requiren as cousas da vida. Alí está e alí se verá a Bandeira Xitana, cada día, no corredor central do piso baixo, na entrada cara ás aulas. Iria Beltrán Gonzalo (profesora de EPVA do IES de Catabois)

43


Tamén na semana do 8 de Abril, Secretariado xitano, Silvia e o traballador social do Programa contrato, Jorge, viñeron ensinarnos canto sabiamos do pobo xitano. Cunha batería de preguntas fomos, profesorado e alumnado, respondendo ás cuestións que nos propoñían. Foi un éxito, tanto saber que temos moitos clichés e sanbenitos das culturas que non coñecemos como aprender novas cousas doutras comunidades que conviven connosco. Grazas por achegármonos máis e abrir portas de irmandade.

44


PROXECTO SATURNO: Este foi un curso de moito movemento na Galaxia. Dez astros aliáronse en Ferrolterra para dar a coñecer a grande marabilla do Sistema Solar, a través do proxecto conxunto “Coñecendo o Sistema Solar en Ferrolterra”, premiado nos premios de innovación de FP. Os centros participantes: Ferrolterra-Sol, Saturnino Montojo-Mercurio, Sofía Casanova-Venus, RecimilTerra, Esteiro-Marte, Canido-Xúpiter, Catabois-Saturno, TelleirasUrano, Fernando Esquío-Neptuno, Cruceiro Freijomil-Plutón. Esta conxunción deu lugar a charlas sobre astronomía, a concursos, a creacións variadísimas do alumnado… Aquí vedes Romina Calvo 1º ESO algún exemplo do noso ano saturniano: 1º Premio postal de Nadal

Concurso de poesía: En tu interior sobra vida aunque no se vea nada por encima aunque en los lagos de metano seguro que no vive ni un enano. Ni siquiera un resistente pitufo soportaría indemne ese tufo. Aunque haga un tremendísimo frío se puede observar más de un ser vivo. Es impresionante que haya vida en ti, Titán, que tan rápido giras. Poema de Iván Pazos 1º ESO

Creando Minisaturnos 45


Ariana ensaiando a canción Saturno, de Palbo Alborán

Expedición First Lego League

As lúas de Saturno- Alumnado de Cultura Clásica 3º

Aprendendo con Jorge Mira a que distancia está o ceo Space Battleship Yamato rumbo á ExpOtaku A saga planetaria aínda non rematou. CONTINUARÁ…

46


TRABALLO DO ALUMNADO DE 3º ESO “A” MULLERES INFLUÍNTES NALGÚN ÁMBITO DA CULTURA FRANCESA

JEANNE D’ARC

MARIE CURIE

CARLA BRUNI

Relato O relato cadraría ben dentro da temática da igualdade, pero iso supón refacer todo, así que o podes poñer como exemplo dun concurso realizado polo EDLG, con este encabezamento: Dentro das múltiples actividades desenvolvidas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (Samaín, magosto, roteiro de Manuel María...) queremos resaltar o traballo creativo dunha alumna con madeira de escritora: Laura Álvarez (3º A), relato gañador da fase de centro para o certame Carmela Loureiro

016 Largou a fume de carozo daquel lugar. Correu pola rúa, mentres a chuvia a empapaba de pés a cabeza. Podía sentir as pegadas daquel home. Berraba barbaridades e ameazábaa. Aumentou o ritmo da súa carreira ata chegar a un soportal. Escondeuse nel e esperou a que o home pasase. Tremía de medo. As bágoas comezaron a caer polo seu rostro, pero sentiu a obriga de calmarse. Tapou a boca coa man por se aínda andaba preto o home. Esperou uns instantes ata deixar de escoitar pegadas, e chorou. Chorou pola súa nena, á que lle arrebatara a vida aquel home. Chorou polos seus amigos e amigas, cos que deixara de falar. Chorou polos vestidos que escondera ao fondo do armario. Pero, sobre todo, chorou por ela mesma. Pola súa liberdade. Así que, coas mans aínda tremendo, colleu o seu móbil e marcou tres cifras. ...016, en que lle podo axudar? RECOÑECEMENTOS Chegada a fin de curso, sempre toca mirar cara atrás e sacar partido do aprendido, valorar o traballo que toda unha comunidade fixo posible e agradecer a implicación e o entusiasmo de todo o alumnado, profesorado e persoal non docente. Como podedes ver, leváronse a cabo moitos proxectos que agochan detrás un grande esforzo e moitas ganas de traballar. Abríronse novos campos -Robótica, Consumo responsable, Astronomía-; retomouse a celebración do Magosto; déuselle un novo enfoque á temática da igualdade; e continuáronse tarefas que xa conforman a identidade do Catabois (proxectos de biblioteca, de extraescolares, do equipo de Dinamización da Lingua Galega, Plans Proxecta, Contratos-programa, Seccións bilingües ou Intercambios lingüísticos). Todo isto grazas ao fantástico equipo da familia Catabois. Pero tamén é o tempo das despedidas: alumnado que remata a súa vida académica no centro, profesorado que o vindeiro curso non estará connosco ou que cambia de tarefa na engranaxe da comunidade. Moita sorte a todas e todos no novo camiño. Nomeadamente, unhas palabras de agradecemento para a persoa que durante catro anos exerceu a Xefatura de Estudos, Rita López Castro, e que agora deixa o cargo para volver ao que realmente a apaixona: a docencia a tempo completo co alumnado. O seu traballo diario deixa unha innegable pegada no resultado dun proxecto común do que todos e todas participamos e no cal tivo sempre -e continuará a ter- un papel determinante. Grazas por este tempo de especial dedicación á comunidade! A Dirección 47


ÍNDICE

Fotos grupos............................................................................2-7 Intercambio Italia .....................................................................8-11 “Tarquinia: Un viaje en el pasado”.. ..........................................12-13 Lago di Vico .............................................................................14-15 Rutas CAL ...............................................................................16-19 FIRST LEGO Leage ................................................................20 Os que se van .........................................................................21 Entroido 2019 ..........................................................................22-23 Por terras de Lugo ...................................................................24 Semana do libro .....................................................................25-26 Plans Proxecta ........................................................................27 !Plan deportivo ......................................................................27-28 !Promoción de estilos de vida saludable...............................29 !Proxecto Terra......................................................................30-33 !Donas de si ..........................................................................34-35 !365 días de respecto e igualdade........................................36-37 !Querote + .............................................................................38-39 !Consumópolis ......................................................................40-42 !Día do pobo xitano...............................................................43-44 !Proxecto Saturno .................................................................45-46 Traballo de francés ..................................................................47 Relato ......................................................................................47 061...........................................................................................47 Recoñecementos.....................................................................47

48


Profile for IES Catabois

Lembranzas 2018-2019  

Revista do IES de Catabois do curso escolar 2018-2019

Lembranzas 2018-2019  

Revista do IES de Catabois do curso escolar 2018-2019

Advertisement