Page 1

Lembranzas 2016-2017

IES CATABOIS


Limiar Pode ser que agora mesmo me acabe de sentar a facer unha das cousas máis difíciles para min. Este curso, despois de nove anos remata o meu tempo no IES de Catabois e tras o verán, comezará un novo tempo noutro centro con outros alumnos. Hai pouco recibín o encargo de escribir este limiar para que me despida. E eu que pensaba irme como me corresponde, á francesa! Nos anos que traballei aquí vin despedirse compañeiros que foron testemuñas da historia do centro dende que fora colexio de EXB, outros que investiron moitísimos anos da súa carreira profesional, algúns a meirande parte dela, mesmo tivemos matrimonios que traballaron xuntos. Porén, ningún poderá dicir coma min que o cole de Catabois forma parte da súa familia, e dun xeito tan literal como sabedes, pois eu a aumentei grazas ao meu paso por este instituto. Neste centro fixen bos amigos, dos que son para sempre, e vivín momentos dos que tamén son para sempre, algúns tan divertidos que os reservo para a sobremesa das comidas ás que espero que me sigan convidando. Pero sobre todo aprendín moito, efecto secundario de ensinar que valoramos tanto os que exercemos a profesión de docentes; aprendín unhas veces de forma consciente e ávida, outras de xeito subliminal e inesperado, e as sementes de onte comezan a agromar hoxe. Por iso dou as grazas a quen tanto me ensinou, compañeiros e alumnos. Dos meus compañeiros recibín as leccións precisas que emanan do maxisterio exercido durante décadas en palabras que un debera tatuar na alma. Os meus alumnos agasalláronme algunha vez coa pinga de sabedoría que é coma a perla branquísima que a fortuna do pescador atopa no ventre da presa. Atodos vós, compañeiros e alumnos, grazas. Laura


1º ESO “A”

Laura Álvarez Chaos Laura Becerra Carro Tania Borja Barrul Rubén Carro Nieto Eduardo Manuel do Rego Martínez Ignacio Galego Campos José Jiménez Jiménez Miguel Núñez García Alicia Pérez Mosquera Iván Romero Gabarre Elias Salazar Jiménez Iago Saldaña Vidal Susana Vega Ramirez


1º ESO “B”

Rafael Beceiro Galvís Cristian Blanco Muiño Alejandro Bocija Fernández Julio Francisco do Rego Martínez Sabela Fernández González Debora González Amado Malena Jiménez Borja Hugo López Berdeal Oscar Lorenzo Rodríguez André Rico Noceda Ismael Rodríguez Fernández Félix Manuel Rojas Moreta Isabela Romero Gabarre Adolfo Salazar Jiménez Verónica Salazar Jiménez Natalia Vargas Pisa

3


2º ESO “A- PMAR”

Yetur Bellón González Cristian Borja Romero Oscar Castro Fernández Daniel Felipe do Rego Martínez Fabio do Rego Martínez Brais Feal Allegue Natalia Fernández García Xana Fernández Leira Joel Garrote Hermida Alejandro Ezequiel González López Elisa Guedes García Diego Eugenio Jiménez Montoya Ángel Marta Zaragoza Desirée Monteiro Romero Saúl Pato Romero Kevin Pérez Nieto Yeray Ponce Vilariño José Manuel Rodríguez López José Antonio Salazar Camacho Estefanía Salazar Jiménez Sara Vargas Pisa

4


3º ESO “A- PMAR”

Gabriel Aneiros Yáñez María Angélica Antelo Duarte Daniel Ardao Grandal Nuno Beceiro Baamonde Alba María Becerra Carro Juan Campanario Akdim Lara Castro López Sandra Cepero García Gabriel Cives Blanco Marta Díaz Freire Azael Enriquez Fernández Antía Freire Fernández Elena Lema Cortés Douglas Franklyn Lima dos Santos Mario Martínez Estévez Aicha María Pato Romero Jure Domingo Pérez Dujmovic Daniel Pérez Pereira Emma Prieto Aneiros Claudia Prieto-Puga Gonzáles Daniel Saldaña Vidal Sergio Teiga Sánchez Judith Vilariño Gómez 5


4º ESO

Andrea Aneiros Sabín Mike Davis Chica Salazar Yuri Tadeo de Aviz Queiroz Sergio Dopico Arnosos Carla Gago Castro José Manuel García Muiños Zeltia González López Bella Jasmín Kahia González Lucía Loureiro Cela Mónica Márquez Fernández André Rey Vidal María Roca Pérez Pablo Rodeiro Rañales Joana Rodríguez Polo Elisa Rodríguez Rodríguez Eli Tatyanova Petkova Jorge Sánchez Teiga Jonathan Varela Fernández

6


PFB- Limpeza de edificios

Jesus Bello Quintia Roberto Bustabad Pita Jonathan Castro Fernández Manuel Fernández Rodríguez Nicolás López Pérez Noemí Manso Vergara Tania Monteiro Lamine Nogm Mónica Pérez Gómez Cesar Augusto Romeo Ramos Ana María Sarmento Durán Yolanda Vázquez López

7


PFB COMERCIO

Ainoa Echeverri Pena Cristina Echeverri Pena Nerea Eirín Pita Tamara García Basanta Cintia Gundín Fernández Yanira Gutierrez Rendueles Tamara Lafuente Torralba Borja Paz Lago Gerson Daniel Salazar Díaz Cristina Seoane Fontenla

8


Concurso “Disfraza a Gata Cata” Como cada ano, e como xeito de dar a coñecer e difundir cal será o eixo temático que vertebrará todas as actividades da biblioteca de cada curso, convocamos o concurso “Disfraza a Gata Cata” que, dende o ano 2008 se converteu na mascota da biblioteca. Este curso o tema foi o teatro. Nas imaxes vemos a Alicia de 1º A recibindo o regalo de mans da súa titora, e o seu deseño.

9


Día do Libro no IES de Catabois

Celebrámolo na semana do 24 ao 28 de abril, sendo o venres o día grande, cando dedicamos case todo o día á exaltación do libro. Debemos salientar que este xesto de suspender as clases por acordo unánime de todo o profesorado é un pequeno indicio que dá conta da implicación de toda a comunidade educativa e, en especial, da dirección do centro, a quen dende aquí o equipo da biblioteca agradece o seu apoio incondicional. Sempre convidamos os alumnos dos nosos CEIP adscritos a participaren con nós neste día: este ano acudiron ao noso centro todos alumnos de 5º e 6º de Primaria dos CEIP San Xoán, Pazos e Juan de Lángara; en total, acollimos 118 alumnos de fóra mais os nosos, para o cal organizamos dúas quendas de representacións teatrais e de asistencia á actuación da nosa convidada Alba Aguión, finalista no Certamen Nacional de Monólogos Científicos de humor Famelab 2016, á que podedes ver na foto.

10


Representacións teatrais: No IES constituíronse este curso dedicado ao teatro dous grupos que representaron cadansúa obra: na primeira imaxe vedes ao grupo de teatro de Cultura Clásica representando a obra da súa creación "Eco e Narciso".

Nestoutra imaxe vedes o grupo de teatro do Club de Lectura Xuvenil representando a obra de Manuel Núñez Singala "O achado do castro"

11


Concursos do Día do Libro: Un dos momentos máis desexados do día é a entrega de regalos e diplomas dos concursos do Día do Libro nos que os nosos alumnos participaron nas modalidades de Poesía, Marcadores, Fotografía, Relato, Debuxo e Presentación.

Aquí tedes os merecidos gañadores desta edición 2017 recibindo os seus diplomas e agasallos que reparten algúns dos membros do grupo de teatro. Os nosos parabéns para estes alumnos que acadaron premios: - Alba Becerra, de 3º A: na modalidade de fotografía. - Sabela Fernández, de 1º B: na modalidade de fotografía. - Alicia Pérez, de 1º A: na modalidade de marcadores. - Sergio Dopico, de 4º A: na modalidade "Sorprendo ao Xurado". - Laura Álvarez, de 1º A: na modalidade de relato. - André Rey, de 4º A: na modalidade de presentación. - Alejandro Bocija, de 1º B: na modalidade de poesía. - Laura Becerra, de 1º A: na modalidade de fotografía.

12


VI Feria solidaria do Libro: cada ano, os nosos fondos van destinados á Cociña Económica de Ferrol, que sempre recolle a nosa achega na súa memoria económica anual. Nesta edición conseguimos recadar na feira 88 € máis a achega coa que sempre o centro redondea a cantidade. Os nosos convidados dos centros adscritos mercaron tamén moitos libros a bo prezo e, nesta ocasión como novidade, algúns xogos e xoguetes procedentes de doazóns.

13


Celebración do Entroido Coma sempre, en relación ao tema do ano na Biblioteca: o Teatro. Os alumnos organizáronse por cursos e grupos para formar comparsas ou mesmo troupes de teatro. Así, tivemos o elenco de Star Wars en 4º, o de O mago de Oz en 3º, e uns cantos actores e actrices clásicos do teatro da Antigüidade en 1º e 2º de ESO. Ademais, continuamos coa tradición de decorar as portas de cada aula, nalgúns casos en relación ao tema que é motivo de disfraz nese grupo.

14


Nesta ocasión, e para celebrar aínda máis o ano do teatro, os alumnos de 3º representaron, xunto co seu titor Pablo Maceira Fernández, unha peza da súa creación titulada La Celestina o algo así que versiona e recombina La Celestina con La vida es sueño, Cats e O mago de Oz. Quedamos todos asombrados da creatividade dos nosos alumnos que idearon unha peza moi orixinal e divertida na que cada escena era unha nova sorpresa. A continuación, a imaxe dun dos momentos da representación.

15


Embaixo unha foto de recordo con moitos dos profes disfrazados, aos que se uniu Montse da cafetería vestida de arlequín e Abel, o noso conserxe que, a petición dos alumnos de 4º, veu disfrazado do Obi Wan Kenobi que lles faltaba.

16


ERASMUS + El Erasmus+ es un proyecto del que formamos parte hasta finales de agosto. Un proyecto que se ha llevado a cabo durante 4 años. Se basa en crear noticias sobre los países participantes y exponerlas en un periódico digital. Los alumnos españoles han viajado a diferentes países cada año, Polonia ,Suecia ,Italia y por último a Rumanía. El 12 de Mayo a las 7:15 a.m mis compañeros , Maca ,Alfonso ,Antón y yo partíamos rumbo al aeropuerto de Santiago para coger el primer vuelo con destino a Londres, allí estaríamos 4 horas para coger el siguiente vuelo a Budapest, capital de Hungría, acabamos todos cansados de tanto aeropuerto, pero al pisar Budapest, ese mismo día llegamos, cenamos y nos fuimos para el apartamento. El 13 visitando las calles de Budapest donde se encontraban los street art, porque ese es uno de los topics de nuestro proyecto, aquellos dibujos eran increíbles, también fuimos a visitar el parlamento, el edificio por fuera era precioso, pero fue un poco aburrida la visita, cuando Maca y Alfonso nos dijeron que ese mismo día íbamos a ir a los baños termales los ojos se no iluminaron. Como disfrutamos aquella tarde, nos vino de lujo y sobre todo a Maca para despejar la mente con todo el trabajo que le quedaba. Fuimos a comer al lado del río, después cogeríamos un bus durante 6 horas para ir a Beius. Durante la estancia en Beius visitamos lugares importantes en sus alrededores , cuevas, un glaciar, una minas de sal, un plató donde se graban las noticias, Oradea… El día 18 volvíamos a Budapest, nosotros pasamos 2 días más para disfrutar de aquella bonita capital y aprovechar la oportunidad de una vez estado allí. Haber formado parte de este proyecto ha sido un oportunidad increíble. He conocido otra cultura diferente, otro idioma, gente nueva, sobre todo conocí una parte tanto de mis compañeros como los profes que no conocía. Hemos creado unas amistades muy fuertes con alumnos italianos y rumanos, porque eran con quien mejor nos llevábamos, los demás no eran tan sociables eran muy tímidos, y no se adentraban en los grupos. Creo que uno de los peores días de mi vida fue el día en que estuvimos más de 13 horas metidos en un bus, y por desgracia cuando estábamos a punto de llegar a comer pum, el bus se estropeo. ¡Qué desgracia! La última cena fue increíble, a disfrutamos porque sabíamos que a aquellas personas con las que hicimos amistades no las íbamos a ver más, o sí quién sabe…

17


Tengo que dar las gracias tanto yo como todos mis compañeros a las personas que han hecho que este proyecto sea posible, es una experiencia única e inolvidable, porque te encuentras en un ambiente diferente al que toda tu vida has llevado. Este tipo de proyectos no se realiza en los institutos, suelen ser a países llamativos como Londres ,Berlín ,Roma… y gracias a este proyecto hemos viajado a un país que sinceramente, nunca se me habría pasado por la cabeza visitar. Gracias al inglés nos hemos podido comunicar con los alumnos de los otros países y mejorar nuestro nivel, con este viaje me he dado cuenta de lo importante que es el inglés para comunicarse. A día de hoy seguimos teniendo contacto con los italianos y rumanos, y eso es muy bonito. Ojalá en un futuro podamos reecontrarnos con ellos, porque amistades como estas nunca se pierden. Una de las frases más importante que dijimos allí tanto rumanos como italianos y españolas ha sido : ¡Viva Erasmus! Y no me cansaré de decirla, un viaje que no olvidaré en la vida. Gracias Maca, Alfonso y a mis compañeros por hacer de este viaje algo bonito e inolvidable. Lucía Loureiro Cela 4º ESO

18


Nuno Baamonde Beceiro Campión galego de Tiro con Arco

A fin de semana do 10 ao 11 de xuño deste ano celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego de Tiro con Arco, organizado polo Club Boa Vila. No evento resultou gañador o noso alumno Nuno Baamonde de 3º A que obtivo o Primeiro Premio na categoría cadete á que pertence representando ao Club Arco Ferrol que acadou o primeiro e o segundo posto nas categorías de alevín e cadete. A continuación, unha entrevista co deportista ao que podedes ver na foto co seu trofeo e medalla, acompañado de Sandra Cepero que tamén practica tiro con arco, de Eli Tatyanova que xoga ao vóleibol e de Alfonso, o seu profesor de Educación Física e coordinador do proxecto deportivo de centro. - Cóntanos cómo foi a túa experiencia neste torneo. - O torneo dura dous días porque o sábado compiten as categorías inferiores, ardillas, infantil e alevín; e o domingo as superiores, cadete, senior e veterán. A xornada do domingo foi dura xa que competimos de nove da mañá a nove da noite. - Agardabas este resultado tan bo? - A verdade é que non. Non o esperaba ata o ano que vén xa que o meu compañeiro Pedro Pina levaba xa tres anos nesta categoría e ía primeiro, pero el se puxo nervioso e eu aguantei mellor a presión. - Esta é a primeira vez que gañas? - De primeiro, si. - Logo xa gañaches outros campionatos? - Si, este ano gañei o Campionato Galego de Sala, no que quedei en segundo posto, e o Torneo da Federación, no que quedei en 5ª posición. - Como reaccionaches ao saber que eras o gañador neste torneo? - Primeiro pensei que era un soño; logo corrín a estreitar a man do meu rival. - Parabéns pola túa vitoria! - Grazas! 19


ALBA AGUIÓN TARRÍO. A CIENCIA. Científica bióloga e ecóloga coruñesa que nos falou, o Día do Libro, a nós e á rapazada dos centros adscritos da súa experiencia no ártico. Sabiades que o pelo dos osos polares é transparente? Alba tamén nos amenizou cun dos seus monólogos gañadores do concurso de monólogos científicos.

CÉSAR TOIMIL. A HISTORIA. Prohibida la apertura forzada de la puerta. O fotógrafo e xornalista ferrolán César Toimil sen dúbida deixou pegada no alumnado de 4º. Quizais pensaron que era un autor máis que lles viña falar da súa obra, neste caso: Prohibida la apertura forzada de la puerta. Mais o que recibiron foi toda unha lección de historia e de vida a través das fotografías que nese libro puideron ver. As imaxes son o resultado de nove viaxes a Chernóbil. É unha homenaxe a todas esas persoas anónimas que tras o accidente nuclear arriscaron a súa vida para salvar a doutros. Asemade é a constatación de que a vida segue adiante. Puidémolo ver nesa natureza que agromaba entre os cascallos .

20


JOSÉ PARDO. IGUAIS. EU VOU SER. ALOITADIARIA Este título é o que o fotógrafo José Pardo lle puxo á súa exposición. Nela veredes caras de homes e mulleres ferroláns que rachan cos estereotipos impostos na sociedade sobre as profesións e o xénero. En palabras do seu autor: O proxecto "Iguais" reflicte que as capacidades e as competencias son unha cuestión individual de cada persoa, e non algo que nos vén imposto polo sexo. Queremos que os nosos nenos e as nosas nenas vexan que poden ser o que cadaquén decida, en función das súas preferencias e habilidades.

O alumando dos programas formativos foi o primeiro en visitar a exposición e realizar as actividades.

E aquí tedes o propio artista colocando a exposición para vós.

21


RAÚL VACAS. A POESÍA DO COTIÁN. En maio, visitounos o salmantino Raúl Vacas. Poeta, dinamizador da lectura, albanel do verso. Coma adoita viaxar, presentouse coa súa maleta repleta dos obxectos máis cotiáns cargados de poesía. Quen de vós non quedou abraiado coa cámara que no canto de revelar fotos revela haikus? E quen de vós non viu a bolboreta saír da obra de Atxaga?

ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL. AULAS SEN PAREDES. Rosalía foi a segunda proposta do EDLG para celebrarmos o Día das Letras dun xeito lúdico, xogando co teatro, e á vez dinámico. Esta profesora, poeta, partidaria dunha aprendizaxe das linguas activa, converteu os 3º e 4º da ESO en actrices e actores por unha hora. Dramatizaron un dos poemas de Paula Carballeira e ela mesma dixo que había canteira de actrices e de actores no Catabois. Parabéns!

22


RUBÉN RUIBAL. CO TEATRO NO SANGUE. O Equipo de Dinamización da Lingua, centrándose no tema da biblioteca, quixo achegarnos a figura dun autor, director, actor de teatro para que o alumnado coñecese de primeira man como é o mundo da dramaturxia. Para o alumnado de 4º foi un agasallo práctico, pois estaban a ler Limpeza de sangue. Rubén Ruibal explicounos como xurdiu nel esta paixón, o difícil que é o día a día e o impresionante que resulta o día da representación, e como o teatro forxa amizades e un sentimento de compañeirismo que non se adoita ver noutras profesións.

Carla Gago, premiada no certame de Poesía e Imaxe

Carla Gago, coordinadora do Club de Poesía, recolle o premio polo seu collage no certame Poesía e imaxe. Vai aquí o poema no que se inspirou, o collage non, porque unha artista coma ela ben merece… unha portada de revista. LINGUA HÑAHÑU Danthe togui togui hin hambi tegue Ndahi togui togui hin hambi tegue Nbui togui... hin hambi pengui. LINGUA GALEGA O río pasa, pasa: nunca cesa. O vento pasa, pasa: nunca cesa. A vida pasa... nunca regresa.

23


Os que marchan Aínda sendo conscientes das incertezas que xera decidir o tipo de estudos que escollerán ao rematar a ESO no noso Instituto, e que ademais aínda teñen tempo a decidir por onde van a orientar o seu futuro, preguntámoslle ao alumnado de 4º que profesión lles gustaría estar a exercer no ano 2027, é dicir, dentro de dez anos, e aquí están as súas respostas:

Andrea Aneiros Educadora Infantil

Mike Davis Chica Home de negocios Piloto

Sergio Dopico Xornalista

Carla Gago Escritora

Bella Jasmín Kahia Programadora

Yuri Tadeo de Aviz Enxeñeiro

J. Manuel García Futbolista

Lucía Loureiro Programadora

24


Mónica Márquez Piloto de rally

André Rey Comentarista de E-sports

María Roca Historiadora

Pablo Rodeiro Policía local

Jorge Sánchez Informático

Elisa Rodríguez Educadora infantil

Jonathan Varela Produtor cinematográfico

Eli Tatyanova Actriz

25


O noso club de Manga como exemplo dunha Biblioteca activa Son moitas as actividades que se veñen organizando desde hai anos na Biblioteca Escolar grazas ao bo labor do equipo de biblioteca, ás colaboracións do profesorado e, indubidablemente, á participación do alumnado. O recoñecemento a este traballo ten chegado xa por moitas vías e este ano tocoulle ao club de Manga e Anime. O 17 de xuño os alumnos e alumnas do club de manga foron convidados como relatores á X Xornada dos Clubs de Lectura para explicar o seu modo de funcionamento e organización. Este Club de manga e anime formouse a partir dunha escisión do orixinal club de lectura xuvenil e leva funcionando de xeito continuado desde o curso 2010-2011. É, polo tanto, unha boa mostra de que o alumnado sabe como xestionar autonomamente as súas iniciativas. André Rey Vidal, alma mater do club que nos abandona este curso para ir ao Bacharelato, capitaneou a expedición a Santiago e, xunto co seu equipo, deixaron a súa pegada non só nas Xornadas dos Clubs de Lectura senón xa para sempre no IES de Catabois, que o lembrará como fundador e impulsor do Manga e Anime no centro. Así que vaia desde aquí o noso agradecemento por ternos contaxiado parte da súa paixón. Moita sorte no futuro () E non é esta a única despedida que nos toca facer este curso, pois á cabeza de todo o equipo de Biblioteca tivemos a grande sorte de poder contar con Laura Fernández Sánchez, unha bibliotecaria fantástica e unha persoa excepcional, que vai cambiar de aires o vindeiro ano trasladándose a outro centro. Que afortunados os que a acollerán! Aquí deixa unha morea de vibracións positivas, que vai esparexendo sen decatarse, caladiñamente, contaxiando a todos e todas as ganas de facer, de axudar, de dicir “Si, claro, como non!”. Grazas, Laura, por cada pequeno instante compartido con nós. As rapazas e rapaces tamén te lembrarán sempre e quérencho dicir ao seu xeito. Uns con Lara como portavoz do grupo de 3ºA: “Cando nos enteramos de que marchabas, custounos crelo, xa que estiveches connosco desde o primeiro curso e sempre formaches parte de nós. Desde que nos intentabas quitar a vergonza con todas as veces que nos dicías que nos tiñamos que apuntar aos concursos da biblioteca, ata agora, que nos reñes cando temos máis ben pouca vergonza. Por ser como unha nai para nós, por sempre intentar que aprobásemos francés e aínda que ti nos contes os teus típicos chistes “malos” que só ti entendes, e nós a ti, non fagamos máis que darche quebradeiros de cabeza moitísimas veces, imos botarte moito en falta e dóenos que marches. Este recordo é en nome do alumnado de 3ºA, que malia que ás veces nos reñas, querémosche moito, Laura!!!” Outras con anécdotas: Andrea, viaxe a Suecia: Estabamos na fila para pasar polo control do aeroporto para volver para a casa. Achegueime a Laura e díxenlle que aínda tiña unha bombiña de estoupar que mercaramos en Suecia. Ela comezouse a asustar porque contiña pólvora e no control o ían detectar. Eu comecei a rir e case me mata. Outras tamén con emotivas mensaxes: Mónica: Laura, grazas por ser un apoio todos estes anos, por preocuparte e axudarnos a resolver os problemas. Botarémoste moito en falta. Un bico. Querémosche moito! 26


ERASMUS + Durante el curso 2016-2017, los alumnos participantes en el proyecto Erasmus+ KA 2 What's New on the News? han participado en dos viajes, el primero a Bierun en Polonia en febrero y el segundo a Beius en Rumanía en mayo. Ambas experiencias han resultado muy positivas y han incluido tanto trabajo sobre cuestiones del proyecto: realización de artículos, entrevistas, videos, etc., como visitas a lugares de interés. Los alumnos han descubierto que aunque tenemos distintas lenguas y culturas, en el fondo, todos somos my similares, lo que nos acerca y nos une, convirtiéndonos en ciudadanos europeos. De esta forma, y a través del inglés como lengua de comunicación entre todos los participantes, todos (profesores y alumnos) hemos hecho nuevos amigos y hemos descubierto lugares muy bonitos, con mucha historia a sus espaldas. Visita a Polonia: En nuestra visista a Polonia, uno de los lugares que más gustó fue Cracovia. Allí se realizaron una serie de actividades conjuntas entre todos los participantes que ayudaron a conocer la ciudad. Se planteó una pregunata que era: ¿Qué es Cracovia para ti? De las actividades desarrolladas para contestar a esa pregunta, se extrajeron una serie de conclusiones. Aquí están las más significativas: 'En nuetra opinión, Cracovia es una ciudad muy interesante porque hay muchos edificios bonitos y diferentes y porque es un lugar muy relevante a la hora de hablar de la Segunda Guerra Mundial. Hay museos, plazas y muchos lugares en la ciudad en donde se puede percibir lo que ocurrió entre los nazis y los judíos: museo Schindler, Plac Bohaterow Getta, murales que te hacen pensar, casas que aún conservan la huella de los ataques de los nazis en la zona del gheto judío, etc. Este último lugar nos impresionó mucho, ya que podías imaginar cómo era la vida en aquella época histórica y daba mucho miedo.' Aparte de cuestiones relacionadas con la época Nazi, Cracovia se muestra al viajero como una de las ciudades más antiguas de Polonia, llena de historia con hermosas iglesias y plazas, castillos, como el de Wawel que incluye en su propio recinto una catedral muy curiosa además del palacio y otras dependencias anexas. La plaza del mercado, o Rynek Glowny es otro lugar que hay que visitar. Es una plaza enorme en el centro de la cual surge un edificio rectangular que era el antiguo mercado y que hoy muestra una gran variedad de souvenirs y objetos tradicionales al visitante. La Bazylika Mariacka, con sus hermosos techos pintados de azul es otro de los edificios a los que hay que prestar atención.

27


La atracción favorita para los alumnos fue el dragón de Wawel con su leyenda. Si tienes suficiente tiempo y paciencia, puedes observar cómo el dragón echa fuego por la boca cada 5 minutos. Visita a Rumanía. Nuestro viaje comenzó en Budapest donde planeábamos descubrir los murales de “Street Art” que decoran la ciudad. Descubrimos que están ubicados en el barrio judío de la ciudad y nos dedicamos a explorarlos para poder escribir un artículo acerca de ellos para nuestro proyecto Erasmus+ a la vuelta.

Tras explorar los murales, decidimos descubrir otros lugares de esta hermosa ciudad y hasta experimentar, como la gente del lugar, cómo sientan los baños en sus reconocidos espacios termales, pasearnos sus elegantes calles donde nos van apareciendo desde la Sinagoga de la Calle Dohány, hasta el mercado central o las bellas estaciones de tren. Descubrimos que Budapest es una ciudad que entremezcla a la perfección lo moderno con lo antiguo, crendo un ambiente en el que cualquier viajero se siente sorprendido.

Y, ¿cómo no?, también visitamos el Parlamento y la pequeña pero atrayente parte de Buda con su Templo de Matías y Bastión de los Pescadores, desde donde tenemos las mejores fotos del edificio del Parlamento. Tras Budapest, nos encaminamos a Beius, en Rumanía, donde pasamos unos días muy intensos de grabación de nuestro programa de noticias, visita a la televisión en Oradea, entrevistas...y, por su-puesto un montón de excursiones interesantes a lugares tales como: el glaciar subterráneo de Scarisoara, las cuevas de Meziad y Ursus pestera con sus maravillosas estalactitas y estalagmitas, la ciudad de Oradea con su fortaleza o la mina de sal de Turda. 28


Saída Agora e ExpOtaku O pasado 26 de maio tivemos a nosa excursión especial fin de curso cos Clubs de lectura xuvenís e o protagonista este ano foi indiscutiblemente o Club de Manga e Anime. Non podía ser menos, pois despedíamos a un dos socios máis emblemáticos do mesmo, André Rey. Así que tivemos claro cal tiña que ser o destino: a ExpOtaku. Organizamos a saída e decidimos completala cunha actividade no centro cultural Ágora, na Coruña. Magnífica idea, pois alí tratáronnos do mellorciño. Tíñannos preparado un panel especial adicado ao cómic, deseñaron para nós unha actividade de creación de textos en viñetas e, por último, fixéronnos perder o medo a falar ante unha cámara, gravando uns vídeos nos que os rapaces e rapazas recomendaban aqueles cómics que máis lles gustaron, de entre os exemplares que foron seleccionando nos andeis desta engaiolante biblioteca.

Logo de tanto derroche de creatividade, tivemos que comer para repoñer forzas. Esperábanos unha tarde espectacular na Expotaku. Non é preciso que vola contemos: as imaxes falan por si mesmas. Por alí desfilaron personaxes do Manga e Anime do máis variopintos. 29


O SABOR DAAVENTURA ESTÁ EN... CEDEIRA Que mellor remate para o noso proxecto "Come ben, síntete ben" que un coñecemento directo dos bos produtos que nos ofrece a nosa terra! Con este propósito preparounos Margarita, a coordinadora deste programa, unha saída a Cedeira co alumnado de 1º e 2º de ESO. Acompañados por Dolores, Javier e Antonia desenvolveron alí unha morea de actividades: Primeiro visitaron a zona de marisqueo.

Como o tempo acompañaba, foi unha tarefa divertida. Mágoa que algún ou algunha tivese perda de mollar os pés! 30


Logo veu unha pequeĂąa andaina.

Despois aprenderon cousas interesantes sobre o marisqueo, as especies da zona, a semente da ameixa.....

31


TamĂŠn visitaron a lonxa de Cedeira, onde lles explicaron os procedementos da poxa de peixe, os procesos e artes de pesca, os diferentes tipos de peixe...

E, para rematar, unha deliciosa merenda con produtos do mar.

32


BOLETÍN CARLOS CASARES. DÍA DAS LETRAS 2017

33


34


35


36


Visita a la fábrica de Schindler, convertida en Museo. En la fachada de la fabrica en la que se lee "El que salva una vida, salva el mundo

La exposición permanente se llama “Kraków under Nazi Occupation (1939-1945)”. Es un museo que recorre toda la historia desde el detonante de la Segunda Guerra Mundial hasta la ocupación soviética. Nos encontraremos con salas donde está reflejado cada sentimiento de lo vivido con fotografías, incluso vídeos de los supervivientes de los campos de concentración.

Los suelos van cambiando según el momento histórico en el que te encuentres, por momentos había piedra otras veces baldosas con el símbolo nazi, grava, arena… También las máquinas de SELLOS usadas para diferenciar en los documentos de identidad a las personas que caminaban por Polonia.

Primero cuentan un poco la historia de Polonia, cómo era, qué hacían… y poco a poco te van sumergiendo en la historia con decorados y sonidos Tras pasar por una sala en la que encontramos diferentes uniformes militares, armas, cascos y un pequeño tanque que continúa con un pasillo decorado con banderas con la esvástica nazi.

37


Por todas las paredes y las vitrinas vemos propaganda del régimen nazi. Llegamos incluso a las estaciones de tren y de tranvía de los judíos y como los nazis sustituyeron los nombres polacos de las calles por otros en alemán.

A continuación te adentra en el GUETO, con diversas salas que muestran como vivía las personas en el gueto.

Después pasamos al Despacho de Schindler y de su contable, el judío Itzhak Stern. Conservados tal cual los tenían. En el Despacho de Schindler se encuentra una vitrina cilíndrica hueca en el exterior acumula cacerolas y dentro los nombres de judios fallecidos. Ropa. Juguetes, Armas, Barberías. Llegaremos hasta la invasión soviética y terminaremos con un homenaje a todos los que sufrieron, una sala blanca llena de frases de los supervivientes.

Al finalizar el recorrido vemos fotografías de muchos judíos que logró salvar.

38


CLUB DE LECTURA XUVENIL 1º CICLO Érguese o pano. Benvidas e benvidos ao noso recuncho lector .

A C T O P R I M E I R O . Comeza a función coa lectura da novela Reo, de Xesús Fraga. Adentrámonos no mundo dos graffiteiros, perdón, dos escritores, como indica Reo que é como os debemos chamar. E tinxímonos do léxico novo ao mesmo ritmo que os sprais bombardean as paredes de tags, flopeos, potas, pratas, pezas. E aprendemos quen son os kekos , os treneiros, os chichotes...

ACTO SEGUNDO. Logo vén Percy Jackson y el ladrón del rayo e quedamos fascinadas pola mitoloxía clásica desde unha perspectiva actual. Con O achado do Castro de Núñez Singala a nosa vea de actores e actrices agromou.

39


ACTO TERCEIRO. Percorremos a antiga Rusia da man de Miguel Strogoff . Convertémonos en booktubers no centro cívico Ágora da Coruña e visitamos a ExpOtaku. EPÍLOGO Seguinte escenario: os X encontros dos Clubs de Lectura en Compostela onde compartiremos lecturas, experiencias e obradoiros con outros clubs de lectura galegos. Unha despedida moi agarimosa para o alumnado de 4º que nos deixa este ano e unha benvida calorosa para calquera que queira gozar connosco do fascinante mundo literario que nos rodea. (ESCURO)

40


LOITA Á SIDA. Así de claro o teñen as alumnas e alumnos de Igualdade de Xénero e do Programa Formativo Básico de Comercio. "Loita á SIDA", "Contra a SIDA" son os lemas que escolleron logo dunha sesión de charla onde se informaron do estado da situación actual en Galicia , onde houbo intercambio de ideas e a planificación da acción como símbolo para este 1 de decembro.

Xa son 18,2 millóns de persoas recibindo terapia, agárdase que en 2020 sexan 30 millóns. A estratexia 90-90-90 de ONUSIDA, marca para 2020 conseguir as metas de que o 90% das persoas infectadas co VIH estean diagnosticadas, que o 90% das persoas diagnosticadas do VIH accedan ao tratamento antirretroviral e que o 90% das persoas a tratamento manteñan a súa carga viral indetectable. Sen dúbida, a mellor barreira contra a enfermidade é a prevención. E así o lema deste ano para esta efeméride foi: “levantemos as mans pola #prevenciónVIH” 41


OBRADOIRO DE HIXIENE BUCODENTAL

Probastes algunha vez a mirarvos no espello fixándovos detidamente na vosa boca? Sodes dos que levades un piercing na lingua? Fumades? Todas estas preguntas teñen un porqué. Este sete de marzo veu un grupo de alumnas do ciclo de Hixiene bucodental do IES de Leixa cunha unidade didáctica para explicarnos, dun xeito lúdico, os inconvenientes de termos un piercing para a nosa boca.

A exposición consta de seis pequenos expositores, en que se desenvolven contidos de interese a través dun cartaz e un xogo temático dinamizado por dúas alumnas. Os temas propostos están relacionados coa saúde bucodental en diferentes ámbitos: · Hixiene persoal. · Alimentación. · Estética: piercings e ortodoncias. · Prevención de ETS. · Tabaco, alcohol e drogas.

42


ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIA MACHISTA Con letras brancas sobre fondo negro, apareceu o título desta entrada como lema do 25 de novembro en portas e fachadas de comercios, de tendas, de bares, de edificios públicos de Ferrol. Mais tamén nos peitos do noso alumnado de 3º da ESO, que luciu o negro contra a violencia machista nas camisolas cedidas pola área de Igualdade e Muller do Concello de Ferrol. O pasado venres 25 de novembro, no teatro Jofre reuníronse en pleno máis de trescentas alumnas e alumnos dos institutos de Ferrol para debater sobre o tema. Finalizaría o acto coa plantación simbólica de rosas polas vítimas.

E nós, no instituto, celebrámolo cun manequin challenge de rexeitamento contra a violencia machista, obra do grupo de 2º da ESO de Igualdade de Xénero.

43


CINED Este ano os alumnos de 4º de ESO participaron nun novo proxecto chamado CINED. Esta actividade, que se desenvolveu ao longo de todo o curso, tivo como finalidade principal conseguir que os rapaces se familiarizasen co cinema de autor europeo, tratando de ampliar a súa cultura cinematográfica mediante o visionado en versión orixinal subtitulada de películas atípicas nas salas comerciais polas súas innovacións técnicas, temáticas e formais. Durante o primeiro trimestre acudimos á cidade da Coruña para ver Pierrot le fou, filme francés dirixido por Jean-Luc Godard no 1965, e pertencente á corrente coñecida como nouvelle vague.

Como actividade complementaria á proxección, os alumnos e alumnas participaron nun breve coloquio sobre os aspectos da mesma coa coordinadora do Plan Proxecta. Posteriormente, e xa no centro, o alumnado (tanto de forma individual como en grupos) desenvolveu distintas tarefas que tomaron como referencia características distintivas da película. Así, o simbolismo da cor, tan presente no filme, foi o punto de partida para que a nosa alumna Bella se animase co magnífico deseño dunha carátula. A curiosa liña argumental serviu como medio de inspiración para o poema de Yuri.

Marianne,una incógnita,aunque nunca olvidada, un mote de cariño,´´Pierrot´´, Ferdinand le dice que así no se llama, pasa la noche y se queda hasta por la mañana... Luces, poemas y colores,qué relación habrá?

Después de mucho tiempo, de tanto robar y escapar, Ferdinand se cansa, y estrella su coche contra el mar, decide quedarse en la playa y poemas recitar y... Luces,poemas y colores, ¿qué relación habrá? Marianne se aburre y a Ferdinand abandona, los problemas con tráfico de armas se los deja a Ferdinand, incluso es capaz de engañarlo con otra persona; Ferdinand furioso, con rabia los mata. ¿Quién es Ferdinand o quién es ´´Pierrot´´?

Despiertan en una sala llena de armas, un cadáver en el suelo, el amante llega a casa, Marianne lo distrae y Ferdinand lo remata, Marianne quiere irse y Ferdinand le sigue por amarla, Luces, poemas y colores, ¿qué relación habrá?

Ya nadie lo sabe, porque se ató una bomba a la cabeza, y a pesar de rectificar,con la bomba murió; Por eso hoy en día se le conoce como Pierrot le fou... Las luces los poemas y los colores ya no tienen relación.

Ferdinand,casado y padre de familia, no lo sabe,pero cambia su vida; Una niñera,qué casualidad,Marianne, ¿era la chica que debería amar? Luces, poemas y colores, ¿qué relación habrá?

Como complemento do anterior, a análise comparativa entre o cinema de autor e o cinema comercial permitiu o desenvolvemento dun pequeno traballo de investigación sobre ambas realidades e, finalmente, a análise do proceso creativo de Godard converteuse no tema central dunha entrevista finxida ao director galo. 44


O segundo trimestre centrouse no na segunda proposta, En construcción, filme documental español dirixido por José Luis Guerín no 2001 que trata de mostrar a renovación que experimenta un emblemático pero decrépito barrio da cidade de Barcelona.

Os alumnos adoptaron, neste caso, unha perspectiva urbanística e centráronse na cidade de Ferrol para acometer a elaboración de varios documentos centrados na análise das causas que poden provocar a degradación de distintos barrios en zonas urbanas; a presentación dos mecanismos e as distintas fases de rehabilitación de dous barrios na cidade de Ferrol (Recimil e Canido), e a transformación urbana como resultado dos cambios sociais políticos e económicos da cidade (exemplo que obtiveron estudando a evolución da Praza de España). Durante o terceiro trimestre, dedicamos o noso tempo a traballar a película Il posto, rodada en branco e negro polo italiano Ermanno Olmi no ano 1951. Esta obra, que amosa claras influencias do neorrealismo italiano, denuncia as actividades deshumanizadoras das empresas a través da visión asombrada e desesperanzada dun rapaz chamado Doménico. Nun intento de reinterpretar a linguaxe fílmica dende unha perspectiva actual, os alumnos trataron de resumir as vivencias do mozo italiano mediante o recurso ás emoticonas que se empregan habitualmente nas redes sociais.

Domenico llega a la fábrica para realizar el examen

45


CABAZAS POLO SAMAÍN. Este ano 2016-2017, as creacións gañadoras do concurso de baleirado e decoración de cabazas foron a de Sabela, a de Alejandro Bocija e a de Sergio.

CARLOS CASARES. DÍA DAS LETRAS 2017. Xunto con Pilar e Antonia, o alumnado traballou a figura de Carlos Casares desde distintas perspectivas: vida, bibliografía, obra... Velaí tedes algún mural dos que podedes atopar polos corredores do instituto.

46


XOGOS TRADICIONAIS NO NADAL. Quen dixo que xogar á ra era aburrido? E as carreiras de saco? E máis cando hai que compartir o saco. Acaso algunha vez serrastes un tronco á man? Este Nadal puidemos xogar a isto e a moito máis na xornada de xogos tradicionais que se promoveu desde o EDL e mais o Proxecto Deportivo de Centro.

A que foi unha mañá divertida? Pois bulide, preguntádelles aos vosos pais e avós a que xogaban de pequenos e gozade dunha xeira diferente.

47


ÍNDICE

Fotos grupos ............................................................................2-8 Concurso “Disfraza a Gata Cata” ..............................................9 Día do Libro 2016 .....................................................................10-13 Entroido ...................................................................................14-16 Erasmus +: artigo de Lucía Loureiro .........................................17-18 Nuno Baamonde Campión galego de Tiro con Arco ..................19 Visitáronnos, Poesía e imaxe ...................................................20-23 Os que se van ...........................................................................24-25 Club Manga, despedida a Laura ...............................................26 Erasmus +................................................................................27-28 Saída Agora e ExpOtaku ..........................................................29 O sabor da aventura esta en .....................................................30-32 Boletín EDLG ...........................................................................33-36 Visita a la fábrica de Schindler ..................................................37-38 Clubs Lectura Xuvenil ..............................................................39-40 Día da loita contra á sida ...........................................................41 Obradoiro de Hixiene bucodental .............................................42 Espazo libre de violencia machista ...........................................43 Cined .......................................................................................44-45 Cabazas polo Samaín, Carlos Casares(Día Letras Galegas) ...46 Xogos tradicionais no Nadal .....................................................47

48


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA I.E.S. de CATABOIS Estr. de Catabois, s/n. 15405 Ferrol (A Coruña) Telf./Fax: 981 31 46 54 E-mail: ies.catabois@edu.xunta.es

Lembranzas ies catabois 2016 17  
Lembranzas ies catabois 2016 17  
Advertisement