Page 1

Lembranzas 2014-2015 IES de CATABOIS


LIMIAR Seica este curso 2014-15 que remata agora, e no que me sentín moi ben acollida no IES de Catabois, tócame abrir esta revista feita por e para os alumnos. Non sei se o que escriba se axustará ao esperado, pero tampouco o meu paso por este centro se axustou ao esperado. Levo case un curso neste centro e xa me parece moito máis, non porque se fixese longo, pero si polo trato próximo que tiven con alumnos e compañeiros, nun centro que, pequeno coma este, ofrece a proximidade entre alumnos e persoal docente e non docente, que noutro centro sería practicamente imposible. Sei que moitos alumnos esquecerán as miñas clases no momento no que reciban o boletín de notas co que acompañarán esta revista, pero espero que algo aprenderan connosco, e non falo só de matemáticas (pola parte que me toca). En canto a min, houbo momentos malos e bos, como en todas as experiencias das que formamos parte, pero facendo memoria, este é un centro que lembrarei con cariño, e no que, aínda sendo profesora, aprendín moito, así que o bo inclina a balanza. Sei que só estiven aquí este curso, e que practicamente só vos coñezo os que estivéchedes nas miñas clases, eses que tiveron que escoitar tantas veces que hai que preguntar na clase, eses que espero aproveiten o seu paso por este centro e que teñan moita sorte na súa vida . No que toca aos alumnos de 2º ciclo, aos que sigan, moito ánimo e que disfruten (e estuden) en 4º, que pensen no seu futuro; e aos que marchan, boa sorte e claridade nos vosos proxectos: Lembrade a vosa etapa coma estudantes, que sempre vos arrincará un sorriso. E con este novo exemplar de Lembranzas, sorte e paciencia a todos, e que no novo curso 2015-16, todos os novos camiños emprendidos por vós alumnos, e por profesores e non docentes, nunha nova etapa, cheguen a bo porto e por augas tranquilas. Patricia Martínez Rodríguez


1º ESO “A”

Aneiros Yáñez, Gabriel Baamonde Beceiro, Nuno Becerra Carro, Alba Mª Cepero García, Sandra do Rego Martínez, Fabio André Fernández García, Natalia Fernández Leira, Xana González López, Alejandro Ezequiel Monteiro Romero, Desirée Pérez Nieto, Kevin Salazar Jiménez, Estefanía Salazar Jiménez, Juan Antonio Salazar Monteiro, Moisés Vargas Pisa, Sara Vilariño Gómez, Judit


1º ESO “B”

Ardao Grandal, Daniel Borja Romero, Cristian do Rego Martínez, Daniel Filipe Ferreira Pinto, Alexandre Inácio Franco López, Mª Victoria Freire Fernández, Antía Lema Cortés, Elena Marta Zaragoza, Ángel Monteiro Romero, Tabita Monteiro Romero, Tamara Ponce Vilariño, Yeray Prieto Vilariño, Cristian Rodríguez López, José Manuel Varela López, Laura

3


2º ESO “A”

Bellón Gozález, José Manuel Campanario Akdim, Juan Cives Blanco, Gabriel Díaz Freire, Marta Enriquez Fernández, Azael Gago Castro, Carla García Muiños, José Manuel Jiménez Montoya, Talía del Carmen Pato Romero, Aicha Prieto-Puga Gonzáles, Claudia Rodeiro Rañales, Pablo Rodríguez Rodríguez, Elisa Salazar Conchado, Jonathan Saldaña Vidal, Daniel Tatyanova Petkova, Eli

4


2º ESO “B”

Castro López, Lara do Rego Martínez, Leandra Fernández Castro, Leroy Antonio Jiménez Cortiñas, Rubén Kahia González, Bella Jasmín Lorenzo Rodríguez, Paula Loureiro Cela, Lucía Martínez Estévez, Mario Medín Fernández, David Monteiro Romero, Cristian Mouriz Gorgozo, Alejandro Pérez Pereira, Daniel Rey Vidal, André Roca Pérez, María Suárez Barrul, Marta

5


3º ESO

Aguirre Franco, Brais Aneiros Sabín, Andrea Barcia Villaverde, Aarón Chamosa Rey, Aarón Chica Salazar, Mike Davis Curto Benito, Alejandro Díaz Fonticoba, Xoán Expósito Bello, Marcos Fernández Embade, Anxo González López, Zeltia López Carballeira, Pablo Márquez Fernández, Mónica Martínez Ferreño, Alfonso Moreira Paulino, Sasha Meg Parra Ramil, Daniel Paz Lorenzo, Sergio Prieto Vilariño, Nerea Rama Carneiro, Alba Rodríguez Fernández, Ángela Rodrígue Polo, Joanna Saavedra Pérez, Alberto Salazar Borja, Diego Salazar Fernández, Bibiana Varela Fernández, Jonathan

6


4º ESO

Álvarez Medín, José Manuel Cadenas González, Adrián Castro Couce, Iván Díaz Otero, Adrián Fernández Fernández, Paula Fernández García, Juan Gabriel García Barca, Mario Iglesias Botana, Raquel Leira Díaz, Oscar López Álvarez, Irene Loureiro Cela, Pablo Moreno Bello, Kevin Ramos Bogo, Irene Ramos Martínez, Laura Sedes Ricoy, Saúl Seoane López, Daniel Suárez Díaz, Rubén Tizón González, Nuria

7


FPB COMERCIO

Blanca Mª Agulló Calvo-Berenguer Saray Basanta Nieto Rocío Berini Iñarra Iris Fernández Díaz Cristian Gabarre Montoya Susana García Mendoza Luisa Fernanda Pascuas Espinosa Xerezade Pena Rego Marcos Pico Picos Águeda Prado Rodeiro Ainhoa Rodríguez Naveiras Verónica Ruiz Otero Soraya Salazar Suárez Eugenia Mª Valiño Rego Nesly Julien Vargas Córdoba

8


FPB CARPINTARÍA

Eddy Alberto Azor Pérez Juan Cáliz López Ismael Conchado Camacho Alejandro del Río Márquez Manuel Rubén Domínguez Mosquera Miguel Ángel Fontenla López Soraya Larraz Armas José Manuel López Pérez Noelia Perille Leira Borja Santos Bello Hector Santos Bello Giovanni Seco Edreira Ousseynou Thior Bruno Vázquez Martínez Fernando Vergara Freire

9


SAÍDA A CAMBRE O pasado 28 de abril, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO, acompañados por Mónica e Emilia, visitamos a igrexa románica de Santa María de Cambre e as termas romanas que se atopan no museo da mesma localidade. Como outros anos, o guía, Moncho, explicounos de xeito moi ameno, todo o relacionado coa igrexa e as escavacións.

A igrexa é un fabuloso exemplo de igrexa románica de peregrinación, como a catedral de Santiago en pequeniño. Chamáronnos a atención os seus cinco absidiolos e a riqueza decorativa e simbólica da súa fachada, que o guía nos explicou de xeito interactivo, pois tivemos ocasión de demostrar os nosos coñecementos de arte románica. As termas son parte dunha antiga vila romana e, aínda que só se conserva o frigidarium (piscina de auga fría), coas explicacións de Moncho puidemos facernos unha idea de como sería o complexo. Tamén se conserva o espazo das latrinas e coñecimos cousas moi curiosas sobre os costumes dos romanos. De verdade que vivían ben, sobre todo os patricios.

10


Despois destas visitas no centro do pobo, marchamos a Cecebre, á casa-museo de Wenceslao Fernández Flórez, onde chegamos ás doce da mañá, xusto á hora prevista. Alí fixemos dous grupos e fomos visitando as distintas dependencias da casa, coas lembranzas familiares do xornalista e escritor coruñés: colección de fotografías do seu veraneo no lugar, libros, revistas, obxectos de escritorio, e ata unha máquina de liar cigarros.

Xa no xardín, subimos á zona na que se conserva unha pequena mostra do bosque de Cecebre, no que o autor se inspirou para escribir a obra O bosque animado, tamén levado ao cine. Rematamos xogando ao crocket, actividade que Wenceslao e a súa familia practicaban nas tardes veraniegas. A casa pertence á Fundacion Wenceslao Fernández Flórez e ofrece moitas actividades, incluso fins de semana.

11


Saída ao museos de A Coruña. Chovendo e con temporal de mar, os alumnos de 1º e 2º de E.S.O. do IES de Catabois fomos visitar o Aquarium Finisterrrae o venres 30 de xaneiro. Visitamos a Sala Nautilus, estivemos fronte a fronte da quenlla touro (Carcharias taurus) Gastón, perdímonos nas profundidades da sala Maremágnum, mágoa que non puideramos saír para saudar ás focas … xa lles enviaremos un exemplar desta revista!

Tamén aproveitamos a mañá para visitar a Casa das Ciencias e recibir unha lección maxistral sobre as estrelas non Planetario. Agradecemoso seu esforzo a Margarita e Pablo por organizaren a viaxe e a Laura por nos acompañar.

12


CURSO 2014/15 EDUCACIÓN FÍSICA  Como xa sabedes por cursos anteriores, no departamento de E.F. intentamos achegar actividades deportivas e recreativas diversas aos alumnos nas nosas aulas. Deportes e actividades ás veces non maioritarios, non ben coñecidos, ou que parecen de difícil acceso. Deste modo, buscamos conseguir o que tal vez sexa o obxectivo fundamental da asignatura: intervir, mellorando, a súa calidade de vida actual e futura por medio da creación de hábitos de vida saudables e estables. Combatir o sedentarismo, favorecer o gusto pola actividade física creando a afección a unha modalidade deportiva, sexa esta a que sexa. E como algunhas non necesitan de promoción (fútbol, baloncesto, natación, etc…), buscamos traer cada curso algunha que poida ser diferente ou nova para eles. Neste curso, estas foron as “actividades invitadas” que levamos a cabo: Wing-Tsun: Arte marcial de orixe chinesa, englobada no que coñecemos como Kung-fu. Impartido por Xavier Vieites, do Centro Wutang Ferrol en Canido-Xoane. Practicamos durante unha semana no mes de Novembro. Kick-Boxing: Como o seu nome indica, trátase dun deporte de contacto, no que se utilizan puños e patadas. Reglamentado e con competicións oficiáis, foi practicado por nós na primeira semana de Febreiro; impartido por Bea López, profesora no Pavillón da Malata, tivo un enorme éxito, e foron varios os alumnos e alumnas que se apuntaron logo ás súas clases.

13


Capoeira: xa un clรกsico no noso instituto, o Profesor Raรงa, do grupo Capoeira Luanda visitounos e deu unha clase en cada grupo entre o 23 e 28 de febreiro.

14


Windsurf: aínda que non fixemos máis que navegar pola herba –un nivel aínda máis baixo que “mariñeiro de auga doce”, no mes de maio tivemos unha introdución ao windsurf cunha explicación teórico-práctica a cargo de Luis María Taboada, pioneiro do windsurf na comarca, e directivo na escola Ferrolvento, que xestiona a escola municipal en Caranza. En canto poidamos, intentaremos poñer en práctica o aprendido nas súas instalacións.

E, por razóns de calendario, está por ver se ao remate deste artigo teremos tempo de facer tamen algo de Halterofilia, actividade que estaba prevista pero que houbo que aprazar por dificultades organizativas. En todo caso, se non vai este ano, irá o vindeiro.

15


DÍA DO LIBRO COS FUTUROS ALUMNOS E CON YOLANDA CASTAÑO O mércores 22 de abril, o IES de Catabois celebrou o seu Día Grande en conmemoración do Día do Libro. Escollemos tal día. En lugar do 23 por dúas razóns: a primeira é, sobre todo, que somos moi moi orixinais; a segunda, pero a esencial,é que tal era o día en que podían gozar con nós desta festa os futuros alumnos e alumnas dos nosos centros adscritos.

Coñeceron as instalacións do instituto, os seus futuros compañeiros, a Biblioteca e os tres Clubs de Lectura (seica o de Manga e Anime xa fixo uns cantos socios ...), mercaron ou trocaron libros na IV Feira Solidaria e cociñaron un fermoso poema da sabia man da nosa convidada estrela, a poeta Yolanda Castaño, quen nos aprendeu que falamos con poesía, e que cociñar e escribir son actos de entrega que se fan coas propias mans.

16


Pola súa banda, os nosos alumnos tamén traballaron arreo na xornada de onte. Recibiron os seus vindeiros compañeiros, fixéronse cargo dos postos na IV Feira Solidaria do Libro, mercaron libros e, por suposto, recibiron os premios e diplomas polos seus proxectos e traballos para os Concursos do Día do Libro.

Tanto traballo tiña que ter a súa recompensa e, velaquí temos aos premiados nos concursos do Día do Libro, cos seus diplomas e os seus regalos. Felicidades a todos!!

17


PREMIOS DO CONCURSO SEMANAL DA BIBLIOTECA O pasado martes 2 de xuño demos a coñecer o nome do equipo gañador do Concurso Semanal da Biblioteca que resultou ser BELMA, composto por tres alumnas de 2º B: Lucía Loureiro, María Roca e Bella Jasmin Kahia. Convidamos a todos os participantes a unha merenda na cafetería do centro e abrimos os regalos: un lote de caderno, marcador e chapas para todos os concursantes; e os agasallos especiais para as gañadoras: un libro de cociña con accesorios, un poemario de autores locais con acuarela auténtica na portada e un estoxo.

Felicidades a todos os participantes, moi especialmente ás gañadoras!!!!

18


CHARLA COA AUTORA ANDREA TOMÉ O venres 6 de febreiro visitounos unha escritora ferrolá chamada Andrea Tomé, a autora de Corazón de mariposa. Nesta novela abórdase a problemática dos trastornos alimentarios desde unha perspectiva moi realista, xa que a propia autora sufriu estes trastornos. Coa súa charla, intentou abrir as nosas mentes, facéndonos ver o importante que é ter en conta as preocupacións dos adolescentes, antes de que cheguen a converterse nun problema máis grave.

Moi amable, asinou exemplares para todos os presentes e nós, agasallámola con postais e cartas que tiñamos preparadas especialmente para ela.

19


Os que marchan Aínda sendo conscientes das incertezas que xera decidir o tipo de estudos que escollerán ao rematar a ESO no noso Instituto, e que ademais aínda teñen tempo a decidir por onde van a orientar o seu futuro, preguntámoslle ao alumnado de 4º que profesión lles gustaría estar a exercer no ano 2025, é dicir, dentro de dez anos, e aquí están as súas respostas:

José Manuel Álvarez Enxeñeiro

Adrián Cadenas Técnico Informático

Adrián Díaz Adestrador Fútbol

Paula Fernández Médico Forense

Mario García Militar

Raquel Iglesias Deseñadora de videoxogos

20

Iván Castro Policia Nacional

Juan Gabriel Fernández Veterinario

Oscar Leira Ciclista Profesional


Irene López Profesora Ed. Física

Pablo Loureiro Policía

Irene Ramos Avogada

Laura Ramos Criminóloga

Saúl Sedes Policía

Daniel Seoane Boxeador

Rubén Suárez Mecánico

Nuria Tizón Policía

21


XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE. DÍA DAS LETRAS 2015 O vello profesor... Sen dúbida, este é o Filgueira Valverde co que máis nos identificamos o profesorado e mais o alumnado do IES de Catabois, con ese profesor pontevedrés que comezou como axudante no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra en 1928, que levou a docencia por Barcelona, Melilla, Lugo para finalmente volver ao actual IES Sánchez Cantón en 1940 e do que sería director desde 1946 ata á súa xubilación trinta anos despois. Esta é a nosa primeira achega ao autor homenaxeado. A súa poesía. E como boas profesoras, propoñémosvos un xogo-concurso: “Caligramas para o vello profesor". Buscade as bases do concurso nos taboleiros de anuncios das vosas aulas. Tomaredes como base estas 6 canciones de mar in modo antico, obra poética do homenaxeado neste Día das Letras 2015. Porque non seca a morte a fonte das cantigas eu vos chamo, segreles, que veñades cantar onde os verdes loureiros gradan vellas ermidas, cabo das sabias ondas sulcadas do luar, das insuas da ribeira nun antigo lugar, ¡San Cremenço do mar! Porque non tolla o frío o albre dos cantares eu vos digo, rapazas, que vaiades bailar onde os gayos loureiros quecen fríos fogares, cabo das tolas ondas, cando o sol vai raiar, das insuas da ribeira no máis ledo lugar, ¡San Cremenço do mar!

22


23


CONCURSO DA BIBLIOTECA

Hoxe no concurso, chegando á Semana das Letras Galegas, imos combinar cociña e literatura. Na pasada Semana Santa, abriu un novo restaurante nun dos edificios do Museo de Pontevedra, ubicado na acolledora zona vella da cidade. O seu chef é un dos máis famosos representantes da nova cociña galega, que rexenta outro coñecidísimo restaurante en Raxó-Poio (Pontevedra). 1.- Como se chama este novo restaurante que se ubica no museo? 2.- Como se chama este famoso chef? 3.- Cal é o nome do outro restaurante que rexenta?

O Museo de Pontevedra xurdiu no ano 1927 e ocupa varios edificios da cidade (o sexto edificio é o que alberga este novo restaurante). Un dos promotores da creación deste Museo foi o historiador e escritor galego ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas. 5.- En que cidade naceu e morreu? 6.- Entre que anos viviu? 7.- Foi director da casa-museo dunha importante escritora galega. De que escritora se trata? 8.- Tamén foi Conselleiro da Xunta de Galicia en 1982. Que consellería ocupou?

24


VISITA DOS COMPAÑEIROS DO IES FERROL VELLO O pasado xoves 15 de xaneiro, nove compañeiros do IES Ferrol Vello acudiron á nosa Biblioteca para ter un exemplo máis do que se está a facer no ámbito das bibliotecas escolares. Todas as coordinadoras que se fixeron cargo desta biblioteca ao longo dos cursos expuxemos as actividades de Clubs de Lectura, concursos, exposicións, etc. que se levan a cabo no noso centro.

Pasamos entre todos un tempo agradable no que recordamos o labor de iniciación que desenvolveu Pilar Berrio, a compañeira que puxo en marcha esta biblioteca e continúa a ser unha referencia para nós.

Tal e como delatan as imaxes, puidemos facer un oco para tomar algo: un Limoncello fresquiño, como corresponde á mesa italiana que temos actualmente na biblioteca, e unha torta de améndoa caseira, porque o noso Santiago é universal. Dende o IES de Catabois, enviamos unha aperta moi forte aos compañeiros de Ferrol Vello, ánimo para enfrontaren a tarefa que se propoñen e o noso agradecemento por teren pensado en nós.

25


PREMIADOS NOS CONCURSOS DE SAMAÍN E DE POSTAIS DE NADAL O vindeiro venres 19 de decembro entregaremos os premios aos gañadores dos concursos do Samaín e das Postais de Nadal. Hoxe, anunciamos os seus nomes para que se vaian preparando para tan importante cita. Gañadores en Samaín: - Ángela Rodríguez, 3º A: polo seu relato de medo. - Zeltia López, 3º A: pola súa creativa cabaza. - Alba Rama, 3º A: por achegarnos ao espírito do Samaín cos cinco sentidos pois elaborou unha cabaza, suxeriu unha receita e redactou un relato estarrecedor. Parabéns ás tres!!! Gañadores da postal do Nadal: 1º Premio: Marcos Expósito, 3º A. 2º Premio: Judith Vilariño, 1º A. 3º Premio: Nuno Baamonde, 1º A.

26


GAÑADOR DO CONCURSO "DISFRAZA A NOSA MASCOTA"

Coma todos os anos, no mes de outubro toca disfrazar á nosa mascota a gata Cata do tema elixido para o curso. Nesta ocasión, o tema da biblioteca para o curso 2014-15 é a Cociña. Recibimos moitas propostas, algunhas tan boas que pensamos que merecían ser expostas, por iso confeccionamos un panel con todas elas no que aparece destacado o deseño gañador. Pasade polo corredor central para ver de preto os debuxos dos vosos compañeiros!

27


Non obstante, só un pode ser o gañador. A súa gata representará, ao longo deste curso, o tema ao redor do cal xirarán as actividades da biblioteca. E o participante que maior número de votos obtivo foi: Fabio André do Rego Martínez, de 1º A . Velaquí o temos recibindo o premio de mans da súa titora e, un pouquiño máis abaixo, abrindo o regalo, composto por artigos relacionados co debuxo que tan ben se lle dá a Fabio.

Por último, o seu deseño: a nosa gata Cata, lectora ante os fogóns. Os nosos parabéns a Fabio!!!!

28


ENTROIDO GASTRONÓMICO Un ano máis o celebramos o Entroido no instituto. A participación va en aumento de ano a ano. Grazas a todos e a todas polo voso entusiasmo, alegría e participación. Como vén sendo habitual, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais a Biblioteca camiñan da man e o tema central desta para o curso, a gastronomía, tamén foi o motivo de disfraces individuais e de grupo. O alumnado de 4º ata nos representou un Master Chef que nada lle tiña que envexar ao orixinal. Velaí as fotos:

29


30


CLASES PARTICULARES DE POLACO. Como xa sabedes, este curso o noso alumnado de 4º viaxou a Polonia. Pero non vaiades crer, un mes antes tiveron unha profesora de excepción que lles presentou este país. Weronika, nun perfecto galego que nos impactou a todos, faloulles da súa historia, xeografía, costumes… Respondeu a todas as dúbidas que tiñan sobre o clima alí, a gastronomía… Amosoulles a outra Galicia polaca e ata lles repartiu un pequeno dicionario galego-polaco. Todo un luxo.

Un pequeno dicionario galego – polaco Bo día, boa tarde – dzień dobry Boa noite – dobry wieczór / dobranoc Ola – cześć Adeus – do widzenia Grazas – dziękuję Perdón – przepraszam Por favor – proszę Si– tak Non – nie Son ..... – Jestem ....

Chámome .... – nazywam się .... Como te chamas? – Jak masz na imię? Son de España/de Galicia - Jestem z Hiszpanii/z Galicji. Non entendo – nie rozumiem Non falo polaco – nie mówię po polsku 1 – jeden 2 – dwa 3 – trzy 4 – cztery 5 – pięć 6 – sześć 7 – siedem 8 – osiem 9 – dziewięć 10 – dziesięć Gústasme - podobasz mi się

31


¡Ha sido un viaje fantástico! Este proyecto, Erasmus+, nos ha ayudado a conocer a gente de otros países y a mejorar nuestro nivel de inglés. Salimos del instituto el viernes 22 a las 19.30. Llegamos al aeropuerto de Santiago a las 20.30. Después de los controles, tomamos nuestro vuelo a Madrid a las 23.00. Dormimos en el Hostal Viky, pero no mucho más de media hora.

A la salida, en el insti.

El sábado tuvimos que levantarnos a las 5.30 y tomamos el avión a Cracovia a las 7.30. Llegamos a Cracovia a las 11 de la mañana y fuimos a nuestro Hotel, el “Tutifrutti”, a dejar allí nuestro equipaje. Dimos un paseo por el centro y compramos algunos regalos para nuestras familias. También vimos algunos monumentos importantes.

A última hora de la tarde cenamos en un McDonald´s. Tuvimos que dormir en la habitación de los chicos porque tuvimos un problema con los vecinos de habitación, pero esa es otra historia. El domingo 24 fuimos a dar un paseo por el Barrio Judío, donde pudimos ver varias sinagogas importantes y un cementerio. Mi favorita fue la Sinagoga Stara, era grande y preciosa. Comimos en el Restaurante (Restauracja) Szara. Después de la comida, los profesores nos dejaron algo de tiempo libre para un paseo.

¡Preciosos edificios en nuestro camino a las Galerías Krakowskato para conseguir zlotis!

Por la tarde, dejamos Cracovia y nos dirigimos a Tichy, donde ya descansamos, pues estábamos muy cansados. El lunes fuimos a Bierun y conocimos su instituto. ¡A mí me encantó porque es enorme! Tuvimos algunas actividades relacionadas con el proyecto y por la tarde volvimos a Tichy. El martes fuimos de nuevo a Cracovia. Deliciosos Pierogi en la foto.

Dos de las agradablemente decoradas clases del instituto.

32


El miércoles fuimos al instituto y continuamos con nuestro trabajo en el proyecto, grabando algunas entrevistas. El jueves visitamos Auschwitz. La visita fue dura, porque el recuerdo de lo que allí sucedió hizo que lagunos de nostros lloráramos con la emoción. Por la tarde tuvimos la cena de despedida, pero no comimos nada porque estábamos bailando y divirtiéndonos. El viernes sólo quedábamos el grupo sueco y nosotros, y junto con los polacos trabajamos algo más en el proyecto y realizamos varias actividades deportivas. Tuvimos que elegir temas para los primeros tests del próximo curso.

El pabellón deportivo, que es municipal y está comunicado con el instituto. El sábado finalmente volvimos a casa. Fue un gran viaje pero estábamos muy cansados. Para mí este proyecto es muy útil por conocer otras culturas y gente de otros países y también poder practicar inglés.

Por: Laura Ramos Martínez, 4º A.

33


El 22 de Mayo, 11 alumnos y alumnas de 4º ESO de Catabois nos fuimos a Polonia. No nos hizo falta llegar allí para pasarlo bien: la primera noche de hotel en Madrid no dormimos ni una hora, y para algunos era el primer viaje en avión… El primer lugar que conocimos fue Cracovia, que es una ciudad con mucho interés turístico y con muchos lugares que visitar, como su barrio judío, o el Castillo de Wawel. A pesar de no dormir casi nada por las noches y estar cansados al día siguiente, todos poníamos ganas para disfrutar a tope del viaje y de la experiencia. Y hablando de experiencias, tuvimos una no del todo agradable en nuestro primer hostal, el de Cracovia, pero con la ayuda y tranquilidad que nos dieron los profes se solucionó y ahora queda el recuerdo de una anécdota para contar y reírnos.

El domingo por la tarde pusimos rumbo a Tichy, donde nos quedaríamos el resto de la semana, en un hotel llamado “Na Jeziorem”. A todos nos encantó, y a pesar de que no era un hotelazo, era bonito y cómodo. Los suecos también estaban alojados allí, y aunque no empatizamos demasiado, eran muy agradables y educados. En cuanto al paisaje, no nos causó mucha impresión, porque se parecía bastante al nuestro, muy verde, aunque bastante más llano. Eso sí, ¡hay carril-bici por todas partes!

34


El lunes ya fuimos al instituto de nuestros compañeros polacos, en Bierun. Allí nos encontramos con todos los alumnos de los otros países y se nos organizó en grupos para el trabajo sobre el proyecto. Con quienes tuvimos más contacto fue con los italianos, y también con los polacos, a los que ya conocíamos por su visita a Ferrol. A muchos nos sorprendieron los rumanos y los turcos, mucho más parecidos a nosotros de lo que nos imaginábamos antes de conocerles. La única diferencia es nuestro país de origen y alguna de nuestras costumbres. ¡Sin duda, conocer gente de otros países es impresionante!

El miércoles y el viernes también trabajamos en el proyecto, y hubo actividades como baile –Polonesa- y deportes, pero martes y jueves hicimos excursiones. El martes, a Cracovia, que el resto de institutos no habían visitado, y una mina de sal cercana impresionante. Allí comimos, un poco tarde, ¡y a 100 metros de profundidad bajo tierra!

El jueves visitamos el campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, y fue una experiencia que mereció la pena. Nos gustó ver con nuestros propios ojos el recuerdo de algo horrible que sucedió en el pasado y que todos debemos conocer para que no vuelva a ocurrir. Como conclusion, este viaje nos ha hecho vivir experiencias diferentes, e intensas, y que hacen que nos sintamos ahora más unidos con el resto de la gente y sobre todo entre nosotros, los compañeros que hemos estado allí y que ahora nos conocemos mucho más. Sin duda, tenemos compañeros geniales y no olvidaremos el viaje y el tiempo y vivencias compartidas. José Manuel, Paula, Raquel.

35


CONCURSO DE FOTOS MATEMÁTICAS FOTOS MÁS MATEMÁTICAS

Simetría Brigantina MARTA DÍAZ 2º ESO “A” 3 dimensiones en 2 Eli Tatyanova 2º ESO “A”

Paseando ángulos ANTIS FREIRE 1º ESO “B”

FOTO MÁS ORIGINAL DANIEL DO REGO 1º ESO “B”

ANTIA FREIRE 1º ESO “B”

Segmento de farolas

El cuadrado más blandito Sumando Farolas hasta el infinito ALBA BECERRA 1º ESO “A” 36


Los círculos que todo lo ven Diversión al cuadrado

Círculos

ALBA BECERRA 1º ESO “A”

Escaleras al desván

“Números de la suerte

DANIEL ARDAO 1º ESO “B”

Paralelas de agua SANDRA CEPERO 1º ESO “A”

Cuadrados hacia la luz

Círculo del tiempo

JUDITH VILARIÑO 1º ESO “A” Cuadrado de diversión 37


Cuadrados elevados a la cuarta

Cono comestible

Elevación al cuadrado

ELENA LEMA 1º ESO “B”

Los triángulos invisibles

El círculo da la paz

El rectángulo de números y letras

JOSÉ M. GARCÍA 2º ESO “A”

Arquitectura y matemáticas

Números comunicativos

Matemáticas en el techo MARTA DÍAZ 2º ESO “A”

Rectángulos de nutrición

SANDRA CEPERO 1º ESO “A” 38


PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS Este curso, podemos dicir que os participantes neste proxecto viron como o seu traballo era útil para comunicárense noutras linguas. O primeiro e segundo trimestre elaboraron uns trípticos informativos sobre Ferrol e sobre Polonia tanto en galego, castelán, francés e inglés. Os trípticos de Ferrol foron moi ben recibidos polos estudantes do Erasmus + que nos visitaron. Os trípticos de Polonia, servíronlles como guía ao noso alumnado que marchou de viaxe este mes. O terceiro trimestre, dedicámonos á gastronomía, seguindo o eixo temático da biblioteca.

A STROLL THROUGH THE POLISH CUISINE. PIEROGI (Dumplings) Pierogi are a type of dumplings typical from Poland and very popular in the country. You can get them at any restaurant! They are small pieces of dough made from wheat, water, a little salt and a little oil, which are wrapped around meat, cheese, mushroom and cabbage, etc. and boiled.

They were quite good!

TORTA DE FERROL A Torta de Ferrol non é unha tradición antiga, pero vai cumprir vinte anos. Foi produto dunha competición entre trece pasteleiros da cidade desenvolvida a base de castaña. Finalmente, escolleuse o realizado pola pastelería de prestixio "Gascón" e a torta de Ferrol, feita de castaña, converteuse nunha desas cousas que os turistas poden levar un recordo da cidade. Preparación da crema de castañas: Comezamos coa preparación da crema. Para comezar cócense as castañas en auga fervendo con todo o Ingredientes do bolo: azucre e coa vainilla aberta. Xa ben cocidos déixanse macerar dous días no frigorífico metidas no 125 gramos de fariña de castaña xarope. 125 gramos de fariña de améndoa Tras ese tempo, colamos a mestura de castañas con tres culleres de sopa de xarope ata formar unha 250 gramos de azucre crema espesa. Engadimos a nata montada e mesturamos con coidado, con movementos envolventes. 4 ovos grandes L ou XL Engadir as claras a punto de neve co azucre que tiñamos reservado. ½ fermento en po. Preparación da torta: Crema de castaña Ingredientes: Pre-quentar o forno a 200 graos durante 10 minutos, mentres se prepara a mestura para a torta. Bater os 500 gramos de castañas peladas ovos co azucre e engadir a fariña e o fermento. Pór todo nun molde de 24 cm previamente untado en 500 mililitros de auga aceite para evitar que se pegue. Baixar a temperatura do forno a 180 graos e cocer a torta durante uns 500 gramos de crema de leite fresco quince minutos. É aconsellable que se verifique o estado da torta xa que o tempo varía moito dun forno 500 gramos de azucre a outro. Cando se pincha e o garfo sae limpo, a torta está preparada. 4 claras Montaxe 1 vaíña de vainilla Mestura a crema de castañas co xarope aos poucos, debe ser grosa, que lle custe soltarse da culler. Se vemos moita abundancia de xarope, non engadimos todo. Cortar a torta en dous e enchelo coa crema cubríndoo. Se nos gusta a torta moi húmida podemos poñer máis do xarope non utilizado ou un pouco de licor de café. Ingredientes da torta de Ferrol

39


ÍNDICE

FOTOS CURSOS ...................................................................2-9 SAÍDA A CAMBRE ..................................................................10-11 SAÍDA MUSEOS CORUÑESES ..............................................12 ACTIVIDADES ED. FÍSICA ......................................................13-15 DÍA DO LIBRO .........................................................................16-18 CHARLA ANDREA TOMÉ ........................................................19 OS QUE SE VAN ......................................................................20-21 ACTIVIDADES BIBLIOTECA E EDLG......................................22-28 ENTROIDO GASTRONÓMICO ...............................................29-30 CLASES PARTICULARES DE POLACO .................................31 ERASMUS + ............................................................................32-35 CONCURSO FOTOS MATEMÁTICAS ....................................36-38 PORTFOLIO EUROPEOS DAS LINGUAS...............................39

40


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA I.E.S. de CATABOIS Estr. de Catabois, s/n. 15405 Ferrol (A Coruña) Telf./Fax: 981 31 46 54 E-mail: ies.catabois@edu.xunta.es

Lembranzas 2014_15  
Lembranzas 2014_15  

Revista escolar IES de Catabois (Ferrol)

Advertisement