Page 1

2011-2012

Mapoula

Donativo de 0.50â‚Ź


Velaí as luvas de traballo doméstico: fregar, limpar, sempre foi traballo de mulleres, pero iso rematou. Atópanse istas luvas colgadas nun tendal, á espera de novas mans ás que server. Estań embelecidas polo traballo artístico dos alumnos e alumnas de 2º B (Bach. artístico), que refixeron a obra xa moi deteriorada, que alí había de cursos pasados, sempre coa dirección de Ana Pita.


O arlequín de Picasso, no que representou a seu fillo Paul, é unha obra delicada que nos recibe na porta da Sala de Xuntas.

É obra de Amanda Tato, Itxaso Varela, María García Paz, Marta Caballero e Sonia Alonso (2º Bach. B).

A obra compleméntase cunha lenda no marco, que di así: "Educad a los Niños Y No Castigarás a Los Hombres. Pitágoras de Samos". Foi escrita por Daniel Solla, Ingrid Alegría e Pablo González. Todo baixo a supervisión de Ana Pita.


Coñécelos? Pois son Charlot e o Chico, procedentes dun fotograma da película The Kid (1921), do que desapareceu a ameazadora presenza do policía. Tema adecuado, para a porta dunha Aula de Imaxe e Informática.

A obra está interpretada por Helena Patiño e Nuria Pico (2º C Bach.). No reparto figuran tamén Daniel Merelas (que non sae na montaxe final) e María Rodríguez. A directora da película: Ana Pita.


Sí, un robot animanos a traspasar a porta do taller de tecnoloxía do IES Adormideras , onde poden aprenderse os secretos do futuro. Píxeles de Antía Rey y Jorge García, alumnos de 2º C de Bachillerato de Artes. Formateó Ana Pita


Unha porta basada nunha obra de Alfons Mucha, artista checo modernista. Tratase dunha obra de longa xestación, primeiro abordada polo equipo formado por Ana Boedo, Pablo González, María Saavedra e Alejandra Vega. Tras unha avaliación do resultado por Ana Pita, a obra foi reelaborada por un segundo equipo de artistas, formado polas alumnas Ana Cotelo, Cristina García, Ingrid Alegría, Natalia Romero, Sheila Rodríguez e Isabel Veiga: por fin o resultado foi satisfactorio e puidose montala puerta no Departamento de Inglés.


Neste fin de curso, seguide a ruta de

pelegrinación que conduce ata a terceiro

andar. Tomade a vía pentencial ata chegar ao

fondo: alí espéravos unha sagrada imaxe, que

vos anuncia á próximidade da aula de relixión. Para decorar a porta, un tema apropiado: O

Pantocrátor. Sí, velaí co Libro da Verdade, que

chega a xulgar aos vivos e aos mortos,... como a profesora de relixión fará neste final de curso.

Esta imaxe admonitoria foi piadosamente

ofrecida por Marcos Caride, María Rodríguez,

Lucía Solano e Ana Varela (2º C Bach.). Tamén os pincéis de Eva Arochena, Isabel Peláez e

Lucía Yáñez tocaron a sacra figura. A mestra do obradoiro, Ana Pita. Amén.


Baseándose no debuxo de Leonardo Home de Vitrubio, que representa un modelo de proporcións anatómicas do corpo humano, realizouse unha versión escultórica. Foi un longo traballo, comezado o curso pasado, por Brais Vieites, con Carlos Mosquera e Jacobo Fraga, e rematado este ano, coa paciente supervisión de Ana Pita.


O vestíbulo da segunda planta do IES Adormideras converteuse nun paraíso tropical, grazas á obra mural das alumnas de 2º de Bacharelato­D (Artes) Eva Carballeira, Laura García, Carla Souto e Clara Toba, desenvolvida cos sabios consellos de Ana Pita.

En efecto, inspirándose na obra de Gauguin «Nave Nave Moa», que souberon integrar cun mosaico preexistente, desenvólvese unha obra de forte colorido que nos transporta á visión fauve que Gauguin tiña dese mundo da illa no que buscaba o paraíso.


A nosa compañeira Ana Pita decidiu darse un merecido descanso e deixar o ensino, ao que levaba adicándose unha chea de anos, dos cales os dez últimos pasounos no instituto Adormideras.

Deixa atrás a admiración de alumnos e compañeiros polo seu impecable labor docente e un recordo indeleble nos corredores do Instituto. En efecto, nestes últimos anos decidiu aproveitar a creatividade do alumnado do Bacharelato Artístico para contribuír a facer do noso Centro un lugar mellor, máis fermoso e agradable para estudar e traballar. Deste xeito, daba a oportunidade aos rapaces de amosar do que son capaces, quitando as súas obras da aula para que os seus traballos foran algo máis que obxecto de aprendizaxe e de cualificación do currículo. Agora todos estes traballos forman parte de nós: o proxecto das portas en homenaxe a grandes pinturas, as fantásticas cadeiras, os creativos murais, a colocación de luvas ou máscaras nos vestíbulos, os teatriños sobre as taquillas, os zapatos no muro...

e todo isto foi posible pola paciencia, o tesón, as ganas e a capacidade profesional de Ana Pita, que nunca quixo figurar nin quitar protagonismo a eses grandes artistas que, graczas ás súas orientacións, son os nosos alumnos. Grazas, Ana, grazas de todo corazón no nome dunha comunidade escolar na que deixas unha pegada inesquecible.


Cando tomei a decisión de deixar a miña casa en California, USA por un ano para vir estudar en España, tiven tantas emocións correndo pola miña cabeza que non tiña idea do que me esperaría. Mentres eu me sento aquí agora, case 8 meses despois, sinto que estou rematando unha experiencia chea de recordos que vou manter no resto da miña vida. Creo que estudar no estranxeiro é unha das máis intensas e enriquecedoras experiencias que alguén da nosa idade é capaz de asumir. Hai que ter coraxe, unha mente aberta, e unha vontade de deixarse levar en todo o que unha nova cultura ten para ofrecer. Como calquera decisión importante que podemos facer na nosa vida, a liberdade de saír de casa e vir a España conleva multitude de desafíos e dificultades. Pero con todos os altos e baixos emocionais, é, sen dúbida, o ano de máis transformación da miña vida,e que nunca vou esquecer. Cando cheguei por primeira vez a España o 2 de setembro de 2011, sabía preto de 3 palabras en español, e inmediatamente notei as consecuencias.. Lembro os meus primeiros días en Adormideras moi claramente. Eu sentíame perdido e solitario,

desexando saber como comunicarme con todos. A barreira da lingua foi incriblemente frustrante e unha das cousas máis difíciles que tiven que superar na miña vida. Deime conta de que tiña que esforzarme completamente na aprendizaxe da lingua, se eu quería aproveitar a miña estancia aquí. Recordo que tiven un traballo duro todos os días, así como prestar atención cada vez que alguén estaba falando, coa esperanza de poder aprender máis e máis sobre a lingua. Aínda non me considero con fluidez en español e sei que teño moito que aprender, estou moi orgulloso do lonxe que cheguei como falante en español. Cando me poño a pensar nos meus mellores recordos deste incrible ano, hai tantas cousas para compartir, que simplemente non caben no papel. Se é a deliciosa comida española (tortilla, paella), saír polas noites en Coruña, ou os días de sol na praia, podo honestamente dicir que de verdade vou botar de menos este lugar, e vou considerar sempre Coruña a miña segunda casa . Pero, por riba de todos estes grandes recordos, hai un que destaca


como a máis importante. Estou falando sobre as amizades sorprendentes que fixen. Lembro os meus primeiros meses aquí, sentindome só tódolos días, pensando que non había

posibilidade de que fixera amigos íntimos. Pero

como o tempo pasa, e eu íame sentindo máis a

gusto coa lingua, eu fun intimando cos da miña clase, e fixen un par de bos amigos no camiño. Se houbese calquera grupo específico ao que queira agradecer a finais deste ano, sería a

miña incrible clase. Eles traballaron comigo,

axudáronme, riron comigo, e amáronme polo que son. Non podería pedir mellores

compañeiros, realmente vounos botar de menos

a todos eles unha vez que marche, e espero que quizais un día poidan vir a visitarme na miña casa en California.

Agora que miro cara a atrás, doume conta que o tempo se está acabando e en breve vou volver, entendo e aprecio o que este ano realmente significa. Medrei de moitas maneiras e

convertinme nunha persoa nova. Mentres eu podería sentarme horas e describir todos os

aspectos sorprendentes que veñen con esta experiencia, todo o que vos vou dicir é que

cambiou a miña vida dun xeito incrible, e que me sinto agradecido de que fora aquí en Coruña, en Adormideras. Agora é o voso turno de vir a América. Entendedes?

Tradución Adrián Gómez Mato 1º A Bach.


Xalo entrevista o noso lector, unha semana despois de chegar a Coruña desde Oregón Today the language assistant has arrived at our class. His name is Matt, Mathew. He's from Eugene, Oregon. Oregon is one of USA States. He has been here in Spain since last weekend. He's going to be here until the end of May. This weekend he looked for a place to live. When he was a child he studied Spanish for some years, but he doesn't speak it. He likes sports, for example hokey, basketball, American football.... In America he worked teaching children to play soccer. He was working at a technology store too. In the future, he wants to be a teacher, and this is the reason why he is here. He wants to take experience. He has two brothers, one is 25 and the other 18. He said to us he loves Spanish food such as omelette, beef... but he likes other types of food like pizza, spaghetti etc. He likes films. His favourite film is Inception and he likes music too. He listens to some groups such as Nirvana or AC/DC. By Xalo (4º ESO)

Matt, despois dun curso en Adormideras , danos as claves do sistema educativo americano e compárao co español. Pola dificultade do texto inglés, inclúese a tradución Making the Grade: Differences Between American and Spanish Schools As is the case with most things, when one arrives in a new country, it is quite common that there will be a bit of ''culture clash'' and this is also the case when looking at the education system and school setting when comparing and contrasting the American and Spanish high schools.

Diferencias entre as escolas americanas e españolas Como sucede na maioría das cousas, cando un chega a un país novo, é moi común que haxa algo de '' choque de culturas'' e este é tamén o caso cando se mira para o sistema de educación e o ambiente escolar e comparamos e contrastamos os institutos americanos e españois.


One such difference can be found in the actual school day itself. In the United States, the average day consists of 6 class periods with 6 different subjects per day. The main difference is that students have lunch at school and they can consume things they have brought from home (pack lunch) or that they can purchase from the school cafeteria. In regard to the subjects, many of the subjects taken are chosen by the student. Therefore, these classes are thus deemed ''electives.'' There are many electives in which students are allowed to choose from based upon interest but these classes must satisfy a requisite within the curriculum. In fact, there are many courses that are required, these are called ''core classes.'' A few examples of ''core classes'' are English, mathematics, social studies and athletics. Students must take one class in each of these areas per semester for graduation. Due to the myriad of choices for the students in regard to classes and the big size of schools in the USA, it is not common to be in the same classes with the same students throughout an entire day. Moreover, the average class size in the USA tends to be around 20­30 students. As a result of these large classes with people you do not have as much contact with, students become very individualized. This can be seen as occurring because you don't have others to really rely on, or at least not as much as in Spain. This also leads to some ostracizing and clique formation, whereby students will separate themselves into groups and will not really welcome others in. This in turn leads to bullying, which is extremely problematic in schools in the US. There have been some serious consequences that have arisen as a result of bullying, including suicide, murder, etc. However, I have

Unha diferenza, pódese atopar no día escolar propiamente dito. En Estados Unidos, a xornada media ten 6 períodos de clase nas que os estudantes con 6 asignaturas diferentes ao día. A principal diferenza con España é que os estudantes comen no colexio. Eles poden traelo de casa (pack lunch) ou compralo na cafetería.En relación ás asignaturas, moitas das disciplinas cursadas son escollidas polo alumno. Polo tanto, estas clases son consideradas optativas. Hai moitas asignaturas optativas que os estudantes elixen dependendo do seu interese pero todas elas teñen que estar de acordo cun programa. Sen embargo, hai moitas clases que son obligatorias, son as chamadas “ asignaturas básicas”. Algúns exemplos de clases obrigatorias son o inglés, matemáticas, estudos sociais e atletismo. Para graduarse, os estudantes teñen que cursar estas asignaturas obligatorias cada semestre. Debido á cantidade de optativas que teñen e ao gran tamaño dos centros con mais de 4000 estudantes, non é fácil ter as mesmas clases cos mesmos alumnos durante o día. Ademais, o número de alumnos por clase de media en USA é de aproximadamente 20­30 alumnos polo que os estudantes non teñen contacto entre eles e tenden a ser mais individualistas. Isto pode deberse a que non teñen confianza uns cos outros, ou polo menos non tanto como en España. Iso tamén leva á marxinacións e formación de bandas, que á súa vez leva ao bullying, que é moi problemático nas escolas de Estados Unidos. Houbo algunhas consecuencias graves que xurdiron como resultado do bullying, incluíndo asasinatos, suicidios, etc, Eu non vexo que tal cousa ocorra aquí. De feito, o que eu vin aquí é todo o contrario. Quero dicir, si, houbo algunha broma e oín algúns casos de “putdowns” (insultos e humillacións), pero non ata tal punto como en USA.


not seen such an occurrence here. In fact, my observations have been quite the opposite. I mean,

yes, there has been some horseplay and have heard some instances of putdowns, but not to the extent of such in the USA. That is refreshing. After all, students here tend to have more of a group mentality. Another difference can be found in the way that the grade scale and grade levels work in the high schools. In Spain, the grade scale is a ten­point sale. In the USA, we use the A, B, C, D, F system (no E). Any of these grades above a F is considered passing, with some exceptions. One difference with grades, though, can be seen through their importance. For many students in the USA, their grade is literally the most important thing in the world to them. This is because grades in high school are a big factor in which college/university they will be accepted to in the future. In the U.S., there are 4 grade levels; freshman, sophomore, junior and senior. Juniors and seniors are said to be upperclassmen, in that they are the eldest students and those who have been at the school longest (in most cases). The equivalent in Spain would be 3º ESO through 1º BACH. 1º and 2º ESO would be considered 7th and 8th grade, respectfully. They would not be at the high school, but instead, would be at “middle school”, along with one younger group: 6th graders. Unlike Spain, in the USA, many times students will have classes with students of other grade levels. This is especially the case of electives, where choices students make will lead to being in different classes. The only exception to this is with core classes and special classes. In order to pass to the next grade level, a student must pass all of his/her courses and meet any other requisites for the grade. Upon completing all four levels, a student is eligible for graduation and may receive his/her high school diploma. Therefore, all in all, there are some definite differences between the way school is conducted and organized. However, even though this is the case, the main goal is the same. This goal is to receive an education. Or better yet, to open your mind and absorb as much knowledge as possible. Again, there are differences, but it would not be fair as to say which is better. I hope that this article was informative and that no matter your age, you continue to try to learn as much as you can. After all, as Confucius once said, “the man with true wisdom is the man who realizes he knows nothing.”

Outra diferenza que se pode atopar son os diferentes niveis de notas que hai nos institutos. En España, a

escala de notas é de dez puntos. Isto é semellante, pero diferente nos Estados Unidos. En USA, usan as letras A, B, C, D, F ( non E). As notas por encima de F son considerados aprobadas, con algunhas excepcións. Unha diferenza, con graos, con todo, pode ser visto a través da súa importancia. Para moitos estudantes nos Estados Unidos, a súa nota é, literalmente, a cousa máis importante no mundo para eles. Isto débese a que as notas do instituto son esenciais para se aceptados nunha determinada facultade / universidade no futuro. En Estados Unidos, existen 4 niveis: estudantes de primeiro ano, segundo ano, Júnior e Senior. Juniors e seniores son os veteranos, que son os máis vellos e os que estiveron na escola máis tempo (na maioría dos casos). O equivalente en España sería de terceiro de ESO ata primero de bacharelato. Primero e segundo de ESO serían considerados 7º e 8º nivel, respectivamente. Eles non estarían no instituto, estarían nunha “escola media”, xunto cun grupo máis novo, alumnos da 6º. A diferenza de España, en Estados Unidos, os estudantes moitas veces teñen clases cos alumnos doutros niveis educativos. Este é especialmente o caso de disciplinas optativas, onde os estudantes dependendo da optativa estará en diferentes clases. A única excepción a iso é nas clases comúns e nas clases especiais. Por exemplo, xa que o alumno ten que cursar Inglés cada ano no instituto en Estados Unidos, é improbable que teña unha clase con alumnos doutros niveis educativos. Para pasar ao nivel seguinte, o alumno debe aprobar todos os seus cursos e intentar ter boa media. Despois de completar os catro niveis, un estudante considérase apto para a graduación e pode recibir o seu diploma de ensino medio. Polo tanto, hai algunhas diferenzas na forma de organización da escola. Non obstante, o obxectivo principal é o mesmo. Este obxectivo é recibir unha educación. Ou mellor aínda, abrir a túa mente e absorber coñecemento, na medida do posible. De novo, hai diferenzas, pero non sería xusto que dicir que é mellor. Ao final, todas as persoas son diferentes. Polo tanto, o que dixen, espero que este artigo sexa informativo e que independentemente da túa idade,sigue intentando aprender o máximo que poidas. Ao final, como Confucio dixo unha vez: "o home coa verdadeira sabedoría é o home que se dá conta que non sabe nada."


A esgríma é un deporte que se cre naceu en España sobre o século XIX, e que desde sempre foi deporte Olímpico. Consiste en dous adversarios enfrontándose cara a cara cun sabre, florete ou espada. É un deporte que require un duro adestramento e unha capacidade de pensamento rápido. Na semana do 12 ao 16 de Decembro o alumnado de 1º e 2º ESO tivo a oportunidade de instruírse nas nocións básicas deste deporte. As clases foron impartidas por Ruth Ballesteros, á cal entrevistamos: Adormideras: Bos días, Ruth. Ruth: Bos días. Adormideras: Ti es unha profesional da esgrima, que é o que máis che gusta dela? Ruth: A velocidade. Quero dicir, a velocidade coa que hai que pensar e actuar. Adormideras: E require moito adestramento? Ruth: Dependendo do nivel no que se combata, de dúas a seis horas semanais. Adormideras: E os campionatos? Participades neles? Ruth: Desde logo, participamos en campionatos autonómicos e nacionais desprazándonos a diferentes puntos de España. Adormideras: Adoitan apuntarse moitas persoas? Ruth: Non, nunca temos máis de 15 alumnos en clase. Adormideras: Fai falta ter algunha calidade física para practicar esgrima? Ruth: Para nada, todo o mundo pode practicala.

Ruth: Para nada, todo o mundo pode practicala. Adormideras: E en canto a sexos? Ruth: Ambos, mozos e mozas, adestran e compiten xuntos. Adormideras: Co problema económico en España, pódese permitir a xente practicar esgrima? Ruth: Si, o prezo depende do número de horas a adestrar. Págase unha cota mensual que normalmente non é moi cara. En canto a materiais, cadaquen compra o seu equipo cando o vexa conveniente, pero dispomos de todo o necesario e podemos prestalo o tempo que se requira. Adormideras: Este deporte conleva algún risco? Ruth: Non, de feito é o deporte que òcasiona menos lesións. Temos moitísima seguridade; caretas, chaquetas, luvas… Adormideras: Para ir finalizando, Que che pareceu o noso instituto? Ruth: Interesante. Hai xente que podería facelo ben e á que animo a apuntarse. Adormideras: Que lles dirías para animalos? Ruth: Que sen dúbida, vano pasar moi ben Entrevista realizada por Andrés Soria 2º B ESO


Os 50ml e 200ml do Campionato Galego Xuvenil O día 26 de febrero celebrouse, no Pazo dos Deportes de Riazor, o Campionato Galego Xuvenil, Júnior e Promesa de Pista Cuberta 2012. Mauro Triana acudiu a esta proba rexional representando, coma sempre, ao Club de atletismo Coruña Comarca, esta vez nas probas de 50ml e 200ml. A proba dos 50ml era a que máis difícil se presentaba, xa que, aínda que Mauro lideraba o ránking galego nesta proba, tan só o facía por unha centésima ( 6,29 o primeiro, 6,30 o segundo ). A xornada de mañá comezaba coas semifinais dos 50ml masculinos, que Mauro, igual que os seus rivais directos, superou fácilmente cun tempo de 6,32. Dúas horas máis tarde tocaba correr a final, ante a cal, os atletas con posibilidades de vitoria, sentíanse inquedos e nerviosos. Chegou o momento de poñerse nos tacos de saída e todo o estadio quedou en silencio, agardando o pistoletazo que dese comezo á proba. Despois do disparo, os atletas favoritos ( situados nas rúas centrais da pista ) puxéronse xa na cabeza da proba, sendo Mauro terceiro nos primeiros 10 metros ( e nos 35 seguintes, vaia ), cousa normal debido á súa maior estatura e á súa penosa saída de tacos. Éste estivo nesta posición toda a proba pero, cando todo parecía perdido, conseguiu alargar zancada e poñerse primeiro, con bastante diferenza sobre o segundo, que acabou pelexando co terceiro pola segunda posición, pois entraron cunha soa centésima de diferenza ( e todo isto nos últimos 10 metros... ). A marca de Mauro foi 6,24, mellorando así a marca ( mínima para o nacional de Valencia ) conseguida nas semifinais. Esta mesma xornada de mañá finalizaba coa proba dos 200ml, na que tamén resultou vencedor Mauro Triana debido á escasa participación e nivel dos rivais ( ao contrario que no 50, no 200 houbo máis dun segundo de diferenza entre o primeiro e o segundo clasificado ). A última proba mencionada tivo pouca participación, principalmente, pola deficiente pista na que foi realizada, xa que ten unha corda de 160 metros ( o regulamentario é que teña 200m ) e un excesivo peralte nas curvas, o que propicia lesións ( a parte de que é case imposible facer unha boa marca nela ) que non terían por qué producirse se ésta non fose a única pista cuberta de Galicia. Mauro Triana López 1ºA BACHARELATO

CAMPIONA GALEGA E SUBCAMPIONA DE ESPAÑA Irene Morín, alumna de 2º B do noso instituto conseguiuno na categoría de 36 kilos.


O peche da edición da revista xa sabemos que os nosos representantes na carreira do domingo 13 de maio tiveron unha notable actuación no "Gran Premio Coca­Cola". Eles foron: María Fernández e Marta Lado de 1º de ESO Miguel Agromayor, Marta Cortés, Andrés Cuervo, Javier Fernández e Alicia Sánchez de 2ºB de ESO. E Manuel Blanco de 1º de Bacharelato D.

Lendo "La Opinión" do día 17 de Abril, descubrimos que a alumna Sara Dono, forma parte do reducido grupo de deportistas de alto nivel recoñecidos de maneira oficial a través dunha ordé do DOG. Noraboa, e aseguir nesa liña.


ALÁ FORON AS NOSAS ILUSIÓNS!!!!! CAMPIONATO DE FÚTBOL INTERCENTROS O primeiro partido de intercentros xogouse contra o equipo do IES Blanco­Amor. Os xogadores do IES Adormideras era a primeira vez que xogaban xuntos, un mal comezo fixo que o Blanco­Amor se adiantase no marcador por tres goles a cero. A continuación o noso equipo reduciu distancias por mediación de Amir, pero un par de fallos defensivos e outro acerto en ataque tamén de Amir, deixaron o marcador final en cinco a dous. O segundo partido disputouse conta o Colexio das Esclavas. Neste partido o equipo funcionou moi ben pero non tivo sorte en ataque, isto, acompañado do acerto do porteiro das Esclavas que sacou tres remates clarísimos de Borja, Manrike e David Savater, fixo que o equipo perdese por dous a cero debido aos dous únicos erros defensivos que tivo o equipo. O primeiro gol das Esclavas foi no minuto oitenta e sete e o segundo nun ataque cando O Adormideras estaba tirado arriba. O desenvolvemento do terceiro partido transcurriu nos campos da Torre contra o Puga Ramón. Foi en época de exames polo tanto moitos dos nosos xogadores non puideron asistir ao encontró e tiveron que xogar dez contra once. Os nosos futbolistas deron a cara pero ao final dos noventa minutos perderon por dous a un co gol de Amir. Ao remate do partido revisáronse os DNI dos xogadores rivais e outorgóusenos a vitoria por alineación indebida. Polo tanto este partido gañouse por tres a cero. O último encontró disputouse contra o colexio Fogar de Santa Margarida á volta de vacacións de Semana Santa, por iso faltou moita xente, só acudiron nove xogadores, a isto débese engadir que o partido era frente ao equipo máis poderoso do grupo, ao que conseguimos marcarlle un gol por mediación de Javi Martínez. Ao final dos primeiros corenta e cinco minutos tivemos que retirarnos porque varios xogadores lesionados e outros que debían marcharse por diversos compromisos, deixáronnos sen suficientes efectivos para continuar xogando. Perdimos o partido por tres a cero debido á retirada. Desde o meu punto de vista a mala sorte, a falta de xogadores e a mala colocación dos partidos no calendario mermaron a un equipo que tiña unha plantilla o suficientemente competitiva para acadar a fase seguinte e facer un bo papel na mesma. David Savater 1º A Bacharelato.


O alumnado de 4º ESO, 1º Bach e 2º Bach, fomos o día 1 de marzo á presentación oficial deste libro realizada no CGAI. Previamente nós xa o tiñamos lido, polo que nos resultou máis interesante, ademais relacionou o mundo da literatura e o cine do que el é gran coñecedor. Comentounos que ao principio el escribira un guión de cine , pero ante a imposibilidade de levalo a cabo por cuestións económicas refíxoo nesta novela. Deixounos intrigados cunha cuestión que comentou ao principio: Quen é a rapaza que estudou en Adormideras Bacharelato Artístico hai un un par de anos e no cal está inspirada o personaxe da neta? Investigaremos.

A conferencia de Héctor Carré sobre súa obra literaria foi moi boa debido á súa participación, á súa a colaboración e á súa preparación previa. Nun primeiro instante deunos unha sensación moi fría e de que ía ser pouco atractiva a súa conferencia, pero, sorprendeunos con todo o contrario , foi unha persoa moi divertida e agradable. Pasámolo moi ben e nunca cheguei a pensar que foramos a tratar temas tan interesantes e que a participación dos meus compañeiros fose tan boa e positiva. Aprendemos moitas cousas relacionadas coa literatura e o mundo do cine. Aurora Vázquez Carreira 4º ESO


Este ano, o que ía ser unha viaxe co instituto a Andorra relaxada e rápida, viuse fastidiada grazas a que os

nosos amigos de Spanair decidiron quebrar.

A maioría xa estabamos festexando unha viaxe sen longas horas de bus, pero este percance obrigounos a

tomar unha decisión, a de volver aos antigos remedios, o bus.

Marchamos o domingo ás doce da noite. A viaxe a Andorra foi longa, 12­14 horas. Aínda así, o tempo pasou

rápido, sobre todo para os que estaban acostumados a durmir en poses capaces de ilustrar as peores torturas imaxinables.

O domingo pola tarde chegamos a Andorra, comemos uns bocatas que levaramos e, acto seguido, fomos polo

material. De regreso, duchámonos e intentamos descansar o máximo posible para o seguinte día. Xa parecía que nada peor nos podía pasar cando de súpeto Isabel nos di que nos temos que erguer ao dia seguinte ás sete e cuarto da mañá, ás sete e cuarto!!!

Os seguintes dous días seguimos a mesma rutina: almorzar, esquiar, comer, esquiar, tempo libre por un pobo

conxelado (­6ºC), cear e comer.

E hai que dicilo, este ano esquiamos, esquiamos moito. O primeiro día non houbo moitas caídas, polo menos entre os máis

veteranos, o que fixo que pensase que este ía ser un ano sen incidentes graves. E tiña razón, non houbo incidentes graves, pero caídas hóuboas incontables, e algunhas quedaran marcadas no recordo dos que puidemos disfrutalas ou sufrilas.

Cada día, os responsables da excursión escribían as nosas aventuras no blog do instituto, ese que poucos alumnos len a

non ser que teñan que facer algún traballiño.

Os dous últimos días, aparte da rutina habitual, baixamos a Andorra, e visitámola. Máis ben visitamos as tendas, porque é

o único que se podía ver naquela selva comercial.

Andamos por unha avenida chea de tendas de todo tipo: tecnoloxía, deportes, roupa, supers,...

Pouco máis se pode contar de Andorra la Vella, aparte do seu balneario, Caldea, ao que o último día fomos encantados.

Caldea foi o mellor final para tanto frío pasado nas pistas, unha xornada de relaxado descanso nas augas quentes deste balneario.

A viaxe de volta durou o mesmo, aínda que a maioría, fose polo cansancio ou porque pasaramos bastante sono na ida,

durmimos como marmotas. A odisea acabou o venres ás 12 da noite e, a seguinte semana, os nosos profesores fixéronos pagar a semaniña de vacacións que nos tomamos cun par de exames.


Visita á Fundacion Luís Seoane Esta saída lúdica e cultural realizada o 24 de abril do 2012 foi moi entretida, aprendemos moito . O guía fixo a visita amena destacando aqueles aspectos que consideraba importantes e salientables da obra dos autores. Primeiro fixo un percorrido pola obra de Luís Seoane, despois vimos cadros doutros autores contemporáneos e finalmente comentounos por medio de murais a vida e obra de Valentín Paz Andrade, figura á que se lle adica este ano o día das Letras Galegas. Respecto aos cadros, a algúns pareceulle máis entretido Luís Seoane que Valentín Paz­ Andrade (na foto nun mitin), pero nos dous casos foron escritores e pintores galegos


Os alumnos (e alumnas) de 3º e 4º da ESO visitamos o XOVES, día 26, a Fábrica de Electrodos de Grafito. Situada no polígono da Grela dende a súa inauguración (1961) ata hoxe esta factoría está a producir electrodos de grafito para fornos eléctricos de arco para a produción de aceiro na industria siderúrxica. Pertence á empresa SGL CARBON con sede en Alemaña. Estivemos acompañados polos profesores Andrés Lariño e Concha Hernández. Saímos do centro ás 9:30, chegando alí ás 10:00 da mañá, logo de camiñ un pouco ata chegar a unha sala onde tiñan preparado un power point, déronnos una charla sobre o funcionamento e funcions da fábrica. Visitamos toda a fábrica, mentres un monitor nos explicaba o funcionamento da maquinaria.


Os días 14, 15 e 16 de novembro os alumnos e a profesora da materia de Volume de 1º de BAC C, D e E, do Bacharelato de Artes, fixeron unha visita á fábrica de cerámica que a empresa Sargadelos ten en O Castro, Sada. O máis interesante para todos foi poder elaborar a súa propia obra, seguindo as indicacións da monitora, Beatriz Lema. Mediante o proceso de creación dunha cunca, en arxila, empregando un molde de escaiola. Unha vez fóra do molde, cada un a decorou con esmalte, coas tradicionais cores de Sargadelos.


En febreiro, o día 9 fomos polo paseo marítimo ata o museo de Emilia Pardo Bazán, na Vidade Vella. Ao chegar ao museo a directora Xulia Santiso díxonos como como era a vida no século XIX. Nese século as mulleres vestían con corsé para estar guapas , aínda que era moi incómodo. Xulia fixo que os nenos da nosa clase levaran un corsé para sufrir o que as mulleres sufrían por culpa da moda no século XIX. Logo ensinounos o museo. Nel había os mobles que utilizou a escritora, vimos onde Emilia Pardo Bazán escribía os seus libros, entre eles a súa obra máis importante Os pazos de Ulloa. Tamén estivivemos na Real Academia Galega, informándonos de qué era e a que se adicaba. Inés Trigás e María Fernández.


Salutem plurimam !

Este curso 2011­2012 o Departamento de

Latín e Grego organiza unha viaxe de fin de curso para os alumnos de Latín/ Grego e Cultura Clásica de 4ª E.S.O. e 1º de bacharelato.

A viaxe terá lugar ­sempre e cando Iberia

nolo permita!!­ a finais do mes de xuño, en

colaboración co I.E.S. Concepción Arenal de Ferrol.

Decidín organizar esta actividade, que xa levei a cabo nese centro, porque a miña

experiencia resultou sempre satisfactoria de cara ao alumnado que pode ver in situ

determinados aspectos tratados na aula. Espero que tamén a eles lles sirva de proveito.


A maiores das visitas habituais: Foro Romano, Vaticano , Panteón, Coliseo, Trastévere, isola Tiberina, Piazza D'Espagna, Piazza Navona,

Campo dei Fiori.... este ano engadimos unha

visita os estudos de cine Cinecittà, onde se poden ver os decorados de películas como Cleopatra,

Ben­hur , e a máis recente Gangs of the New York. Tamén visitaremos Villa D'Este en Tívoli, unha das grandes villas do século XVI, encargada polo Cardenal Hipólito II D'Este, fillo de Alfonso D'Este e de Lucrecia Borgia. Ten un maxestoso xardín de fantasía cunha mestura de elementos arquitectónicos e xogos de auga que tiveron unha enorme influencia no deseño das paisaxes europeas. Para axudar ao financiamento da excursión, os

alumnos tiveron varias iniciativas, algunhas ben orixinais : venda de camisetas, lotería,

elaboración e venda de galletas e cup­cakes... e mesmo barallouse a posibilidade de facer un


VISITA GUIDA DOS ALUMNOS DE 3º Y 4º ESO de RELIXIÓN Primeiro ensínaronnos a historia da antiga Coruña nas imaxes da estatua de María Pita . Despois fomos á Colexiata de Santa María, entramos e explicáronnos as características artísticas da época, seguimos visitando a fachada do convento das Bárbaras, que o chaman así pola súa fundadora Santa Bárbara, a patroa das tormentas. Tamén vimos a Igrexa dos Dominicos, cuxa característica principal é que a Torre parece que está torcida, debido a que a rúa se colocou en sentido contrario e tiveron que cambiala de orientación. E según conta a lenda, o arquitecto tirouse dende a súa torre ao ver torcida a súa creación. Seguimos o percorrido e visitamos o xardín de San Carlos, no que nos chamou a atención a tumba de Sir John Moore, na que aparece sospeitosamente unha flor tódolos 16 de xaneiro. E acabamos a visita, dando un paseo polo resto de igrexas do arredor da praza de Azcárraga. Sabela Fiuza e Alba García


O alumnado de institutos e colexios de toda a cidade aproveitamos a iniciativa, claramente edificante para nós, que nos ofrecía unha vista xeral da oferta de estudos por toda España. Mais algúns opinamos que foi moi incompleta; atopamos que das universidades que acudiron á iniciativa só catro ou cinco eran públicas: Vigo, Santiago, Salamanca, A Coruña..., e polo tanto as marxes do que a maioría se pode permitir quedan moi reducidas aínda con descontos en matrículas por bos expedientes académicos. Noutras palabras, botamos moi en falta a presenza das prestixiosas Complutense e Autónoma de Madrid, Politécnica de Valencia, Sevilla..., especialmente o sector de estudantes de Bacharelato Artístico que consideramos a opción de ingresar nalgunha destas para comezar Belas Artes nun lugar con historia e gusto pola arte clásica. Obxectivamente, coa crise reinante, necesitamos máis información deste tipo de universidades que das que requiren a pertenza á minoría economicamente boiante. Laura García Landeira e Eva Carballeira Rabuñal. 2º D Bacharelato


Santiago Martín A finais de Decembro de 2011, os alumnos de 2º de Bacharelato, acudiron a unha convención na que se reunían distintos centros universitarios coa fin de orientarnos á hora de elixir os nosos estudos de grao superior. Moitos de nós xa tiñamos claro o que queriamos estudar; outros, non o sabían ou estaban indecisos. En xeral, era de esperar que tal convención podería axudarnos na tarefa de saber cal sería o noso futuro académico, sen ter en conta impedimentos coma o diñeiro. Ó chegar, como é costume, todos os representantes dos centros universitarios recibíronnos con cálidos sorrisos e tratos amables. Non parecía ir nada mal. Foi entón cando ó fondo da sala de exposicións un dos representantes de certa universidade (que non nomearei por respecto) parecía ter un forte éxito entre todos os rapaces que se lle achegaban. Fun investigar o porqué de tal algarabía, pensando que o que estaba a ocorrer era que repartían bolígrafos ou lambetadas gratis. O home que vin tiña unha apariencia singular: pel bronceada, pelo curto e de punta e aspecto xuvenil e dinámico, e ía a compañado dun sorriso de vendedor de aspiradoras. Coas súas palabras engaiolaba á xente, convencéndoa de que firmase papeis para recibir información sobre as marabillosas vantaxes de estudar na súa Universidade. O seu modo de tratar á xente parecérame moi forzado, case infantil, es esta impresión miña culminou cando a unha rapaza á que lle estaba dicindo adeus ,pediulle que antes de marchar da convención voltase para “chocarlle a man”. Se lle puxera gabardina, sombreiro e gafas escuras, recordaríame a un deses homes que “venden caramelos” ós nenos nas portas dos colexios e que tanto preocupan ós pais. Esta amabilidade tan forzada resultoume sospeitosa ata que descubrín que a maioría de ditas universidades eran privadas. Nese momento foi cando entendín o porqué de todo: de todos os centros que asistiran á convención, só tres ou catro eran públicos, quedando claro que tal e como anda hoxe a nosa economía, os representantes das universidades necesitarían “algo máis” que información para interesar ós rapaces polos seus centros privados. Cantos máis centros miraba, máis ascendían os prezos, sendo algúns tan altos que non tería suficiente espazo nesta columna para escribir todos os ceros que ocuparían algúns deses prezos. En outras convencións anteriores, o evento celebrábase nun recinto de exposicións maior, con máis variedade de carreiras e, por suposto, de centros públicos. Isto nos achega a idea de quén organizou a convención e de qué gobernó temos hoxe en día, xa que en España parece que o diñeiro o temos ata debaixo das pedras. Isto faime reflexionar e plantéxame a seguinte pregunta: ¿Cando puxemos prezo ó saber? Está claro que, segundo a Nosa Constitución, o saber é un dereito, e non algo que debamos mercar coma hai séculos, na Idade Media. Como dixo unha amiga ó saír do centro de exposicións, quédome con esta conclusión: “O día de mañá, teremos que prostituirnos para pagarnos os estudos”.


O xoves tres de maio o alumnado do IES Adormideras asistiu a unha actividade realizada no propio centro: a presentación da película Vilamor á cal asistiron alugúns dos actores protagonistas como Sabela Arán, Rubén Ríos, Xoel Yáñez e o propio director Ignacio Vilar. Faláronnos de como se filma unha película, de como xorden problemas de rodaxe os cales dan lugar a que moitas veces se derramen moitos cartos. Ignacio Vilar, un home moi apaixoado polo mundo do cine, animounos a participar nun concurso de curtametraxes e finalmente, entre todos, explicáronnos o argumento do filme: desenvólvese entre os anos 1976 e 1980, na época na que morre Franco,cando as mulleres comezan a estar menos reprimidas e como un grupo de xente experimenta unha nova forma de vida nunha comuna hippie. Para rematar a visita o director e os actores animáronnos a facer unha foto coa súa furgoneta modelo dos anos setenta. Espero que esta presentación servise para animarnos a ver este traballo, isto facilitaría a difusión do mundo audiovisual en galego que xa vai sendo hora de que teña o seu lugar nas butacas do cine.


A Charla organizada polo Departamento de Lingua Galega, asistiron os rapaces de 1º de Bacharelato e 4º da ESO Houbo unha interesante presentación no Salón de Actos e despois, sesión de fotos no patio. Tamén estivo V Televisión, que emitiu unha reportaxe sobre a película de título "Una historia de amor gallega para Cannes", con entrevistas ao director e actores, aínda que non localizamos nelas imaxes do IES Adormideras.


O alumnado de 1º de Bacharelato fomos ao Concello de Nigrán para participar no roteiro sobre o libro A praia dos afogados de Domingo Villar, esta obra lémola e traballámola previamente na clase. Saímos pola mañá cedo un día primaveral como podedes comprobar nas fotos. Primeiro fomos ata Monteferro un dos principais lugares onde se desenvolve a novela, alí xa nos esperaba un monitor que nos falou de cuestións referidas á toponimia, costumes mariñeiros... e recordamos escenificando diferentes personaxes.

Despois visitamos a igrexa de Panxón, lugar tamén esencial no desenvolvemento da acción e como non a praia e porto de Panxón. Resultou unha actividade diferente e divertida, puidemos disfrutar da paisaxe e aproveitar o bo día para tomar o sol e darnos un pequeno chapuzón antes de marchar rumbo a Padrón onde visitamos a Casa Museo de Rosalía de Castro e fixémoslle unha pequena homenaxe lendo algúns poemas seus. E voltamos derrengadiños para casa pensando nos exames do día seguinte.


O outro día tivemos a visita de Xosé Abad e o seu equipo de rodaxe para mostrarnos o seu documental sobre a memoria histórica da Guerra Civil. Isto viuno como unha oportunidade para engadilo ao documental que está a facer agora con algún dos meus compañeiros e aproveitou para gravar. O que lle interesaba reflectir era como viamos os rapaces da nosa época e idade o que pasou no noso país hai algún anos. Unha vez rematada a proxección de O segredo da Frouxeira realizouse un coloquio con todos os compañeiros presentes na sala. Como era previsible a participación foi escasa por parte do alumnado pero houbo opinión moi acertadas e interesantes. Penso que isto nos serviu a todos para aprender un pouco da historia máis recente do noso país e das consecuencias que tivo nas familias. Escoitalo en boca dunha persoa impacta moito e mais, se che conta a súa historia unha persoa de ti a ti como aconteceu coa profesora de Historia de España, Dolores del Río, que fixo que todos nos emocionásemos. CARLA SOUTO R. 2ª Bacharelato D


Algúns rapaces e rapazas de segundo de bacharelato estamos a colaborar con Xosé Abad facendo un documental sobre a memoria histórica. Se recordades, Xosé xa visitou o noso centro para exponer outro traballo seu titulado ``O Segredo da Frouxeira´. O tema é similar nos dous casos, pero cambia o enfoque. Agora, consiste en que un grupo de mozos e mozas entremos en contacto e investiguemos a unhas familias que durante o franquismo perderon algún familiar a mans de falanxistas, gardas etc… Como é un traballo laborioso e que leva tempo, xa comezamos coas gravacións. Xosé Abad, Sandra Rei e o resto do equipo viñeron ó instituto coas cámaras e cos micros para que se vexa o noso entorno e como é a vida no centro. Para nós este tema tamén é enriquecedor, posto que como foi unha época que non vivimos, soamente sabemos o que se di nos libros de texto. Así teremos novas perspectivas e poderemos contar con opinión mellor fundamentadas. Ademais é moi interesante coñecer a forma de traballar dos profesionais e todo o que os rodea, manipular cámaras, controlar os micrófonos e coidar a iluminación. Unha vez rematado o curso quedaremos cos familiares e contarannos as súas experiencias, as súas opinións e todo o que recorden daquela escura época. Carlos Gallego Domínguez 2º D Bacharelato


Desde hai anos realizamos o concurso calendario­marcador, cuxo deseño debe facer referencia á normalización da lingua. Para realizar esta actividade contamos sempre coa axuda e colaboración do Departamento de Debuxo, especialmente das profesoras Laura Molina e Ana Pita que animaron e traballaron co alumnado. Presentáronse moitísimos e moi bos deseños como podedes ver na exposición que realizamos con todos os traballos presentados. No nivel de Bacharelato a gañadora foi Aitana Tubio Rodríguez que realizou un deseño dun galeón sulcando un axitado mar no que se atopa o lema: Navega co galego. No nivel de ESO levou o premio Lautaro Martini Parente que realizou un mapa de Galicia , no que aparecemos simbólicamente representados os galegos, enmarcado co seguinte lema: O galego es ti, somos nós. Moitas grazas a todos os participantes pola vosa colaboración!!!!!!


O curso pasado realizamos tamén unha “presentación oficial” de Mapoula. Aproveitando esta presentación que se realizou no salón de actos, fixemos entrega dos premios aos gañadores dos diferentes concursos realizados ao longo do curso. Para facer máis amena esta celebración os alumnos participantes no I Certame de Monólogos de Boca en Boca, interpretaron ante os seus compañeiros as súas composicións. Pasamos unha boa mañá.


Para os alumnos de 2º de Bacharelato, este é un ano máis importante. É a fin dunha longa traxectoria e como tal temos que facerlle unha homenaxe, facernos unha homenaxe. Unha celebración por ter acabado xa. Un momento de alegría e festa. Un final feliz e memorable. Por fin acabamos tantos anos no instituto e nos facemos adultos, con máis responsabilidades pero coa liberdade e a independencia que durante tantos anos desexamos . Non obstante, tamén é un día de despedida e de tristeza, xa que a nosa vida cambia por completo. A rutina, os compañeiros (e sen embargo amigos) cos que levamos máis ou menos tempo xa non estarán todos os días aí. Os nosos camiños bifúrcanse e comeza algo novo. ¡Sen dúbida hai que celebralo! E sumándolle a todo isto o artistas que somos en Adormideiras, chegouse hai anos á conclusión de que facer unha performance na graduación era a mellor forma de realizar esta homenaxe. Un espectáculo no que mesturamos o que aprendemos estes anos: vídeo fotografía, pintura,… con actuacións en directo de música e danza, intentando expresar os nosos sentimentos desde unha perspectiva un pouco innovadora respecto aos outros anos pola idea de engadir vídeos e sobre todo porque escollemos como tema o bodypainting usando os nosos corpos como lenzo e desfrutando por completo das cores (esta é a explicación pola que facía falta facer vídeos: ¡hai que ir repeiteadiño, maquillado e de punta en branco o día da graduación e non nos podemos pintar en directo!). Comezamos con moito entusiasmo xa hai bastantes meses facendo unha “tormenta de ideas” que fomos pulindo pouco a pouco ata chegarmos a ter un pequeno guión sobre o cal traballamos un gran grupo de alumnos que, todos venres de 4.30 a aproximadamente 6 (sempre estabamos mil millóns de horas máis), dividiamos o traballo: actores, guitonistas, cámaras. Algúns pintaban, todos fomos pintados, había quen elixía a música e cando xa estaba todo se montaban todos os vídeos. Tamén estaban os que tocaban instrumentos, os que bailaban, etc. Pero en xeral todos nos axudabamos e faciamos un pouco de todo. Cabe facer unha mención especial á gran organizadora (e qué ben o fas, Julia!), que por certo é de letras (para que logo digan que non poden participar!); ás limpiadoras que nos aguantaron manchando todo o instituto; e a quen nos dirixiu e transmitiu toda (e é moita, moita) a súa ilusión: María Luísa, a nosa querida subdirectora. Cando comezamos pensabamos que ía ser moito máis fácil do que realmente foi pero démonos conta de que para facer unha boa escena de tres minutos tiñamos que botar moitas horas para elaborar as escenas e facer ensaios e gravacións. O que parecía máis sinxelo (unha escena na que se fusionan as cores en dúas mans) foi máis difícil de facer que o que ao principio semellaba máis difícil (a gran guerra de pintura que tanto recordaremos!). Nembargantes, fronte todo agobio, todos os días que quedabamos para preparar este proxecto, abordabámolos con moita ilusión e ganas e os rematabamos coa satisfacción dun traballo ben feito, do moito que aprendemos, do ben que o pasamos e o moito que nos manchamos (que medo dabamos algúns no bus coa cara azul) e sobre todo polas grandes experiencias persoais que vivimos estes meses. Se xa viches a performance esperamos que a desfrutaras. Se aínda non a viches non deberías estar lendo isto porque mola máis que sexa surprais surprais, pero desexamos que teñas a oportunidade de vela e de que che guste moito. Ata sempre, Adormideras. Non cambies nunca.

Luis Lloréns Pendás 2º de Bacharelato D


Nesta vida coñecín moitos segredos dos que nunca falarei. Pero hai un (se cadra un dos máis grandes) que agora me parece oportuno contar. Nesta vida coñecín moitos segredos dos que nunca falarei. Pero hai un (se cadra un dos máis Certa mañá, cando me levantei, vin que no comedor nacera unha árbore. Ao descubriren grandes) que agora me parece oportuno contar. aquel extrano suceso (xa que vivía no alto do Empire State) chamei a policía, pero o Certarespondeu: mañá, cando me levantei, vin que no comedor nacera unha árbore. Ao descubriren aquel contestador extrano suceso (xa que vivía no alto do Empire State) chamei a policía, pero o contestador ­``Neste momento, todos os axentes mobilizáronse cara o Empire State; rógase que espere respondeu: unhas cantas horas máis.´´ todos os axentes mobilizáronse cara o Empire State; rógase que espere Non o­``Neste podíamomento, crer! Todos os axentes atopábanse no edificio seguramente pola chamada unhas cantas horas máis.´´ dalgún madrugador, pero... Que estarían a facer? Baixei rápidamente e alí atopei aos policías Non oapodía crer! Todosárbore. os axentes atopábanse no edificio chamada dalgún que observando descomunal Tiña un talo tan grososeguramente que seica pola parecía milenaria, madrugador, pero... Que estarían a facer? Baixei rápidamente e alí atopei aos policías observando digo! Parecía estar alí desde o principio dos tempos. descomunal árbore. Tiña un talo tan groso que seica parecía milenaria, que digo! Parecía estar alí Eu,a con moita curiosidade, preguntei a un dos axentes: desde o principio dos tempos. ­Que está a ocorrer aquí? De onde saíu a árbore? Eu, con moita curiosidade, preguntei a un dos axentes: ­Do tema so sabemos dúas cousas: que está aquí e que podería causar unha catástrofe se ­Que está a ocorrer aquí? De onde saíu a árbore? segue medrando a esta velocidade. ­Do tema so sabemos dúas cousas: que está aquí e que podería causar unha catástrofe se ­Como? Está medrando? segue medrando a esta velocidade. ­Sí, pensamos que só pode deterse se cortamos, como a calquera outra planta, as puntas do raíz. ­Como? Está medrando? ­Sí, pensamos que só pode deterse se cortamos, como a calquera outra planta, as puntas do Ocorréuseme unha idea: raíz. ­E por que non cabamos e cortamos a raíz? Ocorréuseme unha idea: ­Eso pensamos pero... non temos bastantes homes. ­E por que non cabamos e cortamos a raíz? ­Eso non é problema, os veciños podemos axudar. ­Eso pensamos pero... non temos bastantes homes. E axudaron. Cabaron días e noites, noites e días coa axuda dos obreiros da empresa dun non é problema, os veciños podemos axudar. albanel, ­Eso mineiros doutra e a súa maquinaria. E axudaron. Cabaron días e noites, noites e días coa axuda dos obreiros da empresa dun Ao quinto día de profundizar­lo burato chegamos á punta da árbore pero... Susto! Sorpresa! albanel, mineiros doutra e a súa maquinaria. A punta da raíz estaba atada a unha bomba nuclear, das máis potentes do século. Cando quinto día de profundizar­lo burato chegamos á punta da árbore pero... Susto! Sorpresa! cortamosAoas raíces e levamos a bomba a que por enxeñería inversa descubriran o Aque punta da raíz estaba atada nuclear, das máis Cando cortamos acontecera descubriuse quea unha unhabomba semente entrara napotentes bombado e século. a planta, alimentándose da as raíces e levamos a bomba a que por enxeñería inversa descubriran o que acontecera enerxía nuclear, medraba sen cesar. descubriuse que unha semente entrara na bomba e a planta, alimentándose da enerxía nuclear, A bomba viña dun proxecto do goberno chamado ``Nacións Mortais´´, que consistía en cesar. poñer medraba bombassen atómicas nos maiores edificios dos Estados Unidos para destruir aos seus inimigos.A bomba viña dun proxecto do goberno chamado ``Nacións Mortais´´, que consistía en poñer bombas atómicas nos maiores edificios dos Estados Unidos para destruir aos seus inimigos. Fracasado este proxecto, destruiron o Empire State e dentro da árbore puxeron o EMCG Fracasado este proxecto, destruiron Empire State ao e dentro da árbore puxeronpara o EMCG ou Edificio Mundial Contra a Guerra e oencerraron tolo do presidente queounon fixera Edificio Mundial Contra a Guerra e encerraron ao tolo do presidente para que non fixera máis dano máis dano á Terra. E esto todo ocorrerá o 26 de xaneiro de 2. 572. á Terra. E esto todo ocorrerá o 26 de xaneiro de 2. 572.


O me u p ri me i ro e n t ro i d o n o I E S A d o rmi d e ra s Por Inés Trigás Pereira 1º ESO

∙ No instituto o entroido é moi distinto ao do colexio do que viñamos. No colexio tiñamos que disfrazarnos do que os profesores querían. Os disfraces eran feitos de bolsas de plástico de distintas cores e ían todos os nenos do mesmo curso disfrazados igual. No instituto podes disfrazarte do que ti queiras ou se non queres, pois, non te disfrazas. Os disfraces son moito máis elaborados e a xente traballa para que todos o pasemos ben. Hai disfraces de todo tipo, mesmo se queres podes disfrazarte dun profesor do centro. O único que importa, de todos os xeitos, é pasalo ben e disfrutar do entroido. A verdade é que o pasas mellor no instituto sobre todo no instituto Adormideras. Esta é a miña opinión!

GALERÍA:


Eu vi moita xente disfrazada nese día, a miña profesora de Lingua Castelá chegou disfrazada de xuíza, a de Plástica de raposo, os meus compañeiros tamén se disfrazaron de mecánicos, executiva, neno explorador..., eu disfraceime de pintora pero meus amigos pintaronme demasiado ata parecía un avatar.

Botáronme auga cun regadeira e aos meus amigos tamén. Ese día houbo moita festa, unha amiga liouse cun rapaz e tivo problemas por iso. A miña nai disfrazouse de gato e os seus amigos tamén, un de monxe. Pola noite tamén vin moita xente disfrazada e había festas por toda as rúas, pasei pola rúa da Torre. Miña nai fixo orellas e filloas, as filloas comímolas de postre e as orellas tomámolas pola mañá co almorzo. O dia do entroido fixemos unha comida na casa e invitamos a moitos amigos,ese dia xantamos cocido e tomamos as orellas con nata e marmelada de postre. Pola tarde quedamos todos los compañairos da clase e fixemos botellón. Son unhas datas moi entrañables nas que saín moito de festa e andei cos meus compañeiros, disfrutei moitas comidas.

Sophia Torres. 3º ESO "A"


Buf! O meu día máis nefasto entre moitos días foi o ano pasado. Primeiro esquecín as chaves da taquilla na casa; logo esquecín os libros na taquilla para facer os deberes. Despois, como chegaba tarde á clase de danza, ía tan apurada que polo camiño caín polas escaleiras e doeume o óso do cu toda a semana. Ao chegar á clase a miña profesora botoume unha bronca por non estar puntual, case me bota da clase e púxena de mal humor. A estas altura eu xa, dolorida e feita un manoxo de nervios , sen querer metín as medias e o maillot no váter en vez de no cubo da roupa suxa. E, para colmo, tiven que facer os deberes pola noite. Quero dicir que este foi un día entre tantos no que me sae todo ao revés. Xiana Saborido Sueiro 1º ESO

O peor día da miña vida non é longo pero é moi malo. Cando era pequena estaba moi contenta, agarreime á mesa de cristal e raieime un ollo. Irene López Huertas 1º ESO

Non puiden durmir case nada por un pesadelo que me atormentaba. Cando espertei enfadeime co meu pai por non terme espertado antes e logo outra vez porque non me puxo o leite a quentar. Xa chegaba co tempo xusto á clase cando me dei conta que as chaves da taquilla estaban na casa. Regresei, collín as chaves e, claramente, cheguei tarde á clase. Cando despois de ximnasia entrei en lingua galega pensando na nota do exame.... decepción: saírame mal. Todo por culpa dos acentos. Marta Lado Díaz 1º ESO


­De buraco en buraco sempre coas tripas de arrastro. (a agulla co fío) ­ ­ ­ Adiviña, adiviñanza: canto máis hai, menos se ve. (a escuridade) ­

Aínda que ten dentes e garda a casa, nin roe nin ladra. ( a chave)

­ Un fato de señoras, que cando mexa unha, mexan todas. ­ ­ (as goteiras) ­ ­O que o fai non o quere, o que o compra non o usa, o que o usa non o ve (o ataúde) SABELA FIÚZA DOSIL, 3º ESO.

­ Abade que foi monaguillo, ben sabe que bebe o viño. ­ Para escorrentar as meigas, allo; e para facer a augardente, leña de carballo. ­ O que non ten que facer, sacha os nabos antes de nacer. ­ Ao mal pagador, máis vale darlle que prestarlle. ­ Un pouco de caldo limpo e un pouco de desconfianza nunca lle fixeron mal a ninguén. ­ Pouco importa madrugar se non hai gana de traballar. ­ Amigo que non dá e coitelo que non corta, aínda que se perda, pouco importa. ­ O que regala non perde, se o que recibe o comprende. ­ As malas noticias chegan voando. E as boas, chegan coxeando. ­ Non te poñas ao sol sen sombreiro, nin en agosto, nin en xaneiro. SABELA FIÚZA DOSIL, 3º ESO.


Cando aceptei facer esta revista non sabía no lio en que me metía, xa que a vida no instituto , da que os rapaces son os verdadeiros protagonistas, non espera por ninguen, polo que moitas actividades interesantes quedaron fora. Por iso teño que agradecer o gran traballo que fixeron os rapaces de TIC que nestas dúas semanas xa teran unha opinion sobre se soa máis forte o crepitar do latego ou o tic­tac do reloxio. Por último pedir disculpas por calquera fallo que teña esta revista, que non aspira a máis que ser un palido reflexo de todo o que se fai neste instituto. Andrés Lariño


Maquetación 1ºBach TIC Edición Tino Abad e Rocío López Equipo de Normalización Lingüística Portada e Contraportada Andrea Pena

Mapoula 2011-12  

Revista Mapoula

Mapoula 2011-12  

Revista Mapoula

Advertisement