Mapoula 2001-02

Page 1


ÍNDICE

02. 03. 04. 05. 06. 07. 08. 09. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16.

Índice Limiar Footing Papiroflexia Cruceiros Petos de Ánimas Carlos Casares Carlos Casares : obra Verner Panton Marionetas Nostián-Emerxencia Música folk Colaboracións Letras Galegas Letras galegas na rede


LIMIAR Outro ano máis, e coma sempre con retraso, temos aquí un novo número da revista ​ Mapoula. Xa sabedes que a revista está aberta ás colaboracións de todo tipo feitas polo alumnado: artigos, opinións, entrevistas, relatos, debuxos, caricaturas, pasatempos... porque todo é interesante e todo é un bo motivo para iniciarnos na creación artística. Non obstante hai que recoñecer que o nivel de participación foi escaso, e mesmo houbo que “forzar” a mesma en determinado momento. Isto teriase que corrixir en números próximos. Como podedes ver unha parte das colaboracións presentes neste número corresponden a traballos de aula, non a colaboracións persoais e libres, e sería de desexar que nos próximos números aumentase a participación. Observaredes que temos portada nova e tamén un anagrama que encabeza tódalas páxinas, os dous resultado dun concurso convocado e para o que houbo moita participación do alumnado do Bacharelato Artístico. Gañou o concurso da portada María Páramo López e o do anagrama Lucía Rivero Portela. Moitas gracias a tódolos participantes e tamén ao profesorado que o motivou.

Mapoula ​ é unha revista plural e aberta, aínda que a súa liña non coincida sempre co punto de vista expresado nas colaboracións, pero respecta o criterio de creación artística. En fin, fixemos o que puidemos. Ata o próximo número.


FOOTING

O pasado día 19 de novembro os alumnos de 4º da E.S.O. e de 1º de Bacharelato asistimos á representación da obra de Gustavo Pernas FOOTING​ no teatro Rosalía de Castro. Para os primeirizos nesta clase de actos púidolles resultar un pouco caótico, xa que ó non coñece-las instalacións non sabiamos onde situarnos. O argumento da obra é unha visión metafórica da vida comparada co footing, xa que como ó practicar este deporte non hai un destino seguro, na vida tampouco. O drama cóntano-la historia dos catro protagonistas: un inmigrante marroquí atado ó seu pasado, unha muller maltratada, un traballador da construcción en paro e un corredor de bolsa fracasado. Todos eles foxen da realidade, dalgunha maneira, facendo ​ footing​ , e ó longo do seu correr cóntannos, mediante monólogos, os seus problemas e inseguridades. Nun momento da obra os personaxes decátanse de que as súas vidas estiveran relacionadas no pasado. Móstrase como un ​ flashback unha viaxe ó deserto na que se descobre o pasado do inmigrante coma propietario de camelos, a escapada da muller dunha vida chea de ataduras, e a verdadeira sexualidade que negaban os outros dous protagonistas. O final da obra non me quedou moi claro, pero a muller que parecía perseguir o inmigrante finalmente déixao “colgado”.

Emilia Pereiro, 1º B- Bacharelato


SEMINARIO SOBRE PAPIROFLEXIA

O PAPEL COBRA VIDA

Un enorme avión de papel aterrou o trinta de outubro, no I.E.S. Durmideiras. Viña pilotado por Esther, que fixo gala da súa arte co papel, ás veces endiañadamente complicada de manipular. Ensinounos marabillas da papiroflexia que trouxo feitas por ela. Estivo nas clases de Volume dos alumnos de Bacharelato de Artes durante todo o día e, aínda que o comentario xeral foi positivo, os presentes queixámonos de que en cincuenta minutos non dese moito tempo a aproveita-la actividade; de tódolos xeitos, ​ Esther brindounos a oportunidade de matar, por fin, ese vermiño de saber facer ben un avión de papel que voe…

Rodolfo Álvarez Canle, 1º B Bacharelato


CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS O día 23 de abril a entidade CAIXANOVA, dentro da súa campaña escolar, impartiu unha charla sobre CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS NA CULTURA GALEGA. Uns alumnos de 3º curso de Diversificación Curricular vannos informar sobre cruceiros e petos de ánimas

CRUCEIROS O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizados na nosa terra, aínda que a súa valoración e estudio comeza no segundo tercio do século XX. A súa orixe haina que buscar nos primeiros tempos do cristianismo, cando se intentan cristianizar tódolos monumentos sospeitosos de paganismo e se colocan sobre eles cruces. Os cruceiros máis antigos que coñecemos non son anteriores ó século XIV, destacando o de Melide do século XIV e o do ​ Home-Santo de Santiago do século XV. Teñen como obxectivo a exaltación do Purgatorio e a validez das indulxencias como instrumento para redimir as penas, converténdose a construcción do cruceiro nun medio de conseguir indulxencias en vida ou mesmo despois da morte, debido ás oracións rezadas. Proba disto son as inscripcións que se conservan ​ Esta obra mando facer... pola súa devoción​ . O cruceiro está constituído por unha serie de elementos perfectamente diferenciados: plataforma, pedestal, fuste, capitel ​ e​ cruz: · Soe levantarse, aínda que ás veces pode faltar, sobre unha ​ plataforma composta por varias gradas de sillería. · Sobre elas disponse o ​ pedestal​ , que posúe un só corpo e que soe ser cuadrangular aínda que os hai que teñen outras formas, e pode ser liso ou con moitivos decorativos, como a calivera ou a serpe, que representan a morte e o pecado; unha característica do sur de Galicia é a presencia de “retablos de ánimas” nunha das caras do pedestal. · O fuste​ ​ , tamén chamado ​ vara ​ ou ​ varal​ , presenta habitalmente forma prismático-octogonal ou cilíndrica e pode ser simple, sen ningún elemento decorativo, ou tallado, representando a paixón de Cristo, a calivera soa ou asociada a unha serpe, representacións de santos, pero a escena máis importante é a alusiva ó Pecado Orixinal ou a expulsión do Paraíso. · O capitel é un producto da fantasía do canteiro e está inspirado en modelos clásicos, sendo frecuente a ​ existencia de motivos decorativos. Hai un tipo de cruceiro, de ​ capeliña ​ ou de ​ Loreto, que presenta unha pequena capela en lugar do capitel, ocupado por unha imaxe da Virxe, e que se localiza na zona que vai de Rianxo a Noia. · A​ cruz é a parte máis importante do cruceiro. No anverso represéntase a Cristo crucificado, só ou acompañado doutros personaxes, como a Virxe ou San Xoán, e no reverso soe aparecer a Virxe ou algún santo.

Os cruceiros son de pedra, pero ás veces esta está policromada, con cores estridentes. E aínda que en Galicia non alcanzaron a monumentalidade da Bretaña francesa, consérvanse magníficos conxuntos monumentais como os de Ío, Noia, Pais (Mondariz) ou Abegondo. A súa autoría corresponde a canteiros anónimos, aínda que hai algúns que conservan o nome do que o realizou, e nestes momentos están protexidos legalmente como mostra magnífica da arte popular galega. ​ David ​

Romero Prego ​3º ESO Diversificación Curricular


PETOS DE ÁNIMAS

Son unhas manifestacións materiais de culto ós mortos, construccións en pedra nalgúns casos e noutros pequenos petos de madeira. A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas que non encontran descanso no purgatorio para que acaden a finalidade no ceo. As representacións artísticas deste tema non apareceron ata finais do século XVI, e é no século XVIII cando se fan a maior parte dos monumentos dedicados ás ánimas, aínda que os máis antigos corresponden ó século XVII. Soen encontrarse nos camiños e encrucilladas

Alcanzaron gran representatividade na área miñota do sur de Galicia e no norte de Portugal, pero esténdense practicamente por toda Galicia e no resto de Portugal. Poden ser de diversos tipos: petos de man ou boeta, que se encontran nas igrexas e capelas para recoller esmolas; poden ser de madeira ou de pedra e presentar diferentes formas, circulares, abertos ou fechados formando unha pequena caixa cuadrangular. Tamén é frecuente que na base dos cruceiros haxa un peto adosado. A diferencia entre eles radica na importancia que teñan con respecto ós cruceiros, o que os fan variar non só no tamaño senón tamén no tratamento do tema, podendo ser máis complexos ou máis sinxelos.

Son moitas as variacións que presentan estas construccións. Algunhas recordan as portuguesas polo feito de usar azulexos para a súa construcción, outras son de dous corpos, un á par do outro. E existen petos moi sinxelos e de pequeño tamaño e outros con profusión de decoración. Todos levan unha inscripción indicando o nome do devoto que o construíu e tamén unha frase dirixida ó caminante, recordándolle que pida polos defuntos. A única escena que se representa nos petos é a do purgatorio. Trátase de releves en pedra, en madeira ou pintados que ocupan o lugar central do peto e que se caracterizan pola expresividade das figuras sen chegar ó patetismo. Os petos das ánimas son, pois, mostras da arquitectura e arte popular galega, consideradas moi representativas non só no aspecto constructivo senón en canto mostras dunha crenza e devoción de moita importancia en Galicia.

Iago Martínez Rivas 3º ESO Diversificación Curricular


RECORDO DE CARLOS CASARES Deixounos recentemente Carlos Casares, coñecido escritor en lingua galega e presidente do Consello da Cultura Galega. Desde a nosa revista imos recordar a súa vida e obra como última homenaxe a quen tanto fixo polo noso país.

-VIDA: Estudia en Ourense e posteriormente trasládase a Santiago de Compostela, onde se licencia en Filosofía e Letras. Nesta época asiste a varios faladoiros, coñece algunhas personalidades como Vicente Risco ou Ramón Piñeiro e mantén unha certa actividade política a prol do galeguismo. De 1967 data da súa primeira aportación á literatura galega e en concreto á Nova Narrativa Galega. Obtén diversos premios coa súa obra. É elexido en 1977 membro da Real Academia Galega e en 1996 Presidente do Consello da Cultura Galega. Na década dos 70 traballa como profesor e padece a represión do réxime franquista; unha vez que se instaura a democracia volve participar activamente na política, obtendo acta de deputado no primeiro parlamento galego en 1982. Casares foi unha das grandes personalidades da nosa cultura, á que contribuiu coloborando na prensa, en actos culturais e en varias fundacións. Tamén foi director da Editorial Galaxia e da revista ​ GRIAL.


-OBRA: Pódense diferenciar dúas etapas: Á primeira pertencen ​ Vento ferido​ , ​ Cambio en tres​ , e Xoguetes para un tempo prohibido​ , obras de carácter autobiográfico relacionadas coa nenez, adolescencia e mocidade do autor. Son obras nas que se empregan técnicas anovadores e experimentais. Á segunda corresponden ​ Ilustrísima​ ,​ Os mortos daquel verán ​ ,e​ Deus sentado nun sillón azul​ , novelas mais realistas centradas en sucesos acontecidos en diferentes periodos do século XX. A​ lingua empregada por Casares na súa obra adoita ser culta e simple ao mesmo tempo. O ​ estilo é, igualmente, sinxelo e espontáneo, carente a penas de artificios que dificulten a comprensión do texto, maila que as primeiras obras presentan unha estética máis vangardista. Casares posúe, desde as súas primeiras obras, un perfecto dominio das técnicas propias da narrativa europea e americana dó século XX: ruptura da temporalidade lineal, control sobre o ritmo narrativo, pluriperspectivismo, monólogo interior… A súa prosa caracterízase, sobre todo a partir dos ​ Escuros soños de Clio​ , pola coidada combinación de realidade, fantasía, lirismo e humor. Casares foi un dos pioneiros na creación da moderna literatura infantil​ . Podemos citar valiosísimas contribucións a este ámbito como a narración ​ A galiña azul ou a peza teatral ​ As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas. Traduciu tamén ó galego ​ O principiño ​ de Saint-Exupèry. Morreu un día de marzo do 2002 pero as súas obras sempre quedarán connosco.

“Se se cabrea, que se cabree. A min que. Aguanto e adeus. Vaime matar ou que. Se se cabrea, hala, a beber, a beber e a cantar, ou que. Xa sei o conto. Nada de berros nin barullos. Conezo ben o choio. Nin sequera me di borracho, non, ela ben sabe. Abóndalle ai meu Deus, ai, meus filliños, ela ben sabe. Se se cabrea, que se cabree.” Vento ferido. O maestro da escola mixta de Sarois mordera unha orella ao alcalde pedáneo, o apéndice do cal lle quedara ao agresor entre os dentes. Fuxira este coa presa e pechárase na casa con chaves e trancas. Rebumbio e indignación dos vecinos. Pedras contra a porta. Berros para que entregara a orella. Dentro, silencio. Por fin as palabras tranquilas e sereas dun vello petrucio, con séculos de humanidade pendurados na súplica, e unha fiestra que se abre. Expectación e silencio. A orella sae voando polo aire e vai caer nunha silveiras. O can correu máis cós mozos que correron a buscala​ .​ Ilustrísima

Ramón Santos

2º B Bacharelato


EXPOSICIÓN DE VERNER PANTON

A Fundación Pedro Barrié de la Maza deu a coñecer por primeira vez en España e por medio dunha exposición a figura e obra de Verner Panton, un deseñador de interiores que revolucionou o mundo do deseño nos anos 60, con cores, formas e materiais que ata ese momento non se utilizaban. Ó chegar á exposición explicáronnos quen era Panton, a súa importancia dentro do deseño moderno e, por medio dunhas fotos e diapositivas, a silla denominada co seu nome, silla Paton, ademais doutros inventos do deseñador.

Despois, e cunhas cartolinas con liñas para recortar, construímos nós a nosa silla Paton en tamaño reducido, elixindo a cor e mesmo entre dous modelos dados. A uns saiulles mellor que a outros, pero todos logramos que se tivesen en pé. Cando rematamos co anterior pasáronnos a un espacio como se fose unha habitación chea toda de asentos de diversos modelos de Panton, onde un se podía sentar de diferentes formas e maneiras, sendo moi divertida a experiencia. A continuación fomos ver máis modelos de sillas e adornos para as paredes e tamén lámpadas. Despois visitamos unha zona onde había varias mostras de conxuntos que fixo Panton, como uns sillóns que colgaban do teito ou outros feitos duna soa peza, uns máis baixos e outros máis altos, pero todos con forma de hamaca. Ó final, xa cando marchabamos, déronnos uns folletos informativos e un cartel de propaganda, voltando no mesmo autobús da ida ó instituto.

Iago Martínez Rivas 3º ESO, Diversificación Curricular


MARIONETAS ​

Os alumnos de 1º de Bacharelato fixemos unha exposición de marionetas no centro. A realización das mesmas foi un traballo que realizamos na clase de Volume, nunha das asignaturas do Bacharelato de Artes. Foi un dos traballos máis custosos que fixemos, ó que lle tivemos que adicar moito tempo e esforzo, pero finalmente tivo un éxito enorme. Empregamos unha “masilla” qie fomos moldeando para facer a cara e as mans e despois de rematadas houbo que deixalas sacer para poder pintalas. Para facer o corpo houbo alumnos que utilizaron masa, pero outros utilizamos tea cun recheo de algodón e para rematar puxémoslle un traxe axeitado ó que representaban, ademais doutros detalles como pelo, pendentes, etc. Unha vez rematadas expuxémolas na entrada do Instituto e realmente quedaron moi ben.

Chorima Bértola Sieiro 1º D Bacharelato


VISITA Á PLANTA DE RECICLAXE DE NOSTIÁN

O día 9 de maio os alumnos de 1º e 2º da ESO realizamos unha visita cultural á planta de reciclaxe de Nostián. Cando chegamos recibiunos unha educadora ambiental para informarnos de todo o relacionado coa mesma. Primeiro fomos á aula de educación ambiental para darnos unha charla e ó final da mesma déronnos uns cascos para protexer a cabeza durante a visita. A continuación visitamos a planta receptora do lixo e saudamos ós encargados de almacenalo. Despois recorremos as demais dependencias, insistindo a educadora ambiental en que todo o proceso comeza nas nosas casas cando separamos as materias orgánicas das inorgánicas ou o vidro do papel. Unha cousa moi divertida foi ver un falcón que nos mostraron e que está preparado para escorrentar as gaivotas. Voltamos ó colexio no mesmo autobús que nos levou.

Alfonso Souto Míguez ​

1º A ESO ​

¡XA ESTAMOS PREPARADOS/AS PARA UNHA EMERXENCIA! Un bo día do mes de abril comezou a soar a serea con insistencia ¿Qué pasaba? Nós non o sabiamos pero o profesorado si parecía saber que facer porque nos mandou saír en orde, non recoller nada e sobre todo moita calma e seguir unhas instruccións precisas. Foi así como nos atopamos todo o persoal do Instituto fóra do mesmo e como nos informaron que era un simulacro de evacuación para o caso que se dese unha emerxencia. ¡Todo fora unha simulación! Pero felicitémonos de que sexa así e non teñamos nunca que poñelo en práctica de verdade.


CONCERTO DE MÚSICA FOLK . O luns día 13 de maio pola tarde houbo un concerto de música dado polo grupo de folk da Escola de Música do Concello. Foi unha tarde magnífica e pasámolo moi ben. ¡Que veñan máis tardes así! É unha maneira lúdica de commemorar o Día das Letras Galegas, que debe sr para todos nos unha festa, a da exaltación da nosa lingua e cultura. Pero non debe rematar niso, na festa, senón nunha vontade de recuperar a nosa lingua, tanto a nivel individual como colectivo.


COLABORACIÓNS XAMARUBÍ Nun intre todo calou. Non hai follas, non hai árbores. A noite e a friaxe baixan ata os pés dos que caminan con medo. Non hai vento. O camiño non ten pedras para quen leva zocos. E non hai toxos. Non hai fame. A lúa amosará a fin da viaxe negra, O comezo do baile da lubre. O amencer pachangueiro. Non hai tempo. Nun intre todo falará. E non será a fin do silencio Porque levo comigo a calma. Non hai río, Non hai fonte.

Estefanía Caneda Martínez


DÍA DAS LETRAS GALEGAS – NO 2OO2

Este ano adícase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS ó pai MARTÍN SARMIENTO, un representante da Ilustración, humanista, erudito e estudioso da lingua, léxico e cultura galega. Imos ver que nos din sobre esta data os alumnos de 4º B – ESO: O 17 de maio Galicia celebra unha data da súa cultura e este ano a homenaxe é á figura de Frei Martín Sarmiento. Sarmiento naceu en Villafranca del Bierzo no ano 1695 e morreu en Madrid no ano 1772, sendo bautizado na igrexa de Santiago. Ós tres meses trasládase a vivir a Pontevedra, que é a cidade máis importante na súa vida. Nela inicia os seus estudios cos xesuitas e con 15 anos marcha a Madrid para ingresar na orde benedictina. Estudiou Arte, Filosofía e Teoloxía e tamén tivo unha vocación naturalista, sendo o fundador do Real Xardín Botánico de Madrid. Ó longo da súa vida non deixou de visitar Galicia e recolleu moito léxico galego, sendo considerado na actualidade un precursor dos estudios filolóxicos da lingua galega. El consideraba de gran importancia xa nesa época o estudio da lingua galega e opinaba que nos problemas lingüísticos se podían atopar algunhas das causas do atraso que sufría Galicia. O investigador Henrique Monteagudo atopou na Biblioteca Nacional o manuscrito da única obra de Sarmiento deixou escrita en galego, ​ Coplas Galegas​ . O Día das Letras Galegas serve para lembrar os nomes dos homes e mulleres que manifestaron un compromiso co país e a súa cultura, sendo de destacar que anque o autor deste ano ten pouca producción en galego xa na época en que viviu chamou a atención sobre a necesidade pedagóxica de ensinar a lingua galega ós nenos desta terra. É tradición que se celebre institucionalmente esta festa na localidade de nacemento do homenaxeado, pero como el naceu fóra de Galicia (Vilafranca) pero estudiou cos xesuitas en Pontevedra, haberá dúas celebracións, unha o 17 en Pontevedra e outra o 18 en Vilafranca.

Alumnos de 4ºB-ESO


INFORMACIÓN NA REDE SOBRE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Galicia Dixital pon en marcha un Portal de Internet adicado ó Dia das Letras Galegas. Este portal contén aspectos xenéricos relacionados co idioma galego, historia da lingua galega... ; igualmente recóllese a historia e o por qué da celebración deste día con reseña e páxina para cada un dos escritores/as ás que se lles adicou o Día desde Rosalía a Sarmiento. E mais unha viaxe virtual por Galicia. Dirección: ​ http://diadasletrasgalegas.galiciadigital.com/

A Biblioteca Virtual Galega ten as seguintes seccións: Catálogo xeral de obras e autores, Obras disponibles para a lectura, Vidioteca, Fonoteca, Recursos de Lingua, Sección de Nov@s Escritor@s. Podedes acceder a ela en http://bvg.udc.es ou a través da páxina web da Universidade da Coruña ​ www.udc.es Todos aqueles/as que despuntades como escritores podedes enviar as vosas obras a esta sección Novo@s Escritor@s para a vosa publicación.

Almudena Ripamonti


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.