Skip to main content

Mapoula 2017-18

Page 1

índice 1. Actividades no centro -180 anos con Rosalía -As nosas webs e redes sociais -Charlas escritores -Que mediño pasamos -Colaboracións e concursos Departamento de Francés -I Concurso de fotografía matemática -Concurso portada Mapoula -Exposición Uxío Novoneyra -Concurso marcapáxinas -Festa Nadal

5 6 7 8 9 10 14 17 19 20 21

2. A nosa arte -Exposición retratos -As nosas portas artísticas -Visita Fundación María José Jove -Sketchbook

23 24 25 26 26

3. As nosas creacións -Primavera -Zaira -O Flamengonte -O Lorcamuscos -O tigrapán

29 30 30 30 30 31

4. Saídas -Biblioteca González Garcés -Arquivo do Reino de Galicia -Bicos con lingua -Costa da Morte -Imos de rodaxe -Teatro “Os Quinquilláns” -Teatro “O Tolleito” -Exposición Lita Cabellut e Pablo Genovés -Imos á lonxa -RAG e Casa Museo Emilia Pardo Bazán -Visita monumentos A Coruña -Visita Romanorum

33 34 35 35 36 38 38 39 40 42 43 45 45

3


5. Letras Galegas -Homenaxes a Carlos Casares -Boletín Carlos Casares

47 48 49

6. Presentación “Mapoula” -Festa MAPOULA

51 52

7. Deportes -Esquiando en Andorra -Surf

55 56 57

8. Max-Mix -Adormideras, un lugar diferente -Concurso da natureza -Intercentros -Impresións de Christian -Os nosos xenios -Teatro “Troyanas” -Celebración dos 25 anos -Bibliotecas no mundo -Fotoperiodismo

61 62 64 65 66 68 69 70 71 73

9. Seguimos con agarimosos adeuses -Agarimosas despedidas

77 78

4


5


O R T N O CE

N S E D A D I V I CT

A

180 anos con Rosalía Este curso o equipo da Biblioteca para conmemorar os 180 anos do nacemento da nosa autora Rosalía de Castro, uniu-

6

se a outras actividades conmemorativas elaborando un tríptico, guiado por Inés Sánchez Pereiro, sobre a vida e obra desta autora. Este tríptico está exposto na Biblioteca para que calquera persoa do centro poida consultalo e así achegar a Rosalía a todos.


As nosas webs e redes sociais A través destas páxinas en papel queremos presentarche as redes sociais e páxinas do noso instituto. Algunhas delas levan xa moitos anos de historia e outras son de recente creación. Este mundo evoluciona rápido e non nos gusta quedar atrás. O BLOG: http://iesadormideras.blogspot.com.es/ Esta é a nosa “casa” dixital. Nela intentamos deixar testemuña de todo e todos os que pasan polo centro. Podes atopar información sobre as actividades que se van celebrando no centro, das visitas e actividades que facemos ao exterior, referencias da nosa presencia na prensa, os números antigos de Mapoula dixitalizados, actividades do Equipo de Dinamización Lingüística, e gústanos moito tamén ofrecerche nel as cousas interesantes que están a facer os nosos alumnos e ex-alumnos. Quen sabe se algún día te poderás atopar ti tamén por aquí...

INSTAGRAM: https://www.instagram. com/ies.adormideras/ O noso perfil ten poucos meses e vai crecendo pouco a pouco. Intentamos transmitir o día a día do instituto a través das imaxes. Se nos atopas por aquí coa cámara ou co móbil, seguramente estamos buscando algo interesante que contarche.

TWITTER: mideras

A PÁXINA DE FACEBOOK: https://www. facebook.com/iesadormideras

https://twitter.com/iesador-

Desde aquí ofrecémosche información rápida e condensada, ao pé da noticia.

Se tes interese en estar ao día de todo o que pasa dentro do centro e tamén das actividades interesantes que nos ofrece a cidade, non te perdas as publicacións do noso Facebook. Intentamos que sexa unha ventá de conexión con todo o que sexa do teu interese: exposicións, concertos, deporte, cine...

7


O BLOG DA BIBLIOTECA: https://adormilees.blogspot.com.es/ Neste espazo recollemos información sobre todas as actividades que organizamos, coordinadas polo Grupo de Biblioteca, dentro do Programa de Bibliotecas Escolares de Galicia. Todos os materiais que podes ver na pantalla e nos expositores do vestíbulo e da propia biblioteca, podedes atopalos tamén no blog: os boletíns, os roteiros, recomendacións de libros, etc.

E por último, supoñemos que xa coñecerás a nosa páxina web oficial, con información académica de interese, como as datas de matriculación, o calendario de pendentes, as listas de libros de texto, así como enlaces ás páxinas dos diferentes departamentos e moito máis. http://centros.edu.aytolacoruna.es/iesadormideras/ Todos os links podedes atopalos enlazados desde o blog. Invitámoste a que nos sigas nas redes e que interactúes con nós, porque sen ti todo isto non sería o mesmo!

Charlas escritores Literatura en directo

Temos tamén un espazo en GOOGLE+ e unha canle de YOUTUBE. A PÁXINA DE FACEBOOK DA ANPA: https://www.facebook.com/ANPA-IES-Adormideras-1644898522266131/ Asociación de nais e pais do alumnado do noso centro (Cataventos) ofrece material moi interesante desde a súa nova páxina de Facebook. Información sobre actividades lúdicas e culturais, becas, actividades de formación, etc.

O curso pasado estivo no centro a escritora Antía Yáñez para falarnos do seu libro O misterio de Portomarín. Este libro foi lido e traballado previamente polo alumnado de 1º e 2º ESO. A charla resultou de grande interese debido á boa disposición da autora e do alumnado. Tamén estivo conosco Héctor Cajaraville para comentar co alumnado de 3º e 4º ESO a súa novela A caixiña dos rancores, que xa tiñamos traballado na aula. E tivemos a sorte de contar coa presenza de Núñez Singala que para todo o alumnado de 1º de Bacharelato falou do seu libro Camiños na auga, novela xa lida previamente polos rapaces. D. de Lingua e Literatura galega e EDLG

8


Que mediño pasamos!!! Durante a primeira semana de novembro poidemos observar a creatividade do noso alumnado a través da exposición que estivo na entrada do Instituto. O Equipo de Dinamización Lingüística quere agradecer a participación e colaboración de todos os alumnos e do profesorado nesta actividade que cada ano ten máis participantes. Poidemos ver cabazas e cabaciñas de todo tipo e formas, cada cal máis orixinal e creativa e así a modiño recuperar unha tradición galega. O xurado, formado polo Equipo de Dinamización axudado polo Departamento de Artes Plásticas, dada a calidade das cabazas presentadas, decidiu outorgar dous premios para cada categoría e un premio de consolación a todos os participantes. Gañadores na categoría de ESO: - Nerea Castro Alonso, 3º ESO - Alberto Fernández López, 1º ESO Gañadoras na categoría de Bacharelato: - Melissa Delgadillo Lucero, 2º E - Isabel Juncal Romaní, 1º D Para o próximo ano máis e con máis medo!!!!!

9


Colaboracións e concursos departamento de Francés

Como se pode ver, os alumnos estiveron inspirados por esta actividade.

Medio Ambiente

Saint Valentin De nouveau, les élèves de 1º ESO ont pu exprimer leur créativité ,en participant au concours de la Saint Valentin, organisé par la bibliothèque. À cette occasion, les élèves devaient écrire un message d’amour ou d’amitié en français sur un coeur décoré , destiné à un autre élève de l’établissement . Comme nous pouvons le constater, les élèves ont été inspirés lors de cette activité. De novo, os alumnos de 1º ESO puideron expresar a súa creatividade, participando no concurso da San Valentín, organizado pola Biblioteca. Nesta ocasión, os alumnos tiñan que escribir unha mensaxe nun corazón adornado, destinado a outro alumno do instituto.

10

Après une séquence portant sur l’environnement, les élèves de 2º BACHILLERATO ont créé, par groupe de deux, une affiche sur un thème environnemental de leur choix. Àu-delà de la fonction éducative et informative, les élèves devaient faire passer un message et montrer les enjeux de notre conscience écologique. Le résultat montre leur implication pour ce thème d’actualité. Bravo pour leur écocitoyenneté! Despois dunha secuencia tratando do medioambiente, os alumnos crearon, en parellas, un cartel sobre un tema ambiental da súa elección.


Concurso de postres Pendant la semaine de la Francophonie, qui se déroulera du 17 au 25 mars, le département de français organise,le 23 mars, un concours de desserts français, auquel participeront les élèves de 1ªESO. Le jury, composé de membres de l’équipe éducative, choisira les gagnants selon les critères suivants: le goût, la présentation et le niveau de difficulté de la recette. Les trois prix décernés seront un kit de pâtisserie, un livre de recettes françaises et un tablier de cuisine.

Mais alá da función educativa e informativa, os alumnos tiñan que transmitir unha mensaxe e mostrar os retos que supón a nosa consciencia ecolóxica. O resultado mostra a súa implicación. ¡Felicidades pola súa ecocidadanía!

Durante a semana da Francofonía, que terá lugar do 17 ao 25 de marzo, o Departamento de Francés organiza, o 23 de marzo, un concurso de postres franceses , no cal participaran os alumnos de 1ºESO. O xurado, composto por membros do equipo educativo, elixirá os gañadores segundo os criterios seguintes: o sabor, a presentación e o grao de dificultade da receita. Os tres premios outorgados serán un kit de repostaría, un libro de receitas francesas e un mandil.

11


Cartel de Florencia Lรณpez Quintana de 2ยบBach E


1º concurso de fotografía matemática IES Adormideras Un reloxo de area, unha espiral de xoguete, celosías xeométricas, escaleiras de caracol, unhas albóndigas esféricas, un gato describindo unha traxectoria parabólica...a vida que nos rodea está chea de matemáticas. O noso obxectivo neste concurso era que os membros do instituto mirasen ao seu redor con ollos matemáticos e os captasen. Obxectivo cumprido. Embarcámonos neste proxecto os Departamentos de Matemáticas, o de Debuxo e o de Dinamizacion Lingüística. Despois da convocatoria cun fermosísimo cartel realizado pola alumna Florencia López Quintana dirixida pola profesora Laura Molina, vémonos coa difícil tarea de repartir dous primeiros premios e dous segundos (ESO e Bacharelato) entre un total de 51 fotos do alumnado da ESO e 85 do de Bacharelato.

Este concurso forma parte dese ideario, non só aprendemos matemáticas, arte, galego,... tamén esta aprendizaxe nos permite ver todo o que nos rodea dun modo máis completo e nos fai polo tanto disfrutar máis do entorno. Veredes todos e todas, cando se exhiban a modo de exposición todas as fotografías dos participantes, a cantidade de pequenos e grandes obxectos que ás veces pasan diante de nós sen que reparemos neles, e que teñen unha beleza artística e matemática enorme. Cando empezamos coa idea do concurso e posterior exposición tiñamos medo de que a convocatoria non resultase ben; estamos todos e todas tan ocupados coa vida de cada día que podía ocorrer que non houbese participantes e levar un gran desengano, por iso queremos agradecer a participación e que adicastes un cachiño da vosa vida para facer unha fotografía e levala a revelar. Só levarán premio catro dos cento trinta e seis participantes, pero TODOS e TODAS colaborastes en facer do instituto un lugar aínda mellor. Gracias, artistas.

Cando escribo este artigo aínda non temos gañadores ou gañadoras, pero xa gañamos todas as persoas que formamos parte do IES Adormideras: un instituto é moito máis que un recinto onde se aprenden moitísimas cousas que nos permitirán vivir máis informados, coñecedores e críticos co mundo que nos rodea, é un lugar onde a maioría dos participantes pasades moitas horas ao longo de seis anos, e como tal queremos un instituto vivo, onde se realicen fesitivais, obras de arte, música, fotografía,...onde o noso espíritu creza cada ano que pasemos nel.

15


1

3

6

2

4

5

7

8

9

10


Todos somos Adormideras

11 Autores, de esquerda a dereita: 1. Nargui, “Paralelas musicais” 2. O rapaciño, “Elipse nas alturas” 3. DPL, “Esferas amadas, esferas odiadas.” 4. Churrolove, “Secante” 5. Naturalina, “Natureza concéntricautilizamos varias follas da variedade da planta “ombligo de venus” que unín atravesadas por un mesmo centro común como si se tratase de círculos concéntricos.” 6. Manolo de los palotes, “Semicírculos paralelos” 7. A2M, “En perpendicular ao horizonte” 8. Galatea, “Esferas na tormenta” 9. Benito, “Espiral ao cadrado” 10. Giorgio P, “O cono entre lineas rectas” 11. Aproximado, “Noventa graos de reinado”

Concurso portada Mapoula

Cando debuxei os personaxes que aparecen na ilustración inspireime no típico de ilustración española, ainda que teño moitas influencias do debuxo xaponés. Non pensei nunca na típica amapoula , xa que se ben o nome do noso instituto e da revista teñen que ver, a realidade do edificio é moi diferente. Este é un centro coñecido polo bacharelato artístico, pero creo que o que o fai único é a confluencia entre as tres ramas. Vin aquí en 4° da ESO e tiven moi bos profesores de matemáticas, lingua galega e castelá e historia, e teño recordos agradables das súas clases. O departamento artístico é xenial, pero o resto non lle teñen nada que envexar, así que pensei que tiñan que estar, porque todos eles son Adormideras. Violeta Moldes Rivas 2º D Bach

O curso pasado para celebrar o 25 aniversario da creación do instituto decidimos realizar un número especial de Mapoula e para isto convocamos un novo concurso: Portada. Resultou un éxito, houbo moitos participantes, o premio foi para Violeta Moldes Rivas de 1º F de Bacharelato, tamén se concederon accésits dada a calidade e cantidade de traballos presentados. Con todos os deseños elixidos montamos unha exposición bna entrada do instituto que quedou preciosa. Este curso, dado o éxito do ano anteior, decidimos covocalo novamente. D. de Lingua e Literatura galega e EDLG

17


Exposición Uxío Novoneyra Viaxamos ao Courel con Uxío Novoneyra En colaboración a Biblioteca, o Departamento de Galego e o Equipo de Dinamización da lingua Galega realizamos unha exposición sobre a figura de Uxío Novoneyra que combinaba poesía e fotografía. Primeiramente traballamos na aula cos rapaces os textos e logo, acompañados polas súas profesoras, disfrutamos vendo as fotografías que foron cedidas por Ángel Corral, antigo profesor do noso instituto. Unha maneira diferente de aprender.

Cousos do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos solos onde ninguén foi nin ha d’ir! O lobo! Os ollos o lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosco movendo nas flairas dos teixos ruxindo na folla dos carreiros en busca de vagoada máis sola e máis medosa… Rastrexa parase e venta finca a pouta ergue a testa e oula ca noite na boca…

19


Marcapáxinas Sementa Galego Un curso máis , aquí temos os gañadores do concurso de calendarios- marcadores convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Presentáronse moitos e moi bos deseños polo que a elección foi realmente complexa. Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e animámosvos a que sigades participando. Damos as grazas tamén ao profesorado que axudou coa súa colaboración. Este ano as gañadoras son : - Carlota Martínez Chas de 1º da ESO co logo : “ Cartas de amor en galego son mellor”. - Marina Aradas Cedeira co logo : “ Sementa galego”. Noraboa. EDLG

Agarimosa homenaxe á miña avoa En canto saíu o concurso e lin as bases en seguida souben o que quería facer. Había que deseñar un marcapáxinas a prol da dinamización da lingua galega, e eu cando oio galego, penso nos avós, nas tardes e noites na cociña comendo castañas, na miña avoa recollendo nabizas na leira cando esperto e abro a ventá polas mañás. Por iso ela é unha das miñas principais fontes de inspiración.

20

Fíxolle moita ilusión que empregara a súa imaxe, gañase ou non, e cando lle dixen que fora o deseño escollido e lle levei xa impreso o marcapáxinas, estaba contentísima. Sempre que estou a debuxala, ou a debuxar ao seu carón, estame a mirar e ancántalle que o faga e eu non podo estar máis feliz e agradecida con ela. Por iso me inspira ela e todo o que garda dentro. E alí ten o marcapáxinas, pousado no andel do salón con todo o cariño do mundo Marina Aradas Cedeira 2º D Bacharelato


Nadal A reciclaxe na árbore Este Nadal decidimos facer unha árbore a base de botellas recicladas. Todos os alumnos tivemos que traer algunha para logo, os que estabamos no grupo de traballo comezar a montaxe. Esta baseouse en recortar o plástico en tiras e ir pegando esas tiras en diferentes fíos para así formar as diferentes pólas da árbore. O feito de crear a árbore a base de materiais reciclados xa é unha tradición neste centro que fomenta a integración do alumnado e crea en nós conciencia pola reciclaxe. Aínda así, o ano pasado non houbo participación suficiente por parte dos rapaces e foi a primeira vez que non tivemos árbore de Nadal. Na miña opinión esta é unha actividade moi entretida e que é boa para conseguir que todos colaboremos dalgunha maneira por un motivo común aínda que ás veces non sexa exitoso. Este curso lográmolo!!!!!!!

Felicitamos o nadal en distintos idiomas: Tarxetas de nadal A l’occasion des fêtes de fin d’anné, la bibliothèque du lycée a organisé un concours de cartes de voeux de Noël. Le Département de Français a proposé, aux élèves de 1º et 2º de l’ESO, de participer à cette activité. Sur les photos, nous pouvons constater une ample participation de la part des élèves. Félicitations à Raquel Pena López de 1º ESO A, gagnante de l’un des prix et merci à tous pour leur participation. Con motivo das festas de Nadal, a biblioteca do instituto convocou un concurso de tarxetas (de Nadal). O Departamento de Francés propúxolles, aos alumnos de 1º e 2º ESO, participar en dita actividade. Nas fotos podemos apreciar a gran participación por parte do alumnado. Felicidades a Raquel Pena López de 1º ESO A, gañadora dun dos premios e grazas a todos pola súa participación. Departement de Français

Paula Pacheco Romay 2º BAC C

21


e t r a osa

an

Exposicións retratos Retratámonos Este ano contamos dende principios de curso cunha exposición de retratros realizados polos alumnos de segundo de Bacherelato. Algúns realizados a modo de traballo de Debuxo Artístico, que consistía en retratarse baseándose na obra doutro autor e os outros nunha recopilación de diferentes traballos de Técnicas de expresión gráfico plásticas. Esta exposición foi realizada integramente polos alumnos xa que tanto as obras como o seu enmarcado e a súa colocación foi realizada por nós. No persoal, participei na colocación das obras e foi unha experiencia moi interesante, xa que acostumado a entrar nunha exposición e encontrala posta, resultou diferente ver diversos cadros na parede, ir colocando, cambiando segundo vas vendo as posibles composicións e como os diferentes cadros crean harmonía entre eles. Daniel Fernández Valeiro 2ºBAC C

24


Inspirándome en Paula Rego

As nosas portas artísticas

A profesora de debuxo pedíranos un autorretrato seguindo o estilo dun dos debuxante que estiveramos copiando as clases anteriores: Schiele, R.B. Kitaj, Pat Andrea, David Hockney e Paula Rego, e decidín seguir o estilo desta última. Ó principio pensara en imitar o estilo que emprega nun debuxo no que representa a un home tirado nunha superficie. É moi expresivo aínda que só emprega un lapis normal. Pero logo atopei máis obras súas, e encantoume que utilizara colores moi dispares pero que creaban harmonía para facer os diferentes volumes dun rostro, así que decidín imitala.

Este curso algúns alumnos de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato imos retomar un xa antigo costume deste instituto, a pintura das portas.

Violeta Moldes Rivas 2º D Bach

Hai xa unhas semanas comezamos a preparar todo: eliximos que portas pintar, comprobamos as medidas e cada un dos participantes fixo unha proposta copiando algún cadro coñecido. Finalmente escollemos os definitivos e apropiados para as portas. Na porta do Salón de Actos imos facer unha réplica dun dos coñecidos cadros de Toulousse Lautrec e para a aula de Historia 2 escollemos un de Monet. Esta actividade paréceme un proxecto moi interesante xa que considero que é unha maneira moi útil e diferente de desenvolver as capacidades artísticas, creo que é unha moi boa iniciativa. Esperemos que o resultado sexa bo e que aprendamos moito!!!!! Paula Pacheco Romay 2º BAC C

25


Visita María José Jove A cruzada dos nenos O curso pasado as profesoras María Álvarez, de Debuxo Artístico, e Carmen Senande, de Cultura Audiovisual, déronnos a oportunidade de poder formar parte dun proxecto chamado “A cruzada dos nenos ” e participar na exposición que se ía realizar na Fundación María José Jove no mes de maio cun tema moi importante: OS REFUXIADOS. Nós, os de primeiro, dividímonos por aulas, de maneira que cada aula se encargaba dunha obra diferente, todas baixo a supervisión e colaboración de Carmen Senande que tivo a gran idea de aproveitar que no instituto estaban a cambiar todos os tubos luminosos para empregar materiais como caixas, cales... xa que en case dous días tiñamos todo feito, posto que, a pesar de ser bastante traballo, todo se facía moi ameno. Finalmente fomos a dito museo, e alí foi cando, ao ver todas as obras e toda a xente, nos decatamos da importancia do que fixeramos: coller material que ía directo ao lixo e convertelo en arte e así facer un chamamento ás conciencias sobre a situación crítica que moita xente está vivindo a día de hoxe só por nacer nun lugar diferente. Adela Pita Varela 2º BAC C

Sketchbook Proxecto Sketchbook DEAII “Sketchbook”: Libro de bosquexos (ou debuxos) “Urban Sketchers”: Comunidade global de debuxantes, tanto profesionais como afeccionados, que fomenta a práctica do debuxo realizado in situ, en observación directa da vida. O seu lema é “Amosamos o mundo, debuxo a debuxo” Durante o curso 2016-17, na materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato, o alumnado comezou co proxecto sketchbook o 1 de decembro, co compromiso de ir enchendo as súas páxinas cun debuxo -polo menos- cada dous días, chegando ás setenta páxinas debuxadas catro meses despois. Pasou de ser un exercicio de clase, a converterse nun pequeno diario persoal, que contaba en liñas e cores a evolución durante este tempo de cada alumn@, os seus intereses, a capacidade de observación e a vontade de traballo. Por iso, aínda que todos seguiron as mesmas premisas, ao rematar, cada libro era tremendamente diferente dos demais. Na exposición quixemos amosar apenas unha ollada (unha páxina ou dúas) destes libros, que seguro serán seguidos de moitos máis. Porque un artista pensa debuxando María Álvarez Profesora de Debuxo Artístico de 2º Bac

26


27


s n ó i reac

c s a s s no

A

Primavera Laura é unha nena duns oito anos aproximadamente, ten os cabelos de ouro e rizados, os ollos verdes coma se fosen unhas follas no día fresco do ano. Ten unha beleza peculiar, de feito, a maneira máis axeitada de describila é primavera. Esta nena desprende paz e tranquilidade a calquera que a vexa. Pasa as tardes enteiras na praia ata que anoitece, non di unha palabra.Todo o mundo pensa que é un misterio. Un precioso misterio.... Uxía Suevos Fernández 2º ESO

Zaira Zaira é unha rapaza duns doce anos, moi delgada e de cabelo castaño. Pero o que máis chama a atención do seu aspecto son os seus grandes e fermosos ollos grises. Ela camiña polas rúas cunha expresión amigable e de felicidade. Cando encontra a algún rapaz que lle gusta, pregúntalle se quere xogar con ela. Cando o rapaz acepta e lle pregunta se quere ser a súa amiga, os ollos de Zaira vólvense de cor verde durante uns segundos, e despois desaparece sen deixar ningún rastro. Rebeca Moreno Vázquez 2º ESO

30

Animais fantásticos O Flamengonte Hoxe imos falar dun ser chamado “Flamengonte”,dise que é,un animal moi bo,ten as patas moi longas e finas ,coma un flamengo,e un corpo como dun rinoceronte. Este animal,un día como todos, foi visitar un neno cando durmía,e dise que ao día seguinte o rapaz, que era moi baixiño,levantouse cunhas pernas e un corpo forte e alto. Nunca conseguiron velo,pero aínda segue a facer das súas cos nenos baixos e pequenos. Hai xente que non cre nel, pero dígoche que existe, non o vin, pero o que si vin foi o meu corpo e pernas ao levantarme da cama despois dunha noite, non como sempre. Diego López Pérez 2º ESO

O Lorcamuscos O lorcamuscos é un animal que provén das Fragas do Eume. Parécese a unha tartaruga xa que ten caparazón, pero ten pés de cabalo e unha cabeza de cabra. Este animal ten o seu caparazón cuberto de musgo e as noites de lúa nova camiña polo río Miño e recita poe-


sías escritas por el mesmo. Aliméntase de parrochas e crustáceos que rouba dos marisqueiros. Só se acerca á humanidade por dúas cousas. Unha cando ten que roubar e a outra cando se achega unha tormenta con raios e tronos. Cando pasa isto refúxiase nunha casa por se as fragas se incendian. Eila Fowlie Rodríguez 2º ESO

O Tigrepán O tigrepán é un animal moi parecido ao tigre, especificamente semellante ao tigre de bengala. No lugar das típicas orellas de tigre, ten unhas redondiñas e peludas, similares ás do oso panda. Medirá uns tres metros, e ten as raias dun tigre de bengala, pero de cores brancas e negras. Só podes encontrar ao tigrepán na selva de Yanoda (China) nos días que pode verse o arco da vella. Se alguna vez atopas un tigrepán, só podes facer unha cousa: asubiar. Estes animais atacan porque teñen medo, así que, se lles asubías unha nana, séntense máis seguros, ata poden chegar a durmirse, permitíndote poder saír da selva sen ser devorado. Rebeca Moreno Vázquez 2º ESO A

31


s a d í sa Biblioteca González Garcés O pasado 22 de febreiro os alumnos de 4º da ESO fixemos unha excursión á Biblioteca Pública Miguel González Garcés. É unha biblioteca grande con varias salas, unha gran cantidade de libros e diferentes recursos a disposición de todo aquel que sexa socio da rede de bibliotecas de Galicia. Ensináronnos as instalacións, o seu funcionamento e a maneira de almacenar os libros. Na propia biblioteca contan con diferentes depósitos con capacidade de almacenar unha gran cantidade de libros, xornais... Tamén dispoñen de ordenadores portátiles para prestar e utilizalos dentro da biblioteca e pódese entrar na súa páxina web e descargar os libros en formato PDF ou Epub, aín-

34

da que estes documentos son tamén de préstamo polo que aos 21 días o arquivo se elimina automaticamente. Conta cunha parte dedicada unicamente aos cómics e unha gran variedade de CD e películas. Na miña opinión persoal é unha moi boa biblioteca aínda que o problema é que queda un pouco lonxe, polo que tes que desprazarte en bus, pero excepto iso o demais son vantaxes. É moi difícil que busques un libro e non o poidas conseguir como por exemplo, o libro “Fariña” que agora mesmo ten un prezo moi elevado no mercado, e nesta biblioteca contan con varios exemplares. Se tedes a posibilidade de acceder a ela é unha moi boa opción e recoméndoa a todo o mundo. Antonela Pensado de Luca 4º ESO


Arquivo do Reino de Galicia Como outros anos, o curso pasado e o actual, realizamos unha excursión ao Arquivo do Reino de Galicia co alumnado de 3 º ESO. É unha visita que sempre resulta moi interesante xa que ademais de coñecer o labor desta institución, ver documentos antigos e percorrer as dependencias nas que se arquivan estes documentos, a visita ten unha parte máis práctica na que se nos explica como se realiza a reciclaxe de documentación e libros antigos. D. de Lingua e Literatura galega e EDLG

Bicos con lingua É un espéctaculo que nace dun forte sentimento de amor hacia algo tan propio como é a nosa lingua. É unha comedia teatral limpa, sinxela, atractiva, con moito traballo por parte dos intérpretes. Esta dirixida a todos os públicos. Tamén hai escenas nas que se representan situacións da vida cotía nas que se emprega o galego. Temos a sensación de que os actores o pasan ben actuando. Hai moito dinamismo, e o tempo da obra pásanos moi rápido debido a que é moi

divertida e entretida. Así, pretenden que esta montaxe supoña para os espectadores unha experiencia de redescubrimento dunha lingua que existe e que crece nunha inmensa riqueza. Había tempo que non disfrutaba tanto vendo unha representación na nosa lingua. Recoméndoa para nenos ou para maiores. Luis Rey Míguez 4º ESO

35


Costa da Morte Xoias da natureza Na primeira semana, á volta das vacacións de Semana Santa, fixemos unha visita coordinada polos seminarios de Clásicas e Historia, a finalidade era dar a coñecer ao alumnado a riqueza natural da Galicia e que a relacionasen cos coñecementos da aula. Saímos un grupo de 43 alumnos máis tres profesores: Ines, Mila e Xosé. O día amaneceu frio pero claro , a nosa primeira parada fixémola nos batáns do Mosquetín, unha serie de muíños de auga que grazas a un representante do concello de Vimianzo puidemos ver en funcionamento, xa que nos abriron as comportas das canles da auga para ver como os martelos se poñían en funcionamento , así tivemos unha idea clara do que era o labor de abatanamento das teas, gracias ao cal estas conseguían a súa textura facéndoas máis duradeiras e abrigosas. Ademais teñen tamén muíños para triturar o cereal. Na súa orixe estes batáns pertencían ao señor das terras pero a partir da eliminación do sistema feudal pasaron a ser propiedade da familia que se encargaba do seu funcionamento ,e por esa razón amosan un moi bo estado de conservación. Cando saïamos dos batáns o frío do lugar xa calaba en todos nós, pero aínda non sabiamos o frío que iamos ter no patio do Castelo de Vimianzo, a nosa segunda parada, onde o vento era o dono do lugar e todos nós formabamos unha piña humana no patio para poder soportalo. A parte lúdica foi cando puidemos pasear polas almeas e as torres da homenaxe do Castelo, vendo as súas instalacións e sentíndonos os seus moradores, tanto foi así que houbo que

36

chamar a retreta para conseguir que todo o grupo estivese de novo no patio e poder seguir co noso itinerario. No autobús, dende logo sentimonos de novo persoas pois a calor volveu a nós. De aquí fomos xa directamente ver o Salto do Xallas, onde disfrutamos dos raios do sol que comezaba a saír , e así poder ver unha desas xoias da natureza . A canle do río , en tempos moi remotos, quedou levantada e a parte baixa da mesma converteuse nunha fervenza fermosísima, a única de Europa que vai dar ao mar. O espectáculo merece a pena e todos andamos polas rochas e os camiños que percorren a zona facendo fotos e disfrutando da ausencia do aire frio que nos acompañou antes. O xantar fixémolo en Cee onde na súa praza disfrutamos do sol, o mesmo que agardaba por nós no cabo Fisterra, afin da nosa saída. Alí no Finisterrae dos romanos puidemos disfrutar da vista do Atlántico e da costa recortada , dúas visións que se complementaban ,apreciamos tamén a extensión e brancura da praia de Carnota, que dende alí pode avistarse perfectamente. Estando alí, na quietude do día e mirando ao mar pódese entender perfectamente o nome que os romanos lle puxeronl a esa zona, pois a inmensidade do mesmo e a comparación entre a costa recortada e o horizonte é sobrecolledor. Alí pasamos dúas horas sen nada máis que admirar a paisaxe , mais de novo houbo que tocar a retirada para conseguir que todos os que estaban polas rochas volveran cara ao autobús para voltar a Coruña. Saídas así son moi interesantes e serven para coñecer a riqueza paisaxística coa que contamos. Esperamos repetir a saída seguindo o ritmo destes últimos anos. Milagros Álvaro, Dpto. de historia


37


Imos de rodaxe Hoxe estiven por primeira vez nun set gravación e espero sinceramente que non sexa a última. Toda a miña vida estiven interesada na actuación e teño entendido que son moi teatreira. Ata hai ben pouco era a única rama dese mundo que me interesaba, pero cara ao 2010 comecei a interesarme pola escritura. Plantexeime entón que o que quería escribir era unha película e desde ese momento escribo guións a miúdo. O meu pai sempre estivo interesado na fotografía e supoño que iso o herdei pero xa cando descubrín o mundo do cine chamoume a atención a produción de vídeos. Por esta razón comezou a interesarme a arte, e o que atopei despois non fixo máis que obrigarme a quedar no mundiño. Ata o de agora non se trataba máis que dunha remota posibilidade, algo que sempre tes presente pero sempre ves de lonxe. Este curso estou a descubrir posibilidades incribles e as miñas capacidades continuamente forzadas, só queren avanzar. O lugar era algo frío, era unha especie de nave industrial, pero unha vez dentro, a familiaridade entre os traballadores aportaba unha agradable temperatura. Visitamos todas as salas, dende a máis pequena (maquillaxe) ata a máis grande (os tres sets de rodaxe) e da máis a menos importante. Aínda que realmente alí todo era imprescindible. Gústame cando a xente busca a perfección e téñense en conta todos os detalles. Aquilo podíase chamar o meu paraíso. Había persoas encargadas de manchar os decorados e unha muller de limpalos despois, buscando o punto clave. Vimos como unha muller, engarcada do

38

atrezzo, convertía cervexa en viño (non de verdade). E comprobamos como se teñen en conta detalles como non poder usar cristais normais polo reflexo da luz. En resumo, enamoreime da Voz Audiovisual aínda que non teño idea de como será o meu futuro, gustaríame que estivese neses “fríos” corredores. Ángela Fenrández Rodríguez 1ºD BAC

Teatro “Os Quinquilláns” 0 mércores 15 de marzo do 2017 alumnos de 2º de Bach. fomos ao Ágora ver una adaptación de Cousas de Castelao realizada polo grupo de teatro Os Quinquilláns. A escenografía é moi coidada. Representan moitas das escenas e personaxes de Cousas: O Rifante, A Marquesiña, O pai de Migueliño... A representación estivo moi ben. E as historias dos distintos lances, nos que aparecen os grandes temas de Castelao: a emigración, a xustiza social, a enfermidade, a amizade... moi ben unidas.Moi bonita tamén a escenografía , a decoración e a posta en escena. D. de Lingua e Literatura galega e EDLG


O Tolleito Unha grande obra

Un día ó noso protagonista presentóuselle a oportunidade de ir ás américas actuar nunha película facendo de tolleito. Volveu de aí a dous meses, coas súas tías pensando que morrera. Volveu baixo a excusa de que quería estar na casa coa súa familia e na súa terra, pero a verdade é que non o colleron na obra de teatro, como lle dixo o director “prefiro un actor que faga de tolleito que un tolleito que non saiba actuar. Na miña opinión a obra ten unha trama excelente, ensinando que calquera persoa, sen ter en conta as súas dificultades, ten os mesmos dereitos a loitar polos seus soños, aínda que ás veces non se cumpran.

O mércores 15 de novembro, os alumnos do IES Adormideras, fomos ó teatro Ágora, en A Coruña, para ver a famosa obra de teatro “O tolleito de Inishmaan”, dirixida por Cándido Pazó interpretada por oito autores de grande prestixio: Evaristo Calvo, Santi Romary, Susana Dans, Ana Santos, María Roja, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro e Luis Iglesia.

Por último dicir que estaba representada por uns actores moi profesionais que ademais de interpretar moi ben os seus correspondentes personaxes, lograban unha gran inmersión na historia e facían moi amena a experiencia teatral. Iago Anido Castro 1º F

Esta obra é unha traxicomedia, a cal empeza nunha humilde tenda dun pequeno pobo de Irlanda moi semellante a unha vella vila galega. Esta tenda é das dúas tías do “tolleito” que coidaban del porque os seus verdadeiros pais se suicidaran afogando no mar, deixando ó rapas tirado na area, e cando o viu o cotilla da aldea, ó que no futuro o tolleito odia por descoñecer este acto, e cria que seus pais se suicidaran para cobrar o seguro e ter cartos para que el puidese ir o médico, cartos que en verdade pagou o cotilla do seu peto.

39


Lita e Pablo Exposición Lita Cabellut

En definitiva, “Testimonio” permitiunos apreciar a obra da artista contemporánea española máis famosa do mundo, pero que é case unha descoñecida no noso país. Elena López Pérez 2º BAC C

O lenzo sente, empatiza co ser humano O 15 de xaneiro de 2018 os alumnos de segundo de bacharelato de arte disfrutamos dunha visita guiada á nova exposición de Lita Cabellut: “Testimonio”, no Museo de Arte Contemporánea de A Coruña. Puidemos ver unha selección de máis de 60 retratos e instalacións, das cales 40 eran obras inéditas, realizadas no último ano e medio. Un dos aspectos máis destacados das obras da mostra é a búsqueda da beleza que desenvolve Lita no seu traballo, encarnada sempre no corpo humano.

Non esperaba que entrar á galería de arte, me abrise os ollos a novos conceptos de pintura, a novas técnicas, temáticas e representacións. Oíra falar de Lita Cabellut como unha das artistas máis cotizadas de España e a curiosidade saía do meu corpo con cada obra que vía, enchendo os meus ollos de emoción e excitación. Sen importar a técnica que máis se criticaba, acendín o meu corazón cara ao concepto, que pretendía cun aura espiritual e mítica, deslumbrar ao público novo e provocar sensacións positivas.

Outro rasgo característico da súa produción é a elaboración de retratos craquelados en lenzos de gran formato, prestando gran atención aos perdedores da sociedade, á xente sen voz. Pero a artista catalá tamén é capaz de ver ese sufrimento na xente que aparentemente triunfou na vida.

A forma en que Lita Cabellut ve o lenzo, tamén me chamou a atención. Os poros e as feridas do cadro, características das súas obras, déronme a entender o concepto de que o lenzo sente, que empatiza coa pel humana e que transpira. Facendo nin máis nin menos que unha colección de obras moi atractivas, sen importar a súa elaboración de fin comercial.

Nesta visita vimos un gran contraste entre pinturas delicadas e outras que amosaban unha gran dureza, e puidemos apreciar o labor dunha artista multidisciplinar que non só traballa con óleo sobre lenzo, senón que tamén realiza vídeos, poemas visuais, debuxos sobre papel, fotografía e escultura.

Pablo Genovés foi un artista que ao principio de todo, ao entrar á súa galería, xa me sorprendeu. A luz case apagada, que iluminaban de maneira tenue cada fotografía, reflectía xa a importancia que Pablo Genovés lle dabal á súa obra á vista do público. O concepto do conxunto natural e arquitectonico, era o poder da

40


nai natureza sobre o ser humano. Nós os humanos cremos ser a especie máis poderosa do planeta. Ignorando á máis masacrada natureza que ten a capacidade de tomar vinganza ás accións egoístas e interesadas da industrialización. Por esta razón Pablo Genovés representa por fotomontaxe un mundo alternativo, xogando coa historia da humanidade. Que con postais antigas dálle ás súas obras un ambiente de angustia que me fixo reflexionar e valorar máis o espazo que me rodea. Melissa Delgadillo Luceiro 2E

No MAC moita arte

O pasado mes de xaneiro tivemos a sorte de poder visitar o Museo de Artes Contemporáneas da Fundación Fenosa. Digo sorte porque o museo non abre os luns pero, debido á alta afluencia da exposición, fixeron esa excepción e puidemos disfrutar das exposicións de Pablo Genovés e Lita Cabellut. A primeira parte da visita foi á exposición fotográfica de Pablo Genovés que consistia nun concepto experimental. Introducía fenómenos atmosféricos adversos en interiores , As fotografías estaban colocadas de forma “desordenada” no tempo. Primeiro se presentaba o inicio do fenómeno, despois as súas con-

secuencias e finalmente o estado medio do problema. Tamén ao final da exposición puidemos atopar unha tea cun sol no seu centro o cal representaba a calma despois da tempestade. No medio da exposición atopábase unha instalación na que podiamos enfrentarnos a toda a evolución dunha inundación mentres estabamos rodeados totalmene por unhas pantallas que nos enchían de auga. Despois de disfrutar desta parte, asistimos á exposición dunha das artistas do momento e que actualmente é a máis cotizada de España: Lita Cabellut.

Lita Cabellut non deixou indiferente a ninguén coa súa obra. A súa vida tan chea de problemas e a súa entrada no mundo da arte dende un estrato baixo da sociadade, converteuse nun reclamo comercial para a súa obra e xente pouco interesada pola arte enche, aínda hoxe, gran parte da exposición. Neste caso puidemos observar diferentes obras de Lita e incluso unha escultura do seu fillo que se encontraba na entrada do museo. A exposición da artista estaba estruturada en diferentes salas que agrupaban diferentes temas e pasaban por pinturas, esculturas e mesmo fotografías. Tamén estaba presente unha pequena parte do seu estudo pois a intención de Lita é a de incluír o espectador dentro do proceso creativo de realizar un cadro.

41


Hai grandes segredos ao redor das obras de Lita apenas coñecemos que os lenzos levan varias capas para conseguir texturas e que se basea en fotos dos modelos para realizar os seus cadros, o resto da “fórmula Lita” é ainda un segredo que intriga a calquera que visualice a súa obra. Daniel Fernández Veleiro 2º BAC C

Imos á lonxa A visita escolar iniciouse cando todos subimos ao autobús, este tardou en chegar porto uns 50 minutos dado que por unha confusión, demos unha importante volta á Coruña. Cando xa por fin chegamos, unha guía subiu ao vehículo e falounos dos tipos de barcos que pasan por alí todos os días e tamén do funcionamento das instalacións. Levounos a un edificio no que un olor a peixe nos invadiu, ao subir as escaleiras chegamos a un lugar que parecía sacado dunha película de terror; dous corredores estendíanse e semellaban non ter final. O lugar transmitía a sensación de que facían secretamente experimentos con alieníxenas ou similares. Entramos nunha sala de control cunha parede chea de pantallas desde as que controlaban o que as cámaras interiores e exteriores gravaban. Un señor, entre chamada e chamada, explicounos en que consistía o seu traballo. Logo baixamos a outra dependencia na que nos deron unha especie de identificación con números que colgamos do pescozo. Recreamos unha escena das múltiples poxas da lonxa con peixes de plástico e sen cartos. Logo a guía dirixiunos á verdadeira lonxa, onde vimos poucos peixes pero, contemplar varios centolos vivos camiñando. Ensináronnos un tubo de plástico do que saía xeo e iniciouse unha batalla de xeo, todos collían anacos do chan para tiralos aos outros compañeiros. Ao rematar a visita regaláronnos unhas mochilas e unhas lanternas que tamén funcionan como bolígrafos. Lucía Sesar Ares 3º ESO B

42


RAG e casa Pardo Bazán Como outros anos,o curso pasado e o actual, visitamos cos alumnos de 1º ESO a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán. Previamente á visita do museo a guía mostrounos a sede da RAG e informounos da importancia deste organismo e das actividades que realizan. D. de Lingua e Literatura galega e EDLG

A min esta visita encantoume! O martes 30 de xaneiro fomos á casa de Emilia Pardo Bazán a clase de 1º ESO A. Fomos andando dende o instituo ata a Cidade Vella, dando un paseo. Cando chegamos á casa unha guía recibiunos e explicounos cousas que lle sucederán a Emilia e dos tempos nos que vivía. Contounos que antes as persoas pensaban que as mulleres só servían para dar fillos, pero Emilia rebelouse contra iso; non esixiu que ás mulleres se lles tratase igual que aos homes, porque iso era unha cousa impensable, se non que as mulleres tiversen dereitos . Despois entramos na casa. O recibidor era moito máis grande ca os de agora. Tiña sofás e alí sentaban os invitados e os anfitrións mostrábanlles obxectos cos que lles daban a benvida. A parede da entrada está decorada cun tapiz: os tapices poñíanse nas paredes para dar sensación de calor. Na seguinte habitación estaba o salón, con coroas talladas nas cadeiras e moitos retratos nas paredes.

Despois mandounos sentar no chan dunha estancia na que estaban todos os libros que Emilia escribira e os libros que a xente lle dedicara. Deunos unha folla cun texto escrito pola autora. Os personaxes principais eran Ildara e o seu pai. Ela distribuíu os papeis e, para ver como o interpretabamos, deume a min o papel do tío de Ildara e a Alberto o de Ildara; foi moi divertido! Á última habitación mandounos ir nos sós, para que puidésemos míralo todo pola nosa conta Nesta habitación sorprendeume que había uns caixóns numerados do 1 ao 14; os sete primeiros estaban escritos en números romanos e os sete seguintes na nosa forma de numeración actual. Pregunteille á guía o porqué, pero ela díxome que non o sabía. Despois de velo todo, na entrada había un libro para asinar e poner a túa opinión. A min esta visita encantoume! Ana Amigo 1º ESO A

Tivo que ser unha muller moi especial O 31 de xaneiro visitamos a casa museo de Emilia Pardo Bazán, na cidade vella da Coruña. Fixemos o percorrido a pé dende o instituto, foi un paseo moi agradable aínda que tardamos moito en chegar. A excursión pareceume moi interesante e a guía foi moi simpática, falounos de Emilia Pardo Bazán e da Real Academia Galega (R.A.G)

43


Coido que tivo que ser unha muller moi especial dado que na época que lle tocou vivir, no século XIX, as mulleres vivían á sombra dos homes e ela loitou polos seus dereitos. Gustaríame volver ir noutra ocasión e ensinarllelo á miña familia. Carlota Martínez Chas 1º ESO A

Muller feminista Emilia Pardo Bazán, unha das primeiras mulleres feministas. A min a excursión por unha parte gustoume e por outra parte non. Gustoume o traxecto de ida e de volta. Tamén me gustou poder ver a casa de Emilia Pardo Bazán e os seus obxectos e propiedades, en resumo, gustoume todo menos que foi longa e por iso ao

44

final estiven un pouco aburrida. A excursión comezou coa chegada ao destino. Despois preguntárannos que sabíamos sobre a protagonista da causa da saída, e de seguido, comezamos a visita. Ensináronnos a súa casa e explicáronnos a súa historia. Invitáronnos a profundifar na súa vida. Tamén limos un texto escrito por Emilia Pardo Bazán e faláronnos sobre a Real Academia Galega. Aprendín a importancia do traballo das primeiras mulleres para que agora nós podamos votar, traballar e facer as mesmas cousas que os homes. E que una delas foi Emilia Pardo Bazán, á que gustáballe moito escribir e cambiou as cousas para sempre. Ángela González 1ºESO A


Visita monumentos A Coruña Paseando e disfrutando da arte

As igrexas visitadas foron nesta orde: Igrexa de San Jorge. Igrexa de Sta. María. Igrexa de Sto. Domingo. Igrexia de Santiago. Por último iamos visitar a de San Nicolás pero, por retrasarnos na de Santiago cando chegamos á San Nicolás xa estaba cerrado. Esta actividade creo que está moi ben e serve para comprender o que estudiamos na aula dunha forma máis entretida e dinámica. Iago Anido Castro 1°F BAC

Visita Romanorum O pasado luns 18 de decembro, os alumnos de 1°F de Bacharelato Artístico do instituto Adormideras, fixemos unha saída didáctica a cal nos ocupou todas as horas da mañá. Esta actividade consistía en ir visitando igrexas, desta maneira, consederando todo o estudado anteriormente na aula, puidémolo aplicar ao ver estes edificios, fixándonos en detalles que antes destes coñecementos non sabiamos nin da súa exsistencia e así poder disfrutar dunha mellor e máis culta experiencia. Mila, a profesora de Fundamentos da Arte, coa que fomos á saída, deunos unhas fichas cunhas preguntas para ir completando a medida que pasabamos polas igrexas para axudarnos a ver e comprender estes fantásticos edificios.

Intrate et videte romanorum vitam A finais do curso pasado os alumnos de 4º de ESO de latín participaron nun percorrido pola exposición Romanorum vita, patrocinada pola fundación La Caixa. Todos sabemos que a historia de Roma se escribiu no Senado, no Foro nas Termas , teatros e anfiteatros, pero paralelamente hai outra historia que se vive dentro do ámbito familiar , nas casas e no ruxerruxe das rúas. Nesta presentación os nenos puideron comprobar como era o día a día dunha cidade do ano 79 d.c. ,ou mesmo no interior da domus dun patricio romano.

45


A exposición reproduce perfectamente o ambiente da rúa, coa súa calzada, pasos de peóns, lavanderías cos recipientes exteriores para recoller os ouriños, as latrinas, o Foro...... Tamén dentro da domus puidemos observar os distintos espazos, o triclinium, a culina, o atrium co seu altar, o cubiculum....todo isto complementado con proxeccións audiovisuais, elementos sonoros que reflicten o clamor da rúa e mesmo sensacións olfactivas nas learinas co seu olor característico, na culina cun cheiro a carne asada, e no tricli-

46

nio queimando azafrán para paliar os efectos da resaca..... Resultou unha experiencia interesante e esclarecedora dos contidos que ao longo do curso se ven na aula. SALUTEM PLURIMAM!!!! Inés Sánchez Pereiro Dpto. de Latín


7 1 0 2 gas

e l a as g

Letr

Homenaxes a Carlos Casares Coa finalidade de conmemorar o día das Letras Galegas realizamos diferentes actividades. O alumnado de 2º ESO montou unha exposición co material enviado por Normalización Lingüística sobre a figura de Carlos Casares . Os grupos foron levados polos seus respectivos profesores para ver graficamente o explicado na aula, comentar os aspectos máis destacados da mostra, ler algúns fragmentos da súa obra e resolver un cuestionario con preguntas referentes ao autor. Igualmente realizouse exposición na Biblioteca de libros de Carlos Casares. Contamos coa presenza de Serafín Marcos que veu para representar “As paisaxes de Carlos Casares”, un traballo no que o actor de maneira lúdica e entretida fixo un percorrido pola vida e obra do autor. Serafín Marcos, polifacético artita noiés cada vez que se chega o mes de maio convértese no autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas, polo tanto este ano transformouse en Carlos Casares. Dixo que lle resultara fácil crear a montaxe porque é un autor que se fai moi próximo pois os seus textos son fáciles de ler. Con esta estupenda obra de teatro representada no Centro o 29 de maio se

48

guimos homenaxeando a Carlos Casres no seu ano das Letras Galegas Tamén para celebrar e difundir a figura de Carlos Casares realizamos un boletín que se difundiu entre a comunidade escolar. E xa por último, o día da presentacion de MAPOULA, dúas rapazas de Bacharelato, Laura Blanco Romero e Blanca Orro Toral leron para todos A rapaza do circo. D. de Lingua e Literatura galega e EDLG


a t s e F

a l u o map

Aniversario 25 anos

- Blanca Orro Toral.

De seguido, Laura Codesido Mella e Marina Dans Fernández, alumnas de 1º Outro ano máis celebramos no rema- Bacharelato, déronnos “unha explicate do curso xa coñecida “Festa Mapoula” ción” que nos pode vir moi ben: “Como para realizar “a presentación oficial”re- encher un vaso de auga”. vista da . Este ano ademais cun número Tamén disfrutamos coa música, Canespecial xa que celebramos o 25 aniversario do Centro. dela Avendaño Liste cantou o poema “Negra sombra” de Rosalía de Castro Aproveitamos a ocasión para agasallar acompañada da súa guitarra e Clara Rey e entregar os diplomas a aqueles alum- Iglesias interpretou ao piano “Gitana” de nos ou alumnas que gañaron os concur- Luar na Lubre. sos convocados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega: Desde aquí aquí queremos agradecer a colaboración a todos aqueles que ano tras ano facedes posible a revista: Concurso calendario marcador: xornalistas, colaboradores de todo tipo, - Pedro Trigás Pereira, 2º ESO. lectores, intépretes musicais, técnicos de son, vendedores... - Carlos Franco Roade, 1º BAC Concurso cabazas: - Tatiana Villa Pereiro, 3º ESO. Concurso portada Mapoula: - Violeta Moldes Rivas, 1º BAC Para facer unha pequena homenaxe a Carlos Casares, lemos o seu relato “A rapaza do circo”, para realizar esta lectura contamos coa colaboración das alumnas de 1º Bac: - Laura Blanco Romero.

52

D. de Lingua e Literatura galega e EDLG


53


s e t r depo Semana Branca Esquiando en Andorra Ola, chámome Fernando, son o conserxe do Instituto este ano pedíronme que escriba unha reseña sobre a viaxe que fixemos a Andorra con algúns alumn@s para esquiar. Pero antes de empezar coa viaxe, teño que agradecer á Dirección do instituto que me deixe participar nesta actividade. Tamén agradezo ao Departamento de Educación Física que conte comigo á hora de programar esta actividade. Non me podo esquecer da miña compañeira, Laura, que sen a súa complicidade non podería viaxar, sobre todo cando en ocasións non estaba do todo ben de saúde. Moitas grazas. Imos viaxar. Este ano saímos un sábado ás 22:00 horas para ir de noite… e que durma quen poida. Este CURSO compartimos viaxe co Instituto de Monfero e con outro centro dos Ancares. Chegamos a Andorra o domingo case á hora para xantar. Repartimos as habitacións e démoslles tempo libre aos alumn@s para comer e logo ir buscar as botas e demais material de esquí. Esta parte que adoita ser un caos, este ano

56

foi rápida e eficiente debido á experiencia do persoal do aluguer e nosa (dos acompañantes), e pola boa actitude e disposición dos nosos alumn@s. Unha vez co material recolleito gardamos os esquís na gaiola (despacho de billetes grande no exterior) e baixamos no autobús ao hotel. A partir de agora empeza a rutina semanal. Temos as ceas e os almorzos programados para a quenda que nos corresponde, porque o comedor do hotel ten unha capacidade limitada e non cabemos todos os grupos que estamos hospedados xuntos. Como o descanso é importante nesta viaxe procuramos que todos estean na súa habitación e durmindo pronto, para que ao día seguinte ninguén se durma sobre os esquís. Temos o curso de esquí ás 12:00 horas ata as 14:00, e a comida para as 14:20. Para nós era novo a hora do curso, pero adaptámonos; os que xa sabiamos esquiar aproveitamos as horas previas ás clases para recuperar sensacións cos esquís postos; os novatos, da man de Pilar, foron adaptándose ao novo medio e ao equipo, para ir adiantando un pouco as cousas. Despois de comer, un breve descanso e logo a esquiar, practicando o aprendido pola mañá ata as 16:45 máis ou menos, cando paramos para gardar os esquís e volver ao hotel, onde nos duchamos e quen teña ganas pode saír a dar un paseo ata a cea.


O martes transcorre igual que o día anterior, salvo pola tarde que temos que cear un pouco antes, porque é cando se vai a Caldea, relaxarse e porse en remollo… durante dúas horas!.

Surf

O mércores volvemos á rutina ata o venres. Xa ao final da semana vaise notando o cansazo e algún que outro malestar, o que causa que algúns viaxeir@s prefiran non esquiar. Sobre todo o último día, que amenceu algo desagradable, con frío e nevando, de feito a policía obrigounos a pór as cadeas ao autobús, pola nevada caída a noite anterior; outros grupos tiveron que dar a volta.

Tras moito insistir, a nosa profesora de galego convenceunos para un ano máis escribir un pequeno relato para a nosa revista. O tema elixido esta vez foi a excursión do pasado xuño á fermosa praia do Orzán Nesta marabillosa saída fixemos un curso de iniciación ao surf. Os participantes fomos principalmente os alumnos e alumnas de primeiro de Bacharelato aínda que había algún da ESO integrado no noso grupo. A experiencia foi formidable, consistiu nun día de praia xa que só puidemos surfear uns escasos minutos pola falta de olas e ademais pola necesidade de dividirnos en dous grupos á causa dun lixeiro límite de material. Aínda así puidemos disfrutar dun soleado e agradable día na praia facendo todo tipo de actividades, como xogar ao balón, facer carreiras e bañarnos nas xélidas augas. Estamos desexando realizar outra excursión, a ver se a próxima vez podemos facer paracaidismo. Aquí una foto de recordo da excursión.

Ao final do día devolvemos o material, non sen algún susto por falta dalgunha cousa… que raro!. Xa no hotel, que nos deixou unha sala para gardar a equipaxe, cambiámonos de roupa, por quendas (eles/elas), baixamos as maletas ao autobús e unha vez todo listo de novo á estrada. Pasamos a aduana sen problemas, pois sendo un grupo escolar non adoita habelos, só se asoma un axente da Garda Civil ao corredor e pouco máis. E unha vez na Coruña, o sábado sobre as 10 da mañá, cos pais esperando, moitos bicos de benvida e a présa dos viaxeiros por coller a cama propia e de durmir todo o día despedímonos. Vémonos o ano que vén… se nos queredes acompañar. Fernando Magán Sueiro

Experiencia formidable

Raquel González López María Orro Torral 2º BAC A e B

57


Surfeando

Imos coller ondas

O último trimestre do curso pasado, os alumnos de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato fixemos como actividade co departamento de Educación Física: SURF.

A miña experiencia facendo surf foi moi boa, era a primeira vez que practicaba ese deporte e saín cunha boa impresión, tan boa que pensei ir a clases de surf no verán.

A actividade durou unha mañá enteira, dende primeira hora ata última. Fomos e voltamos andando dende o insituto ata Orzán, onde nos esperaban.

Fomos á praia de Orzán, ía bo día porque xa era verán, ao chegar déronnos os traxes de neopreno, levounos un anaco de tempo para que todos tiveramos a nosa talla, finalmente dividíronnos en dous grupos, uns irían primeiro ao mar e outros despois.

Unha vez que chegamos, formamos dous grupos e puxemos os neoprenos, que nos proporcionaba a escola que impartía a clase. ( Namarea Surf) Fixéronse dúas quendas e cada grupo foi nun horario, unhas dúas horas máis ou menos. Primeiro, explicáronnos algunhas cousas, como a colocación dos pés ou os movementos principais, logo quentamos e xa pasamos “á acción”. A verdade é que foi unha actividade moi entretida, tanto para os que xa fixeramos surf algunha vez como para os que se estrenaban. Aínda que o tempo non era moi bo e a agua non estaba nada quente, pasamos unha boa mañá, foi moi divertido. Incluso houbo persoas que despois de probar, apuntaron o surf como deporte na súa vida. Foi unha actividade para repetir! Paula Pacheco Romay 2º BAC C

O primeiro que nos ensinaron foi como debiamos coller a táboa e como subirnos a ela, isto practicámolo na area e tamén nos explicaron como debiamos coller as ondas, despois fomos á auga, o divertido. Unha vez dentro situámonos cerca dos monitores (moi amables e graciosos, por certo), eu intentei coller a miña primeira onda pero non conseguín levantarme da táboa case ata o remate da clase, pero cada vez me ía saíndo mellor. Ao final levanteime aínda que non aguantei máis de 3 segundos. Tiven moitas caídas pero non me fixen dano porque nos ensinaran como debiamos caer. Foi moi divertido. Ao rematar a actividade, mentres o outro grupo ía ao mar, nós fomos ás duchas e a cambiarnos de roupa, fixemos fotos en grupo e para rematar, os profesores deixáronnos ir a por algo de comer. Martina Santiso Rodríguez 2º BAC C

58


Collendo ondas A miña experiencia facendo surf foi moi gratificante, aínda que xa o practicaba antes, déronme ganas de practicalo cada día. Os profesores eran encantadores, estaban pendentes de que cada un de nós puidese subir á táboa e pasalo ben. A verdade, que polas súas actitudes sería posible, pero a mar estaba moi calmada e apenas tivemos olas con forza. Pero, finalmente ter que madrugar tanto e andar un bo anaco, valeu a pena. Foi unha bonita experiencia que lembraremos co paso dos anos. Lidia López Veiga 2º BAC C

59


x i m max Adormideras, un lugar diferente Adormideras é un lugar diferente Recordo con toda nitidez a primeira vez que cheguei ao centro. Era xullo e estaba a tramitar os últimos papeis da matrícula, baixei da liña de bus 5 e quedei en shock. O instituto era máis grande que o meu anterior centro pero, a sorpresa chegou ao entrar e ver o mural que docora as escaleiras, as cadeiras transformadas en obras artísticas e as portas pintadas. Quedei prendado do centro naquel momento e estiven esperando todo o verán con ansias de comezar as clases e comprender dunha vez que era aquela materia chamada Volume. O verán pasou e en setembro as clases deron comezo. O instituto pasou de ser un cárcere a ser un lugar onde disfrutaba des clases, por primeira vez levábame ben con todos os meus compañeiros. Cos profesores era imposible aburrirse, todos daban as súas clases cheos de paixón e acababas odiando o son da campá que te sacaba das leccións. Adormideiras é un lugar diferente onde non existen problemas entre os alumnos, onde todo o mundo se leva

62

ben con todo o mundo. Esta descrición é case utópica pero é verdade que a diversidade do centro é incrible, por iso o centro é único. O Bacherelato Artístico só se imparte aquí, este é outro dos feitos que o fai único, pode ser que dentro duns anos este centro termine nos libros de Historia da Arte pois confio en que algúns dos nomes que hoxe en día figuran nas listas de alumnado sexan recoñecidos por todo o mundo. Adormideiras é un bo lugar para estudar, queiras adicarte á arte ou non porque ao final, Adormideiras é un lugar onde podes ser ti mesmo, sen sentirte excluído, onde encontras amigos e onde podes aprender grandes valores de vida. Por todo isto e polos grandes amigos que coñecín aquí, dáme pena ter que deixar o centro despois destes dous anos que foron moi importantes na miña vida. Daniel Fernández Valeiro 2º BAC C


O meu paso por Adormideras Eu levo en Adormideras dende primeiro da ESO. Ao principio estaba un pouco asustada, pero tocoume en clase coas miñas amigas, ao cabo duns días xa fixeramos un grupo de rapazas e rapaces que aínda hoxe en día nos levamos moi ben. Lembro que cando cheguei o que máis ilusión me facía eran as taquillas, recordábanme ás películas. A miña primerira taquilla foi no primeiro piso, nunha beira.

Para min, persoalmente, as taquillas foi un pequeno detalle importante no instituto. Tamén me gustaba moito a decoracion do instituto por dentro, é moi bonito. É un privilexio ter un instituto tan bonito grazas aos alumnos. Cando cheguei a Bacharelato pasei de sentirme das máis pequenas do instituto a sentirme das maoires,aínda que iso non era do máis importante xa que sempre houbo un bo ambiente entre todos os cursos. De pequena levábame ben cos maiores e agora lévome ben con alumnos máis pequenos e respecto aos profesores, collinlles un gran aprezo, algúns axudáronme moito e foron importantes para o meu paso polo centro. Adormideras foron uns bos anos para min, fixen moitas amizades dende os primeiros días que espero manter moitos anos máis, dáme pena acabar xa o instituto, vouno botar de menos: o instituto, os alumnos e os profesores aínda que algúns xa se xubilaron. Dáme morriña non poder quedar uns anos máis.

Nos primeiros anos de instituto pasáronnos moitas cousas relacionadas coas taquillas, lembro que unha vez colleramos as miñas amigas e mais eu desodorante AXE e botabámolo no instituto coma se fose colonia. Uns días despois vimos na páxina do twitter do instituto que alguén colgara un tweet que dicía que toda a primeira planta do instituto ulía a AXE.

Martina Santiso Rodríguez 2º BAC B

Outra vez un amigo baixiño e delgadiño empezou a bromear con meterse dentro dunha taquilla, ninguen cría que podía facelo e ao final fíxoo e a directora botoulle unha bronca.

63


Concurso da natureza As cores do Arco da Vella na natureza Este curso ao alumnado de debuxo de 2º de Bacharelato propúxoselle co “deberes” participar nun concurso anual organizado polo grupo Hábitat. As bases do mesmo propoñían debuxar algún elemento da fauna e flora de Galicia. De entre os animais propostos podíamos atopar morcegos, lavercas, cabaliños do demo.... Os resultados foron moi variados e orixinais entre os que podiamos ver coloridos paxariños amarelos ata peixes creados coa delicadeza dos lapis de cores. Finalmente os cadros foron enviados ao concurso onde catro deles resultaron gañadores e seleccionados para formar parte dun pequeno calendario que se poñería á venda. Os debuxos foron expostos uns días máis tarde na Casa da Auga para qquen se quixera deleitar coa beleza na natureza galega Blanca Orro Toral 2º BAC D

64

Concurso de debuxo da natureza O alumnado de Debuxo Artístico de 2º de BAC participaron, da man das súas profesoras María e Mariam, no V Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre no Encoro de Cecebre Auga e Vida”, convocado polo Grupo Naturalista Hábitat e Emalcsa. Maila que non viñeron cun premio debaixo do brazo, queremos felicitar ás nosas alumnas polos catro traballos seleccionados dentro dos dez mellores debuxos na categoría de maiores de 14 anos. Segundo os convocantes do concurso “este ano a selección foi especialmente difícil”. Así que parabéns a: -Cristina Fariña -Melissa Delgadillo -Blanca Orro -Candela Avendaño E ás súas profesoras! Próximamente formarán parte dunha exposición e elaborarán con eles un calendario temático. E por aquí manterémosvos informados.


Intercentros Adormideras en Intercentros 2017 A primeira vez que escoitei falar do “Festival Intercentros” pareceume algo inaccesible para min. Eu non tiña ningún tipo de experiencia en concursos musicais pero, afortunadamente os meus amigos convencéronme para que me inscribise. Recordo con claridade o moito que sufrín no casting pensando que non me ían seleccionar, tras escoitar as fermosas voces de varios rapaces e rapazas que tamén se presentaran. O obxectivo era encontrar a alguén que puidese “facer un espectáculo” e naquel instan

te non entendín como podía encaixar nese perfil. Mais, a miña interpretación de “5000 Miles” da banda escocesa The Proclaimers, convenceu o xurado e fun escollida para actuar en grupo xunto con outras tres alumnas

65


do centro: Elena, Yilena e Laura que cantaran a dúo. O mes seguinte inundouse de ensaios continuos e proveitosos xunto a estas tres talentosas rapazas, que coa axuda de María, a nosa vicedirectora, e alumnos que tiñan experiencia de anos anteriores, elaboramos unha coreografía e harmonías para a canción “Counting Stars” de One Republic, coa que nos colocamos no segundo lugar.

Impresións Christian Primeiras impresións do noso auxiliar de conversa Christian, de Nova Orleans. Un canto ao entendemento común como ferramenta esencial para superar fronteiras e disfrutar das diferenzas Os alumnos de Adormideras aprendéronlle que a Arte é unha linguaxe común que facilita ese entendemento e fai medra a aceptación e o amor entre as culturas. The students of Adormideras give me hope.

O que máis me impactou foi a profesionalidade do evento e as dimensións do Coliseum. Aínda podo sentir a adrenalina ao baixar daquel tremento escenario, o orgullosas e unidas que nos sentimos de representar ao noso centro, IES Adormideras, ante máis de mil persoas. Candela Avedaño Liste 2º BAC C

A Coruna is miles and miles away from New Orleans, my home town in the United States. Of course, there are similarities between the two (for example, both are port cities); but for the most part, I am as isolated as I can be from home. When I first arrived, I hardly spoke any Spanish. Grocery shopping for the first time here at my local Gadis, I unknowingly bought cream instead of milk, which I discovered by ruining my bowl of cereal the next morning. (In my defense, the milk in the United States is usually kept in the cold aisle!) Equally trying were my experiences crashing into the rocks at Playa Orzan on my surfboard and falling from a cliff at Monte Xalo. Still, I’ve loved every minute that I’ve been here for one reason: the people. I’ve traveled to many different countries, including Mexico, Honduras,

66


Vietnam, Thailand, China, Australia, France, Portugal, Netherlands, Czech Republic, Austria, Hungary, and of course, Spain. And from these experiences, I’ve developed a theory. You can’t hate somebody that you understand. With respect to foreigners, this becomes an especially difficult task because of cultural differences, language barriers, and (though it shouldn’t) contrasts in physical appearance. I fear that as world political leaders from Catalonia to the United States continue to close borders and isolate by nationality, we as a people will lose the opportunity to get to know one another, to understand one another, to learn from one another. But the students of Adormideras give me hope. Walking through the halls of the school and looking at the artwork plastered in every nook and cranny imaginable, I see a group of young adults unafraid to express themselves, ready to unleash their creativity upon the world. I’ve always loved science. Math and logic always made sense to me. But art is for the soul. Art, by transcending language, political borders, and cultural boundaries, allows humans to communicate with one another and understand one another. Now more than ever, I believe we need people who have that courage to look at someone different from themselves and dare to get to know them. Nowhere else have I found more potential for this type of love and acceptance than Adormideras. Although I came here with the intention to teach, I’ve realized now how much I’ve learned instead. Christian

A Coruña está a millas e millas de distancia de Nova Olrleáns, a miña cidade de Estados Unidos. Por suposto, hai similitudes entre as dúas (por exemplo, ambas son cidades con porto); pero aín-

da así síntome lonxe do lar . Ao principio cando cheguei, case non falaba español. Cando fun por primeira vez facer a compra a Gadis, sen sabelo merquei nata en lugar de leite, cousa que descubrín arruinando a miña cunca con cereais á mañá seguinte. (Na miña defensa, o leite nos Estados Unidos normalmente mantense na zona dos fríos!) Outras experiencias foron chocar contra as rochas na praia do Orzán e caer dende un terraplén no monte Xalo. Aínda así, encantoume cada minuto que estiven aquí por unha razón: a xente. Viaxei a lugares moi diferentes, incluíndo México, Honduras, Vietnam, Tailandia, China, Australia, Francia, Portugal, Países Baixos, República Checa, Austria, Hungría, e por suposto España. E destas experiencias, desenvolvín unha teoría. Non podes odiar a ninguén que entendes. Respecto aos estranxeiros, isto convértese nunha tarefa especialmente difícil debido as diferenzas culturais, ba-rreiras lingüísticas, e (aínda que non debería) contrastes na aparencia física. Temo que se os lideres políticos mundiais de Cataluña e dos Estados Unidos continúan pechando fronteiras e illando por nacionalidades, nós, como xente perderemos a oportunidade de coñecernos uns a os outros, de en-tendérmonos uns aos outros, de aprender uns dos outros. Pero os estudantes de Adormideras déronme esperanza. Camiñar polos corredores do instituto e mirar os traballos de arte expostos en cada recuncho , faime ver un grupo de mozos adultos sen medo a expresarse, preparados para dar a coñecer a súa creatividade ao mundo. Sempre amei a ciencia. As matemáticas e a lóxica sempre tiveron sentido para min. Pero a arte é para a alma. A arte, vai más alá da lingua, das fronteiras políticas e barreiras culturais, permite aos humanos comunicarse e entenderse

67


uns cos outros. Agora máis que nunca, creo que necesitamos xente que teña o valor de mirar a alguén distinto a eles mesmos e atreverse a coñecelos. En ningures atopei máis potencial de amor e aceptación que en Adormideras. Aínda que vin coa intención de ensinar, doume conta do moito que aprendín. Departamento de Lingua Galega e EDLG

ficultades. Non cheguei a saber que tal lles saíu aos meus compañeiros xa que marchei nada más entregala pero espero que disfrutaran tanto da experiencia coma min. Miguel López Cuesta 2º BAC A

Olimpiada Física 2017

Os nosos xenios Olimpiada Física 2018 Este ano celebrouse de novo a Olimpíada de Física na que participamos o ano pasado e conseguimos os 2º e 3º posto da fase rexional e o 2º posto na nacional. O 23 de febreiro de 2018 celebrouse a fase rexional onde rapaces de toda Galicia fixemos unha proba nas universidades máis cercanas, a Universidade da Coruña no meu caso, onde tras dous longos exames de 2h quedarán clasificados 3 alumnos por universidade que poderán participar na fase Nacional que este ano se vai celebrar en Valladolid e tras outra proba poderase participar na fase internacional en Lisboa. Para min foi unha experiencia nova xa que me serviu tanto para prepararme para as ABAU como para coñecer un pouco máis o mundo da Física. Tras chegar e repasar algúns conceptos co meu profesor Antonio Jesús García, coñecido como Nono, entrei na aula na Universidade da Coruña onde ía ser examinado, todos os alumnos iamos moi nerviosos pero por sorte para moitos o noso maior inimigo foi a inclinación das mesas que provocaba a caída dos exames e do material. Despois do descanso tocou a segunda proba, algo máis longa e complexa que grazas ás ensinanzas de Nono puiden resolvela sen maiores di-

68

Como xa comentamos anteriormente, os alumnos de Adormideras Alejandro Saavedra Mejuto e Martín Otero Lema, de 2º de bacharelato acudiron á Olimpíada Española de Física que se celebrou en Girona a principios de abril do 2017. Nesa convocatoria, Martín obtivo unha medalla de prata, o que é un gran éxito, tal como recolle La Voz de Galicia. Noraboa, para eles e para o seu profesor, Antonio García Bastida, que os apoiou neste reto.


Teatro Troyanas “TROIANAS”, de Eurípides: Os valores das troianas na actualidade O pasado sábado 10 de marzo no Teatro Colón, nós, Laura Codesido e Marina Dans, alumnas de segundo de bacharelato do centro, tivemos o pracer de subir ao escenario cos nosos compañeiros e compañeiras de Noite Bohemia. Representamos a dous dos personaxes de “Troianas”, unha traxedia grega escrita hai máis de dous mil anos por Eurípides. Nesta peza trátase a Guerra de Troia, achegándose ás troianas e a súa raíña, Hécuba, que por perder a guerra, vense obrigadas a pasar por sorteos entre os gañadores, e servirlles como escravas. Ofrécesenos a visión das troianas, o seu sufrimento por perder os seus pais, fillos, irmáns… pero tamén o seu orgullo e honor, que aínda conservan a pesar de ser vendidas como escravas. Tamén se trata na obra as propias penalidades de Hécuba, a raíña de Troia, como matan o seu neto, de apenas dous anos, como venden á súa filla a un heroe grego, e o propio conflito con Helena. Segun-

do conta a lenda, ela foi a causante da guerra, ao abandonar a Menelao, rei de Esparta, por Paris, un dos fillos de Hécuba. As troianas bótanlle a culpa das súas desgrazas, como ben podemos apreciar nunha das escenas da obra. Presentes en todo isto están, por suposto, os deuses Poseidón e Atenea, que se encargarán de inclinar a xustiza cara ao lado que máis lles conveña, facendo dos humanos uns simples xoguetes. A pesar dos miles de anos que ten esta obra, e igual que as que a acompañan no ciclo de teatro grego, posúe certos valores e ensinanzas que aínda hoxe en día podemos aplicar. O máis claro exemplo é sen dúbida o seu valor antibelicista. Ver ás mulleres de Troia desamparadas, sendo tratadas con desprezo sen poder facer nada para evitalo, sabendo que os corpos dos seus maridos e incluso fillos andan tirados pola area do campo de batalla, esperta no público un sentimento gran de impotencia. Ademais, o propio público reflexiona acerca da situación, e eles mesmos sacan unha conclusión acerca do conflito. Ademais de ser unha obra entretida, mostra parte de cultura grega que tanto influíu na nosa cultura actual. Laura Codesido Mella Marina Dans Fernández 2º BAC

69


A celebración dos 25 anos O sábado, 10 de xuño de 2017, é unha data que non debemos esquecer os que formamos parte da comunidade do instituto Adormideras. Ese día o noso centro celebrou os seus 25 anos de percorrido polo mundo do ensino, “ensinando con arte” como reza a pancarta que aínda loce na fachada do centro. O tempo tamén vai pasando para os centros e Adormideras, que foi un dos últimos institutos creados na cidade, xa logrou a súa consolidación, sendo a día de hoxe todo un referente na cidade e na súa contorna grazas a impartir o Bacharelato Artístico.

O 10 de xuño celebramos o 25 aniversario do instituto cun acto sinxelo pero moi emotivo. As doce da mañá, profesores, alumnos, pais, persoal do centro, reunímonos na entrada para facer unha foto de recordo e saudarnos antes de pasar ao salón de actos onde tivo lugar a cerimonia oficial. Foi unha cerimonia acorde co espírito do centro, un pouco diferente ao que adoita ser este tipo de actos: houbo un discurso de agradecemento da directora para todo o persoal que pasou polo centro e outro máis institucional do xefe de estudos que trazou a historia de Adormideras polo miúdo dando datos que moitos descoñecían. Como non podía ser doutra maneira, proxectouse un vídeo realizado polo profesor de Cultura Audiovisual, que nos permitiu facer unha viaxe polo

70

tempo chea de emotivos recordos; e un vídeo máis informal con proxección de fotos de profesores e alumnos que emocionou a máis de un. E tivemos a sorte de contar co alumno Carlos Ucha que nos deleitou cunhas pezas ao piano. Creo que foi un fermoso agasallo para celebrar esa data tan sinalada. Seguidamente, tivemos uns pinchos para poder falar, intercambiar pareceres e todos aqueles que xa non están no instituto atopábanse moi emocionados de volver ao centro e de celebrar xa os 25 anos. Aproveitando a vea artística do noso alumnado, os invitados podían visitar a exposición dos traballos do alumnado de segundo de bacharelato de Artes.

Terminamos cun xantar no que ademais homenaxeamos a Ánxeles Vidán , profesora que elixiu a data dos 25 anos para xubilarse. Como directora actual do instituto, gustoume moito reunir nesta sinalada data aos directores que pasaron polo centro; tan só faltou Margarita, a primeira directora por no atoparse na cidade. Os logros dos 25 anos de Adormideras son tamén os logros dos seus directores. Grazas a Margarita Domínguez, Miguel Izaguirre, Pedro Vázquez, Alejandro Porto e Carlos Pérez por facer de Adormideras un lugar diferente no que o ensino é arte. Carmen Tembrás Alonso. Directora do IES Plurilingüe Adormideras


Bibliotecas no mundo

Bilioteca Máxica Manhattan

É unha biblioteca algo máis que un lugar para ler ou estudar? Supoño que xa saberedes a miña resposta, non? Pois si, é un lugar no que podes viaxar a mundos descoñecidos e diferentes só cun movemento da man, un lugar no que podes aprender cousas cada día.

Esta é unha biblioteca situada na azotea do Centro de Investigación das Artes da Conxura en Nova York e contén máis de 10.000 títulos, manuscritos de métodos e obxectos máxicos.

O problema está en que cada vez que dicimos a palabra ‘biblioteca’, nos vén á cabeza a imaxe dun espazo aburrido, insulso, gris...Pero para nada interesante. Sen embargo, para min é algo máxico.

O que pretende esta biblioteca é converterse nun lugar de encontro para os interesados na maxia e todo o relacionado con iso.

Por esta razón, e celebrando o día da biblioteca (24 de outubro) tráiovos unha recompilación de bibliotecas que se encontran esparexidas polo mundo pero que teñen algo que destaca nelas.

Livraría Lello Aínda que non é unha biblioteca, pareceume interesante nomeala porque foi fonte de inspiración para moitos autores, J.K.Rowling ou Enrique Villa-Matas, describíndoa como a libraría máis fermosa do mundo.

Biblioteca de Celso Máis ben o que se conserva son as ruínas da biblioteca de Celso, en Éfeso, Turquía, xa que só temos en máis ou menos bo estado a fachada ou a parede dianteira da biblioteca, que data do 110 d.C. E é motivo de turismo.

Situada no casco histórico de Oporto, en Portugal. Foi fundada cara ó século XIX por un francés e destaca polas súas singulares escaleiras de caracol e o lema que reza na vidrieira do teito : Decus in labore, é dicir, dedicación no labor.

71


Biblioteca máis antiga do mundo A biblioteca máis antiga do mundo que segue en funcionamento foi fundada por unha muller, Fátima El-Fihri, retratada na seguinte foto. Esta muller non só fundou a biblioteca, fundou o complexo arquitectónico

Biblioburros Son ‘pequenas bibliotecas’ que se levan ao lombo de burros, camelos ou elefantes. Imprescindibles en moitos países por exemplo Etiopía ou Zimbabue, nos que hai dificultade para o acceso á educación e aos libros.

no que se atopa unha Universidade (tamén considerada a máis antiga en funcionamento) e unha mezquita. A universidade e a biblioteca chámanse igual: Al-Qarawiyyin, e encóntrase en Fez, Marrocos. Data do século VIII d.C.

Hoteis-biblioteca Como xa din o seu nome son hoteis cunha ampla biblioteca (moi pouco frecuentes).

Biblioteca pública de Kansas É unha biblioteca coma outra calquera por dentro pero destaca porque ten unha fachada feita de libros, en xeral son libros moi coñecidos, dos que tiveches que oír falar algunha vez, por exemplo : O señor dos aneis de J.R.R.Tolkien.

Hai unha relativamente preto, chamada The Literary Man, e encóntrase en Portugal, sendo a única do país. Ten unhas amplas salas para tertulias e encontros.

Jiayu Guo 1º BAC E

72


O fotoperiodismo O fotoperiodismo é un xénero do periodismo que ten como intención dar unha noticia ou expresar uns sentimentos a través dunha fotografía. Tamén é chamado periodismo gráfico por razóns obvias e polo xeral son imaxes que nos impactan.

Persoalmente, o fotoperiodismo con maior calidade é o de guerra, porque para min unha fotografía é boa no momento no que che transmite ou aporta algo, tanto positivo como negativo.

Neste artigo quero centrarme en dous fotoperiodistas actuais, Rodrigo Abd e Manuel Bravo. O último nomeado é español e tamén un referente para moitos fotógrafos e periodistas do país debido a que gañou diversidade de títulos que lle dan moito prestixio neste mundo. Aquí temos un claro exemplo sobre algo que nos tocou moi preto. Observamos dous fotografías que expresan totalmente a crueldade e a devastación dos pasados incendios en Galicia. O fotoperiodismo, como todo, tivo unha “Idade Dourada”. Ocorreu entre 1930 e 1950 e non é casualidade que estea entre o periodo de entreguerras e a Segunda Guerra Mundial. Esta foi unha época na que moitos periodistas decidiron coller as súas cámaras e abandonar todo para irse documentar o que estaba a pasar no mundo.

Rodrigo Abd é o que ten a historia máis sorprendente dende o meu punto de vista. Entrou no fotoperiodismo grazas a levar a súa cámara nunhas vacacións familiares para inmortalizar os momentos xuntos. A partir de alí descubriu unha nova paixón e decidiu orientar os seus estudos a ese ámbito. O primeiro traballo que fixo foi en Honduras. Alí respírase un aire de post-guerra. Hai moita pobreza e grupos delitivos, entre eles as “maras”. Rodrigo infiltrouse nun destes grupos coa condición de non publicar as fotos nese mes-

73


mo país. As experiencias que conta convivindo con esta xente son incribles. É sorprendente o acostumados que están ás armas e a presenciar asasinatos, tanto é así que logrou captar dúas imaxes que falan por si mesmas.

Times” e morreu nun camión que pisou unha mina e explotou. Nunca sabes cando che vai tocar a ti. Entre todas as fotos que sacou destacan tres. A primeira é sobre unha muller que perdeu ao seu fillo nunha ofensiva e estaba a chorar desconsoladamente. El dende lonxe logrou captar esta toma.

Non hai mellor foto para describir a perda dun fillo ca esta.

A seguinte guerra que cubriu Abd foi a que actualmente hai en Siria. Dun dia para outro deixou a súa familia en Arxentina para viaxar ata a fronteira en Turquía e pasar escondido entre contrabando de comida e auga, posto que o goberno de Al-Asad non permite o paso de todos os medios. De alí tamén conta experiencias incríbles. Rodrigo di que en canto vas fotografiar casos así, tes que poñerte en primeira liña de guerra e iso implica que podes ser ferido ou asasinado incluso, pero iso corre á túa responsabilidade. Un exemplo claro disto é o do seu amigo que traballaba para o xornal “New York

74

Outra das grandes fotografías que conseguiu tomar é a da cabeza decapitada dun neno no medio dunha clase siria. Abd estaba refuxiándose e entrou nesa sala e tras quedar impactado vendo esa escena decidiu axustar todo para que quede algo tal que así.

A imaxe é moi dura pero en canto ao encadre que usa a regla dos tercios(que consiste en centrar o que queres destacar nun dos catro puntos que engloban


o centro da imaxe) e a iluminación con ese raio tan tenue e estremecedor de luz, é asombrosa. Esta fotografia gañou o premio pulitzer do periodismo. E por último a imaxe máis recoñedida a nivel mundial que foi tomada por Rodrigo, é nin máis nin menos que esta: Din que unha imaxe fala máis que mil palabras, e nesta situación vese reflec-

tida. Que mellor maneira de describir a dura situación dun país que esta, cun neno de aproximadamente oito anos suxeitando xunto ao seu pai un enorme lanzacohetes. Isto é algo que en occidente polo momento é impensable, pero alí parece estar máis normalizado. Mirko Vigna Palmieli 1º BAC C

(Foto gañadora tamén dun premio pulitzer do periodismo)

75


n o c s s o e m s i u u e d a seg s o s o m i r aga Agarimosas despedidas Don Antonio e Miguel vanse para se adicar a outras cousas. Chegou a hora de xubilarse para dous queridos compañeiros: Antonio Fernández-Albalat, o noso profesor de música durante moitos anos, “vaise coa música a outra parte”. Imos botar de menos a túa sensibilidade e cultura, a túa personalidade agradable de cabaleiro clásico de boa educación, o

78

que por veces causou moita perplexidade nos rapaces. Miguel Izaguirre é outra cousa: vasco que estivo connosco desde os primeiros momentos de Adormideras, asumiu con coraxe e sacrificio a tarefa de xestión do Instituto durante oito anos, tivo que resolver situacións difíciles con sentido ético e perseveranza no traballo. Como profesor de filosofía estivo 27 cursos no centro, abriu os ollos ó sentido crítico (que é pensar) para moitas xeracións de estudantes. Compañeiro e amigo de moitos cafés, imos perder o teu exemplo profesional e a túa compaña próxima.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Mapoula 2017-18 by I.E.S. Plurilingüe Adormideras - Issuu