Mapoula 2018-19

Page 1

curso 2018-19

REVISTA ANUAL

I.E.S PlurilingĂźe Adormideras



Adormideras, un lugar diferente...

mapoula 2019

|

1


CrĂŠditos

2

|

mapoula 2019


O número da Revista Mapoula que tedes nas vosas mans foi elaborado no I.E.S. Plurilingüe Adormideras, en A Coruña, durante o curso 2018-19, como proxecto coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A imaxe gráfica, deseño e maquetación foi levado a cabo polo alumnado e a profesora da materia de Técnicas de Expresión Gráfico Plástica de 2º de Bacharelato. Queremos dar grazas a todos os que participastes na súa elaboración ou colaborastes con ela dalgún xeito e pedir desculpas por calquera erro que atopedes, alleo á nosa intención. |

Contidos

Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Mª Xosé González, Mª Xosé Mato, alumnado e profesorado do instituto

Fotografías

Samuel García, Jiayu Guo, María Hermida, David P. Plaza, Sara Rizo, Raquel Vázquez

Equipo de Deseño

Isabel Cibrán, Antía Fernández, David P. Plaza, Claudia Pérez, Andrea Perramón, Sabela Rodríguez, Aitana Veira

Ilustracións interiores

Inés Aboal, Isabel Bermúdez, Isabel Cibrán, Candela Contreras, Nuria González, Paula Grangel, Isabel Juncal, Sabela Rodríguez, Carmen Rodríguez, Raquel Vázquez, Nerea Vilariño, Lan Wang

Maquetación

Nuria Amado, Iago Anido, Inés Arán, Lucía Ares, Aida Bachiller, Nerea Barrientos, Isabel Bermúdez, Simón Boedo, Alba Caamaño, Andrea Cagiao, Rubén Cancelo, Juan Carnés, Brais Carpintero, Marta Cornejo, Xana Cartón, Sofía Castro, Laura Castro, Andrea Chas, Claudia Davila, Patricia Díaz, Zaira Fandiño, Paula Fernández, Ángela Fernández, Sabela Freire, Nerea Formoso, Antía Formoso, Tamara Gesto, Paula Grangel, Lucía Guntín, Jiayu Guo, María Hermida, Yaiza Lestón, Alba Lolo, Lidia López, Carmen López, Alba López, Valentina Manteiga, Alejandra Meilán, Zara Montero, Emma Núñez, Alejandro Puga, Laura Ramos, Aisha Rey, Andrés Rey, Laura Rodríguez, Marcela Rodríguez, Nekane Rocha, Violeta Segade, Sofía Seoane, Iria Teijeiro, Miriam Varela, Mayra Vila

Ilustracións portada e contraportada

Candela Contreras Gorgojo e Alba López López

mapoula 2019

|

3


Sumario

6 IMOS DE VISITA

24 DE PORTAS PARA DENTRO

42 FACEMOS DEPORTE

Voltamos a Italia con moito agrado Os nenos da varíola Discipuli linguae latinae in museum De visita en Sargadelos Converxencias arte e ciencia O centro loxístico de Pull & Bear

Bicos con lingua Festival de Nadal Festa do Entroido Concurso de caligramas Concurso de marcapáxinas O amor na arte Ser deseñador Samaín, Samaín… A nosa revista Proyecto Aforrarte Festa Mapoula 2018 Charla con Antía Yañez Jumelage entre la Galice et la Bretagne

Semana branca en Andorra Ráfting Jugger

18 AS LETRAS GALEGAS Unha historia de amor Semana das Letras Galegas 2018 Boletín das Letras Galegas

4

|

mapoula 2019

50 ENTREVISTAS Entrevista a Silvia Penide Entrevista a Emma Núñez Xulia Pisón volve a Adormideras


SUMARIO

58 AS NOSAS CREACIÓNS

85 VOUCHE CONTAR UNHA COUSA

Montando unha exposición I Concurso fotografía matemática Galería de traballos Un prodixio co clarinete Pintando as portas Os nosos gravados A nosa árbore de Nadal particular Instalación de zapatillas Mural selvático Premios Certame Naturalista Habitat Cantiga de amigo Catálogo Ilustradas Contra o peche do MAC Por qué a noite é escura? Señalética da biblioteca Azucre vermello As finalistas Kumo, my mythological being

Das raíces ao corpo Anécdotas dos meus avós Reivindicando o Día da Muller A historia muda Agricultura 4.0 A fonte da nena Xogos populares e tradicionales Regueifas Samaín

102 AGARIMOSAS DESPEDIDAS Orlas promoción 2017-19 Ata pronto, compañeiros

mapoula 2019

|

5


6

|

mapoula 2019


Imos De Visita

mapoula 2019

|

5


IMOS DE VISITA

VOLTAMOS A ITALIA CON MOITO AGRADO Nos dous últimos cursos, o IES Adormideras vén realizando unha actividade cultural de intercambios escolares con institutos italianos.

_ por Lucía Saez, profesora Departamento Historia

Ao ser o noso centro un instituto con peso importante no Bacharelato Artístico (a maioría do noso alumnado de bacharelato cursa esta modalidade), a oportunidade de visitar un país con semellante patrimonio artístico, parécenos dobremente interesante. Non só aprenden a vivir con familias italianas,que os acollen durante unha semana, senón que ademais teñen a posibilidade de gozar coas mellores obras de arte recollidas nos magníficos museos italianos e de pasear polas cidades cheas de arte e historia. Durante o curso 2017-2018, o noso socio foi o instituto Mascheroni de Bérgamo. No mes de abril, os nosos alumnos cursaron visita á cidade lombarda. As actividades nas que participaron cos seus compañeiros bergamascos foron: visitas a museos, tanto en Bérgamo como na veciña Milán, nas cales os alumnos italianos exerceron de guías, explicando diferentes obras de arte por eles seleccionadas. Tamén puideron disfrutar da visita á extraordinaria Venecia na que apreciaron toda a beleza e orixinalidade desta cidade patrimonio da humanidade. 8

|

mapoula 2019

No mes de outubro, foron os alumnos italianos os que devolveron visita e durante unha semana coñeceron os museos da nosa cidade (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Aquarium Finisterrae...), realizaron visitas á preciosa cidade de Santiago de Compostela, aos impresionantes canóns do Sil... Mais foi o noso océano o que lles causou maior impacto.


IMOS DE VISITA

mapoula 2019

|

9


IMOS DE VISITA No curso 2018-2019, o noso socio en Italia é o Liceo Científico Galileo Galilei de Siena. Durante unha semana o pasado mes de febreiro, os nosos alumnos gozaron da arte, paisaxes e cidades da Toscana, unha das rexións máis belas de Italia e con maior patrimonio artístico do mundo. Florencia e os seus museos, Siena e a súa magnífica catedral, Pienza a cidade renacentista e San Gimignano coas súas famosas torres. Nos próximos días, serán os alumnos seneses os que nos devolvan a visita. Vemos pois, que esta actividade, ademais do seu compoñente histórico artístico, favorece a convivencia entre rapaces de dous países europeos, o que contribúe a fomentar o sentimento de pertenza a unha realidade política común como é a Unión Europea.

10

|

mapoula 2019


IMOS DE VISITA

OS NENOS DA VARíOLA Coñecendo unha historia de ciencia e aventuras no Ágora

O alumnado de 1º de Bacharelato fomos ao centro Ágora a unha charla da autora do libro Os nenos da varíola, de María Solar. Esta autora xunto con dúas investigadoras do CSIC (do Centro Superior de Investigacións Científicas) comentaron, entre outras cuestións, a importancia da expedición científica realizada polo doutor Balmis para expandir a vacina da varíola no século XIX. Mª Solar baseouse neste feito histórico, o da expedición que partiu da Coruña con 22 rapaces recollidos nos hospicios de Santiago e desta cidade para realizar unha fabulosa novela, entretida e didáctica sobre a importancia deste acontecemento. Hoxe en día esta enfermidade segundo nos contaron xa está erradicada, pero foi

esta expedición de vacinación o xerme da superación desta doenza mortal e das secuelas que levaba (cegueira, malformacións...) Igualmente falaron da importancia da enfermeira coruñesa Isabel Zendal, reitora do Hospital da Caridade da Coruña, que acompañou os expósitos e está considerada pola organización Mundial da Saúde (OMS) como a primeira enfermeira da historia en misión internacional. Hoxe en día ten unha estatua na Coruña na zona do Parrote e en México concédese o Premio Nacional de Enfermería Céndala Gómez no seu honor. Previamente a esta charla xa tiñamos lido o libro. Actividades formativas así son as que nos gustan.

María Solar. Imaxe: Marcos Fernández mapoula 2019

|

11


IMOS DE VISITA

DISCIPULI LINGUAE LATINAE IN MUSEUM Avete Amici!! _ por Marta González Rodríguez, 4º ESO B

O día 26 de febreiro os alumnos de 4ºESO B de latín fomos a unha excursión ao Museo de Belas Artes (orientada á mitoloxía), acompañados dos nosos profesores Inés e Miguel. Aparte de gozar das marabillosas pinturas e esculturas mandáronos resolver un enigma. O xogo consistía en ter que buscar os cadros que nos amosaban nuha foto nunha folla. Cando o atopabamos, tiñamos que responder unhas preguntas e

12

|

mapoula 2019

ensinalo a unha das rapazas que estaba connosco, ela dábanos unhas letras coas que poderíamos resolver o enigma. Finalmente fixemos unha visita guiada polo museo na que nos falaron das pinturas que tiveramos que buscar. Todos o pasamos xenial xa que aparte da visita, ao regreso divertímonos moito falando e rindo.


DE VISITA EN SARGADELOS A fábrica de O Castro, en Sada _ por Laura Goiriz Lorenzo, 1ºBAC C

Na mañá do día 13 de marzo acudimos a Sargadelos na compaña de Montse e Isabel, unha alumna en prácticas do Máster de profesorado que anteriormente estudara en Adormideras. Despois dunha pequena espera a un dos integrantes de Sargadelos entramos no Seminario de Estudos Cerámicos onde elaboramos unha cunca de porcelana feita coa

técnica de molde.

Acto seguido visitamos a galería e a tenda e Unha vez rematada a cunca acudimos outra vez ao baixamos ao auditorio seminario onde estaban as onde nos puxeron un vídeo nosas cuncas para contando a historia de rematalas dándolles un Sargadelos creada en 1947 toque de cor coma as que e o seu funcionamento representan a esta como a primeira fábrica de empresa. cerámica de Galicia. Rematado o vídeo Estamos impacientes por voltamos á fábrica onde recibilas e ver o resultado puidemos ver paso a paso final! a creación de todos os obxectos.

mapoula 2019

|

13


IMOS DE VISITA

CONVERXENCIAS ARTE E CIENCIA Dende o mundo de Juan Gris ata a banda de Möebius _ Montse Llamas, profesora de Volume

No mes de xaneiro, os alumnos de 1º BAC da materia de Volume tiveron a oportunidade de visitar a exposición "Converxencias Arte e Ciencia", no Centro Ágora da nosa cidade, organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña. Esta exposición enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, co gallo de amosar os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso. A viaxe da exposición iníciase na arte de Juan Gris, cunha presentación animada na que nos explicaron o seu sorprendente método compositivo e o uso da cor, algo 14

|

mapoula 2019

que nos resultou abraiante mesmo ás profesoras acompañantes... Continuamos vendo as obras impresas en 3D do artista e matemático Manuel Díaz Regueiro, recentemente expostas en congresos internacionais. A continuación traballamos nunha serie de talleres nos que puxemos en práctica algunhas das ideas explicadas na exposición, como a teselación con polígonos, a creación e interpretación de mosaicos da Alhambra, de Escher, de Penrose… Tamén xogamos con tramas e ilusións ópticas, coas espirais de Fibonacci e a banda de Möebius. Rematamos visitando a parte expositiva da mostra, na que se nos explicaban unha serie de paneis interpretativos que poñían de manifesto as conexións da ciencia con distintas obras.


IMOS DE VISITA “Foi unha presentación moi interesante, grazas á cal puiden coñecer outros rasgos das obras de Juan Gris. Eu xa coñecía algúns dos seus cadros, gústabanme moito, pero coñecer toda a xeometría presente detrás deles sorprendeume moito.”

“ Pareceume moi interesante comprobar como dentro dun mesmo estilo, o cubismo, pode haber tanta diversidade dependendo do artista. Tamén me impresionou como se poden relacionar tanto a arte e as matemáticas. “

Lucía Barreiro, 1ºBAC C

Ruth Armendáriz, 1ºBAC C

“Gustoume aprender como se realizan os mosaicos, algo que vemos a miúdo pola rúa, pero que nunca nos paramos a pensar como están deseñados” Lucía Tuset, 1ºBAC C

mapoula 2019

|

15


IMOS DE VISITA

O CENTRO LOXÍSTICO DE PULL & BEAR Os nosos alumnos de Economía e Artes de 2º de BAC visitan a planta de Pull & Bear en Narón, acompañados por Jaime Duque e Patricia e fálanos da empresa neste artigo. _ por Diego Jurado, 2º BAC B

2017, Pull & Bear inaugura o seu centro de deseño nada menos que en Narón, Ferrol. Actualmente céntranse no deseño da roupa que logo se enviará aos centos de sucursais de Pull & Bear en todo o mundo xunto coa axuda do seu centro loxístico situado no mesmo polígono industrial. Pero, como consegue unha empresa como Inditex distribuír esas inxentes cantidades de roupa e lograr organizarse á perfección?

dispostas para realizar a súa viaxe dúas veces por semana a todas as tendas que faga falta.

A roupa é producida en diferentes países de Europa e Asia, de aí proceden os constantes envíos que serán posteriormente empaquetados en Ferrol para o seu reenvío ás diferentes tendas. Inditex conta cun método de avituallamento baseado en investigación sobre o mercado, con axuda do seu centro de deseño e das diferentes tendas En Narón, o centro loxístico é decidirase a que lugares se han de basicamente, un inferno de caixas, 130000m2 onde se moven continuamente mandar os diferentes tipos de roupa e en función do triunfo que tivesen segundo dun lado a outro sen parar: en cintas de as súas vendas enviaranse máis unidades montaxe, en ganchos que pasan sobre a ou se retiraran , neste último caso, a túa cabeza ou nunha máquina que as transporta de 5 en 5 a case 25 metros por roupa sobrante levarase ao “outlet” segundo. O caso é que todo debe de estar correspondente onde se lle tratará de dar saída, aquí tamén termina a que ten algún organizado á perfección para que as defecto de fábrica ou a devolta. caixas con todo o seu contido estean

16

|

mapoula 2019


IMOS DE VISITA E é que en Inditex todo funciona segundo oferta e demanda, sérvense así dun método moito máis flexible que lles permite, non só adaptarse ás necesidades propias de cada tenda, senon tamén desperdiciar a menor cantidade de roupa posible. Pero quizais a parte máis interesante para calquera persoa cun enfoque máis “creativo”, é o proceso de deseño e o ambiente de traballo que cabería esperar dun xigante como Inditex, máis concretamente da insignia comercial Pull & Bear. Unha vez analizados os anuncios das marcas máis prestixiosas dentro do mundo da moda para esta tempada (como Gucci, Channel ou Louis Vuitton) e tendo xa observado o estilo máis rueiro das capitais mundiais da moda, proceden a deseñar as súas propostas case mesmo cun ano de antelación, adaptando esta moda de pasarela a un público moito máis modesto e sempre tendo en conta as diferenzas culturais e climáticas entre países en función das datas. Unha vez sacada á venda unha nova colección, e facendo uso de “os puntos quentes” (lugares da tenda onde, por un motivo ou outro os clientes detéñense máis e compran máis) sitúase a roupa onde sexa preciso. Se unha peza non vende o esperado, primeiro cámbiase de zona para tratar de arranxalo, se non funciona simplemente retírase, pero se ao contrario a tenda pide máis stock, proporciónaselle practicamente de inmediato. Inditex sabe que o traballo creativo é o que fai a unha empresa, sen boa roupa non farían nada, por iso moléstanse en crear o mellor ambiente laboral posible. Desde amplas salas onde todos os deseñadores dispoñen do espazo e material necesario para crear, ata cociñas e enormes xardíns onde poden ir

descansar. Dentro destas instalacións tamén se realizan sesións de fotos a distintos tipos de modelos que servirán posteriormente para campañas publicitarias e imaxes da roupa na páxina web. Contan con sala de maquillado e barbería ademais dos cromas e fondos baleiros necesarios para todas as sesións. Inditex entende ao seu público e sabe crear moda de calidade ao alcance de calquera, isto unido á constante comunicación coas tendas e un sistema loxístico envexable, sitúao á cabeza do mundo da moda no que a ganancias refírese.

mapoula 2019

|

17


18

|

mapoula 2019


As Letras Galegas mapoula 2019

|

5


LETRAS GALEGAS

UNHA HISTORIA DE AMOR Unha obra de teatro diferente _ Rebeca Moreno Vázquez, 2º ESO

O día 15 de Maio os alumnos de 1º ESO vimos unha representación de Serafín Marcos chamada: Unha historia de amor, que trataba sobre a vida de Mª Victoria Moreno, autora á cal se lle adicou o Día das Letras Galegas 2018.

Esta obra mesturaba información sobre a autora con toques de humor o que a facían moi divertida e levadeira. Foi unha actividade diferente e creo que a todos nos gustaría repetila.

20

|

mapoula 2019


LETRAS GALEGAS

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2018

O Día das Letras Galegas do 2018 foi adicado a Mª Victoria Moreno. Fixemos unha celebración en honor a este día realizando actividades como teatro, lecturas e unha exposición de diferentes obras da autora para que o alumnado coñecese un pouco máis sobre estas. Tamén se realizou unha exposición no centro con paneis sobre a súa obra. Como agasallo entregaron un boletÍn a cada alumno sobre a vida e as obras de Mª Victoria.

mapoula 2019

|

21


LETRAS GALEGAS

22

|

mapoula 2019


LETRAS GALEGAS

mapoula 2019

|

23


24

|

mapoula 2019


De Portas Para dentro

mapoula 2019

|

5


DE PORTAS PARA DENTRO

BICOS CON LINGUA Una obra de teatro

_ por Luís Rey Míguez, 4º ESO

A principio de curso os alumnos de 4º ESO tivemos a oportunidade de asistir á representación teatral "Bicos con lingua". É un espéctaculo que nace dun forte sentimento de amor cara a algo tan propio como é a nosa lingua. É unha comedia teatral limpa, sinxela, atractiva, con moito traballo por parte dos intérpretes. Esta dirixida a todos os públicos. Tamén hai escenas nas que se representan situacións da vida cotiá nas que se emprega o galego.

26

|

mapoula 2019

Temos a sensación de que os actores o pasan ben actuando. Hai moito dinamismo, e o tempo da obra pásanos moi rápido debido a que é moi divertida e entretida. Así, pretenden que esta montaxe supoña para os espectadores unha experiencia de redescubrimento dunha lingua que existe e que crece nunha inmensa riqueza. Había tempo que non disfrutaba tanto vendo unha representación na nosa lingua.


DE PORTAS PARA DENTRO

FESTIVAL DE NADAL Coma todos os anos os alumnos de ESO e Bacharelato reúnense no salón de actos para disfrutar das diversas actividades e actuacións dos seus compañeiros nas dúas últimas horas do día.

O festival foi presentado por Lexi e Laura, alumnas de segundo de Bach. De entre todas as actuacións destacaron unhas nenas de terceiro da ESO, que tocaron unha canción de

Nadal coa frauta doce. Tamén houbo actuacións de canto realizadas por Hanna de primeiro de Bacharelato, Marta de cuarto da ESO e Abel, Mayra e Tamara de segundo de Bacharelato.

mapoula 2019

|

27


DE PORTAS PARA DENTRO

FESTA DO ENTROIDO Que comece a diversión! _ por Paula Grangel. Imaxes: Jiayu Guo, 2º BAC

Comezou a festa do entroido. Adentrarse no IES Adormideras nun día tan festivo é toda unha experiencia. Este ano, nada máis chegar, xa notamos o arrecendo das lambetadas de entroido típicos de Galicia xuntándose coa ledicia, as risas, os nervios ou a ilusión polas vacacións que envolve a esta festa. Todo o mundo tiña o seu disfrace. Algúns mercados no último momento no centro comercial e outros pensados e elaborados durante semanas; cadaquén na medida das súas posibilidades e, sobre todo, da súa creatividade. Polos corredores cruzámonos con todo tipo de personaxes: dende o home que vomitaba coellos nun relato de Julio Cortázar, ata a mesma Daenerys de Xogo de Tronos, pasando por monxes budistas, samurais ou unha xungla de animais variados… mesmo as princesas Disney deixaron o palacio para presenciar a festa. Cando pasamos ao Salón de Actos a celebrar o Festival, fixo falta que empezasen a subir os primeiros concursantes cos seus disfraces para que pouco a pouco se animase máis xente.

4

|

mapoula 2019


DE PORTAS PARA DENTRO

Mais o momento álxido do festival -no que participaron todos e no cal todos contivimos o alentofoi cando o profesor de Historia, Víctor, subiu ó escenario a cantar Bohemian Rhapsody de Queen. Foi totalmente inesperado para todo o alumnado, que quedaron asombrados. Tras esta actuación imprevista, novos ánimos incitaron a realización de moitos máis espectáculos, como o de Zara, Laura e Iñaqui. Sen dúbida foi unha gran festa.

De seguido comezaron as actuacións, onde presenciamos con entusiasmo as voces extraordinarias de Marta e Tatiana, o complicado baile de Lexi e... mesmo un espectáculo de malabares!

mapoula 2019

|

29


DE PORTAS PARA DENTRO

CONCURSO DE CALIGRAMAS Esperamos que este ano vos animedes outra vez a elaborar caligramas tan chulos como os que vimos o curso pasado, realizados polos alumnos de 1º de ESO, coas profesoras de Plástica, Laura e Teba. Grazas a todos os que presentaron os seus traballos e parabéns aos premiados:

- 1º premio: Raquel Pena López - 2º premio: Ana Amigo Ribet - 2º premio: Nahuel Cossío Lovera

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS Como todos os anos, realizouse o “Eu estaba un día na miña casa cando se concurso para ilustrar un marcapáxinas. Todos os alumnos do centro estaban convidados a participar. Ademais este ano os alumnos de 2º de bacharelato tivérono como traballo obrigatorio da materia de Fundamentos de Deseño. O tema deste marcapáxinas é a normalización da lingua galega. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega fixo unha difícil selección das mellores ilustracións, ata acordar un gañador. Houbo un nivel moi alto, pero finalmente as autoras galardoadas foron Alba López de 2º BAC e Noa Pardiñas de 1º ESO, que a continuación nos contan en que se inspiraron para realizar os seus traballos:

me ocorreu participar no concurso de marcapáxinas. Era un día de lúa chea e pensei no luar galego. Estaba preto do paseo Marítimo, había unha vista moi bonita. Ocorréuseme unha frase: “Galicia e o seu luar, nada o pode superar” Díxenllo a miña nai, encantoulle a frase pero non tiña debuxo. Pensei no paseo Marítimo, nas súas vista e nunhas persoas mirando cara ao mar. E fíxeno. Cando gañei o concurso púxenme moi contenta e cando cheguei á casa miña nai e meu pai alegráronse moito. Foi unha experiencia xenial.” _ por Noa Pardiñas Ujeda, 1º ESO B

30

|

mapoula 2019


DE PORTAS PARA DENTRO

“Cando a nosa profesora de deseño nos propuxo esta actividade, empecei a barallar varias ideas. Busquei a inspiración en fotografías, e atopei unha que me resultou interesante. Baseándome niso, escollín a parte que máis me gustou e cambieille o tema. A miña intención era establecer un símil co que a xuventude fai as fins de semana e a importancia da nosa lingua. A desvalorización do galego fíxome intentar plasmar que os mozos deberiamos empaparnos da nosa lingua, e darlle os valores que ten, non deixar que se perdan os nosos costumes, xa que a nosa xeración é unha das responsables de mantela. En canto ás cores empregadas, decidinme polo azul e o branco, que son as cores da bandeira galega. A tipografía escollida foi moi simple para que a mensaxe fose máis clara e directa. Estou moi orgullosa por ter recibido este premio e tamén agradecida co Equipo de Dinamización.”

Premio BAC: Alba López

Premio ESO: Noa Pardiñas

_ por Alba López López, 2º BAC F

mapoula 2019

|

31


DE PORTAS PARA DENTRO

O AMOR NA ARTE Este ano o equipo da Biblioteca preparamos varias actividades para celebrar o amor no Día de San Valentín. E no só o amor romántico, tamén o amor entre amigos, compañeiros, na familia... Que sería de nós sen que o amor estivese presente na nosa vida...! _ polo Equipo da Biblioteca

O AMOR NAS ARTES PLÁSTICAS Hoxe queremos presentarvos a primeira das actividades, que levamos a cabo cos alumnos de Técnicas de Expresión Gráfico Plástica de 2º de BAC. Mediante a técnica de acrílico, realizaron pinturas interpretando e adaptando de xeito moi libre distintas obras da historia das artes plásticas, tanto pinturas como películas, esculturas, instalacións, performans etc. Cunha escolma de obras montamos unha exposición. O día da inauguración, un grupo de alumnos de 2º de BAC. fixeron de guías especiais para alumnos da ESO.

Premios Artes Plásticas: Alba López e Andrea Chas, 2º BAC

Premios Literatura: Antía Bringas e Carla González, 1º BAC 4

|

mapoula 2019


Premios Tarxetas: Andrés Burgo, 4º e Nicolás Pardo, 1º ESO

O AMOR NA LITERATURA

TARXETAS DE AMOR A segunda actividade que queremos compartir convosco é o tradicional concurso de tarxetas de San Valentín. Este ano tivemos algunhas moi creativas e orixinais e, como corresponde ao noso centro, tamén moi plurilingües. Podemos ler mensaxes en latín, grego, francés, inglés, galego, castelán...

Os alumnos/as escolleron as súas frases ou versos favoritos de tema amoroso, e atopáronos tanto en autores clásicos e consagrados como Lope de Vega (“Isto é amor; quen o probou sábeo”), Jane Austen ou Pablo Neruda, como tamén en autores máis actuais como os Beatles e o seu “ All you need is love” ou a tuitera anónima srta. Bebi e o seu “Case sen querer”. Isto demostra que o amor non coñece de barreiras temporais nin xenéricas: é un tema universal que nunca pasa de moda, aínda que varíe a forma de expresalo (e tampouco varía tanto).

Grazas, coma sempre, a todos os participantes!

mapoula 2019

|

33


ACTIVIDADES NO CENTRO

SER DESEÑADOR O deseñador Alberto Carballido cóntanos...

_ por Nuria Amado Botana, 2º BAC F

O pasado luns 11 de marzo acudiu ao noso instituto o deseñador Alberto Carballido para contarnos as súas experiencias como deseñador e incluso algunhas das vivencias que lle ocorreron ao longo dos anos.

Comezou a charla explicándonos algo moi importante, que deberiamos valorar as nosas obras dende un principio; é dicir, por moi pouca experiencia que teñamos non teriamos que aceptar traballos que, dende o noso punto de vista, estean mal remunerados xa que deste xeito as persoas para as que traballamos ou traballaremos creranse co dereito de infravalorar o prezo das nosas obras Imaxe: David P. Plaza

Por exemplo fortes compañías como Nike, Adidas ou Sony, entre outras moitas, son grandes empresas multimillonarias que poderían pagar moito polas nosas obras pero que, como ben nos explicou Alberto, non as remuneran ben xa que non as valoran. Por iso mesmo algunhas veces está ben traballar para pequenas industriais ou comercios. 34

|

mapoula 2019


Ao longo da vida de Alberto foi moi importante a exploración, algo que segundo el deberiamos probar sen medo a errar. Non podemos etiquetarnos en un só tipo de deseño e utilizar sempre os mesmos recursos debemos probar novos camiños e ir comprobando que técnicas se nos dan mellor ou a cales lles podemos ir sacando máis partido.

A esencia dun artista está en encontrar o seu propio estilo, a súa marca de identidade, non ten por que estar definido, simplemente hai que sentirse cómodo dentro del. Isto conséguese experimentando ata encontralo.

Deunos varios consellos que nos poden ser moi útiles ao longo da nosa vida, sobre todo para os que estudemos arte. Empezando polas zonas onde é mellor desenvolver o noso traballo; Madrid e Barcelona son as dúas grandes cidades de España, onde máis movemento hai, mais non é a mellor opción para traballar. En ambas cidades hai moitos artistas, no resto de cidades da península non hai tantos co cal hai máis posibilidades de que o noso traballo destaque por enriba do resto. Por exemplo, a Coruña é unha gran opción para traballar pero non o é para estudar. Podemos atopar unha boa escola para fomentar as bases do noso futuro en O Porto, Portugal, onde se encontra Matosinhos, a mellor escola de deseño e arte dende o punto de vista de Alberto. Imaxe: David P. Plaza

O seu último proxecto,” Nova Garda “está baseado en deseños que teñen que ver coas actividades culturais e de Patrimonio en Galicia. Lévao a cabo xunto con outro grupo de deseñadores. Imaxe: David P. Plaza

mapoula 2019

|

5


ACTIVIDADES NO CENTRO

SAMAÍN, SAMAÍN... Concurso 2018

Este ano o concurso de cabazas decoradas de Samaín volveu ser todo un éxito no noso centro con algunhas tan chulas como as que podedes ver nestas fotos. Moitas grazas pola vosa entusiasta colaboración. Realmente todos fostes gañadores na ilusión que puxestes e no traballo minucioso de elaboración das cabazas. Os premios repartíronse do seguinte xeito:

Categoría ESO: · Xiana Vázquez Mosquera e · Pau Vilá Centoira, 1º ESO B · Aitana Santamaría Mato e · Carla Santos Sánchez, 1º ESO B

Categoría Bacharelato: · Lucía Pombo Fernández, 1º BAC C · Lucía Tuset Riotorto, 1º BAC C GRAZAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!

36

|

mapoula 2019


ACTIVIDADES NO CENTRO

A NOSA REVISTA Concurso de portadas de Mapoula 2018/19

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega volveu realizar un concurso entre o alumnado do centro para elaborar a portada e contraportada da revista. Cada ano a elección nos resulta máis complicada, pola calidade dos traballos presentados e o difícil que supón xuntar opinións entre o variado xurado co que contamos.

Podedes ver unha selección das portadas finalistas na sección A nosa arte, que atoparedes máis adiante. As alumnas gañadoras do concurso deste ano son: · Candela Contreras Gorgojo, 2º BAC D · Alba López López, 2º BAC F

mapoula 2019

|

37


DE PORTAS PARA DENTRO

PROXECTO AFORRARTE Iniciativa emprendedora no IES Adormideras co BBVA _ por Alba Caamaño Regueira, 2º BAC E

Os alumnos de 4º ESO A e B de Economía e Iniciativas Emprendedoras lanzáronse este ano a participar no concurso Valores de Futuro do BBVA, proxecto que pretende educar con valores asociados á responsabilidade e ao esforzo do aforro. Ademais os rapaces tamén contan coa axuda dos alumnos de 2º BAC E. Sobre todo coa parte máis audiovisual do proxecto. Apoiándose en que a maioría dos rapaces queren estudar a modalidade de Bacharelato de Artes, decidiron que ían empregar o premio nunha viaxe a Roma, sen dúbida unha das capitais da arte. Para lograr este obxectivo fixeron unha campaña baseada nos valores cos que eles queren construír o futuro, entre eles a sensibilidade artística, a solidariedade ou o bo uso do diñeiro.

Ao longo de todo o proxecto foron recadando cartos mediante diversas actividades. Entre elas atópanse a venta de repostería tradicional como filloas, rosquillas ou orellas ademais da venda de rosas feitas de regalicia en San Valentín, tamén organizaron un torneo de fútbol que tivo participación de todos os cursos A súa actividade de maior atractivo foi o Adormifest, un festival de primavera que contou con actuacións musicais de alumnos do centro e de grupos musicais invitados. Completaron o cartel cun monólogo dunhas antigas alumnas do centro, parte do grupo teatral Noite Bohemia. Tamén foi moi ben valorado o seu blog converténdose no mellor de todo o noroeste peninsular. Dende aquí e todas as súas redes sociais informaron das actividades durante todo o proxecto.

38

|

mapoula 2019


DE PORTAS PARA DENTRO

mapoula 2019

|

39


DE PORTAS PARA DENTRO

FESTA MAPOULA 2018 Presentación da revista do instituto.

_ polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Outro ano máis temos aquí a revista Mapoula. A súa presentación realizouse para todo o alumnado o luns 15 de xuño no salón de actos. Éxito total. O EDLG aproveitou para dar os diplomas dos distintos concursos que se foron realizando ao longo do curso: o concurso de cabazas, o da portada da revista, o de caligramas e o de ex-libris. Igualmente, coma en anos anteriores, fixemos unha pequena homenaxe ao persoeiro ao que se lle adica o Día das Letras Galegas. Este ano polo tanto correspondeulle a Mª Victoria Moreno. Os nenos de 2º da ESO leron uns fragmentos de “Mar adiante” e os de 1º da ESO teatralizaron uns poemas do libro “Eu conto, ti cantas”. Para continuar coa festa cultural da revista dúas alumnas de 3º da ESO cantaron o poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro, e os de 4º da ESO deleitáronnos cantando acompañados de guitarra e ukelele "Unha noite na eira do trigo" de Curros Enríquez.

CHARLA CON ANTÍA YÁÑEZ O misterio de Portomarín _ por Carla Gómez Iglesias, Carmen Morandeira Cibeira, Noa Pardiñas Ujeda e Xiana Vázquez Mosquera, 1º E.S.O B

O mércores 3 de abril a escritora Antía Yañez veu ao noso instituto a falarnos sobre o seu libro O Misterio de Portomarín. Con tan só 27 anos fíxonos unha exposición que impresionou a todo o alumnado. 40

|

mapoula 2019


Explicounos no que se inspirou para escribir o libro. Tamén nos contou algunhas anéctotas persoais. Para escribir o libro baseouse en historias que a súa familia lle contara cando era pequena e para a creación dos personaxes inspirouse nos seus veciños de Cambre, non lles puxo o seu nome senón a súa inicial, para nomear a Antón inspirouse en Anxo, para Sabela en Sara, para Carola en Claudia e para Iria en Inés. Ela sempre soñou con encontrar un tesouro nas ruínas da presa, como nunca o atopou, decidiu escribir un libro no que en vez dun tesouro se atopaba un óso xa que a ela lle encantan as novelas de misterio e medo. Como normalmente nas novelas de misterio só aparecen homes, decidiu escribir unha historia de catro

DE PORTAS PARA DENTRO

irmáns dos cales tres personaxes son nenas. Recentemente publicou outro libro: Senlleiras e falounos un pouquiño sobre el, díxonos que podiamolo ler máis adiante xa que é para rapaces de maior idade, (4º ESO e 1º BAC). Antía contounos que este ano vai publicar outro libro de misterio cos mesmos protagonistas que situará en Burela, o seu lugar de nacemento. Grazas Antía pola túa visita, esperamos que volvas pronto.

JUMELAGE ENTRE LA GALICE ET LA BRETAGNE _ por Pablo Pérez Rodríguez, 1º ESO B

Salut tout le monde! Aujourd’hui, je vais vous raconter ce que nous faisons en classe de français. Les élèves de cinquième et les élèves de Terminale participent dans une activité internationale avec des étudiants français. L’activité est une vidéo où nous devons dire comment est notre lycée, décrire les salles de classe, le CDI, la cantine... et aussi raconter l’histoire du bâtiment. Une des parties de la vidéo est faire une interview à Mme la proviseur.

Bos días a todos! Hoxe contarei o que estamos a facer na clase de francés. Os estudantes de primeiro da ESO e de 2º de Bacharelato participamos nunha actividade internacional con estudantes franceses. A actividade consiste nun vídeo no que debemos describir o noso instituto, as aulas, a biblioteca, a cafetería... e tamén contar a historia do edificio. Un dos vídeos é unha entrevista á directora. mapoula 2019

|

41


42

|

mapoula 2019


Facemos deporte mapoula 2019

|

5


FACEMOS DEPORTE

SEMANA BRANCA EN ANDORRA Sete días para evadirse e facer deporte nun lugar privilexiado _ por Pilar Castro, profesora de Educación Física

Un ano máis tivemos a oportunidade de gozar do noso deporte favorito cos peques de 1º da ESO, os veteranos de 4º e os artistas de Bacharelato. Unha semana que se presentaba dura polas predicións meteorolóxicas, converteuse nun tempo marabilloso de compañeirismo, deporte, goce, traballo e ao mesmo tempo, descanso do cotiá. Arrancamos o sábado 26 de xaneiro coa ilusión nas maletas e o corpo preparado para a longa noite que nos agardaba ata chegar ao principado 14 horas despois da partida. 44

|

mapoula 2019

Comezamos a semana no grupo no que nos distribuíron os profesores e profesoras da escola andorrana de esquí segundo o noso nivel. O primeiro día foi o máis duro, pois o tempo non acompañou, e os novatos tiveron que loitar forte contra a gravidade que de continuo os tiraba ao chan. Pero superado este duro día e grazas á insistencia no traballo e ás clases particulares pola tarde dos máis avezados, todo o grupo comezou a gozar de cheo deslizándose polas pistas que en marzo se converteron en sede da copa do mundo de esquí.


FACEMOS DEPORTE Pronto chegou a relaxación no balneario de Caldea, cos seus chorros caendo polas nosas costas, as burbullas nas pernas ou o baño turco cos seus cambios de temperatura para facer que o noso sangue acelerase a velocidade polas veas. Tivemos que aproveitar este tempo xa que o mércores agardábanos cedo. A mediados de semana a satisfacción foi, se cadra, maior dada a melloría na nosa técnica e o descubrimento da estación que nos permitiu esquiar por pistas inimaxinables para nós o luns ou o martes. Cando a semana tocaba á súa fin, a fatiga deixouse ver e a cafetería estaba máis chea de estudantes que os primeiros días, pero non quedaba tempo que perder e o venres aproveitámolo ata que case nos botaron da estación.

O camiño de volta á casa foi máis curto que o de ida, xa que Morfeo deixouse ver cedo e as pálpebras pesaban coma lousas nos nosos ollos aínda que a neve non quería despedirse, e alá por Burgos pegouse a nós ata que en Lugo desapareceu definitivamente

definitivamente deixando o camiño libre para que as nosas nais e pais puidesen vir a recibirnos tranquilamente a Adormideras, onde rematou esta viaxe e esta experiencia inesquecible o sábado 2 de febreiro de 2019.

mapoula 2019

|

45


FACEMOS DEPORTE

RÁFTING Coma peixes na auga _ por Pilar Castro, profesora de Educación Física

sentiámonos como “peixes na auga” remando nos rápidos, divisando os estreada primavera, as profesoras de EF e criadeiros da lamprea e sorteando as o alumnado de bacharelato decidimos ir portas que se utilizan para os pasar a xornada á terra da nosa querida adestramentos de piragua. Durante o Rosalía e arrancamos cara á Padrón para traxecto puidémonos bañar, asaltar as metérmonos no río Ulla e poder desfrutar balsas veciñas e incluso lanzarnos dende coa práctica do ráfting ou, en galego, unha rocha para voar cal golfiños despois baixada do río en balsas pneumáticas. A dos seus acrobáticos saltos e finalmente mañá non comezou da mellor maneira, xa caer de novo ao río. que o transporte esquecérase de nós e tivemos que agardar no corredor máis de A actividade chegaba á súa fin, pero antes media hora. Unha vez chegou o bus e coa de poñernos a roupa seca, tivemos que ilusión que supón a arrancada do mesmo, volver cargar coas balsas, pero esta vez a perda de vista do instituto e a calor do cara a arriba. Coa axuda de todo o grupo, grupo, esqueceuse case de súpeto a a faena fíxose divertida e máis doada do incómoda espera duns minutos antes. que parecía ao principio. Coas balsas no

Coa chegada do bo tempo da recén

Deixamos atrás a Coruña e pola autoestrada do Atlántico chegamos enseguida a Ordes, Santiago e por fin Padrón, pasamos por diante da Casa Museo de Rosalía de Castro e baixamos ao río cargando nas costas coas balsas despois de ataviarnos cos neoprenos, cascos e chalecos salvavidas. Xa no río e grazas á corrente,

4

|

mapoula 2019

remolque, os neoprenos, cascos e chalecos preparados para seren lavados e secados, xa puidemos poñernos a nosa roupa limpa e montar no autobús que nos trouxo de novo ao centro para poder ir comer tranquilamente á casa e repoñer as forzas que quedaron no río á espera de voltar o vindeiro ano e volvernos encontrar con este río que seguramente terá inspirado á poeta.


FACEMOS DEPORTE

mapoula 2019

|

47


FACEMOS DEPORTE

JUGGER Un deporte diferente

O jugger é un “xogo-deportivo” de loita con armas no que se enfrontan dous equipos de cinco xogadores nun campo de 40x20. Naceu en Alemaña nos anos 90 a partir da película Sangue de Heroes, aínda que a súa chegada a España non foi ata finais dos 2000. O obxectivo do xogo é acadar máis puntos có rival. Para anotar cada tanto hai que introducir o jugg, un cilindro acolchado de 30 centímetros, na base que se atopa no lado contrario do campo. No inicio do punto, os xogadores de cada equipo se sitúan nos extremos do campo -líña de base e o jugg no centro.

_ por Xana Cartón Morilla, 2º BAC D

Hai diferentes tipos de armas: Escudo e espada:

Duais:

Mandobre:

Bastón/Stab:

Q-Tip:

Kette/Cadea: Os 5 xogadores divídense en 4 pompfers e un qwiker. O qwiker -ou corredor- é o único que pode coller e levar o jugg aínda que non porta unha arma, e por iso é quen marca os puntos. Os xogadores intentan golpear e deter ós rivais e non ser golpeados. Protexen así ó seu corredor para que poida chegar á base contraria.

48

|

mapoula 2019

Esta última ten normas especiais, só pode haber unha por equipo.


FACEMOS DEPORTE

Cando un xogador recibe un golpe debe poñer un xeonllo no chan e unha man no lombo durante cinco pedras ou oito no caso de ser impactado por un kette. O uso de pedras ten a súa orixe na duración dos partidos na película orixinal, onde o tempo se marcaba lanzando 150 pedras a un gong. No xogo actual as pedras son intervalos de un segundo e medio medido por medios electrónicos. Os partidos acostuman ter unha duración de 200 pedras (dúas partes de cen) ou un obxectivo de certos puntos.

Como xa dixemos, este xogo-deportivo xorde da película Sangue de Heroes, estreada no ano 1989. Foi dirixida por David Webb Peoples, guionista de Blade Runner. Está ambientada nun mundo distópico no que equipos de juggers se enfrontan para conseguir fama de heroes. Con todo, a película non ten unha valoración especialmente boa.

En España celébranse pequenos torneos e ligas rexionais, catro torneos nacionais e un torneo internacional. Ademais todos os anos hai un torneo de exhibición no que se enfrontan os 12 mellores equipos, chamado Master’s Cup. En Galicia hai equipos en varias cidades, algúns dentro dos mellores de España.

Imaxes: Esquerda: Urcos IITIE, por Aida Bachiller Domínguez Arriba: Idea-Guardia Varega I Torneo de Primavera, por Icia Carro Barallobre Abaixo: Urcos-Axolotes II Brigantium, por Icia Carro Barallobre

mapoula 2019

|

49


50

|

mapoula 2019


Entrevistas

mapoula 2019

|

5


ENTREVISTAS

ENTREVISTA A SILVIA PENIDE Regreso dunha antiga alumna _ por Sheila Seijas, Amina de la Fuente, Ingreed Ferreira, Rebeca Guerra, 1º BAC E

Silvia Penide naceu en 1974 en Meicende (A Coruña) é intérprete e compositora galega. Xa cunha carreira musical chea de éxitos e de bos proxectos neste mundo artístico que, ás veces tan difícil resulta. Desde o seu antigo instituto alegrámonos especialmente polos triunfos que vai acadando día a día e dámoslle as grazas pola súa extraordinaria actuación no Instituto. • A que idade comezaches a sentir interese pola música? Dende moi pequeniña xa tiña claro que quería cantar, é algo vocacional. Dende que teño uso de razón, a música está sempre presente en todo. • Cando xa definitivamente decidiches adicarte profesionalmente á música? Definitivamente só á música dende 2016, compaxinando esporadicamente con outras cousas, dende 2007. • Resultouche difícil facer o teu primeiro álbum musical e publicalo? A verdade é que sempre teño a sorte de contar con moi bos equipos.As primeiras maquetas graveinas en Radio Arteixo e podía editalas con moi pouquiño gasto pola miña parte. A primeira vez que me metín nun estudo de gravación, lémbrome que me faltaba pouquiño para poder pagar todo e percorrín as tendas de Meicende (onde me criei) pedindo se podían aportar algo e eu a cambio, poñía publicidade do establecemento no disco. Foi unha especie de crowdfunding caseiro e saiu moi ben. Lembro aquela etapa con moito agarimo. 52

|

mapoula 2019

• Cres que é un mundo machista? Creo que como en case todos os ámbitos aínda queda camiño por percorrer.Por exemplo, mulleres técnicas de son, empezo a velas agora.O habitual era que sempre fosen técnicos de son. • As mensaxes das túas cancións foron inspiradas a partir da experiencia persoal ou segundo o que coñeces do teu círculo de amizades? Practicamente todas son vivencias persoais pero hai moito do que me rodea nas cancións. Sobre todo cando fago traballos conceptuais como “Desafinante Crónica” que era un disco que falaba de rupturas e adiqueime a buscar historias de rupturas, ou “Todo pintado de plata” que é un disco no que cada canción é un planeta e compuxen cada tema inspirándome no que cada planeta me “contaba”.


ENTREVISTAS

• A que se debeu a lectura do poema no concerto do instituto? Está relacionado coa letra dalgunhas das túas cancións? Ese quería lelo especialmente para nomear un proxecto que teño xunto con Carla López que se chama FEMININOPLURAL no que cantamos todo cancións escritas por mulleres. Unha homenaxe á muller autora.Tamén lemos poemas e pareceume bonito falar un pouquiño dese proxecto e o que significa. • Falando do Instituto, podes comentarnos algo que lembres especialmente ou algunha anécdota? Pois a verdade que anécdotas algunha teño pero non se poden contar (ha ha ha) Pasáronme moitísimas cousas aí. Foron dous anos de crecemento persoal, algún namoramento, abriume moitísimo a mente poder facer Bacharelato Artístico.Foi das mellores decisións que tomei na miña vida.

• Cal é a mellor e peor lembranza que tes dun concerto? Unha das mellores lembranzas recentes foi un momento fermosísimo cantando este verán con Andrés Suárez nun Festival. A peor, a verdade é que non teño ningún mal recordo... de momento! • Cal é o teu próximo proxecto? O ano que vén sacarei novo disco gravado por David San José que produciu a Ana Belén ou Víctor Manuel entre outros e para min foi un soño traballar con el. • Moitas grazas. Moitas grazas a vós! (Non deixedes de informavos na súa páxina web: www.silviapenide.com )

• Cal foi a sensación de voltar ao centro? Pois moita emoción.Lembreime moitísimo de compañeiras e compañeiros (algúns aínda os conservo), recoñecínme nos corredores, nas cadeiras do salón de actos onde tantos exames fixen... Encantoume voltar. • Tocas algún outro instrumento musical ademais da guitarra? Aporreo un pouquiño o piano, o ukelele e toco percusión. • Tes moitas cancións con letra en galego? Si, cancións que quedan no tinteiro, poemas e textos, .... a verdade é que sempre me resulta difícil escoller os temas á hora de gravar disco.

mapoula 2019

|

53


ENTREVISTAS

ENTREVISTA A EMMA NÚÑEZ A nosa alumna de 2º de bacharelato vén de acadar o primeiro premio no Campionato europeo de karate, na modalidade de kata cadete, junior, sub-21 coa Selección Española e cóntanos a súa experiencia nesta entrevista. _ por Diana López, alumna do Practicum

- Recentemente lograches a medalla de ouro -xunto coas túas compañeiras de equipodo Campionato Europeo na modalidade de Kata, pódesnos explicar en que consiste? Dentro do karate hai dúas modalidades: o kumite (combate) e o kata. O kata é unha serie de técnicas de defensa e ataque, de puño e perna, cunha orde preestablecida e adversarios imaxinarios. É dicir, é a parte técnica do karate.

- Como empezaches a practicar Karate e como terminaches destacando en Kata? Comecei aos 6 anos. Fixen karate e judo, pero finalmente decateime polo karate. Con 9 anos paseime ao meu ximnasio actual, o Karate-Do Carballo, onde o meu sensei Carlos Felpeto leva adestrándome dende aquela. Antes tamén facía kumite, pero deixei de competir en combate e centreime no kata.

- Que che ensinou como persoa esta modalidade deportiva? É dicir, que virtudes cres que che axudou a desenvolver o feito de practicares Kata ou Karate? Aportoume confianza en min mesma e moita seguridade. Tamén ensina moitos valores, como o respecto, compañerismo, disciplina, educación... Ademais desenvolve a capacidade de concentración, o autocontrol e mellora a saúde física e o estado de ánimo. - Como compaxinas a túa vida académica e a competción? Como organizas a túa rutina diaria cando tes que adestrar? Fai falta organizarse moi ben e saber perfectamente como repartir o tempo. Sempre intento levar as cousas ao día ou ir adiantando materia para non ter imprevistos.

Imaxe: Jiayu Guo, 2º BAC D 54

|

mapoula 2019

- Como te recibiron as túas compañeiras e


compañeiros á túa volta?

FACEMOS DEPORTE

Todos se alegraron moito e as miñas amigas incluso me organizaron unha festa sorpresa. Foi moi emocionante. Para min significou moitísimo ver o apoio de todos. - Que momento especial destacarías da túa experiencia no torneo? De que te sentes máis orgullosa?

Imaxe: Jiayu Guo, 2º BAC D

Esta foi unha expreriencia única e sen dúbida a mellor da miña vida, polo que non podería escoller só un. O que si podo destacar foi o momento no que fixemos o bunkai (a aplicación do kata), xa que pensei que o ía pasar mal debido aos nervios, pero ao final paseino como unha nena pequena e sentinme moi cómoda no tatami. Síntome orgullosísima de todo o traballo e esforzo que puxemos en cada un dos adestramentos para conseguir chegar á nosa meta. Imaxe: Sara Rizo, 2º BAC D

mapoula 2019

|

5


ENTREVISTA

XULIA PISÓN VOLVE A ADORMIDERAS Este curso tivemos a oportunidade de coñecer á ilustradora e exalumna do centro Xulia Pisón en dúas ocasións. A primeira nunha mesa redonda que tivo lugar na EASD Pablo Picasso e a segunda na Biblioteca do noso centro. Alí compartiu connosco unha charla estupenda, presentounos o seu último libro Microalgas, e ademais, ao rematar, regalounos consellos moi interesantes para as nosas futuras carreiras como artistas. Deixámosvos con algunhas preguntas e as imaxes que os alumnos de 2º de BAC prepararon para a ocasión.

· Houbo algún feito en concreto que fixese · Que consello lle darías á Xulia que estaba que cambiases a túa traxectoria case totalmente e decidises comezar coa ilustración? (se é que se pode saber). Houbo varios factores tanto no ámbito persoal como profesional que me axudaron a dar o salto á ilustración, pero principalmente foi a convicción de que merecía darme a oportunidade de seguir o camiño que abandonara tantos anos atrás. Tardei moito tempo en escoitar e facerlle caso á voz interior que me animaba a intentalo, pero ó final tes que ser fiel a ti mesma.

· Como é o proceso creativo que segues ao construír os personaxes das túas historias? Non teño un proceso consciente de creación de personaxes, simplemente saen. Supoño que moitos deles representan unha parte da miña personalidade en todas as súas dimensións (un cactus sarcástico con mala uva, un armadillo adorable, un corazón roto, unha aventureira inconsciente, etc). Iso mesturado cun montón de referentes de películas, cómics, libros e series... e tachán!

· Que fas cando tes un bloqueo artístico e queres saír del? Normalmente para saír dos bloqueos intento desconectar un anaco, quedar con amigos, ler algo novo ou ver unha película. O que sexa necesario para recargar as pilas creativas e cambiar a forma de afrontar o papel en branco. Ás veces a mellor forma de encontrar algo é deixar de buscalo. 56

|

mapoula 2019

a piques de empezar Ilustración e non sabía (quizais) que se atoparía de aí en diante? Á Xulia que estaba comenzando con esta aventura diríalle que tivese coidado coas lesións, que non é cuestión do rápido que chegues, senón de chegar con todas as pezas en bo estado. A vós, que estades a piques de tomar decisións de futuro, diríavos que sexades fieis a vós mesmos e que non as tomedes en base a medos. Ademais, a vida da mil voltas e ningún camiño é definitivo!

· Actualmente traballas unicamente como ilustradora? Tiveches que compaxinalo algunha vez con outros empregos ou traballaches noutros campos? Si! Actualmente adícome exclusivamente á ilustración. Non é fácil e hai que diversificarse, non só podes debuxar o que che gusta. Por exemplo eu dou clases de debuxo, fago encargos de cómic e ilustración, dou charlas e talleres, fago exposicións, vendo obras orixinais, láminas, etc. Hoxe en día hai que ser creativo en todo!


Aínda que xa non traballe no campo das ciencias seguen a interesarme moito e “frikeo” sempre que podo. O traballo de enfermería aportoume moitas experiencias humanas en primeira persoa e abriume os ollos ó efémero e fráxil da vida. Todo é compatible coa arte. O que aprendes ó longo da vida conformará a túa visión da realidade. Canto máis amplíes os horizontes de coñecemento, mellor será a túa comprensión do mundo e máis terás que achegar.

· Non teu libro, Microalgas, como foi o proceso de deseño de personaxes de algo que non é unha persoa? En que te baseaches para darlles forma humana e asignarlles determinados trazos a estes seres vivos? Relacionáchelos con xente que coñeces?

Imaxe: Raquel Vázquez, 2º BAC E

· Tiveches algunha vez algunha crítica negativa? Como a afrontaches? Todos os ilustradores e creadores de contido cultural están expostos constantemente á crítica. Hai que saber diferenciar de quen veñen e o fundamento que teñen. E non tomalas como un ataque persoal. Dunha crítica negativa de alguén con criterio e coñecemento aprendes máis que de todas as palmadiñas no ombro do mundo. Eu pido críticas a compañeiros e amigos moi a miúdo. Son moi útiles para ver os fallos dos que non es consciente, e así aprender e mellorar o resultado final.

· Na charla da EASD Picasso dixeches que converteras o teu hobby no teu traballo. Agora, cando tes tempo libre ségueche apetecendo debuxar? Antes tiña máis necesidade de debuxar constantemente, levaba caderno e lapis a todas partes e aproveitaba cada pequeno intre non bus, esperando no médico ou tomando un café. Agora sigo debuxando como hobby, pero tómoo menos en serio. Fágoo mentres vexo unha serie ou garabateo viñetas que me fan graza.

Neste caso tiña unha morea de datos científicos sobre as características das algas. Así que collín algunhas delas para crear os personaxes, e completeinas con trazos de xente coñecida ou con características de estereotipos propios da historia de aventuras xuvenil.

· Algunha vez pensaches que non eras capaz de facer un traballo chegando así a abandonalo? No caso de que che ocorrese, por que criches que non eras capaz e como repercutiu no teu camiño? Son unha persoa bastante prudente á hora de aceptar traballos. Ás veces chegan ofertas que parecen grandes oportunidades, pero hai que ter coidado con aceptar proxectos demasiado ambiciosos ou con condicións pouco xustas. Eu fíome do meu instinto, pero sen deixar que o medo ou a inseguridade controlen a decisión final. E de momento, non creo que deixase pasar ningún traballo que me tivese cambiado a vida para mellor.

· Como influíron as ciencias no teu traballo

Grazas Xulia! artístico? Consideras compatibles ambas as ramas? Imaxe (analóxica): Samuel García, 2º BAC C

mapoula 2019

|

5


58

|

mapoula 2019


As Nosas Creaciรณns mapoula 2019

|

5


A NOSA ARTE

MONTANDO UNHA EXPOSICIÓN Nada é tan doado como parece _ por Inés Arán e Isabel Bermúdez, 2º BAC F

As profesoras de Debuxo Artístico e Técnicas de expresión gráfico-plástica propuxéronos montar unha exposición cos nosos traballos. O primeiro paso foi ir en busca dos marcos, logo formamos unha cadea de montaxe; unha persoa adicábase a abrir os marcos, levantando as pestanas que o pechan e quitando a lámina de madeira que estaba detrás. Outra quitaba os plásticos protectores do cristal e limpaba por dentro. A seguinte colocaba o traballo e puña unha lámina branca que viña co marco por se o debuxo non ocupaba todo o espazo. Despois volvíase a poñer a lámina de madeira no marco e pechábanse as pestanas negras para que quedase ben asegurado. E por último, limpamos o cristal por fóra.

60

|

mapoula 2019


A NOSA ARTE

Agora comeza a parte máis entretida, que é colocar os cadros na exposición. Isto require un mínimo de coñecemento en composición: hai que decidir a orde baseándose na cor, tema, técnica, formato, etc. Para comezar, colocamos os cadros no chan e decidimos a disposición destes adaptándoa ao espazo. Entón, no chan, imos cambiando a orde dos cadros, vendo cal é a mellor composición.

Unha vez decidido isto, chegamos ao proceso de colgado, utilizando unha especie de rede para dispoñer os cadros. Despois, subidos a unha cadeira, fomos colgando de arriba a abaixo mentres parte do equipo se fixaba dende lonxe no resultado da colocación, para que quedasen todos perfectamente aliñados. E xa está lista para ver!

mapoula 2019

|

61


A NOSA ARTE

I CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA O mundo está repleto de xeometrías e números

As profesoras do Departamento de Matemáticas María Díaz e Carmen Vecino, en colaboración con Isabel Aller, de CAU, organizaron o curso pasado unha exposición de fotografía na que podemos ver a relación entre ambas disciplinas. O mundo está repleto de xeometrías e números, só temos que saber mirar para aprecialos. O II concurso xa se puxo en marcha no curso actual, pero aquí vos presentamos as imaxes premiadas e finalistas da 1ª edición, nas categorías de ESO e Bacharelato.

1º premio Bacharelato

2º premio Bacharelato

Lan Wang Ángela García García Cabezón

1º premio ESO

2º premio ESO

Yara De La Iglesia Gómez

Levi Barros García

62

|

mapoula 2019


A NOSA ARTE

Finalistas Bacharelato

Iria Teijeiro Pereira

Laura Pallas Tuset

Noa Fernández Morano

Mirko Vigna Palmioli

Elena López Pérez

Finalistas ESO

Lucía Sesar Ares

Alba De Luz Pérez

Pedro Trigás Pereira

Pepe Lado Díaz

Alba Morán Martínez

mapoula 2019

|

63


A NOSA ARTE

64

|

mapoula 2019


A NOSA ARTE

GALERÍA DE TRABALLOS de Técnicas de E.G.P e Volume

Raquel Vázquez, Nuria González, Alba López, Carmen Rodríguez, Lan Wang, Jiayu Guo, Nerea Vilariño, Isabel Juncal, Antía Bringas, David Pérez, Claudia Pérez, Lucía Pombo, Sergio Capelán

mapoula 2019

|

65


A NOSA ARTE

UN PRODIXIO CO CLARINETE _ por Carla Gómez Iglesias, 1º ESO B

Ola a todos/as. Por petición de dúas profesoras vouvos relatar a miña experiencia nun programa da TV1 no que participei, chamado “Prodigios”. Pois ben: chamáronme porque podería ter o perfil para presentarme ós castings de dito programa xa que esixían un currículo

extenso e documentado, por suposto.

duascentas persoas detrás das cámaras, é un labor importantísimo telo todo controlado, a disciplina e ser un mesmo é clave, non dan dúas nin tres oportunidades porque se depende dun equipo e viceversa.

Unha vez pasados os castings en Madrid de centos de rapaces, déronnos a noticia de que entraba no programa, entón aí xa empezan as entrevistas tanto a min coma a miña nai e a Xuntáronnos a todos nun presentación de todo tipo hotel, tanto aos pais coma de documentación (fotos, a nós; os pais facían diplomas, trofeos, notas...). Nada na Coruña en 2006, a nosa artista comeza aos cinco anos na Escola de Músicos da Coruña. Á idade de 9 anos, é seleccionada no 1º Concurso de Interpretación Mozos Solistas de Galicia.

Os seleccionados fomos dúas semanas a Valladolid gravar o programa. O que vemos en pantalla de un minuto non podedes imaxinar a de xente e o traballo que hai detrás, neste en concreto había 4

|

mapoula 2019

actividades xuntos mentres nos tiñamos os nosos labores no Auditorio Miguel Delibes, como: gravacións, probas de vestiario, clases co noso Coach, ensaios coa orquestra, probas de son etc…


A NOSA ARTE A experiencia foi fantástica, gustaríame que todos os nenos tiveran a posibilidade de vivir unha experiencia coma esta; pero isto non ten nada que ver cos outros 14 concursos que me presentei dos que saín vitoriosa. Isto é TV e hai cousas que non dependen do que poida facer un concursante, aínda que este concurso gustoume moito máis, xa que a convivencia de rapaces con gustos parecidos facíanos estar máis unidos é isto foi extraordinario para a miña madurez. Vin encantada do trato de todo o persoal e de todos os compañeiros é tamén, por suposto, da adrenalina do xurado impoñente a dous metros de min e de poder formar parte da orquestra sinfónica de Castela e León. Este programa e cultural, oxalá teña bastante audiencia para dar vida as artes, xa que aquí en España isto está moi

parado. As institucións tampouco están moito polo labor de axudar. Estas disciplinas requiren un sobre esforzo para o alumnado para poder compaxinalo todo, xa que son disciplinas nas que se teñen que inverter moitas horas e deixando atrás o esforzo económico dos nosos pais ; asi que aínda que é un camiño complicado imos loitar e dar luz a este tipo de programas para conseguir o que nos gusta. Fixen compañeiros de varios puntos de España, cos que tiñamos conversas nocturnas, risas, xogos, anécdotas do día... que boto en falta, pero seguimos en contacto. Foi fantástico poder participar neste proxecto. Oxalá poidades vivir unha experiencia coma esta. Ata próxima, lectores.

Con 10 anos, Carla xa é gañadora de premios nacionais e internacionais, sempre en categorías superiores á súa idade: en Italia, New York, Berlin, Londres, Portugal…, acadando o Premio especial “Absolut Winner" na International Competition for Clarinet, en Praga. Na actualidade participa no concurso televisivo Prodigios, que se emite na noite dos sábados en RTVE.

mapoula 2019

|

67


A NOSA ARTE

PINTANDO AS PORTAS A colección continúa medrando _ por Alba Caamaño Regueira, 2º BAC E

Grazas á colaboración da profesora de Debuxo Artístico, María Álvarez, e aos alumnos e alumnas Clara, Violeta, Marina, Paula, Bruno, Blanca, Laura e Rocío, este curso retomamos unha das actividades máis esperadas polos alumnos de Bacharelato de Artes, pintar as portas das aulas con obras da historia da arte. En Historia 2 recíbenos o impresionismo do “Estanque das ninfeas” de Monet. En Lingua Castelá, un clásico da literatura como “ O Quixote”, que aparece retratado polos alumnos a partir dun debuxo desta curiosa interpretación de Pablo Picasso. Na entrada do instituto, a porta do Salón de Actos estábanos pedindo unha renovación. Tras un longo proceso de traballo, as alumnas de 2º BAC reproduciron o famoso cadro de Toulouse Lautrec, “Au Moulin Rouge”. Nestas imaxes podedes ver o traballo realizado e comparar o antes e despois.

68

|

mapoula 2019


A NOSA ARTE

mapoula 2019

|

69


A NOSA ARTE

OS NOSOS GRAVADOS Gravados de punta seca e linografías

2

1

4

4

|

mapoula 2019

3


5

6

1. Lucía Beade 2. Marina Aradas 3. Angela García 4. Paula Babío 5. Carlos Franco 6. Julia Souto 7. Clara Rey

7

mapoula 2019

|

71


A NOSA ARTE

A NOSA ÁRBORE DE NADAL PARTICULAR _ polo Departamento de Artes Plásticas

Sabedes que todos os anos a profesora Laura Molina pon en marcha este proxecto tan interesante e que implica a moitas mans que participan na súa elaboración. Aproveitamos para agradecervos a todos os que axudastes no traballo, especialmente a Laura e Fernando desde conserxería, imprescindibles, como sempre, para que todo funcione.

72

|

mapoula 2019


A NOSA ARTE

INSTALACIÓN DE ZAPATILLAS No primeiro andar do centro, xunto ás escaleiras, podedes ver a instalación realizada polos alumnos de Volume de 1º BAC do curso pasado, coa súa profesora Amparo Arredondo. Zapatillas elaboradas en cartón cortado e colado que colgan dos seus cordóns. Seguramente non serán as máis cómodas nin tampouco as que mellor resisten a choiva, pero seguro que son das máis artísticas que vos podedes atopar.

MURAL SELVÁTICO Enriba do ascensor da primeira planta podedes atopar o mural que elaboraron a final do curso pasado os alumnos de 1º de ESO coa profesora Laura Molina. Moito coidado se atopades algunha bolboreta voando pola zona...

mapoula 2019

|

73


A NOSA ARTE

PREMIOS CERTAME NATURALISTA HABITAT “A Fraga Encantada do Encoro ‘’

_ por Jiayu Guo, 2º BAC D

Algunha vez parácheste a observar todas as marabillas que o encoro de Cecebre nos brinda? Animais e plantas tan variadas que habitan nel e que conviven connosco, e nós nin sequera sabemos da súa existencia!

Para aqueles que dicides coñecer o encoro como a palma da súa man, estades seguro diso? Este ano, os alumnos de 2º de BAC e 1º da ESO participamos no VI Certame de Debuxo da Natureza da Vida silvestre do encoro de Cecebre, no que tiñamos que debuxar algunhas das especies que habitan o lugar. Que mellor maneira de coñecer a natureza que nos rodea?

Houbo un acto de entrega de premios ao que asistiu o alcalde entre outras autoridades. Entregaron os premios para o primeiro, segundo e terceiro posto e un lote de agasallos para os que quedamos gañadores dentro da súa especie e categoría. Os nosos gañadores foron:

3

4

Categoría maiores de 14 anos (2º BAC) 1. Jiayu Guo, (Accipiter gentilis ) 2. Nerea Barrientos Moreira, Tentacións vermellas (Ilex aquifolium) 3. Lidia López Cejuela, Sapo partero (Alytes obstetricans) Categoría menores de 14 anos (1º ESO)

1

74

|

mapoula 2019

2

4. Xoel Morenza Álvarez, S.t. (Eliomys quercinus)


A NOSA ARTE

Cantiga de amigo Carballos sabios onde vivo sabedes novas do meu amigo? Foise e esqueceume, canta dor! Caraballos sabios onde canto sabedes vos do meu amado? Foise e esqueceume, canta dor! Sabedes novas do meu amigo? O quen dixo casar comigo? Foise e esqueceume, canta dor! sabedes vos do meu amado? O quen dixo casar namorado Foise e esqueceume, canta dor!

Texto: Gabriela Río Gesto, 1º BAC E Ilustación: Isabel Juncal Romaní, 2º BAC D

mapoula 2019

|

5


A NOSA ARTE

CATÁLOGO ILUSTRADAS Retratos de mulleres destacadas _ por Montse Llamas, profesora de TEGP

As nosas alumnas de 2º de BAC do curso pasado foron seleccionadas para participar na elaboración do Catálogo Ilustradas posto en marcha pola consultora Promove. Foi un proxecto galardoado cun dos premios Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade, convocados pola área de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña. Dicimos alumnas porque neste caso todas as seleccionadas do noso centro foron rapazas. Neste catálogo réndeselle homenaxe a mulleres destacadas en todas as disciplinas que merecen ter un lugar na historia que non sempre se lles concedeu, a través de retratos e ilustracións elaboradas con diferentes técnicas. Os traballos foron coordinados polas profesoras María, a nosa Vicedirectora, Amparo e Montse. O pasado xuño tivemos a oportunidade de asistir á presentación do catálogo e ao acto de entrega de premios na

Obra premiada: Frida Kahlo por Melisa Delgadillo 76

|

mapoula 2019

Deputación da Coruña. Podedes atopar o catálogo na nosa Biblioteca. As nosas alumnas seleccionadas foron Ángela García, Nerea Morante, Paula López, Candela Avendaño, Clara Rey, Violeta Moldes, Laura Ramos, Marina Aradas e Julia Aldecoa. Ademais, Melisa Delgadillo resultou gañadora dun dos premios concedidos.


A NOSA ARTE

CONTRA O PECHE DO MAC _ polo Departamento de Artes Plásticas

Non nos gusta compartir malas noticias como esta sobre o peche do museo MAC da nosa cidade. Supón unha grande perda para todos e especialmente para os nosos alumnos, que visitaron as súas exposicións e gozaron coas súas actividades pedagóxicas en numerosas ocasións. Tanto, que se animaron a elaborar nas clases de Fundamentos de Deseño de Carolina Miraz estes carteis en protesta polo peche.

Así mesmo, o Departamento de Artes Plásticas fíxolles chegar un escrito de apoio polo bo trato recibido polo persoal do museo durante todos estes anos. Os últimos días de apertura do museo, antes de rematar o 2018, estes carteis e o texto enviado colgaron dunha das paredes do edificio que tantas veces visitamos. Grazas e ata sempre!

mapoula 2019

|

77


A NOSA ARTE

Hai moito tempo a lúa casou co sol. A lúa tiña ganas de ter un fillo planeta, así que o sol, para facer feliz á súa esposa, fixo unha mestura do seus gases e outorgoulle á lúa o resultado ao que chamaron Plutón. A lúa estaba moi contenta co seu fillo planeta ata que un día, a Terra, a grande amiga da lúa,díxolle que os seus habitantes estaban a estudar Plutón, e que ata o de agora descubriran que só era un cúmulo de gases. A lúa pediulle ao Sol que lle contase toda a verdade. O Sol díxollo e, desde entón, a lúa está moi triste, por iso a noite é negra. E por iso a lúa e o sol nunca coinciden ao mesmo tempo, porque a lúa segue triste e moi enfadada co seu marido

POR QUE A NOITE É ESCURA? _por Elena Gómez e Xiana Pedreira, 1º ESO A

78

|

mapoula 2019


A NOSA ARTE

SEÑALÉTICA NA BIBLIOTECA Lidia López Cejuela e Nekane Rocha preséntannos a súa proposta de identidade gráfica da sinalización da Biblioteca, elaborada na clase de Fundamentos de Deseño coa profesora Laura Molina. _ por Nekane Rocha, 2º BAC D

No traballo proposto tivemos que facer os sinais informativos e identificativos da biblioteca para clasificar os libros, creando a súa identidade corporativa. Levamos a cabo o deseño da sección de Ciencias puras coas súas subcategorías: Bioloxía, Botánica, Física, Matemáticas, Química e Zooloxía. A nosa idea principal era que resultasen rechamantes, interesantes, e, á vez, sinxelos.

Pensamos que era moi importante que os isotipos (iconos) fosen lexibles e fácilmente recoñecibles, así que nos centramos sobre todo na búsqueda ou creación destes. Empregamos as imaxes integrándoas ou cambiándoas por unha letra de cada categoría.

Unicamente usamos a cor branca e a correspondente a cada tema (Ciencias puras é verde), xa que todas están formadas polos mesmos elementos; o triángulo que fai de frecha co número dentro, o fondo branco coas letras cun contorno no mesmo verde, pensamos que engadir máis cores sobrecargaría así que o fixemos bicolor.

A tipografía que empregamos foi a Futura, deseñada por Paul Renner. É un tipo de letra moi sinxelo, de pau seco, baseado en figuras xeométricas. mapoula 2019

|

79


A NOSA ARTE

AZUCRE VERMELLO _ texto: Antía Bringas Garabato, 1º BAC C. Ilustración: Raquel Vázquez, 2º BAC F

Só un neno acudía á feira. Todas as noites, cando ninguén atendía ás estrelas cos ollos abertos, el chamaba o taxi das piperetadas cunha campaíña dourada do que era único dono e coñecedor. O condutor de pelo fuxía, adicto ás cores fortes, coñecía cada recuncho de fantasía agochado no mundo das catro paredes e levábao por paraxes e persoas con calidades extraordinarias. Un día, á cidade de intradós; outro, ao lago de cristal… E así con centos e centos de lugares que protagonizaban as olleiras das mañás. Á hora de abrir a porta do vehículo branco e letreiro verde, mirando polo retrovisor, o home ao volante preguntaba: “Recorda, pensa e volve lembrar. Dos sitios anteriores, algún que visitar?”. O rapaz sempre respondía que non, pois desexaba descubrir novas experiencias que lle fixeran sentir mil cousas distintas, non parecidas, pero a rutina cambiou cando arribaron á feira. Logo dela, o taxista non necesitou de mapa nunca máis, porque o destino era o mesmo. A benvida de noces acarameladas e rumor musical afastado non era moi orixinal. Ademais, se ben as lámpadas de cores escintilantes eran toda a iluminación na eterna escuridade do parque de atraccións, tanto a nora como o saltón non distaban na normalidade. Con todo, os feirantes eran a tolemia máis grande que vira na súa vida. Corpos retortos con sorrisos picudos e unha afabilidade envexable. Parecían animais na forma de actuar e, aínda que deformes, o seu deseño tiña un atractivo innegable. Rabuñaban as cabinas, tendían os tickets co rabo (porque algúns tiñan rabo) e falaban a lingua de signos, que non comprendía. Así era o grupo enteiro, agás unha deles. A razón pola que entendía aqueles seres entre o salvaxe e o civilizado con tintes de pallaso sen saberen o idioma; o motivo da súa volta unha e outra vez: Doce, unha moza feita por enteiro de algodón de azucre de aspecto sinxelo. Apareceu como tradutora. Amosábase moi cariñosa e animosa, como a boa amiga que no sol alto non chegaba. Pronto, o resto de carreiros quedaron obsoletos e a única liña posible para o condutor, que deixara de falar, era a feira.

80

|

mapoula 2019


AS FINALISTAS Aquí podedes ver unha selección dos mellores traballos presentados ao concurso para elexir a portada e a contraportada deste número.

1,2,3,4. Andrea Cagiao, Paula Granjel, David P. Plaza, Nuria González 5,6. Lucía Ares, Alba Caamaño 7,8,9,10. Lucía Guntín, Isabel Cibrán, Andrea Chas, Aisha Rey 11,12,13,14. Iago Anido, Jiayu Guo, Andrea Perramón, Isabel Juncal

mapoula 2019

|

5


A NOSA ARTE

KUMO: MY MYTHOLOGICAL BEING A piece of art made it of clay by modeling based in chinese mythology _ por Antía Bringas Garabato, 1º BAC C

Artwork name: Kumo (spider in Japanese) Author: Antía Bringas Garabato Executed in: Adormideras High School Dimensions: 110mm height x 150 width x 240 depth Materials: clay, wire, wood sticks, slip and wire tools Sources of inspiration: Macrocheira kaempferi, giant Japanese crab with eight legs, and jorogumo: normal spiders, which, after 400 years, earn magical powers that allow them to transform into beautiful women in order to lead the incautious to their nest and eat them afterwards. Uses: It’s a nice piece to decorate your house. Pretty eccentric, it calls the attention without being overburdened.

82

|

mapoula 2019


A NOSA ARTE Mythological entities come from popular culture. They are created in the mind of people all along years. As fairy tales, they have had many reinterpretations since they were born, and so, even if we find them with a standard description, usually the most common, other versions with major impact are also valid and often show different aspects of the (usually, and in this case) monster. Thereby, after watching images and reading information about the jorogumo, I intended, first, to add attributes of my own and, second, to build up an original theme. Pictures show the jorogumo whether in its spider form or the already dressed up completed transformation all over those 400 years. Still, I couldn’t find any drawings or photos of the very instant of its shape-shifting from animal into human-like behemoth. That’s why instead of sculpting all the appendices in the same size, I decided them to be irregular. Likewise, it’s naked in an androgynous look (not yet turned into a woman) as well as presenting long flowing mane out of hairclips (explicitly, kanzashi), contrary to how it’s normally done.

mapoula 2019

|

83


84

|

mapoula 2019


Vouche Contar Unha Cousa

mapoula 2019

|

5


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA

DAS RAÍCES AO CORPO A nosa alumna Andrea Chas Cacheiro fálanos da súa experiencia co baile galego desde o grupo de baile do que forma parte. _ por Andrea Chas Cacheiro, 2º BAC E (texto e imaxes B/N)

O primeiro que hai que saber sobre o noso baile tradicional é que non hai normas, só hai que seguir o son da música. É algo espontáneo, que se aprende por observación e imitación e que se usa para manifestar sentimentos (polo tanto, sae de dentro). Non hai límite de idade e cada un faino como mellor sabe. O baile é para un mesmo, non se pensa. Antigamente, os bailes non tiñan ensaios previos e facíanse despois de traballar. Agora, esta tradición de improvisación consérvase nas “foliadas” (quedadas de bailadores, bailadoras e músicos nas que xorde a música e o baile de forma natural). Como se baila? Imos poñer un prototipo (aínda que non sempre é así): no baile temos un guía (o bailador que mostra os puntos para que os demais o sigan) e dúas filas fronte a una da outra; na fila do guía colocaranse os homes e na outra as mulleres e cadaquén coa súa parella.

"O baile galego é para un mesmo, non se pensa." Grupos de xente interesada nesta música van polas aldeas de Galicia para recuperar a esencia do baile e da música tradicional e, ademais, creáronse lugares onde se ensina esta esencia. Estes grupos son as asociacións culturais de música e baile tradicional galego. O seu labor aínda segue en proceso e algúns exemplos son: Cantigas da Terra, Eidos, Cantigas e Agarimos, Aturuxo, Son de Seu, O Fiadeiro, Xiradela, Donaire… Eu son bailadora, música e cantareira da Asociación Cultural Donaire dende os seis anos.

86

|

mapoula 2019


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA A Asociación Cultural Donaire xorde no ano 2000 na cidade da Coruña e ten como obxectivo fundamental contribuír á conservación e promoción da cultura tradicional galega. Na procura deste obxectivo, trabállase principalmente na área da música e o baile tradicionais. Neste proceso de aprendizaxe téntaselles trasmitir respecto polo folclore e a cultura galega en xeral aos rapaces e rapazas. Ademais, toda a actividade da Asociación realízase en galego. Este proceso faise é na escola que vai desde pequenos e pequenas de tres anos ata xente de cincuenta ou máis.

Os rapaces e rapazas aprenden pezas que non coñecían e reviven a cultura dos seus antepasados. O Grupo Donaire está formado polos mozos e mozas que, tras anos de aprendizaxe na escola, representan o nivel máis alto da Asociación nas súas actuacións, non só polo territorio galego senón tamén fóra del.

Ademais, fixeron múltiples intervencións en televisión. No ano 2002 gravouse o disco “Cantos Vellos para rapaces Novos” coa A.C. Santa María de Torás, acadando así unha maior difusión das pezas seleccionadas. En 2007 presentouse unha segunda gravación, esta vez en solitario: “Dálle Donaire ao corpo”. En 2011 presentouse en DVD “Dez anos con Donaire”, no que se recolle a gala do X Aniversario da Asociación no emblemático Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. De todas as pezas que hai, a miña favorita é a xota e muñeira de Cabanelas. Bailala non é nada doado incluso chega a ser moi estresante, posto que os seus puntos son moi longos e está composto por numerosos tablóns e rodas que nunca acaban no mesmo sitio. A pesar de todo isto é un baile que desde fóra vese precioso, dinámico e rápido. Ademais, o acompañamento musical é impresionante cunha xota e muiñeira tocadas por pandeiretas, unha canción con multitude de cortes e voltas.

mapoula 2019

|

87


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA

ANÉCDOTAS DOS MEUS AVÓS Os alumnos de 1º ESO explican experiencias dos seus maiores cando tiñan a súa idade Historia que me contou a miña avoa

Este relato sucedeu o 15 de Xaneiro de 1944. Como case sempre, miña avoa ía coas vacas polo monte a que pacesen ó campo verde. Pero ese día non era un día calquera, era o día de San Mauro en Codeseda. Unha festa recoñecida por toda a xente da parroquia de Parada, onde naceu e vivía miña avoa coa súa familia. Como é normal, miña avoa quería ir á festa coma todos os mozos e mozas da vila. Pero como tiña que ir co gando e os seus pais non lle deixaban ir, decidiu ir pola súa conta e deixar os animais no monte. O meu avó díxome...

O meu avó cando era pequeno vivía na rúa de Santo Tomás, nunha casa coñecida como ”A casa alta”, xa que tiña tres pisos de altura. Contoume que cando pasaba un coche pola rúa, todos os nenos corrían detrás del para tocalo, xa que naqueles tempos era raro ver un coche, e se pasaba un convertíase no acontecemento do dia. _ por Yoel Morenza Álvarez

88

|

mapoula 2019

Dirixiuse camiño abaixo e, de súpeto, viu un enorme lagarto negro cunhas pintas vermellas e amarelas, que se aproximaba a ela a toda présa. A avoa colleu moito medo polo grande e gordo que era, tanto coma as súas pernas!. Así que decidiu volver cara a atrás e correu coma nunca, conseguindo alonxarse e despistalo, pero non puido ir a festa. Ela contoume esta historia porque nunca vira un lagarto coma ese nos seus 88 anos. _ por Joaquín Velasco Sanmartín


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA

As zocas nas silveiras...

Era alá polo ano 1940, a miña bisavoa tiña daquela 14 anos. Debido a pobreza non alcanzaba nin para mercar zapatos, co que só dispoñía dun único par que usaba para ocasións Importantes coma misas, festas... Cando se daba unha destas ocasións, ían coas zocas de diario ata unha silveira próxima, deixábanas alí, e poñían os zapatos. Para regresar á casa, volvían á silveira e cambiaban outra vez o calzado para non estragalos. _ por Xiana Pedreira Galego

Eran outros tempos…

Na escola do meu avó en Lugo, había un En Otívar (Granada), o pai da miña avoa rapaz maior que quería sacar o título. Era máis alto que o profesor, e un día ese rapaz “pasouse de listo” e o profesor subiuse a tarima e arreoulle tal labazada, que caeu cara a atrás e golpeouse cunha mesa, facéndose unha brecha. O profesor díxolle ao meu avó que o acompañara a fóra e que lle limpase a ferida coa auga dunha poza da rúa.

tiña amendoeiras, e vendían as améndoas. A miña avoa tiña que traballar abríndoas. As enteiras vendíanas máis caras cás rotas, entón se saía rota, o pai da miña avoa berráballes a miña avoa e a súa irmá (a miña tía avoa). Como non querían que lles berrase seu pai, comían as rotas. Tantas comían que un día a miña avoa caeu da cadeira por unha indixestión e tivo que estar uns días na cama ata que lle pasou o empacho. _ por Aritz Gutiérrez Folgueiras

Outra forma de saber a hora…

Cando meu avó era pequeno, o seu avó miraba as horas polo sol, é dicir, sen reloxo podía saber que hora era mirando a sombra que daba á súa casa. O meu avó e máis seus irmáns, corrían cara ao interior da casa, onde tiñan un reloxo traído de Cuba, miraban a hora, e o máis incrible era que só se equivocaba en cinco ou dez minutos. _ por Xiana Pedreira Galego

mapoula 2019

|

89


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA

REIVINDICANDO O DÍA DA MULLER _ por María Hermida, 2º BAC C

O 8 de marzo de 2018 foi un día para recordar, as mulleres de todo o mundo saíron á rúa para reivindicar os seus dereitos. O pasado 8M de 2019 máis de 10.000 persoas asistiron á manifestación que tivo lugar no centro de A Coruña. Estes últimos anos o feminismo foi un tema moi polémico que gañou moita forza. Grazas a este movemento millóns de mulleres hoxe poden alzar a súa voz para transmitir unha mensaxe común: Eu paro. Eu paro fronte a violencia de xénero, eu paro fronte a brecha salarial, eu paro fronte o acoso na rúa, eu paro porque quero ser a única que decida sobre a miña roupa, sobre a miña vida, eu paro e así se para a metade do mundo. Imaxes (analóxicas): Noa Fernández

Dende pola mañá realizáronse actividades e concentracións no centro de A Coruña. Ás 12h o Sindicato de estudantes e Libres e Combativas convocaron unha concentración para conmemorar este día onde os estudantes de secundaria, bacharelato e universidades da cidade deron comezo a esta xornada de concienciación e de loita feminista. Unha das actividades programadas realizouse o propio Día da Muller ás 18:30 horas. O grupo de baile Elahoodians expresou co seu corpo e os seus gritos o reclamo e a denuncia fronte á desigualdade. A alumna de segundo de Bacharelato Alba Lolo Ramírez participou nesta coreografía dirixida por Sabela Domínguez e Julia Laport. 90

|

mapoula 2019


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA

Dende Adormideras quixemos transmitir o noso apoio e moito do noso alumnado levou as súas pancartas con mensaxes esperanzadoras e transgresoras. O concello de A Coruña lanzou unha nova convocatoria chamada ‘Mulleres que forman realidades’ con talleres sobre igualdade e diversidade que durarán ata o día 31 de marzo.

Imaxe (analóxica): Noa Fernández

mapoula 2019

|

5


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA Ás 19.30 da tarde tivo lugar o acto máis importante de todo o día, a manifestación. Fixémonos coas rúas de A Coruña, facendo un percorrido dende Obelisco ata a Praza das Cigarreiras. E como non, as alumnas do centro démolo todo! No meu cartel puxen unha frase que dicía: ‘Non somos feminazis, somos humanas actuando como irmás’, a mensaxe é clara, o compromiso individual e a unión fai a forza. Lembrade, o 8M é un día para recargar as pilas, a loita diaria continúa.

Imaxes: María Hermida, 2º BAC C

Imaxe (analóxica): Noa Fernández 92

|

mapoula 2019


A HISTORIA MUDA

A NOSA ARTE

Mulleres na historia _ por Emma Núñez García, 2º BAC F

Catalina de Erauso naceu en San Sebastián en 1585. Filla do capitán Miguel de Erauso, comandante das provincias vascas ás ordes de Felipe III, e de María Pérez de Gallárraga e Arce. Con 4 anos foi internada, xunto ás súas irmás, no convento dominico da súa cidade.

En pleno Século de Ouro, a unha nena de bo berce había que educala “nos labores propios do seu sexo” para poder ser desposada máis tarde, mais Catalina tiña outros intereses. Ao non ser capaces de controlala, as monxas decidiron internala no Mosteiro de San Bartolomé, do que escapou cando tiña 15 anos. Cortou o pelo e puxo roupa de home para pasar desapercibida. Pero non só por iso. Gutiérrez Usillos, conservador do Museo de América, explicou: “Catalina de Erauso foi unha muller transexual que acabou sendo soldado en América. O propio rei Felipe IV de España e o papa Urbano VIII recoñeceron os seus méritos militares e autorizárona a continuar vivindo como un home. O cadro de Catalina de Erauso foi un caso único, no que se retratou a unha persoa transexual.

Segundo o escritor Pedro do Val, Catalina era alta e recia, de aspecto masculino. Era máis ben un eunuco. Escribiu a súa autobiografía en 1626, onde contaba as súas aventuras e explica como tivo unha vida de fuxitiva, converteuse en paxe do secretario do rei Felipe III, pasou polo cárcere e finalmente volveu a San Sebastián antes de embarcar a América. Dende ese momento, utilizou nomes como Pedro de Orive, Francisco de Loyola, Alonso Díaz, Ramírez de Guzmán ou Antonio de Erauso. Alistouse na campaña para a conquista de Chile no ano 1619. Arrasaron as terras e os bens, masacrando indíxenas e chegou ao posto de alférez. En 1623 foi detida en Perú e para evitar ser condenada confesou que era unha muller. Unhas matronas examinárona e mesmo determinaron que aínda era virxe. Debido a isto, o bispo Agustín de Carvajal protexeuna e enviouna de regresou a España. Pendenciera, ludópata e asasina. Buscou fortuna en América como home e viviu aventuras. O rei Felipe IV mantívolle a súa gradación militar e alcumouna a ‘monxa alférez’. O monarca permitiulle utilizar o seu nome masculino e concedeulle unha pensión polos seus servizos á Coroa. Catalina de Erauso marchou a Roma, onde foi recibida polo papa Urbano VIII, que confirmou os acordos aos que chegara con Felipe IV. De volta a América, instalouse en Orizaba, no estado mexicano de Veracruz, onde morreu a redor de 1650. mapoula 2019

|

93


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA _ por Emma Núñez García, 2º BAC F

Inés de Suárez naceu en Plasencia, España, en 1507; morreu en Santiago, Chile, en 1580. Esta muller formou parte da expedición a Chile a Pedro de Valdivia. En 1526 (con 19 anos) coñeceu ao seu esposo, Juan de Málaga. Uns anos despois, casou con el, pero nunca chegaron a ter fillos. Permaneceron xuntos ata que Juan partiu ao Novo Mundo. Ela esperou polo seu regreso, pero xa cansa diso, Inés foi na súa procura.

Máis tarde, Valdivia foi xulgado en Lima, acusado de manter relacións con Inés de Suárez estando casado con Mariña Ortiz de Gaete, residente en España. En 1549, Inés contraeu matrimonio con Rodrigo de Quiroga, un dos mellores capitáns da expedición de Valdivia.

Polas súas obras dotóuselle de terras e encomendas e Valdivia concedeulle un terreo para construír unha ermida para a Virxe de Monserrat, á que rendeu culto durante toda a súa vida. Inés de Suárez Non permitían que as mulleres fosen soas morreu aos 74 anos, en Chile. a América, con todo, Inés conseguiu unha licenza outorgada polo rei grazas á súa gran devoción polo cristianismo. En 1537, partiu cara ás Indias. En Perú descubriu que o seu esposo falecera. Alí traballou de costureira, acompañada dunhas mulleres indias que traballaban para ela. Inés de Suárez, guerrilleira, exploradora e conquistadora do século XVI

En Perú uniuse á empresa de Valdivia (en 1540). Inés e Valdivia mantiñan unha relación. Ela converteuse nun soldado máis e uniuse á expedición dirixida por Valdivia. Durante esta época, que unha muller unísese a unha expedición conquistadora era moi inusual e era mostra de gran valor. Cando se produciu o ataque a Santiago dirixido por Michimalonco en 1541, aproveitando a ausencia do gobernador, moitos cronistas contan que Inés foi unha muller moi impetuosa e cruel, decapitando a varios prisioneiros indíxenas para atemorizar aos atacantes.

94

|

mapoula 2019

Doña Inés Suárez en defensa da ciudade de Santiago. Óleo sobre tela de José Ortega 1897. Colección Museo Histórico Nacional.


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA _ por Laura Rodríguez Ferreras, 2º BAC F

Pepa a Loba é unha lendaria bandoleira galega de finais do século XIX, que segundo a lenda conseguiu a súa fama asaltando camiños e roubando aos curas. Non se sabe realmente se existiu. Existen diversos contos dedicados a ela, e Concepción Arenal defendeu a súa existencia. Hai unha teoría que propón a existencia de máis dunha Pepa a Loba. Desta maneira, unha primeira bandida levaría este alcume, e outras mulleres que lle axudaron serían chamadas da mesma forma (“A cuadrilla de Pepa a Loba”). Mesmo se di que podería haber varias cuadrillas. Iso podería explicar a cantidade de referencias á existencia de Pepa a Loba que se dan por toda Galicia. O escritor Carlos Reigosa, autor dunha novela sobre a vida de Pepa a Loba, tratou de informarse e descubriu que, se só hai unha Pepa, a famosa bandida debeu nacer no norte da provincia de Pontevedra na década de 1830 (ao redor de 1835). Hai persoas que din que naceu na parroquia de Couso, e outras en Amoedo. Cando aínda era unha nena comezou a traballar coidando ovellas, e foi nesta etapa da súa vida cando se gañou o sobrenome de “ Pepa a Loba” xa que nunha ocasión enfróntase a paus e coa axuda do seu can “Lueiro” a un lobo que atacou o rabaño.

De nena, a súa nai foi violada, o que uns meses despois provocou a morte da muller. A súa tía pasa a facerse cargo dela, e tratouna coma a súa escrava. Un día decide mandala a vivir co tendeiro do pobo, coa intención de convertela na súa “querida” e así poder sacar algún “favor” económico. Pero o tendeiro cóllelle agarimo e adóptaa como filla. Contrata a un estudante para que se ocupe da súa formación. Os dous mozos namóranse. O tendeiro apareceu asasinado cun coitelo de cociña cravado no peito, e Pepa foi condenada a cadea perpetua. Logra escapar, disfrázase de home e sae de Pontevedra. A súa obsesión era vingarse do Albeite (irmán do tendeiro e o seu suposto pai, crendo que foi el), e a partir de alí comezou todo. Dende moi pequena, xa era coñecida con este sobrenome Non se coñece exactamente onde morreu, se nun dos seus asaltos ou no cárcere da Coruña. A súa repercusión prolóngase ata a música, xa que se lle dedicaron numerosas cancións e ata se formou un grupo de cinco mulleres na súa honra.

mapoula 2019

|

95


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA

A AGRICULTURA 4.0 _ por Antón Martínez Martínez, 1ºBAC E

fotosintética da explotación co obxectivo de mellorar a produción e de reducir os costos por hectárea do cultivo nas explotacións vinícolas na comarca pontevedresa.

Vou comentar unha noticia do xornal que me sorprendeu. O titular da Voz de Galicia dicía así “O medio rural incorpórase á nova tecnoloxía da agricultura 4.0”. Esta nova do día 8 de outubro de 2018, fala sobre unha granxa especial que se encontra en Mazaricos: a “Granxa Pazos”. Dita granxa é famosa debido a que ten sistemas de muxir e alimentación automática, e a parte disto tamén ten un robot que lle coloca a comida no pesebre para que as vacas estean alimentadas cada dúas horas. O artigo séguenos contado que a modernización tamén chegou ao sector vinícola por medio de drons. Estes xogan un papel bastante importante debido a que teñen como obxectivo estudar o grao de madurez da uva e así saber cando é a hora de vendimar. Martín Códax leva xa cinco anos experimentando con drons e sistemas de teledetección para mellorar a xestión do viñedo. Esta empresa vinícola tamén ten que ver con outra empresa chamada Inpekdrone que traballa na zona de O Salnés. E a súa tarefa consiste na elaboración de mapas de vigor, do estado sanitario, de estrés hídrico e de presión de malas herbas e da calidade 96

|

mapoula 2019

Ademais disto, en Galicia a modernización tecnolóxica tamén está proporcionando que granxas de cultivo do medio rural se abran paso a través de Internet. Un exemplo disto é a pataca de A Limia, que hai tres anos que deu o salto á venta online. Outra empresa chamada “Patacas Ama” foi a primeira que habilitou a entrega do seu produto en 24 ou 48 horas o que permite que moitos compradores de todos os puntos de España poidan mercar os seus produtos. Na miña opinión os exemplos das noticias que acabo de poñer son una clara referencia como pouco a pouco todo o mundo se está modernizando, incluído o mundo rural. Isto non é malo pero penso que é unhas das principais motivos polos que se están perdendo valores e tradicións. As novas tecnoloxías, moi importantes para mellorar as condicións económicas e de traballo do campo, non deberían facer perder tradicións e costumes propios. Penso que hai cousas que que non se deben esquecer.


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA

A FONTE DA NENA Lendas da Terra Chá _ por Elena e Xiana, 1º ESO A

A Fonte da Nena está en Buxío, na parroquia de San Estevo de Parga do concello de Guitiriz, en Lugo. A orixe do nome ten que ver cunha historia triste que agora vos conto. No lugar de Ferreira, próximo á fonte, vivían un pai e a súa filla, Raquel. Desde que a nai morrera, parece que dunha maneira un tanto estraña, a tristeza era o pan de cada día naquela casa. Todo eran privacións, fame e miseria. Un día o pai mandou a Raquel por auga á fonte de Buxío. E ela foi e encheu o balde, mais cando xa marchaba, presentóuselle diante unha muller que lle dixo. - Non te asutes; non teñas medo, nada malo che vai pasar. E ao dicir isto, a muller abriu a man e puxo na man da nena unhas moedas.

Desde aquel día cada vez que Raquel ía buscar auga á fonte de Buxío, aparecíaselle aquela señora e dáballe unhas moedas. Na casa eran benvidos aqueles cartos e pouco a pouco foron axudando a matar fame e miseria. Pero un día, o pai quixo saber de onde viñan as moedas e Raquel contou con detalle o que pasaba. Raquel volveu aquel mesmo día á fonte, e volveu outros moitos, mais xa nunca se lle apareceu a muller aquela. Nunca máis a víu. Hai quen non o cre, ten que haber de todo, pero aquela muller tiña que ser a nai da nena; mellor dito, o espírito da nai de Raquel que en canto soubo que a descubriran deixou de aparecer. No que todo o mundo acredita é en que esta é a orixe do nome da fonte que desde entón se chama Fonte da Nena.

mapoula 2019

|

97


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS Cando a creatividade xogaba connosco nas rúas _ por Ingreed Ferreira Passos, 1º BAC E

MARIOLA OU PELETRE

É un xogo tradicional infantil, con moi diversas variantes, no que se debuxan unha serie de casas numeradas no chan por onde ten que saltar o xogador, ou os xogadores por orde, despois de guindar un anaco de pedra chamado peletre que se arrastra mentres se salta á pata coxa.

XOGO DA CHAVE

ZAPATIÑO QUIETO É un xogo popular que se practica sen necesidade de ter ningún material. Un dos xogadores apanda e colócase contra unha parede e os demais detrás del a unha distancia predeterminada. Quen apanda repite a frase “zapatiño quieto é” e cando remata de pronunciala pode darse a volta, co gallo de pillar ó resto de compañeiros movéndose. Cando estes son sinalados por quen apanda, volverán á distancia inicial dende onde partiron. Gaña quen chegue primeiro a quen apanda, e pasa entón a substituílo.

98

|

mapoula 2019

É un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou pelestres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia.


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA

RegueiIfa tradicional en Noia

REGUEIFAS Regueifas, a tradición oral galega... _ por Antón Martínez Martínez, 1º BAC E

A regueifa é un canto ou cantiga entre dúas ou máis persoas que seguen o mesmo ritmo durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Isto ten un parecido razoable ao que eran os tenzóns medievais, pero neste caso as regueifas son máis populares. Aínda o poderiamos comparar coas denominadas “batallas de galos” actuais, que teñen unha funcionalidade similar é consisten no cantar de dúas ou máis persoas respondéndose uns a outros seguindo unha base musical que se lles marca.

Teñen como diferenza que as regueifas teñen temas moi variados, pero sempre cun toque de humor que as fai aptas para todos os públicos. Este tipo variado de versos poderíase escoitar en Galicia e Portugal, pero emprégase máis na Costa da Morte. Existían tradicións similares como as “jotas de picadillo” en Aragón e os cantares de desafío en Brasil é en Colombia, identifícanse tamén en Arxentina e Uruguai un desafío entre payadores, pero a súa temática era máis poética e seria.

mapoula 2019

|

99


VOUCHE CONTAR UNHA COUSA estadounidense e irlandesa. Entón, sacrificábanse animais, cuxo sangue A festa das caliveras regaba os campos, e poñíase na porta unha ofrenda de comida. Así, fadas e _ texto: Antía Bringas Garabato 1º BAC C. outros seres poderían atraer a homes Ilustración: Isabel Cibrán, 2º BAC E para casar con eles e estes, ao adentrarse nalgunha gruta, tiñan a posibilidade de Acabouse iso de que sempre roubamos descubrir grandes tesouros. Coa aos americanos. En todas as culturas, non romanización, os invasores adoptaron a importan cales sexan, atopamos festas. O celebración e modificárona para adicarlla festexar é un rasgo común aos seres á deusa Pomona, da colleita, cuxo humanos. Moitas das celebracións símbolo era a mazá. De aí proceden mantiveron a base ao longo da historia, tradicións como comer mazás pero adoptándose aos cambios e acarameladas e, máis evidente noutros perdendo na néboa do difuso as súas países, de dispoñer xogos con mazás en raíces. Samhain. Un famoso que aparece en varios libros e filmes con ambientación Hoxe tráiovos a curiosa orixe e evolución na festividade consiste en intentar coller de Halloween e de Samhaín que, como coa boca cantas destas poidas polo rabo veremos, non é a mesma cousa. Nace en dun tonel cheo de auga. Europa, no seo céltico. Os celtas dividían o ano á metade en dúas partes: unha de Máis adiante, os cristiáns, no seu intento claridade ou luz e outra de escuridade de eliminar o paganismo, cambiaron por que ubicaban grazas aos períodos de mandato do Papa Gregorio III o día de colleita e ao seu calendario lunar, polo “Todos os Santos” ao 1 de novembro, que o ano tería 13 meses de 28 días cada convertendo a Samhain na Véspera de un. A parte escura tiña lugar dende Todos os Santos, traducido ao inglés, All Samonios (lúa entre outubro e novembro) Hallow's Eve, de onde procede Halloween, e Giamonios (lúa entre abril e maio), polo como a coñecemos actualmente fóra da que realmente non existiría na súa orixe palabra galeguizada do primeiro nome unha data fixa, senón un parámetro que (Samaín). acostumaba comprender de entre o un Os irlandeses, debido á “Gran Hambruna até o catro de novembro. irlandesa”, emigran para Estados Unidos Considerábase a Samonios como o ano no 1840 e extenden a tradición cos seus novo celta, momento no cal era tempo de propios matices. O máis relevante é a gardar os bens da terra producidos substitución de nabos por cabazas (máis durante o ano, tarefa que, de non ser abundantes na rexión) e, xunto con esta, rematada, obrigaba a botar o que a lenda de Jack-o'-lantern. A narración quedara por recoller. Así pois, fala dun pecador astuto que engana a orixinalmente celebra o final de tempada Lucifer para que non o leve endexamais e o comezo da estación en sombra. aos infernos. Pero cando lle chega a hora, non é aceptado no ceo e a promesa co Tamén, críase que nesta noite o mundo diaño impídelle calquera descanso. dos mortos e mailo fantástico abrían as Condenado a vagar eternamente con súas portas, deixando pasar tanto apenas unhas brasas que o anxo escuro espíritos de defuntos como maldades. lle lanzou, decidiu, a partir de entón, ir Para espantar as segundas e indicar o preguntando “truco ou trato” por cada camiño a casa aos primeiros, colocábanse vivenda, levando a desgraza a quen nabos baleirados con lume aceso dentro, contestara truco. que pasarían a cabaza por influencia

SAMAÍN


Hoxe en día, nesta noite de bruxas, nenos e nenas disfrázanse de monstros arrepiantes pedindo lambetadas de porta en porta coa mesma frase da pantasma errante. Se o inquilino non responde á demanda, os nenos poden gastarlle unha broma, sendo a máis famosa tirar papel hixiénico e ovos. Notifícase a popularidade da festa xa no 1921, cando se celebra o primeiro desfile de Halloween en Minesota. A partir de entón, a propaganda e o material audiovisual en relación coa festa devolveu a paixón pola mesma aos países nos que se perdera e influíu en gran medida como se vive. As súas cores representativas son o laranxa, o negro e o morado, e recoñecemos varias figuras en relación como o gato negro ou a mansión embruxada. Digo que Halloween ten distinción do noso porque concretamente en Galicia atópase un profundo arraigo do Samaín moito antes da súa chegada ás Américas. Nesta zona a lareira tomaba grande importancia nas estacións de friaxe e, polo tanto, da mesma rama nace e crece o Magosto, festa veciña do Samonios relacionada coa recolección das castañas e na que se lembra o seu papel na gastronomía galega antes de seren desprazadas pola pataca. Logo da vendima, as xentes reúnense na fogueira a asar o agasallo dos soutos e beber augardente. Debemos a recuperación do Samaín en Cerdeira (cunha esencia moito máis

VOUCHE CONTAR UNHA COUSA cercana á celta e ao lume) e o seu recoñecemento á marxe do Magosto grazas ao traballo do profesor Rafael López Loureiro, que resume as súas investigacións no seu libro “Samaín, a festa das caliveras”. Distingue trazos moi marcados que se daban en Galicia ata non máis de 30 anos. Un exemplo curioso é a seca na Quiroga da cabaza utilizada no Samaín para transformala nunha máscara de Entroido.

Como engadido, na Coruña as rapazas non só fan aos malignos tremer coas cabazas, senón que se defenden con colgantes de castañas e os nenos en xeral escóndense disfrazados polas rúas para asustar aos transeúntes. En Ribadavia é común a atracción do castelo encantado. En definitiva, destaco que o día dos mortos presta moita máis atención á familia e aos defuntos e, aínda que se celebre polo mesmo tempo, trátase dun acontecemento ben diferente do que levamos exposto. Invítovos a investigalo por conta propia. Polo tanto, acabouse o de que sempre roubamos aos americanos. As festividades móvense polo globo e as comunidades humanas enriquécense entre elas sen perder, por ese motivo, a súa individualidade. Así que, non vale esa escusa para non festexar a data máis destacada do calendario céltico e unha das máis importantes a nivel mundial.

ž

ć mapoula 2019

|

101


102

|

mapoula 2019


Agarimosas Despedidas

mapoula 2019

|

5


ORLAS PROMOCIร N 2017-19 2ยบ BACHARELATO A

2ยบ BACHARELATO B

104

|

mapoula 2019


2ยบ BACHARELATO C

2ยบ BACHARELATO D

mapoula 2019

|

105


2ยบ BACHARELATO E

2ยบ BACHARELATO F

106

|

mapoula 2019


AGARIMOSAS DESPEDIDAS

ATA PRONTO, COMPAÑEIROS Unha vez máis temos que despedir a varios profesores que se retiran este curso. A comezos de curso xa o fixera Dores Bello, compañeira que tiña moi claro o que merecía a pena facer (e o que non) na súa profesión. Sempre ó gran, nin perdía o tempo nin o facía perder ós demais. Grazas polas túas leccións. Foise tamén Luís Blas, profesor inesquecible para moitos de nós, polo seu modo de traballar e relacionarse con todo o mundo: non temos palabras para agradecer o seu paso por Adormideras, e desexámoslle todo o que merece para o futuro.

Eva Martínez é unha das pioneiras do Instituto no que leva case trinta anos. As súas leccións de literatura, compañeirismo, intelixencia e sensibilidade quedan connosco e con moitos dos seus alumnos. Un oco difícil de encher.

Rafael Santiago leva pouco tempo no Instituto: unha mágoa que se vaia, agora que xa o tíñamos coma un dos nosos. A súa certeira ironía será lembrada por todos.

mapoula 2019

|

107


Queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron e fixeron posible que a revista, un ano máis, chegue puntual ao remate do curso. Sabemos que é un traballo moi laborioso e que necesita moitas horas de dedicación. Grazas a todos os Departamentos por participar neste proxecto e moi especialmente a Montse Llamas que se implicou desde o primeiro día e se encargou de coordinar, maquetar, organizar, deseñar... “MAPOULA”, sen a súa dirección resultaria moi complicado que este curso tivésemos esta revista. Grazas a todos por colaborar e agardámosvos para o próximo curso con entusiasmo; aqueles alumnos que se despiden deste centro, moita sorte no voso futuro académico e profesional.

MOITAS GRAZAS A TODOS Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Portada finalista: Isabel Bermúdez Cidoncha 108

|

mapoula 2019




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.