EnComún, Crónica do Sur de Lugo, nº 355, 2ª Quincena Novembro 2021

Page 1

www.encomun.es

EC Ano 16 - nº 355

2ª Quincena Novembro 2021

Protagonistas

Concerto de Radio Océano no Ateneo Casino de Monforte

Quincenal comarcal gratuíto

Lemos Sarria Chantada Quiroga

EnComún // Crónica do Sur de Lugo

ECONOMÍA

INICIATIVAS

• A Deputación de Lugo presenta os seus orzamentos para o 2022 cunha clara vocación social

• IGUALDADE: Institucións e veciñanza clamaron contra a violencia de xénero o 25 de novembro

FORMACIÓN

O AVE chega a Galicia, aínda que con doce anos de atraso sobre o prazo inicialmente previsto

• VIAXES: A EOI de Monforte

participou en varios programas formativos de ámbito europeo

DEPORTES • FÚTBOL: Derrotas do Club Lemos e At. Escairón 4-0 e 0-5 fronte a Betanzos e San Tirso


2• EC // Nº 355 Novembro 2021

INFRAESTRUCTURAS O AVE chega a Galicia con doce anos de atraso sobre o prazo inicialmente previsto • Por Gonzalo L. Torres. Durante moito tempo que aos galegos nos falasen do AVE parecíanos unha entelequia. Un ministro de Fomento tras outro, desde que Álvarez Cascos no ano 2003 fixase o 2010 como o da chegada da alta velocidade a terras galegas foron incumplindo os seus compromisos. Despois do goberno de Aznar, chegou Zapatero, e con el a Ministra Magdalena Álvarez, que atrasou a data ao 2012, e logo foi José Blanco, un galego de Lugo, o que nos fixo crer que ao fin en 2015 teriamos AVE. Pero tampouco cumpriu. Na súa defensa cabe dicir que lle tocou lidar coa crise económica. Despois chegou Rajoy e Ana Pastor, dous galegos máis no poder. Agora si o conseguiriamos no 201. Pero non. Iñigo da Serna, o substituto de Ana Pastor, dixo que o fin das obras sería en 2020. Tampouco. Tivo Ábalos a sorte de acertar na súa estimación, e

ao fin teremos AVE en Galicia este 2021, aínda que sexa o 21 de decembro. Esta cadea de incumprimentos e despropósitos, case parecería unha broma, pero nada máis lonxe da realidade. No ano 1992 púxose en funcionamento a liña de alta velocidade entre Madrid e Sevilla. Fai case trinta anos. En 2008 inaugurouse o traxecto Madrid-Barcelona de alta velocidade. Hai 13 anos diso. Loxicamente hoxe todo son congratulacións pola noticia, pero non estaría de máis lembrar o que poderiamos considerar un claro agravio comparativo cos galegos. Máis tendo en conta, que o AVE chegará únicamente a Ourense, e darase o paradoxo de que levará tanto tempo, por exemplo, desprazarse en tren desde Ourense a Lugo ou Ferrol, como desde Madrid a Ourense, habendo unha considerable diferenza de quilómetros. Quedan pois obras e investimentos, cuxo prazo,

• Renfe vendeu 60.222 para os trens AVE que circularán entre Galicia e Madrid, o primeiro día da súa comercialización visto o visto, ninguén se atreve a estimar. E desde o punto de vista dun monfortino que escribe, que triste resulta comprobar como Monforte xa só é pasado en canto ao seu papel ferroviario. A alta velocidade non chega a Monforte. Poderiamos rebuscar na hemeroteca para buscar promesas e fantasías pretéritas dos nosos políticos. Pero nada cambiaría a crúa realidade. Do ferrocarril só quédanos o Museo do Ferrocarril. E gracias.•

Feijóo celebra que Galicia estea a piques de cumprir un fito histórico coa chegada do ave a Ourense o vindeiro 21 de decembro

O Presidente da Xunta durante o percorrido de probas do novo tramo de alta velocidade ferroviaria Pedralba de la Pradería-Ourense. GPXG

EnComún Depósito Legal: LU 150-06

Editora: InÉditor Grupo Towers S.L. CIF: B-15953052 BK Centro de Negocios Espíritu Santo 12, N-VI Km.581 15165 Bergondo (A Coruña) Imprime: Recoprint Rábade S.L. Editor: Gonzalo López Torres

Directorio: Redacción: 618 971 981 sveiga@encomun.es ecchantada@encomun.es ecsarria@encomun.es www.encomun.es Dpto. Comercial: 609 863 526

• Redacción- MONFORTE. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou que Galicia estea a piques de cumprir un fito histórico coa chegada do AVE a Ourense o vindeiro 21 de decembro. “Temos algunhas etapas do camiño aínda pendentes, pero estamos a punto de culminar unha meta histórica: a chegada do AVE a Ourense, a porta de entrada da alta velocidade a Galicia”, dixo, reiterando a necesidade de que o mapa da alta velocidade se vaia completando, chegando ao resto das cidades galegas co fin de cumprir o calendario de tempos comprometidos. Tras o percorrido de probas do novo tramo de alta velocidade ferroviaria Pedralba de la Pradería-Ourense, Feijóo constatou que todo está apunto para que, de xeito inminente, se poida poñer en servizo o último tramo das obras da liña entre Galicia e Cartas al Director: lectores@encomun.es Este xornal conta cunha axuda económica da Secretaría Xeral de Medios, para empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego (2021).

Madrid, recordando que o AVE é para a Comunidade obxectivo prioritario desde hai varias décadas. Feijoo subliñou que o fin agora é conseguir que todos os galegos teñan acceso a esta conexión de alta velocidade. A viaxe entre Ourense e Madrid verase reducida en máis dunha hora, alcanzando a meta de conectar ambas cidades en dúas horas e 15 minutos. Unha redución da que se beneficiarán as cidades de Santiago, Vigo, A Coruña e Pontevedra, cuxo tempo de conexión con Madrid tamén se acortará de forma significativa; “se ben terán que esperar aínda para ver chegar os trens AVE as súas estacións e para alcanzar os tempos de viaxe comprometidos”, matizou, recordando que debido ás peculiaridades da rede interior da Comunidade, para pasar de Ourense ao resto das cidades, os trens deben ser de rodadura desprazable. O presidente Feijóo aproveitou o acto para reiterar a necesidade de que Galicia poida dispoñer dos trens AVRIL antes do verán, ante a celebración do Ano Santo que se estenderá tamén ao 2022.•


EC // Nº 355 Novembro 2021 • 3

José Tomé considera a chegada do AVE un fito para Galicia que corrixe un déficit histórico en comunicacións por tren no noso país • Redacción- MONFORTE. O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este luns na viaxe de proba do AVE Madrid-Galicia xunto á Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, a secretaria de Estado do Ministerio, Isabel Pardo de Vera, e a presidenta do Adif, María Luisa Domínguez, así como o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o da Junta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco. O tren, que partiu de Madrid dende a estación de Chamartín ás 8:45 horas, efectuou paradas en Zamora e Sanabria. Nesta última foi na que se sumou o Presidente da Deputación. O traxecto rematou en Ourense cun acto institucional. José Tomé expresou que este “é un fito para Galicia. A chegada do AVE supón corrixir un déficit histórico en comunicacións ferroviarias no noso país, que estivo acentuado polos gobernos do Partido Popular, que chegaron a anular o contrato da Estación Intermodal de Lugo ou deixaron caducar a declaración de impacto ambiental da variante de Canabal que xa

Imaxe da chegada do AVE a Ourense. FOTO MONTERO.

estaba iniciada”. En cambio, incidiu o Alcalde, “agora si hai uns feitos. O Goberno actual colocou outra vez a Galicia no mapa das infraestruturas”. Coa chegada do AVE a Ourense, destacou, “Monforte e Lugo estamos máis cerca da capital do Estado e agora toca executar os contratos que a día de hoxe están en marcha por un investimento de máis de 546M€, que van a mellorar a vía ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo, para que permitan chegar a Madrid no mesmo tempo que A Coruña e que Vigo, un obxectivo realmente importante”. RENFE VENDEU 60.222 BILLETES PARA OS TRENS AVE ENTRE GALICIA E MADRID NO SEU PRIMEIRO DÍA DE COMERCIALIZACIÓN Renfe vendeu 60.222 billetes con orixe ou destino Galicia (tanto de billetes a prezos promocionais como non), durante a primeira xornada de comercialización do AVE entre Madrid e Galicia. A maioría das prazas promocionais adquiríronse para viaxar as fins de semana e días véspera de gran-

O Presidente da Deputación de Lugo no acto da chegada do AVE. FOTO MONTERO.

des desprazamentos. As prazas en oferta que quedan á venda correspóndense, en xeral, con días ‘vale’, de menor tráfico de viaxeiros, aspecto este que convén ter en conta á hora de activar a procura na web ou en calquera outro canle de venda.

CAMPAÑA CUN PREZO PROMOCIONAL DE 15€ Con motivo da chegada da Alta Velocidade a Galicia Renfe lanzou unha campaña desde onte e ata o 7 de decembro con 250.000 billetes a un prezo promocional de

15 euros, independentemente da orixe e o destino. Estes billetes promocionais pódense adquirir para viaxar entre o 21 de decembro de 2021 (cando comeza a prestarse o servizo comercial) e o 12 de setembro de 2022.•


4• EC // Nº 355 Novembro 2021

GALICIA Feijóo defende o Foro de Santiago como exemplo da política útil para consensuar o financiamento autonómico

Fondos Europeos para impulsar a rehabilitación enerxética de edificios

• Redacción- MONFORTE. A Xunta de Galicia aproveitará os fondos europeos dos programas de vivenda que xestionará nos vindeiros anos para darlle un pulo definitivo á rehabilitación residencial e máis concretamente, a aquelas actuacións que teñan como fin lograr unha optimización enerxética dos inmobles.

O titular do Goberno galego participou, xunto cos presidentes de Asturias, Cantabria, A Rioxa, Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura e Castela e León, na reunión de traballo sobre financiamento autonómico. GPXG.

• Redacción- MONFORTE. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou, o Foro Santiago. Camino de consenso como exemplo da política útil para consensuar o financiamento autonómico, priorizar a demografía e garantir que os fondos europeos Next Generation cheguen á economía real. “Hoxe presentamos un documento con vocación de permanencia e que construímos oito presidentes que representamos máis do 60% do territorio do noso país”, dixo, apelando ao papel da política útil que achega solucións. PUNTO DE ENCONTRO PARA CONSTRUIR Nesta liña, Feijóo incidiu na súa intervención en que esta xuntanza -na que participaron tamén os presidentes de Asturias, Cantabria, A Rioxa, Ara-

gón, Castela-A Mancha, Estremadura e Castela e León-, lonxe de ser unha fronte contra ninguén é un punto de encontro para acordar e construír; ”algo que é bo para as comunidades, para o conxunto de España e para a política, porque se trata de sumar e non de enfrontar, de defender xuntos aquelo que nos une e de enfocar conxuntamente os problemas que son similares en todas as terras que compoñen España”, abundou. A CUESTIÓN DEMOGRÁFICA COMO PRIORIDADE Referiuse como un dos asuntos de gran calado estrutural para o futuro, á necesidade de que a cuestión demográfica sexa unha prioridade institucional, con medidas para promover o retorno daqueles españois que emigraron; ademais de favore-

cer o desenvolvemento sostible nas zonas rurais, “porque isto é garantir miles de empregos e a despensa do conxunto de España”. SISTEMA DE FINANCIAMENTO CONSENSUADO No tocante a un sistema de financiamento consensuado, Feijóo demandou que se teña en conta o custo real dos servizos, como a sanidade ou a educación, e factores que os encarecen como a dispersión ou o avellentamento. Máis polo miúdo, no eido sanitario destacou a necesidade de valorar de xeito adecuado o impacto de cada grupo de idade, prestando especial atención aos maiores de 65 anos. NEXT GENERATION En terceiro lugar, sobre os fon-

dos europeos Next Generation, o presidente da Xunta incidiu na importancia de que se cumpran os acordos da Conferencia de Presidentes: “Que se transfiran o 50% dos fondos e que cheguen á economía real, ás pequenas empresas, é dicir, ao conxunto do noso sistema produtivo”, explicou. UTILIDADE DO FORO Feijóo concluíu reivindicando novamente este foro cuxo único obxectivo, dixo, é ser útil: “Porque demostra que os políticos podemos poñernos de acordo en temas importantes; porque oito comunidades distintas, con presidentes distintos, de tres partidos distintos, somos capaces de firmar un documento único; e porque as medidas non só benefician aos cidadáns destas comunidades senón ao conxunto dos españois”. •

REDUCCIÓN DAS EMISIÓNS DE CO2 Tras lembrar que a Galicia lle corresponderán 117 millóns de euros a canalizar a través de sete grandes liñas de axudas, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asegurou que, segundo as estimacións da Xunta, estes fondos permitirán reducir entre 40.000 e 65.000 Tn anuais as emisións de CO2 vencelladas ao sector residencial grazas ás intervencións previstas nun total de 11.500 vivendas galegas. DINAMARCA, UN MODELO A SEGUIR A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, finaliza a súa viaxe institucional a Copenhague para falar de construción sostible e Axenda Urbana. A conselleira asegurou que Dinamarca é un exemplo a seguir en todo o mundo en materia de eficiencia, innovación construtiva e deseño e arquitectura sostibles. Puxose o foco de atención sobre a enerxía e as formas de produción sostibles e innovadoras polas que está a apostar Dinamarca. niol que ten un uso residencial. De feito, en CopenHill, a conselleira e a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, a monfortina Encarnación Rivas, puideron coñecer a central eléctrica de conversión de residuos en enerxía máis limpa do mundo.•


EC // Nº 355 Novembro 2021 • 5

ORZAMENTOS A Deputación de Lugo presenta os seus orzamentos para o 2022, que superan os 100 millóns de Euros, cunha clara vocación social • No 2022 sube o investimento en políticas sociais un 12%, ata alcanzar os 34M€, o que supón máis dun terzo do orzamento • Redacción- MONFORTE. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou, xunto á Vicepresidenta, Maite Ferreiro Tallón, e a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, o proxecto de Orzamentos da institución para o ano 2022, uns presupostos que superan os 100M€, “os máis altos da última década”, e que son “claramente investidores e sociais”, subliñou o mandatario provincial. José Tomé avanzou que o Goberno someterá a debate e aprobación o Orzamento no Pleno ordinario que terá lugar o martes 30 de novembro. “Polo tanto, presentámolos en tempo e forma para que entren en vigor a principios de xaneiro, tal e vimos facendo dende o inicio do mandato. Para nós é unha prioridade porque só así son realmente útiles e eficaces”, asegurou o Presidente. UN INCREMENTO DUN 8% Os Orzamentos da Deputación de Lugo para o 2022 ascenden a 100.165.599,49€, incluído o da propia entidade provincial e o do Consorcio de Bombeiros, que cofinancia a administración lucense ao 50%. Suben en máis de 7,7M€, o que supón un incremento do 8% con respecto aos deste 2021,

sobre todo debido ó aumento das aportacións do Estado, que, concretamente, medran en 6M€. “Son os máis altos da última década, e son uns presupostos claramente inversores e sociais, porque o aumento prodúcese fundamentalmente nos capítulos de Investimentos, Transferencias de Capital e Gastos en Bens e Servizos, en nas partidas de Benestar”, explicou José Tomé, engadindo que, desta forma, “responden ao que realmente é necesario nun momento coma este, no que parece que estamos saíndo da pandemia, e no que a sociedade e a economía precisa de investimento público para consolidar a recuperación”. Deputación sube o investimento en políticas sociais un 12%, ata alcanzar os 34M€, o que supón máis dun terzo do total dos orzamentos. Aumentan todas as partidas vinculadas a políticas sociais, aínda que o maior incremento se produce no caso dos Centros de Atención a Maiores, que pasan dunha consignación de 8M€ a case 10M€, o que representa unha subida do 20%. INVERSIÓN EN FOMENTO DO EMPREGO Sube a consignación para o fomento do emprego nun 5%. A Deputación mobiliza 9,4M€, dos cales 5,4 están contempla-

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, a Vicepresidenta, Maite Ferreiro Tallón, e a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez durante o acto de presentación dos Orzamentos da Deputación 2022. GCDL.

dos no Presuposto, e ademais continúase coa execución dos programas que a institución desenvolve en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), dependente do Ministerio de Industria. A institución continúa coa súa aposta pola educación, cun investimento que se acerca aos 3M€, destinados, por un lado, ao Centro de Formación do Servizo de Audiovisuais, e,

por outro, á colaboración coa Universidade de Santiago e coa UNED, entre outras liñas de actuación. PLAN ÚNICO No Orzamento, o Plan Único está dotado con 11M€, que se elevarán ata os 21,5M€ coa incorporación de remanentes, como se veu facendo ata agora. A Deputación continuará no ano 2022 colaborando co te-

cido empresarial e profesional para reforzar o apoio aos sectores produtivos, sobre todo aos que son estratéxicos para a provincia e aos máis danados pola crise da Covid. Deste xeito, continuará co Plan de Impulso da Economía, destinado a favorecer a recuperación sostible do tecido produtivo fronte ao impacto da pandemia con medidas de apoio, promoción e incentivo do consumo.•

Novos efectivos para os parques de bombeiros de Chantada, Sarria e Monforte, despois da aprobación do orzamento para 2022 polo Consorcio Provincial de Bombeiros • Redacción-MONFORTE. O Presidente do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu o pasado 25 de novembro o Pleno desta entidade no que se aprobou un Orzamento de 5,6M€ para o 2022, o que supón un incremento de 130.000€ con respecto a este ano. A Deputación achega 2,3M€, o 50% do presuposto. MÁIS PERSONAL PARA OS PARQUES DO SUR Estes orzamentos contemplan a consignación necesaria para ampliar o cadro de persoal dos

parques comarcais da zona sur da provincia -Chantada, Sarria e Monforte de Lemos– cun novo efectivo cada un. Desta maneira, os seis parques do Consorcio contarán con 20 efectivos, permitindo que dean un mellor servizo e atención. Dos 5.613.399,41M€ que contempla o Orzamento, 4,4 está destinados a facer fronte aos salarios dos traballadores e traballadoras, 932.000€ a gastos correntes e 85.124€ a investimentos. En relación a este último capítulo, está previsto a renovación das cubertas dos parques de Monforte de Lemos e Barreiros.•

Imaxe dunha visita do Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, ao Parque de Bombeiros de Vilalba. GCDL.


6• EC // Nº 355 Novembro 2021

POLÍTICA LOCAL

BREVES

O PP insta á Tomé a presionar ao Goberno para evitar que Monforte perda aínda máis peso como núcleo ferroviario

Imaxe da nova executiva comarcal do BNG Lugo-Sul . GPBNG.

A portavoz popular, Katy Varela, considera a Tomé incapaz de defender coa forza necesaria o papel de Monforte como núcleo ferroviario. GCPP..

• Redacción- MONFORTE. O PP monfortiono entende que o alcalde José Tomé, é incapaz de defender o papel protagonista que debería xogar a cidade do Cabe no futuro ao fío da chegada da alta velocidade ferroviaria a Galicia. Consideran que a sua falta de xestión é unha das causas polas que Monforte perderá o seu carácter de centro neurálxico do transporte por ferrocarril

que tivo durante anos. O PP monfortino sinala que Tomé “pasará á historia porque sendo alcalde e presidente da Deputación entregou a Ourense o liderado en materia ferroviaria”. A portavoz do PP monfortino, Katy Varela, di que é lamentable que a política do goberno local se centre en obras e servizos sen máis ambición que a de obter réditos a curto prazo. Indica que Tomé gasta os car-

tos en repavimentar rúas sen intervir nas infraestruturas, a pesar de que, por exemplo, a de subministro de auga está en mal estado, con continuas avarias. Coas previsións para os servizos ferroviarios, sinala a portavoz popular, “ben se pode dicir que Lugo queda incomunicado coa complicidade do alcalde de Monforte e presidente da Deputación”.•

• O BNG LUGO-SUL CELEBROU A ASEMBLEA PARA A RENOVACIÓN DOS CARGOS COMARCAIS. O pasado 25 de novembro o BNG de Lugo-Sul celebrou unha Asemblea Comarcal na que ratificou como responsábel comarcal á portavoz municipal de Pantón Rosa Ana Prieto Florines, quen xa viña desenvolvendo este cargo dende había dous anos. Aprobou por unanimidade a proposta de Consello Comarcal, formado por trece persoas, máis os responsables locais que saian escollidos de cada unha das localidades que da comarca, e unha persoa designada por Galiza Nova. Creouse unha Executiva Comarcal de seis membros do Consello que terá a función de realizar un traballo máis dinámico, dentro dunha comarca tan ampla e con moi distintas problemáticas. Segundo Rosa Ana Prieto: “Precisamos de políticas activas de desenvolvemento socioeconómico que fagan das oportunidades o polo de atracción de poboación e manteñan a que temos, pola contra seguen a reducirnos servizos públicos e anulando oportunidades, por iso é importante a visión ideolóxica da sociedade e do territorio”. “Comezamos unha nova etapa, unha etapa con moita ilusión e moitas ganas de traballar polas inquedanzas dos e das veciñas da nosa comarca”. •

POLÍTICA LOCAL Os PSOE de Chantada propón dinamizar a Praza de Abastos: comercio, degustación, turismo e espazo de creación de empresas • Redacción- MONFORTE. O PSdeG-PSOE presentará no vindeiro pleno unha moción coa intención de dinamizar a Praza de Abastos. A voceira socialista, Raquel López, explica que a iniciativa de renovación deste espazo “é algo que xa levabamos no noso programa electoral, e que consideramos esencial. Dispoñemos dunhas instalacións na Praza de Abastos, con moitos espazos baleiros, e outros que cremos que

non están a dar todo o rendemento que poderían, algo que abriría máis posibilidades e rendabilidade para os chantadinos e chantadinas”. Os socialistas presentan esta moción convencidos da importancia do comercio de proximidade, que ademais consideran unha ferramenta esencial para fortalecer a economía, o emprego e a proxección turística de Chantada. Dende o PSOE, propoñen

crear unha Comisión Municipal (con representación de todos os grupos políticos municipais e coordinada dende a concellería de Turismo e Comercio) para elaborar un proxecto novo para a Praza de Abastos. Así mesmo, propoñen celebrar xuntanzas con grupos de interese na materia para pór ideas en común: Asociación de Empresarios, produtores, hostalería, Consellos Reguladores, sindicatos agrarios, etc.•

• O DEPUTADO DO BNG NO PARLAMENTO DO ESTADO, NÉSTOR REGO, PRESENTOU UNHA SERIE DE EMENDAS TRASLADADAS DENDE OS DIFERENTES CONCELLOS DA COMARCA DE LUGO SUR. “ Coma sempre, o goberno do Estado esquece ou ignora as necesidades do interior da Galiza, en concreto da zona do sur de Lugo” di a Responsable Comarcal do BNG, Rosana Prieto. Entre as emendas presentadas polo deputado do BNG Néstor Rego figuran o arranxo e mellora na seguridade vial da N120, a recuperación das antigas vías de comunicación fluviais entre os concellos da ribeira. Tamén presentarán unha emenda sobre o arranxo do firme da N540 comprendido entre Carballedo e Taboada, así como o incremento no número de carrís onde sexa posible. •


O Alcalde inaugura as obras de mellora da fonte cibernética da Praza da Compañía

• O Concello dotouna dun novo sistema de iluminación e de son, que permite a programación dunha gran variedade de coreografías audiovisuais a través de 18 chorros de auga. • As melloras tamén supuxeron a reparación da fonte, o cambio da súa malla metálica e a instalación dun novo peche perimetral. • O orzamento destinado a esta mellora alcanza os 51.532,33 euros. • José Tomé Roca salienta que “as melloras nesta fonte cibernética da Compañía, convértena nun atractivo turístico destacado do centro da cidade, e o seu espectáculo de luz e son sorprenderá tanto os monfortinos como ás persoas que nos visiten”.

Cumprindo os compromisos, seguimos mellorando Monforte


8 • EC // Nº 355 Novembro 2021

ECONOMÍA Os Orzamentos de Monforte para o ano 2022 ascenden a 14.892.364,97 € • Se lle engaden 900.000 euros máis que se incorporan de inversións comprometidas e que están en execución. • Redacción-MONFORTE. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, deu a coñecer os Orzamentos Municipais para o ano 2022, “un orzamento que é froito do rigor e da boa xestión económica que dende o Equipo de Goberno vimos realizando dende que estamos ó fronte deste Concello”. “Desde que teño compromiso de goberno como Alcalde dende o ano 2015, volvemos a traer os Orzamentos Municipais do Concello de Monforte de Lemos en tempo e forma, e o facemos por sétimo ano consecutivo, cumprindo o noso compromiso cos monfortinos e monfortinas”, destacou o Alcalde.

O rexedor municipal engadiu que “Repasando a historia recente dos gobernos municipais de Monforte, nunca houbo unha racha de 7 anos consecutivos aprobando o orzamento en tempo e forma para que entre en vigor a principios do ano seguinte. Isto demostra a nosa seriedade e a boa xestión que fai este Equipo de Goberno, porque desta forma os orzamentos entrarán en vigor a principios do ano 2022”. Deste xeito, a previsión de ingresos e de gastos do orzamento para o ano 2022 é de 14.892.364,97 euros, preto de 15 millóns de euros, que na práctica é superior: ”é unha previsión igual á do ano anterior, pero a realidade é que os ingresos aumentan case nun millón máis, xa que se lle debe sumar esa cifra (900.000 €) que está consignado para 4 proxectos concretos que se están executando e que solo está certificado unha parte pequena (máis ou menos 50.000 €) e que o resto se incorporará ó orzamento do ano seguinte, neste caso para o orzamento de 2022, e que polo tanto, pasa a formar parte dos ingresos deste exercicio”, explicou o Alcalde. A previsión de ingresos que ten

Acto de presentación dos orzamentos de Monforte para o ano 2022. (Foto: GPCM)

o Concello para o 2022 é de 15.792.364,97 euros. Os gastos de persoal aumentan un 3,96,% pola creación de tres novas prazas (un oficial da Policía Local, un técnico informático e un auxiliar administrativo). No referido ó Capítulo 6, que recolle as inversións, no ano 2022 é de 871.100 euros. En 2021 foi de 505.100 €, co que se incrementa en 366.000, o

que supón un 72,46%, ó que hai que engadir os 900.000 € do 1.000.000 de euros de investimentos que se conveniaron o ano pasado e que se vai incorporar por estar as obras en execución: O Plan de Accesibilidade, o Parque do Hospital, a Urbanización da Zona C ou a Ponte do Malecón. Tomé Roca sinalou que “este Alcalde e o seu Equipo de Goberno, cando anuncian unha

obra, tarda moi pouco tempo en converterse en realidade porque, ou ben está conveniada, ou ben está en contratación ou ben está contratada e a piques de iniciarse as obras. Dende que este Equipo de Goberno está á fronte do Concello, os anuncios son realidades. Agora sí, o que se compromete cúmprese, facendo inversións en todos os barrios e en todas as parroquias”.•

Novo contrato de concesión das estacións de autobuses de Monforte, Sarria e O Barco de Valdeorras, cun investimento de máis de 811.000€

Monforte contará cun novo espazo de Coworking promovido pola Xunta de Galicia

• Redacción- MONFORTE. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade activou o novo contrato de concesión das estacións de autobuses de Monforte, de Sarria e do Barco de Valdeorras, por un valor estimado de máis de 811.000 euros (sen IVE). Este contrato foi adxudicado á UTE formada polas empresas Monforte S.A.U, Mantenimientos y Servicios de Galicia S.L e Autobuses Urbanos de Ponferrada S.A. A nova concesión, terá unha vixencia de 5 anos. Estas terminais rexistran un número anual de viaxeiros que ascende a 214.267 e un total de 65.170 expedicións ao ano. O concesionario facilitará os servizos preparatorios e complementarios do transporte a usuarios e transportistas e proporcionará os servizos de facturación, consigna, venda

• Redacción- MONFORTE. A Xunta de Galicia activará, no primeiro trimestre do vindeiro ano, tres novos espazos coworkings na provincia de Lugo. Este tipo de lugares de traballo, destinados a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, están deseñados para aumentar as posibilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento, e teñen permitido ata o de agora impulsar preto dun cento de iniciativas emprendedoras na provincia. Os novos espazos coworkings, que desenvolve a Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do Igape e en colaboración coa Escuela de Organización Industrial (EOI), nas comarcas

Estación de autobuses de Monforte (Foto: Arquivo EC)

de billetes e información ao viaxeiro e tamén deberá cumprir coas tarefas de conservación e mantemento das instalacións. Previamente á licitación dos novos contratos de xestión da explotación destas estacións, a Xunta realizou actuacións de mellora durante os anos 2019 e 2021 no marco das obras de renovación de cinco

estacións de autobuses da provincia de Lugo, nas que se incluíron, ademais da de Burela, a de Ribadeo e a de Viveiro, as terminais de Monforte de Lemos e de Sarria. O investimento autonómico conxunto nestas intervencións acadou os 732.000 euros. As intervencións incluíron reparacións nas cubertas coa renovación de pavimentos.•

da Ribeira Sacra (con sede en Monforte de Lemos), A Mariña (Mondoñedo) e A Ulloa (Palas de Rei), tendo como obxectivo principal que os emprendedores poidan poñer en marcha os seus proxectos empresariais. Neste sentido, os coworkings, máis alá do propio espazo, ofrecen aos participantes un mentor individual para o seu proxecto, que os acompañará no deseño de modelo de negocio; formación específica, mediante talleres prácticos centrados en temas de interese; e distintos eventos, como xornadas de networking ou encontros con actores sociais e económicos relevantes. Os novos espazos configuran, así, un lugar de traballo colaborativo favorecendo o impulso económico de comarcas rurais.•


EC // Nº 355 Novembro 2021 • 9

SERVIZOS A Deputación inviste preto de 250.000 euros na mellora doutro tramo da estrada de Pedrafita a Seoane •A empresa Vazper realiza estes traballos, que suporán a ampliación do ancho e a mellora da drenaxe • Redacción- MONFORTE. A Deputación de Lugo continúa coas actuacións de mellora da rede de estradas provincial. Na LU-P-1301 que une Pedrafita con Seoane, estase a actuar nunha segunda fase, con obras adxudicadas á empresa Vazper 3 S.L. por importe de 244.522,33 euros. Unhas obras que responden ao compromiso do Presidente da Deputación, José Tomé Roca, de ter no vindeiro ano esta estrada renovada e ampliada. VIAL MÁIS OPERATIVO O proxecto xa en marcha inclúe a mellora da drenaxe e a ampliación da plataforma do vial, que pasará a ser de 6 metros, agás nos tramos comprendidos entre os puntos quilométricos 11+010 e 11+305, e do 12+070 ao 12+170, nos que se abrirá a anchura ata os 5,50 metros. A superficie ampliada leva un recheo de zahorra e un dobre tratamento superficial con macadam. O conxunto do tramo traballado pavimentarase co extendido de 1.482 toneladas

de mestura bituminosa tipo AC16 surfD, cun espesor de 5 centímetros.

la nun 9%, de xeito que quede máis homoxénea co conxunto da estrada.

MAIOR SEGURIDADE DO TRÁFICO Unha intervención importante neste vial é a corrección da rasante da estrada entre os puntos quilométricos 10+640 e 10+740, para eliminar a elevada pendente de 12% ata deixa-

LIMPEZA DE GABIAS E MÁIS DRENAXES Outra das actuacións máis salientables neste vial é a mellora da drenaxe, de gran importancia ao tratarse dunha estrada de montaña. En primeiro lugar, procedeuse á limpeza da cuneta xa existente, ao longo dos 1.891 metros do tramo no que se está a traballar. A continuación, executáronse tres novos pasos salvacunetas e abríronse 11 novas drenaxes transversais. Por último, procederase ao marcado da estrada, e á colocación de 280 metros de barreira de seguridade, reforzando tamén a sinalización vertical con 15 paneis direccionais na proximidade das curvas e dous sinais de limitación de carga, así como 5 balizas de neve.• Detalle das obras neste vial. (Fotos: VAZPER).

VAZPER 3 S.L.

A estrada terá máis ancho e mellor drenaxe. (Foto: VAZPER).

Polígono Industrial s/n 24412 Cabañas Raras Tlfno. 987 45 39 26 León


10 • EC // Nº 355 Novembro 2021 ●●●[veciñal - iniciativas - pantón]

●●●[cultura - iniciativas - o saviñao] A INTRIGANTE HISTORIA DUN FUNGO CATASTRÓFICO CHEGOU AO CÍRCULO SAVIÑAO DA MAN DUN DOCUMENTAL

ÉXITO DO OBRADOIRO DE COSMÉTICA NATURAL ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE TUIRIZ

Un momento do coloquio que seguiu á proxección do documental "Negro Púrpura", que tivo lugar no Círculo Saviñao o pasado 21 de novembro. CS A mediados de novembro, o local social da parroquia de Tuiriz, no municipio de Pantón, acolleu un obradoiro de cosmética natural, impartido por Nuria, de Sacra Cosméticos. (Fotos: Asociación Veciñal de Tuiriz).

O documental explica as curiosas relacións do fungo Claviceps Purpurea, coñecido como "ouro negro", coas multinacionais farmacéuticas, as pragas medievais, a medicina popular ou a CIA. O audiovisual céntrase nun dos lugares do mundo no que é máis frecuente esta especie: Galicia. CS

Á esquerda, Sabela Iglesias, codirectora do documental "Negro púrpura", e Pilar Abades, directora de fotografía da peza, da produtora Illa Bufarda, na súa visita ao Círculo Saviñao de Escairón, o pasado 21 de novembro. CS

As persoas participantes elaboración xabón a partir de elementos naturais. (Foto: Asociación Veciñal de Tuiriz).

• Redacción - MONFORTE. As actividades programadas pola Asociación Veciñal de Tuiriz seguen a captar o interese da veciñanza. O obradoiro de cosmética natural que impartiu Nuria, de Sacra Cosmética, foi todo un éxito, cubrindo a totalida-

de das prazas. Na sesión, as persoas asistentes aprenderon a elaborar xabón e aceites naturales, e xa preguntaron se habería outro obradoiro sobre cremas e labiais. A axenda continuará cos concursos de postais e casas navideñas.•


EC // Nº 355 Novembro 2021 • 11

O pulso da Comarca Preto de 80.000 euros para renovar a vía principal do lugar dos Novais en Quiroga

A Xunta aposta polo emprego no rural co obradoiro conxunto de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso • O Executivo galego destina 377.000 euros a esta iniciativa, que dá emprego e formación a 20 persoas

urbanísticos destinados á creación, mellora e humanización de infraestruturas de uso público e colectivo.

• Redacción- MONFORTE. Recentemente, vén de comezar o obradoiro de emprego Sillor VIII, que abrangue aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel. Esta iniciativa conta cunha financiación de 377.000 euros aportados pola Consellería de Emprego e Igualdade. O obradoiro ofrece formación e emprego de xeito simultáneo a un total de 20 persoas pertencentes aos tres municipios, e que estaban en situación de desemprego. O curso está centrado na na especialidade de Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.

“COMPROMISO” DA XUNTA PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DA VECIÑANZA COFINANCIANDO OBRAS MUNICIPAIS Dende a Xunta destacaron o compromiso do Goberno galego á hora de brindar apoio aos concellos co fin de promover actuacións que, como a proxectada en Quiroga, contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida dos seus veciños. A Consellería manterá esta liña de cooperación cos concellos tamén en 2022, reservando nos seus orzamentos 7 millóns de euros para actuacións dirixidas a habilitar ou recuperar equipamentos municipais e poñer en valor as contornas urbanas.•

NOVE MESES DE FORMACIÓN CON CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE No arranque do obradoiro, o delegado da Xunta na provincia, Javier Arias, explicou que esta etapa formativa de nove meses está dirixida á cualificación e adquisición de experiencia laboral con contrato de traballo. Arias precisou que, ao rematar, os 20 participantes obterán o correspondente certificado de profesionalidade. Parte do investimento sufraga incentivos para facilitar a posterior contratación dos alumnos traballadores durante un mínimo de 3 meses máis a xornada completa en empresas locais do sector.•

Sinatura do convenio asinado a mediados de novembro polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no marco dos obxectivos do Plan Hurbe. GPXG

• Redacción- MONFORTE. A Xunta e o Concello de Quiroga van colaborar de novo na execución dunha actuación urbanística que, desta vola, mellorará a vía principal do lugar dos Novais. O pasado 26 de novembro, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, asinaron o correspondente convenio para fixar os termos da cooperación técnica e económica entre ambas administracións. UN NOVO PAVIMENTO MÁIS SÓLIDO E ACORDE COA CONTORNA Segundo explicaron os responsables autonómicos, o proxecto inclúe unha serie de actuacións de embelecemento e mellora da pavimentación na vía principal dos Novais, que discorre desde o inicio do núcleo rural ata a fin da delimi-

tación. Esta vía conta na actualidade cun pavimento de formigón pouco integrado coa contorna e esteticamente mellorable. ARRANXOS SEGUNDO AS GUÍAS OFICIAIS DA PAISAXE GALEGA, PARA MÁIS SOSTIBILIDADE E INTEGRACIÓN Dende a Xunta subliñaron que o proxecto segue as recomendacións das guías Paisaxe Galega. Nesta liña, decidiuse substituír o material actual por un formigón tratado con acabado de árido visto, acorde coas tonalidades e texturas da pedra do lugar e variando a composición e o aspecto dos áridos, empregando variedades locais. Deste xeito, búscase lograr unha boa integración coa contorna e eliminar o impacto existente, asegurando á vez a duración e resistencia do pavimento fronte ao tránsito e cun menor custo.

TRABALLOS PREVIOS A actuación, tecnicamente sinxela, desenvolverase nunha superficie de 1.190 metros cadrados, e non requirirá modificar o trazado da vía, manténdose a topografía actual. Como paso previo ao inicio das obras, realizaranse traballos de limpeza e de preparación da superficie de asento. PROXECTO COFINANCIADO NO 70% POLA CONSELLERÍA E CO 30% RESTANTE APORTADO POLO CONCELLO O custo das obras ascende a case 80.000 euros, dos cales o 70% será achegado pola Consellería e o 30% restante polo Concello de Quiroga. Este convenio enmárcase nos obxectivos do plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta hai máis dunha década para axudar ás entidades locais a executar proxectos


12 • EC // Nº 355 Novembro 2021

IGUALDADE

25-N: Institucións e veciñanza clamaron contra a violencia de xénero

Lectura dun poema a cargo de Margarita Rodríguez Otero. (Foto: MONTERO).

Lectura dun manifesto con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero no Campo de San Antonio, en Monforte. No acto, participaron a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, as Concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Consumo, Regina López, e os Concelleiros de Obras, José Luís Losada, Deportes, José Manuel Mougán, o voceiro do BNG, Emilio Sánchez, así como a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López. (Foto: MONTERO).

O Concello de Monforte iluminou a Torre da Homenaxe co lema da campaña. (Foto: MONTERO).

Mesa de Coordinación para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero en Monforte. GPCM

O documental "Nosoutras", elaborado polo Concello de Sober, proxectouse o 25 de novembro no CEIP Virxe do Carme da localidade, así como na Escola de Hostalería de Rosende. Así mesmo, está dispoñible nas redes sociais do Concello de Sober. "Nosoutras- Relatos Femininos" é a segunda parte dun proxecto de igualdade xurdido para homenaxear ás mulleres do mundo rural, e visibilizar as condutas machistas que se dan neste contexto. A peza amosa a testemuña de seis mulleres que narran a súa vida e como lles afectou o feito de ser muller. GPCS

Concentración da Corporación Municipal de O Incio con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero. GPCI


EC // Nº 355 Novembro 2021 • 13

IGUALDADE O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, encabezou a concentración celebrada na sede do Goberno galego en Santiago con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero. Dentro dos actos programados en torno ao 25-N, o mandatario galego participou na entrega dos premios do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais para centros educativos non universitarios. Feijóo incidiu na importancia da educación en igualdade como "un piar imprescindible" para gañar "a loita infatigable" contra a violencia de xénero. “Aí, na escola, no patio, na rúa, nas redes sociais, tamén ten que facerse presente a sensibilidade e sentido crítico que amosades hoxe”, afirmou, en referencia aos escolares galardoados. GPXG

Dende a Deputación de Lugo organizaron a quinta andaina reivindicativa "En camiño contra as violencias", dentro da campaña "Querémonos Vivas, Libres e Iguais". A marcha, que estivo encabezada polo presidente da Deputación, José Tomé, e varios membros do Goberno provincial, contou coa participación da cidadanía, nun percorrido que partiu do Centro de Formación Audiovisual e rematou na Praza de San Marcos, sede do organismo provincial. Neste espazo, os participantes na marcha saudaron aos asistentes ao encontro interxeracional que tivo lugar entre varios residentes do Centro de Atención a Maiores da Deputación en Fonsagrada e escolares do CEIP de Xermade. GPDL


14 • EC // Nº 355 Novembro 2021

IGUALDADE

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e persoal municipal amosan os carteis cos que din NON á violencia de xénero durante a celebración do 25 de novembro no Consistorio. GPCT

Concentración silenciosa do persoal municipal e o alcalde, Javier Varela, diante do Concello de Antas de Ulla con motivo do 25N. GPCAU

Escolares de Guntín participaron na andaina "Camiño ao respecto", organizada polo Concello coa presenza do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias. GPDXL

A loita contra a violencia de xénero tamén se reivindicou dende a cultura. A Vicepresidencia da Deputación organizou o concerto da banda ourensá Timparrantela (imaxe da esquerda) e a representación da obra "Tabú", da compañía Tarabela Creativa, ambas impulsadas por creadoras implicadas co feminismo. GPVDL

Concentración silenciosa en Folgoso do Courel coa presenza da alcaldesa, Lola Castro. GPCF


EC // Nº 354 Novembro 2021 • 15

Salud Centro Proctológico Europeo: alta tecnología y profesionalidad en el tratamiento de las hemorroides

¡ADIÓS A LAS HEMORROIDES! Fácil y rápidamente, sin dolor y sin posoperatorio UNA MOLESTIA MUY COMÚN Las hemorroides son uno de los problemas más frecuentes, ya que el 80% de la población ha tenido alguna vez almorranas a lo largo de su vida. Por su gran repercusión en la vida cotidiana, los pacientes tratan de aliviarse con baños de asiento, o con diversas pomadas, pero lo adecuado es acudir a un especialista en Proctología, si se quiere resolver el problema de forma rápida y definitiva. HEMORROIDES O ALMORRANAS, ESE GRAN DOLOR Las hemorroides, comúmente conocidas como ALMORRANAS, son dilataciones (parecidas a las

Hemorroides, fístulas y abscesos.

●Solicite ya su consulta en el teléfono 981 100 020 varices) que se producen en las venas situadas en el recto (último tramo del intestino) y en el ano. Las hemorroides producen dolor al defecar, picor y un sangrado de color rojo vivo. A veces, incluso pueden salir fuera del esfínter anal, con lo que el malestar aumenta e incluso puede

ocasionar incontinencia. ALTA TECNOLOGÍA, SIN DOLOR Y SIN POSOPERATORIO En el CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO, dirigido por el doctor Federico Sánchez González, profesional con amplia experiencia en hos-

pitales y centros médicos nacionales e internacionales, cuentan con la tecnología más avanzada para acabar con estas molestias, con la ventaja de que las intervenciones no producen dolor y no es necesario un largo e incómodo postoperatorio. HEMOBYE, TECNOLOGÍA DE VANGUARDIA Para las hemorroides que no presentan un estado muy avanzado, en el Centro Proctológico Europeo ofrecen un TRATAMIENTO CON HEMOBYE, tecnología basada en la electroterapia, con la que en tan sólo tres sesiones de 30 minutos, totalmente indoloras y que no requieren anestesia, el paciente puede hacer

vida normal nada más salir de la consulta. ACABAR CON LAS HEMORROIDES EN UN DÍA Y SIN DOLOR La tecnología de vanguardia con que cuenta el Centro Proctológico Europeo permite también resolver hemorroides sangrantes automáticamente en el momento de la exploración, gracias a la aplicación de la TÉCNICA DE BANDING. Gracias a esta tecnología, el paciente que acude al CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO puede resolver sus problemas de hemorroides sin dolor, sin hospitalización y pudiendo retomar su vida normal al día siguiente de la intervención.•

Dr. FEDERICO SÁNCHEZ GONZÁLEZ

DIRECTOR MÉDICO DEL CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO

Director médico del CENTRO PROCTOLÓGICO EUROPEO, Doctor en Medicina y Cirugía, especialista en Cirugía General y Digestiva, Master en Transplante de Hígado en Pittsburg (EEUU), con estancias en hospitales especializados en cirugía colorrectal y proctológica como Saint Mark (Londres), o Beaujon (París), referencia mundial en cirugía digestiva. Trabajó con el Dr. P. Thomas en Phoenix (Arizona-EEUU), pionero en la aplicación de la cirugía de láser en hemorroides y fístulas. El Dr. Sánchez ha desarrollado esta especialidad durante 30 años en el Centro Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC).•

HEMORROIDES, SANGRADOS ANALES, FÍSTULAS, DIAGNÓSTICO DE CÁNCER DE COLON Rúa Cubelos, 21 bajo 15172 Perillo Oleiros (A Coruña)

Única unidad de Cirugía Mayor Ambulatoria privada de Galicia

Solicite ahora su consulta

981 100 020

CIRUGÍA CON LÁSER: sin ingreso, rápida recuperación con reducción del dolor, anestesia local y alta en solo unas horas HEMOBYE: técnica que elimina el dolor de las hemorroides y alivia el prurito anal


16 • EC // Nº 355 Novembro 2021 ●●●[formación - iniciativas - monforte]

●●●[iniciativas - medio ambiente - galicia]

O IES DAVIÑA REY COORDINARÁ A ELABORACIÓN DO PLAN DIXITAL DOS CENTROS LUCENSES AGÁS OS DA MARIÑA • Redacción - MONFORTE. O IES Daviña Rey de Monforte de Lemos foi seleccionado pola Consellería de Educación para a constitución da Rede Galega de Educación Dixital no presente curso, coas funcións de mentorizar aos centros lucenses, agás os da Mariña, na elaboración de cadanseu Plan Dixital. COORDINACIÓN A CARGO DA PROFESORA Mª JESÚS CASADO Con esta finalidade, a profesora do IES Daviña Rey Mª Jesús Casado Barrio acompañará aos centros no deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital, ademais de pasar a formar parte do equipo ADIX (siglas de "Equipo de Apoio Dixital aos Centros"). O DAVIÑA, PIONEIRO NA IMPLANTACIÓN DAS TIC E DE PROCESOS DE CALIDADE Segundo informaron dende o IES Daviña Rey, a elección dos centros e dos correspondentes profeso-

res foi realizada pola Consellería de Educación logo dun rigoroso proceso selectivo, no que se valorou a traxectoria na implantación das novas tecnoloxías e no uso das TIC. Neste sentido, o IES Daviña Rey de Monforte conta cun amplo historial de traballo neste ámbito, pois foi pioneiro na implantación, xa en 2004, dun Sistema de Xestión de Calidade Certificado por AENOR, que se modernizou incorporando á nube toda a documentación sobre o funcionamento do instituto. Esta medida supuxo un incremento importante da dotación en material informático do centro, así como un cambio no traballo e na metodoloxía docente. GARANTÍA DE CALIDADE NO ENSINO TELEMÁTICO DURANTE O CONFINAMENTO Esta experiencia serviu para afrontar o periodo de confinamento con todas as garantías de calidade e viabilidade no ensino telemático, o que, segundo a dirección do centro, tivo

peso na valoración realizada por parte da Consellería. CENTRO PILOTO NA INTRODUCCIÓN DO LIBRO DIXITAL E OS ORDENADORES NAS AULAS Outro dos factores que xogou a favor da elección do Daviña como centro mentor na elaboración do Plan Dixital foi o feito de ser no seu momento un instituto piloto a nivel galego na introducción dos ordenadores na aula, así como dos libros dixitais, o que supuxo o recoñecemento a través de diversos premios con proxectos relacionados coas novas tecnoloxías. Dende a dirección do IES Daviña Rey amosaron a súa ilusión por este novo reto, á fronte do que está a profesora do centro Mª Jesús Casado. A súa elección pola Xunta para ser guía doutros centros educativos no uso das TIC "é unha excelente noticia para a nosa comarca, e para o conxunto das comunidades educativas da nosa provincia".•

UNHA CAMPAÑA DE RECICLAXE BUSCA SUPERAR OS 5 QUILOS DE APARELLOS ELECTRÓNICOS QUE CADA GALEGO RECICLA AO ANO

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou a campaña "O que se enchufa, recíclase", a mediados de novembro. GPXG

• Redacción - MONFORTE. A Xunta retoma a campaña informativa "O que se enchufa, recíclase", para lograr que a taxa galega de reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, que está en 5 quilogramos por habitante ao ano, medre aínda máis. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou este mes unha nova edición desta actuación coa que

dar “infinitas vidas” a estes materiais. Vázquez salientou que nestas iniciativas está parte do éxito de recollida de 13.661 toneladas en 2020, un período que, a pesar de estar marcado pola pandemia, acadou cifras similares aos anos anteriores. Nos últimos tres anos recolléronse máis de 40.000 toneladas de residuos de aparellos eléctricos, e incrementouse nun 11% a súa recollida. •

●●●[igualdade - iniciativas - o incio] ESCOLARES DO INCIO E DO COUREL PARTICIPAN NUN VIDEOCLIP COS MÚSICOS LUCÍA PÉREZ E XABIER VIZCAÍNO

Fotograma do videoclip de Lucía Pérez e Xabier Vizcaíno no que participaron escolares dos colexios do Incio e do Courel. As tomas realizáronse, entre outras ubicacións, no CEIP Uxío Novoneyra (imaxe superior) e no Encoro de Vilasouto, no Incio (imaxe da dereita). GPCI

• Redacción - MONFORTE. Un videoclip realizado con motivo do 25-N tivo como protagonistas ao alumnado dos colexios do Incio e de Folgoso do Courel.

Os cativos, acompañados polos músicos Lucía Pérez e Xabier Vizcaíno, tomaron parte neste proxecto, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade.•


EC // Nº 355 Novembro 2021 • 17

●●●[formación - iniciativas - monforte] A ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE MONFORTE PARTICIPOU EN VARIOS PROGRAMAS FORMATIVOS DE ÁMBITO EUROPEO

A asistencia ao Erasmus + serviu tamén para promocionar a Biblioteca da Escola de Idiomas de Monforte na cidade italiana de Pisa. (Foto: EOI Monforte) Docentes do departamento de inglés da Escola de Idiomas de Monforte, durante o curso de Erasmus + celebrado en Irlanda. (Foto: EOI Monforte)

• Redacción - MONFORTE. A Escola Oficial de Idiomas de Monforte tomou parte en diversas actividades formativas de ámbito europeo. O pasado curso, o centro resultou beneficiado con becas de formación e difusión, e para a mellora da calidade no ensino. FORMACIÓN PARA MELLORAR NO ENSINO SEMIPRESENCIAL En concreto, a Escola con sede en Monforte acadou dous proxectos do programa Erasmus + en proxectos europeos. Por unha banda, o centro obtivo, de xeito conxunto con todas as Escolas de Idiomas de Galicia e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), unha bolsa para formación do profesorado de cara ao desenvolvemento de ensino semipresencial. Segundo precisaron dende a dirección do centro monfortino, nalgúns niveis e idiomas estas modalidades semipresenciais xa se implantaron nalgunha Escola de Galicia con materiais propios.

MELLORAR A CAPTACIÓN DE ALUMNADO E A XESTIÓN DO CENTRO Por outra banda, a Escola Oficial de Idiomas de Monforte logrou un programa Erasmus + para a mellora do ensino no propio centro, e para a mellora da captación de alumnado e da xestión da Escola. Con esta finalidade, no periodo entre xuño e novembro, o profesorado dos departamentos de inglés, alemán e italiano, ademais de dúas profesoras integrantes do equipo directivo da Escola de Idiomas de Monforte, recibiron formación en varias localidades europeas. En concreto, os docentes realizaron estadías formativas nas localidades italianas de Palermo, Florencia e Pisa, así como nas cidades alemás de Berlín e Postdam, e na capital irlandesa, Dublín. Durante as estadías, os docentes interactuaron en inglés, ao tempo que recibiron formación en diversos ámbitos para a mellora do funcionamento da Escola.•

Docentes que se formaron nesta iniciativa europea na cidade alemá de Postdam. (Foto: EOI Monforte)

Grupo de traballo con profesores de diversos países de Europa. (Foto: EOI Monforte)


18 • EC // Nº 355 Novembro 2021 ●●●[iniciativas - educación - monforte]

●●●[cultura - iniciativas - chantada] A MOSTRA "GUINEA BISSAU", DA LUCENSE BEGOÑA PÉREZ LÓPEZ, PON FIN AO CICLO "FOTOGRAFIARTE" DO ESPAZO XOVE DE CHANTADA

ALUMNADO DO IES A PINGUELA PARTICIPOU NO OBRADOIROCONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

O grupo de 4º ESO do instituto monfortino, cunha das creacións presentadas ao XII Obradoiro-Concurso de Robótica, celebrado na Coruña o 22 de novembro. IAP

A expedición do alumnado de 4º ESO do IES A Pinguela cos profesores acompañantes, no evento organizado na Coruña por IGACIENCIA. IAP

A fotógrafa lucense Begoña Pérez López, na inauguración da súa mostra "Guinea Bissau", no salón de exposicións do Espazo Xove de Chantada. CXC

• Redacción - MONFORTE. Ata o 17 de decembro está aberta ao público a exposición fotográfica "Guinea Bissau", asinada pola lucense Begoña Pérez López. A mostra completa o programa expositivo do ciclo "FotografiArte", que acolleu o Espazo Xove de Chantada dende outubro. ROSTROS E FUTURO Segundo informaron dende o centro cultural chantadino, a fotógrafa lucen-

se Begoña Pérez López define así esta exposición: "Un rostro, unha historia. Unha mostra de varias fotografías realizadas na Guinea Bissau, presididas todas elas pola Rainha da illa matriarcal de Canhabaque, no arquipélago de Bijagós. Trátase dun retrato social, da vida e das costumes de persoas que imaxinamos lonxe, pero que se atopan moito máis preto do que podemos pensar. A xente é alegre,

ten sentido de comunidade e un afán para saír adiante e avanzar como sociedade. Valores que ensinan ao visitante que outro mundo é posible." A mostra de Begoña Pérez é a terceira da presente edición do ciclo FotografiArte, que arrancou en outubro coa exposicións "Inspiracións", da Asociación Fotográfica O Potiños, á que seguiu a mostra "OllADA íntima", da fotógrafa Asun Adá.•

Os organizadores gabaron a boa actitude e a capacidade de traballar en grupo do alumnado da Pinguela. IAP


EC // Nº 355 Novembro 2021 • 19

●●●[cultura - servizos - chantada]

●●●[comercio - iniciativas - provincia] CELEBRADO O PRIMEIRO DOS SORTEOS DA CAMPAÑA "MERCA NO COMERCIO LOCAL. MERCA NA PROVINCIA DE LUGO"

A BIBLIOTECA DE CHANTADA, ENTRE AS INSTALACIÓNS CULTURAIS CON INVESTIMENTOS DA XUNTA • Redacción - MONFORTE. A Biblioteca Municipal de Chantada é unha das 40 beneficiarias da orde de axudas da Xunta de Galicia para mellorar o equipamento das instalacións e locais dos concellos destinados a actividades culturais. Esta liña de investimentos está dotada con 500.000 euros para o conxunto de Galicia. Deles, preto de 200.000 euros vanse destinar a infraestruturas situadas en 17 municipios lucenses.

No centro da imaxe, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e o presidente da Deputación, José Tomé, antes da celebración do primeiro sorteo da campaña organizada pola Federación co apoio do organismo provincial. GPDL

• Redacción - MONFORTE. Xa está en marcha a campaña "Merca no comercio local. Merca na provincia de Lugo", unha nova iniciativa de apoio e incentivo do consumo no comercio de proximidade que promove a Federación Galega de Comercio co apoio da Deputación de Lugo.

30.000 EUROS EN PREMIOS DURANTE TODA A CAMPAÑA O pasado 25 de novembro, tivo lugar o primeiro dos sorteos desta campaña, que repartirá un total de 30.000 euros entre os consumidores que compren no comercio minorista da provincia de Lugo

cun importe mínimo de 10 euros de compra. Os clientes entrarán así a participar nos sorteos cos que a organización premia a fidelidade ao pequeno comercio lucense. En total, a campaña sorteará 1.000 bonos de consumo por importe de 30 euros cada un.•

AXUDAS "ESTRATÉXICAS" PARA "MANTER A ACTIVIDADE CULTURAL TANTO NO ENTORNO RURAL COMO NO URBANO" A finais de novembro, o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou a Biblioteca de Chantada, na que se van realizar obras de acondicionamento da súa cuberta con cargo a estes fondos. Lorenzo salientou que estes fondos forman parte dunha liña de axudas "estratéxica" coa que o Goberno autonómico leva anos conseguindo “estender e manter a actividade cultural en Galicia con calidade tanto no

eido rural como no urbano”. De feito, este apoio económico está a contribuír a que os concellos se doten dos medios necesarios para executar as súas programacións, “e contar coas oportunas infraestruturas que lles permitan realizar as actividades culturais e garantir o servizo público que prestan á cidadanía tanto nos eidos rurais como urbanos”. MOBILIARIO, OBRAS E COMPRA DE MATERIAIS TÉCNICOS Anxo M. Lorenzo destacou que a través desta liña de subvencións, o Goberno autonómico contribúe ao equipamento de moblaxe de locais, a realización de obras de reforma, ampliación, modernización ou mellora de inmobles, así como a adquisición de materiais técnicos vinculados ao desenvolvemento das accións. Así mesmo, o secretario xeral de Cultura achegouse a Guntín para a entrega do do premio do XV Certame de Investigación Condado de Pallares, que recoñeceu o traballo de Jesús Otero Pereiras titulado "As terras de Guntín: Arqueoloxía na Terra de Pallares".•

●●●[benestar - servizos - taboada] ABERTA UNHA SEGUNDA AULA NA ESCOLA INFANTIL DE TABOADA • Redacción - MONFORTE. As familias de Taboada veñen de ampliar as posibilidades de conciliar. A Xunta abriu este mes unha segunda aula na Escola Infantil do municipio, o que suporá atender a un maior número de cativos. ESCOLA CUN 100% DE OCUPACIÓN Deste xeito, son 24 os nenos que acoden a este centro para ser atendidos en dúas unidades, fronte aos 19 anteriores que estaban agrupados nunha

única aula. Con estas cifras, a Escola Infantil de Taboada está ocupada ao cen por cen da súa capacidade. Este incremento leva aparellada unha ampliación da plantilla de persoal. As obras de ampliación foron financiadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar con máis de 60.000 euros, con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. As obras consistiron nunha adecuación e redistribución do espazo existente. •

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde de Taboada, Ramiro Moure, supervisaron o resultado das obras de ampliación da Escola Infantil de Taboada, o 26 de novembro. GPXG


20 • EC // Nº 355 Novembro 2021

CULTURA Aberta ao público na Casa da Cultura de Monforte a exposición “Os nosos castelos da Ribeira Sacra: Monforte de Lemos”

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, director Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. GPML

• Redacción- MONFORTE. A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte acolleu o acto inaugural da exposición “Os nosos castelos da Ribeira Sacra: Monforte de Lemos” organizada polo Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, en colaboración co Concello de Monforte. Na inauguración participaron o director de dito instituto, Eduardo Pardo de Guevara

y Valdés, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, o concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e outras autoridades. A exposición está composta por 6 paneis informativos arredor da Torre da Homenaxe de San Vicente, de biografías de personaxes relacionados cos señores da

Casa de Lemos, imaxes proporcionadas polo Concello e e debuxos levados a cabo por alumnos dos centros educativos de Monforte. Esta exposición poderá ser visitada ata o 10 de decembro. Tras a inauguración, tivo lugar unha conferencia a cargo de Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, director deste Instituto do Estudios Gallegos Padre Sarmiento.•

Recital de música e poesía na Pinguela

• Redacción- MONFORTE. A intérprete galega Su Garrido Pombo e o poeta irlandés Keith Payne veñen de ofrecer un recital no IES A Pinguela, no que se ofreceu música tradicional galega e poesía en Inglés/galego. Exerceu de anfitriona Olga Novo, que presentou o seu traballo como "Arte celta no mes de Samaín". O estilo musical de Su Garrido ten matices de bossa, folk, jazz ou latín. Ten unha ampla

formación musical e formou parte do grupo folk Lembranzas Galegas, dos grupos Sonhos e TREME e en 2018 de Son Trío. Nese ano gravou o seu primeiro disco en solitario "Quedo a vivir aquí". Keith Payne é un escritor impulsor da oralidade no feito poético, inspirado pola antiga liñaxe irlandesa dos cantores errantes que percorrían o país a pé, desde a singularidade da tradición, lingua e maneira de vivir. •

Seona do Caurel acolleu o congreso da Sociedade Xeolóxica de España • Redacción- MONFORTE. A A Deputación de Lugo participou na 71ª sesión da Sociedade Xeolóxica de España que se está a celebrar na Estación Científica de Seoane do Courel. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu á inauguración desta cita que, durante a fin de semana, reuniu a

expertos en xeoloxía de toda España. García Pernas destacou que “o apoio ao estudo e divulgación da riqueza xeolóxica é unha aposta polo coñecemento científico nunha área do saber moi concreta, pero plantexándoos dende a transversalidade convértense nun elemento para lograr novos obxectivos”, como a promoción do territorio e a

conservación do medio ambiente, e, a partir deles, o deseño de novos proxectos de desenvolvemento para o rural. O Deputado subliñou tamén o apoio da Deputación ao Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel cunha achega de 25.000€ para a promoción turística deste territorio.. •

Inauguración do congreso da Sociedade Xeolóxica de España que se celebrOU en Seoane do Courel FOTO GCDL.


EC // Nº 355 Novembro 2021 • 21

DEPORTES FÚTBOL: A SD Sarriana cae na súa visita a As Pontes, e Club Lemos e At. Escairón, sofren severas goleadas fronte a Betanzos e San Tirso.

Imaxe do pésimo estado do terreo de xogo no partido xogado polo Club Lemos que terminou con derrota por 4-0 fronte o Betanzos (Foto EnComún).

• Redacción- MONFORTE. A pasada xornada presentábanse os sarriáns nas Pontes coa intención de continuar a súa boa serie de resultados, e tras unha moi boa primeira parte íanse con vantaxe no marcador. Con todo, a pesar de ter ocasións para sentenciar o encontro, foron os de Ou Poboado, os que terminaron levándose o partido cun gol no desconto. Mal partido para os de Edu, no que foi un reencontro de moitos ex-xogadores das Pontes agora na SD Sarriá, como Iván Parapar, Javi Liz, Óscar Rivas e David Edu García Mitogo..

Betanzos, equipo co que empataba a puntos na cuarta praza da clasificación. Os Lemistas sairon ben a un terreo de xogo en moi mal estado pola choiva, domiñaron o centro de campo ainda que non crearon ocasións de gol. Nada máis comezar o segundo tempo, unha falta ao borde da area, mal lanzadas polos betanceiros, non foi atallada por Arturo, e o rechazo do porteiro monfortino foi aproveitado por Carneiro para adiantar ao seu equipo. Desmoronouse o equipo entrenado por Alberto López, e sufríu unha dura derrota.

MAL PARTIDO DO CLUB LEMOS• Pola súa banda o Club Lemos visitaba a un rival directo polos postos que dan aceso á fase de ascenso, o

NOVA DERROTA DO AT. ESCAIRÓN Non puido o AT Escairón co San Tirso, que lle infrinxiu unha goleado 0-5. Moi costa arriba se lle pon a salvación.•

INVERSIÓNS 160.000 Euros de inversión en melloras das instalacións deportivas da comarca de Chantada

CLUB NATACIÓN MONFORTE Arrinca a Liga Infantil de Natación

Lete Lasa, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo e os alcaldes na sua visita ao pavillón municipal de Chantadas. CPXG.

• G.L.T. - MONFORTE. O Club Natación Monforte desprazou a Ferrol un equipo composto por 7 mozas e 7 mozos para disputar a primeira xornada da liga infantil, na que os monfortinos están encadrados no grupo B xunto con outros 6 clubs pertencentes á Federación Galega de natación. Disputáronse probas nas categorías de 50 libres masculino e feminino, 200 costas masculinos e femi-

• Redacción.- MONFORTE. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, visitou a comarca de Chantada para supervisar a finalización das actuacións nos tres concellos chantadinos grazas aos convenios de colaboración asinados pola Secretaría Xeral cos gobernos locais. En total, o investimento nas instalacións deportivas da comarca de Chantada en 2021 acadou máis de 160.000 euros dos que a Xunta de

nino, 100 bolboreta masculino e feminino, 100 estilos masculino e feminino, 1500 libres masculino, 200 braza masculino e feminino e 200 libres masculino e feminino, cunha excelente participación dos nadadores locais, xa que melloraron as súas marcas de piscina curta, achegándose ás marcas mínimas que esixe a federación para poder competir nos seus campionatos territoriais no mes de febreiro.•

Galicia achegou o 80%. No Concello de Chantada comprobou in situ, xunto ao alcalde, Manuel Lorenzo a instalación do videomarcador no polideportivo municipal, así como a reforma dos vestiarios do mesmo. No caso do videomarcador, trátase dunha pantalla LED deportiva duns 10 m2 con tecnoloxía de última xeración que contou cun orzamento total de 24.200 euros -sendo o 83% (20.000 euros) da Xunta e o

17% (4.200 euros) do concello-. No caso da reforma dos vestiarios, remodeláronse os catro vestiarios existentes no complexo deportivo conservando unicamente a tabiquería perimetral dos catro locais, así como o aseo do árbitro e o pintado do vestiario e colocación dun pavimento igual ao aseo. Tamén visitou a pista multideportiva de Carballedo e o campo de fútbol e a pista de pádel de Taboada. •


22 • EC // Nº 355 Novembro 2021

SAUDE Volven as restricións á hostalaría para garantir a seguridade sanitaria ante o aumento dos contaxios de Covid

Galicia supera os 2’2 millóns de certificados covid emitidos

Galicia supera xa os 2,2 millóns de certificados Covid emitidos. Foto GPXG.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reunidos con representantes do sector. GCXG

• Redacción- MONFORTE. A Xunta e os hostaleiros acordaron solicitar o certificado covid -tanto de vacinación como de recuperación da enfermidade ou proba negativa- para acceder aos locais do sector co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria debido ao aumento dos contaxios nas últimas semanas pero causando o mínimo prexuízo posible ao sector. Deberá presentarse o certificado nos restaurantes

durante todo o seu horario de apertura e nos bares e cafetarías a partir das 21,00 horas. Con esta medida, que xa se está a empregar no ocio nocturno e nos albergues de peregrinos, así como nas visitas aos hospitais, preténdese garantir a seguridade sanitaria para que se poidan manter os horarios e a capacidade máxima do 100% actuais no sector hostaleiro. Tamén se acordaron outras medidas coas que garantir

unha hostalería segura con axustes no número de persoas por mesa ou agrupacións de mesas cun máximo de 8 persoas no interior e 15 no exterior, fronte ás 10 no interior e os 20 das terrazas vixentes ata agora. Debido ás circunstancias actuais desde o punto de vista sanitario ante a covid co repunte da incidencia, faise necesario compatibilizar a seguridade sanitaria co mantemento da actividade.•

• Redacción- MONFORTE. A Xunta de Galicia emitíu un total de 2.260.274 certificados covid. Deles, 2.178.031 foron certificados de vacinación, 51.843 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 30.400 certificados de ter superado a enfermidade. Ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar

a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde. Até o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 53.737 persoas, que permitiron localizar a 607 persoas con resultado positivo. Así mesmo, a Xunta, en colaboración coas áreas sanitarias, estivo a realizar tests de antíxenos de xeito gratuíto nos puntos situados nos diferentes distritos sanitarios. Unha vez que se pecharon estes puntos, o balance final indica que se realizaron tests a un total de 27.816 persoas, o que permitiu detectar 311 casos positivos.•

Mentres o BNG mantén as concentracións no Castro de Ferreira para evitar perder máis médicos, a Xunta reitera que manterá as tres prazas de facultativo de atención primaria en Pantón • Redacción- MONFORTE. O BNG iniciou as concentracións no Castro de Ferreira para evitar perder máis médicos despois da amortización dunha praza no 2021, mentres está pendente de ser "cuberta con algunha fórmula que descoñecemos", declara a portavoz do BNG, "a da doutora Rosa Mareque que non se pode amortizar neste 2021, pero que ninguén sabe aínda cal será o formato desa terceira praza". Pola sua banda, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias asegurou que A Consellería de Sanidade manterá as tres pra-

zas de facultativo de Atención Primaria que ten asignadas o centro de sáude de Ferreira de Pantón, tanto na ubicación actual como nas novas instalacións que se prevé construír no municipio. Javier Arias quixo aclarar as “falsidades e proclamas políticas que non teñen máis fundamento que o de prexudicar ao Goberno galego pero o que logran é xerar preocupación entre os veciños”. Arias asegurou que non se vai amortizar ningunha das prazas, e que, lonxe de empeorar, están previstas melloras na atención sanitaria no muni-

cipio. Ao respecto, engadiu que o Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria anunciado hai un mes polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feióo, inclúe na primeira fase de desenvolvemento o novo centro de saúde desta localidade, adaptado aos estándares técnicos e para harmonizar os criterios arquitectónicos, de equipamento e medioambientais, entre outros. E engadiu que “esta nova infraestrutura aumentará o espazo para técnicas e cirurxía menor e resolverá os problemas de accesibilidade que ten o actual centro". •


EC // Nº 355 Novembro 2021 • 23

En aberto O Concello de Monforte ten en marcha unha campaña porta a porta para fomentar a reciclaxe

Cartel promocional da campaña informativa sobre reciclaxe e separación de residuos en orixe que ten en marcha o Concello de Monforte de Lemos. GPCM

• R.- MONFORTE. O 29 de novembro, deu comezo en Monforte a campaña de información sobre a reciclaxe de residuos domésticos, dirixida á veciñanza das parroquias e do centro urbano, organizada polas Concellerías de Medio Ambiente e Servizos do Concello. Baixo o lema "Usa os colectores de cores: si ti separas, nós reciclamos", a campaña ten como

obxectivo informar aos veciños e comerciantes da cidade sobre as claves para levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que xeran nos seus fogares, segundo explicou o alcalde, José Tomé. VISITAS INFORMATIVAS ATA O 24 DE DECEMBRO A campaña, que se prolongará ata o 24 de decem-

bro, terá como novidade que levará a información directamente ó cidadán. Tomé salientou que o Concello vai desenvolver unha campaña informativa "porta por porta", a cargo dunha persoa especializada en medio ambiente que realizará visitas domiciliarias, abarcando o conxunto da cidade, incluíndo o núcleo urbano e as diferentes parroquias do municipio.•

Obradoiro sobre igualdade nos colexios con motivo do 25-N

Imaxe dunha das sesións do obradoiro "En liña coa igualdade", organizado polo Concello de Monforte e destinado ao alumnado de 6ºPrimaria dos centros educativos da cidade. GPCM

• R.- MONFORTE. A finais de novembro, o Concello de Monforte desenvolveu o obradoiro "En liña coa igualdade", dirixido ao alumnado de 6º de Primaria da localidade. As sesións, cunha duración de 90 minutos cada unha, desenvolvéronse cunha metodoloxía práctica e grupal,

para analizar o uso das redes sociais, a visión da adolescencia nas redes, e as consecuencias negativas que provoca nos escolares. O obradoiro estivo a cargo de Noelia Rodríguez Álvarez, educadora social con ampla experiencia. •

Novas proxeccións dentro do ciclo de cine que organiza a Escola de Idiomas de Monforte • R.- MONFORTE. A Escola Oficial de Idiomas de Monforte continúa co xa tradicional ciclo de cine, que ofrece proxeccións de películas en versión orixinal en inglés, francés, italiano ou alemán, cos correspondentes subtítulos en castelán. ENTRADAS DE BALDE, CON PROXECCIÓNS OS VENRES POLA TARDE As proxeccións teñen lugar nas tardes dos venres, ás 20:30 horas, nas salas dos Multicines Hollywood de Monforte de Lemos. As entradas ao Ciclo de Cine son de balde. As persoas interesadas poden pasar a recoller os tiquets na Escola de Idiomas de Monforte, situada no número 65 da rúa Calvo Sotelo.

CINE EN VERSIÓN ORIXINAL EN INGLÉS O 10 DE DECEMBRO O próximo pase do Ciclo de Cine será o venres 10 de decembro, ás 20:30 horas, coa película "The Peanut Butter Falcon", en versión orixinal en inglésl con subtítulos en castelán. "The Peanut Butter Falcon" é unha película estadounidense de aventura e drama dirixida e escrita en 2019 por Tyler Nilson e Michale Schwartz, e protagonizada por Zack Gottsagen, Shia LaBeouf, Dakota Johnson e Bruce Dern. Zack é un mozo con sín-

drome de Down que escapa da súa residencia para perseguir o soño de converterse en loitador profesional. Unha serie de circunstancias levan a este mozo a dar con Tyler, un delincuente que tamén está fuxido e que se converterá no seu adestrador e confidente. Na súa aventura, coñecen a Eleanor, unha enfermeira un tanto particular que se une a eles na súa viaxe a través de California. COMEDIA EN VERSIÓN ORIXINAL EN ITALIANO O DÍA 17 A seguinte cita deste ciclo cultural terá lugar o venres 17 de decembro, tamén ás 20:30 horas, coa proxección de "Come un gatto in tangenziale", en versión orixinal en italiano con subtítulos en castelán. Esta comedia foi dirixida en 2017 por Riccardo Milani, e protagonizada por Paola Cortellesi, Antonio Albanese, Alice Maselli e Simone de Bianchi. Dous pais coñécense a raíz de que os seus fillos namóranse, pero non se levan ben. Os seus desencontros son inevitables debido ás enormes diferencias en mentalidade e estilos de vida. Pero despois de varias peripecias, rematarán poñéndose na pel un do outro pola felicidade dos seus fillos.•


24• EC // Nº 355 Novembro 2021

PROTAGONISTAS●●● ●●● Concerto de Radio Océano no Ateneo Casino o próximo 4 de decembro

• GONZALO L. TORRES. Dicía Gardel que vinte anos non son nada, e creo que non lle falta ba razón. A estas alturas da miña vida, a min tampouco me parecen tantos. Pero 36 anos. Iso si é unha barbaridade. Dá vertixe pensalo. Hoxe ao escribir este artigo sobre Radio Océano, sinto o peso deses casi 40 anos sobre as miñas costas. Recordo aquel verán do ano 1985, eu adoitaba pasar uns días na Coruña, ademais tiña que matricularme, pois o seguinte curso comezaría os meus estudos fóra de Monforte. Por aquel entón non vía o mo-

mento de irme, de abandonar a opresión dun lugar que consideraba entón, pequeno e claustrofóbico, e poder descubrir outros mundos, outra xente, tiña que atopar o meu destino, soños de mocidade. E alí atopábame eu, deixándome ir por unha cidade que me parecía inmensa e á vez acolledora, chea de cor, co mar asomando en cada esquina, cegado pola beleza das súas rúas e as súas mulleres, familiarizándome cos nomes dos seus recunchos, descubrindo a súa noite no vello Patacón, o Filloa, o Tranvía, o Mudra, o Calle 42, e outros moitos garitos cuxo nome xa esquecín. Entón todo era a ilusión dun porvir. Os

mozos son puro horizonte. Eu era mozo entón, cando camiñaba de volta por San Andrés, para coller o autobús de volta a casa, o 10 que saía da Praza de Pontevedra dirección Os Mallos, e alí estaban, subidos a un pequeno escenario, facendo atronar as súas guitarras, un grupo que non coñecía, Radio Océano, poñía a súa batería. Isto non é Hawai nin falta que fai, cantaban. Quedei ata finalizar o concerto. Entón non sabía que o seu cantante era monfortino, Jose Manuel Pereiro, nin que o seu irmán, co que compartín unha estraña noite de copas coruñesas era Lois Pereiro. Nin que o seu baixista era Quique, con quen

Na foto superior, concerto de Radio Océano na mítica Sala Garufa, compartindo cartel con dous míticos grupos coruñeses dos oitenta como Os Dramáticos y Los 24 Ancianos. Na do medio, do concerto Noroeste 2017, e abaixo unha das poucas fotos que se poden atopar do grupo nos seus inicios (Subterfuge Records). FOTOS RADIO OCÉANO

mantiven algunha relación moitos anos despois. Nada sabía entón, que Casiano guitarrista dos 24 Anciáns e un dos meus mellores amigos, convidaríame ao concerto no Garufa no que se reunían a tocar varios grupos coruñeses dos 80, e que alí de novo atoparíame con Radio Océano, pois pechaban o evento. Alí estiven co meu fillo de apenas 15 anos, que comparte a miña afección pola

música e a guitarra, pero afortunadamente para el, é moito máis talentoso ca min. E tampouco sabía entón, que o tempo pasaría moi rápido, e que 36 anos despois estaría a escribir no EnComún, sobre Radio Océano, do seu próximo concerto en Monforte no Ateneo Casino o vindeiro 4 de decembro. Volvemos atoparnos, pero 36 anos empezan a ser moitos, mesmo demasiados.•


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.