Nº 16 - Abril 2024
Periódico mensual gratuíto
Depósito legal C 421-2023


Nº 16 - Abril 2024
Periódico mensual gratuíto
Depósito legal C 421-2023
A Xunta enxalza a capacidade de innovar e de abrir mercados internacionais das compañías Cancela e Torres Golán, de Tordoia.
En pausa o parque eólico ‘Meirama’ Cerceda · 6
Baixa o risco de circular pola N-550 Ordes · 8
Conversa · 16 e 20
Alcaldes de Ordes e de Oroso
Comarca · 22 Páx. 14
Paquete de medidas para a gandería
comarca de Ordes
De Zero
Comarca de Ordes
Dirección-Edición
Aurora Pastor Gil
Contacto
dezero.redaccion@gmail.com 617 917 130
Deseño e maquetación
Distrito Xermar
Imprime Publicaciones
Tameiga S.L.
Depósito Legal C 421-2023
ISSN
2990-3114
Peche de edición
20-04-2024
Non me tires por aí! Cando xa me teñas lido, compárteme con outra persoa ou recíclame no contedor azul.
A paralización xudicial cautelar dunha trintena de proxectos de parques eólicos en toda Galicia, entre eles algúns na comarca de Ordes, deixa en evidencia graves carencias de planificación legal e administrativa -política, en definitiva- para o sector, que conduciron ao seu bloqueo (reversible).
Aínda que finalmente boa parte deses proxectos poidan saír adiante, o panorama actual é o da frustración para as empresas e fondos que promoven os proxectos, acompañada dunha crispación en boa parte da sociedade polas características lesivas para os seus intereses dos aeroxeradores que se pretenden instalar e das liñas eléctricas asociadas.
Salvo unha minoría respectable pero residual, moi probablemente existe unha alta coincidencia a un e outro lado -promotores e afectados- en que se trata dun sistema de xeración de enerxía necesario e positivo, que non se debe aparcar sen máis.
A discrepancia estriba no modelo de implantación e aí entra o papel das administracións. Cada vez máis voces defenden con razón, algunhas desde
hai anos, que o plan sectorial ou as normas aplicables están caducos, non corresponden coa realidade actual do sector e a súa innovación tecnolóxica.
Así é como se explica que sexa posible planear enormes muíños a distancias escasas -a priori legaisde núcleos habitados, e que á vez o poder xudicial, neste caso o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, teña fundamento para deter cautelarmente os proxectos, apelando a eventuais danos irreparables.
Nas mans da administración estivo, e está, rectificar a situación. Bastaría deseñar un novo modelo, con participación de colectivos profesionais vinculados á industria e á enerxía, promotores e afectados, no que se defina con máxima precisión onde se pode instalar un aeroxerador e onde non. Na práctica case supón darlle a volta ao proceso actual, no que os promotores teñen máis marxe para propoñer ubicacións. Non sería máis operativo e menos conflictivo que un plan deseñado publicamente propoña as subicacións exactas para que as empresas poidan optar a elas? Non sería un mellor comezo?
No día a día, a sociedade actual precisa poñerlle unha palabra a todo, sen importar que sexa no noso idioma ou noutro. Nunha inmensa maioría das veces faise empregando un substantivo ou un nome, creando así unha etiqueta seguindo a idea de George Steiner “o que non se nomea non existe”.
Esta realidade tórnase enfermiza cando etiquetamos con adxectivos nada positivos ás persoas.
No ámbito laboral atopamos alguén con lentitude, con desorganización, con falta de puntualidade, con desgana, con apatía, con alta esixencia, con arrogancia, con pouco tacto, con insensibilidade...
No ámbito social rodeámonos de xente con diferentes características e capacidades e a ninguén lle resulta estraño escoitar: serás tonto, mira que es pesada, cala latriqueiro, es unha burra, non sexas porcallán, vistes coma un trapalleiro, es unha desordenada..
No ámbito escolar tamén pasa. Sen darnos conta cada neno e cada nena leva o seu adxectivo consigo desde a nenez. Moito dese alumnado sofre a súa
etiqueta: vago, inquedo, mal compañeiro, paiaso, desorganizado, chapón, falador, soñador, repetidor, despistado
Recollidos aquí en masculino non quere dicir que as rapazas se libren, para elas tamén son. Tampouco se libra o profesorado, nin as familias, nin os das extraescolares, nin os dos deportes. Hai para todos.
As persoas non se definen polo que viven nunha etapa concreta. As persoas temos características positivas e negativas. As persoas realizamos feitos máis ou menos acertados. As persoas cometemos erros, e é lícito facelo. As persoas somos e só por iso temos dereito ao respecto en todo momento.
Precisamos cambiar! Temos que ir máis alá e ser capaces de ver o positivo, o bonito de cada quen en cada momento e caer na conta de que as persoas non somos un adxectivo. Precisamos cambiar o xeito de mirarnos e de pensarnos. Precisamos entender que destacando o positivo animamos a ser mellores persoas e obtemos un mundo mellor.
Cata-xentes. Por Tamara Santos.
As modas van ligadas ao contexto sociocultural no que emerxen. Non é raro que a psicoloxía, o autocoidado, as terapias e o coaching teñan comezado a gañar cada vez máis terreo nun mundo no que, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), prevese que as enfermidades mentais sexan a principal causa de patoloxía en 2030.
Como todos os temas que foron tabú ao longo dos anos, finalmente, rematan por explotar e facerse visibles. Ata hai catro días como quen di, ir a un psicólogo era sinónimo de faladurías, do ‘que dirán’ e da vergoña; pois practicamente tachábase de padecer unha tolemia á persoa que acudía. Por sorte, este concepto cambiou e normalizouse, especialmente nos últimos anos. Cada vez hai un maior coñecemento e acceso a informacións relacionadas coa xestión emocional e a importancia do bo desenvolvemento das mesmas en idades temperás.
Só no noso país, máis de dous millóns de persoas padecen episodios de depresión aguda, e estímase que aumentarán de maneira notable os casos de depresión crónica; chegando a 44.000 novos diagnósticos de maneira anual, tal como publicou hai uns meses a axencia EFE.
As enfermidades mentais non son doadas de abordar cando España posiciónase, xunto a Bulgaria, como o país con menos profesionais en psicoloxía e psiquiatría segundo o informe ‘“Mental Headway” de 2023, e no que se destina só o 5% do investimento total sanitario. Isto tradúcese en doentes que teñen que agardar, en ocasións, meses para seren tratados na Seguridade Social e que, se teñen a posibilidade, acaban por acudir a consultas privadas. O problema é que esas consultas teñen, na súa maioría, axendas pechadas.
Situacións como a COVID-19, a guerra entre Ucraína e Rusia, o conflito de Israel e Palestina, o cambio climático ou o incremento considerable dos prezos dos alimentos básicos e da vivenda, fan que cada vez haxa máis persoas que sufran as consecuencias de ansiedade e depresión ante un “futuro incerto”; especialmente os adolescentes. Segundo un estudo do PsiCE que se fixo público o pasado mes de xaneiro, no noso país o 50% dos trastornos mentais maniféstanse antes dos 18 anos de idade e o desaxuste emocional e comportamental antes dos 15 anos.
Esta situación deixa sen atención un gran número de persoas e, á vez, fai que proliferen por internet e redes sociais pseudociencias e supostos profesionais e terapeutas que se fregan os petos. Estes ‘expertos’ sen ningún tipo de formación, ou en ocasións escasa, ofrecen uns servizos que poden, incluso, empeorar a saúde das persoas en función dos seus problemas a tratar.
Os psicólogos insisten na importancia de acudir a profesionais licenciados e evitar deixarse atrapar polo engano, algo que desde hai tempo é “unha materia pendente” que debe regular o Goberno. Unha vez máis, a educación e o cariño da contorna durante a infancia é a principal medicina preventiva para evitar problemas de saúde mental. Cada vez son máis os pais e educadores que se preocupan por temas de xestión emocional, educación positiva e detección temperá de síntomas ou comportamentos que poidan ser unha alerta dalgún problema durante a nenez e a adolescencia; algo que nos debería comprometer a todos como sociedade.
Por Sergio Iglesias Rey, vecino de Barbeiros.
A inmensidade do Universo é coma as características e cualidades de tódalas persoas, debido a que sempre se expanden infinitamente, ademais de seren po de estrelas habitable na Terra. Moitos individuos pasan por diferentes etapas na súa vida, ó igual que a órbita dun planeta provoca o cambio das estacións. Hai momentos de frío no inverno, onde as malas sensacións xorden e estancias de calor coma no verán, onde a xente é apoiada polo quente dos demais.
Ademais, prodúcese a coordinación de tentar axudar ás persoas, do mesmo xeito que un satélite pode regular un planeta -como a Lúa manexa as mareas vivas da Terra-. Tamén cons-
tan individuos que pretenden realizar todo o contrario, provocar mal para os inocentes, ó igual que un furacán ou un sismo causan grandes danos. Primeiramente, o terremoto é efectuado no hipocentro, é dicir, as persoas que pretenden ser prexudicadas, mais ás veces obtéñense danos secundarios nos individuos amados, ou sexa, no epicentro.
Por último, non se sabe a orixe exacta, ó igual que non se coñece con exactitude o anteriormente sucedido ao “Big Bang”, a grande explosión que deu lugar á forma ción dos planetas, do mesmo xeito que outras persoas son universos distintos que orixinan outros ó guiar ou aconsellar a diversos individuos.
Encrobas Viva celebra a decisión e a patronal eólica ve unha “traxedia”
Cerceda De Zero
O parque eólico Meirama (45 MW) pasou a formar parte da relación de proxectos con suspensión cautelar decidida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. No momento en que se tomou a decisión, este organismo xudicial estimara a paralización de 27 parques e rexeitara parar tres.
A decisión do TSXG asume a sentenza do Tribunal Supremo do pasado decembro. Se ata entón o tribunal galego tiña en conta como causas de suspensión o prazo de exposición pública e as dificultades de acceso a informes sectoriais, rexeitadas polo Supremo, agora confirma as suspensións cautelares valorando principalmente os eventuais danos ambientais irreversibles.
Antes xa recibira tamén suspensión cautelar o proxecto Encrobas, de modo que de momento queda seriamente condicionada a viabilidade da planta de hidróxeno verde, pois as dúas iniciativas eólicas teñen vínculo con ela. Iso si, todas elas, como a planta de biogás ou a central hidroeléctrica reversible, seguen tramitacións individuais.
Unha primeira consecuencia foi a decisión da Xunta de suspender o acto de levantamento de actas previas á ocupación dos terreos afectados. Estaba previsto entre o 17 e o 26 de abril, pero agora o proceso quedou parado porque a resolución xudicial deixa en vía morta as autorizacións administrativas e a declaración de utilidade pública outorgadas polo goberno autonómico.
Ante o Parlamento de Galicia, no debate de investidura, protesta de entidades veciñais, culturais, ecoloxistas e propietarios de montes de toda Galicia contra a forma en que as administracións están tramitando os proxectos eólicos. Acusan ao goberno da Xunta de darlle carta branca ás eléctricas sen ningún beneficio social.
O paso dado polo TSXG motivou a celebración da entidade veciñal Encrobas Viva, que o considera “un froito de anos de traballo” logo das súas accións legais emprendidas por persoas asociadas contra o proxecto Meirama, que incide tamén nos municipios de Carral e de Ordes.
“Múltiples infraccións”
Para a asociación, o tribunal “recoñeceu as múltiples infraccións” da empresa promotora do parque e da Xunta no proceso de tramitación, asegura. Agora confían en que “este sexa só o primeiro paso á hora de recoñecer os dereitos da veciñanza ante os atropelos que se están a cometer na tramitación de distintos proxectos industriais”, din.
Para Encrobas Viva, os proxectos eólicos da zona foron fragmentados de modo “artificial e fraudulento” e iso “evitou unha avaliación completa dos impactos totais”.
A organización veciñal anunciou que intentará paralizar tamén a planta de hidróxeno, da que di que só xerará 17
empregos e non os 400 comprometidos. Para o colectivo representa “a demostración palpable de que se buscan beneficios económicos totalmente alleos aos intereses da veciñanza”, ademais de botar por terra, din, a súa declaración como proxecto estratéxico polo goberno da Xunta.
A asociación pide logo da decisión do TSXG “unha análise exhaustiva das implicacións do parque eólico Meirama” e artellar “un diálogo amplo e participativo entre todas as partes afectadas”.
A Xunta recorre
Desde a Xunta, a conselleira de Medio Ambiente asegurou ás poucas horas de coñecerse a resolución xudicial que presentarían recurso para levantar a suspensión cautelar. Ángeles Vázquez defendeu que as tramitacións de parques son correctas e efectúanse con “rigor máximo”.
Nun foro en Madrid, o presidente Alfonso Rueda lamentou o rexeitamento social a este tipo de proxectos, que de todas maneiras ve “ruidoso”
pero non maioritario. “Non se pode facer nada aquí ou que?”, chegou a preguntarse.
Plan “obsoleto”
En Pleno municipal, interpelado polo BNG, o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, deixou constancia de que está a favor das enerxías renovables respectando a lei. Pero advertiu de que o Plan Sectorial Eólico da Xunta “é tremendamente obsoleto” e ocasiona problemas. Considerou por exemplo que a distancia de aeroxeradores a vivendas debería ser cinco veces a altura das máquinas en vez
da medida fixa establecida ata agora, tendo en conta que os novos muíños case triplican a altura dos de hai vinte ano.
Patronal “perplexa”
A reacción máis contundente á decisión do TSXG foi a da Asociación Eólica de Galicia, que a califica de “traxedia”. A patronal declarouse non sorprendida pero si “perplexa” porque os eólicos suspendidos tiñan declaración ambiental positiva e autorización para construír. Esta entidade interpreta que o tribunal ve “ilegais” os procedementos e os informes da Xunta.
A AEG coida que o TSXG contradi o Supremo e que ademais fai prevalecer “informes escuetos e reducidos” sobre tramitacións administrativas “complexas e esixentes”, valora. Teme ademais que a cuestión lanzada desde o tribunal galego a instancias xudiciais europeas “alonguen uns dous anos máis o estancamento do sector enerxético”, asegura.
A organización empresarial pensa que Galicia vai quedar así abocada ao “illamento industrial”.
O Goberno de España anunciou o sometemento a información pública da modificación da autorización administrativa previa, do estudo de impacto ambiental e da declaración de utilidade pública do proxecto eólico Tornado, que promove a empresa Greenalia e que pretende situar cinco aeroxeradores en Tordoia e tres en Val do Dubra (52,8 MW totais) afectando tamén a Carballo, Cerceda, Ordes e Carral coas infraestruturas de enerxía. O prazo de alegacións é de trinta días hábiles desde o 9 de abril. Citas para consultar a documentación no 981 98 95 59.
Nova saída desde Ordes ás 6:40 horas e novo retorno desde Santiago ás 22:20 horas
Comarca De Zero
Cambios no transporte público en autobús desde a comarca ata Santiago, especialmente pensados para o persoal e usuarios dos hospitais da capital galega.
Desde finais de marzo funcionan dúas novas expedicións de luns a venres, engadidas aos servizos preexistentes. Unha é a que sae ás 6:40 horas desde Ordes e outra é a que volve desde Santiago ás 22:20 horas. Nos dous casos pasan, e por suposto paran, por Oroso.
Horas punta
Ademais, nos horarios considerados de maior demanda, ás oito da mañá e ás dúas da tarde de luns a venres laborables, establecéronse servizos independentes entre a estación intermodal en Santiago e os principais hospitais.
Deste modo, a esas horas a liña que procede de Lalín é a que continúa ata o hospital Clínico, levando tamén os viaxeiros e viaxeiras da comarca ordense. Para o hospital provincial de Conxo
ante a Alameda de
habilitouse unha lanzadeira propia, con posibilidade de transbordo desde as diferentes procedencias.
Ás 8 e ás 14 horas, conexión directa da intermodal aos hospitais Clínico e Provincial.
Segundo o criterio empregado pola Xunta para efectuar os cambios no servizo, búsca-
se evitar que, polo menos nas horas punta, persoas que non se dirixen aos hospitais teñan que pasar no bus por eles, pois estímase que un 58% de pasaxeiros baixan ou acceden na intermodal, é dicir, non son ‘tráfico’ vinculado directamente co ámbito sanitario.
Ademais, o propósito das modificacións é que quen se desprace polos corredores procedentes tanto de Ordes como da Estrada poidan enlazar con outras liñas e chegar así aos complexos hospitala-
rios con marxe de tempo suficiente para a entrada e saída nas tres quendas laborais.
Agradecemento
Desde o ámbito municipal ven con bos ollos as novidades. En Oroso, o alcalde, Alex Doval, considera que se mellora o acceso ao traballo dos profesionais sanitarios que residen no seu concello. Doval agradeceu a decisión tomada pola Xunta e destacou a colaboración entre as administracións local e autonómica.
O novo contrato de transporte público do Concello de Santiago, que está dando os pasos previos á súa licitación, prevé melloras que beneficiarán a Sigüeiro e a súa contorna, aínda que o bus da capital tecnicamente só chega ata o linde municipal. Así, prevese unha nova liña TranSantiago desde o límite co Milladoiro ata o límite con Sigüeiro, con servizos cada trinta minutos. Ademais, unha nova liña ‘alimentadora’ desde o rural, de once frecuencias ao día e dous transbordos de balde, partirá da Barciela. O goberno de Goretti Sanmartín aspira así a reducir a entrada de vehículos privados na cidade.
Por segundo ano non figura no informe do RACE, no que adoitaba figurar en nivel negro
Ordes De Zero
Durante varios anos foi habitual ver boa parte do percorrido da N-550 en Ordes entre os tramos de maior perigo e sinistraliedade de toda España. En reiteradas ocasións, o informe anual que elabora a Fundación RACE, avaliando os datos de accidentes de cada trienio previo, pintou de negro, o peor nivel, o traxecto desde o Mesón do Vento ata a vila de Ordes. Sen embargo, a estrada leva xa dous anos consecutivos fóra desa fatídica relación, ao reducirse drasticamente os sinistros con vítimas mor-
tais ou con feridas graves. Non necesariamente se debe a eventuais melloras no vial, senón simplemente a que a accidentabilidade foi notoriamente menor. Unha evolución semellante recóllese no conxunto da rede de estradas estatais, que en 2023 rebaixaron á metade ese tipo de sinistros de maior gravidade, comparando con 2013.
Antes no ‘top’ 5
As últimas ocasións que a N-550 por Ordes apareceu nos informes do RACE corresponden aos anos 2019 e 2020. O itinerario entre os puntos quilométricos 26,8 e
Sinalización de risco de accidente na zona de Queirúa.
36,9, do Mesón a Ordes, estaba entre os cinco tramos máis perigosos de toda España. En concreto, en 2019 tiña un índice de risco de 116,2
puntos. Este medidor pasa a negro se supera os 90 enteiros. O informe dese exercicio recollía dez sinistros mortais ou graves no tramo entre
2016 e 2018, con resultado de cinco persoas falecidas e nove feridas graves.
No seguinte estudo, con datos de 2017 a 2019, o traxecto ordense baixara á quinta posición cun índice de risco de 94,5 puntos, aínda negro. O informe computaba oito sinistros de especial relevancia nese trienio, con catro falecementos e oito vítimas graves.
En cambio, o novo estudo, presentado hai poucos días, asenta a mesma liña positiva que o do ano pasado. Ademais, non hai agora ningún treito en negro na provincia coruñesa, mais si dous en vermello: na N-547 e na N-VI.
O Concello poderá auditar a traída
O Concello de Oroso poderá efectuar unha auditoría da súa rede de abastecemento de auga potable, ao percibir unha axuda autonómica outorgada a través de Augas de Galicia.
O municipio forma parte dunha relación inicial de 27 beneficiarios, entre os que se reparten 200.000 euros. O propósito é que poidan diagnosticar e atallar posibles perdas de auga na rede para que non superen o 20% de media, segundo a Xunta. Estímase que na actualidade a media galega de perdas acada o 45% do líquido.
Ordes Agardan reparar en breve a estrada principal de Vilamaior
Os buratos que se acrecentaron nas últimas semanas na estrada principal de Vilamaior (Ordes), na zona das Corredoiras, van ter solución en breve. O Concello explicou a De Zero que o ensanchamento do vial, acometido a finais de 2022, está aínda en garantía. Por iso, solicitáronlle á empresa contratista a reparación cando a meteoroloxía deixase. Prevén que sexa nos vindeiros días, rematando así coa perigosidade no tramo. Ademais, a administración local comezou a efectuar o repaso anual en toda a súa rede viaria para arranxar fochancas.
A Deputación da Coruña programou para o vindeiro 30 de abril (16 a 19 horas) o levantamento de actas previo á expropiación de terreos para construír unha senda peonil entre Aiazo e a Ponte Carreira, na marxe esquerda da DP-3802. O acto terá lugar na Casa do Concello de Frades. A el están convocadas 47 persoas propietarias dos 5.435 metros cadrados que se expropiarán, de usos forestal, labradío ou hortícola.
O organismo provincial ten previsto investir uns 527.000 euros nas obras da senda, cunha lonxitude de 2.380 metros. Ademais, pre-
vé destinar outros 48.000 euros ao pagamento das expropiacións de terreos.
Segundo o Concello, a execución do proxecto vaise licitar nunha única anualidade. En canto se contrate, a previsión é que os traballos teñan un prazo máximo de seis meses para o remate.
O alcalde, Roberto Rey, amosouse satisfeito con que a Deputación atendese a petición municipal de non dividir o proxecto en varios anos e de que os terreos fosen expropiados e pagados como noutro dos concellos polos que pasa o vial, e non cedidos de balde como, di Rey, quería a Deputación.
Comarca De Zero
Dous camións accidentáronse nunha marxe de poucas horas en dous puntos diferentes da comarca: na AP-9 preto de Sigüeiro (Oroso) e no Vilar de Castenda da Torre (Tordoia). Nos dous casos, os condutores resultaron feridos.
O primeiro sinistro foi o da AP-9, a primeira hora da tarde do 22 de marzo. Á altura do quilómetro 54, un camión
cargado con combustible envorcou e comezou a derramar a carga, uns cinco mil litros de gasóleo.
O vehículo quedou na mediana e a situación creada obrigou a activar un plan especial de protección civil. Ademais da intervención do helicóptero medicalizado para trasladar ao hospital o condutor, con feridas graves, acudiron diversos servizos de emerxencias para conter o
vertido e evitar que contaminase a zona. Para iso empregaron sistemas de bombeo, ademais de gran cantidade de panos e mantas de absorción.
O tráfico na autoestrada chegou a estar cortado, nas que eran as primeiras horas da operación saída da Semana Santa. Posteriormente foise abrindo paso por un carril. O vehículo accidentado puido ser retirado xa de madrugada. Case a esa mesma hora,
produciuse o accidente en Tordoia. Un camión que transportaba leite nunha ruta de recollida na zona envorcou preto do Vilar, na parroquia de Castenda da Torre. Neste caso, o condutor quedou atrapado dentro. Os Bombeiros de Ordes acudiron a liberalo, posibilitando así o seu traslado ao hospital para recibir asistencia sanitaria. Non trascendeu a evolución posterior do ferido.
Un condutor foi interceptado sen permiso de conducir vixente dúas veces en menos dun mes. A segunda ocasión na que a Garda Civil de Tráfico o detectou foi na estrada provincial que vai de Ordes á Pontecarreira, pasando por Folgoso.
O individuo, detido o venres 29 de marzo, foi posto á disposición xudicial por presunto delito contra a seguridade vial, pois comprobouse que perdera todos os puntos do carné.
A Garda Civil de Tráfico, que conta na provincia con persoal especializado neste tipo de casos reincidentes, informou de que o historial do detido pode levalo a posibles penas de prisión.
En concreto, conducir sen permiso pode supoñer condena de tres a seis meses de cárcere, multa de 12 a 24 meses ou traballos a beneficio da comunidade entre un e tres meses.
A zona de Rodís, en Cerceda, rexistrou un leve tremor de terra pouco antes das oito da mañá do 3 de abril. Segundo o IGN, tivo magnitude de 2,8 e o epicentro situouse a tres quilómetros de profundidade. Non houbo danos.
O goberno de Ordes confirmou que este ano prevé sacar a concurso a explotación da cantina da piscina do Muíño. Foi en resposta ao BNG, que pedía desbotar a adxudicación directa por decreto, sistema usado o ano pasado.
oposición
Volve estar sobre a mesa a idea de conectar as estacións de tren de Curtis e de Fosado (Ordes) cunha liña ferroviaria de nova construción.
O valor do proxecto non sería o de comunicar os dous municipios, senón crear o tramo que falta para conectar de xeito directo Lugo con Santiago.
Hai que ter en conta que a cidade da Muralla é a única capital de provincia galega sen unha comunicación directa coa capital compostelá. E a liña de 27 quilómetros desde Curtis a Ordes sería unha das solucións máis doadas e rápidas, pois ata Curtis chegan os trens procedentes
As dúas forzas que integran a oposición en Ordes, o BNG e o PSdeG-PSOE, reclamaron en Pleno diversas reparacións en puntos deteriorados da rede viaria municipal, que o goberno local ou ben xa tiña programadas ou ben tomou en consideración.
Os nacionalistas solicitaron o arranxo das fochancas na pista que dá acceso a Queis (Montaos) desde a estrada N-550. O alcalde explicou o día do Pleno que xa levaban varias semanas reparadas.
Tamén demandaron reparar a pista que une Lesta con Mercurín desde A Cruz ata a estrada AC-409, así como in-
tervir na pista que vai desde Guindiboo de Abaixo (Montaos) ata a parroquia de Parada. Nos dous casos, o goberno ten previsto acudir a tapar os baches en canto a meteoroloxía se estabilice despois dun inverno que fixo “moito estrago”, comentou o alcalde. Entre as peticións do grupo socialista, destaca retirar tubaxes que sobresaen na beirarrúa de República Arxentina, na capital do municipio, que o alcalde se comprometeu a revisar. Tamén acondicionar un tramo de beirarrúa deteriorado na Reverencia. O rexedor indicou que se encargará o promotor do edificio.
de Lugo e a estación ordense é parte do Eixo Atlántico de Alta Velocidade.
Estudio de viabilidade
Semella evidente que a nova vía tería que cruzar Mesía, quizais parte de Frades e tamén parroquias de Ordes. Pero por onde pasaría exactamente se o Ministerio decidise construíla? Pois iso é algo que tería que ser avaliado este mesmo ano, sempre que o goberno central cumpra o acordo de investidura.
Un dos tratos entre o PSOE e o BNG é que se elabore xa o estudo de viabilidade da variante Curtis-Ordes. Nun acto en Lugo, a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, reclamou que o exe-
cutivo central licite xa o documento avaliativo.
A líder da oposición autonómica considerou que a liña remataría coa discriminación de Lugo: “non estamos falando de facer ningunha proeza ferroviaria porque bastaría
con 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes”, valorou.
Aínda que non terían incidencia directa na comarca, no acordo de investidura tamén se inclúe a electrificación da liña Lugo-A Coruña para acurtar a duración da viaxe, agora dunhas dúas horas para un traxecto que por estrada se completa practicamente na metade de tempo.
A conexión Ordes-Curtis leva anos sendo reclamada polo BNG pero sempre se mantivo aparcada. E tamén o PP, que fixera oídos xordos durante o seu paso polo goberno de España, presentou unha proposición non de lei co mesmo obxectivo hai algo máis de dous anos.
Percorrido de comprobación do goberno de Cerceda
Integrantes do goberno, na senda peonil que irá ao Roxo.
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, acompañado polos concelleiros Catrina Queijo, Cristina Capelán e Francisco Boquete, acudiu a comprobar a execución de nove obras de mellora de mobilidade e de abastecemento e saneamento en varios puntos do municipio.
A senda peonil ata O Roxo, a mellora de accesos e de saneamento no Piñeiro, a senda peonil ante o Museo da Minaría, o reasfaltado do camiño a Parada, a instalación de tubaxes de auga e saneamento en Pao do Lobo, o acceso a Carracedo, as marxes no Sucadío, a ampliación do acceso a Pazos e a dotación de beirarrúas con iluminación detrás da escola da Silva foron os traballos visitados.
O rexedor explica que todos superan os 235.000 euros de execución material e que “consolidan a Cerceda como un Concello investidor”.
Ordes insta a resolver os atrancos legais e administrativos que frean as concentracións
O Pleno de Ordes abordou a situación de varios procesos de concentración parcelaria inacabados no municipio, pese a ter sido decretados hai xa máis de trinta anos, entre finais dos oitenta e comezos dos noventa.
Por unanimidade, aprobouse unha proposta presentada polo BNG demandando axilizar o seu remate, cunha serie de emendas efectuadas polo PP que serviron ademais para afondar nos atrancos actuais que sufren múltiples procesos en todo o país.
Unha das claves, segundo explicou o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, está na mo-
dificación da lei do catastro inmobiliario. Os novos requisitos introducidos fixeron que a cartografía da que se dispoñía non sexa válida.
O atranco foi tal que incluso na concentración de VilamaiorBarbeiros II os títulos das novas propiedades estaban a punto de seren entregados hai un par de anos e tivo que deterse o trámite.
O rexedor, que profesionalmente coñece a materia, detallou que os planos de hai varios lustros non incluían coordenadas UTM como os de agora, senón que se facían taquimetrías de campo que despois, ao solaparse, xeraban confusión entre fases ou con parroquias
non concentradas e mesmo deixaban franxas de terreo sen titularidade asignada, como se comproba no visor de planos de Medio Rural.
Iso obrigou a efectuar unha validación gráfica por parte dos técnicos autonómicos, que xa está feita. O que está pendente é que o Catastro a incorpore na súa cartografía para que os procesos poidan desbloquearse.
Por iso, ademais de reclamarlle á Xunta axilidade nas concentracións abertas, como indicaba o BNG, o PP engadiu no acordo unánime final que a xerencia do Catastro en Galicia cumpra axiña a súa parte incorporando a validación gráfica nas parcelarias de Parada II e
Mercurín-Lesta II e revisando e rectificando a das zonas de Buscás II e Vilamaior-Barbeiros II.
Novos requisitos das cartografías impiden avanzar.
A evolución dos acontecementos vai dar lugar probablemente á paradoxa, advertida polo rexedor, de que as concentracións de Parada II e Mercurín-Lesta II poidan rematar antes que as de Buscás II e Vilamaior-Barbeiros II, pese a que o inicio destas últimas fose previo.
A razón é que nos procesos de Parada, Mercurín e Lesta xa
se empregou tecnoloxía de posicionamento en coordenadas UTM, factor que agora permite apurar a validación.
Pablo Vidal, portavoz do BNG, aceptou que na actualidade se estea producindo tal atranco, pero precisou que as parcelarias aludidas son moi anteriores ao cambio na lei do catastro inmobiliario: “son procesos eternos e se se acabasen antes xa estarían os títulos entregados, sen enfrontarnos a estas problemáticas”, dixo.
O acordo final, por certo, recolle por iniciativa do PP solicitar que a Xunta decrete entre 2024 e 2025 a parcelaria de Ordes-Pereira II, que reorganiza-
A oposición dubida de que diversas previsións de ingresos teñan fundamento real
Cerceda De Zero
Os orzamentos do Concello de Cerceda para 2024 foron aprobados cos votos a favor do goberno (PSOE) e a negativa da oposición (PP e BNG). As contas, as primeiras desde 2022, suman algo máis de 14.257.000 euros, cun incremento do 35% sobre as anteriores (duns 10,5 millóns).
O documento prevé destinar a investimentos case 3,4 millóns de euros, o 23,7% do total. En 2022 esta proporción quedara no 16% e en 2021 no 23%. O gasto corrente deste ano acapara 6,3 millóns de euros e o previsto en persoal supera os 3,4 millóns, contando postos agora vacantes.
Desde a oposición, PP e BNG fixeron especial fincapé nas obxeccións que recolle o informe da Intervención municipal. Alfonso Mosquera (PP) suliñou que hai significativas previsións de ingresos sen fundamento suficiente, como os 1,2 millóns que se
agarda recadar do proxecto do parque eólico Meirama, recentemente suspendido de modo cautelar pola xustiza.
“Non hai certeza de ingresos”, sintetizou Alberte Sánchez (BNG), que remarcou que o informe de Intervención é “claramente desfavorable” e lamentou que o executivo non escoitase ningunha proposta das demais forzas. Botou en falta maior aposta pola dinamización cultural.
Execución do 85%
O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, replicou que en aspectos esenciais como o teito de gasto, a estabilidade orzamentaria e o nivel de débeda o informe técnico municipal é favorable “e no que non é favorable nunca vin un tan suave”.
O rexedor defendeu que en todos os exercicios o seu executivo logrou remanente positivo e niveis de execución orzamentaria sempre iguais ou superiores ao 85%. Sobre o cuestionamento do eólico
Meirama, Rodríguez manifestou que xa o contemplaran nas contas de 2021 e 2022 e que Intervención “dicía exactamente o que di agora”. Defendeu que haxa que recoller eses posibles ingresos e expuxo que un orzamento hai que velo como “unha previsión, non unha obriga de gasto” que se vai executar “progresivamente” en función dos ingresos.
Alfonso Mosquera, como portavoz do PP en ausencia laboral de David Lamas, viu con bos ollos que as contas do Concello medren, pero preguntouse “se a xente percibe ese crecemento” porque, segundo escoita na rúa, o municipio mantén as mesmas carencias desde hai anos e “está igual que hai corenta anos”. O alcalde aproveitou as afirmacións do opoñente para aludir aos resultados das pasadas eleccións municipais: “a xente polo xeral insatisfeita non debía de estar”, comentou Rodríguez, que tamén exhibiu os cambios industriais, a
A rede viaria recibe unha parte relevante dos investimentos (arquivo).
dotación de infraestruturas de comunicacións, culturais, deportivas ou lúdicas, ou a ampliación paulatina de servizos sociais como mostra das melloras nos últimos catro decenios.
O edil do PP, por certo, propuxo aprobar o Plan Xe-
ral e poñer ao día a normativa do polígono do Acevedo para atraer empresas como medidas para dinamizar a economía. O alcalde rebatiu que o PXOM reduciría os solos urbanos, urbanizables e de núcleos, co que tamén caerían os ingresos. E ademais defendeu que pouco a pouco chegan novas naves ao polígono.
Principais obras
Como obras máis destacadas en volume económico, o orzamento recolle unha senda peonil e ciclista de Ribasoutas a Xermar (793.000 euros), a mellora das instalacións deportivas do campo de fútbol do Outeiro na Silva (498.000 euros), o proxecto que inclúe a depuradora en Meirama (201.000), a ampliación da escola infantil (156.000), a substitución do pavimento do céspede artificial no campo de fútbol de Cerceda (313.000), o acondicionamento do campo de Rodís (184.000) e múltiples intervencións na rede viaria.
Frades De Zero
Tamén o Concello de Frades procedeu nos primeiros días de abril a aprobar os seus orzamentos para 2024. Suman case 2,4 millóns de euros, cun crecemento do 1,28% sobre 2023. Votou a favor o goberno (PP) ante a abstención da oposición (PSOE e BNG)
O capítulo de maior contía é o de gasto corrente, que pasa do millón e aproxímase ao
43% dos recursos. Serve para financiar o funcionamento diario da entidade, custeando os distintos servizos e o mantemento de infraestruturas, entre outros cometidos.
Para investimentos reais contémplanse case 620.000 euros, equivalente a unha cuarta parte do orzamento, tal como detallou o alcalde, Roberto Rey, na sesión plenaria. E o terceiro capítulo por volume orzamentario é o de
persoal, para o que se recollen uns 527.000 euros.
O rexedor de Frades destacou que son contas con equilibrio e resaltou as contías destinadas a servizos sociais. Tamén defendeu que non haberá incrementos significativos nas taxas e impostos, mantendo as bonificacións do 95% da contribución de inmobles de granxas en activo ou repercutindo na taxa do lixo o desconto da Xunta pola correcta
separación de residuos.
Os portavoces da oposición non puxeron obxeccións técnicas ao documento contable, remitíronse ao argumentado na Comisión de Contas previa ao Pleno e precisaron que terían algunhas preferencias diferentes ás do actual goberno á hora de executar o orzamento municipal.
Por outra parte, na mesma sesión na que se aprobaron as contas o Pleno de Frades deci-
diu modificar o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), que agora deberá pagarse cando se solicite licenza en vez de cando xa se tramitara. Votaron a favor PP e BNG e abstívose o PSOE. Tamén se aprobou unha nova taxa de servizos de dirección de obra, coordinación de seguridade e saúde, inspección e liquidación de obras, que se aplicará ás que contrate o Concello, non á cidadanía.
Concepción Berdomas García
Ordes podería integrarse no sistema Viogén para o seguimento integral de casos de violencia de xénero. O Pleno muncipal aprobou por unanimidade unha proposta do BNG nesa dirección, se ben foi preciso introducir unha rectificación por parte do grupo de goberno.
A emenda consistiu en deixar patente que o acordo debe tomalo a Xunta Local de Seguridade, na que están representados os servizos policiais e outros organismos.
O executivo ratificou en todo caso que xa existe un gran nivel de colaboración entre os diferentes corpos policiais e demais institucións, algo que a oposición non cuestionou.
Valórase en 480.000 euros e será o sétimo que desenvolven xuntos
Comarca De Zero
Os Concellos de Frades, Mesía e Ordes preparan un novo obradoiro de emprego conxunto, o sétimo que comparten os tres baixo a nominación de Brañas do Illó.
Nesta ocasión, formará en teoría e práctica a vinte persoas. Dez corresponden a Ordes, cinco a Frades e outras cinco a Mesía. As especialidades volven relacionarse co ámbito forestal e silvícola.
A iniciativa, que esta vez durará nove meses e non doce, orzaméntase nuns 480.000 euros. Deles, case 381.000 cubrirán gastos de persoal, tanto
do alumnado como do equipo docente. A axuda que agardan recibir da Xunta é duns 412.000 euros.
Outras opcións
Os datos foron dados a coñecer no Pleno de Ordes, que aceptou a encomenda para que o principal Concello da comarca se encargue da xestión deste sétimo obradoiro. Iso propiciou un debate entre o BNG e o goberno local.
O Bloque dubidou de que os obradoiros estean cumprindo ben o seu obxectivo porque “dá a impresión de que o interese radica máis ben en utilizalo como un medio para
obter unha brigada de roza subvencionada en vez de ser unha ferramenta para combater o desemprego”, expuxo Pablo Vidal.
O portavoz do BNG demandou seguir o exemplo doutros Concellos apostando por formación en materías como enerxías renovables ou atención á dependencia.
Susana García, portavoz do goberno, replicou que si teñen valorado outro tipo de especialidades e que de feito na Mancomunidade teñen sido de carpintaría e de albanalería. Pero avisou de que as suxeridas polos nacionalistas non se poderían cubrir cos
Recibiron a visita da conselleira de Economía, Industria e Innovación
Tordoia De Zero
Dúas empresas de Tordoia, TMC Cancela e Torres Golán, foron postas como exemplo de innovación e internacionalización desde a Xunta. Foi durante unha visita da conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, acompañada polo alcalde tordoiés, Toni Pereiro. Lorenzana afirmou que as dúas compañías son mostra do “esforzo” do conxunto do tecido empresarial galego por adentrarse en novos mercados
en todo o mundo mediante a oferta de produtos e servizos novidosos.
Torres Golán é empresa punteira na fabricación e distribución de sistemas en PVC para empresas e profesionais. Ten presenza en España, no norte de África e en Portugal. En canto a TMC Cancela, destaca o feito de que é a terceira industria europea en fabricación de trituradoras agrícolas, que destacan polo seu deseño propio, con presenza en máis de cincuenta países. Cancela, por certo, recibiu
hai poucas semanas de mans da Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME) os premios á Transformación dixital e á Empresa do ano.
Industria e rural
A conselleira en funcións destacou especialmente que as dúas empresas “demostran que no rural galego hai industria, creando emprego e riqueza e apostando pola innovación”. Lorenzana comprometeu ao sector apoio, asesoramento e facilidades administrativas.
perfís dos demandantes na oficina de emprego.
Neste sentido, o alcalde, Jose Luis Martínez Sanjurjo, abundou en que a prioridade é realizar obradoiros “viables”, que reúnan participación suficiente e que non haxa que cancelalos. Comentou ademais que si están propiciando saídas laborais mediante o modelo de formación dual, con implicación de empresas.
Susana García aproveitou tamén para deixar constancia de que cada ano organizan un curso especifico sobre dependencia e que teñen planeado algún integrado sen atopar suficientes inscricións.
As obras xa deixan ver a estrutura da nova gardería
A veciñanza da contorna recobrou as plenas posibilidades de uso do local social da Bailía, en Leira (Ordes), despois das recentes obras de rehabilitación integral.
Os traballos foron comprobados pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo.
Os traballos estiveron orzamentados nuns 48.000 euros. Materializáronse mediante un convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería do Medio Rural.
Visita da directora xeral da Agader ao inmoble público.
As principais intervencións de mellora do edificio consistiron en acondicionar o terreo, instalar unha nova rede eléctrica, dotar o inmo-
ble dun sistema de calefacción e colocar illamento térmico e contra a humidade. Tamén se executaron diversos traballos de albanelería.
A evolución das obras da futura escola infantil na Rúa de Galicia, en Ordes, xa permite discernir desde hai varias semanas as principais estruturas e volumes do inmoble, alzado no solar que deixou libre o antigo colexio.
Resta aínda unha considerable parte do traballo, de construción e da posterior instalación de equipamentos e mobiliario. En todo caso, semella viable que se cumpra o propósito de que entre en servizo o vindeiro curso.
En Cerceda, a raíz dos danos que puido ocasionar unha madeireira a un chozo en Rodís
O BNG de Cerceda ten previsto preguntar no Concello e no Parlamento de Galicia pola protección do patrimonio na parroquia de Rodís, despois de ter coñecemento dos danos no chozo do Monte dos Pallotes, na parroquia de Rodís.
A hipótese que se manexa é que o chozo, utilizado como abrigo ou refuxio, puido verse afectado polos traballos dun-
ha empresa madeireira. É un dos elementos de patrimonio cultural, afirman os nacionalistas de Cerceda, descritos na Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de parque eólico Teixos, promovido por
Naturgy sen chegar a executarse, con ditame negativo da Xunta de Galicia. O informe aconsellaba incluso modificar vías de acceso a aeroxeradores para protexer o enclave. Nas preguntas no Pleno
Más de 25 años cuidando su salud
TRATAMIENTOS EN
NIÑOS Y ADULTOS:
• Odontología conservadora y restauradora
• Cirugía e implantología
• Ortodoncia
• Periodoncia
• Prótesis ja y removible
• Blanqueamientos
consulta previa cita 981 68 03 20 / 620 822 531
municipal e na cámara autonómica, o Bloque interésase pola catalogación e protección do patrimonio, a información da que dispoñan as administracións do sucedido e as posibles responsabilidades.
Nº 16 abril 2024
A seguridade de contar cun planeamento urbanístico posto ao día vai dar os seus primeiros froitos en Ordes en breve, tal como anticipa o alcade de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, nesta entrevista con De Zero. O rexedor considera que hai bases sentadas para incrementar paulatinamente o atractivo por vivir e investir no municipio. Entre elas, a primeira escola infantil pública situada na propia vila ou a futura ampliación da residencia da terceira idade. A conversa detense tamén en aspectos como o aproveitamento da terra e os proxectos eólicos.
Entrevista con José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde do Concello de Ordes
“Todos
Ordes De Zero
- Pola información que manexan no Concello, cal vai ser o primeiro movemento urbanístico importante despois da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal?
- Efectivamente, haberá algunha novidade a curto e medio prazo, pero como se trata de proxectos impulsados pola iniciativa privada, permítame a necesaria reserva para non anunciar o que non me corresponde.
Pero si estou seguro de que o Plan Xeral de Ordenación Municipal marcará un antes e un despois no día a día de Ordes, abrindo novas oportunidades para todos, propietarios particulares e empresas. Dun xeito significativo todo apunta á presentación de varios proxectos nos vindeiros meses para construción de vivendas unifamiliares nos novos núcleos rurais.
- Considera que Ordes perdeu ou gañou atractivo
nos últimos anos para captar investimentos? Que habería que mellorar neste eido?
- Evidentemente, todos os avances que imos materializando en materia de infraestruturas, planificación e calidade de vida para a veciñanza fan de Ordes un lugar máis atractivo para vivir. E por suposto que queda aínda moito por facer, son consciente.
Se temos, como é o caso, boas comunicacións por estrada, internet de calidade -tamén no rural-, oferta educativa e sanitaria, un PXOM que garanta o desenvolvemento urbanístico de todo o territorio, solo empresarial abundante e a bo prezo ou vivenda máis barata que nas cidades da contorna, a competitividade de Ordes sobe varios enteiros. E nesta liña agardamos continuar.
Hai unha demanda real de novas prazas de gardería pública, e tamén na residencia da terceira idade. E esas dúas necesidades están canalizadas. Obviamente, gustaríame
que se creasen máis postos de traballo, pero desde o Concello temos as limitacións que temos, e tampouco existen fórmulas máxicas. A fórmula pasa por crear as condicións que atraian poboación residente e as ansiadas novas empresas. E niso andamos.
- Que agarda da ‘nova’ Xunta? Que prioridades debería ter en Ordes o executivo presidido por Alfonso Rueda?
- Pois agardo continuar tendo en San Caetano, na persoa do presidente Rueda, un amigo de Ordes, coa súa porta e as de todos os conselleiros sempre abertas ás nosas demandas. Así sucedeu ata o de agora e así continuará acontecendo, estou seguro, nos vindeiros anos.
Rueda coñece perfectamente as necesidades e a realidade de Ordes. De feito, nas súas últimas visitas ao noso concello recordeille a necesidade de completar a rolda de circunvalación da vila desde a saída sur da estrada N-550 ata
a zona do Empalme e Raxide, a ampliación do parque empresarial de Merelle, a posta en marcha dunha nova área de solo empresarial na zona de Pardiñas vinculada ao solo empresarial de desenvolvemento autonómico, ao carón da AP-9 -xustamente para seguir potenciando a competitividade
“O presidente Rueda coñece perfectamente as necesidades e a realidade de Ordes”
de Ordes-, a entrega de títulos nos procesos abertos e a consecución das concentracións parcelarias pendentes (Poulo e Ordes-Pereira II). Teño o seu compromiso e estou seguro de que estes e outros proxectos se converterán en realidade máis cedo ca tarde.
- Como valora o avance
das obras da nova escola infantil da Rúa de Galicia? Poderá estar operativa no inicio do vindeiro curso?
- As obras avanzan a moi bo ritmo, malia a longa invernía que vimos de atravesar. Agardo que os traballos se aceleren co bo tempo para rematar este mesmo verán, de maneira que o novo centro poida abrir as súas portas canto antes cunha capacidade de 61 novas prazas. A nova escola infantil, na propia vila, permitirá atender unha demanda de conciliación que vimos arrastrando desde hai tempo, xa que a única gardería pública de Ordes xa non era suficiente. Outra razón máis para facer de Ordes un lugar atractivo para vivir.
- O inmoble da Praza de Abastos permanece practicamente sen uso. Contempla o Concello a posibilidade de buscarlle outra función?
- As sociedades evolucionan, tamén a sociedade ordense, e con elas as súas necesidades. A praza de abastos, que outrora cubriu unha demanda
real, foi quedando en desuso a medida que se foron asentando na vila diferentes supermercados.
A día de hoxe, o edificio ten unha actividade residual e estamos abertos a propostas viables para darlle novos usos. Unha delas -que cómpre madurar- podería pasar por albergar algún tipo de actividade de fin de semana, como un mercado de proximidade orientado á xente da vila que non pode frecuentar a feira do mércores.
- Que novidades ten do proxecto para ampliar a residencia da terceira idade?
- Ten que estar a piques de publicarse a licitación para a redacción do proxecto, de maneira que agardamos que as obras, cun orzamento próximo aos 5 millóns de euros, poidan comezar ao longo de 2025, cun prazo posterior de execución de arredor de ano e medio.
Falabamos dunha nova escola infantil, pero contar con novas prazas na residencia da terceira idade é tamén unha necesidade real que cómpre atender canto antes.
“O maior interese na permuta de terreos rexístrase en Barbeiros”
- No ámbito rural, hai un tempo lanzouse a idea da permuta voluntaria de terreos nalgunhas zonas. Cal foi o resultado da iniciativa? É satisfactorio?
- En efecto, desde a Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes e do propio Concello sondeamos tres posibles escenarios para poñer en marcha un programa piloto de permuta voluntaria e gratuíta
O alcalde agarda un “abarrote de xente” no Champiñón se a meteoroloxía acompaña.
de terras agrarias entre propietarios particulares. Trátase dunha iniciativa pioneira que se está desenvolvendo con éxito noutras rexións europeas e nalgunha comarca galega.
A día hoxe, o maior interese rexístrase en Barbeiros. Creo que a resposta foi positiva, na medida en que arredor de 15 propietarios amosaron o seu interese inicial para mobilizar unha superficie de arredor de 70 hectáreas de terras agrarias. Todo o proceso será tutelado por unha empresa especializada, sen custe algún para os propietarios que, rematado o proceso, recibirán os correspondentes títulos de propiedade.
- Que outras figuras de ordenación e aproveitamento do terreo impulsadas pola Consellería de Medio Rural se poderían aplicar no municipio?
- Polo de agora, e con independencia dos procesos de concentración en marcha ou
solicitados, coido que cómpre apostar pola permuta voluntaria, evitando introducir novas figuras que poidan xerar confusión entre a xente.
A permuta voluntaria resulta especialmente interesante en zonas xa concentradas tempo atrás nas que hai demanda de fincas de aínda maior superficie. A permuta voluntaria pode ser unha boa ferramenta neste sentido. Estou convencido que unha vez que comecen a verse os resultados, a demanda pode incrementarse.
- Considera unha casualidade que a saída a información pública da ocupación de terreos para o proxecto eólico ‘Solpor’ fose ao día seguinte das eleccións autonómicas?
Que lle aconsella aos propietarios afectados?
- Os que me coñecen saben ben que a demagoxia non vai comigo, polo que non me parece serio entrar en consideracións deste tipo. A tramitación dos proxectos eólicos é suma-
- Cando non hai argumentos de peso, resulta tentador utilizar as descualificacións persoais ou as acusacións veladas. Lamentablemente, tanto os meus compañeiros como eu temos sido obxecto de todo tipo de invectivas, dentro e fóra do salón de plenos, polo que nada me sorprende xa. Estes comportamentos dóenme como o primeiro día, porque creo na política civilizada. Todo se pode dicir con educación e sen faltarlle ao respecto a ninguén. Así o vexo eu e así o entende, creo, a maioría da xente. Aló cada un e o seu modo de actuar.
- Cales son as expectativas para a inminente Festa do Champiñón?
- Despois de varias décadas, a Festa do Champiñón converteuse xa nun referente no calendario festivo da provincia da Coruña.
mente complexa e está suxeita a todo tipo de trámites, cunha lexislación absolutamente rigorosa e garantista.
Repito o que digo sempre: se cumpre a lei, o proxecto poderá executarse, pero nunca no caso de que se observen reservas legais, do tipo que sexan.
Aos veciños anímoos a alegar o que consideren oportuno; están no seu dereito e defenden as súas propiedades. É lícito e é lóxico.
Pero tamén engado que, como sociedade, todos deberiamos reflexionar sosegadamente sobre esta cuestión. Necesitamos enerxías limpas, non contaminantes.
- Nas sesións plenarias municipais percíbese certa tensión encuberta entre os distintos grupos, a miúdo expresada en insinuacións máis que en afirmacións explícitas. Comparte esa sensación? Teme que o clima político local poida deteriorarse?
Os contidos do certame evolucionan, como evolucionamos todos e como evolucionou o noso modo de vida, pero as razóns para acudir a esta festa mantéñense ano tras ano.
“Se un proxecto eólico cumpre a lei, poderá executarse, pero nunca con reservas legais”
A Festa do Champiñón de Ordes é o argumento perfecto para saír da casa e socializar a comezos da primavera, logo dun inverno duro, como o que acabamos de atravesar. Socializar e desfrutar tamén da oferta hostaleira e comercial da vila. Se o tempo nos acompaña, agardo un abarrote de xente, coa seguridade de que ninguén regresará defraudado á súa casa.
O ximnasio municipal
‘Martín Liste Viaño’, de Tordoia, abre agora os 365 días do ano desde as seis da mañá ata a medianoite. A ampliación do servizo é posible coa dotación dun novo sistema de acceso dixital.
Quen queira utilizar a instalación poderá entrar ou ben cunha aplicación móbil por bluetooth ou ben introducindo un código persoal. O inmoble foi equipado con videovixilancia.
O ximnasio, con máis de 400 metros cadrados de superficie, consta dunha sala para clases de pilates, ioga, zumba ou steps e dun espazo para musculación completa-
Acceso ao ximnasio.
mente equipado, incluso con diversas máquinas novas.
O Concello informa de que o abono mensual custa dezasete euros, a entrada solta dous euros e as persoas maiores de 65 anos poden acudir de balde.
O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña aprobou por unanimidade pasar a persoal laboral fixo 174 prazas subrogadas desde o 1 de xaneiro de 2020 das empresas que prestaban o servizo.
Este é o primeiro acordo acadado en toda Galicia para mellorar as condicións laborais e profesionais dos bombeiros, logo de varios meses nos que efectuaron múltiples protestas por mor da situación de precariedade.
Nunha reunión da mesa negociadora, mantida nas instalacións do Consorcio en Carballo, a entidade provin-
A Mancomunidade de Ordes aspira a mudarse canto antes cos seus diversos servizos a unha nova sede, a que se prevé situar nos locais que hai
poucas semanas deixou libres a oficina rural na Rúa Nova. Para iso, a presidenta da entidade supramunicipal, Susana García, máis o alcalde ordense, José Luis Martínez Sanjurjo, solicitáronlle
ao vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, que apoie como proxecto prioritario a rehabilitación do inmoble.
Campo de fútbol
No encontro, no que tamén estivo presente a directora xeral de Administración Local da Xunta, Natalia Prieto, o rexedor de Ordes tamén presentou un proxecto para a renovación da iluminación exterior e das instalacións eléctricas do campo de fútbol de Vista Alegre. Agardan contar con financiación mediante algunha liña autonómica, se ben aínda non se concretou.
Invisten uns 180.000 euros dun plan provincial
cial e a parte sindical acordaron a incorporación de 174 profesionais como persoal laboral fixo do Consorcio, así como recoñecer a antigüidade do persoal. A aprobación será definitiva na sesión plenaria do Consorcio programada para este 26 de abril.
A mesa de negociación integrárona o deputado provincial José Ramón Rioboo, o subdirector xeral de Seguridade e Coordinación de Emerxencias da Xunta, Andrés Iglesias, o xerente do Consorcio, José Luís Barca, asesoras xurídicas do consorcio e representación sindical dos traballadores.
A urbanización Porto Avieira, en Oroso, está recibindo durante estas semanas diversas melloras na iluminación pública. Segundo o Concello, invístense en dúas fases uns 180.000 euros procedentes do plan POS da Deputación da Coruña correspondente ao ano 2022.
Os traballos teñen como propósito maior eficiencia enerxética en toda a urbanización. Inclúen as rúas Cabanillas, Blanco Amor, Mallo, Fernández del Riego, Casares e Castelao.
Visita do alcalde, Álex Doval Expósito, ás obras.
A reforma pretende ampliar a seguridade da propia instalación e que ademais determinadas zonas deixen
de estar tan escurecidas. Por iso, repoñen cable que estaba en mal estado e chegou a ocasionar cortes na subministración. Tampouco ignoran a estética, pois perseguen unha “integración paisaxística adecuada”, afirma o Concello.
Outros compromisos
Sen saír de Porto Avieira, o goberno local adiantou ademais que prevé acometer en canto sexa posible unha mellora do firme dos accesos e diversas reparacións e acondicionamento da pista deportiva que se atopa na entrada da urbanización.
O Concello de Frades ten aberta ata o 12 de xuño a solicitude de axudas municipais para adquirir gafas, audífonos ou próteses dentais.
A convocatoria está dirixida a maiores de 65 anos, persoas cun grao de discapacidade recoñecido do 33% ou superior, e con ingresos inferiores ao 90% do IPREM por persoa (540 euros).
A axuda máxima para lentes é de 500 euros, as de audífonos e implantes dentais poden acadar os 2.000, e as próteses dentais acadarán ata 1.500 euros. Os gastos das solicitudes admitidas deben acreditarse con factura.
Oroso De Zero
A Garda Civil desartellou un grupo especializado en roubos con forza en lavandarías autoservizo. Pensan que asaltaron 26 establecementos en toda España, un en Oroso, desde decembro ata marzo, facéndose cuns 20.000 euros.
A banda integrábana seis persoas de nacionalidade española, naturais de León, da Coruña e de Barcelona. Presuntamente roubaron en León, Asturias, Lugo, Pontevedra e A Coruña.
As cámaras de seguridade rexistraron como dous entraban e forzaban as máquinas de cambio para extraelas e metelas en sacos. Os demais vixiaban fóra cun vehículo.
A Garda Civil identificounos e o 13 de marzo, cun dispositivo policial de seguimento, foron detidos cando ían roubar en Sanxenxo. O xulgado de Ponferrada que leva o caso decretou o ingreso en prisión de tres deles.
“Moi contentos e agradecidos”. Así se declararon desde o IES de Ordes despois de recibir un lote de material mecánico de parte de ‘Talleres de Prado e Granado’. Será utilizado na súa aprendizaxe por estudantes do departamento de Automoción do centro educativo. “O noso alumnado fará bo uso del”, aseguraron tamén no instituto. Deste xeito, os responsables do taller, situado en Fonte Estrei, queren contribuír cun xesto altruísta a facilitar a formación profesional de mecánicos que en moi poucos anos darán servizo á sociedade.
Ata o 30 de abril, o Concello de Cerceda ten aberto o prazo de solicitude de praza na escola infantil Os Pillabáns para o vindeiro curso 2024-2025.
As familias que presenten petición deben acudir coa documentación pertinente ao Rexistro Xeral do Concello, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, o seu horario habitual de funcionamento. Tamén se pode efectuar o trámite na sede electrónica. Quen desexe máis información pode acudir a Servizos Sociais, chamar ao 981 68 60 68 ou consultar a páxina web do Concello.
Entrevista a Alex Doval Expósito, alcalde do Concello de Oroso
O vindeiro 28 de maio cumprirase un ano da vitoria de Alex Doval, candidato do PP, nas eleccións municipais de Oroso. Nesta entrevista con De Zero, explica que unha das prioridades destes primeiros meses está sendo poñer orde nas finanzas. Anticipa que o mandato traerá moitos “avances”.
Oroso De Zero
- En poucas semanas cumprirase un ano da vitoria electoral que o levou á Alcaldía.Como encontrou o Concello nada máis chegar?
- Os problemas máis importantes foron a situación do gasto corrente do Concello, o cal estaba completamente desatado, e encontrar todos os contratos de servizos caducados e en situación irregular tendo que sacar a licitación todos eles e ter en conta todos os inconvintes que eso xera, dende a propia calidade do servizo ata a carga de traballo que supón para os funcionarios municipais.
Outro dos problemas foi a cantidade de avisos. Con avisos refírome a cousas sinxelas de facer, como poñer un espello ou cambiar unha farola. Estaban atrasados, algún dende hai máis de cinco anos. Fomos poñéndonos ao día e a situación agora para este tipo de cousas procura resolverse nun tempo minimamente razoable.
A xestión do goberno saínte foi pésima e cun grande esforzo estamos saíndo adiante.
- Que lle sorprendeu para ben nestes meses?
- A predisposición tanto do meu equipo como dos funcionarios municipais para dar
saída aos problemas e para poñer a andar os proxectos e novas formas de traballar que se traduzan en resultados positivos para o noso concello.
Na campaña fixen fincapé en que para poder gobernar se necesitaba un gran equipo, un proxecto e sobre todo ilusión.
E a realidade é que o meu equipo está a traballar cunha grande ilusión en todo aquelo que fai, ben sexa dende a xestión municipal como traballando fóra do Concello para axilizar as tarefas que temos e teño que estar moi agradecido polo seu esforzo.
- Hai sensación nos veciños de que houbo un cambio na forma de facer as cousas?
- Eu creo que si, creo que o groso dos veciños cre que hai unha forma diferente de facer as cousas. Exemplo diso é a cantidade de xente que vén facerme consultas ou peticións, ás veces teñen que esperar un pouco polo número de persoas que se acumulan pero aténdoos a todos sen cita, con total accesibilidade, e intento axudarlles na medida das miñas posibilidades. Á parte deste cambio a nivel de transparencia, de facer un Concello aberto, estamos a traballar en proxectos que melloren a calidade de vida dos veciños, tanto en Sigüeiro como nas parroquias. Cousas
básicas como intentar levar a fibra óptica a aqueles lugares onde non tiñan ese servizo ou cousas máis específicas como iniciar os trámites para o cambio do terreo de xogo do campo de fútbol (Lino Balado) entre moitos outros que iremos desvelando.
Eso pode notarse na afluencia por exemplo da Festa da Xuventude, na que a pesar da intensa chuvia estivo a rebosar ou a da participación na Festa dos Maiores cunha acollida enorme superando a de anos anteriores.
- Cando prevé que o Concello poida ter en vigor os orzamentos deste 2024?
- No próximo mes. Cando te encontras un Concello sen
“Había algún aviso, como cambiar unha farola, que levaba cinco anos de retraso”
ningún contrato de servizos en regla (servizo de axuda no fogar, lixo, piscina, iluminación pública, auga...) e tes que corrixir o gasto corrente desbocado eliminando gastos innecesarios é totalmente inú-
Doval, na investidura como alcalde para 2023-2027.
til facer un presuposto para despois non cumprilo e andar modificándoo.
Ata que estabilizamos as contas e fixemos un plan para poder saber que dedicar a investimento non presentamos os presupostos. Eu entendo que os socialistas teñan por norma facer presupostos, desbocar o gasto corrente e non cumprir con eles pero no Partido Popular de Galicia somos de facer presupostos para executalos e cumprir coa palabra dada.
- Como encontrou a situación financeira do Concello cando chegou?
- A situación é mala, practicamente sen remanente e con máis gastos que ingresos. Estamos a establecer unha forma de facer xestión responsa-
ble, poderemos estar cubertos tanto a nivel de investimentos como de balance financeiro. Non podemos tomar esto como unha cuestión menor, aí temos o exemplo de Cambre, un Concello devorado por unha xestión financeira e administrativa inadecuada.
- Como fixo para reverter a situación e estabilizar o orzamento?
- Nós rachamos con esa política dos socialistas de non pedir financiación ou subvención á Xunta de Galicia, non sabemos se por preguiza ou por sectarismo ideolóxico. Dixémolo na campaña e cumprímolo aos poucos meses: presentámonos a todas as liñas de subvención e financiamento das administracións públicas, dános igual a cor
política que teñan, o importante é mellorar o que temos e incorporar novidades. Por exemplo, tras dez anos de espera, Oroso volverá a ter dous Obradoiros de Emprego: un da Xunta de Galicia conxuntamente con Trazo, Tordoia e Cerceda e outro a través da Mancomunidade de Ordes.
- Valore o cadro de persoal do Concello. Está sobredimensionado, é suficiente ou precisa sumar máis xente en determinadas áreas?
- Quero agradecer aos traballadores municipais o esforzo que fan, tanto os que traballan na Casa do Concello como os que traballan na rúa,
porque sabendo que temos unha escaseza clara de persoal, están desempeñando un gran labor. Por poñer un exemplo temos só un traballador en Obras e estamos ampliando sacando praza de oposición libre de auxiliar administrativo e outro operario de obras.
- De que novidades dispón no relativo ao proxecto de reforma da avenida da Grabanxa? Cal é en xeral a relacion coa Deputacion?
Atrévese a ofrecer un prazo para as obras?
- A novidade é que tivemos que refacer o proxecto porque o que nos deixaron non valía
xa que estaba fraccionado en dous: a reforma por un lado e o proxecto de auga e saneamento por outro. As grandes liñas desa reforma son unha reurbanización da avenida e realizar unha integración paisaxística adecuada.
En relación coa sintonía coa Deputación, recibíronme de forma cordial e tratamos os compromisos adquiridos da Deputación da Coruña con Oroso de forma fluída. En relación ao prazo, dependerá da administración provincial e da présa que poña.
- Sempre foi un defensor do rural do seu concello, xa na súa etapa de oposición.
Que novidades está incorporando para volver a poñer o rural no centro?
- Intentamos dar saída ás cuestións prioritarias no rural como revisar os camiños en peor estado, priorizando o seu arranxo e incluílos en proxectos como o POS, o Plan de Camiños ou o PIR, ou incluír servizos nas parroquias como talleres de baile ou memoria en todas elas. Para nós o rural é unha cuestión importante e témolo sempre presente á hora de dedicar esforzos e recursos, e vaise notar nestes catro anos.
En menos dun ano reunímonos cos veciños de cada unha das once parroquias de Oroso para explicarlles de primeira man a situación do Concello, que temos proxectado para a súa zona e sobre todo para escoitar. Creo que a mellor política local para un municipio como este é escoitar os teus veciños e neste tipo de reunións cos veciños do rural é moi importante coñecer de primeira man os seus problemas, que ás veces distan moito dos dunha persoa que vive no núcleo.
Mentras eu sexa alcalde escoitarei a todo o mundo, sen distincións, para coñecer as súas demandas e poder empezar a traballar dende aí.
- Que tipo de novidades vai presentar a Festa da Troita deste ano?
- A Festa da Troita será un
evento de gran relevancia para a promoción e proxección económica local. Non só ofrecerá unha oportunidade única para destacar os produtos e os recursos da nosa comunidade, senón que tamén atraerá a atención de visitantes e turis-
“A Festa da Troita será un evento de gran relevancia para a promoción económica local”
tas, o que poderá contribuír ao desenvolvemento económico da nosa comarca. A través desta celebración, poderemos promover os nosos encantos naturais, a nosa gastronomía local e a nosa cultura, axudando así a impulsar o turismo e a actividade económica da nosa zona.
- Está ilusionado co que está por vir?
- Moi ilusionado, como dixen ao principio desta entrevista teño un gran equipo, cun proxecto e con moita ilusión para pelexar polas cousas importantes que melloren a calidade de vida dos meus veciños, dedicamos un gran esforzo para que sexan unha realidade e imos ter unha lexislatura chea de avances.
Acordadas con parte das organizacións despois das recentes protestas
Destacan pasos para simplificar a PAC e os reforzos na aplicación da lei da cadea alimentaria.
Madrid De Zero
O Ministerio de Agricultura prevé aplicar un paquete de 43 medidas de apoio ao sector agrogandeiro, negociado coas principais organizacións profesionais despois das recentes protestas contra a sempiterna falta de rendibilidade e o exceso de burocracia.
As iniciativas foron rubricadas xa coas entidades UPA e Unión de Uniones, que se adiantaron na sinatura á COAG e á ASAJA, o que derivou ademais na creba da unidade de acción que mantiveran nas mobilizacións.
Con todo, o ministro, Luis Planas, valorou o traballo técnico conxunto efectuado entre todos e considera que as pro-
o retraso dun ano, ata xuño de 2025, da obriga de identificación electrónica de vacún.
postas dan resposta ás principais demandas do sector dentro do marco normativo.
PAC menos complexa
Un conxunto de medidas está vencellada á Política Agraria Común (PAC). Destaca a simplificación e incluso a práctica anulación dalgunhas das BCAM (Boas Condicións Agrícolas e Ambientais) en barbeitos, rotacións de cultivo ou superficies non produtivas. Tamén dentro da condicionalidade, quedarán exentas
de controis a partir de 2025 e de penalizacións xa desde este 2024 as explotacións que declaren dez hectáreas ou menos na solicitude da PAC, un 55% do total de beneficiarias.
Fotos con GPS, caderno... O acordo tamén pretende propoñerlle á Comisión Europea que deixe de ser obrigatoria a toma de imaxes xeorreferenciadas para demostrar o estado de cultivos por parte de agricultores e gandeiros. Iso si, se non hai forma de probalo a
parcela onde haxa incidencias descontaríase da axuda, sen penalizacións.
O caderno dixital, outra das novidades que máis angustiaba ao sector, pasará a ser voluntario e planease que sexa máis sinxelo. Quen o utilice terá incentivos do Ministerio, segundo o compromiso.
Establécense tamén unha serie de prórrogas por un ano, deixando a obriga de identificación electrónica de bovinos e o plan sanitario integral da explotación para xuño de 2025, así como o plan de benestar animal para 2027.
Fertilización
Do mesmo xeito, demórase un ano a obriga de ter un plan e unha asesoría de fertilización. Tamén se relaxarán os requisitos para botar esterco, permitindo obviar os medios mellorados en zonas dificultosas ou ampliando o prazo para enterralo no chan.
É reseñable ademais que o Ministerio buscará o compromiso das Comunidades Autó-
nomas para procurar que ningunha explotación teña máis dunha inspección ao ano, se ben sería de tipo integrado e concentraría as distintas materias e aspectos que poidan ser motivo de control nunha explotación agropecuaria. En canto ao cumprimento da lei da cadea alimentaria, o Ministerio comprometeu máis medios para a Axencia de Control e Información Agroalimentario (AICA), que pasará a ter rango de dirección xeral, incrementará a coordinación cos órganos autonómicos e efectuará máis inspeccións de oficio.
As indagacións que deriven en multa serán publicadas, non só as de cada expediente senón tamén as que acumule cada empresa.
Seguros e fiscalidade
O paquete de medidas recolle ademais unha serie de melloras para a aplicación e financiación dos seguros agrarios, o mantemento do tipo reducido no imposto do gasóleo agrícola, diversas deduccións no IRPF e unha reducción xeral do 15% do rendemento neto para a declaración do exercicio fiscal 2023.
Os compromisos complétanse con máis facilidades de crédito para xente nova, financiación de gastos veterinarios en campañas de saneamento ou máis apoio ao relevo xeracional, entre outras.
Os prezos en orixe do leite producido en Galicia, é dicir, os ingresos de centos de familias da comarca, empeoraron de xeito significativo nos últimos meses. En febreiro, o máis recente do que se teñen datos, ficaron nos 0,49 euros por litro. Fai un ano a cotización situábase preto de 0,60.
O informe mensual de entregas confirma ademais o diferencial entre Galicia e o conxunto de España, negativo en dous céntimos e medio por litro: dos 0,49 euros en Galicia á media xeral de 0,515 euros.
De feito, en febreiro unicamente as illas Baleares, con 0,48 euros por litro, tiveron
peor prezo en orixe que Galicia. Iso a pesar de que o sector galego segue en cabeza destacada de entregas, con 197.615 das 606.876 toneladas de leite declaradas por compradores no segundo mes do ano. Tamén encabezamos en cantidade de granxas leiteiras, con 5.586 das 9.883 totais. Un
ano atrás eran 5.917 galegas e 10.489 en toda España. Cotexando cos anos previos, a cotización en orixe permanece nunha franxa de valores alta, pois aínda que os 0,515 euros de media española non acadan os 0,603 de febreiro de 2023, si superan os 0,378 do mesmo mes en 2022, os
0,338 en 2021 e os 0,336 euros por litro en 2020. Datos que corroboran as pronunciadas correntes inflacionistas de materias primas, enerxías e insumos a nivel internacional nos últimos anos, que pouco a pouco semellan comezar a quedar baixo control pero sen deterse de todo.
Encontro entre Luis Planas e María Xosé Gómez
Madrid De Zero
O primeiro encontro entre o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e a nova conselleira do Medio Rural, María Xosé
Gómez, serviu para poñer en común algunhas das principais necesidades do sector agrogandeiro galego.
Unha das máis destacadas é unha maior adaptación da Política Agraria Común (PAC) á realidade do sector galego. A Xunta constata que aspectos como o deseño dos ecorréximes non teñen un encaixe doado no ámbito de Galicia “como se puido comprobar na campaña anterior”, admitiu a nova conselleira.
Gómez ve preciso que as modificacións xa acordadas e outras que se poidan establecer poidan ser aplicadas “canto antes” para evitar máis prexuízos ao sector.
Ministro e conselleira reafirmaron o compromiso de que haxa menos burocracia.
Varias decenas de gandeiros e gandeiras secundaron unha protesta do SLG ante a Consellería contra o sacrificio obrigatorio de granxas enteiras, incluídos os animais sanos, nas que apareza un positivo de tuberculose. Reivindicaron cambiar os protocolos, realizar probas de confirmación da enfermidade e recuperar os saneamentos anuais en vez de cada tres anos. O sindicato lembra que en comunidades autónomas limítrofes con maior prevalencia da enfermidade -Galicia está declarada con cero- só se envían a matadoiro as reses positivas. Demandaron tamén axudas que cubran os danos reais e non “indemnizacións de miseria”.
CONCELLO DE CERCEDA
A asociación ‘Defensor do Paciente’ apreza “deixación” nas citas de revisión no CHUS
Santiago De Zero
Os continuos retrasos na concertación de citas para consultas e revisións ná área de oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) fixeron estoupar as queixas das persoas usuarias e de diversos colectivos ante a Xunta.
Probablemente a protesta que máis lonxe chegou é a da asociación ‘El Defensor del Paciente’, que emprazou á Fiscalía Superior de Galicia a investigar os feitos por se fosen constitutivos dun “delito” por parte do Servizo Galego de Saúde, ao omitir ou non garantir a atención a tempo.
A entidade presidida por Carmen Flores, madrileña que hai anos perdeu un fillo por consecuencia dunha mala praxe médica, argumenta que as revisións oncolóxicas non deberían ter ningún tipo de demora.
Especialmente neste ámbito, os prazos, tal como sostén a asociación, terían que ser respectados como “sagrados”, tendo en conta a natureza da doenza e que detectar calque-
ra problema a tempo pode chegar a marcar a diferenza entre a vida e a morte, e cando menos entre a tranquilidade de saber se está todo ben e a angustia da incerteza.
“A tónica habitual”
A asociación afirma que “chove sobre mollado” e non dubida en falar de “deixación e abandono”. Non é a primeira ocasión que emprazan á Fiscalía a intervir ante casos semellantes. Fundamentan a súa petición no Código Penal, que establece que “o funcionario público que, abusando das súas atribucións, cometa ou ordee, en prexuízo de alguén, un acto arbitrario calquera, será reprimido con pena privativa de liberdade non maior de dous anos”, expoñen.
Segundo ‘El Defensor del Paciente’, nas consultas de oncoloxía en Santiago a “tónica habitual” é que “o abandono, a deixación de funcións e o esquecemento dos cidadáns e profesionais está chegando a límites dramáticos” ao non garantir o sistema persoal suficiente para o servizo.
Outra acción de protesta protagonízana un grupo de pacientes presentaron unha queixa colectiva ante a Valedora do Pobo pola suspensión das consultas de control, seguimento e avaliación do cancro. Da man da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, denunciaron que levan demasiados meses de retraso en probas que nalgún caso están establecidas como trimestrais. Unha das afectadas explicou o 25 de marzo, cando presentaron a queixa, que tiña que ter ido a revisión o pasado decembro despois de recibir quimioterapia pero seguía agardando a que a chamasen para a consulta. A Xunta recoñeceu que se está dando o problema e o entón conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, achacouno á falta de profesionais por traslados no recente proceso de estabilización laboral. Con todo, defendeu que estaban priorizando os casos máis urxentes e anticipou máis revisións polas tardes co sistema de peonadas. O presidente da asociación, Fernando Abraldes, coida que non é un problema puntual de falta de sanitarios, senón unha mala xestión continua da sanidade pública. A chegada do novo conselleiro, Antonio Gómez Caamaño, abriu algo de optimismo na asociación, pois precisamente exercía desde 2013 como xefe de servizo de Oncoloxía Radioterápica no Clínico santiagués, o que lle dá coñecemento directo sobre as deficiencias de funcionamento do servizo.
A granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda, do municipio de Mesía, acolleu unha visita solidaria a favor da Fundación Stop Leucemia. Esta organización está radicada en Ordes e ten como propósito principal contribuír á investigación do cancro hematolóxico. A fundación foi creada polo empresario Álvaro Concheiro, despois de ter superado a doenza. Ademais, ten entre os seus principios a promoción de hábitos e vida saudables e actividades relacionadas coa práctica do deporte e o exercicio físico. Toda a recadación da iniciativa destínase a financiar a investigación do Grupo de Hematoloxía Computacional e Xenómica do IDIS, liderado polo doutor Adrián Mosquera Orgeira, tamén ordense. Máis información en www.fundacionstopleucemia.es
Dous centros educativos da comarca, o Campomaior de Ordes e o Pecalama da Pontepedra (Tordoia) visitaron as instalacións de Sogama en Cerceda para coñecer a xestión dos residuos que se efectúa na planta.
Un dos atractivos da visita, con alumnado de terceiro de primaria do centro ordense e de primeiro a cuarto de secundaria do tordoiés, foi o uso da realidade virtual.
Equipados con lentes inmersivas 360º, puideron desprazarse polas diferentes zonas do complexo industrial de Sogama, seguindo o itinerario dos diversos refugallos que se
reciben. Coñeceron así o itinerario que seguen os materiais válidos para a reciclaxe e o establecido para a valorización enerxética do material non reciclable, as dúas opcións que en Sogama evitan o vertedoiro como vía menos desexada.
Na visita, o alumnado tamén recibiu unha sesión formativa con educadores especializados da empresa, na que se abordou a necesidade dun consumo responsable e a importancia de aplicar os tres R: reducir, reutilizar e reciclar.
Cunha máquina de xogos Arcade puideron ademais poñer a proba os seus coñecementos, e nun coloquio final resolveron dúbidas.
Realidade virtual e xogos contribuíron á aprendizaxe.
O Concello de Cerceda eliminou un vertido de residuos ao río Acevedo, detectado por técnicos de Augas de Galicia nunha inspección rutineira, segundo a Xunta.
Os inspectores aprezaron que había filtracións desde a rede de saneamento local á rede pluvial, que chegaban despois ao río.
Notificada a situación, o Concello tomou as medidas precisas, como confirmaron os técnicos autonómicos nunha nova inspección efectuada na zona e que verificou o estado correcto do dominio público hidráulico.
Taekwondo
Os medallistas do club ordense en Benidorm (esquerda) e participación da entidade no galego de Betanzos.
Ordes De Zero
Integrantes do Club BoudSport, de Ordes, lo-
graron unha medalla de ouro e outra de bronce no Open de España 2024 de taekwondo, disputado en Benidorm.
O primeiro posto obtívoo Cristóbal Boudjenane en -68 máster. A terceira posición acadouna Alba Rey Fran-
Gala de patinaxe intermunicipal
Galego cadete e sub 21
Outra cita relevante para o club nas últimas datas foi o campionato galego en categorías cadete e sub 21, disputado en Betanzos. Foron subcampións galegos Alba Rey (-68) e Luis Fero e conseguiron a medalla de bronce Alba Figueira (-37) e Mateo Fernández (-41). Merecen mención tamén os quintos postos de Sheila del Río (-37), Luana Jaku (-41) e Zef Jaku (-57).
queira en -68 júnior. Rey foi tamén novena en -67 sénior. Outros postos destacados foron os de Luis Fero (quinto en -78 júnior), Mateo Fernández (noveno en -41 cadete), Venus Vilaseco e Alba Figueira (décimosétimas en -55 júnior e en -37 cadete).
Mesía De Zero
As escolas municipais de patinaxe de Cerceda, Frades, Mesía e Curtis déronse cita
nunha gala intermunicipal que superou os cen participantes no polideportivo de Olas (Mesía). Cada un dos grupos efectuou unha coreo-
grafía como exhibición das técnicas aprendidas. Recibiron medallas e agasallos na que era a primeira iniciativa deste tipo en cinco anos.
Dous dos grupos participantes e un dos exercicios.
É unha das competicións deportivas máis espectaculares nas que se pode participar, ou simplemente ver, na comarca. A terceira edición da Poseidon Race vaise celebrar en Cerceda o vindeiro 25 de maio no Aquapark e na área da súa contorna.
A carreira de obstáculos, que moi probablemente superará as 700 persoas participantes do ano pasado, organízase nas categorías elite, starter e popular. A primeira suma dez quilómetros de longo e sesenta obstáculos a su-
perar. As outras dúas son de oito quilómetros de lonxitude, pero contan cos mesmos obstáculos, nos que se avalían a forza, o equilibrio e a puntería de quen participe.
Segundo o programa deseñado, a categoría elite comezará ás 15:00 horas dese sábado. A starter tomará a saída ás 16:20 horas e as diversas categorías populares irán comezando cada vinte minutos entre as 16:40 e as 18:00 horas.
Quen desexe inscribirse pode facelo na web www.ccnorte.com. A Poseidon Race de Cerceda forma parte da Liga OCRA Galicia 2024, Liga
AOCO, Liga North Finals e será clasificatoria para o mundial de California OCRW.
A organización agarda que en Cerceda compitan algúns dos mellores atletas especializados nesta disciplina de España e doutros países como Portugal, Bélxica, Dinamarca, Sudáfrica ou Alemaña.
Unha proba que medra
A Poseidon Race está organizada polo club OCR Cerceda e conta coa colaboración do Concello. No acto de presentación, o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, defendeu a “aposta decidida deste goberno pola
colaboración con este tipo de eventos, que fomentan o deporte e que lle dan visibilidade a recursos que son de moito interese para nós”, expuxo. Rodríguez agarda que o apoio municipal sirva para que a carreira continúe medrando “en participación e calidade”.
O presidente do club organizador, Álvaro Sánchez, valorou o soporte do Concello, representado no acto tamén
Campionato de España de Autocross
Diego García Candal, piloto de Mesía, iniciou con triunfo a súa participación no Campionato de España de Autocross CEAX 2024 con estrea de categoría. Non foi un éxito doado para o competidor de Senra Sport, pois a primeira xornada foi segundo, ao gañar unha manga e ter o segundo mellor tempo na outra. Na segunda e última xornada rematou líder gañando unha manga e comezando así en segundo posto a final. Proba na que tivo unha moi boa saída, se ben un accidente en pista obrigou a repetir saída. García Candal acadou de novo o primeiro posto antes de acabar a primeira volta e mantívoo ata o remate.
polo concelleiro de Deportes, Óscar Golán, como un apoio imprescindible para “darlle ao evento a magnitude que ten a día de hoxe”, dixo. Sánchez amosouse satisfeito co ritmo de anotacións e animou a seguir inscribíndose. O feito de que veñan grandes nomes da especialidade a nivel de España e do mundo é “un soño para nós”, comentou o presidente de OCR Cerceda.
Os Concellos de Frades e de Ordes celebran nos vindeiros días as súas carreiras pedestres, para as que manteñen aberta a inscrición.
No caso de Frades, a novena edición da proba programouse para o mércores 1 de maio a partir das dez da mañá. O percorrido xeral é de 8,6 quilómetros, con saída e chegada na Ponte Carreira.
As anotacións poden formalizarse ata o 28 de abril na web www.emesports.es. É de balde nas categorías escolares e custa 5 euros nas restantes.
O Concello reparte 1.930 euros en premios, con contías para os cinco primeiros e as cinco primeiras da carreira absoluta, para os tres mellores equipos e vales para material deportivo dos tres clubs que máis participación acheguen na categoría escolar. Na organización participa a Federación Galega de Atletismo e está incluída no circuíto da Deputación.
En Ordes, a XXVII Carreira Popular disputarase o 5 de maio desde as dez da mañá. Neste caso as inscricións permanecen abertas ata o 29 de abril.
Toda a información sobre o proceso recóllese no apartado correspondente da web carreirasgalegas.com. Existe tamén información detallada na páxina do Concello ordes. gal ou chamando ao teléfono 981 68 00 02 (extensión 5).
A organización, tamén a cargo da entidade local e da federación galega, estableceu que a recollida de dorsais se poderá efectuar ata trinta minutos antes da saída de cada proba.
Santiago De Zero
O Club Xadrez Oroso destacou na fase local do Torneo Escolar Xogade, que se disputou en Santiago. A entidade participou cuns corenta xogadores, cun nivel alto que mereceu varios podios.
En categoría benxamín, tres primeiros postos para o club: Zaira Campelo primeira, seguida de Martín González e Christian Noya. En alevín, cuarta praza para Simón Blanco e quinta para David Castro. E en infantil, Enma Campelo foi primeira con dous puntos de vantaxe sobre o resto.
As irmás Campelo Mallo, por certo, gañaron todas as súas partidas, sete de sete.
Oroso De Zero
A participación de deportistas de Oroso TM coa selección galega no campionato de España en idade escolar saldouse cunha medalla de ouro e outra de bronce.
O metal máis cobizado logrouno Rui Pérez, como integrante da selección inclusiva con Laura Forte e Iván Acuña de Pontevedra. Venceron na final ao combinado valenciano, co que previamente cederan na fase clasificatoria. A vitoria de Pérez nunha “final épica” foi “decisiva” para o liderado galego, destacan desde o club Oroso TM.
A prata con contribución de deportistas de Oroso foi a da selección infantil, da que era partícipe Sasha Malov.
Rui Pérez e Sasha Malov foron determinantes nos éxitos das seleccións galegas.
Para chegar á final tiveron que desfacerse en semifinais de Andalucía, equipo de referencia ao que gañaron por 3-0. Pero na pugna polo ouro ante Madrid o combinado composto por Malov, Mateo
Lois de Santiago e Matías Betancor de Pontevedra perdeu por 2-3, aínda que chegara a ir gañando por 2-1. En todo caso, un moi bo balance sendo dos máis novos da competición.
O club Oroso TM felicitou os dous xogadores e considera “seguro que virán moitas máis alegrías como estas xa que ambos os dous son aínda moi novos”, manifestaron.
A Feira das Nenas 2024 levou milleiros de persoas ata A Silva, en Cerceda, durante a fin de semana do 20 e do 21 de abril. Como é habitual, o seu poder de convocatoria entre todo tipo de públicos aséntase nunha programación variada. Deste modo, quen se achegase ata o recinto puido observar demostracións de encaixe coas palilleiras da Laracha, actuacións musicais e de baile, maxia, degustación de rixóns e de bolos preñados nos bares... e por suposto a feira cabalar con concursos morfolóxicos e de andadura.
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, destacou
na inauguración o “orgullo colectivo” que supón na zona a feira. O rexedor agradeceu especialmente o labor efectuado pola comisión de festas Espírito Santo e destacou o apoio institucional á cita tradicional non só desde o Concello senón tamén por parte da Deputación da Coruña.
Intre da inauguración, arriba á esquerda, demostración de encaixe das palilleiras da Laracha e percorrido polo espazo expositivo.
Celébrase con elevada asistencia a XVII Festa da
Nicolás Andrade, de Mesía, foi o gañador do Concurso de Xóvenes Manexadores de gando de Muimenta na sección de 21 a 30 anos. A proba puntúa no campionato autonómico, que conta con patrocinios como o da cooperativa Clun.
O museo de cultura tradicional de Frades, que xa cumpriu un ano, ten nas visitas escolares unha das súas actividades máis significativas. Entre as máis recentes figura a de alumnado do colexio de Xanceda, en Mesía. Foron recibidos polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, e polo coordinador do museo, Manuel Pazos, que os guiou polos espazos que recrean a casa rural, a antiga escola ou a mostra de tecnoloxía previa, e en bo modo precursora, da actual era dixital.
Aiazo e Abellá, dúas das parroquias de Frades, celebraron nas últimas semanas cadansúa cita festiva con moito protagonismo para a mesa e o prato e sen necesidade de fino mantel para divertirse.
En Aiazo, a XVII Festa da Merenda volveu reunir milleiros de persoas, coa axuda do tempo soleado que xusto ao día seguinte desapareceu. A asociación veciñal Os Pasos, organizadora, estima que repartiron máis de mil tortillas de masa, preparadas no lugar.
En Abellá, a X Festa da Filloa repartiu máis de 300 menús con filloas, caldo e lacón. Celebrouse no pavillón e estivo organizada pola asociación Os Labregos, tamén con apoio do Concello.
Vinte persoas participaron no curso de horticultura ecolóxica organizado no Concello de Frades. Foron vinte horas de clases nas que aprenderon aspectos como os procesos das plantas, as propiedades do chan ou o control de pragas.
2025,
da
A asociación cultural Brisas do Quenllo, de Tordoia, celebra este ano o seu primeiro cuarto de século de existencia. O ambiente festivo xa se deixou notar na súa cea de socios e socias. O encontro serviu para rememorar cunha exposición todo o xa feito polo colectivo. Sempre moi centrado na música, no baile e na aprendizaxe e difusión cultural en xeral, pero sen deixar de lado moitas outras inquedanzas, como a ambiental. De feito, recolleron alegacións contra o proxecto da celulosa contaminante de Altri en Palas de Rei.
Máis de 170 persoas acudiron á presentación de Doce opalinas no auditorio de Sigüeiro. O autor do libro é Theodor Smeu Stermin, veciño de Oroso nado en Romanía, coñecido tamén pola súa afección e talento nos eidos da hípica e da música. A obra foi editada por Edicións Oblicuas.
Este 23 de abril, Día do Libro, preséntase ás 18:00 horas na libraría Arume en Ordes o conto infantil Nai por arte de maxia, de Ana Patiño Castro e ilustrado por Ana Santiago Clemente. O acto inclúe ademais un contacontos.
Oroso De Zero
A asociación cultural Obradoiro da História agarda que en 2025 haxa actos conmemorativos da Batalla de Sigüeiro, en contra do acontecido este ano. O colectivo lembra que o acontecemento tivo lugar a un e a outro lado do Tambre, polo que “terían que involucrarse tanto o Concello de Santiago de Compostela como o de Oroso, así como outras entidades”.
Obradoiro explica que a batalla, en 1846, foi un dos feitos
históricos máis importantes que tivo lugar na comarca de Ordes. O contexto é o da ocupación do poder en España en 1843 polo Partido Moderado. Os seus líderes e a Monarquía nomean como xefe de goberno o xeneral Narváez, que se converte nun ditador.
O Partido Progresista, apoiado por militares liberais e universitarios, deciden derrubar o goberno a través dun pronunciamento militar. Os “provincialistas”, que querían que Galicia fose unha soa provincia, con certa autonomía e
Institucións propias, tamén se suman á loita contra o goberno ditatorial.
O 2 de abril de 1846 pronúnciase en Lugo o comandante Miguel Solís apoiado polas forzas progresistas da cidade. Días despois levántase o exército en Santiago ao que se unen as milicias universitarias. A revolución espállase por Pontevedra, Vigo e Tui.
Un dos enfrontamentos entre os dous bandos tivo lugar o 13 de abril de 1846 en Sigüeiro, ao lado da Ponte sobre o Tambre e da fábrica de cur-
Miguel Solís, xefe do exército progresista.
tidos. Segundo documentos da época, houbo un cento de vítimas e os dous bandos re-
tiráronse de Sigüeiro a Compostela.
Uns días despois entran desde Madrid grandes continxentes do Exército español para sufocar a rebelión. Debido á súa superioridade e organización, os militares derrotan ao exército progresista na “Batalla de Cacheiras”. Despois os líderes da revolta son apresados, conducidos a Carral e fusilados o 26 de abril. Nesta vila levántase unha gran cruz en memoria dos “Mártires de Carral” que loitaron pola liberdade.