Nº 15 - Marzo 2024
Periódico mensual gratuíto
Depósito legal C 421-2023


Nº 15 - Marzo 2024
Periódico mensual gratuíto
Depósito legal C 421-2023
>>> Ordes homenaxea a Ramón Ferreiro Regos, Ramón o practicante, cunha estatua que lembra a quen durante décadas levou a ciencia porta por porta, e recoñece o persoal sanitario na pandemia.
O sector primario revólvese Comarca · 6-7
A xustiza para o macroeólico das Encrobas Cerceda · 8
Un inferno en prostíbulos da contorna Comarca · 5
Lino Balado Oroso · 12
Reformarán o campo
Gómez-Trigo, especialista en TCA Entrevista · 16-17
María Jesús Ferreiro, 50 anos de labor Ordes · 22 Páx. 23
comarca de Ordes
De Zero
Comarca de Ordes
Dirección-Edición
Aurora Pastor Gil
Contacto dezero.redaccion@gmail.com 617 917 130
Deseño e maquetación
Distrito Xermar
Imprime Publicaciones
Tameiga S.L.
Depósito Legal C 421-2023
ISSN
2990-3114
Peche de edición 15-03-2024
Non me tires por aí!
Cando xa me teñas lido, compárteme con outra persoa ou recíclame no contedor azul.
Editorial
Unha vez máis, fixo falta que os agricultores e gandeiros levasen os seus tractores da terra ao asfalto (de Santiago, de Madrid, de Bruxelas...) para que as institucións tomasen consciencia de que as súas decisións adoitan ter consecuencias sobre a vida das sociedades que administran.
A garantía efectiva de prezos, a retirada ou reformulación de normativas que rozan o absurdo por descoñecer ou desvirtuar a realidade sobre o terreo, e medidas reais de apoio máis alá da habitual propaganda son en síntese as lóxicas reivindicacións do sector primario, afogado por
décadas dun deseño administrativo cando menos errático, senón trabucado.
A rectificación en todas as instancias, da comunitaria á autonómica, resulta imperativa. Faise obrigado o diálogo cun sector, moi poliédrico, para responder ás súas necesidades. Sería un erro limitarse ao acordo coas grandes corporacións e os grupos de presión que marcan a pauta. Está en xogo non só o que comemos, senón tamén o que somos. Se non se atende, non faltará quen desde fóra da democracia queira prender a perigosa mecha do malestar. E iso sairía demasiado caro.
Cata-xentes. Por Tamara Santos.
Desde que o mundo é mundo, o home foi creado a imaxe e semellanza de Deus e a muller foi culpable de morder a maldita mazá. Normal que co paso do tiempo lle medraran vermes á árbore da vida, á nosa sociedade. Entre tanto, a nosoutras tocounos apretar os dentes ao longo da Historia ata poñernos moradas, ata dicir ‘basta’ e intentar poñerlle freo á desigualdade.
O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller; data na que todas nos felicitamos por cuestións que debían ter sido unha obviedade desde sempre, como o dereito a traballar, a ter as mesmas oportunidades que os homes. O realmente incrible é que isto non sexa así en 2024, que teñamos que continuar berrándolle ao mundo enteiro a importancia de construír unha realidade sen fendas de xénero.
Como sempre, a hipocresía limítanos a un día no calendario. Como se con iso quedasemos contentas! Os distintos medios de comunicación fanse eco das manifestaciones ás que acudimos moitas de nós e por suposto, cada vez máis homes feministas. Multitudes en portada!, bandeiras de loita igualitaria!, pero claro, no interior da sección de deportes retiran os logros das nosas atletas dando protagonismo aos deportistas masculinos de sempre, afacémonos a ver noticias de violencia de xénero que acaban con mortes e esquecemos que é o maior terrorismo que existe no noso país. Iso si, se acendemos a televisión daranos a noticia unha preciosa presentadora, nova e delgada, co cabelo perfectamente peiteado e ben maquillada. Agora, ademais, pode que apareza de pé para lucir a súa figura a cámara. Entre tanto, o seu compañero pode chegar perfectamente aos 60 sen ningún
outro atractivo que o de informar. Pregúntome cantos telexornais lle quedarán a ela.
Pode que desde que o mundo é mundo haxa ironías como a de que teñamos parido a quen nos puxeron a cambadela durante séculos; ollo!, que nós mesmas temos sido tremendamente inxustas coas nosas iguais. Por iso mesmo, a clave para o cambio non é outra que a da educación.
Nas familias, hai que seguir deconstruíndo roles pasados para permitir unha equidade de tarefas domésticas entre homes e mulleres, para ser un exemplo real nas novas xeracións demostrando respecto e valores en igualdade.
Desde as políticas, cómpre facilitar o acceso do mercado laboral ás mujeres que, polo feitio de poder ser nais, a día de hoxe continúan sendo cuestionadas á hora de seren as escollidas para cubrir un cargo. Á súa vez, a maternidade e paternidade son un dereito, e a día de hoxe a compatibilidade familia-fogar segue sendo unha gran materia pendente.
Por suposto, todos os centros educativos han de sumarse á loita pola igualdade; pero de pouco serve se tras a pantalla os nosos adolescentes seguen a cantantes de reggaetón con letras machistas e violentas, a influencers que lles aprenden en calidade de nada, ou ven programas de televisión no que homes e mulleres só teñen que “caer na tentación” para converterse en obxectos e perder a súa intimidade diante de todo un país.
O feminismo só ten un camiño, pero é unha loita de todas e de todos, e polo que parece aínda hai moita serpe interesada en vender mazás envelenadas.
Concepción Berdomas García
Os avogados xunto cos procuradores levamos máis de tres meses en folga indefinida reivindicando a dignidade da nosa profesión na prestación do servizo público da quenda de oficio. Así mesmo, fóra da folga tamén nos estamos manifestando polas rúas de cada cidade, acudindo incluso máis de 20.000 compañeiros de toda España o pasado 3 de febreiro a Madrid para reivindicar ante as portas das nosas Mutualidades e do Congreso dos Deputados pola dignidade nas xubilacións e pedir unha Pasarela ao Reta. O vindeiro 13 de abril volveremos a Madrid.
Polo que respecta á prestación dos avogados na quenda de oficio, dicir que existen uns baremos en base aos cales indemnízasenos (non se retribúen) polo noso traballo, non alcanzando na maioría dos casos nin para os gastos aos que nos vemos sometidos. Para que a xente se faga unha idea, unha actuación de entrada e rexistro nun domicilio que pode alongarse horas, dependendo do caso podería chegar incluso ás seis horas ou
As reivindicacións da avogacía para a quenda de oficio.
máis, págase a razón de 20 euros por toda a actuación; hai procedementos que directamente non se nos abonan, como son maís de dous recursos, algunhas execucións; non cotizan por nós a pesar de prestar un servizo público por orde da Administración, non temos dereitos a permisos de maternidade/paternidade, nin permisos por falecemento dun familiar nin por enfermidade e un longo etcétera que daría para cubrir o periódico enteiro.
No partido xudicial de Ordes, por exemplo, temos quendas semanais, de luns a domingo, 24 horas nas que debemos estar dispoñibles e acudir e asistir a un detido a calquera hora do día. Pois ben, dita disponibilidade non se nos paga pola Xunta. Seguindo co exemplo de Ordes no que hai unha garda específica de violencia de xénero, pode ocorrer e ocorre, de feito, estar de garda dúas semanas seguidas, a semana da asistencia ao detido e a de asistencia á víctima de violencia de xénero.
En relación a Mutualidade da Avogacía, ata o ano 1996 non se nos permitía aos Avogados cotizarno RETA polo que a única opción era incluírse nas Mutualidades (o mesmo lle sucedeu aos procuradores salvo as datas que foron diferentes). En canto a este punto solicítase que se nos facilite unha pasarela para
que as achegas efectuadas a esas mutualidades (xunto coa parte correspodente dos fondos que nos pertencen desas entidades alternativas á Seguridade Social), poidan trasladarse ao Réxime Xeral de Autónomos, pois a día de hoxe as pensións coas que se están xubilando os compañeiros non chegan na grande maioría dos casos nin ao importe dunha pensión non contributiva, despois de traballar e cotizar para ese sistema alternativo máis de 40 anos. Un Estado Social como é o noso non pode permitir pensións míseras e debe garantir unhas prestacións de xubilación dignas para o noso colectivo.
A grandes rasgos, a nosa folga na quenda de oficio estase levando a cabo solicitando a suspensión dos procedementos e prazos procesais, tendo sempre a última palabra ao respecto o titular do Xulgado ou Tribunal correspondente. En calquera caso, como en calquera folga existen uns servizos mínimos e nos asuntos máis delicados como poden ser aqueles nos que existen detidos, menores ou violencia de xénero, entre outros, está cuberta a nosa asistencia.
Lamentablemente, as Administracións seguen de perfil, sen atender as nosas peticións. No caso da quenda de oficio a competencia recae na Xunta de Galicia, mentres que no caso da Pasarela ao RETA correspóndelles aos Ministerios da Seguridade Social e de Facenda. Ademais atopámonos con outros pequenos obstáculos incompresibles no día a día como son as denegacións de suspensións por parte dalgúns Xulgados (aínda que unha minoría), oposicións ás mesmas polos Letrados da Administración de Xustiza, polo Ministerio Fiscal, cando estes operadores xurídicos tamén estiveron de folga e pola nosa parte foron respectadas as súas reivindicacións. Pero o que máis nos sorprende e nos doe é a falla de apoio da Avogacía institucional (Colexios e Consellos), é dicir, os nosos órganos de representación e os que deberían velar polos nosos intereses. Resulta incoherente que os profesionais que nos dedicamos a defender os dereitos dos cidadáns sexamos o colectivo ao que menos dereitos se lle recoñece e polo tanto, con este panorama, non nos queda máis remedio que continuar con esta folga indefinida. Pero non todo son puntos negativos, temos que dicir que esta folga está tendo un gran seguimento sobre todo a nivel galego (somos pioneiros a nivel nacional), que a maioría dos operadores xurídicos respáldannos e que recentemente o TSJ de Madrid dictou un Auto no que se nos recoñece o dereito de folga. É de destacar a acción levada a cabo polos compañeiros da Estrada e Lalín, máis os procuradores de Ortigueira, que son os primeiros en toda España en darse todos de baixa da quenda de oficio como medida de presión.
Esperamos poder chegar a un acordo o antes posible e que se nos recoñezan unhas condicións laborais e unha xubilación digna como a calquera outro traballador que é o único que estamos pedindo e por iso agora tócanos defendernos. Nuha ocasión un compañeiro díxome: “O avogado que se defende a si mesmo ten a un parvo por cliente”, pero se non nos defendemos nós quén o fará? É o pleito das nosas vidas.
Paula Astray Avogada en Ordes.
A Garda Civil detivo un veciño de Mesía como presunto autor dos delitos de explotación laboral, trata de seres humanos, agresión sexual, prostitución, detención ilegal, prexuízo á integridade moral, estafa e defraudación de fluído eléctrico.
A operación, efectuada polo equipo territorial de Policía Xudicial da Garda Civil de Cambre e tutelada desde os xulgados de Ordes co nome de Loraba, iniciara as investigacións o pasado 7 de xuño, cando coñeceran a posible comisión de varios delitos cunha menor de idade como vítima.
A muller explicou que meses antes vira por internet unha oferta de emprego como camareira. Contactou así co suposto empregador e concretaron unhas condicións laborais que “simulaban ser excelentes”, explica a Garda Civil. Empezou a traballar ese mesmo día e xa nesa primeira xornada comezou tamén o seu paso polo inferno.
mañá seguinte estaba pechada con chave nun dos cuartos.
Ao pouco de espertar, o xefe entrou e agrediuna sexualmente de novo. Ela logrou abandonar o establecemento ás poucas horas.
23 vítimas
As indagacións da Garda Civil, nas que colaborou unha avogada de SOS Racismo Galicia, constataron a veracidade dos feitos. Pero non só iso, senón que descubriron a existencia doutras 23 vítimas.
O método utilizado era semellante en todos os casos.
Como cebo, unha oferta de emprego de camareira, limpadora, pintores, albaneis... O obxectivo, como relata a Garda Civil, eran sobre todo persoas vulnerables. Prefería inmigrantes en situación irregular, con precariedade económica e dificultades legais.
ditos. Pagada a fianza, as persoas captadas eran levadas a dos prostíbulos propiedade do detido, aparentemente para efectuar o traballo contratado.
De Zero puido saber que os locais sitúanse en Betanzos e no Mesón do Vento. Carecen de auga corrente e as vítimas tiñan que pernoctar amoreadas no chan. Estaban privadas de liberdade para entrar e saír. Permanecían baixo a ameaza de denunciar a súa situación irregular en España, o que podía levar a un expediente de expulsión do país.
O detido ofreceulles a dúas das vítimas prostituírse, quedándose con gran parte ou con todos os clientes. As indagacións do equipo de Garda Civil determinaron outros dous casos de agresións sexuais a empregadas, perpetradas presuntamente mediante sumisión química.
Ao rematar, sobre as tres da madrugada, o xefe, acompañado de dúas mulleres, convidouna a tomar algo co pretexto de celebrar a súa chegada á empresa. A vítima atopouse mal xa na segunda copa e lembra “vagamente” o que aconteceu despois.
Entre eses recordos, figura estar núa sobre a mesa de billar do local e unha agresión sexual do propietario. Na
Co emprego incluía o aloxamento, pero obrigaba a que as vítimas pagasen unha fianza. Iso fixo que algunhas tivesen que pedirlles cartos a familiares dos seus países de orixe e outras contratar cré-
No operativo comprobouse tamén que utilizaba dúas acometidas dobles de subministración eléctrica, tal como confirmaron os técnicos da empresa subministradora mediante un informe.
Madrid De Zero
A Audiencia Nacional considera probado que oito industrias lácteas e dúas asociacións do sector conformaron un cártel que vulnerou o libre mercado cando menos entre 2000 e 2013, de modo que rebaixaron artificialmente o prezo do leite prexudicando os gandeiros.
O tribunal confirma en varias sentenzas a resolución de 2019 da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), mantén as multas a case todas as empresas e ordea recalcular outras por unha cuestión de prazos.
En concreto, recaen multas de 11,6 millóns de euros no Grupo Lactalis, de 8,5 millóns en Pascual, de 6,8 millóns en Nestlè, de case 930.000 euros en Schreiber Food España -antiga Senoble, provedor habitual de Mercadona- e uns 53.000 euros en Celega.
As sancións que deberá volver a valorar a CNMC son as de Puleva (inicialmente 10,6 millóns de euros), Capsa (21,8 millóns) e Danone (20,2 millóns). A da Asociación de Empresas Lácteas de Galicia (AELGA), uns 60.000 euros, foi anulada porque o tribunal non viu motivos abondo.
Reclamacións
O pronunciamento da Audiencia Nacional, tipificando a infracción como moi grave, levaba anos sendo agardado entre os gandeiros. Ao confirmar a resolución da CNMC, abre a porta a indemnizar os danos e prexuízos que supuxo o estancamento e a redución
dos prezos do leite en orixe por mor das prácticas ilegais acreditadas pola CNMC.
As reclamacións deberán ser individuais, se ben os sindicatos Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego concordaron con letrados especializados para efectuar os trámites.
Ata xullo, poden reclamar todas as granxas que vendesen leite entre 2000 e 2013, tanto ás industrias condenadas como a outras. Dá igual que esas explotacións estean pechadas a día de hoxe ou que os seus titulares se xubilasen ou se dediquen agora a outra actividade. Incluso se faleceron poden presentar reclamación os seus herdeiros.
En Unións Agrarias, que denunciara o posible cártel en 2011, pensan que a Audiencia Nacional acaba de confirmar os feitos delictivos. Agora quedaría por concretar as indemnizacións polas perdas. Non hai unha cifra pechada,
Unións
pero estímase que podería chegar ao 10% da facturación de leite de 2000 a 2013.
Non obstante, Redi Abogados, o equipo que canaliza as reclamacións de afiliación do SLG, aconsella nunha comunicación dirixida aos gandeiros, á que tivo acceso De Zero, agardar á confirmación definitiva da resolución de Competencia.
E é que polo de agora as
empresas ou calquera outra parte do procedemento pode recorrer as sentenzas da Audiencia Nacional ante o Tribunal Supremo. Dáse por feito que será así, que as industrias intentarano, pero Redi ten algunhas dúbidas de que o Supremo o admita pois “trátase dun recurso extraordinario que só procede en casos moi específicos”.
Tamén UUAA apelou de
momento á prudencia. Con todo, valoran que as sentenzas da Audiencia Nacional activan o contador dos xuros legais, que habería que sumar ao importe das indemnizacións. No sector calculan que o golpe para as industrias pode acadar varios centos de millóns de euros.
Como funcionaba?
Co seu funcionamento como cártel, segundo a resolución da CNMC de hai case cinco anos, as industrias intercambiaban información sobre prezos, condicións comercais, cotas e excedentes e incluso gandeiros en particular.
Durante anos, en reunións, correos e intercambios de documentación, recollidos por Competencia en inspeccións, as industrias chegaban a repartir territorios e rutas de recollida, de xeito que impedían o libre mercado e que os gandeiros puidesen ter unha mínima opción de negociar.
O sindicato Unións Agrarias lanzou hai uns días no sector da carne de vacún unha iniciativa similar á que conduciu a demostrar o cártel do leite. A organización denunciou ante as axencias de información e control alimentarias central e autonómica e ante a CNMC a situación de “venda a perdas que as industrias galegas están a forzar”.
UUAA reclama investigar todas as industrias pertencentes a Asogacarne, ao observar unha “homoxeneidade” nos
prezos “igual que acontecía no leite”. Afirman que estarían sendo “impostos a produtores e produtoras de xeito unilateral e sen marxe para a negociación” e por debaixo dos custos de produción. Os datos que manexa o sindicato proceden dun estudo que a Fundación Juana de Vega elaborou por encargo da Xunta. O documento determina que en 2023 custou 7,60 euros producir un quillo de carne, cando o que se lle paga aos granxeiros son 6,20 euros. No ano ante-
rior, os custos de produción situábanse en 6,20 euros por quilo e o que ingresaba quen produce eran 5,20. Por iso, UUAA apreza “indicios máis que de sobra” para que os organismos das administracións “investiguen a fondo” o suposto incumprimento da lei da cadea alimentaria. Segundo Unións, as prácticas das industrias cárnicas “atentan contra a rendibilidade e o mantemento das explotacións cárnicas de vacún no noso país”, manifestan.
As Administracións confían en facer cumprir a lei da cadea e relaxar a carga burocrática
Os gandeiros e gandeiras da comarca non son alleos á onda de mobilizacións que o sector primario protagoniza en toda Europa. A sempiterna crise de prezos e os intentos de introducir novas normas comunitarias que burocratizan o seu labor perfílanse como os principais detonantes do conflito, no que agroma un gran malestar de fondo.
Non semella que as retribucións vaian atopar unha solución a curto prazo. Sen ir máis lonxe, os novos contratos de compravenda leite, que se están asinando estes días, recollen reducións desde dous ata oito céntimos por litro, segundo explicaron a De Zero gandeiros de Ordes e Trazo.
Logo dun par de anos coas cotizacións en orixe relativamente altas, como correlato duns custos de produción disparados pola volátil conxuntura bélica internacional, albíscase un cambio de tendencia que pode poñer contra as cordas boa parte
das granxas que perviven. As organizacións sindicais aseveran que non hai razóns de mercado para baixar prezos, pois a produción continúa sen cubrir a demanda interna e os prezos ao consumidor non experimentan caídas relevantes. Así as cousas, desde o Ministerio animan aos gandeiros a denunciar prácticas que poidan supoñer unha vulneración da lei da cadea alimentaria. A directora da Axencia de Información e Control Alimentario (AICA), Gema Hernández, explicou nun Santiago que as denuncias son anónimas e poden reportar información valiosa para erradicar situacións “abusivas” que levan lustros repetíndose. Produtores e administración asumen que, pese á boa vontade da lei da cadea alimentaria e dos mecanismos que establece, o seu cumprimento é complexo e precisará tempo.
Dixitalización
En canto ás novas normativas, o que máis trae de cabeza aos produtores é a pre-
tensión de facer obrigatorias diversas ferramentas dixitais. Un exemplo é o caderno de campo, no que inscribir practicamente cada paso que dan en tarefas como aplicación de fitosanitarios ou fertilización.
Aínda que houbo varios aprazamentos e de momento foron excluídas da obriga as explotacións máis pequenas, a mera mención destas medidas continúa molestando no sector. Aos gandeiros de máis idade, a maioría, polas dificultades e mesmo imposibilidade de manexar de por si os dispositivos informáticos. E aos máis novos, aínda tendo a habilidade, pola perda continua de tempo na que se traduce o que ven como unha excesiva “burocratización” do seu traballo. “Botas máis tempo cubrindo papeis e papeis e enchendo formularios que traballando coas vacas”, declara un produtor.
As mobilizacións que se están desenvolvendo, con marchas de tractores en Santiago
A Festa do Lacón con Grelos do Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes), tivo como parte destacada das súas actividades a poxa de gando frisón de Africor, que lle deu saída a once de catorce reses, con prezos entre os 2.600 e os 3.950 euros. En total, 34.400 euros e un importe medio de 3.127. As granxas da comarca que adquiriron reses foron Casa de Pedro SC
Tractores rodeando a sede da Xunta en Santiago.
e en Madrid, tiveron como primeiras respostas o compromiso das Administracións de facer máis flexible a aplicación de parte das normas.
Unha mostra é a Política Agraria Común, sobre a que a Comisión Europea amosou vontade de relaxar o seu contido, se ben non están claros os prazos nos que se poderá cumprir tal compromiso, tendo en conta o calendario electoral europeo.
O ministro, Luis Planas, remarcou que España e outros estados membros presionaron para que a CE cambiase de criterio na aplicación da PAC. O titular de Agricultura remarca que España ten aprobado o Plan Estratéxico da PAC con axustes achegados no diálogo con agricultores e gandeiros e co respaldo das Comunidades Autónomas, ás que Planas lles
lembra as súas competencias para simplificar a tramitación.
Aínda que o prazo de solicitude das axudas deste ano é de inminente apertura, na Xunta tamén ven posibles modificacións que adapten a política comunitaria á realidade de Galicia.
O conselleiro de Medio Rural, José González, reunido cos seus homólogos de Asturias, Cantabria e Euskadi, ve necesario “redeseñar” medidas como os ecorréximes e a condicionalidade reforzada da PAC, pois a zona norte ten peculiaridades no tamaño das parcelas ou as características das explotacións que non se dan no resto de España. O goberno autonómico considera que se deben “aliviar” cargas burocráticas como o caderno dixital ou a figura do veterinario de explotación.
(Ordes), García Candal SC (Mesía), Alejandro Carrillo (Oroso), Castro Buxía SL (Trazo) e Emilio Cores (Oroso).
Polo demais, a festa cumpriu este ano vinte e cinco edicións. Durante a fin de semana do 9 e o 10 de marzo, atraeu a centos de persoas tanto polo reclamo gastronómico como polo programa lúdico organizado.
Suspensión cautelar de autorizacións outorgadas pola Xunta
Comarca De Zero
O proxecto de parque eólico As Encrobas, presentado por Naturgy sobre territorio de Cerceda, Ordes e Carral, está paralizado de modo cautelar por decisión xudicial.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) suspendeu as autorizacións administrativa e de construción que a Xunta outorgara hai un ano.
En esencia, o alto tribunal galego asume que poderían producirse danos irreversibles ou malamente reparables por prever a infraestrutura do parque en zonas moi próximas a núcleos habitados, en espazos de moita sensibilidade ambiental, ou con posibles prexuízos graves á flora e á fauna. Por iso, valora que prevalece un principio xurídico de precaución antepoñendo o interese xeral ao da empresa promotora.
Parte dos argumentos que o TSXG dá por válidos foron presentados por organizacións ambientais. Os xuíces recollen o informe dunha bióloga de Ecoloxistas en Acción
recoñecendo que algúns dos danos que describe son xenéricos pero outros si son específicos do proxecto. Tamén valoran que o documento achegue información obxectiva procedente do Ministerio para a Transición Ecolóxica.
En consecuencia, de momento queda aprazado o proxecto, que prevé catro aeroxeradores de douscentos metros de altura desde a base ata o extremo das aspas. A potencia total é de 20 MW e o investimento orzamentado duns 20 millóns de euros.
As Encrobas é un dos proxectos de Naturgy para a chamada transición xusta na comarca, xunto ao parque Meirama, de 44 MW, de momento non afectado.
Dezanove suspensións
O das Encrobas é un dos dezanove parques que o TSXG suspendeu -outros tres si continúan- en datas recentes, despois da sentenza do Tribunal Supremo que en decembro desbotara parte das causas que o tribunal galego tiña en conta para anular instalacións.
O Supremo rexeitou como
motivo de suspensión os prazos e procedementos de información pública aplicados pola Xunta ou a falta de acceso da cidadanía aos informes sectoriais (Augas de Galicia, Patrimonio, saúde...) na tramitación.
En cambio, o TS deixou marxe para que o tribunal galego suspenda temporalmente proxectos por mor dos posibles danos ambientais ou paisaxísticos. O TSXG explica que adapta os seus criterios ao fallo do Supremo. Pondera os intereses públicos e privados en liza e conclúe que “debe prevalecer o que resulte máis digno de protección”, dándolle prioridade por prudencia ao coidado do medio sobre a produción e transporte de electricidade.
Consulta a Europa Ademais, ao fío do dito polo Supremo, o tribunal galego consultou ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea se todo o público interesado en alegar debeu ter, ou non, acceso aos informes sectoriais, pois a Xunta limitouno aos promotores de proxecto. Aín-
O proxecto prevé aeroxeradores de 200 metros (arquivo).
da que a consulta versa sobre un parque en Mazaricos, a resposta que dea o tribunal europeo -adoita tardar un anopodería repercutir en moitos outros proxectos.
Na práctica, o organismo europeo terá que darlle á razón ao galego ou ao Supremo. O TSXG aceptara como motivo de nulidade, atendendo
unha demanda da asociación Petón do Lobo, a vulneración do dereito á información ao non poder acceder aos informes sectoriais íntegros.
Figuraba así nunha sentenza de xaneiro de 2022, a que o Supremo revogou o pasado decembro aducindo que si se cumpre a lei. O TSXG mantén dúbidas e pide determinar se as normas autonómica e central respectan a directiva comunitaria de avaliación de repercusións sobre o medio.
O conflicto dá azos ás diversas entidades veciñais, ambientalistas ou culturais, ás veces apoiadas por Concellos, na súa loita contra o modelo de macro-muíños. Pero disgusta á patronal eólica, que teme acumular unha paralización de seis anos e arriscar investimentos de centos de millóns máis, estiman, uns seis mil empregos.
No ámbito político, a Xunta declarouse “sorprendida” e ve “suficiente” claridade no que dictaminou o Supremo. O presidente en funcións, Alfonso Rueda, dixo aceptar as decisións do TSXG pero alertou das súas consecuencias.
A líder da oposición, Ana Pontón (BNG), cuestionou que o PP respecte os tribunais só cando lle convén e agarda que a consulta dirixida ao TXUE ofreza criterios claros e seguridade xurídica.
Fronte aos atrancos do parque das Encrobas, outros proxectos xa non semellan atopar freo nin volta atrás nas súas tramitacións. É o caso de Solpor, iniciativa de Green Capital Power, empresa domiciliada en Madrid, con afección en Mesía (parroquias de Olas e Visantoña) e en Ordes (Vilamaior e Buscás).
Aínda que o acordo data do 4 de xaneiro, foi o 19 de febreiro, día seguinte ás eleccións
autonómicas, cando se publicou no Diario Oficial de Galicia o prazo de información pública (trinta días) da urxente ocupación dos terreos precisos para o proxecto, con cinco aeroxeradores (24 MW en total), autorizado pola Xunta en abril de 2023.
A documentación está exposta na web da Xunta, na súa sede na Coruña e nas Casas dos Concellos de Mesía e de Ordes.
Iniciativa do PSOE emendada polo PP para implicar a todas as institucións necesarias
O Pleno de Ordes aprobou cos votos a favor de PP, BNG e PSdeG-PSOE o compromiso de acometer un plan de accesibilidade integral que elimine todo tipo de barreiras físicas, cognitivas e sensoriais atendendo especialmente os espazos e infraestruturas públicas. A iniciativa presentouna o PSdeG-PSOE. A concelleira Noelia Rivadas expuxo as múltiples carencias que presenta o municipio e emprazou a que o plan comece por efectuar unha detección das barreiras existentes para despois definir as
actuacións necesarias, programar a súa execución e avaliar o cumprimento e resultados. Ademais, a moción socialista vía necesario “establecer alianzas” entre o Concello e as Consellerías de Educación e Sanidade para intervir en centros educativos e sanitarios.
Emenda do PP Foi este último aspecto o que motivou as reticencias do PP ao texto inicial. O alcalde botou en falta que o acordo incorporase a Deputación e o Ministerio de Transportes. José Luis Martínez Sanjurjo expuxo que estas administracións son titulares de infraestruturas como a Rúa do Recreo e a N-550, que incumpren a normativa e non atenden os requerimentos locais. Martínez demandou especialmente que a Deputación ‘humanice’ do Recreo ao Balado neste mandato e considera que o ente provincial debe financiar un 80% dos custos “como é habitual en Concellos onde go-
bernan” PSOE e BNG, responsables da Deputación. O PSOE aceptou a emenda do PP.
“De sentido común”
Desde o BNG, Pablo Vidal calificou “de sentido común” a proposta e lamentou que en 2024 a accesibilidade sexa unha materia pendente. O portavoz nacionalista lembrou que na última década efectuaron máis de vinte propostas, algunhas de baixo custo pero desatendidas “por falta de vontade do alcalde”, dixo. Martínez replicou que sería moito maior a relación de barreiras suprimidas nese tempo.
A solicitude de praza para o vindeiro curso está aberta ata o 5 de abril
A escola infantil pública de titularidade autonómica
Galiña Azul de Sigüeiro (Oroso) ten xa renovadas as súas fachadas exteriores. As obras precisaron un investimento duns 22.000 euros e tiveron como propósito mellorar o illamento. Consistiron fundamentalmente en impermeabilizar e pintar.
Solicitude de praza
A conselleira de Política
Social e Xuventude, Fabiola García, visitou o centro, situado na avenida da Grabanxa, para coñecer os traballos e ademais explicou que as escolas infantís públicas autonómicas manteñen aberto o prazo de solicitude de praza ata o
vindeiro 5 de abril, despois de activalo o 16 de marzo.
No proceso, para o curso 2024-2025, a Xunta anunciou un cambio no baremo de ac-
Obras térmicas e de accesibilidade no inmoble
Traballos nos revestimentos de madeira do patio.
Oroso De Zero
O centro de saúde de Oroso, situado en Sigüeiro, reforzou o seu equipo de persoal coa incorporación dunha traballadora social. O seu come-
tido vai ser axilizar as tarefas de atención á infancia, á adolescencia, e a persoas maiores, con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade e exclusión social.
A aterraxe da nova espe-
ceso para facilitar que poidan obter praza as familias nas que os proxenitores traballen.
As solicitudes poden efectuarse na sede electrónica da Xunta ou en calquera rexistro oficial. A relación de admisións publicarase en maio.
A conselleira fixo fincapé en que o vindeiro curso 202425 será o terceiro no que se aplique a gratuidade de todas as escolas infantís de cero a tres anos, tanto nos centros públicos como en privados e os de iniciativa social. A medida ten un custo de 60 millóns de euros por curso e chega a unhas 31.000 familias.
Ordes
cialista foi acompañada nos primeiros días cunha reunión de traballo entre o Concello e o centro médico para coordinar a atención dos casos de servizos sociais.
Obras
En canto ao inmoble, estanse acometendo obras de accesibilidade coa instalación de portas automáticas nos accesos. Do mesmo xeito, colocaron recuperadores térmicos para evitar a perda de aire quente cara ao exterior, e efectuáronse reparacións no revestimento de madeira dos patios interiores, que tamén recibiu tratamento.
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, sostivo reunións cos Concellos de Ordes e de Trazo para abordar a situación dos servizos sociais e escoitar peticións de mellora.
Aínda que non se fixeron públicas reivindicacións municipais concretas nin contrapropostas autonómicas, tanto desde o Concello que preside José Luís Martínez Sanjurjo como o dirixe Fina Suárez agardan manter a colaboración existente entre administracións e introducir posibles melloras.
a antiga escola da rúa de Galicia para ubicar a nova gardería infantil
Guindastre en primeiro plano ante o solar liberado.
A antiga escola da rúa de Galicia, en Ordes, pasou á historia. Hai unha semanas foi derruída para deixar o solar libre e ubicar nel a nova escola infantil.
O proxecto do novo inmoble está financiado en parte con fondos europeos NextGeneration e a pretensión inicial é que poida entrar en servizo o vindeiro curso.
O inmoble acolle as áreas de agricultura, gandaría, planificación forestal e antiincendios
Despois de máis dunha década sen uso estable, o edificio do antigo Centro Comarcal de Ordes, situado ao lado da piscina climatizada, recobra a vida. As obras de adaptación remataron e desde hai unhas semanas acolle as oficinas da Consellería de Medio Rural.
A que entre a veciñanza segue sendo coñecida como a ‘Extensión Agraria’ nomínase agora como ‘Oficina Rural’. As instalacións deixaron a Rúa
Nova, de xeito que o ‘novo’ inmoble concentra os servizos de agricultura, gandaría, planificación forestal e prevención e defensa contra incendios.
Visita en campaña
As novas oficinas recibiron a visita o conselleiro de Medio Rural, José González, o 16 de febreiro, con presenza do secretario xeral da Consellería e dos diversos alcaldes da comarca á que dan servizo.
Formalmente non foi unha inauguración porque están
prohibidas durante as campañas electorais. Esa xornada era precisamente a derradeira na que se podía pedir o voto para as autonómicas.
Sen embargo, desde a Xunta esquivaron o impedimento e calificaron o acto como “visita técnica”. No seu transcurso, o conselleiro destacou que coa mudanza efectuada a de Ordes pasa a ser “unha das oficinas rurais de maior tamaño e importancia de Galicia”.
González pensa que reagrupar os diferentes servizos, ata
Cargos públicos na sala de control do distrito forestal.
agora relativamente dispersos, facilitará a eficiencia na atención á cidadanía.
O titular de Medio Rural afirmou ademais que os sete municipios da comarca -Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo- son unha referencia sobre todo no ámbito leiteiro, pois suman aproximadamente un 11% da produción de toda Galicia.
En canto ás instalacións, para as que se prevía unha adaptación cuns 650.000 euros, destaca a sala de control e coordinación de incendios do distrito forestal polo seu amplo equipamento tecnolóxico. Antes de optar por levar alí a oficina agraria, para o antigo centro comarcal debatéranse usos como un viveiro de empresas ou unha gardaría.
Un home resultou ferido por caer desde o tellado dun inmoble na aldea de Patrocelos, en Vilamaior (Ordes). Foi na tarde do domingo 18 de febreiro, en circunstancias que non transcenderon pero si indagaron as forzas de seguridade.
Barállanse as hipóteses de accidente laboral e imprudencia. Fontes veciñais sospeitan que non había relación laboral formal entre o dono da vivenda e a vítima e comentan que nesa xornada non reunían condicións para estar en alturas.
A atención ao ferido fixo mobilizar un helicóptero médico desde Santiago.
Ordes
Convenio para renovar toda a superficie de xogo do recinto futbolístico
Oroso De Zero
A reforma e acondicionamento do campo municipal Lino Balado, en Sigüeiro, será acometida polo Concello de Oroso da man da Real Federación Galega de Fútbol. Consistirá esencialmente en cambiar todo o tapete do terreo de xogo, moi deteriorado.
Así se recolle nun convenio asinado días atrás polo alcalde, Álex Doval, e polo presidente da federación, Rafael Louzán. O documento especifica os termos da colaboración, de tal xeito que a Federación asumirá a redacción e o custo do proxecto construtivo. Tal como explican fontes municipais, este mesmo esquema seguiuse xa na reforma doutras instalacións en distintos puntos de Galicia.
O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, está disposto a tramitar xunto á Consellería de Medio Rural e o Arcebispado o cambio de titularidade da parcela na que se celebra a festa do Rosario en Montaos, de maneira que poida pasar a ser unha propiedade municipal.
A preguntas do BNG, o rexedor expuxo que o terreo, a parcela 57 do proceso de concentración de Santa Cruz, nunca tivo titularidade municipal e permaneceu sempre en mans do Arcebispado.
Iso a pesar das solicitudes dirixidas á Xunta en novembro de 2008 e á organización eclesiástica en agosto de 2009, que non chegaron a concretar ningún acordo para a alteración da propiedade, situada a carón do campo de fútbol. Os nacionalistas amosaron a súa satisfacción polo feito de que a súa pregunta vaia dar pé ao posible cambio de titularidade da parcela, que ademais da festa acolle outros eventos ao longo do ano. Pablo Vidal, portavoz local do Bloque, agradeceu que a veciñanza lles comunicase a situación da parcela e conclúe que a “política de proximidade” coa cidadanía que segundo el efectúa o BNG “achega solucións e beneficios para os intereses xerais do concello”, manifesta Vidal.
O rexedor de Oroso agradeceu a colaboración prestada polo organismo federativo. Louzán, pola súa parte, considerou que o proxecto programado “sen dúbida é moi
necesario para os equipos de fútbol do concello”.
O Concello precisou que se verán especialmente beneficiados a Escola Deportiva Xuventude Oroso e o Sigüeiro Fútbol Club. As dúas entidades levaban tempo reclamando a obra para facilitar unha actividade na que a ED Xuventude Oroso suma dezaseis equipos e 264 licenzas e o Sigüeiro dous equipos con 63 licenzas federativas.
O presidente da RFGF engadiu a disposición a levar este tipo de colaboracións aos clubs e Concellos que o soliciten.
A empresa Tex45 Producións conta xa no polígono de Merelle (Ordes) cun plató de 1.100 metros cadrados capacitado para filmar todo tipo de producións audiovisuais. De todo o espazo, uns 700 m2 funcionan como plató diáfano cun chroma.
A infraestrutura ten capacidade para 200 persoas e inclúe tamén dependencias de almacén, oficinas ou camerinos. O espazo foi acondicionado cunha axuda de 100.000 euros da Xunta, que permitiu melloras na climatización, a eficiencia enerxética ou o illamento acústico e lumínico.
Desde a esq: Cernadas, Pedrosa e Sutil, no novo espazo.
O novo plató foi visitado por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, acompañado polo director de Tex 45, Manolo Cernadas, e pola coordinadora de novos formatos
da empresa, Elba Pedrosa. Expuxeron que, xunto ao estudo que xa tiñan na vila, gravan á vez entre catro e cinco programas de televisión e en breve tamén os interiores da película Para ver o mar.
Mesía/Trazo De Zero
Os Concellos de Mesía e de Trazo viron entrar en vigor os seus orzamentos para 2024 nas últimas semanas, ao acadar aprobación definitiva despois de pasar por Pleno e de superar exposición pública sen recibir alegacións.
As contas de Mesía ascenden a 2.887.322,94 euros, con equilibrio de ingresos e gastos. Os principais destinos dos recursos son bens correntes e servizos (1.242.667 euros), o persoal (936.056 euros) e os investimentos reais (610.579 euros). As vías
de ingresos máis salientables son transferencias correntes (1.546.558 euros), impostos directos (496.500) e transferencias de capital (433.081).
O cadro de persoal de Mesía, publicado á par que os orzamentos, intégrano catro postos de funcionarios de carreira, once prazas de persoal laboral fixo, e dezasete prazas de persoal laboral temporal.
En Trazo, o orzamentossuma 4.160.000 euros, tamén con equilibrio. En detalle, o capítulo de gastos con maior contía é o de bens correntes e servizos, que acapara o 41,3% do diñeiro, é dicir, 1.718.365
euros. Para gastos de persoal prevense 1.432.920 euros, o que supón o 34,45%. E os investimentos reais xa previstos acadan 853.114 euros, un 20,51% do total.
En ingresos, destacan as transferencias correntes, o 54% con 2.243.046 euros, os 782.702 euros de transferencias de capital (19%) e os impostos directos por 688.000 euros (16,5%).
O cadro de persoal de Trazo recolle nove prazas de persoal funcionario; dúas de persoal laboral permanente; e 22 prazas de persoal laboral con actividade temporal.
A entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ordes demorouse ao detectarse un erro na súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Unha vez sexa plenamente subsanado, trámite que precisa quince días hábiles desde a nova publicación, o novo planeamento urbanístico poderá aplicarse tal como estaba previsto. Ante esta circunstancia, o BNG considerou que foi “unha tomadura de pelo” que se convocase un Pleno extraordinario en novembro para aprobar o PXOM, gastando en dietas por non agardar a unha sesión ordinaria. O propósito manifesto era que o
Investiu 900.000 euros durante 2023 para mellorar a subministración
A compañía UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu 900.000 euros durante 2023 en Ordes co fin de mellorar a subministración, dándolle máis capacidade á rede e procurando que o servizo gañe fiabilidade.
Dúas das iniciativas máis relevantes foron a construción de dúas liñas de media tensión, unha na Espenica (Ordes) e outra en Nouche (Beán). Serven para alimentar os centros de transformación dos dous lugares e a súa rede de baixa tensión asociada. A intención era reforzar o servi-
zo para a veciñanza da zona, especialmente as explotacións gandeiras pola súa demanda de enerxía.
Traballos actuais Na actualidade, a compañía traballa na ampliación da capacidade da rede eléctrica na zona da Casavella, na contorna do cemiterio do Piñeiro. Ademais, tamén ten previsto un novo centro de transformación no Souto.
Os investimentos foron repasados durante unha visita á Espenica do delegado de UFD na Coruña, Emilio Castro, e do xefe de operacións en Santiago, Fernando Fernández,
Responsables de UFD e do Concello, na Espenica.
acompañados polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e polo concelleiro de Infraestruturas, José Antonio
Cabeza. Tanto os representantes da empresa como os cargos políticos municipais comprometéronse en conxunto a
plan puidese entrar canto antes en vigor pero agora “retrásase novamente por cometer erros na súa publicación”, asegurou Pablo Vidal, portavoz do BNG.
O alcalde defendeu que se non fose aprobado en novembro teríase visto afectado pola convocatoria das eleccións autonómicas. José Luis Martínez Sanjurjo explicou que o erro na dilixencia “son cousas que acontecen”. Desexou que se tivese detectado antes pero matizou que non incidirá para nada no contido do plan e que, máis alá da demora que implica o trámite de corrección, non afectará aos proxectos que agardan licenza.
manter a colaboración para mellorar a calidade do servizo eléctrico.
Volume de investimento
Emilio Castro explicou que o investimento en 2023 no municipio triplicou o do ano previo. Segundo defendeu, as accións efectuadas nos últimos anos aumentaron a capacidade de distribución, xeraron máis fiabilidade no servizo e reduciron o tempo de resposta ante as incidencias que se producen.
O rexedor valorou positivamente as intervencións da compañía eléctrica e propuxo novas melloras que favorezan a calidade da subministración de electricidade no concello.
Na súa rede en toda Galicia, a distribuidora de Naturgy afirma ter investido 222 millóns o ano pasado, centrándose na dixitalización e na modernización dos máis de 60.000 km de rede.
Cerceda De Zero
No municipio de Cerceda hai 1.375 parcelas que incumpren a normativa de prevención de incendios preto das aldeas, por ter maleza ou árbores que contribuirían á propagación dun posible lume.
A cifra determinouna a empresa pública Seaga, nun informe no que avaliou os terreos que se atopan na área de protección dos núcleos rurais, cunha franxa de 50 metros.
A lei autonómica obriga a que as persoas propietarias corten e retiren toda a maleza, así como as árbores de espe-
A rede de fibra óptica para acceso a internet está sendo ampliada á maioría das parroquias de Oroso e a boa parte de Sigüeiro, a capital municipal.
As empresas instaladoras, ás que o Concello lles ofreceu colaboración, colocan tramos de liña aérea e outros baixo terra.
Carlos Mosquera, concelleiro de Medio Rural, destacou a mellora dun servizo “básico na maioría dos fogares” para estudos e traballo. O edil comprometeuse a xestionar coas empresas a chegada da rede a lugares onde non estea previsto pero si sexa posible.
A maleza axuda a propagar posibles lumes (arquivo).
cies como o piñeiro, o eucalipto e, en xeral, calquera con demasiada facilidade de combustión.
No marco dun convenio entre o Concello, a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias, o mesmo
que deu pé á preparación do informe, o Concello remitiu notificacións postais ás persoas titulares das parcelas en mal estado. O documento informa da superficie afectada e estima o custo dos traballos de limpeza precisos para a prevención de incendios.
O incumprimento da norma podería supoñer sancións desde 100 ata 100.000 euros, dependendo da gravidade e da reiteración dos feitos. No consistorio explícanlles ás persoas que recibiron as notificacións os detalles do procedemento que se prevé aplicar para a roza e limpeza.
O novo mapa de corentenas pola praga da couza converte a parroquia de San Román das Encrobas, en Cerceda, nun dos territorios tampón por lindar con zonas infestadas.
Isto fai que para cultivar pataca nas Encrobas haxa que comunicalo inmediatamente despois de sementalas, en todo caso antes do 1 de abril.
A obriga consiste en informar de todas as parcelas co cultivo, ben sexa na oficina rural, en rexistros autorizados para a Xunta ou na sede electróncia, co procedemento MR465C.
O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, insistiu na necesidade de que todas as persoas propietarias de parcelas agrícolas doten os terreos de entradas acondicionadas para o paso de auga e respecten as cunetas cando se efectúen tarefas de laboreo.
O rexedor efectuou a re-
flexión ante a petición do BNG de reparar varios tramos de pistas de parcelaria na parroquia de Barbeiros, danadas pola escorrentía da chuvia.
Os nacionalistas puxeron como exemplo viais da contorna de Uzal, en Barbeiros. Martínez explicou que existen diversos casos máis e que
a Policía Local prepara informes. O goberno municipal remarcou que os danos débense máis ás malas prácticas que a unha falta de mantemento.
Non foi a única petición sobre a rede viaria expresada no Pleno ordense, pois o grupo socialista demandou reparar as pistas de Fosado (Mon-
taos) e a que vai de Tras o Río a Mañufe, en Mercurín, con fochancas e grava desprendida que fan perigoso circular. O rexedor replicou que a rede local suma case 800 km e que entre abril e maio prevén un rebacheo, ademais de preparar proxectos de envergadura para plans de obras.
O conselleiro, co alcalde e responsables da peixería.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a peixería Insúa en Sigüeiro (Oroso) no marco da campaña Amar Galicia para promover o consumo de produtos como peixes e mariscos, resaltando a súa calidade, a variedade e sabor, as cualidades nutritivas e os beneficios para a saúde.
A iniciativa defende o peixe e mariscos galegos como “parte esencial da dieta atlántica”. O titular de Mar recoñeceu o traballo de peixerías como a que visitaba para promover os produtos mediante a relación directa e a xeración de confianza entre o establecemento e a poboación que consume.
Comarca De Zero
As estradas da comarca continuaron acumulando moi malas noticias nas últimas semanas. Especialmente tráxica foi a xornada do 24 de febreiro, con dúas vítimas mortais noutros tantos sinistros nas parroquias de Andoio (Tordoia) e de Cabrui (Mesía).
Mesía
Este último tivo lugar pouco antes das dez da mañá dese sábado negro. Unha furgoneta que circulaba pola estrada que vai desde San Cristobo de Mesía ata Curtis botouse fóra á altura da parroquia de Cabrui.
A propia persoa que avisou os servizos de emerxencia explicou que o condutor e único ocupante do vehículo “non se movía”, se ben estimaba que o corpo estaba liberado e accesible, tendo en conta ademais que a saída de vía debeu de producirse a non moita velocidade, aparentemente sen un impacto moi violento.
Acudiron ao lugar os efec-
tivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal con base en Curtis, ao que está adscrito o municipio de Mesía. Foron os que rescataron o condutor e practicáronlle os primeiros auxilios, sen que fose posible a reanimación. Á súa chegada, o persoal das urxencias sanitarias unicamente puido confirmar o pasamento.
O falecido era un veciño de Curtis, de 52 anos de idade, que traballaba habitualmente coa furgoneta da froitería familiar. Os responsables da atención inicial que recibiu consideraron desde o primeiro momento que a causa da saída da vía puido ser seguramente unha indisposición repentina do home.
O vehículo foi retirado por un camión con guindastre, nun operativo no que tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico.
Tordoia
Na tarde dese mesmo día, pouco antes das sete, acontecería o sinistro mortal en Andoio (Tordoia). Bateron dous
dos vehículos implicados na colisión en Andoio.
Furgoneta que conducía o falecido en Cabrui.
AC-400. O aviso que chegou aos servizos de emerxencia xa adiantaba que nun dos turismos implicados había dúas persoas que non se movían.
O operativo despregado permitiu extraer estas dúas persoas do vehículo. Tratábase do home xa falecido e da muller en estado grave, que foi evacuada polo persoal sanitario. Non trascendeu a súa evolución posterior.
Aínda que o seu estado non revestía tanta gravidade, o condutor do outro coche tamén foi trasladado para recibir atención sanitaria.
Ademais das urxencias sanitarias, no operativo foi necesaria a mobilización da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, do persoal do servizo de limpeza e mantemento da estrada autonómica, e dos Bombeiros de Ordes, que confirmaron que finalmente non foi preciso utilizar o seu material de excarceración para liberar a persoa falecida.
A explosión de gas nunha vivenda da avenida da Grabanxa, en Sigüeiro (Oroso), saldouse cunha persoa ferida leve por queimaduras nas mans, ademais de múltiples danos materiais.
turismos e un camión, o que ocasionou a morte do condutor dun dos coches e feridas graves á súa acompañante, feridas leves ao ocupante do outro turismo, e ningún dano físico relevante ao condutor do camión.
A colisión produciuse no quilómetro 33,5 da estrada
As investigacións sobre as causas e circunstancias do sinistro non trascenderon.
O estoupido tivo lugar no edificio do número 13 da avenida pouco despois das seis da tarde do 13 de febreiro. A súa virulencia fixo que rompesen cristais de xanelas próximas e que diversos materiais caesen á rúa desde a altura, por fortuna sen prexudicar a ninguén. Os servizos de emerxencia que interviron confirmaron que unha muller precisou asistencia médica por mor das lesións de carácter leve que sufría nas extremidades. Residentes no inmoble saíron á rúa ao escoitar o que pasara. Nun primeiro exame efectuado polos Bombeiros de Ordes, constataron que a explosión produciuse na cociña da vivenda. Afectou ao resto do piso, a vivendas próximas e mesmo a algún vehículo estacionado na rúa. O estoupido tivo lugar na avenida da Grabanxa.
Jesús Gómez-Trigo, psiquiatra da Unidade de Desordes da Alimentación do Sergas
O doutor Jesús Gómez-Trigo Baldominos é médico psiquiatra na Unidade de Desordes da Alimentación do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Con el abordamos nesta entrevista as causas e consecuencias de enfermidades como a anorexia e a bulimia, así como o modo máis oportuno de afrontalas.
Redacción De Zero
- Cales son os trastornos alimenticios máis habituais?
- Os que máis se ven na consulta son a anorexia nerviosa e a bulimia. Sen embargo, cada vez van acudindo máis casos de trastorno por atracón ou trastornos non especificados.
As estatísticas falan dunha gran variabilidade nos números, pero estímase que entre o 0,5% e 1% da poboación para a anorexia nerviosa, e entre 1% e 3% para a bulimia, aínda que as cifras están en constante revisión, sobre todo despois da pandemia por COVID-19.
- Hai unha idade na que aparezan con máis frecuencia? Afectan só a mulleres ou tamén se dan en homes?
- A poboación con maior risco son as mulleres, na adolescencia media ou serodia, sen descartar unha posible aparición en idade infantil. Si que resulta máis clara a diferenza en proporcións entre mulleres e homes, con estudos que manexan cifras de 12:1, ou 9 mulleres por cada varón.
- Pódense previr?
- Se ben non é posible previr un 100% dos casos, posto que o compoñente biolóxico é o factor predispoñente principal, si existen plans de prevención. Estímase que a metade
das intervencións preventivas dos trastornos da conduta alimentaria (TCA) reducen os factores de risco de desenvolver este tipo de trastornos e un 29% diminúe a enfermidade actual ou futura.
- Cales adoitan ser os factores desencadeantes?
- Son variables. Sobre un sustrato ou unha predisposición biolóxica, establécense uns compoñentes psicolóxicos ou de personalidade, como poden ser a baixa autoestima, tendencia á obsesidade, perfeccionismo, competitividade ou a evitación de danos (compatible con baixa tolerancia á frustración)... que favorecen o camiño a outros factores de estirpe sociocultural e que poden desembocar nun trastorno da conduta alimentaria.
Entre estes últimos, hai que incidir no modelo estético corporal, que varía coas xeracións, pero que impacta de maneira especial na adolescencia e xuventude temperá, cunha implicación especial, nos últimos anos, das redes sociais. Estas canles de comunicación expanden e magnifican un canon de beleza determinado (xeralmente de rexeitamento á obesidade e enxalzamento da delgadeza), xerando unha presión nos usuarios que pode desembocar nun trastorno. De maneira paralela, a in-
fluencia da familia é un factor máis que demostrado, ao ser un vehículo de transmisión de actitudes e condutas relacionadas coa preocupación co corpo ou o control sobre a alimentación (dietas), que se canaliza a través de valores e que constitúen un ladrillo (fundamental) na construción do TCA. Sen embargo, non hai un tipo de familia en concreto asociado aos TCA.
- Como se detectan?
- Ás veces son pequenos detalles, como as chamadas condutas anorexíxenas: Ocultar comida, ou comprar moita. Na mesa, machacar os alimentos, separalos, agochalos ou tirar de maneira subrepticia. Son persoas que, xa sexa de
“A metade das intervencións preventivas reducen os factores de risco dos TCA”
súpeto ou progresivamente, empezan a verbalizar unha preocupación excesiva polo corpo ou comezan a realizar exercicio físico de forma intensa. Saltan comidas, restrinxen alimentos, empezan
a contar calorías ou ter unha especial fixación por produtos light... Son moitos os detalles, pero en xeral son ben detectados pola familia, que pronto dá a voz de alarma.
- En liñas xerais, tendo en conta que é unha situación que crea certa tensión e preocupación na contorna, como hai que actuar?
- O primeiro é asegurarse de que realmente pode haber un trastorno e non xerar alarma de maneira innecesaria. Un primeiro achegamento coa persoa, preguntar simplemente que está pasando ou se ten algún problema co seu corpo, desde unha abordaxe conciliadora e cercana, mostrando apoio, é dunha grande axuda, porque adoita aparecer nun-
ha época da vida na que os cambios, corporais e académicos, están á orde do día, así que meter máis presión non é unha boa idea.
Se o trastorno xa está instaurado ou persiste no tempo, as actuacións deben ser máis firmes, sempre deixando a porta aberta a solicitar axuda ao noso médico de cabeceira ou a enfermería de atención primaria, nun primeiro lugar. Respecto a como actuar no domicilio, a un gran psiquiatra de Pontevedra escoiteille a expresión ‘actuar con man de ferro e luvas de seda’. É difícil mostrarse firme pero á vez flexible con algunhas cousas. Negociar sen ceder moito terreo, en ocasións, é a mellor estratexia.
- Pódese controlar no ámbito familiar ou é sempre necesario un especialista?
- Resúltame un pouco difícil contestar esta pregunta, posto que nós estamos afeitos a recibir pacientes nun grao relativamente avanzado da enfermidade. En teoría, si hai descripcións de manifestacións que pasaron baixo o radar da atención médica, cunha involucración da familia intensa.
De todas as formas, é importante sinalar que, en caso de non poder controlar a nivel domiciliario, existimos un amplo abano de profesionais aos que acudir, empezando polo centro de saúde máis cercano.
- En que medida debe intervir tamén o resto da contorna da paciente: centro educativo, círculo de amizades, traballo...?
- Cada vez é máis impor-
tante contar cos ambientes máis próximos ao paciente ou ás persoas que, potencialmente, poden desenvolver un trastorno da conduta alimentaria. Empezando pola prevención, onde se están desenvolvendo programas de formación do profesorado e incluso do propio alumnado, pasando pola propia actuación, na que é fundamental unha rede de apoio. En moitas ocasións, quen avisan sobre posibles condutas anómalas alimentarias son os propios compañeiros do colexio no comedor. En medios laborais é máis difícil, posto que o paciente adulto ten máis recursos para ocultar as condutas.
- Como se determina o tipo de atención que precisa cada caso? Pertence sempre á psiquiatría ou nalgún momento debe intervir tamén a psicoloxía ou calquera outra disciplina?
- A abordaxe é multidisciplinar, o que quere dicir que somos varios os profesionais os que nos involucramos no tratamento destas patoloxías.
No noso caso, a Unidade consta de endocrinólogos, nutricionistas, psicólogos, terapeutas ocupacionais, traballadores sociais e psiquiatras, con accións separadas, pero complementarias.
- Cales son os obstáculos principais para a curación?
- A gravidade da enfermidade xa é en si un obstáculo principal, non xa para unha curación, senón para unha melloría. Nela é moi chamativa a tendencia a minimizar a propia enfermidade, sobre todo a clínica meramente orgánica, como a desnutrición, o cansazo, a caída de cabelo, a amenorrea...
Pero tamén, moitas veces, temos que actuar sobre o núcleo familiar, que non remata
de aceptar que se trata dunha enfermidade e non un capricho, actuando desde unha óptica moralizadora.
- É habitual recaer?
- Non é que sexa habitual, senón que é normal e así hai que aceptalo, con naturalidade pero sen baixar a garda, porque á propia culpabilidade que pode presentar o paciente, a presión do ambiente que se pode xerar arredor pode ser extremadamente prexudicial.
- En función da gravidade, que tipo de secuelas deixan estas enfermidades?
- As máis graves poden parecer nun primeiro momento as físicas, como as alteracións hidroelectrolíticas, problemas cardíacos, hormonais, dentais... Non hai que esquecer que se trata de enfermidades mortais.
Sen embargo, é moi preocupante a deterioración funcional, devastadora nestas
pacientes, en canto a relacións personais, familiares, preservación de traballos... Os TCA alonxan a persoa de todo o que pode poñer en perigo a súa perpetuación no individuo, polo que o paciente pérdeo todo.
“Moitas veces a familia non acepta que se trata dunha enfermidade, non un capricho”
Un tema á parte é a claudicación familiar, cun desbordamento emocional importante, chegando na maioría dos casos a necesitar apoio psicolóxico e/ou psiquiátrico, para poder afrontar a enfermidade do achegado.
Protagonistas do documental Mulleres de Cerceda proxectado no auditorio. Oroso. Lectura dun manifesto pola igualdade.
Comarca De Zero
Manifestos, espectáculos reivindicativos, actos sociais, obradoiros... A comarca de Ordes volveu encherse de actividades nos distintos municipios para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional
da Muller, sen deixar de lado as materias aínda pendentes para superar todos os atrancos á igualdade de xénero real. Ese anhelo está presente en eidos como o laboral, o da conciliación ou o deportivo. Puidose comprobar no documental Mulleres de Cerceda,
A Deputación da Coruña outorgará 36.775 euros ao XVII Festival de Arte Urbano DesOrdes Creativas, dentro dun programa no que tamén se benefician festivais de pintura mural en Cambre, Carballo, Oleiros e Rianxo, en total con case 150.000 euros.
O vicepresidente provincial e deputado de Turismo, Xosé Regueira, explicou que “con esta liña de apoio aos festivais de arte urbana, no departamento de Turismo da Deputación apostamos por iniciativas que recrean o espazo público e que teñen a creatividade como estratexia”, dixo. Regueira expuxo que o
organismo provincial apoia a “proxectos xa consolidados [como Ordes, con dezaseis edicións previas] e outros que comezan, pero todos queren dotar de identidade espazos urbanos que perderan parte da súa identidade propia”.
Regueira destacou tamén a capacidade de atraer visitas dos murais que se crean nestes festivais. Segundo el, son iniciativas que “conseguen rexenerar espazos en decadencia e a través da arte mural mellorar a calidade de vida da veciñanza, darlle alegría ao espazo público e acabar creando un museo de arte pública ao aire libre”.
presentado no acto municipal que tamén contou coa actuación do grupo De Vacas. O audiovisual recolleu as historias de once veciñas do municipio que se abriron paso en sectores habitualmente moi masculinizados, como o fútbol, o transporte e a minaría.
Destacaron integrantes do equipo de fútbol feminino do Cerceda na tempada 1969-70: Ester Prego, Josefina Bello, Guillermina García, Celina Barreiro, Elena Bestilleiro e Josefa Riveiro. Ademais, resaltáronse as tamén deportistas Marta Rico, xogadora do
Deportivo B, e Laura Raña, tamén con faceta de activista e carpinteira. Do mesmo xeito, cabe destacar a condutora de vehículos pesados Pilar Aleja ou María Barbeiro e Carmen Bouzas, memoria viva do conflito das Encrobas con perspectiva feminina.
O certame artístico conmemorará o 25 de abril
Góis De Zero
O irmandamento que Oroso e a localidade portuguesa de Góis manteñen desde 2007 estreará un intercambio xuvenil de temática cultural. É un dos principais acordos da reunión entre os dous gobernos locais, liderados por Álex Doval e Rui Sampaio.
Reunión entre representantes galegos e portugueses.
Ademais reveláronse as datas para o certme artístico internacional ‘GóisOrosoArte’. Terá lugar en terras lusas entre o 12 e o 14 de xullo e terá como referencia a conmemoración do quincuaxésimo aniversario do 25 de abril, a ‘Revolución dos Caraveis’, movemento militar que rematou coa ditadura portuguesa. O cartel terá como lema Liberdade: ser libre é...
Doval agradeceu a predisposición de Sampaio e valorou a “visión conxunta” para que o irmandamento ofreza iniciativas culturais variadas e enriquecedoras.
A cancelación do Rally da Auga 2024, decidida polo comité organizador, non deixa de sorprender na comarca. Nin afección nin participantes o agardaban, e extrañou tamén nas institucións locais.
A proba, planeada para a segunda fin de semana de abril, elevou a tensión no Pleno de Ordes. PSOE e BNG preguntaron que sucedera e o goberno local (PP) non pasou por alto as acusacións.
A portavoz socialista, Concepción Berdomás, botou man do comunicado no que a organización se refería á “incertidume institucional local no ámbito deportivo e
económico” e tamén se fixo eco dunhas declaracións da presidenta do rally, María Zas, a partir das que a líder socialista interpreta que o alcalde de Ordes “antepón o seu ego persoal, do que temos constancia que é bastante grande, ao interese veciñal” que representa acoller a competición.
O rexedor considerou que a exposición de Berdomás estaba repleta de “falsidades”. Insistentemente, José Luís Martínez Sanjurjo asegurou que “non tiven xamais ningunha reunión para a organización do rally de 2024”, por canto esta vez ía ter como base Cerceda e porque ademais agora é asunto da Mancomunidade, na que a representación de
Ordes De Zero
O Club BoudSport de taekwondo, de Ordes, acadou excelentes resultados no Campionato Galego de promesas e veteranos. Ademais dun ouro colectivo na categoría júnior A, co primeiro posto por equipos, a entidade sumou doce triunfos individuais nas probas disputadas en Cangas. Sete foron medallas de ouro, que corresponderon a Mateo Figueira, Luis Fero, Pablo Pazos, Juan Barragán, Cristóbal Boudjenane, Noelia Juncal e Dunia Figueira. Fixé-
ronse con cadansúa prata Sara Juncal e Sheila del Río, mentres que acadaron tres bronces Paula Vieites, Miguel Fandiño e Martiño Álvarez.
Por outra parte, no Open Vila de Moaña 2024 Cristóbal Boudjenane foi campión da súa categoría, á vez que lograron segundos postos Venus Vilaseco, Paua Vieites, Mateo Fernández e Luis Fero, e terceiras posicións na clasificación para Sara Juncal, Noelia Juncal, Alejandra Tasende, Alba Figueira, Zef Jaku, Miguel Fandiño, Martiño Álvarez e Carolina Tasende.
Ordes recae en Susana García.
En todo caso, o alcalde precisou que o 11 de decembro pasado recibira un correo electrónico, asinado por Zas, no que a organización agradecía o acollemento de 2023 e remitía a proposta deste ano. Foi contestado ao día seguinte, explicándolle a documentación que poderían precisar.
“Xamais contestaron a isto”, engadiu o alcalde ordense, “e o seguinte e-mail que nos chega, o 7 de febreiro, é o do comunicado da cancelación”.
Fóra do calendario
Susana García, concelleira e presidenta da Mancomunidade, foi máis incisiva e tildou de “falta de ética institucional,
de mal gusto, de pouca vergonza e de falta de respecto que unha persoa dixo ou fixo algo nun sitio no que nunca estivo”, en defensa do alcalde ante a pregunta do PSOE. Berdomás manifestou que as súas afirmacións procedían da información dada polo comité organizador a afeccionados e participantes. A portavoz socialista precisou
ademais que “non insulto nin pretendo ofender”, senón pedir aclaracións.
O relato da presidenta da Mancomunidade botou aínda algo máis de luz sobre o desenlace do asunto. García dixo que a decisión sorprendeu nos sete Concellos, o que levou a unha reunión na que os responsables do rally admitiron “un malentendido” nas comunicacións.
Houbo un intento de reconducir a situación e salvar a carreira, pero era tarde porque a federación española de automobilismo xa lle asignara a puntuación a outro rally, aínda que non houbera notificación oficial de que o da Auga caía do calendario.
Cerceda De Zero
Cerceda acollerá o sábado 11 de maio a segunda proba deportiva solidaria Os 11 das vías, organizada polo Club Atlética A Silva, o Albergue da Estación e o Concello.
A carreira combina zonas de trail e asfalto en once quilómetros de percorrido para dar a coñecer a Vía Verde, que une Cerceda e Oroso pola antiga liña ferroviaria.
Horarios e inscrición
Fixouse o comezo das carreiras para menores ás 16:45 horas e o da carreira princi-
O Concello de Ordes convocou as súas axudas para que residentes no municipio poidan participar en competicións oficiais en deportes de carácter individual.
A convocatoria, que figura íntegra no BOP do 12 de marzo, dispón de 8.000 euros. Son axudas compatibles con outras. Requírese nacionalidade española e ter nacido en 2016 ou antes, cun empadroamento mínimo de dous anos. Tamén é preciso, entre outros requisitos, dispoñer de licenza federativa en vigor e ter participado en probas oficiais -mínimo nivel autonómico- en 2023.
pal ás 18:00 horas. Un pouco despois, sobre as 18:20 horas, empezará a andaina, de catro quilómetros de longo e coa novidade de que premia as persoas máis veteranas e as máis novas que participen.
As inscricións nas carreiras poden formalizarse en carreirasgalegas.com ata o domingo previo. Na andaina, o prazo chega ata o día da proba.
O prezo da carreira é de seis euros. As de menores son de balde e o paseo valerá un euro.
As cantidades serán doadas integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para a investigación
oncolóxica e financiamento de proxectos de diagnóstico e tratamento. No acto de presentación, entregáronse os 657 euros conseguidos na primeira edición.
O alcalde, Juan Manuel
Rodríguez, destacou a elevada participación en 2023, con 545 participantes, e o vínculo da Vía Verde con diferentes espazos lúdicos e turísticos do municipio, como o paseo fluvial, o xardín botánico ou
o parque acuático. O rexedor agradeceu as colaboracións á organización da proba.
Miguel García, responsable da rehabilitación do Albergue da Estación, anticipou actividades para todos os públicos. O espazo do albergue estará á disposición de todos os participantes na fin da carreira como zona de descanso e recuperación, así como para a parte máis festiva do día. No acto de presentación foron tamén partícipes o concelleiro de Deportes, Óscar Golán, máis a presidenta do Clube Atlética A Silva, María José Fraga.
Representación do Club Xadrez Oroso en sub 8.
Oroso De Zero
Sabela Rey Rodríguez, do Club Xadrez Oroso, acadou a terceira posición en categoría sub 8 nos Campionatos de Galicia 2024. Medalla de bronce que lle permite facerse
coa representación de Galicia no Campionato de España. Na mesma categoría destacou tamén o papel de Julio Vázquez Liste, Xián Cabezas Louro e Paula Noya Mellado, xogando de igual a igual contra rivais de toda Galicia.
Participantes da entidade no campionato galego sub 14.
En categoría sub 14, a entidade de Oroso tivo como representantes a Zaira Campelo Mallo, Emma Campelo Mallo e Christian Noya Mellado. O club valora como “excelente” a súa participación, destacando a Christian porque que-
dou moi preto do podio aínda sendo de categoría sub 10. O club, que di estar “moi orgulloso” da canteira adestrada por Roberto Patiño, agarda novos éxitos nos campionatos galegos das restantes categorías, en Semana Santa.
Deportistas do Club Atlética A Silva-Ordes incrementaron o palmarés da entidade coa súa participación en probas das últimas semanas.
No campionato galego individual de pentatlón, Pepe Domínguez foi subcampión M50 con puntuación suficiente para ir ao español. E Diana Mosquera acadou a quinta posición en sub20.
No galego absoluto de lanzamentos longos, cuarto posto para o máster Carlos Almudí. No sub16, Alma Bello foi campioa de 60 metros lisos a tan só 0,01 da mínima para o campionato de España e subcampioa en 300 lisos.
No galego sub18 de lan-
zamentos longos, Álex Rey foi subcampión en xavelina e terceiro en martelo con mellor marca persoal, Raúl Gude cuarto en martelo e Lara Liste cuarta en xavelina.
No sub18 de short track, Antía Calvo foi campioa de
lonxitude con 5,12 metros e mellor marca persoal, e terceira en triplo con mellor marca persoal. Gude logrou a mínima para o español con 6,56 en lonxitude, e cuarto posto en 60 metros lisos con mellor marca persoal. Tesfaye
Chao foi terceiro en triplo salto con 13,31 e mellor marca persoal, e oitavo en 60 valados. E Luis Dam foi cuarto en altura, empatado co terceiro, e sexto en 60 valados.
No galego sub16 de lanzamentos longos, Adriana Ferreiro e Ian de Frutos fixéronse con medallas de bronce en xavelina.
Na carreira de entroido de Trazo, outro éxito para o club, coa corredora local Paula Noya como campioa. Noya foi recentemente campioa sub23 en 200 lisos. Por último, no máster español de lanzamentos longos, dous ouros para a veterana Ángeles Rodríguez, en xavelina e martelo pesado. E no sub18 español, Gude décimo en lonxitude.
Zas De Zero
O xogador Abel Regueiro, da entidade Cochiqueiros de Cerceda, rematou campión na categoría absoluta durante a xornada de liga de billarda disputada en Zas, por diante de Xián, do club Lúa de Forza de Sanxenxo, e de Bonxe, de Billarda Río Miño, de Castro de Rei (Lugo).
En categoría feminina, segundo e terceiro postos para Irene e para Sonia, as dúas tamén integrantes dos Cochiqueiros. Esta competición estivo dominada por Mercedes, do club do Campo da Feira de Paiosaco.
O club de Cerceda agradeceu a colaboración do Concello de Zas, máis a difusión que se lle deu á proba, disputada no pavillón municipal por mor da meteoroloxía. O alcalde, Manuel Muíño, entregou os premios nas diversas categorías da competición.
A deportista ordense Lara López Fernández obtivo a medalla de bronce na proba absoluta de 50 metros remolque de manequín con aletas do IV Campionato de España de distancias curtas. López compite co Club Noja Playa Dorada NetCan.
Tiro con arco
Os Arqueiros de Ordes remataron a liga por equipos de tiro con arco en terceira posición. O conxunto integrado por Alberto, Daniel, Eloy, Luis, Pili e Pablo quedou a relativamente pouca distancia do Celta Team e do Arco Teo, primeiro e segundo clasificados da competición.
Remitido a De Zero
O 25 de febreiro foi un día chuvioso, ventoso, un día de inverno, un domingo para quedar na casa ao quente. Pero o mal tempo non daba ocultado unha discreta disposición: un numeroso grupo de ordenses levaba meses argallando a merecida homenaxe a unha veciña, e chegara o día de descubrir o segredo.
María Jesús Ferreiro Villaverde non contaba con que na igrexa de Ordes a agardaban moitas das persoas que botaron anos dirixidas por ela no coro parroquial. Dende o momento en que se forxou a idea, foi difícil conciliar o segredo e os ensaios clandestinos coas ganas de convidala a pasar todas esas xuntazas con ela. Con cada letra de canción agromaban os recordos das aventuras pasadas.
Houbo moitas persoas que non puideron acudir á homenaxe, xa for por compromisos irrenunciables ou por falta de espazo. Pero o grupo confabulado conseguiu superar situacións familiares difíciles, centos de quilómetros de distancias e problemas de saúde para rendir homenaxe á persoa que puxo en pé o coro parroquial hai xa máis de 50 anos. Á xornada uníronse tamén o grupo de catequistas da parroquia e membros do grupo Cantareir@s de Sementes do Arte, no que María Jesús tamén cantaba, así como familiares e amizades da homenaxeada.
A xornada comezou na igrexa. O que en teoría ía ser unha misa dominical máis revelouse para María Jesús e a súa familia como unha sorpresa maiúscula, con 26 membros
do coro e o resto da congregación aplaudindo con cariño unha carreira chea de actividades e colaboracións. Tras a misa, a homenaxe continuou cunha comida de confraternidade nun restaurante da vila, na que durante toda a tarde se sucederon cancións relixiosas e populares, acompañadas por veces de pandeiretas e cunchas.
A cada pouco o coro lembraba unha vella canción do seu repertorio, e María Jesús asentía mentres vixiaba cun sorriso que a interpretación fose correcta.
Lecer e aprendizaxe
Décadas atrás, en Ordes escaseaban as actividades organizadas para a infancia. As nenas e nenos da vila pouco podían facer fóra da casa máis aló de xogar na rúa. O coro facilitou un espazo e un tempo no que disfrutar e aprender.
Calquera que o desexase podía formar parte. Non se esixía saber música nin seque-
ra cantar ben: o importante era ter ganas e manter unha base de respecto e compromiso.
Abondaba con iso e con cumprir a máxima do coro que María Jesús decote repetía: “empezade todos xuntos e acabade todos a un tempo”.
Tal vez pouco se podía esperar dun grupo non versado en música, que ía aprendendo as cancións de oídas, sen ler partituras. E aínda así, o que alí acontecía era ben diferente. Non só se aprendían cancións relixiosas para a liturxia: tamén un alguiño de latín e cancións populares que deixaban coas súas letras un pouso de valores humanos universais. E as nocións de posta en escena non eran poucas: aguantar o tipo perante centos de persoas, a través de procelosas e longas misas, coa cabeza dereitiña para que non caese a boina no medio da actuación. Nunha ocasión o coro recibiu unha felicitación que a María Jesús lle gustaba repetir como guía
de conduta nas actuacións e na vida en xeral: “soubestes entrar, soubestes estar e soubestes saír”.
O coro pasou por moitas etapas e transformacións dende a súa creación. Foron pasando compoñentes de diferentes idades e xeracións, con uniforme e sen el, a capella ou coa compaña de órgano, guitarra... O verán era un momento do ano especialmente atarefado para a agrupación. Era tempo de contratacións para cantar nas festas patronais dos arredores (O Recreo, O Paraíso, O Campo da Feira, O Piñeiro...) e pequenas viaxes en autobús a parroquias e concellos veciños. Co que se recadaba cubríase algún gasto, pero eran sobre todo excursións das que quedan anécdotas que aínda viven na memoria. O carneiro da comisión que escapaba mentres o coro intentaba cantar aguantando a risa, desmaios provocados pola calor de agosto, apreturas nos
pequenos palcos de cemento... Calquera lugar valía para cantar: palcos, baixos, remolques, autobuses, a propia lareira de María Jesús... e, por suposto, en igrexas. E na Catedral. E na misa da TVG.
Habilidosa e colaboradora
María Jesús Ferreiro non limitou a súa actividade ao coro parroquial. Ao longo dos anos creou ou colaborou en múltiples actividades, relacionadas as máis delas coa Igrexa. O portal de Belén que cada ano se monta na nave dereita do templo ordense leva a marca organizadora da directora do coro. Corenta metros cadrados con ducias de casiñas (moitas delas fabricadas con cortiza pola propia María Jesús), hortas con repoliños en miniatura, montañas e, sobre todo, centos de figuras que cada Nadal seguen atraendo as miradas. As celebracións relixiosas en Ordes sempre contaron con algún trazo da directora do coro. Xa for o Nadal vivinte, a catequese, as alfombras de flores no Corpus, a festa do Paraíso, a súa participación na Cofradía das Dores e Soedade, o día do Emigrante ou o día do Pilar, a súa presenza era constante. Por non falar dunha das grandes xornadas de celebración en Ordes, a cabalgata dos Magos de Oriente, na que deixou durante moitos anos a súa pegada na organización e decoración.
Todos eses momentos coas súas anécdotas foron cumpridamente lembrados na homenaxe que nunha chuviosa tarde de febreiro reuniu a tantas persoas para amosar o seu cariño á súa veciña, amiga ou directora.
Ordes homenaxea a figura de Ramón Ferreiro Regos e o labor do persoal sanitario na pandemia.
A figura de Ramón Ferreiro Regos, ao que todo Ordes e boa parte da comarca coñecía como ‘Ramón, o practicante’, dá a benvida desde o 8 de marzo a toda persoa que se achegue ao centro de saúde da vila.
Unha estatua, obra de Miguel Couto, lembra a quen durante décadas traballou incansable pola saúde da poboación.
O acto de homenaxe foi ademais extensivo a todo o persoal sanitario polo seu labor habitual e especialmente polo esforzo co que afrontaron a
pandemia. Asistiron o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, integrantes da corporación municipal -co alcalde ausente por saúde-, familiares de Ferreiro -falecido hai dezasete anos-, profesionais sanitarios e veciñanza en xeral.
Tomou a palabra a porta-
voz do goberno, Susana García, para eloxiar o practicante, unha das persoas “máis aprezadas da historia recente de Ordes” para a que desexou “honra e gloria”. García relatou como don Ramón sempre asistía os pacientes: “fose inverno ou verán, acudía presto a onde os seus servizos fosen requiridos”. Empezou na posguerra, cando os camiños eran ruíns e tiña que ir a pé, para co paso dos anos acudir en moto e xa avanzada a súa etapa profesional en coche.
Exemplo de honradez Foi eloxiada tamén a súa honradez e humildade cando case non había sanidade pública. “Ramón suplía moitas daquelas carencias -expuxo a portavoz municipal- dispensando atención a cambio de nada ou de case nada, porque ninguén lle pode reprochar que se enriquecera exercendo a súa profesión”.
El é veciño de Queixas (Cerceda) e ela reside en Sigüeiro (Oroso)
Destacouse tamén o seu labor na propagación da ciencia fronte ao descoñecemento e as supersticións. Un exemplo, nun tempo no que un simple bolígrafo era unha rareza, unha paciente con herpes pensaba que a marca da zona afectada que don Ramón lle fixera coa tinta do novidoso aparato era a que impedía que o mal se extendese. E outro caso, cando evitou que unha muller falecese de hemorraxia post-parto despois de que a familia probase varios métodos “tan ancestrais como inútiles”, incluso o de asustala cun disparo pensando que o susto cortaba a saída de sangue.
No acto o Concello recoñeceu que Ordes tamén lle adebeda unha homenaxe ao doutor Antonio Concheiro Iglesias, fundador nos 50 do sanatorio no que traballaron o propio Ferreiro e Pilar Martínez, sanitaria que dá nome a un parque infantil no Paraíso.
Cerceda-Oroso De Zero
Hai dúas persoas máis na comarca que acadaron os cen anos de idade. Son José Santos Mosquera e Isabel Canabal Barco, que nas últimas semanas recibiron os parabéns.
Santos Mosquera é veciño de Queixas, en Cerceda. É a persoa de máis idade da parroquia e, loxicamente, tamén das máis maiores da comarca.
Por parte do Concello de Cerceda acudiron a felicitalo o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, e os concelleiros Catrina Queijo e Suso Rama. Conver-
José Santos Mosquera recibiu os parabéns do Concello en Queixas e Isabel Canabal Barco en Sigüeiro.
sando co homenaxeado e coa
súa muller, souberon que celebraban o cumpreanos pero tamén o nacemento dun bisneto.
En canto a Canabal Barco, naceu en Lestedo (Boqueixón) pero é veciña de Oroso desde que en 1949 se asentou no
municipio co seu marido, David Mejuto Ferreiro. Residiu primeiro en Oroso e despois no Portiño. Canabal recibiu a
felicitación por parte do alcalde, Alex Doval, e da concelleira María Requejo, en nome de toda a corporación municipal.