Nº 17 - Maio 2024
Periódico mensual gratuíto
Depósito legal C 421-2023


Nº 17 - Maio 2024
Periódico mensual gratuíto
Depósito legal C 421-2023
A Asociación de Amas de Casa de Ordes disólvese por falta de relevo Páx. 21
Comarca · 5
Catro mortes nas estradas da zona
Entrevista co alcalde, Juan M. Rodríguez Cerceda · 12-13
Aprobado o orzamento para 2024 Oroso · 15
Poulo terá unha nova senda peonil Ordes · 6
O Plan Único provincial trae 7,2 millóns Comarca · 7
comarca de Ordes
De Zero
Comarca de Ordes
Dirección-Edición
Aurora Pastor Gil
Contacto
dezero.redaccion@gmail.com 617 917 130
Deseño e maquetación
Distrito Xermar
Imprime Publicaciones Tameiga S.L.
Depósito Legal C 421-2023
ISSN
2990-3114
Peche de edición 16-05-2024
Non me tires por aí! Cando xa me teñas lido, compárteme con outra persoa ou recíclame no contedor azul.
De Zero. Editorial.
Os mecanismos cos que os Concellos obteñen os seus recursos económicos fallan e requiren unha reforma profunda, unha simplificación nítida que ninguén se atreve a acometer. Durante os últimos meses observouse en máis dun Concello da comarca como unha das causas esgrimidas do retraso na aprobación dos orzamentos é o descoñecemento das contías exactas que van percibir doutras administracións, o que impedía cadrar o documento. Á marxe de que nalgún caso se poida tratar dun pretexto para encubrir algunha eiva interna de funcionamento, o fenómeno de fondo é completamente real e lamentable.
Por moito que se trate de pre-supoñer a situación contable coa que se vai ter que manexar a institución, o certo é que se chegou a un escenario no que os Concellos carecen a miúdo da información máis básica para que ese debuxo financeiro previo sexa algo máis que un esbozo e se poida facer con trazo fino, cos pés na terra.
Tan así é que pasada máis da terceira parte do ano hai entidades locais que plasman nos seus documentos cantidades moi significativas sen ter a plena certeza de que finalmente vaian poder contar con elas. Ou mesmo ven como
segundo avanzan os meses van variando, xeralmente medrando, as contías asignadas desde outras institucións. A tendencia semella que, se xa un pre-suposto acertado é pouco probable, incluso un ‘post-suposto’ tampouco garante que os números se correspondan coa realidade final, pese ao innegable esforzo dos técnicos.
Por tanto, constitúe unha materia pendente establecer vías claras de financiación das entidades locais, eliminando toda incertidume e rematando coa dependencia externa que, polo demais, se presta a determinados comportamentos discriminatorios non amparados polo interese público senón por motivacións particulares, habitualmente partidistas.
Cómpre que os Concellos gañen autonomía, sempre coordinada, para obter os seus propios tributos e incrementar a parte que lles corresponda no sistema fiscal xeral. Deben gañar músculo para atender así coa maior eficacia os numerosos e relevantes servizos dos que se responsabilizan. E non estaría de máis que á vez se delimitasen perfectamente as competencias que si deben atender e as que non, rematando coa tolemia de xestionar o que non lles corresponde pero si que lles custa.
Aloumiños e estropallos. Por Daniel Corrubedo.
Non é a mellor das noticias que unha das asociacións máis veteranas e tradicionais de Ordes desapareza. O colectivo xa non pasaba pola súa etapa máis dinámica, precisamente polo cansanzo que din sentir as súas responsables e que as levou a parar. A clave está en que ninguén quixo, ninguén puido ou ninguén soubo coller o relevo.
Pode que a entidade non lograse adaptarse plenamente aos novos tempos, pero seguía tendo plena capacidade para atender demandas e necesidades de gran parte da poboación, non só mulleres.
Por iso, hai que recoñecer e agradecer os case corenta anos de labor a favor do municipio e á vez agardar que, dun modo ou doutro, apareza novas iniciativas que desde o tecido asociativo dinamicen a vida pública ordense.
A prórroga da concesión da AP-9, unha infraestrutura fundamental para Galicia e cunha incidencia elevada na nosa comarca, ten moito que rascar. Decidir no ano 2000 que chegase nada menos que ata 2048 xa é de traca. Pero ademais facelo cun procedemento que xa escandalizara daquela e que a Comisión Europea pon en entredito de novo agora, case un cuarto de século despois, indigna. Sen necesidade de cuestionar o modelo de xestión, pois a concesión é unha opción tan válida como a xestión directa, o que non resulta admisible é que se vetase o acceso a xestionar o servizo -e si, asumir un interesante negocio- a moitos outros axentes interesados. É paradóxico que o fixese un político supostamente defensor do libre mercado e que aínda tanto tempo despois siga dando leccións, ata morais, a propios e alleos.
Concepción Berdomas García
Por Tamara Santos.
A Intelixencia Artificial cada vez está máis presente nas nosas vidas. Xa sexa de maneira máis ou menos consciente, o certo é que a era dixital e o desenvolvemento tecnolóxico avanzan a pasos axigantados. Onde moitos ven un futuro cheo de comodidades e oportunidades ao seu alcance, outros perciben con medo a fenda xeracional e a deshumanización social, tanto no ámbito persoal e privado como no profesional.
En poucas décadas pasamos de ter que buscar unha cabina para falar por teléfono a que no noso dispositivo móbil teñamos conexión co noso banco, correo electrónico, cámara de fotos, xogos, mensaxes en tempo real e incluso as nosas citas médicas. Dalgún xeito, perder o noso móbil implica practicamente perder todos os nosos documentos oficiais; aqueles que quizais os nosos avós gardaban con moito coidado nalgún caixón privado da casa. Precisamente son as persoas maiores as que máis sofren os supostos “avances”, e digo supostos porque hoxe en día, tal como citaba anteriormente, parece que quen perde o seu teléfono perde o control da súa vida por completo.
dispositivo telefónico. Chegamos ata tal punto que para ir tomar “unha caña” temos que descargarnos un código “QR”, cousa que os nosos maiores tampouco saben utilizar.
Ir a algúns supermercados ou incluso a algunhas tendas de deportes ou electrónica supón, ademais, que o comprador faga o traballo de caixa, iso si, sen ningún soldo ou desconto por facer o trabalo que debería facer un dependente. A lista de avances no ámbito laboral é infinita!
Segundo un estudo realizado polo Instituto Nacional de Estatística en 2023, menos da metade da poboación de entre 65 e 74 anos sabe interactuar coas administracións electrónicas e constantemente piden axuda aos seus fillos, familiares ou amigos para poder solventar as súas dificultades, cousa que non sempre é fiable. O mesmo sucede con bancos, compañías telefónicas e outras aplicacións nas que se esixen, ademais, claves de acceso e verificacións a través do correo ou o propio
Por Mario Martínez Liñares.
Por parte das xeracións máis afeitas ao cambio dixital, verán como nas súas buscas pola rede aparecerán anuncios relacionados coas súas preferencias e informacións seleccionadas segundo a súa ideoloxía. Isto segmenta cada vez máis a sociedade. Resulta difícil ter a mente aberta e entender outras posturas, cando cada día enfrontámonos a un bombardeo de produtos individualizados segundo as nosas buscas; e incluso un algoritmo pódenos dicir a quen coñecer en aplicacións de contactos e cal sería a nosa parella ideal.
Din que a información é poder, que cada quen faga a súa reflexión pero o certo é que todos imos deixando de forma menos libre a nosa “pegada dixital”.
Que queredes que vos diga! Eu boto en falta máis emprego e menos máquinas, máis carreiras en bicicleta en cuadrilla que videoxogos, máis reunións e murmuracións entre amigos e familia que redes sociais; En definitiva, menos “Parvada Artificial” e máis “Comunicación Real”!
O debate está servido!
Os inicios non foron nada fáciles para o país norteamericano, despois da Guerra da Independencia (1775-1783) as 13 excolonias inglesas quedaron destruídas pola guerra. A xunta colonial tería que enfrontar numerosos desafíos como consolidar a súa independencia e construír un novo goberno.
Un dos primeiros desafíos que enfrontou o novo país foi a elaboración dunha estrutura centralizada. No 1788 a constitución foi ratificada, na cal se establece a creación do goberno federal, a separación de poderes (lexislativo, executivo e xudicial) entre outras cousas. O establecemento da separación de poderes converte os Estados Unidos nunha das primeiras democracias modernas.
Na creación do país deberon establecerse numerosas políticas económicas para restablecer o tecido produtivo xa existente e sumarse á emerxente primeira revolución industrial (1730-1850).
Introduciuse unha moeda nacional, un sistema bancario e fomentouse a industria e o comercio. Tamén tiveron que afrontar os pagos da débeda acumulada durante a guerra e estableceron reformas fiscais para estabilizar a economía.
Os Estados Unidos comezaron a converterse nunha potencia económica rexional e como tal comezou a súa expansión. No 1803 cómpranlle á Francia de Napoleón a Luisiana por 15 millóns de dólares. No ano 1812 os Estados Unidos entran en guerra co Reino Unido polo dominio do Canadá e en apoio de Napoleón. Tras tres anos de conflito a guerra desembocou nunha paz branca dada a incapacidade do novo país de impoñerse, aínda coas conecuencias ás costas da Guerra da Independencia.
A partir de agora os Estados Unidos comezarán a medrar e expandirse, pero non todo o monte será orégano.
Rexistráronse dúas na N-550 en Leira, unha na AC-223 en Mesía e outra na N-634 en Frades
Comarca
moi tráxicas nas estradas da comarca, que rexistraron tres accidentes mortais con catro vítimas en total.
desta edición, foi tamén o máis grave. Dous homes, un veciño de Oroso de 66 anos e un mozo de 22 natural de Cu lleredo e residente en Ordes, faleceron na colisión fronto lateral dos coches que condu cían. Sucedeu algo antes das sete da mañá do 19 de maio na N-550 en Leira (Ordes),
na N-550 ao seu paso por Leira (Ordes).
Accidente na N-634 no linde entre Frades e Lanzá.
VENRES 7 DE XUÑO ÁS 18.30H
LINO BALADO
animación musical e inchables
CONCELLO DE OROSO
Mellorará a seguridade nos primeiros 1.300 metros da estrada provincial DP-5905
A Deputación da Coruña aprobou o proxecto técnico para construír unha senda peonil na estrada DP-5905. Intervirase en concreto nos primeiros 1.300 metros do vial desde a estrada Ordes-Pontecarreira. O proxecto está orzamentado nuns 772.500 euros.
Tres partes
Tal como se planifica, a obra creará tres treitos diferenciados. O primeiro comeza na ponte sobre o río Cabrón na conexión das dúas estradas e prolóngase 780 metros. Levará unha senda pola marxe.
A segunda parte, duns 170 metros de longo, corresponde
á zona que atravesa de norte a sur o Camiño Inglés no núcleo da Calle. Neste caso convivirán o tráfico peonil e o rodado nunha plataforma única.
E a terceira parte, entre os quilómetros 0,950 e 1,300 da DP-5905, daralle continuidade ao itinerario ata o límite do núcleo. Neste anaco a senda discorrerá en parte polo lado dereito e en parte polo esquerdo, aproveitando o espazo dispoñible e tendo en conta as edificacións existentes.
Ancho de dous metros
A senda, que se xustifica na mellora de seguridade, terá dous metros de ancho. O proxecto estipula un espesor de vinte centímetros de zaho-
O Concello de Oroso tramita a licitación de varias obras en tres puntos da rede viaria municipal, por un importe total de 152.000 euros
Segundo detallou o executivo, dotarán o lugar de Altiboa dunha pavimentación nova, na parroquia de Marzoa, na estrada que vai cara a Carollo pendente de rematar, e no lugar de Piñeirón (A Gándara) cunha ampliación do pavimento aumentando o ancho da vía.
Ademais, prevén intervir na avenida de Castelao, tamén cunha mellora na pavimentación e co posterior pintado da sinalización viaria,
na que constitúe o principal acceso á urbanización Porto Avieira, unha das zonas máis poboadas do municipio.
O alcalde, Álex Doval, explica que teñen máis obras na rede viaria pendentes de sacar a concurso para a súa contratación, se ben “están á espera de obter os informes sectoriais correspondentes para continuar coa tramitación”, precisou.
Doval considera que as reparacións e melloras programadas poderán servir para “optimizar a circulación e a seguridade viaria, así como mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”, dixo.
Traxecto da estrada no que se prevé intervir.
rra e quince de formigón en cor. Levará bordo de formigón e unha tira entre a calzada e a senda de entre vinte e trinta centímetros de ancho.
Está previsto que os treitos inicial e final conten cunha cuneta transitable de segu-
ridade. Contemplan tamén muros graníticos para conter terras onde sexa preciso e posible ou bordo de formigón co mesmo fin onde non se dispoña de muro.
O proxecto técnico validado non esquece a mellora do
Peticións da oposición
firme, establecendo a aplicación de mestura bituminosa de cinco centímetros de espesor nos treitos inicial e final.
Tamén se deberá acometer o repintado das marcas viarias unha vez acabadas as obras.
Condición para o Concello A aprobación definitiva por parte da Deputación condicionouse á sinatura dun convenio co Concello de Ordes para que a institución municipal se comprometa a financiar principalmente os servizos de abastecemento e saneamento da zona cuns 154.000 euros, de acordo coas caaracterísticas de deseño que tamén recolle a documentación técnica.
Ordes De Zero
A oposición de Ordes reclamoulle ao goberno municipal diversas reparacións en pistas e camiños que consideran deteriorados.
En concreto, o BNG emprazou a reparar a pista que vai da Castiñeira á Rúa-Pecenín (Pereira), a que une Vilaverde co Piñeiro (Mercurín), a arranxar unha gabia que repisou na estrada de Fosado (Montaos) e a emprazar a Fenosa a repoñer o firme da rúa García Gerpe, aberta para a conexión co novo transformador da Espenica de Arriba.
Treito en García Gerpe pendente de remate tras intervir a eléctrica.
En xeral, o alcalde tomou en consideración as peticións. No caso de Montaos precisou que se lle trasladará á empresa concesionaria do servizo de augas, por derivar dunha intervención de abastecemento. E en canto a Fenosa, comentou que hai
que deixar “madurar” o formigón aplicado antes de aplicar o novo firme no vial.
Por parte do PSOE, destaca a solicitude para limpar a senda peonil da AC-524 (Ordes-Lanzá) e verificar as proteccións laterais, así como repoñer un tramo de beirarrúa destrozado a carón do aparcadoiro do Campo da Feira de Ordes. Peticións que o executivo se comprometeu a atender, ao contrario que nun acceso a unha fonte en Barbeiros e nunha pista da Bailía á Areosa, pois o alcalde aclarou que se trata de propiedades privadas.
Fondos para obras, gasto corrente, servizos públicos e iniciativas de carácter social
Os sete Concellos da comarca de Ordes percibirán en conxunto algo máis de 7,2 millóns de euros no Plan Único da Deputación da Coruña, tendo en conta a asignación adicional aprobada nas últimas semanas.
No conxunto da provincia o plan supera os 100 millóns de euros coa modificación de crédito aprobada a finais de abril, cando o orzamento inicial de 2024 era de 50 millóns.
€ Presentación das novidades do Plan Único provincial.
dos”, exemplificou González Formoso, que ademais cuantifica nuns 13.000 os empregos que se manteñen na provincia grazas ao plan.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, fixo fincapé en que
Os Concellos dispoñen así dunha contía inicial, outra para uso social e a asignación adicional decidida nas últimas semanas.
desde a creación do Plan Único o organismo provincial triplicou o investimento nos Concellos e deulles ademais “total autonomía” para decidir o destino dos investimentos.
“Xa non hai plans de piscinas ou de campos de fútbol de herba artificial que obrigaban aos Concellos a facer estas infraestruturas, necesitáranas ou non, ou a perder os fon-
O presidente da Deputación queixouse de que o Fondo de Cooperación Local da Xunta “leve conxelado unha década” nuns 113 millóns para toda Galicia cando a entidade coruñesa destina máis de 100 só na súa provincia.
O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, destacou que o plan financia a maior parte da obra pública que acometen os Concellos.
Ordes sumou unha nova referencia ao seu rueiro: a Rúa do Buxo. Certo é que non todos os días nace unha, aínda que máis ben neste caso leva bastante tempo existindo e simplemente foi bautizada.
O nome do arbusto famoso pola dureza da súa madeira recaeu nun vial municipal que parte da Rúa do Piñeiro cara a Reboredo. Son catro vivendas e a propia veciñanza solicitou no Concello a nominación.
Non é unha petición por capricho, senón que ten razóns prácticas de peso. Ata agora tiñan como referencia O Piñeiro, pero iso chamaba
á confusión porque no municipio hai tres lugares con ese mesmo nome. De feito, xa teñen padecido as consecuencias ao chamar unha ambulan-
cia, especialmente nun domicilio no que vive unha persoa con dependencia, situación na que antes ou despois pode verse calquera familia.
O alcalde confírmalle ao BNG o labor técnico
O Concello de Ordes avalía as opcións para aplicar o recente cambio normativo da Xunta que permite transformar baixos comerciais sen uso en vivendas. Segundo o alcalde, tanto o persoal municipal como a asistencia técnica levan xa varios meses estudando como sería o procedemento. En resposta a un rogo do BNG, José Luis Martínez Sanjurjo explicou que o traballo non se rematará de modo “inmediato”, entre outras razóns
porque os recentes cambios de cargos na Xunta conlevan novos interlocutores. Por iso, o rexedor descartou de momento convocar unha comisión informativa de urbanismo para abordar a cuestión, como solicitaba o Bloque.
“Nada cambiou” Os nacionalistas fundamentan a súa petición en que, malia que a Xunta variou a normativa o pasado outono, na práctica “nada cambiou”, posto que as condicións establecidas para protexer as
vistas impiden case todas as conversións dos baixos. Como exmplo, citan que as xanelas terían que estar a unha altura mínima de 1,80 metros desde a beirarrúa ou senón dispoñer dunha franxa de dous metros de fondo de uso privativo entre a fachada e a beirarrúa.
A saída a estes impedimentos, segundo o Bloque, establécea o propio decreto da Xunta. Consistiría en que o Concello tramite un anexo de habitabilidade no que se relaxen ou eliminen esas condicións. Esa é a posibilidade que
Así as cousas, o Pleno municipal acordou por unanimidade de todas as forzas políticas (PP, BNG e PSOE) o novo nome, escollido no Concello tendo en conta que na zona existen tamén as rúas do Castiñeiro ou do Freixo.
Comunicación a Google
O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, fixo fincapé na necesidade de evitar os problemas cos que a veciñanza do lugar se atopaba ás veces por carecer dun enderezo doado de atopar.
O BNG aproveitou para emprazar ao goberno local a contactar con Google para que incorpore canto antes o
novo nome nos seus mapas, e de paso solicitar que corrixa nomes de rúas nos que non se respecta a toponimia e incluso o propio nome de Ordes. Pablo Vidal, portavoz nacionalista, considerou que tamén deberían retirarse referencias como ‘Camiño B ou Camiño C’ e situar os nomes reais.
O rexedor precisou que a orixe deses erros está en realidade no Catastro, se ben amosouse disposto a remitir as peticións tanto á compañía de internet como á administración catastral.
O nome de Rúa do Buxo xa aparece na aplicación de mapas, de modo que non hai razón para perderse.
A normativa condiciona en exceso a conversión.
os nacionalistas reclamaron estudar para áreas ou rúas de Ordes e do Mesón do Vento.
O portavoz do Bloque, Pablo Vidal, precisou que “non queremos dicir que non deban existir unhas mínimas condicións de protección de vistas desde o exterior, nin que todos os baixos teñan que ser aptos para ser transformados en vivenda se non reúnen as características”. En todo caso,
coidan que hai determinadas áreas ou rúas, con baixos baleiros nos que será “pouco probable” que se estableza comercio ou hostalaría, nas que se poderían aliviar as esixencias autonómicas. O alcalde lembrou que a utilización deses baixos é tamén un compromiso electoral do PP e insistiu en pedir tempo para que o persoal técnico poida concluír o seu traballo.
A concesión da autoestrada AP-9 a Audasa volve estar en dúbida, non pola actuación da empresa senón polo modo de proceder do goberno central cando en 1994 prorrogou ata 2023 e en 2000 ata 2048, esta última unha polémica decisión do goberno de José María Aznar pola gran duración.
A Comisión Europea, en resposta a unha denuncia da asociación de consumidores En-Colectivo, abriulle un expediente de infracción a España por incumprir as normas comunitarias sobre contratos.
É dicir, en vez de ampliar sen máis o prazo para que Audasa continuase xestionando a autoestrada, a Administración española debería ter efectuado unha licitación, pois os prazos decididos equivalen a unha nova concesión.
Así, ao saír a concurso público, calquera operador interesado podería terse presentado, propiciando a competencia e unha hipotética mellora na calidade e no prezo do servizo. Nun comunicado, o presidente de En-Colectivo, o vigués Diego Maraña, valorou
De acordo coa documentación remitida por Bruxelas, a prórroga das concesións de autoestradas fíxose “sen aplicar axeitadamente os procedementos de licitación”, de maneira que nin se facilitou que participasen outras empresas interesadas nin houbo a transparencia necesaria.
que o procedemento aberto pola Unión Europea demostra que pouco a pouco “a situación desta concesión está máis en entredito”.
Maraña pensa que os pasos dados desde a súa denuncia en 2019 conducen a que “cada día estamos máis preto de conseguir que finalice o cobro das peaxes e de lograr unha autoestrada de balde, como xa sucede noutras comunidades autónomas como Cataluña ou Valencia, nas que venceron os corenta anos de concesión”, expón.
Ademais do emprazamento concreto sobre a AP-9, a Comisión Europea abriu de novo outro expediente a España por non incorporar en prazo á lexislación interna as normas europeas que
regulan os contratos públicos e os de concesión. Tería que terse feito antes do 18 de abril de 2016, data que entón España obviou, como fixeron Bulgaria e Romania.
Así, a lexislación española estivo sen respectar aspectos de directivas europeas relacionados cos poderes adxudicadores, os contratos e as modificacións a cubrir.
Prazo de resposta
As comunicacións da Comisión Europea, de finais de abril, dan dous meses para que o goberno español explique como pensa solventar as deficiencias. A carencia de resposta ou unha resposta inadecuada poderían conducir o conflito ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
Unha vez coñecida a existencia do expediente, o BNG solicitou que a Comisión Europea fixese pública a documentación para poder así coñecer os seus fundamentos, tanto no relativo ao presunto incumprimento da lexislación sobre contratación pública como da normativa sobre concesión de autoestradas.
Ana Miranda, eurodeputada do Bloque, deduce das respostas previas dadas pola Comisión que as explicacións anteriores ofrecidas por España non foron convincentes. “Cada vez hai máis indicios de que a prórroga é ilegal”, conclúe a nacionalista.
Miranda ve un “escándalo” que os usuarios teñan que seguir pagando a prórroga da ampliación da AP-9. Culpa ao goberno de Aznar polo decidido en 2000 e ao actual executivo por dar por válida a prórroga cando en 2021 se abrira o procedemento de infracción. Por iso, demanda o rescate do vial.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, visitou as instalacións de TMC Cancela en Tordoia, empresa de maquinaria agrícola e forestal con exportación a máis de sesenta países, trinta millóns de euros de facturación anual, 155 empregados e crecementos do
20% anual que fan que sexa o primeiro fabricante español e o terceiro europeo do sector. Besteiro, a carón do director da firma, Javier Cancela, eloxiou a capacidade de crear emprego de calidade nun ámbito rural e remarcou que o PSOE defende maior peso da industria na economía.
A ordense Isabel Concheiro foi nomeada no Consello da Xunta como directora xeral de Asuntos Constitucionais e Desenvolvemento Lexislativo. Trátase dun cargo de nova creación no organigrama do goberno autonómico, presidido de novo por Alfonso Rueda a raíz das eleccións do pasado mes de febreiro. Concheiro é licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Ten experiencia como letrada e asesora xurídica da Administración autonómica en diferentes áreas.
No seu momento tamén foi secretaria xeral técnica das Consellerías de Medio Rural
A visita a Oroso da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, tivo como protagonista o parque empresarial de Sigüeiro, que opta a diversas liñas de axuda autonómicas.
Nunha reunión á que asistiron o alcalde, Álex Doval, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, entre outros, abordáronse precisamente as necesidades que presenta a que é unha das principais superficies industriais da comarca.
Reunión de traballo no Concello de Oroso, encabezada pola conselleira Lorenzana e o alcalde Doval.
Aínda que publicamente non se concretou nada, a Xunta lembrou que o parque de Sigüeiro opta á liña de axudas para infraestruturas, dotada con 3,5 millóns para toda Galicia, e que tamén está en proceso de resolución a orde de apoio á creación de viveiros de empresas (1,5 millóns para toda Galicia) e a de mellora das redes de distribución eléctrica (4,7 millóns en todo o territorio).
Santiago De Zero
Dous representantes do PSOE de Cerceda forman parte da nova executiva do PSdeG-PSOE que encabeza José Ramón Gómez Besteiro como secretario xeral.
Manuel Rodríguez. Isabel Concheiro.
e do Mar, da man da exconselleira Rosa Quintana. Entre os cometidos de Concheiro destacarán as relacións co goberno español no relativo á distribución de competencias.
Trátase do alcalde, Juan Manuel Rodríguez García, que é o novo responsable de Política Municipal do partido a nivel galego, e de Silvia Fraga Santos, que está ao cargo da área de Igualdade.
A nova executiva, avalada por case o 84% dos votos emitidos no Congreso do PSdeG-PSOE, pasou de 58 a 40 integrantes. É paritaria, con
vinte homes e outras tantas mulleres. Unha das principais novidades é a incorporación de Luis Ángel Lago como novo secretario de Organización, reemprazando a José Manuel Lage Tuñas. A sena-
dora Carmela Silva, expresidenta da Deputación pontevedresa, mantense como presidenta do partido. Besteiro marcouse como tarefas prioritarias a economía e un maior peso de Galicia.
PSOE e PP consideran que traerá “beneficios” e o BNG fala dun “señor pelotazo”
Cerceda De Zero
O Pleno de Cerceda aprobou de modo provisional a modificación das normas subsidiarias precisa para que a empresa Gesuga poida ampliar as súas instalacións na Areosa. O acordo recibiu o voto a favor do goberno (PSOE) máis do PP, e o rexeitamento do BNG.
O trámite parte de que a compañía, dedicada fundamentalmente ao procesamento de animais mortos, agotou a edificabilidade dos terreos dos que dispoñía. O novo proxecto, cun prazo de urbanización de tres anos desde o plácet definitivo, afecta a 104.546 metros cadrados, extensión equivalente a algo máis de dez campos de fútbol.
Dese total, uns 62.000 metros cadrados serán de uso lucrativo, podendo edificar un 30% cunha altura máxima de quince metros. Un 10% da superficie lucrativa será para o Concello. Os custos de urbanización asúmeos a compañía.
Polo demais, en zonas verdes quedan uns 14.000 metros
cadrados, uns 27.000 empregaranse en infraestruturas de comunicación internas e xerais e uns 1.250 resérvanse para unha depuradora de augas residuais pública.
O alcalde, Juan Manuel Rodríguez García, sostivo que se trata dunha iniciativa que xerará importantes ingresos para o Concello, tanto nas obras como na actividade posterior, ademais de crecemento económico e emprego sen saír do “marco da sostibilidade”.
O debate
Aínda apoiando, Alfonso Mosquera (PP) valorou que o informe técnico municipal, de 2017, tería que ser “máis actual por seguridade xurídica” e interesouse polo trámite ambiental da ampliación.
O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, remarcou que o trámite urbanístico é un acto regrado que conta con todos os informes -estatais, autonómicos e locais- favorables. Explicou que o informe de 2017 cumpre perfectamente coa Lei do Solo de Galicia vixente, a de 2016. E indicou que a auto-
rización ambiental integrada é un procedemento á parte para cando a empresa comece a actividade na parte ampliada.
Alberte Sánchez (BNG) calificou de “señor pelotazo” a recalificación de rústico a industrial e criticou que para unha empresa “nociva” sexa posible variar así as normas subsidiarias, e non o sexa para a veciñanza interesada en construír unha casa.
O rexedor replicou que quen declara de interese público a ampliación é a Xunta, nun procedemento que como primeiro edil está obrigado a tramitar. Rodríguez García
O Concello e Gesuga asinaron un convenio polo que a empresa achega 70.000 euros, divididos en dúas anualidades, para axudas a transporte e material escolar e para o servizo de conciliación ‘Bos días Cole’. O conselleiro delegado da compañía, Ramón Devesa, amosouse satisfeito por poder axudar porque “para nós é importante o territorio onde estamos”, dixo.
indicou tamén que non está confirmado que Gesuga vaia recibir animais de Asturias, León e o norte de Portugal, como afirmara o Bloque. O alcalde reclamoulle “coherencia” ao Bloque, achacándolle que se opón a proxectos industriais a nivel local á vez que pide premura no ámbito autonómico. O portavoz do BNG contestou que “estamos, estivemos e estaremos en contra” da actividade de Gesuga polas molestias que ocasiona e precisou que a petición de premura en proxectos enerxéticos correspondía a representantes da CIG, non do BNG.
O alcalde aproveitou a súa intervención na sesión plenaria para repasar os procesos de desenvolvemento industrial nos que está inmerso o Concello de Cerceda para os vindeiros anos. Á marxe de Sogama e de Gesuga, suman un millón de metros cadrados máis, isto é, unhas cen hectáreas.
En concreto, Naturgy prepara a ampliación nunhas 58 hectáreas dos terreos que albergaron a central térmica para instalar a futura planta de hidróxeno verde.
Rodríguez confirmou ademais que o Concello está en conversas con outras Administracións para lograr aumentar en 43 hectáreas a dotación de solo industrial entre O Acevedo e Cobeláns.
O proceso para a creación de industrias en Cerceda, o planeamento urbanístico, as infraestruturas e o seu novo labor como responsable de Política Municipal do PSdeG son as principais cuestións da conversa co alcalde.
Cerceda De Zero
- Ata que punto se ve condicionado o desenvolvemento de novos proxectos industriais en Cerceda coa recente paralización cautelar de parques eólicos?
- O proxecto industrial dependente da enerxía eólica en Cerceda é o da planta de produción de hidróxeno verde, promovida por Naturgy, Reganosa e Repsol. É unha das iniciativas máis asentadas do noso territorio, coas tramitacións iniciadas e cunha axuda de 15 millóns de euros consignada por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica. É un combustible de gran relevancia para o futuro, polo que países como Alemaña están apostando moi forte. Nese sentido cremos que é fundamental en Galicia o desenvolvemento dos parques eólicos que son decisivos para este tipo de industrias, porque o contrario a iso supón unha perda de oportunidades.
- Teme unha reacción en cadea, e que a posta en cuestión dos eólicos polo TSXG atranque iniciativas como a do hidróxeno ou a central hidráulica reversible?
- Sinceramente, o que nos chega é que os proxectos van saír adiante noutras instancias.
Pero para ser líderes nun sector non só importa o que, tamén importa o cando, e aí está o quid do boicot que se está producindo.
“O quid do boicot que se produce [aos eólicos] está no cando, que tamén importa”
No ámbito social, necesitamos que se explique claramente o potencial de desenvolvemento económico e emprego que se presenta en toda Galicia baixo os fondos europeos. E quen o pode facer decididamente, porque conta cos altofalantes e os medios para iso, é a Xunta. En política, ás veces hai que coller a sartén polo mango, aínda que queime. Trátase do porvir do noso país. Iso non significa ter que posicionarse no ‘si a todo’, pero si facerlle fronte ás liñas argumentais baseadas en incohe-
rencias, oportunismo, visións reducionistas... Goberne quen goberne, ante todo desexamos que a Galicia lle vaia ben.
- Vostede ten afirmado en reiteradas ocasións que buscan o crecemento económico e a xeración de emprego no marco da sostibilidade, ademais por suposto do cumprimento das normas. Á vez ten valorado situacións como que o Plan Sectorial Eólico que se aplica en Galicia quedou ‘obsoleto’. Cal sería ao seu parecer o sistema ideal para a creación de parques eólicos?
- Efectivamente, na posta en marcha de proxectos sostibles, responsables socialmente, creadores de riqueza e xeradores de emprego, o Concello de Cerceda ofrece unha man tendida. Recentes e futuros convenios que asinamos con iniciativas empresariais tamén forman parte dese marco estratéxico, igual que o noso papel no proceso participativo que estableceu as características que rexen o concurso de acceso á subestación eléctrica de Meirama.
Cando es un referente a nivel industrial, e contas cun liderado forte a nivel municipal,
O alcalde reitera que a implantación da eólica actual “non pode estar rexida por regras de hai dúas décadas”
- Nun Pleno recente deu a entender que a Cerceda non lle compensaría ter un Plan Xeral de Ordenación Municipal. Podemos abundar nos prexuízos que causaría?
- Unha aprobación coa actual Lei do Solo de Galicia empuxa cara unha redución do solo urbano, urbanizable e de núcleo, coa perda de valor dos terreos que evidentemente supón. Ollo, falamos de algo que por outro lado é lóxico, dado o custo que ten conducir os servizos a todas as zonas habitadas. Tamén hai que dicir ao seu favor que un Plan Xeral de Ordenación Municipal favorece unha maior seguridade xurídica para os Concellos.
aumenta o emprego e redúcese a dependencia do Concello con respecto a axudas doutras administracións. Iso é o que queremos reforzar. En canto á tramitación de parques eólicos, coa actual dimensión das máquinas, non pode estar rexido polas regras de hai dúas décadas. Así non se favorece unha implantación ordenada e respectuosa cos territorios e a súa xente. Cando unha normativa é extrema, precisamente valida as posturas extremas na súa contra, e quen perde é a racionalidade. Porén, valoramos favorablemente a moratoria que se introduciu no seu día para multiplicar a distancia aos núcleos de poboación por cinco, con respecto á altura do aeroxerador. Pero dito iso, o ideal sería contar cunha ordenación firme e adaptada á tecnoloxía e á realidade de hoxe. Atopando ademais algunha fórmula coa que os Concellos, como depositarios da soberanía local, participen.
Pero Cerceda ten ademais unha casuística particular. A nivel industrial temos recentemente recalificados ou en tramitación máis dun millón de metros cadrados e nos últimos anos concedéronse moitas licenzas de vivenda unifamiliar, algo que foi posible precisamente por tratarse de parcelas onde se podía construír.
Neste momento é fundamental que o noso municipio conserve o solo urbanizable preexistente para acoller o impulso demográfico. Esa é a condición que de feito consta no noso programa electoral de cara a que o Concello avance co Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Que novos servizos lle gustaría ver funcionando en Cerceda antes do remate deste mandato 2023-2027? Que resultados agarda da dotación de infraestruturas?
- A nivel social, temos un forte investimento e unha gran multiplicidade de ofertas, que nos orienta principalmente a seguir perfilando e aumentando a dotación da estrutura de servizos xa existente. Pero iso non quere dicir que non poñamos en marcha novas iniciativas, como a programación variada de envellecemento activo que vimos de impulsar ou as axudas individuais a menores para atencións de carácter biopsicosocial. Ambos son avances claros xa do que vai de mandato. Pero faltan outros, como pode ser a ampliación da escola infantil municipal.
Polo demais, son catro anos que teñen que deixar unha pegada importante nas infraestruturas deportivas, por exemplo cun claro impacto nos campos de fútbol.Tamén pretendemos impulsar a eficiencia e a efectividade de todos os puntos de luz do noso territorio, coa implantación da tecnoloxía LED.
Outro obxectivo central é seguir desenvolvendo o plan
de mobilidade urbana sostible, implantando novas sendas ao longo e ancho do municipio. Pero hai máis: mellora de edificios públicos, remodelación da praza do Campo da Feira de Cerceda, novas redes de saneamento… aválanos a nosa traxectoria continuada en obras todos estes anos.
- Vai comezar a nova tempada do parque acuático. Que perspectivas ten o Concello? É unha instalación que lles dá beneficio económico, perdas ou resulta neutra?
- Ademais de crear impacto económico en distintos negocios de Cerceda ou de ser a primeira experiencia laboral de moitas mozas e mozos, tamén presenta un balance de contas positivo. Coas cifras variables que se arroxan exercicio a exercicio, a tendencia é aportar máis ingresos que gastos, incluso metendo na ecuación a amortización dos investimentos acometidos. E faino con prezos moi competitivos, especialmente se o comparamos, por exemplo, con outras opcións de ocio como pode ser unha tarde no cine.
Seguiremos apostando por este recurso, e de momento hai programada unha mellora de 1,2 millóns de euros que, financiada polo Instituto de Transición Xusta, vaille dar un impulso cualitativo ás instalacións.
llos. Hai que aproveitalo.
- Na comarca de Ordes só gobernan agora en Cerceda e en Mesía, logo de perder Oroso o pasado ano. Que cambios pensa promover para que o PSdeG-PSOE recobre presenza institucional na zona?
te puidera aportar, cadaquén debe dar co seu espazo.
- Como explica os resultados das eleccións autonómicas para o PSdeG-PSOE?
- Falemos do PSdeG. Desde hai unhas semanas é vostede responsable de Política Municipal na nova executiva de José Ramón Gómez Besteiro. Cal é o seu principal reto neste posto?
- Antes de nada, quero deixar claro que a miña principal ocupación é ser alcalde de Cerceda, un cargo que para min é inigualable, que desfruto moito, polo que sinto un gran orgullo e lle estou agradecido á vida. Non hai causa maior que erguerse todos os días sentindo que a súa sorte está ligada tamén á das súas veciñas e os seus veciños. Cerceda ten grandes retos e dificultades e, polo tanto, permanecerei plenamente enfocado na xestión municipal.
Dito iso, sempre é de agradecer que te teñan en consideración. A miña misión vai ser achegar ideas, así como fomentar a fluidez da información e o emprego da mesma, bidireccionalmente, en todos os espazos da organización. Tamén seguir utilizando o gran peso que ten o partido a nivel municipal para, máis alá dos matices locais, estruturar unha marca recoñecible, que consiga xerar unha incidencia máis directa na demoscopia a nivel autonómico. O PSdeG é un partido eminentemente municipalista, con moito talento concentrado nos conce-
- O PSdeG a nivel orgánico non está articulado por comarcas, senón por partidos xudiciais, e a miña agrupación pertence ao partido xudicial da Coruña (A Coruña, Arteixo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Cerceda). Pero a miña responsabilidade na executiva non é atribuíble a ningún lugar en específico, aplícase a toda Galicia.
- Que formas de traballar do partido en Cerceda pensa que se deberían ‘exportar’ a outras localidades sen bos resultados?
“O PSdeG é municipalista, ten moito talento concentrado nos Concellos; hai que aproveitalo”
- Na campaña electoral que vivimos permanentemente en todo o Estado, vemos como os líderes usan os resultados electorais de comicios aos que se presentan outros candidatos de determinados territorios para reivindicarse ou para botarllos en cara ao adversario político. Parcialmente, é un erro. E especialmente a nivel local, existen factores que están por enriba do labor orgánico xeral que se poida impulsar dende outros ámbitos. Máis alá das tendencias e as influencias, cada territorio e cada proceso electoral teñen un enfoque singular. Por iso, á parte das consabidas receitas que se dan en política, ou consellos que eu modestamen-
- No marco autonómico, evidenciouse dende un primeiro momento unha invisibilidade. Á casa de cada galego ou galega, chegou a imaxe dun goberno do Partido Popular e unha alternativa liderada polo BNG, cunha candidata de moita traxectoria. Os que manexan os fíos saben perfectamente que hai un perfil de galego, bastante maioritario, que pode chegar a dubidar entre un Rueda e un Besteiro, pero que o ten clarísimo entre un Rueda e unha Pontón. O PSdeG non conseguiu abrir ese espazo, o voto moderado basculou todo cara o PP, e aí acabou o conto.
- Que debería facer o seu partido para sintonizar con máis electorado?
- Galicia non é de dereitas, como moitas persoas pensan. En Galicia o que gusta, máis alá da ideoloxía, é a estabilidade e a moderación. Estar tranquilos. Esa é a bandeira que xa se viña enarborando. Tamén o fixo Alfonso Rueda, e o resultado está á vista. E enarborouna pese á redución de servizos públicos, á dilación das citas coa atención primaria, ao defecto de financiación do servizo de axuda no fogar... en fin, moitos exemplos caóticos que poden inspirar de todo menos tranquilidade.
Dende os principios da socialdemocracia, é posible aportar esa axuda e esa protección ás persoas que si se localiza na moderación, que si orixina tranquilidade. O auténtico sentidiño, tan manido na campaña electoral, pero interpretado en torno ás verdadeiras preocupacións da xente. A cuestión é cambiar o marco, e facelo tamén con máis galeguismo, con máis identidade, con máis peso das siglas PSdeG.
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou Trazo para dar a coñecer o balance das axudas autonómicas contra impactos paisaxísticos. De 2021 a 2024 foron 2.374 en toda Galicia, en total 9,6 millóns de euros.
A vivenda á que acudiu, acompañada entre outros
pola alcaldesa, Fina Suárez, sitúase en Vilouchada e recibiu 3.000 euros en 2021 para renovar a cuberta con tella do país. O municipio acumula 38 axudas, 140.000 euros en total. Ademais, o Concello percibe 26.000 euros para o centro social de Oa e para o lavadoiro de Irexe (Chaián).
O equipamento preciso para o futuro servizo de radioloxía móbil no centro de saúde de Ordes non estará cando menos ata o vindeiro mes de xullo.
Así o explicou no Pleno municipal a portavoz do goberno local, Susana García, ante unha iniciativa presentada polo grupo socialista interesándose polo seu funcionamento na localidade.
García acusou ao PSOE de “descoñecemento” nos tepmos de contratacións. Afirmou que, aínda que o novo servizo fose anunciado o pasado mes de outubro, o proxecto precisou unha au-
A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou en Frades a casa-niño Garatuxa, un dos tres servizos deste tipo creados no municipio durante os últimos anos.
Acompañada polo alcalde, Roberto Rey, a representante autonómica fixo un balance “moi positivo” deste tipo de instalacións, creadas en domicilios particulares por persoal especializado para a atención de nenos e nenas de menos de tres anos.
Do Campo anticipou a nova convocatoria para crear outras oito casas-niño en toda Galicia, ata chegar a 111, cuns 800.000 euros para financiar as obras de adecuación de local e o funcionamento das novas casas.
Tamén se prevé unha nova axuda complementaria de 150 euros semanais durante o tempo da baixa de maternidade ou paternidade da persoa encargada do servizo.
O goberno replica co obxectivo da convocatoria
torización ministerial para despois ser adxudicado en novembro, formalizándose o contrato en decembro.
Segundo a concelleira do PP, a empresa contratada pola Xunta dispón de seis meses para entregar o vehículo co equipamento radiolóxico. García fixo ver que se trata dunha “compra innovadora porque é unha unidade móbil que non existe no mercado, hai que fabricala á carta”. Na Administración autonómica, de acordo coas explicacións ofrecidas, manteñen o vindeiro mes de xullo como data para a entrega que despois permitirá o novo servizo.
Ordes De Zero
O PSOE de Ordes solicitou introducir criterios económicos en futuras convocatorias das axudas municipais á natalidade, actualmente establecidas en 250 euros por criatura, 300 en caso de discapacidade.
Noelia Rivadas, concelleira socialista, defendeu que sería máis equitativo ter en conta niveis de renda e situacións de vulnerabilidade familiar, como o desemprego. Do mesmo xeito, considera
que o certificado de discapacidade adoita tardar demasiado tempo, polo que reivindican aceptar para a concesión da axuda certificados pediátricos do Sergas ou de Atención Temperá.
Mecanismo “humilde” O goberno municipal non admitiu que a moción socialista fose debatida no Pleno por vía de urxencia. A súa portavoz, Susana García, explicou que hai que ter en conta o obxectivo da axuda, enfocada a fomentar a nata-
lidade como “un mecanismo humilde, pequeniño, para fixar poboación”, ao condicionala a seguir tres anos no padrón.
García precisou que nin sequera sería unha competencia municipal. Compartiu ter en conta as situacións descritas na proposta do PSOE, matizando que para iso existen recursos tanto da Xunta como do Goberno central. Citou a Tarxeta Benvida, a gratuidade das escolas infantís e determinadas bonificacións fiscais.
Suman 8,7 millóns de euros e foron aprobados cos votos do goberno municipal
O orzamento do Concello de Oroso para 2024 foi aprobado en Pleno co voto a favor do PP e contrario de PSOE e BNG. As contas suman 8,7 millóns de euros. Goberno e oposición discrepan abertamente na súa interpretación.
O goberno fixo fincapé no esforzo en eidos como o gasto social e a conciliación familiar. Destaca contías como os 800.000 euros para o servizo de axuda no fogar e 120.000 para o programa autonómico Concilia
Pleno do 13 de maio que aprobou os orzamentos.
En investimentos, o executivo que lidera Álex Doval asegura que se prevén 37 actuacións por importe superior a 1,7 millóns de euros.
Tamén remarca a creación de postos de traballo con apoio da Xunta e da Deputación en diversos programas de
axudas, máis a participación en obradoiros de emprego con nove prazas para persoas do municipio en paro.
O PP destaca ademais a creación de axudas municipais para as comisións de festas, cun programa “igualitario para todas” deseñado para que
elas decidan en que gastar o diñeiro percibido.
“Decepcionantes”
En cambio, o PSOE de Oroso ve “decepcionantes” os orzamentos: “reflicten o ano perdido que o Concello leva co PP”, advirten.
Os socialistas relatan que “despois de criticar tanto o gasto corrente de anteriores orzamentos, chega o PP e aumenta o gasto corrente, mentres o capítulo de investimentos descende 300.000 euros”.
O PSOE lamenta que non haxa “nin rastro” de grandes
proxectos “encamiñados” polo seu goberno, como o novo polideportivo con 500.000 euros comprometidos pola Deputación, a climatización da piscina e o campo de fútbol.
Ademais, bota en falta as axudas e baixadas de impostos que o PP prometía en campaña. O PSOE asegura que as axudas ás festas que Doval “vende como gran novidade” en realidade “xa a deixamos encamiñada”, din. E tamén aprezan que a suba para axuda no fogar non se traduce en máis horas de servizo, só en cubrir o encarecemento.
O corpo sen vida dun home foi rescatado no encoro de Vilagudín, en Lesta (Ordes), na madrugada do pasado mércores 15 de maio.
Faltaba desde o día anterior, cando saira a pescar pola tarde sen que despois volvese para a casa, en Carballo. A familia buscouno e localizou unicamente o coche. A medianoite deron aviso e os Bombeiros de Ordes acudiron á busca e rescate.
O cadáver estaba a uns sesenta metros da beira. Por iso, a alerta remitiuse tamén aos medios acuáticos da Garda Civil. Pero finalmente foron os propios bombeiros os que lograron recuperar o corpo.
Un veciño de Mesía foi detido pola Policía Nacional e despois enviado a prisión como suposto autor de vinte delitos contra os dereitos dos traballadores e estafa.
Segundo as investigacións, entre decembro de 2023 e febreiro deste ano tería enganado as súas vítimas con ofertas a través de internet para traballar en diversas fincas de Lugo.
Ofrecía contratos con 1.200 euros de salario, tra-
ballo cinco días por semana, e comida e busca de aloxamento incluídos. Pero para iso pedíalles ás vítimas entre 200 e 500 euros en efectivo a modo de fianza.
Estafa
Unha vez captadas, as persoas eran aloxadas en hoteis agardando por un piso. Pero ao final non aparecían nin o contrato nin o piso, e incluso as vítimas chegaron a ter que pagar o hotel porque o detido non o facía.
A policía puido compro-
A Mancomunidade de Ordes constituiu formalmente a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.
O novo organismo reunirase cada seis meses e está integrado por grupos de traballo de carácter técnico que avaliarán as dificultades e as posibles melloras na coordinación entre o persoal dos distintos ámbitos que interveñen na loita contra a violencia machista.
Preside a mesa Susana García, tamén presidenta da
Constitución da mesa.
Mancomunidade. Á constitución asistiu a xefa da unidade contra violencia de xénero da Subdelegación do Goberno na Coruña, Manuela Vilaboy. García fixo fincapé en que a comarca “poida dispor dun-
ha mesa contra a violencia de xénero coa que sumar esforzos entre diferentes institucións cun obxectivo común; a loita contra a lacra social que é a violencia de xénero”.
O pleno da entidade supramunicipal acordara a creación da mesa o pasado decembro. A convocatoria dirixiuse a representación política dos distintos Concellos, forzas e corpos de seguridade, profesionais do ámbito xudicial, o Centro de Información á Muller, colexios profesionais da avogacía, e ámbitos da sanidade, a educación e os servizos sociais.
bar que non devolvía a fianza e, de acordo coas denuncias, as xornadas de traballo acadaban as doce horas, sen vestiario laboral e con pouca comida ou ningunha.
Ante as queixas dos traballadores por falta de cobro outros incumprimentos, o detido ameazábaos aludindo á súa situación irregular.
O caso considera tamén como estafados aos propietarios de dous hoteis, aos que o detido lles contratou o aloxamento das vítimas pero que nunca pagou.
Decisión xudicial
A oposición de Ordes interesouse en Pleno pola dotación de prazas de estacionamento accesibles, especialmente no Centro de Saúde ou na Casa da Cultura.
O BNG preguntou por un estudo da Policía Local xa comentado o pasado outono. O alcalde explicou que está próximo á conclusión e que abrangue toda a capital e o Mesón do Vento.
O PSOE bota en falta prazas de estacionamento para persoas con discapacidade na zona da Casa da Cultura. O rexedor emprazou ao remate da obra da gardería e á reurbanización da zona.
Condenan o Sergas pola mala praxe que levou ao falecemento dunha nena
O Servizo Galego de Saúde, dependente da Xunta, foi condenado a pagarlle 225.000 euros a unha parella da comarca de Ordes a causa do falecemento da súa filla só sete días despois de nacer.
O xulgado madrileño que emitiu a sentenza considera que a morte da criatura foi debida a unha mala praxe médica no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
A nena naceu en marzo de 2021 cunha pequena dificultade respiratoria da que se recuperou en pouco tempo na unidade de coidados intermedios co apoio dunha máquina. Pero á vez colleu unha
infección por unha bacteria habitual nos hospitais. Iso levouna á unidade de coidados intensivos e ao falecemento en poucas xornadas a pesar do tratamento antibiótico. Como sostiña a familia, a xustiza admite que o contaxio non procedía da nai, como acreditan as analíticas, e que se produciu a través da vía de nutrición parenteral colocada á nena. Sistema que o xulgado conclúe que non era estritamente necesario, constituíndo un risco excesivo que desencadeou a morte.
Segundo a sentenza, o pagamento correspóndelle a unha aseguradora do Sergas.
José Canda e Karyna Yevtushenko foron os gañadores das competicións masculina e feminina da proba deportiva solidaria ‘Os once das vías’, organizada polo Club Atlética A Silva, o Albergue da Estación e o Concello de Cerceda. Esta segunda edición superou as seiscentas persoas participantes. Os itinerarios das diferentes probas seguiron o percorrido da Vía Verde. A proba absoluta sumou 182 persoas en liza, pero ademais desenvolveuse unha andaina solidaria de case catro qui-
lómetros á que se sumaron unhas trescentas persoas, que pasaron pola contorna de puntos de interese como o Xardín Botánico, o paseo fluvial do Acevedo ou o parque acuático.
O albergue habilitado na antiga estación ferroviaria de Queixas-Cerceda, ademais de acoller a saída e a chegada das diferentes categorías, acolleu múltiples actividades complementarias para todas as idades. Nas súas inmediacións situouse tamén unha zona con bebida e comida para que os deportistas puidesen repoñer forzas despois da proba. A recadación das inscricións foi destinada integramente como doazón á Asociación Española Contra o Cancro (AECC), tal como explicou o Concello.
A proba superou as seiscentas persoas inscritas.
O Oroso TM conseguiu sete medallas coa participación da súa canteira no XXXI Campionato Galego de categorías alevín e sub 23. Entre os máis pequenos, Alba Ulla e Lucía Pazos acadaron as semifinais da proba de dobles femininas en categoría
alevín, e remataron obtendo o bronce. Na parte individual, Pazos rexistrou unha boa competición, caendo en cuartos de final. Na competición masculina, Nico Otero e Rui Pérez proclamáronse campións galegos de dobles, gañando todos os seus partidos. Otero foi tamén finalista en individual e en do-
bles mixtos, e nos dous casos acadou os subcampionatos. Pérez obtivo tamén o bronce na competición individual, na que avanzou ata as semifinais. Na categoría sub 23, Esteban Rodríguez facía parella con Alex Ansede de Lugo, e Sasha Malov con Mateo Lois de Santiago. Os dous levaron o bronce na proba de dobles, a
pesar de que a súa traxectoria facía pensar que poderían chegar á final, logo de terse clasificado nas primeiras posicións dos seus respectivos grupos.
Tal como informa o club, en dobles mixtos Sasha Malov caeu na final facendo parella con Alba Prado de Pontevedra. A esta prata hai que engadir un bronce na proba individual, pois perdeu nas semfinais. Iso si, hai que ter en conta que a Sasha Malov correspóndelle por idade a categoría alevín de primeiro ano, polo que os seus resultados, como explican desde Oroso TM, “son aínda máis resaltables tendo en conta que participaba nunha proba contra xogadores ata dez anos maiores ca el”, afirman.
O campo municipal Lino Balado, en Sigüeiro (Oroso), acollerá entre o 24 e o 28 de xuño as sesións do Campus de Verán da Fundación Celta 2024 con Cabreiroá.
A actividade permítelle a quen participe adestrar ao fútbol seguindo a metodoloxía da canteira do equipo vigués. Do mesmo xeito, prográmanse actividades de educación integral sen esquecer a diversión.
Poden inscribirse nenos e nenas de entre catro e dezaseis anos. As prazas son limitadas. Os horarios nos que se desenvolverá o campus estipulan o inicio ás nove e media da mañá e o remate ás dúas da tarde.
Oroso De Zero
O Club Xadrez Oroso proclamouse campión de Liga en Segunda e Terceira divisións galegas. Celebrouno na Fonte da Foca, como moitos triunfos deportivos do municipio.
En Segunda, o equipo principal do club foi campión de modo destacado, o que lles serviu para o ascenso directo a Primeira, logro nunca antes acadado na entidade. En Terceira, o equipo veterano quedou tamén campión e fíxose co ascenso a Segunda.
O club destaca “o gran traballo nesta dura competición” dos outros tres equipos cos que participou en Terceira co fin de formar a canteira.
Andrea Goimil Liñares, veciña de Tordoia, proclamouse campioa de España nas probas de 50 metros arrastre e de 100 metros combinada, máis subcampioa en 100 metros socorrista, no re-
cente Campionato de España de Salvamento e Socorrismo, celebrado en Alacante. Ademais, rexistrou dúas marcas galegas en 50 arrastre e 100 combinadas, xunto a outras medallas colectivas.
Celebración na Fonte da Foca, en Sigüeiro.
Ademais, fan fincapé no mérito de tales éxitos cando se trata dun club pequeno, creado hai trece anos e conformado por xogadores e xogadoras da comarca e da contorna: Oroso, Ordes, Trazo, Mesía, Cerceda, O Pino, Santiago... Por iso, din sentirse “moi orgullosos da nosa inmensa canteira que está a ser formada de xeito excelente polos nosos compañeiros Roberto Patiño e Xesús Feás”, aseguran.
O club suma case 120 xadrecistas federados e afirma que “seguimos medrando, lamentablemente sen o apoio das empresas privadas do noso entorno”. Agardan que os éxitos as animen a colaborar como fan con outros deportes.
Taekwondo - Open Máster Madrid 2024
Madrid De Zero
Integrantes do Club BoudSpor de Ordes efectuaron un gran labor como integrantes da convocatoria da selección galega no recente Open Máster Madrid 2024 de Taekwondo.
No que se considera o evento de maior referencia da categoría, Cristóbal Boudjenane logrou colgar unha medalla de prata e Álvaro Regueiro fíxose cun bronce.
Desde a entidade destacan que o encontro logrou reunir a 120 deportistas de seleccións tan diversas como
Integrantes do combinado galego no Open madrileño.
Estados Unidos, Colombia, Andalucía, Valencia, Madrid e a propia Galicia, así como competidores de clubs de Portugal, Noruega, Dinamarca, Holanda, Cataluña, Aragón, Valladolid ou Navarra. Houbo un “gran ambiente e combates de Tk4 de infarto”, narran desde BoudSport.
Ordes De Zero
A XXVII Carreira Popular do Concello de Ordes tivo como gañador da proba absoluta, de 8,5 quilómetros e con 124 participantes chegados á meta, a José Canda Louzao, do Atletismo Arenteiro, cun tempo de 26’46’’. Seguírono Víctor Puyuelo (Vycky Foods) con 27’59’’ e Amador Pena (S.D. Compostela) con 28’30’’.
A clasificación feminina liderouna Karyna Yevtushenko (Atletas Acea da Ama) con 33’37’’, seguida por Rebeca Mariño (S.D. Barbanza) con 33’49’’ e por Elena Veres (S.D. Compostela) con 35’46’’.
En canto á clasificación sub 14 e sub 16, con dezanove persoas en meta, podio masculino para Hugo Furelos, Diego Rodríguez e Xábel Eiriz, e feminino para Judit Barros, Carla Ruíz e Ainoa Carreira.
E na sub 12 e sub 10, con 34 en meta, os primeiros foron Nicolás Amado, Estevo Leira e Nico Camino, e as primeiras Noa López, Chanel Penas e Carla Noya.
Principais clasificados e responsables municipais.
Frades De Zero
Jorge Puig Malvar e Uxía
Pérez Bugarín (Atletismo Feminino Celta) foron os gañadores da IX Carreira Pedestre Popular do Concello de Frades, a edición máis concorrida con 660 participantes.
Puig, terceiro o ano pasado, rexistrou un tempo de 25 minutos e 47 segundos, rebaixando en dous minutos a súa marca previa. A 19 segundos quedou Pablo Otero Fariña (Atletismo Torrelavega), e terceiro foi Hugo García Souto (Portugalete), a 42 segundos do líder.
Na competición feminina, Pérez Bugarín empregou 31 minutos e 3 segundos. Era a súa primeira participación nesta proba e rebaixou un minuto o tempo da gañadora da anterior edición. O segundo posto correspondeulle a Rebeca Mariño Torrado, da SD Barbantia Roda, e o terceiro a Susanne Ewening, do Club Triatlón Tetuán Madrid.
A competición entregou trofeos e premios en metálico de 300, 200, 100, 75 e 50 euros aos cinco primeiros e ás cinco
primeiras da proba xeral. Por equipos, gañou o Club Triatlón Compostela, por diante do Club Atletismo Sar e do Club Atletismo Tambre de Oroso. Na clasificación feminina repetiu triunfo a SD Compostela Atletismo, seguida polo Club Atletismo Arenteiro.
Os rápidos de Frades
O mellor atleta local volveu ser Adrián Garabato Lagares (Club Atletismo Santiago) cun tempo de 29 minutos e 26 segundos; e Pili Carreira Otero, cun tempo de 50 minutos e 44 segundos. Completaron o podio masculino José Ramón Rodríguez Lagares, do CD Mesoiro, e David Cepeda. Os premios foron entregados polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, quen estivo acompañado polos concelleiros de Deportes, Juan Carlos Portos Bra; Xuventude, Jesús Miguel Prado; Maiores, Jesús Francos; e Ensino, Manuel Ferreiro.
Todos os participantes nas probas escolares recibiron cadansúa medalla, mentres que todos os corredores levaron unha camiseta de agasallo.
A XXVI Festa da Troita de Oroso, que se desenvolveu con meteoroloxía propicia, tivo como protagonistas especiais estudantes de terceiro da ESO do instituto, encargados do pregón. De modo creativo e orixinal, a intervención transmitiulle ao público a importancia de preservar os ríos e os seus ecosistemas.
A cita acadou novas marcas de participación no seu concurso de pesca, tanto na súa categoría infantil como na sénior. E por suposto non faltaron nin a gastronomía, a música e propostas lúdicas.
En canto á representación política, ademais de cargos locais da contorna, acudiu a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.
O aeródromo das Gaivotas, en Cerceda, acolleu o lanzamento de 23 minisatélites de centros educativos en liza para representar a Galicia na fase de España do programa de satélites da Axencia Espacial Europea. Antes do lanzamento, alumnado do CPI O Cruce de Cerceda ofreceu un obradoiro de foguetes químicos e auga e Aeromedia desenvolveu unha exhibición de drons. No programa, chamado CanSat, os máis de 140 alumnos verificaron os procesos tecnolóxicos e rexistraron múltiples datos cos que chegar ás conclusións do proxecto.
O Concello de Mesía rematou o seu ciclo primaveral de saídas ao Balneario de Guitiriz, en Lugo, que durante varios luns levou un grupo de 35 persoas aos tratamentos con auga que ofrecen nas instalacións. O propósito é intentar mellorar o seu estado físico e favorecer a saúde.
A piscina aproveita a cuberta para abrir antes
A piscina municipal de Oroso foi a primeira da comarca en iniciar a súa tempada ‘de verán’ xa o pasado 27 de abril, aproveitando a cuberta instalada no anterior mandato 2019-2023.
Aínda que non é unha climatización, a cuberta permite preservarse do vento e da chuvia, mantendo ademais a temperatura. Así é posible que a tempada se adiante e tamén se adentre no outono.
Ata fin de maio a piscina abre de 16 a 21 horas, desde o 1 de xuño de 11 a 21 horas. Na web do Concello, información de prezos e abonos.
Ordes De Zero
A Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes chegou á súa fin. A directiva decidiu disolver a entidade, creada en 1985, recoñecendo “cansazo” logo de tanto tempo e pola “inexistencia de relevo xeracional”.
Pensan que os propios cambios sociais explican esa falta de
empeño en recuperar a cabalgata dos Reis Magos e os bailes de disfraces, en crear un grupo de teatro que chegou a estrear dúas obras con gran éxito, e en impartir infinidade de cursiños: de galego e informática con certificación da Xunta, de arte floral, de cociña, de cestaría, de estética, de restauración de mobles...
Crearon unha academia nun páramo, pero ademais organiza-
nova iniciativa: “as mulleres hoxe en día están máis dedicadas aos seus traballos fóra da casa, restándolles tempo para outro tipo de actividades máis lúdicas e de relacións persoais”.
Para non rematar con tristura, organizaron un xantar de despedida, moi concorrido, no restaurante O Túnel. Foron unhas horas nas que houbo tempo para a nostalxia, a lembranza do traballo feito e a celebración da vida.
Porque se ben nos últimos tempos a súa actividade minguara, en boa medida reemprazada polo programación municipal, no inicio dotaron a Ordes dunha oferta lúdica e formativa da que carecía, que ademais incentivou a interrelación entre mulleres.
Eran sonadas, para ben, as súas ceas de confraternidade. Pero ademais puxeron moito
ban viaxes por toda Galicia e o resto de España e Portugal, competicións lúdicas ou charlas de todo tipo, sen deixar de implicarse en reivindicacións sociais e de colaborar con outras asociacións.
Un oco por encher
Saben que deixan un oco importante entre as persoas asociadas e partícipes da actividade, en especial as máis maiores porque “quedan un pouco orfas de actividades dirixidas a elas”, comentan.
Imaxes: María Calvo.
De todos os xeitos, valoran moito outros colectivos “que seguramente sigan enchendo baleiros de actividades para mulleres e tamén para homes”. Iso si, avisan de que “sería un erro” que as novas xeracións visen innecesarias as asociacións. Razón pola que agardan que aparezan outras con novos proxectos e demandas.
A directiva non quixo botar o cadeado sen lembrar a todas as socias que estiveron “e que por cuestións persoais decidiron non seguir participando”. Pensan que lles quedará un bo recordo, como tamén elas o teñen de persoas xa ausentes tan valiosas como a que fora a súa tesoureira Amalia López ou un colaborador tan especial como era Toniño de Lola, o autor do cadro no que se inspirou o broche que portaban as integrantes da asociación no xantar de despedida. Cita que cada convidado lembrará cunha lámina da artista Lidia Cao.
Diego Conde Gómez , veterinario veciño de Oroso nado en Ourense en 1977, foi elixido académico correspondente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.
Para el supón recoñecer o traballo realizado durante os últimos anos a prol da recuperación e divulgación da historia da profesión veterinaria e a da gandería, especialmente no ámbito galego.
Doutor en Veterinaria, Conde conta con máis de cen publicacións e artigos en diversas revistas e congresos científicos nacionais e internacionais. Ademais, é mem-
Conde investiga na actualidade sobre a implicación dos gandeiros na mellora do vacún galego, no papel da Veterinaria na transformación das granxas leiteiras e na importancia histórica das cooperativas para a hixiene do leite.
cións e proxectos na empresa Tragsatec (Grupo Tragsa), con máis de 22 anos de experiencia laboral no ámbito da sanidade animal.
Dende 2018, xa era académico correspondente da Real Academia de Ciencias Veterinarias de España, co discurso “Cuestións sobre o mal leite.
Achega da profesión veterinaria á mellora hixiénico sanitaria do leite na España contemporánea (1837-1931)”
No ano 2015 acadara o Premio Jesús García Calvo que convocan o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da Universidade de Santiago e a Fundación Feiraco, polo libro “Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandería galega contemporánea”, obra tamén finalista nos Premios da Crítica de Galicia.
bro colaborador do Grupo de Investigación de Historia Agraria e Política do Mundo Rural da Universidade de Santiago e fundador da Asociación de Historia Veterinaria Galega.
O novo académico desenvolve o seu labor profesional como xefe de grupo de actua-
Ademais deste recoñecemento, conta na seu palmarés co Premio Manuel Murguía de Ensaio 2013 da Deputación da Coruña polo traballo “Canto val unha vaca? Da cuestión agraria á cuestión pecuaria”
En 2022 gañou a 38ª edición do Premio Nacional Cayetano López y López, un dos galardóns con máis prestixio dentro do ámbito veterinario, polo seu traballo “Caballeros del Campo. La Edad de Plata de la Veterinaria Española (1910-1936)”.
Curso de docentes en Viena e inmersión educativa en Portugal para escolares de Primaria
O CEIP Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes), comezou a realizar accións formativas no seu primeiro proxecto Erasmus+. Consistiron en dúas viaxes para formar tanto alumnado como profesorado.
Na primeira delas, en Viena, dúas mestras realizaron un curso sobre innovación educativa. Asistiron a relatorios sobre diversos contidos como o sistema educativo austríaco, a avaliación competencial, formativa e inclusiva ou
o redeseño da escola. Tamén tiveron a oportunidade de observar unha escola infantil Montessori KinderHaus Sezutu e o centro educativo vangardista GTVS Bildungscampus Sonnwendviertel
Catro días en Portugal
A segunda acción levou catorce estudantes de sexto de primaria e dous mestres a Portugal, en concreto á Escola Básica Dom António, en Almada, moi preto de Lisboa. Durante catro días, o alumnado estivo inmerso no siste-
ma educativo portugués, de maneira que asistiu ás clases ordinarias e desenvolveu diversos obradoiros para a mellora dos fins do proxecto. Entre eles, divulgar o patrimonio cultural a través do Camiño de Santiago ou conmemorar o quincuaxésimo aniversario da Revolução dos Cravos
Destaca tamén do programa preparado a participación en xogos galaico-portugueses, tarefas sobre sostibilidade con visitas ao Museo da Auga e ao Parque da Paz para coñecer a súa flora e fauna.
Alumnado e profesorado na Praça do Comércio de Lisboa, portando a bandeira do concello de Ordes.
As xornadas en Portugal servíronlles aos estudantes do CEIO do Mesón para incrementar a súa competencia lingüística tanto en inglés como en portugués.
A viaxe tamén reservou tempo para visitar lugares
emblemáticos da zona como a Praça do Comércio ou a Torre de Belém. Os participantes percorreron ademais un tramo do camiño Portugués dende a Catedral de Lisboa, pasando polo barrio de Alfama ata o Museo do Fado.
cilia
A Festa do Champiñón 2024 trouxo a Ordes tres xornadas cunha axenda repleta de propostas de cultura e espectáculos, con actuacións musicais, o festival internacional de maxia, humor e a verbena máis clásica. Tampouco faltaron as mostras de artesanía ou de maquinaria agrícola e, por suposto, a oferta gastronómica en decenas de establecementos do municipio con moi diversas elaboracións co champiñón como protagonista.
Pequelua
Concilia
PRÓXIMA APERTURA
Pequelua Concilia
NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS
Aberto o prazo de inscrición para o verán, agosto incluído!
madrugadores comedor transporte talleres campamentos excursións amplio horario
Rúa da Canteira - ORDES 629 818 345