De Zero - Número 14 - Febreiro de 2024

Page 1

Nº 14 - Febreiro 2024

Periódico mensual gratuíto

Depósito legal C 421-2023

Más de 25 años cuidando su salud

TRATAMIENTOS EN NIÑOS Y ADULTOS:

• Odontología conservadora y restauradora

• Cirugía e implantología

• Ortodoncia

• Periodoncia

• Prótesis ja y removible

• Blanqueamientos

consulta previa cita

981 68 03 20 / 620 822 531

Eduardo Pondal, 11, baixo, 15680 Ordes

Clidenabel

Clínica Dental

Reivindican a reparación da N-550 Oroso · 17

Deciden as obras de plans provinciais Comarca · 10

Vía libre ao nó enerxético de Meirama Cerceda · 4 Homenaxe aos ‘once de Boisaca’ Ordes · 20 765.000 euros

A batalla polo IBI da AP-9 na comarca

>>> Concellos e Deputación retoman o proceso para cobrarlle toda a contribución a AUDASA e deixar atrás a rebaixa fiscal do 95%.

>>> Mesía, Ordes e Oroso respaldan o movemento.

Sabela García, premio de Relato Breve Ordes · 18 Rey, bronce no español de taekwondo Deportes · 22 Páx. 8

xogo
en
Rúa Alfonso Senra, 12 15680 Ordes, A Coruña

De Zero

comarca de Ordes

De Zero

Comarca de Ordes

Dirección-Edición

Aurora Pastor Gil

Contacto

dezero.redaccion@gmail.com 617 917 130

Deseño e maquetación

Distrito Xermar

Imprime Publicaciones Tameiga S.L.

Depósito Legal C 421-2023

ISSN

2990-3114

Peche de edición 09-02-2024

Non me tires por aí! Cando xa me teñas lido, compárteme con outra persoa ou recíclame no contedor azul.

De Zero. Editorial.

O nó desatado en Meirama

Se o anterior editorial de De Zero enunciou a indefinición e a lentitude exasperante do proceso de transición enerxética na comarca, nesta ocasión hai que poñer de relevo o que aparenta ser un cambio relevante de dinámica.

A apertura da poxa polo chamado ‘nó enerxético’ de Meirama pode considerarse unha pésima ou unha excelente noticia, pode verse como unha grande oportunidade ou como unha terrible ameaza para Cerceda e a súa contorna. O que non é opinable é que abrirá paso a

un movemento investidor que a comarca levaba décadas sen ver, cunhas consecuencias socioeconómicas que, agraden moito ou nada, serán de primeiro nivel. A expectativa para os vindeiros meses é ver como se plasmará en feitos concretos o compromiso de non adxudicar “nin un só megavatio” sen que estea asociado á activación industrial e á xeración de emprego. Así o expresou Valentín González Formoso, no que conflúen as facetas de líder do PSOE galego, presidente da Deputación e alcalde das Pontes.

Polo coñecemento que o posto debería implicar, cabe desexar que teña pesado máis o rol de rexedor no outro municipio galego protagonista da transición enerxética para albergar algo de esperanza ante tal compromiso.

Os feitos, o resultado do camiño encetado, confirmarán ata que punto a comarca se verá beneficiada do nó desatado, retendo a riqueza xerada aquí, ou ata que punto será un mero ‘territorio de sacrificio’, concepto que manexan con temor razoable os colectivos reticentes.

Cata-xentes. Por Tamara Santos, veciña de Ordes.

De cegos ao matrimonio a citas a cegas

Xa estamos no mes dos namorados e do entroido! Ou do entroido de namorados?

O cierto é que os tempos mudaron tanto que o uso de dispositivos móbiles, fotografías con todo tipo de filtros e apps para agocharse tras a pantalla, fan que teñamos que tirar de máis dunha máscara para coñecernos realmente.

Aínda que nos pareza completamente desfasado, hai só unhas décadas, para poder vivir en parella e ter intimidade, había que pasar polo altar para non arder no inferno. Paradoxalmente, agora o inferno é dar con alguén que queira pasar polo altar; con ou sen bendición celestial. E iso si, acabouse o de aguantar!, que sete de cada dez matrimonios no noso país rematan en divorcio segundo un estudo realizado polo Instituto de Política Familiar (IPF). Vivir nunha sociedade laica onde se abren cada vez máis camiños cara á igualdade de xénero e liberdade sexual, son os ingredientes fundamentais para que nos últimos anos proliferasen notablemente as parellas de feito, é dicir, solteiros que viven en parella baixo o mesmo teito. A mentalidade é máis aberta e xurden novos conceptos de relacionarse como o de “poliamor”. Segundo un informe de 2023 elaborado polo Instituto Nacional de Estatística (CIS),

o 47,6% dos españois ven con normalidade manter varias relacións afectivo-sexuais, fronte ao 49,7% que continúa apostando pola monogamia. A porcentaje, como se pode observar, é practicamente equitativo.

O desenvolvemento das tecnoloxías tamén é esencial no cambio de paradigma. Atrás quedaron as cartas de amor, os “toques” nos primeiros teléfonos móbiles ou as mensaxes de texto que esnaquizaron a ortografía de máis dunha xeración con tal de evitar gastar “saldo”. Hoxe temos a sorte de contar con “Whatsapp” Internet e as “ciber-salas” déronlle a man ás redes sociais e de aí, nunha contorna cultural moito máis personalizada e individualista, aparecen as primeiras apps para ligar onde, actualmente, “Tinder” segue reinando entre todas as plataformas.

A parte positiva é que gañamos moitas liberdades, especialmente as mulleres, á hora de decidir con quen queremos vivir sen ter que soportar as actitudes machistas doutras xeracións e en xeral, as parellas, ao non ter que someternos a unha promesa “eterna” que, a longo prazo, poida custarnos a felicidade.

As aplicacións e redes sociais permítennos coñecer persoas de calquera parte do mundo e encetar conversacións en tempo

real. A parte negativa é que se perde toda a maxia e espontaneidade do cara a cara. Ao taparnos cunha pantalla, a maioría das veces só imos coñecer o que a outra persoa nos queira ensinar e viceversa. Por desgraza, non sempre somos de todo sinceros. Unha alta porcentaxe de usuarios nestas plataformas de “buscar parella” xa a teñen; moitas das fotografías que aparecen non se corresponden coas idades dos perfís, ou directamente pasaron por tantos filtros que non hai maneira de recoñecer esa persoa coa que estamos tratando.

A inmediatez á que as novas xeracións se afixeron fai que queiran atopar unha relación de parella coa mesma rapidez que compran en Amazon. Para iso, encetan conversacións con moitas persoas á vez; e iso implica superficialidade e falta de profundidade. Neste aspecto, estase perdendo o coidar do outro e establecer nexos o suficientemente fortes como para crear relacións maduras.

Parece que a tendencia no futuro será ter máis parellas ao longo da vida con menos sufrimento nos dós de ruptura, segundo os expertos. En calquera caso, como do que se trata é de ser felices, señoras e señores lectores, con ou sen máscara, gocen do entroido do amor e non esquezan o propio!

2 Perspectivas Nº 14 febreiro 2024
Nº 14 febreiro 2024 publiZidade 3

O nó enerxético conxunto coas Pontes supón investir 1.200 millóns e xerar 500 empregos

Vía libre ao mega-enchufe en Meirama

O primeiro día do mes de febreiro trouxo unha noticia da máxima relevancia para definir o futuro industrial de Cerceda e da súa contorna. O Ministerio para a Transición Ecolóxica iniciou o proceso para a poxa do chamado nó de transición enerxética xusta de Meirama e anunciou a creación do das Pontes.

O nó podería definirse como un gran enchufe para darlle saída á produción eléctrica da zona cara ás grandes redes de alta tensión. Foi acaparado polas centrais térmicas mentres estiveron en funcionamento pero agora esa capacidade queda dispoñible para as novas iniciativas de produción eléctrica en tramitación, como os parques eólicos, as plantas fotovoltaicas ou a central hidroeléctrica reversible das Encrobas.

Precisamente, o inicio da poxa consiste en abrir un prazo de consulta para escoitar as opinións e propostas das empresas interesadas no concurso. Fase previa á elaboración das bases do proxecto, en todo caso enfocado ás enerxías limpas, como confirman no Concello de Cerceda.

Investimento e emprego

Os primeiros en difundir a noticia foron o secretario xeral do PSdeG e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e o candidato socialista á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro.

Non dubidaron en presentala como unha consecución propia despois das súas “xestións” con “moitas viaxes a Madrid, moitas reunións co

O desenvolvemento do nó de transición enerxética xusta manterá o protagonismo de Cerceda na produción eléctrica despois do desmantelamento da central térmica de Meirama. Na imaxe, a recente voadura da caldeira.

Ministerio e con Red Eléctrica para lograr este fito que fai xustiza coas Pontes e con Cerceda”, valoraron.

De feito, o de Meirama e

As Pontes é o segundo nó de transición enerxética que sae a concurso en España. Tal como detallaron Besteiro e

Formoso, o de Meirama contará con 400 MW de potencia e o das Pontes con 800 MW, en analoxía co peso que tiña cada unha das térmicas.

Estímase que o nó implique o investimento duns 1.200 millóns de euros e a creación de 500 postos de emprego directos en total nos dous municipios, ademais de

varios centos máis durante o proceso de construción de infraestruturas como a futura central de transformación nas Pontes.

Evitar a fuga da riqueza

Ademais da xeración de emprego a longo prazo con proxectos asociados, o nó de transición ten como obxectivos incentivar o autoconsumo de cidadanía e empresas e plans de formación e de recualificación para traballadores e traballadoras.

Unha das novidades anunciadas por Formoso e Besteiro é o criterio de que as empresas que entren na poxa

sexan valoradas pola contía dos seus investimentos e pola creación de industrias asociadas á súa iniciativa na zona.

O candidato do PSdeG afirma que “este é o modelo socialista: acabáronse os parques eólicos e a explotación da nosa enerxía sen que vaian aparellados a postos de traballo e riqueza en Galicia”.

Besteiro aproveitou tamén para lanzar unha mensaxe claramente de campaña electoral, poucas horas antes do seu inicio: “unha vez máis -manifestou- somos os socialistas os que traemos postos de traballo a Galicia, o que é incapaz de facer Rueda”.

A CIG pide “iniciar xa os concursos”

Tras coñecer as iniciativas do Ministerio, a central sindical CIG defendeu que o nó de Meirama manteña a capacidade de evacuar 580 MW e iniciar de inmediato os concursos de transición xusta “sen adialos para despois de 2026”. Foron dúas propostas, xunto a outras de

propósito semellante para As Pontes, que levaron ao recente Comité Executivo da Enerxía, convocado pola Xunta.

O sindicato cre que se debe concretar canta potencia sairá a concurso e que se convoquen canto antes para facilitar a transición xusta e a reindustrialización.

O alcalde: “estamos felices”

Juan Manuel Rodríguez.

O alcalde de Cerceda efectuou unha valoración moi positiva do inicio dos trámites do nó enerxético. Juan Manuel Rodríguez asegurou que “estamos especialmente felices” porque “desde hai tempo resaltabamos ante o Instituto de Transición Xusta a urxencia de habilitar conexión á rede eléctrica de cara a converter en realidade os proxectos enerxéticos do territorio”.

O primeiro edil de Cerceda tamén destacou que o proceso de reindustrialización debe “deixar unha pegada positiva para o conxunto da veciñanza, non é só a nosa idea senón que é tamén a nosa razón de ser e estar”.

Nesta liña, amosouse satisfeito con que se faga fincapé en factores que levaban anos reivindicando, tales como os beneficios socioeconómicos, a sustentabilidade, o autoconsumo, o emprego ou a formación.

4 InformaZións Nº 14 febreiro 2024
Cerceda De Zero

Entrevista a Manuel Antonio Villaverde Rey (Toni), concelleiro do BNG de Ordes e integrante da candidatura do BNG ás eleccións do parlamento galego.

“Ana

Pontón é a presidenta que Galiza necesita”

- En pouco tempo chega a ser concelleiro e agora pasa a formar parte da candidatura do BNG ás eleccións do parlamento galego. ¿Que supón para vostede?

- Poder representar á veciñanza e traballar para intentar dar solucións ás súas necesidades, é toda unha honra, como tamén o é ter a oportunidade de representar á comarca de Ordes na candidatura do BNG ás eleccións ao parlamento galego.

- ¿Que lle traslada a xente durante a campaña?

- Nas diversas conversas coa veciñanza e nos actos, puiden percibir que hai ganas de cambio. Trasladáronme queixas ao respecto do estado do servizo galego de sanidade e das dificultades para conseguir cita para

unha consulta na atención primaria, a mala xestión do transporte público, as alfombras vermellas ao espolio enerxético do noso territorio, o abandono da Cultura…

A este respecto considero que logo de 14 anos de goberno do PP, atopámonos cunha Galiza peor, estancada en moitos aspectos e que foi a menos noutros, mais estou convencido de que Ana Pontón é a presidenta que Galiza necesita, a candidata de todas as persoas que queremos cambio, e que podemos facelo realidade agora elixindo a papeleta do BNG.

- Hai enquisas que dan posibilidade de que o BNG poida gobernar, ¿vostede que opina?

- Se hai algo no que coinciden

tódalas enquisas, é que temos a mellor candidata, que o BNG é unha forza á alza e que estas eleccións van ir dunha única escolla que se resume en: ¿a quen queremos presidindo a Xunta, a Rueda ou a Ana Pontón?.

- ¿Cales considera que deben ser as prioridades dun goberno presidido polo BNG?

- Apostamos por traballar para conseguir unha Galiza na que a xente nova poida acceder a un traballo estable e na que emanciparse non sexa misión imposible, onde as persoas maiores teñan unha vellez activa, digna e tranquila na vez de ser tratadas coma un negocio para as residencias privadas, cun servizo público de ensino reforzado e cunha sanidade

pública forte e de calidade, que nos protexa ante calquera revés da vida.

Queremos unha Galiza cun modelo enerxético ao servizo do país, que cree riqueza, emprego e desenvolvemento para os galegos e galegas, cunha industria propia e forte, apostando pola ciencia e pola innovación.

Somos un país cheo de artistas tanto profesionais como amateur que levan a cultura por diante tanto en Galiza como fóra dela. Apostaremos por impulsar a cultura e arte, a súa formación regrada e as súas oportunidades dentro do país.

Poremos as ferramentas necesarias para vivir nunha Galiza orgullosa da súa lingua, da súa cultura e da súa identidade, con capacidade para decidir e con mais autogoberno, porque as decisións relevantes para o noso país teñen que estar en mans da cidadanía galega e non en despachos madrileños, que moitas veces deciden por nós e contra nós.

Nº 14 febreiro 2024 publiZidade 5

Ordes

Información fotovoltaica

O BNG de Ordes preguntoulle ao goberno local por que a web do Concello non publicou a ligazón sobre a exposición pública do proxecto de planta fotovoltaica Queiroal, como en cambio si se fixo co proxecto Meirama. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, explicou que se trata dunha tarefa dos técnicos, non do goberno, que en todo caso se atén ás normas. Detallou que o proxecto Meirama solicitou declaración de utilidade pública e por iso

Comarca De Zero

A informática chivouse. A Fiscalía de Medio Ambiente da Coruña abriu unha investigación sobre as declaracións de impacto ambiental de varios proxectos de parques eólicos ante a sospeita de que as propias empresas promotoras elaborasen os documentos necesarios para obter permisos e non a Xunta.

da que os informes os asine a directora xeral de Calidade Ambiental do executivo autonómico, Sagrario Pérez.

A organización labrega sinala ata seis casos das empresas Greenalia, que ten a exconselleira Beatriz Mato nun posto directivo, Enel Green Power e Green Capital Power.

O sindicato denunciou por considerar irregular que

Montaxe eólica.

que os informes son elaborados polo seu persoal e que a aparición de empregados das eólicas nos metadatos dos ficheiros informáticos se debe ao uso do copia-pega da documentación que lle terían remitido as eléctricas nos trámites á que estarían preparando os funcionarios públicos.

Deste xeito, segundo a versión da Consellería, a copia de determinados datos fai

6 InformaZións Nº 14 febreiro 2024
A Fiscalía de Medio Ambiente abre unha investigación á Xunta Sospeitan dun ‘amaño’ nos informes ambientais eólicos
Tarot Introspectivo reconecta con tu cuerpo Coherencia Vital Santiago de Compostela & A Susana 650 05 61 01 mariaangueirabarrio.com/tarot
Nº 14 febreiro 2024 publiZidade 7

Mesía: De 4.402 a 88.039 €. - Ordes: De 22.666 a 453.323 €. - Oroso: De 13.205 a 264.116 €.

Mesía, Ordes e Oroso respaldan o remate da exención do 95% aprobada en 1972

765.000 euros anuais en xogo na batalla por cobrar todo o IBI da AP-9

Abegondo De Zero

Os Concellos polos que atravesa a autoestrada AP-9 na comarca -Mesía, Ordes e Oroso- ingresarían 765.205 euros máis ao ano coa fin da exención do 95% do Imposto de Bens Inmobles (IBI), privilexio da concesionaria Audasa desde sempre.

En concreto, Mesía pasaría dos 4.402 euros que a empresa lle ten que pagar ata agora cada ano a 88.039, Ordes saltaría de 22.666 a 453.323 euros anuais, e Oroso avanzaría de 13.205 a 264.116 euros en cada exercicio.

No conxunto da provincia coruñesa, o incremento estimado pola Deputación vai de 175.000 euros a uns 3,7 millóns, sen contar as cidades da Coruña e Ferrol, que non teñen delegado o cobro de tributos na entidade provincial.

Por que agora si?

Os Concellos levan moitos anos dando a batalla por lograr o cobro íntegro do imposto. Un dos primeiros

intentos fora o de Abegondo e un dos máis recentes o de Betanzos, cunha denuncia na UE en 2017. Pero nunca houbo respostas positivas. Por que agora si ven posible que se confirme? A razón é que a exención, autorizada na dictadura en 1972, tería rematado o 19 de agosto de 2023.

Gran parte dos Concellos afectados, da Coruña e de Pontevedra, reuníronse en Abegondo a finais de xaneiro para analizar a situación. Sobre a mesa, un informe xurí-

dico encargado por Abegondo ao coñecer que un caso semellante en León recibiu apoio xudicial meses atrás.

Os letrados confirman que a exención acabou en agosto e por tanto xa podería pasárselle a Audasa o recibo do IBI sen rebaixas desde o derradeiro trimestre de 2023, incluído.

Precaución

Con todo, en Abegondo concluíron que o máis apropiado é “efectuar pasos firmes pero con precaución” porque

Fixado no franquismo e prorrogado por Aznar

A autoestrada leva beneficiándose da redución do 95% da contribución desde a apertura dos seus primeiros tramos nos anos setenta do século pasado, grazas a unha lei da ditadura franquista. A concesión inicial tería rematado en 2012 pero sucesivas prórrogas do goberno central, a cambio de obras ou de retiradas de peaxes en tramos urbanos, levárona ata 2013, ata 2023, e finalmente ata 2048. Esta última extensión de 25 anos foi concedida polo goberno de José María Aznar (PP) nunha controvertida decisión tomada xa en 2000, mantendo ata 2023 a exención fiscal.

Abegondo

“é previsible a resposta de Audasa ante a contribución millonaria que lles vén”. Aínda que se coordinan, cada Concello ten que proceder pola súa conta coas xestións.

Como recomendacións dos xuristas figuran adicionais revisar a ponencia especial de valores do catastro para verificar que recolla cambios como ampliacións da calzada ou das infraestruturas complementarias, o que tamén podería aumentar a contía a ingresar.

A Deputación, no 100%

O remate co desconto fiscal á concesionaria da AP-9 ten ademais un pouco de pugna partidista soterrada por ver que institución xestionou me-

llor e antes a recuperación plena do imposto. Practicamente ao mesmo tempo que se producía a xuntanza en Abegondo, a Deputación informou de que xa tiña previsto liquidar o 100% do IBI a Audasa nos dezaoito municipios afectados, todos menos A Coruña e Ferrol, con recadación propia. O deputado provincial de Facenda e alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, explicou que a área de xestión tributaria da Deputación xa tiña tomada a decisión “de oficio”, sendo coñecedores do real decreto do ano 2000 que prorrogara ata agosto pasado a bonificación da que gozou durante décadas a empresa da autoestrada.

8 InformaZións Nº 14 febreiro 2024
Reunión en de Concellos galegos afectados.
O aumento. -
Nº 14 febreiro 2024 publiZidade 9

Aprobado co si de PP e PSOE e a abstención do BNG, disconforme co gasto corrente

A rede viaria acapara o investimento de novos plans provinciais en Ordes

O Concello de Ordes escolleu xa as obras que pretende financiar con cargo aos plans de colaboración da Deputación, se ben parte delas están pendentes de que se incorporen fondos os vindeiros meses.

As iniciativas beneficiarán sobre todo a rede viaria. Dos proxectos que xa contan con recursos, un centrarase nas parroquias de Pereira e Beán, con intervencións na pista de Nouche ao límite con Senra (80.400 euros), os accesos interiores do Regueiro (29.700 euros), a pista desde O Curro ata a N-550 (94.600 euros), un acceso no Fondo de Aldea (15.900 euros), e un acceso na Lamela (11.100 euros).

Outro proxecto destinará máis de 103.000 euros a humanizar a Rúa do Mirón, con renovación de abastecemento e saneamento, a canalización de pluviais, o acondicionamento da plataforma e garantías de accesibilidade na zona.

Xa no plan complementario, que está condicionado aínda á chegada de fondos, os proxectos valóranse en case 888.000 euros. Destaca en Buscás a mellora dos accesos desde a estrada principal aos núcleos do Pereiro, da Gorita, da Bouciña, dos Lameiros, da Canle ou de Uzás, en liña con obras acometidas en anos previos noutras aldeas.

En Barbeiros, agardan intervir na pista principal desde Os Baltares ata O Cruceiro, e renovar a praza e o campo da festa. Tamén contemplan accesos en varios lugares da parroquia e, xa en Beán, nunha vivenda illada en Nouche.

En Parada, o proxecto prevé traballar na pista do Pazo e nos interiores da aldea, así como na pista da Igrexa do Pazo ao Campo do Mouro.

Debate

Este conxunto de obras foi aprobado cos votos a favor do goberno (PP) e do PSOE, mentres que o BNG optou

Traballos de asfaltado na zona de Barbeiros (arquivo).

pola abstención. Ademais de propoñer o soterramento da subministración de electricidade e de telecomunicacións na rúa do Mirón e de redistribuír as prazas de aparcadoiro para gañar unha, o portavoz nacionalista, Pablo Vidal, queixouse de que uns 409.000 euros do plan provincial fosen destinados a gasto corrente nos orzamentos do Concello.

Vidal considera que ese diñeiro debería empregarse en cuestións como a extensión

dos servizos hidráulicos nas parroquias, buscar solucións á condensación nos polideportivos ou mellorar a seguridade no tráfico.

O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, que se amosou disposto a escoitar a proposta do Bloque sobre a rúa do Mirón, replicou que a achega a gasto corrente serve para manter “moitísimas accións municipais que todos coñecemos que son deficitarias”.

Como exemplo, o rexedor

citou o previsible incremento de custos no novo contrato de recollida de residuos e de limpeza viaria. Martínez Sanjurjo anticipou, por certo, que “implicará axustes no recibo aos veciños para cumprir a normativa da UE e a normativa estatal”, dixo.

Ademais, o alcalde ordense precisou que pode ser máis rápido e efectivo acometer proxectos con fondos municipais que aténdose á tramitación e os prazos que establece a Deputación coruñesa nos seus plans para Concellos.

Á Mancomunidade

Polo demais, neste caso por unanimidade, o Pleno de Ordes acordou empregar case 117.000 euros, tamén dun plan provincial, ao servizo de asistencia no fogar, que xestiona a Mancomunidade. O diñeiro destínase ao reforzo do persoal técnico e ás axudas de emerxencia social, de respiro familiar e para persoas sen fogar.

Asignación de proxectos en Frades e Oroso

Os Concellos de Frades e Oroso tamén deron conta dos proxectos que incluirán nos plans provinciais. En Frades prevén reparar algunhas das pistas en peor estado. Nesta liña, un proxecto duns 87.700 euros intervirá nos accesos a Fontao e ao Pazo (Abellá), outro duns 69.500 euros favorecerá os accesos a Vilarxoán (Vitre), Ansemonde (Abellá),

Castiñeiro Redondo (Moar), na Maquía (Papucín) e en Tarrentos (Añá).

Cuns 200.000 euros no plan complementario, contemplan arranxar as pistas de Chamuín (Abellá), Ribadas (Ledoira) e da Grela (Galegos), así como a capa de rodaxe do viario de Papucín nunha lonxitude de 2.840 metros. O pleno de Frades tamén autorizou que os case 58.000 euros dun plan adicional da

Deputación se empreguen para usos sociais extraordinarios, entre eles ampliar a axuda no fogar, atender persoas especialmente vulnerables e ofrecer axudas de emerxencia a familias en risco de exclusión social.

En Oroso, a contía do POS da Deputación destinada a investimentos é duns 250.000 euros. Priorizan infraestruturas de varias parroquias e tamén na capital, Sigüeiro.

En concreto, prevén melloras na rede viaria de Vilacide de Arriba e Vilacide de Abaixo, en Oroso; na Costa, en Trasmonte; e no Barreiro, en Sigüeiro.

Destaca especialmente unha senda peonil entre os núcleos de Vilarelle e Valverde, na parroquia de Vilarromariz. O propósito da obra é mellorar a seguridade da veciñanza da zona nos seus desprazamentos a pé.

Segundo o alcalde, Álex Doval, son investimentos que “melloran o nivel das infraestruturas que temos no concello”. O rexedor anticipa que os novos investimentos que se aproben “paulatinamente” atenderán de modo especial “aqueles lugares onde, por exemplo, as vías estiveron sen mantemento os últimos 20 anos polos anteriores gobernos locais que se encontran en peor estado”, asegurou.

14 febreiro 2024
10 InformaZións Nº
Ordes De Zero Comarca De Zero

VIAXES 2024

#ConcellodeCerceda

#viaxes2024

Feira do Queixo de Arzúa

INSCRICIÓN E PAGO

Do 12 de febreiro ao 16 de febreiro 22 euros/persoa

CONCELLO DE CERCEDA

Cantabria e parque de Cabárceno 02 de marzo 10 ao 14 de maio

INSCRICIÓN E PAGO

Do 22 de abril ao 30 de abril 360 euros/persoa

Cidade de Ourense e Ribeira Sacra

13 e 14 de abril

INSCRICIÓN E PAGO

Do 18 de marzo ao 22 de marzo 170 euros/persoa

Nº 14 febreiro 2024 publiZidade 11

O alcalde anticipou en Pleno a subsanación en canto a meteoroloxía o permitise

O firme da rúa Casavella deteriórase só dous anos despois da súa reforma

A deterioración do firme da rúa Casavella, en Ordes, tan só dous anos despois das obras de acondicionamento, serviulle ao BNG local para demandar que o Concello efectúe controis de calidade nas súas obras e reclame a rectificación con cargo á garantía dos contratos.

O voceiro nacionalista, Pablo Vidal, expuxo no Pleno que a rúa presenta “afundimentos e problemas derivados dunha escasa ou deficiente compactación das gabias”. Polo pouco tempo que pasou

Frades

Inventario municipal

Se alguén quixese adquirir o Concello de Frades, no suposto de que se vendese, debería preparar un mínimo de 16,1 millóns de euros. É o valor do primeiro inventario de bens dos que dispón a administración local. Inclúe 15,4 millóns en bens inmobles, uns 286.000 euros en vehículos e 402.000 euros en bens mobles.

No Pleno, votaron a favor da aprobación inicial o PP e o BNG. O PSOE abstívose por falta de tempo para poder consultar todo o documento.

O alcalde, Roberto Rey, precisou que a relación de bens non inclúe as pistas de titularidade local.

desde a obra, considera que “non resulta de recibo”. Por iso, aconsellou que os controis de calidade comproben, entre outros aspectos, a correcta compactación das gabias.

O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, manifestou que xa eran “coñecedores” da situación e anticipou que solicitarían a reparación dos defectos en canto a meteoroloxía o permitise. Non obstante, o rexedor explicou que a Deputación retirou a obriga dos controis de calidade desde 2015 para as obras incluídas nos seus plans, e engadiu que tamén

na rúa do Recreo, contratada polo organismo provincial, se produciron desperfectos prematuros.

Vidal replicou que os controis correspóndenlle a quen executa as obras e que aínda que a Deputación non obrigue a facelos tampouco os prohibiu, polo que reiterou que son recomendables e necesarios.

Rúa da Canteira

Nunha liña semellante, o PSOE tamén se fixo eco da necesidade de reparar os desperfectos da rúa da Canteira, pavimentada a finais de 2020 e con tramos xa moi danados.

Partes do firme da Casavella xa están afundidas.

Neste caso, o alcalde matizou que a orixe non está nun mal asfaltado, senón nas deficiencias nas conexións da vella rede de pluviais, que fan que a auga acabe estropeando o firme sobre todo cando chove moito. Comprometeuse a revisar as canalizacións e localizar os fallos.

Sendas peonís, beirarrúas, pluviais e reparación de pistas e camiños

O goberno de Cerceda repasa as obras de recente execución

Cerceda De Zero

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, xunto coa concelleira María del Carmen Rodríguez e os concelleiros Ángel Gestal e Francisco Boquete, visitaron hai unhas semanas as diversas obras que o Concello ultimaba ou acababa de iniciar.

Entre as máis destacadas, a nova senda peonil CercedaMeirama, de 300 metros de longo e dous de ancho, que ten como derradeiros pasos a colocación dunha varanda metálica e as novas luminarias, logo de desfacer a cuneta previa e instalar a recollida de pluviais.

Integrantes do goberno de Cerceda nunha das obras.

A nova senda únese ás de Gosende, da Silva á Tablilla ou a de San Vicenzo. O rexedor adiantou que proxectan outras no Roxo e de Ribasoutas a Xermar, co mesmo propósito de fomentar a mobilidade non motorizada.

Acudiron tamén á Lousa a comprobar a prolongación da

senda peonil uns cen metros. E no Vilar os representantes municipais observaron a mellora dun camiño que dá acceso a varias vivendas e que a veciñanza pedira amañar. Destacaron tamén a nova rede de pluviais no Atrio, un muro de contención e novas beirarrúas. E na Silva, uns 260 metros cadrados de novas beirarrúas. Rodríguez debullou novas obras que o Concello acomete con achega económica da Deputación. Son a mellora do acceso ao Piñeiro, o camiño de Carracedo e a cuneta transitable no Sucadío.

12 InformaZións Nº 14 febreiro 2024
Ordes De Zero

ENTREVISTA CON TRINI GONZÁLEZ PULLEIRO, RESPONSABLE DE LA NUEVA TIENDA

Congelados Ártico llega a Ordes con frescura y calidad selectas

- Con 23 años de experiencia en el sector de los congelados y en atención al público, Trini González Pulleiro se pone al frente del nuevo establecimiento Congelados Ártico en Ordes (Alfonso Senra, nº 12). ¿Qué supone la llegada de esta tienda para la comarca?

- Tras el cierre de las tiendas especializadas en congelados que había en Ordes, nosotros somos la única que trae consigo la frescura y la calidad de los productos más selectos. Estamos teniendo bastante impulso en el mercado local, un buen recibimiento que agradecemos.

- ¿Qué tipo de productos podemos encontrar en Ártico?

- Ofrecemos gran variedad de productos de alta calidad ultracongelados, desde exquisitos pescados y mariscos a cortes de diversas carnes. También tenemos las mejores verduras, abundantes postres y dulces, así como opciones de platos preparados y precocinados que están deliciosos.

- ¿Por qué se caracteriza en su relación con el consumidor?

- En Ártico la satisfacción del cliente es nuestra máxima prioridad. Nos esforzamos por brindar un ser-

vicio personalizado y garantizar la frescura y calidad de cada producto. Queremos que cada cliente tenga una experiencia de compra agradable.

- ¿A qué perfil se orienta: particulares o restauración?

- Nuestra tienda atiende tanto a particulares como a la restauración. Para los consumidores individuales, ofrecemos la posibilidad de llevar a casa ingredientes de alta calidad para sus comidas diarias. Para el sector de la restauración, proporcionamos soluciones gastronómicas de primera calidad, adaptadas a las necesidades específicas de cada establecimiento, con ofertas mensuales y otros descuentos especiales en tienda.

- Recuérdenos las ventajas de los productos congelados.

- Los productos congelados no solo conservan la frescura, sino que también permiten una mayor versatilidad en la planificación de comidas. Nuestra selección de congelados garantiza la retención de nutrientes y sabores, ofreciendo una opción conveniente y saludable para aquellos que buscan una alternativa fresca y deliciosa en cualquier momento del año.

- ¿Qué planes de futuro tiene Congelados Ártico?

- Estamos comprometidos con la mejora constante. Planeamos aumentar nuestra oferta de productos e introducir nuevos colaboradores con productos gourmet, siempre pensando en las necesidades de los clientes.

- ¿Cómo se diferencia Ártico de los congelados de grandes superficies o supermercados?

- Nos destacamos por ser la única tienda especializada en congelados en Ordes, lo que nos permite

Trini González Pulleiro, responsable de Congelados Ártico.

enfocarnos exclusivamente en brindar productos excepcionales al mejor precio.

Nuestra variedad, calidad y servicio al cliente son nuestros puntos de diferencia frente a sitios donde el personal no está especializado en el sector del congelado, no pueden dar el mejor asesoramiento y no deciden el formato de venta del producto.

En general no llevan el mismo control que nosotros, la diferencia es enorme y si pruebas a venir aquí a comprar lo notarás. Es frecuente que en esos sitios se compran envases donde pareces ahorrar, pero el hecho de poder comprar a granel te acaba beneficiando ya que el precio por kg es más económico.

- ¿Cómo garantizas la excelencia en el servicio al cliente y la atención personalizada?

- En nuestra tienda, cada cliente es único. Nos esforzamos por conocer sus preferencias y necesidades, proporcionando recomendaciones personalizadas y un servicio atento. La satisfacción del cliente es el motor que impulsa nuestro compromiso diario de superar expectativas.

Nº 14 febreiro 2024 publiZidade 13
Oroso: o PSOE achácalle “xestión cero” a Doval, que responsabiliza á herdanza recibida

Lea por mor da prórroga do orzamento

ñer a renuncia a ter orzamentos municipais este ano.

O PP e o PSOE de Oroso sosteñen unha lea polos prazos de elaboración e de aprobación dos orzamentos do Concello para o actual exercicio de 2024, aínda pendentes.

O portavoz socialista e exalcalde, Luis Rey, considera que a decisión de prorrogar o orzamento de 2023 é “proba irrefutable da xestión cero” que lle achaca ao goberno de Alex Doval.

Rey di que é “lamentable” que o PP non teña as contas elaboradas máis de medio ano despois da acceder ao poder pese a dispoñer de maioría absoluta. O líder socialista anticipa que sería “inadmisible” que a prórroga chegue a supo-

Ordes

Reunión en Poulo o 19

As persoas con propiedades na concentración parcelaria de Poulo están convocadas a unha reunión informativa o luns 19 de febreiro (12:00 horas) no local social da parroquia para explicar o inicio da investigación da propiedade.

Iluminación no cemiterio

O BNG pediu iluminación do cemiterio do Balado (Ordes) nas horas nocturnas en horario de apertura do recinto. O goberno explicou que fallou uns días, sen que ninguén reclamase, por unha avaría no acendido automático.

“Cara dura”

O executivo do PP pensa que a crítica do PSOE evidencia a súa “cara dura” tendo en conta a “herdanza recibida”, que fai que “o axuste nas contas públicas tras o cambio político sexa unha tarefa complexa”, afirman.

O alcalde, Alex Doval, asegura que o orzamento está condicionado pola licitación de servizos básicos. Tarefa que o anterior executivo, engade, non fixo “e o único que licitaron, a limpeza de locais, fixérono mal”.

Outra mostra sería o servizo de axuda no fogar, no que prevén incremento de custos

aínda sen determinar, polo que o orzamento sería “irreal” mentres non pechen as cifras.

Tamén inciden os proxectos de investimento, como o novo polideportivo, que o PP di que estaba sen facer, ou a reforma da avenida da Grabanxa, que deben remodelar.

O PP conclúe defendendo que o seu orzamento será

Nova xuíza de paz

María Elena Espiñeira Raña é a nova xuíza de paz de Oroso. Traballou na administración local uns 45 anos, ata a súa xubilación hai dous. O goberno municipal destacou precisamente a súa “experiencia, esforzo e ilusión”. Desde o PSOE, o portavoz, Luis Rey, felicitouna publicamente.

“serio e para cumprilo”, o que contrapón á “improvisación e non cumprir coa palabra dada” que atribúe ao PSOE.

Pagamentos

Os socialistas tamén criticaron que o PP non dese pagado o ‘cheque bebé’ e as axudas a entidades culturais.

Sosteñen que debería terse

feito antes de rematar 2023. O PP xustifícase na “carga de traballo á cal están sometidos os funcionarios públicos derivada da acumulación de pagamentos pendentes por parte da administración saínte”. Sen embargo, explicaron a finais de xaneiro que ultimaban os detalles contables para ingresarlle aos beneficiarios.

A oposición pide reforzar a limpeza e o executivo apela aos usuarios

PSOE e goberno discrepan sobre a salubridade da piscina

Ordes De Zero

As condicións de mantemento e salubridade da piscina climatizada de Ordes foron obxecto de debate entre o PSOE e o goberno local no recente Pleno.

O grupo socialista considerou “pésimo” o mantemento e “insuficiente” a limpeza, ao observar aspectos como azulexos que se desprenden, revestimentos danados, filtracións ou acumulación de porcallada en ximnasio e duchas.

Suciedade na instalación.

Ante a petición de reforzar a limpeza, a tenente de alcalde, Ana Soneira, asegurou que se efectúa dúas veces ao día, a mediodía e ao final da tarde, para non interromper en exceso a actividade. Con todo, ante as imaxes de suciedade achegadas polos socialistas,

Soneira fixo un “chamamento aos usuarios para que cada un fose algo máis coidadoso”. En canto ao mantemento, expuxo que se realiza sobre todo en agosto, aproveitando o peche das instalacións.

Taxas

Desde o PSOE precisaron que non culpan de falta de profesionalidade o servizo de limpeza, senón que a alta afluencia de xente fai que as dúas pasadas diarias non resulten suficientes. Tamén aproveitaron para queixarse da suba das cotas do servizo. Mención que o alcalde non

deixou pasar. José Luis Martínez Sanjurjo incidiu en que a piscina “dá un 50% de perdas” ante a suba de custos como combustible e electricidade. Aclarou que as taxas só pagan o 66% do servizo, co que o terzo restante sae do Concello. Por outra parte, o BNG propuxo crear un abono quincenal para estudantes que en vacacións acoden ao ximnasio e á piscina e teñen que matricularse por un mes ou pagar entrada diaria. O goberno descartou a petición porque cre que ese tipo de situacións xa están cubertas con opcións como a do abono familiar.

14
Nº 14 febreiro 2024
InformaZións
Oroso De Zero

Veterinaria a domicilio SERVICIO DE URGENCIAS

Concepción Berdomas García

Nº 14 febreiro 2024 publiZidade 15
Contáctame!

Sinistros na autonómica AC-524 en Abellá e na provincial

DP-8401 en Castenda da Torre

Dúas vítimas mortais nas estradas da comarca

Frades-Tordoia De Zero

As estradas da comarca rexistraron dúas vítimas mortais nas últimas semanas en senllos accidentes acontecidos en Abellá (Frades) e en Castenda da Torre (Tordoia).

Colisión en Abellá

No caso de Abellá, faleceu un home de 34 anos nunha colisión frontal. Era veciño de Albixoi (Mesía). Resultou ferida grave unha muller de

45 anos, tamén veciña do municipio de Mesía, que foi evacuada en ambulancia e presenta evolución favorable. Foron as dúas únicas persoas implicadas no sinistro, unha colisión frontal entre os vehículos que conducían. Sucedeu sobre as nove e media da noite do 23 de xaneiro na estrada AC-524 (Ordes-Lanzá) á altura do lugar de Tañoi. Un particular avisou aos servizos de emerxencias, manifestando a gravidade dos

feitos e anticipando xa que unha das vítimas podía estar falecida. Así o confirmaron ao chegar ao lugar, onde os Bombeiros de Ordes tiveron que excarcerar as dúas persoas.

Cruzamento perigoso

No sinistro de Tordoia faleceu unha muller de 42 anos, veciña de Brión, o 25 de xaneiro. O coche que conducía e un camión bateron na intersección da estrada que vén de Viaño Pequeno (Trazo) co quilómetro 10 da provincial DP-8401 (A Tablilla-Agro do Mestre). É un cruzamento perigoso por falta de visibilidade e con accidentes habituais. A vítima faleceu no lugar do choque, ao que se mobilizaron un helicóptero medicalizado, unha ambulancia e persoal do centro de saúde de Tordoia. Os Bombeiros liberaron o corpo.

O goberno descarta a proposta con informes negativos da Policía Local

O BNG pide calmar o tráfico nos viais das parroquias

O BNG de Ordes propuxo diversas medidas de “calmado do tráfico” en varias zonas do municipio, especialmente nas parroquias de Ardemil, Barbeiros, Beán, Buscás e Vilamaior, onde apreza diversos tramos con excesos de velocidade habituais que comprometen a seguridade.

Avelino Candal, concelleiro nacionalista, asegurou en Pleno que é unha preocupación “xeral” que detectaron nas reunións coa veciñanza. Puxo como exemplos a es-

trada no Campo da Feira do Mesón do Vento, a pista que vai pola parte de atrás da far-

macia do Mesón ata o colexio, a pista de Orellán de Abaixo ou a pista entre a estrada DP2405 e A Salgueira de Abaixo.

Concienciación

O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, desbotou a proposta do Bloque argumentando que boa parte das peticións teñen o informe desfavorable da Policía Local porque non cumprirían a normativa.

O rexedor expuxo ademais que hai veciños que lle teñen trasladado o seu rexeitamento á instalación de elementos de redución de velocidade en

zonas de paso de tractores e maquinaria agrícola. Relatou ademais que en ocasións os propios veciños que solicitaron controis de velocidade acabaron sendo os multados, co conseguinte enfado. Por iso, viu máis oportuna a “concienciación” en circular a velocidades axeitadas. Candal demandou ver os informes policiais, ao que o alcalde accedeu. O edil do Bloque acusou a Martínez Sanjurjo de non ter a valentía de tomar medidas que poden resultar “antipopulares” pero que darían seguridade.

Asegurar o paso na Ponte da Garga

O estado do paso da ponte da Garga, entre Vixide e Guindiboo de Abaixo, en Montaos (Ordes), foi exposto por Manuel Antonio Villaverde (BNG) en Pleno. O edil fixo fincapé en que no inverno enlaméase e dificulta o paso dos vehículos, polo que pediu que o Concello arranxe. O alcalde tomou a solicitude en consideración, se ben indicou que habería que agardar ao tempo seco e que hai moitos puntos con dificultades semellantes.

16
14 febreiro 2024
InformaZións Nº
Choque entre dous coches en Abellá. (Foto: Bombeiros) Colisión dun coche e un camión en Castenda (foto: B.O.) Ordes De Zero Vial no Mesón do Vento.

Petición unánime dos grupos de PP, PSOE e BNG

Oroso reivindica a reparación da N-550

O Pleno de Oroso demandoulle por unanimidade ao goberno central reparar a estrada N-550. A decisión tomouse sobre unha proposta lanzada polo PP e secundada por PSOE e BNG.

O texto reivindica intervir no conxunto da estrada e especialmente no seu percorrido por Oroso. Sitúan como o máis preocupante para a comodidade e a seguridade do tráfico que existen deficiencias considerables no firme, tales como fendas, fochancas

ou ocos de certa dimensión que complican o tránsito.

O tempo que faga falta O alcalde de Oroso, Alex Doval, anticipa que desde o Concello manterán a petición

de todas as obras precisas ante o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible “o tempo que faga falta” porque se trata dunha estrada de gran relevancia “que vertebra o concello”, manifesta .

Incorpora un traballador social e unha enfermeira

Dous sanitarios máis

no centro de Sigüeiro

O centro de saúde de Oroso, situado en Sigüeiro, suma un traballador social e unha enfermeira familiar e comunitaria ao seu cadro de persoal. Ao contar con seis profesionais de enfermaría, pasa a haber máis dunha por cada profesional de medicina: seis por cinco, en concreto.

Ordes

Instan a revisar o dique de contención de Vista Alegre

O BNG de Ordes solicitou garantir a estabilidade do dique de contención da cidade deportiva, así como canalizar axeitadamente as augas que van desa zona de Vista Alegre ao Balado e a dotar de media cana a cuneta desde o núcleo ao rego do Balado. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, explicou que se fai mantemento do muro e que a deformidade non semella estrutural, aínda que o revisarán os técnicos. Descartou poder facer cunetas porque irían en propiedade privada e viu máis importante que o laboreo das fincas non alcanzasen a pista.

Solicitude para facilitar o acceso da Feira ao Muíño

María Vieites, concelleira do BNG, solicitoulle ao goberno local que cambie de lugar os contedores de lixo que atrancan a entrada da rampa que dá acceso desde o Campo da Feira á Rúa do Muíño. Tamén pediu acondicionar esta última para cadeiras de rodas, pois sostén que carece de radio de xiro suficiente. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, precisou que esa estrutura “nunca foi concebida para cadeiras de rodas” e que para iso existe unha axeitada a uns 25 metros de distancia.

A

Deputación financia axentes de igualdade para Tordoia, Trazo e a Mancomunidade

En canto ao perfil do traballador social, posibilitará ampliar a carteira de servizos públicos. Ademais, segundo anunciou o Concello, en breve xubilase a matrona. A nova que a reemprazará ampliará o horario, co que estiman que se triplicará a asistencia da especialidade. Do mesmo xeito, será substituída unha enfermeira por xubilación.

Material

O Concello tamén anticipou que está prevista a incorporación de novo equipamento para diversos diagnósticos e a renovación de todas as padiolas, que serán hidráulicas.

Os Concellos de Tordoia e de Trazo, así como a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, están entre as entidades locais beneficiadas polas subvencións da Deputación da Coruña para financiar persoal técnico e axentes de igualdade de xénero. A cada un dos tres organismos da comarca correspondéronlles 22.000 euros de axuda provincial.

O programa, que no conxunto da provincia inviste uns 310.000 euros entre municipios de menos de 20.000 habitantes e organismos como a Mancomunidade, quere contribuír a que desde o ámbito local se dinamice e se desenvolvan iniciativas que acurten a fenda de xénero, sempre en coordinación co departamento provincial de Igualdade para aplicar o I Plan de Acción de Políticas de Igualdade de Xénero 2019-2025.

A deputada de Igualdade, Soledad Agra, explica que o investimento pretende “contribuír ao avance pola igualdade entre homes e mulleres, que non sería posible sen persoal técnico especializado que facilite a colaboración entre Concellos e Deputación e a posta en marcha e mellor impacto e eficacia as accións necesarias”.

Nº 14 febreiro 2024 InformaZións 17
Oroso De Zero Firme desfeito da N-550 na zona de Sigüeiro. Oroso De Zero Visita de responsables da área sanitaria (arquivo). Comarca

Ordes

Sabela García Santos, premio de Relato Breve

Sabela García Santos, alumna do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de Ordes, é a gañadora do IV Certame de Relato Breve A Erbeda en categoría infantil. É o terceiro ano consecutivo que esta estudante ordense se fai con este galardón, convocado pola Casa-Museo

Comarca

Emilia Pardo Bazán coa colaboración da Real Academia Galega da Lingua, o Concello da Coruña e as librarías Xiada, Moito Conto e Formatos. García Santos concorreu esta vez con A nosa terra, relato que narra a viaxe de descuberta de Galicia a través dos ollos dunha cativa.

Para preservar e mellorar a biodiversidade

Divulgan en Frades axudas ambientais

Conselleira e alcalde, no paseo do muíño de Céltigos.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, aproveitou unha visita á área recreativa do Muíño de Céltigos, en Frades, para difundir unha nova convocatoria de axudas para recuperar, preservar e mellorar a biodiversidade en territorio de Rede Natura 2000 e en sistemas agrarios de alto valor natural. Orzamentaron 2,8 millóns.

A Mancomunidade zarrapica en Fitur

Madrid De Zero

A Mancomunidade de Ordes acudiu á Feira Internacional de Turismo (Fitur), en Madrid, cunha promoción centrada nos recursos fluviais e acuáticos dos seus sete municipios, nos que ve potencial

de atracción de visitantes.

A presidenta do organismo, Susana García, acompañada de representación dos diversos Concellos, presentou a iniciativa ‘Augas de Ordes’, situando os ríos como unha conexión coas nosas raíces e como un espazo lú-

dico. O proxecto non deixa de lado tampouco os encoros existentes na zona e o parque acuático de Cerceda.

A campaña, que complementa o catálogo de rutas nos distintos municipios, contou co apoio da Deputación da Coruña e da Xunta.

Durante un mes, contado desde o 27 de xaneiro, poden solicitar Concellos, persoas físicas, asociacións sen ánimo de lucro e comunidades de montes veciñais en man común. A axuda máxima é de 30.000 euros a Concellos e 15.000 os restantes casos. Algunhas das accións subvencionables son eliminar especies invasoras, restaurar especies de ribeira, recuperar puntos de auga, restaurar valados de mampostería, adecuar carreiros, crear rutas e áreas recreativas, sinalizar camiños e sendas, rehabilitar elementos como hórreos, milladoiros ou muíños.

A Vía Verde acode para darse a coñecer

Proposta destacada da comarca na feira turística madrileña foi a Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, na que están implicados os municipios de Cerceda, Tordoia, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela. En Fitur presentaron o seu plan de sustentabilidade turística, financiado con fondos europeos NextGeneration cun importe de case 1,4 millóns de euros. Ademais houbo reunións coa Fundación de Ferrocarriles Españois, que lidera o programa de Vías Verdes, con entidades de turismo accesible e co Ministerio de Agricultura en relación co programa de camiños naturais.

18 InformaZións Nº
febreiro 2024
14
A maior parte son de Cerceda e de Oroso

A teleasistencia da Deputación chega a 128 persoas na zona

O servizo de teleasistencia da Deputación chega na comarca de Ordes a 128 persoas. Todas elas dispoñen dun colgante cun botón vermello que ao pulsalo dálles conexión cunha central, ubicada na Coruña e operativa as 24 horas todos os días.

Os municipios da zona con maior número de usuarios son Cerceda, con 43, e Oroso con 35. En Frades hai 5, en Mesía 9, en Ordes 13, en Tordoia 14

e en Trazo 9. No conxunto da provincia coruñesa, son 3.846 persoas beneficiarias.

O servizo é de balde e pode solicitarse nos departamentos de servizos sociais dos Concellos. O perfil de usuario máis habitual, mais non o único, é o dunha muller de máis de 80 anos que vive soa. Ademais de poder chamar por calquera percance, ou simplemente para falar con alguén durante uns minutos, tamén reciben chamadas desde a central nas que as operadoras lles

preguntan sobre o seu estado de saúde ou lémbranlles a hora de tomar a medicación.

Modernización

Nunha visita á central telefónica na Agrela, na Coruña, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a deputada de Política Social, Mar Vidal, anunciaron que o servizo vaise renovar incorporando un reloxo moderno xa non vinculado ao teléfono e con xeolocalización, moi útil en accidentes ou perdas.

400.000

horas de axuda no fogar

Ademais da teleasistencia, a entidade provincial inviste 8,3 millóns de euros no plan de servizos sociais comunitarios, no que se prestan case 396.000 horas de servizo de axuda no fogar nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Son 100.000 horas máis que en 2020. O plan implica tamén a contratación de 178 profesionais especializados no ámbito social para a atención de persoas vulnerables.

Nº 14 febreiro 2024 InformaZións 19
A Coruña De Zero Visita de Formoso e Vidal á central de teleasistencia.

Ordes homenaxea os once veciños do municipio fusilados en Boisaca en febreiro de 1937

“Maldita sexa a violencia e malditas sexan todas as guerras, hoxe e sempre”

Ordes De Zero

O Concello de Ordes rendeulle homenaxe institucional aos once veciños do municipio fusilados coas primeiras luces do 8 de febreiro de 1937 nas inmediacións do cemiterio de Boisaca, en Santiago.

A decisión tomárase hai uns meses por unanimidade do Pleno municipal (PP, BNG, PSOE) a partir dunha proposta do grupo socialista. O acto de memoria fíxose coincidir co octoxésimo sétimo aniversario dos feitos.

que rendemos homenaxe a todas as vítimas do golpe de estado e da posterior guerra civil”. A honra non se limitou só aos once fusilados, senón que abrangue “aos paseados e aos que perderon a súa vida na guerra; homenaxe a todas as vítimas e as súas familias”.

“Vítimas inocentes”

Da lectura do manifesto encargouse Manuel del Río, actual director do IES Ordes e neto dun dos represaliados. Serviu de homenaxe aos coñecidos como ‘once de Boi-

Nunha tarde desapracible de temporal, descubriuse unha placa conmemorativa cos nomes dos once asasinados. Sitúase na fachada lateral da antiga Casa do Concello, mirando á Alameda. Efectuouse unha ofrenda con coroa de loureiro, colocada por Julio del Río, o único fillo que queda vivo dalgún dos fusilados, no seu caso descendente de Manuel del Río Pampín.

saca’ e a todas as persoas que como eles foron “vítimas inocentes do terror desatado tras o golpe de estado de 1936”.

O manifesto sintetizou como propósitos do acto conmemorativo “dignificar a memoria destes veciños, confortar as súas familias, e recordar a todas as persoas que sufri-

Colaboración. Por Manuel Pazos Gómez, investigador.

Os fusilados de Ordes

Máis dun cento de persoas na comarca de Ordes foron vítimas mortais da represión franquista iniciada nos días posteriores á sublevación de xullo de 1936. O réxime fascista (no que todos os dereitos fundamentais foron suprimidos) empregou unha violencia brutal, sen antecedentes na vila.

O terror estaba susten-

tado pola Garda Civil, o Exército e os matóns que comezaron deseguido coas humillacións e o exterminio de persoas vinculadas dalgún xeito á Fronte Popular. Os bandos de guerra e a lexislación militar suprimiron a democracia e a legalidade republicana constitucional representada por partidos de diferentes opcións políticas.

Nos días posteriores ao 18 de xullo foron encadeados e procesados (nun xuízo farsa que está recollido na Causa núm. 230/36) un total de 23 veciños de Ordes por oporse ao “Glorioso Movimiento Nacional”. O sangue frío dos militares ditou sentenza de morte contra 12 persoas (un deles, Francisco Comesaña, salvouse por ter dobre nacionalidade).

ron, dun ou doutro xeito, os efectos daquela etapa histórica marcada polo terror, a represión e a guerra”.

“Fin a unha anomalía”

O texto defendeu como “necesario” o recoñecemento, por canto “pon fin a unha anomalía histórica, ao tempo

Aqueles once homes inocentes (nada fixeran) acabaron fusilados ao pé do cemiterio de Boisaca no amencer do 8 de febreiro de 1937. Os asasinados foron: Ángel Jesús Caamaño Villaverde (Parada, mestre), José García Fernández (Ordes, mestre), José de la Iglesia Vilariño (Ordes, xornaleiro), Manuel Moure Rey (Sar, labrego), Andrés Nogareda (O Casal, xornaleiro), Paulino Pérez García (Ordes, mecanógrafo), José Pérez Sanmartín (Noia, veciño de Ordes), Manuel del Río Pampín (Ordes, carteiro),

O manifesto destacou que, aínda que a fronte bélica estivo lonxe de Galicia, produciuse unha represión contundente, que na nosa comarca foi “especialmente dura”. Rememorou como Isaac Díaz Pardo, no relato da súa fuxida en agosto de 1936 no Castromil desde Santiago á Coruña, “entre Ordes e Alvedro contou catorce homes mortos na cuneta da estrada”.

Un exercicio de terror asasino e represión ante o que o manifesto lido conclúe: “maldita sexa a violencia e malditas sexan todas as guerras! Hoxe e sempre”.

José del Río Pampín (irmán do anterior), José Vázquez Mandayo (A Espenica, Ordes) e Benito Vilariño Liste (Ordes, xornaleiro).

Aos once veciños fusilados hai que engadirlle Manuel del Río Mandayo paseado polos falanxistas de Ordes en Boisaca a comezos de outubro de 1936. Estes son os actos “heroicos” reivindicados pola Ditadura e aínda hoxe, 87 anos despois, os descendentes das vítimas teñen que aturar á ultradereita española envolta na máis pura parafernalia franquista de antano.

20 InformaZións Nº 14 febreiro 2024
Lectura do manifesto e descendentes dos fusilados que asistiron ao acto de memoria.
Nº 14 febreiro 2024 publiZidade 21

Club Atlética A Silva-Ordes

O ano empeza con moi bo pé

De Zero

O Club Atlética A Silva-Ordes obtivo notables resultados nas primeiras competicións deste 2024, co equipo máster feminino en cuarta posición e o masculino en quinta.

No campionato galego de lanzamentos longos en Vigo, acadaron medallas de ouro

Carlos Alberto Almudí (martelo de 7,26 kg), Ana Abuín (martelo 3 kg), Ángeles Rodríguez (disco 1 kg, xavelina 500 g e martelo 3 kg) e Lucía Doval (xavelina 600 g). Obtiveron prata e bronce Jose Domínguez (disco 1,5 kg e xave-

Motor

Cancelado o Rally da Auga

O Rally da Auga de 2024 non se celebrará. A organización, a Agrupación Deportiva Noroeste Motor e o Comité Organizador, anunciaron días atrás a súa cancelación por “agotamento” e por “incertidume institucional local no ámbito deportivo e económico”, din nun comunidado.

A competición, que sumaba xa unha década nos calendarios de campionatos e copas de España, estaba programada para abril na comarca de Ordes.

Os organizadores lamentan “o dano que esta decisión poida ocasionar” e agradecen todos os apoios recibidos durante estes anos. Non descartan reanudar o evento en vindeiros anos.

lina 700 g) e Basilio Bernárdez (xavelina 700 g e disco 1,5 kg).

En canto ao galego sub23, destaca o primeiro posto de Paula Noya en 200 metros lisos en pista curta. En 400, a priori a distancia na que mellor rende, foi cuarta.

No campionato galego absoluto, o club informa de dous sextos postos de atletas da canteira, que lles permiten soñar futura traxectoria exitosa. Por unha parte, a sub16 Alma Bello conseguiu entrar na final de 60 metros lisos e rozou a marca mínima para o campionato de España da súa categoría. E por outra parte, o

sub18 Raúl Gude saltou 6,30 metros, o que supón o seu mellor rexistro en lonxitude chamando a atención de atletas máis experimentados na competición.

Finalmente, no campionato galego de probas combinadas, prata para Antía Calvo en sub18, bronce para Gude en sub18, Adriana Ferreiro novena en sub16, Tesfaye quinto e Luis Dam oitavo.

Taekwondo - Campionato de España

Alba Rey Franqueira acada o bronce

Alba Rey Franqueira, deportista do Club BoudSport de Ordes, acadou a medalla de bronce coa súa participación no Campionato de España absoluto de taekwondo como integrante da selección galega.

A competición desenvolveuse en Málaga o pasado 3 de febreiro e tivo tamén presenza vinculada á entidade ordense na figura do técnico da selección, pois foi un cometido do que se encargou Cristóbal Boudjenane, impulsor e responsable do club BoudSport.

Coidado, rouban bicis

A Federación Galega de Ciclismo lanzou unha advertencia sobre unha vaga de roubos de bicicletas, logo de observar tres en diversos municipios de Pontevedra cun xeito de proceder moi semellante.

Tal como explican, os ladróns contactan coas vítimas en webs de venda de segunda man. Quedan coa persoa propietaria para comprobar o estado da bicicleta. Unha vez reunidos, o suposto interesado na compra pide probala e aproveita para fuxir pedaleando. Seguramente ata un coche próximo para completar o roubo con rapidez. A federación aconsella extremar as precaucións á hora de quedar para compravenda.

22 Zero a Zero Nº 14 febreiro 2024
Comarca Adriana Ferreiro. Alma Bello. Antía Calvo. Paula Noya. Raúl Gude e Pepe Domínguez. Ordes De Zero Ciclismo

Entrega dos agasallos da campaña de Nadal

O comercio de Oroso premia a súa clientela

O comercio local de Oroso entregou en datas recentes os múltiples premios, tanto en metálico como diversos produtos e artigos, do seu sorteo da campaña de Nadal. Con esta acción pretenderon incentivar as compras nos

establecementos de proximidade na que é unha das etapas de maior actividade comercial do ano. A iniciativa contou coa colaboración do Concello.

Poda e enxertos en Tordoia

Notable acollida ao obradoiro de iniciación ás técnicas de poda e enxertos organizado polo Concello de Tordoia. Cun prezo de 15 euros por persoa, constou dunha sesión teórica de tres horas e doutra cunha orientación máis práctica da mesma duración.

Os martes, tecnoloxía en Oroso

O ciclo de Martes tecnolóxicos en Oroso está facilitándolle á poboación coñecer diferentes dispositivos e a súa posible aplicación na vida cotiá, tales como drons ou lentes de realidade virtual. As sesións van continuar. Informan no Concello.

Frades

Teis e Redondela, novo percorrido de Frades polo Camiño Portugués

Prosegue o percorrido polo Camiño Portugués a Santiago organizado polo Concello de Frades. A nova etapa, á que se sumaron 26 persoas, completou os catorce quilómetros de distancia entre Teis e Redondela. Este vindeiro 24 de febreiro prevén unha nova etapa, dezanove quilómetros de Redondela a Pontevedra. Sairá sairá un autobús desde a Casa do Concello ás 8:30 horas. Inscricións a 10 euros no 981 69 55 67.

Nº 14 febreiro 2024 mira Zero 23
Oroso De Zero

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.