1 DECEMBRO 2012
COLEXIADOS OFICIOS FORMACIÓN EMPRESA COXGA NORMATIVA TENDENCIAS AXENDA
EDIT O RIAL
Presentamos , a revista dos profesionais da xoiaría, ourivaría, prataría, reloxaría e xemoloxía de Galicia 4 COLEXIADOS (entrevistas)
Esteban Díaz Abella Gerardo Alonso Iglesias José Luis Míguez Cristobal Joyería Rosant Joyería Salamanca
10 COLEXIADOS (opinión)
Por que? A reflexión de Susi Gesto Os tempos que nos tocaron El enfado de un joyero
12 OFICIOS ISO 2281 e ISO 6425 para reloxos Charoíta
14 FORMACIÓN
Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo Escuela de Joyería del Atlántico
16 EMPRESA
Deseño de tendas e presentación comercial no século XXI As oportunidades e as ameazas para o comercio
18 COXGA
As coleccións de xoias das nosas empresas xa están amparadas polo selo Galicia Calidade
21 A MEDALLA DO COLEXIO
Javier Guerra, Conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia
E
speramos que a lectura destas páxinas vos sexa de grande utilidade, tanto como instrumento de información, coma de formación e apoio para o exercicio da profesión. Dirixida principalmente aos nosos profesionais colexiados, esta publicación tamén contén información divulgativa destinada ao gran público. Alento xurde como unha nova canle de comunicación cos nosos profesionais, coa intención de achegar aínda máis o Colexio aos seus verdadeiros protagonistas, os colexiados. Recibiredes trimestralmente nos vosos establecementos esta publicación coa información máis relevante sobre o sector. Nas circulares que envíamos por correo electrónico a todas as persoas colexiadas, procuramos avisar coa máxima antelación das convocatorias que poden resultar de interese para o sector así como dos contidos tratados nas reunións da Xunta de Goberno ou das Comisións de traballo. Este Alento será un complemento a estas comunicacións así como ao panel privado da web, que seguirán funcionando, como ata agora, procurando darvos o mellor servizo profesional. Queremos que esta nova canle de comunicación do Colexio Oficial de Xoiaría nos permita estar máis cerca de vós e que vos beneficie nas vosas tendas, nas vosas empresas, en definitiva, na vosa profesión.
Neste primeiro número de Alento temos unha serie de traballos elaborados por compañeiros de profesión, que xa se sumaron a esta nova experiencia. Agradecemos a todos o seu esforzo e disponibilidade. Evidentemente estades todas e todos convidados a colaborar para que este Alento sexa tamén voso. Non dubidedes en facernos chegar o que queredes que todo o sector lea ou aprenda. Todos formamos parte deste Alento, todos somos importantes neste equipo, no que estamos traballando por un interese común e unha iniciativa ilusionante. Tamén sabemos que temos lectores, seguidores, que non son profesionais do sector pero que teñen algún interese persoal en aprender máis sobre a nosa actividade, polo que, especialmente para eles, incluiremos sempre que podamos, artigos de divulgación xeral sobre o noso sector. Asinamos esta carta de benvida ao noso Alento, as persoas que se detallan a continuación, e que formamos a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Xoiaría, dende setembro 2011, traballando a prol de todos os profesionais, coa axuda das Comisións de Traballo:
26 INTERNACIONAL
Óscar Rodríguez Blanco, xoieiro de Viveiro (Lugo) Pablo García Regueira, xoieiro-xemólogo de Pontevedra Luis González Bahamonde, xoieiro de Bergondo (A Coruña) Alfonso Pérez Couto, xoieiro de S. de Compostela Carmen María Otero García, xoieira de S. de Compostela Enrique Guillermo Fink Fernández, xoieiro de S. de Compostela José Antonio García Pardo, reloxeiro da Coruña Jose Luis Míguez Cristóbal, reloxeiro de Ordes (A Coruña) Celso Santos Pereira Varela, maiorista de Ourense Senén Rodríguez Martínez, xoieiro de Lugo
27 AXENDA
Un atento saúdo de todos nós e boa lectura!
22 NORMATIVA 24 TENDENCIAS 25 AS SEGUETAS
Editor NÚMERO 1
DECEMBRO 2012
Publicidade
Colexio Oficial de Xoiaría Rúa Ramón Cabanillas 5-7, 2º B 15701 Santiago de Compostela A Coruña
Teléfono: 981 598 858 Correo electrónico: prensa@coxga.es
Deseño e diagramación Tórculo Artes Gráficas, S. A. ISSN 2255-1492 Depósito legal C. 2.277-2012 Impresión Tórculo Artes Gráficas, S. A.
presidente vicepresidente 1º vicepresidente 2º tesoureiro secretaria vogal vogal vogal vogal vogal
www.coxga.es O Colexio Oficial de Xoiaría non se fai responsable das opinións nin comentarios que os colaboradores expresen, en todo momento, de maneira individual. É preciso solicitar autorización ao Colexio Oficial de Xoiaría para as reproducións de contidos.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
3
C O L E X I A D O S | en tr evi st as
Esteban Díaz Abella Abella Taller de Joyería Avda. Arcadio Pardiñas, 81 - baixo 2 27880 Burela (Lugo) T. 690 128 285
É un xove profesional de 26 anos que acaba de incorporarse ó Colexio Oficial de Xoiaría. Estudou Deseño de Xoiaría na Escola Mestre Mateo, en Santiago e recentemente creou o seu propio obradoiro de xoiaría. Nas seguintes liñas descubriranos como está sendo o seu comenzo no mundo da xoiaría, cales son as súas inquedanzas e os seus proxectos. Comenzamos Esteban, cóntanos por qué decidiches estudar xoiaría? A verdade é que a decisión de estudar o ciclo superior de xoiaría non foi unha decisión moi madurada. Tras face-lo bacharelato tecnolóxico non quería cursar estudos relacionados co mesmo e, como sempre me interesou o mundo da arte, decidín optar por esa rama. O feito de escoller a xoiaría débese a unha verdadeira casualidade. Entereime de que un rapaz, tamén de Burela, cursara o ciclo de xoiaría e quedara moi contento co nivel práctico das ensinanzas impartidas. Deste xeito, informeime acerca do curso en cuestión e decidín probar a ver si “ era o meu”. Ao final a xoiaría sobrepasou as miñas expectativas e non só rematei ese ciclo, senón que seguín estudando cursos relacionados ata que decidín emprender un negocio propio. Tes algún/s ou algunha/s referente/s no sector? Se vos referides a se teño antecedentes xoieiros na familia ou achegados, a resposta é non. Se polo contrario, queredes dicir se admiro a algún artista en particular, a verdade é que admiro a moitos xoieiros ou deseñadores pero non teño un destacado. Qué consello lle darías a un rapaz/a que desexe empezar nesta profesión? En primeiro termo, que non lle teña moito aprecio ás unllas (risas). En segundo termo eu diríalle que hai que botarlle valor 4
ALENTO
NÚM. 1
e ser constante; que se esperas a que chege a “boa época” para montar un negocio, podes chegar á idade de xubilación sen facer nada. En resumidas contas, loitando polos teus soños sempre é máis doado. Qué características se precisan para ser xoieiro? Eu creo que o principal para adicarte á xoiaría é ser creativo, coidadoso, paciente e perfeccionista; pero isto non quere dicir que eu as cumpra todas, pois algunhas veces a paciencia brilla pola súa ausencia. Cómo xurdíu a idea de crear o teu propio obradoiro de xoiaría? A idea xurdíu tras rematar un curso de xoiaría de dous anos que estudei en Oviedo. Logo de estar algún tempo empregado no sector e grazas á axuda dos meus país, decidín arriscar e montar un obradoiro propio. Así que moito llo débo ao meu pai e á miña nai, que apostaron por min e facilitáronme os recursos para comezar o meu propio negocio. O peor de todo é que a miña nai non chegou a ver o local rematado pois faleceu o 31 de Decembro de forma repentina. A ela van dedicados todos os meus logros de aquí en diante. Que é o máis gratificante do teu traballo? O máis gratificante diría que é cando o cliente queda tan contento coa xoia que
DECEMBRO 2012
che di: “ non a gardes que xa a levo posta”. Pero tamén o é cando os clientes confían nun para os momentos máis importantes da súa vida. E o que menos che gusta? Pois, en realidade non hai moitas cousas que me desagraden do meu traballo. Se tivese que citar unha diría que o estar só. Ás veces bótase de menos a alguén con quen falar, pero polo demais nada me disgusta. Tes algunha anécdota que queiras contarnos dos teus comenzos? Como levo pouco tempo no negocio aínda non teño ninguna anécdota reseñable que contar. En qué consiste o teu último deseño? A miña ultima creación consiste nun collar de contas de malaquita cun rosetón central de jade en prata dourada. Éste é un deseño que levaba tempo estudando e tiña gañas de levar a cabo. Tes algún proxecto futuro que che gustaría compartir con nós? Por agora estoume a asentar no negocio, pero si teño en mente, para un futuro próximo, a creación dunha páxina web con venta online de xoias. Esteban, moitas grazas por compartir connosco este tempo. Desexámosche moita sorte en todos os teus proxectos e esperamos volver a falar contigo moi pronto para que nos vaias contando os teus logros.
Gerardo Alonso Iglesias, reloxeiro de Vigo Relojería Gerardo Rúa Álvaro Cunqueiro, 31 36211 Vigo (Pontevedra) T. 986 473 838
Artesán reloxeiro de terceira xeración, xa leva máis de 45 anos traballando neste oficio, que agora exerce na súa tenda-obradoiro da rúa Álvaro Cunqueiro de Vigo, chea de tesouros. Cando estivemos con el, había na súa tenda unha xoia en reparación: o reloxo de madeira que fabricou Evangelino Taboada en 1940. O seu avó fundou a Relojería Gerardo en 1920, na Praza Princesa de Vigo. Estableceuse no local no que estaba o seu tío e que era unha óptica. Montou a reloxaría nos anos 20: tempos duros, nos que se carecía de case todo. Había que fabricarse dende un eixe ata unha tixa, coa lima ou co torno. Traballábanse seis días á semana e os domingos pola mañá o meu avó ía pola tenda a dar corda a todos os reloxos e corrixir a marcha para que estivesen en marcha o luns. O seu pai retomou á súa vez o oficio. Tiña a reloxaría no sangue? Despois de moitos anos de actividade o meu avó deixou o relevo ao meu pai, quen, aparte de herdar o oficio, montou tamén un obradoiro de xoiaría, chegando a ser un reloxeiro e xoieiro artesán moi recoñecido, á parte de ser un dos fundadores do Gremio, da Asociación Provincial de Xoieiros, sobre os anos 50. Aprendeu co seu avó e co seu pai ou tivo outra formación? Aprendín o oficio do meu pai, aínda que me lembro de pasar moitas horas co meu avó (con 7 anos), vendo como limpaba os reloxos de parede con gasolina e un pincel (encantábame ese olor). Quizais foi aí onde me empezaron a gustar os reloxos, pois víaos como un xogo, como un crebacabezas. Empecei o oficio con 17 anos, aínda que con 12 xa tiña desarmado e roto varios despertadores. Aos 22 o meu pai montoume un obradoiro coa ferramenta e maquinaria máis moderna e a base de
moitas horas especialiceime en reloxos antigos, de parede, de peto, de antesala. Pasaba moitas horas con reloxeiros maiores e con libros e métodos, así como tamén en obradoiros de Madrid, Lisboa, Londres e París, para formarme. Di que o seu oficio é máis un pasatempo ca un traballo. Como pode ser? Cando che gusta un oficio que é o teu medio de vida non cabe dúbida de que se volve como un hobby, pasan as horas voando e cando é a hora de saír, e aínda non acabaches aquel arranxo de reloxo, quédaste un anaco máis ata acabalo, porque se non o fas, parece que non quedas ben contigo mesmo. Pola súa tenda-obradoiro pasan moitos reloxos orixinais e antigos. Cales foron os máis interesantes? - pola personaxe que o levou, o Almirante Méndez Núñez, un reloxo de peto con horas, cuartos e minutos, pavonado con iniciais de ouro, - un reloxo gótico de parede inglés datado do 1620 dunha soa agulla de bronce e aceiro, - un reloxo de sobremesa de madeira do galego Furial, S. XVIII, que reparei completamente: un magnífico reloxo carillón cuns autómatas que se moven coa música. - un reloxo alto, de antesala, coa máquina fabricada integramente en madeira e a man polo reloxeiro galego Evangelino Taboada. Creouno no cárcere de Vigo (preso político nos anos 40).
- Tamén arranxei un gran reloxo inglés de sobremesa, de madeira de caoba, carillón con dez melodías e 16 campaíñas, calendario, semanario, fases da lúa, do ano 1795. Este reloxo pesaba 30 kg. Sabemos que é o responsable das badaladas de fin de ano, na Praza de América de Vigo, diante de 15.000 persoas. Como se vive tal responsabilidade? Gañei un concurso público do Concello de Vigo para o arranxo do reloxo de catro esferas e mecánico da fachada do Instituto Santa Irene, onde se celebra a despedida do ano vello e do que son o encargado para que nada falle ese día. Alí, ás 23 h desprázome cada ano, deixando á familia, amigos, cea, con frío, choiva e subo seis pisos andando, ata chegar con cara de alegría, onde todo está preparado e automatizado pero hai que estar alí. Cando falta 1 minuto só se escoita o forte e acompasado Tic-Tac. O corazón empeza a acelerarse. Acaba a última badalada e cando todo saíu ben, o corazón recobra o seu ritmo e sincronízase co Tic-Tac. Ao fin e ao cabo o home e o reloxo son as máquinas máis perfectas. Quero finalizar facendo un recoñecemento ao traballo silencioso de tantos reloxeiros que co seu esforzo colaboran para manter e recuperar pezas importantes de reloxaría. Parabéns por este traballo tan ben feito e levado a cabo con tanto agarimo. Moita sorte para o futuro.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
5
José Luis Míguez Cristóbal 12Horas Alfonso Senra, 136 - baixo 15680 Ordes (A Coruña) http://12horas.es/
É un dos nosos reloxeiros colexiados, que estivo instalando no mes de setembro 2012 un encargo especial, de 2,50 m, para o que tivo que viaxar de Ordes a Sevilla. Estivemos falando con el para saber máis sobre este traballo integramente fabricado en Galicia para ser instalado en Andalucía e aquí compartimos o que nos contou. Luis, pode contarnos que tipo de encargo tivo que levar a Sevilla? O encargo deste reloxo polo cliente foi coa indicación de que fose inspirado no Big Ben de Londres e cun tamaño de non menos de 2,50 x 2,50 m. A esfera ten un diámetro de dous metros e é exacta á esfera do Big Ben; os clientes desexaban que o seu local fose un punto de encontro para os turistas londinienses en Sevilla e dende logo nada máis emblemático que o seu reloxo para isto. Pode describirnos o reloxo? Neste caso unha imaxe vale máis ca mil palabras, pero vou tratar de comentar algunhas peculiaridades. Para empezar, o reloxo vai situado a pé de rúa, á altura da vista e a 8 cm do cristal do escaparate, isto implica esmero na terminación e nos detalles. Outro aspecto é que o reloxo tiña que integrarse no ambiente do local, o cal implicaba unha dificultade engadida. Optamos por un lacado negro satinado en todo o conxunto e recortar o logotipo xunto co slogan, iluminándoo dende o interior para resaltalos. Na parte media construímos unha vitrina dende onde se aprecia o mecanismo do reloxo, iluminándoa cun pequeno foco. Todo o conxunto do reloxo é totalmente desmontable. Vai ancorado cun eixe lateral que permite desprazalo sobre rodas á posición desexada. Móvese cunha máquina electromecánica e sincronizada con sinal GPS que axusta automaticamente calquera pequena desviación ós cambios de hora. Para a iluminación recorrimos a LED RGB. 6
ALENTO
NÚM. 1
Por que iluminación LED RGB? É un reloxo ecolóxico? Proxecta algunha cor distinta da vermella, verde e azul (Red Green Blue), con algunha combinación ou proxección? Para a iluminación recurrimos a LED RGB porque nos permite xestionar a cor resultante e pola facilidade para o reclamo comercial; por descontado aspectos de consumo e de duración das lámpadas. O consumo de enerxía é moi baixo. As cores dispoñibles son: amarelo, vermello, verde, azul, morado, branco, laranxa, etc. Teñen unha cor para cada día da semana se así o desexan. Que vantaxe temos ó utilizar este tipo de iluminación para os reloxos? Nós utilizámolo moito, principalmente se van en exterior porque nos permite montar un sistema “estanco”. A cor da luz é moi agradábel á vista e sobre todo polo baixo consumo. Sabemos que este encargo é especial. Realizou outros reloxos deste tipo, que destaquen pola súa orixinalidade? Polas características parellas neste proxecto quizáis sexa o encargo máis especial, pero en cada un dos proxectos procuramos dar un valor engadido ó reloxo, de forma que teña ese algo máis que indicar a hora. Nestes momentos estamos nun proxecto de reloxo feito con bombillas e nun reloxo de aceiro de máis de tres metros de altura. Gústannos os retos, disfrutamos facendo reloxos deste tipo.
DECEMBRO 2012
Este reloxo foi feito integramente en Ordes? Si, practicamente todo. Pero neste tipo de reloxos precísanse especialistas en moi distintas materias, por iso sempre traballo con persoas e profesionais que me son achegados, que sei como traballan e nos que podo confiar, ao mesmo tempo que a proximidade me permite controlar moi ben os procesos. Nos reloxos para decoración, o límite é a imaxinación. Entendemos que é unha peza única, verdade? Se algún cliente caprichoso lle pide este mesmo reloxo, pode reproducirllo? Podería pero non creo que o faga, loxicamente a esfera do Big Ben non é un deseño exclusivo. Como xurdiu este encargo tan especial desde Sevilla? Internet. Contactaron a través da nosa páxina www.12horas.es Pode dicirnos onde está instalado o reloxo en Sevilla, para poder velo nalgunha viaxe de ocio ou traballo? Si claro, encantaríame que o fosen ver. Está no mesmo centro, ó lado do concello, na rúa Méndez Núñez, 17. O’ Clock é o nome do local. Grazas polo tempo pasado con nós, parabéns por este traballo tan especial e non deixe de informarnos dos destinos dos futuros encargos.
Joyería Rosant Rúa Real, 29 36900 Marín (Pontevedra) T. 986 882 461 http://www.joyeriarosant.com
O establecemento cumpre 40 anos o 7 de decembro de 2012, pero no 2013 o obradoiro Angel Fariña, da mesma familia, cumprirá 70 anos. Co motivo destas celebracións, os membros desta familia de xoieiros foron hai pouco os protagonistas dunha reportaxe da TVG, capitanizada por Belén Fontenla, do programa A Revista. Falamos con Rosa María Fariña Pérez, colexiada da Joyería Rosant. Pode contarnos como xurdíu o inicio da Joyería Rosant e que tiña que ver co Obradoiro Ángel Fariña? O inicio da Xoiaría Rosant foi decisión miña, a filla maior de Ángel Fariña, para achegarnos a todo tipo de clientela, tanto en xoiaría artesá como fabricada en serie, xa que o Obradoiro estaba adicado ás dúas cousas, con almacén e viaxantes. Onde estaba situada a xoiaría, en 1972? Dende o seu comezo situouse no nº 29 da rúa Real, onde estamos agora. O único que se fixo, pasado algún tempo, foi ampliar a xoiaría cara atrás con entrada tamén dende a outra rúa, gañando en fachada e altura. Pode contarnos algunha anécdota, algún encargo especial da época dos inicios? A verdade é que non me lembro moito, fixemos moitos traballos para empresas, encargos de pins para a Festa da Cigala, máscaras de entroido para os pregoeiros, medalla do 50 aniversario da Escola Naval Militar, instrumentos musicais para o Ateneo Santa Cecilia, petroglifos e traballos artesáns de todo tipo. Pode falarnos da formación, comparando a de hai 40 anos con hoxe en día? Hai 40 anos comezabas como rapaz para os recados, e se mostrabas interese polo oficio, co tempo empezabas coñecendo a ferramenta, mirando como se fundía o metal, como se estiraba o fío, e como se preparaba según o traballo que se tivera que facer, logo empezabas a soldar, pulir, laminar, entorchar, e demais cousas.
Agora xa non é o mesmo, temos escolas de xoiaría que se encargan do aprendiz dende o comezo e ata onde el queira chegar, deseño, engastado, esmaltado, tasador, xemólogo, etc.
Ter cariño polo artesán, pensar que en cada peza vai un anaquiño do corazón do artesán, sobre todo nas pezas únicas.
Na tenda temos un mestre reloxeiro, un aprendiz de xemólogo, un tasador de diamantes, un aprendiz reloxeiro e deseñador de xoias por ordenador, unha escaparatista e un xoieiro profesional.
Ir sempre coa verdade por diante, non enganar o cliente.
Como é o día a día da Joyería Rosant e cales son os seus desafíos? O noso traballo consiste dende o máis sinxelo, coma o cambio de pilas, arranxos de todo tipo de xoias e reloxos antigos, ata o deseño e elaboración de xoias personalizadas, así como a venda de ouro, prata de deseño, bisutería fina de alta calidade e reloxería suiza e de calidade media-alta, máis comercial. Os nosos desafíos son loitar contra a venda ilegal, o prezo do metal que está sendo unha gran barreira e o momento de crise que estamos a vivir. Que é o máis gratificante de traballar nun establecemento comercial de xoiaría? O máis gratificante é o contacto directo cos clientes, a súa fidelidade de tantos anos que nos permite seguir a fronte do negocio, e diría que case somos como unha gran familia despois destes 40 anos. Que cualidades se precisan hoxe para ser un excelente xoieiro?
Cal é a lección máis importante que se aprende, traballando nunha xoiaría?
Que consellos daría a un rapaz ou unha rapaza que desexe empezar nesta profesión? Prepararse en tódolos sentidos, mirar ben a onde se quere chegar, poñerlle moita ilusión e tirar para adiante, con paciencia e constancia. Sabemos que se están levando a cabo reformas na Joyería Rosant da rúa Real. Pode adiantarnos algún dos cambios que atoparemos na nova tenda, algún proxecto ou primicia? Os cambios que neste momento se fan son cousas pequenas, porque o momento non é o máis axeitado, pero poderíamos destacar que no mes de decembro presentamos unha nova tenda virtual. A presentación en sociedade desta tenda virtual será o 7 de decembro de 2012, o mesmo día que se inaugurou a xoiaría hai 40 anos. Terán lugar máis proxectos, e serán neste ano que entra, pero xa vos enteraredes… Graciñas por compartir con nós este tempo e parabéns polo aniversario. Desexamos moita sorte á Joyería Rosant.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
7
Joyería Salamanca Joyería Salamanca Real, 64 15003 A Coruña T. 981 223 202
A Joyería Salamanca é unha xoiaría que está situada no número 64 da “Calle Real” da Coruña, onde tivemos a oportunidade de falar con Rosa María Salamanca Acevedo, que leva toda a súa vida profesional na xoiaría e á que se lle entregou a segueta de prata do Colexio no ano 2010 . Pode contarnos cando e como se fundou a Joyería Salamanca? Hai uns 112 anos, o meu avó abríu a xoiaría no centro de Palencia. O meu pai veuse para Coruña e aquí abríu a nosa xoiaría. Agora os meus fillos xa son a cuarta xeración. Sabe por que escolleron a “Calle Real” daquela? Pois foi por casualidade, o meu pai mirou nos anuncios, naqueles tempos non había Internet e quería abrir unha xoiaría fora de Palencia. Tivo daquela a opción de escoller entre tres lugares: Bilbao, Sevilla e A Coruña. Finalmente, escolleu o local da Coruña. Logo tamén casei cun xoieiro e seguimos coa xoiaría. Seguen comercializando o mesmo tipo de produtos? Cambiou o público? Básicamente, si. Cando abríu o meu pai tiñamos moita máis reloxaría; a min non me convencía moito pola parte técnica; tiñamos daquela moitas marcas. Cando faleceu o meu pai empecei a reducir a cantidade de reloxos, seguindo co artigo de sempre, tendo de todo. Somos especialistas en perlas e os clientes son os de toda a vida, pero a maiores, hai que gañarse o público de agora. Sempre tivemos moita sorte, unha clientela moi boa, moi coñecida, persoas fabulosas. Pode contarnos algunha anécdota, algún encargo especial? Coa cantidade de detalles e anécdotas que vivimos, faríamos un libro. Podo contarvos unha dun día de Reis, cando abríamos pola noite. Chegou unha clienta tarde, e estivo ata a 1:30 h da mañá, mirando detalles en prata. Estabamos moi cansos porque daquela traballábase moito esa época do ano. Entón, ao final esta clienta dixo: “mira, case vou agardar e volver outro día porque a voda é en xullo”. Iso si que foi unha anécdota. 8
ALENTO
NÚM. 1
Como se formaba un xoieiro hai 40 anos? Nós nacimos case formados, nacimos na xoiaría; sabemos o que temos entre mans, con toda a experiencia da vida. O meu pai montou esta xoiaría, sendo sempre honesto e ensinándonos todo o que sabía. Cal é a formación das persoas que traballan na xoiaría, agora? Os meus fillos formáronse con nós na xoiaría. As carreiras que teñen son alleas ao mundo da xoiaría. Hoxe en día, cambiaron as necesidades para atender o público? Si, cambiaron, pero eu, coa miña idade “paso” de Internet; de momento non temos venda “online”. Ven moita xente con información de Internet, pero como a maioría son clientes que xa confían en nós, non hai ningún problema. Veñen porque xa nos coñecen. Que é o máis gratificante de traballar nun establecemento comercial de xoiaría? Non o debería decir, pero a xente quérete. É unha forma de vida: veño prácticamente todos os días porque me gusta, axúdolles aos meus fillos, como fixeron os meus pais conmigo. Sempre me encantou traballar na xoiaría, ver mostrarios, dende que nacín. É unha vocación de sempre. Que cualidades pensan que se precisan hoxe para ser un excelente xoieiro? O primeiro, ter conciencia, logo ser discreto, iso foi o que me ensinaron na familia, e o que eu lles ensino aos meus fillos. Temos que estar ao día na moda e nunca abandonar o que é a base da xoiaría. Á hora de facer os pedidos, fíome da xente xóven. Somos en total catro homes e tres mulleres na xoiaría e, sen afán de ofender
DECEMBRO 2012
aos homes, as mulleres somos moi boas profesionais. O meu marido é un bon xoieiro, bon pai e bon marido, temos un bo equipo na tenda. Cal é a lección máis importante que se aprende, traballando nunha xoiaría? A lección máis importante é a das persoas que me rodean: gústalles a todas o traballo na xoiaría. Teñen carreiras superiores pero están aquí, na xoiaría. Eu non teño carreira superior. Estudiei piano, caseime, e dediqueime á xoiaría. Con catro fillos e a xoiaría, deixei de lado a música... Que consellos daría a un rapaz ou unha rapaza que desexe empezar nesta profesión? Diríalle que ten que ter conciencia. Tamén lle diría “Adiante”, sempre adiante! Un non pode botarse para atrás. Hai momentos nos que hai que ter moita ilusión para seguir, hai que valer, ter coñecementos e unha boa formación. Como ve o futuro da xoiaría na súa zona? Moi difícil. É unha época mala pero tamén lembro que houbo outra época moi mala e aquí estamos. Hai que facer as cousas ben, con boa conciencia, e todo irá ben. Desexo que todos os colegas de profesión sigan aí, todos os que nos rodean. Hai moitos anos eramos un sector máis unido. Bótase de menos esa época de cando en vez. Pode compartir con nós algún proxecto, algunha primicia? Unha persoa optimista coma min sempre ten proxectos, pero como non se sabe se sairán ou non, prefiro non contalos. Quero quedarme como estou ou mellorar. Gústame soñar, encantaríame ter outros escaparates, unha tenda máis grande... Graciñas por compartir con nós este tempo, parabéns polo traballo constante de todos estes anos.
PUBLICID AD E
2013 IV Certame
Deseña unha xoia para a túa nai O premio deste concurso é a entrega do deseño feito realidade. Os 80 finalistas reciben, uns días antes da celebración do Día da Nai, un diploma e os gañadores a xoia deseñada. Na terceira edición do concurso chegaron máis de 7.000 debuxos á oficina do Colexio Oficial de Xoiaría. Na web e na páxina Facebook do Colexio están moitos dos espectaculares debuxos de nenos e nenas de ata 12 anos. O 25 de xaneiro 2013 publicaranse as bases para a seguinte edición.
Campaña de San valentín: Promoción de establecementos colexiados O Colexio Oficial de Xoiaría iniciou no 2012 unha campaña de divulgación para o período comercial de San Valentín, a través dun concurso en Facebook. Os concursantes deben indicar no muro de Facebook do Colexio o nome da tenda colexiada máis próxima e publicar a foto da placa de Profesional Colexiado. En 2012 o premio consistiu na viaxe con entradas ao festival Rock In Rio, en Madrid, para dúas persoas. En 2013 convocarase unha nova edición do concurso cun novo premio. Atentos á web e á paxina Facebook do Colexio!
GRUPO DUPLEX, ALGO MÁS QUE UN GRUPO EDITORIAL Más de 30 años con el sector, acompañándole, asesorándole… trabajando codo con codo… CONTRASTE: El primer informativo del sector joyero-relojero. 15.000 ejemplares mensuales controlados por OJD. La herramienta imprescindible para estar informado de todo lo que acontece en el sector. DUPLEX PRESS: Revista bimestral con todas las novedades del sector. Esencial para la labor comercial del detallista. ARTE Y JOYA: La revista decana dedicada a la alta joyería y relojería. De distribución internacional y edición bilingue (españolinglés). Esencial para estar a la última. YEARBOOK: La comunidad de diseñadores agrupada en una sola publicación. Un éxito editorial con sólo dos ediciones en el mercado. La joyería contemporánea como principal protagonista. Y ADEMÁS…
CXD
Concurso Xóvenes Dexeñadores Novo concurso para xóvenes deseñadores Co motivo da celebración do patrón dos xoieiros, a San Eloi, o Colexio Oficial de Xoiaría convoca un concurso de deseño de xoias para xóvenes deseñadores de ata 30 anos. Nesta primeira edición de 2012 a temática escollida é a choiva. Os premios son importes económicos (1.700 € repartidos en tres premios). As bases completas están disponibles na web do Colexio.
Grupo Duplex ofrece todo tipo de servicios para el sector y sus profesionales: gabinete de comunicación con Jewel’s Com, catálogos adaptados a las exigencias del cliente, creación de webs, newsletter, organ house… cualesquiera que sean sus necesidades déjese aconsejar por un experto. GRUPO DUPLEX, EL MEJOR PARTNER DEL SECTOR
Via Laietana, 71, pral. 1ª - 08003 Barcelona T.: 93 318 37 38 - grupoduplex@grupoduplex.com
www.grupoduplex.com
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
9
C O L E X I A D O S | op i n i ón
Por que? por Joyería Rosant (Marín)
P
or que o noso sector non se parece un pouco máis ao de farmacia? Por que non facemos unha pequena comparación entre ambos e sacamos algunhas conclusións? Pódense establecer dentro do sector da farmacia dous tipos diferentes de establecementos, a farmacia e a para-farmacia, unha dedicada a todos os produtos farmacéuticos e a outra a unha parte de artigos e xenéricos, pero en ambos casos xestionados por profesionais cualificados.
Agora podemos levar a cabo un paralelismo e dicir que unha farmacia sería como unha xoiaría e unha para-farmacia como unha bixutería. Pois ben, o normal sería que na xoiaría se vendesen todo tipo de artigos do sector, xoiaría en ouro, prata, bixutería, reloxos, que se deran servizos para curar enfermos,
que neste caso serían reloxos, xoias rotas ou deterioradas, etc. Por outro lado, na bixutería venderíanse e repararíanse xoias de materiais doutras características e reloxaría dun nivel máis baixo ou de peores materiais. En calquera dos dous casos debería existir un profesional ao fronte, e obrigatoriamente alguén cualificado e con estudios encargado de reparar tanto as xoias como os reloxos.
Pois ben, na rúa do noso establecemento véndense reloxos, pendentes, pulseiras, e de todo, en varias tendas de roupa, nos estancos, nas tendas de revistas, co xornal local, co autonómico, co estatal, en Internet, na gasolineira... Despídome solicitando que se traballe a prol dunha lei que estipule que si vostede quere vender xoiaría ou reloxos, debe ter, no seu establecemento, alguén preparado no mostrador e
alguén que lle faga os arranxos pertinentes, debe establecerse baixo o epígrafe da xoiaría, prataría, reloxaría ou bixutería e cumprir coa lexislación. Ata o día de hoxe nunca vin que, nin no xornal, nin nunha tenda de roupa, nin nunha gasolineira, se vendesen aspirinas nin xarope…
T. 986 88 24 61 www.joyeriarosant.com joyeriarosant@hotmail.com
A reflexión de Susi Gesto por Susi Gesto
C
oincidindo co primeiro número da nosa revista Alento, serían moitos os posíbeis temas dos que falar neste momento actual, mais quixera comezar cunha pequena reflexión. Decateime que nun mundo tan mecanizado e acelerado traballamos e falamos sobre diferentes temas, esquecendo o elemento primordial que posúe o noso sector: a maxia. Somos creadores e vendedores de ilusións e simboloxía, fábricas de soños que quedarán como herdanza. A confianza, o saber facer, o compromiso de cumprir en cada momento, a búsqueda de solución nos retos de última hora, todo o que deriva no coñecemento das persoas que entran pola nosa porta… e así facer que sexan diferentes xeracións familiares as que confíen no noso traballo.
10
ALENTO
NÚM. 1
Debemos reflexionar entón cal é a nosa definición de xoia. Unha xoia non é unicamente un obxecto, ten un gran valor implícito que temos que saber comunicar. Para min a xoia non constitúe un mero adorno. Unha xoia simboliza o reflexo da memoria, conta fermosas historias, marca momentos. Perdurará ao longo do tempo coma un tesouro cando acade a súa dose de maxia. Sendo nós, os xoieiros, cómplices en multitude de ocasións de intres que marcan un antes e un despois nas persoas, creadores
DECEMBRO 2012
do símbolo que inmortalizará ese momento. O traballo realizado coas mans xoga, para o meu entender, un papel fundamental nesta visión. O noso colectivo debe estar preparado para dar alma ás nosas creacións. Amosar ao público que detrás de cada peza feita artesanalmente existe un camiño e un proceso, combinación da cabeza, a alma e as mans da persoa que a creou. Non somos máquinas, senón persoas que nos meteremos na pel do destinatario
recabando tanta información como sexa precisa, para poder crear a mellor das pezas, dándolle un gran valor engadido: ”a xoia”, una apaixoante historia… Como dixo nunha ocasión un bo amigo: “Unha xoia, nasce das entranhas da terra, críase no corazón da xente que ama, é tratada con cariño, endexamáis deberá morrer”. Quim Fariña
Ourive Compostelá www.susigesto.blogspot.com.es/
Os tempos que nos tocaron por Pablo García Regueira
C
ando me pediron que escribira un artigo para a revista, a miña idea era completamente distinta, pensara facer un artigo comentario sobre algunha xema natural das que normalmente vemos acotío nas nosas tendas, pero a subida do IVE, os recortes do Goberno e a situación actual indícanme que debo dedicar este artigo a outro comentario: A nosa relación cos distribuidores de marcas de reloxaría. En principio, eu pensaba que a nosa relación era boa; tés unha marca, o seu representante visita a túa tenda, fas o teu pedido, despídese amablemente, pagas a factura, ata aí todo correcto, pero xurde un problema para nós (os propietarios das tendas): apenas hai beneficio. Todo isto comeza cando no ano 1986 chega o famoso IVE e este, a pesar de que aquel Goberno nos explica que se trata dun imposto que afecta ao consumidor final, no noso caso restámolo do noso beneficio, mercamos Prezo de Coste máis IVE, para vender Prezo Venda ao Público IVE incluído, ou sexa que de boas a
primeiras perdíamos dun plumazo un 15% do noso beneficio. A explicación naquel momento foi que se sube o PVP venderemos menos, que a reloxaría é un complemento, etc. Explicacións que non convencían a ninguén pero que deixamos pasar a ver se o paso do tempo o solucionaba. Nada máis lonxe da realidade, o IVE foise incrementando e o noso beneficio disminuíu ata chegar a este momento en que esta situación é completamente inviable. Como todos sabedes, por cada 100 euros que mercamos, 26,20 euros os leva Hacienda: IVE 21% e o 5,20% de recargo de equivalencia, co cal se facemos un pequeno desconto, vemos o coste da peza, poñemos unha bolsa, o papel de regalo, cambiamos algunha pila, e contamos o que nos queda sen vender... Canto nos queda de beneficio? Para agravar a nosa situación algunhas marcas liquidan os seus stocks en páxinas de Internet a un prezo que xa me gustaría que me costaran a mín como profesional, alegando que son modelos descatalogados, pero
El enfado de un joyero por Hipólito Rey A los Joyeros y Relojeros Españoles se nos quedan vacíos los “Kajones” por sufrir tantos atracos de delincuentes y ladrones.
Y los distintos gobiernos no tomaron precaudiones que aprendan de los Suizos que hagan deportaciones.
Ya sean legalizados o vengan de otras naciones son gentes de mal vivir que nos traen complicaciones.
De la manera más fácil en trenes o en camiones los mandaron a sus casas y limpiaron los Cantones de genes de mal vivir que nos traen complicaciones.
Se suben a las ventanas y entran por los balcones destrozan escaparates y en las calles dan tirones. Ya están muy enterados de nuestras legislaciones cometen faltas y hurtos y no van a las prisiones aunque a veces los hurtos son de unos cuantos millones.
A nuestras fuerzas del orden que detiene a estos matones se les requiere cuidado que no les hagan lesiones. No los pueden maltratar porque hay acusaciones ni los pueden “apretar” porque les quitan galones.
que ninguén nos pregunta se aínda os temos nas nosas tendas, co cal o noso cliente pon o grito no ceo ou mellor dito na nosa tenda. Outras, para facernos un “Favor”, antes de que recibamos a colección agasállana a unha revista cobrando só os gastos de envío e logo pretenden que a merquemos nós e defendamos un prezo moi superior. Sempre nos contan o mesmo, “estamos no mesmo barco, traballades cun cen por cen”, dame a impresión de que as súas matemáticas e as miñas saíron de libros distintos e o meu profesor explicoume mal ou, como eles queren facernos crer, non sabemos sumar. Eu falo cos representantes, fágolles chegar o meu descontento, sei que non son o único, que todos dicimos o mesmo, pero sempre cae en saco roto, a resposta é sempre a mesma: “facemos moita publicidade”, non entendo o que ten que ver, non quero que baixen o seu beneficio senón que me deixen que eu teña o meu e que o IVE sexa iso, un Imposto sobre o Valor Engadido que ten que pagar o consumidor final e non o comerciante intermediario.
nosa opinión Conta para algo? A marxe de beneficio está posta sen contar con nós, sen polo menos tratar de chegar a algún acordo. Parece que están nun nivel superior a nós e que nunca se dignaron a escoitar as nosas queixas; como moito somos atendidos polo xefe de vendas e a resposta é sempre negativa ou “se vos damos máis beneficio, facedes máis desconto”, como se fose tan fácil gañar un cliente. Cada un fará na súa casa o que mellor lle pareza, ou tampouco é un dono da súa tenda? Quizáis este momento de crise nos faga reflexionar a todos e pensemos que tan importante é o negocio da distribución como a tenda, un complementa o outro de tal modo que sen un, dificilmente pode sobrevivir o outro. Espero que os distribuidores de marcas empecen a contar con nós, repeten a nosa opinión e se den conta o antes posible de que con esta marxe que nos queda é imposible manter unha tenda e que isto sexa antes de que nos vexamos obrigados ao peche, nese momento será demasiado tarde...
A miña pregunta é moi sinxela “para os donos ou presidentes dos grupos distribuidores a
Y son ellos ante el Juez los que dan explicaciones y los cacos en la calle siguen dándonos tirones. Son gente de mal vivir que nos trae complicaciones. Y nuestra clase política que no busca soluciones solo quieren convencernos cuando vienen Elecciones pues aquí lo que interesa son la “pasta” y los Sillones. Pero los Españolitos que paguen Contribuciones impuestos y más impuestos y no te dan más opciones porque ya no nos dan Crédito porque no hay Subvenciones y se las “meriendan” ellos en viajes y reuniones.
Joyería Palamios (Pontevedra) www.joyeriapalamios.com
¡vaya Remuneraciones! Y luego si se jubilan les quedan buenas pensiones a costa de los “pringados” que vamos sin pantalones. Recortes en Sanidad no hay para operaciones. Recortes en la Enseñanza no hay para dar lecciones. Recortes a Jubilados no hay para las Pensiones. Recortes a Funcionarios... Recortes de los “Kajones” que se nos quedan vacíos por culpa de unos ladrones que vienen de otras naciones.
Y otros que también se apuntan son los que mueven millones los señores de la banca
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
Relojería Polo 981 824 275 - Noia (A Coruña) www.coxga.es
11
OFICIOS RELOXARÍA
ISO* 2281 e ISO 6425 para reloxos
E
stas normas son as que definen e cualifican, a nivel internacional, a impermeabilidade e somerxibilidade dos reloxos de pulseira.
A resistencia á agua é polo tanto unha marca común nos reloxos: temos a norma ISO 2281, para os reloxos estándares, e a ISO 6425, para os reloxos de submarinismo. Nos reloxos, o valor que acompaña a marca determina a presión de proba estática (indicada en bares, atmosferas ou en metros de profundidade de auga). Tomando un exemplo, a indicación de 30 m nun reloxo de pulseira non indica que pode somerxerse a 30 m, senón que pode chegar a soportar unha presión de 30 m de auga (cualificación obtida en laboratorio baixo a norma ISO 2281). Entón, debemos ter coidado de non confundir esta unidade de presión que non é de profundidade. As probas ás que se someten os reloxos en fábrica son probas de presión estática. Isto significa que non se teñen en conta as condicións que si se presentan na vida real, como
12
ALENTO
NÚM. 1
por exemplo uns cambios bruscos de presión por movementos na auga, unhas temperaturas extremas que cambian de repente ou as condicións climáticas. A resistencia á auga, segundo estas normas, orixina unha clasificación por niveis ou graos, que se poden desagregar como se ve no gráfico. Nos reloxos de mergulladores “buzo” ou “buceo” pode aparecer o seu equivalente anglosaxón: “diver”. Algúns reloxos para mergulladores profesionais dispoñen tamén dun dispositivo denominado válvula de helio. A función desta redúcese a aliviar a presión do gas helio que poida penetrar no interior do mecanismo en circunstancias duras de “buceo”. O helio é o gas utilizado en submarinismo como parte do aire en botella respirable e permite acurtar o período de descompresión e minimizar o perigo de intoxicación producida polo nitróxeno.
DECEMBRO 2012
Compartimos aquí uns consellos para o mellor mantemento de reloxos somerxibles · Ante calquera dúbida sobre a somerxibilidade dun reloxo, consulte cun reloxeiro profesional colexiado. · Cambiar o set de hermetismo cada 2 ou 3 anos, cando se sospeite que están deterioradas, ou en cada apertura. · Facer unha proba de hermetismo cada ano ou despois de cada apertura de reloxo. · Evitar os cambios bruscos de temperatura. · Lavar o reloxo con auga doce despois dun baño no mar. · Nunca accionar botóns baixo a auga. · Procurar non usar o reloxo na ducha para evitar contacto con deterxentes ou cambios bruscos de temperatura. · Ter máis coidado coa entrada de auga de mar ou da piscina, pola salinidade e o cloro que aceleran a corrosión das partes metálicas internas do reloxo. · Tomar a precaución de comprobar a(s) coroa(s) do reloxo antes da inmersión. *ISO= International Standards Organisation
XEMOLOXÍA
Charoíta
por Cristobal Fernández Casas www.ferpejoyeros.es
N
o ano 1976, a raíz dos traballos do tren transiberiano ao longo do río Chara, na súa confluencia co río Tokko, no macizo de Murunskii, en Yakutia, República de Sakha, ao este de Siberia (Rusia), tivo lugar o descubrimento dun novo mineral ao que chamaron Charoíta, do ruso charo (belo). Apareceu, xunto con outros minerais como a Canasita e a Tinaksita, en sienitas de nefelina ou aegirina, que mediante temperatura e presión, así como coa presenza de elementos poucos usuais, como se pode comprobar na súa fórmula química, conseguiu alterar por metasomatismo areniscas calcáreas, dando lugar á xema que hoxe nos ocupa.
Foi aceptado como novo mineral na comunidade científica dous anos máis tarde, en 1978. Extráese de xacementos primarios, tanto a ceo aberto como en minas baixo terra, e están documentadas aparicións de bloques de ata 30 cm. A Charoíta que case sempre se comercializa, e que é a que podemos ver nas nosas tendas, é en realidade unha roca formada polo mineral co mesmo nome, dunha cor que vai de lavanda a púrpura, con todas as tonalidades intermedias, que é debido a trazas de Mn+3, con belos patróns en remuíño que a fan inconfundible, e que inclúe na súa composición moi probablemente venas negras ou verdosas de Aegirina —Augita, grisesverdosas de Microclina, amarelas a marrón— alaranxadas de Tinaksita e outras, igualmente
marróns, de Ekanita. Tamén pode aparecer cuarzo. Trátase dunha xema relativamente pouco utilizada nas nosas xoiarías e que, con todo, ofrece moitas posibilidades, tanto pola súa beleza como polo seu prezo modesto.
Recomendación temática Hoxe, en relación coa charoíta, recomendamos esta páxina web de mineraloxía e xeoloxía de Rusia, sobre todo no apartado onde fala do macizo de Murun, que é onde se atopa a zona produtora da charoíta: http://maurice.strahlen.org/yakutia/murun_ massif.htm
Estes datos refírense ás propiedades do mineral, por tanto os da roca poden ser lixeiramente distintos: CLASE inosilicatos, do grupo da CanasitaMiserita.
DUREZA 5.
BRILLO de vítreo a sedoso.
TENACIDADE alta.
SISTEmA CRISTALINO monoclínico.
INDICES DE REFRACCIÓN Np: 1,550 Nm:
PESO ESPECíFICO 2,68.
1,553 Ng: 1,559.
HÁBITO fibras largas, agregados masivos, compactos.
RAIA branca.
BIRREFRINXENCIA 0,009- 0,01.
QUímICA (K, Na)5 (Ca, Ba, Sr)8 [(OH, F)|Si6 O16|(Si6 O15)2]•nH2O] EXFOLIACIÓN boa en tres direccións.
COR lila, lavanda ou púrpura. TRANSPARENCIA xeralmente opaco, podendo ser translúcido en láminas moi finas.
CARÁCTER E SIGNO ÓPTICO Biáxica positiva. DICROíSmO forte.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
13
Escola dE artE E supErior dE dEsEño MEstrE MatEo A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela, é unha entidade centenaria, fundada en 1888, e dende entón con carácter de centro público que imparte ensinanzas artísticas, tanto reguladas como non reguladas, de carácter profesional e universitario.
Ensinanzas no áMbito da xoiaría ciclos ForMatiVos dE grao supErior dE artEs plásticas E dEsEño. // cs dE xoiaría artística (1875 Horas -dous anos académicos-).
MonográFicos. // xEMoloxía (45 horas).
prazas: 30.
prazas por quenda: 8.
ciclo de dous anos académicos que inclúen un período de formación no centro educativo e unha fase de prácticas en empresas, estudos ou talleres.
Quenda a: xEMoloxía i inicio: 29 de outubro de 2012 - Fin: 25 de febreiro de 2013. Horario: 3 horas semanais (luns, de 15:40 a 19:00). Quenda b: xEMoloxía ii inicio: 4 de marzo de 2013 - Fin: 17 de xuño de 2013. Horario: 3 horas semanais (luns, de 15:40 a 19:00).
// tallEr dE xoiaría (320 horas). prazas: 5. Horario: 12 horas semanais. (luns e martes, de 9:00-12:00, xoves de 9:00-13:00 e venres de 9:00-11:00).
oFErta Modular. // tallEr dE xoiaría i (380 horas). // tallEr dE xoiaría ii (320 horas). prazas: 15. dous módulos, a cursar en dous anos, por ser os seus contidos de carácter progresivo pertencentes ao ciclo medio de procedementos de xoiaría artística.
rúa Virxe da cerca, 32 15703 santiago de compostela t. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
www.easd.es 14
ALENTO
NÚM. 1
DECEMBRO 2012
FORMACIÓ N Escuela de Joyería del Atlántico Avda. del Puente, 9 (edificio “Amigo” Finca “Los Angeles”) 36215 Vigo (Pontevedra) - T. 986 266 058 - www.escuelatlantico.com
A Escuela Técnica de Joyería del Atlántico
A
Escuela Técnica de Joyería del Atlántico naceu co único propósito de traballar a prol dunha das disciplinas artísticas
con máis tradición ao longo da historia. O noso centro traballa desenvolvendo dende as técnicas máis artesanais ata as máis contemporáneas en todos os seus cursos: xoiaría, engaste, esmaltes, xemoloxía, deseño de xoias, gravado a buril.
Durante o período de formación, introdúcese o alumno paulatinamente no mundo da xoiaría, primeiro desenvolvendo exercicios de fácil execución, e pouco a pouco realizando pezas de maior dificultade, co que se consegue ofrecer, ao finalizar a súa formación, unha base firme para desenvolver calquera proxecto que se lle solicite. Isto é afín a todos os nosos cursos. A Escuela Atlántico arrancou o ano académico 2001-02 nas súas instalacións da cidade Olívica e costeira de Vigo. Este paso deu lugar a unhas instalacións amplas para o desenvolvemento de todos os cursos que o centro organiza ao longo do ano. Así, o centro situado nas antigas instalacións do Colexio Concepción Arenal conta con aproximadamente uns 600 metros cadrados no Edificio Principal e con outro anexo de 200 metros cadrados. O Edificio principal consta de catro plantas onde están as clases Teóricas, o Obradoiro, a Biblioteca, os Despachos, a Sala de Coordinación de profesores, a recepción, a
Sala de exposicións, o Salón de Audiovisuais, a Aula de informática... mentres que no edificio anexo temos dúas plantas onde se organizan os cursos de verán. A Escuela está dentro dun un recinto pechado e independente que serve de esparexemento do alumnado nos descansos entre clase e clase. En canto ao acceso ao centro, está situado a dez minutos do aeroporto de Peinador de Vigo, a 15 minutos da estación de trens e autobuses, e existen varias liñas de autobuses urbanos que teñen a súa parada na mesma porta da Escuela. A Escuela realiza cursos de formación de maneira presencial ou a distancia, de carácter intensivo ou normal. O Centro abarca todo tipo de ensinanza dende a formación básica á especialización, dende monográficos de 12 horas ata cursos de tres anos de duración. As Especialidades Formativas son: Deseño de Xoias, Engaste, Xoiaría, Xemoloxía, Alta Xoiaría, Restauración, Esmaltes, Modelado en Cera, Gravado Artísti-
co, Enfilado de Colares, Microfusión, Especialista en Diamantes. Tamén a partir do Ano Académico 2004-05 a Escuela del Atlántico integrou nas súas instalacións ao Centro de Artes Plásticas e Deseño “Atlántico” que imparte os Ciclos formativos de Grao Medio e Superior de Xoiaría Artística, homologados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. De todas estas especialidades, realízanse, tanto cursos de carácter académico, como monográficos ou intensivos de corta duración. Os horarios son de mañá, tarde, noite e en fins de semana, os grupos son reducidos e se adaptan ás necesidades de cada alumno. A Escuela del Atlántico realiza ao longo do curso académico intercambios formativos con outros centros para que o alumnado coñeza outras técnicas e formas de traballo. Exposicións, Conferencias e Seminarios son outras das nosas actuacións ao longo do curso. Para máis información, recomendamos un contacto directo coa Escuela del Atlántico. A Escuela del Atlántico asinou un acordo de colaboración docente coa Escola de Gemmologia da Universitat de Barcelona (Facultat de Geologia), para impartir o curso de Xemoloxía nas instalacións da escola Viguesa, co que os nosos alumnos teñen as mesmas obrigas e dereitos coma se estiveran en dita Universidade, obtendo ao finalizar o curso de Xemoloxía, unha vez superados todos os exames precisos, un diploma de Xemólogo da Universitat de Barcelona. O centro está coordinado por varios deseñadores de xoias, todos eles moi bos profesionais con clara vocación docente. Tamén imparten clases outros profesionais do sector nas especialidades como: Modelado de ceras, Enfilado de Colares, Esmaltes ao lume…
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
15
EM P R E S A O colexiado Antonio Ramón González, de González Orfebres (Santiago de Compostela) asistíu á ponencia. O seu establecemento resultou seleccionado por sorteo para unha asesoría personalizada por parte de Carlos Aires, o relator, quen lle indicou varias ideas para expor dunha maneira determinada as súas xoias atendendo á alta calidade das mesmas e ao seu tipo de traballo.
Deseño de tendas e presentación comercial no século XXI
O
pasado 28 de setembro tivo lugar en Santiago de Compostela unha acción formativa, organizada por Cersia (Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados de Santiago de Compostela), sobre o Visual Merchandising que podemos tamén chamar marketing ou promoción visual. Carlos Aires, consultor de marketing con ampla experiencia nos deseños de escaparates e tendas, foi o encargado de trasladar á asistencia os coñecementos para mellorar a calidade da imaxe do seu establecemento e incrementar o nivel de vendas. Ademais, como valor engadido a esta actividade formativa, sorteáronse entre todos os asistentes interesados, seis sesións de asesoría personalizada por parte do conferenciante, resultando afortunado algún membro do sector da xoiaría. No primeiro módulo, Carlos Aires expuxo os elementos que hai que ter en conta para crear unha presentación comercial atractiva e coherente a través da aplicación das dez regras do visual merchandising.
Destacou a importancia de transmitir unha imaxe de calidade e clara, dirixida a un tipo determinado de cliente. Analizou a importancia da luz, a cor, o espazo e o son así como a necesidade de acadar o equilibro entre estes elementos para lograr o estímulo visual desexado, insistindo en que non é tan importante o que se ve senón o que se sente ante o que se ve nun establecemento. A continuación, no segundo módulo, formulou as reflexións que se deben ter en conta á hora de formularse o deseño ou o redeseño dun comercio. Neste senso, sinalou que o produto é a tenda e destacou a relevancia da fachada e o rótulo (vende presenza e estilo), da entrada do establecemento (este
espazo transmite sensacións e non se pode utilizar para vender, é un espazo de transición) e do escaparate (vende diferenciación e emoción), salientando respecto deste último que resulta máis sinxelo transmitir unha imaxe clara cunha soa marca. Tamén insistiu na necesidade de especializar as zonas de ventas. Por último, Carlos Aires finalizou a súa presentación dando as claves para aprender a mirar un espazo comercial, entender o que senten os clientes a partir dos sinais que emite o establecemento comercial. A continuación detallamos as dez regras do Visual Merchandising e as dez regras para deseño de tenda apuntadas por Carlos Aires:
10 regras do Visual Merchandising 1) Imaxe de calidade
Canto máis clara sexa a imaxe, mellor nivel terá a tenda.
5) Espazo, luz, cor: ferramentas principais de deseño
7) Forma, liña e composición manteñen a imaxe
2) Claridade de imaxe ligada ás vendas
Canto máis clara será a imaxe que proxecta a tenda aos clientes-obxectivo, máis venderá.
Transmitindo para un tipo de clientes, rematará por interesar a todos.
3) Distintos clientes necesitan distintos tipos de imaxes
Definir o tipo obxectivo de cliente ao que se dirixe o establecemento (telo moi claro) e adaptar a tenda a este cliente.
4) Todo está baixo control
16
ALENTO
NÚM. 1
6) Espazo, luz, cor e son: afectan directamente á percepción de calidade e prezo.
O valor do produto á venda percíbese con esta fórmula:
Valor = Calidade percibida/Prezo Para subir a calidade percibida, pódese traballar co espazo, coa luz, coa cor e co sol. Exemplo práctico: os produtos en espazos abertos, con luz de baixa intensidade son asociados a un prezo alto. É moi necesario ter unha coherencia en imaxe da tenda co produto.
Esta é a principal recompensa: demostrar visualmente que nos gusta vender e conseguir que o cliente se dirixa a onde queiramos que vaia.
A luz é a principal ferramenta de comunicación visual (é importante ter en conta que a luz solar non serve para iluminar o interior posto que non se pode controlar). A cor inflúe no estado de ánimo, non todas as cores producen os mesmos sentimentos.
DECEMBRO 2012
A tenda emite as sinais da posta en escena e as formas do xogo visual serven para definir e manter esta imaxe.
8) O ritmo e o patrón interrumpido serven para captar a atención.
A aplicación desta regra, moi pouca utilizada, permite captar a atención, controlar onde para a secuencia.
9) Non é tan importante o que o ollo ve senón o que sente ante o que ve. 10) O visual merchandising é a arte de equilibrar todo o anterior:
Espazo e cantidade de produto Inventario e imaxe Promoción e prezo Excitación visual e intensidade de traballo Recordo da experiencia de compra e custo económico.
As oportunidades e as ameazas para o comercio Asistimos hai unhas semanas a unha conferencia de Juan Carlos Vez, Director Xeral de Blusens, sobre as oportunidades e as ameazas para o comercio. Esta conferencia estivo tamén programada por Cersia. Compartimos aquí unhas cantas frases e preguntas, a modo de resumo.
6) co ambiente da tenda Ademais de ter en mente unhas palabras clave, á hora de pensar en renovarnos, como posicionamento, segmentación, diferenciación, comunicación, publicidade e promoción, podemos facernos varias preguntas: Están ben atendidas as oportunidades? É cómodo entrar na nosa tenda? Está ben ordenada a circulación dos clientes na nosa tenda? Como nos relacionamos cos clientes? Temos novidades? Temos o rendemento de produto mellorado? Ofrecemos personalización? Coñecemos ben o noso produto para aconsellar o cliente?
Somos o que facemos día a día, e a resposta é o que conseguimos cada día.
Non querer entender que o mercado cambiou
Non podemos conseguir algo distinto se facemos sempre o mesmo.
Pensar que coñecemos os clientes
Internet pode ser positivo e negativo.
Non coñecer bastante ben o produto que vendemos.
Debemos abandonar as marcas que venden en plataformas de descontos constantes (o cliente adoita probar en tenda e mercar nesas plataformas). Non interesa ter esa marca no pequeno comercio.
Para facer cousas distintas e chegar á excelencia, so precisamos o noso tempo e o noso esforzo. Debemos ter iniciativa. A falta de iniciativa é a ameaza para o noso comercio. A falta de iniciativa pode ser por exemplo algo tan sinxelo como a falta de cambio de escaparate, que se pode facer incluso co mesmo produto. Neste senso, o cambio constante, a renovación, a rotación é indispensable.
Por que se perden clientes? 68% por unha mala atención do persoal de venda e servizo 14% por mala calidade dos produtos ou do servizo 9% por recomendacións e ofertas da competencia 5% por amizade por outros comercios 3% por mudanza xeográfica 1% por defunción
Debemos escoitar o noso cliente con intención de comprender.
Como definir o noso modelo de negocio? Como nos podemos diferenciar?
Debemos definir os clientes, saber quen son, facerlles preguntas para coñecelos (con 4 sinxelas preguntas, por exemplo, xa podemos aprender moito deles).
1) co surtido 2) co servizo ao cliente (pago, entrega a domicilio...) 3) coa promoción e fidelización 4) co prezo, coa calidade 5) coa ubicación do negocio e do produto en tenda
Os problemas máis comúns do pequeno comercio son: Non querer cambiar
Non debemos competir con descontos. Atención, moitos descontos provocan a insensibilidade do cliente que sempre quererá máis. Para compensar a falta de desconto, ou a competencia de internet, podemos ofrecer: - atención ao cliente - tenda agradable, con sorpresa, diversión, experiencia, emoción - persoal profesional, experto e divertido - novidades en tenda - promoción vía tecnoloxía Coa apatía desaparece o comercio. Para querer cambiar, debemos ter autoestima.
10 regras para deseño de tenda 1) A distribución do espazo define a estratexia de servizo. 2) O produto é a tenda. 3) A tenda é un escenario de ventas. 4) A fachada e o rótulo venden presenza e estilo. 5) O escaparate vende diferenciación e emoción: No escaparate debe estar o mellor produto colocado da mellor forma posible. Cambiar o escaparate é cambiar imaxe, non é só cambiar o produto. A novidade xenera vendas. É máis fácil transmitir unha imaxe clara con só unha marca.
Atención, nunha tenda multimarca a imaxe de tenda ten que sobrepasar a imaxe do produto.
8) Especializar as zonas de vendas. Despois da dereita da tenda, colocar o produto en zonas de venda especializada.
6) A entrada é unha sensación. O produto molesta na entrada, aí non se vende. A entrada debe ter un camiño libre.
9) Nos probadores tómanse a maioría das decisións. Este espazo, que debe ser óptimo para a comodidade do cliente, debe xenerar confianza.
7) Normalmente movémonos cara a dereita. A dereita é a denominada “zona quente” para vender e aí debe estar o produto; non pode estar aí a caixa rexistradora. Aproveitar ao máximo os espazos de cada 45 grados, que son os que move habitualmente a vista do cliente.
10) O marketing visual é o encargado de definir a estratexia de creatividade visual na área de ventas. Para máis información e acceder a exemplos visuais, consultar o blog de Carlos Aires: www.marketing-jazz.com/ marketing-jazz.com/blog/tag/carlos-aires
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
17
C O X G A | G a li ci a Cali d ad e
O Convenio do Colexio Oficial de Xoiaría con Galicia Calidade xa está colleitando os seus primeiros froitos
As coleccións de xoias das nosas empresas xa están amparadas polo selo Galicia Calidade
A
marca Galicia Calidade, selo de garantía de calidade certificada, só se otorga ós produtos e servizos que superan os controis esixidos, con materias primas de alta calidade, produción óptima e excelentes servizos.
Dende marzo 2012, coleccións de xoias das empresas galegas Ardentia, Fink Orfebres, Orfega, Piropo Joyas, Oscar Rodríguez Joyeros e Unión Joyera de Bergondo xa están amparadas pola Marca de Garantía Galicia Calidade. Este selo supón un recoñecemento ó esforzo e afan de superación dos profesionais da xoiaría de Galicia, altamente competitivos. Este valor engadido que supón contar coa Marca de Garantía otorgada pola entidade Galicia Calidade, S. A. (lei Española de Marcas, Lei 17/2001, do 7 de decembro) permítelles diferenciarse da competencia. Galicia Calidade, ademais, apoia habitualmente ás empresas amparadas baixo o seu selo, en promocións, campañas publicitarias e en eventos nos que se dan a coñecer os produtos, incluso a nivel internacional. Esta divulgación engadida beneficia o prestixio xa coñecido da xoiaría galega por todo o mundo. A incorporación da xoiaría galega a esta marca foi posible grazas a un convenio asinado entre o Colexio Oficial de Xoiaría e a Con18
ALENTO
NÚM. 1
sellería de Economía e Industria, para que as pezas elaboradas por profesionais da xoiaría galega poidan ser respaldadas polo selo Galicia Calidade. Con este convenio, o Colexio asume ademais o compromiso de elaborar as auditorías pertinentes para velar polo correcto uso da marca na xoiaría de Galicia. Ademais, dispón dunha comisión encargada de evaluar o cumprimento dos requisitos técnicos do prego de condicións e calquera outra consulta que a entidade pública poida plantexar. Esta comisión reúnese periódicamente para que as empresas de xoiaría que desexen formar parte deste selo poidan presentar as súas xoias. Para poder beneficiarse do uso da marca Galicia Calidade, as pezas ou coleccións de xoiaría deben cumprir os requisitos técnicos do prego de condicións do convenio, cos seguintes puntos principais: 1. deseño e fabricación en Galicia. 2. centro de produción ubicado en Galicia e dirixido por un profesional colexiado.
DECEMBRO 2012
3. materia prima: platino de 950 milésimas como mínimo, ouro de 750 milésimas como mínimo e prata de 925 milésimas como mínimo. 4. acabados impecables das xoias (fundición sin imperfeccións, soldaduras non apreciables, pulido e acabado de calidade en todas as súas caras). 5. estuches e embalaxes acordes coa calidade da xoia e que protexan o contido dos axentes externos que poidan danar a xoia. 6. logo, firma ou marca de fabricante visible en estuches, etiquetados e embalaxes. 7. punzón de fabricante e contraste de garantía do Laboratorio de Contrastación de Metais de Galicia. 8. etiqueta con información detallada da peza e colección: fabricación, certificado de composición, identificación, con data de fabricación e foto . 9. garantía de como mínimo 3 anos. 10. servizo de postventa con capacidade de resposta en 15 días máximo.
Falamos con varios representantes destas empresas para saber algo máis do que representa esta nova marca de garantía para eles:
Entrevista a Luis González Bahamonde
Ardentia Agora mesmo, as empresas galegas de xoiaría que obtiveron o selo Galicia Calidade son: Ardentia Colección Enova: prata e acibeche (pendentes, aneis, colgante e alfiler) http://www.ardentia.es/ Bergondo (A Coruña)
Antes de nada parabéns pola reciente incorporación de Ardentia a Galicia Calidade, coa colección de xoias Enova. Por que escolleu en particular esta colección para formar parte de Galicia Calidade? Quizais porque Enova, que é o nome da colección, agrupa dúas características que críamos debería posuír a nosa primeira colección para Galicia Calidade, a innovación e unha clara vinculación á tradición da nosa ourivaría, e creo que logramos este obxectivo; a proba son as pezas que compoñen Enova e que se venden en varios países como unha proposta diferenciada de xoiaría en prata e acibeche...
Fink Orfebres Colección Sacapunto: aderezo tradicional de acibeche, ouro verde e ouro (pendentes e colgantes) http://fink-orfebres.com/ Santiago de Compostela (A Coruña)
Que representa, para a súa empresa, o selo Galicia Calidade en Enova?
Orfega Colección Ocho: prata con acabado satinado no exterior e oxidado no interior (colgante, anel, pendentes e pulseira) Colección Coral: entramado de prata oxidada con puntos saíntes en alto brillo (colgante, anel, pendentes e pulseira) http://www.orfega.com/ Santiago de Compostela (A Coruña)
Pode describirnos un pouco o proceso de creación da colección Enova, así como algo da súa elaboración?
Piropo Joyas Colección Natureza Visual en prata, con turquesa reconstruída, coral e ónix (colgante, pulseira tipo Torque, pendentes e anel) http://piropojoyas.com/ Viveiro (Lugo) Oscar Rodríguez Joyeros Colección Tesoros del Mar: xoias de conchas, con ouro, metais preciosos e diamantes Colección Tesoros de la Tierra: xoias de minerais, con ouro, metais preciosos e diamantes http://www.oscar-rodriguez.es/ Viveiro (Lugo) Unión Joyera de Bergondo Naturaleza: sortixa flor de ouro branco e diamantes Colección Vulcano: tres solitarios de rodio, ouro rosa e ouro branco http://www.ujbergondo.com/ Bergondo (A Coruña)
Supón o recoñecemento polo organismo certificador de Galicia Calidade ó noso esforzo continuado e á evolución do noso obradoiro nestes últimos 25 anos, Enova reflexa os valores que nos moven como empresa: innovación, oficio, diferenciación... calidade.
Na elaboración das pezas que forman a colección Enova, utilízanse todas as técnicas de traballo tradicionais, combinadas coas novas tecnoloxías como o deseño 3D, o prototipado rápido e a fundición á cera perdida. Cabe destacar que as pezas fanse unha a unha e son acabadas totalmente a man, de igual maneira se traballan os cabuchóns de acibeche. Onde podemos ver ou mercar a colección Enova? En diferentes puntos de Galicia e España, ademais de nalgún dos máis de once países onde comercializamos as nosas coleccións. Sabemos que expón en varias feiras internacionais, como vai afectar este novo selo á colección Enova no estranxeiro? É certo que levamos máis de sete anos participando cos nosos deseños en feiras de carácter internacional; ir baixo a bandeira de Galicia Calidade fainos presentarnos como membro dunha selecta familia de empresas galegas que xa levan anos sendo recoñecidas no exterior pola calidade dos seus produtos e avaladas por Galicia Calidade. Ten algún proxecto, en relación con esta colección de xoias, que poida compartir? Penso que todos os nosos proxectos realizados deixan paso a outros que están sobre a mesa de deseño e que aínda non se converteron en realidade, eses son os que nos producen maior satisfacción... cando finalmente compartimos o resultado cos nosos clientes... Por outro lado, o ano que ven celebraremos que levamos 9.150 días disfrutando co noso traballo... 25 anos de traballo que nos permitiron chegar a facer coleccións como Enova. Agradecemos o tempo adicado a estas aclaracións e desexamos moita sorte a esta nova aventura con Galicia Calidade! COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
19
Entrevista a Fernando García Bourrellier
Unión Joyera de Bergondo Antes de nada parabéns pola incorporación a Galicia Calidade de Unión Joyera de Bergondo, coas xoias Naturaleza e Vulcano. Por que escolleu estas xoias para formar parte de Galicia Calidade e que significa para a súa empresa, o selo Galicia Calidade nestas xoias? Escollemos estas xoias porque son exemplos claros das dúas liñas xoieiras que actualmente desenrolamos. Naturaleza é a liña de alta xoiería, pezas voluminosas con gran cantidade de pedrería de moi boa calidade. E Vulcano vai na liña das pezas mais modernas, con máis deseño pero cun prezo mais popular, aínda que respectando a calidade dos materiais e da man de obra. O selo Galicia Calidade representa para nós a certificación por parte dun organismo independente da altísima calidade do proceso de fabricación das nosas pezas. Dado que nós adicámonos á xoiería media-alta, a calidade é un factor crucial. E significa tamén o poder aproveitar toda a labor previa deste organismo certificador, que tan boa acollida e coñecemento ten no consumidor final. Pode contarnos un pouco o proceso de creación destas xoias, así como algo da súa elaboración e da tradición de tantos anos da súa empresa? O proceso de creación das nosas xoias desenrólase por enteiro en Galicia, en concreto na pequena localidade de Bergondo, de longa tradición xoieira. Dende os primeiros bocetos, o deseño se vai pulindo ata chegar ó modelo inicial en papel. A primeira peza case sempre fabricámola en metal (ouro de 18K), aínda que algúns deseños fanse en cera ou directamente obtendo a cera por prototipado dun deseño 3D do ordenador. Unha vez que a montura está feita, escóllense
coidadosamente as pedras que vai levar. Todas elas, sexan diamantes ou pedras de color, con moi altos estándares de calidade. Son os engastadores os que as fixan á montura usando distintas técnicas segundo o modelo. Tras cada un destes pasos, a peza pasa un control interno de calidade para comprobar que non houbo fallos. Finalmente, tras o pulido e os baños finais, a peza terminada pasa un novo control e se o resultado é axeitado, entra a formar parte do mostrario. Na nosa produción xoieira hai aínda un alto compoñente artesanal, tentando convivir coas técnicas e maquinaria moderna que fan o traballo máis sinxelo e rápido. Onde podemos ver ou mercar estas xoias? As nosas pezas pódense mercar nas mellores xoiarías en todo o territorio nacional, na sección de Alta Xoiería do Corte Inglés e tamén nalgúns países da UE e Oriente Medio. Pódense ver na nosa web www.ujbergondo.com, na nosa páxina de facebook, nas mellores revistas especializadas do sector e tamén nas máis importantes feiras de xoiaría. A Unión Joyera de Bergondo vende parte das súas creacións a nivel internacional, cales son as xoias que mellor exportades? Tamén chegan encargos particulares, especiais desde o estranxeiro? A xoia que mellor acollida ten fora de España é a mais clásica. Aquela na que as pedras, tanto os brillantes coma os rubíes, zafiros ou esmeraldas, teñen o maior protagonismo. O cliente internacional aprecia moito a calidade da man de obra, froito de máis de 45 anos de experiencia no sector. Coñecedores do bo traballo dos nosos artesáns, tamén chegan a nós traballos por encargo, nos que
No próximo número continuaremos coas entrevistas as empresas que obtiveron o selo Galicia Calidade
20
ALENTO
NÚM. 1
O Colexio Oficial de Xoiaría ponse á disposición de calquera que queira obter máis información sobre este convenio.
DECEMBRO 2012
o deseño vai a cargo do cliente e nos que UJB limítase á fabricación das pezas de forma por suposto exclusiva. Ten algún novo proxecto, agora que acaba de renovar a web, que poida compartir con nós aquí? Nos tempos tan complicados que nos tocan vivir, o noso obxectivo non é outro que seguir fabricando dende Galicia as xoias que nos caracterizan. Tentar, a través de iniciativas coma a de Galicia Calidade, dar a coñecer un traballo artesanal que nos apaixona. Chegar cada día a mais xente, aproveitar as novas tecnoloxías para difundir o noso traballo, e por suposto perseverar na nosa vocación de servizo ó cliente. Que toda persoa que merque una peza de Unión Joyera de Bergondo, chegue a percibir a ilusión e a dedicación coa que foi feita. Agradecemos o tempo adicado a estas aclaracións e desexamos moita sorte a esta nova aventura con Galicia Calidade!
A MEDALLA DO COL EX IO
Javier Guerra Conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia
Na Gala de San Eloi 2012, o Colexio Oficial de Xoiaría entrega a Javier Guerra Fernández, Conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a Medalla do Colexio, polo seu decidido apoio ao sector xoieiro. Javier Guerra Fernández ven sendo un habitual dos actos celebrados polo Colexio Oficial de Xoiaría, como por exemplo na última entrega dos premios do Certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, no Auditorio do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) no que compartíu a mesa de Presidencia con Alberto Núñez Feijóo (Presidente da Xunta), Angel Currás Fernández (Alcalde de Santiago de Compostela), Nava Castro Domínguez (Directora Xeral de Comercio), María Eugenia Pérez Fernández (Subdirectora Xeral de Formación Profesional), Óscar Rodríguez Blanco (Presidente do Coxga) e Pablo García Regueira (Vicepresi-
dente do Coxga), participando activamente na entrega de xoias aos gañadores. A entidade Galicia Calidade depende da Consellería de Economía e Industria, polo que Javier Guerra Fernández tamén foi unha peza clave no traballo previo de negociación e elaboración do convenio entre o Colexio Oficial de Xoiaría e Galicia Calidade. A través do IGAPE, tamén dependente desta Consellería, sempre está dispoñible para atender as cuestións plantexadas polos profesionais colexiados. Os xoieiros que dispoñen dun Obradoiro Artesán son tamén coñecedores da axuda
que presta outra entidade dependente desta consellería: a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Tamén cabe destacar o traballo levado a cabo desde esta mesma Consellería a través da Direción Xeral de Comercio, contando coa especial axuda da Directora saínte Nava Castro Domínguez, así mesmo debemos reseñar a colaboración do Instituto Galego de Consumo e do Laboratorio de Contrastación de Metais Preciosos de Galicia. Agardamos seguir contando co apoio da Consellería de Economía e Industria nesta nova lexislatura.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
21
NO R MA TI V A
Que contraste deben levar os obxectos de metais preciosos?
T
odo obxecto de metal precioso (ouro, prata, platino e as aliaxes destes metais entre si ou con outros nas proporcións determinadas pola normativa) que se comercialice deberá estar marcado cos seguintes contrastes como proba e control da súa idoneidade: Punzón de identificación de orixe: Isto é, de fabricante ou de importador: identifica á persoa ou empresa que fabricou ou importou, o cal asumirá a responsabilidade de que tales obxectos cumpran as normas legais e regulamentarias ás que están sometidos. Estes punzóns son de libre deseño, aínda que deberán ser de maior tamaño ca os de garantía, non inducindo á confusión con estes e non estando as súas marcas encerradas en figura xeométrica algunha.
Punzón de garantía Próximo ó punzón de identificación de orixe está o punzón de garantía, de exclusiva utilización por parte dos Laboratorios de Contrastación. Indica a clase de metal e a súa calidade. As marcas dos punzóns de garantía oficial son, para o platino un rombo, para o ouro unha elipse e para a prata un rectángulo horizontal e no seu interior debe figurar a indicación da lei da aliaxe e a sigla do Laboratorio que realice o contraste (no caso de Galicia un G).
A lei é a proporción en peso en que o metal precioso puro entra nunha aleación. Exprésase en milésimas e represéntase por un número de tres díxitos. As leis oficiais en vigor son: • Platino: 950 milésimas • Ouro primeira lei: 750 milésimas • Ouro segunda lei: 585 milésimas • Prata primeira lei: 925 milésimas • Prata segunda lei: 800 milésimas En calquera caso, para que un obxecto de metal precioso poida ser comercializado en España deberá alcanzar algunha das seguintes Leis: • Platino: 999, 950, 900, 850 milésimas, • Ouro: 999, 916, 750, 585, 375 milésimas, • Prata: 999, 925, 800 milésimas, Para que un obxecto sexa considerado dunha determinada Lei deberá ter un contido de metal precioso igual ou superior ao marcado por dita Lei. Se contén algunha cantidade de metal precioso pero non alcanza algunha Lei, comercializarase, indicando na etiqueta, como de “baixa aliaxe” e non levará os contrastes obrigatorios.
Lexislación aplicable • Lei 17/1985, de 1 de xullo, sobre obxectos fabricados con metais preciosos. • Real Decreto 197/1988, de 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento da lei de obxectos fabricados con metais preciosos.
Para o OURO, unha elipse
Para a PRATA, un rectángulo horizontal
Para o PLATINO, un rombo
999 916 750 585 375
999
999
925
950
800
ALENTO
NÚM. 1
900 850
“LEIS” oficiais e os correspondentes contrastes de garantía (Ley 17/1985, modificada por Ley 13/1996) 22
Establécese unha excepción á obriga de contraste para os obxectos de tamaño moi reducido (os obxectos de peso inferior a dous gramos en platino, a tres gramos en ouro e a 7 gramos en prata) ou que polas peculiaridades do seu deseño non se poidan punzonar cos contrastes obrigatorios, que se comercializarán soldando a estes unha placa do mesmo metal e lei e cando non sexa posible cunha etiqueta na que figure a Lei do metal e a identificación do fabricante e importador. Agás a excepción do parágrafo anterior, para a comercialización dos obxectos de metais preciosos, éstes deben estar contrastados, tendo o comerciante a obriga de facilitar aos compradores canta información soliciten en canto á Lei da aliaxe, identidade do fabricantes e Laboratorio oficial responsable da marca do contraste de garantía.
DECEMBRO 2012
p or J. C a r l o s G a r c í a Cu mpl i do ( A se so r X u r í di c o do Co xga )
A venda de “lotes de chatarra” de obxectos de ouro realizada por empresarios a empresas fundidoras está exenta do IvE?
N
on, estas operacións están suxeitas ó IVE pero as mesmas dan lugar á inversión do suxeito pasivo; é dicir, o vendedor emite unha factura sen IVE, sendo suxeito pasivo a empresa fundidora destinataria dos obxectos de ouro.
O artigo 4.1 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), dispón que “estarán suxeitas ó Imposto as entregas de bens e prestacións de servizos realizadas no ámbito espacial do Imposto por empresarios ou profesionais a título oneroso, con carácter habitual ou ocasional, no desenrolo da súa actividade empresarial ou profesional, incluso efectuadas en favor dos propios socios, asociados, membros ou partícipes das entidades que as realicen.” A regla xeral establece que é suxeito pasivo do IVE (obrigado a presentar a declaración: liquidación e ingreso do IVE) a persoa física ou xurídica que ostentando a condición de empresario ou profesional, realiza as entregas de bens ou prestacións de servizos. Pero frente a esta regra, a Lei do IVE regula algúns supostos nos que o suxeito pasivo do IVE non é o empresario ou profesional que leva a cabo as operacións suxeitas ó imposto, senón o destinatario das mesmas. En concreto, o artigo 84. Un. 2ºb da Lei do IVE, establece que serán suxeitos pasivos do imposto os empresarios ou profesionais para os que se efectúen as operacións suxeitas a gravame cando se trate de “entregas de ouro sen elaborar ou de productos semielaborados de ouro, de Lei igual ou superior a 325 milésimas”. Pola súa banda, o Regulamento do IVE (artigo 24 ter do RD 1624/1992) considera ouro sen elaborar ou producto semielaborado de ouro, “o que normalmente se utiliza como materia prima para elaborar productos terminados de ouro como lingotes, laminados, chapas, follas, varas, fíos, bandas, tubos, granallas, cadeas ou calquera outro que, polas súas características obxectivas, non esté normalmente destinado ó consumo final.” En consecuencia, estará suxeita e non exenta do IVE a venda de chatarra de ouro
realizada por un empresario a empresas fundidoras. O suxeito pasivo de dita venda é a empresa adquirente dos obxectos de ouro que superen certa pureza (lei igual ou superior a 325 milésimas) para a súa utilización nos correspondientes procesos productivos, dado que estes, polas súas características obxectivas, non se destinan ó consumo final. As facturas que teñan como concepto a venda dun “lote de chatarra” de obxectos de ouro deben reunir tódolos datos e requisitos sinalados no artigo 6 do Regulamento de facturación: 1) número, 2) serie, 3) data de expedición, 4) nome, apelidos, razón ou denominación social do obrigado a expedir factura e do destinatario da operación, 5) NIF, 6) domicilio do obrigado a expedir factura e do destinatario das operacións, 7) descripción das operacións, 8) tipo impositivo, 9) cota tributaria e
10) data de realización das operacións ou na que se recibira pago anticipado cando se trate de data distinta á de expedición da factura. E, ademais, esta factura deberá informar que o suxeito pasivo da operación é o empresario destinatario da mesma, como por exemplo coa seguinte indicación: “En virtude do artigo 84. Un. 2ºb da Lei 37/1992, do 28 de decembro do Imposto sobre o Valor Engadido, o suxeito pasivo da operación é o empresario ou profesional destinatario da mesma”.
Lexislación aplicable • Lei 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido. • Real Decreto 1624/1992, de 29 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Imposto de Valor Engadido. • Real Decreto 1496/2003, de 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, e se modifica o Regulamento do Imposto de Valor Engadido.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
23
T E N DE N C I A S
Bling Bling
B
envidos a esta nova sección de moda e tendencias. O meu nome é Cristina Rodríguez e son deseñadora da marca Piropo Joyas. Convídovos a deleitarvos neste apartado no que falaremos dos “must” desta tempada. Aneis e colares XXL
Pendentes
Canto máis grande sexa o anel mellor. As xoias XXL entran pola porta grande, pero sobre todo se falamos de aneis e colares. Combínaos sempre con estilos sinxelos, non caias nun look moi recargado.
Os pendentes convertéronse no accesorio imprescindible. Sempre longos, como xoia única para darlles todo o protagonismo. Este accesorio contáxiase da moda barroca que inunda as pasarelas e se tinxen de dourado, adaptando complexas formas florais con perlas e pedras de cores.
Pensa en verde
Reloxos oversize
Cadeas no teu corpo
Gótico, estética escura
Tal e como vimos nas últimas galas e pasarelas as xoias lévanse verdes e en altas doses. É, sen dúbida, unha forma de poñer cor e así alegrar o teu armario de inverno con xoias en verde esmeralda.
Neste caso todas e todos nos apuntamos ao reloxo extragrande. Deixaron de ser un simple accesorio e buscan marcar tendencia. As cores ouro, prata e bronce alíanse co teu armario para darlle un aire tecno-chic.
As xoias de argolas veñen con forza esta tempada. A clave deste inverno é o tamaño. En prata, en ouro, en resina, en madeira… bicolor ou monocolor, son o toque máxico de calquera look para esta tempada.
O halo sinistro esténdese ao universo da xoia. As cruces en formato xoia invádennos. E as caveiras? Quen non notou a invasión deste pequeno esqueleto en aneis, colgantes e pulseiras. Na súa orixe eran algo sinistro pero hoxe son moda.
24
ALENTO
NÚM. 1
DECEMBRO 2012
AS SEGUE TAS
Juan Manuel Candame, coa segueta de ouro no ano 2011
O Colexio Oficial de Xoiaría entrega as Seguetas aos profesionais do ano, no día da celebración do seu patrón, o 1 de decembro, en Santiago de Compostela
O
día da San Eloi*, 1 de decembro, numerosos profesionais da xoiaría de toda a xeografía galega danse cita no Hotel de Arte Araguaney, en Santiago de Compostela, para celebrar os actos conmemorativos da festividade do seu patrón, San Eloi. Este encontro cuxa temática xira este ano en torno a “Galicia Calidade”, constitúe o marco de presentación do primeiro número da revista Alento e tamén o escenario de convocatoria da Primeira edición do Concurso de Deseño para xóvenes deseñadores, que este ano versará sobre “A choiva”. Entre todos os actos previstos (todos detallados na web do Colexio, co seu correspondente álbum de fotos), esta celebración está marcada, sen dúbida, polas merecidas homenaxes que se renden aos profesionais do sector, facéndolles entrega das Seguetas do Colexio, así como da entrega da Medalla do Colexio ao Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, polo seu decidido apoio á xoiaría galega. Así, en recoñecemento a toda unha vida dedicada á xoiaría, amosando sempre un gran entusiasmo e amor pola profesión, faise entrega da Segueta de Prata a: • manuel Barca Agrelo, de Arteixo. Despois de estar catro anos formándose nun
Ángel Manuel Fariña Pérez
•
•
obradoiro de xoiaría, en 1968 decidíu emprender a súa carreira en solitario abrindo o seu propio establecemento en Arteixo. Sobre a súa labor ao longo de todos estes anos, Manuel destaca a “súa disciplina no traballo”. manuel Soto Pregal, de Vigo. Comezou no mundo da xoiaría traballando cos seus tíos en Venezuela, hai 50 anos, e logo trasladouse a Vigo onde leva traballando 20 anos. Dende os seus comezos, Manuel destaca no seu traballo a “seriedade e honradez”. José Fernández Fernández, de Cangas do Morrazo. Nado no seo dunha familia dedicada ao mundo da xoiaría, compaxinou dende rapaz os estudos coa aprendizaxe da profesión. Durante un tempo seguíu os pasos do seu pai, José Fernández Novoa, prateiro ambulante dedicado á compravenda de ouro, prata e outros obxectos nos principais mercados e feiras de Galicia, ata que en 1966 se estableceu
José Fernández Fernández
en Cangas do Morrazo, onde segue traballando e conta que sigan coa tenda os seus fillos. Asimesmo, pola súa aportación ao mundo da xoiaría e especialmente da xemoloxía entrégase a Segueta de Ouro a: • Ángel manuel Fariña Pérez, de Marín. Pertence á segunda xeración de xoieiros. O seu pai, Ángel Fariña Blanco, comezou no mundo da xoiaría en 1943, de aí que a súa vocación e amor pola profesión lle veñan dende o nacemento, consolidándose logo co paso dos anos. Ocupouse durante corenta anos das viaxes comerciais; sen embargo, a súa paixón foron sempre as pedras preciosas. Así, en 1987 obtivo a titulación de xemólogo no Instituto Gemológico Español (IGE), en 2004 diplomouse en tasación de alfaias na Asociación Española de Tasadores de Alhajas (AETA) e dende 1996 dedícase ó ensino da xemoloxía e emite certificacións e tasacións.
Manuel Barca Agrelo
Manuel Soto Pregal
*San Eloi é o patrón dos xoieiros por varios motivos: Cando naceu, en Francia, aproximadamente no ano 588, puxéronlle o nome de Eloi, polo seu significado do latin “eligere”, presaxiando o que ía ser a súa vida. A anécdota máis coñecida da súa xenerosa vida é a que o levou a traballar á Corte do rei Clotaire. Contan que este rei quería encomendar un trono de ouro con pedras preciosas, pero non atopaba a ninguén, no seu Pazo, que o puidera realizar seguindo a súa idea. Entón, Bobbon (o tesoureiro do rei) faloulle de Eloi, ourive de recoñecida sona pola súa gran destreza e bondade. Así foi como lle entregaron a Eloi unha gran cantidade de ouro para a confección da obra. Elaborou tan habilmente a encomenda que conseguíu realizar dous tronos coa cantidade que lle entregaran para unha unidade. Fixera o seu traballo sin cometer ningún fraude, á diferencia doutros obreiros. Despois deste episodio, Clotaire admirouno tanto, e quedou tan conmovido pola súa honestidade, que o nomeou conselleiro íntimo e máis tarde tesoureiro. Eloi dedicou toda a súa vida a facer un traballo impecable, honesto e cheo de bondade para con toda a xente necesitada.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
25
INTERNACIONAL por Juan Lamas-www.silvereira.com
ENTREVISTA
Paula García, gañadora do Primeiro Premio do Certame Xuventude Crea 2012, na modalidade de xoias Paula García, unha xoven deseñadora de xoias, acaba de gañar o Primeiro Premio do Certame Xuventude Crea 2012, na modalidade de deseño de xoias. Este concurso foi convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Consellería de Traballo e Benestar), para premiar a creatividade da xuventude. Paula García tamén está colexiada e compartimos aquí a conversa que tivemos con ela, xusto despois de aprender a boa nova: Antes de nada, parabéns polo premio. Paula, cóntanos como se sinte unha cando aprende que acaba de gañar o primeiro premio? Que pensaches nese momento? O gañar este premio para min foi toda unha alegría e ao mesmo tempo unha sorpresa que no primeiro momento non daba crédito que estivera acontecendo, xa que cada ano o nivel é máis alto para os que participamos. Que significa para ti este premio? Este premio significa moito para min polo esforzo e tempo empregados no proceso de deseño e fabricación da colección, ademais de darme a oportunidade de dar a coñecer as miñas obras na exposición. Cóntanos un pouco como chegaches a estas xoias. Cal foi a túa inspiración? Para esta colección en concreto inspireime nos malabaristas dun circo e cheguei a este deseño por como temos que facer “malabares” os xoves de hoxe en día para facernos un oco no mundo profesional sobre todo en sectores de arte como no meu caso a xoiaría. Cal é a túa formación? Que traxectoria levas desde que empezaches a formarte na xoiaría?
A formación que tomei foi o Ciclo de Grao Medio de Procedementos de Xoiaría Artística e un Curso de Formación Xeral en: Xoiaría Arteanal e Artística, Engaste e Gravado de Xoias e Deseño de Xoiaría. Fixen ademais un curso de Xemoloxía Comercial e Esmaltes ao lume, todo isto impartido na Escuela Técnica de Joyería del Atlántico. Os meus estudios finalizaron en setembro deste ano polo que de momento so puiden ir mesturando a miña formación coa presenza en concursos de xoiaría que pouco a pouca foron mellorando a miña técnica. Como chegaches á xoiaría? Cales son os teus referentes profesionais? Os meus principios na xoiaría poderíase dicir que son de traxectoria familiar e cos anos funme interesando máis ata que conseguin que pouco a pouco quixera seguir formándome máis a fondo e dedicarme por completo a este mundo. Esta arte para min resulta apaixoante, non ten fin, nunca aprendiches todo e sempre estás en contínua evolución. Cales son os teus plans de futuro? Tés algunha primicia para nós? Os plans de futuro que teño nestes momentos son de continuar formándome e aprendendo para seguir mellorando tanto en deseño como en fabricación e engaste de xoias inda que teño o soño de nun futuro montar un pequeno obradoiro e seguir deseñando as miñas propias coleccións. Graciñas polo teu tempo e saborea ben este premio! Moitas grazas a vós polas vosas preguntas e o voso tempo !
ANUNCIOS POR PALABRAS Véndese bombo-vibrador, en perfecto estado, para traballos de xoiaría. Para máis información: tlf. 881 980 219. Véndese o seguinte material: Impresora etiquetas ARGOX OS-214; 2 rollos etiquetas prateadas; Lector código de barras “VOYAGER”; Videocámara V Cam CU-230 USB CMOS; Impresora de tickets Epson TM-U210-PD. Para máis información: tlf. 982 563 611.
26
ALENTO
NÚM. 1
Deseño, prototipado 3D e fundición para profesionais do sector. Deseños de xoias personalizadas, institucionais, corporativas, relixiosas. Para máis información: info@mastaller.com Traspásase xoiaría en Vilagarcía de Arousa, en funcionamento, con moi boa situación, renda baixa, alarma, caixa forte, expositores, escaparates e mostradores, reixas exteriores cegas. 18.500 € barbanzajoya@barbanzajoya.com
DECEMBRO 2012
Bella Italia O pasado mes de setembro, estivemos expoñendo as coleccións de Silvereira na feira Macef, en Milán, na sección de Xoiaría e Bixutaría. Despois de estar expoñendo estes últimos anos en Alemaña e Francia, voltamos gratamente sorprendidos de Italia. Lonxe dos tópicos de informalidade dos países do Sur, atopámonos cunha clientela maioritariamente pagadora e cumpridora, ademais de ser unha xente encantadora. En todos os lugares hai xente que non cumpre cos compromisos adquiridos, pero non se pode xeneralizar e cargar contra os do Sur. Non tivemos unha resposta tan rápida, ante as facturas pro forma enviadas, en ningún outro país. Hai que ter en conta que en Italia comercialízase moitísima xoiaría de fabricación externa, aínda que de deseño italiano; isto leva a que un gran número de empresas teñan uns produtos moi parecidos. Así, presentando un produto diferente, pódese chegar a clientes que buscan algo distinto, sempre e cando se cumpra cunha relación calidade prezo axeitada. Por outra parte, ven sendo habitual en feiras de países como Alemaña e Francia, a presencia de bos compradores italianos. Por iso, sempre dende a nosa experiencia, animamos a todos os profesionais da xoiaría a intentar abrir mercado en Italia, e tamén aproveitamos para informar que dende AGA, a Asociación Galega de Artesáns, hai agora mesmo aberta unha convocatoria de participación conxunta na vindeira edición de Macef, en xaneiro do 2013.
AXEN D A No calendario da nosa web tamén podedes comprobar as datas de interese. Para conseguir máis información sobre algunha actividade, os profesionais colexiados poden remitirse ao apartado reservado da web, no que están todos os detalles, ou contactar coa oficina do Colexio Oficial de Xoiaría. decembro
do 18 ao 20 de xaneiro 2013 Curso de especialización en pátinas e acabados artísticos
do 15 ao 17 de marzo 2013 Segunda parte curso de iniciación á fundición de metais
do 19 ao 24 de xaneiro 2013 Vicenzaoro Winter, en Vicenza (Italia), feira da xoiaría
do 23 ao 24 de marzo 2013 Terceira parte curso de iniciación á fundición de metais
domingo 2 de decembro 2012 Domingo de apertura autorizada
venres 25 de xaneiro 2013 Convocatoria IV Certame Deseña unha xoia para a túa nai
sábado 8 de decembro 2012 Festivo de apertura autorizada
luns 25 de marzo 2013 Data límite adhesión profesionais ó IV Certame Deseña unha xoia para a túa nai
do 25 ao 26 de xaneiro 2013 Curso de Fotografía aplicada á xoiaría
xoves 13 de decembro 2012 Inicio da Campaña de Publicidade de Nadal 2012 en Televisión e Radio
luns 28 de xaneiro 2013 Convocatoria II Concurso San Valentín en Facebook
luns 25 de marzo 2013 Data límite recepción deseños para IV Certame Deseña unha xoia para a túa nai
domingo 16 de decembro 2012 Domingo de apertura autorizada
febreiro
sábado 1 de decembro 2012 Celebración de San Eloi, patrón dos xoieiros sábado 1 de decembro 2012 Inicio da Campaña de Publicidade de Nadal 2012
domingo 23 de decembro 2012 Domingo de apertura autorizada domingo 30 de decembro 2012 Domingo de apertura autorizada xaneiro martes 1 de xaneiro 2013 Festivo estatal venres 4 de xaneiro 2013 Fin da Campaña de Publicidade de Nadal 2012 en Televisión e Radio domingo 13 de xaneiro 2013 Domingo de apertura autorizada do 16 ao 20 de xaneiro 2013 Iberjoya, feira internacional da xoiaría, prataría, reloxaría e industrias afins, en Madrid do 18 ao 21 de xaneiro 2013 Bijorhca, en París (Francia), feira profesional de xoiaría e bixutaría
xoves 28 de marzo 2013 Festivo autonómico en Galicia, de apertura autorizada
domingo 10 de febreiro 2013 Data límite II Concurso San Valentín en Facebook luns 11 de febreiro 2013 Sorteo II Concurso San Valentín en Facebook do 22 ao 24 de febreiro 2013 Primeira parte curso de iniciación a 3Design do 22 ao 25 de febreiro 2013 Inhorgenta, Feira Internacional de Xoiaría e Reloxaría, en Munich (Alemaña) marzo do 1 ao 3 de marzo 2013 Primeira parte curso de iniciación á fundición de metais do 5 ao 9 de marzo 2013 Feira Internacional de Xoiaría Hong Kong International Jewellery Show do 8 ao 10 de marzo 2013 Segunda parte curso de iniciación a 3Design
venres 29 de marzo 2013 Festivo estatal abril do 25 ao 30 de abril 2013 Baselworld, feira internacional da xoiaría e reloxaría en Basilea (Suiza) venres 26 de abril 2013 Entrega de Premios do IV Certame Deseña unha xoia para a túa nai maio mércores 1 de maio 2013 Festivo estatal do 10 ao 12 de maio 2013 Curso de iniciación ao modelado de arxila de metal precioso venres 17 de maio 2013 Festivo autonómico do 31 de maio ao 3 de xuño 2013 Feira de Xoiaría JCK Las Vegas 2013 (Estados Unidos)
M&R TOOLS
¡Descuentos especiales para afiliados al Colexio Oficial de Xoiaria! MEJORE LA PRODUCTIVIDAD CON LAS NUEVAS TECNOLOGIAS
PUK04
TIENDA ONLINE: www.mrgems.es raul@mrtools.es Tlf. 915319997
GKS3000 Y GKS300 SOLIDSCAPE, LAMPERT, ALFAMIRAGE, BERKEM, EDENTA Y LAS MEJORES MARCAS DEL MUNDO DE LA JOYERIA:
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
27