Alento 6

Page 1

6

AGOSTO 2014

COLEXIADOS OFICIOS FORMACIÓN EMPRESA COXGA NORMATIVA TENDENCIAS AXENDA


Para que serve

o Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia COXGA? Ante todo, o Colexio exerce de representante e proxecta a profesión na sociedade. É un órgano de defensa dos colexiados de ataques externos, resolvendo e denunciando problemas (como por exemplo os de intrusismo e de competencia desleal). Traballa na integración dos profesionais colexiados nunha dimensión recoñecida tanto a nivel autonómico como estatal, aproveitando a escala de grupo para a obtención de beneficios e vantaxes para todo o sector. Exerce de representante ante a administración, e mantén relacións estreitas coa mesma, co fin de alcanzar acordos en beneficio do interese colectivo. O Colexio oferta servizos a menor prezo ou atención específica (convenios para colexiados): • Cadena Eurostars (estancias) • Correos (envío de paquetería) • Foga (apoio para innovación tecnolóxica) • Galicia Calidade (certificación de xoias) • Gran Hotel La Toja (estancias) • Gravograph (maquinaria de gravado) • M&R Tools (proveedor de material para xoiaría) • Mapfre - Caja Salud e Medisalud (seguros de saúde) • Millennium (seguro de xoiaría) • Protese (servizos de seguridade privada) • Tempu (seguro obrigatorio de convenio) • Versión Galega (páxinas web e tendas “online”) Tamén dispón dunha bolsa de emprego para ofertas e demandas dos profesionais colexiados. O Colexio dispón dun servizo de prensa a disposición dos seus colexiados, para as súas comunicacións - este servizo encárgase do asesoramento, envío e seguimento da divulgación O Colexio está en comunicación constante cos seus colexiados: Información • envío de circulares por correo-e • envío de convocatorias puntuais por correo-e • chamadas específicas personalizadas Coxga rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B 15701 Santiago de Compostela tlf. 981 598 858 • correo-e: info@coxga.es

• información profesional no panel de colexiados da web do Colexio • publicación constante de información xeral na web do Colexio, en Facebook e en Twitter • atención personalizada a todas as solicitudes de colexiados • actualización das axudas, normativas, divulgación e explicación personalizada • envío personalizado de todo tipo de información requirida • revista Alento (trimestral) • visitas personalizadas nos establecementos dos colexiados A Formación dos colexiados forma parte da folla de ruta do Colexio • cursos xenéricos ou de especialización, durante todo o ano • envío de contido formativo a través das circulares ou de Alento • organización de cursos baixo demanda A Formación xa aprobada e pendente de realización: • Atención excelente ao cliente de xoiaría, impartido por Eloy Gesto, o sábado 18 de outubro 2014 (8h) • Paquetería, por Dolors Serra • Reloxaría A Participación dos colexiados na dirección do Colexio é fomentada por distintos tipos de reunións presenciais: • Asembleas anuais • Asembleas extraordinarias • Reunións temáticas • Comisións de Traballo • Xunta de Goberno Un profesional colexiado é un profesional unido, informado. Nunca estará só. Un profesional colexiado é sinónimo de profesionalidade, proximidade, garantía, calidade, control, visibilidade, formación, titulación.

horario de atención oficina: de luns a venres: 9h-14h e 16h30-19h30 web coxga: www.coxga.es


EDITORIAL

4 entrevista colexiado Entrevista Reloxería Xoiaría Vilar 6 Colexiados Colexiados con webs responsive 8 oficios Que é o rodio 10 oficios Cal é a peza de fundición máis barata 11 oficios Xemoloxía. O Peridoto 12 opinion Colexiados 13 Empresa Foga. Cartelería dixital 15 formación De “dentro cara fora”, a excelencia na atención 17 formación Sobre a autoría 18 formación 19 Normativa. Garantías 20 Normativa. Punzón de fabricante 22 coxga - día da nai 2014 26 coxga responde 28 coxga O COXGA aumenta a súa presenza en medios de comunicación 29 coxga Pasarela de Tendencias 30 Convocatoria III Concurso de Deseño San Eloi 32 tendencias 33 tendencias 34 última hora 35 axenda

Formación e xoias, activos en alza? A meirande parte dos produtos que nos rodean desvalorízase rapidamente co tempo. No caso das xoias, a situación é xusto a oposta. As xoias son un valor seguro que desafían ao paso do tempo: unha inversión que se revaloriza. Ben o saben todas as persoas que nestes últimos anos de economía complicada (crise financeira e inmobiliaria) viron nas xoias ou diamantes unha inversión segura, e tamén aquelas outras que sacaron os prezados metais dos seus xoieiros e atoparon aí un doado xeito de obter liquidez. Lonxe de min a idea de fomentar este tipo de negocio, ao contrario, utilizo este exemplo para amosar que as xoias teñen valor, a pesar de que nestes casos só se valoran o peso e os quilates do metal, esquecendo o deseño, antigüidade ou tipo de pedra. En definitiva, debemos ter todos moi claro que as xoias son e teñen valor económico (ademais do artístico e sentimental, por suposto). Se as temos taxadas coñeceremos este valor e non correremos risco de engano á hora de comprar ou vender e, ademais, resultaranos de grande utilidade para aseguralas ou, de ser o caso, xustificar a propiedade en caso de roubo, tamén nos casos de separación de bens ou partición de herdanzas. O certificado de taxación, indica todas as características físicas da xoia, e os materiais que a compoñen, constituíndo, por tanto, unha garantía da súa calidade e autenticidade. Claro que para unha boa inversión en xoias, o comprador debe estar ben asesorado. E para iso é condición sine qua non unha axeitada formación do vendedor. A formación, non sendo un produto, tampouco se desvaloriza. Complétase, compleméntase e renóvase, xa que cada vez que asistimos a un curso non empezamos de cero. Asimilamos completando a nosa bagaxe persoal. A formación é imprescindible, podemos dicir que é como o certificado de taxación do vendedor, que garante coa súa profesionalidade a autenticidade das xoias. Por iso, necesitamos formarnos constantemente, xa que a evolución do noso entorno vai a mil por hora. Os clientes evolucionan, maduran, envellecen e chegan os novos que non piden e non valoran o mesmo. Se un certificado de taxación pode axudar a que unha economía familiar non se vexa estafada nun momento de apuro, a formación de calidade é unha das garantías para que a economía dunha empresa – sexa obradoiro ou tenda- teña o suficiente respaldo para seguir evolucionando, xunto co prestixio que lle outorga a profesionalidade. Oscar Rodríguez Blanco Presidente

Editor Colexio Oficial de Xoiaría 15701 Santiago de Compostela

Portada: Xoia realizada por Rosa Méndez e deseñada por Alberto Penedo Martínez (7 anos, Santiago de Compostela) para o Concurso “Deseña unha xoia para a túa nai” 2014.

A Coruña

Fotografía realizada por Tamara de la Fuente.

Rúa Ramón Cabanillas 5-7, 2º B

número 6 • agosto 2014

Contacto oficina COXGA Loli López e Lupe Santiso Publicidade Teléfono: 981 598 858 Correo electrónico: prensa@coxga.es

ISSN 2255-1492 Depósito legal C.2.277-2012 www.coxga.es

O Colexio Oficial de Xoiaría non se fai responsable das opinións nin comentarios que os colaboradores expresen, en todo momento, de manera individual. É preciso solicitar autorización ao Colexio Oficial de Xoiaría para as reproducións de contidos.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

3


COLEXIADOS • ENTREVISTAS

Entrevista Reloxería Xoiaría Villar

Juan Carlos Villar, colexiado nº A0596 Santiago Antonio Villar, colexiado nº N0597 Reloxería Xoiaría Villar Pontevedra,1. 36630 Cambados (Pontevedra) T. 986 542 032

Juan Manuel Villar Villar, pai de Juan Carlos e Santiago Antonio, actuais propietarios da Reloxería Xoiaría Villar.

A RELOXERÍA E XOIARÍA MÁIS ANTIGA DE GALICIA A creación do negocio foi arredor do ano 1886. Catro xeracións dunha familia vencelladas á historia da xoiaría e reloxería de Galicia. Son os autores dunha das pezas de xoiaría máis coñecidas de Galicia, a Folla de Albariño que se entrega durante a Festa do Albariño dende hai case cincuenta anos. O segredo para manter o negocio durante máis de 120 anos é compartir o coñecemento de pais a fillos, así durante catro xeracións (de momento).

A

xoiaría máis antiga de Galicia en funcionamento na actualidade creouse en Cambados no 1886. Dende entón pasaron catro xeracións por un negocio que forma parte da vida de Cambados. A Reloxería Xoiaría Villar, que mudou tres veces de local durante todos estes anos está situada na rúa de Pontevedra no centro da vila, e é un dos membros colexiados do Colexio Oficial da Xoiaría de Galicia.

4

ALENTO

NUM. 6

Juan Manuel Villar Villar, xubilouse a comezos deste século, pero aínda lembra ao seu avó, o fundador da saga. Don Gerardo Villar Sanxenís, aprendeu reloxería, xoiaría e óptica a finais do século XIX en Santiago, e acabou en Cambados onde estableceu o negocio. Os máis vellos aínda lembran ao “home da capa”, porque sempre ía con capa, en verán ou en inverno. O seu neto, Juan Manuel describe

AGOSTO 2014

aqueles comezos. “Daquela era todo feito a man e forxa, con martelo, estirando as chapas de prata e ouro. Hoxe en día trabállase con máquinas. Nótase o cambio, unha peza feita a man ten un algo, con máis arte”. E así o coñecemento deste artesán pasou ao seu fillo, Santiago Villar Bahamonde, o pai de Juan Manuel. “El facía de todo, reloxería, óptica e xoiaría. Cando aínda se empregaban


COXGA

Santiago Villar Bahamonde

os impertinentes e monóculos, na área de óptica. Que máis escola podíamos ir que a que nos aprendíamos de dous artesáns reloxeiros e xoieiros de categoría”. O seu pai sempre lle dicía: “As cousas ben feitas ben parecen, e que ninguén pregunta o tempo que levou facela”. Que mellor escola que a que hai na propia casa. “Meu pai – afirma Juan Manuel – e o meu tío aprenderon do meu avo, e os meus fillos aprenderon de min. Unha cadea de aprendizaxe de pais a fillos. Eu estiven toda a vida na xoiaría, nacín na xoiaría e estiven traballando dende os quince anos ata que me xubilei. Primeiro traballei co meu pai e logo xa só”. Ás veces os seus fillos Santiago e Juan Carlos aínda o chaman “cando teñen unha dúbida con algunha cousa” para asesoralos e dicirlles como poden “facela máis rápido”. E claro, agora os fillos dos clientes de Juan Manuel, son clientes dos seus fillos, perpetuando unha relación directa baseada na honestidade e na calidade dos seus traballos. Entre as pezas máis coñecidas da súa xoiaría destaca a Folla de Albariño en prata que se entrega aos Cabaleiros e Personalidades durante a Festa do Albariño. Unha peza que levan facendo dende hai case cincuenta anos. O cambio experimentado no negocio evolucionou abondo, e logo de máis de 120 anos hai poucas cousas en común. Antigamente traballaban xoiaría en prata e ouro. En reloxería principalmente en latón, metal ou aceiro. E cando as pezas estaban rotas tíñanas que facer con estes materiais. Juan Manuel lembra a elabo-

Folla do Albariño. Entrégase na Festa do Albariño dende hai 50 anos

ración de moitas medallas en prata. “Primeiro tiñamos que facer ao revés a imaxe, gravando a imaxe en concha de xiba seca, e despois enchíase de prata. Había que facela chá e xa se cortaba coa forma da imaxe. Era un método de oco gravado invertido. Un método moi antigo do que resultaban pezas toscas non moi perfeccionadas”. Tamén lembra un reloxo especial que pasou polas súas mans. “Lembro que hai anos trouxéronme un reloxo carillón, de peto, que tiña

fases lunares, calendario permanente e sonería para cegos. Ao premer o reloxo daba as horas, os cuartos e os minutos que pasaban. Era dun cliente alemán que non atopou en Alemaña onde amañalo e a través dun cliente emigrante chegoume aquí e quedou como novo”. Prensa Coxga: Xesús C. Ramos prensa@coxga.es

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

5


COLEXIADOS www.versiongalega.com atencionalcliente@versiongalega.com telf | fax.: 981 69 79 26 móbil e whatsapp: 689 997 775 rúa nova, 31, 1b 15680 Ordes (A Coruña)

Colexiados con webs de deseño responsive Webs adaptadas a ti e aos teus clientes O responsive design, tamén coñecido como deseño adaptable, é a técnica de deseño e desenrolo html que cubre todas as resolucións de pantalla posibles. É dicir, adapta os módulos e imaxes dunha tenda online á pantalla do dispositivo na que se mostra. A súa particularidade consiste en que a través dun código flexible nos permite que unha única versión da tenda online se adapte perfectamente a calquera dispositivo. É unha tendencia relativamente nova dentro do desenrolo de sitios web e, aínda que tivo bastante auxe durante o 2013, aínda son poucos os que a implementaron e coñecen este tipo de programación web. Existen varias formas de facer tendas online para móbiles, pero si a mensaxe é a mesma na versión móbil e na versión desktop (de sobremesa) a mellor opción e a máis recomendada é o desenrolo mediante a técnica responsive. Ignorar aos usuarios que navegan co móbil xa non é unha opción a elixir, xa que estariamos perdendo vendas e clientes.

vivimos nun mundo con carácter “multidispositivo”. Isto non só nos permite poder realizar compras desde case calquera punto do mundo, senón que xa podemos realizalas desde unha gran variedade de dispositivos móbiles sen ter que esperar a chegar a casa ou ao traballo para poder mercar desde o noso ordenador de sobremesa. Agora podemos realizar unha compra desde a nosa tablet nunha cafetería ou incluso desde o autobús con calquera smartphone (teléfono intelixente). O tráfico móbil crece cada vez máis rápido e os usuarios compaxinamos as nosas ocupadas e dinámicas vidas con múltiples dispositivos de acceso a Internet, que cada vez son máis rápidos e portables. E isto, Google o sabe... e o máis importante, valórao. Debemos ter en conta que cada día o cliente é moito máis esixente e espera dunha tenda online certa calidade, non só no contido senón na manexabilidade da tenda online. Por este motivo, dispoñer dunha tenda online eficaz en todas as plataformas posibles, significará que os usuarios que usen tablets ou dispositivos móbiles poderán visualizar a tenda online dunha forma máis clara e doada de navegar por ela.

No ano 2013 o comercio por Internet en España aumentou, sendo xa cerca de 11 millóns de persoas as que realizaron algún tipo de compra a través da web nos últimos 12 meses. Isto supón o 31,5% da poboación total.

Fonte: Instituto Nacional de Estadísticas

6

ALENTO

NUM. 6

Que se pode deducir de todo isto? Que é esencial ter unha tenda online optimizada para os diferentes dispositivos, xa que, co aumento das tablets e dos teléfonos móbiles os consumidores están cambiando a súa forma de comprar. Podemos enumerar unha longa serie de vantaxes de adaptar calquera tenda online ao usuario/cliente cun responsive design. Todas elas están enfocadas á comodidade do usuario á hora de acceder a nosa tenda online, desde calquera dos seus dispositivos móbiles, que o cliente goce dunha experiencia online completa e útil, en vistas a que se realice con éxito o proceso de compra. O responsive design axuda a mellorar a usabilidade da nosa tenda online de forma que cada perfil de usuario atope o que busque da forma máis rápida, sinxela e por suposto atractiva.

Vantaxes • Actualizamos a web unha vez e os cambios veranse reflectidos en todos os dispositivos e pantallas, sen necesidade de modificacións extras. • Disporás dun só sitio web adaptable a todos os dispositivos polo que se reducen custes, xa que non se desenrolan varios proxectos para un mesmo sitio web.

En marzo 2013 xa eran máis do 15% os usuarios que navegaban por dispositivos móbiles e tablets.

Está moi claro que a día de hoxe xa nos encontramos con que existen multitude de formas diferentes de comprar por Internet e isto é debido a que xa

lizar unha compra desde un móbil ou tablet sexa cada vez unha práctica máis habitual.

Se a todo isto sumamos que España xa é o segundo país con máis teléfonos intelixentes, non é de estrañar que, rea-

AGOSTO 2014

• A correcta visualización da nosa tenda online non dependerá de sistemas operativos nin navegadores. • O contido estará moito máis estruturado e o usuario non se perderá na tenda online. Isto favorecerá a taxa de conversión grazas á eliminación do


COXGA Canto custa dispoñer dunha tenda online responsive design? Non podemos esconder que require inversión e esforzo, pero a un medio prazo notaremos unha repercusión positiva nas nosas vendas. A través do responsive design conseguiremos mellorar a experiencia de venda do usuario cun menor custo de mantemento da nosa web. Por outro lado, non debemos esquecer que esta técnica xa é clave para a correcta optimización de dispositivos móbiles e nos levará a potenciar as vendas da nosa tenda online, permitindo que cheguemos ao consumidor adaptándonos aos seus hábitos no uso de Internet.

www.joya36.com

movemento táctil para aumentar a visión, é dicir, o contido estará adaptado ás dimensións da pantalla. • Mellórase a indexación grazas a que só se usa unha única url. Google xa posiciona as páxinas webs valorando se están adaptadas ao dispositivo. •M ellórase a visibilidade nos motores de busca. Isto permite centrarse na difusión e manter unha estratexia SEO consolidada. Dispoñer dunha tenda online responsive axuda ao posicionamento nos rankings de buscadores. Polo tanto aumenta a porcentaxe de vendas e o ratio de conversión.

www.piropojoyas.com

• Comodidade para ti e para os teus clientes que agradecerán a adaptabilidade da túa web ao seu móbil ou á súa tablet.

Como saber se un sitio web é responsive design? Unha forma sinxela, desde o noso ordenador portátil é aumentar ou reducir o tamaño da ventá do noso navegador; se o sitio web é responsive design observaremos que o contido adáptase segundo variamos o tamaño da ventá do navegador. As páxina web de www.versiongalega.com ou www.joya36.com son uns bos exemplos de como o deseño responsive cambia para axustarse á pantalla.

Conclusión

O comercio electrónico está cambiando constantemente. Para manterse ao día, as marcas necesitan chegar aos seus clientes a través dos dispositivos de escritorio, tablets, teléfonos intelixentes… Isto permite unha experiencia de usuario específica para calquera tamaño de pantalla, mentres que a construción e o mantemento son o dunha soa tenda. Co aumento das vendas de tablets e móbiles, o deseño responsive é a clave para manterte por diante dos teus competidores e gañar cota de mercado. David Villaverde Xerente versiongalega.com estudio creativo vale por dos

www.maysil.com

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

7


OFICIOS • xoiaría

Que é o rodio?

Francisco César Blanco Núñez colexiado nº N0368 Joyería Relojería Paco Aradas Martín Echegaray, 16 36209 Vigo (Pontevedra) 986 296 436

Como ben é sabido pola gran maioría dos profesionais de Xoiaría, Bixutaría e Ourivaría, o Rodio é un produto moi presente desde hai moitos anos e máis presente aínda na xoiaría moderna.Tal vez o cometido deste interesantísimo elemento químico é menos coñecido entre os clientes, consumidores e incluso por parte do gremio, debido a que non todos se dedican á fabricación ou traballan con este artigo. Por iso gustaríame facerlles chegar o meu punto de vista máis particular, debido aos meus anos de experiencia profesional e de manexo do mesmo.

P

ois ben, e como di o título da introdución: Que é o rodio? Obviamente o Rodio é un elemento químico pertencente á táboa periódica, no lugar 45 para ser máis exactos, Rh. Poden estar tranquilos; non vou aburrir con datos meramente técnicos, numéricos ou doutra índole, que seguramente non interesarían, a non ser para un namorado da química. Iso si, gustaríame puntualizar certos aspectos que farán comprender o por que dos usos comerciais, e non só na xoiaría, senón tamén noutros ámbitos do mercado común. Do grego Rhodon pola súa cor rosácea, pese a ser un metal de cor branca en orixe, o ton rosado ou rosa é consecuencia derivada das sales do propio metal (sulfato de rodio). Este aspecto 8

ALENTO

NUM. 6

é máis apreciable en estado líquido ou diluído, que é a forma máis habitual coa que se traballa con este en xoiaría, como nos baños electrolíticos ou galvánicos. Este metal denominado, máis concretamente, dos de transición, é un dos máis caros pola súa escaseza, xa que só se atopa en limitadas minas do planeta Terra. A súa extracción é de alto custe para as empresas que se dedican á obtención do mesmo.

AGOSTO 2014


COXGA Ao redor de 7 a 8 toneladas é a produción anual en todo o mundo, ínfimo se o comparásemos con outros tipos de metais nobres, como poderían ser ouro, platino, paladio, rutenio, etc. ou semi-nobres como o cobre, a prata e o mercurio, moitos destes usados tamén na xoiaría, para aliaxe, manufactura ou, nos baños e chapados, para electrólise. O feito de ser o rodio un metal nobre, pola súa forte resistencia á corrosión e oxidación fronte a outros elementos externos, baixa reactividade, brillo duradeiro e gran condución eléctrica, permítelle ser perfecto para favorecer a posibilidade da galvanización a outro tipo de materiais, sexan o paladio, platino, prata, cobre, ouro branco ou ouro amarelo, aportándolles dureza e beleza ás pezas de alta xoiaría e incluso aos produtos denominados de bixutaría. Onde máis se está utilizando este metal precioso, hoxe en día, é en numerosas pezas de prata, para darlle máis consistencia e aguante ante a posible oxidación e a facilidade de perda de brillo debido á tenrura xa coñecida deste propio metal. Tamén se utiliza en case todo o ouro branco por defecto, debido, neste caso, a que se trata dunha aliaxe de varios metais e, dependendo desta, non sempre adquire un ton suficientemente branco e adoita ter un ton máis apagado de brillo e máis nas aliaxes usadas para a micro-fusión. Este acabado co rodio daralle máis brillantez e un lustre impoñente, sobre todo ás pezas fabricadas para brillantería. Hai que lembrar que toda feitura nestes dous ou máis metais, que estean rodinados, pese a ter unha resistencia maior ao paso do tempo, require tamén duns coidados diferentes e o acabado brillante do rodio desgástase co paso dos anos, sendo necesario repetir o proceso do baño para que recupere o aspecto de nova. O proceso de rodinado ou baño electrolítico é relativamente sinxelo: para a obtención dun perfecto acabado, o procedemento é o seguinte: en primeiro lugar necesítase que á peza que temos para tratar -sexa nova de fabricación ou deteriorada polo seu uso-, se lle dea un bo lixado fino e unha pulida óptima para que alcance

un brillo uniforme; posteriormente terá que pasar por unha limpeza por ultrasóns a unha temperatura non excesivamente alta, a cal a deixará completamente limpa de elementos estraños e xa case desengraxada. Para isto utilizarase un cable ou arame de cobre que sosterá a peza en cuestión e nos servirá de condutor eléctrico para os seguintes pasos, e a súa vez a posibilidade de manexo sen ter que tocala e darse o caso de contaminala unha vez limpa. É importante dicir que todo o desenrolo se faga coa máxima limpeza e pulcritude e cunha renovación

asidua, tanto do liquido da ultrasóns, como dos restos de enxaugaduras e desengraxes, iso facilitará que saian uns rodinados sempre impolutos e sen manchas, e minimizaremos o risco de contaminación no depósito onde se atopa o rodio Unha vez retirada a xoia da ultrasóns, deixarase uns segundos baixo o grifo de auga corrente. Quedando ben aclarada, pódese secar ou ben somerxela en auga des-ionizada ou destilada; iso fará que o posible cal ou cloro que contén a agua de consumo normal non afecte ao resultado final. Dáselle un último desengraxe pero esta vez usando a máquina de electrólise, mediante a inmersión nunha cubeta, con sales expresamente para esta función, disolvidas en auga destilada tibia, e cun tempo prefixado de 1 a 2 minutos. A peza será sometida a unha voltaxe (variable) que é producida polo contacto co liquido e uns ánodos de aceiro tamén somerxidos no desengraxe, coa que quedará a superficie completamente purificada e apta para a galvanización. Ao terminar este tempo, retírase e aclárase repetidamente en dúas cubetas de auga des-ionizada. Por último, mentres deixamos a feitura sobre papel absorbente, prepárase o rodio para inmersión: débese quentar para que teña unha eficacia maior, iso si, a temperatura ideal varía moito segundo a clase de rodio que sexa e segundo o fabricante. Sempre se terán en conta os baremos que nos marquen as características de cada cal na ficha técnica. Unha vez a peza seca, manténdose polo cable de cobre, vólvese a somerxer, pero no rodio previamente quentado. Aportarémoslle unha voltaxe entre 1,5 a 2,50 voltios cuxos ánodos esta vez serán dun recubrimento de titanio, que farán que comence a hidroxenación en contacto co rodio e se adira este metal á peza inmersa. O tempo de galvanización pode ser diferente segundo o artigo que se queira rodinar, entre 1 e 2 minutos son o correcto. Ao acabar este tempo, apágase a máquina, retírase a peza con coidado e aclárase en auga quente, e só quedará secala con esmero e xa estará lista para lucir.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

9


OFICIOS • xoiaría

Cal é a peza de fundición máis barata?

Antonio Franco, Asesor de procesos de Micro-fusión en Taller de Joyas T. 881 980 219 consultoriatecnica@tallerdejoyas.com

Todos estes aspectos implican un nivel de coñecemento que fai que segundo o tipo de pezas, os procesos que interveñen no seu acabado, modifiquen as características base do metal ou do modelo que contribúan a corrixir os posibles defectos da fundición e resolvelos. Para elo: A) Estableceremos unha relación dos defectos máis habituais . B) Estudar os defectos por separado . Antonio Franco, rodeado de alumnos no curso impartido na EASD Mestre Mateo en colaboración co C) Tratar de explicar o COXGA no 2013. defecto cientificamente e se é posible ar resposta a esta pregunta imbásica ou á oxidación ambiental), reproducir voluntariamente o defecto, plica facer un repaso aos procondicionando a durabilidade da cacesos da fundición, co único lidade de acabados ou a súa usabili- para confirmar a hipótese que temos acerca da causa do problema. obxectivo de obter a cantidade convidade no día. da para cada peza que chega ou sae do 5) características eléctricas, (no caso da D) Por que se causa o defecto e as circunstancias que o provocan. noso taller. Así, para obter a cantidade xoiaría a radiación emitida por aqueE) E vitar esta causa, proporcionando as convida, teremos que rodearnos da malas pezas que puidesen conter aliaxes condicións necesarias para non reteria prima adecuada e consideraremos eutéticas, con contido en níquel, e en producir o problema. parte desa materia prima as caractealiaxes de ouro branco) . F) Se non o conseguimos por falta de rísticas do modelo orixinal prestando 6) características magnéticas. medios, procurar atenualo na maior atención aos seguintes detalles: 7) características referentes ao aspecmedida posible. 1) as características que veñen definidas to (estado das superficies ao saír da G) Se fose imposible, debemos intenpor dimensións (formas, medidas, esfundición, despois de repasadas, e antar desprazalo a unha parte da peza pesores constantes, colocación e grotes e despois de pulilas). onde podamos disimulalos en calsor das alimentacións do modelo, etc.). quera dos procesos posteriores, no 2) as características mecánicas (resisdesmoldeo , ou no repaso, etc. tencia ás roturas, estiramento, elastiH) P or ultimo, se todo isto non fose sucidade, etc.) que podemos alterar en ficiente debemos ir ao deseño inicial función do tipo de aliaxe que usemos e ter en conta que parte do mesmo 3) as características físicas (que non debe cambiarse para lograr unha cahaxa porosidade interna e que sexa lidade normalizada na elaboración estable a procesos de recocido, de dunha peza de fundición . capado, pulidos electromagnéticos,

D

baños galvánicos, etc.) xa que unha peza que se conseguiu de aparencia perfecta nunha fundición pode estragarse ao procesala, ao cambiar a súa estrutura cristalina de maneira que se dean defectos que afecten a súa forma ou superficie . 4) características químicas, (comportamento fronte á corrosión ácida ou 10

ALENTO

NUM. 6

Probablemente despois de ler este breve artigo preguntaredes... ben... pois... si, xa... pero cal é a peza de fundición máis barata?

Árbore de micro-fusión.

AGOSTO 2014

A que foi entregada en prazo e que non se ten que repetir.


OFICIOS • xemoloxía

COXGA

O peridoto

Texto e imaxes: Cristobal Fernández Casas, xemólogo colexiado nº G0062 www.ferperjoyeros.es T. 981 234 039

Descuberta por primeira vez, segundo Plinio, por uns piratas que arribaron a unha illa que eles denominaron Topazos (Buscar, en relación á dificultade en atopala, cuberta case sempre de néboa), esta xema foi explotada desde hai 3.500 anos, documentándose a extracción nos seus xacementos por escravos exipcios no ano 1500 a.C.

C

oñecida ao principio con ese nome, o que derivaría en chamar á xema atopada alí como Topacion, a xema que encontraron nela recibiría máis tarde o nome de Topacio, co que se denominou ata ben entrado o século XVIII no que se lle empezou a chamar co nome francés de Peridot, que deriva da palabra árabe Faridat (pedra preciosa). Non é correcta a denominación Crisolito, coa que os alemáns se referían antigamente ao mineral olivina, pois en xemoloxía denomínase así ao crisoberilo amarelo. Desta illa do Mar Vermello, que tamén se chamou illa das serpes, foi de onde os cruzados trouxeron o peridoto a Europa, e eles déronlle o nome de illa de San Juan, co que aínda é común atopala en moitos libros de xemoloxía. Hoxe en día Zabargad, que significa peridoto en árabe, é o topónimo correcto. Cristaliza no sistema ortorrómbico, en forma de pequenos grans e raramente en forma de prismas que adoitan ser moi curtos. É un silicato de magnesio e ferro do grupo da olivina, e ocupa un espazo intermedio na serie isomorfa (isto significa que é un mineral que por procesos xeolóxicos pode cambiar a súa

fórmula química pero manter inalterada a estrutura cristalina) que ten nun extremo a incolora forsterita, da que a xema que hoxe nos ocupa está máis próxima, con pouco ferro na súa composición química, e no outro a faialita, de cor negra, cunha cantidade de ferro superior. É idiocromático, polo que sempre aparece da mesma cor verde amarelento, aínda que leves diferencias na súa química poden darnos tons pardos. Con respecto á súa orixe, aparece en rocas magmáticas como basaltos ou gabros, pois pode ser dos primeiros minerais en cristalizar no proceso ígneo a altísimas temperaturas, aínda que tamén se forma por metamorfismo de rocas como dunitas, mármores ou serpentinitas, por poñer varios exemplos, e incluso pode verse afectado por actividade hidrotermal. Os xacementos máis coñecidos son os antes citados de Zabargad (hoxe en día case testemuñais) de onde se dicía aparecía o peridoto de maior calidade, Pakistán, Rusia, Vietnam, China, Myanmar, Etiopía e Noruega entre outros, aínda que os xacementos que actualmente dan unha produción moi superior ao resto son os de EEUU, en Nevada, Novo México, Illas Hawai (pouco produ-

tivos) e os que quizais sexan os de maior fama por seren os de maior produción a nivel mundial de Peridot Mesa, en Arizona. En España aparece en Murcia, Cuenca, Cidade Real, Zaragoza, Badaxoz, Málaga, Xirona e nas lavas de Tenerife e Lanzarote. En Galicia non aparece en calidade xema, aínda que é destacable que en Landoi e Cariño extráese dunita rica en olivina con varias aplicacións industriais (fluidificante de escouras por exemplo) que converten a esa zona no maior exportador de España desa roca e supón un importantísimo tráfico para os portos de Ferrol e Cariño. Por moi sorprendente que poida parecer, tamén na Antártida se documenta a súa aparición, e dalgúns meteoritos ricos en ferro (Palasita) talláronse algunhas xemas que alcanzan prezos moi altos entre os coleccionistas, sendo isto xa coñecido por primeira vez en Rusia no século XVIII.

os óns: máis d endaci Recom es saber algo dedes po ed Se quer s con olivina n inglés: o e it s r a o n e áxi met estas p ies.com r a lt u s con stud eteorite www.m eorlab.com e de et ersidad www.m web da Univ na Tamén ww.uhu.es w Huelva

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

11


COLEXIADOS • OPINIÓN

Por que? Por Sergio Pesqueira. Fillo de Rosa María Fariña Pérez, colexiada nº A0574 Por que coido que a formación é tan importante? E por que teño a sensación de que non todo o mundo pensa coma min? Mellor dito, sei que pensan coma min, se cadra formarse é moi importante pero claro, xa botamos non sei cantas horas no traballo, dóenos o lombo e... unha chea de lamentacións que non nos levan a ningunha parte, “que pa que“. Pois ben queridos e queridas compañeiros, dende hai unhas semanas traballo como director comercial dunha das xoiarías de luxo que hai en Puerto Banús, e probablemente se non me formara continuamente en todo o relacionado coas diferentes materias do noso sector, en aprender algún idioma estranxeiro, publicidade

e marketing, e sobre todo no que meu pai e a miña nai e toda a familia (incluído o noso reloxeiro) me ensinaron, case que seguro que non tería esta estupenda ocasión de seguir aprendendo e formándome a tódolos niveis. É posible que xa dixera nalgunha ocasión o que a continuación vou redactar, pero é que considero que igual o repetín poucas veces: Non coñezo a ningunha persoa que despois de formarse continuamente, e cando digo CONTINUAMENTE, quero dicir que: formouse, fórmase, e formarase, repito, non coñezo a ningunha á que non lle vaia ben ou cando menos que non estea aguantando o tirón mellor que os demais.

Dende aquí, e formándome aínda máis e con moitas gañas (e esforzo), buscando xa un profesor/a para aprender ruso, animo a calquera que vaia comenzar unha aventura empresarial no noso sector ou calquera que escollese, que o seu éxito dependerá da súa formación. As cousas fáciles fainas todo o mundo, non sexades un máis do montón, marcade a diferencia, vivide como Galegos. Joyería Rosant (Marín) www.joyeriarosant.com T. 986 882 461

Como chegamos a esta situación? Pablo García, colexiado nº A0117 Fai case trinta anos ocorréuseme que o meu futuro podería ser montar unha pequena xoiaría reloxaría. Por que non? O meu pai dedicábase a iso e xa traballaba nun taller de reloxaría e eu, como quen di, nacera alí. Cando comentei semellante idea para pedir algún consello, algún contacto, etc., entre os amigos do meu pai que se dedicaban a este negocio, tacháronme de tolo; a explicación era que este negocio non daba cartos, que todo era traballar e traballar, que isto era un saco sen fondo e que só vería froitos no momento da xubilación cando liquidase e recuperase a inversión. Dicíanme todos o mesmo: este negocio non da o suficiente para ter empregados ou pagar a Seguridade Social da túa muller. A única solución é que o profesional traballe, a muller veña botar unha man sen estar dada de alta e os fillos igual. Non pretendo contarvos a miña vida nin levarvos a unha reflexión,“A cantos pasouvos o mesmo”. Parástesvos a pensar cantos cartos pasaron polas

12

ALENTO

NUM. 6

vosas mans e canto se quedou. LEVAMOS TODA A VIDA QUEIXÁNDONOS SEN TRATAR DE BUSCAR UNHA SOLUCIÓN. Estamos agardando que alguén saque a súa vara máxica e nos leve a que no noso negocio dunha vez por todas teñamos BENEFICIO, poidamos coller VACACIÓNS, vaia, o normal de calquera traballador, pero ninguén pon nada da súa parte. Eu creo que nos tempos que corren e na situación na que estamos deberíamos dedicarlle máis ao noso negocio, e cando digo máis, non me refiro a máis tempo, que seguro que todos estamos demasiado, senón a máis ganas de atopar solucións. Esas solucións pasan por nós mesmos, ninguén nos vai traer nada a casa e por chegar a acordos cos nosos colegas Poderíamos empezar por sacarlle partido ás Asociacións e ao Colexio, deixarnos de facer a Pregunta “Que me da a min a Asociación ou o Colexio?” e empezar a pensar se vamos á Asemblea podemos expoñer a nosas ideas, escoitar ás dos demais, chegar a

AGOSTO 2014

acordos de marxes comerciais, como afrontar novas campañas, aperturas, peches, etc., e mil cousas que se me ocorren. Estamos vivindo un momento económico difícil “Moi difícil”. Non sei como chegamos a esta situación pero o que si sei é que a saída témola que atopar nós mesmos... Joyería Palamios (Pontevedra) www.joyeriapalamios.com T. 986 855 177


O COXGA e FOGA, empresa de recoñecido prestixio, inician un traballo de colaboración para mellorar o día a día dos profesionais do sector. Estas páxinas de empresa son parte deste labor.

EMPRESA

Cartelería dixital, mostre o mellor de si… en tamaño real As Solucións de Comunicación e Marketing de FOGA ofrecen a posibilidade de competir coas grandes compañías en igualdade de condicións. O importante non é a magnitude do seu negocio, o que realmente importa é como publicita o seu produto e como dimensiona a súa marca. Diferenciarse dos demais destacando as súas virtudes é o que fai única unha empresa. Os monitores profesionais de sinalización dixital son a solución máis axeitada para atraer os clientes, ofrecendo a imaxe dun establecemento de luxo e potenciando a súa imaxe de marca.

FOGA ofrece solucións profesionais para a comunicación e o marketing e dispón do mellor da cartelería dixital Samsung

As pantallas de cartelería dixital captan 10 veces máis a atención que os medios estáticos

Tecnoloxía para concentrar as miradas Impresione o seu público con pantallas dixitais de gran formato que lle permitirán mostrar imaxes de pasarelas ou de produto en tamaño real, grazas ás súas asombrosas dimensións de até 95” e á súa perfecta resolución. Empregar o máis sofisticado en tecnoloxía de control remoto permitiralle reproducir unha grande variedade de contidos; como vídeos, imaxes, Power Point e Flash; cando o necesite e tanto

a través da memoria USB como conectándose a un servidor. A cartelería dixital representa unha nova maneira de facerse ver, con innumerables beneficios.A súa publicidade estará sempre actualizada, e poderá crear e xestionar contidos doadamente, grazas aos sistemas de pantalla all-in-one. Poderá ofrecer unha información variada e programar listas de reprodución, traballando en remoto mediante servidor web ou executando programas creados polo xestor de lista local. Ademais, FOGA presta aos seu clientes servizos de xestión de contido, con persoal especializado que poderá deseñar proxectos á medida das súas necesidades.

As pantallas LFD Samsung ME95C, a solución ideal O deseño delgado e premium do marco das LFD Samsung ME95C proporciona un toque de luxo e sofisticación a calquera espazo. Grazas ao seu perfil ultradelgado e ao seu deseño simétrico, a montaxe da pantalla pode realizarse en vertical ou horizontal e as imaxes reproducidas veranse sempre co contras te, definición e dinamismo adecuados para un maior impacto. Mesmo poden montarse varios dispositivos xuntos e crear un asombroso Video Wall, xa que o delgado e simétrico marco deste modelo Samsung facilita unha experiencia visual nítida e impactante.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

13


Carlos González – Responsable de Comunicación de FOGA Para máis información sobre solucións da comunicación en internet: www.innovaonline.foga.es Para máis información sobre FOGA: www.foga.es

EMPRESA O dispositivo de reprodución de imaxes en tamaño real permitiralle crear unha experiencia inmersiva na súa tenda. Mellore a súa comunicación corporativa e incremente a produtividade Maior flexibilidade de visualización coa rotación de imaxe O monitor ME95C incorpora a característica de rotación de imaxe, que permite xirar a orientación do contido e a pantalla, mostrándoo en vertical ou horizontal para aumentar as posibilidades de visualización. Para maior comodidade, ao xirar a imaxe existen dúas opcións: relación de aspecto orixinal e tamaño completo. Ao xirar a imaxe non diminúe a calidade nin se producen distorsións.

As pantallas ME95C permítenlle reproducir contidos en modo infinito ao alternar automaticamente as diferentes fontes conectadas

Mellore a súa comunicación corporativa e incremente a produtividade

Co software MagicInfoTM Premium S integrado calquera usuario pode crear, combinar, programar e distribuír todo tipo de contidos sen esforzo. As diferentes tipoloxías de contido poden mostrarse simultaneamente grazas á potencia das CPU de dobre núcleo, aos seus 8 GB de almacenamento e aos procesadores de vídeo de alto rendemento integrado nos chips das pantallas Samsung que FOGA distribúe. MagicInfoTM Premium S permite crear contido multimedia a través de equipos precargados. Así, os usuarios poden personalizar as súas mensaxes mediante unha sinxela interface. Sen ningún custo de dispositivos adicional, MagicInfoTM Premium S permite adecuar a pantalla ao uso que necesita e administrar contidos compartidos cunha rede de ordenadores dun modo moi sinxelo.

Cree, reproduza e xestione contidos sen esforzo co software integrado na propia pantalla Esta solución elimina a necesidade de conectar un ordenador ou outro dispositivo externo para reproducir o contido, reducindo os custos e facendo a instalación moito máis sinxela e doada de xestionar.

14

ALENTO

NUM. 6

AGOSTO 2014

Para aqueles profesionais que consideran que as características físicas das súas instalacións ou as necesidades comunicativas do seu negocio poden non verse satisfeitas por unha solucións tipo, FOGA ofrece os coñecementos dos seus especialistas, que realizarán un proxecto á medida. Como é habitual, os asesores tecnolóxicos de FOGA preténdense unha garantía de valor engadido para o COXGA e os seus asociados; implicándose no deseño de solucións personalizadas para mellorar a comunicación cos seus clientes e, en consecuencia, os resultados dos seus negocios.

Conéctese sen cables e reproduza o contido que queira Co módulo WI-FI incorporado


FORMACIÓN

De “dentro cara fora”, a excelencia na atención

Eloy Gesto Trainer de Comunicación,Vendas e Falar en Público, director en www.escuelainventa.com promotor www.openyourmindscq.es

“O futuro ten moitos nomes, para os débiles é o inalcanzable, para os temerosos é o descoñecido, para os valentes é a oportunidade”. Víctor Hugo Como vemos as oportunidades no sector da xoiaría? Un sector amplo como o da xoiaría, é a suma de diferentes profesionais e oficios; comerciantes, reloxeiros, xoieiros, artesáns, ourives, deseñadores, produtores, representantes, colexiados… En calquera sector o negativo reflíctese e contáxiase, isto impídenos ver o verdadeiro valor e a solución ás dificultades. Que foi o que esquecemos? Buscamos as solucións no noso entorno, naquilo que entendemos máis racional ou lóxico sen mirar dentro de nós que camiño estamos seguindo. Cal é a misión de calquera colectivo? Sumar e axuntar esforzos para promover as competencias dun sector para facelo forte. Defender os intereses do colectivo en aras de profesionalizarnos e protexernos do intrusismo… Aquí é onde radica o problema. Onde focalizamos o noso día a día como profesionais e como empresa? Desde moi pequeno tiven a oportunidade de vivir o sector da xoiaría con intensidade no obradoiro de ourivaría do meu pai e na xoiaría da miña nai, nunca esquecerei os útiles de traballo nin aquel mostrador. Naquela época de transición no noso país, as familias vivían unidas para saír adiante, coñecendo o negocio familiar desde o berce. O recordo dese taller situado nun barrio de Santiago de Compostela, os sons dos martelos, as seguetas, a pulidora, o corte das tesoiras... acompañado de olores característicos aos procesos do oficio da ourivaría, acompasados por música de Fuxan os Ventos, Milladoiro, A Roda… daban pé a unha posta en valor e transformación do proceso artístico e artesán, que se sintonizaban para manipular os metais, o acibeche e outros elementos para converter nunha obra de enorme beleza aquilo que inicialmente tiña for-

mas imperfectas. Con moi poucos anos, ao igual que as miñas tres irmás maiores, manipulábamos as ferramentas e os materiais. O meu pai ensinábanos, sen que fósemos moi conscientes, un oficio. O que para min era normal e natural, para outras persoas era especial, diferente, impresionante. Que era iso da ourivaría? Por outro lado, na xoiaría que rexentaba a miña nai, vivíamos en contacto con esas persoas que nos visitaban, os clientes, detrás do mostrador. Recordo como me gustaba recibir eses pedidos que tiñamos que desempaquetar e revisar, era divertido. Incluso saía coa miña nai a vender “ao por maior”, término que hoxe escoito moi pouco. Chamábannos “viaxantes”, término que tampouco escoito demasiado a día de hoxe. Cando na familia todo era creatividade, naturalidade, arte, oficio e paixón, comezan a florecer no sector os primeiros comentarios negativos, que se volvían máis repetitivos: -“Non se vende como antes, a xente xa non compra…”, “A Xoiaría está desvalorizándose…” Cando es neno, son comentarios difíciles de comprender. Xa pasaron máis de 25 anos desta sintonía e séguese repetindo. Cando o teu pai era unha desas persoas que impulsaban manter o oficio vivo, o gremio de ourives nunha cidade de enorme tradición e cultura como Santiago de Compostela a través de diferentes camiños, a fundación da asociación de ourives na nosa cidade, a participación na Asociación Galega de Artesáns-AGA, máis adiante como vogal da comisión de Artesanía en Galicia, así como a participación continua en reunións con persoas da xoiaría de Galicia que darían pé ao actual Colexio de Xoiaría. A ti, como fillo, márcache o feito de ser o único varón, o pequeno dunha familia de 4 irmáns,

xa que todo o teu entorno agarda que asumas a continuidade do oficio. E máis, se o teu nome é o mesmo que o patrón de dito sector, Eloy, asociado a un apelido que viña desempeñando o oficio de xeración en xeración, eu sería a terceira. Aquí prodúcese o gran conflito, ao ver a un pai respectado no seu oficio, á túa nai entregada á causa do mesmo desde o comercio e a venda, un non comprende como isto non era suficiente para que a economía familiar non fose mellor.Arte e creación, fronte a supervivencia, un contraste difícil de entender. Ao observar o que pasaba ao redor, ao ver como as miñas irmás continuaban coa tradición familiar, non podía comprender o enfoque nin do sector, nin da miña familia. Cría que estaban atrapados pola influencia negativa do entorno. Moi poucas persoas saben que teño a “Carta de Artesán”, que coñezo o oficio. Coñecen de min a labor de “axudar a que as persoas desfruten e sintan confianza comunicando” nos seus proxectos profesionais a través da miña empresa www.escuelainventa. com. O obxectivo é claro, axudar ás empresas a mellorar os resultados, as vendas, a comunicación… para que os seus negocios se reorienten. A posibilidade de saír do teu entorno, de traballar en numerosos sectores, en empresas multinacionais e en Pemes, o feito de ter asumido responsabilidades en equipos de vendas e labores de dirección, de ser promotor do www. openyourmindscq.es (un foro que suma máis de 1000 profesionais), de traballar día a día con moitas persoas permíteche visualizar e interpretar os patróns comúns que te achegan aos bos resultados, ao éxito.Tamén permite ser unha

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

15


FORMACIÓN persoa con pensamento “Out of the Box” ou pensamento lateral. Hoxe, estou convencido de que nos falta volver á orixe, para transmitir a paixón do que facemos aos demais. SENTIR a CONFIANZA é a clave para recuperar o corazón do que facemos, para poder transmitir a paixón, a beleza, a maxia… É o camiño para recuperar a esencia desde “dentro cara a fora”. Un sector como o da xoiaría, viviu e vive un cambio transcendental. Antes, a sociedade contemplaba, como alternativa básica, en calquera acontecemento familiar ou social, regalar elementos de xoiaría: cadeas, pulseiras, selos, marcos de prata... Hoxe, as tendencias de consumo cambiaron. Os modelos tradicionais de xoiaría non sobrevivirán se seguimos ancorados nesa máxima do pasado, onde os patróns de compra e conduta do consumo familiar consideraban os produtos do sector xoieiro como un elemento de valor e de patrimonio familiar. Recordemos cando recibíamos a visita do viaxante á xoiaría ou ao obradoiro; eran relacións de proximidade e amizade que acababan en comidas onde se compartía o humano e o divino. Nun sector onde hai produtos que non aportan valor porque calquera os vende, desde unha droguería a un “todo a 100”, ademais da aparición do concepto da moda a través da bixutaría ou o concepto do temporal, xa non podemos competir sen calidade.

Hai varias solucións sinxelas: • Debemos ser grandes comunicadores Máis emoción e non só ensinar bandexas de produto. Se recuperamos o amor, a comprensión e o valor do que vendemos, poderemos comunicalo. O VALOR dalgunha cousa radica na nosa capacidade para ser comunicado con sensibilidade e sentimento, non como mero produto de mostrario. A verdadeira diferenciación provén de algo moi sinxelo; a proximidade, o trato próximo, o trato cordial e pasional, incluso o trato divertido, con orixinalidade. Que os clientes desfruten con nós, que coñezan máis. Ás persoas gústanos saber e coñecer os procesos, a esencia, o deseño, compartir experiencias que nos fagan sentir especiais, “Customer Experience”. • Establecer relacións máis estreitas “produtores-comercios” Máis confianza entre as partes; esta é a porta para defender o VALOR das xoias, que cobran sentido desde a súa concepción no deseño á súa elaboración, ata o punto de venda para que se poida sentir. “As relacións establécense por confianza” Si algo aprendín ao longo destes anos, é que cando a cadea de produción se afasta da cadea de venda final, a través das tendas ou as mostras experienciais, prodúcese a ruptura e o afastamento. Os sectores máis dinámicos, dedican aquí

moitos recursos, innovando nas relacións, para aúnar esforzos e estreitar lazos. • Buscar o abano de produtos adecuado, o diferente e o que aporta valor. Un abano de produtos onde existe o deseño, o exclusivo, o atemporal, os básicos. Un negocio que funciona non só é froito do bo facer estético do local, dos escaparates, das luces, das mantas, expositores e bandexas do local, isto si axuda pero non é suficiente. O que transmitimos no noso local ou empresa é froito de como están amoblados a nosa cabeza e o noso corazón, o equilibrio é a clave. O que hoxe vivimos, non é un cambio de tendencia asociado á crise, é un cambio estrutural de sector que leva máis de 25 anos en marcha. Se nos resistimos aos cambios, quedarémonos polo camiño. O futuro deste sector non pode ser só un proceso de continuidade transxeracional, senón o resultado de querer e amar o que facemos e ofrecemos, para que os nosos clientes ou amigos sexan máis felices, se sintan mellor, máis seguros, sintan a beleza dos soños e queiran seguir confiando en nós. Como dicía Dale Carnegie: “Só hai unha maneira para que as persoas fagan algo. Que queiran facelo” Ver as oportunidades comeza por cambiar o patrón de conduta, a confianza que xeramos desde “o noso corazón, ao corazón do cliente”.

Curso de Eloy Gesto de outubro para COXGA: Curso organizado por COXGA, coa colaboración da Consellaría de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño: A atención excelente ao cliente Sábado 18 de outubro 2014 de 10h a 14h e de 16h a 20h (8 horas) Obxectivos do curso: - Mellorar os resultados desde un enfoque fresco - Volver ás orixes, á esencia para transformar a realidade - Recoñecer o entorno e asumir as nosas propias competencias e responsabilidades - Potenciar a nosa paixón para chegar aos clientes, máis paixón comunicadora - Emprender un camiño de evolución necesario nun escenario cambiante - Sentir a confianza

16

ALENTO

NUM. 6

AGOSTO 2014

Programa do Obradoiro - A motivación para iniciar un camiño de grandes comunicadores - A importancia das relacións estreitas “productorescomercios” - A búsqueda do abano de produtos máis adecuado, o diferente e o que aporta valor - O equilibrio para amoblar a nosa estrutura mental e a nosa paixón, corazón e cabeza - As claves de éxito Inscrición no curso: Colexiado 85€ Non colexiado 100€ Empregado de colexiado 95€ Titular Obradoiro artesán 0€ (inscrición bonificada ao 100% pola Consellaría de Economía e Industria da Xunta, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño)


COXGA

FORMACIÓN

Texto: Luis González Bahamonde Colexiado nº E0519 Ardentia Xoiajeweljoya www.ardentia.es Foto: Xoán Piñón

Sobre a autoría...

Gargantilla da colección Eslabones. Unha das novas coleccións que Ardentia presentará en Bijorhca, París (5-8 Setembro) e MadridJoya, Madrid (11-15 Setembro)

C

ada vez o teño máis claro, chegamos a un momento no que parece que a innovación, a constancia e a calidade son valores que pasan desapercibidos fronte a produtos cuxa máxima virtude é ter un prezo baixo e que, neste contexto, conceptos como a autoría pasan a ser valores secundarios para unha gran parte do sector ao que pertenzo, ata o punto en que en ocasións convertémonos en cómplices ao admitir nos nosos negocios con total indolencia a venda de produtos fusilados ou copiados aos que realizaron os deseños orixinais, simplemente por ser baratos, aínda que sexa máis ca evidente que lles falta calidade e ética. Son moitas as empresas que mercan e venden estes produtos, aínda sabendo que se está actuando en contra da autoría, do traballo e dos intereses doutras empresas que si respectan as regras do xogo e crean valor desde os seus talleres. Poderíamos pensar que a mensaxe que nos manda o mercado é que serve calquera cousa con tal de que teña un prezo baixo, sen importar a calidade nin o servizo que vai recibir posteriormen-

te o cliente. Persoalmente, creo que se observamos con máis detemento aos nosos clientes, veremos que en realidade están buscando que se lles guíe pola senda do coñecemento, e cando adoptamos unha postura didáctica, desde os nosos negocios, con respecto ao noso oficio, a veces aparecen os resultados que todos desexamos, un cliente que se deixa asesorar e que percibe a compra de xoiaría como algo máis ca un acto de consumismo para ver que o produto que adquire ten tamén unha serie de valores como a autoría, o deseño, a calidade e... un servizo postvenda adecuado . O que parece que a veces non temos claro (polo menos algúns) é que detrás dese produto, que é obxecto dunha copia, hai un longo traballo de desenrolo e unha elaboración comprometida coa calidade, e que o realizan os profesionais que configuran as empresas creadoras, non calquera oportunista que degrada un oficio e o sector con actitudes de bucaneiros. Acaso debemos resignarnos a ser cómplices das condutas desleais e potenciar as actitudes que contribúen ao empobrecemento do noso sector, acaso

non hai futuro se non se ten por bandeira, a bandeira pirata, non imos deixar espazo e respecto para aqueles que con esforzo e ilusión desenrolan un oficio artístico creando traballo e dignificando unha profesión como a nosa. Desde estas liñas anímovos a sumarvos á defensa de valores como o deseño, o oficio ou a autoría, valores que nos identificaron no pasado como sector e dos que nestes tempos estámonos afastando, quizais desorientados pola situación económica . Hai que combater o tan renomeado dito de “pan para hoxe e fame para mañá”, neste caso cun sinxelo e convincente argumento... “Non é o mesmo...”. Para finalizar cunha visión positiva este artigo, quixera dicirvos que estou convencido de que veñen bos tempos para os produtos especiais, con alma, pero claro está, hai que pasar primeiro por estes nos que nos atopamos. A miña receita: moito traballo, boas decisións e un pouco de sorte nos levarán con case total seguridade a ese bo porto que pode ser o Futuro. Vémonos alí?

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

17


FORMACIÓN

Excelencia na atención

Maria Gomes Consultora en xoiaría, Allariz (Ourense) T. 687 698 714 jewels.mgomes@gmail.com

Na edición de Alento 5, falamos de Excelencia na atención e quedamos en detallar algúns puntos mencionados. Dicíamos que o cliente entraba nunha determinada xoiaría por diversos motivos e que o importante era captalo dalgunha forma, para que ao entrar compre en dita tenda. Así que o primeiro paso é buscar o momento inconsciente e facer que o cliente entre. Como facelo? Detallámolo aquí.

O

local ten que ser especial e polo tanto debe ter un RECLAMO, que sen dúbida é o escaparate. É a porta de entrada para a mirada do cliente e aí é onde se determina o concepto de cada xoieiro. A iluminación, a decoración e a exposición son extremadamente importantes. Ao percibir un detalle en particular o cliente declínase por entrar ou non. O que queremos é actuar para que entre o maior número de usuarios posible. Así que falaremos de puntos que seguramente xa saberedes, pero que nunca é demasiado recordar. ILUMINACIÓN: Hoxe en día hai moitas posibilidades e elixir a adecuada marca a diferenza. O foco ten que ser na xoia, nada de sombras, etiquetas, carteis ou outros obxectos estraños á xoia. O énfase debe estar na peza, non noutros elementos. TÁBOA: A altura e anchura da balda son moi importantes para facilitar a mani18

ALENTO

NUM. 6

pulación das xoias e sobre todo porque estas deben ser admiradas moi de cerca. Nos escaparates de dous niveis, hai que ter especial atención na iluminación. DECORACIÓN: É sempre moi agradable encontrar un ou outro elemento novo que poida remitir a unha determinada estación do ano ou unha data en concreto, como o día da nai, San Valentín ou Nadal, pero non esquezamos que o noso negocio é a xoiaría, así que non se admiten esaxeracións; a decoración non pode de ningunha maneira ofuscar o brillo da xoia. EXPOSICIÓN: Debe valorizar a xoia, ten que ser práctica, de fácil manexo. Hai que seguir unha determinada linguaxe, para que así haxa harmonía. Calquera aparencia de desgaste é prexudicial, cambiar as fundas de tela con periodicidade é importante para dar un aire de frescor, de novidade. Pezas da mesma colección teñen que ser agrupadas para formar conxuntos, nada de buratos ou pezas tumbadas.

AGOSTO 2014

ETIQUETAS: Sempre que sexa posible, as etiquetas teñen que estar invisibles, cantos menos elementos estraños á xoia, mellor. Podemos optar por prezos exteriores pequenos que non escondan as pezas, ou por un único display con todos os prezos. LIMPEZA: Falar de limpeza parece unha evidencia, pero todo o coidado é pouco cando se trata de xoias. Débese prestar atención ás pezas con pedras para que a superficie non sexa un identificador de pegadas dactilares. As manchas nas telas dos expositores, na alfombra ou nas cadeiras son imperdoables. Espero que estas pequenas indicacións sirvan para axudar a atraer ao cliente. Hai aínda moitos outros temas que podemos mellorar, só con cambiar algúns detalles. Destes puntos trataremos na próxima edición de Alento.


COXGA

NORMATIVA por J. Carlos García Cumplido (asesor xurídico do COXGA)

Son propietario dunha xoiaría. O fabricante dunha marca de reloxos que vendo pechou, que pasa coa garantía legal de dous anos que teñen os compradores destes reloxos? Que pasa co servizo técnico e cos repostos?

Á

entrada en vigor da Lei 23/2003, de 10 de xullo, de Garantías na Venda de Bens de Consumo, hoxe derogada pero cuxa regulación se mantén nos mesmos termos no Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, o vendedor responde ao comprador nos seguintes termos: - O vendedor (tenda) responde (fronte ao consumidor) das faltas de conformidade que se manifesten nun prazo de dous anos desde a entrega. - Nos produtos de segunda man, o vendedor e o consumidor e usuario poderán pactar un prazo menor, que non poderá ser inferior a un ano desde a entrega. - Salvo proba en contrario, presumirase que as faltas de conformidade que se manifesten nos seis meses posteriores á entrega do produto, sexa este novo ou de segunda man, xa existían cando a cousa se entregou, agás cando esta presunción sexa incompatible coa natureza do produto ou a índole da falta de conformidade. Esta garantía opera co contido e as condicións legalmente establecidas (é unha garantía mínima) e con independencia da garantía comercial que a tenda poida ofrecer ao consumidor (que pode ser de máis duración e de mellores condicións para aquel) e/ou da que ofreza o almacenista ou fabricante á tenda. Responsabilidade do Almacenista ou Fabricante Polo que respecta á “garantía” ou responsabilidade que o fabricante ou almacenista ten fronte a outros empresarios (tendas) que compren os seus produtos para a súa posterior revenda, limítase, salvo pacto en contrario, á prevista no Código Civil, responsabilidade por evicción e por vicios ocultos. - Responsabilidade por evicción: O vendedor deberá garantir ao comprador a posesión legal e pacífica da cousa vendida (salvo pacto en contrario).

- Responsabilidade por vicios ocultos: O vendedor estará obrigado polos defectos ocultos que tivera a cousa vendida, se a fan impropia para o uso a que se destina, ou se diminúen de tal modo este uso que, de habelo coñecido o comprador, non a adquiriría ou daría menos prezo por ela; pero non será responsable dos defectos manifestos ou que estiveren á vista, nin tampouco dos que non o están, se o comprador é un perito que, por razón do seu oficio ou profesión, debía facilmente coñecelos. - O vendedor responde fronte ao comprador do saneamento polos vicios ou defectos ocultos da cousa vendida, aínda que os ignorase. - Admítese a renuncia ao saneamento por vicios ocultos sempre que o vendedor ignorara ls vicios ou defectos ocultos do vendido. - A acción que lle compete ao comprador para reclamar por estes vicios ocultos, extinguirase aos seis meses, contados desde a entrega da cousa vendida. Sendo esta a regulación legal das relacións entre empresarios,- que se entende coñecen os bens cos que comercian, pois ambas partes son profesionais-, o esencial é que se establece a posibilidade de pactar estas responsabilidades ou garantías nos termos que as partes consideren convenientes. Por iso, xa no seu momento, recomendouse a todos os profesionais da xoiaría que cando adquiran produtos manufacturados para a súa posterior venda sen transformación a terceiros que teñan a condición de consumidores, que esixan aos seus provedores (almacenistas ou fabricantes) que lles garantan os produtos comprados, cando menos, nos mesmos termos que a eles lles impón a lexislación vixente, é dicir, das faltas de conformidade por dous anos. De modo e maneira que calquera reclamación que por desconfor-

midade do produto lles formule un consumidor deba ser atendida por aqueles. Ademais haberá de esixirse que se lles garanta a dispoñibilidade de repostos e servizo técnico nos termos legalmente previstos, é dicir: 1. Nos produtos de natureza duradeira, o consumidor e usuario terá dereito a un adecuado servizo técnico e á existencia de repostos durante o prazo mínimo de cinco anos a partir da data en que o produto deixe de fabricarse. 2. Queda prohibido incrementar os prezos dos repostos ao aplicalos nas reparacións e cargar por man de obra, traslado ou visita cantidades superiores aos custos medios estimados en cada sector, debendo diferenciarse na factura os distintos conceptos. A lista de prezos dos repostos deberá estar a disposición do público. 3. A acción ou dereito de recuperación dos produtos entregados polo consumidor e usuario ao empresario para a súa reparación prescribirá aos tres anos a partir do momento da entrega. Regulamentariamente, estableceranse os datos que deberá facer constar o empresario no momento en que se lle entrega un obxecto para a súa reparación e as formas en que poderá acreditarse a mencionada entrega. En conclusión, aínda que peche o fabricante, o vendedor (tenda) sempre está obrigado a responder ante o comprador da garantía legal de dous anos en produtos novos, debendo facer fronte á reparación ou substitución do reloxo por outro de similares características nos casos de falta de conformidade. De non ser posible, o consumidor poderá optar pola rebaixa do prezo ou resolución do contrato. Lexislación: - Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

19


NORMATIVA por J. Carlos García Cumplido (asesor xurídico do COXGA)

Rematei os estudos de xoiaría e quero abrir un obradoiro para comezar a fabricar as miñas propias coleccións de xoias en prata. Teño entendido que para poder vender legalmente estas pezas debo marcalas co punzón de fabricante, é así? Que debo facer para obter este punzón?

E

fectivamente, a normativa sobre obxectos fabricados con metais preciosos (ouro, prata ou platino) establecen que todo obxecto de metal precioso destinado ao mercado interior deberá marcarse previamente, con total nitidez, cos seguintes contrastes: a. En primeiro lugar, o punzón de identificación de orixe: de fabricante ou de importador. Identifica á persoa ou empresa que fabricou ou importou, quen asumirá a responsabilidade de que tales obxectos cumpran as normas legais e regulamentarias ás que están sometidos. b. Realizado este, e próximo a el, o punzón de garantía, de exclusiva utilización por parte dos Laboratorios de Contrastación: as marcas dos punzóns de garantía oficial son, para o platino un rombo, para o ouro unha elipse e para a prata un rectángulo horizontal e, no seu interior, deben figurar a indicación da lei da aliaxe e as siglas do laboratorio que realiza o contraste (G: Galicia). Por tanto, para comercializar as pezas que vai fabricar, debe posuír necesariamente unha marca propia que certifique a súa produción, mediante o gravado co punzón de orixe. A marca de fabricante é de libre deseño e fabricación pero debe cumprir os seguintes requisitos: • debe ser de maior tamaño que o punzón de garantía •n on pode estar encerrada nunha figura xeométrica • non pode facer referencia á lei da aliaxe dos obxectos O punzón de fabricante debe rexistrarse como marca na Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) e para iso debe seguir os seguintes pasos, ben directamente, ou ben, a través dun Axente da Propiedade Industrial (coa conseguinte diferencia no prezo):

20

ALENTO

NUM. 6

Trátase do deseño orixinal que figura no Regulamento de 1988 da Lei de Metais preciosos

1.- I nforme de antecedentes rexistrais:

Unha vez elixida a marca é conveniente que solicite na OEPM un informe previo de busca de antecedentes rexistrais para asegurarse de que o signo está libre (servizo previo pago dunha taxa). Tamén é posible realizar unha busca gratuíta na web www. oepm.es (no apartado “localizador de marcas”) pero non ten as mesmas garantías.

2.- Presentación da solicitude:

Desde a páxina web da OEPM (www.oepm.es) pode cumprimentar e descargar o impreso de solicitude. Recomendámoslle que na solicitude deixe constancia de que a marca solicitada é para un punzón (para evitar confusións cunha marca comercial). Unha vez cumprimentado e asinado o impreso, pódeo presentar: • nos centros autonómicos de propiedade industrial (en Galicia: SEGAPI*). • nos lugares previstos no art. 38.4 da Lei 30/1992 (rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á

AGOSTO 2014

Administración Xeral do Estado, á Administración das Comunidades Autónomas ou aos Concellos con portelo único). • nas oficinas de Correos (en sobre aberto, por correo certificado e con acuse de recibo), • directamente na Oficina Española de Patentes e Marcas, • t elemáticamente, cumprimentando en liña o formulario electrónico a través da sede electrónica da OEPM (redución do 15% das taxas de solicitude). * En Santiago de Compostela, atópase o SEGAPI (Servizo Galego de Propiedade Industrial), que exerce as competencias e funcións propias da comunidade galega en materia de propiedade industrial. Entre outras actividades, leva a cabo a recepción e exame das distintas solicitudes dirixidas á OEPM e asesora e informa en materia de propiedade industrial: SEGAPI (9h-14h): rúa Feáns, 7 baixo – Santiago de Compostela Correo-e: cei.infosegapi@xunta.es - T.: 981 957 390 - Fax: 981 957 380 Acompañando á solicitude tamén debe presentar: - Catro reproducións da marca, no caso de que a mesma inclúa algún elemento gráfico, determinada tipoloxía de letra ou cores. A reprodución debe posuír bo contraste e nitidez e non pode superar os 8 cm de ancho por 12 cm de alto. - Xustificante do pago da taxa: a solicitude de marca leva consigo o pago dunha taxa por cada clase de produtos ou servizos, recollidos na clasificación de Niza, que se queiran protexer (para o 2014, a taxa pola primeira clase solicitada é de 143,15 €). O pago pode facerse en calquera su-


COXGA

cursal de La Caixa cos impresos de auto-liquidación ou se dispón de DNI electrónico ou certificado dixital, pode realizar o pago desde a páxina web da OEPM: “Presentación Electrónica”. En caso de presentar a solicitude de marca en Correos, deberá presentar a solicitude e o xustificante de pago da taxa. Para o suposto de que a presente nun órgano administrativo, poderá presentar primeiro a solicitude de marca e alí facilitaranlle o impreso para o pago da taxa. Para protexer as súas pezas de prata, ten que solicitar a clase 14 da Clasificación de Niza. 14 Metais preciosos e as súas aliaxes; artigos de xoiaría, bixutaría, pedras preciosas; artigos de reloxaría e instrumentos cronométricos. A clase 14 comprende principalmente os metais preciosos, os produtos fabricados con estas materias que no estean comprendidos noutras clases e, en xeral, os artigos de xoiaría, bixutaría e reloxaría. Esta clase comprende en particular: - os artigos de xoiaría, auténticos e de imitación - os xemelgos e os alfinetes de garabata Esta clase non comprende en particular: - os produtos de metais preciosos clasificados segundo a súa función ou destino, por exemplo, os metais en follas ou en po para pintores, decoradores, impresores e artistas (cl. 2), as amalgamas dentais de ouro (cl. 5), os artigos de coitelería, os garfos e as culleres (cl. 8), os contactos eléctricos (cl. 9), os plumíns de ouro para escribir (cl. 16), as teteiras (cl. 21), os bordados en ouro e prata (cl. 26), as caixas para puros (cl. 34); - os obxectos de arte que non sexan de metais preciosos (clasifi-

cados segundo a materia da que están constituídos).

3.- Tramitación da solicitude: A solicitude será examinada pola OEPM e publicarase no BOPI (Boletín Oficial da Propiedade Industrial) durante dous meses para que se hai algunha persoa que se considere prexudicada, presente a súa oposición. Se non se produce ningunha oposición, normalmente a OEPM xa resolve en 3 ou 4 meses (aínda que os prazos da OEPM para resolver son máis amplos). A concesión ou denegación da marca comunicaranlla por escrito ao medio de comunicación preferente que indicara na solicitude e tamén se publicará no BOPI (Boletín Oficial de Propiedade Industrial). A marca sempre se concede por 10 anos a contar desde a data de solicitude e pode renovarse indefinidamente por períodos sucesivos de 10 anos. Por tanto, para manter en vigor o rexistro da marca, terá que solicitar a renovación cada 10 anos (e abonar a taxa de renovación) e tamén usar a marca. A solicitude de renovación debe facela, sen recargo no importe da taxa, nos seis meses anteriores ao vencemento do rexistro. Tamén o pode facer nos seis meses seguintes ao vencemento pero nese caso terá un recargo do 25% ou 50%, segundo o solicite nos tres primeiros meses ou nos tres seguintes. Unha vez solicitada ou rexistrada a marca, a OEPM comunicaralle, a efectos informativos, a publicación de calquera solicitude de rexistro de marca que lle puidera afectar aos seus dereitos, aos efectos, de que si realmente se considera afectado poida formular oposición contra a nova solicitude. 4.- Provedor de punzóns de fabricante: simultaneamente ao proceso de solicitude de marca ante a OEPM, debe poñerse en contacto con algún prove-

dor de punzóns para elaborar o punzón coa marca solicitada. .- Por último, as pezas fabricadas con 5 metais preciosos tamén deben estar marcadas co punzón de garantía, sempre que cumpran coa normativa de fabricación de metais preciosos. Para que o Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos de Galicia poida realizar este marcado é preciso que lle presente a seguinte documentación: - Copia da documentación presentada na OEPM para a solicitude da marca (ou concesión da marca se xa a tivera) - Documentación que acredite a actividade de xoiaría (alta no IAE) - Unha chapa (en calquera metal) coa marca do punzón de fabricante - No caso dunha Sociedade, presentar tamén escritura de constitución Entregada a documentación anterior, no Laboratorio de Contrastación facilitaranlle o resto de impresos que debe cumprimentar. Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos de Galicia rúa Torres Quevedo, 3-5 15071 A Coruña tlf. 881 881 620 persoas de contacto: Luis Ortiz e Miguel Roel Lexislación: - Lei 17/1985, de 1 de xullo, sobre obxectos fabricados con metais preciosos. - Real Decreto 197/1988, de 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de obxectos fabricados con metais preciosos. - Lei 17/2001, de 7 de decembro, de Marcas. - Real Decreto 687/2002, de 12 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 17/2001, de 7 de decembro, de Marcas.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

21


COXGA

Éxito rotundo do V Concurso do día da Nai do COXGA Alberto Núñez participa na entrega dos premios do V Concurso do Día da Nai convocado polo Coxga Alegría desbordada de nenos e pais na gala de entrega das xoias con preto de 400 asistentes O broche final da quinta edición do Concurso do Día da Nai convocado polo Colexio Oficial da Xoiaría de Galicia quedou plasmado nas trece xoias repartidas aos nenos e nenas gañadoras. Centos de pequenos, pais e mestres, autoridades das Administracións Públicas, entre as que estaba o presidente da Xunta, puideron comprobar a creatividade dos máis pequenos e o bo facer dos xoieiros galegos.

O

Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia fixo pública a tarde do 25 de abril no Auditorio do CGAC, en Santiago de Compostela, os nomes dos gañadores e gañadoras do concurso “Deseña unha xoia para a túa nai”, no que participaron 8.076 escolares de toda Galicia. Nun auditorio ateigado por preto de 400 persoas, oitenta pequenos finalistas recolleron os seus diplomas uns minutos antes de que os doce premiados recibiran da man das autoridades e dos xoieiros presentes cadansúa xoia única e exclusiva creada por un profesional colexiado a partir do seu debuxo. Con esta iniciativa, o Coxga quere facer máis visible a profesión ante a sociedade, achegando os máis cativos ás posibilidades culturais e laborais que ofrece o sector da xoiaría.

22

ALENTO

NUM. 6

Despois da entrega de premios, Óscar Rodríguez Blanco, presidente do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, salientou o compromiso da entidade co concurso “Deseña unha xoia para a túa nai” e agradeceu a súa xenerosidade, participación e entusiasmo ás Anpas, ao profesorado e ao alumnado dos colexios de Galicia, así como ás empresas colexiadas que elaboraron as xoias premiadas. “Moitos máis destes oitenta finalistas deberían estar aquí”, asegurou, “e moitos máis dos doce premiados deberían ter a súa xoia, pero énos totalmente imposible”. Finalmente, Óscar Rodríguez Blanco animou ás familias a dirixirse aos profesionais colexiados das súas vilas e cidades e pedirlles que fagan realidade os deseños dos seus fillos. “Hai moitas datas ao longo do ano

AGOSTO 2014

para poder agasallar aos pais e ás nais”, rematou. Pechou o acto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen salientou “a imaxinación e o futuro que hai en Galicia, a creatividade que hai nos máis pequenos e que o Coxga canaliza a través deste concurso”. Núñez


COXGA

Feijóo salientou a porcentaxe de nenas, o que demostra que “a creatividade reside máis nelas que neles” e pediulle ao Coxga que siga promocionando a artesanía galega cun certame tan exitoso e tan especial como este, “único en España”. Finalmente, os nenos e as nenas finalistas puideron disfrutar con algún dos membros da familia de “Os Bolechas” como peche dunha gala dinámica e divertida, que provocou moitas risas e momentos de grande emoción durante a hora e media na que transcorreu. O Coxga representa garantía de calidade, en permanente vinculación coa sociedade, asegurando a ética profesional e os intereses dos colexiados e tamén a protección dos consumidores a través da información e divulgación do sector; en definitiva, exercendo a representación en todos os ámbitos da xoiaría, prataría, ourivaría, reloxaría e xemoloxía de Galicia.

Aproveitamos a ocasión para falar con catro membros do xurado. Santiago Riande Torres Director EASD Mestre Mateo. Cal é a túa valoración xeral da experiencia de selección dos debuxos finalistas? A experiencia sempre é boa porque ves motivación nos nenos. Como cualificas o nivel dos participantes, debuxos e deseños? O nivel é axeitado para a súa idade, con moita imaxinación e desexando o mellor para a súa nai. Tras ollar 8.076 debuxos participantes, pódese dicir que en Galicia hai canteira de futuros deseñadores de xoias? En Galicia sempre houbo canteira en deseño e traballo na xoiaría. Se pola nosa parte alentámolos dende pequenos a participar en concursos dirixidos ao sector, non cabe dúbida que moitos seguirán este camiño, xa sexa aquí ou fóra. Cales son as diferencias dos deseños infantís con respecto aos dos adultos? No referente aos deseños infantís, a imaxinación desborda por todos os

lados. Os maiores son máis realistas e materialistas. Como se afronta a fabricación dunha xoia deseñada por un neno/a? Tentar poñerte no lugar do neno e reflectir a peza que quixo transmitir aínda que tecnicamente sexa irrealizable. Como cualificarías o concurso a nivel social e de participación? Non cabe dúbida que dende o principio foi un acerto en todos os sentidos.

Pepe Carreiro Debuxante, ilustrador e deseñador gráfico. Cal é a túa valoración xeral da experiencia de selección dos debuxos finalistas? Seleccionar sempre é difícil e inxusto, pois hai moitos máis debuxos merecedores de premio que premios se poden dar. Por outra parte, valorar é sempre subxectivo. Como cualificas o nivel dos participantes, debuxos e deseños? O nivel creativo é sempre moi alto nos debuxos infantís. A técnica nestas idades conta pouco. Tras ollar 8.076 debuxos participantes, pódese dicir que en Galicia hai canteira de futuros deseñadores de xoias? Non creo que a estas idades, nin sequera as nenas e nenos participantes, teñan unha vocación definida. Mais é probábel que entre tantos algúns cheguen a facerse deseñadores de xoias. Cales son as diferencias dos deseños infantís con respecto aos dos adultos? Os deseños infantís son pura creatividade, estou seguro de que ningún neno ou nena participante pensou na realización práctica da xoia que deseñou. O profesional, en cambio, ten que ter sempre presente este aspecto; a factibilidade da peza é un requisito básico do seu traballo. Como se afronta a fabricación dunha xoia deseñada por un neno/a? Segundo o que me dixeron os fabricantes presentes no xurado, eles

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

23


COXGA

buscan sempre a fidelidade. E, polo que vin de anos anteriores, conségueno totalmente. Os fabricantes son quen de realzar incluso, grazas á súa profesionalidade, o deseño. Como cualificarías o concurso a nivel social e de participación? Está sendo un éxito. Eu asistín o ano pasado e este, e vexo unha altísima participación.

José María Mayer, de Maysil da Estrada Cal é a túa valoración xeral da experiencia de selección dos debuxos finalistas? Foi unha moi boa experiencia ver como deseñan os rapaces. Como cualificas o nivel dos participantes, debuxos e deseños? O nivel creativo dos participantes é en xeral moi bo. Tras ollar 8.076 debuxos participantes, pódese dicir que en Galicia hai canteira de futuros deseñadores de xoias? Eu coido que si, que hai canteira en Galicia de futuros deseñadores de xoias, e sobre todo sabendo que cada vez son máis os participantes. Cales son as diferencias dos deseños infantís con respecto aos dos adultos? Os deseños infantís non teñen ningunha norma. A medida que pasa de idade adecúanse máis aos estereotipos ou formas básicas dunha xoia. Como se afronta a fabricación dunha xoia deseñada por un neno/a? A elaboración dunha xoia deseñada por un neno ou nena, afróntase pois con moito respecto e intentando non saírse moito do deseño inicial. Como cualificarías o concurso a nivel social e de participación? O Concurso do Día da Nai é unha oportunidade de dar a coñecer o noso sector, e educar as novas xeracións sobre o traballo feito en Galicia, pero non só aos rapaces, senón tamén aos pais. E con respecto á participación, cada vez son máis, isto é un bo sinal.

24

ALENTO

NUM. 6

AGOSTO 2014

Luis González Ardentía en Bergondo e Vicepresidente do Coxga Cal é a túa valoración xeral da experiencia de selección dos debuxos finalistas? Experiencia gratificante e que nos permite ver e facer o noso traballo desde outra perspectiva. Que dirías sobre o nivel dos participantes, debuxos e deseños? Os debuxos dos máis pequenos son sempre sorprendentes e refrescantes. Tras ollar 8.076 debuxos participantes, pódese dicir que en Galicia hai canteira de futuros deseñadores de xoias? En Galicia hai canteira para calquera oficio artístico, pero son iniciativas como esta do Colexio de Xoieiros as que despertan estas vocacións temperás de futuros deseñadores. Cales son as diferencias dos deseños infantís con respecto aos dos adultos? Que son inxenuos e cheos de detalles sen ningún tipo de limitación más que a imaxinación na que viven os nenos permanentemente . Como se afronta a fabricación dunha xoia deseñada por un neno/a? Aplicando o oficio de ourive, e buscando preservar a frescura do debuxo para conseguir realizar un deseño que só un neno podería plantexar para unha xoia. Como cualificarías o concurso a nivel social e de participación? Ten un percorrido a ter en conta xa que consegue a implicación a diferentes niveis, escolas, comercios, artesáns, políticos, familias, etc. Prensa Coxga Xesús C. Ramos prensa@coxga.es


COXGA

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES

Alfonso Joyeros Santiago de Compostela (A Coruña)

Atempo Alfonso Santiago de Compostela (A Coruña)

Bernardino Otero Santiago de Compostela (A Coruña)

O XURADO María Eugenia Pérez Subdirectora Xeral de Formación Profesional (Consellería de Educación– Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa). Oscar Rodríguez Xoieiro – deseñador de “Óscar Rodríguez Joyeros” e presidente do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Luis González Prateiro – deseñador de “Ardentia” e vicepresidente do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Pepe Carreiro Debuxante e deseñador de banda deseñada, creador da serie infantil “Os Bolechas”. María Xosé Rodríguez Comandante do programa “Somos Quen”, da Radio Galega. Santiago Riande Director da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo. Enrique Fink Ourive e deseñador de “Fink Orfebres”.

Angel Fariña Marín (Pontevedra)

Ardentia Bergondo (A Coruña)

EASD Mestre Mateo Santiago de Compostela (A Coruña)

Fink Orfebres Santiago de Compostela (A Coruña)

Juan Jesús Fernández Prateiro - deseñador de “Silvereira”. Sergio Pesqueira Xoierio de “Joyería Rosant” - Marín.

Maysil A Estrada (Pontevedra)

Raúl Pesqueira Xoieiro de “Joyería Rosant” - Marín. Ángel Couto Xoieiro de “Alfonso Joyeros” Santiago de Compostela. Carmen María Otero Xoieira de “Joyería Bernardino Otero” Santiago de Compostela. Rosa Méndez Xoieira de “Rosa Méndez” - Teo. José María Mayer Xoieiro de “Maysil” - A Estrada.

Piropo Joyas Viveiro (Lugo)

Rosa Méndez Teo (A Coruña)

Silvereira Teo (A Coruña)

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

25


COXGA RESPONDE

O coxga responde 1.- Pode ter lugar, sen comunicación previa, unha inspección da AEAT (Hacienda) no meu establecemento de xoiaría? Normalmente, o procedemento de inspección tributaria iníciase mediante unha comunicación ao obrigado tributario, na que se lle informa do alcance da inspección (xeral ou parcial) e tamén do lugar, día e hora no que debe comparecer, así como da documentación que debe aportar ou poñer a disposición da Inspección. Sen embargo, tamén se poden iniciar as actuacións inspectoras, sen comunicación previa, no domicilio do contribuínte (por exemplo, o establecemento de xoiaría). No suposto de que isto ocorra, é fundamental poñerse en contacto inmediatamente co seu asesor fiscal, quen o saberá aconsellar e incluso poderá conseguir ou intentar conseguir un aprazamento das actuacións. En calquera caso, sempre procede manter unha actitude colaboradora coa Inspección, sen esquecer nunca os dereitos que asisten ao obrigado tributario: entre outros, a inviolabilidade do domicilio (a entrada no mesmo precisa de consentimento do titular ou orde xudicial, salvo no caso de flagrante delito), dereito a ser informado sobre a natureza e alcance da inspección, así como sobre os seus dereitos e obrigas no curso das actuacións ou o dereito a estar presente (por si mesmo ou mediante un representante) durante as actuacións inspectoras.

26

ALENTO

NUM. 6

2.- S e teño indicios de que unha persoa ou un comportamento estraño pode afectar á miña seguridade ou a da miña xoiaría, que debo facer? Ante calquera persoa ou actitude sospeitosa de afectar á súa seguridade, tanto persoal como empresarial, non dubide en poñerse en contacto coa Policía de forma inmediata no número 091, onde será atendido as 24 horas do día por persoal debidamente formado e preparado para ocuparse do seu requirimento coa máxima urxencia. Lembre que non pasará nada se finalmente se trata dunha sospeita errada. Sempre é mellor previr e actuar de forma rápida para que o traballo da Policía sexa o máis efectivo posible.

e asinar o impreso que, para tal efecto, se lle proporcionará. 4.- A onde se envía a revista Alento? Envíase a todos os profesionais colexiados (un exemplar ou a cantidade solicitada para repartir entre clientes e provedores), á Administración (consellerías, Igape, concellos, bibliotecas...), a empresas de servizos varios (hoteis, restaurantes, salas de espera de clínicas,...), así como a calquera outro lugar indicado polos profesionais colexiados á oficina do Coxga. Ademais dos exemplares físicos, a revista está a disposición de calquera persoa que a queira consultar en issuu. Despois do verán estará tamén dispoñible na web do Coxga.

3.- R ecentemente o Coxga puxo en marcha unha rede de alertas de seguridade. Que é e para que serve? Efectivamente, o Coxga puxo á disposición dos colexiados unha rede de alertas de seguridade a nivel de toda Galicia, a través de sms. Esta rede de alertas é un procedemento mediante o que se transmite aos profesionais colexiados información urxente -a modo de prevención-, sobre persoas e/ou condutas que afectaron á seguridade persoal e/ou empresarial de compañeiros do sector, coa finalidade de que poidan estar máis alerta ante persoas ou situacións similares e, se fora necesario, incrementar as medidas de precaución. Para estar nesta rede basta con comunicar á oficina de Coxga o número de móbil no que se quere recibir os avisos,

AGOSTO 2014

5.- Unha consultora indicoume que tiña que adaptar a tenda online á nova normativa de comercio electrónico. É así? Efectivamente, modificouse a Lei Xeral para a Defensa de Consumidores e Usuarios e os cambios son obrigatorios dende o pasado 13 de xuño, a todos os contratos con consumidores e usuarios. Algunhas das novidades que deberá ter en conta á hora de adaptar a súa tenda online á nova normativa sobre comercio electrónico son: Obriga de informar ao consumidor, sobre todo no que se refire a garantías postvenda, garantías legais, modalidades de pago, depósitos e bloqueos de importes e gastos de devolución.


COXGA

Tamén hai que adaptar o prazo das devolucións que pasa a ser aos 14 días da recepción, xa que no caso de non informar dese prazo na web, pasa a ser de 12 meses. Ademais, o usuario debe poder contactar coa páxina cun teléfono de tarificación básica e, en caso de venda por este medio, a conformidade debe facerse por escrito.

6.- Teño un establecemento de xoiaría e quero poñer á venda, a un prezo inferior ao habitual, unha serie de artigos de reloxaría que deixaron de fabricarse, que modalidade de promoción de vendas debo utilizar? A figura que máis se axusta, das recollidas na normativa sobre Comercio, é a de “Venda con desconto”, que consiste en ofrecer, mediante calquera procedemento publicitario (incluídos os anuncios expostos no propio establecemento), unha redución do prezo aplicado con anterioridade para potenciar a venda de determinados produtos. Os artigos aos que se aplique o desconto non poderán estar deteriorados nin

ser de peor calidade que os que se comercializaran antes. E a duración, para este suposto, non poderá ser inferior a un día nin superior a trinta. No anuncio da venda con desconto debe especificarse a duración e os produtos afectados. 7.- Q uero vender determinados artigos da miña xoiaría a un prezo inferior ao habitual, podo poñelos á venda baixo a denominación de “outlet”? Outlet fai referencia a un establecemento comercial adicado de forma exclusiva e permanente á venda de saldos ou de excesos de produto ou de tempada, ou á venda efectuada directamente polo fabricante ao consumidor final en establecementos comerciais (non en almacéns). Nestes establecementos, o produto é posto á venda a un prezo inferior ao habitual. No seu caso, para vender determinados artigos en condicións económicas máis vantaxosas que as habituais, deberá acollerse a unha das actividades de promoción de vendas contempladas na Lei de Comercio Interior de Galicia, sempre cumprindo os requisitos esixidos para cada unha (venda en rebaixas, venda de saldos, venda en liquidación ou venda con desconto). 8.- H ai algunha listaxe na que se fixen os prezos de arranxos de xoiaría? Non, a normativa sobre a Defensa da Competencia protexe a libre competencia no mercado, e prohibe expresamente no artigo 1, todo acordo, decisión ou recomendación colectiva, ou práctica concertada ou conscientemente paralela que produza ou poida producir o efecto de impedir, restrinxir ou falsear a competencia en todo ou parte do comercio nacional. En particular, queda prohibido, a fixación, de forma directa ou indirecta, de prezos ou de outras condicións comerciais ou de servizo.

Un acordo sobre os prezos nos arranxos de xoiaría tería efectos prexudiciais sobre os consumidores, xa que eliminaría os incentivos das empresas (que foran parte do acordo) para mellorar a calidade dos seus servizos e reducir os seus custos, e ao mesmo tempo, dificultaría a actividade das empresas non incluídas no acordo. 9.- Teño un establecemento de xoiaría, debo cumprir todas as obrigas indicadas no Regulamento da Lei de Prevención de Branqueo de Capitais? O Regulamento da Lei de Prevención de Branqueo de Capitais contempla exclusións e reducións das obrigas indicadas na Lei para aquelas empresas que teñan menos de dez empregados e non superen os dous millóns de euros de volume de negocio anual. Para coñecer as súas obrigas respecto a normativa sobre prevención de branqueo de capitais, pode poñerse en contacto coa oficina do Colexio. 10.- P ara que serve o servizo de prensa de Coxga? Quen o pode utilizar? Coxga pon a disposición de todos os colexiados, un servizo de prensa que lles permite divulgar información sobre as súas actividades, sen ningún custe, nos medios de comunicación. O responsable deste servizo asesorará e aconsellará aos profesionais interesados en publicar algunha información (aniversario, ampliación ou remodelación do negocio, novos produtos ou coleccións, utilización de maquinaria nova...) e, ademais, realizará un plan de difusión da noticia aos medios de comunicación. Datos de contacto do servizo de comunicación do Coxga: Prensa Coxga: Xesús C. Ramos prensa@coxga.es

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

27


COXGA

O Coxga aumenta a súa presenza en medios de comunicación • A posta en marcha dun novo servizo de prensa para os colexiados e a entidade comeza a dar os seus froitos • Nos últimos meses incrementouse considerablemente a presenza na prensa das actividades e información xerada polo Coxga O servizo de prensa do Colexio Oficial da Xoiaría de Galicia comezou en abril co Concurso “Deseña unha xoia para a túa nai”, continuou coa difusión das actividades de formación do Colexio así como de servizos personalizados para os e as colexiadas.

A

nova área de prensa do COXGA ten un dobre cometido. Dunha banda facer visible nos medios de comunicación de Galicia e de España as actividades e accións que se realizan dende a entidade. O segundo cometido é o de cumprir cun dos obxectivos do Colexio, a visibilidade do sector en toda sociedade e da garantía de calidade do selo do Coxga. A data de agosto do 2014 téñense contabilizado máis de 60 impactos en medios, principalmente en prensa, xornais dixitais, canles de televisión e emisoras de radio. Dende o departamento de prensa do Coxga, recomendamos aos colexiados, que en todas as comunicacións públicas e en especial cos medios, se insista na descrición dos valores do Coxga que aquí se enumeran. É importante facelo para resaltar e afianzar a marca do Colexio, cuxo beneficio redunda en todos. Máis abaixo descríbense estes valores en dous parágrafos que se adaptan a calquera tipo de acto ou comunicación.

28

ALENTO

NUM. 6

• defensa interese cidadanía/sociedade • defensa interese colexiados • ética profesional • formación e cualificación sector (profesionalidade) • garantía e calidade • información (público e profesionais) • representación do sector ante a administración e a sociedade O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia quere, con esta iniciativa, facer máis visible a profesión ante a sociedade, achegando ás posibilidades culturais e laborais que ofrece o sector da xoiaría.

AGOSTO 2014

O COXGA representa garantía de calidade, en permanente vinculación coa sociedade, asegurando a ética profesional e os intereses dos colexiados e tamén a protección dos consumidores a través da información e divulgación do sector; en definitiva, exercendo a representación en todos os ámbitos da xoiaría, prataría, ourivaría, reloxaría e xemoloxía de Galicia. Prensa Coxga: Xesús C. Ramos prensa@coxga.es


COXGA

Galicia Xoia - Pasarela de Tendencias

O

xoves 25 de Setembro do 2014 ás 20:30 h. terá lugar no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela o primeiro Desfile de Xoias Galicia Xoia, onde os colexiados do Coxga amosarán as novas tendencias. O tecido produtivo de xoias de Galicia, con recoñecemento e prestixio en mercados internacionais, organiza a través do Colexio Oficial de Xoiaría o escaparate da xoiaría galega con vocación de cita anual. O Desfile de Xoias Galicia Xoia dará a coñecer produtos que acadan mercados internacionais así coma as novas tendencias de xoias dispoñible para o público ou para profesionais en Galicia. O desfile será dirixido por Katuxa Platero, e estará vencellado a dous sectores industriais relacionados coa xoiaría, o audiovisual e a moda.

Katuxa Platero (Santiago de Compostela) www.katuxaplatero.com

Os obxectivos de GaliciaXoia – Pasarela de Tendencias son:

Unión Joyera de Bergondo (Bergondo) www.ujbergondo.com

• Favorecer o coñecemento no público xeral do potencial galego en xoiaría. • Fomentar a colaboración profesional entre o mercado retallista e fabricantes e deseñadores galegos. • Potenciar a colaboración profesional entre diversos sectores que non adoitan traballar xuntos. • Acadar un rexurdimento do consumo interno da xoiaría e da produción en Galicia. • Contar cun público de máximo 200 persoas especialmente convidadas. • Iniciar unha acción anual que se converta nunha cita agardada.

Contacto para máis información:

Noelia Peña (Pontevedra) www.noevs.com Obradoiro Joyeros (A Coruña) Oscar Rodríguez (Viveiro) www.oscar-rodriguez.com Piropo Joyas (Viveiro) www.piropojoyas.com Susi Gesto (Santiago de Compostela)

Galicia Xoia – Pasarela de tendencias desfile@galiciaxoia.es www.galiciaxoia.es 981 598 858

Marcas na pasarela de tendencias 2014 Os protagonistas de Galicia Xoia son as firmas galegas que presentarán o seu traballo aos convidados, que verán reunidas, nun espazo único, as tendencias de xoiaría para os seguintes meses. Cada firma terá á súa disposición 10 modelos (10 pases) para as súas xoias, polo que o escaparate resulta moi relevante e identificativo para cada marca. As primeiras marcas que xa confirmaron que as súas xoias desfilarán son: Ardentia (Bergondo) www.ardentia.es Fink Orfebres (Santiago de Compostela) www.fink-orfebres.com

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

29


COXGA

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, co obxecto de promover as iniciativas dos deseñadores, convoca o III Concurso de Deseño San Eloi O Tema escollido para a terceira edición é o mar. 1.- Participantes O concurso está aberto a todos os deseñadores, sexan estudantes ou profesionais (exercentes ou non), que teñan os 18 anos cumpridos o 3 de novembro 2014.

2.- Premios O xurado seleccionará os dez deseños finalistas, entre os que se atoparán os tres deseños gañadores. O premio consiste en: 1º Premio: 1.000 euros 2º Premio: 500 euros 3º Premio: 200 euros Valorarase a innovación do deseño, a posibilidade de realización e a portabilidade da xoia, así como a súa relación coa temática escollida, neste caso o mar. Todos os finalistas recibirán o correspondente diploma acreditativo da participación.

3.- Desenvolvemento do certame Os deseños poderán presentarse impresos, do 3 ao 10 de novembro 2014 (ambos días incluídos), na oficina do Colexio Oficial de Xoiaría: rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) en horario de apertura, de luns a venres: 9h-14 e 16h30-19h30. No interior dun sobre que se entregará pechado irán outros dous sobres pechados con: 30

ALENTO

NUM. 6

1) o deseño impreso e unha memoria do proxecto de, como máximo, unha páxina. 2) o currículum do deseñador e os seus datos completos:

• nome e apelidos • data de nacemento • enderezo postal completo • teléfono • correo-e de contacto • DNI

A ficha de inscrición debidamente asinada (dispoñible en www.coxga.es e na oficina do Colexio Oficial de Xoiaría). A realización dos deseños é totalmente libre.

AGOSTO 2014

Cada participante poderá presentar unha única proposta. Os deseños deberán ser orixinais e non se aceptarán propostas xa presentadas a outros certames. A partir do 10 de novembro reunirase un xurado composto por seis profesionais representantes do sector da xoiaría, deseño e do mundo da arte en Galicia. Tomando como base para a súa valoración a innovación do deseño, a posibilidade de realización e a portabilidade da xoia, así como a súa relación coa temática escollida -neste caso o mar- os membros do xurado seleccionarán os deseños finalistas e gañadores. A decisión adoptada polo xurado será inapelable. A entrega dos premios farase nun acto público, ao que se convocarán os finalistas, na data e lugar que se determinen e que serán convenientemente comunicados a todos os participantes. A previsión é que este acto se organice durante a Gala de celebración de San Eloi, patrón dos xoieiros. Toda a información estará sempre actualizada na web do Colexio Oficial de Xoiaría: www.coxga.es

4.- Aceptación bases e notas aclaratorias Os participantes aceptan expresamente cumprir todas e cada unha das bases deste concurso. O seu incumprimento dará lugar á exclusión do certame.A este efecto, os participantes deben cubrir e entregar asinada a ficha de inscrición dispoñible na web www.coxga.es e na oficina do Colexio.


COXGA

Os datos dos participantes serán incorporados a un ficheiro titularidade do Colexio Oficial de Xoiaría, que tratará para a organización e xestión do concurso. Poderanse exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación dirixindo un escrito ao Colexio Oficial de Xoiaría: rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) Os nomes e imaxe dos participantes

poderán ser obxecto de comunicación pública nas accións que o Colexio Oficial de Xoiaría poida levar a cabo relacionadas co certame. Todos os participantes ceden ó Colexio Oficial de Xoiaría o uso dos deseños presentados, que poderán ser obxecto de exposición e/ou difusión pública por calquera medio de comunicación. Os dez deseños finalistas quedarán en propiedade do Colexio Oficial de Xoiaría. O Colexio Oficial de Xoiaría resérvase a interpretación

das presentes bases, prevalecendo o seu criterio en caso de discrepancia e tendo en conta que o Xurado pode declarar total ou parcialmente deserto o concurso.

Santiago de Compostela, a 15 de xullo 2014

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

31


María Rodríguez Arias Colexiada nº D0220 www.mynjoyas.com www.facebook.com/mnjoyas

TENDENCIAS

Volve o Vintage e encántame!!! En todas as pasarelas podemos apreciar un toque desta moda atemporal e versátil, capaz de facernos soñar.

Modelos da deseñadora Montse Arias, con xoias de M&N, Pasarela Lucus Moda 2014

E

stamos nunha época na que o Vintage é actual; que contraposición no tempo máis fermoso para min! e que fonte de inspiración para moitos deseñadores nos que me inclúo. As ideas entrelázanse entre deseños doutra época con materiais de hoxe en día, dando como resultado algo fermosísimo. No que se refire á xoiaría, falamos dunha moda atemporal, a que podemos usar para ir super-amañadas ou para o día a día, non é marabilloso? Colares, pendentes, pulseiras, aneis... e incluso bolsos-xoia que podes poñerte para ir a unha voda, a unha festa ou cos teus Jeans para ir á oficina e que nunca, nunca pasarán de moda. Nunha das miñas últimas coleccións, na que se ve reflexada esta tendencia, destacan as perlas cultivadas en auga doce, nácar, prata, seda e para dar un toque de cor, o cristal. E como non podía ser doutra forma, a natureza no Vintage está moi presente, estamos en verán e iso apréciase nas xoias desta temporada: conchas, flores e bolboretas trasládannos a un xardín doutra época. Busca o teu complemento Vintage e goza do verán!

Colar Garden

Bolso-xoia

32

ALENTO

Pulseira colección Vintage

NUM. 6

AGOSTO 2014


COXGA

TENDENCIAS

katuxa platero Texto e imaxe: Katuxa Platero Seoane colexiada nº A0804 www.katuxaplatero.com T. 981 576 506

O Maxi colar Consegue un!

S

i, consegue un e canto máis grande, colorido e ostentoso sexa, mellor. Estes maxi colares levan xa un par de tempadas entre nós e parece ser que serán a xoia estrela da próxima tempada outono-inverno. Súper favorecedores pero non aptos para todo tipo de fisionomías, se o teu pescozo é máis ben curto e ancho, mellor opta por algo menos aparatoso e máis longo; o efecto óptico será un pescozo esvelto. Se es das afortunadas de “pescozo de cisne”, estás de sorte: hai infinidade de estilos distintos onde elixir. Chamoume poderosamente atención a nova colección de Chanel, sempre reinventando as perlas, esta vez a modo de gargantilla con frecos; todo con perlas que nos da un look moito más desenfadado. Outro outfit que podemos encontrar nesta nova tempada son os monocromáticos, vestimenta e complementos dunha só cor, podemos velo no último desfile de Armani onde o binomio negro e vermello son a constante nos seus deseños.

Como xa comentei en máis dalgunha ocasión, son unha fiel defensora do complemento, podes cambiar de look cun simple cambio de zapatos ou bolso e lembra que con estes maxi colares o pendente debe ser a mínima expresión, a non ser que queiras ser fiel seguidora de Carmen Miranda. Outra tendencia que segue imperando é a pedra de cor; a Tanzanita álzase como a máis desexada; ten unha cor entre azulón-violáceo do que te namorarás a primeira vista. Firmas como Tiffany xa a incorporaron ás súas novas coleccións: son unha boa elección para combinar co azul Klein e incluso con vaqueiros. Arríscate con esta combinación. Para elixir a pedra de cor que máis te favoreza só necesitas un espello e varias prendas de vestir de distintas cores e un pouco de paciencia. Achega as prendas á túa cara e descubre que cores te favorecen máis, despois é tan doado como ir á túa

xoiaría de confianza e preguntar por pedras deste ton, eles asesorarante. Non esquezas que as xoias están feitas e pensadas para embelecernos. Sempre lles digo ás miñas clientas: “hai unha princesa dentro de cada muller“, déixaa saír. Presentación Colección Chanel

Presentación Colección Chanel

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA DE GALICIA

www.coxga.es

33


ÚLTIMA HORA

Pedímoslle a Sergio Lago, o profesor do curso de Presenza de negocios xoieiros en Internet e iniciación a redes sociais que nos escribise unhas liñas sobre a presenza dixital para a nosa revista e aquí publicamos a primeira parte:

Presenza dixital, a necesidade de romper coa barreira offline/online

É

habitual que moitas entidades e pequenas empresas detecten a necesidade de formarse e mellorar a súa presenza comercial na rede, pero tamén é igual de frecuente que inicialmente só se pense en “montar” unha web ou pequena tenda online e “estar” nas redes sociais. A contorna dixital ofrece numerosas ventaxas pero debe entenderse sempre como un espazo máis dentro das posibilidades de comunicación da empresa, pasando previamente por unha análise sobre os esforzos que podemos adicarlle e os obxectivos que queremos lograr. Así mesmo, a comunicación dixital ten a súa propia linguaxe, dinámicas e estratexias. Unha das claves esenciais é que a presenza dixital case nunca pode ser estática e pasiva, require tamén un mantemento a medio-longo prazo. Que pasaría se non actualizásemos e limpásemos o escaparate da nosa tenda dende o día que abrimos o negocio? Estamos dirixíndonos a potenciais clientes que maioritariamente contan cunha alta alfabetización dixital e que, por exemplo, poden pensar que se non actualizamos a nosa flamante web e perfil en

facebook dende fai un ano é porque poida que esteamos pechados. Polo tanto, o uso das ferramentas dixitais debe estar sempre planificada tendo en conta a estratexia de marketing global da empresa, a familiaridade coa contorna dixital e o tempo dispoñible. Hai que comezar a esquecer webs, redes sociais e outras ferramentas en rede como elementos aillados e pensar na presenza dixital integral do noso negocio como unha extensión da imaxe global da nosa empresa. E nisto, como case en todo, tamén funciona o de que menos e ben feito é máis efectivo que intentar estar en todo. Hai elementos básicos que si poden plantexarse de maneira estática, como tarxetas de visita, pero sempre actualizadas. Podemos plantexar así a xeolocalización e creación de fichas do negocio en buscadores como Google ou incluso a nosa web, se non contamos con tempo, familiaridade ou recursos para crear novos contidos de xeito regular para un tablón de novas, un blog ou para as redes sociais. Se algo diferencia a rede da publicidade convencional e unidireccional é o seu carácter participativo e aberto. Se activamos un blog ou unha rede social estamos abrindo un espazo de conversa bidireccional, aínda que sen esquecer que é unha conversa de carácter comercial con potenciais clientes. Algunhas claves para comunicar efectivamente nas nosas redes son intentar aportar contidos de interese que apeteza compartir (mellor poucos e re-

levantes que resultar pesado), ser visuais (empregando imaxes ou vídeos e textos moi breves) e facilitar a interacción. Para isto último o lector debe saber claramente que pretendemos co que publicamos: coñecer a súa opinión, que participe nun concurso, que visite un enlace se quere saber máis, que merque directamente un produto ou que o comparta porque pode ser de interese para as súas amizades, por poñer algúns exemplos. Por último e case a recomendación máis importante: hai que ser pacientes, os resultados son sempre a medio prazo e non debemos obsesionarnos cos “gústame” se ao principio a interacción é baixa. É evidente que contar con profesionais especializados pode aforrarnos moito tempo, cartos e esforzo. Se estamos a pensar en comercio electrónico, a necesidade de contar cun apoio integral profesional é ineludíbel, pero no caso de artesáns ou negocios de proximidade pode desenvolverse un traballo positivo e con custes moi asequibles, contratando puntualmente servizos que nos aporten un toque de calidade e efectividade: fotografía, audiovisual, deseño web, contidos, microcampañas, publicidade online, etc. Hai tamén numerosas ferramentas, plataformas e redes sociais que nos poden axudar a manter nós mesmos unha óptima presenza dixital. Pero diso falaremos no vindeiro número de Alento. SERGIO LAGO. Forma parte do colectivo de freelance nócomún (www.nocomun.com) e do espazo de coworking TIC árticos (www.articos.es), dúas redes de profesionais que ofrecen solucións de comunicación e consultoría dixital para entidades, colectivos profesionais e PEMEs, especialmente no comercio e o sector creativo.

Recomendacións básicas • Integrar a estratexia de marketing offline e online, esencial para un negocio de proximidade. • Formular a presenza dixital do negocio dun xeito integral e non só centrarse no uso dunha ou varias redes sociais. • Saber valorar dun xeito realista os recursos económicos e de tempo que o negocio pode adicar á presenza dixital. • Escoller só as ferramentas e redes sociais máis adecuadas para chegar aos nosos clientes potenciais, non pretender estar en todas as redes sociais. • Coñecer as ferramentas básicas para monitorizar e analizar os resultados da nosa presenza dixital.

34

ALENTO

NUM. 6

AGOSTO 2014


No calendario da nosa web tamén podedes comprobar as datas de interese. Para conseguir máis información sobre algunha actividade, os profesionais colexiados poden remitirse ao apartado reservado da web, no que están todos os detalles, ou contactar coa oficina do Colexio Oficial de Xoiaría. agosto – setembro – outubro – novembro – decembro 2014 do 11 ao 15 de agosto

oficina do Coxga pechada

venres 15 de agosto

festivo estatal

do 30 de agosto ao 2 de setembro

feira Tendence – Carat, Frankfurt (Alemaña)

do 6 ao 10 de setembro

feira Vicenzaoro,Vicenza (Alemaña)

do 6 ao 10 de setembro

feira Bijorhca, París (Francia)

do 10 ao 14 de setembro

feira MadridJoya, Madrid

venres 12 de setembro

presentación Galicia Xoia en MadridJoya, Madrid

do 13 ao 16 de setembro

Homi (novo Macef), Milán (Italia)

xoves 25 de setembro

desfile Galicia Xoia en Santiago de Compostela

do 25 ao 28 de setembro

feira Portojóia, Porto (Portugal)

do 9 ao 11 de outubro

Barcelona Art Jewellery Fair

do 10 ao 13 de outubro

IV Espaijoia, Barcelona

do 14 ao 19 de outubro

II Encontro Internacional de Xoiaría en Córdoba

sábado 18 de outubro

curso Atención excelente ao cliente de xoiaría, Coxga

sábado 18 e domingo 19 de outubro

ExpoBEC 2014, Santiago de Compostela

sábado 25 e domingo 26 de outubro

ExpoBEC 2014, A Coruña

sábado 1 de novembro

festivo estatal de apertura autorizada

luns 1 de decembro

San Eloi

sábado 6 de decembro

festivo estatal de apertura autorizada

luns 8 de decembro

festivo estatal

domingo 14 de decembro

festivo de apertura autorizada

domingo 21 de decembro

festivo de apertura autorizada

xoves 25 de decembro

festivo estatal

domingo 28 de decembro

festivo de apertura autorizada

ANUNCIOS POR PALABRAS Maysil (www.maysil.com), empresa galega de deseño e fabricación de xoiaría en prata, busca axente comercial freelance para Galicia (principalmente). As persoas interesadas poden enviar o seu currículum a correo@maysil. com á atención de José María Mayer. Vendo equipo de microfusión semi-novo. Máis información: 981 589 596 (Santiago de Compostela) Búscase colexiada/o (fabricante ou vendedor/a) interesada/o en aparecer nunha entrevista con fotos do seu establecemento. Máis información no 981 598 858. Agenthy: buscador de emprego para comerciais do sector da xoiaría e reloxaría. Uso exclusivo para firmas e marcas de xoiaría e reloxaría. Coa colaboración do Grupo Duplex. Se eres comercial da xoiaría buscando marcas, rexístrate de maneira totalmente gratuita, incorpora a túa historia laboral e recibirás un correo-e das firmas que queiran solicitarche unha entrevista ou poñerse en contacto contigo. Totalmente seguro e privado, regulado segundo a Lei de Protección Xurídica de Bases de Datos. www.storehy.es/profesional/9-agenthy-para-comerciales



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.