5
XANEIRO 2014
COLEXIADOS OFICIOS FORMACIÓN EMPRESA COXGA NORMATIVA TENDENCIAS AXENDA
Para que serve o Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (Colexio Oficial de Xoiaría ou tamén COXGA)? Ante todo, o Colexio exerce de representante e proxecta a profesión na sociedade. É un órgano de defensa dos colexiados de ataques externos, resolvendo e denunciando problemas (como por exemplo os de intrusismo e de competencia desleal). Traballa na integración dos profesionais colexiados nunha dimensión recoñecida tanto a nivel autonómico como estatal, aproveitando a escala de grupo para a obtención de beneficios e vantaxes para todo o sector. Exerce de representante ante a administración, e mantén relacións estreitas coa mesma, co fin de alcanzar acordos en beneficio do interese colectivo. O Colexio oferta servizos a menor prezo ou atención específica (convenios para colexiados): • Cadena Eurostars (estancias) • Correos (envío de paquetería) • Foga (apoio para innovación tecnolóxica) • Galicia Calidade (certificación de xoias) • Gran Hotel La Toja (estancias) • Gravograph (maquinaria de gravado) • M&R Tools (proveedor de material para xoiaría) • Mapfre - Caja Salud e Medisalud (seguros de saúde) • Millennium (seguro de xoiaría) • Protese (servizos de seguridade privada) • Tempu (seguro obrigatorio de convenio) • Versión Galega (páxinas web e tendas “online”) En negociación: convenio actualizado con banco (tpv, tarxetas, tenda virtual, etc.) Tamén dispón dunha bolsa de emprego para ofertas e demandas dos profesionais colexiados. O Colexio está en comunicación constante cos seus colexiados: Información • envío de circulares por correo-e (aprox. bimensual) • envío de convocatorias puntuais por correo-e • chamadas específicas personalizadas • información profesional no panel de colexiados da web do Colexio Coxga rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B 15701 Santiago de Compostela tlf. 981 598 858 • correo-e: info@coxga.es
• publicación constante de información xeral na web do Colexio, en Facebook e en Twitter • atención personalizada a todas as solicitudes de colexiados • actualización das normativas, divulgación e explicación personalizada • envío personalizado de todo tipo de información requirida • revista Alento (trimestral) • visitas personalizadas nos establecementos dos colexiados A Formación dos colexiados forma parte da folla de ruta do Colexio • cursos xenéricos ou de especialización, durante todo o ano • envío de contido formativo a través das circulares ou de Alento • organización de cursos baixo demanda A Formación aprobada para o primeiro semestre 2014 • Atención excelente ao cliente • Estilismo para xoiaría (por Alicia Solinis) • Iniciacion ás redes sociais • Motivación • Paquetería (por Dolors Serra) • Reloxaría • Tasación de diamantes ante a crise (gratuíto “online”) A Participación dos colexiados na dirección do Colexio é fomentada por distintos tipos de reunións presenciais: • Asembleas anuais • Asembleas extraordinarias • Reunións temáticas • Comisións de Traballo • Xunta de Goberno Un profesional colexiado é un profesional unido, informado. Nunca estará só. Un profesional colexiado é sinónimo de profesionalidade, proximidade, garantía, calidade, control, visibilidade, formación, titulación. horario de atención oficina: de luns a venres: 9h-14h e 16h30-19h30 web coxga: www.coxga.es
EDITORIAL
4 entrevista colexiado Luis Sánchez, de Joyería Gerardo 6 entrevista colexiado Manuel Piñeiro, de Pimar 8 entrevista colexiada Isabel Carlín, de Atempo Alfonso 10 o ficios Reloxos dunha soa agulla 11 o ficios Xemoloxia. Artigo de Cristobal Fernandez Casas (Ferpe Joyeros) sobre a xema Iolita 12 opinion Colexiados Empresa 13 Foga. Equipamento dunha xoiaría modelo formación 15 As TIC na empresa de xoiaría e trucos para mellorar a venda nas tendas 17 coxga Concurso Día da nai (establecementos colaboradores 2014 + bases) 20 coxga responde 22 normativa - LOPD 24 tendencias 26 ultima hora 27 axenda
Observar, aprender, reaccionar e actuar...
M
overse, observar, pensar, aprender, reaccionar, decidir, reunirse, concluír, tomar decisións, actuar... Estas accións, que non implican un gran esforzo económico pero si persoal, forman parte do que precisamos cada día para loitar por ofrecer o mellor do noso oficio a todos os nosos clientes. Semellan tan evidentes que a veces esquecémolas e deixamos de reaccionar, reunirnos e tomar decisións para logo actuar. Todas e todos sabémolo ben; só temos que ver as afluencias ás reunións de calquera entidade, sexa cultural ou profesional. Non dedicamos tempo para achegarnos. Pois precisamente agora mesmo é cando non podemos quedar nos nosos establecementos, nas nosas empresas, sen ver o que está pasando no mundo. É o momento de saír a observar, de comentar e de movernos moito máis. Para resistir debemos saber diferenciar o noso negocio, ser creativos, ser bos profesionais, reaccionar moi rapidamente aos cambios, estar pendentes de calquera oportunidade, das novidades, e sobre todo estar dispostos a probar calquera novo método ou novo servizo. Debemos ser reactivos e flexibles.Todo isto permitiranos non só manter os clientes que temos senón tamén atraer os novos potenciais clientes. Hoxe non só debemos ser bos empresarios, temos que ser os mellores. Tamén temos que ser os máis transparentes cos nosos clientes. Como non todos sabemos de todo, a clave está case sempre en escoitar, xuntarnos ou reunirnos co profesional axeitado que saberá guiarnos ou acompañarnos unha parte do camiño. Tamén é o momento de reflexionar no que nos pode aportar todo o que xa temos, sexa persoal ao cargo, clientes de moitos anos, ou maquinaria. Pode ser o momento de aprender a coñecelos, tratalos do mellor xeito para poder sorprendernos e escoitar todo o que tamén nos poden aportar. Estou seguro de que abrir os ollos e pensar pode salvar moitos dos nosos negocios, ademais de que, sen dúbida algunha, suporía un importante reforzo para o sector, podendo así ofrecer máis profesionalización e calidade. Oscar Rodríguez Blanco Presidente
Editor Colexio Oficial de Xoiaría Rúa Ramón Cabanillas 5-7, 2º B 15701 Santiago de Compostela número 5 • febreiro 2014
A Coruña
Portada: Realización (por Piropo Joyas) de xoia deseñada por Aida Quintairos Solinho (9 anos, Marín) para o Concurso “Deseña unha xoia para a túa nai” 2013. ISSN 2255-1492 Depósito legal C.2.277-2012
Contacto oficina COXGA Loli López e Lupe Santiso Publicidade Teléfono: 981 598 858 Correo electrónico: prensa@coxga.es
www.coxga.es O Colexio Oficial de Xoiaría non se fai responsable das opinións nin comentarios que os colaboradores expresen, en todo momento, de manera individual. É preciso solicitar autorización ao Colexio Oficial de Xoiaría para as reproducións de contidos.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
5
COLEXIADOS • ENTREVISTAS
Entrevista a Luis Sánchez, de Joyería Gerardo
Hórreo, 68 15702 Santiago de Compostela (A Coruña) T. 981 565 531 luis@joyeriagerardo.com www.joyeriagerardo.com
Luis Sánchez incorporouse hai uns meses ao Colexio, co número G0903. É o titular da Joyería Gerardo, de Santiago de Compostela, na que exerce como xoieiro, xemólogo e tasador. Falamos con el para coñecer un pouco máis o seu traballo.
Gustaríanos saber como chegaches á xoiaría e que foi o que te levou a esta formación de xemólogo e tasador? Como é frecuente neste sector cheguei ao mundo da xoiaría por tradición familiar. O meu pai, tamén ligado familiarmente ao sector, despois de adquirir experiencia noutras empresas, estableceuse en Santiago de Compostela, iniciando xunto coa miña nai un proxecto chamado Joyería Gerardo que o próximo ano cumpre o seu 40 aniversario. Dende pequeno estiven ligado ao traballo dos meus país, pero foi no 2007, cando me incorporei á tenda. Estudei Xemoloxía; fíxeno co plan de estudos da Universidade de Barcelona (UB) e a través da Escuela Técnica de Joyería del Atlántico (Vigo). Posteriormente estudei Tasación de Alhajas en Madrid, na Asociación Española de Tasadores de Alhajas da que son
6
ALENTO
NUM. 5
socio co número 183, e tamén realicei o Curso de Especialización en Diamante do HRD-Amberes. Aínda con todo, sempre procuramos estar enterados das últimas novas e novidades do sector, intentamos seguir cursos, ben sexan monográficos, dalgunha materia ou nos poucos congresos que hai, como o Congreso Internacional de Xemoloxía que celebrou o IGE o pasado mes de Xaneiro en Madrid, así como asistir ás distintas feiras nacionais e internacionais (Madrid, Vicenza, Basilea, Hong Kong…) que ademais de permitirnos encontrar distintas pezas para os nosos clientes, axudan a ter unha visión máis global do sector. Que áreas do sector da xoiería desenrolades no voso establecemento? Somos unha xoiaría tradicional, ademais de ser minoristas ofertamos ser-
FEBREIRO 2014
vizo técnico de reloxaría, reparación de xoiaría, deseño e fabricación personalizada de pezas novas. Como ampliación contamos co noso Laboratorio Xemolóxico para seleccionar xemas para os nosos clientes, e de forma máis externa, a través de Taexpalh – Tasación y expertización de alhajas (taexpalh@ gmail.com) o noso servizo de tasación de alhaxas. Dispoñedes dun laboratorio xemolóxico. Podes resumirnos en que consiste? Si, no noso establecemento contamos cun espazo adicado ao laboratorio xemolóxico, o cal nos permite identificar as xemas e emitir un certificado sobre elas. Estamos dotados dunha serie de aparellos como refractómetro, espectro, polariscopio, lupa binocular… cos que podemos reunir datos para chegar a unha conclusión veraz sobre a xema que estamos a estudar. Tamén estás no listado de tasadores do COXGA. Entendemos que nesta época hai moitas consultas. Que tipo de tasacións te-
COXGA ñen máis demanda no voso establecemento? Así é, tamén nos dedicamos a facer tasacións, para isto temos outro nome comercial, Taexpalh – Tasación y expertización de alhajas, baixo esta marca traballamos no eido das peritacións xudiciais ou a particulares que necesitan saber que valor poden alcanzar as súas xoias no mercado. Isto é importante porque a veces hai unha distorsión da realidade cando son xoias herdadas ou antigas. Agora que tés parte do camiño percorrido na túa traxectoria profesional, cales son os teus proxectos para o futuro? Podemos dicir que aínda estamos comezando, neste sector nunca se acaba de aprender, estamos sempre en constante evolución. En canto a economía do país se estabilice acometeremos algunhas reformas na nosa empresa. Tamén tendes unha tenda de comercio electrónico, que tal vos levades coas redes sociais e con Internet? Na nosa páxina web www.joyeriagerardo.com ofertamos nun 90% reloxaría, este produto é o que máis demanda ten na nosa tenda online. Tamén estamos presentes nas redes sociais,
cunha páxina de fans en Facebook (https://www.facebook.com/joyeriagerardo) e o noso propio blog. Gústanos e procuramos estar presentes na rede, xa que pensamos que é a mellor canle de comunicación e publicidade no momento actual. Que é o máis gratificante do teu traballo na xoiaría? Dende o meu punto de vista, este sector ten a sorte de poder traballar con pequenas obras de arte, auténticas xoias, nunca mellor dito, que representan ilusión, amor, felicidade, compromiso, máxia... sensacións moitas veces lonxanas da vida cotiá actual. No eido da atención ao público ás veces é importante ver que unha peza que vendes vai estar chea de simboloxía ao seu arredor, representará unha data, un acontecemento, un feito importante na
vida dunha persoa e que a través dela será recordado para sempre. O máis gratificante, sen dúbida, é ver un cliente satisfeito, incluso emocionado coa peza elixida ou encargada. E o que menos che gusta? Sen dúbida o máis complexo día a día é o momento que está a atravesar o noso sector nesta crise económica. Lembras algunha anécdota do teu traballo de tasación para contarnos? Penso que unha anécdota xeral entre os compañeiros tasadores é moitas veces cando valoramos xoias a particulares. Moitas veces pensan que o seu valor é moi superior á realidade, isto sempre é unha situación moi delicada. Como ve o futuro do sector? Estamos atravesando unha época moi complicada, quizais a máis complicada desde hai moitísimo. É desolador ver como moitas empresas van desaparecendo, penso que deberíamos apelar máis ao corporativismo do sector incluso a nivel nacional. Todo o que poidamos facer será pouco.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
7
COLEXIADOS • entrevistas
Entrevista a Manuel Piñeiro da xoiaría Pimar Joyería Pimar Galerías Campo Castelo, L. 8-9 27001 Lugo T. 982 228 825
Manuel Piñeiro, o noso colexiado nº A0393, da Joyería Pimar, de Lugo, emprendeu un cambio importante no seu comercio hai unhas semanas: cambiou de ubicación e inaugurou unha tenda nova. Falamos con el para saber que tal lles foi. A situación xeográfica da tenda non cambiou moito, pero igualmente, que foi o que motivou este cambio? A nosa tenda necesitaba unha reforma, eran moitos anos os que levaba aberta, e o local era bastante reducido. Xurdiu a oportunidade deste novo local e gustounos precisamente por estar na mesma zona, así os nosos clientes non terían o inconveniente de andarnos buscando. Para o deseño desta nova tenda, contratáchedes algún profesional? Puxémonos en contacto cunha empresa da nosa cidade, ESIN INGENIERÍA, S.L., que se encargou de toda a instalación.
8
ALENTO
NUM. 5
Ao estar máis á vista a mercancía, o cliente ten a posibilidade de ver algún artigo que lle gusta e, nalgúns casos, compra aínda que naquel momento non tivera pensado facelo.
En canto á decoración tiñamos bastante claro o que queríamos, polo que decidimos levar a cabo as nosas ideas. Creo que o resultado é bastante bo, polo menos no que se refire á funcionalidade. Este cambio de tenda levouvos a cambiar tamén a oferta de xoiaría? Non houbo moitos cambios en canto á oferta, pero si na forma de expoñer a nosa mercancía. Cales son as reaccións dos vosos clientes de toda a vida? Sorpresa e agrado. Creo que lles gusta a imaxe da nosa nova tenda. Os comentarios sempre son satisfactorios. Notáchedes clientela?
FEBREIRO 2014
algún
cambio
na
Este cambio levouvos clientes novos? Seguimos contando coa nosa clientela fiel, pero notamos que ao mesmo tempo entra público máis xoven. Quizais a imaxe de tenda máis moderna poida influír. Agora que xa pasaron varias semanas, cal é a valoración xeral deste cambio? Sen lugar a dúbidas, positivo. Nestes tempos difíciles un cambio é interesante, tanto a nivel do cliente como persoal. Traballas con máis optimismo. Cambiou a vosa maneira de traballar cada día? Por suposto que si. Ter máis espazo e o xénero máis á vista facilítanos o traballo.
COXGA
Para cando o salto a Internet e ás redes sociais? Somos conscientes que hoxe en día é moi importante estar conectado, pero aínda non nolo plantexamos. Sabemos que ademais de ser coñecidos polo trato agarimoso que dades aos clientes, todo Lugo sabe da vosa tenda polos espectaculares Beléns que montades cada ano no voso escaparate e que foron premiados moitas veces. Este ano tamén houbo premio, verdade? Pois si. Fomos premiados de novo co 1º premio do concurso de Beléns de Escaparates. Sentímonos case obrigados cada ano a poñer un novo escaparate de Nadal (o que facemos con moita ilusión), pois os nosos clientes, xa antes de chegar o mes de Decembro, pregúntannos que imos poñer.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
9
COLEXIADOS • entrevistas
Entrevista a Isabel Carlín de Atempo Alfonso Atempo Alfonso CC Area Central–Santiago de Compostela (A Coruña) CC As Cancelas–Santiago de Compostela (A Coruña) CC Novo Milladoiro–Ames (A Coruña) T. 881 939 569 www.atempo.es
Isabel Carlín, colexiada nº N0227 dirixe as xoiarías Atempo Alfonso. Un ano despois da apertura de dúas novas tendas, aproveitamos para falar con ela e preguntarlle pola súa experiencia como directora comercial. Como chegaches ao mundo da xoiaría? A verdade é que foi de casualidade. Gústame moito a moda, ver guapas as nosas clientas e diferentes. Sempre fun moi observadora, e sempre tiven as ideas moi claras. Por suposto gústame contar co apoio e a opinión das miñas “atempiñas”. Elas son as que están nas tendas, é das que recibo a información, as inquedanzas dos clientes, as queixas cando as hai e os recoñecementos cando os dan. Que é Atempo? Atempo xurdiu como idea hai 12 anos, para ofrecer un novo estilo de xoiaría, ou iso pretendemos, e que aínda a día de hoxe vaise adaptando ao que o mercado demanda e nós podemos ofrecer. Baixo este logo pretendemos plasmar parte da nosa personalidade, tanto nas 10
ALENTO
NUM. 5
nosas tendas como nos nosos produtos e, como non, nos nosos servizos a clientes. Comenzamos cunha tenda moi pequena no Centro Comercial de Area Central e fómonos facendo un oco entre toda a oferta que existía en Santiago de Compostela nese momento. Fomos capaces de aproveitar e sacar o maior partido á bagaxe empresarial que traíamos. O meu marido e eu sempre fixemos bo equipo, de feito cando me plantexou, hai 13 anos, crear a nosa propia empresa, deixei a idea de traballar de directora no Banco pola de empezar este proxecto que, a día de hoxe, encántame. Gozo no meu traballo, e seguro que no Banco agora non podería dicir o mesmo... Botando a mirada atrás sinto orgullo de todo o que fixemos xuntos, por suposto apoiados pola familia e as nosas “atempiñas”, creando un sistema de
FEBREIRO 2014
negocio que integra traballo e amizade. Atempo é o noso proxecto de vida, polo que todos os días nos levantamos ás 8h da mañá e non regresamos ate as 11h da noite, os 7 días da semana, e polo que temos moi claro que seguiremos loitando. A seguinte pregunta que nos xurde é moi obvia: sendo xoven e dirixindo tres xoiarías, debes ser moi organizada para ter todo controlado. Uf, ata este ano cría que non era tan difícil pero coas novas aperturas houbo que modificar moitas cousas e formas de facer. É moi necesaria unha boa planificación de todo, polo xeral anual, e ter moi boa coordinación entre os que conformamos o equipo de Atempo. Ao abrir dúas tendas máis, e co principio básico de non baixar calidade no servizo, supuxo unha
COXGA
dedicación exclusiva á empresa, dende ese momento deixaron de existir os domingos e o tempo libre... de feito a familia optou por vir visitarnos ás tendas; sabían que andaríamos por alí! A decoración tamén é importante nunha tenda. Como fas para estar ao día das últimas tendencias? Viaxas a feiras profesionais? Con respecto á decoración, vai influenciada por suposto pola campaña que toque, pero sempre me gusta darlle un toque persoal con algo que saia do de sempre. Viaxo canto podo, a verdade! Inda que para isto non é necesario pois se abres a mente un pouco tés ideas moi cerca. Internet debe ser unha ferramenta de traballo indispensable no teu día a día. Imaxinas un día nunha tenda sen conexión? É inviable para nós traballar sen Internet, temos moi integrada a tecnoloxía
no noso día a día, entre as tendas sempre ten que haber transferencia de datos, e se por casualidade falla iso parece que non sabemos como traballar. Utilizamos moito as redes sociais como imaxe ao exterior. Para que nunha xoiaría estea todo en orde, cos vosos parámetros de calidade, desde a presentación ao empaquetado que se leva o cliente, como organizades a formación das persoas que atenden o público? Pois a verdade é que sobre a marcha, cada incorporación de persoal implica como mínimo uns días con esa persoa para que se adapte, coñeza como quero que se traballe, a imaxe que quero que se transmita, e a maneira de facer todo. É tempo que paso con ela para que me faga as preguntas que queira. Aparte de transmitir imaxe, tamén fabricamos os nosos deseños e facemos pezas personalizadas aos nosos clientes.
De feito, fabricamos a Estrela de Compostela, unha peza especial de Santiago para o mundo. As “atempiñas” están todas formadas para atender igualmente este tipo de propostas. Desexas aproveitar esta entrevista para enviar algún consello aos profesionais que nos están lendo? Pois a verdade é que non son quen para dar consellos, simplemente que vivan o que fan! que gocen do seu traballo, que o vexan como algo que implica superación diaria. Polo menos a min iso motívame a levantarme todos os días!!
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
11
OFICIOS
Reloxos dunha soa agulla? Acotío sorprendémonos ao atoparnos con novos modelos de máis e máis agullas, que corresponden a outras tantas funcións que a nova técnica reloxeira nos permite, pero, cal sería o reloxo máis sinxelo? Rapidamente contestaríamos: o reloxo de dúas agullas, horaria e de minutos!, pero estariamos equivocados!
N
os primeiros séculos da reloxaría, os reloxos dispuñan dunha soa agulla. As necesidades de precisión da época quedaban cubertas con esa soa indicación, da hora. A veces, incluso, esa indicación era inversa, no sentido de que era a esfera a que se movía e un sinal fixo o que marcaba a hora. O desenvolvemento dos mecanismos de reloxaría permitiu alcanzar unha maior precisión e así adoptar unha segunda agulla, de indicación de minutos, coa introdución baixo a esfera dun pequeno mecanismo supletorio. Seguindo a mesma liña de desenvolvemento, logrouse unha precisión aínda maior coa adopción da terceira agulla, de segundos, ben central ou en la12
ALENTO
NUM. 5
teral do mecanismo, xeralmente ás 6. Estas segunda e terceira agullas produciron tamén cambios profundos na estética do reloxo pois daqueles reloxos de peto coa agulla accionada mediante unha chave, pasouse a reloxos que protexían as agullas baixo un cristal e cambiábase radicalmente o sistema de acción. A nivel de esferas, tanto a necesidade de marcar os sinais de minutos, como a dobre
FEBREIRO 2014
José Antonio García Prado colexiado nº B0208 Postventa Relojeros San Andrés, 139-2ºD 15003 A Coruña postventa.relojeros@mundo-r.com
opción de punteiro central, ou pequena esfera de segundos, abriron posibilidades estéticas que permitiron diferentes deseños. A introdución de 2 ou 3 agullas, con todas as súas variantes de fabricación: materiais, de aceiro a ouro, formas (pera, lanza, bastón, etc.), contribuíu enormemente a diversificar o aspecto final dos reloxos, así como a definir as diferentes personalidades das marcas. A industria da fabricación de agullas foi unha das máis importantes da reloxaría e segue sendo un dos factores que máis contribúe á formación da imaxe de marca das grandes fábricas internacionais.
COXGA
A iolita
Texto e imaxes: Cristobal Fernández Casas, colexiado nº G0062 www.ferperjoyeros.es T. 981 234 039
Aínda que podemos atopala incolora, agrisada, amarelenta ou verde pálido, é a variedade azulviolácea a variedade máis demandada desta xema, que en mineraloxía se coñece co nome de Cordierita, en honra ao xeólogo francés P. L. A. Cordier*. Pleocroísmo da iolita segundo distintas direccións de observación
S
en embargo, en xemoloxía o término Iolita, que en grego significa “ pedra violeta”, é o máis usado. Xa case ninguén utiliza a palabra Dicroíta, que se refería ao marcado pleocroísmo do mineral, nin se usan outros nomes como Zafiro de auga ou Zafiro lince, que desaconsellamos por equívocos. Dunha fermosa cor azul-violáceo que a fai moi parecida á amatista, coa que a miúdo se confunde (anque esta presenta unha cor azul-vermello ou rosado) adoitase tallar para que a súa faceta principal reflicta a cor azul, intentando enmascarar desta forma o seu intenso pleocroísmo, que observaremos se rotamos a xema en varias direccións. Ao ser unha xema tricroica, en teoría debemos ser capaces de observar tres cores distintas na xema ao xirala, pero o máis corrente será ver dúas, unha azul violáceo intenso e un gris amarelento. Admite un bo pulido e, aínda que o seu brillo non é moi elevado, a súa dureza fai que se adapte perfectamente ao seu uso en xoiaría. É raro encontralas totalmente libres de inclusións,e entre estas as máis comúns son o rutilo, o apatito, varios tipos de micas, a pirrotina, o circón, ou a silimanita, en-
tre outros sólidos posibles. Son moi comúns as fracturas cicatrizadas así como as maclas polisintéticas. Existe un tipo de inclusión, formada por plaquiñas de hematitas que a veces ocupan grandes zonas da pedra dándolle o efecto de aventurescencia outorgándolle á xema unha cor vermella, o que orixina a variedade de iolita denominada “inxectada en sangue”. Outros tipos de inclusións, que son o resultado da alteración da cordierita, aparecen como cristais brancos de aspecto algodonoso, con frecuencia asociados con cristais de circón.Anque escasas, as iolitas con efecto ollo de gato son moi apreciadas. Este ciclosilicato cristaliza no sistema rómbico, aparecendo polo xeral en forma de maclas pseudohexagonais, en forma granular ou en prismas curtos. A súa orixe é principalmente metamórfico, tanto rexional como de contacto, anque pode atoparse tamén como mineral accesorio
en rocas como por exemplo granitos, andesinas e incluso en pegmatitas alteradas. Sendo numerosos os países nos que aparece con interese mineralóxico, os principais xacementos de iolita con valor en xemoloxía son en Madras e Orissa (ambas na India), Madagascar, de onde se extrae en pegmatitas e rocas meteorizadas, nos praceres de Sri Lanka e en cristais de ate 10cm en Northern Territory en Australia. Outros países produtores son Namibia, Cimbabue e Birmania. Polo que respecta a España houbo achados históricos en varios lugares, como por exemplo na Serra do Guadarrama ou en Cáceres, pero o máis coñecido, sen dúbida, é o xacemento de Cabo de Gata, en Almería. En Galicia non aparece, senón con tamaño microscópico, nalgunhas rocas metamórficas e de filiación granítica en varios puntos do noso país. *Recomendamos consultar a web da Escola de Minas de París, na que está dispoñible, entre moitos artigos de interese sobre esta materia que nos une, a biografía de Pierre Louis Antoine Cordier (1777-1861), fundador da mineraloxía microscópica e profesor da Escola de Minas. www.mines-paristech.eu
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
13
COLEXIADOS • OPINIÓN
Fagamos bo o refrán “Non hai mal que por ben non veña” Pablo García, colexiado nº A0117
A
verdade é que hai tanto, tanto tempo que as vendas no noso negocio nos van mal que nos esprememos o cerebro buscando fórmulas que nos axuden a reducir gastos, a incrementar un pouco o beneficio; en resumen, a sacar adiante un negocio que, se nos paramos a pensar, deixou de ser negocio. Eu, persoalmente, no meu establecemento levo moito tempo intentando conseguir explicar aos provedores de reloxaría que o IVE é un imposto do consumidor final e que, no noso caso, e grazas ao seu gran apoio, pagámolo dúas veces: o que nos corresponde como comprador e logo o que nos corresponde dos nosos clientes. Buf, que caprichos teñen estes que presumen de ser os nosos amigos e que cando se despiden nos din “Bueno, familia”. Igual queren dicir “Familia Paganini” ou no mellor dos casos “Os
parvos da familia”. Ao principio, segundo o seu comentario, eu era o único que lles facía chegar as miñas queixas, agora parece ser que cada vez son máis os que se rebelan e non comungan con iso que nos contan de que temos unha marxe do cen por cen. Nós somos uns colaboradores fieis (mercamos o xénero, expoñémolo no escaparate do NOSO LOCAL, ofrecémolo ao noso cliente) temos un trato preferente, ate nalgúns momentos sentímonos importantes dicindo aos nosos colegas “esta casa véndeme” e resulta que eles a quen lles dan o seu trato preferente é á páxina de Internet que lles liquida e... a que prezos! Digo eu que ao mellor non é tan difícil subirnos a marxe despois de ver a canto o venden nestas páxinas. Sería bo que a crise nos unira e todos reclamásemos o mesmo, que na nosa
marxe non vaia incluída o IVE que lle pertence ao cliente final. Se isto fose así faríamos bo un refrán antigo: Non hai mal que por ben non veña... Joyería Palamios (Pontevedra) www.joyeriapalamios.com T. 986 855 177
Por que? Por Sergio Pesqueira. Fillo de Rosa María Fariña Pérez, colexiada nº A0574
P
or que en ocasións pagan xustos por pecadores? Poderíamos pensar que son as cousas da vida, que é algo natural, que lle pasa a calquera... A verdade é que iso acontece na vida mesma, pero no mundo empresarial e de competencia no que vivimos cando unha empresa vai ó traste, e arrastra con ela outras tantas que as veces non teñen nin culpa, deberíamos ter en conta se aquela que provoca o efecto dominó fixo todo o posible e de xeito honorable por non prexudicar os seus empregados e colaboradores indirectos (comerciais e xoiarías), ou sinxelamente pechou a porta e foise de rosiñas. Fálovos queridos compañeiros dun empresario de reloxaría que leva deixando co cu o aire nos últimos dous anos o capital de moitas tendas do gremio. É por isto que quero dedicarlle a este gran empresario de fume unhas verbas como desafogo da miña quentura neuronal e en prol dos que seguro que seguiremos loitando a pesares dos
14
ALENTO
NUM. 5
problemas nos que nos arrastran persoas tan tan tan pobres, que so teñen diñeiro. O protagonista do meu artigo foi representado do mellor xeito posible en moitas xoiarías da nosa comunidade e en miles desta península por máis dunha década, e de dous en algúns casos, e o mellor xeito que topou para agradecernos o noso apoio comercial, capital e persoal, foi empezar a vender os seus reloxos e xoias en Internet a destro e sinistro por debaixo do custe, facéndonos competencia desleal e deteriorando a imaxe de marca adquirida cos anos. Non contento con isto, saca unhas campañas para que enchamos os nosos negocios cos últimos modelos cunhas ofertas estupendas, para acabar pechando a empresa e meténdonos un calote estupendo a cada quen máis ata o fondo... Xa o di o protagonista dunha serie de comedia: Nos fixeron Tras Tras e nos deron por...
FEBREIRO 2014
En fin, cando menos eu vendería os reloxos por Internet pero recolleríanse nas reloxarías con garantía e gañaríalle máis ca regalándollos a BuyVip, Vipventas e moitos outros, ou senón quedaríame con eles para vendelos por pezas aos establecementos comerciais e así recuperarlle máis do que custaron e posibilitar a resposta ante os clientes. Non teño máis que agradecerlle o fantástico cabreo co que marchan os clientes cando non lles podo subministrar as correas dos seus reloxos en garantía, as perdas que supón desfacerse deses reloxos, e o capital que houbo que investir noutras firmas. Con empresarios coma este seguro que saímos da crise, pero para entrar noutra irremediable. Joyería Rosant (Marín) www.joyeriarosant.com T. 986 882 461
O COXGA e FOGA, empresa de recoñecido prestixio, inician un traballo de colaboración para mellorar o día a día dos profesionais do sector. Estas páxinas de empresa son parte deste labor.
EMPRESA
A túa vitrina dixital INNOVA Actualmente, as tendencias demostran que a tecnoloxía dixital representa un vehículo de promoción cada vez máis empregado polas pequenas e medianas empresas galegas. Cada vez son máis as que deciden lanzarse ao mundo online, abrindo webs de venda directa de produtos e servizos. Pero… existe algunha especificidade aplicable á comunicación dixital no sector das xoiarías? É posible integrar as ferramentas online dentro da súa actividade diaria para sacarlles un maior partido? Como colaborador do COXGA, FOGA presenta neste breve artigo unha reflexión básica sobre esta cuestión.
FOGA conta coa súa división de negocio específica para o mundo da comunicación dixital: INNOVAonline
Os recursos dixitais, un mercado en expansión
progresivamente o resto do consumo. As vendas por internet representan xa o 14% das vendas realizadas en España (o volume de negocio creceu un 27% durante o ano 2013) e son xa máis de 12 millóns os españois compran por internet. Hoxe, unha tenda online, representa xa unha ferramenta de traballo normalizada e necesaria para as pemes galegas. Os requirimentos técnicos básicos para que un proxecto de venda online funcione son a construción dunha plataforma manexable e eficiente, segura nas transferencias económicas e capaz de adaptarse a todo tipo de dispositivos de reprodución cunha aparencia atractiva (PC, tablets, Smartphones…). Ademais, a web resultante deberá ser facilmente localizable polos clientes potenciais a través dos principais buscadores da internet (Google, Bing, Yahoo, Ask, etc.). Mais alá dos aspectos puramente técnicos, para as pemes resulta fundamental integrar as súas webs nos seus procesos de traballo diario. Isto implica unha demorada análise previa
Actualmente, o 43% das pemes galegas teñen web, o 17,28% delas están preparadas para o negocio online e até un 12% centran a súa actividade de maneira case exclusiva neste tipo de vendas. Máis alá das axudas da administración pública para a promoción das plataformas de venda en internet; son varios os factores que explican o auxe desta tipoloxía de negocio. Personalizar unha tenda online implica unha inversión económica relativamente reducida, principalmente se a compararmos con calquera outra estratexia útil para facer crecer unha rede comercial. Os coñecementos tecnolóxicos que require o manexo deste tipo de plataforma de xestión son mínimos e, pola familiarización da nosa sociedade coa internet, xa non existen moitas das barreiras psicolóxicas que, hai uns anos, facían dubidar a empresarios e comerciantes sobre a inversión neste tipo de canle de vendas. Ademais destes factores, se algo potencia a proliferación de tendas online é o feito de que o comercio electrónico continúa instalado nunha tendencia alcista; a pesar do descenAs solucións da comunicación dixital FOGA están preparadas para dar a máxima calidade nos dispositivos interactivos so que rexistra máis modernos
dos recursos con que se contan e dos obxectivos perseguidos. Un colaborador tecnolóxico experimentado é determinante para iniciar e consolidar un proxecto deste tipo. Neste sentido, a creación dunha tenda online transcende a programación web. Por este motivo, os empresarios consideran que contar con provedores especialistas en comunicación, plenamente asentados no mercado e cunha estrutura sólida, representa un valor engadido á introducir novos procesos tecnolóxicos nos seus negocios. Pero… como podemos integrar plenamente unha web de venda online dentro do día a día dunha xoiaría?
A integración da comunicación dixital no negocio da xoiaría Desde a perspectiva do Departamento de Comunicación e Marketing de FOGA, unha tenda online pode e debe ofrecer, aos profesionais do sector da xoiaría, máis beneficios e recursos dos que inicialmente agardaría dunha plataforma deste tipo un comerciante convencional. Ademais de vender online; unha xoiaría debería sacar partido tamén á súa plataforma de negocio dixital no proceso de atención ao cliente en tenda. Unha web de comercio electrónico integra un Catálogo Dixital que representa un escaparate de dimensión ilimitadas, adaptable pola súa interactividade aos gustos e necesidades de cada cliente. É por este motivo polo que, desde
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
15
O COXGA e FOGA, empresa de recoñecido prestixio, inician un traballo de colaboración para mellorar o día a día dos profesionais do sector. Estas páxinas de empresa son parte deste labor.
EMPRESA
FOGA deseña solucións a medida de cada cliente en función das necesidades específicas do seu negocio
Tablet). A visualización neste tipo de dispositivos do Catálogo Dixital, representa para os profesionais da venda de xoias unha ferramenta útil para asesorar aos seus clientes. Unha primeira toma de contacto virtual co produto, máis rápida e eficaz, reduce a manipulación de mostrarios físicos á daqueles que realmente interesan ao cliente. Ademais, e nesta mesma liña de actuación, FOGA considera altamente aconsellable que as xoiarías integren tamén nas súas instalacións un segundo dispositivo interactivo, con soporte fixo, habilitado para a consulta libre. Este segundo punto de consulta presenta a utilidade de que os clientes poidan familiarizarse co catálogo de produtos durante o tempo en que agardan para seren atendidos, tornándose así a súa espera máis amena e produtiva. Finalmente, outra virtude que buscan os empresarios nos seus colaboradores tecnolóxicos é a calidade do produto. Precisamente, este factor é o que fai posible a concepción máis vangardista da “Vitrina Dixital”. FOGA como principal socio en Galicia para o A pantalla táctil interactiva Samsung NL22B, que funciona negocio profesioco toque dos dedos, ofrece unha experiencia atractiva nal (Business-toe mellorada aos clientes o Departamento de Comunicación e Marketing de FOGA, se recomenda integrar nas xoiarías soportes de comunicación dixital que permitan rendabilizar ao máximo as virtudes deste tipo de repositorios virtuais de produtos. Con esta intención, nace o concepto que definimos como “Vitrina Dixital”, que comprende diferentes tipos de pantalla que teñen como obxectivo captar a atención do cliente e dinamizar a súa experiencia de coñecemento da mercancía na propia tenda. Ademais da xa coñecida Cartelería Dixital, que permite exhibir e xestionar contidos publicitarios mediante pantallas LED de gran formato; FOGA propón aproveitar a potencia dos repositorios web mediante a introdución de dispositivos móbiles interactivos en mostrador (Tecnoloxía
16
ALENTO
NUM. 5
FEBREIRO 2014
business) da multinacional Samsung, garante aos seus clientes o acceso inmediato aos avances xerados por esta compañía líder no desenvolvemento de tecnoloxía dixital. Mostra disto é a pantalla transparente Samsung NL22B, que dispón dun delgado panel LCD que permite visualizar imaxes e animacións interactuando cos produtos expostos no interior das vitrinas. En definitiva, antes de abrir unha tenda online ou de implantar nun negocio outra ferramenta tecnolóxica; recoméndase contar cun asesoramento profesional que, máis alá de prescribir a compra dun produto concreto, centre os seus esforzos en como integrar os novos recursos nos procesos produtivos da propia empresa. Tomando o exposto como punto de partida, os asesores tecnolóxicos FOGA preténdense unha garantía de valor engadido para o COXGA e os seus asociados; implicándose no deseño de solucións personalizadas para mellorar a comunicación cos seus clientes e, en consecuencia, os resultados dos seus negocios. Carlos González – Responsable de Comunicación de FOGA Para máis información sobre solucións da comunicación en internet: www.innovaonline.foga.es Para máis información sobre FOGA: www.foga.es
FORMACIÓN
Excelencia na atención
Maria Gomes Consultora en xoiaría, Allariz (Ourense) T. 687 698 714 jewels.mgomes@gmail.com
A crise que asola España non é moi diferente doutras crises vividas, e que aínda prevalecen noutros países, principalmente no continente suramericano.
D
icir que a crise é algo bo parece masoquismo, pero se o analizamos desde outro punto de vista, darémonos conta de que só en momentos de convulsión se producen cambios. O sector xoieiro en España, salvo algunhas excepcións, é tradicionalista e retrógrado. Pensouse, durante moito tempo, que a oferta de produtos de calidade a prezos competitivos era suficiente para prosperar; gran engano, converteuse máis que nunha obrigación: é condición sine qua non para sobrevivir no mercado. O sector necesita novos aires, aproveitar a crise e usala como unha oportunidade máis. Como dato curioso, o ideograma chinés de crise é o mesmo que representa a oportunidade, todo depende do contexto. Queda claro, non? Entón, mans á obra e comezamos. Como mellorar a produtividade? É fundamental, antes de cada traballo, sinalar as dificultades, os puntos fortes, os fracos, saber o que se quere cambiar e o que precisamos mellorar porque a partir diso pódese elaborar un proxecto a medida. Tamén é importante, para que os cambios sexan efectivos, o total compromiso do empresario co proxecto e co consultor. Debe estar atento ás oportunidades de negocio e preocuparse por introducir melloras nos produtos e servizos. Vou citar algúns puntos en relación ao persoal de vendas e ao espazo físico, que aínda que parezan obvios, en moitos casos é sorprendente o descoido dalgúns deles. Cando un cliente escolle unha ou outra tenda fai unha elección inconsciente. Tal vez mire a fachada ou un anuncio emitido nalgún medio. Escoitou falar da marca ou
sentiuse atraído polo escaparate. Pode que veña a facer unha nova compra ou simplemente atraído pola xoiaría. Sexa cal sexa o motivo, o certo é que a aparencia é fundamental. Ese momento inconsciente é moi rápido pero o que fai que ao cliente lle guste quedar no local son factores que se poden controlar. Se cando entra ve unha tenda limpa, ordenada, piso impecable, boa iluminación ambiental, olor agradábel, persoal ben preparado, seguramente o cliente se sentirá cómodo e quedará. Cando o cliente mira para un vendedor, este último reflexa a imaxe do produto que quere mercar e do establecemento que o recibe.A súa análise divídese en dúas partes: unha simplemente física, como pode ser a roupa, zapatos, perfume, cabelo, alento ou mans. Outra moi impor-
tante é a expresión corporal, da que podemos citar: actitude, sorriso, mirada, voz, xestos e receptividade. Cada un destes puntos merécese pararnos en detalle e así o faremos máis adiante. 1º O persoal de vendas debe coñecer profundamente as xemas, os metais, os procesos empregados na realización das xoias e todo o simbolismo que impregna o mundo da xoiaría. O coñecemento da mercancía é unha ferramenta valiosa e útil pero, sobre todo, o vendedor debe ser capaz de identificar cales son os motivos que levan a cada consumidor a mercar xoias e cales son os beneficios que a empresa lle pode ofrecer ao cliente. Así mesmo, debe coñecer a filosofía da empresa para que o cliente se sinta satisfeito da súa elección, estimulando o seu desexo de mercar xoias e garantindo que volva á tenda. 2º Como saber o que quere e necesita o cliente? Escoitar é unha arte, pero saber preguntar tamén. Débense facer preguntas intelixentes que leven a extraer información útil e escoitar con moita atención; facer o posible por saber cales son as necesidades do cliente, que produto quere e se o pode pagar. Unha actitude vital no proceso de venda consiste en enumerar as ofertas segundo a verdadeira importancia do produto: o seu valor, non o seu prezo. Canto custa? O prezo é o que custa o produto, o valor son todos os beneficios co valor engadido. Ademais de detallar aspectos xa mencionados, hai outros puntos importantes como a mercancía e o produto, que serán o tema das próximas edicións de Alento.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
17
FORMACIÓN
Cambiar as luces do escaparate por leds non é suficiente
Texto: Luis González Bahamonde Colexiado nº E0519 Ardentia Xoiajeweljoya www.ardentia.es
Ardentia, Colección Idoia, outono 2013
X
a temos asumido a incorporación das novas tecnoloxías no noso día a día como algo normal no noso entorno persoal, de maneira que podemos encontrarnos que somos moitas as persoas que temos un bo e moderno televisor de leds, ou un moderno móbil de última xeración (aínda que probablemente non cheguemos a utilizar nin tan sequera o 60% das súas capacidades), mentres, polo contrario, no noso entorno profesional só son unhas poucas empresas de perfil innovador as que incorporan as novas tecnoloxías aos seus procesos de traballo. A través deste tipo de decisións convértense en empresas de referencia con certa inmunidade á crise e ao desalento. Resulta curioso ver que, pese a que estas empresas son un claro exemplo, o resto prefire facer o que fai a maioría ao seu redor e, como consecuencia, innovan pouco e quéixanse moito... O deseño 3D, o corte por láser, o prototipado rápido ou o ultimísimo sintetizado láser, son algúns dos innovado-
18
ALENTO
NUM. 5
res procesos produtivos que chegaron aos nos talleres e ao sector para quedarse e transformalo; darlles as costas significaría quedarse desfasado en calquera dos apartados que configuran o mundo xoieiro, da igual que sexas un comercial, un retallista, un maiorista ou un profesional da astillera, se non és consciente do cambio que se está desenrolando ao teu redor, está claro que, no mellor dos casos, perderás oportunidades. Por outro lado, o uso de catálogos dixitais, Internet, tendas online, blogs, redes sociais como Instagram, Pinterest ou LinkedIn, por exemplo, permítenos proxectar o noso perfil e o da nosa empresa, dando a coñecer as nosas capacidades e os nosos produtos, permitíndonos colaborar ou vender en calquera parte do mundo, sen ter que levar un mostrario físico... Outras tecnoloxías, por exemplo, permítenos manter vídeo-conferencias desde unha tablet con tecnoloxía económica e sinxela, permitindo grandes aforros en tempo e car-
FEBREIRO 2014
tos ao evitar desprazamentos innecesarios para manter reunións. Sen embargo, unha vez máis, é o contexto económico actual o que fixo que a orientación ao cambio das nosas empresas sexa imprescindible e as novas tecnoloxías son as ferramentas fundamentais que nos van facilitar ese cambio de maneira áxil, manexando a información dos nosos negocios de maneira inmediata e, xunto coa nosa intuición de emprendedor, permitirannos ver as novas oportunidades que nos presenta o mercado . Ser innovador leva a unha actitude cara o cambio; cambiar as luces do escaparate por leds non é suficiente e vender o mesmo ca todos tampouco parece o mellor camiño. Hai que darlle personalidade aos nosos negocios e interactuar coas novas tecnoloxías vainos mostrar camiños alternativos e vainos afastar daqueles que están máis trillados... en definitiva, os nosos negocios necesitan cambios e as novas tecnoloxías son iso... cambios en potencia...
COXGA
V edición do concurso de deseño infantil “Deseña unha xoia para a túa nai”
X
a estamos coa quinta convocatoria do concurso do Día da Nai. Para as persoas que aínda non teñen a sorte de saber en que consiste, resumimos aquí a súa esencia (neste número de Alento publicamos tamén as bases e o listado de Establecementos colaboradores): Distribuímos uns dípticos para que os nenos e as nenas de ata 12 anos poidan debuxar a xoia que imaxinan poder agasallar á súa nai. Entre todas as propostas recibidas (no 2013 foron unhas 8.000!), o xurado escolle 80 deseños finalistas e 12 gañadores. Estes últimos reciben como premio a xoia do seu deseño (realizada por xoieiros colexiados). Os finalistas tamén teñen regaliños, e están convidados á entrega que facemos poucos días antes da celebración do día da nai, para que poidan ter o seu agasallo.
Vocabulario para entender mellor o concurso: Acto de entrega: o venres 25 de abril 2014, en Santiago de Compostela, entréganse os premios e as xoias Categoría: temos 4 categorías, repartidas por idade e 3 premios para cada categoría (ver bases) Data límite participación: martes 25 de marzo 2014 (ese día incluído) Díptico: cartón no que se deseña a xoia Establecemento colaborador: establecemento dun profesional colexiado que reparte os dípticos e tamén recolle os debuxos para mandalos á oficina do COXGA. Recoñécese pola pegatina no seu escaparate.
Establecemento patrocinador: establecemento que financia a fabricación da xoia dun dos debuxos gañadores Fabricante: fabricante de xoiaría que reproduce nunha xoia un dos 12 debuxos gañadores Finalistas: son os debuxos dos 80 nenos ou nenas que foron seleccionados polo Xurado Gañadores: son os debuxos dos 12 nenos ou nenas que gañaron a realización do seu deseño nunha xoia Idade máxima: 12 anos é a idade máxima que temos para participar neste concurso Participantes: son os miles de nenos e nenas de toda Galicia que nos envían o seu debuxo Xurado: o xurado do concurso do Día da Nai sempre está composto por profesionais do sector, patrocinadores e fabricantes, así como por profesionais recoñecidos do sector da arte e do deseño. Na edición do 2013 houbo moi boa interacción entre os nosos Establecementos colaboradores e os colexios de toda Galicia.Varios colexiados nos contaron que se achegaron ate as aulas para explicarlles aos nenos e ás nenas como son as xoias, como é o traballo dun profesional da xoiaría e contestaron a todas as dúbidas das e dos pequenos deseñadores. Incluso houbo visitas organizadas a tendas ou a obradoiros. Esperemos que este ano se repita esta experiencia de colaboración e que non quede ningunha pregunta sobre a xoiaría por contestar nunha clase. Temos que saciar a curiosidade dos nosos pequenos deseñadores e dar cabida á súa creatividade, que é enorme, como podemos comprobar nos miles de debuxos que nos chegan cada ano. Aproveitamos para agradecer a todos os profesionais da ensinanza que organizan actividades para que os nenos e as nenas poidan descubrir a riqueza do deseño dunha xoia e desta profesión e tamén a todos estes profesionais que están pendentes do concurso. As fotos do ano pasado (deseños finalistas, gañadores, xoias realizadas e entrega) están dispoñibles nos albumes do Facebook do COXGA. Para calquera outra información, o correo prensa@coxga.es está á vosa disposición.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
19
COXGA 2014 - Bases completas do V Certame “Deseña unha xoia para a túa nai” O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia convoca, para o 2014, a V edición do Certame Deseña unha xoia para a túa nai. 1.- Participantes O concurso está aberto a nenas e nenos de Galicia, de 0 a 12 anos (inclusive) e divídese en catro categorías: • Ata os 4 anos incl. • De 5 a 7 anos incl. • De 8 a 10 anos incl. • De 11 a 12 anos incl. 2.- Premios O xurado seleccionará 80 deseños finalistas, 20 por categoría, aos que se lles outorgará un diploma acreditativo da participación. Entre os finalistas de cada categoría entregaranse tres premios (1º, 2º e 3º premio): os deseños gañadores de cada grupo faranse realidade por xoieiros profesionais, no metal que estes entendan idóneo, e serán entregados aos seus autores antes do día da Nai. A xoia final, cando a execución técnica da peza así o requira, será unha interpretación do profesional que a realice. 3.- Desenvolvemento do certame • A partir do luns 20 de xaneiro 2014, o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (en adiante COXGA) comezará a distribuír dípticos de participación. Poderán descargarse igualmente da web do COXGA: www.coxga.es • Os debuxantes deberán deseñar no espazo en branco reservado no díptico e cubrir todos os datos requiridos na ficha de participación. • O prazo de presentación dos deseños é do luns 20 de xaneiro ao martes 25 de marzo 2014, en calquera dos Establecementos Colaboradores (listado completo publicado na web) e na sede do COXGA: www.coxga.es COXGA rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) •C ada participante poderá presentar un único deseño. • Aínda que, pola natureza do premio, se requira que a participación sexa individual, para facilitar a entrega, os colexios ou profesores poderán remitir nun único envío os deseños correspondentes aos seus alumnos. • A partir do 26 de marzo, reunirase un xurado composto polas persoas que se determinarán con anterioridade (profesionais do sector da xoiaría, educación, prensa e do mundo da arte). • Tomando como base para a súa valoración a creatividade do autor e a súa capacidade para representar a peza no deseño, a viabilidade da súa execución, dacordo coa súa idade, os membros do xurado seleccionarán 20 debuxos finalistas por categoría e de entre estes elixirán os 3 deseños gañadores de cada grupo, correspondentes ao 1º, 2º e 3º premio. 20
ALENTO
NUM. 5
FEBREIRO 2014
• A decisión adoptada por maioría do xurado será inapelable. • A entrega de premios farase en Santiago de Compostela, o venres 25 de abril 2014. Para máis información, consultar a páxina web do COXGA: www.coxga.es que estará constantemente actualizada. 4.- Aceptación das bases e notas aclaratorias • Os autores e, no seu nome os seus titores/representantes legais, aceptan expresamente cumprir todas e cada unha das bases deste concurso. O seu incumprimento dará lugar á exclusión do participante do certame. • Os datos dos participantes serán incorporados a un ficheiro de titularidade do COXGA, que tratará para a organización e xestión do concurso. Poderanse exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación dirixindo un escrito ao COXGA. rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) • Os nomes e imaxe dos participantes, profesores e centros escolares, poderán ser obxecto de comunicación pública nas accións que o COXGA poida levar a cabo relacionadas co certame. • Todos os participantes ceden ao COXGA o uso e explotación dos debuxos e deseños presentados, que poderán ser obxecto de reprodución, recreación, para a súa exposición e/ou difusión pública por calquera medio de comunicación. • Os profesionais da xoiaría, que executen as pezas, ceden ao COXGA todos os dereitos de explotación das xoias elaboradas a partir dos debuxos e deseños dos participantes. • Os deseños premiados quedarán en propiedade do COXGA. Os demais presentados poderán ser retirados na oficina do Colexio, devolvéndose á mesma persoa que os presentou, previa comprobación da súa identidade e previo aviso á oficina. Para o caso de deseños remitidos en envíos conxuntos dende un centro escolar, poderá solicitarse a devolución do mesmo xeito. • O prazo de solicitude de devolución será dun mes dende a data da entrega de premios, transcorrido o cal, procederase á destrución das tarxetas non recollidas. • O COXGA resérvase a interpretación das presentes bases, prevalecendo o seu criterio en caso de discrepancia. • O COXGA resérvase o dereito a introducir unha nova categoría de premios, ademais dos previstos, en base á participación. Santiago de Compostela, a 14 de xaneiro do 2014 Información, bases e fotos das edicións anteriores en www.coxga.es e no facebook do Colexio Oficial de Xoiaría
COXGA Establecementos colaboradores
nome comercial
enderezo
CP
poboación
provincia tlf
Ferpe Joyeros
avda. dos Mallos, 80
15007
A Coruña
(A Coruña)
981 234 039
Joyería Urribarri
Posse, 39
15009
A Coruña
(A Coruña)
981 289 009
Serviwatch Suiza
avda. Rubine, 17
15004
A Coruña
(A Coruña)
981 925 529
Alca Joyeros
avda. de Lugo, 3
15810
Arzúa
(A Coruña)
981 508 190
Barbanza Joya Boiro
rúa Robustiano Pérez del Río
15930
Boiro
(A Coruña)
982 820 260
Joyería Calvelo
Fomento, 1
15100
Carballo
(A Coruña)
981 703 057
Joyería Pumar
avda. da Constitución, 34
15360
Cariño
(A Coruña)
981 405 262
Joyería Relojería Farruco
Ezequiel López, 19
15350
Cedeira
(A Coruña)
981 480 369
Barbanza Joya Cee
C. Ccial. Finisterrae, s/n.
15270
Cee
(A Coruña)
985 820 260
Rosende Joyeros
Magdalena, 116
15402
Ferrol
(A Coruña)
981 355 056
Atempo Alfonso
C.Ccial. NovoMilladoiro
15895
Milladoiro – Ames
(A Coruña)
881 939 569
Barbanza Joya Noia
rúa Montero Ríos, 13
15200
Noia
(A Coruña)
981 820 260
Joyería Barreiro
rúa Comercio, 17
15200
Noia
(A Coruña)
981 820 795
Joyería Petisco
rúa do Cantón, 9
15200
Noia
(A Coruña)
981 820 394
Alfonso Joyeros - Ordes
Alfonso Senra, 126
15680
Ordes
(A Coruña)
981 680 283
Joyería – Relojería Jesús Manuel
Estr. Xeral, 63
15330
Ortigueira
(A Coruña)
981 400 193
Barbanza Joya Padrón
rúa Real, 26
15900
Padrón
(A Coruña)
984 820 260
Barbanza Joya Ribeira
rúa Galicia, s/n. (esq. Rosalía de Castro)
15960
Ribeira
(A Coruña)
983 820 260
Alfonso Joyeros
Alfredo Brañas, 6
15701
S. de Compostela
(A Coruña)
981 942 375
Alfonso Joyeros-Area Central
C. Ccial. Área Central
15707
S. de Compostela
(A Coruña)
981 560 233
Atempo Alfonso-Area Central
C. Ccial. Área Central, L11 E
15707
S. de Compostela
(A Coruña)
981 936 072
Atempo Alfonso-As Cancelas
C. Ccial. As Cancelas
15703
S. de Compostela
(A Coruña)
881 939 604
Caldereria 33 - Xoiería
rúa Calderería, 33
15703
S. de Compostela
(A Coruña)
981 562 030
F. Munín Joyeros
rúa da Angustia, 7
15703
S. de Compostela
(A Coruña)
981 570 890
Joyería Gerardo
Rúa Hórreo, 68
15702
S. de Compostela
(A Coruña)
981 565 531
Joyería Jael
General Pardiñas, 7
15701
S. de Compostela
(A Coruña)
981 576 895
Joyería Regueira
Acibechería, 9
15704
S. de Compostela
(A Coruña)
981 583 627
Joyería Suárez
Frei Rosendo Salvado, 9
15701
S. de Compostela
(A Coruña)
981 599 318
Platacero by Barbanza Joya
C. Ccial. As Cancelas
15703
S. de Compostela
(A Coruña)
987 820 260
Joyería Fernández
Linares Rivas, 29
15160
Sada
(A Coruña)
981 620 129
Barbanza Joya Santa Comba
Ferradura, 1
15840
Santa Comba
(A Coruña)
986 820 260
Abella Taller de Joyería
avda. Arcadio Pardiñas, 81 - baixo 2
27880
Burela
(Lugo)
690 128 285
Honorino Freire Joyería
rúa Cruz, 15
27001
Lugo
(Lugo)
982 253 317
Joyería Jael
Praza de Ángel Fdez. Gómez, 1
27001
Lugo
(Lugo)
982 246 835
Joyería Pimar
Galerías Campo Castelo, L. 8-9
27001
Lugo
(Lugo)
982 228 285
Joyería Domingo
rúa Cardenal, 16
27400
Monforte de Lemos
(Lugo)
982 402 714
Joyería Díaz
Calvo Sotelo, 28
27600
Sarria
(Lugo)
982 530 535
Joyería Víctor Mato
rúa da Pravia, 29
27800
Vilalba
(Lugo)
982 510 652
Xoiería Atica
Xosé María Chao Ledo, 17
27800
Vilalba
(Lugo)
982 510 809
Oscar Rodríguez Joyeros
avda. Cervantes, 5-7
27850
Viveiro
(Lugo)
982 550 057
Joyería Peares
avda. Caldas, 29
32001
Ourense
(Ourense)
988 214 373
Joyería Suiza
Santo Domingo, 60
32004
Ourense
(Ourense)
988 233 778
Joyería Castro
Pazos Fontenla, 58
36930
Bueu
(Pontevedra)
986 321 449
Joyería Enrique Avilés
rúa Eugenio Sequeiros, 7
36940
Cangas do Morrazo
(Pontevedra)
986 304 257
Joyería Fernández
rúa Eugenio Sequeiros, 28
36940
Cangas do Morrazo
(Pontevedra)
986 300 490
Cristina Gestal Joyería
avda. Elduayen, 4
36380
Gondomar
(Pontevedra)
986 389 464
Joyería Rosant
rúa Real, 29
36900
Marín
(Pontevedra)
986 882 461
Joyería Boucelas
Concepción Arenal, 68
36940
Moaña
(Pontevedra)
986 315 359
Joyería Covelo
rúa Manuel Rodríguez, 16
36400
O Porriño
(Pontevedra)
986 330 329
Joyería Ferse
Daniel de la Sota, 10
36001
Pontevedra
(Pontevedra)
986 851 591
Joyería Palamios
Rosalía de Castro, 40
36001
Pontevedra
(Pontevedra)
986 855 177
Xoiería Eulogio
rúa do Progreso, 2
36540
Silleda
(Pontevedra)
986 580 062
Joyería Antonio
Praza América - C.Ccial., 3 - Local 9
36211
Vigo
(Pontevedra)
986 294 147
Sujapón
avda. de Florida, 2b
36210
Vigo
(Pontevedra)
986 207 478
Veiga Joyeros
rúa Conde Torrecedeira, 31
36202
Vigo
(Pontevedra)
986 291 837
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
21
COXGA RESPONDE
O coxga responde 1)
eño unha xoiaría e recibín unha chamada do T “Departamento de Seguridade no Traballo” dunha empresa, na que se me informaba da obriga de realizar un curso en materia de Emerxencias, Primeiros Auxilios e Loita Contraincendios, ameazándome con graves sancións en caso de non realizar a formación. Estou obrigado a realizar ese curso? Non, esta formación específica está reservada para empresas que leven a cabo determinadas actividades. Agora ben, toda empresa que teña algún traballador por conta allea ou asalariado está obrigada a implantar a Prevención de Riscos Laborais, en cuxo caso a formación obrigatoria pode ser impartida pola empresa de Prevención de Riscos Laborais.
luntariamente, entregouse o venres 7 de febreiro, en Celanova, a Oscar Penín Alvarez, en Rafa Xoiería. O número do seu boleto é o 11084.
2) R ecibo
demasiados correos electrónicos e non teño tempo de lelos todos.
4) Como propietario dunha xoiaría, estou obrigado
Temos a veces esta contestación cando lle preguntamos a algún colexiado se tivo tempo de ler o correo que lle enviamos. Pois efectivamente, cada persoa pode recibir moitos correos nunha conta, sexan persoais, profesionais, de publicidade, é dicir, se utilizamos a mesma conta de correo para recibir todas as comunicacións podemos saturarmos. Por iso aconsellamos ter contas distintas segundo a súa utilización. Non deberíamos recibir correos de publicidade ou listas de divulgación non solicitadas nunha conta que usamos exclusivamente para o traballo. Se xa non dispoñedes de contas no voso dominio de web, non dubidedes en utilizar os provedores gratuítos e así ter os vosos correos ben ordenados e estar seguros de non perder ningunha información de interese para o voso negocio. Non vos quededes atrás por falta de organización. Sería unha mágoa.
3) O nde tocou o diamante sorteado na campaña de
Nadal? O sorteo do diamante na campaña de nadal, que se fixo coa colaboración económica dos colexiados que participaron vo-
22
ALENTO
NUM. 5
FEBREIRO 2014
a dispor no meu establecemento das follas de reclamacións? Onde podo adquirilas? Si, está obrigado a dispor das follas de reclamacións e tamén do cartel anunciador da existencia delas, colocado na zona de maior concorrencia de público, no que figure de forma lexible, en polo menos galego, castelán e inglés «Existen follas de reclamacións a disposición do consumidor ou usuario» (o tamaño da letra debe ser como mínimo de 7 mm). A entrega das follas de reclamacións a un consumidor ou usuario é obrigatoria e gratuíta. Pódense adquirir nos servizos centrais e provinciais do Instituto Galego de Consumo, previo pago do prezo correspondente. Pode informarse do enderezo dos diferentes servizos en www.igc.xunta.es Recordámoslle que o COXGA pon a disposición dos colexiados que o soliciten algúns exemplares de forma gratuíta.
COXGA
5) Neste
número de Alento publícase o listado de Establecementos colaboradores na V edición do Concurso do Día da nai. Que teño que facer para aparecer neste listado? Desde a oficina do Colexio Oficial de Xoiaría envíanse comunicados aos colexiados con todas as accións e actividades levadas a cabo. Procede ler estas circulares para estar sempre informado e poder participar nas que interesen. No panel reservado aos colexiados, na web do COXGA www.coxga.es tamén está toda a información que se envía desde a oficina. Neste caso, rematou o primeiro prazo o 9 de xaneiro e o segundo o 16 de xaneiro. O listado que figura na páxina web pode actualizarse, polo que aínda estades a tempo de incorporar o voso establecemento se así o desexades.
8) Quero
contratar unha persoa, pero non desexo que se saiba o nome da miña empresa. Pode o COXGA axudarme nesta tarefa? Si, o Colexio ofrece a posibilidade de publicar e difundir a través das circulares, páxina web e redes sociais, as ofertas de emprego que nos comuniquen os colexiados, contando coa discreción solicitada. Ademais, para unha maior comodidade o COXGA pon ao servizo dos colexiados a recepción de candidaturas (Currículums e cartas de presentación) que logo remite ao colexiado solicitante. Tamén é posible utilizar espazo da oficina para as entrevistas presenciais.
9) Que
debo facer para formar parte das xoiarías amparadas por Galicia Calidade?
6) Cales son os cursos previstos para o 2014? Os cursos nos que se está traballando no COXGA para este ano son: atención excelente ao cliente estilismo para xoiaría iniciación ás redes sociais motivación paquetería reloxaría Ademais, seguimos atendendo solicitudes particulares que chegan á oficina do Colexio sobre o interese de cursos polo que non dubidedes en comunicarnos a vosa necesidade.
Agora mesmo Galicia Calidade ampara xoias ou coleccións de xoias, realizadas integramente en Galicia e que cumpren os requisitos asinados no correspondente Convenio, que está á disposición dos colexiados. No peche deste Alento, xa teñen xoias ou coleccións amparadas por Galicia Calidade as seguintes empresas: Ardentia, Fink Orfebres, Orfega, Oscar Rodríguez Joyeros, Piropo Joyas e Unión Joyera de Bergondo. Na Galería da web do COXGA están dispoñibles fotos das xoias amparadas por Galicia Calidade e na oficina estamos á vosa disposición para calquera aclaración.
7) Recibo
10) A
ofertas de empresas sobre unha formación obrigatoria en prevención de branqueo de capitais, insistindo en que debo facer un curso. Efectivamente, a lei 10/2010, de 28 de abril, de prevención de branqueo de capitais, recolle a obriga de realizar cursos de formación pero atendendo ás particularidades do sector, a AEJPR (Asociación Española de Joyeros, Plateros y Relojeros), portavoz a nivel estatal do sector ante as autoridades competentes, solicitou unha adaptación do Regulamento para lograr que o cumprimento desta normativa sexa máis práctico e áxil. Por este motivo, o COXGA súmase á recomendación da AEJPR, de esperar a aprobación do regulamento, xa que sabemos que cambiará a normativa e non servirá o curso ofertado actualmente polas consultoras. Temos o borrador do Regulamento á disposición dos colexiados.
venda dun lingote de ouro a un particular está exenta de IVE? Estará exenta de IVE só cando o lingote que venda cumpra as características do ouro de inversión: lei igual ou superior a 995 milésimas e cuxo peso se axuste ao disposto na Lei de IVE. Ademais, ao ser o adquirente un particular, este non poderá renunciar a exención de IVE.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
23
NORMATIVA por J. Carlos García Cumplido (asesor xurídico do COXGA)
Son autónomo, propietario dunha xoiaría, estou obrigado a cumprir coa Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD)? En caso afirmativo, que teño que facer para cumprir coa LOPD?
Toda empresa, sexa persoa física (autónomo) ou xurídica (sociedade), que trate datos de carácter persoal (de empregados e/ou clientes) está obrigada a cumprir coa LOPD.
A
sí, se na súa xoiaría recolle e trata datos persoais (nome, apelidos, enderezo postal, correo electrónico, número de teléfono, número da seguridade social...) está usando datos que identifican a unha persoa (directa ou indirectamente) e, por tanto, debe cumprir coas obrigas establecidas na LOPD. Desde un punto de vista empresarial, as obrigas do responsable (empresario) divídense, con carácter xeral, en tres apartados: 1) N otificación: A empresa debe notificar á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), os ficheiros, con datos de carácter persoal dos que é propietaria, así como calquera variación destes datos informados na súa creación: cambio de titularidade, de finalidade de arquivo, da súa situación física, etc. 2) O btención de consentimento: A lei establece que para obter e almacenar os datos persoais de clientes, empregados, etc. débese contar coa súa autorización, sen poder, en ningún caso, facer un uso fraudulento, abusivo e ilícito dos mesmos. Salvo nos casos especiais, definidos por lei, este consentimento será libre, específico, informado e inequívoco. Así mesmo, a lei entende que a partir desta información, o afectado é consciente e toma coñecemento da existencia do tratamento que se vai realizar, sen que deba mediar consentimento expreso, salvo na recollida de datos sobre saú-
24
ALENTO
NUM. 5
de ou expresamente e por escrito nos casos que teñen que ver con ideoloxía e afiliación. 3) P rotección dos datos: o ficheiro ou ficheiros de datos debe estar protexido física e tecnolóxicamente e cumprir os criterios de confidencialidade, exactitude e dispoñibilidade. A información só debe ser accesible por persoas autorizadas e só pode sufrir modificacións autorizadas. Os pasos a seguir para o correcto proceso de implantación da LOPD e o correspondente rexistro de ficheiros serían: 1) Identificación dos ficheiros que conteñan datos de carácter persoal (empregados, clientes, etc.) 2) Identificación do nivel de seguridade que se lles aplica 3) Identificación do Administrador do ficheiro 4) Elaboración do Documento de Seguridade 5) Formación do Responsable do Ficheiro 6) Información aos propietarios dos datos, sobre a existencia dos ficheiros 7) Inscrición dos ficheiros no Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos A notificación á AEPD require seguir uns pasos moi sinxelos e non é indispensable a contratación dunha empresa externa.
FEBREIRO 2014
A inscrición do ficheiro ou ficheiros dos que a empresa é titular, así como a posterior modificación ou supresión da inscrición na AEPD debe efectuarse, de forma gratuíta, a través do formulario electrónico NOTA (Notificación Telemática da AEPD). Este formulario permite a presentación a través de Internet con certificado de firma electrónica ou, se non se dispón de firma electrónica, a presentación da notificación a través de Internet (envío da folla de solicitude asinada á AEPD) e optar polo modo de presentación en soporte papel. Debe ter en conta que cando recolla datos persoais para a súa incorporación a un ficheiro, é obrigatorio informar de forma visible, en todos os formularios, contratos, cupóns, etc. nos que se recolla información privada, da existencia do ficheiro, da finalidade de recollida dos datos así como dos dereitos dos que se dispoñen (acceso, rectificación, cancelación e oposición). Ademais, para garantir a seguridade dos datos, debe elaborar o “Documento de seguridade” e adoptar as medidas precisas en función do nivel de seguridade do ficheiro (básico, medio ou alto) para evitar a perda, alteración, tratamento ou aceso non autorizado: observar e cumprir medidas de seguridade no acceso físico ás instalacións ou aos equipos onde se almacena a información, formación das persoas que accedan aos datos e protección tecnolóxica no uso de cla-
COXGA
Lexislación: ves ou contrasinais, programas antiespías, etc. Para o caso en que a súa empresa teña datos cualificados de nivel medio e/ou alto, a empresa terá a obriga de facer auditorías, cada dous anos, como mínimo, e sempre que realice algún cambio nos sistemas de información. Esta auditoría pode realizarse de forma interna ou externa e finalizará cun Informe que determinará se a empresa se adecúa ou non á Lei, e no caso de non cumprir, indicará cales son as deficiencias e recomendará as medidas correctoras necesarias. Este informe será revisado polo Responsable de Seguridade, que elevará as conclusións ao Responsable de Ficheiro para que elixa as medidas correctoras necesarias, quedando este informe a disposición da AEPD e das autoridades de control de cada Comunidade Autónoma. Se a súa xoiaría xa conta cun sistema de vídeo vixilancia é importante
- Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de que Protección de Datos de Carácter Persoal. lembre o exR eal Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, posto no nº 2 da revista polo que se aproba o Regulamento de desenroAlento respecto á consilo da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, deración da imaxe dunha de protección de datos de carácter persoal. persoa como dato persoal. I nstrución 1/2006, de 8 de novembro, da AEPD, Neste senso, debe: sobre o tratamento de datos persoais con fins • c olocar un distintivo de vixilancia a través de sistemas de cámaras ou informativo nun lugar videocámaras suficientemente visible que deberá incluír unha referencia á Lei mación, posibilidade de exercitar os Orgánica 15/1999 de Protección de dereitos de oposición, acceso, rectiDatos, mencionar a finalidade para a ficación e cancelación, identidade e que se tratan os datos (zona vídeo dirección do responsable do tratavixiada) e identificar ao responsable mento). ante o que se poden exercitar os dereitos de oposición, acceso, cancelación e rectificación. • t er á disposición dos interesados os impresos nos que se detalle a información prevista na Lei 15/1999 (existencia de ficheiro, finalidade do tratamento de datos, destinatarios da infor-
Glosario e enlaces prácticos: AEPD: Axencia Española de Protección de Datos LOPD: Lei Orgánica de Protección de Datos NOTA: Notificacións Telemáticas á AEPD Web Axencia Española de Protección de Datos: www.agpd.es Evalúa: Servizo da AEPD para avaliar o nivel de seguridade requirido: www.servicios.agpd.es/Evalua/home.seam O logo de acceso a Evalúa aparece agora mesmo na marxe dereita da páxina de inicio da AEPD (www.agpd.es).
Comprobación de ficheiros xa rexistrados: www.agpd.es/portalwebAGPD/ficheros_inscritos/titularidad_privada/index-ides-idphp.php Se a entidade ten os seus ficheiros rexistrados, aquí aparecerán detallados o número e o contido (accesible igualmente desde a páxina de inicio da AEPD, en “Canal del responsable”). Os profesionais colexiados poden contactar coa oficina do COXGA para calquera aclaración ou asesoramento na tramitación de alta do formulario NOTA para o nivel de seguridade básico.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
25
TENDENCIAS
“Orquídea Radiante”
Texto e imaxe: Katuxa Platero Seoane, colexiada nº A0804 www.katuxaplatero.com T. 981 576 506
Como cada ano, Pantone elixe a cor de tendencia e este ano a cor premiada é orquídea radiante, que ven sendo unha cor entre púrpura e rosa; súper favorecedora para todo tipo de peles e cabelos. Esta cor influirá moito na elección das túas xoias este ano. Será a cor elixida por moitas madriñas e invitadas a vodas e outros eventos.
P
odemos combinar esta cor de moitas maneiras, con Xades Imperiais se queres dar ao teu “look” un aire máis sofisticado, ou uns cuarzos rosa ou ópalos se queres darlle un toque máis “Naif ”. Se es unha persoa das “colorblock” (todo do mesmo ton), as Amatistas serán as túas perfectas aliadas. Unha combinación máis arriscada pero das miñas preferidas é a suma desta orquídea con coral. Engádelle ao teu vestido de festa unhas bágoas de coral; son atemporais e deben ser o teu “fondo de xoieiro”. As perlas XXL: Chanel non deixa que nos esquezamos delas un ano máis, tan-
26
ALENTO
NUM. 5
to en gargantillas -iso si, ríxidas- como en aneis e lembra que o importante non é o metal senón o tamaño das perlas. Os deseñadores seguen inspirándose no Mediterráneo así que conti-
FEBREIRO 2014
núan as cruces, os brazaletes dobres, as cadeas e o ouro por todas partes. Requiren unha mención especial os maxi-colares para esta primaveraverán. Serán o “must have”. Elixe o estilo que máis se adapte a ti, clásico de perlas, étnico, floral ou con mensaxe... Se utilizas estes maxi-colares non o completes con pendentes XL a non ser que teñas pescozo de xirafa. Acompáñao con brazaletes ou aneis. Lembra que a moda é unha cuestión de proporcións.
COXGA Texto Cristina Rodríguez, colexiada nº D0561 www.piropojoyas.com
Bling Bling! O único que sempre estará IN é a actitude
Bloggers, columnistas, coolhunters... cada vez son máis os rapaces e as rapazas que se suman a esta tendencia na que nos atopamos inmersos. Pero onde están os límites de todo isto? Ate que punto un xoven de 20 anos, sen estudios, sen preparación en nada, en xornalismo ou comunicación pode marcar as tendencias...? Pois si, non hai punto. Todos estes términos, cos que xa nos imos familiarizando, chegaron para quedarse. Conseguen que cun só post no seu blog un produto se esgote nas tendas. Onde está ao meu xuízo o erro de todo isto? Todos temos un exemplo, alguén que nos gusta, alguén en quen inspirar os nosos estilismos, pero de aí a pretender ser como alguén ou copiar directamente un estilismo dunha revista só provocará que pareza que imos disfrazados.
O único que sempre estará IN é a actitude. Non importa o orzamento, nin o gusto, nin o coñecemento. Se luces as cousas con personalidade nunca estarás fora de lugar. Para iso hai dous elementos importantes: seguridade e alegría. Dous ingredientes vitais cos que xamais pasarás de moda.
COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA
www.coxga.es
27
ÚLTIMA HORA
Visita de escolares ao Obradoiro Taaroa, en Sigüeiro (A Coruña).
A
mediados do 2013 preguntamos se algún colexiado estaba interesado en recibir dúas clases do IES Fermín Bouza Brey e do IES Armando Cotarelo Valledor, de Vilagarcía de Arousa, acompañadas pola clase de intercambio de Bretaña, máis precisamente do Instituto Victor Ségalen de Châteaugiron. A ourive Susi Gesto apuntouse sen dubidar. Preparou a súa tenda-obradoiro para a visita, apoiada por varias persoas, organizou un espazo para cada etapa da fabricación dunha xoia de ourivaría tradicional, con talla de acibeche, soldado, pulido, etc. O día da visita, en
novembro 2013, había material para todos os alumnos e marcharon todos co seu anaco de acibeche en bruto así como coa súa peza elaborada por eles mesmos durante a visita e, como non, un exemplar da nosa revista Alento. A sorpresa máis grande da nosa colexiada foi cando recibiu as cartas de agradecemento de toda a clase. Non podemos publicalas todas, así que aquí van dúas. Abofé que foi unha experiencia a repetir. Pode ser que entre estes alumnos estean futuros ourives. Ademais de agradecer a todo o equipo de Taaroa o seu gran traballo,
procede desde aquí darlle os parabéns tamén a Mari Carmen Fariña Otero, a profesora que chamou á oficina do Colexio preguntando por un Obradoiro de acibechería, para poder ensinarlles aos rapaces como se traballa este oficio tan ancestral.
Curso de Tasación de diamantes ante a crise Mércores 5 de marzo 2014, de 21h a 22h Curso online impartido por Alfredo González Notario, Xemólogo e especialista en diamantes pola HRD e Director do CEIG-AGN Gemólogos A crise e os diamantes: como vender e comprar sen ser enganados. Ante a situación de crise de todos os sectores e especialmente o noso, os diamantes seguen sendo un valor seguro, de feito están chegando ao noso país compradores de diamantes que buscan gangas ante a necesidade de liquidez que se vive aquí.
28
ALENTO
NUM. 5
FEBREIRO 2014
Contidos do curso: 1.- identificación do diamante e as súas imitacións 2.- determinación de calidade de: pureza, talla, cor 3.- tasación de diamantes 4.- o rapaport (en que se basea) Curso gratuíto para colexiados, previa inscrición en info@coxga.es Aproveitarase esta sesión para presentar a proposta de formación online de Alfredo González Notario, con tarifa especial para os colexiados de Galicia.
No calendario da nosa web tamén podedes comprobar as datas de interese. Para conseguir máis información sobre algunha actividade, os profesionais colexiados poden remitirse ao apartado reservado da web, no que están todos os detalles, ou contactar coa oficina do Colexio Oficial de Xoiaría. febreiro 2014
do 6 ao 9 de febreiro do 6 ao 9 de febreiro do 14 ao 17 de febreiro
Madrid Joya, Ifema-Madrid Bisutex, Ifema-Madrid Inhorgenta, Munich, Alemania
marzo 2014
martes 25 de marzo do 27 de marzo ao 3 de abril xoves 27 de marzo luns 31 de marzo
Data límite V Concurso Deseña unha xoia para a túa nai Basel World, Basilea, Suiza Desfile Xoiasdegalicia, Santiago de Compostela Reunión Xurado V Concurso Deseña unha xoia para a túa nai
abril 2014
xoves 17 de abril venres 18 de abril venres 25 de abril
Xoves Santo, Festivo estatal de apertura autorizada Venres Santo, Festivo estatal Entrega de Premios V Concurso Deseña unha xoia para a túa nai
maio 2014
xoves 1 de maio domingo 4 de maio do 10 ao 13 de maio do 16 ao 19 de maio sábado 17 de maio domingo 18 de maio do 30 de maio ao 2 de xuño
Día do traballo, Festivo estatal Día da nai VicenzaOro Spring, Italia Chibimart, Milano, Italia Día das letras galegas, Festivo autonómico Festivo de apertura autorizada JCK Las Vegas, Estados Unidos
ANUNCIOS POR PALABRAS Maysil (www.maysil.com), empresa galega de deseño e fabricación de xoiaría en prata, busca axente comercial freelance para Galicia (principalmente). As persoas interesadas poden enviar o seu currículum a correo@maysil.com á atención de José María Mayer. Vendo equipo de microfusión semi-novo. Máis información: 981 589 596 (Santiago de Compostela) Busco comercial para Galicia (xoiaría, reloxaría e bixutaría), autónomo, con posibilidade de levar varias marcas. Experiencia e manexo habitual de ferramentas informáticas. As persoas interesadas deben darse de alta na web www. storehy.es (en “Log in” como “Agente”, cubrindo os datos requiridos). Compatible con outras carteiras. Vendo ferramentas manuais tipo tenacillas, un laminador de chapa, un laminador de arame. Para prezo e listado completo: 986 473 828.
Oferta de traballo para comprador online de xoiaría en Vigo: Requírese: formación e coñecemento en xoiaría, experiencia en compra e/ou venda de xoiaría, en comercio, Internet, habilidades sociais para negociación de compra e trato co público, experiencia nas novas tecnoloxías. Valorarase afición por compravenda de segunda man, antigüidades, coleccionista e xoiaría de alta gama. Ofrécese: incorporación a un proxecto de e-commerce, sólido e solvente, xoven, con gran proxección profesional. Salario: fixo e variable. Interesados, enviar CV a: rosaperez@wantedseleccion.es ou chamar ao 639 376 315.
ta) en Vigo, zona centro. Non se pide traspaso. Para máis información: Xabier 986 291 837 / 605 795 309.
Traspaso negocio de xoiaría preparado. Moi económico. Aluguer: 140 € mensuais. Superficie: 25-30 m2, en Vigo (Alfonso X O Sabio, 4). Para máis información e tamén venda de ferramentas de xoiaría: 986 473 838
Deseño, prototipado 3D e fundición para profesionais do sector. Deseños de xoias personalizadas, institucionais, corporativas, relixiosas. Para máis información: info@mastaller.com
Véndese xoiaría en activo (15 anos) con local propio (74m2 + 25m2 entreplan-
Véndese o seguinte material: - Impresora etiquetas ARGOX OS-214 - 2 rollos etiquetas prateadas - Lector código de barras “VOYAGER” - Video-cámara V Cam CU-230 USB CMOS - Impresora de tickets Epson TMU210-PD Para máis información: tlf. 982 563 611
Alúgase oficina en Santiago de Compostela (zona Plaza Roxa). Para máis información, enviar correo-e a info@coxga.es