Alento 3

Page 1

3 AGOSTO 2013

COLEXIADOS OFICIOS FORMACIÓN EMPRESA COXGA NORMATIVA TENDENCIAS AXENDA



EDIT O RIAL

Á terceira vai a vencida, seica... 4 COLEXIADOS (entrevistas)

Xoiaría Covelo Xoiaría Calderería33

8 OFICIOS Historia da Ourivaría Historia da Reloxaría (II) Xemoloxía

13 COLEXIADOS (opinión) 15 FORMACIÓN

Algunhas conclusión interesantes… positivamente interesantes

16 COXGA

O COXGA responde II Concurso San Eloi para deseñadores Deseña unha xoia para a túa nai

20 NORMATIVA

Das importacións de xoiaría de Italia Teño un establecemento de xoiaría. Realizada a venda dun artigo, estou obrigado a admitir a súa devolución e restituír o prezo ao cliente? Son autónomo. Este ano cumpro 66 anos de idade e teño 37 anos cotizados, podo acceder á pensión de xubilación e traballar por conta propia?

24 TENDENCIAS

Noivas + cor. Why not? Bling Bling!

P

ois aquí estamos, de novo, e xa van 3 números de Alento.

O noso sector está atravesando unha época difícil, con moita inseguridade e unha baixada do volume de vendas. Estamos vivindo uns días nos que a acción máis doada podería ser recorrer á apatía, entristecernos de todo e deixar que a cor gris inunde os nosos establecementos. Sabemos que resulta laborioso seguir innovando e creando ideas novas, escoitando a todas horas as palabras “rebaixa”, “liquidación por peche”, “aforro”, “redución”, “estafa”, ... Si, semella que sexa a acción máis difícil, pero é o camiño máis optimista, máis agradable de vivir porque así é como podemos ter sempre a vista posta no horizonte.

Todas e todos estaremos dacordo en que se apagamos as luces para aforrar, non nos ven e se pechamos a porta para que non se escape o aire fresco ou quente, aforrando máis enerxía, non entrará ninguén. Entón, tendo en conta que debemos esforzarnos o dobre e incluso o triple para conseguir o mesmo ou menos, pero estando aquí, presentes e dispostos a ofrecerlles aos nosos clientes o mellor de nós, o noso saber facer, o noso coñecemento, a nosa profesión, todos xuntos, sabemos que superaremos este difícil momento. Iso si, debemos ter sempre a vista posta no horizonte, para non perdernos no camiño. Tamén somos conscientes de que estamos vivindo un cambio no rumbo da comercialización da xoiaría, que está tomando camiños imprevisibles, nuns tempos de auténtica revolución, nos que aparecen novas figuras ligadas aos avances tecnolóxicos pero desde o Colexio xa sabemos todas e todos que prevalecerá sempre a profesionalidade, incorporando, sempre que poidamos, as TICs aos nosos negocios e proxectos. Traballando sen pausa e con paciencia recolleremos os froitos. Agardo que teñamos un moi bo verán, con moito sol para que lle dea luz ao froito dos nosos esforzos e así brille máis!

26 ÚLTIMA HORA 27 AXENDA

Oscar Rodríguez Blanco Presidente

27 ANUNCIOS POR PALABRAS

Editor Colexio Oficial de Xoiaría

NÚMERO 3 · AGOSTO 2013

Rúa Ramón Cabanillas 5-7, 2º B

15701 Santiago de Compostela

A Coruña

Contacto oficina COXGA

Portada I Concurso San Eloi Xóvenes Deseñadores, deseño de Marta García Arcos Deseño e impresión Tórculo Artes Gráficas, S. A. ISSN 2255-1492 Depósito legal C. 2.277-2012

Loli López e Lupe Santiso

www.coxga.es

Publicidade

O Colexio Oficial de Xoiaría non se fai responsable das opinións nin comentarios que os colaboradores expresen, en todo momento, de maneira individual. É preciso solicitar autorización ao Colexio Oficial de Xoiaría para as reproducións de contidos.

Teléfono: 981 598 858 Correo electrónico: prensa@coxga.es

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

3


C O L E X I A D O S | en tr evi st as Ismael Covelo Rodríguez

Naim Penedo Vilanova, 10 anos

Xoiaría Covelo Rúa Manuel Rodríguez, 16 36400 O Porriño (Pontevedra) T. 986 330 329 info@joyeriacovelo.com

Lucía Martín Barciela, 10 anos

Ismael e Manuel Covelo Rodríguez son os colexiados (nº N0172 e A0173) que levan a xoiaría Covelo do Porriño. Este ano, a súa tenda foi un dos primeiros establecementos que se apuntaron para colaborar coa campaña do día da Nai. Falamos con Ismael para aprender da súa experiencia.

Que foi o que vos animou a apuntarvos como tenda colaboradora? Dende o primeiro momento pensamos que se trata dun concurso moi interesante, educativo e divulgativo. Trátase dun pequeno esforzo que se ve reflexado na ilusión que demostraron os pequenos e o profesorado ante o concurso. Este ano é a primeira vez que o COXGA conta con este tipo de colaboración. Como foi a vosa experiencia? Moi boa e satisfactoria. Por distintos motivos, dende o principio se notaba moita implicación por parte do profesorado dos colexios que participaron, despois, o feito que tivemos a sorte de que parece que Porriño é cuna de futuros deseñadores: 7 nen@s porriñes@s foron seleccionados para á final. Dende un punto de vista comercial o feito de achegar a xoiaría ao público en xeral axuda a 4

ALENTO

NÚM. 3

“Por distintos motivos, dende o principio se notaba moita implicación por parte do profesorado dos colexios que participaron˝

que non nos miren como un sector que non fai nada pola sociedade. Houbo boa comunicación cos Colexios da vosa zona, verdade? Solicitáchedes moitos dípticos e houbo moita participación de nenos e nenas da vosa zona. Pedíronvos algunha axuda ou actividade en particular na escola para os nenos?

AGOSTO 2013

Dende o primeiro momento entendimos que se trata dun concurso e que a mellor forma de divulgalo e promovelo é ir onde os nenos. Partindo da base da idade dos participantes, tiñamos que ir buscalos, falamos coas ANPAS e co profesorado dos colexios cercanos. A comunicación foi boa e fluída, porque os profesores o entenderon á perfección, para os nenos tratouse de divertimento á vez que esforzo e competición. Dípticos: solicitamos máis de mil, repartidos en máis de 6 colexios. Axuda ou actividade: non pediron ningunha, os profesores meteron o concurso dentro das aulas, directamente nas clases de plástica. Resultou finalista algún dos debuxos entregados na vosa tenda? Houbo 7 finalistas e dúas delas gañaron.


Manuel Covelo Rodríguez Enma Carrera Mariño, 9 anos

Estabades presentes na entrega dos premios? Si, foi unha gala dinámica e divertida para os nenos. Non se fixo larga nin aburrida, tratouse dunha gala con gran éxito, de feito houbo xente que tivo que ficar de pé.

Nahía Alonso Lemos, 3 anos

Ariadna Martínez Gomes, 5 anos

Cristina Martínez Cubero, 7 anos

Alba Bastos Cabaleiro, 3 anos

Repetiredes como tenda colaboradora na seguinte edición? Por suposto, mentres os nenos e os profesores demostren a ilusión que demostraron este ano, sen dúbida. Penso que se trata dunha fórmula fantástica para achegar o noso sector á sociedade. Gracias pola vosa colaboración e o voso tempo.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

5


C O L E X I A D O S | en tr evi st as

Xoiaría Calderería33 Caldereria 33 15703 Santiago de Compostela www.caldereria33.com T. 981 558 000

Lourdes Pérez Casas é a colexiada (n.º A0801) que leva a Xoiaría Calderería33, en Santiago de Compostela. Estivo de reformas hai moi pouco e agora presenta unha imaxe moi renovada da tenda, con incluso un novo nome. Falamos con ela para que nos contase os cambios realizados.

Estes últimos meses emprendiches varios cambios na túa tenda. Que foi o que provocou estas novidades? Todas as reformas que fixen estaban pendentes dende o ano 2006, ano no que se escindiu a empresa familiar. Cada un de nós continuou e evolucionou por separado, adquirindo características diferentes en función da súa personalidade. Cóntanos como viviches estes cambios e en que consistiron? O primeiro cambio que tiña que facer era a reforma da tenda, e cando tiven claro o que quería e quen quería que a levase a cabo, tiven que agardar: primeiro porque a decoradora estaba a tope de traballo e despois por un problema importante de saúde. Así que, cando puiden facelo, estabamos en plena crise económica pero non me volvín atrás e hoxe non me arrepinto, son máis feliz no traballo 6

ALENTO

NÚM. 3

ao ter un entorno máis acolledor, os artigos locen moito máis e o traballo é moito máis cómodo. Outro dos cambios que fixen foi o nome e o logo da empresa. Despois da escisión todos seguimos co mesmo nome, Joyería Alfonso, o que daba lugar a moitas confusións entre os clientes xa que aparentemente seguíamos sendo a mesma empresa, por iso, aínda que me custou renunciar ao nome do noso pai, era necesario un cambio. Agora somos Caldereria33; é un nome sinxelo que indica a nosa situación. Aproveitaches tamén para traballar na web e estar máis presente nas redes sociais? O cambio da xoiaría pedía outros cambios como o da páxina web, así que cambieina por outra totalmente personalizada e actual, adaptada ao

AGOSTO 2013

“… aínda que me custou renunciar ao nome do noso pai, era necesario un cambio. Agora somos Caldereria33; é un nome sinxelo que indica a nosa situación.”

novo estilo da tenda. Por outra parte, hoxe en día considero que é importante ter presenza nas redes sociais, polo que comecei a traballar en Facebook. Pódese dicir que unha cousa foi levándome á outra. A medida que vas vendo como mellora o teu negocio tés máis empuxe para seguir mellorando.


“A medida que vas vendo como mellora o teu negocio tés máis empuxe para seguir mellorando.”

Todas estas novidades fixéronche cambiar a oferta de artigos na túa tenda?

Contaches coa axuda dalgún especialista para o teu inicio nas redes sociais?

Queres aproveitar para mandarlles unha mensaxe aos colexiados que estean dubidando de se emprender cambios nestes momentos?

Tiven axuda dunha persoa especializada en redes sociais para poñer en marcha o noso perfi l en Facebook e o blog. Agora, publico os “posts” eu mesma e procuro facelo sempre que teño a oportunidade. Para a elaboración da web tamén contei con axuda especializada; a idea é que todo ten que ser do mesmo estilo que a tenda e os artigos que ofrecemos.

Os nosos artigos destacan polo seu deseño, respectando a boa relación calidade-prezo. Procuro estar ao día coas últimas tendencias, adaptarme sempre aos cambios e ás necesidades dos meus clientes.

Nesta época tan complicada, caemos moi facilmente nunha apatía e desmotivación porque non vemos o froito do noso traballo pero temos que loitar contra iso e creo que a mellor forma é evolucionando positivamente no persoal, no noso traballo, formándonos continuamente e mellorando os nosos negocios, etc. Teño espe-

“Os nosos artigos destacan polo seu deseño, respectando a boa relación calidadeprezo. Procuro estar ao día coas últimas tendencias, adaptarme sempre aos cambios e ás necesidades dos meus clientes.”

ranza en que non tardaremos moito en ver o noso esforzo recompensado. Felicitamos e agradecemos este optimismo que nos comunicas e dámosche os nosos parabéns por todo este traballo feito. Moita sorte!

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

7


OFICIOS HISTORIA DA OU RIV ARÍA Texto e imaxe

Rafael Quintía Pereira

Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural http://asombradebouzapanda.wordpress.com/

As xoias que nos fixeron humanos

N

unha visión simplificadora e puramente materialista, defínese a xoiería como a arte do traballo dos metais nobres e das pedras preciosas con finalidade ornamental. Pero as xoias son algo máis ca mero ornamento e a súa orixe poderiamos buscala incluso antes do nacemento da Idade dos Metais no 3500 a. C.

Colares de colmillos e contas

O sentido da estética, da harmonía, da beleza con todo o subxectivo e cultural que iso implica forma parte da visión do ser humano dende a noite dos tempos. As propias mostras escultóricas do paleolítico superior xa amosan un sentido da estética, da harmonía da forma e, posiblemente, un canon de beleza que nos está a falar dun home que xa pensa coma nós, dun home simbólico. É precisamente neste contexto onde nacen os primeiros elementos que poderiamos denominar xoias ou, se se prefire, pro8

ALENTO

NÚM. 3

toxoias. Pero a idea da creación da xoia, o motor desencadeante dese proceso “artístico” que deu lugar ás primeiras xoias, vai máis aló do puramente estético e ornamental, desbordaba o mero adobío para penetrar no mundo do simbólico, da maxia e da relixión. As primeiras mostras que temos destas “primitivas” xoias veñen dese contexto arqueolóxico do paleolítico e eran alfaias feitas con cunchas de moluscos, cairos, dentes, garras, marfil, ósos, fósiles, madeira, pedras (como o acibeche,

AGOSTO 2013

a limonita ou o ámbar) e, incluso, arxila. Eran todos eles elementos da natureza, de orixe animal, vexetal ou mineral, polo que moitas delas eran xoias vivas que conservaban parte da esencia do ser do que proviñan. Precisamente por iso, probablemente estas primitivas xoias eran tamén amuletos protectores e obxectos sandadores. Atraídos pola aparencia destes soportes naturais, aqueles primeiros artesáns elaboraron tamén representacións de dentes e cunchas, e incluso de pequenos animais como os coleópteros,


Colar de cunchas e pedras

“Diso nos falan as xoias, do que fomos e do que somos˝

traballando materiais como o marfil, a pedra ou as hastas dos cérvidos. Unhas xoias que adornaban con diversas marcas e deseños xeométricos labrados sobre os propios obxectos ornamentais e que despois engarzaban en colares, colgantes, pulseiras e mesmo aneis. Ademais de como elementos ornamentais e amuletos, todos estes adornos primitivos posiblemente serviron tamén para expresar simbolicamente a propia identidade do individuo que as portaba ou, quizais, do grupo social ó que pertencía. Polo que cumprían unha dobre función: por unha banda individualizadora, ó servir para diferenciarse dentro do grupo, e por outra banda integradora, ó servir como símbolos de pertenza a unha comunidade da que sentirse parte integrante. Pero por que son tan importantes estas protoxoias? A resposta é ben clara. Porque nos transmiten o pensamento do home, porque expresan os seus anhelos, medos, esperanzas e desexos, porque nos falan dunha linguaxe simbó-

lica que naceu con nós nas cavernas, á luz das fogueiras, dos relatos ancestrais e dos primeiros grupos sociais. Elas contan historias sobre un tempo que xa pasou pero no que aínda nos podemos recoñecer porque a nosa mente pouco ou nada cambiou dende que camiñabamos pola terra cubertos con peles de animais e adornados con colgantes de ósos e pedras. Naquel máxico intre, xa perdido na escuridade do tempo, en que un ser humano decidiu engarzar un dente de lobo nunha corda de coiro, aquel sagrado instante en que unha muller pendurou do seu pescozo cun colar feito con cunchas e caracois de mar, o día en que un pai agasallou o seu fillo cunha figuriña tallada nun garabullo de madeira, ese día fixémonos humanos, espertamos como seres simbólicos cunha capacidade cognitiva ilimitada e un cerebro capaz de crear as maiores marabillas pero tamén de comete-las maiores barbaries. Diso nos falan as xoias, do que fomos e do que somos. Son o espello da nosa alma e da nosa condición humana, aquilo que nos separou dos animais, que nos vinculou ós deuses, ás forzas da natureza e ó Máis Alá. En definitiva, o fío de Ariadna que nos sacou da escuridade da cova para levarnos á luz dunha nova existencia como seres humanos, como o que hoxe somos todos nós.

Iso foi o que ocorreu na xa afastada noite do paleolítico. Coa chegada do neolítico o home fíxose sedentario, naceu a agricultura e a domesticación dos animais e con este cambio unha nova forma de organización social e de estar no mundo. O espertar da Idade dos Metais traería consigo o nacemento da xoia tal e como hoxe a coñecemos, pero iso xa é outra historia.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

Home paleolítico

www.coxga.es

9


OFICIOS HISTO RÍA D A RELO X ARÍA (II) Colexiado n.º A0229 Texto e imaxe

Antonio Pérez Casas

http://www.alfonsojoyeros.es/

Os primeiros aparatos mecánicos

O

s primeiros aparatos mecánicos documentados para medir o tempo son do século XII e aparecen coa organización e distribución de traballos nos conventos, especialmente coa orde do Císter e coa de San Bernardo, a partir do ano 1120. Estudos ingleses din que os primeiros aparecen en España e despois en Inglaterra.

Publícase no 1276 un compendio dos coñecementos científicos da época, nunha obra promovida polo Rei español Alfonso X O Sabio; nela inclúense cinco libros escritos por sabios xudeos da escola de Toledo, dedicados á construción e uso de reloxos, dous de Sol, un de combustión, outro a clepsidra de auga e outro dedicado á clepsidra que substituía a auga por mercurio.

En 1283 colócase un reloxo público na catedral de Vic (Barcelona). Antes de 1560 xa había outro na catedral de Toledo. En Inglaterra instálase o primeiro na catedral de Exeter no ano 1284. En 1322 instálase outro con sonería e autómatas na catedral de Norwich fabricado polo mestre astrónomo e reloxeiro Roger de Stroke. En 1336 os duques de Visconti financian un con sonería para a igrexa de San Gottardo de Milán. En 1350 instálase outro na cidade de Padua. En 1352 o rei Pedro IV O Cerimonioso mercou por

50 libras un reloxo de gran precisión a un reloxeiro aragonés chamado Fermín. En 1460 colócase o reloxo de torre da cidade de Siena. A primeiros do século XV instálase un na cidade de Barcelona e en 1478 en Girona. En 1499 instálase o famoso reloxo astronómico e de autómatas de Venecia tan reproducido en postais e películas. En 1547 instálase na catedral de Estrasburgo un reloxo cun preciso astrolabio. Todos estes reloxos son promovidos polos nobres para realzar o seu Reloxo astronómico e de autómatas de Venecia

Fotografía e debuxo do mecanismo do reloxio da catedral de Exeter

10

ALENTO

NÚM. 3

AGOSTO 2013


Fórmula para o péndulo sencillo de Galileo

Huyghens, retrato de Caspar Netcher (1671)

poder e pola necesidade de regular o desenrolo dos mercados nas prazas das cidades ao abrigo de pazos, igrexas ou conventos. Os primeiros reloxos pequenos aparecen sobre o ano 1500. Pero o desenrolo e perfeccionamento da reloxaría veu da man dos descubrimentos dos sabios que foron saíndo das incipientes escolas científicas e das universidades. En 1525 había centros de produción de reloxos nas cidades de Nuremberg, Blois, París e Dison. Nese ano, Jacob Zack inventa un reloxo con forza compensada da espiral Real cunha corda enroscada nun troncocónico, é dicir, o que despois se coñecería como caracol e o que daría lugar á acción chamada dar corda. Francisco I de Francia, regula a profesión de reloxeiro en 1544 cunha aprendizaxe de 5 a 6 anos. Sobre o ano 1582 Galileo Galilei descobre que nun péndulo o tempo de cada oscilación era sempre o mesmo. É en 1657 cando un reloxeiro de La Haya, Simón Coster, seguindo as instrucións do físico e astrónomo Christian Huyghens (1629-1695) que se baseaba nas propiedades descritas por Galileo, constrúe o que se considera primeiro reloxo de péndulo e o primeiro dunha longa serie. O acontecemento significou un gran salto ao pasar dunha precisión duns 30 minutos dos escapes de Foliot (2 oscilacións por minuto), aos poucos segundos dos reloxos de péndulo (varias oscilacións por minuto).

Galileo, retrato de Ottavio Leoni (1624)

Máis tarde Huygens inventa o oscilador de volante espiral (50 alternancias por minuto) permitindo a construción de reloxos portátiles e o posterior desenrolo de reloxos pequenos de peto e pulseira e a aparición da agulla de segundos e outras complicacións. Ambos inventos, o péndulo e o volante espiral, foron os únicos sistemas utilizables ata a aparición dos seguintes resoadores a partir de 1960. En 1960 a marca Bulova (EE. UU.) presenta o primeiro reloxo con resoador de diapasón (360 hercios segundo) que melloraba a precisión dos anteriores mecánicos pero excesivamente sensible aos golpes, máis tarde aparece en Suíza o ESA 9162 que melloraba considerablemente o precedente en fiabilidade e precisión pero ambos eran caros de fabricar e sucumbiron ante os precisos e máis baratos de cuarzo.

No ano 1880 descríbense as propiedades piezoeléctricas do cristal de cuarzo pero non é ata o 1928 cando se constrúe un reloxo experimental de resoador de cuarzo (estabilizado a 32.768 oscilacións por segundo cos que consegue unha precisión duns poucos segundos ao ano), a súa aplicación á reloxaría de serie non puido chegar ata o ano 1969 (mesmo ano no que chegou o home á lúa) no que se culminou unha redución suficientemente do tamaño dos circuítos e das baterías, pero a partir desa data este sistema inundou completamente a fabricación de reloxos (con baixo custe se consegue unha gran precisión). Os avances no coñecemento da física permitiron mellorar a precisión coa construción de reloxos con osciladores dunha moi estable alta frecuencia de moléculas de amoníaco (1949), de Cesio (91.426.931.770 hercios por segundo) (ano 1955) cunha variación dun segundo cada 3000 anos, mellorado co Maser de hidróxeno (1960) e máis recentemente hai desenrolos de osciladores monoiónicos, miles de veces máis exactos ca os de Cesio. Nestes aparatos os compoñentes son os mesmos ca os dun de cuarzo de pulseira coa excepción do complexo oscilador, non obstante, polo seu tamaño e custe, estes reloxos quedan relegados á súa utilización en telecomunicacións (o coñecido GPS non sería posible sen eles), regulación da hora mundial, astronomía e a investigacións científicas. Circuito do ESA 9162, 9164 e 9210

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

11


OFICIOS XEMOLOXÍA

Fluorita con numerosas fracturas secundarias

TExTO E iMAxE

Cristobal Fernández Casas

Colexiado n.º G0062 http://www.ferpejoyeros.es/

A fluorita

A

índa que pouco utilizada en xoiaría pola súa baixa dureza (e polo tanto é recomendable o seu uso en monturas que non sufran golpes nin roces), este haluro é importante na industria polas súas diferentes propiedades.

Así, é usado como fundente na produción do aceiro e do aluminio, para a preparación do ácido fluorhídrico e gas flúor, ou na elaboración de cristais apocromáticos e prismas de espectrografía, esmaltes e porcelanas, así como para reducir a temperatura de fusión dos compoñentes do cemento. Debe o seu nome ao latín Fluere (fluír, correr) pola súa facilidade para fundir, o que o distinguía doutros minerais. Máis tarde esta palabra deu orixe ao término Fluorescencia, que indicaba unha das propiedades máis características deste mineral: a súa capacidade de emitir luz ao ser excitado baixo unha lámpada de luz ultravioleta. Cristaliza no sistema cúbico, con hábito de cubo, octaedro, e rombo dodecaedro, ou ben en formas combinadas de cubo e tetraquisoctaedro ou hexaquisoctaedro. Aínda que non está totalmente demostrado, créese que a temperatura de formación inflúe no hábito final do mineral; a maior temperatura formaríanse octaedros, aparecendo cubos segundo esta descendese. Son moi comúns as maclas de compenetración, e pode aparecer en drusas ou xeodas, costras, masiva ou botroidal e moitas veces como cristais illados perfectamente formados en crecemento con outros minerais, dando lugar a fermosos exemplares para coleccionar. A súa doada exfoliación

é usada a veces por comerciantes que “preparan” octaedros moi vistosos que en realidade non apareceron así na natureza. Tamén se sintetiza, e non é pouco común que se ofreza como natural, dando lugar así a un fraude. Aparece en moitas cores, case sempre pálidas, como azul, verde castaño ou pardo, negro (antozonita), amarelo, laranxa, rosa, vermello tenue, púrpura ou violeta e tamén incoloro, e a miúdo presenta bandeado, ordenado este segundo as súas caras cristalográficas. As causas da súa coloración débense a centros de cor orixinados por vacancias de itio, cerio, flúor ou osíxeno. En xacementos con radioactividade ten lugar o nacemento de moitas variedades púrpura intenso, e unha variedade moi coñecida, o chamado Blue John moi usado tempos atrás en talla, que se encontra en Treak Cliff, Derbyshire (Reino Unido) debe a súa fermosa cor bandeada a unha combinación de trazas de Manganeso, impurezas de orixe vexetal (hidrocarburos) e a distorsións na rede cristalina, con probabilidade por sustancias radioactivas. A súa orixe pode ser tanto pegmatítica, pneumatolítica ou hidrotermal, e con respecto a súa paraxénese son coñecidas as súas asociacións con galena, esfalerita, pirita, willemita, witherita, baritina, cuarzo e calcita. Como inclusións, no seu

Cavidades negativas primarias recheas de gas e líquido con forma externa que segue o hábito octaédrico do seu hospedador: fotomicrografía sacada con lupa binocular (a 60x)

interior podemos atopar microclina, topacio, fluorita e terras raras se a súa orixe é pegmatítica, casiterita e tungstenita se é pneumatolítica e barita, galena, marcasita e pirita se fora hidrotermal. O máis corrente será atopar inclusións fluídas, ben primarias paralelas ás caras cristalográficas ou en forma de cavidades negativas cheas dunha solución salina e un gas, a veces adoptando formas que recordan a súa pertenza ao sistema cúbico, ou ben secundarias, máis irregulares e onduladas, seguindo os planos de exfoliación. Existen numerosos xacementos en todo o mundo (EE. UU., Alemaña, italia, Canadá, Reino Unido, Noruega, Polonia, Francia, Austria, Chequia, Arxentina, Namibia, China, Nixeria, México, Rusia, Marrocos, etc.). En España, gran produtor a nivel industrial, hai minas de interese xemolóxico, entre outras localidades, en Asturias (La Collada, Moscana, Solís, etc.) e Cataluña (Matagalls, Ulldemolins). En Galicia non se extrae como xema, aínda que aparece en determinadas minas como mineral acompañante doutros e en tamaños moi pequenos para o seu aproveitamento.

Recomendación http://www.bluejohn-cavern.co.uk/ Esta web une nunha boa oferta turismo e interese polos minerais. Fluorita bicolor 12

ALENTO

NÚM. 3

AGOSTO 2013

Fluorita bandeada


COLEXIADOS | opinión

Por que? por Sergio Pesqueira Fariña fillo de Rosa María Fariña Pérez. Colexiada n.º A0574

Por que non utilizamos as ILPs, Iniciativas Lexislativas Populares para tentar darlle forma a este queridiño sector noso, que coido que as está perdendo? Para poder levar a cabo unha iniciativa desde tipo fai falta reunir un número determinado de sinaturas, facer propostas que teñan sentido, e sobre todo tomalo en serio e comprometerse co que se solicita. Penso que todos e cada un dos que formamos parte deste gremio temos inquedanzas, por exemplo, con respecto a seguridade. Como é que un tipo me rouba na tenda pola noite, o pillan, é un roubo con forza e pode que estea na rúa aos poucos días? Igual temos

que propoñer algún tipo de ILP para que cambie a lei. Penso que tamén é inxusto que entren a roubar continuamente nas casas dos nosos clientes e nas nosas, e que por culpa de que en moitos dos compravendas de ouro se recolle todo tipo de mercadoría de dubidosa procedencia cada vez haxa máis roubos. Ao mellor o ouro só debería comercializarse en xoiarías de profesionais por lei, eu sei perfectamente se alguén que vén á miña tenda a vender ouro é ou foi cliente e ese ouro que trae é legal, e vós tamén. Poderemos ter no gremio algún pirata, pode ser, pero é que no último estudo que coñezo sobre os compra-

vendas, en nove de cada dez estafan á xente. Quero dicir con estes sinxelos exemplos que dentro da nosa comunidade somos suficientes persoas no gremio para desenrolar unha xuntanza de ideas en beneficio do noso sector e o comercio en xeral. Somos o suficientemente conscientes como para decatarnos de que os que mandan non perciben as necesidades que temos, polo tanto teremos que amosarllas dun xeito que non lles quede máis remedio que votalo no Congreso, a ILP (Iniciativa Lexislativa Popular). Teño un documento sobre a ILP que se lee en 2

minutos, podedes solicitalo á oficina do Colexio. Podería estenderme moitísimo con este tema, incluso podería propoñervos a primeira ILP do Colexio de Xoieiros de Galicia, ou máis dunha, pero penso que é mellor que si leedes este artigo poñades a vosa testa en marcha e comuniquedes as vosas inquedanzas ao Colexio, isto non é so unha revista, é un punto de encontro para que fagamos un gremio como Deus manda. Colaborade, as chamadas de fixo a fixo son de balde: 981 598 828.

Joyería Rosant (Marín) www.joyeriarosant.com

Non estou para parvadas que teño moito traballo por Pablo García Regueira. Colexiado n.º A0117

Dous ou tres días máis tarde da última asemblea xeral, presentouse na miña tenda un cliente recriminándome que tal día non estaba presente e tivo que deixar o seu reloxo para suxeitar unhas agullas despois dun golpe. Expliqueille que tivera unha reunión do Colexio Galego de Xoiaría, Prataría, Xemoloxía... Teño que recoñecer que a súa reacción e resposta molestáronme un pouquiño, pero lonxe de amosarlle o meu enfado, coa mellor actitude pregunteille quen lle parecía a el que ten dereito a pertencer a un Colexio Profesional. A medida que ía contestando, o meu enfado subía de ton aínda que en ningún momento amosei a miña decepción por oír de viva voz que segundo o seu parecer só tiñan este

dereito profesionais como os que exercen a profesión de menciña, arquitectura, en fin, profesións para as cales necesitas, como digo eu, estudos e unha “preparación”, como se para exercer a nosa profesión non necesitaras unha aprendizaxe, vaia, que calquera da noite a mañá se converte nun recoñecido xoieiro, reloxeiro, xemólogo e veña, a gañar pasta. Pois non, a súa resposta deume pé a comentar que con gran esforzo o noso sector conta cun Colexio Profesional e que nas súas oficinas falamos sobre os problemas das nosas tendas e obradoiros, que o noso negocio non é só o que eles ven... “xa que estás só, faime, ensíname, mírame, analízame”... Non ter público nese momento non é sinónimo

de non ter nada que facer, aínda que o noso carácter e a nosa forma de ser nos impida contestar: “Non estou para parvadas que teño moito traballo”. O feito de sorrir, ensinar e analizar forma parte do noso traballo e da nosa condición de autónomo. Ademais, eses días estaba feliz, a esa asemblea xeral acudiran algunha persoa máis do habitual (xa non sabemos se é mellor facelo en días laborais ou en fins de semana). O importante é que cada vez sexamos máis profesionais, cos nosos distintos puntos de vista, coas nosas formas particulares de ver o negocio, pero con gañas de manternos aí, nun momento difícil no que no noso redor só vemos empresas que quebran, EREs, reformas estruturais que nos

pide o Goberno, pero nós seguimos estando aí, resistindo con todo o noso esforzo. Probablemente chegou o momento para que participemos máis, para unificar criterios en moitos aspectos dos nosos negocios. “Debemos sacar mallas a reloxos que venden tendas de moda, Internet, etc.? Canto cobramos? Canto vale a nosa hora de traballo? Xa sei que está prohibido pactar prezos porque hai unha comisión de competencia, pero é un dos aspectos do noso negocio sobre os que hai que reflexionar se queremos seguir, como digo eu, “seguir estando aí”. Agárdovos na seguinte asemblea..

Joyería Palamios (Pontevedra) www.joyeriapalamios.com

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

13


C O L E X I A D O S | op i n i ón

O desencanto por Antonia Iglesias Martínez, colexiada nº A0260

Quen roubou o meu estado de benestar? Quen levou os cartos que eu aforrei para a miña pensión, para a tranquilidade na miña vellez? Por que, despois dunha vida enteira de traballo, de cumprir e acatar todas as normas, leis e impostos, que eles ditaron, durante moitos anos, agora, me están conducindo irremisiblemente, ao camiño descendente do caos máis absoluto? Seguramente, amigos, que isto mesmo, ao igual que eu, pensádelo todos, nas longas horas, que pasamos sós nos nosos negocios. Non entra ninguén, bueno, si, entra a desesperación da caixa baleira, das letras que chegan, dos recibos que aparecen non se sabe de onde, os gastos que hai que afrontar, a seguridade

social, onde cada vez temos menos prestacións, as rendas dos locais, luz, auga, teléfono e moitas máis cousas, porque claro, somos Xoieiros e... temos que dar unha imaxe, ou sexa, dobremente fastidiados, e encima…sospeitosos de todos os fraudes habidos e por haber. Vamos, o que xa sabemos todos, que vos vou contar… A miña carta non é para dicirvos o que xa sabedes, senón, para lembrarvos algo, que debido ao desencanto que reina no noso entorno e que se palpa acotío, quizais esquecestes: SOMOS AUTÓNOMOS!!! Isto que quere dicir?, pois que podemos con todo, que vamos a seguir presentando batalla, coma sempre o fixemos, que ninguén, NINGUÉN, vai poder cos nosos negocios nin as nosas

ilusións, temos experiencia longa na loita, temos coraxe, a nosa profesión é preciosa, uns creades, outros vendemos as vosas creacións, somos unha cadea, neste caso de outro e non debemos afrouxar. Temos familia, fillos que quizais sigan os nosos pasos, ou non, pero si é certo que a nosa loita e a nosa resistencia ensinaranlles a non fraquear en momentos difíciles. Os que xa temos uns cantos anos, pasamos momentos peores, o que sucede é que é máis doado subir que baixar e hai que adaptarse aos tempos, pero eu, persoalmente, creo que este momento nefasto que estamos vivindo pasará máis pronto que tarde. Ollo, ninguén dixo que sería fácil, será complicado, a veces desesperanzador,

pero amigos, os autónomos somos unha raza aparte, estou convencida, senón, como perduramos a través dos séculos? Non me vou meter cos que nos levaron a este desastre mundial, todos sabedes que ELES o están “levando quentiño”, pero… a verdade non teño nin idea de se podemos ou non facer algo, eu, persoalmente, voume contentar con sacar adiante a miña vida e a dos meus. Compañeiros… DESÉXOVOS O MELLOR e moita forza! Un abrazo.

Joyería Honorino Freire (Lugo) http://www.joyeriahonorinofreire.com

Axudas á exportación por Juan F. Lamas. Colexiado n.º C0290

Estes últimos anos o Igape fixo unha grande labor coas liñas de axuda á exportación. A maior parte de nós non aproveitamos estas axudas, xa que o mercado nacional absorbía toda a nosa produción. Algúns que si o fixemos, chegamos a esta crise con parte do “camiño exportador” andado, pero non é suficiente. As axudas fóronse especializando ata chegar a accións conxuntas de empresas que xa fosen exportadoras habituais. Para determinar cales o eran e cales non, podíase solicitar un “Diagnóstico de Ex-

portación” para ver o potencial que tiñamos. De súpeto, esa liña de axudas para participación en Feiras Internacionais (IG110), desaparece. E hai varias cousas que me sorprenden. A primeira é que nestes momentos nos que a liquidez das empresas é moi limitada, e o acceso ao crédito aínda máis, non teñamos cobrado as axudas concedidas hai un ano e medio. A segunda é que un ano e medio despois, nos requiran outra vez a documentación que xa presentamos no seu día, desde A Coruña, xa que desde Santiago lle din que non a teñen (todo isto despois de ter que pagar unha

auditoría por cada axuda solicitada). E a terceira, e para min a máis sorprendente, é que o argumento que se da desde o Igape é que esta liña de axudas se retira porque xenera moito traballo de xestión para pouco importe. Non sería máis sinxelo que para estas “accións conxuntas” só houbese que presentar unha solicitude por medio do organismo que organiza a acción?

Se queremos que a exportación se converta no verdadeiro motor da economía galega non podemos baixar a garda, e máis agora que en países como Alemaña e Francia o consumo está baixando consideradamente. E por favor, non nos durman con escusas de mal pagador.

www.silvereira.com 14

ALENTO

NÚM. 3

AGOSTO 2013


FORMACIÓ N TExTO E iMAxE

Luis González Bahamonde

Colexiado n.º E0519 Ardentia xoiajeweljoya (www.ardentia.es)

Algunhas conclusións interesantes... positivamente interesantes

A

cabo de chegar de Barcelona e teño a sensación de que as miñas “vacacións” deste ano foron as dúas excelentes semanas pre-estivais nas que estiven visitando clientes e potenciais clientes en Cataluña, onde ademais de vender as nosas coleccións e gozar dunhas temperaturas que en Galicia se nos negaban, creo tamén haber sacado algunhas conclusións interesantes… positivamente interesantes… a tenor do visto e escoitado durante eses días, polo que vou contárvolas de tal maneira que se non me estendo demasiado, penso ter cumprido o encargo.

Ardentia. Colección Hexagonal esmalte (2013)

Durante estes días, sobre todo vin como a xente que visitei loita a diario non por sobrevivir sen máis, senón por reorientar o seu negocio. Moitas das xoiarías visitadas teñen persoal que fala idiomas, incluso ruso, xa que teñen presente que unha parte considerable das súas vendas están relacionadas co turismo. Todas tiñan un nivel de presentación alto, aínda que non vendesen alta xoiaría; pouca mercancía exposta e sobre todo moi diferenciada (podería parecer que lles falta mercancía… pero están constantemente cambiando as pezas que están nos sets de exposición ao público). É moi raro atoparse cos mesmos produtos ou con escaparates iguais en todas as xoiarías, teñen marcas pequenas e grandes marcas pero diferenciadas. Hai unha tendencia bastante marcada en fuxir ou relegar as marcas xeneralistas, fan compras de importes medios, pero con moito criterio, con reposicións e sobre todo queren saber como e onde están feitas as pezas que están compran-

do: valoran moito o servizo post-venda que lles poidas dar e sobre todo a personalización da túa colección en base ás súas necesidades. Unha parte substancial do produto que venden podería considerarse moi artesanal cunha alta calidade de factura con independencia de que sexa en ouro, brillantaría ou prata. Tamén puiden observar en medio dalgunha das miñas visitas que cando ten lugar unha venda, esta ten un alto compoñente didáctico, dirixido a que o cliente saiba e poida valorar a peza de xoiaría que mercou, máis aló do seu prezo. Como consecuencia, os clientes, en xeral, teñen un concepto e criterio máis moderno que noutras partes de España, que se explícita no seu pouco apego cara o produto asiático en xeral. Así, e aínda que puidese parecer un tópico, en liñas xerais, penso que están evolucionando cara o tipo de establecemento que é máis frecuente encontrarse en centro Europa e que creo é o modelo

que acabaremos adoptando no resto de España en anos vindeiros. Con respecto á reloxaría son moi comedidos nas marcas que comercializan, tanto no seu número como na escala de prezos de cada unha delas, evitando que se solapen en gama de prezos, ou estilo, pero sobre todo comedidos en canto ao número de unidades que teñen de stock que adoita oscilar entre vinte e trinta unidades por Marca. O produto que non se axuste a ese criterio “non é para eles”. En definitiva, atopeime cuns clientes preocupados, como non, polo momento actual de consumo, porque as tempadas se acurtan, as vendas atrásanse, etc., pero que, pese a elo, están tomando continuamente decisións coas que afinar unha resposta á crise e que lles permita traballar sen minguar en exceso o seu patrimonio, pero sobre todo con miras ao futuro, de maneira que os seus negocios non transmitan a crise visualmente ao cliente... Quizais, persoalmente, a sorpresa máis grande foi o talante positivo co que me recibiron nos seus negocios, valorando moito a nosa visita, sobre todo nun momento no que non viaxa case ninguén se non hai por medio unha venda segura. O noso obxectivo principal era poñerlles cara aos clientes, escoitalos e buscar tamén novos puntos de venda que nos parecesen interesantes, e a todos eles facerlles unha presentación das nosas coleccións, dándolles a coñecer a filosofía de traballo da nosa pequena empresa, para que, se o considerasen oportuno nos fixesen un “oco” no seu negocio. Aquí é onde se concreta o positivismo deste “pequeno artigo”: o visto e o oído reafírmame que hai camiños, hai opcións, pero debemos acompañalas de ilusión e esforzo... e virán os resultados. Para nós, que padecemos a crise como o que máis, o froito do duro camiño realizado durante este ano no que celebramos o noso 25 aniversario como empresa, materializouse recentemente en ter que aumentar temporalmente o cadro de persoal con dúas persoas para poder atender o traballo na campaña de verán. Un pouco de sorte, moita ilusión e bastante esforzo veñen sendo os compoñentes da receita máxica... Dito isto, agárdovos por estes camiños... por certo, o camiño de hoxe lévame a París onde exporemos uns días na feira de xoiaría Bijorhca. Espero traer boas novas para o meu obradoiro, e como non, para todos os compañeiros do sector.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

15


COXGA

O COXGA responde Neste apartado poñemos a vosa disposición algunhas das preguntas máis frecuentes que recibimos en Coxga. Esperamos que vos sirvan de axuda. En calquera caso, para máis información non dubidedes en poñervos en contacto coa oficina do Colexio.

1

Acabo de xubilarme, pechei a xoiaría, podo seguir colexiado?

Si, podes seguir colexiado voluntariamente como “colexiado non exercente”. Esta figura engloba a todos os que non exercen a profesión por diferentes motivos (ex: xubilación ou desemprego) pero desexan pertencer ao Colexio. A cota é máis reducida que a dos colexiados exercentes (10 €/mes) e a utilización dos servizos, ao non ter actividade, está lixeiramente limitada, se ben podes beneficiarte do resto de vantaxes (convenios, formación,...).

2

Estou obrigado a abrir a tenda un día festivo de apertura comercial autorizada?

Non, a apertura é voluntaria. A Xunta de Galicia só determina os domingos e festivos nos que se permite abrir ao público. En calquera caso, lembrámosche que os establecementos cunha superficie de exposición e venda ao público inferior a 300 m2 teñen plena liberdade horaria, ao igual que os establecementos instalados en puntos fronteirizos, en estacións e medios de transporte terrestre, marítimo e aéreo e en zonas de gran afluencia turística, entre outros.

3

Podo utilizar as instalacións do Colexio para reunirme cun provedor?

Si, temos unha sala de reunións cunha capacidade para 16 persoas e incluso uns espazos máis pequenos, idóneos para entrevistas persoais e discretas, dispoñibles de luns a venres, de 9h a 14h e de 16h30 a 19h30. O único requisito é solicitarnos o espazo con antelación.

4

Teño mercancía sen contrastar na tenda. Trátase de compras que fixen hai tempo e decateime agora que non está contrastada. Pode sancionarme Consumo (o Instituto Galego de Consumo) por isto?

Si. Tal como se indicou no número 1 de Alento (decembro 2012), de acordo co Regulamento de metais preciosos, a responsabilidade de que todas as xoias estean contrastadas é do comerciante que ten a obriga de informar aos clientes da lei oficial da aliaxe, da identidade do fabricante e, no seu caso, do laboratorio oficial do contraste de garantía.

5

Podo participar na elaboración da Campaña de publicidade de Nadal 2013-2014 aprobada por asemblea xeral o mes pasado?

Si. Agora mesmo xa se está a traballar sobre a súa organización. Debes poñerte en contacto coa oficina de Coxga para trasladar o teu desexo.

6

Onde podo consultar as convocatorias de axudas en vigor ou da lexislación de interese para o noso sector?

Na nosa páxina web www.coxga.es temos un espazo privado para colexiados, especialmente deseñado para que estea

16

ALENTO

NÚM. 3

AGOSTO 2013


á vosa disposición o máximo de información 24/24h. Atención, para acceder a este apartado debes estar rexistrado.

7

Debo cumprir coa normativa de protección de datos?

Se tes almacenados datos de carácter persoal (clientes ou empregados, por exemplo), si estás obrigado. Nese caso debes notificar a creación do ficheiro á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) para a súa posterior inscrición. Tamén debes comunicar a modificación e supresión dos ficheiros. En calquera caso, se dispós de cámaras de vídeo vixilancia estás obrigado a comunicar o ficheiro á AEPD, ademais de colocar nas zonas vídeo vixiladas o cartel informativo e ter á disposición dos interesados, impresos coa información requirida na Lei.

8

Teño unha balanza na miña tenda e non sei se está homologada. Ten que selo obrigatoriamente?

Toda balanza que se utilice para realizar algunha transacción comercial debe estar homologada. Obrigatoriamente, as balanzas homologadas teñen unha placa pegada ou adhesiva nun lugar visible cunha serie de indicacións descritivas (marca e nome do fabricante, alcance máximo e mínimo, alcance de verificación...) Tamén deben ter o marcado de conformidade CE, acompañada da etiqueta metrolóxica M verde e seguido das dúas últimas cifras do ano que se colocara. Ademais, as balanzas deben ser verificadas periodicamente, cada dous anos dende a posta en servizo e sempre despois de calquera reparación ou modificación, resultando tamén obrigatorio levar o libro rexistro de verificacións e reparacións.

9

Vexo que varios compañeiros escriben na revista Alento. Como podo facer para escribir eu tamén?

Simplemente comunicalo á oficina de COXGA, indicando a entrevista ou texto que queres publicar. Dende a oficina comunicarémosche o prazo de entrega do texto para que se poida publicar no seguinte número da revista.

10

Teño que inscribir a miña xoiaría no Rexistro Galego de Comercio?

No teu caso a inscrición é voluntaria, se ben debes ter en conta que é gratuíta e, ademais, condición indispensable para optar a calquera das axudas convocadas pola Xunta de Galicia ou para participar activamente en programas específicos. Nos supostos de venda a distancia (por exemplo, tenda online) e franquías é necesaria a comunicación do inicio de actividade ás correspondentes Seccións do Rexistro Galego de Comercio no prazo de tres meses. O propósito do Rexistro Galego de Comercio, creado pola Lei 13/2010 de comercio interior de Galicia e posteriormente regulado polo Decreto 118/2012, do 20 de abril, é ter un censo actualizado de establecementos e actividades comerciais de Galicia.

Que se tratou na Asemblea Xeral Ordinaria do COXGA (10-06-2013)? Coincidindo coa entrega de premios do I Concurso San Eloi de deseño, o pasado 10 de xuño, o COXGA celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria, na que se trataron os seguintes puntos: • Memoria de Actividades do ano 2012: aprobada. • Estado de contas do exercicio 2012: aprobado. • Campaña de publicidade de Nadal 2013: aprobada. Os colexiados que desexen recibir máis información sobre estes puntos (así como os documentos tratados) poden consultar o taboleiro de colexiados, na nosa web, ou poñerse en contacto coa oficina do COXGA.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

17


COXGA

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, co obxecto de promover as iniciativas dos deseñadores non profesionais, convoca o II Certame de Deseño San Eloi

II Concurso San Eloi para deseñadores O tema escollido para a segunda edición é o «Sol» Bases completas 1. Participantes O concurso está aberto a todos os deseñadores, que non exerzan profesionalmente e teñan os 18 anos cumpridos a 24 de outubro 2013. 2. Premios O xurado seleccionará os dez deseños finalistas, entre os que se atoparán os tres deseños gañadores. O premio consiste en: 1er premio: 1.000 euros 2º Premio: 500 euros 3º Premio: 200 euros

• Cada participante poderá presentar unha única proposta.

te concurso. O seu incumprimento dará lugar á exclusión do certame.

Valorarase a innovación do deseño, a posibilidade de realización e a portabilidade da xoia, así como a súa relación coa temática escollida, neste caso o sol.

• Os deseños deberán ser orixinais e non se aceptarán propostas xa presentadas a outros certames.

Todos os finalistas recibirán o correspondente diploma acreditativo da participación.

• A partir do 24 de outubro 2013 reunirase un xurado composto por seis profesionais representantes do sector da xoiaría, deseño e do mundo da arte en Galicia.

• Os datos dos participantes serán incorporados a un ficheiro titularidade do Colexio Oficial de Xoiaría, que tratará para a organización e xestión do concurso. Poderanse exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación dirixindo un escrito ao Colexio Oficial de Xoiaría: rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB. 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

3. Desenvolvemento do certame • Os deseños poderán presentarse impresos, a partir do 1 de agosto e antes do 24 de outubro, ás 19h, na oficina do Colexio Oficial de Xoiaría: rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B. 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) • No interior dun sobre que se entregará pechado irán outros dous sobres pechados con: 1) O deseño impreso e unha memoria do proxecto, de como máximo unha páxina. 2) O currículum do deseñador e os seus datos completos: -nome e apelidos -data de nacemento -enderezo postal completo -teléfono -correo-e de contacto -DNI • A realización dos deseños é totalmente libre.

18

ALENTO

NÚM. 3

• Tomando como base para a súa valoración a innovación do deseño, a posibilidade de realización e a portabilidade da xoia, así como a súa relación coa temática escollida —neste caso o sol— os membros do xurado seleccionarán os deseños finalistas e gañadores. A decisión adoptada polo xurado será inapelable. • A entrega dos premios farase nun acto público, ao que se convocarán os finalistas, na data e lugar que se determinen e que serán convenientemente comunicados a todos os participantes. A previsión é que este acto se organice para o 1 de decembro, día de San Eloi, patrón dos xoieiros.

• Os nomes e imaxe dos participantes poderán ser obxecto de comunicación pública nas accións que o Colexio Oficial de Xoiaría poida levar a cabo relacionadas co certame. • Todos os participantes ceden ó Colexio Oficial de Xoiaría o uso e explotación dos deseños presentados, que poderán ser obxecto de exposición e/ou difusión pública por calquera medio de comunicación. • Os dez deseños finalistas quedarán en propiedade do Colexio Oficial de Xoiaría.

4. Aceptación bases e notas aclaratorias

• O Colexio Oficial de Xoiaría resérvase a interpretación das presentes bases, prevalecendo o seu criterio en caso de discrepancia e tendo en conta que o Xurado pode declarar total ou parcialmente deserto o concurso.

• Os participantes aceptan expresamente cumprir todas e cada unha das bases des-

Santiago de Compostela, a 15 de xullo 2013.

Toda a información estará sempre actualizada na web do Colexio Oficial de Xoiaría: www.coxga.es

AGOSTO 2013


O xurado tivo unha longa xornada de selección para escoller os 80 finalistas e os 12 gañadores aos que se lles entregou o seu deseño realizado nunha xoia para agasallar á súa nai

Deseña una xoia para a túa nai Como continuación da presentación publicada no número 2 de Alento, confirmarmos que se bateu outro récord de presentación de deseños, con case 8.000 debuxos recibidos para concursar. A entrega de premios tivo lugar nun auditorio cheo de público e ese día houbo agasallos para todas e todos, ademais do diploma personalizado. Este ano, os patrocinadores e fabricantes das xoias foron: • Alfonso Joyas (Santiago de Compostela) patrocinou un colgante. • Ardentia (Bergondo) fabricou un anel. • Atempo Alfonso (Santiago de Compostela) patrocinou un colgante. • Escola de xoiaría Mestre Mateo (Santiago de Compostela) fabricou un colgante. • Escola de xoiaría do Atlántico (Vigo) fabricou broches e colgantes. • Palamios (Pontevedra) patrocinou uns pendentes. • Piropo Joyas (Viveiro) fabricou un colgante. • Rosant (Marín) patrocinou un colgante. • Silvereira (Teo) fabricou un colgante.

O Conselleiro de Economía e Industria e a representate de Atempo Alfonso xunto con Ana Areoso, unha das finalistas

Sen a colaboración destes profesionais, esta IV edición non sería o que foi. Deixamos aquí constancia do agradecemento especial que lles debemos, así como a todas as tendas colaboradas, xa que sen a súa axuda

non chegarían os dípticos a todos os recunchos de Galicia. Nesta páxina podedes descubrir os deseños feitos polos gañadores e as xoias resultantes.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

19


NO R MA TI V A

por Luis Ortiz Rilo (Xemólogo por IGE) do Laboratorio de Contrastación de Galicia

Das importacións de xoiaría de Italia

A

libre circulación de mercancías entre países da UE non constitúe dispensa algunha para o cumprimento da lexislación vixente. Do mesmo modo que outros artigos, a xoiaría está sometida a unha estrita regulamentación de autorización previa á súa posta en venda (esta autorización previa materialízase mediante o contraste obrigatorio). Consecuentemente, a interpretación do principio de libre circulación de mercancías carece de todo fundamento e podería considerarse como mal-intencionada.

O Tribunal de Xustiza Europeo, afirma que «cando unha normativa estatal esixe que o contraste sexa colocado por un organismo independente, a comercialización de obxectos fabricados con metais preciosos importados doutros Estados membros non pode verse prohibida naqueles casos nos que ditos obxectos fosen efectivamente contrastados por un organismo independente no Estado membro exportador » (Sentencia do Tribunal de Xustiza do 15 de setembro de 1994, procedemento penal contra Ludomira Neeltje Barbara Houtwipper, Asunto C-2093/93, apartado 27).

mercializados en territorio español sen necesidade de cumprir os requisitos previstos no apartado 1 do presente artigo, sempre que posúan o contraste de identificación de orixe e o contraste de garantía do Estado de procedencia, e que estes contrastes cumpran os seguintes requisitos: a) O contraste de identificación de orixe deberá ser rexistrado polo órgano correspondente do Estado membro de procedencia. Dito rexistro acreditarase ante o órgano competente dunha Comunidade Autónoma con carácter previo á comercialización por primeira vez no territorio español nos obxectos que posúan o correspondente contraste de identificación de orixe.

As marcas de garantía que figuran nos artigos importados de Italia son marcas, non aplicadas por ningún laboratorio oficial italiano, senón polo propio fabricante. O artigo 13 da Lei 17/1985, do 1 de xullo, sobre obxectos fabricados con metais preciosos, segundo a redacción dada polo artigo 177 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, queda redactado nos seguintes términos:

b) O contraste de garantía ofrecerá unha información equivalente á esixida pola presente Lei a tales contrastes.

Así mesmo, deberá realizarse por un organismo independente ou, no seu caso, por un laboratorio sometido ao control da Administración pública ou dun organismo independente dun Estado membro. Estes organismos independentes ou laboratorios deberán ser recoñecidos polo órgano competente dunha Comunidade Autónoma con carácter previo á comercialización por primeira vez en territorio español dos obxectos que posúan o correspondente contraste de garantía efectuado por un de tales organismos independentes ou laboratorios.

No caso de que os obxectos fabricados con metais preciosos procedentes doutro Estado membro da Unión Europea non reúnan algún dos requisitos anteriores, seranlles de aplicación as previsións do apartado 1 do presente artigo, salvo que concorrese a circunstancia prevista no seguinte apartado.

Artigo 13 1. Para a comercialización no territorio español de obxectos fabricados con metais preciosos importados procedentes de Estados que non sexan membros da Unión Europea, esíxense os seguintes requisitos: a) Que cumpran os requisitos que para a comercialización no mercado interior se establecen no capítulo II desta Lei. b) Que con independencia dos contrastes con que estes obxectos fosen marcados no Estado de orixe, se marquen no destino co punzón de contraste de garantía. 2. Os obxectos fabricados con metais preciosos procedentes doutro Estado membro da unión Europea, poderán ser co20

ALENTO

NÚM. 3

AGOSTO 2013

3. Non serán de aplicación as previsións dos apartados 1 e 2 do presente artigo se existisen acordos con outro u outros Estados sobre condicións de recoñecemento mutuo de contrastes de obxectos fabricados con metais preciosos.»


Taxas do Laboratorio de Metais Preciosos de Galicia para contrastación de metais preciosos Entrada en vigor o 1-4-2013 1. Operacións de ensaio e contraste de ouro e, de ser o caso, contraste Por gramo ou fracción

0,15 €

Por ensaio

42,00 €

2. Operacións de ensaio de platino e, de ser o caso, contraste Por gramo ou fracción

0,22 €

Por ensaio

42,00 €

3. Operacións de ensaio de prata e, de ser o caso, contraste Por gramo ou fracción

0,06 €

Por ensaio

42,00 €

4. Análise consultiva de ouro e certificación de lei

58,90 €

5. Análise consultiva de platino e certificación de lei

235,52 €

6. Análise consultiva de prata e certificación de lei

Polo tanto establécese que os artigos fabricados con metais preciosos procedentes doutros Estados membros poden ser comercializados en España sempre que: • Posúan contraste de identificación de orixe (ou responsabilidade). • Incorporen o contraste de garantía do Estado de procedencia. • O contraste de garantía ofreza unha información equivalente á prescrita pola Lei 17/1985 de obxectos fabricados con metais preciosos. A diferencia do Estado español, onde o sistema de contraste é obrigatorio a priori, o sistema italiano é voluntario e, en consecuencia, caso de incluír os contrastes, non existe trazabilidade entre o lote contrastado e a partida fabricada podendo estar constituído por artigos procedentes de partidas dispares sen ningunha relación entre si. Nesta situación, a hipotética garantía italiana nunca ofrecerá unha información equivalente á española. Ademais, a Lei 17/1985 establece un procedemento administrativo a cumprir con carácter previo polo organismo independente do Estado membro que incorpore o contraste de

44,16 €

garantía, e é que fose recoñecido polo órgano competente dunha comunidade autónoma do Estado español. Esta condición nunca será posible mentres o sistema italiano manteña o seu actual modelo. Consecuentemente, todos os artigos de xoiaría de fabricación ou procedencia italiana deben ser contrastados en España obrigatoriamente e con carácter previo á súa posta á venda. O punzón de identificación de orixe será o do importador, debendo obrar en poder do laboratorio de contraste unha copia da súa licencia de actividade.

Laboratorio Oficial de Contrastación de Metais Preciosos de Galicia Rúa Torres Quevedo, 3-5 15071 A Coruña Teléfono: 881 881 620 http://www.krisos.org COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

21


NO R MA TI V A

por J. Carlos García Cumplido (Asesor Xurídico do Coxga)

Teño un establecemento de xoiaría. Realizada a venda dun artigo, estou obrigado a admitir a súa devolución e restituír o prezo ao cliente?

N

on, como regra xeral. O comerciante non está obrigado a admitir devolucións salvo que o artigo vendido sexa defectuoso, en cuxo caso deberá devolver o importe da compra ao cliente ou cambiar o artigo por outro igual ou de similares características.

Para iso, na zona de caixa da xoiaría anunciarase por escrito de forma visible para os clientes se o establecemento admite ou non a devolución dos artigos e no caso de admitirse, as condicións da mesma: • p razo: se non se indica un prazo, este será de 7 días naturais; • m odalidade: reembolso do importe ou outorgamento dun vale sen caducidade ou documento acreditativo da débeda sen caducidade polo importe correspondente. Exemplos de contido de carteis para o caso de non admitir devolucións ou de non devolver o importe en efectivo: Non se admiten devolucións O abono do artigo devolto efectuarase mediante un vale sen caducidade. Non se devolverá o importe en efectivo. Así mesmo, no tique de compra tamén debe figurar a posibilidade ou non de devolución e o prazo para facela efectiva. É moi importante ter en conta que o cliente terá dereito a esixir a devolución do importe da compra cando esta posibilidade conste na oferta, promoción ou publicidade da xoiaría, xa que a mesma é vinculante para o establecemento, que sempre deberá cumprir co anunciado. Por último, atendendo a que cada vez máis xoiarías ofrecen aos seus clientes a comodidade de comprar a través da súa tenda online, destacamos que neste caso si existe a obriga legal de admitir a devolución do artigo, actualmente no prazo de 7 días hábiles dende a súa entrega, sen necesidade de que o cliente teña que alegar causa algunha. 22

ALENTO

NÚM. 3

AGOSTO 2013

Lexislación Lei 7/1996, de 15 de xaneiro, de ordenación do Comercio Minorista. Lei 13/2010 de 17 de decembro, de comercio interior de Galicia. Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.


Son autónomo. Este ano cumpro 66 anos de idade e teño 37 anos cotizados, podo acceder á pensión de xubilación e traballar por conta propia?

S

i, dende a entrada en vigor o pasado mes de marzo do Real Decreto-Lei para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e favorecer o envellecemento activo, os traballadores por conta propia poden compatibilizar o cobro do 50% da pensión de xubilación con calquera traballo, sexa a tempo completo ou a tempo parcial e cunhas obrigas de cotización social reducidas. Os requisitos para poder compatibilizar o traballo co cobro do 50% da pensión son: • acceder á pensión unha vez cumprida a idade legal de xubilación (en 2013, 65 anos) e • alcanzar a porcentaxe do 100% aplicable á base reguladora para determinar a contía da pensión (anos de cotización mínimos esixidos para recibir a pensión completa: en 2013, 35 anos e 3 meses) A contía da pensión compatible co traballo é sempre do 50% da pensión de xubilación que lle corresponda, calquera que sexa a actividade e a xornada laboral (a tempo completo ou parcial) e terá a consideración de pensionista a tódolos efectos (por exemplo, asistencia sanitaria). Unha vez rematada a relación laboral, restablecerase o percibo íntegro da pensión de xubilación. Durante a realización do traballo cotizará á Seguridade Social unicamente por incapacidade temporal e por continxencias profesionais, se ben tamén se estableceu unha cotización especial de solidariedade do 8% que non computará para as prestacións.

Así mesmo, segue vixente a posibilidade de percibir a pensión de xubilación coa realización de traballos por conta propia cando os ingresos anuais non superen o Salario Mínimo Interprofesional en cómputo anual, non estando neste caso obrigado a cotizar á Seguridade Social.

Lexislación Real Decreto Lexislativo 1/1994, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social. Lei 27/2011, de 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social. Real Decreto-lei 5/2013, de 15 de marzo, de medidas para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento activo.

Compatibilidade de traballo por conta propia e pensión de xubilación Compatibilidade Requisitos Contía pensión Cotización

Pensión de xubilación e traballo, a xornada completa ou parcial. Ter cumprido a idade legal de xubilación. Ter cotizado os anos esixidos para recibir a pensión completa. 50% da pensión de xubilación que corresponda ao traballador. Cotizará por incapacidade temporal e continxencias profesionais. Cotización especial de solidariedade do 8%. COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

23


T E N DE N C I A S Texto e imaxe

Katuxa Platero Seoane

Colexiada n.º A0804 Katuxa Platero (www.katuxaplatero.com)

Noivas + cor. Why not?

A

deseñadora neoiorquina Vera Wang leva anos introducindo nas pasarelas internacionais a cor nos vestidos de noiva. Así que, por que non?

É una tendencia que se foi introducindo pouco a pouco nas noivas, primeiro foron as faixas de cor, os zapatos e agora cada vez son máis as noivas que se decantan pola xoiaría de pedras en cor, desbancando as tradicionais perlas e diamantes. Como deseñadora animo ás ”miñas noivas“ a introducir pequenos toques de cor sobre todo en pendentes, que se levan de tamaño “XL” esta tempada, facendo un chisco por exemplo, á cor do teu ramo, dos zapatos ou ben da garabata do noivo. Ou simplemente porque sabes que esa cor che favorece. Unha xoia con cor pode definir a túa personalidade nese día, converténdote nunha noiva desenfadada ou máis sofis-

ticada, dependendo dos complementos e cores que utilices para o teu look. Unha boa opción serían uns Cuarzos Rosas ou Ópalos, se non te decides por un gran contraste entre vestido e xoias, pero, se realmente queres destacar, recoméndoche un bo Xade ou Coral, farán que a túa cara se ilumine e pasarás de ser unha noiva máis a ser unha noiva única. Calquera destas opcións en pedras son válidas para calquera tipo de muller; son extremadamente favorecedoras. Así que, antes de decidirte por eses brillantiños ou perliñas redondas, propóñoche que vaias á túa xoiaría de confianza, probes pezas de distintos tamaños e cores e que se adecúen aos teus rasgos. Pregunta na túa xoiaría, seguro que te asesorarán estupendamente.

Noivas de Vera Wang 24

ALENTO

NÚM. 3

AGOSTO 2013

Pendentes de topacio cuarzo hialino e brillantes Colección Dalí de Katuxa Platero

María José, con topacios en talla mistic e esmeraldas Paraiba, montados en ouro branco de Katuxa Platero


TExTO E iMAxE

Pulseira de Lovelix

Cristina Rodríguez

Colexiada n.º D0561 http://www.piropojoyas.com/

Bling Bling!

C

inco tendencias que deberían marcar as nosas compras de cara á próxima campaña. xoiaría digna para unha muller moderna e actual, atrevida e preparada para conquistar o mundo.

Cruces Se aínda tiñades dúbidas de que as modas regresaban, este é un bo exemplo xa que as xoias en forma de cruces converteranse nas auténticas protagonistas da temporada outono-inverno 2013-2014. Esta tendencia entra con tanta forza que se di que substituirá a moda das caveiras.

Flora e fauna Os motivos florais permanecen unha temporada máis resistíndose a entregar o seu protagonismo. A natureza consti-

túe unha inesgotable fonte de inspiración. Por unha parte inspiradas no mundo animal, insectos coma libélulas ou abellas, así coma serpes, que acadarán este ano o seu expoñente máximo. Por outro lado o reino vexetal, que será un complemento ideal para estilismos delicados e moi femininos.

Dourado O dourado máis excesivo repetiu sobre todas as pasarelas das próximas coleccións de outono-inverno. A cor ouro será a protagonista indiscutible do noso armario. Destacará o dourado en enormes brazaletes e tamén en colares e pulseiras de enormes argolas.

Anel de Cartier

Total White / total Black Perfección, pureza, paz e neutralidade penetran no noso look esta temporada. As propostas invernais aférranse ó negro máis chic á vez que apostan polo branco máis minimalista. Dúas alternativas que contaxiarán ás xoias máis novidosas.

Século XIX Nostalxia polo pasado, establecendo como fonte de inspiración a Rusia imperial así como os marabillosos anos 60 con looks de estilo “art déco”.

Anel Oscar Rodríguez

Colar Piropo Joyas

Chopard conmemora o seu 150 aniversario con xoiaría inspirada en animais COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

25


ÚLTI M A H O RA Concurso San Eloi

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO I CONCURSO SAN ELOI XÓVENES DESEÑADORES Finalistas do I Concurso San Eloi Xóvenes Deseñadores xunto con Óscar Rodríguez (presidente do COXGA) e Sol Vázquez (Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia)

O 10 de xuño, coincidindo coa Asemblea xeral do Colexio, tivo lugar a entrega de premios do i Concurso San Eloi xóvenes Deseñadores, na que se deron a coñecer os gañadores (quedando deserto o primeiro premio): Marta García Arcos (2º premio) Rubén Boga Ares (3º premio) O xurado do concurso deste ano seleccionou os seguintes 10 finalistas: Adrián Desiderio Aliaga Bernabeu Bibiana García Vilas

deseñadores, aínda non integrados no mundo profesional da xoiaría. Na seguinte edición farase coincidir a entrega de premios coa celebración de San Eloi, patrón dos xoieiros. Bases completas neste número de Alento e en www.coxga.es.

Carmen Rey Diz Daniel González Abalde Mara Vázquez Lago Marta García Arcos Pilar Ortiz Carvajal Raquel Sánchez Ballesteros Sonia Fernández Gandásegui Rubén Boga Ares O obxectivo deste Concurso, convocado polo Colexio Oficial de xoiaría, é promover as iniciativas dos xóvenes

Deseño de Marta García Arcos (2º premio)

Deseño de Rubén Boga Ares (3º premio)

Sorteo cruceiro campaña de Nadal 2012

CRUCEIRO AOS FIORDOS A Gala de San Eloi 2012 foi o escenario do sorteo dun cruceiro aos Fiordos para dúas persoas, entre tódolos colexiados que contribuíron, coas súas aportacións, a facer realidade a campaña publicitaria de Nadal 2012. A afortunada foi a xoiaría Salamanca, da Coruña. O Cruceiro tivo lugar do 15 ao 23 de xuño. Estas vistas foron sacadas das fotos que tiveron a cortesía de facernos chegar.

26

ALENTO

NÚM. 3

AGOSTO 2013

h

Foi un

e

ibl squec

e ine a viax

Pásamolo m

oi ben


AXEN D A No calendario da nosa web tamén podedes comprobar as datas de interese. Para conseguir máis información sobre algunha actividade, os profesionais colexiados poden remitirse ao apartado reservado da web, no que están todos os detalles, ou contactar coa oficina do Colexio Oficial de Xoiaría. Agosto Xoves 15

Festivo estatal

Venres 16

Festivo local Santiago de Compostela

Do 12 ao 17

Oficina de Coxga pechada

Do 24 ao 27

Feira Tendence-Carat, Frankfurt (Alemaña)

Setembro Do 7 ao 11

Feira Vicenzaoro, Vicenza (italia)

Do 11 ao 15

Feira iberjoya, Madrid

Do 12 ao 15

Feira Macef Bijoux 2013, Milán (italia)

Do 26 ao 29

Feira Portojoia, Porto (Portugal)

Outubro Sábado 12

Festivo estatal de apertura autorizada en Galicia

Do 17 ao 19

Semana da xoiaría contemporánea de Barcelona

Do 17 ao 20

Espaijoia, Barcelona

Sábado 19 e domingo 20 Xoves 24 Sábado 26 e Domingo 27

ExpoBEC 2013, Palexco-A Coruña Data límite presentación ii Concurso Deseño San Eloi, Coxga ExpoBEC 2013, Pazo de Congresos e Exposicións-S. de Compostela

Novembro Venres 1

Festivo estatal

Decembro Domingo 1

San Eloi

Domingo 1

Festivo de apertura autorizada

Domingo 8

Festivo de apertura autorizada

Domingo 15

Festivo de apertura autorizada

Domingo 22

Festivo de apertura autorizada

Domingo 29

Festivo de apertura autorizada

ANUNCIOS POR PALABRAS Traspásase negocio de xoiaría preparado. Moi económico. Aluguer: 140 € mensuais. Superficie: 25-30 m2. Ubicación: Vigo, en Alfonso x O Sabio, 4. Para máis información: 986 473 838 Véndese xoiaría en activo (15 anos) con local propio (74m2 + 25m2 entreplanta) en Vigo, zona centro. Non se pide traspaso. Para máis información: xabier 986 291 837 ou 605 795 309. Véndese o seguinte material: impresora etiquetas ARGOx OS-214; 2 rollos etiquetas prateadas; lector código de barras “VOYAGER”; videocámara V Cam CU-230 USB CMOS e impresora de tickets Epson TMU210-PD. Para máis información teléfono 982 563 611. Deseño, prototipado 3D e fundición para profesionais do sector. Deseños de xoias

personalizadas, institucionais, corporativas e relixiosas. Para máis información: info@ mastaller.com Venda de obradoiro de xoiaría, con patente de fabricación. Céntrico, en Ourense (70m2 con 6 postos de traballo): 1 forno de fundición eléctrico (37 cilindros de fundición: 15 cm x 6 cm) e 1 forno de gas (6 cilindros), máquina de rodio, electro-pulido, cilindros eléctricos de chapa e fío, ferramentas de man, máquina de pesar, pulidoras de 2 postos, caixa forte, bombos de pulir de bolas e outros de conos de brillo… Para máis información chamar a María del Carmen: 678 530 970 e 988 247 551 ou 988 238 467 (en horario comercial). Empresa con sede social en Córdoba, fortemente implantada no mercado estatal, fabricante de xoiaría, con 25 anos de experiencia necesita comerciais para atender

Galicia, cos seguintes requisitos: experiencia mínima de 5 anos en venda no sector xoiaría-reloxaría; residir en Galicia e dispoñer de vehículo propio. As persoas interesadas deben poñerse en contacto con Esteban no teléfono 957 764 800. Soc. Textil Lonia S. A. precisa incorporar, para a súa sede central, deseñador/a de accesorios, para: búsqueda e captación de tendencias (viaxes a feiras, shopping, showrooms…), colaboración na búsqueda e selección de materiais, relación e seguemento de proveedores, deseño e elaboración de bocetos e fichas técnicas. imprescindible dominio de ferramentas informáticas (illustrator, Freehand ou Photoshop) e dispoñibilidade para residir en Ourense. xornada completa. Salario negociable. Experiencia mínima: prácticas. Enviar CV a belen.pardinas@stlonia.com (asunto: deseño accesorios).

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

27


11-15

ORGANIZA

Septiembre

2013

El Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia le invita a celebrar la 50ª edición de Iberjoya. Más información en

www.coxga.es

www.giftrends.ifema.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.