Alento 2

Page 1

2 ABRIL 2013

COLEXIADOS OFICIOS FORMACIÓN EMPRESA COXGA NORMATIVA TENDENCIAS AXENDA



EDIT O RIAL

Seguimos 4 COLEXIADOS (entrevistas)

Iria Rodríguez Obradoiro Maysil

8 OFICIOS Ourivaría Reloxaría Xemoloxía

14 COLEXIADOS (opinión)

Por que? Apoloxía da unión Dúas ferias e un destino

16 FORMACIÓN

Cursos de especialización de xoiaría

17 EMPRESA Facebook

18 COXGA

As coleccións de xoias das nosas empresas xa están amparadas polo selo Galicia Calidade (II)

19 DÍA DA NAI

Deseña unha xoia para a túa nai

22 NORMATIVA

Un establecemento de xoiaría debe dispor obrigatoriamente dun sistema de rexistro de imaxes? Son autónomo, podo contratar o meu fillo como traballador por conta allea?

25 TENDENCIAS

ogo da agradable acollida que tivo o primeiro número de Alento, a revista dos profesionais da xoiaría, ourivaría, prataría, reloxaría e xemoloxía de Galicia, aquí vos presento o número 2. Antes de nada, quero aproveitar para convidarvos á entrega dos premios do IV Certame “Deseña unha xoia para a túa nai” que tantas alegrías nos ten dado nas tres edicións anteriores. Recibiremos aos oitenta finalistas o martes 30 de abril, ás 19h, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Agardo poder contar con vós!

Tamén quero aproveitar estas liñas para reflexionar sobre a problemática da inseguridade que nos afecta. Dende o Colexio non cesamos na tarefa de requirir continuamente ante a administración avances nesta materia e por suposto melloras lexislativas coa finalidade de reducir esta inseguridade. Neste senso, na última reunión da Asociación Española de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros (AEJPR), tratamos este tema e expuxéronse os compromisos alcanzados co Goberno estatal, recollidos agora polo Ministerio de Xustiza nun Anteproxecto de reforma de Código Penal. Neste texto quero destacar o agravamento de penas de determinadas condutas delituosas e a consideración da habitualidade destas condutas como agravante (non a reincidencia que require falar de delincuentes xa sentenciados). Tamén se contempla como agravante o feito de portar armas ou instrumentos perigosos aínda que non se exhiban ou utilicen. Somos conscientes de que aínda falta moito camiño por andar, e que non sempre temos a resposta que nos gustaría das Administracións, pero seguimos traballando e debemos seguir unidos, loitando polos intereses comúns, incitando a que as Autoridades nos teñan sempre en conta. O Colexio Oficial de Xoiaría está para axudar, representar e apoiar ao sector e a todos os profesionais que o conforman.

20 COXGA

L

Quero rematar estas liñas agradecendo o labor das Comisións de Traballo do noso Colexio, que fan que se poidan levar a cabo moitas das actividades. Sen a súa constante implicación non escribiríamos o futuro deste Colexio. Tamén desexo facer extenso este agradecemento a todas as persoas que, sen formar parte dunha Comisión de Traballo, suman ao noso cometido diario as súas ideas, suxestións e preguntas, axudándonos a construír este camiño. Un atento saúdo e moi boa lectura!

Bling Bling!

26 INTERNACIONAL

Oscar Rodríguez Blanco

27 AXENDA

NÚMERO 2

Presidente

ABRIL 2013

Editor Colexio Oficial de Xoiaría

Publicidade

Rúa Ramón Cabanillas 5-7, 2º B

15701 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 598 858 Correo electrónico: prensa@coxga.es

A Coruña

www.coxga.es

Deseño e diagramación Tórculo Artes Gráficas, S. A. ISSN 2255-1492 Depósito legal C. 2.277-2012 Impresión Tórculo Artes Gráficas, S. A.

O Colexio Oficial de Xoiaría non se fai responsable das opinións nin comentarios que os colaboradores expresen, en todo momento, de maneira individual. É preciso solicitar autorización ao Colexio Oficial de Xoiaría para as reproducións de contidos.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

3


C O L E X I A D O S | en tr evi st as

Iria Rodríguez Avda. Alvaro Cunqueiro, 1 27780 Foz (Lugo) T. 982 132 485 iria.rodriguez.joyeria@gmail.com

Iria Rodríguez é unha profesional de 26 anos que se colexiou no 2010, ano dende o que conta co seu propio establecemento de xoiaría en Foz, onde se ocupa, principalmente, da atención ao público, facer arranxos e deseñar. Anteriormente estudou Xoiaría artística na Escola Mestre Mateo, en Santiago de Compostela e logo completou a súa formación en Cenjosur (Córdoba). Entrevistamos a Iria para que nos falara sobre a súa experiencia emprendedora, o comezo no mundo da xoiaría e os seus proxectos futuros. Comezamos Iria, cóntanos por que decidiches formarte en xoiaría? Cando soubeches que querías estudar xoiaría? Pois decidino cando estaba estudando o bacharelato artístico, concretamente nunha excursión por Florencia, visitando a ponte Vecchio. De todas formas, sempre souben que quería estudar e traballar en algo relacionado coa arte. Como xurdiu a idea de crear o teu propio establecemento de xoiaría? Que actividades desenrolas? A idea xurdiu case ao rematar os meus estudos en Cenjosur (Córdoba), un Nadal pensando no meu futuro... Como cousa do destino entereime de que pechaba a xoiaría que agora rexento; todo empezou un pouco en broma e... mira como acabei! 4

ALENTO

NÚM. 2

“Normalmente os meus deseños van dirixidos á xente nova pero como me fan pedidos toda clase de persoas intento adaptarme ás súas características, sempre deixando a miña pegada no deseño.”

As miñas principais actividades son a atención ao público, facer arranxos e deseñar todo o que podo. A que tipo de público van dirixidos os teus deseños? Como definirías o teu estilo?

ABRIL 2013

Normalmente os meus deseños van dirixidos á xente nova pero como me fan pedidos toda clase de persoas intento adaptarme ás súas características, sempre deixando a miña pegada no deseño. Cales son os traballos dos que estás máis orgullosa? Pois o traballo que máis tempo me levou, polo labor e valor sentimental que ten, foi reconstruír unha cruz que fora da miña avoa e que estaba moi gastada do uso diario e pola súa antigüidade. Agora que tes unha pequena parte do camiño percorrido na túa traxectoria profesional, cales son os teus proxectos para o futuro? Pois os meus proxectos cara o futuro, polo de agora, tal como está a situación do país..., non pido moito, só ir medrando pouco a pouco e


cando poida, contratar unha persoa para que me axude na tenda e eu poder adicarlle máis tempo ao obradoiro que é o que me gusta. Tes páxina web? E conta en Facebook e Twitter? Como valoras as redes sociais no teu traballo? Estou creando a páxina de Facebook, que por unhas cousas e outras téñoo algo abandonado, pero o certo é que hoxe en día as redes sociais son moi importantes e axudan a darte a coñecer.

“Para min o máis gratificante é facer unha peza para un cliente e verlle a cara de satisfacción.”

E o que menos che gusta? O que menos me gusta do meu traballo é o relacionado co tema da reloxaría... Tes algunha anécdota que queiras contarnos do teu comezo? Pois a verdade é que non teño moi-

Que características se precisan para ser xoieira? A primeira de todas que che guste moito a túa profesión

tas, pero unha delas foi unha señora que me deixou unhas pezas para arranxar e limpar e cando as veu recoller, viunas tan limpiñas e

Que consello lle darías a un rapaz/a que desexe empezar nesta profesión?

A segunda, moita paciencia

bonitas que non cría que foran as

E a terceira, ser moi responsable

mesmas!!!

Pois o meu consello sería que si realmente lle gusta, adiante!!! que non son tempos fáciles para ninguén pero que si é o seu soño que loite por el.

Que é o máis gratificante do teu traballo? Para min o máis gratificante é facer unha peza para un cliente e verlle a cara de satisfacción.

Iria, moitas grazas por adicarnos estes minutos. Desexámosche moita sorte e agardamos falar contigo pronto para que nos contes como van os teus proxectos.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

5


C O L E X I A D O S | en tr evi st as

Obradoiro Maysil Rúa Padrón, 13 36680 A Estrada (Pontevedra) T. 986 570 595 http://maysilartesania.blogspot.com.es/ www.maysil.com

José María Mayer e María Silva son as almas do Obradoiro Maysil; ademais da súa páxina web, na que podemos coñecer as diferentes propostas do obradoiro, traballan cun blog no que colocan puntualmente fotos das súas obras especiais, dos proxectos ou incluso vídeos de propostas ou de elaboración dalgún proxecto. Usan as dúas ferramentas de maneira distinta, enlazando unha ou outra no seu perfil Maysil en Facebook. Falamos con eles para que nos explicaran como utilizan estas ferramentas de comunicación no seu día a día. A nivel profesional, tamén estades noutras redes como en LinKedIn? Si, utilizamos esta rede para dar a coñecer o que facemos a profesionais que necesitan algo relacionado co noso traballo, pero usámola menos. Na plataforma issuu temos dispoñibles os catálogos dos encargos especiais e en Picassa temos todas as fotos colgadas. Semellades un bo exemplo de utilización de novas tecnoloxías para acompañar o proceso artesán de elaboración das vosas creacións. En que outras redes estades presentes? Agora mesmo estamos cambiando a páxina web, para engadir tenda “online”. Temos canal en Youtube e comezamos a usar o canal Vimeo, poñendo á disposición do público uns vídeos corporativos de Maysil. 6

ALENTO

NÚM. 2

“… o segundo que nos fixo utilizar estas ferramentas, é a posibilidade de facer contactos interesantes para o negocio, e o último e terceiro punto da decisión foi para dar a coñecer o que facemos.”

Tamén estamos asociados a portais de vodas, como bodasnet, nuvisystem, para que se nos poida atopar con facilidade en todo momento. Como xurdiu a idea de situar Maysil a este nivel tecnolóxico?

ABRIL 2013

O primeiro é que é gratuíto (sen contar as horas de formación e implicación persoal), o segundo que nos fixo utilizar estas ferramentas, é a posibilidade de facer contactos interesantes para o negocio, e o último e terceiro punto da decisión foi para dar a coñecer o que facemos. Quen leva todas estas publicacións? Eu, José María Mayer. Que cantidade de tempo require ter ao día estas canles de comunicación? Leva unha media de dúas horas ao día. Chegan clientes novos por estas páxinas? Si. Funciona.


Por onde veñen máis os clientes? 1º por Facebook 2º pola páxina web 3º polo blog 4º polos portais de vodas 5º por Issuu Facemos esta valoración seguindo as estadísticas de visita de cada portal. Que formación requiren estas páxinas? Unha formación de nivel usuario e tempo practicando: o mellor é falar con xente que xa leva tempo facendo este tipo de relacións sociais, para aprender e non cometer os mesmos erros. Canto tempo tardaches en chegar a este nivel de divulgación? Levo dous anos, pero realmente empecei a implicarme hai un ano.

“O primeiro consello que lle daría é que o faga xa, porque é gratuíto; o único que leva é tempo. O segundo que lle diría sería “o futuro está nas redes sociais, e en Internet, por sorte ou por desgracia.”

ría ben facer cursos de social media, pero sempre hai problema de tempo. Non dispoñemos do que nos gustaría para poder formarnos máis.

Asistiches a algún curso específico?

Queredes engadir algún comentario, algunha puntualización?

Si, por exemplo un de web 2.0, outro de Dreamweaver, pero podo dicir que non son realmente necesarios. Sempre está ben a formación, e esta-

Que consello darías a algún profesional do noso sector que desexe empezar a divulgar a súa empresa nestas redes? O primeiro consello que lle daría é que o faga xa, porque é gratuíto; o único que leva é tempo. O segundo que lle diría sería “o futuro está nas redes sociais, e en Internet, por sorte ou por desgraza.

Todas estas redes comezan a dar o seu froito a longo prazo, aínda seguimos experimentando, pero pola experiencia dalgún amigo sei que pode funcionar, e estanos funcionando.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

7


OFICIOS O U RIV ARÍA TEXTO E IMAXE

Susi Gesto-ourive

http://susigesto.blogspot.com.es/

Coubriverías

N

esta ocasión apetecíame falar dunha materia prima máxica como é o cobre, pouco usada ata o de agora para o traballo na Ourivería tradicional Compostelá, e para iso vouvos introducir un pouco na súa orixe e na súa andadura.

Hai máis de 10.000 anos, en Asia menor, o home descubriu o primeiro obxecto de cobre, e a partir dese momento comezou a súa expansión, utilización e diversificación do metal vermello. Foi uns dos primeiros metais utilizados na antigüidade polo ser humano, sendo a primeira técnica metalúrxica coñecida. Os seus usos nun primeiro momento foron dedicados aos obxectos de adorno, debido ao seu carácter altamente estético, simbólico e de gran maleabilidade. 8

ALENTO

NÚM. 2

Conquistou o ámbito bélico e relixioso e usouse como modo de pago no troco, baseándose no peso e tamaño das pezas. Sempre estivo presente nos grandes descubrimentos, como por exemplo o da imprenta: toma forma a letra para deixar a súa pegada na historia e aplicouse tamén nas primeiras materias científicas reflectidas no reloxo, a brúxula, o telescopio e inclusive no instrumental médico. Na historia da arte e das súas diversas expresións xoga un papel fundamental

ABRIL 2013

pois resulta para os diferentes artistas unha materia prima moi atraínte. Ourives, escultores e deseñadores fixeron do cobre unha ferramenta indispensable para a creación grazas ás súas calidades. Metal empregado de igual modo para a creación de instrumentos musicais pois a produción de sons que se xeran deste resultan altamente fermosos. Tendo en conta que o cobre é un material 100% reciclable, entendemos a súa contribución á sostibilidade do medio Ambiente, podendo ser reciclado


ilimitadamente sen perder as súas propiedades. Está cientificamente probado que ten unhas altas propiedades antimicrobianas. Atribúense tamén a este metal propiedades curativas, cousa que explica moi ben nun artigo o antropólogo Rafa Quintía Pereira titulado: “Remedios tradicionais para cura-las espullas. “Respecto ás propiedades curativas do cobre podemos dicir que, segundo algúns estudos realizados, o cobre ten propiedades cicatrizantes, e efectos antimicóticos e antimicrobianos. Tense experimentado con el no tratamento da enfermidade da pel coñecida como “pé de atleta” e comprobado que, transcorrido un tempo de uso, o cobre favorecía a desaparición do padecemento e, ademais, melloraba o aspecto da pel… Todas estas propiedades fan do metal vermello un material realmente importante, pois toda a humanidade precisou e precisará do cobre. Unha curiosidade no mundo da xoiería con cobre foron as cincuenta e seis xoias creadas por Peter Carl Fabergé entre os anos 1885 e 1917. Comezáronse a fabricar en 1885 cando o Zar Alexander III encargou un para a súa esposa, a emperatriz María Fyodorevna. A xoia gustou tanto á Zarina que o Zar ordenou a Fabergé realizar un cada ano, mais coa condición de que o ovo fose único e agochara unha sorpresa no seu interior. O cobre era un dos metais utilizados para crear estas obras de arte da xoiería e moitos incluían minerais como a malaquita, que é un mineral que contén cobre.

ter, pois fai o que lle ven en gaña, sen te deixar planear con antelación en moitas das ocasións; sendo coma un imán para quen o posúe ou para quen ten a posibilidade de manexalo e manipulalo. A mestura del coa prata fai que se mimeticen dun modo incrible e especial, acadando a adopción do sol e da lúa. Dende un inicio o camiño na busca, na técnica, na ourivería tradicional coa filigrana compostelá, no cobre, fai que se constrúan diferentes rutas de alquimia, onde ao longo destas levei máis dunha sorpresa,

resultados de todo o traballado anterior. A colocación do talismán compostelán o “acibeche”. Facendo do metal vermello un elemento máis de identidade galega, debido ás súas novas vestimentas e novas formas, ademais da semellanza coa nosa natureza nos seus procesos, mimetizándose perfectamente e acadando un lugar propio na nosa cultura Ourive. Neste camiño da alquimia atopeime coa artesá Diana Fraiz encargada da tenda Asuntos Imaxinarios; é outra namorada do cobre que me amosou moitas

facendo do camiño dos procesos algo tan importante como o da peza final. Unha das cousas que máis me atraía do cobre era levalo a este terreo, o da miña ourivería, desa coa que me criei, convertendo o metal en fíos de filigrana rizados e lisos que acadan o movemento ansiado unha vez dominado. Boliñas de diferentes tamaños dos dous metais, prata e cobre, a súa mestura coa pátina de óxido onde acada ese ton tan especial achegado ás raizames. O intre do segueteado da peza onde se comezan a ver os

das curiosidades do metal cunha paixón igual á miña polo metal vermello, e menos mal, pois cheguei a pensar que toleara ou tiña unha especie de obsesión. Nun momento determinado deste camiño alquimista, dúas namoradas do metal vermello bautizamos a ourivería tradicional compostelá realizada en cobre como “Coubriverías”, sen rebaixa-lo metal dentro das clases sociais no noso mundo da xoiería e ourivería, e lle ofrecer o agarimo e o respecto que se merece dende as nosas mans, tan prezado metal.

Coubriverías Persoalmente, coñecín o material en si nos obradoiros que realizamos no noso espazo de creación co fin de aforrar en material, e o caso é que me namorei del pola súa rebeldía, pois o cobre non é un metal sinxelo de dominar, provocándome así moita curiosidade; as súas diferentes texturas, esas cores camaleónicas que asoman a cada segundo ao mudar a temperatura, os efectos lume e os seus diferentes estados. Existe algo realmente máxico nel que te apresa nos procesos creativos, pois segue a evolucionar cando xa a peza acadou o seu valor estético. Asemella nos seus procesos aos cambios de estación da propia natureza co desorden propio do seu marcado carác-

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

9


OFICIOS RELOXARÍA Para calquera información adicional contactar coa Comisión de Reloxaría no 981 598 858 ou co COXGA en info@coxga.es

Posible acordo entre marcas de reloxaría e reparadores independentes

A

Comisión de Reloxaría* do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia, fixo unha proposta de documento de traballo para a reunión do 18 de xaneiro 2013, que tivo lugar en Madrid, entre fabricantes de reloxaría e reloxeiros-reparadores co fin de chegar a medio prazo a un acordo para o abastecemento de repostos. Este documento está sendo utilizado como base de traballo pola Asociación Española de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros (AEJPR) así como pola Asociación Nacional de Profesionais Reloxeiros Reparadores (ANPRE). Reproducimos aquí o documento.

Desde o Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia, entendemos que a regulación da profesionalización dos Reloxeiros, as melloras en equipamento e a atención ao cliente repercutirán positivamente tanto para o sector coma para o consumidor. Para elo propoñemos os requisitos indispensables que cumpridos deberían permitir ao profesional reloxeiro a adquisición de todo tipo de repostos orixinais, de todas as marcas sen excepcións nin limitacións. A subministración de repostos a Reloxeiros independentes dentro dun marco de condicións deberá ser efectivo, permitindo a libre competencia dentro do sector.

Formación do persoal 1) Cualificación como Reloxeiro (Formación Profesional regulada, Título de obradoiro artesán ou carta de artesán, ou formación de oficio). 10

ALENTO

NÚM. 2

2) 5 anos de experiencia na reparación de reloxos nos que se inclúen os de formación.

Instalacións 1) Dispoñer dun local adecuado e dedicado exclusivamente á reparación de reloxos no que se dispoña de polo menos dous espazos, diferenciando a zona de reparación e montaxe da zona de lavado e pulido. 2) O local debe estar identificado e rotulado consecuentemente coa actividade que desempeña (Obradoiro de reloxaría, Servizo técnico de reloxaría, etc.).

Maquinaria • Maquinaria para o lavado de reloxos desmontados que permita un resultado de calidade óptima (Greiner ACS 900 ou ELMA RM 90 + limpeza adicional en ultrasóns). • Aceites e lubricantes adecuados a cada reparación. • Líquidos para a limpeza de reloxos de fabricantes recoñecidos e certificados.

ABRIL 2013

• Equipamento para o control dos reloxos mecánicos cunha antigüidade inferior a 7-8 anos (witschi ou Elma watch matic) con impresora de resultados. • Equipamento para o control dos reloxos de cuarzo cunha antigüidade inferior a 7-8 anos (witschi ou Elma watch master). • Equipo de desmagnetización. • Equipos de apertura e peche para fondos de reloxo adaptados ás distintas marcas e tipos de apertura. • Equipos para probas de estanquidade con baleiro e presión (witschi proofmaster S con impresora de resultados - Begral – Af-Roxer ou similar ) adaptados á condición do reloxo a testar. • Prato térmico para a realización de test de condensación. • Equipo ultrasónico para a limpeza de brazaletes e caixas. • Secadora de aire quente. • Ferramentas para a colocación de agullas. • Maquinas pulidoras con todos os accesorios.


*A Comisión de reloxaría do Coxga está formada por: • José Antonio García Prado (presidente), A Coruña • Manuel López Díaz, Lugo • José Luis Míguez Cristóbal, Ordes • Antonio Perfecto Penín Fernández, Vigo • Senén Rodríguez Martínez, Lugo

• Torno para traballos de caixa. • Microscopio con aumento mínimo de 40X. • Prensa para peche a presión con tasses adaptados. • Lámpadas de mesa con luz fría de polo menos 30 W. • Trade de columna con distintas fresas. • Equipo de aire a presión ou circuíto. • Equipo de aspiración. • Ferramentas específicas de obradoiro. • Equipo informático con software específico para a xestión das reparacións e impresora. • Dispoñer de acceso a internet e dispoñer de correo electrónico. • Sobres ou formulario de reparación individualizados, para acompañar cada reparación, adaptados á normativa.

Fluxo de traballo • Limpeza no lugar de traballo e manter todo en orde. Na mesa de traballo deberá estar unicamente o reloxo no que se está a traballar.

En reparacións parciais, deben poder realizarse os traballos seguintes: • Cambio de cristal, coroa, pulsadores, xunta e pila. • Limpeza ultrasónica de caixa e brazalete metálico ou cerámico. • Restablecemento da estanquidade. • Comprobación e inspección final.

Debe outorgarse unha garantía mínima de 6 meses: • para o traballo realizado • e as pezas de reposto utilizadas para este fin As pezas substituídas deberán entregarse ao cliente.

Para un servizo de mantemento completo, deben poder realizarse os traballos seguintes:

• Reparación, limpeza das pezas de máquina, ensamblaxe e engraxamento ou substitución do movemento completo. • Cambio de coroa e xuntas de coroa, xuntas de fondo e instalación de pila nova en reloxos de cuarzo. • Revisión funcional das funcións do reloxo. • Limpeza ultrasónica de caixa e brazalete metálico. • Restablecemento da resistencia á auga. • Revisión final.

Debe outorgarse unha garantía mínima de 12 meses: • para o traballo realizado • e as pezas de reposto utilizadas para este fin. As pezas substituídas deberán entregarse ao cliente.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

11


OFICIOS RELOXARÍA TEXTO

Antonio Pérez Casas

http://www.alfonsojoyeros.es/ IMAXE

Luis Miguel Bugallo Sánchez

historia da reloxaría (I)

A

ntonio Pérez Casas, da xoiaría Alfonso Joyeros, de Santiago de Compostela, vainos introducir ao longo de varios capítulos, ao mundo tan interesante e complexo da historia da reloxaría.

A partir do momento no que os homínidos abandonaron a caza e a vida nómada para facerse sedentarios, fíxose necesario gañarse o sustento, ademais da caza, en base a cultivar a terra. Paulatinamente foron aparecendo outros traballos co fin de mellorar a calidade de vida, novos coñecementos e novos oficios. Por primeira vez na historia, os seres humanos sentiron a necesidade de organizar a súa vida. A partir dese momento é cando aparece o interese por saber como se moven os astros e por fixar o transcurso diario fixando divisións do día e da noite. Houbo varios sistemas pero na actualidade utilizamos o nacido co sexaxesimal babilónico, 12 horas para o día e 12 horas para a noite, total 24 horas día completo (de aí os antigos reloxos de 24

12

ALENTO

NÚM. 2

horas), empezando a contar ás 12 da noite até as 12 da noite do día seguinte. Cada hora contiña 60 minutos e cada minuto 60 segundos. Máis tarde foron fixándose as semanas, as lúas, os meses, as estacións e os anos, os quinquenios, as décadas e os séculos. Os aparatos máis antigos para controlar o descorrer do tempo teñen o seu nacemento anterior ao ano 1500 a. C., primeiro foi o Gnomon, diferentes tipos de reloxos de Sol como o hemisférico caldeo, o Scaphe grego ou o Hemisferium romano que era a cuarta parte da esfera e os diversos de parede ou mesa ecuatoriais, horizontais ou verticais. Despois apareceron en Exipto as clepsidras, ou reloxos de auga, que chegaron a utilizarse até a Idade Me-

ABRIL 2013

dia. O seu desenrolo foi tal que chegaron a fabricarse con movemento de figuras a modo de autómatas e sábese que en Damasco había unha con sonería. Unha evolución das mesmas levou ao coñecido reloxo de area. Houbo artiluxios de lume que marcaban o paso do tempo co consumo dunha materia combustible (os máis comúns foron velas e lámpadas de aceite). Algunhas variantes tiveron combinacións de Sol e lume ou disparo dun pequeno cañón. Tamén había outro sistema para medir o paso do tempo que consistía na lectura de pasaxes de libros cuxo tempo era coñecido de antemán. A observación da posición do sol e das estrelas conduce á creación por parte de astrónomos árabes, polo ano 600 da nosa era, os primeiros astrolabios, o cal foi moi importante, especialmente en navegación marítima e na fixación das estacións con fins agrícolas. Desde antigo os grandes observadores dos astros foron os babilonios, os exipcios, os chinos e os maias, co desenrolo da navegación marítima destacaron os británicos, os holandeses, os portugueses e os españois. Unha lenda conta que, alá polo ano 700, o Papa Paulo I agasallou ao rei Pipino o Breve, pai do emperador Carlomagno, cun aparato para medir o tempo accionado por contrapesos, deseñado e fabricado polo italiano chamado Pacífico.


XEMOLOXÍA

TEXTO E IMAXE

Cristobal Fernández Casas

http://www.ferpejoyeros.es/

A rodonita

A

xema da que nos ocuparemos hoxe é un inosilicato do grupo dos piroxenoides, do que a súa fórmula química é (Ca,Mn)Mn3((Si5O15)) con pequenas cantidades de calcio, magnesio ou ferro substituíndo ao Mn.

Se no seu lugar aparece o Zn da lugar a outro mineral chamado fowlerita de tonos amarelos ou pardos. Existe tamén unha variedade fibrosa de cor rosa-agrisado que contén calcio en maior cantidade, de nome bustamita. Cristaliza no sistema triclínico, en cristais tabulares ou prismas estriados e de arestas redondeadas, aínda que o máis común é atopala en hábito masivo ou como agregado, case sempre surcada de venas ou dendritas negras que son o resultado da oxidación do Mn ao principio da súa descomposición. A súa formación é case sempre de orixe metamórfica, asociada a xacementos de minerais de Mn ou Fe, pero tamén pode formarse en venas hidrotermais. Con respecto á súa paraxénese, podemos citar magnetita, esfalerita, franklinita, galena, calcita, espessartina

e hausmannita. Extráese en minas a ceo aberto e tamén en xacementos subterráneos. A variedade masiva adoita ser opaca ou translúcida, pero cando se atopa en cristais ben formados pode chegar a ser transparente e apta para a súa talla en facetas orixinando unhas xemas moi belas e cotizadas polos coleccionistas. A súa cor, que varía do rosa ao rosa-vermellizo ou castaño, é ao que etimoloxicamente debe o seu nome, do grego ròdon (rosa) e iso é debido a ións de manganeso. Pode ter tamén tonos amarelentos, pardos ou incluso azulados, como sucede no xacemento de Kharamatalau R., asociada ao cobalto, que xunto ao de Maloye Sedel’nikovo e Boroduliskoye están situados no que se supón foi dos primeiros lu-

gares dos que se extrouxo esta xema, nos montes Urais, usándoa para a fabricación de obxectos ornamentais, así como tallada en forma de ovos que eran moi apreciados como agasallo e mostra de afecto. Outros xacementos poden atoparse en Eslovaquia, Rumanía, República Checa, Alemaña, Francia, Inglaterra, Italia, Suecia, Finlandia, India, Tanzania, Suráfrica, Perú, Brasil, Canadá. En EE. UU. existen dous xacementos moi importantes, o de Franklin en Nova Jersey e o da mina Betts en Massachusetts, atopándose nel primeiro grandes cristais —xeralmente de ata 5 x 2 cm— (hai incluso citado un cristal de 20 x 5 cm) en minas de Zn metamorfoseadas, aparecendo xunto ó anteriormente citado fowlerita. Pero cecais o xacemento máis importante e que está producindo o material apto para a súa talla en facetas dunha cor vermella intensa é o de Broken Hill, en Nova Gales do Sur, Australia, con cristais de ata 5 cm parcialmente redondeados, que aparecen en depósitos de minerais de Pb-Zn, xunto a outros minerais como esfalerita, galena ou espesartina. En España existen xacementos en Huelva e en Cataluña (El Molar).

Esta ficha técnica refírese ás propiedades do mineral xema, polo tanto as propiedades do material masivo poden ser lixeiramente distintas. Composición química: Ca (Ca, Mn) Mn3 ((Si5O15)) Sistema cristalino: Triclínico. Hábito: granular ou masivo, en cristais tabulares ou prismas de arestas redondeadas estriados.

Exfoliación: de perfecto a bo. Fractura: de irregular a granular. Cor: de rosa a rosa-vermellizo ou castaño. A veces gris ou amarelo (raro). Fenómenos ópticos: tornasolado (raro). dureza: 5,5-6,5.

Brillo: de nacarado en fracturas a vítreo. Carácter óptico: biáxico positivo. índices de refracción: Np: 1,711-1,738. Nm: 1,716-1,741. Ng: 1,724-1,751. Birrefringencia: 0,010-0,014. densidade: 3,57-3,76.

Curiosidades En San Petersburgo están enterrados, na catedral de San Pedro e San Pablo, o tsar Alexandre II e a súa esposa a Emperatriz María Alexandrovna. O sarcófago do Tsar é de xaspe verde e o dela dun só bloque de rodonita! Hai moitas webs que teñen fotos nas que poderedes admiralo, unha delas é http://www. findagrave.com/. Na páxina http://imperator.spbnews.ru/ poderedes ampliar información sobre a súa historia. En http://www.mineralatlas.com/ veredes fermosas fotos de cristais de rodonita calidade xema.

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

Errata ica da A fórmula quím iu no sa ue (q ta oí ar ch ), non 13 p. 1, Alento n.º hete debería ter corc ma. ao final da mes

www.coxga.es

13


C O L E X I A D O S | op i n i ón

Por que? por Joyería Rosant (Marín)

Por que non comezamos unha liña de traballo dirixida a recuperar a seriedade que ten que rexer o noso gremio? Por que non comezamos por deixarlle claro ós fabricantes de reloxaría e xoiaría que poden seguir gañando os mesmos cartos en Internet, pero cun mellor prestixio, facendo as súas vendas contando con nós? Actualmente os fabricantes venden os seus sobrantes de stock na rede; isto supón que poñen en man de persoas, que non pertencen ó gremio, unha mercancía a un prezo de custe que nós non teremos na vida. O produto tampouco ten, neste caso, unha garantía xestionada por unha xoiaría, é dicir, por un profesional colexiado, como é obrigatorio.

Todo o diñeiro queda nas mans dun “figura” da informática cando somos nós os que durante todo o ano estamos facendo publicidade a tódalas marcas nos nosos escaparates, cando somos nós os que investimos miles de euros nas súas coleccións de reloxos e xoias, e tamén somos nós os que quedamos realmente mal cun cliente que nos di que ese reloxo ou esa pulseira está en Internet por menos da metade do prezo que temos na xoiaría, e resulta que llo compramos ó fabricante nove meses antes, a un prezo moi superior ó que está agora en Internet... Dende o Colexio poderíamos negociar coas firmas unha porcentaxe dos reloxos e das xoias que estes ven-

den na rede, para que en vez de colocalos nas páxinas de venda de “outlet online” os vendan a través das súas propias páxinas? Poderían activar unha zona “outlet”, de tal xeito que o consumidor final poida recoller o seu artigo na xoiaría dun profesional colexiado que asine a garantía e, en concepto da mesma, perciba un tanto por cen da compra feita por Internet. Dende logo, isto proporcionaría unha mellor imaxe de marca para as firmas e

para nós. Xa non nos estarían facendo a competencia desleal que nos fan agora, regalando o prezo dos mesmos reloxos e xoias que acabamos comendo con patacas, e o máis importante: se queres un reloxo ou unha xoia de calidade debes comprala nunha xoiaría, non en calquera tenda-bazar ou en Internet. Por favor, loitemos por recuperar o prestixio perdido do noso sector.

www.joyeriarosant.com

Apoloxía da unión por Pablo García Regueira

Paréceme incrible que nos tempos nos que estamos, nos que a xestión da nosa tenda debe ser a nosa prioridade e aspectos como a seguridade deben ser fundamentais no noso negocio, aínda me atope con colegas de profesión que me pregunten “Para que serve a asociación?”, “Para que serve o colexio?”. Despois de semellante pregunta empezo a explicar todos os convenios que asinamos (seguros, empresa de seguridade, empresa de gornicións, etc.) reunións con persoal de distintas Consellarías, Subdelegados do Goberno, Comisarios de Policía, Xefes de Garda Civil... Grazas á nosa unión conseguimos facer publicidade.

14

ALENTO

NÚM. 2

Levamos anos facéndoa, nun sector no que nunca se conseguira facer tal cousa. Hai persoas que, descoñezo por que razón, están empeñadas en que o esforzo dalgúns compañeiros que traballan desinteresadamente pase desapercibido e incluso se atreven a facer comentarios de todo tipo con tal de desprestixiar tal traballo. Podedes imaxinar como sería se cada un de nós fose por libre, sen a forza que nos dá a nosa unión? Eu aínda me lembro das “falsas alarmas” coa súa correspondente multa, de noites colocando pegatinas de contraste, etc. A miña modesta opinión é que entre todos debemos potenciar o Colexio e as Asociacións se queremos que se nos escoite nos Or-

ABRIL 2013

ganismos e se nos teña en conta á hora de tomar algunha decisión que nos afecte. Debemos poder decidir por nós mesmos o que nos interesa, sen que teña que vir alguén que non sabe como funciona, e cun paso pasaxeiro polo sector, a dicirnos o que debemos facer. Debemos ter en conta que todas as nosas opinións

contan, que podemos participar en calquera Comisión de Traballo. Son Pablo, Vicepresidente do Colexio e da Asociación de Xoieiros de Pontevedra, espero que mañá sexas ti.

Joyería Palamios (Pontevedra) www.joyeriapalamios.com


Dúas feiras e un destino por Luis González

Ao parecer agora todo o mundo empeza a ter claro que hai que exportar, que hai que vender no exterior, e que hai que ser competitivos, etc. En realidade, todo é moito máis sinxelo... o que precisamos, realmente, é viaxar, e a principal razón está naquela frase lapidaria que me dicía o meu avó, hai moitos anos: “viajar desasna” e que tardei uns cantos anos en entender. Así, viaxando, un descubre que en países nos que os seus habitantes apenas teñen “nada”, atópaste coa maior xenerosidade por metro cadrado que se pode imaxinar e cando regresas ao teu ritmo habitual de vida non é raro que acabes preguntándote quen é realmente o “pobre”. Agora, cando penso en cal foi un dos maiores motores á hora de sacar o meu obradoiro adiante, sempre chego á mesma conclusión: viaxar. A miña primeira viaxe “profesional” no ano 1992, á feira de xoiaría de Basilea (por certo, en coche) abriume a mente e de aí fun a Polonia, a mercar ámbar, logo a Tailandia e Indonesia a mercar prata e pedras semi-preciosas. Máis tarde fun a Hong Kong a mercar reloxos e logo viñeron as feiras de Vicenza, Tendence, Printor, Bijorhca e algunhas máis. O mellor é que neste percorrido coñecín a moitos profesionais de todos os países que, coma min, viaxaban buscando... buscando produtos, ideas, pedras, clientes, tecnoloxía, cos que compartín avión, taxi, autobús, mesa, hotel... intercambiando palabras en español e perfeccionando o meu deficiente inglés e incluso con algúns deles realicei pequenos negocios... que pouco sabía e canto viaxei!

Hoxe pasaron os anos e sigo viaxando... algunhas veces como antes, para ver, coñecer, buscar e outras en cambio, para ensinar a outros o que facemos na nosa empresa... Pasados os anos o meu obradoiro converteuse nunha pequena empresa na que aplico todo o que aprendín nesas viaxes e grazas a ela tamén sigo aprendendo. Viaxo á feira Inhorgenta, en Munich, dende hai sete anos, e dende alí conseguimos que, modestamente, as nosas coleccións estean presentes en máis de once países do mundo. Aínda lembro o que pensei, volvendo no avión esa primeira vez... Como era posible mercar un piso no centro de Munich, máis barato que un nas aforas da Coruña? Algo non ía ben en España... dicíame o sentido común (visto o visto o menos común de todos os sentidos) e me puxo en garda do que se nos viña encima como país uns anos antes que a maioría... Que bo é viaxar, pensei... Despois seguimos viaxando, pero con outros compañeiros que querían facer o

mesmo camiño que xa empezáramos a andar e que mellor maneira que facelo xuntos, diferentes obradoiros, diferentes maneiras, pero un obxectivo común: ensinar, aprender, traballar... e así viñeron máis viaxes, Las Vegas, Munich, Vicenza, Milán, París, Frankfurt e tamén viñeron caras novas, Piropo Joyas, Maysil, Unión Joyera de Bergondo, Rosa Méndez... espero que pronto sexamos algúns máis... sería unha moi boa nova... E seguimos aprendendo... estes días descubrín que non hai suficiente xente apuntada para organizar unha visita en grupo, proposta polo Colexio para Colexiados a Inhorgenta (Munich) e que tampouco parece haber moito interese na visita á feira de Basilea... é unha mala nova. Non me equivoco ao dicir que o que lle pasa ao noso sector é que lle falta viaxar... para poder entender, para buscar solucións. Sen a perspectiva que dá visitar algunha das feiras máis importantes do mundo, nestes momentos será máis difícil superar esta crise... se

viaxásemos máis preguntaríamonos moitas cousas ao volver aos nosos negocios... é posible incluso que nalgún caso prendese a semente do cambio que traería un reverdecer do sector... Nós, como emprendemos este camiño e que máis que un camiño xa é unha actitude... só pensamos en viaxar... hai pouco, en xaneiro, estivemos en dúas feiras ao mesmo tempo: en Iberjoya (Madrid) e en Bijorhca (París); todo un esforzo pero alguén pensa que hai outra maneira que non sexa o esforzo para saír adiante? O noso destino, como seres vivos, non é outro que aprender e por que non viaxando, coñecendo outras culturas, outras maneiras de facer as cousas, e podendo elixir a mellor para as nosas necesidades ou maneira de ser? Introduce cambios, viaxa, cuestiona o establecido, aprende; xa o dicía o meu avó...

www.ardentia.es ArdentiaJewelXoia

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

15


FORMACIÓN

Cursos de especialización en xoiaría

E

stes cursos, ofertados pola EASD Mestre Mateo, en colaboración co Colexio Oficial de Xoiaría son o resultado da cooperación entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía e Industria. Ideáronse como espazo de relación entre profesionais e estudantes de xoiaría. Tratouse, á hora da programación, de afondar diferentes aspectos formativos que adoitan quedar fóra da formación académica. Cursos xa realizados

Xaneiro 2013

Febreiro 2013

Febreiro e Marzo 2013

Fotografía aplicada á xoiaría

Pátinas, acabados artístico

Iniciación á fundición de Metais

Impartido por Pablo Rodrigo

Impartido por Carlos Reano

Impartido por Antonio Franco

Cursos pendentes

Iniciación ao modelado de arxila Metal precioso (PMC)

Iniciación a 3Design v7

Impartido por Marisa Perales

Primeira parte: venres 31 de maio, sábado 1 e domingo 2 de xuño 2013. Segunda parte: venres 14, sábado 15 e domingo 16 de xuño 2013 (40 horas).

Venres 10, sábado 11 e domingo 12 de maio 2013 (20 horas) Prazas dispoñibles: 12 (6 profesionais, cota 295 € e 6 estudantes, cota: 90 €) Marisa Perales, especialista de PMC aplicado a moitos campos e cunha impresionante carreira de docencia, creación, exposición e publicación na materia, define o material que traballa deste xeito: “A arxila de prata permítenos ampliar os coñecementos e recursos para a creación das nosas ideas, sendo un material idóneo para traballos con texturas e volumes”. A cota de inscrición inclúe materiais para a realización das prácticas de cada alumno, que sairá sabendo realizar pezas, utilizando as diferentes técnicas de realización e terminación.

Impartido por Marcos Márquez

Prazas dispoñibles: 16 (8 profesionais, cota 220 € e 8 estudantes, cota: 120 €) 3Design é un programa de deseño específico de xoiaría, por ordenador, en 3D. Neste curso de achegamento da xoiaría ás TIC, o alumnado aprenderá a estrutura do interface do programa e menús e debuxará en 2D e 3D con sólidos e superficies. Tamén creará presentacións fotorrealistas e preparará a peza de xoiaría para a súa posterior produción. Ao final do curso, o alumnado poderá desenvolver pezas en 3D, tanto para prototipar coma para realizar catálogos e mostralos nunha páxina web. O alumnado será capaz de deseñar interactivamente cos seus clientes, en tempo real, calquera xoia. A cota de inscrición inclúe as chaves para utilización do programa durante todo o curso e a fundición dunha peza prototipada. Información inscricións Estudantes: secretaría da EASD Mestre Mateo, 981 587 757 Professionais: oficina do Colexio Oficial de Xoiaría, 981 598 858

16

ALENTO

NÚM. 2

ABRIL 2013


EMPR ES A Vantaxes dunha páxina de fans • Permite actualizacións a todos os fans.

Facebook

• Privacidade dos fans preservada.

acebook conta hoxe con 900 millóns de usuarios. Estímase que cada día están activos nesta rede social uns 526 millóns de usuarios. Estas son unhas cifras moi tentadoras para unha empresa que queira divulgar o seu traballo en Facebook. Hoxe, cífranse nun 55,3% as Pemes españolas que utilizan as redes sociais como escaparate.

• Pódese ter contas asociadas doutras redes sociais

• Pódense crear promocións.

F

De feito, Facebook traballa permanentemente na captación das empresas, ofrecéndolles cada vez máis aplicacións de interese, como activación de mensaxería, grupos de empresas e vídeo chamadas, por só citar tres. Pero, por que é mellor ter unha páxina de empresa e non un perfil de persoa, para a nosa xoiaría ou reloxaría? Parece evidente a contestación: Porque é unha empresa. Pois, a pesar desta evidencia, vemos moitas empresas do sector da xoiaría ou reloxaría que informan das súas accións a través dun perfil persoal. Este comunicado vai a modo de aclaración e axuda para todas as persoas que hoxe dubidan:

1-As páxinas de Facebook están creadas para empresas, negocios ou actividades. De feito, ofrecen a posibilidade de determinar, en detalle, toda a información de interese do negocio: a actividade, os valores, a ubicación, os horarios de apertura ou atención ao público, o teléfono de contacto, etc.

2- Fans As páxinas son as que teñen a opción de que os usuarios preman no botón “Gústame”. Nun perfil persoal, cando chega un usuario, este debe facer unha solicitude de amizade

que se acepta posteriormente. Ademais de ser un trámite que complica a entrada dun cliente potencial, pode causar unha desconfianza no usuario, xa que a “amizade” en Facebook permite moitas veces chegar a toda a información privada dos usuarios (salvo indicacións expresas na configuración de privacidade). Neste caso, a páxina non permite acceder aos perfís persoais dos fans, pero estes si poden visualizar o contido da nosa páxina antes de premer no tan desexado botón “Gústame”. Estes fans, seguidores, deben recibir un valor engadido pola parte da nosa empresa, polo que sempre se deberán ter en conta á hora de darlles primicias, descontos especiais, agasallos...

3- Estadísticas As páxinas producen automaticamente unhas estadísticas gratuítas, a partir dos 30 fans. Esta ferramenta é moi interesante para analizar a nosa actividade na rede, coñecer o tipo de persoas que nos seguen, de onde son, a súa progresión, cantas comparten na súa rede as nosas informacións e que impacto teñen, por exemplo. Así tamén podemos coñecer o éxito que tivo unha publicación específica e tamén para chegar a ter claro o contido máis axeitado para conseguir máis fans ou fidelizalos, porque tamén debemos ter sempre en mente que en cal-

• Pódense ter estadísticas

quera momento poden darlle ao botón “xa non me gusta”.

4- Promoción As páxinas teñen tamén a opción de publicitarse na rede social, mediante anuncios ou historias patrocinadas, coa posibilidade de segmentar o público ao que se dirixe a campaña, en cada caso. Así, pódense crear concursos, cupóns de descontos, dun xeito moi obxectivo para lograr unha maior repercusión. Se estades lendo este artigo e vos decatades de que a vosa empresa está en Facebook cun perfil de persoa, non vos preocupedes, Facebook ofrece a posibilidade de pasar un perfil persoal a páxina de empresa, convertendo os “amigos” en “fans”. Tamén queremos poñervos en aviso dunha posibilidade: Facebook pode pechar un perfil de persoa para empresa, só por consideralo falso. De cando en vez esta rede social fai limpeza de perfís falsos, entre os que se atopan aqueles que corresponden a empresas, marcas ou negocios. Non tiredes abaixo todo o traballo que vos custou chegar aos case 5.000 amigos, pasade a vosa conta de perfil a páxina canto antes!

Iconos de diferentes redes sociais, empresas e servizos que se pode atopar en Internet

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

17


C O X G A | G a li ci a Cali d ad e Entrevista a Orfega (Arturo Ouro) polo selo Galicia Calidade http://www.orfega.com/

As coleccións de xoias das nosas empresas xa están amparadas polo selo Galicia Calidade (II)

N

o número 1 de Alento, xunto coa presentación do convenio do Colexio Oficial de Xoiaría con Galicia Calidade, iniciamos unha serie de entrevistas aos profesionais colexiados que xa teñen xoias amparadas por este selo de calidade. Para este número estivemos conversando con Arturo Ouro, da empresa Orfega.

Antes de nada parabéns pola incorporación de Orfega a Galicia Calidade, coas coleccións de xoias Coral e Ocho. Por que escolleu en particular estas coleccións para formar parte de Galicia Calidade? Coral e Ocho son as coleccións máis representativas da empresa, as que máis aceptación teñen no mercado polo seu deseño innovador. Tanto a nivel nacional coma internacional decatámonos da preferencia dos mercados por estas coleccións. Que representa, para a súa empresa, o selo Galicia Calidade nestas xoias? É un selo de calidade. Un incentivo que nos vai dar prestixio no mercado galego e nacional. Sen dúbida, este aval da Administración axuda, danos recoñecemento a nivel nacional. Pode describirnos un pouco o proceso de creación das coleccións, así como algo da súa elaboración? Coral, en concreto, é unha colección que fixemos pensando no coral mariño atlántico. Son pezas fundidas 18

ALENTO

NÚM. 2

con varios acabados: teñen puntos de óxido con puntos altos de brillo e satinados, creando unha forma máis orgánica. É unha colección moi ampla que inclúe pendentes, brazalete, diadema, colgante e anel. Ocho, pola súa parte, é como o lazo dun regalo pero en metal. De feito, está elaborada como un lazo pero adquire a forma dun “oito”. Son pezas moi lixeiras. Está ben construída, son láminas moi finas e maleables que son fáciles de xirar e crear volumes dentro dun punto. É unha colección moi atrevida, un produto diferenciador. Ao igual que Coral, é unha colección moi ampla que inclúe dende pendentes, colgantes ou brazaletes ata diademas para o pelo. Onde podemos ver ou mercar as coleccións Coral e Ocho? En todo o país, hai puntos de venda en todas as provincias de España. En Galicia, os puntos de venda de referencia son Amboa e Maeloc. E agora estamos intentando abrir mercado a nivel internacional, en concreto, en Munich.

ABRIL 2013

Sabemos que expón nalgunha feira internacional, como vai afectar este novo selo a estas coleccións? Vainas exportar tamén? Descoñecemos o impacto que pode ter a nivel internacional o selo Galicia Calidade nas nosas coleccións porque temos relativamente pouca experiencia internacional como para valorar se o cliente coñece esta marca. De calquera xeito, non nos cabe dúbida que este selo é un aval que seguramente nos axudará, é como algo que nos apadriña. Ten algún proxecto, en relación con estas xoias, que poida compartir con nós aquí? Realmente estas coleccións están rematadas e forman o punto do iceberg da nosa empresa e queremos que sigan sendo un referente da empresa. Despois destas coleccións intentaremos seguir superándonos e mellorar. Agradecemos o tempo que nos prestou e desexámoslle moita sorte nesta nova aventura con Galicia Calidade!


DÍA DA N AI 0041443_2013 diptico dia da nai V02.pdf

1

11/01/13

9:18

Ficha de participación:

Deseña unha xoia para a túa nai Nome e apelidos debuxante:

CONCURSO DE DESEÑO

día da nai

Idade debuxante:

Localidade:

N

Teléfono de contacto:

o 2013, o Colexio Oficial de Xoiaría convocou a IV edición deste concurso que ten tanto éxito entre os escolares. Este concurso do día da nai consiste en que os nenos e as nenas de toda Galicia, de ata 12 anos deseñen e nos manden o debuxo da xoia que lles gustaría regalar á súa nai. O xurado escolle 80 debuxos finalistas entre os miles que chegan á oficina de Coxga. Entre estes finalistas están os doce gañadores. Estes reciben entón un premio especial: o seu debuxo feito realidade (a realización da xoia, por cortesía de xoieiros profesionais colexiados). Correo-e de contacto:

Colexio:

Nome profesor / Titor responsable (se se remite dende o colexio):

Nome e firma representante legal / Ou profesor responsable:

Este ano, ademais, estreouse unha novidade no concurso: a figura de Establecemento Colaborador. Trátase do establecemento dun profesional colexiado que distribúe os dípticos, aclara as dúbidas e tamén recolle os deseños xa realizados para traelos ata a oficina do Colexio Oficial de Xoiaría. Sabemos que moitos tamén se achegaron ás escolas para explicarlles aos profesores en que consiste o concurso e para axudalos a organizar a participación de todas as clases. Todos estes Establecementos Colaboradores resultaron facilmente recoñe-

cibles, pola pegatina redonda, coa imaxe do concurso, que teñen na súa porta ou escaparate. O Colexio Oficial de Xoiaría agradece aquí a colaboración destes profesionais que non dubidaron en formar parte activa deste concurso. Cando chegue ao seu destino este número de Alento xa estará rematado o prazo de presentación de debuxos, e probablemente xa se estean a fabricar as xoias gañadoras, así que queremos aproveitar para convidarvos a que celebredes con nós a entrega dos premios

Queres regalarlle á túa nai unha xoia única deseñada por ti? Fai un deseño, e se gañas fabricaremos a túa xoia para que ti lla regales á túa nai.

que terá lugar en Santiago de Compostela, o 30 de abril, ás 19h na Sala Mozart do Auditorio de Galicia: avda. do Burgo das Nacións, 15704 Santiago de Compostela. Como nos anos anteriores, será unha festa dedicada a todos os escolares participantes, na que todas e todos marcharán do acto cun agasallo para a súa casa. As fotos da entrega de premios do 2012, así como todos os debuxos finalistas, os gañadores e as pezas resultantes, poden consultarse na nosa web ou nos albumes de foto do noso Facebook.

Tendas colaboradoras Día da nai 2013 NOME COMERCIAL

POBLACIÓN

PROVINCIA

NOME COMERCIAL

POBLACIÓN

PROVINCIA

NOME COMERCIAL

POBLACIÓN

PROVINCIA

Joyería Díaz

A Coruña

A Coruña

Caldereria 33 - Xoiería

Santiago de Compostela

A Coruña

Cristina Gestal Joyería

Gondomar

Pontevedra

Joyería García

A Coruña

A Coruña

Crisol Artesán

Santiago de Compostela

A Coruña

Joyería López Romero

Lalín

Pontevedra

Serviwatch Suiza

A Coruña

A Coruña

F. Munín Joyeros

Santiago de Compostela

A Coruña

Joyería Rosant

Marín

Pontevedra

Taller Joyería Humberto

A Coruña

A Coruña

Joyería Jael

Santiago de Compostela

A Coruña

Joyería Covelo

O Porriño

Pontevedra

Atempo Alfonso

Ames - Milladoiro

A Coruña

Abella Taller de Joyería

Burela

Lugo

Aury

Pontevedra

Pontevedra

Alca Joyeros

Arzúa

A Coruña

Honorino Freire Joyería

Lugo

Lugo

Joyería Ferse

Pontevedra

Pontevedra

Joyería Calvelo

Carballo

A Coruña

Joyería Jael

Lugo

Lugo

Joyería Castro

Pontevedra

Pontevedra

Joyería Pérez

Curtis

A Coruña

Joyería Onix

Lugo

Lugo

Joyería Fabelo

Pontevedra

Pontevedra

Relojería Joyería M. Lorenzo

Laracha

A Coruña

Joyería Pimar

Lugo

Lugo

Joyería Palamios

Pontevedra

Pontevedra

Joyería Petisco

Noia

A Coruña

Joyería Senén

Lugo

Lugo

Relojería Ignacio Rey

Pontevedra

Pontevedra

Alfonso Joyeros - Ordes

Ordes

A Coruña

Joyería Domingo

Monforte de Lemos

Lugo

Joyería Antonio

Vigo

Pontevedra

Joyería-relojería Jesús Manuel

Ortigueira

A Coruña

Oscar Rodríguez Joyeros

Viveiro

Lugo

Fran Joyero

Vigo

Pontevedra

Joyería Fernández

Sada

A Coruña

Joyería Suiza

Ourense

Ourense

Joyería Relojería Paco Aradas

Vigo

Pontevedra

Alfonso Joyeros - Alfredo Brañas Santiago de Compostela

A Coruña

Fernando Porto

A Estrada

Pontevedra

Montero Joyeros

Vigo

Pontevedra

Alfonso Joyeros - Área Central

Santiago de Compostela

A Coruña

Joyería Fondevila

A Estrada

Pontevedra

Sujapón

Vigo

Pontevedra

Atempo Alfonso - Área Central

Santiago de Compostela

A Coruña

Carlos Joyero

Arbo

Pontevedra

Veiga Joyeros

Vigo

Pontevedra

Atempo Alfonso - As Cancelas

Santiago de Compostela

A Coruña

Joyería Castro

Bueu

Pontevedra

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

19


COXGA

Para que serve

o Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (Colexio Oficial de Xoiaría ou tamén Coxga)? Ante todo, o Colexio exerce de representante e proxecta a profesión na sociedade. É un órgano de defensa dos colexiados de ataques externos, resolvendo e denunciando problemas (como por exemplo os de intrusismo e de competencia desleal). Traballa na integración dos profesionais colexiados nunha dimensión recoñecida tanto a nivel autonómico como estatal, aproveitando a escala de grupo para a obtención de beneficios e vantaxes para todo o sector.

• • • • • • •

envío de circulares por correo-e (aprox. bimensual) envío de convocatorias puntuais por correo-e chamadas específicas personalizadas información profesional no panel de colexiados da web do Colexio publicación constante de información xeral na web do Colexio, en Facebook e en twitter atención personalizada a todas as solicitudes de colexiados actualización das normativas, divulgación e explicación personalizada envío personalizado de todo tipo de información requirida revista Alento (trimestral) visitas personalizadas nos establecementos dos colexiados

Exerce de representante ante a administración, e mantén relacións estreitas coa mesma, co fin de alcanzar acordos en beneficio do interese colectivo.

• • •

Ademais, sempre vela pola protección dos consumidores.

A Formación dos colexiados forma parte da folla de ruta do Colexio

O Colexio oferta servizos a menor prezo ou atención específica (convenios para colexiados): • • • • • • • • • •

Cadena Eurostars (estancias) Galicia Calidade (certificación de xoias) Gran Hotel La Toja (estancias) Gravograph (maquinaria de gravado) M&R Tools (proveedor de material para xoiaría) Mapfre - Caja Salud e Medisalud (seguros de saúde) Millennium (seguro de xoiaría) Protese (servizos de seguridade privada) Tempu (seguro obrigatorio de convenio) Versión Galega (páxinas webs e tendas “online”)

En negociación: convenio actualizado con banco (tpv, tarxetas, tenda virtual, etc.) Tamén dispón dunha bolsa de emprego para ofertas e demandas dos profesionais colexiados. O Colexio está en comunicación constante cos seus colexiados: Información

• cursos xenéricos ou de especialización, durante todo o ano • envío de contido formativo a través das circulares ou de Alento • organización de cursos baixo demanda A Participación dos colexiados na dirección do Colexio é fomentada por distintos tipos de reunións presenciais: • • • • •

Asembleas anuais Asembleas extraordinarias Reunións temáticas Comisións de Traballo Xunta de Goberno

Un profesional colexiado é un profesional unido, informado. Nunca estará só. Un profesional colexiado é sinónimo de= profesionalidade, proximidade, garantía, calidade, control, visibilidade, formación, titulación.

Coxga

20

Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela

Correo-e: info@coxga.es

Tel.: 981 598 858

Horario de atención: De luns a venres: 9 h - 14 h e 16h30 - 19h30

ALENTO

NÚM. 2

ABRIL 2013


I concurso “san eloi” Certame de deseño de xoias para xóvenes deseñadores. Esta primeira edición convocouse do 15 de febreiro ao 15 de marzo e agora estamos pendentes da reunión do xurado para valorar as propostas recibidas no Colexio Oficial de Xoiaría. A temática escollida para esta convocatoria foi a “choiva” e, malia ser tan particularmente “galega”, chegaron tamén propostas de fora de Galicia. A II edición deste Concurso convocarase no verán, para fallarse o día de San Eloi (1 de decembro 2013), patrón dos xoieiros.

inhorgenta 2013 Varios profesionais colexiados estiveron expoñendo na Feira Inhorgenta 2013, en Munich. As empresas Ardentia, Fink Orfebres, Orfega e Piropo Joyas estiveron nun stand agrupado no novo pavillón B3, mentres Silvereira tiña o seu stand no pavillón C2. Este ano, Inhorgenta cumpría 40 anos, polo que a feira, ademais de estar especialmente ambientada con fotos retrospectivas e decoracións dignas dun aniver-

visitas a colexiados O Colexio Oficial de Xoiaría segue organizando as visitas aos profesionais colexiados, para achegarse a eles, coñecelos máis e detectar as necesidades actuais do sector, así como para aclarar dúbidas que non sempre chegan á oficina. Estas visitas están funcionando; estanse adaptando as liñas de actuacións do Colexio a propostas que xurdiron nas visitas. Tamén se aclararon moitas dúbidas, conseguindo con iso un maior coñecemento do funcionamento do Colexio Oficial de Xoiaría e do abano de servizos que oferta. Os profesionais, especialmente interesados en recibir proximamente esta visita, poden poñerse en contacto coa oficina do Colexio.

sario (como por exemplo as maxestuosas lámpadas da entrada), estivo chea de actos especiais. A Directora de Expositores da feira, Johanna Eberl, estivo reunida co Presidente e o Vicepresidente do Colexio, facendo balance da presenza galega nesta edición e adiantándose á do ano seguinte: 2014. Nas noticias da web do Colexio figura máis información sobre esta acción comercial.

Visita agrupada á feira Baselworld Tras a solicitude de varios profesionais colexiados de acudir en grupo a visitar a feira Basilea, o Colexio Oficial de Xoiaría púxose en contacto coa Cámara de Comercio da Coruña, para unha posible axuda. A resposta foi inmediatamente positiva, conseguíndose incluír esta acción comercial no Plan Foexga deste ano. Cando se distribúa esta revista, varios profesionais estarán preparando as maletas para visitar a maior feira da reloxaría e xoiaría, que ten lugar en Basilea (Suíza), do 25 de abril ao 2 de maio. COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

21


NO R MA TI V A

por J. Carlos García Cumplido (Asesor Xurídico do Coxga)

VIXIADA

IDEO ZONA V

un establecemento de xoiaría debe dispor obrigatoriamente dun sistema de rexistro de imaxes?

O

s establecementos de xoiaría e prataría, así como aqueles outros nos que se fabriquen ou exhiban este tipo de obxectos deben dispor dunha serie de medidas de seguridade específicas. Estas medidas de seguridade están contempladas no Regulamento de Seguridade Privada e foron actualizadas pola Orde INT/317/2011, en vigor dende o 18 de agosto de 2011.

En concreto, como novidade, a citada Orde establece para os establecementos de xoiaría a obriga de instalar un sistema de rexistro de imaxes: • sito nun lugar non visible polo público, • con sistema de protección contra o roubo dos soportes das imaxes que durante o horario de atención ao público debe ter activado un retardo mínimo de dez minutos (pode substituírse por unha chave de apertura do lugar no que se encontre o equipo, depositada nun elemento contedor (p. ex. caixa forte, co mesto tempo de retardo) • permanentemente conectado ao sistema de seguridade do establecemento para que poida ser utilizado como elemento de verificación pola central de alarmas. O prazo de dous anos establecido pola Orde para cumprir con esta medida rematará o vindeiro 18 de agosto de 2013, data a partir da cal os establecementos de xoiaría deben dispor obrigatoriamente dun equipo de captación de imaxes. En relación aos sistemas de vídeo vixilancia é importante recordar que a imaxe dunha persoa constitúe un dato persoal e polo tanto, o seu tratamento deberá estar suxeito á normativa de protección de datos. Neste senso, a Instrución 1/2006, de 8 de novembro, da Axencia Española de Protección de Datos,

22

ALENTO

NÚM. 2

ABRIL 2013

/1999, ANICA 15

TOS

N DE DA

TECCIÓ

DE PRO

G LEI ORdos establece que os responsables sistemas de vídeo vixilancia TE: deberán: ITOS AN S DERE OS SEU R A IT C XER • colocar un distintivo informativo nun lugar suficientePODE E mente visible que deberá incluír unha referencia á Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos, mencionar a finalidade para a que se tratan os datos (zona vídeo vixiada) e identificar ao responsable ante o que se poden exercitar os dereitos de oposición, acceso, cancelación e rectificación. • ter á disposición dos interesados os impresos nos que se detalle a información prevista na Lei 15/1999 (existencia de ficheiro, finalidade do tratamento de datos, destinatarios da información, posibilidade de exercitar os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación, identidade e dirección do responsable do tratamento). Ademais da introdución do rexistro de imaxes como unha medida de seguridade obrigatoria, a Orde INT/317/2011 reitera a obriga dos establecementos de xoiaría de dispor dun sistema de seguridade conectado á Central de Alarmas e actualiza os graos de seguridade e as normas uNE e uNE-EN do resto de medidas de seguridade obrigatorias para xoiarías establecidas no Regulamento de Seguridade Privada, fixando un prazo de adecuación de 10 anos para os sistemas de seguridade anteriores a súa entrada en vigor (ata 18 agosto de 2021) Exposto o anterior, é preciso lembrar que tendo en conta o reducido volume de negocio ou outras circunstancias debidamente acreditadas, os Delegados ou Subdelegados do Goberno poderán dispensar algunhas das medidas de seguridade obrigatorias a aqueles establecementos que o soliciten. • Real Decreto 2364/1994, de 9 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Seguridade Privada. • Orde INT/317/2011, de 1 de febreiro, sobre medidas de seguridade privada. • Instrución 1/2006, de 8 de novembro, da AEPD, sobre o tratamento de datos persoais con fins de vixilancia a través de sistemas de cámaras ou videocámaras.


Medidas de seguridade obrigatorias para xoiarías Sistema de seguridade grado 3 Medida de seguridade obrigatoria introducida pola Orde INT/317/2011. Período de adecuación ata 18/08/2013. Sistema de rexistro de imaxes

Sito nun lugar non visible polo público. Protección contra o roubo dos soportes das imaxes, con retardo de acceso de mínimo 10 minutos (pode substituírse por unha chave de apertura do lugar no que se encontre o equipo, depositada nun elemento contedor (p. ex. caixa forte, co mesto tempo de retardo). Permanentemente conectado ao sistema de seguridade do establecemento.

Medidas de seguridade obrigatorias actualizadas pola ORDE INT/317/2011. Período de adecuación ata 18/08/2021. Caixa forte

Grado de seguridade 4 (Norma UNE-EN 1143-1) Detector sísmico conectado ó sistema de alarma do establecemento e dispositivos de bloqueo e sistema de apertura retardada de, como mínimo, 10 minutos. Se o peso é inferior a 2.000 kg, deberán estar ancoradas conforme a Norma UNE 1081236 ou optar pola utilización de medios físicos ou sistemas de seguridade electrónicos. O dispositivo de bloqueo deberá estar activado dende a hora de peche do establecemento ata a hora de apertura do día seguinte hábil.

Cámara blindada

Delimitada por unha construcción de muros blindados en paredes, teito e chan, con acceso ó seu interior a través da porta e trampón, se o houbese, ambos blindados. Rodeado o perímetro lateral por un corredor de ronda cunha anchura máxima de 60 cm, delimitado por un muro exterior con grado de seguridade II (Norma UNE-EN 1143-1). Os muros, portas e trampón, deberán estar construidos de forma que, como mínimo, o seu grado de seguridade sexa VII (Norma UNE-EN 1143-1). Dispositivo de bloqueo de apertura retardada de, como mínimo, 10 minutos. Dispositivos de detección sísmica, microfónica ou outros dispositivos que permitan detectar calquera ataque a través das paredes, teito ou chan e detección volumétrica no interior, conectados ao sistema de seguridade, deberán transmitir o sinal de alarma por dúas vías de comunicación distintas. O sistema electrónico de protección deberá ter un grado de seguridade 3 (Norma UNE-EN 50131-1). O sistema de bloqueo deberá estar activado dende a hora de peche do establecemento ata a hora de apertura do día seguinte hábil.

Porta blindada nos accesos ó interior do establecemento disposta dos cercos axeitados e peches de seguridade.

Clase de resistencia 5 (Norma UNE-EN 1627) para a parte opaca e con resistencia P6B ó ataque manual (Norma UNE-En 356) para a parte acristalada. Os cercos e ancoraxes que soporten os cristais e portas blindadas deberán ter as características recomendadas polos fabricantes que, en todo caso, deberán ser similares en resistencia ós elementos soportados.

Cristais blindados nos escaparates nos que se expoñan metais preciosos cuxo valor en conxunto sexa superior a 90.151,82 euros. Tamén obrigatorio para as fiestras e ocos que den ó exterior.

Resistencia ó ataque manual P6B (Norma UNE-En 356) e cando se trate de portas opacas, clase de resistencia 5 (Norma UNE-EN 1627).Os cercos e ancoraxes que soporten os cristais e portas blindadas deberán ter as características recomendadas polos fabricantes que, en todo caso, deberán ser similares en resistencia ós elementos soportados.

Outras medidas de seguridade obrigatorias. Art. 127 Regulamento de Seguridade Privada Pulsadores antiatraco. Reixas que den a patios e pasos interiores do inmoble e peche metálicos no exterior. Detectores sísmicos en paredes, teitos e chans da cámara blindada ou do local en que estea situada a caixa forte. Conexión do sistema de seguridade cunha central de alarmas. Carteis ou outro sistema de información análoga nos que se faga saber ao público as medidas de seguridade do establecemento. Protección electrónica de escaparates, fiestra, portas e peches metálicos. COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

23


NO R MA TI V A

por J. Carlos García Cumplido (Asesor Xurídico do Coxga)

Son autónomo, podo contratar o meu fillo como traballador por conta allea?

A

lexislación laboral presume a condición de autónomo nos parentes ata o segundo grado, salvo proba da relación laboral. En concreto, o art. 1.3 do Estatuto dos traballadores exclúe do seu ámbito de aplicación aos “traballos familiares, salvo que se demostre a condición de asalariados dos que os levan a cabo. Consideraranse familiares, a estes efectos, sempre que convivan co empresario, o cónxuxe, os descendentes, ascendentes e demais parentes por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grado inclusive e, no seu caso, por adopción”. Hai unha excepción cando se trata de fillos menores de trinta anos. Nestes casos, a Disposición Adicional Décima da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo permite aos autónomos a contratación por conta allea dos fillos menores de trinta anos aínda que convivan con el. Neste caso, queda excluída a cobertura por desemprego. É dicir, poderá contratar ao fillo como un empregado e que este cotice no Réxime Xeral en lugar de no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) pero terá o inconveniente de que non poderá cobrar a prestación por desemprego (por despedimento ou non renovación do contrato). Esta posibilidade de contratación ampliouse aos fillos maiores de 30 anos con especiais dificultades para a inserción laboral (discapacidade mental en grado igual ou superior ao 33% ou con discapacidade física ou sensorial en grado igual ou superior ao 65%). Outra alternativa para a contratación de familiares por autónomos é a figura do autónomo colaborador. En resume, trátase dun familiar directo do autónomo titular do negocio que traballa e convive con el. Pódense dar de alta na Seguridade Social como familiar colaborador dun autónomo o cónxuxe e os familiares ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade que colaboren co traballador autónomo de forma habitual. Ademais, estes familiares deben convivir de forma habitual co autónomo. Tamén é un requisito imprescindible que non sexan traballadores por conta allea. Para darse de alta na Seguridade Social como familiar colaborador, debe presentar na Seguridade Social a Solicitude de alta no réxime especial de autónomos – Familiar colaborador do titular da explotación (modelo tA0521/2) e acompañar o resto de documentación requirida. 24

ALENTO

NÚM. 2

ABRIL 2013

O autónomo colaborador está exento das obrigas fiscais trimestrais que son obriga do autónomo titular do negocio. Por tanto, só terá que presentar anualmente a súa declaración de IRPF. O autónomo titular ten as mesmas obrigas co autónomo colaborador que cos traballadores por conta allea (cotizacións seguridade social, salario, nóminas...). Dende a aprobación da Reforma Laboral (Lei de 6 de xullo de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral) o familiar colaborador terá unha bonificación do 50% na súa cota de autónomos. Esta bonificación aplicarase aos familiares que se dean de alta dende a entrada en vigor da Lei, 8 de xullo de 2012, durante os 18 meses posteriores á alta e aplicarase exclusivamente sobre a cota que corresponde á base mínima do RETA. Lexislación aplicable: • R.D. Lexislativo 1/1195, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. • Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo. • Lei 3/2012, de 6 de xullo, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral. PARENtES AtA SEGuNdO GRAdO SEMPRE QuE CONVIVAN CO AutÓNOMO tItuLAR Fillo menor de 30 anos

Traballador por conta allea

Fillo maior de 30 anos

Con especial dificultade para inserción laboral: traballador por conta allea

Autónomo-colaborador

Autónomo-colaborador Familiares

Autónomo-colaborador


T ENDEN C IAS TEXTO E IMAXE

Cristina rodríguez

http://www.piropojoyas.com/

Bling Bling!

Q

ue muller é capaz de resistirse ao encanto e ao brillo que aportan as xoias? Probablemente ningunha, e que mellor lugar para deixarnos atrapar pola maxia que despertan que velas desfilar nas principais “semanas da moda”? Durante anos a xoiaría camiñou dun lado e a moda doutro, pero agora, en cada tempada a xoiaría e a bixutería de luxo gañan terreo fronte ao resto de accesorios propostos.

Xoiaría excesiva e de tamaño “oversize” para impedir que pasemos desapercibidas. As xoias serán as protagonistas para a tempada primavera-verán 2013.

xoias Neón Na tempada pasada puidemos apreciar como sutilmente as cores flúor foron aparecendo en accesorios, calzado e ata nalgunhas prendas. Esta tempada a xoiaría tamén se suma á tendencia das cores ácidas, sobre todo os tradicionais amarelo, verde, rosa e laranxa.

Perlas, sempre perfecta Sempre perfecta, sempre á altura. As perlas levantarán paixóns esta tempada. Te-

ñen un gran poder de atracción sobre todas as mulleres e serán as protagonistas do verán 2013. Como novidade preséntanse en tamaño XL e non só para alegrar os tons escuros, senón como complemento de estampados e tons pastel.

Inspiración ancestral Moitos deseñadores de moda inspiráronse este ano na xoiaría das culturas ancestrais para a creación das súas novas coleccións. Puidemos velas nas pasarelas acompañadas de xoiaría chea de cor e con abundancia de dourados. Unha xoiaría inspirada na antiga xoiaría india, árabe, africana... que serviu de base a importantes deseñadores.

xoias que recrean a natureza A flora e a fauna son unha inesgotable fonte de inspiración. Femininas e irresistibles flores, propostas de animais con gran realismo... xoias que serán un importante elemento de expresión da imaxe persoal das que as leva.

A noite máis brillante É indiscutible que un dos grandes atractivos da gala dos globos de ouro, recentemente celebrada, son os “looks” das súas convidadas. Este ano todas as revistas de moda do país coincidiron en que os pendentes xogaran un papel protagonista. Éncheme de orgullo ver que por fin comezan a darlle á xoiaría a importancia que se merece. Gustaríame destacar os pendentes que luciu Megan Fox, de ouro rosa con diamantes, coral e rubís: espectaculares!

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

25


I N TE R N A C I O NA L por Juan Lamas-www.silvereira.com

ExPortANDo Cando unha micro-empresa do noso sector comenza a andar o duro e longo camiño da Exportación, non ten nin idea do que pode supoñer para a súa estrutura empresarial. Nun principio unicamente se trata dalgún pedido illado para algún cliente estranxeiro: hai que ter o Nif intracomunitario, se se trata dun país da UE, facer algunha tradución dalgún e-mail e pouco máis. Pero a medida que o volume de exportación vai aumentando, as necesidades da empresa tamén o fan: a recepción e resposta de chamadas e correos noutros idiomas, a comprobación de que o cliente non ten o Nif

intra-comunitario, o contacto con posibles distribuidores e os conseguintes contratos... Todo isto unido a un manexo, en moitos casos, deficiente do idioma inglés fai que un teña a sensación de non estar facendo ben as cousas. E posiblemente así sexa. Cal é a solución? A min ocórrenseme varias: contratar a alguén de comercio exterior; facer un curso intensivo de inglés; formar xunto con outras empresas similares un consorcio de exportación... ou seguir facendo o que podemos.

Neste tempos que corren calquera destas opcións representa un esforzo económico e de dedicación que dificilmente se verá compensado. Por iso sería tan importante que se mantivesen as axudas á Exportación do Igape, que inda que non as aproveitemos en tódalas súas liñas, axúdannos moito a poder asistir a feiras internacionais, sen as que sería moi complicada a posibilidade de crecemento ou incluso a supervivencia. Por favor, non nos deixen camiñar sós.

A participación no concurso fíxose a través da páxina facebook do Colexio Oficial de Xoiaría (Coxga), coa publicación da foto da placa ou da pegatina que identifica aos profesionais colexiados, por toda Galicia. A gañadora colgou no muro do facebook do Colexio Oficial de Xoiaría, unha foto da placa da Escuela Joyería Atlántico, en Vigo, dirixida, efectivamente, por un profesional colexiado: Carlos Pereira Calviño.

María Lago Rodríguez acompañou a súa foto do seguinte comentario: “Detrás destes muros está o futuro da xoiaría, a Escuela Joyería del Atlántico”.

ENTREVISTA

ENtrEGA Do PrEMIo Do CoNCurSo SAN vAlENtÍN 2013 Entregamos o venres 15 de febreiro, a María Lago Rodríguez, o Premio da segunda edición do Concurso San Valentín, que consistiu nas entradas e viaxe de dúas persoas, para ir ao espectáculo Kooza, do Circo do Sol, a Madrid, en marzo.

Carlos Pereira Calviño, colexiado e director da Escuela de Joyería del Atlántico, entregoulle o premio a María Lago Rodríguez, acompañado por Pablo García Regueira (Joyería Palamios, Pontevedra), vicepresidente do Colexio Oficial de Xoiaría. 26

ALENTO

NÚM. 2

ABRIL 2013

. Kooza iña en n gran m o t : o Bo día vos unha f nte ben; é u as de graci ría . Envío lo realme a ísimas o Pasám áculo. Moit Un saúdo. M espect lo premio. po novo


AXEN D A No calendario da nosa web tamén podedes comprobar as datas de interese. Para conseguir máis información sobre algunha actividade, os profesionais colexiados poden remitirse ao apartado reservado da web, no que están todos os detalles, ou contactar coa oficina do Colexio Oficial de Xoiaría. ABRIL Martes 9 de abril 2013 Reunión do Xurado do IV Certame Deseña unha xoia para a túa nai Martes 9 de abril 2013 Reunión do Xurado do I Concurso de Deseño San Eloi para Xóvenes Deseñadores Martes 9 de abril 2013 Charla na EASD Mestre Mateo: Colexio Oficial de Xoiaría, presente e futuro do 11 ao 13 de abril 2013 Eurobijoux, Feira de bisutería e accesorios, L’Hospitalet de Llobregat (Barcelona)

do 25 ao 30 de abril 2013 Baselworld, feira internacional da xoiaría e reloxaría en Basilea (Suiza) Martes 30 de abril 2013 Entrega de Premios do IV Certame Deseña unha xoia para a túa nai

MAIO Mércores 1 de maio 2013 Festivo estatal do 10 ao 12 de maio 2013 Curso de iniciación ao modelado de arxila de metal precioso Venres 17 de maio 2013 Festivo autonómico Galicia

do 18 ao 22 de maio 2013 Vicenzaoro Spring 2013 (Italia) Venres 24 de maio 2013 Asemblea anual Colexio Oficial de Xoiaría do 31 de maio ao 3 de xuño 2013 JCK Las Vegas 2013 (Estados Unidos)

XUÑO domingo 23 de xuño 2013 Festivo de apertura autorizada para establecementos comerciais Luns 24 de xuño 2013 Festivo autonómico Galicia

ANUNCIOS POR PALABRAS Véndese xoiaría en activo (15 anos) con local propio (74 m2 + 25 m2 entreplanta) en Vigo, zona centro. Non se pide traspaso. Para máis información: Xabier 986 291 837 / 605 795 309. Traspásase xoiaría en Vilagarcía de Arousa, en funcionamento, con moi boa situación, renda baixa, alarma, caixa forte, expositores, escaparates e mostradores, reixas exteriores cegas. 18.500 € barbanzajoya@barbanzajoya.com Véndese o seguinte material: - Impresora etiquetas ARGOX OS-214

- 2 rollos etiquetas prateadas - Lector código de barras “VOYAGER” - Videocámara V Cam CU-230 USB CMOS - Impresora de tickets Epson TM-U210PD Para máis información: tlf. 982 563 611 Deseño, prototipado 3D e fundición para profesionais do sector. Deseños de xoias personalizadas, institucionais, corporativas, relixiosas. Para máis información: info@mastaller.com Venda de obradoiro de xoiaría, céntrico, en Ourense (70 m2 con 6 postos de tra-

ballo): 1 fornos de fundición eléctrico (37 cilindros de fundición: 15 cm x 6 cm) e 1 forno de gas (6 cilindros), máquina de rodio, electropulido, cilindros eléctricos de chapa e fío, ferramentas de man, máquina de pesar, pulidoras de 2 postos, caixa forte, bombos de pulir de bolas e outros de conos de brillo… Para máis información, chamar a María del Carmen: 678 530 970 e 988 247 551 (en horario comercial). Véndese bombo-vibrador, en perfecto estado, para traballos de xoiaría. Para máis información: tlf. 881 980 219.

15:20 Página 1

sumando esfuerzos

·diseño 3D ·prototipado rápido ·fundición ·acabados de metales preciosos

MásTaller es una empresa de servicios orientada al sector de la joyería, para ello contamos con instalaciones de primer nivel y con profesionales que aúnan el saber hacer artesano con el conocimiento de las nuevas tecnologías. Prestamos servicio a otros talleres que, bien por tamaño, estrategia o situaciones puntuales de exceso de tareas, necesitan externalizar algunos de sus procesos de producción.

info@mastaller.com ··T 881 980 219

COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA

www.coxga.es

27


Envolvemos as súas xoias

de forma única

creamos e personaliz amos pack aging par a a s súa s xoia s c aix a s a medida e con ac abad os especiais pack aging rendible desde a primeir a unidade

tórculo

global printers applications + business

ARTES GRÁFICAS COMUNICACIÓN VISUAL SERVICIOS EDITORIAIS PACKAGING DIXITAL XESTIÓN DOCUMENTAL EVENTOS

SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA VIGO

Póñase en contacto conosco no 902 90 50 24 e facilitarémoslle toda a información que precise www.torculo.com · comunicacion@torculo.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.