TERCEIRA IDADE NO COUREL (Pablo, Sabela e Zaira - 2º ESO)
Introdución O motivo principal para a realización deste traballo foi o feito de que a maioria da poboación do Courel son anciáns. Por iso pensamos que poderia ser interesante coñecer como pasan e pasaban o día a día. O primeiro que fixemos foi investigar algúns datos concretos como os seguintes. No Courel hai 428 anciáns dun total de 1.007 habitantes, ou sexa, practicamente metade da poboación. A persoa de máis idade, segundo a información do concello, ten 99 anos, e vive en Folgoso.A maior parte da poboación é de entre os 65 a 70 anos. Curiosamente hai máis vellos que vellas. Á parte desta información elaboramos unhas enquisas con algunhas preguntas de interese e entrevistamos algunhas persoas maiores. Perfil das persoas entrevistadas As persoas entrevistadas son de Vilamor, Folgoso, Piñeira e Seoane e teñen entre 67 e oitenta e oito anos. Son catro mulleres e tres homes.
Dieta alimentaria Cando lles preguntamos que dieta asocian á lonxevidade algunhas persoas responderon que fan unha dieta sa. En cambio, outras ningunha. Algúns fan exercicio e outros non comen o que lle di a médica. Outra persoa dálle importancia a comer verduras. O día a día A maioría pasan o día entretidos limpando a casa, outros xogando ás cartas, vendo a televisión, paseando ou na horta, e unha persoa afirma que pasa o día soa. Como era a vida antes? A maioría da xente entrevistada dixo que a vida de antes non tiña nada que ver coa de agora. Tiñan que traballar dende moi novos tanto cos carros, arando, co gando, axudando na casa… Ían moi pouco á escola e cando chegaban á casa, tiñan que traballar. A vida antes era dura e de moito traballo. 116