Debullar 2022. Concello de Rois

Page 1

Diververán con récord de asistencia A Escola Municipal de Música culmina con éxito en Letonia o seu terceiro intercambio internacional • Ruta de sendeirismo Rosalía nos Camiños • Máis de 400 persoas inscritas nas actividades culturais e deportivas • Cultura Dispersa volve levar espectáculos ás doce parroquias • Importantes investimentos na depuradora de Urdilde, no colexio dos Dices e na senda peonil de Antequeira Concello de Rois. Revista informativa municipal Número 6 | Decembro 2022 Debullar

COMITIVA

10.45 Rois 11.30 Buxán 12.00 Leroño 12.30 Augasantas 15.00 Ermedelo 15.45 Urdilde 16.30 Costa (local social) 17.15 Herbogo 17.45 Seira 18.15 Sorribas 18.45 Ribasar 19.30 Oín 20.00 Polideportivo dos Dices. Recepción oficial Pola tarde, moitas SORPRESAS no polideportivo municipal. Coa chegada das SS.MM. de Oriente ao polideportivo, entrega de premios do concurso de tarxetas de Nadal

CONCURSO

2 CONCELLO DE ROIS
Xiana Salgueiros Chico 4º E. Infantil CEIP O Pumar - Urdilde Felicitación institucional do Concello Marina Vidal Busetelo 4º E. Primaria CPPI Os Dices - Rois Minia Lois Batalla 1º E. Primaria CEIP O Pumar - Urdilde Ian Seco Ares 5º E. Primaria CEIP O Pumar Lía Seco Ares 4º E. Primaria CEIP O Pumar CONCELLO DE ROIS

Traballo conxunto para un futuro mellor

rezadas veciñas e veciños: nestas datas tan especiais quero agradecervos o voso traballo, a vosa colaboración e a vosa implicación para axudarnos a conseguir que moitas das iniciativas que puxo en marcha o Concello este ano fosen un éxito e sexan unha referencia para outros moitos municipios da comarca e tamén de Galicia. Son un firme defensor do traballo en equipo, como única fórmula para conseguir grandes metas. Unha filosofía que aplicamos dende o goberno municipal en todos os ámbitos. A colaboración entre os concellos da comarca do Sar permitiunos inaugurar este ano a Ruta Rosalía nos Camiños, para pór en valor a importancia da nosa poeta e dinamizar o turismo da zona. Seguimos sendo un exemplo para incorporar ao mercado laboral persoas desempregadas que se forman nos obradoiros e nos programas integrados de emprego, logrando taxas de inserción que non poderiamos acadar nós sós. A fluída relación con outras administracións e empresas fai posible que poidamos executar grandes investimentos no municipio, como a mellora de estradas, a do colexio dos Dices ou a construción inminente da depuradora e do punto de atención á infancia de Urdilde. Son algúns exemplos que podedes ver nas páxinas deste número da revista Debullar

Pero se por algo sentimos orgullo no Concello de Rois é da nosa xente. Da vosa resposta ás iniciativas que poñemos en marcha dende o equipo de goberno. Esa implicación é a que nos permite conseguir cifras récord no Diververán, que con 180 nenos e nenas participantes facilítalles a conciliación a moitas familias, ou nas actividades culturais e deportivas, que superan os 400 asistentes. Que o programa Cultura Dispersa siga levando polas parroquias espectáculos de todo tipo, ou que a festa da Xuventude fora un dos eventos máis multitudinarios dos que se organizaron en Rois nos últimos anos. E quero facer un recoñecemento especial a todas as mulleres do municipio, que se no mes de marzo

daban un paso adiante para resaltar o empoderamento feminino a través da sororidade, despois reivindicaban a importancia do seu papel no desenvolvemento do rural ou lideraban a constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, para recordarnos que Rois non cala diante das inxustizas.

Ese traballo en equipo é o que nos permite ser referente na nosa terra e liderar proxectos europeos, coma os que concluíron este ano. Unha colaboración que lle permitiu á Escola Municipal de Música rematar con éxito o seu terceiro intercambio no estranxeiro (coa aprendizaxe e a expereriencia que representa para o alumnado) e ter xa invitación formal para participar en festivais internacionais.

Dende o Concello seguiremos traballando nesta liña. Facendo programacións conxuntas con outros municipios, como o Outono Cultural; apoiando a asociacións como Amipa (para que faga outros 25 anos), ou a clubs como a SD Urdilde (que este ano lembraba o seu nacemento hai 42 anos). Porque só traballando xuntos e xuntas construiremos un futuro mellor.

Moitas grazas por axudarnos a sumar. Feliz Nadal e próspero 2023!

SAÚDO DO ALCALDE
Ramón Tojo Lens Alcalde de Rois
P R O I S s u m a C O N T I G O E M P A D R Ó A T E F A L T A S T I ! + R E C U R S O S + S E R V I Z O S + B E N E S T A R Q U E R E M O S S E R 5 . 0 0 0

6

Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero 10

8

13

'Sororidade', o novo himno para o 8M desde Terras de Iria protagonizado por 35 mulleres 14

'Rosalía nos camiños', ruta de sendeirismo amigable inspirada na obra de Rosalía de Castro

Espectáculos para todos os públicos nas doce parroquias co programa 'Cultura dispersa'

17

A Panorama remata a súa xira nacional na Festa da Xuventude de Rois diante de 4.000 persoas

O programa de conciliación Diververán bate récords con 180 nenos e nenas participantes 20

A Escola de Música triunfa na súa visita a Letonia e invítana a un certame internacional en 2023 36

Medra o alumnado das escolas deportivas municipais, que tamén ofertan baloncesto e golf

Concello de Rois Samil 1, Oín 15911 Rois. A Coruña Tel.: 981 804 109 / Fax: 981 804 182 www.rois.gal correo@rois.gal facebook.com/ConcellodeRois

Oficina Municipal de Urdilde 981 805 135

Edificio Multiúsos de Rois 981 816 061

Xulgado de Paz 981 804 088

Centro de día Urdilde-Rois 981 800 810

Centro de saúde de Urdilde 981 805 137

Centro de saúde de Rois 981 952 992

Hospital de Santiago 981 950 000

'Convivencia de Mulleres' en Portugal con 30 participantes 11

Taller de memoria con grupos Rois, Ermedelo e Urdilde 19

Outono cultural en Rois e Padrón con 20 espectáculos 29

O nome de Rois na rotonda de Cortizo recibe a quen nos visita 30

Plan de obras con novo parque infantil para Herbogo 33

A selección de Portugal, no Premio ciclista Santo Isidro 34

Moita participación nas andainas celebradas este ano 35

A SD Urdilde recorda aos fundadores cunha placa 37

Xurxo Neo, subcampión de Europa de trial xuvenil

Urxencias médicas: 061

Farmacia de Rois 981 804 444

Farmacia de Urdilde 981 805 233

Escola infantil ‘A Galiña Azul’ 981 804 488

CPPI Os Dices-Rois 881 866 890

CEIP O Pumar-Urdilde 881 866 365

Garda Civil 981 810 091

Grupo de emerxencias (Protec. Civil) 112 | 981 812 929 | 670 810 910 Incendios 085

Permisos de queima 012

Planta de reciclaxe de Servia 981 191 240 / 639 107 638

Edita Concello de Rois Deseño, maquetación e textos Alicentis SL Fotografías Concello de Rois Alicentis SL Revisión de textos

Inmaculada Seage Rosario Ríos Anayansi Singh Roberto C. Agrelo Uxía Pérez Impresión Gráficas Lasa

Depósito Legal: C 425-2018 Decembro 2022. Publicación gratuíta do Concello de Rois. Permítese a reprodución sempre que se cite a fonte.

4 CONCELLO DE ROIS SUMARIO
Directorio municipal Debullar 59

Amipa celebra en Sorribas o seu 25 aniversario

AAsociación Amipa celebrou en maio os seus 25 anos de vida en defensa da inclusión social das persoas con discapacidade intelectual no rural. Fíxoo cun acto festivo e reivindicativo con máis dun cento de asistentes no que os usuarios e usuarias de Amipa foron os auténticos protagonistas. Así, Lucía Esparís, Jorge Soto e Inés Varela repasaron os principais fitos da historia de Amipa dende aquel 14 de maio de 1997, cando a asociación comezou a dar os

seus primeiros pasos en Padrón, ata a actualidade, con 24 prazas no centro ocupacional de Sorribas. Un camiño en defensa da inclusión social das persoas con discapacidade intelectual de Rois, Padrón e Dodro que é "un soño feito realidade", en palabras do presidente de Amipa, José Rodríguez.

O acto contou coa asistencia do director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fernando González Abeijón; dos alcaldes de Rois, Padrón e Dodro; do bispo auxiliar de Santiago, Francisco Fernández Prieto; e da vicepresidenta de Fademga, Carmen Taboada. A celebración do aniversario rematou coa actuación das Pandeireteiras de Rois, dirixidas por Jéssica Beiroa, e serviu tamén para presentar a nova imaxe corporativa de Amipa.

As creacións artesanais como regalo

institucional

A estreita colaboración entre o Concello e Amipa faise visible en cada acto organizado polo consistorio: dos obradoiros de Sorribas saen os agasallos cos que se premian a gañadores e gañadoras de concursos varios e tamén os regalos para ilustres visitantes, por poñer só dous exemplos. En recepcións oficiais, como as dos últimos intercambios europeos celebrados en Rois, a sede de Amipa é punto obrigado de visita. Ademais, o departamento de Deportes contribúe na organización de actividades físicas como andainas, liga de chave e ximnasia de mantemento.

5 CONCELLO DE ROIS BENESTAR SOCIAL
Ramón Tojo: "Amipa é unha entidade con iniciativa e deixa pegada en todo o que fai"

O DIVERVERÁN BATE RÉCORDS

O programa de conciliación promovido polo Concello de Rois bateu récord de asistencia: 180 participantes converteron a última edición do DiverVerán na máis numerosa da historia. Nenas e nenos de 3 a 13 anos, de Rois pero tamén de municipios próximos como Ames, Padrón ou Pontecesures, combinaron os obradoiros e xogos en equipo coa práctica deportiva, excursións e festas temáticas. E todo isto ao longo dos meses de xullo e agosto, en catro quendas de 15 días cada unha. Os escenarios principais foron os polideportivos e os centros educativos de Rois e Urdilde, aos que o Concello lles agradeceu a cesión dos espazos. O DiverVerán está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade.

6 CONCELLO DE ROIS

'Sororidade', novo himno para o 8M desde Terras de Iria

Alumnado da Galiña Azul, do CEIP do Pumar-Urdilde e do CPPI dos Dices reivindicou con arte valores tan importantes como a liberdade e a igualdade. Todos e todas as participantes no concurso de carteis do 8M recibiron un agasallo.

O Concello resalta nun vídeo o papel da muller rural

Con motivo do Día Internacional da Muller Rural, que se celebra o 15 de outubro, o Concello de Rois editou un pequeno vídeo realizado con ilustracións no que visibilizou as achegas das veciñas ao tecido social, económico e cultural do municipio.

Escanea o código para ver o vídeo de Sororidade do CIM Terras de Iria

empresaria da alimentación, xunto á súa filla Alba; a gandeira Paula Castro Neo; e M.ª Sagrario Sánchez e Vanessa Pérez, limpadora e médica de familia. Formación gratuíta en competencias dixitais e igualdade

O multiúsos acolleu dous cursos de competencias dixitais nos que participaron 20 mulleres desempregadas ou demandantes de mellora de emprego. Complementáronse cun módulo de igualdade e terán continuidade cun curso para o emprendemento.

8 CONCELLO DE ROIS
Un total de 35 mulleres e nenas de Rois, Padrón e Dodro protagonizaron o videoclip Sororidade, co que o CIM Terras de Iria conmemorou este ano o 8M, poñendo a énfase na solidariedade entre mulleres e no empoderamento feminino. Sororidade é unha peza musical tradicional con letra e arranxos de Jéssica Beiroa, profesora de pandeireta en Rois. Está interpretada por 10 cantareiras de agrupacións da comarca, como o OCT Chorima ou as asociacións de mulleres de Rois, Ermedelo e Urdilde. No vídeo, ademais das pandeireteiras, actúan unha ducia de mulleres dos tres municipios con perfís profesionais diferentes. Polo concello de Rois participan no vídeo Margarita Casal, Creatividade e valores no concurso escolar de carteis

Un 25N reivindicativo, lúdico e formativo

Rois celebrou o Día Internacional contra a violencia de xénero cunha andaina reivindicativa que cubriu a distancia entre a casa consistorial e o auditorio, onde Mercedes Basante leu o manifesto institucional do 25N e tivo lugar, ademais, a presentación da novela Eutimia da veciña e escritora María Aboy, co acompañamento musical do OCT Chorima.

Todo isto enmarcado nun completo programa de actividades que incluíu accións formativas sobre igualdade no ámbito laboral, o espectáculo circense Sue Moreno 4.0, a representación de Invisibles, a cargo de Redrum Teatro, ou unha exposición no multiúsos dos debuxos realizados polo alumnado dos centros educativos do municipio co gallo do 25N.

O Concello agasallou a veciñanza cunha camiseta conmemorativa da data, coa que tamén se fotografiaron as alumnas das escolas municipais.

Escanea o código para ver as fotos dos actos que se celebraron con motivo do 25N

.

Suxestións a prol da igualdade

O Concello de Rois quere coñecer as propostas da cidadanía para traballar a prol da igualdade. Para tal fin, colocáronse urnas e caixas de suxestións na casa consistorial, no multiúsos e nos centros de saúde.

Mesa contra a violencia

No mes de decembro quedou constituída a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, un órgano de carácter participativo que reúne representantes das asociacións veciñais, de mulleres, deportivas, ANPAS, Protección Civil e corpos de seguridade, saúde, educación, servizos sociais, do Centro de Información á Muller Terras de Iria e dos distintos grupos da Corporación municipal. O principal obxectivo é traballar por construír un concello libre de violencias machistas.

Bancos pola diversidade

Con motivo do Día das Diversidades Sexuais o alcalde inaugurou unha placa coas cores do colectivo LGTBAQI+ no edificio multiúsos. Ademais, a concellería de Asuntos Sociais e Emprego impulsou un proxecto de sensibilización en colaboración con dúas artistas locais. Noelia Picadizo Villar e Cristina Porrúa Martínez pintaron coas cores do arco da vella dous bancos no parque infantil situado preto do local da Asociación de Mulleres Rurais de Urdilde e un banco e un mural no acceso ao polideportivo dos Dices.

9 CONCELLO DE ROIS

Obradoiros para a prevención de condutas aditivas

Un grupo de mozos e mozas de Rois participaron no taller de cócteles sen alcohol organizado pola Unidade de Prevención de Condutas Aditivas de Dodro, Padrón, Rois e Valga e celebrado no edificio multiúsos de Rois coincidindo coas vacacións de Semana Santa. O obradoiro tivo lugar o 17 de abril, Día Europeo da Información Xuvenil, polo que os e as asistentes recibiron como agasallo material promocional da Unión Europea facilitado por Europa Direct A Coruña.

A convivencia de mulleres leva as veciñas de Rois de viaxe a Portugal

Máis dunha trintena de veciñas participaron en novembro na convivencia de mulleres organizada polo departamento de Servizos Sociais. As participantes viaxaron ás localidades lusas de Miranda do Douro (onde realizaron unha visita en barco ao parque natural das Arribes), Bra-

gança e Braga. A diferenza doutras edicións, no grupo deste ano participaron mulleres de diversas idades, non só xubiladas ou pensionistas. Todas elas estiveron acompañadas pola traballadora social e pola educadora familiar do Concello, Eva Castro e Uxía Pérez, respectivamente.

Rois súmase a varias campañas de sensibilización

A casa consistorial tinguiuse de verde no día da miastenia, de morado o 8 de marzo, de azul para visibilizar o trastorno do espectro autista (TEA) ou de azul turquesa para celebrar o día das linguas de signos. A través da iluminación da súa fachada, pero tamén por medio de publicacións en redes sociais, o Concello súmase ao longo do ano a diferentes accións de sensibilización social, como son tamén os Panos brancos contra a droga o 26 de xuño ou o Día contra o Cancro de Mama o 19 de outubro.

A veciñanza de Rois solidarizouse co veciño de Quintáns, en Urdilde, ao que lle morreron nove vacas intoxicadas tras inxerir estramonio. O Concello abriu unha conta bancaria para depositar donativos, que se sumaron ao importe das axudas de custo dun

pleno cedido polas concelleiras e concelleiros de Rois, así como a outras iniciativas solidarias. A nova da intoxicación causou un forte impacto e foi difundida por numerosos medios locais, autonómicos e mesmo nacionais no pasado mes de outubro.

10 CONCELLO DE ROIS
Solidariedade cun veciño de Urdilde ao que lle morreron nove vacas

O taller de memoria afiánzase con grupos de traballo por parroquias

Mellorar a calidade de vida. Ese é o obxectivo último e principal do taller de memoria para persoas maiores impartido por Ana Rodríguez Chouza. A través de exercicios e de xogos estimúlase a memoria a curto e a longo prazo e trabállanse conceptos como a orientación espacial e temporal, a linguaxe, o cálculo, a

concentración, o razoamento ou a creatividade. As sesións son de hora e media á semana e desenvólvense en diferentes grupos de traballo: mentres que en Rois teñen lugar nas instalacións do edificio multiúsos os luns pola mañá, en Ermedelo celébranse os luns á tarde e en Urdilde os mércores, tamén pola tarde.

Cursos de labores e pandeireta

A programación de actividades do departamento de Igualdade inclúe cursos de recuperación de música tradicional ou pandeireta, que se imparten ata o mes de xuño en Rois, Urdilde e Ermedelo. Tamén hai clases de labores no Sisto, onde as participantes fan encaixe de palillos, vainicas ou bordados.

Servizo de ludoteca nos colexios para axudar

a conciliar

Co fin de cubrir o período que vai do remate das clases ao inicio das actividades extraescolares, o Concello xestiona o servizo de ludoteca no CPPI dos Dices ofrecido en colaboración coa ANPA San Isidro. No caso do CEIP do Pumar-Urdilde, asume parte do custe da contratación dunha coidadora por parte da ANPA.

O Concello reparte alimentos e regalos polo Nadal

As asociacións de mulleres de Rois organizan un xantar de fin de curso

O polideportivo de Rois acolleu en xuño o xantar de fin de actividades organizado polas asociacións de Amas de casa de Rois, Mulleres Rurais de Urdilde e Mulleres Rurais de Ermedelo en colaboración co Concello. Ao acto acudiron o alcalde, Ramón Tojo, e a concelleira de Cultura, Victoria Quiroga. Tojo agradeceu a participación do alumnado nas actividades para público adulto que

se organizaron tanto dende o Concello como dende estas asociacións. Tamén agradeceu a implicación do monitorado e a boa disposición das entidades que facilitaron os locais sociais, e a dos centros educativos, neste caso o de Urdilde que cedeu o ximnasio para que se puidesen levar a cabo pilates e zumba. O xantar recuperouse tras dous anos sen se celebrar por mor da covid-19.

O departamento de Servizos Sociais repartiu no Nadal lotes de alimentos adquiridos no comercio local entre as familias máis vulnerables. Os máis pequenos recibiron unhas botas de montaña e un chándal, ademais duns xogos en madeira feitos polos usuarios e usuarias do Centro de Día.

Envío de axuda humanitaria ás vítimas da guerra

Membros de Protección Civil e da brigada de obras recolleron nos colexios o material doado para as vítimas da guerra en Ucraína. Ademais, o Concello difundiu nas súas redes as diferentes liñas de axuda económica.

11 CONCELLO DE ROIS

Tres novos ingresos no club de centenarios

Tanto Serafina Barbazán Neo como Jesús Campos Rey gozan de boa saúde e presumen de non precisar gafas para ler. Xunto con Luísa Adelina Freire Calvo, tamén en plena forma, os tres veñen de incorporarse neste ano 2022 ao club de centenarios de Rois. Por este motivo, o alcalde Ramón Tojo visitounos nos

seus domicilios para transmitirlles as felicitacións da veciñanza e agasallalos cun peregrino, flores e cun doce típico. Serafina Barbazán é veciña de Moares, en Ermedelo, e fixo os cen anos o 30 de decembro de 2021; Jesús Campos celebrou o cen aniversario o 22 de xaneiro en Liñares, Costa; e o 21 de xullo fíxoo Luísa Adelina

Freire, veciña do Piñeiro, en Buxán. Ademais, José Veiga Gandarela (A Cabanela, Urdilde) converteuse no veciño de máis idade de Rois ao facer 103 anos o 18 de xullo, mentres que Dorinda Leboráns Barreiro soprou o 13 de marzo nada menos que 101 candeas na Meana, en Sorribas. Parabéns e por moitos anos máis!

O programa de Coidados porta a porta recala en Rois

A unidade móbil do programa Coidados porta a porta da Xunta de Galicia instalouse a comezos de setembro nas inmediacións da casa consistorial para facilitarlles atención gratuíta a persoas maiores de 55 anos en podoloxía, audioloxía, estimulación da memoria e promoción de hábitos de vida saudables e de envellecemento activo.

As persoas usuarias do centro de día de Urdilde parodiaron as Tanxugueiras e dedicáronlle coplas ao coronavirus na celebración do Entroido, nun dos primeiros actos públicos que se organizaron no centro tras a pandemia e ao que asistiron o xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde de Rois.

12 CONCELLO DE ROIS
O centro de día de Urdilde recupera a festa do Entroido

'Rosalía nos camiños', unha ruta inspiradora

"E

vocar a figura de Rosalía de Castro mais das Terras de Iria por medio dun roteiro". Esa foi a proposta da Fundación Rosalía, a través do seu presidente Anxo Angueira, e os concellos de Rois, Padrón e Dodro tomáronlle a palabra. Xuntos deseñaron unha ruta amigable inspirada na obra En las orillas del Sar, cun percorrido circular duns quince quilómetros que parte do paseo do Espolón, en Padrón, onda a estatua da escritora galega máis universal.

A senda deuse a coñecer cun vídeo promocional e inaugurouse de forma oficial en maio cunha andaina solidaria na que participaron máis de 150 persoas. Tamén se organizaron rutas guiadas desde o departamento de Turismo do Concello de Rois.

Rosalía nos camiños é un itinerario literario, paisaxístico e histórico que discorre á beira do Sar. O sendeiro entra en Rois pola zona de Fondóns, un lugar que inspirou a Rosalía para escribir os versos que hoxe se recollen nunha placa. Chama a atención un burato aberto na pedra do chan polo que, segundo a tradición, se metía a roupa de persoas enfermas para purificala coa auga. Ademais das pasarelas de madeira instaladas para mellorar a accesibilidade, cómpre fixarse na ponte creada polo artista Camilo Seira a partir dun salgueiro labrado. A praia de Seira é outro dos puntos de interese en Rois, que se complementa con lugares emblemáticos nos concellos veciños como as Torres de Hermida ou a Casa da Matanza, entre moitos outros.

Escanea o código para ver o vídeo da ruta de sendeirismo Rosalía nos camiños

Implicación social o 23 de febreiro

No Día de Rosalía, que pasou a conmemorarse o 23 de febreiro, presentouse a ruta Rosalía nos camiños e alumnado do colexio de Urdilde percorreu unha parte desta e visitou Fondóns na compaña do alcalde Ramón Tojo. As nenas e nenos da Galiña Azul celebrárono coa plantación dunha figueira. Ademais, numeroso público asistiu á representación de A pluma viva de Rosalía cos Quinquilláns.

13 CONCELLO DE ROIS CULTURA E TURISMO

De festa coa Cultura Dispersa polas parroquias

Cultura Dispersa volveu encher de música e de espectáculos o verán das parroquias roisenses. O programa, impulsado polo Concello en colaboración coas entidades veciñais, contou coa actuación da raíña da verbena galega Pili Pampín. Houbo música tradicional cos Campantes da Baña, coa agrupación cultural Rosalía de Castro, cos Jaitas Blue e con OCT Chorima. Tamén actuaron as bandas da Escola de Música de Rianxo, de Lousame e de Arca e non faltaron os espectáculos infantís ou mesmo unha discoteca móbil para animar as festas parroquiais.

14 CONCELLO DE ROIS
1. Costa: Os Campantes da Baña. 2. Herbogo: Barafunda Teatro. 3. Ribasar: Pili Pampín. 4. Rois: AC Rosalía de Castro. 5. Augasantas: Os Jaitas Blue. 6. Urdilde: Banda da Escola de Música de Rianxo. 7. Oín: Banda de Música de Lousame. 8. Seira: Fantoches Baj. 9. Leroño: Celso F. Sanmartín. 10. Ermedelo: OCT Chorima. 11 Sorribas: Banda de Arca. 12. Buxán: Animus Discotecas Móviles.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 A

Máis de 400 persoas inscritas nas actividades

Rois afronta o presente curso con máis de 400 inscricións realizadas nunha vintena de propostas culturais e deportivas diferentes. A oferta de actividades culturais para escolares inclúe clases de inglés, teatro, arte, cociña, informática e mecanografía.

As dúas últimas son novidade no curso 2022-23, a petición das familias. O éxito da actividade de cociña en Rois levou a abrir un novo grupo en Urdilde e tamén medrou a matrícula infantil do multiobradoiro de arte impartido por Camilo Seira.

Escanea o código para ver o álbum de fotos da clausura do curso 2021-2022

Novidades na biblioteca

A biblioteca municipal ampliou os seus fondos bibliográficos a través das axudas da Xunta para a adquisición de novidades editoriais e mellora de coleccións bibliográficas. Títulos de autores como Ledicia Costas, Diego Ameixeiras ou Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022, sumáronse ao catálogo da biblioteca por petición dos lectores e lectoras e dos centros educativos.

ArroRois para as familias

As familias con nenos e nenas menores de tres anos teñen no programa de animación á lectura ArroRois un espazo para compartir experiencias. Ademais das sesións de contacontos que se celebran na biblioteca, organízanse saídas culturais como a do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, en marzo, ou a do Parque dos Sentidos de Marín, como fin de curso.

Labores ao aire libre en

Urdilde

A Asociación de Mulleres Rurais de Urdilde organizou a I Xornada de Labores ao aire libre, impartida pola monitora de encaixe Ana Rosa Rosende Paz. Entre o numeroso público que visitou a mostra no campo da festa figuraron o alcalde, Ramón Tojo, o tenente de alcalde, Manuel dos Santos, e a concelleira Victoria Quiroga.

15 CONCELLO DE ROIS

Música e baile nas patronais do Santo Isidro

Amisa solemne cantada polo coro de Buxán e a tradicional procesión do Santo Isidro centraron os actos litúrxicos na mañá do día grande das festas patronais de Rois. Horas antes, unhas 150 persoas iniciaban en Urdilde a andaina de sete quilómetros polas terras do municipio ata o campo da festa, punto neurálxico da troula. Alí tiña lugar o 14 de maio a verbena coa que o dúo Reflejos e o grupo padronés Unión y Fuerza daban o tiro de saída das festas.

A chuvia do día 15 obrigou a modificar a axenda de actos nalgúns casos, como o do concerto das agrupacións da Escola Municipal de Música, que se celebrou no local social da Asociación de Veciños de Sanamede. Xa pola tarde, a rapazada foi a gran protagonista no campo da festa, coa actuación do grupo infantil La Granja, xogos populares como os zancos ou o minigolf, inchables e talleres de globoflexia, debuxo ou tatuaxe.

As Cantareiras da Asociación de Amas de Casa de Rois, as Repeniqueiras de Urdilde e as Pandeireteiras da Asociación de Mulleres Rurais de Ermedelo demostraron a súa capacidade de animar o público e colleitaron numerosos aplausos. Tras un divertido monólogo de Pepo Suevos chegou o esperado concerto do grupo compostelán De Vacas que, por mor da chuvia, tivo que celebrarase no auditorio municipal, con grande éxito de asistencia.

Cartel de Ainhoa Martínez García

A imaxe gañadora do concurso para o cartel anunciador do Santo Isidro Labrador 2022 foi a de Ainhoa Martínez García. Esta moza de 18 anos, veciña do Sisto, en Ribasar, recibiu de mans do alcalde, Ramón Tojo, e da concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, o premio de 120 euros co que estaba dotado o premio.

16 CONCELLO DE ROIS

Festa da Xuventude con 4.000 asistentes

AFesta da Xuventude que organizou o Concello de Rois no mes de novembro resultou todo un éxito segundo moitas das opinións que se oían entre asistentes de todas as idades nun campo da festa ateigado de xente. Máis de 4.000 persoas procedentes de diferentes lugares de Galicia achegáronse para ver a última gala da Orquestra Panorama, o Play Tour 2022. Lito Garrido, o líder dunha das orquestras máis famosas de Galicia e do panorama musical español, non quixo defraudar os asistentes e regaloulles varios minutos adicionais dun espectáculo que sorprendeu.

A actuación da Panorama comezou coa súa particular versión de Terra, o tema que fixo famosas as Tanxugueiras, e continuou con Jocker. Todo un espectáculo audiovisual no que os e as profesionais da orquestra sorprenderon cunhas vistosas coreografías a un público moi variado. No campo da festa déronse cita dende adolescentes ata avós e avoas, e mentres estes admiraban os movementos dos e das artistas sobre o escenario, a mocidade non deixaba de bailar e moverse ao ritmo da música.

Organizada polo Concello de Rois, a Festa da Xuventude comezou coa ac-

tuación de Disco Móvil Chocolate e DJ Tito Maveric. A medida que soaba a música íase enchendo o campo da festa, que chegou ao seu momento culminante unha media hora despois de que a Panorama arrincara o seu primeiro pase. Máis de 4.000 persoas déronse cita nun evento co que a orquestra pechaba este ano a súa gala Play Tour Panorama 2022, que a levou de xira por toda España.

Para a organización da Festa da Xuventude, o Concello de Rois contou cunha subvención da Deputación da Coruña para reactivar o sector das orquestras.

17 CONCELLO DE ROIS

Cultura no Camiño recala en Rois con tres espectáculos

A programación do Xacobeo 21-22 chegou a Rois con tres espectáculos para público infantil. A Maga Fani e Martín Camiña presentaron 2 ilusionistas xenuín@s, na clausura do Diververán; Xoán Curiel e a Banda do Verán fixeron bailar a peques e grandes no Día da Bicicleta; e Caxoto Contacontos abriu o curso escolar con Un libro baixo a almofada.

Xuntanza de vehículos clásicos Comarca do Sar

Os máis de 140 participantes na xuntanza de vehículos clásicos e históricos Comarca do Sar, celebrada a finais de agosto, pararon a repoñer forzas no bar Benjamín, de Vilachán. Alí foron recibidos polo tenente de alcalde de Rois, Manuel dos Santos, e polo concelleiro de Deportes, Martín del Río. Propietarios de coches e motos de toda Galicia, Asturias e mesmo Portugal participaron na marcha, con saída e meta en Padrón.

Sesión dobre de autocine para as noites de verán

O Concello programou este verán dúas sesións de autocine. No campo da festa de Rois proxectouse Pinocho, de Roberto Benigni, mentres que en Urdilde puido verse a comedia Cuñados

18 CONCELLO DE ROIS

Rois e Padrón suman forzas no Outono cultural

Odesexo de ampliar o número de espectáculos e o tipo de propostas para reforzar a oferta cultural levou os concellos de Rois e Padrón a deseñar por primeira vez unha programación coordinada para o último trimestre do ano. O resultado foi o Outono cultural, un programa que reuniu unha vintena de espectáculos e que se iniciou en Rois en outubro para despois levar o público dos dous concellos a Padrón en novembro e decembro. Na presentación da programación, o alcalde de Rois, Ramón Tojo, destacou que esta unión permitiu "contar cun orzamento global maior, aforrando recursos en cada municipio. Ademais, incrementamos o apoio á cultura galega, ao darlles oportunidade de representar as súas obras a máis compañías".

O Outono cultural botou a andar no auditorio de Rois coa interpretación por parte da Agrupación teatral Pedroso da obra Nin o demo entende as mulleres, moi aplaudida polo público. Malasombra Producións fixo rir a gargalladas coa comedia cósmica Go on!; a compañía de teatro inclusivo Poten100mos sorprendeu con Metamorfosis e, por último, Talía Teatro botou a lingua a pacer coa obra A parábola do angazo. Non faltaron os espectáculos para público familiar, como a nova proposta de Caramuxo Teatro para a primeira infancia, titulada Catro.

Orquestras no auditorio

O auditorio de Rois acolle ao longo do ano diferentes concertos de música clásica, como o ofrecido polo Centro Superior de Música de Galicia, que interpretou a Historia dun soldado de Stravinsky baixo a batuta do director da ESMU de Rois, Manuel Villar, e do mestre valenciano Cristóbal Soler; ou o da Orquestra de Música de Valga en xullo.

Teatro por e para escolares

Ben sexa como público ben sobre as táboas, os e as escolares teñen un papel protagonista no auditorio. O alumnado roisense tivo ocasión de aprender inglés de forma divertida con Touch Wood, nunha función ofrecida en colaboración con Get Brit! Por outra banda, o IES de Brión presentou en Rois a súa peza O Banco

19 CONCELLO DE ROIS

AEscola Municipal de Música de Rois (ESMU) volveu deixar alto o pavillón da música galega, nesta ocasión en Letonia, durante o terceiro intercambio internacional que promoveu o Concello de Rois. Alumnado e profesorado da ESMU e do CPPI Os Dices emocionaron o público de Rezekne ao rematar os dous concertos tocando e cantando o himno de Letonia.

A comitiva roisense estaba encabezada pola concelleira de Cultura, Victoria Quiroga; a xestora cultural, Anayansi Singh; o director da ESMU, Manuel Villar; e a profesora Anna Melikhova, que tamén exerceu de intérprete na viaxe; e pola xefa de estudos do CPPI Os Dices, Mireia Pamies. Na viaxe puideron coñecer a capital de Letonia e varias localidades do distrito de Rezekne, situado a 242 km ao leste de Riga e que ten unha poboación duns 40.000 habitantes.

En Letonia, o grupo de Rois ofreceu dous concertos conxuntos coas escolas de música das vilas de Malta e Vilani, onde interpretaron música tradicional galega e letoa. "A música é un magnífico medio para ser mellores cidadáns, fomentar o respecto, a

MÚSICA DE ROIS SOA

Escanea os códigos para ver o vídeo resumo da viaxe a Letonia (superior) e o resumo do concerto conxunto ofrecido no auditorio de Rois (inferior)

20 CONCELLO DE ROIS
EN

EN LETONIA

tolerancia, a igualdade e para axudar a construír máis Europa", dixo Victoria Quiroga durante a recepción oficial.

Dúas semanas máis tarde, Rois recibía a visita da delegación de Letonia, encabezada polos directores das escolas de Malta e Vilani, Normands Stekelis e Inta Brence. Tras coñecer Rois e outros lugares de Galicia, as tres agrupacións volveron ofrecer un concerto conxunto no auditorio municipal. Neste recital Stekelis e Brence animáronse a cantar o himno Galego.

O éxito do encontro foi tal que a ESMU de Rois recibiu invitación formal para acudir a un certame internacional de música en Rezekne no verán de 2023.

O intercambio con Letonia xurdiu no encontro europeo que en 2021 reuniu en Rois representantes dos 27 países da UE. A visita a Letonia foi a terceira viaxe internacional da Escola de Música de Rois, tras visitar Venecia (Italia, en 2018) e Pásztó (Hungría, en 2019).

Concertos durante todo o curso

A Escola Municipal de música de Rois volve superar as cen persoas matriculadas no curso 2022-2023. O alumnado está afeito a subir ao escenario, pois son varios os concertos nos que participa durante todo o ano. O de Nadal, o de solistas e o de agrupacións das Letras Galegas, o do Santo Isidro ou o concerto de fin de curso son os habituais durante o período lectivo.

21 CONCELLO DE ROIS

Clausura en Grecia do proxecto da UE liderado por Rois

A concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, clausurou en Grecia o cuarto e derradeiro encontro do proxecto As voces europeas contra o euroescepticismo, liderado polo Concello de Rois e financiado pola Comisión Europea. Victoria Quiroga volveu reclamar en Pilea-Hortiati, diante de representantes dos 27 países da UE, "darlle voz á cidadanía e seguir traballando unidos para continuar avanzando e fortalecendo a Unión Europea".

A proposta do Concello de Rois As voces europeas desafían o euroescepticismo foi a única aprobada en Galicia e figura entre as 40 propostas financiadas pola Comisión Europea das preto de 400 presentadas no programa Europa para a cidadanía. Contribuír a que a cidadanía comprenda mellor a Unión Europea, a súa historia e a súa diversidade, e lograr unha maior implicación e participación no futuro da UE, loitando contra o euroescepticismo, foron os principais obxectivos do proxecto. Tras o encontro celebrado en Rois en novembro de 2021, durante o ano 2022 celebráronse tamén reunións en Malta, Hungría e Grecia, onde se clausurou este proxecto.

Unha delegación húngara de Pásztó visita o municipio

O alcalde de Pásztó, Attila Farkas, encabezou a delegación de 26 persoas de Hungría que en novembro estivo coñecendo a realidade socioeconómica de Rois. Foron recibidos polo alcalde, Ramón Tojo, e despois visitaron Amipa, a Granxa Varela, Aluminios Cortizo ou o club de golf Val de Rois. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer Padrón, Santiago, Noia e Porto do Son. Na xornada de clausura deste encontro, a profesora roisense Pilar Freire analizou a evo-

lución da demografía e do tecido empresarial de Rois e lembrou que o número neto de empresas no concello foi medrando ano a ano ata a chegada da pandemia. Attila Farkas, pola

súa banda, expuxo a historia común de España e Hungría dende a Idade Media. O encontro concluíu cun concerto da Escola Municipal de Música de Rois, que en 2019 visitara Pásztó.

22 CONCELLO DE ROIS

Un percorrido polo Camiño das Letras Galegas

Rois celebrou as Letras Galegas cun amplo e variado programa lúdico e cultural nos meses de maio e xuño, con espectáculos infantís e familiares, actuacións musicais e outras actividades, como a divulgación da figura de Florencio Delgado Gurriarán a través das redes sociais.

Rois no Camiño das Letras Galegas botou a andar co Almanaque musical de Percubebés no auditorio. Nese mesmo espazo presentouse días máis tarde o documental A poeta analfabeta, sobre Luz Fandiño. A acción proseguiu cun espectáculo infantil titulado Corochas, a cargo da compañía Xarope Tulú. Tamén para público familiar tivo lugar o Gran xogo das Letras Galegas, na biblioteca. Unha das iniciativas máis novidosas foi o escape room dinamizado pola escritora Antía Yáñez, no que participaron nenas e nenos de 8 a 13 anos. O programa das Letras Galegas desenvolveuse co apoio de Ler conta moito da Xunta e contou tamén cos concertos de agrupacións e de solistas da Escola municipal de música de Rois e coa presentación do novo espectáculo do OCT Chorima, Solsticio de invernío Por outra banda, o auditorio acolleu o evento As voces de Rois, unha homenaxe do OCT Chorima a M.ª Esther da Peruca e Marcelino Romero.

Traballo en rede con Alingua

Un total de 18 concellos uníronse en Alingua, unha asociación de entidades locais creada para desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma. O Concello de Rois forma parte da directiva desta organización, que xorde para lles dar resposta aos múltiples retos de futuro que o galego debe afrontar, proxectar o galego con fachenda e poñer o noso idioma no mundo.

Sexta edición de Youtubeiras

A concelleira de Cultura de Rois, Victoria Quiroga, desvelou as novidades da sexta edición de Youtubeiras no acto de presentación en Pontevedra. O certame, que reparte 7.500 euros en premios, ten por obxectivo ensanchar a comunidade creadora en galego na Rede. Está organizado polos servizos de normalización lingüística de 11 concellos, das universidades galegas e da Deputación coruñesa.

23 CONCELLO DE ROIS

O Camiño gaña adeptos ao seu paso por Rois

Dúas rutas de peregrinación pasan por Rois: unha xa consolidada, como é o Camiño Portugués; e outra de recente creación, a do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia. Neste último ano milleiros de peregrinos e peregrinas percorreron ambos os Camiños nun Xacobeo excepcional que deixou grandes imaxes para o recordo, como as dos numerosísimos grupos de mozos e mozas que participaron na Peregrinación Europea de Mozos e que pernoctaron en Urdilde. Máis de catrocentos

procedentes de Córdoba, outros tantos de Valencia... todos e todas agradeceron a hospitalidade das xentes de Rois. Pero non foron os únicos. Xa en abril foi preciso abrir o polideportivo para acoller un grupo de sesenta mozos e mozas de diferentes puntos de España; en febreiro recibimos a cativada do cole Cernadas de Castro de Lousame; e en xuño compartimos un pasacamiños cunha delegación de xornalistas que percorreu o Camiño pola Ría de Muros Noia para promocionalo nos seus respectivos medios.

Por outra banda, o Camiño Portugués continúa a marcar cifras récord e consolídase como o segundo canto a afluencia de peregrinos e peregrinas, con preto de 12.000 tan só no primeiro semestre do ano. Un dos moitos grupos que o percorreron foi o dos participantes nun Camiño de Lembranzas, membros de Agadea Alzhéimer que en setembro foron recibidos no Faramello polo alcalde de Rois, Ramón Tojo, pola presidenta de Agadea, Isabel Gey, e pola xerente de Amipa, Begoña Suárez.

24 CONCELLO DE ROIS
O compostelán Grupo Scout Chan 292 celebrou en Ribasar a acampada paso de rama, na que participaron 60 rapazas e rapaces de 8 a 21 anos. O concelleiro Manuel Cobas deulles unha mochila como agasallo do Concello de Rois. Scout Chan 292 acampa en Ribasar

Acondicionan as murallas do Castro Lupario

Un total de once mozas e mozos participantes nunha nova edición do campo internacional de voluntariado do Castro Lupario traballaron este verán na limpeza e acondicionamento das murallas defensivas, ademais de facer tarefas de medición ou catalogación para avanzar así na revalorización do castro. O alcalde de Rois, Ramón Tojo, supervisou os traballos in situ e agradeceulles coa entrega dunha placa a súa colaboración para dar a coñecer o patrimonio roisense.

Visitas guiadas á cuarta edición de Land Art en Seira

A casa do Bispo acolleu a cuarta edición do certame Land Art Seira, creado en 2019 por Camilo Seira e polo colectivo Os Catro Gatos. Este evento reúne artistas tanto de Galicia coma do estranxeiro que crean as súas obras con elementos naturais da propia contorna. O Concello leva varios anos colaborando con este proxecto tanto para o seu financiamento coma na súa difusión mediante visitas guiadas.

25 CONCELLO DE ROIS

Os Reis Magos saúdan a cativada das 12 parroquias

Melchor, Gaspar e Baltasar cambiaron a habitual recepción real no auditorio por un percorrido polas parroquias do municipio, coa idea de achegarse a todas as nenas e nenos evitando aglomeracións. Paxes e personaxes infantís sumáronse a unha caravana real que repartiu sorpresas e agasallos. Na mañá do 5 de xaneiro as Súas Maxestades foron recibidas polo alcalde Ramón Tojo e visitaron Rois, Buxán, Leroño, Augasantas e Ermedelo. Á tarde retomaron o percorrido en Urdilde, onde contaron co acompañamento musical do OCT Chorima, e seguiron por Costa, Herbogo, Seira, Sorribas, Ribasar e Oín.

Postais de Nadal nos coles

O Concello felicitou o Nadal 2021 cunha postal de Xiana Salgueiros, alumna de infantil de Urdilde. Gañaron tamén o concurso de tarxetas Andrea González, Ángel Núñez, Paula Baleirón, Uxía Fabeiro e Uxía e Breixo Dopazo.

Moita creatividade e diversión co Entroido en liña

A creatividade e a posta en escena decidiron os gañadores da última edición do concurso de disfraces do Entroido en liña de Rois, que medrou en participación con respecto ao pasado ano con preto de corenta vídeos presentados. O xurado destacou a orixinalidade dos disfraces, a súa elaboración, a creatividade e a posta en escena á hora de outorgar uns galar-

Escanea o código para ver todos os vídeos do concurso Entroido en liña

Premio de Get Brit! en Rois

dóns que estiveron moi disputados. Os premios nas categorías individuais foron para A leiteira de Rois, A ría da estrela, O carrusel máxico, Beyoncé e

a Arca de Noé; en parellas venceron O mundo máxico de Pinocho, Tanxuntas e As Marías de Rois; e en grupo a gañadora foi Magia Zíngara.

26 CONCELLO DE ROIS
Antía Rodríguez Maneiro, na categoría de infantil, gañou o concurso de postais de Nadal que para toda Galicia pon en marcha Get Brit! Entregáronlle o premio a concelleira Victoria Quiroga e responsables da escola de idiomas. Escanea o código para ver o vídeo da visita dos Reis Magos a Rois

Sete ofertas para construír a nova depuradora de Urdilde

Augas de Galicia comezou o mes de decembro analizando as ofertas presentadas por sete empresas para construír a nova depuradora de Urdilde, unha infraestrutura na que a Xunta de Galicia e o Concello de Rois farán un investimento de 915.000 euros para tratar as augas residuais dos núcleos da Calle e Macedos. A EDAR vai estar dimensionada para nun futuro poder conectar toda a parroquia de Urdilde á rede de saneamento.

As empresas interesadas en construír a depuradora e que presentaron oferta durante o proceso de licitación foron Copasa, Proyecon Galicia, Vázquez y Reino, Ovisa, Seranco, Espina Obras Hidráulicas e a UTE formata por Xestión Ambiental de Contratas e Teswater Global. Unha vez que a mesa de contratación de Augas de Galicia resolva a adxudicación da obra, a empresa que resulte elixida terá oito meses de prazo para rematar as obras.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, desprazouse ata o Concello de Rois a finais de decembro de 2021 para asinar o convenio co alcalde, Ramón Tojo, e presentarlle á veciñanza os detalles da obra. A estación depuradora de augas residuais de Urdilde ten un orzamento máximo de 915.000 euros, dos que a Xunta achega 732.000 e o Concello 183.000. A intervención está financiada pola Unión Europea, no marco do eixo REACT UE do programa operativo Feder Galicia 20142020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

Durante a visita, Ethel Vázquez precisou que a colaboración entre Xunta e Concello permitirá mellorar o sistema de saneamento do municipio e cumprir os obxectivos de vertedura ao medio. Augas de Galicia fixo o proxecto e encárgase da contratación e da execución das obras. Un longo proceso administrativo que motivou

pospoñer o inicio das obras ata o ano 2023. Para facilitar este cambio, o Pleno da Corporación de Rois ratificou no mes de xullo unha addenda ao convenio coa Xunta, polo que se establece que 894.768,62 euros dos 915.000 de investimento previstos se van executar durante o ano 2023.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou Urdilde en

setembro para ver o lugar onde se vai construír a nova estación de tratamento de augas residuais con sistema de depuración por biodiscos. Este novo sistema estará dotado de arqueta de chegada, by-passe xeral, desbaste mediante dobre canle, pretratamento mediante tanque imhoff, con zona de decantación e zona de dixestión, tratamento biolóxico e medida de caudal de auga tratada.

27 CONCELLO DE ROIS DESENVOLVEMENTO LOCAL

Senda peonil do polígono a Samil por 595.000 euros

A Xunta de Galicia adxudicoulle no mes de maio á empresa Leonardo Miguélez a construción do sendeiro peonil dende o polígono de Cortizo, pola AC-301, ata o núcleo de Samil, na parroquia de Oín. O investimento supera os 595.000 euros para construír unha senda de 820 metros de longo e un mínimo de 1,8 metros de ancho, con pavimento de formigón en cor para mellorar considerablemente a seguridade viaria e dos peóns. O proxecto inclúe a construción dunha glorieta no cruzamento entre a AC-299 e a AC-301 e a eliminación de dúas curvas nesta última estrada autonómica.

Para o alcalde de Rois, Ramón Tojo, esta verea "mellorará a seguridade viaria da veciñanza e axudaranos a comunicar a capital do municipio coa zona industrial que temos máis preto e onde traballan moitos veciños e veciñas do municipio".

O investimento de 440.000 euros que fixo a Xunta no CPPI Os Dices para cambiar a cuberta e renovar a carpintería exterior mellorou consi-

derablemente o confort do alumnado e a eficiencia enerxética dun centro que se adapta así ao Plan de nova arquitectura pedagóxica de Galicia.

Punto de Atención á Infancia na vella unitaria de Urdilde

O goberno de Rois quere crear un Punto de Atención á Infancia (PAI) na vella unitaria de Urdilde para atender crianzas de 0 a 3 anos e facilitarlles a conciliación laboral as familias do municipio, sobre todo da zona norte. No pleno de maio aprobouse por unanimidade a proposta da alcaldía de solicitarlle unha subvención nominativa á Deputación de 80.000 euros para rehabilitar o edificio.

28 CONCELLO DE ROIS
O CPPI dos Dices renóvase e mellora a súa eficiencia enerxética

Rois escríbese en grande na rotonda de acceso

Onome de 'Rois' recibe os automobilistas que se achegan ata o municipio pola AC-301. Un vistoso cartel de benvida feito con letras corpóreas adorna a nova rotonda de acceso á capital municipal, que comunica coa N-550 e coa AP-9. A glorieta foi construída por Aluminios Cortizo atendendo á petición feita por Ramón Tojo para mellorar a seguridade viaria na zona e entrou en funcionamento a comezos de 2021.

O alcalde de Rois agradeceulle a José Manuel Cortizo o investimento realizado “para mellorar a seguridade nunha estrada que cada vez ten máis tráfico, e que lle facilita á veciñanza o acceso á N-550 e á autoestrada en menos de dez minutos dende a casa consistorial”. Así o fixo durante a visita que Ramón Tojo e José Manuel Cortizo realizaron en marzo para supervisar as obras xa rematadas, na que estiveron acompañados polo director de expansión e o director técnico de Aluminios Cortizo, Alén Fernández e Miguel Escobero, respectivamente, e polo xefe do proxecto desta obra, Juan José Fentanes.

Esta infraestrutura será tamén o punto de acceso para o futuro campus tecnolóxico de Aluminios Cortizo, que suporá un investimento estimado de 40 millóns de euros e a creación de 400 postos de traballo.

.

A nova infraestrutura viaria, que beneficia de xeito directo a veciñanza de Seira, facilita a incorporación á AC-301 e ilumina con farolas led os primeiros metros da estrada que dá acceso á aldea. Tanto a instalación do alumeado público coma a construción da rotonda foron sufragadas por Aluminios Cortizo.

29 CONCELLO DE ROIS

Abastecementos e mellora de pistas no plan de obras

Ampliar a rede de saneamento en diferentes lugares do municipio e mellorar o estado da capa de rodadura de estradas municipais foron aspectos que este ano priorizou o plan de obras do Concello de Rois.

A primeiros de ano rematábanse as obras de ampliación do abastecemento no lugar de Oín, que foi financiada pola Xunta e a Unión Europea a través do Feder. Tamén se ampliou a traída de auga potable do Sisto a Chave de Ponte e a que chega ao Sisto.

Polo que respecta ao plan de estradas, a principios de novembro comezaban as obras de mellora dos accesos ata a aldea da Chisca (Buxán), que se executan entre os concellos de Rois e Dodro cunha subvención da Xunta. A actuación permitiu tapar as fochancas e botar unha capa de rego asfáltico de selado, rematando as obras no mes de novembro. Entre outras actuacións acometidas durante o 2022 polo Concello de Rois tamén se atopa o acondicionamento da estrada que vai de Casal de Gonzalo ata Pazos e a recuperación dun camiño en Lamego, facilitando a mobilidade da veciñanza entre os diferentes lugares do municipio e con outros limítrofes.

As crianzas de Herbogo gozan no parque infantil

No primeiro semestre do ano o Concello de Rois rematou o acondicionamento do parque infantil de Herbogo, que lles permite aos cativos e cativas poder gozar co tobogán e cos bambáns situados xunto á pista polideportiva. Unhas mesas e árbores completan o acondicionamento integral da zona para que poidan gozar pequenos e maiores. As instalacións recibiron moitas visitas durante o verán.

30 CONCELLO DE ROIS

Volve a unidade que mide a calidade do aire

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente volveu trasladar ata Rois a unidade móbil de medición da calidade do aire. Nos primeiros de outubro quedou instalada no campo da festa de Rois, xunto ao local municipal.

Este dispositivo de avaliación da calidade do aire xa estivo en Rois entre setembro de 2020 e agosto de 2021, tomando medicións en diferentes localizacións do municipio. Segundo informaran no seu día dende a Consellería de Medio Ambiente ao alcalde, Ramón Tojo, a calidade do aire foi boa durante todo o proceso de medición, pois en ningún momento se superaron os niveis de partículas establecidos na normativa vixente.

Mellor cobertura móbil coa antena de Augasantas

Charla informativa no auditorio sobre a factura da luz

O constante incremento do prezo da luz levou ao Concello Concello de Rois, coa colaboración do Instituto Galego de Consumo, a organizar no mes de abril unha charla informativa sobre a factura da luz para aclararlle á veciñanza diferentes aspectos relacionados coa mesma, como a diferenza entre contratar no mercado regulado ou no mercado libre.

As múltiples xestións realizadas polo Concello durante o primeiro semestre do ano deron froitos en setembro, cando Telefónica conectaba a rede eléctrica á antena de telofonía móbil de Augasantas coa finalidade de solucionar as incidencias e fallos de cobertura dende que a instalación entrou en funcionamento en decembro de 2021. Ao principio a antena quedou conectada a un grupo electrónico mixto e pantallas solares, polo que os problemas de conexión dos teléfono móbiles foron continuos.

Coa antena de Augasantas, chamada de Rois-Liñares, Telefónica cobre a estrada AC-301 e mellora a cobertura de Vilachán, Leroño, Sabacedo e Ermedelo, tanto con tecnoloxía 3G como 4G, nunha zona na que ata este ano resultaba moi complicada a conexión a internet con teléfono móbil.

31 CONCELLO DE ROIS

Novas oportunidades na creación dixital

Oobradoiro de emprego Xuventude en Acción 2021 instruíu quince mozos e mozas dos concellos de Rois, Padrón e Dodro na confección de páxinas web. Ao longo dun ano, o alumnado aprendeu a linguaxe de programación e xestión de contidos facendo dúas propostas de web relacionadas coas comunidades de montes en man común e co pa-

trimonio dos concellos de Terras de Iria. Este traballo deulle continuidade ao dos anteriores obradoiros xuvenís, vencellados co turismo verde e coas rutas do Camiño de Santiago.

Xuventude en Acción 2021 formou quince mozos e mozas na confección de páxinas web

Nun acto de clausura no que participaron a xefa territorial da Consellería de Emprego, Judit Fontela, e representantes dos tres concellos promotores, o tenente de alcalde de Rois Manuel dos Santos subliñou a importancia de "traballar unidos para acadar mellores metas e recursos". A concelleira Victoria Quiroga presidiu a entrega dos certificados de profesionalidade.

Construír un futuro cos programas de emprego conxuntos da comarca

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, resaltou o éxito de incorporación ao mercado laboral acadado polo Programa Integrado de Emprego que promoveron os concellos de Rois, Padrón, Dodro e Rianxo: das 100 persoas desempregadas que se formaron en 2022, 45 xa atoparan traballo no mes de novembro. Na edición

de 2023 participarán seis concellos, coa incorporación de Pontecesures e Valga. Por outra banda, 18 persoas formáronse no obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2021, clausurado en setembro. Na edición actual 20 persoas estanse a formar nas especialidades de sociosanitaria e de albanalería.

32 CONCELLO DE ROIS

A selección portuguesa corre o Santo Isidro

Un total de 120 ciclistas participou o sábado 28 de maio na décimo quinta edición do Premio Ciclista do Santo Isidro Trofeo Suso Blanco Villar, organizado polo Club Ciclista Padronés-Aluminios Cortizo e polo Concello de Rois. Como gran novidade este ano, contou coa presenza da selección de Portugal na categoría júnior feminina.

As persoas participantes mellor clasificadas nas distintas categorías foron Lara Fuentes, María Cabot e Lucía Ballester (cadete feminino);

Samuel Ferreira, Íker Rodríguez e Brais Pena (cadete masculino), Mariana Libano, Sonia Domínguez e Laura Mira (júnior feminino); Sergio Calvo Pedro Pinto e Asier Torrado (júnior masculino); e María Jesús Barros, Carmen Leis e Rebeca Filgueira (elite feminina).

O tenente de alcalde Manuel dos Santos; o concelleiro de Deportes, Martín del Río; o presidente do CC Padronés, Estanislao Vázquez; e o técnico de Deportes de Rois, Roberto Agrelo, entregaron os trofeos.

Solleiro Día da Bicicleta

Nicolás Souto, de 13 meses, e José Ramón Vigo, de 79 anos, foron os participantes máis novo e máis veterano do XVIII Día da Bicicleta, organizado polo Concello de Rois. Os corredores, que chegaron aos 110, percorreron uns 20 quilómetros por diferentes parroquias do municipio nunha tarde solleira. Marcos Santos e o seu fillo Martín foron os afortunados gañadores dunha bici.

Trofeo na Clásica de Pascua

Eric Fagúndez e o CC Padronés-Aluminios Cortizo proclamáronse en abril campións da 59 Clásica de Pascua coa que arrancou a Copa de Galicia de ciclismo por estrada elite e sub 23. O percorrido, de 125 quilómetros, discorreu por Padrón, Rois, Dodro e Rianxo e contou con seis pasos de montaña. O tenente de alcalde, Manolo dos Santos, entregou o Trofeo de Montaña Concello de Rois.

33 CONCELLO DE ROIS
DEPORTES

Exitosas andainas do Santo Isidro e por parellas

Un cento e medio de veciñas e veciños de todas as idades puxéronse a andar o domingo 15 de maio entre a praza dos pisos de Urdilde e o campo da festa de Rois. Un ano máis, e xa van tres, o Concello organizou unha andaina como parte da programación das festas para promover a vida activa ao tempo que se coñecen as paraxes do municipio.

As persoas participantes na Andaina do Santo Isidro, que cubriron un itinerario de 13 quilómetros de dificultade media, contaron cun punto de avituallamento á altura de Liñares. Ademais, o Concello apoiou a participación cun autobús gratuíto entre Rois e Urdilde, tanto á saída como á chegada.

Tamén foi todo un éxito a Andaina por parellas, unha cita xa clásica que acadou a súa 14 edición en xuño. Malia ao mal tempo, ao redor dun centenar de parellas déronse cita no polideportivo municipal dos Dices para emprender unha marcha que ten un percorrido de 15 quilómetros e transcorre por diversas sendas naturais e camiños do municipio. A boa forma dos participantes levounos a cubrir o itinerario en tan só unhas dúas horas.

Máis zapatilla con Rosalía nos Camiños e a Bisbarra do Sar

Rosalía nos camiños, ruta literaria amigable que atravesa os concellos de Padrón, Dodro e Rois, inaugurouse en maio cunha andaina na que participaron máis de 150 persoas.

O Concello de Rois tamén colaborou un ano máis na andaina Bisbarra do Sar. Trinta persoas empadroadas no noso municipio puideron inscribirse na proba de xeito gratuíto.

34 CONCELLO DE ROIS

A SD Urdilde recorda no Pino a súa fundación

Coincidindo coa disputa do último partido de Liga da temporada 21/22, a SD Urdilde inaugurou unha placa no campo do Pino. Nela agradécelles ao Concello de Rois e ao seu alcalde, Ramón Tojo, as obras para colocar céspede artificial no terreo de xogo e lembra a José Pérez Otero, un dos fundadores do club en 1980 e o seu primeiro presidente.

O Buxán faise co interparroquial de fútbol 7

O Buxán, que contou os seus partidos por goleadas, fíxose co XVI Torneo Interparroquial de fútbol 7 disputado no campo do Pino. O equipo vencedor impúxose ao Herbogo (7-2) e ao Ribasar (4-0) para vencer na final ao Urdilde por 6 goles a un. Por detrás quedaron o Urdilde, o Ribasar, o Herbogo e o Oín. Pablo Rey (Urdilde) foi o pichichi e o Herbogo gañou o trofeo á deportividade.

O CD Rois estrea equipo feminino

O CD Rois presentou a finais de agosto o primeiro equipo feminino de fútbol na historia do concello. O equipo, que milita na segunda división feminina, está formado por 22 xogadoras, tanto de Rois como doutros municipios limítrofes.

As obras promovidas no campo polo Concello de Rois e que contaron cun investimento de 350.000 euros permitiron que a SD Urdilde puidera xogar xa sobre herba artificial toda a

Unha placa lembra a José Pérez Otero e agradécelle ao Concello a colocación de herba artificial

temporada 21/22, na que rematou a liga en cuarta posición.

Ao acto de inauguración da placa, ademais da directiva que preside Iván Uzal Montero e do propio alcalde, asistiron tamén o tenente de alcalde de Rois, Manuel dos Santos, e un dos netos do fundador do club, Xacobo Freire Pérez.

35 CONCELLO DE ROIS

Medra o alumnado das escolas deportivas

Cifras de récord acadan este curso as escolas deportivas municipais. Consolídase e mesmo medra a participación en ximnasia rítmica, patinaxe artística, baile deportivo ou tenis, mentres que judo ten grupos en Rois e Urdilde.

A clausura do curso 21/22 xuntou no pavillón dos Dices máis dun cento de nenas e nenos, que participaron en diversas exhibicións e recibiron, de mans do alcalde e do concelleiro Manuel Cobas, cadanseu chaveiro realizado pola asociación Amipa.

Só uns días despois, era o polideportivo de Urdilde o que acollía as probas de ascenso de cinto das escolas municipais de judo.

Entre as persoas adultas, o ioga segue a ser a actividade máis demanda. Ximnasia de mantemento impártese en Urdilde, Ermedelo e Ribasar.

Escanea o código para ver as fotos da clausura das escolas deportivas 2021/22

Judo, baloncesto e golf nos coles

Judo, golf e baloncesto foron algunhas das modalidades deportivas ás que puido achegarse o alumnado dos colexios do Pumar e dos Dices grazas á colaboración entre o Concello e os centros educativos. As sesións desenvolvéronse nas clases de educación física e nas instalacións do Club de Golf Val de Rois. O Concello quere sumar o golf e o baloncesto ás escolas municipais.

36 CONCELLO DE ROIS

Subcampionato europeo para Xurxo Neo

Xurxo Neo continuou engrosando o seu palmarés esta temporada.

Fíxose co subcampionato de Europa de trial xuvenil e tamén co campionato galego TR1, dous torneos nos que competía por vez primeira. E mentres no europeo seguiu manexando unha moto de 125cc, o piloto de Urdilde decidiuse a dar o salto a 300cc no autonómico e no nacional.

Xurxo pechou o Europeo Xuvenil en setembro na cidade italiana de Bérgamo e, malia quedar quinto nesta última proba por causa de fallos mecánicos e algunha que outra caída, lograba amarrar a segunda praza da

clasificación xeral para subir ao podio só por detrás do británico George Hemingway.

Fíxose tamén co Campionato Galego TRI cunha moto de 300cc e na súa primeira participación

No Campionato Galego, no que se atreveu coa máxima categoría (TR1), asinou unha temporada na que foi de menos a máis para liderar a última das catro probas, celebrada en novembro en Vilagarcía, e conseguir así subir ao podio como campión.

Tamén experimentou unha notable progresión no Campionato de España, onde tiña como obxectivo sumar experiencia nunha nova categoría ante rivais moi fortes. Ao final foi sexto, posición que lle permite pensar no podio e mesmo na vitoria de cara á temporada que vén.

Outro reto para o ano é volver a Europa, pero agora cunha moto de 300cc. "Aínda que foi unha temporada dura, tamén a desfrutei moito", di Xurxo. Salienta as viaxes, os novos amigos e a posiblidade de coñecer un novo campionato como o continental, no que só compiten pilotos privados.

Dúas citas co mushing

O Mushing Concello de Rois, proba puntuable para a Copa Galicia, tivo este 2022 nada menos que dúas citas, unha en marzo e outra en novembro. Organizadas polo Concello en colaboración coa asociación Acade, contaron cunha nutrida representación nas especialidades de canicross, bikejoring e patín. O atractivo circuíto partiu da Peruca e atravesou os montes de Cornes e Seaxe.

Enduro único en Galicia

O bo tempo referendou en decembro o éxito da proba de resistencia de Enduro nos montes de Oín. A cita, que vai camiño de converterse nun clásico do calendario galego, é a única destas características que se disputa en Galicia e serviu para pechar a temporada. Luiyi Montoya e Ignacio Castro (3 horas) e Pedro Gonzalo e Jorge Paradelo (3 horas scratch) foron os campións absolutos.

37 CONCELLO DE ROIS

O torneo de xadrez volve ao multiúsos

Pablo Abaña levou o trofeo de primeiro clasificado local do segundo Torneo de Xadrez Concello de Rois. A competición, desenvolta en abril no multiúsos, contou coa asistencia de público e repartiu agasallos entre todas as nenas e nenos participantes.

Unhas 150 persoas gozaron en Seira con Lecer e

Pesca

Máis de 150 persoas participaron en xullo no certame Lecer e Pesca, organizado polo Club de Pesca Deportiva Londra na praia fluvial de Seira. O encontro serviu para promocionar a pesca entre a cativada de ata 12 anos e tamén acolleu un campionato oficioso xuvenil para federados de entre 12 a 17 anos. A cita completouse con mexillonada, inchables e festa da escuma. O alcalde, Ramón Tojo; o concelleiro, Manuel Cobas; e o presidente e vicepresidente de Londra, Ramón Bernárdez e José Eiras, entregaron os trofeos.

O concelleiro de Deportes, Martín del Río, entregoulles os trofeos aos tres primeiros: Nico Amado, Unai Casares e Noel Casares. Por outro lado, Xoel Ferreirós, Pablo Abaña e Samuel Abaña, das escolas deportivas roisenses, participaron nos provinciais de xadrez.

O ximnasio abre dende outubro tamén polas mañás

En resposta á demanda veciñal, o Concello decidiu abrir o ximnasio municipal tamén polas mañás. Dende o mes de outubro, e de xeito libre e gratuíto, a veciñanza pode facer uso das instalacións de 9.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 21.30 horas de luns a venres. Conta con máquinas de cardio (cinta e bicicletas), unha máquina multiestación para traballar tronco e extremidades superiores, pesas de man de diversos tamaños e aparellos de estiramentos. Dispón tamén de climatización.

A piscina de Senra bate marcas nun sufocante

verán

Entre o 24 de xuño e o 4 de setembro e con acceso gratuíto, a apertura da piscina municipal de Senra axudou a sobrelevar un sufocante verán. As altas temperaturas propiciaron que se bateran marcas de asistencia nas instalacións de Augasantas, superando as cen persoas usuarias nalgunhas xornadas.

38 CONCELLO DE ROIS
Praia fluvial de Seira

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.