32 minute read

00 Polideportivo dos Dices Recepción oficial

Next Article
30 Oín

30 Oín

AEscola Municipal de Música de Rois (ESMU) volveu deixar alto o pavillón da música galega, nesta ocasión en Letonia, durante o terceiro intercambio internacional que promoveu o Concello de Rois. Alumnado e profesorado da ESMU e do CPPI Os Dices emocionaron o público de Rezekne ao rematar os dous concertos tocando e cantando o himno de Letonia.

A comitiva roisense estaba encabezada pola concelleira de Cultura, Victoria Quiroga; a xestora cultural, Anayansi Singh; o director da ESMU, Manuel Villar; e a profesora Anna Melikhova, que tamén exerceu de intérprete na viaxe; e pola xefa de estudos do CPPI Os Dices, Mireia Pamies. Na viaxe puideron coñecer a capital de Letonia e varias localidades do distrito de Rezekne, situado a 242 km ao leste de Riga e que ten unha poboación duns 40.000 habitantes.

Advertisement

En Letonia, o grupo de Rois ofreceu dous concertos conxuntos coas escolas de música das vilas de Malta e Vilani, onde interpretaron música tradicional galega e letoa. "A música é un magnífico medio para ser mellores cidadáns, fomentar o respecto, a

MÚSICA DE ROIS SOA EN

Escanea os códigos para ver o vídeo resumo da viaxe a Letonia (superior) e o resumo do concerto conxunto ofrecido no auditorio de Rois (inferior)

SOA EN LETONIA

tolerancia, a igualdade e para axudar a construír máis Europa", dixo Victoria Quiroga durante a recepción oficial.

Dúas semanas máis tarde, Rois recibía a visita da delegación de Letonia, encabezada polos directores das escolas de Malta e Vilani, Normands Stekelis e Inta Brence. Tras coñecer Rois e outros lugares de Galicia, as tres agrupacións volveron ofrecer un concerto conxunto no auditorio municipal. Neste recital Stekelis e Brence animáronse a cantar o himno Galego.

O éxito do encontro foi tal que a ESMU de Rois recibiu invitación formal para acudir a un certame internacional de música en Rezekne no verán de 2023.

O intercambio con Letonia xurdiu no encontro europeo que en 2021 reuniu en Rois representantes dos 27 países da UE. A visita a Letonia foi a terceira viaxe internacional da Escola de Música de Rois, tras visitar Venecia (Italia, en 2018) e Pásztó (Hungría, en 2019).

Concertos durante todo o curso

A Escola Municipal de música de Rois volve superar as cen persoas matriculadas no curso 2022-2023. O alumnado está afeito a subir ao escenario, pois son varios os concertos nos que participa durante todo o ano. O de Nadal, o de solistas e o de agrupacións das Letras Galegas, o do Santo Isidro ou o concerto de fin de curso son os habituais durante o período lectivo.

Clausura en Grecia do proxecto da UE liderado por Rois

Unha delegación húngara de Pásztó visita o municipio

A concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, clausurou en Grecia o cuarto e derradeiro encontro do proxecto As voces europeas contra o euroescepticismo, liderado polo Concello de Rois e financiado pola Comisión Europea. Victoria Quiroga volveu reclamar en Pilea-Hortiati, diante de representantes dos 27 países da UE, "darlle voz á cidadanía e seguir traballando unidos para continuar avanzando e fortalecendo a Unión Europea".

A proposta do Concello de Rois As voces europeas desafían o euroescepticismo foi a única aprobada en Galicia e figura entre as 40 propostas financiadas pola Comisión Europea das preto de 400 presentadas no programa Europa para a cidadanía. Contribuír a que a cidadanía comprenda mellor a Unión Europea, a súa historia e a súa diversidade, e lograr unha maior implicación e participación no futuro da UE, loitando contra o euroescepticismo, foron os principais obxectivos do proxecto. Tras o encontro celebrado en Rois en novembro de 2021, durante o ano 2022 celebráronse tamén reunións en Malta, Hungría e Grecia, onde se clausurou este proxecto.

O alcalde de Pásztó, Attila Farkas, encabezou a delegación de 26 persoas de Hungría que en novembro estivo coñecendo a realidade socioeconómica de Rois. Foron recibidos polo alcalde, Ramón Tojo, e despois visitaron Amipa, a Granxa Varela, Aluminios Cortizo ou o club de golf Val de Rois. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer Padrón, Santiago, Noia e Porto do Son. Na xornada de clausura deste encontro, a profesora roisense Pilar Freire analizou a evolución da demografía e do tecido empresarial de Rois e lembrou que o número neto de empresas no concello foi medrando ano a ano ata a chegada da pandemia. Attila Farkas, pola súa banda, expuxo a historia común de España e Hungría dende a Idade Media. O encontro concluíu cun concerto da Escola Municipal de Música de Rois, que en 2019 visitara Pásztó.

Un percorrido polo Camiño das Letras Galegas

Rois celebrou as Letras Galegas cun amplo e variado programa lúdico e cultural nos meses de maio e xuño, con espectáculos infantís e familiares, actuacións musicais e outras actividades, como a divulgación da figura de Florencio Delgado Gurriarán a través das redes sociais.

Rois no Camiño das Letras Galegas botou a andar co Almanaque musical de Percubebés no auditorio. Nese mesmo espazo presentouse días máis tarde o documental A poeta analfabeta, sobre Luz Fandiño. A acción proseguiu cun espectáculo infantil titulado Corochas, a cargo da compañía Xarope Tulú. Tamén para público familiar tivo lugar o Gran xogo das Letras Galegas, na biblioteca. Unha das iniciativas máis novidosas foi o escape room dinamizado pola escritora Antía Yáñez, no que participaron nenas e nenos de 8 a 13 anos. O programa das Letras Galegas desenvolveuse co apoio de Ler conta moito da Xunta e contou tamén cos concertos de agrupacións e de solistas da Escola municipal de música de Rois e coa presentación do novo espectáculo do OCT Chorima, Solsticio de invernío. Por outra banda, o auditorio acolleu o evento As voces de Rois, unha homenaxe do OCT Chorima a M.ª Esther da Peruca e Marcelino Romero.

Traballo en rede con Alingua

Un total de 18 concellos uníronse en Alingua, unha asociación de entidades locais creada para desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma. O Concello de Rois forma parte da directiva desta organización, que xorde para lles dar resposta aos múltiples retos de futuro que o galego debe afrontar, proxectar o galego con fachenda e poñer o noso idioma no mundo.

Sexta edición de Youtubeiras

A concelleira de Cultura de Rois, Victoria Quiroga, desvelou as novidades da sexta edición de Youtubeiras no acto de presentación en Pontevedra. O certame, que reparte 7.500 euros en premios, ten por obxectivo ensanchar a comunidade creadora en galego na Rede. Está organizado polos servizos de normalización lingüística de 11 concellos, das universidades galegas e da Deputación coruñesa.

O Camiño gaña adeptos ao seu paso por Rois

Dúas rutas de peregrinación pasan por Rois: unha xa consolidada, como é o Camiño Portugués; e outra de recente creación, a do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia. Neste último ano milleiros de peregrinos e peregrinas percorreron ambos os Camiños nun Xacobeo excepcional que deixou grandes imaxes para o recordo, como as dos numerosísimos grupos de mozos e mozas que participaron na Peregrinación Europea de Mozos e que pernoctaron en Urdilde. Máis de catrocentos procedentes de Córdoba, outros tantos de Valencia... todos e todas agradeceron a hospitalidade das xentes de Rois. Pero non foron os únicos. Xa en abril foi preciso abrir o polideportivo para acoller un grupo de sesenta mozos e mozas de diferentes puntos de España; en febreiro recibimos a cativada do cole Cernadas de Castro de Lousame; e en xuño compartimos un pasacamiños cunha delegación de xornalistas que percorreu o Camiño pola Ría de Muros Noia para promocionalo nos seus respectivos medios. Por outra banda, o Camiño Portugués continúa a marcar cifras récord e consolídase como o segundo canto a afluencia de peregrinos e peregrinas, con preto de 12.000 tan só no primeiro semestre do ano. Un dos moitos grupos que o percorreron foi o dos participantes nun Camiño de Lembranzas, membros de Agadea Alzhéimer que en setembro foron recibidos no Faramello polo alcalde de Rois, Ramón Tojo, pola presidenta de Agadea, Isabel Gey, e pola xerente de Amipa, Begoña Suárez.

Scout Chan 292 acampa en Ribasar

O compostelán Grupo Scout Chan 292 celebrou en Ribasar a acampada paso de rama, na que participaron 60 rapazas e rapaces de 8 a 21 anos. O concelleiro Manuel Cobas deulles unha mochila como agasallo do Concello de Rois.

Acondicionan as murallas do Castro Lupario

Un total de once mozas e mozos participantes nunha nova edición do campo internacional de voluntariado do Castro Lupario traballaron este verán na limpeza e acondicionamento das murallas defensivas, ademais de facer tarefas de medición ou catalogación para avanzar así na revalorización do castro. O alcalde de Rois, Ramón Tojo, supervisou os traballos in situ e agradeceulles coa entrega dunha placa a súa colaboración para dar a coñecer o patrimonio roisense.

Visitas guiadas á cuarta edición de Land Art en Seira

A casa do Bispo acolleu a cuarta edición do certame Land Art Seira, creado en 2019 por Camilo Seira e polo colectivo Os Catro Gatos. Este evento reúne artistas tanto de Galicia coma do estranxeiro que crean as súas obras con elementos naturais da propia contorna. O Concello leva varios anos colaborando con este proxecto tanto para o seu financiamento coma na súa difusión mediante visitas guiadas.

Os Reis Magos saúdan a cativada das 12 parroquias

Melchor, Gaspar e Baltasar cambiaron a habitual recepción real no auditorio por un percorrido polas parroquias do municipio, coa idea de achegarse a todas as nenas e nenos evitando aglomeracións. Paxes e personaxes infantís sumáronse a unha caravana real que repartiu sorpresas e agasallos. Na mañá do 5 de xaneiro as Súas Maxestades foron recibidas polo alcalde Ramón Tojo e visitaron Rois, Buxán, Leroño, Augasantas e Ermedelo. Á tarde retomaron o percorrido en Urdilde, onde contaron co acompañamento musical do OCT Chorima, e seguiron por Costa, Herbogo, Seira, Sorribas, Ribasar e Oín.

Escanea o código para ver o vídeo da visita dos Reis Magos a Rois

Postais de Nadal nos coles

O Concello felicitou o Nadal 2021 cunha postal de Xiana Salgueiros, alumna de infantil de Urdilde. Gañaron tamén o concurso de tarxetas Andrea González, Ángel Núñez, Paula Baleirón, Uxía Fabeiro e Uxía e Breixo Dopazo.

Premio de Get Brit! en Rois

Antía Rodríguez Maneiro, na categoría de infantil, gañou o concurso de postais de Nadal que para toda Galicia pon en marcha Get Brit! Entregáronlle o premio a concelleira Victoria Quiroga e responsables da escola de idiomas.

Moita creatividade e diversión co Entroido en liña

A creatividade e a posta en escena decidiron os gañadores da última edición do concurso de disfraces do Entroido en liña de Rois, que medrou en participación con respecto ao pasado ano con preto de corenta vídeos presentados. O xurado destacou a orixinalidade dos disfraces, a súa elaboración, a creatividade e a posta en escena á hora de outorgar uns galar-

Escanea o código para ver todos os vídeos do concurso Entroido en liña

dóns que estiveron moi disputados. Os premios nas categorías individuais foron para A leiteira de Rois, A ría da estrela, O carrusel máxico, Beyoncé e a Arca de Noé; en parellas venceron O mundo máxico de Pinocho, Tanxuntas e As Marías de Rois; e en grupo a gañadora foi Magia Zíngara.

Sete ofertas para construír a nova depuradora de Urdilde

Augas de Galicia comezou o mes de decembro analizando as ofertas presentadas por sete empresas para construír a nova depuradora de Urdilde, unha infraestrutura na que a Xunta de Galicia e o Concello de Rois farán un investimento de 915.000 euros para tratar as augas residuais dos núcleos da Calle e Macedos. A EDAR vai estar dimensionada para nun futuro poder conectar toda a parroquia de Urdilde á rede de saneamento.

As empresas interesadas en construír a depuradora e que presentaron oferta durante o proceso de licitación foron Copasa, Proyecon Galicia, Vázquez y Reino, Ovisa, Seranco, Espina Obras Hidráulicas e a UTE formata por Xestión Ambiental de Contratas e Teswater Global. Unha vez que a mesa de contratación de Augas de Galicia resolva a adxudicación da obra, a empresa que resulte elixida terá oito meses de prazo para rematar as obras.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, desprazouse ata o Concello de Rois a finais de decembro de 2021 para asinar o convenio co alcalde, Ramón Tojo, e presentarlle á veciñanza os detalles da obra. A estación depuradora de augas residuais de Urdilde ten un orzamento máximo de 915.000 euros, dos que a Xunta achega 732.000 e o Concello 183.000. A intervención está financiada pola Unión Europea, no marco do eixo REACT UE do programa operativo Feder Galicia 20142020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

Durante a visita, Ethel Vázquez precisou que a colaboración entre Xunta e Concello permitirá mellorar o sistema de saneamento do municipio e cumprir os obxectivos de vertedura ao medio. Augas de Galicia fixo o proxecto e encárgase da contratación e da execución das obras. Un longo proceso administrativo que motivou pospoñer o inicio das obras ata o ano 2023. Para facilitar este cambio, o Pleno da Corporación de Rois ratificou no mes de xullo unha addenda ao convenio coa Xunta, polo que se establece que 894.768,62 euros dos 915.000 de investimento previstos se van executar durante o ano 2023.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou Urdilde en setembro para ver o lugar onde se vai construír a nova estación de tratamento de augas residuais con sistema de depuración por biodiscos. Este novo sistema estará dotado de arqueta de chegada, by-passe xeral, desbaste mediante dobre canle, pretratamento mediante tanque imhoff, con zona de decantación e zona de dixestión, tratamento biolóxico e medida de caudal de auga tratada.

Senda peonil do polígono a Samil por 595.000 euros

A Xunta de Galicia adxudicoulle no mes de maio á empresa Leonardo Miguélez a construción do sendeiro peonil dende o polígono de Cortizo, pola AC-301, ata o núcleo de Samil, na parroquia de Oín. O investimento supera os 595.000 euros para construír unha senda de 820 metros de longo e un mínimo de 1,8 metros de ancho, con pavimento de formigón en cor para mellorar considerablemente a seguridade viaria e dos peóns. O proxecto inclúe a construción dunha glorieta no cruzamento entre a AC-299 e a AC-301 e a eliminación de dúas curvas nesta última estrada autonómica.

Para o alcalde de Rois, Ramón Tojo, esta verea "mellorará a seguridade viaria da veciñanza e axudaranos a comunicar a capital do municipio coa zona industrial que temos máis preto e onde traballan moitos veciños e veciñas do municipio".

O investimento de 440.000 euros que fixo a Xunta no CPPI Os Dices para cambiar a cuberta e renovar a carpintería exterior mellorou considerablemente o confort do alumnado e a eficiencia enerxética dun centro que se adapta así ao Plan de nova arquitectura pedagóxica de Galicia. O goberno de Rois quere crear un Punto de Atención á Infancia (PAI) na vella unitaria de Urdilde para atender crianzas de 0 a 3 anos e facilitarlles a conciliación laboral as familias do municipio, sobre todo da zona norte. No pleno de maio aprobouse por unanimidade a proposta da alcaldía de solicitarlle unha subvención nominativa á Deputación de 80.000 euros para rehabilitar o edificio.

O CPPI dos Dices renóvase e mellora a súa eficiencia enerxética

Punto de Atención á Infancia na vella unitaria de Urdilde

Rois escríbese en grande na rotonda de acceso

Onome de 'Rois' recibe os automobilistas que se achegan ata o municipio pola AC-301. Un vistoso cartel de benvida feito con letras corpóreas adorna a nova rotonda de acceso á capital municipal, que comunica coa N-550 e coa AP-9. A glorieta foi construída por Aluminios Cortizo atendendo á petición feita por Ramón Tojo para mellorar a seguridade viaria na zona e entrou en funcionamento a comezos de 2021.

O alcalde de Rois agradeceulle a José Manuel Cortizo o investimento realizado “para mellorar a seguridade nunha estrada que cada vez ten máis tráfico, e que lle facilita á veciñanza o acceso á N-550 e á autoestrada en menos de dez minutos dende a casa consistorial”. Así o fixo durante a visita que Ramón Tojo e José Manuel Cortizo realizaron en marzo para supervisar as obras xa rematadas, na que estiveron acompañados polo director de expansión e o director técnico de Aluminios Cortizo, Alén Fernández e Miguel Escobero, respectivamente, e polo xefe do proxecto desta obra, Juan José Fentanes.

Esta infraestrutura será tamén o punto de acceso para o futuro campus tecnolóxico de Aluminios Cortizo, que suporá un investimento estimado de 40 millóns de euros e a creación de 400 postos de traballo. A nova infraestrutura viaria, que beneficia de xeito directo a veciñanza de Seira, facilita a incorporación á AC-301 e ilumina con farolas led os primeiros metros da estrada que dá acceso á aldea. Tanto a instalación do alumeado público coma a construción da rotonda foron sufragadas por Aluminios Cortizo.

Abastecementos e mellora de pistas no plan de obras

As crianzas de Herbogo gozan no parque infantil

Ampliar a rede de saneamento en diferentes lugares do municipio e mellorar o estado da capa de rodadura de estradas municipais foron aspectos que este ano priorizou o plan de obras do Concello de Rois.

A primeiros de ano rematábanse as obras de ampliación do abastecemento no lugar de Oín, que foi financiada pola Xunta e a Unión Europea a través do Feder. Tamén se ampliou a traída de auga potable do Sisto a Chave de Ponte e a que chega ao Sisto.

Polo que respecta ao plan de estradas, a principios de novembro comezaban as obras de mellora dos accesos ata a aldea da Chisca (Buxán), que se executan entre os concellos de Rois e Dodro cunha subvención da Xunta. A actuación permitiu tapar as fochancas e botar unha capa de rego asfáltico de selado, rematando as obras no mes de novembro. Entre outras actuacións acometidas durante o 2022 polo Concello de Rois tamén se atopa o acondicionamento da estrada que vai de Casal de Gonzalo ata Pazos e a recuperación dun camiño en Lamego, facilitando a mobilidade da veciñanza entre os diferentes lugares do municipio e con outros limítrofes.

No primeiro semestre do ano o Concello de Rois rematou o acondicionamento do parque infantil de Herbogo, que lles permite aos cativos e cativas poder gozar co tobogán e cos bambáns situados xunto á pista polideportiva. Unhas mesas e árbores completan o acondicionamento integral da zona para que poidan gozar pequenos e maiores. As instalacións recibiron moitas visitas durante o verán.

Volve a unidade que mide a calidade do aire

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente volveu trasladar ata Rois a unidade móbil de medición da calidade do aire. Nos primeiros de outubro quedou instalada no campo da festa de Rois, xunto ao local municipal.

Este dispositivo de avaliación da calidade do aire xa estivo en Rois entre setembro de 2020 e agosto de 2021, tomando medicións en diferentes localizacións do municipio. Segundo informaran no seu día dende a Consellería de Medio Ambiente ao alcalde, Ramón Tojo, a calidade do aire foi boa durante todo o proceso de medición, pois en ningún momento se superaron os niveis de partículas establecidos na normativa vixente.

Charla informativa no auditorio sobre a factura da luz

O constante incremento do prezo da luz levou ao Concello Concello de Rois, coa colaboración do Instituto Galego de Consumo, a organizar no mes de abril unha charla informativa sobre a factura da luz para aclararlle á veciñanza diferentes aspectos relacionados coa mesma, como a diferenza entre contratar no mercado regulado ou no mercado libre.

Mellor cobertura móbil coa antena de Augasantas

As múltiples xestións realizadas polo Concello durante o primeiro semestre do ano deron froitos en setembro, cando Telefónica conectaba a rede eléctrica á antena de telofonía móbil de Augasantas coa finalidade de solucionar as incidencias e fallos de cobertura dende que a instalación entrou en funcionamento en decembro de 2021. Ao principio a antena quedou conectada a un grupo electrónico mixto e pantallas solares, polo que os problemas de conexión dos teléfono móbiles foron continuos.

Coa antena de Augasantas, chamada de Rois-Liñares, Telefónica cobre a estrada AC-301 e mellora a cobertura de Vilachán, Leroño, Sabacedo e Ermedelo, tanto con tecnoloxía 3G como 4G, nunha zona na que ata este ano resultaba moi complicada a conexión a internet con teléfono móbil.

Novas oportunidades na creación dixital

Oobradoiro de emprego Xuventude en Acción 2021 instruíu quince mozos e mozas dos concellos de Rois, Padrón e Dodro na confección de páxinas web. Ao longo dun ano, o alumnado aprendeu a linguaxe de programación e xestión de contidos facendo dúas propostas de web relacionadas coas comunidades de montes en man común e co patrimonio dos concellos de Terras de Iria. Este traballo deulle continuidade ao dos anteriores obradoiros xuvenís, vencellados co turismo verde e coas rutas do Camiño de Santiago.

Xuventude en Acción 2021 formou quince mozos e mozas na confección de páxinas web

Construír un futuro cos programas de emprego conxuntos da comarca

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, resaltou o éxito de incorporación ao mercado laboral acadado polo Programa Integrado de Emprego que promoveron os concellos de Rois, Padrón, Dodro e Rianxo: das 100 persoas desempregadas que se formaron en 2022, 45 xa atoparan traballo no mes de novembro. Na edición de 2023 participarán seis concellos, coa incorporación de Pontecesures e Valga. Por outra banda, 18 persoas formáronse no obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2021, clausurado en setembro. Na edición actual 20 persoas estanse a formar nas especialidades de sociosanitaria e de albanalería. Nun acto de clausura no que participaron a xefa territorial da Consellería de Emprego, Judit Fontela, e representantes dos tres concellos promotores, o tenente de alcalde de Rois Manuel dos Santos subliñou a importancia de "traballar unidos para acadar mellores metas e recursos". A concelleira Victoria Quiroga presidiu a entrega dos certificados de profesionalidade.

A selección portuguesa corre o Santo Isidro

Un total de 120 ciclistas participou o sábado 28 de maio na décimo quinta edición do Premio Ciclista do Santo Isidro Trofeo Suso Blanco Villar, organizado polo Club Ciclista Padronés-Aluminios Cortizo e polo Concello de Rois. Como gran novidade este ano, contou coa presenza da selección de Portugal na categoría júnior feminina.

As persoas participantes mellor clasificadas nas distintas categorías foron Lara Fuentes, María Cabot e Lucía Ballester (cadete feminino); Samuel Ferreira, Íker Rodríguez e Brais Pena (cadete masculino), Mariana Libano, Sonia Domínguez e Laura Mira (júnior feminino); Sergio Calvo Pedro Pinto e Asier Torrado (júnior masculino); e María Jesús Barros, Carmen Leis e Rebeca Filgueira (elite feminina).

O tenente de alcalde Manuel dos Santos; o concelleiro de Deportes, Martín del Río; o presidente do CC Padronés, Estanislao Vázquez; e o técnico de Deportes de Rois, Roberto Agrelo, entregaron os trofeos.

Nicolás Souto, de 13 meses, e José Ramón Vigo, de 79 anos, foron os participantes máis novo e máis veterano do XVIII Día da Bicicleta, organizado polo Concello de Rois. Os corredores, que chegaron aos 110, percorreron uns 20 quilómetros por diferentes parroquias do municipio nunha tarde solleira. Marcos Santos e o seu fillo Martín foron os afortunados gañadores dunha bici.

Solleiro Día da Bicicleta Trofeo na Clásica de Pascua

Eric Fagúndez e o CC Padronés-Aluminios Cortizo proclamáronse en abril campións da 59 Clásica de Pascua coa que arrancou a Copa de Galicia de ciclismo por estrada elite e sub 23. O percorrido, de 125 quilómetros, discorreu por Padrón, Rois, Dodro e Rianxo e contou con seis pasos de montaña. O tenente de alcalde, Manolo dos Santos, entregou o Trofeo de Montaña Concello de Rois.

Exitosas andainas do Santo Isidro e por parellas

Un cento e medio de veciñas e veciños de todas as idades puxéronse a andar o domingo 15 de maio entre a praza dos pisos de Urdilde e o campo da festa de Rois. Un ano máis, e xa van tres, o Concello organizou unha andaina como parte da programación das festas para promover a vida activa ao tempo que se coñecen as paraxes do municipio.

As persoas participantes na Andaina do Santo Isidro, que cubriron un itinerario de 13 quilómetros de dificultade media, contaron cun punto de avituallamento á altura de Liñares. Ademais, o Concello apoiou a participación cun autobús gratuíto entre Rois e Urdilde, tanto á saída como á chegada.

Tamén foi todo un éxito a Andaina por parellas, unha cita xa clásica que acadou a súa 14 edición en xuño. Malia ao mal tempo, ao redor dun centenar de parellas déronse cita no polideportivo municipal dos Dices para emprender unha marcha que ten un percorrido de 15 quilómetros e transcorre por diversas sendas naturais e camiños do municipio. A boa forma dos participantes levounos a cubrir o itinerario en tan só unhas dúas horas.

Máis zapatilla con Rosalía nos Camiños e a Bisbarra do Sar

Rosalía nos camiños, ruta literaria amigable que atravesa os concellos de Padrón, Dodro e Rois, inaugurouse en maio cunha andaina na que participaron máis de 150 persoas.

O Concello de Rois tamén colaborou un ano máis na andaina Bisbarra do Sar. Trinta persoas empadroadas no noso municipio puideron inscribirse na proba de xeito gratuíto.

A SD Urdilde recorda no Pino a súa fundación

Coincidindo coa disputa do último partido de Liga da temporada 21/22, a SD Urdilde inaugurou unha placa no campo do Pino. Nela agradécelles ao Concello de Rois e ao seu alcalde, Ramón Tojo, as obras para colocar céspede artificial no terreo de xogo e lembra a José Pérez Otero, un dos fundadores do club en 1980 e o seu primeiro presidente. As obras promovidas no campo polo Concello de Rois e que contaron cun investimento de 350.000 euros permitiron que a SD Urdilde puidera xogar xa sobre herba artificial toda a

Unha placa lembra a José Pérez Otero e agradécelle ao Concello a colocación de herba artificial

temporada 21/22, na que rematou a liga en cuarta posición.

Ao acto de inauguración da placa, ademais da directiva que preside Iván Uzal Montero e do propio alcalde, asistiron tamén o tenente de alcalde de Rois, Manuel dos Santos, e un dos netos do fundador do club, Xacobo Freire Pérez.

O Buxán faise co interparroquial de fútbol 7

O Buxán, que contou os seus partidos por goleadas, fíxose co XVI Torneo Interparroquial de fútbol 7 disputado no campo do Pino. O equipo vencedor impúxose ao Herbogo (7-2) e ao Ribasar (4-0) para vencer na final ao Urdilde por 6 goles a un. Por detrás quedaron o Urdilde, o Ribasar, o Herbogo e o Oín. Pablo Rey (Urdilde) foi o pichichi e o Herbogo gañou o trofeo á deportividade.

O CD Rois estrea equipo feminino

O CD Rois presentou a finais de agosto o primeiro equipo feminino de fútbol na historia do concello. O equipo, que milita na segunda división feminina, está formado por 22 xogadoras, tanto de Rois como doutros municipios limítrofes.

Medra o alumnado das escolas deportivas

Cifras de récord acadan este curso as escolas deportivas municipais. Consolídase e mesmo medra a participación en ximnasia rítmica, patinaxe artística, baile deportivo ou tenis, mentres que judo ten grupos en Rois e Urdilde.

A clausura do curso 21/22 xuntou no pavillón dos Dices máis dun cento de nenas e nenos, que participaron en diversas exhibicións e recibiron, de mans do alcalde e do concelleiro Manuel Cobas, cadanseu chaveiro realizado pola asociación Amipa.

Só uns días despois, era o polideportivo de Urdilde o que acollía as probas de ascenso de cinto das escolas municipais de judo.

Entre as persoas adultas, o ioga segue a ser a actividade máis demanda. Ximnasia de mantemento impártese en Urdilde, Ermedelo e Ribasar.

Escanea o código para ver as fotos da clausura das escolas deportivas 2021/22

Judo, baloncesto e golf nos coles

Judo, golf e baloncesto foron algunhas das modalidades deportivas ás que puido achegarse o alumnado dos colexios do Pumar e dos Dices grazas á colaboración entre o Concello e os centros educativos. As sesións desenvolvéronse nas clases de educación física e nas instalacións do Club de Golf Val de Rois. O Concello quere sumar o golf e o baloncesto ás escolas municipais.

Subcampionato europeo para Xurxo Neo

Xurxo Neo continuou engrosando o seu palmarés esta temporada. Fíxose co subcampionato de Europa de trial xuvenil e tamén co campionato galego TR1, dous torneos nos que competía por vez primeira. E mentres no europeo seguiu manexando unha moto de 125cc, o piloto de Urdilde decidiuse a dar o salto a 300cc no autonómico e no nacional.

Xurxo pechou o Europeo Xuvenil en setembro na cidade italiana de Bérgamo e, malia quedar quinto nesta última proba por causa de fallos mecánicos e algunha que outra caída, lograba amarrar a segunda praza da

O Mushing Concello de Rois, proba puntuable para a Copa Galicia, tivo este 2022 nada menos que dúas citas, unha en marzo e outra en novembro. Organizadas polo Concello en colaboración coa asociación Acade, contaron cunha nutrida representación nas especialidades de canicross, bikejoring e patín. O atractivo circuíto partiu da Peruca e atravesou os montes de Cornes e Seaxe.

clasificación xeral para subir ao podio só por detrás do británico George Hemingway.

No Campionato Galego, no que se atreveu coa máxima categoría (TR1), asinou unha temporada na que foi de menos a máis para liderar a última das catro probas, celebrada en novembro en Vilagarcía, e conseguir así subir ao podio como campión.

Fíxose tamén co Campionato Galego TRI cunha moto de 300cc e na súa primeira participación

Tamén experimentou unha notable progresión no Campionato de España, onde tiña como obxectivo sumar experiencia nunha nova categoría ante rivais moi fortes. Ao final foi sexto, posición que lle permite pensar no podio e mesmo na vitoria de cara á temporada que vén.

Outro reto para o ano é volver a Europa, pero agora cunha moto de 300cc. "Aínda que foi unha temporada dura, tamén a desfrutei moito", di Xurxo. Salienta as viaxes, os novos amigos e a posiblidade de coñecer un novo campionato como o continental, no que só compiten pilotos privados.

Dúas citas co mushing Enduro único en Galicia

O bo tempo referendou en decembro o éxito da proba de resistencia de Enduro nos montes de Oín. A cita, que vai camiño de converterse nun clásico do calendario galego, é a única destas características que se disputa en Galicia e serviu para pechar a temporada. Luiyi Montoya e Ignacio Castro (3 horas) e Pedro Gonzalo e Jorge Paradelo (3 horas scratch) foron os campións absolutos.

O torneo de xadrez volve ao multiúsos

Pablo Abaña levou o trofeo de primeiro clasificado local do segundo Torneo de Xadrez Concello de Rois. A competición, desenvolta en abril no multiúsos, contou coa asistencia de público e repartiu agasallos entre todas as nenas e nenos participantes. O concelleiro de Deportes, Martín del Río, entregoulles os trofeos aos tres primeiros: Nico Amado, Unai Casares e Noel Casares. Por outro lado, Xoel Ferreirós, Pablo Abaña e Samuel Abaña, das escolas deportivas roisenses, participaron nos provinciais de xadrez.

O ximnasio abre dende outubro tamén polas mañás

En resposta á demanda veciñal, o Concello decidiu abrir o ximnasio municipal tamén polas mañás. Dende o mes de outubro, e de xeito libre e gratuíto, a veciñanza pode facer uso das instalacións de 9.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 21.30 horas de luns a venres. Conta con máquinas de cardio (cinta e bicicletas), unha máquina multiestación para traballar tronco e extremidades superiores, pesas de man de diversos tamaños e aparellos de estiramentos. Dispón tamén de climatización.

Unhas 150 persoas gozaron en Seira con Lecer e Pesca

Máis de 150 persoas participaron en xullo no certame Lecer e Pesca, organizado polo Club de Pesca Deportiva Londra na praia fluvial de Seira. O encontro serviu para promocionar a pesca entre a cativada de ata 12 anos e tamén acolleu un campionato oficioso xuvenil para federados de entre 12 a 17 anos. A cita completouse con mexillonada, inchables e festa da escuma. O alcalde, Ramón Tojo; o concelleiro, Manuel Cobas; e o presidente e vicepresidente de Londra, Ramón Bernárdez e José Eiras, entregaron os trofeos.

A piscina de Senra bate marcas nun sufocante verán

Entre o 24 de xuño e o 4 de setembro e con acceso gratuíto, a apertura da piscina municipal de Senra axudou a sobrelevar un sufocante verán. As altas temperaturas propiciaron que se bateran marcas de asistencia nas instalacións de Augasantas, superando as cen persoas usuarias nalgunhas xornadas.

This article is from: