Debullar 2021. Concello de Rois

Page 1

A Cultura Dispersa anima o verán nas doce parroquias A veciñanza súmase á campaña do 25N 'Rois non cala' Nova depuradora de augas residuais para Urdilde O CD Rois fai memoria no seu 25 aniversario Concello de Rois. Revista informativa municipal Número 5 | Decembro 2021 'Rois no Camiño' para promover as rutas xacobeas Membros de concellos e entidades asisten ao encontro 'As voces europeas contra o euroescepticismo' • Firman un protocolo de irmandamento dentro do programa 'Europa para a Cidadanía' • Visitan o Parlamento, Cortizo e o Pazo do Faramello Rois xunta os 27 países da UE

A R T I R D A S 1 8 . 3 0 H

pasando polo Concello de tarxetas de Nadal

Postais gañadoras do concurso de Nadal gañadoras do de

Andrea González Vidal A Galiña Azul 1º 3º E Infantil Ángel Núñez Forján CEIP O Pumar 1º 2º Primaria Cabalgata
Magos
dos Reis
M é r c o r e s , 5 d e x a n e i r o
A P
Ofrenda na igrexa de Oín Desfile en carrozas ata o polideportivo de Rois, Recepción oficial a cargo das autoridades municipais Entrega de premios do concurso Agasallos ás nenas e nenos A
P A R T I R D A S 1 5 . 0 0 H
Uxía Fabeiro Vázquez CEIP O Pumar 5º 6º Primaria FELICITACIÓN INSTITUCIONAL Xiana Salgueiros Chico CEIP O Pumar 4º 6º E Infantil Uxía e Breixo Dopazo CPI Os Dices • Diferentes niveis Paula Baleirón Rosende CEIP O Pumar 3º 4º Primaria
Visita das Súas Maxestades a todas as parroquias de Rois

encontro, que reuniu no noso concello máis de 50 expertos e expertas euro peos, foi todo un éxito, como así nolo aseguran as numerosas felicitacións e parabéns que seguimos recibindo un mes despois de celebrado o evento, que se puido seguir en todo o conti nente a través das nosas redes sociais.

Quero ter un recoñecemento especial para todos os traballadores e traba lladoras que fan posible ter unha pro gramación tan ampla e variada coma a nosa. Grazas ao profesorado da Escola Municipal de Música (que xa conta con máis propostas de intercambio con ou tros países do continente), aos monito res e monitoras das escolas deportivas, dos campamentos, das actividades ex traescolares, profesionais dos centros educativos e tamén ao persoal técnico municipal. A implicación de todas e cada unha destas persoas fai posible que Rois conte cada día con máis servi zos para que a nosa veciñanza goce dun maior benestar. Conscientes destes as pectos positivos iniciamos unha cam paña para animar a todas as persoas que viven aquí a que se empadroen en Rois e poidamos volver superar os 5.000 habitantes, o que nos permitirá contar con máis recursos para poñer a disposición de todas e todos vós.

SAÚDO DO ALCALDE
Feliz Nadal e ventureiro ano novo.

O Porviso protagoniza un Diververán que fomenta na rapazada o seu interese polo rural

Un vídeo promove o Camiño Portugués e o da Ría de Muros Noia ao seu paso por Rois

Asociacións e comisións de festas colaboran na organización da exitosa 'Cultura Dispersa'

Representantes dos 27 países da Unión Europea asinan un pacto de irmandamento en Rois

Melloras no CPI dos Dices coa substitución da cuberta e coa renovación das carpinterías

O CD Rois fai memoria polo seu 25 aniversario e celébrao con homenaxes e cun novo escudo 36

Xurxo Neo recibe o afecto da veciñanza en recoñemento aos seus méritos deportivos

A veciñanza implícase o 25N na campaña 'Rois non cala' 13

Unha placa lembra os versos de Rosalía en Fondóns 17

Música e maxia animan as festas do Santo Isidro 19

Récord de matrículas na Escola Municipal de Música 25

O voluntariado xuvenil pon en valor o Castro Lupario 28

Inicia o proxecto da senda peonil ao polígono de Cortizo 29

Investimento de 915.000 € para a depuradora de Urdilde

Xuventude en acción visibiliza os recursos turísticos 34

A SD Urdilde estrea céspede artificial no campo do Pino

Alta demanda nas escolas e actividades deportivas

Directorio municipal Debullar

Concello de Rois Samil, 1, Oín 15911 Rois. A Coruña Tel.: 981 804 109 / Fax: 981 804 182 www.rois.gal correo@rois.gal facebook.com/ConcellodeRois

Oficina Municipal de Urdilde 981 805 135

Edificio Multiúsos de Rois 981 816 061

Xulgado de Paz 981 804 088

Centro de día Urdilde-Rois 981 800 810

Centro de saúde de Urdilde 981 805 137

Centro de saúde de Rois 981 952 992

Hospital de Santiago 981 950 000

Urxencias médicas: 061

Farmacia de Rois 981 804 444

Farmacia de Urdilde 981 805 233

Escola infantil ‘A Galiña Azul’ 981 804 488

CPI Os Dices-Rois 881 866 890

CEIP O Pumar-Urdilde 881 866 365

Garda Civil 981 810 091

Grupo de emerxencias (Protec. Civil) 112 | 981 812 929 | 670 810 910 Incendios 085

Permisos de queima 012

Planta de reciclaxe de Servia 981 191 240 / 639 107 638

Edita

Concello de Rois Deseño, maquetación e textos Alicentis SL Fotografías Concello de Rois Alicentis SL Revisión de textos

Inmaculada Seage Rosario Ríos Anayansi Singh Roberto C. Agrelo Uxía Pérez Impresión Gráficas Lasa

Depósito Legal: C 425-2018 Decembro 2021. Publicación gratuíta do Concello de Rois. Permítese a reprodución sempre que se cite a fonte.

SUMARIO
57
31
37
27
8
33
16
14
20

Reivindican o liderado da muller rural en Rois

on motivo do Día Internacional da Muller Rural, que se celebrou o 15 de outubro, o Concello de Rois edi tou un vídeo protagonizado por nove veciñas do municipio. Empresarias, di rectivas e integrantes das asociacións de mulleres rurais de Rois narraron as súas experiencias vitais como veciñas dun concello eminentemente rural e ofreceron a súa visión sobre o papel da muller no sector agrogandeiro e no tecido asociativo local.

A intención do Concello de Rois foi dar lle visibilidade á figura da muller rural e recoñecer o seu papel e o seu liderado neste ámbito, destacando a importan cia das achegas económicas, sociais e culturais das mulleres. No vídeo recó llense nove historias, que poderían ser moitas máis, e que evidencian a impor tancia do impulso feminino no pasado, no presente e no futuro do municipio.

As protagonistas son Ermitas Suárez e Rocío Silva, de Legumbres Ermitas; Lorena Agrafojo, da granxa Albagueira; M.ª Teresa Martínez e M.ª Elvira Igle sias, presidenta e fundadora da Aso ciación de mulleres rurais de Urdilde respectivamente; María Boullón, vogal da Asociación de mulleres rurais de Er medelo; e María José Lamas e Teresa Fernández, vicepresidenta e socia da Asociación de amas de casa de Rois.

Escanea o código para ver o vídeo do Concello de Rois con motivo do Día da Muller Rural

Ampla cobertura informativa

Moitos medios de comunicación fixé ronse eco das historias recollidas no ví deo editado polo Concello de Rois. Así o fixeron xornais como La Voz de Ga licia e El Correo Gallego, pero tamén dixitais, axencias e mesmo medios de cobertura nacional, como Nius

5 CONCELLO DE ROIS
.
BENESTAR SOCIAL
C

Aloitadoras e concurso de carteis no Día

"As vosas historias de vida son exemplo para moitas persoas".

Así se referiu a concelleira Mer ceces Basante ás 31 protagonistas de Aloitadoras, que asistiron ao acto de conmemoración do Día da Mu ller. Un ano despois de inaugurarse a exposición coas fotografías de Lara Barreiro, o Concello de Rois fíxolles entrega do libro editado coas imaxes e relatos de vida destas veciñas. Un volume do que se publicaron 150 exemplares e que pode consultarse tamén na biblioteca municipal.

Por outra banda, o Concello de Rois convocou un ano máis o concurso de carteis do 8M para escolares, co

obxectivo de concienciar o alumnado en igualdade mediante a expresión plástica e artística. A Galiña Azul fí xose co primeiro premio na categoría de 1º a 3º de educación infantil. Ma rina Vidal Bustelo, autora da imaxe que acompaña estas liñas, resultou vencedora na categoría de 1º e 2º de

A mostra de fotos de Lara Barreiro viaxa polos colexios do municipio

Aloitadoras, a exposición da fotógrafa Lara Barreiro con imaxes de 31 veci ñas do municipio, viaxou polos co lexios para que os e as escolares co ñecesen de cerca as historias de vida destas mulleres. O alumnado conver

sou con algunhas das protagonistas, como Victoria Quiroga, concelleira e gandeira; Celia Tourís, sancristá; ou a orfebre Sonia Ares. A cativada intere souse polas particularidades dos seus oficios e fixo preguntas ben curiosas.

da Muller

Escanea o código para ver as fotos e biografías das mulleres na web de Terras de Iria

primaria. En 3º e 4º o primeiro clasi ficado foi o alumnado de cuarto do CEIP O Pumar-Urdilde, mentres que Adrián e Mariña Castro Reboiras, do CPI Os Dices, gañaron na categoría de 5º e 6º de primaria. Por último, Carmen Vidal proclamouse campioa na categoría de 3º e 4º da ESO.

As científicas e investigadoras teñen a palabra

Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro, o Concello de Rois elabo rou un cuestionario para coñecer de primeira man o perfil das mulleres científicas e investigadoras que viven no municipio ou que forman parte da comunidade escolar do mesmo. A campaña realizouse en colaboración coas Anpas e cos centros educativos. Deste xeito, publicouse un formula rio ao que se lle deu difusión desde as redes sociais municipais, co pro pósito de coñecer de primeira man os perfís destas mulleres e dar un paso máis na súa visibilización.

6 CONCELLO DE ROIS

Rois avoga por mulleres libres no vídeo do 25N

OConcello de Rois está compro metido coa erradicación da vio lencia machista e quixo visibili zalo con varias accións vencelladas á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Deste xeito, na semana do 25N, a casa con sistorial iluminouse durante varias noites de morado, deuse a coñecer un vídeo protagonizado por veciñas e veciños de Rois e repartíronse mar capáxinas. Rois non cala foi un ano máis o lema da campaña, co obxec tivo de concienciar a sociedade da necesidade de rexeitar e denunciar os comportamentos machistas.

O maltrato ten saída, mensaxe do CIM Terras de Iria

"Hai saída do maltrato" é a mensaxe que o CIM Terras de Iria lles trasladou ás veciñas de Padrón, Rois e Dodro no vídeo que presentou co gallo do 25N. Nel recóllese a experiencia de Loli Cos ta, unha muller que foi vítima de ma los tratos e que, coa súa testemuña, quixo animar a denunciar a todas as mulleres que pasan por esta dramáti ca experiencia. "Eu ben sei que é fácil dicilo e que, que se non fose tan difícil facelo, eu non tería aturado catro anos de maltrato. Pero, por favor, dade o paso e denunciade, porque é mellor estar aquí coma min contándoo que mortas", sinala na gravación.

Bárbara Bustelo, Romi Gómez, Sonia Ares, Marcos Freire, Vanesa García, Lois Gil, Vanessa Verduga, Dani Bus telo, Vanesa Reboredo, Antía Feáns e Marta Blanco protagonizaron o vídeo do 25N, realizado pola empre

de violencia de xénero e quere mu lleres libres. "Quérete a ti mesma. Merécelo. Calquera momento é bo para dicir acabouse (o maltrato)", din. A campaña de sensibilización social remarcouse coa impresión de 800 marcapáxinas, que se repartiron nas oficinas municipais, no edificio multiúsos e tamén entre o alumna do, persoal docente e familias dos centros educativos.

sa de comunicación Alicentis e cen trado en mandarlles unha mensaxe de ánimo ás vítimas lembrándolles que non están soas. Rois, sinala a veciñanza no audiovisual, amosa o seu rexeitamento a todos os tipos

Escanea o código para ver o vídeo do 25N 'Rois NON CALA fronte á vio lencia de xénero'

O Centro de Información á Muller Te rras de Iria presta asesoramento xurí dico e atención psicolóxica de xeito to talmente gratuíto a todas as mulleres de Rois, Padrón e Dodro que o preci san. Ten a súa sede na praza padrone sa de Rodríguez Covián, 4, e o número de teléfono é o 611 00 34 72.

Escanea o código para ver o vídeo do CIM Terras de Iria con motivo do 25N

7 CONCELLO DE ROIS
Repartíronse 800 marcapáxinas coa lenda 'Rois non cala' e a casa consistorial tinguiuse de morado

IDENTIDADE RURAL

O Porviso, un trasno mitolóxico tradicional de Rois, foi un dos protagonistas do Di ververán 2021, o programa desenvolvido en Rois e Urdilde con máis dun cento de menores de varios municipios e de ata tres comunidades autónomas, e cun equipo de 22 monitores e monitoras dirixidos por Rebeca Casal.

Ademais de favorecer a conciliación laboral e familiar entre as familias con menores de 14 anos, o Diververán quixo fomentar este ano entre a rapazada o seu interese polo rural, por coñecer e dar a coñecer o lugar onde viven e poñer en valor os recur sos naturais de Rois. Un obxectivo no que O Porviso tivo un papel protagonista. Este ser, que segundo a lenda vivía no inframundo, saíu imaxinariamente das mámoas de Ermedelo para procurar un premio coa axuda dos nenos e nenas de Rois.

Este fío condutor serviulles aos e ás asistentes ao Diververán para achegárense a lugares como a praia fluvial de Seira, ao pazo do Faramello, a ruta das Penicias ou a do Castro Lupario. Ademais, nenos e nenas coñeceron o traballo de grandes artistas roisenses como Sonia Ares ou Camilo Seira, así como o labor que fan na Asociación Amipa. Representantes das asociacións das Amas de Casa de Rois e das Mulleres Ru rais de Urdilde participaron en intercambios xeracionais cos menores, enriquecendo así a visión do que supón vivir nun municipio rural coma Rois.

NO DIVERVERÁN

As visitas á piscina e aos locais de artesanía, as rutas de sendeirismo ou as conversas coas persoas maiores axudáronlles aos nenos e nenas a poñer en valor aquilo que teñen máis preto. Pero tamén contribuíron a isto as excursións ao monte Abelendo ou á senda mitolóxica do Monte Viso, en Compostela; os contacontos de Caxoto; as visitas didácticas como as dos bombeiros ou o obradoiro Ti si que es un bo peixe. Xogo e aprendizaxe combináronse nun extenso programa no que non faltaron as ma nualidades, a cociña, o deporte e os xogos de auga para refrescarse nos días de calor.

Os contidos referidos á igualdade de xénero estiveron presentes de forma trans versal en todas as actividades realizadas durante o Diververán. A maiores, desen volvéronse catro obradoiros destinados a potenciar a participación masculina no repartimento das responsabilidades domésticas e de coidados.

O Diververán desenvolveuse nos meses de xullo e agosto en horario de mañá e con tou cun servizo de amencer. Para cumprir coa normativa da covid-19, formáronse grupos burbulla distribuídos en varios locais: o polideportivo dos Dices, a escola de música, a antiga escola de dona Sara, a unitaria de Sorribas e tamén as instalacións do CD Rois, o local das Amas de Casa e o local veciñal de Rois. En Urdilde, como en anos anteriores, o Diververán desenvolveuse nas instalacións do CEIP O Pumar.

Rois participa na campaña provincial #seresentir

Aexposición de fotografía A rede visible recalou en Rois a comezos de 2021. A iniciativa da asocia ción pola visibilización LBT Les Co ruña amosou as imaxes de dezaoito mulleres da actualidade galega que lle poñen rostro e historia á realida de das mulleres lesbianas, bisexuais e trans. A mostra instalouse fronte

ao Concello e foi inaugurada pola concelleira de Servizos Sociais, Mer cedes Basante.

Por outra banda, Rois adheriuse á campaña Liberdade de ser e sentir! da Deputación da Coruña para sen sibilizar sobre a importancia da to lerancia e da igualdade das persoas,

independentemente da súa orienta ción sexual e identidade de xénero. Así, difundíronse variados recursos sobre diversidade sexual. A bandeira do arco da vella luciu no balcón do consistorio con motivo do Día Mun dial da Diversidade Sexual, o 25 de xuño, e do Día Internacional do Or gullo LGTBQI+, o 28 de xuño.

A casa consistorial iluminouse de verde no Día Internacional da Mias tenia. Ademais, o Concello sumouse en novembro á celebración do #me

sazul, promovida pola Asociación Diabetes Coruña, e luciu de azul cian a iniciativa de UNICEF para conme morar o Día Mundial da Infancia.

Apoio á celebración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas

O Concello de Rois sumouse á con memoración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas coa pu blicación en redes sociais dun vídeo protagonizado polo alcalde, Ramón Tojo, en resposta ao chamamento realizado pola Federación de Asocia cións de Persoas Xordas de Galicia

para darlle visibilidade a unha efe méride que se celebra o 14 de xuño.

Escanea o código para ver o vídeo de Rois no Día Nacional das Linguas de Signos Españolas

10 CONCELLO DE ROIS
Fachada iluminada en favor da saúde

Rois aproba o II Plan de Igualdade 2021-2028

ACorporación aprobou o II Plan de Igualdade de Rois 2021-2028 nun Pleno ordinario celebrado o 1 de marzo. O alcalde, Ramón Tojo, cualificou de "moi importante" o proxecto elaborado polos departa mentos de Servizos Sociais, Emprego e Cultura do Concello de Rois.

O II Plan de Igualdade contempla 89 medidas, para executar ata 2028, co obxectivo principal de fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Formación para a prevención do abuso infantil

Profesionais da educación, monitora do de actividades de lecer e deportivo e persoal técnico municipal de Rois, Padrón e Dodro participaron nas xor nadas formativas sobre prevención e detección do abuso sexual infantil organizadas polo Concello de Rois e impartidas pola entidade sen ánimo de lucro Amino.Gal. A alta participa ción nas catro sesións destinadas a profesionais con diferentes perfís e celebradas en novembro demostra que a sensibilización social arredor da protección á infancia é cada día maior.

Neste plan colaboraron as asocia cións de mulleres rurais de Ermedelo e Urdilde, o CD Rois, a Asociación de amas de casa de Rois, a ANPA Santo Isidro do CPI Os Dices e a Asociación Amipa, que participaron no proceso de consulta previo á súa elaboración.

.

Escanea o código para ver o II Plan de Igualdade do Concello de Rois 2021-2028

Novo logotipo

O Concello de Rois estreou este ano un novo logotipo para acom pañar as accións promovidas den de a área municipal de Igualdade.

Un espectáculo

trans-formador

María Faltri e Jorge Juncal fixeron gozar o público familiar con Soñando inventei, un espectáculo trans-for mador pola diversidade de xénero que chegou a Rois en novembro. Nenos e nenas corearon as cancións

que forman parte do libro disco Fan tasía con palabras nunha viaxe a carón de personaxes femininas que non queren ser xulgadas polo seu as pecto ou identidade, libres para ser elas mesmas e chegar a tocar a lúa.

Contos que loitan contra o sexismo no Día da nena

O Concello conmemorou o Día Inter nacional da Nena, o 11 de outubro, coa elaboración dunha guía de lectu ra con contos infantís que foxen do sexismo e dos estereotipos e que po den atoparse na biblioteca de Rois.

Escanea o código para ver a guía de lectura editada pola área de Igualdade do Concello de Rois

11 CONCELLO DE ROIS

celebra o seu

O centro de día de Urdilde, integra do na rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, celebrou o seu ani versario 10 + 1 en setembro cunha semana de actos festivos. Asistentes e familiares puideron gozar cunha animada gala dos Óscar ou cun con curso de cociña e posterior degusta ción de canapés. Por outra banda, o centro de día acolleu en outubro unha xornada informativa sobre as profesións desempeñadas por mu lleres no sector da pesca. O taller es tivo dirixido por dúas profesionais do sector pertencentes a Anmupesca.

Dorinda Leboráns únese ao club de centenarios de Rois

O pasado 13 de marzo Dorinda Lebo ráns Barreiro fixo 100 anos. O alcalde Ramón Tojo visitouna na súa casa da Meana para transmitirlle os para béns do Concello e agasallala cun pe regrino que conmemora a data. Pero tamén visitou o resto de integrantes do selecto club de centenarios de Rois: Josefa Boullón Rey, do Faro (Bu xán), que fixo 101 anos en xaneiro; María Sóñora Fontenla, veciña de Sil varredonda (Buxán), que chegou aos 103 anos o 7 de marzo; e José Veiga Gandarela, de Cabanela (Urdilde), que celebrou os 102 anos en xullo.

12 CONCELLO DE ROIS
O centro de día
aniversario 10 + 1

Homenaxes a Rosalía, unha escritora universal

OConcello de Rois celebrou o Día de Rosalía en estreita colabora ción coa Fundación Rosalía de Castro, da que é mecenas. Así, ani mou a veciñanza a ler, cantar ou lem brar en redes sociais a figura e a obra da escritora galega máis universal. Esta iniciativa uniuse a outros actos que, por causa da pandemia, estive ron pechados ao público, pero que tamén estaban destinados a rendirlle homenaxe á poeta e a dar a coñecer os seus vínculos co municipio de Rois.

Nesta liña, o Concello plantou unha filla da figueira monumental da Casa de Rosalía no Xardín do Recordo do Pazo do Faramello, nun acto no que estiveron presentes os alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e Padrón, Antonio Fernández; e o presidente da Funda ción Rosalía de Castro, Anxo Anguei ra, entre outros. Outra placa conme morativa colocouse en Fondóns, na parroquia de Seira, para lembrar que Rosalía fixo mención a este lugar no seu poemario En las orillas del Sar.

Estes dous actos complementáronse co repartimento de manteis indivi duais entre todo o alumnado do CPI dos Dices (Rois), do CEIP O Pumar (Urdilde) e da escola infantil A Galiña Azul. Manteis que tamén recibiron no Centro de Día de Urdilde, para que alumnado e maiores puideran lembrar a figura de Rosalía durante o xantar e celebrar o día no que hai 184 anos nacía en Santiago Rosalía de Castro, o 24 de febreiro.

O cancelo

#RoisconRosalía recibe agasallo

O Concello apoiou a iniciativa da Fun dación Rosalía de Castro, da que é me cenas, de difundir nas redes sociais a figura da poeta do Sar co cancelo #Día deRosalía. A maiores, a todas aquelas persoas que empregaron o cancelo #RoisconRosalía entregóuselles un agasallo artesanal feito por AMIPA.

13 CONCELLO DE ROIS CULTURA E TURISMO

ROIS NO CAMIÑO

O Concello de Rois, situado a un paso de Compostela, é o lugar ideal para empezar a última etapa do Camiño de Santiago. Polo municipio pasan o Camiño Portugués, o segundo con maior afluencia de peregrinos e peregrinas, e o Camiño de Santiago Ría de Muros Noia, que foi recoñecido polo Cabido da Catedral de Santiago en decembro de 2020. Co obxectivo de promocionar o Camiño de Santiago ao seu paso por Rois, o Concello editou un vídeo realizado pola empresa de comunicación Alicentis coa colaboración das veciñas e veciños e do tecido asociativo e empresarial local.

O Camiño pola ría de Muros Noia forma parte da Ruta Xa cobea desde decembro de 2020. Así o ratifica a rúbrica do decano do Consello da Catedral e xefe da Oficina de Aten ción ao Peregrino, Segundo Pérez. Desde entón, os nove municipios que conforman a Asociación de Concellos do

14 CONCELLO DE ROIS
TENDER PONTES NA PROMOCIÓN DA NOVA RUTA
Escanea o código para ver o vídeo de Rois no Camiño

DIFUSIÓN SOCIAL DO TRAZADO

Adecuar a sinalización do Camiño de Santiago Ría de Muros Noia ao antigo camiño real é un dos obxectivos a se guir. Por iso, o Concello realizou obras de mellora deste camiño en Agrafoxo.

Outro dos retos é a difusión social do trazado. Neste sentido, asociacións e empresarios de Urdilde e Ermedelo asistiron a unha xuntanza co técnico da Asociación Sebastián Valverde.

EN URDILDE SELAN AS COMPOSTELAS

O Camiño de Santiago Ría de Muros Noia estreouse en maio coa concesión das súas dúas primeiras compostelas a dous veteranos sendeiristas: Sindo Gandarela e José da Ponte, que esco

lleron Urdilde como punto de para da. Tras deles chegarían moitos máis, tamén en grandes grupos, como os do I Rally Rías Baixas ou a I BTT Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia.

Camiño de Santiago da ría de Muros Noia intensificaron o seu plan de dinamización social para dar a coñecer a Ruta, ao tempo que estableceron contactos con organismos de ámbito provincial, autómico e nacional para estudar vías de colaboración. Deste xeito, representantes dos nove

municipios reuníronse co delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones; coa directora da Axencia de Turis mo de Galicia, Nava Castro; ou co director da Sociedade de Xestión do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, entre outros. A Ruta estivo presente tamén na última edición de Fitur.

15 CONCELLO DE ROIS

Cultura Dispersa polas doce parroquias de Rois

Asegunda edición da Cultura Dispersa por Rois levou ás doce parroquias do municipio a música, a maxia e a narración oral, grazas á "im prescindible colaboración das asocia cións, das asociacións e comisións de festas e de Protección Civil", en pa labras do alcalde, Ramón Tojo. Abriu o programa Berlai coa súa música en

Costa. Teatro Calavera fixo gozar ao público infantil con Brincadeira Pira ta, en Oín. Os humoristas Pepo Sue vos e Federico Pérez presentaron Hu mor Salvaxe e Ración de Breogán, en Herbogo e Ribasar respectivamente. Tamén actuaron Aldaolado coa súa Epístola ás neofalantes en Leroño. A maxia correu a cargo de Dani Polo,

en Seira, e de Pedro Bugarín, en Bu xán. Non faltou a música tradicional, cos Jaitas Blue en Augasantas e cos Campantes da Baña en Ermedelo. As actuacións da Aló Django Trío en Rois, da Banda de Música de Padrón en Urdilde e da Banda da Escola de Música de Rianxo en Sorribas com pletaron o programa.

16 CONCELLO DE ROIS
OS JAITAS BLUE AUGASANTAS BERLAI COSTA
FEDERICO PÉREZ RIBASAR
TEATRO CALAVERA OÍN
ALÓ DJANGO TRÍO ROIS PEDRO BUGARÍN BUXÁN BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE PADRÓN - URDILDE OS CAMPANTES DA BAÑA ERMEDELO BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO - SORRIBAS
PEPO SUEVOS HERBOGO
POLO SEIRA ALDAOLADO LEROÑO
DANI

Música e maxia nas patronais do Santo Isidro

OConcello de Rois celebrou dun xeito especial as festas patronais do Santo Isidro, que un ano máis non puideron contar coa tradicional co mida popular debido ás medidas de prevención da covid-19. No seu lugar a maxia de Dani Polo e a fusión poé tica e musical de Queiman e Pousa animaron unhas festas que inaugu rou o alumnado da Escola de Música de Rois co concerto do Santo Isidro.

Dani Polo fixo participar a pequenos e maiores no seu espectáculo, que espertou admiración e aplausos en tre as persoas asistentes. O interese entre a veciñanza de Rois fixo que o Concello programara unha dobre se sión do mago, que tamén encheu.

A Escola Municipal de Música ofreceu un concerto virtual nas redes sociais municipais

A música e a poesía foron prota gonistas co espectáculo do Bruxo Queiman e Andrea Pousa, que está ambientado a principios do século XX e representa unha homenaxe á emigración galega. Non faltaron a tradicional misa solemne na honra de Santo Isidro Labrador na igrexa de San Mamede e probas deportivas como o IV Enduro Concello de Rois ou a XIII Camiñata por parellas.

O cartel da orfebre Sonia Ares anuncia as festas de 2021

A orfebre Sonia Ares, veciña da parro quia de Liñares, resultou vencedora do concurso promovido polo Conce llo para elixir o cartel anunciador das festas de Santo Isidro 2021. Actuaron como xurado a concelleira de Cultu ra Victoria Quiroga, a profesora de plástica nos Dices Susana Rodríguez Alamparte, a fotógrafa Lara Barreiro e a estudante de deseño Estela Otero.

17 CONCELLO DE ROIS

Videochamadas dos Reis Magos e concursos de Nadal

Os Reis Magos non puideron saudar en persoa a cativada de Rois ao come zo de 2021 por causa da pandemia, mais non por iso deixaron de atender as súas obrigas profesionais. Ademais de repartiren agasallos por todas as casas, tamén falaron por videocha mada con aqueles que llelo solicita ron e responderon a todas as cartas de desexos dos nenos e nenas en viándolles mensaxes electrónicas con felicitacións personalizadas. As Súas Maxestades afirmaron nunha men saxe á veciñanza sentírense orgullo sas do seu "compromiso como pobo, símbolo do sentidiño tan necesario, e máis se cabe coas nenas e nenos de Rois, que amosaron ser responsables, tolerantes, pacientes e moi boas per soas". Celadores e alcaldes de barrio actuaron de paxes dos Reis.

Por outra banda, o Concello con vocou os concursos de postais e de contos de Nadal para o alumnado dos centros educativos. O certame de postais bateu récord de partici pación, con 150 propostas recibidas. Delas, a tarxeta de Lía Seco foi elixida como felicitación oficial do Concello e enviouse a todos os fogares.

Por primeira vez celebrouse o con curso de contos de Nadal, impulsado dende as bibliotecas escolares en colaboración coa biblioteca munici pal, e con dúas modalidades: unha de narración escrita e outra oral. O alcalde, Ramón Tojo, entregou os premios nun acto íntimo celebrado no auditorio municipal.

Obradoiros creativos

O tempo para os contacontos, os obradoiros de manuali dades ou as cancións chegou cos obradoiros de Nadal en liña que tiveron lugar na canle de YouTube do Concello de Rois, ás doce do mediodía, entre o 28 de decembro e o 5 de xaneiro. A encargada de dirixir os talleres foi Paula Castro, monitora de animación á lectura do Concello.

Menú solidario de Noiteboa

Unha das cousas boas que trae o Nadal son as iniciativas solidarias. Como a de José Sar, natural de Augasantas, que doou menús de Noiteboa e caixas con produtos típicos para que todos os veciños e veciñas de Rois puideran festexar estas datas. O departamento de Servizos Sociais seleccio nou as familias beneficiarias e ocupouse do repartimento.

18 CONCELLO DE ROIS

O talento local exprésase coa formación musical

Non foron nin dous nin tres senón catro os concertos ofrecidos polo alumnado e profesorado da Es cola Municipal de Música de Rois ao longo de 2021: o de Nadal, o do San to Isidro, o das Letras Galegas e o de verán ou fin de curso. Mozos, mozas e non tan novos amosaron o seu ta lento grazas ás novas tecnoloxías, con actuacións que se retransmitiron a través da canle de YouTube municipal e que tiveron un amplo seguimen to por parte da veciñanza. Ademais de estar presente en todas as citas sociais locais importantes, a ESMU soubo adaptarse con profesionalida de aos tempos de pandemia, tanto no referido aos recitais en streaming como no caso das clases, que en feb reiro e marzo se impartiron a distan cia. A ESMU marcou o pasado curso un récord de inscrición, con máis de 80 persoas matriculadas. Un dato que se afianzou neste ano académi co cun total de 95 matrículas nas di ferentes modalidades instrumentais: frauta, óboe, fagot, clarinete, saxo fón, trompeta, trompa, trombón, tuba, violín, viola, violonchelo, con trabaixo, acordeón, guitarra, baixo eléctrico, piano, percusión, batería e canto. A formación complétase coas clases de música e movemento, coro e conxunto instrumental.

Escanea o código para acceder á lista de reprodución da ESMU de Rois en YouTube

19 CONCELLO DE ROIS

As voces europeas contra o euroes cepticismo é o título do proxecto que o Concello de Rois presentou ao programa Europa para a Cidadanía e que logrou a aprobación da Co misión Europea entre máis de 400 propostas presentadas. Contribuír a que a cidadanía comprenda mellor a historia e a diversidade da UE e lo grar que se implique máis á hora de decidir o seu futuro, vencendo o eu roescepticismo e os populismos son algúns dos obxectivos do proxecto.

"As aspiracións individuais nun mun do globalizado non conducen a lado ningún. Nos últimos cincuenta anos, a creación da Unión Europea trou xo consigo o maior período de paz, progreso e prosperidade que recor damos para 300 millóns de persoas”, sinalou o alcalde Ramón Tojo na apertura do encontro que xuntou en Rois representantes dos 27 países da Unión Europea. Abríase así unha rol da de contactos que continuarán en La Valletta (Malta), Budapest (Hun gría) e Tesalónica (Grecia).

Esta primeira xuntanza iniciouse cun debate sobre os desafíos da UE. Entre estes, Jesús Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e Unión Europea da Xunta, destacou as consecuencias do Brexit, os procesos migratorios e as crises sanitaria e económica.

ENCONTRO DOS 27 PAÍSES

Un pacto de irmandamento destinado a "desenvolver o sentimento de fraternidade europea ao servizo dun destino común" pechou no Multiú sos o encontro que xuntou representantes dos 27 países da UE. Foron dous días intensos nos que Rois actuou como anfitrión logo de que a Comisión Europea elixise o seu proxecto 'As voces europeas contra o eu-

20 CONCELLO DE ROIS

PAÍSES DA UE EN ROIS

A profesora do departamento de Eco nomía Aplicada da USC e veciña de Rois Pilar Freire Esparís, pola súa parte, apuntou á baixa natalidade e ao enve llecemento demográfico na súa confe rencia Retos da Europa do século XXI. Unha mesa redonda pechou a mañá. Eva Lorenzo, subdirectora de relacións coa UE, falou dos beneficios da Unión Europea a nivel local, rexional e nacio nal. A solidariedade e a cooperación en tempos de crise foi o tema abordado por Rocío Ovalle, coordinadora de Cruz Vermella. Cristina Villadóniga, técnica en asuntos europeos, explicou as opor tunidades que lle ofrece a UE á cidada nía; e Lucía Carballeira tratou da igual dade de xénero no continente.

O día seguinte, e tras unha visita ao Par lamento de Galicia, as 53 persoas es tranxeiras asinaron, xunto ao alcalde de Rois, un protocolo de irmandamento. O acto, que se desenvolveu no Multiúsos, clausurouse coa actuación do profeso rado da Escola Municipal de Música e dos integrantes do Obradoiro de Cultu ra Tradicional Chorima.

roescepticismo' para liderar unha das catro xuntanzas que promove este ano o programa Europa para a Cidadanía. Máis de 50 persoas expertas comunitarias compartiron experiencias para potenciar a participación cidadá na construción de Europa e aproveitaron para coñecer tanto Rois como Santiago, onde visitaron o Parlamento de Galicia.

Nestas dúas intensas xornadas, o grupo tamén tivo a oportunidade de visitar o Pazo do Faramello, achegarse á produ ción de Aluminios Cortizo e participar do conxuro da queimada no Fogar do Selmo. A veciña de Rois Bárbara Bustelo fixo de tradutora.

Escanea o código para ver o vídeo resumo do encontro europeo en Rois

21 CONCELLO DE ROIS

Certame literario e un vídeo no mes das Letras en Rois

O Concello de Rois celebrou o Día do Libro 2021 coa difusión dun vídeo no que escolares roisenses convidaban a toda a veciñanza a gozar do pracer da lectura. Por outra banda, o Certa me artístico e literario de relato bre ve e poesía serviu para conmemorar o Día do Libro e o das Letras Galegas. O alcalde de Rois, Ramón Tojo, e a concelleira de Cultura, Victoria Qui roga, entregáronlles os galardóns aos gañadores e gañadoras que amosa ron un gran nivel nas súas creacións: Begoña Castro, Marcos Dios, Lois Carnota, Samuel Grela, Alberto Neo e Mara Xiana Espinosa en narrativa; Manuel López, Marta Labarta e Car men Vidal en poesía; e Marina Vidal e Xiao Miguéns en debuxo.

Escanea o código para ver o vídeo do Día do Libro 2021

Éxito de Teatro Vacalouras

Lola Grela Romero, Antón Trenco Pérez, Lourenzo So moza Singh e Rois Estévez Álvarez, integrantes do grupo infantil de Teatro Vacalouras, colleitaron unha sonora ovación do público que asistiu no auditorio municipal á estrea da obra E agora que? Como destacou a directora do grupo, María Ordóñez, a representación supuxo todo un fito, tendo en conta que “foron os propios actores quen escribiron e compuxeron a obra nas clases de tea tro” que promove o Concello de Rois. O alcalde, Ramón Tojo, agradeceu ao final da representación a iniciativa de Teatro Vacalouras e destacou o impulso que dende o Concello se lles dá ás artes escénicas e á cultura.

Teatro escolar desde Brión

O aforo do auditorio municipal de Rois completouse en xuño para asistir á función As do peixe, coa que o gru po escolar do IES de Brión Bailadela Teatro lles rendeu unha homenaxe ás mulleres bravas. Con texto de Cán dido Pazó, a obra recolle a experiencia de catro extraba lladoras dunha desaparecida fábrica de conservas, que reconstrúen parte da súa experiencia laboral ao tempo que rememoran pasaxes da súa vida persoal e familiar e expresan as súas ilusións ou desconfianzas no futuro. Ao remate da obra, o concelleiro Manuel Cobas entregoulles un diploma ás actrices e un ramo de flores ás dúas direc toras, Loly Santos e Ariadna Álvarez.

22 CONCELLO DE ROIS

A biblioteca, un espazo dinámico e participativo

A biblioteca de Rois está máis viva ca nunca e os seus fondos en constante renovación. Co ánimo de facer dela un espazo dinámico e de fomentar a lectura, os departamentos de Cultu ra, Normalización Lingüística e Igual dade promoven Biblioteca en familia, para que as familias con nenas e ne nos de ata 10 anos poidan participar xuntas en contacontos, facer manua lidades e gozar da música e do bai le. Co gallo do Día das Bibliotecas, o Concello programou tres espectácu los: Raquel Queizás engaiolou a gran des e pequenos coas súas Travesías; Talía Teatro, coa veciña de Rois María Ordóñez, puxo en valor a lingua pro pia con Lambetadas; e Os Bolechas fan o camiño marciano combinaron xogo e aprendizaxe na súa proposta.

Roteiro Maker en Urdilde

O mundo microscópico, a impresión 3D ou os robots foron algúns dos as pectos que se trataron nos obradoi ros de Roteiro Maker, unha iniciativa que trata de de achegar a ciencia e a tecnoloxía ao rural galego con talle res gratuítos vencellados ao Camiño de Santiago e que están dirixidos a todos os públicos. A experiencia tivo unha grande acollida en Urdilde, so bre todo entre o público miúdo.

Recoñecemento á investigación

Manuel Rodríguez Pérez, natural de Oín, recibiu a medalla do Concello de Rois de mans do alcalde, Ramón Tojo, en recoñecemento a unha rele vante traxectoria profesional no eido da investigación científica malia a súa mocidade. Rodríguez, que forma parte do CiQUS da Universidade de Santiago, abordou na súa tese dou toral o uso da nanotecnoloxía para a detección temperá do alzhéimer.

23 CONCELLO DE ROIS

Consolídase o certame artístico Land Art Seira

O escultor Camilo Seira dirixiu unha visita guiada para dar a coñecer os traballos da edición deste ano de Land Art Seira, que reuniu en setem bro 25 artistas coa premisa de crear a partir da natureza empregando téc nicas tradicionais. Son intervencións artísticas efémeras e, precisamente para facelas perdurar no tempo dal gún xeito, presentouse un catálogo que reúne as obras das dúas primei ras edicións do certame, de 2019 e 2020, e que as persoas visitantes pui deron levar de agasallo.

Rutas na procura dos bois de pedra

Taller

de arte e creatividade para mentes curiosas

Coa creatividade e coa curiosidade como únicos requisitos previos para participar, Camilo Seira imparte un taller de arte para todas as idades. As clases comezaron o curso pasado e, de feito, o multiúsos acolleu unha exposición dos traballos realizados.

O alumnado do CEIP do Pumar estrea rocódromo

O Concello de Rois colaborou co CEIP do Pumar e coa Anpa na instalación dun rocódromo horizontal nunha das paredes do ximnasio do centro edu cativo. A iniciativa partiu da mestra de Educación Física Alicia Dios. Do deseño ocupouse Camilo Seira.

Juanma Pardo, de Calo, resultou ga ñador da nova iniciativa coa que o Concello animou un Nadal en tempos de pandemia: a de realizar as rutas de sendeirismo do Castro Lupario e das

Penicias á procura de dous pequenos bois de pedra realizados polo escultor Camilo Seira. Ducias de persoas com partiron nas redes as súas fotos cos cancelos #buscaoboi e #nadalrois.

24 CONCELLO DE ROIS

Campamento de voluntariado no Castro Lupario

Un total de once mozas e mozos participaron este verán en Rois nun campamento de volunta riado no Castro Lupario, baixo a su pervisión dunha directora de cam po, de dous arqueólogos e de dous monitores. As principais tarefas que se desenvolveron neste castro no que a lenda sitúa o castelo da raíña Lupa foron de estudo de restos e de limpeza na parte exterior da muralla, sobre todo na zona sur, coa idea de identificar cal era a forma que tiña. A presenza dunha moza de Sevilla en tre unha gran maioría de integrantes galegos marcou neste campo de Cas

tro Lupario a volta dos intercambios nacionais, logo da súa paralización por mor da covid-19.

Nos dez días que durou o campa mento, as persoas voluntarias tiveron a oportunidade de coñecer o munici

pio e a súa contorna cun amplo aba no de actividades que os levaron a Santiago, á casa-museo de Rosalía ou á Fundación Camilo José Cela. Dentro do concello, fixeron rutas de sendeirismo e visitaron a praia flu vial de Seira ou o pazo do Faramello.

O experto Jaime Blanco ofrece un curso de micoloxía

Con guía polo sendeiro das Penicias

Foi tal o éxito da iniciativa do depar tamento de Turismo de Rois de orga nizar unha ruta guiada polo sendeiro das Penicias que houbo que repetila. As 25 prazas ofertadas esgotáronse en poucas horas, polo que o Con cello decidiu realizar unha segunda ruta guiada para as persoas que que

daran en lista de agarda. Con apraza mentos por mor da chuvia, o certo é que o sol acompañou os camiñantes nas datas finalmente elixidas. Puide ron gozar así das fermosas paraxes que depara este percorrido circular duns 8,5 quilómetros, con saída e chegada na igrexa de San Mamede.

O Concello de Rois organizou un curso de micoloxía impartido polo experto Jaime Blanco, descubridor de varias novas especies de cogo melos en Galicia nos últimos anos. Esta formación desenvolveuse en seis sesións nos meses de novembro e decembro, os venres a última hora da tarde e os sábados á mañá. As cla ses teóricas impartíronse no edificio multiúsos, aínda que non faltaron os coñecementos prácticos que Jaime Blanco puido transmitir nas saídas realizadas ao monte. Máis dunha vintena de persoas participaron nes ta acción formativa.

25 CONCELLO DE ROIS

O Entroido en liña premia con vales para o comercio

A orixinalidade, o enxeño, a elabora ción e a posta en escena foron algúns dos aspectos valorados polo xurado para elixir os quince vídeos gañado res do I Concurso de Entroido en liña de Rois, ao que se presentaron preto de trinta divertidas propostas pendu rando os seus traballos audiovisuais no Facebook do Concello.

O certame virtual, que este ano subs tituíu o tradicional desfile por causa da pandemia, repartía un total de

Escanea o código para ver o vídeo dos disfraces premiados no Entroido en liña

1.250 euros en premios que, tamén como novidade e para contribuír a reactivación económica, se outorgan en vales para gastar no comercio lo

cal roisense. Ademais, o conxunto de participantes foi agasallado cunhas galletas especiais elaboradas pola empresa local A fiestra dos doces.

Iria Estévez dá un concerto en Costa

O local social da parroquia de Costa acolleu no mes de marzo un concer to de Iria Estévez. A cantante presen tou o seu traballo Atlántica, un per corrido pola música do outro lado do océano que une as cantigas galegas, o fado portugués, os sons de Cabo Verde ou os da Arxentina.

O autocine chega con 'Superlópez'

Para celebrar a chegada das vaca cións de Semana Santa, o Concello organizou unha sesión de autocine coa proxección do filme Superlópez na horta da reitoral do centro ocupa cional Amipa, en Sorribas. Para ga rantizar o éxito do evento, contouse coa colaboración de Protección Civil.

Urdilde acolle a comedia #2pilgrims

Rois foi un dos primeiros concellos galegos que puideron ver #2pilgrims, unha comedia de Redrum Teatro na que Sheyla Fariña e Guillermo Carba jo convidan a reflexionar sobre igual dade de xénero e relacións en inter net. O espectáculo desenvolveuse en agosto no polideportivo de Urdilde.

Aplausos para 'Bernarda'

Arredor de 80 persoas asistiron no multiúsos á repre sentación de Bernarda, obra de Malasombra Producións avalada por catro premios María Casares que convida a reflexionar sobre a liberdade e os cambios xeracionais.

Hoy por hoy desde Rois

O programa Hoy por hoy

retransmi tiuse

26 CONCELLO DE ROIS
Santiago da Cadena SER desde Rois. O xornalista Luis Pardo conversou en direc to con Ramón Tojo, Victoria Quiroga, Camilo Seira, Manuel Villar, Eva Domínguez, Luis Aldegunde e Sara Barreiro.

Obras de mellora no edificio do CPI dos Dices

AA Xunta de Galicia investiu máis de 464.000 euros na substitu ción da cuberta e na renovación das carpinterías do CPI dos Dices, unha actuación que mellora o con fort do alumnado e a eficiencia ener xética do edificio. Con estas obras, a infraestrutura adáptase ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de nova arquitectura peda góxica de Galicia.

As obras consistiron no cambio do acabado de cubertas existente, de placas de fibrocemento, por paneis de aceiro con illante intermedio, así como a renovación dos canlóns e baixantes. O proxecto incluíu tamén a substitución das carpinterías exte riores e persianas. Colocouse unha nova carpintería de aluminio anodi zado con apertura oscilobatente e con dobre acristalamento.

O delegado territorial da Xunta na Co ruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, visitaron o colexio antes das vacacións de verán para ex plicarlles o proxecto de mellora á di rectora, Ana María Couselo; ao equi po directivo do centro; e a Patricia Lenzós, representante da ANPA.

Segundo explicou o representante do Goberno autonómico, o obxecti

vo primordial desta actuación é me llorar o confort do alumnado e do profesorado que cada día interactúa no centro e vai na liña das pautas marcadas no Plan da nova arquitec tura pedagóxica de Galicia da Xunta.

O colexio adáptase ás esixencias establecidas no Plan de nova arquitectura pedagóxica

Este plan supón avanzar nun con cepto dos centros escolares ao ser vizo dos novos retos educativos do futuro, que pasan por atender non unicamente as necesidades acadé micas do alumnado, senón tamén as sanitarias e as tecnolóxicas.

Ramón Tojo agradeceulle á Xunta a súa intervención nun edificio que ten xa corenta anos porque, segundo o alcalde, "este forte investimento re dunda nunha mellora da calidade educativa no concello de Rois”.

As obras desenvolvéronse en pe ríodo lectivo e obrigaron a deixar o centro baleiro a partir das 14.40 ho ras, polo que o Concello e a ANPA buscaron alternativas para manter os servizos de conciliación e as acti vidades extraescolares. Así, o servizo de ludoteca trasladouse ao pavillón dos Dices e á escola de dona Sara; as clases de cociña tamén ao polidepor tivo; e informática ao multiúsos.

27 CONCELLO DE ROIS DESENVOLVEMENTO LOCAL

Bota a andar o proxecto da nova senda peonil

Asenda peonil que vai unir o núcleo de Rois co polígono in dustrial de Cortizo xa está máis preto de converterse nunha realida de. O Consello da Xunta celebrado o pasado 18 de novembro autorizou a declaración de utilidade pública pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para construír a senda na estrada AC-301.

Esta actuación suporá un investi mento autonómico de case 725.000 euros, incluíndo os máis de 41.000 euros necesarios para a ocupación dos 11 predios afectados, todos eles no termo municipal de Rois. A previ sión da Xunta de Galicia é convocar o levantamento de actas previas no primeiro trimestre de 2022 e licitar a continuación a execución das obras.

Executarase unha nova senda dunha lonxitude de 820 metros, cun ancho mínimo de 1,8 metros e pavimento de formigón en cor. O obxectivo é comunicar o polígono industrial co núcleo urbano de Rois. A senda ini ciarase na contorna das naves indus triais, discorrerá pola marxe esquer da da antiga AC-299 e continuará pola marxe dereita da AC-301.

Ampliación en Augasantas

O Concello de Rois reclamoulle á Deputación o cumpri mento do seu compromiso de ampliar a estrada DP-7402 de Martelo a Augasantas. Segundo Ramón Tojo, esta vía "supón un perigo para o tráfico, xa que cando se cruzan un tractor e un camión non caben". En resposta a esta solicitude, o organismo provincial encargou un estudo ar queolóxico para redactar un novo proxecto que se adap te aos requirimentos da Dirección Xeral de Patrimonio.

Nova drenaxe en Figueiroa

O Concello de Rois realizou obras de mellora na estrada que comunica Figueiroa coa CP-7402. Os traballos consis tiron na reforma da drenaxe desta vía, o que redunda na dotación dunha maior seguridade viaria. O investimento nesta obra, que se enmarca no programa de mellora de camiños 2020-2021, superou os 38.000 euros. As actua cións estiveron financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rexional (Feader).

28 CONCELLO DE ROIS

915.000 euros para a depuradora de Urdilde

OConsello da Xunta autorizou en decembro o convenio de colabo ración co Concello de Rois para a construción da nova depuradora de Urdilde, que suporá un investimento de 915.000 euros e poderá tratar as augas residuais de 549 habitantes que residen no núcleo urbano da Ca lle e no de Macedos. As obras teñen un prazo de execución de oito meses.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, cofinanciará a actuación nun 80%, achegando 732.000 euros. O Concello Rois contribuirá ao financia mento do 20% restante, destinando 183.000 euros. O Pleno da Corpora ción de Rois xa aprobara no mes de setembro por unanimidade a firma do convenio con Augas de Galicia para construír esta importante in fraestrutura para o municipio.

Augas de Galicia tamén levará a cabo a contratación e execución das obras, así como a súa dirección e xes tión ata completar a súa finalización.

Pola súa banda, a entidade local asu me tamén a realización das xestións pertinentes para posibilitar a execu ción das obras, así como a recepción,

o mantemento e a conservación das actuacións que se leven a cabo.

Esta intervención será financiada pola Unión Europea, no marco do eixo REACT UE do programa opera tivo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pande mia da covid-19.

O actual sistema de depuración de que dispón o núcleo da Calle, en Ur dilde, presenta deficiencias de fun cionamento, carencias respecto da accesibilidade para poder realizar as operacións de mantemento e unha elevada distancia ao punto de ver tedura.

Executarase unha estación que lles dará servizo a 549 habitantes dos núcleos da Calle e Macedos

A Xunta e o Concello coinciden na necesidade de abordar a mellora do sistema de depuración das augas residuais deste núcleo, a través da construción dunha nova depuradora en Urdilde, localizada máis preto do punto de vertedura. Deste xeito, ga rantirase o cumprimento dos obxec tivos de vertedura ao medio recep tor, dimensionando a depuradora

para a conexión futura de toda a pa rroquia á rede de saneamento, de tal modo que a depuradora proporcione tratamento á totalidade das augas residuais producidas na área.

Segundo o proxecto redactado por Augas de Galicia, as obras obxecto do convenio autorizado polo Go berno autonómico comprenden a execución dunha nova estación de tratamento de augas residuais con sistema de depuración por biodiscos e o desmantelamento da depurado ra actual de Urdilde, que se manterá en funcionamento ata a entrada en servizo da nova infraestrutura.

O novo sistema estará dotado de arqueta de chegada, by-pass xeral, desbaste mediante dobre canle, pre tratamento mediante tanque Imhoff, con zona de decantación e zona de dixestión, tratamento biolóxico e medida de caudal de auga tratada. Ademais, executaranse 519 metros de colector desde a estación actual ata a arqueta de entrada da futura depuradora, e disporase de 61 me tros de colector desde a arqueta de saída ata o punto de vertedura. Tamén se acondicionará o acceso á nova depuradora.

29 CONCELLO DE ROIS

Reforzo en Turismo, Igualdade e Servizos Sociais

OConcello de Rois incorporou por primeira vez no seu cadro de persoal unha técnica de igualda de e un técnico de turismo, ademais de reforzar o departamento de Ser vizos Sociais cunha nova traballado ra social. Nos tres casos, as contra tacións contaron cunha subvención da Deputación da Coruña. Con estas contratacións, o equipo de goberno de Rois decidiu darlles un pulo im portante ao Plan de Igualdade e á promoción turística do municipio.

“Rois ten un gran potencial turístico que quero poñer en valor incentivan do o patrimonio natural, cultural e etnográfico”, explica Alexandre Blan co Roo, quen compaxina o seu traba llo entre os concellos de Rois, Dodro e Lousame. Os principais obxectivos son “crear rutas guiadas, potenciar as que xa están sinalizadas e fomen tar e incentivar a educación ambien tal” para que a veciñanza poida des cubrir todos os atractivos que ofrece o municipio.

Este verán incorporouse tamén Ma ruxa Ledo como técnica de Igualda de para reforzar o desenvolvemento do II Plan de Igualdade do Concello de Rois e, entre outras funcións, “fomentar o empoderamento das mulleres e pór en marcha accións de corresponsabilidade”. Ademais das incorporacións de Maruxa Ledo e Álex Blanco, o Concello de Rois con tratou tamén a traballadora social Alba Pais para reforzar o departa mento de Servizos Sociais.

Axudas

O Concello de Rois, en colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, formou este verán unha brigada para desenvolver ac cións combinadas de prevención e defensa contra incendios forestais. A este efecto, o Concello contratou cinco efectivos: un xefe de equipo, un peón condutor e tres peóns. A estes sumáronse dous condutores para a motobomba, en réxime de persoal la boral temporal. Desde agosto e ata fi nais de outubro realizaron tarefas de extinción e prevención de incendios.

A brigada de obras do Concello de Rois, formada por tres peóns de al banel e por un oficial de primeira, quedou constituída no mes de abril coa contratación de catro persoas ao abeiro do Programa PEL Reacti va 2021 da Deputación da Coruña para a execución de obras e servi zos municipais dos concellos de me nos de 20.000 habitantes. Ademais, o Concello contratou dous peóns medioambientais e un peón fores tal, este último dentro do programa APROL Rural da Xunta de Galicia.

Un total de 44 persoas autónomas e microempresas de Rois beneficiáronse do fondo de financiamento PEL-Reacti va do Plan de Emprego Local da Depu tación da Coruña para paliar o impacto económico e social ocasionado pola covid. En total, a Deputación outorgou subvencións por valor de 60.000 euros, das que o Concello se fixo cargo do 20 por cento. A maiores, o goberno local destinou 22.000 euros de fondos pro pios a completar esta liña de axudas en beneficio das solicitudes que quedaran sen asignación orzamentaria.

30 CONCELLO DE ROIS
Oito efectivos para a brigada contra incendios no verán
Brigada de obras, un peón forestal e dous medioambientais
para máis de 40 autónomos e microempresas

Formación dixital con Xuventude en acción

Odesenvolvemento de conti dos web para promocionar as mancomunidades de montes dos concellos de Terras de Iria, dos Camiños de Santiago e das rutas de sendeirismo deste territorio é un dos obxectivos que marca o equipo docente do obradoiro de emprego Xuventude en acción 2021 que pro moven os concellos de Rois, Padrón e Dodro e no que participan quince mozos e mozas. “Estádesvos forman do nunha especialidade con moita demanda de emprego. A confección

e publicación de páxinas web é o futuro nesta era dixital”, díxolle ao alumnado a xefa territorial da Conse llería de Emprego e Igualdade, Judit Fontela, durante a inauguración ofi cial en novembro. No acto de aper tura participaron tamén o alcalde de Rois, Ramón Tojo; de Padrón, Anto nio Fernández Angueira; e o tenente de alcalde de Dodro, Ramón Abuín. Tojo destacou o apoio económico da Xunta para pór en marcha o cuarto obradoiro de emprego que se orga niza en Rois para persoas mozas.

Xuventude en acción 2021 é un dos sete obradoiros de emprego de ga rantía xuvenil que se está a realizar na actualidade na provincia da Coru ña. Na comarca de Sar, toma o relevo de Xuventude en acción 2020, que rematou a finais de outubro logo de nove meses de aprendizaxe e traba llo nos que dez alumnas se formaron en confección e publicación de pá xinas web ao tempo que desenvol veron o sitio web terrasdeiria.com, iniciado polo alumnado do anterior obradoiro homónimo.

Obradoiro dual de emprego Comarca do Sar

Un total de 20 persoas participan no obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2021, un programa mixto de emprego e formación sub vencionado pola Consellería de Em prego e Igualdade, cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía social, e promovido polos concellos de Rois, Padrón e Dodro.

Cunha duración total de 9 meses, o alumnado traballador estase a for mar en dúas especialidades: activi dades auxiliares en conservación de

mellora de montes, por unha banda; e operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, pola outra. Al gunhas das actuacións que realizarán en Rois son o acondicionamento de parques infantís, das escolas unita rias, de locais sociais ou da contorna das instalacións polideportivas, así como a limpeza da biomasa e poda.

31 CONCELLO DE ROIS
Vinte persoas fórmanse nas especialidades de urbanización e conservación e mellora de montes

Instalan a caldeira de biomasa no edificio multiúsos

O edificio multiúsos mellorou a súa eficiencia enerxética coa instalación dunha caldeira de biomasa. Esta ac tuación contou cunha achega do Ins tituto Enerxético de Galicia (Inega) e con financiamento da Unión Euro pea, a través do programa operativo Feder. O investimento para a insta lación superou os 48.000 euros, dos que a Xunta achegou máis de 38.000, tal e como comprometeu o delegado do Goberno autonómico na Coruña, Gonzalo Trenor, nunha videoconfe rencia co alcalde de Rois.

Avalían a calidade do aire en Rois

A unidade móbil da Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Me dio Ambiente realizou medicións da calidade do aire en tres puntos próximos á destilería de Contimundi —ao carón do edificio multiúsos, xunto ao polideportivo dos Dices e na igrexa parroquial —, sen que se detectasen valores contaminantes.

Unanimidade no Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable

A Corporación de Rois aprobou en decembro de 2020 o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), elaborado polo Concello para mellorar a calidade de vida da cidadanía e loitar contra o cambio cli mático. Rois, que se sumou en 2017

ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía promovido pola UE, vén rea lizando diferentes accións orientadas ao aforro enerxético e á redución da emisión de CO² á atmosfera, como a colocación de luminarias led ou a ca lefacción con caldeiras de biomasa.

Escanea o código para acceder ao documento do PACES do Conce llo de Rois

Manter Rois limpo é responsabilidade de toda a veciñanza

O Concello de Rois apela á respon sabilidade da veciñanza para evitar os vertedoiros incontrolados. Pilas, móbiles, cartuchos de tinta, baterías, CD ou DVD deben depositarse nos contedores de Samil e A Calle. Estes dous puntos, así como O Sisto, te ñen tamén colectores para o aceite de cociña usado. Para a recollida de obxectos voluminosos hai que cha mar á planta de Servia (981 191 240) e ao Concello para os electrónicos.

Seira, baño seguro

A auga da praia fluvial de Seira ob tivo a cualificación de boa de cara á temporada de baño do verán 2021.

32 CONCELLO DE ROIS

O CD Rois fai memoria polo seu 25 aniversario

Cada domingo que o CD Rois xoga na casa esta temporada agasalla coas camisolas do equipo a aque las persoas que contribuíron a que puidese chegar aos 25 anos. É o seu xeito de homenaxear a quen foron os seus patrocinadores ao longo deste cuarto de século de existencia. O mé rito, ademais de manterse no tempo, é que o fixese de xeito ininterrompido e como club federado. Porque o cer to é que na parroquia de Seira houbo antes outros dous equipos. O primei ro foi o Rápido de San Lorenzo, club fundado a finais dos 60 que xogou na Liga de Sar e do que o Rois herda as cores vermella e negra. Despois, nos 80, chegou a SD Seira, que vestía de verde, a cor que o Rois presenta na súa segunda equipación.

Cando o CD Rois deu os seus primei ros pasos no ano 1996, o mestre don Roberto foi clase por clase animando os rapaces a xogar ao fútbol. Mentres, os membros da directiva ían chaman do porta por porta nas aldeas. Ramón Carou, o actual presidente, foi un de les. Ocupa o cargo dende o ano 2004. Sucedeu a Francisco Trigo (1999 e 2004) e este, á súa vez, a Luis López.

Os obstáculos daquela foron moitos. Que o campo leve por nome da Bra ña pode dar conta do seu estado. Non había luz, saía un fío de auga... e mes mo había que saír correndo comprar medias para poder xogar porque non as tiñan. Fundicións Souto e o Hotel Scala (hostal daquela) foron os primei ros patrocinadores e, por iso, recibiron

tamén a primeira homenaxe desta temporada. Non está de máis comen tar que a cada patrocinador se lle en trega a camiseta orixinal da súa época.

O espírito de base marcou o nace mento do Club Deportivo Rois. Na súa estrea tan só contaba con cate gorías inferiores, de alevín a xuvenil.

As celebracións inclúen un partido conmemorativo contra o Flavia, a actualización do escudo ou varias homenaxes

O equipo sénior non entrou en com petición ata o ano 2003. Aínda que é certo que un dos momentos máis gloriosos na historia do club se viviu cando este cadro logrou o ascenso a segunda autonómica no campo do Negreira no ano 2014, non podemos esquecernos de que o logrou con xo gadores da canteira.

Hoxe, o Rois conta cos equipos de bi berón, prebenxamín, benxamín, ale vín, infantil, cadete, xuvenil, sénior e veteranos e ten ao redor de 180 licen cias. O sénior, logo dunha primeira ex periencia efémera, volveu a segunda e loita pola permanencia con futbo listas do municipio e da comarca que naceron e medraron no club.

Ente os actos de conmemoración do 25 aniversario, o CD Rois organizou un trofeo que o enfrontou por primeira vez ao Flavia padronés, o equipo re ferente da comarca. Ademais, o club de Seira conta con darlle continuida de de cara á celebración das festas do Santo Isidro ao seu torneo de fútbol 8, que na última edición, disputada en 2019, atraeu conxuntos de biberóns e prebenxamíns das catro provincias galegas. Por outra banda, tamén se enmarca na efeméride a estrea dun escudo conmemorativo.

33 CONCELLO DE ROIS
DEPORTES

Campo de herba artificial para a SD Urdilde

sta temporada arrincou con estrea para a SD Urdilde. O pri meiro partido de liga, que a en frontou en outubro ao Cacheiras en Segunda Galicia grupo A de Santiago, serviu para presentar ante a afección o remodelado campo do Pino, que loce dende agora herba artificial. Os traballos de renovación do terreo de xogo supuxeron un investimento de 350.000 euros.

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, foi o encargado de facer o saque de hon ra deste encontro, que marcou toda unha efeméride para a SD Urdilde, un club modesto con trinta e un anos de historia. Ademais, antes de comezar o partido, o presidente do club, Iván Uzal, entregoulle ao rexedor unha camiseta co seu nome e unha placa de agradecemento polo apoio que o Concello lle está prestando ao club.

As melloras previstas polo goberno local para o campo do Pino van máis alá do céspede. O seguinte paso será substituír a actual iluminación da ins talación por luces led, o que permiti rá un considerable aforro enerxético.

O equipo da SD Urdilde que estreou o novo campo de fútbol do Pino es

tivo formado por Bahía, Álex, Curro, Lucas, Coqui, Jota, Grela, Adrián, Pa blo, Lucho e Mateo. Despois de ano e medio de parada por mor da co vid-19, foron moitos os afeccionados

que se achegaron a presenciar o en contro en directo e ademais tiveron a sorte de ser testemuñas do triunfo local grazas a un gol de penalti de Borja.

Emoción na Clásica de Pascua La Vuelta volveu a Rois

Á segunda foi a vencida e, logo de ser cancelada en maio por causa da covid, en agosto celebrouse a 59 edición da Clásica de Pascua. A proba, que pechou a Copa de España Elite-Sub 23, contou coa participación de 200 ciclistas de 25 equipos e tivo tres pasadas por Rois. O venezolano Ri cardo Zurita (Gsport) impúxose ao sprint en Padrón, por diante de Sergio Trueba e Josué Gómez.

Moitas persoas afeccionadas ao ciclismo de Rois só tiveron que saír á porta das súas casas para seguiren o desenlace da última etapa de La Vuelta a España. O domingo 5 de setem bro, a rolda española pechaba a súa 76 edición cunha contra o reloxo individual entre Padrón e Santiago, tal e como su cedera en 1993. O esloveno Primoz Roglic apuntou o triunfo para facerse coa súa terceira vitoria consecutiva na proba.

34 CONCELLO DE ROIS
E

Éxito de público e tempos na Andaina por parellas

Coas festas do Santo Isidro volveu a organizarse a andaina por pa rellas de Rois, que chegou á súa décimo terceira edición. O día des pexado contribuíu ao éxito da convo catoria, xa que foron preto de 300 as persoas que fixeron os 15 quilómetros de percorrido. Ademais, o día solleiro animounos a andar a bo ritmo e ba teuse o rexistro de mellores tempos.

A proba, organizada polo Colectivo Remonte e que se desenvolveu o sá bado 22 de maio, presentou un itine rario circular con saída e chegada no pavillón dos Dices.

A escasa dificultade do circuíto ani mou a saír andar a un público de to das as idades. Completaron o perco rrido dende unha pequena de cinco anos, que acudiu co seu pai, ata un avó de 85 anos, acompañado polo neto. Cabe subliñar a maioritaria pre senza de mulleres, ao redor dun 65%.

Campionatos e limpeza de ríos da man de Londra

Hai remuda xeracional. Demostrou se no campionato infantil que o Club Deportivo Londra celebrou en xullo e que congregou máis de 70 parti cipantes. Antes, en abril, os adultos desputaron o Social Lance. E os inte grantes de Londra tamén limparon os ríos Rois e Baleirón.

Regresa tamén a Bisbarra do Sar

Co desafío de cumprir os protoco los marcados pola covid, o calen dario deportivo recuperou tamén a Andaina Bisbarra do Sar. Unhas trescentas persoas apuntáronse a esta catorce edición e, ao longo dos 50 quilómetros de percorrido por

Dodro, Padrón e Rois, atravesaron enclaves como a Casa do Bispo de Seira. Este ano, e co obxectivo de facilitar a participación, establecé ronse tres bucles dentro do itine rario de 50 quilómetros para quen desexase reducir o traxecto.

35 CONCELLO DE ROIS
.

Prata para Xurxo Neo na súa estrea en 125cc

ada campionato no que participa Xurxo Neo é motivo de orgullo para Rois e, por iso, o Concello quixo renderlle homenaxe unha vez máis. Fíxoo entregándolle un trofeo tan só uns días despois de que o pi loto de Urdilde se proclamara sub campión de España de trial en cade te 125 cc, na que foi a súa primeira temporada nesta categoría.

Xurxo (Gas Gas) comezou a súa an daina esta campaña acadando un segundo posto na primeira proba do Campionato de España, disputada en Arteixo. Repetiu posición en Mor cín (Asturias) e quedou logo cuarto en Pobladura de las Regueras (León). Nesta localidade asinou tamén a súa primeira vitoria da temporada. Le sionado, foi sétimo en Olván (Catalu ña) e, por último, outra vez segundo en Aitana (Cataluña) para rematar o campionato cun total de 93 puntos na xeral e proclamarse subcampión de España. Quedou a 17 do catalán Nil Riera, primeiro clasificado.

O piloto de Urdilde, que milita nas filas do equipo Gas Gas, suma este subcampionato aos campionatos nacionais en xuvenís A e B nos dous anos anteriores. As súas miras están postas agora en dar o salto a júnior con maior cilindrada.

proclamouse vencedor da proba cun tempo de 1h.06:29 tras as tre ce series disputadas. Completaron o podio o catro veces campión de Es paña e subcampión do mundo en E3 Jaume Betriu, e o arxentino Nicolás Kutulas, que foi campión de España júnior Open no ano 2019.

Sergio Navarro, campión do mundo, gaña o IV Enduro Concello de Rois

O IV Enduro Concello de Rois convo cou os mellores pilotos do panorama nacional e afiánzase ano a ano como

unha das probas ineludibles do ca lendario. Sergio Navarro, campión do mundo na categoría Youth 2020,

Nunha competición pasada por auga e na que participaron máis dun cen to de pilotos, Roberto Magariños im púxose en E1. Juan José Vieites ven ceu na categoría E2, Andrea Vallejo liderou a clasificación feminina, Luis Montoya foi primeiro en Máster e A Peroxa dominou en sénior 2t e 4t.

36 CONCELLO DE ROIS
C

As actividades deportivas volven á normalidade

Escolas deportivas municipais e actividades físicas para persoas adultas superan este curso as 250 matrículas, o que demostra a confian za de familias e persoas participantes.

O baile moderno sumouse este ano ás disciplinas orientadas aos e ás es colares, que tamén poden practicar judo, ximnasia rítmica, patinaxe ar tística e, en liña, xadrez. As persoas adultas, pola súa parte, dispoñen de clases de pilates, ioga e zumba. A oferta deportiva municipal complé tase con ximnasia de mantemento para maiores de 55 anos no Codeso (Ermedelo), en Urdilde e no Sisto (Ri basar).

A normalidade foi a nota dominante neste primeiro trimestre de curso, logo de que o ano pasado as clases

Actividade física saudable coa Asociación Amipa

Técnicos do Concello supervisan dúas horas de actividade física á se mana con persoas con discapacida de intelectual da Asociación Amipa. As actividades, que se desenvolven luns e mércores, inclúen xogos po pulares, camiñatas ou ximnasia.

Escanea o código para ver o vídeo con todas as fotos das escolas deportivas

tiveran que suspenderse poucos días despois de comezar. Non obstante, continuaron impartíndose en liña aquelas que permitían ofrecer un mí nimo de calidade a través de Internet. Adaptándose aos protocolos covid, a presencialidade das escolas depor

tivas e as actividades para persoas adultas puido recuperarse en abril, á volta das vacacións de Semana Santa. Para poder facelo, reestru turáronse os grupos, que pasaron a ser nese momento de só catro per soas e o monitor ou monitora.

37 CONCELLO DE ROIS

Acceso gratuíto á piscina de Senra durante o verán

Entre o sábado 26 de xuño e o do mingo 5 de setembro, a piscina de Senra, en Augasantas, estivo aberta cada tarde para desfrute de toda a veciñanza. A entrada era libre e gra tuíta, aínda que por mor da covid o aforo limitouse ao 65 por cento de capacidade das instalacións, o que permitía acceder como máximo a 101 persoas ao mesmo tempo. A oferta de baño completábase coa praia fluvial de Seira.

Zumba solidaria coa 'masterclass' a favor de Cáritas

Arredor de medio cento de persoas participaron na clase maxistral solida ria de zumba celebrada en outubro no pavillón polideportivo de Urdilde. Ara celi Losada Figueira e Paula Rodríguez González marcaron o ritmo dunha se sión que contou coa colaboración do Estanco Urdilde, BrionMotor, o Con cello de Rois e Frutas Gelina. Os ali mentos, xoguetes e roupa que se re colleron fóronlle entregados a Cáritas.

Campións de xadrez en liña David Navarro visita o cole

Pablo Abaña García é o nome do pequeno que quedou como primeiro clasificado local no I Torneo de Xadrez en Liña de Nadal de Rois, que tivo lugar os días 28 e 30 de decembro do pasado ano coa participación dun total de 24 nenas e nenos da contorna. Na clasificación absoluta proclamouse campión Iago Fernández Ramos, de Noia. Os trofeos enviáronselles por correo por mor da covid.

David Navarro, ex xogador de baloncesto e escritor, visitou o alumnado do CEIP O Pumar para presentarlle o seu libro O soño de Liam. David, que xogou na ACB co Obradoiro, o Valencia, o Andorra e o Valladolid, compartiu con nenas e nenos varios xogos de baloncesto e respondeu a todas as súas preguntas. O CEIP O Pumar regaloulle un chaveiro para que tivese un recordo do seu paso polo colexio de Urdilde.

38 CONCELLO DE ROIS
39 CONCELLO DE ROIS MANTÉN O CONCELLO LIMPO É RESPONSABILIDADE DE TODOS E DE TODAS Lorem ipsum así SI Obxectos voluminosos Chama á planta de reciclaxe de Servia para que os vaian recoller • 981 191 240 • 639 107 638 O día acordado coa empresa deposita o material xunto aos colectores do lixo. Aceite de cociña usado Garda o aceite nun envase de plástico e bótao nun dos 3 colectores que temos: • Samil (Oín) • A Calle (Urdilde) • O Sisto (Ribasar) Minipuntos limpos Pilas, móbiles, CD, DVD, lámpadas de baixo consumo, cartuchos de tinta, baterías... Deposítaos nos colectores de • Samil (Oín) • A Calle (Urdilde) Material electrónico Chama ás oficinas municipais • 981 804 109 Dende o Concello, e previo aviso, faise a recollida porta a porta o terceiro martes do mes. así NON Se ves un vertedoiro incontrolado, DENÚNCIAO 981 804 109

Rois no Camiño de Santiago

Camiño Portugués ao seu paso por Angueira de Castro

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.