Veran2015

Page 1

A estirpe do dragón abre unha nova xeira na apaixonante serie protagonizada polo dragón galego. Coma o anxo expulsado do paraíso, Hadrián loita por recobrar os poderes perdidos na cripta de Dragal. aparición de pequenas escamas é só o principio da mutación que experimentan os membros da Fraternidade.

O Sangue do Olimpo é o quinto e último libro da saga dos Heroes do Olimpo, escrita por Rick Riordan. O título fai referencia ao final do anterior libro, onde se menciona que Gea necesita do sangue do Olimpo (dous semideuses: un home e unha muller) para espertar do seu soño, e posuír un corpo Valeria acábase de trasladar a Madrid tras a separación dos seus pais. No seu novo instituto, asiste con outros compañeiros de clase a unhas reunións co orientador. Isto, que ao principio lle pareceu fastidioso, acabouse convertendo nunha valiosa experiencia vital. Novas amizades, unha cidade chea de posibilidades ou o primeiro amor cambiarán para sempre a vida do grupo de amigos.

Este coidado e sutil volume, reúne os versos de Lorca máis próximos á canción popular, o poema musical e o xogo infantil. . Esta selección de textos, apóiase nas espléndidas ilustracións de Gabriel Pacheco.

El día menos pensado te encuentran cosido a besos. micropoemas ajo

O poemario, de innovadora linguaxe poética, susúrranos ao oído a maxia e a brutalidade que se agocha en algo tan especial como é a maternidade.

David Daniel Álvarez e Julia Díaz Garrido dende a editorial Kalandraka preséntannos un álbum ilustrado protagonizado por paxaros humanizados.

Unha historia sobre unha tribo moi singular onde as bonobas andan ocupadísimas para que eles coman e pasen o día sen nada que facer. Tanto traballaban que non tiñan dereito a aprender... o que aprendían con só escoitar. Pero, iso si, sen dereitos. E como todo cansa, as bonobas decidiron reberlarse e cambiar de vida.

Salamandra Graphic publica a adaptación á novela gráfica de Suite francesa de Irene Nemirowsky. Está asinado polo recoñecido guionista e debuxante francés Emmanuel Moynot.Neste caso, Moynot elixiu a parte primeira da novela, na que se narra o éxodo de París nos días posteriores á invasión alemá.


En pouco máis de vinte minutos, no medio dun cemiterio deserto, as lembranzas selectivas do amor de Sara e de Lucía eríxense na particular despedida que lle tributan a Ismael.

César Pérez Gellida irrompeu con forza no mundo editorial con Memento mori. Constituía a primeira parte da triloxía "Versos, cancións e trocitos de carne", que continuou con Dies irae e que se pecha agora con Consumatum est»

Conta a historia íntima dun matrimonio de moitos anos, narrada pola súa nova testemuña cando este é xa un home maduro. Juan de Vere acaba de finalizar os seus estudos e atopa o seu primeiro emprego como secretario persoal de Eduardo Muriel, un outrora exitoso director de cinema, no Madrid de 1980

Dous mozos ­Especial e Míster X­ están namorados, pero o seu amor é secreto. Ao longo da historia, os dous tentarán dar resposta á pregunta que dá nome ao libro a través das súas reflexións e a explicación das súas vivencias.

Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno... Ouvirmos lanza ao mercado a colección 'Cociña infantil e familiar'. Cada volume inclúe 20 receitas realizadas con ingredientes básicos. Recomendamos o dedicado aos xeados neste tempo de verán

Biblioteca IES

Ribeira do Louro


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.