Pelis

Page 1

Narra a historia de Margaret e Walter Keane. Nos anos 50 e 60 do século pasado, tiveron un éxito enorme os cadros que representaban nenos de grandes ollos. A autora era Margaret, pero asinábaos Walter, o seu marido, porque, ao parecer, el era moi hábil para a mercadotecnia. Para Pierre Brochant e os seus amigos o mércores é o día dos idiotas. A idea é simple: cada un debe levar como convidado o maior idiota que encontre. O gañador será o que leve á cea ao idiota máis espectacular. Esa noite, Brochant está pletórico: encontrou unha auténtica xoia. Un idiota consumado. François Pignon, un chupatintas do Ministerio de Finanzas, é un home apaixonado polas súas construcións feitas a base de mistos. O que Brochant ignora é que Pignon é un auténtico gafe, un mestre na arte de provocar catástrofes.

Maggie (Melissa McCarthy) é unha nai separada que se muda a Brooklyn co seu fillo de 12 anos, Oliver (Jaeden Lieberher). Ao ter que traballar moitas horas, non lle queda máis opción que deixar a Oliver ao cargo do seu novo veciño, Vincent (Bill Murray), un xubilado cascarrabias afeccionado ao alcohol e ás apostas. Pronto, unha peculiar amizade florece entre eles. Xunto a unha stripper embarazada chamada Daka (Naomi Watts), Vincent conduce o rapaz por todas as paradas que conforman a súa rutina diaria: as carreiras de cabalos, o club de streap­tease, e o seu bar habitual. Pero mentres Vincent cre que axuda a Oliver a facerse un home, este comeza a ver no vello rosmón algo que ninguén máis ve: un home incomprendido de bo corazón.

Biblioteca IES Ribeira do Louro


Valeria (Charlotte Vega) acábase de trasladar a Madrid tras a separación dos seus pais. No seu novo instituto, asiste con outros compañeiros de clase a unhas reunións co orientador. Isto, que ao principio lle pareceu molesto, acabouse convertendo nunha valiosa experiencia vital. Novas amizades, unha cidade chea de posibilidades ou o primeiro amor cambiarán para sempre a vida do grupo de amigos.

Biopic sobre o matemático británico Alan Turing, famoso por ter descifrado os códigos secretos nazis contidos na máquina Enigma, o cal determinou o devir da II Guerra Mundial (1939­1945) en favor dos Aliados. Lonxe de ser admirado como un heroe, Turing foi acusado e xulgado pola súa condición de homosexual en 1952.

Biografía da filósofa xudeu­alemá Hannah Arendt, discípula de Heidegger, que traballou como xornalista no xuízo a Adolf Eichmann, o nazi que organizou o xenocidio do pobo xudeu durante a II Guerra Mundial, coñecida por "a solución final"

Adaptación da novela histórica homónima de Noah Gordon que se converteu nun best­seller en 1986. Ambientada en Inglaterra, no século XI, narra a historia de Rob Cole (Tom Payne), un mozo que queda orfo ao morrer a súa nai, vítima dunha estraña enfermidade. Esta circunstancia anímao a irse a Persia a estudar medicina baixo a tutela do sabio doutor Ibn Sina (Ben Kingsley).

Kolia vive nun pequeno pobo á beira do mar de Barents, ao norte de Rusia. Ten un taller de mecánica ao lado da súa casa, onde vive coa súa nova esposa e o seu fillo, froito dunha relación anterior. O alcalde do pobo está decidido a apropiarse da casa e do taller de Kolia custe o que custe. Primeiro intenta comprar o terreo, pero Kolia non está disposto a vender. Despois de facerse famoso interpretando no cine un célebre superheroe, a estrela Riggan Thomson (Michael Keaton) trata de dar un novo rumbo á súa vida, loitando contra o seu ego, recuperando a súa familia e preparándose para a estrea dunha obra teatral en Broadway que o reafirme no seu prestixio profesional como actor.

Narra a relación entre o célebre astrofísico Stephen Hawking e a súa primeira muller, Jane, dende que ambos os dous se coñeceron sendo estudantes na Universidade de Cambridge a principios dos 60 e ao longo de 25 anos, especialmente na súa loita xuntos contra a enfermidade dexenerativa que prostrou ao famoso científico nunha cadeira de rodas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.