Traballo de investigación, realizado polo alumnado de 4ºC, do CEIP López Ferreiro.

Page 1

Martina Otero Pérez Julia González Míguez Maio, 2020-2021 4º C


Introducción ........................................................................................................................3 Definición de fonte...............................................................................................................3 Historias das fontes ..............................................................................................................3 Fonte dos Cabalos ...............................................................................................................3 Fonte da praza de Fonseca....................................................................................................3 Fontes da Alameda...............................................................................................................4 Fonte do Miradoiro do Paseo dos Leóns ................................................................................4 Fonte do paseo central .........................................................................................................4 Fonte da cuncha...................................................................................................................5 Fonte de San Clemente.........................................................................................................6 Fonte de Altamira ................................................................................................................6 Fonte de Cervantes ..............................................................................................................7 Fonte do toural ....................................................................................................................8 Por que se inventaron as fontes ............................................................................................9

P á g i n a 2 | 10


INTRODUCCIÓN Neste traballo , imos documentarnos máis sobre as fontes de Santiago. Onde se atopan, a súa estructura, a súa historia, etc. E introducirnos un pouco máis sobre os monumentos culturales da nosa cidade, e á vez ir coñecendo unha pequena parte da cultura da nosa Comunidade Autónoma.

DEFINICIÓN DE FONTE 1. Lugar onde mana auga, que pode proceder dunha corrente subterránea natural ou ser conducida artificialmente. 2. Construción cun ou varios canos polos que mana a auga.

HISTORIAS DAS FONTES Fonte dos Cabalos Esta formada por catro figuras de cabalos marinos botando auga pola boca. A figura dunha muller alzase entre eles sostindo a estrella de Compostela, símbolo da Luz que indicou a Tedeomiro a ubicación do sepulcro de Santiago. Ten un fermoso estilo Italiano e a súa silueta inspirou algún versos hata o mismísimo Federico García Lorca, que a chamou a fonte do soño no seu poema Danza da lúa en Santiago.

Fonte da praza de Fonseca Esta fonte de estilo barroco está situada na actualidade no centro do xardín construido en 1886 na Praza de Fonseca, dentro do Casco Histórico da cidade de Santiago de Compostela. Este espazo axardinado situase ante a entrada principal do Colexio de Fonseca, sede da universidade Compostelá dende XVI. Esta fonte foi creada para ornamentar unha finca de recreo do Conde de Priegue. Cara 1759, o conde cedeu a fonte xunto co xardín de recreo ás monxas carmelitas para construir o seu primeiro espazo en Santiago, o Convento do Carme de Arriba, situado fronte o Convento de Santa Clara.

P á g i n a 3 | 10


Fontes da Alameda Fonte do Miradoiro do Paseo dos Leóns A Fonte do Miradoiro do Paseo dos Leóns está formada por unha peza de pedra en forma de cunca galonada, lobulada ou en cuarteiróns como media laranxa, que descansa directamente sobre unha base formada por unha estrutura circular de pedra, que serve como pía secundaria para a acumulación da auga formando unha especie de pequeno estanque rodeado dun pequeno xardín con dicksonias e planta de tempada. A cunca que forma esta fonte lembra á antiga Fonte do Paraíso ou de Santiago, que era o símbolo da fin do Camiño, xa que estaba situada nalgún lugar do atrio norte da Catedral, o antigo Paradisus medieval.

Fonte do paseo central Está formada por tres pías circulares superpostas, que van estreitando a medida que aumenta en altura para darlle ao conxunto unha sinxela forma cónica. Esta configuración achégalle unha gran sobriedade estilística, rematada por un sinxelo fuste cun piñón oxival na parte superior sostendo dúas cuncas. Deste pináculo mana a auga que vai caendo progresivamente dun nivel a outro até a base.

P á g i n a 4 | 10


A súa monumentalidade radica tanto no seu gran tamaño coma na súa localización, presidindo o eixo de perspectiva dos paseos da Alameda. Contribúen a destacar a monumentalidade da fonte tanto as escaleiras semicirculares que a rodean como a vexetación, formada por especies nas que destaca a floración primaveral, como son as buganvíleas e os xasmíns de San Xosé, rubideiras presentes no balaústre da escaleira, e as flores de tempada que se sitúan no pequeno xardín da parte baixa.

Fonte da cuncha A Fonte da Cuncha do Parque da Alameda está formada por unha peza de pedra en forma de cunca galonada, lobulada ou en cuarteiróns como media laranxa, que descansa directamente sobre unha base formada por unha estrutura circular de pedra, que serve como pía secundaria para a acumulación da auga, formando unha especie de pequeno estanque. Hoxe en día esta fonte trasladouse a este emprazamento no Campo da Estrela, mentres que colocouse outra similar en substitución no miradoiro, coa pía de menor tamaño e un pequeno xardín con dicksonias e planta de tempada rodeando o estanque inferior.

P á g i n a 5 | 10


Fonte de San Clemente Fonte de trazado plateresco realizada en granito. Está formada por grande un pía circular que se enche coa auga que mana do corpo vertical da parte central, formado por un fuste rematado en bóla sobre o que se sitúa un corpo circular con catro rostros tallados en altorrelevo dos que sae a auga a xeito de gárgolas. Estes catro canos antropomorfos desaugan nunha pequena pía circular de talle sinxelo, provista á súa vez de catro canos na súa parte inferior, que conducen a auga á gran base. Amosa no derradeiro corpo tres pequenos medallóns. Un deles ten gravada no seu interior unha torre ardendo na que, dende a porta e as xanelas, asoman as lapas. O segundo ostenta a cruz de Calatrava. E o derradeiro -bastante deteriorado- o que parece ser un áncora. Estes tres símbolos son os mesmos que poden verse no escudo familiar do Arcebispo Juan de San Clemente, que forma parte da decoración da fachada do edificio, pegada indiscutible noutro tempo dos propietarios da fonte. A súa ampla pía inferior permitía dar de beber directamente ás cabalgaduras e aos animais que eran conducidos cara ao Outeiro de Santa Susana, onde se celebraba o mercado de gando até os anos 70 de século XX. Tamén permitía encher cubos con auga rapidamente para actuar en caso de incendio dalgunha das vivendas da cidade.

Fonte de Altamira Fonte circular realizada en mármore branco e de carácter ornamental. Ten na súa base unha pía circular de dimensións 320x60 centímetros, para a recollida final da auga, que mana da parte superior que vai estreitando progresivamente. A altura do centro da fonte é duns 350 centímetros. De traza elegante mais sobria na súa decoración, está constituída por unha pía circular e unha columna rematada nunha pequena cunca con catro medallóns gravados na base, tres deles sen relevo ningún e o cuarto co cáliz e as sete cruces, emblema inconfundible do escudo de Galicia. É a única fonte de mármore da cidade e case a única obra realizada neste material xa que é moito máis frecuente a utilización do granito autóctono nas mostras artísticas compostelás. A súa cor branca faina destacar entre a abundante vexetación do seu ámbito, protagonizado polos xinkgos que a flanquean.

P á g i n a 6 | 10


Fonte de Cervantes A documentación indica que xa existía unha fonte a comezos do século XV na Praza de Cervantes. A fonte presidía o espazo diante da Igrexa de San Bieito do Campo, unha praza que antigamente se coñecía como Praza do Campo ou do Pan, porque alí se facían as transaccións de pan e de trigo. A actual Praza de Cervantes era un importante lugar de reunión na cidade de Santiago. Aquí realizábase o mercado, os pregóns e os acontecementos públicos cidadás de Compostela. Ademais contaba coa Casa do Consistorio dende 1686, consolidándose como lugar de reunión, centro administrativo, comercial, político e civil de Santiago. Tamén é o acceso para os peregrinos que acoden á Catedral dende o Camiño Francés e Inglés. A primeira noticia sobre a existencia dunha fonte nese lugar aparece en 1418. Durante o século XVI existen numerosas testemuñas sobre as avarías sufridas e disputas entre os veciños pola súa auga. Os documentos falan dunha fonte que tiña un gran pío circular no que se situaba unha árbore central vertical na que se atopaban un segundo pío e catro canos, rematada por unha esfera. En 1838 sacouse a concurso a construción dunha nova fonte monumental conmemorando á figura de Miguel de Cervantes, en base a criterios decimonónicos no referente ao tamaño, temática ornamental e estilo, cando as fontes converteranse en moitas ocasións en monumentos conmemorativos de personaxes históricos. Os monólitos, columnas e obeliscos clásicos recupéranse para estas novas construcións. Debido aos altos custos de construción, a obra non se levou a cabo até 1840, a raíz do cal o Concello muda o antigo nome da praza polo que ten hoxe en día, a pesares de que non se comeza a denominar como Praza de Cervantes nos documentos até moito despois. A auga procede do manancial da Fonte Branca, situado no norte da cidade, conducida á cidade polo sistema de abastecemento medieval que, a través de canos e acuedutos, traían a auga cara San Roque e a cisterna de San Miguel. A condución que pasaba pola Praza do Campo continuaba mediante unha tubaxe cara o Preguntoiro, e dende alí até a Porta da Mámoa.

P á g i n a 7 | 10


Fonte do toural A ampliación do sistema de traída de augas de Xelmírez cara a praza de Mazarelos en 1585 para fornecer a esta zona, bastante desabastecida antes da fundación do Colexio da Compañía de Xesús na praza, beneficiaría ao Convento de Mercedarias, Á Fonte de San Antonio e á futura Fonte do Toural. Sitúase no centro da Paza do Toural de Faxeiras, un espazo con forma de trapecio irregular que resulta ser un dos espazos públicos máis concorridos de Compostela. Mándase construír polo Concello no ano 1820 seguindo as trazas do arquitecto municipal Agustín Trasmonte. Fonte monumental de tanque cúbico no que, en lugar de levantarse a tradicional árbore central propia das fontes de chafariz, estilo preponderante nas fontes ornamentais de Santiago, neste caso aparece un pedestal cuadrangular. Esta base ten unha ornamentación moi sobria e nela están situados os catro canos, un en cada unha das súas caras. Esta fonte ten un carácter especial, xa que conmemora o alzamento liberal de Rafael Riego en San Fernando no ano 1820, proclamando a restauración da Constitución de Cádiz. Neste alzamento formou parte o xeneral galego Antonio Quiroga Hermida, quen aparecía representado nesta fonte por medio dunha escultura. Esta escultura foi substituída en 1948 por unha simple ánfora de pedra, decorada coa tradicional venera xacobea, mentes que a figura do xeneral foi gardada nos almacéns do Concello. Esta remodelación foi levada a cabo por Pons Sorolla e responde a motivacións políticas. Non se conservan deseños nin planos da fonte, mais aparece frecuentemente nas fotografías antigas, coa estatua cuberta de albaialde figurando mármore, igual que se fixo co busto de Miguel de Cervantes na fonte da súa praza. O arquitecto do Consorcio responsable do proxecto, Xosé Allegue Fernández, sinalaba que ademais da restauración, buscábase a recuperación da súa funcionalidade, conservación e posta en valor destas construcións hidráulicas. Nestas obras de mellora de 2013 desatascáronse os canos, restauráronse as barras de ferro que facían de asento aos contedores de auga e limpouse a ánfora decorativa. Tamén fíxose unha

P á g i n a 8 | 10


limpeza química xeral de musgos, algas e outra sucidade, e reparouse o sistema de baleirado e rebordo. As diferentes intervencións complétanse co deseño dunha estratexia de mantemento, limpeza e conservación axeitada das fontes. Nesta liña, restableceuse o abastecemento da rede histórica onde foi posible, nas fontes con manancial propio revisouse a captación e comprobáronse as fugas, mentres que nas fontes ornamentais deseñouse un sistema de filtrado e recirculación para evitar un consumo innecesario de auga.

POR QUE SE INVENTARON AS FONTES Dende a súa orixe na antigüidade, as cidades tiveron que contar con puntos de abastecemento de auga para que os seus habitantes contasen con ela tanto para beber como para as necesidades hixiénicas. Tiñan unha grande importancia, polo que deseguida adoptaron unha dobre función na que o seu utilitarismo como punto de abastecemento complementouse co seu uso como elemento ornamental. Deste xeito as fontes pasaron de ser simples estruturas funcionais, para ser consideradas monumentos públicos que contribuían ao ornato urbanístico. Nas cidades grecorromanas deseñouse un modelo de fonte pública que combinaba a función de surtidor e estanque para servir auga, coa de elemento urbano referencial. Realizáronse fontes nas que a auga xurdía da boca dun animal, dunha furna, dunha ninfa ou dunha ánfora sostida por un neno, sendo recollida nunha pía decorada. Durante a Idade Media, os deseños das fontes monumentais continúan a súa evolución como mostra da expresión artística, desenvolvendo as tipoloxías que se irán constituíndo no Renacemento e no Barroco. A cidade monumental de Compostela conserva un urbanismo alto-medieval protagonizado pola basílica do Apóstolo, a partir da cal dispóñense as rúas e prazas. Case todas estes espazos abertos nos que se desenvolve a vida urbana contan cunha fonte pública no seu centro que artella o espazo.

P á g i n a 9 | 10


As fontes monumentais soen seguir dúas tipoloxías que se foron constituíndo ao longo dos séculos. A primeira delas está configurada por unha arquitectura mural na que se insiren os elementos da fonte, mentres que a segunda ten unha composición baseada no pío circular, en ocasións poligonal ou lobulado, sobre o que se erguía unha árbore central na que se situaban os canos e os depósitos secundarios de auga, dispostos segundo o eixo de simetría. A auga elévase até o surtidor, colocado no remate superior do conxunto, para ir caendo a través dos diferentes elementos decorativos que conforman a fonte.

Anexo: Plaza de Cervantes A praza de Cervantes era coñecida no século XII como o "Foro", xa que era un punto de encontro popular e o lugar onde o pregón lía os acordos municipais e as ordenanzas arcebispais. Debido a esta vocación divulgativa, unha das súas rúas, de importante actividade comercial, chámase “do interrotoiro”. Está na esquina do edificio levantado en 1682 para o antigo Concello, que ocupou o lugar durante 200 anos, desde 1583 ata o seu traslado en 1787 ao Palacio de Raxoi. Hoxe é o único edificio municipal barroco que se conserva intacto en Galicia. Unha restauración interior permitiu identificar os antigos notarios, o oratorio, o arquivo e os calabozos: sábese que se realizaron autos-da-fé na praza durante a época da Inquisición e que o pergamiño ou a columna ao seu redor localizouse alí ata 1570. ao que se dispensou xustiza e cuxo pé ergueu a forca. A columna proviña de presidir as execucións no monte da Almáciga e dirixiuse á Carballeira de Santa Susana, de onde desapareceu no século XIX.

Máis tarde, ao especializarse na venda de alimentos e mercadorías, o espazo adquiriu o nome de "Praza do Campo" e a categoría principal do mercado. Isto explica tamén o nome da igrexa de San Bieito do Campo, cuxas liñas neoclásicas actuais non suxiren que a fundación remonte ao século X.

P á g i n a 10 | 10


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.