EMPRÉSTITO AUTOMATIZADO NA BIBLIOTECA DE LULU

Page 1

EMPRÉSTITO AUTOMATIZADO GUÍA PARA RESERVAR O MATERIAL NA BIBLIOTECA DO CEIP LÓPEZ FERREIRO.


Como profesor ou profesora, tes un número na biblioteca. Con el, podes retirar tres fondos nun prazo de quince días renovables. Tamén hai un número para cada clase. Neste caso, pódense retirar ata 30 fondos durante quince días. O teu alumnado, durante o recreo, ten a posibilidade de levar dous fondos en préstamo.


Para reservar, vaite ao ordenador principal. Preme na icona.

Pedirache un usuario e un contrasinal.


Debes escribir isto:  Código

usuario: ADMIN (en maiúsculas)

 Contrasinal:

ADMIN01


Preme na pestana “circulación”. Comprobarás que automaticamente aparece “préstamos/devolucións”. Preme aí.


E chega o momento de completar. 

Número de lector: indica o teu número ou o da túa clase. Se non te acordas, consulta na carpeta.

En rexistro, escribe o número que aparece na primeira folla ou na segunda. Se premes en “Título” debería aparecer o título do libro.

Na parte inferior, aparece automaticamente cando hai que devolvelo.

Preme en aceptar e xa está.


Pode haber libros que non vos deixe reservar, pois en principio eran para usar unicamente na biblioteca. Se os deixades sobre a mesa dos ordenadores, identificados co curso que desexa levalos, o Equipo da biblioteca arranxará o problema e avisaravos para recollelos.


Un último favor… Pola seguridade de todas e de todos, non vos esquezades de asinar na listaxe da biblioteca. En caso de que xurda algún abrollo no centro, pode rastrexarse o seu paso pola biblioteca.


E para a devolución… 

Pousade a caixa da biblioteca (que se vos entregará a cada aula) sobre a mesa que está ao carón da porta da biblioteca.

O Equipo da biblioteca encargarase da súa devolución e de colocar o contido nos andeis.

Se necesitades ter os fondos durante máis tempo do establecido, non hai problema; pero procurade respectar os prazos para que toda a comunidade educativa poida facer uso do material da biblioteca.


Graciñas pola colaboración.

Equipo de dinamización da biblioteca. www.bibliolulul.blogspot.com www.lulunasondas.blogspot.com


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.