1 minute read

Fonte da cuncha

A súa monumentalidade radica tanto no seu gran tamaño coma na súa localización, presidindo o eixo de perspectiva dos paseos da Alameda. Contribúen a destacar a monumentalidade da fonte tanto as escaleiras semicirculares que a rodean como a vexetación, formada por especies nas que destaca a floración primaveral, como son as buganvíleas e os xasmíns de San Xosé, rubideiras presentes no balaústre da escaleira, e as flores de tempada que se sitúan no pequeno xardín da parte baixa.

Fonte da cuncha

Advertisement

A Fonte da Cuncha do Parque da Alameda está formada por unha peza de pedra en forma de cunca galonada, lobulada ou en cuarteiróns como media laranxa, que descansa directamente sobre unha base formada por unha estrutura circular de pedra, que serve como pía secundaria para a acumulación da auga, formando unha especie de pequeno estanque.

Hoxe en día esta fonte trasladouse a este emprazamento no Campo da Estrela, mentres que colocouse outra similar en substitución no miradoiro, coa pía de menor tamaño e un pequeno xardín con dicksonias e planta de tempada rodeando o estanque inferior.

P á g i n a 5 | 10