COMO INDICAR AS FONTES CONSULTADAS

Page 1

Como indicar as fontes consultadas Para a realización dun traballo escrito, debes consultar e contrastar a información de diversos materiais: libros de referencia, páxinas de Internet, revistas, imaxes, blogs… Para coñecer como sinalar esas fontes, fíxate nos esquemas seguintes.


LIBROS : - APELIDOS (en maiúscula), inicial nome (ano). Título en cursiva e subliñado. Lugar da publicación e editorial.

•PÊGO, A (2020): Plasticus maritimus, unha especie invasora. Pontevedra. Ed.Kalandraka.


Revistas: Título da revista en cursiva e con comiñas (ano). Identificación do fascículo con data e número. Lugar de publicación: editorial.

“Escribo. Cuaderno de expresión escrita” (2014). Número 1. Zaragoza: Luís Vives.


PÁXINA WEB: AUTOR/-A OU ENTIDADE. Título en cursiva. <URL> [Consulta:data] VIAGENS & MIÚDOS: Lendas de Portugal para contar aos miúdos. < https://www.viagensemiudos.pt/lendas-de-portuga l/>. [Consulta: 28 de decembro de 2020]


BLOGS:

(Igual que un artigo de Internet. Polo tanto consulta a diapositiva anterior). GALLEGO, L. “Próximamente: Laura Gallego.“ <https://www.lauragallego.com/>. [Consulta: 2 de xaneiro de 2021]


IMAXES.

ALGÚNS BANCOS DE IMAXES PARA USAR LIBREMENTE:

• Flickr creative commons: banco de imaxes baixo as diversas tipoloxías de Creative Commons. • Pixabay: banco de imaxes e vídeos publicados libres de dereitos de autor, baixo a licenza Creative Commons CC0. • Unsplash: banco de imaxes publicadas libres de dereitos de autor, baixo a licenza Creative Commons CC0. • freedigitalphotos.net: non hai que rexistrarse, pero as imaxes son de menor calidade.

AUTOR, título, imaxe tomada de ______: <URL>. Data de actualización.

TOEYTOEY, "Blast Cells In Peripheral Blood Images" , imaxe tomada de freedigitalphotos.net <http://www.freedigitalphot os.net/images/blast-cellsin-peripheral-bloodimages-photo-p475090>. 11 de octubre de 2016


E non esquezas…

• Tanto a bibliografía como a webgrafía deben aparecer por orde alfabética. • Se citas textualmente, hai que facer unha chamada e na mesma páxina sinalar de onde se copiou e mais a páxina.


E recorda, que cando citas axeitadamente, ademais de cumprir coa legalidade, estás amosando o respecto polo traballo doutras persoas.

Boas tarefas!!

Equipo de dinamización da biblioteca. CEIP López Ferreiro. www.bibliolulu.blogspot.com

• Bibliografía y webgrafía: https://es.scribd.com/document/395145700/4-Bibliografia-y-Webgrafia [Consulta, 2 de xaneiro de 2021] • UPV. Cómo citar la bibliografía en los trabajos académicos. <http://mpison.webs.upv.es/investigacion_aplicada/textos/como_citar_upv.pdf>.[Consulta: 3 de marzo de 2019]


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.