1 minute read

Fonte de Cervantes

A documentación indica que xa existía unha fonte a comezos do século XV na Praza de Cervantes. A fonte presidía o espazo diante da Igrexa de San Bieito do Campo, unha praza que antigamente se coñecía como Praza do Campo ou do Pan, porque alí se facían as transaccións de pan e de trigo.

A actual Praza de Cervantes era un importante lugar de reunión na cidade de Santiago. Aquí realizábase o mercado, os pregóns e os acontecementos públicos cidadás de Compostela. Ademais contaba coa Casa do Consistorio dende 1686, consolidándose como lugar de reunión, centro administrativo, comercial, político e civil de Santiago. Tamén é o acceso para os peregrinos que acoden á Catedral dende o Camiño Francés e Inglés.

Advertisement

A primeira noticia sobre a existencia dunha fonte nese lugar aparece en 1418. Durante o século XVI existen numerosas testemuñas sobre as avarías sufridas e disputas entre os veciños pola súa auga. Os documentos falan dunha fonte que tiña un gran pío circular no que se situaba unha árbore central vertical na que se atopaban un segundo pío e catro canos, rematada por unha esfera.

En 1838 sacouse a concurso a construción dunha nova fonte monumental conmemorando á figura de Miguel de Cervantes, en base a criterios decimonónicos no referente ao tamaño, temática ornamental e estilo, cando as fontes converteranse en moitas ocasións en monumentos conmemorativos de personaxes históricos. Os monólitos, columnas e obeliscos clásicos recupéranse para estas novas construcións.

Debido aos altos custos de construción, a obra non se levou a cabo até 1840, a raíz do cal o Concello muda o antigo nome da praza polo que ten hoxe en día, a pesares de que non se comeza a denominar como Praza de Cervantes nos documentos até moito despois.

A auga procede do manancial da Fonte Branca, situado no norte da cidade, conducida á cidade polo sistema de abastecemento medieval que, a través de canos e acuedutos, traían a auga cara San Roque e a cisterna de San Miguel. A condución que pasaba pola Praza do Campo continuaba mediante unha tubaxe cara o Preguntoiro, e dende alí até a Porta da Mámoa. P á g i n a 7 | 10