Agosto 2011 - BXV

Page 6

BARRIOS Agosto de 2011

VERÍN E COMARCA

A ampliación do parque empresarial de Pazos obriga a expropiar 111 fincas 4 O 5 de setembro comeza no Concello de Verín o levantamento das actas previas á ocupación dos terreos. Redacción O 5 de setembro comeza no Concello de Verín o levantamento das actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo obras de desenvolvemento do parque empresarial de Pazos, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG). A casa consistorial verinesa acollerá os días 5, 6 e 14 de setembro as reunións entre técnicos e afectados polas expropiacións. A lista completa de fincas a expropiar e os donos aos cales corresponde cada predio, foi publicada o 15 de febreiro no DOG. O expediente de expropiación dos bens e dereitos necesarios para o parque empresarial de Pazos afecta a un total de 111 fincas, cunha superficie total de 82.013 metros cadrados.

Adif licita o control das obras do tramo CampobecerrosPortocamba 4 Trátase dun tramo de 4,15 quilómetros de lonxitude, que inclúe un túnel de 3.745 metros. Redacción

O polígono ampliarase en 152.000 metros cadrados./P.L. Terreos do IGVS O Instituto Galego da Vivenda e Solo dispón xa de máis do 36% dos terreos necesarios para o desenvolvemento deste parque empresarial, que foron adquiridos por compravenda

As obras de urbanización licitaranse unha vez se remate o expediente de expropiación

cun investimento de máis de 560.000 euros. O parque empresarial de Pazos, en Verín, ocupará unha superficie total de 152.088 metros cadrados, cun investimento previsto arredor de sete millóns de euros. As obras de urbanización do parque empresarial serán licitadas unha vez que se remate o expediente de expropiación e se dispoña da totalidade dos terreos necesarios para o seu desenvolvemento.

Adif licitou o contrato de servizos de asistencia para o control das obras de plataforma do tramo Campobecerros-Portocamba, correspondente á Liña de Alta Velocidade MadridGalicia, cun investimento de 3,5 millóns de euros. A supervisión e control das obras e instalacións inclúe todas as actuacións necesarias para asegurar a correcta execución do contrato, facendo especial fincapé no seguimento e control da execución de estruturas (viadutos e falsos túneles), túneles, terrapléns, desmontes e recheos, así como na prevención das afeccións ambientais e na protección do Patrimonio Cultural. O tramo Campobecerros-Portocamba ten unha

Vías de alta velocidade en Galicia./ARQUIVO. lonxitude de 4,15 km e discorre polos termos municipais de Castrelo do Val e Laza, ambos os situados na provincia de Ourense. O proxecto contempla a construción do túnel de Portocamba (3.745 m) e a plataforma dun Posto de Banalización en Campobecerros.

Xornada informativa en Verín sobre o Banco de Terras Redacción Verín acolleu este mes unha xornada informativa sobre o Banco de Terras de Galicia. Unha xornada incluída no proxecto “Dinamización do Mercado de Arrendamento de Terras” co que se pretende coñecer e dinamizar a oferta e demanda de terras agrícolas nos municipios de Os Blancos, Baltar, Cualedro, Monterrei, Verín e Vilardevós. Os que se achegaron ata o stand, instalado na Alameda, recibiron información sobre o funcionamento do Banco de Terras e as súas posibilidades na comarca. Como complemento ás xornadas houbo actividades lúdicas ao aire libre para rapaces. O Banco de Terras de Galicia, que está en funcionamento desde o ano 2008, persegue contribuír a frear o abandono do medio rural a través da promoción do arrendamento por parte de explotacións agrarias daquelas terras cuxos propietarios non están aproveitando.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.