Agosto 2011 - BXV

Page 1

19, 20 e 21 de agosto: Festa do Esquecemento [páx.16-17]

TEMA DO MES Páx.2

TEMA DO MES Páx.2

COMARCA Páx.8

Queimadas máis de 800 hectáreas no que vai de agosto

Canto gañan os nosos Tres entidades políticos? Quen é o homenaxearán a alcalde mellor pagado? Carlos Casares

XINZO

Páx.11

O PP presentará en pleno unha moción sobre os regadíos

É tempo de diversión!

DEPORTES Páx.21 Os quads voltaron a Xinzo no Campionato Galego

[especial OCIO E CULTURA páx.14-19]

Festa da escuma na Alameda do Toural de Xinzo con motivo do 1º Carnival Sound . /RAMSÉS.

Número: 57 - Ano:VI - Agosto 2011 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Agosto de 2011

TEMAS DO MES

4 Investigan a actividade incendiaria

Un avión descarga auga nun incendio de Ourense./RAMSÉS.

Queimadas máis de 800 hectáreas no que vai de agosto 4 O incendio máis importante tivo lugar na comarca de Valdeorras, pero os lumes tamén afectaron Baltar, Trasmiras e Sarreaus. P.L. A Mezquita, Sarreaus, Ribadavia, Pereiro de Aguiar, Carballeda de Valdeorras, Baltar, Trasmiras, Cea e Ourense. Son os concellos ourensáns marcados polos incendios forestais neste mes de agosto, alomenos aqueles que sobrepasan as 20 hectáreas, cifra a partir da cal informa a Consellería de Medio Rural. En total, suman 882 hectáreas de superficie queimada, das cales máis da metade queimáronse nun único incendio, o da pasada fin de semana en Carballeda de Valdeorras, o máis grave do que levamos de tempada en Galicia. Pola súa proximidade ás vivendas foi especialmente preocupante o do venres 12 nos arredores de Ourense capital, que queimou 120 hectáreas. Apenas

catro días despois, o monte volvía arder nunha zona próxima. As comarcas de Monterrei e A Limia tampouco se libran da lacra que cada verán asola os montes galegos. Nestas dúas primeiras semanas de agosto arderon unhas 76,7 hectáreas: 21,4 hectáreas na parroquia de Paradiña en Sarreaus o día 11; 25,3 hectáreas en Vilamaior da Boullosa do municipio de Baltar o día 15; e 30 hectáreas rasas en Chamosiños, Trasmiras, o día 16. No caso deste último, o dato da superficie afectada é provisional, xa que o mércores 17 (peche da edición deste periódico) o incendio

forestal estaba controlado, pero non apagado. O ano pasado só nos meses de agosto e setembro arderon nas dúas comarcas máis de 2.700 hectáreas de monte. 60 detidos Con respecto a esta actividade incendiaria, a Xunta advirte que a Policía Autonómica non baixará a garda e redobrará o dispositivo nos días de maior perigo de lumes. Os axentes levan este ano máis de 60 detidos, case 5.000 patrullas e 2.000 persoas identificadas nos labores de loita contra os incendios.

En Monterrei e A Limia levan ardidas nunha semana máis de 76 hectáreas; o ano pasado queimáronse máis de 2.700 ha en agosto e setembro

A Consellería do Medio Rural convocou ao Comité de Coordinación Policial Anti-incendios da provincia, co obxectivo de intercambiar as distintas liñas de investigación abertas neste intre, en torno á intensa actividade incendiaria rexistrada durante os últimos días na capital e na provincia. O Comité de Coordinación Policial Antiincendios centrouse principalmente na problemática existente nas proximidades da capital, con dous incendios na parroquia de Vilar de Astrés nos que tivo que ser declarado de modo preventivo o nivel 1. Estudáronse as horas de actuación incendiaria, con simultaneidade no caso dos lumes de Vilar de Astrés e Pereiro de Aguiar do día 12 de agosto, así coma no día 16 novamente na capital, nas parroquias de Vilar de Astrés e Santa Mariña (neste último caso parece ser que foi produto dunha neglixencia). A Policía Nacional deu conta das pesquisas abertas, aínda sen confirmar, que sinalan unha actuación incendiaria intencionada. Pola súa banda, a brigada de investigación forestal do distrito achegou os datos que manexa con anotacións dalgún vehículo sospeitoso. Na xuntanza tamén se acordou reforzar a colaboración e coordinación no seo da propia Consellería do Medio Rural para a realización de esperas tanto nos arredores de Ourense como en dúas zonas conflitivas a maiores (que non se especificaron á prensa para non dar pistas aos incendiarios).

Canto cobran os nosos políticos? 4 A alcaldesa de Sandiás, das que máis gaña: 39.661 euros brutos ao ano. P. Lodeiro Os alcaldes de Cualedro, Monterrei e a alcaldesa de Sandiás completan o podio dos rexedores das comarcas de Monterrei e A Limia que máis cobran. Luciano Rivera Cuquejo percibirá 37.078 euros brutos anuais por unha dedicación exclusiva, José Luis Suárez gañará 38.406 e Concepción Méndez 39.661 euros. Os tres rexedores populares non son, porén, os políticos mellor pagados, xa que a lista a encabeza o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, cun salario como membro do consello de administración da CRTVG que supera os 6.000 euros mensuais. Outros máximos mandatarios locais dos que xa se coñece o seu salario son a alcaldesa de Porqueira, a popular Susana Vázquez (29.950 euros) e o rexedor de Vilar de Santos, o nacionalista Xan Jardón Pedras (1.485 euros ao mes). Soldos para concelleiros En Xinzo e Verín os rexedores non cobran salario das arcas municipais. Na vila do Támega reducíronse as dedicacións exclusivas a unha, a que cobra o concelleiro de Deportes e Festexos, Víctor Baladrón. Son un total de 26.974 euros brutos anuais. Pola súa banda, en Xinzo, a edil de Persoal,

Comunicación e Relacións Institucionais e Persoal, Montserrat Lama Novoa percibe 1.776 euros brutos mensuais. Outros alcaldes non se asignaron soldos, pero si recibirán retribucións económicas pola asistencia a plenos, xuntas de goberno e outras comisións. Así, cada vez que se convoque pleno en Oímbra, o alcalde ingresará 600 euros e os concelleiros 78 euros, a mesma cifra que recibirán por cada xunta de goberno local ou comisión. En Monterrei os edís reciben 80 euros por plenos, xuntas de goberno local e comisións informativas no primeiro concello; en Porqueira 45 euros por pleno e 40 euros por xunta de goberno local; e en Cualedro 80 euros por cada sesión plenaria, xunta de goberno e comisión. En Xinzo, pola súa banda, cada edil ten unha asignación de 150 euros por asistencia a plenos, xuntas de goberno local, comisións informativas e xunta de voceiros, cifra que se aumenta a 200 euros nas xuntas de goberno local para a segunda tenente de alcalde xa que se encarga dos traballos preparatorios previos.

O alcalde de Verín ten un dos salarios máis altos, pero non cobra do Concello, senón da CRTVG


VERÍN E COMARCA

O tempo de espera para ser operado no hospital de Verín baixa a 29 días

4 Segundo datos do Servizo Galego de Saúde, redúcese de 30 a 22 días o tempo medio de agarda para primeiras consultas. Redacción Segundo os datos rexistrados polo Servizo Galego de Saúde a 31 de xuño de 2011, o hospital de Verín diminuíu o tempo de espera media global para unha intervención cirúrxica en 9 días, con respecto ao mesmo período do ano anterior. Pasou de 37 días de espera media a 29, uns resultados cualificados de “bos” pola súa directora xerente Guillermina Agulla Budiño, que os atribúe ao esforzo dos profesionais e a unha mellora da xestión que permitiu un “destacable” incremento da actividade en xornada ordinaria que fixo mellorar tanto estes resultados como os de consultas e probas diagnósticas.

Asemade, o hospital de referencia para a comarca de Monterrei dá sobrado cumprimento ao criterio de garantía legal de menos de 30 días de espera media en pacientes de prioridade 1, reducindo de 27 a 5 días a espera media para estes pacientes, que son aqueles nos que está indicada unha intervención cirúrxica por cáncer, cardiopatías, enfermidades neurolóxicas, respiratorias ou dixestivas, entre outras, que comprometen a súa vida ou calidade de vida futura. Tamén significativa é a redución rexistrada nos tempos de espera acadados polos pacientes de prioridade 2 que pasan de 36 días de media a 11,4, en xuño de 2011, cunha redución de

24,6 días. Consultas e probas diagnósticas Verín tamén mellora en 5 días o tempo medio de espera para primeiras consultas, agora en 22,5 días, fronte aos 30 de 2010, o que o sitúa entre un de mellores resultados. Nesta liña, o hospital tamén conseguíu rebaixar os resultados de espera media para a realización de probas diagnósticas, de xeito moi relevante en mamografías, tan só 2,5 días de espera en xuño de 2011 fronte aos 31,2 días de espera media rexistrado en xuño de 2010. Igualmente a realización dun TAC pasou no hospital de Verín de 59,5 días en 2010 a 39,8 días en xuño

Guillermina Agulla Budiño, xerente do hospital de Verín. deste ano, ou o que é o mesmo, 19,7 días menos de espera.

Tamén diminuíu o tempo de espera para a realización de probas diagnósticas

BARRIOS Agosto de 2011

O PSOE censura a supresión de servizos 4 Catro meses sen Radioloxía e Radioloxía Dental. Redacción O deputado socialista Juan Carlos Francisco Rivera denuncia que a Xunta utiliza a comarca de Monterrei como “cobaia ou comarca piloto das súas políticas de desmantelamento da sanidade pública”. Francisco Rivera puxo como exemplo a supresión das gardas de enfermería nos PAC da Mezquita e A Gudiña, que afectan a 4.500 veciños. O político socialista censura así mesmo o desmantelamento dos servizos de Radioloxía e Radioloxía Dental de Verín. Lembra que hai máis de catro meses que non funciona o servizo de Radioloxía, porque, segundo a resposta dada pola Xunta

Juan Carlos Francisco Rivera, deputado socialista. a finais de xullo, “o equipo ten unha avería, e neste momento está xestionándose a solución deste problema mediante a súa reparación ou substitución”. En canto a Radioloxía Dental, o seu non funcionamento xustíficase pola falta de técnicos de raios para facer as radiografías.


BARRIOS Agosto de 2011

EN BREVE

4 Curso de topografía

Do 17 de agosto ao 12 de setembro o Centro de Interpretación do Contrabando de Vilardevós acolle un curso de auxiliar de topografía agrícola e forestal dirixido a un máximo de 15 persoas -do medio rural e da comarca - ocupadas no sector forestal, agrícola e gandeiro ou con iniciativas empresariais nestas áreas. Son un total de 45 horas lectivas que serán impartidas de luns a xoves de 18.30 a 21.30 horas por enxeñeiros-docentes con ampla experiencia no sector; e que tratarán aspectos como técnicas da topografía e replanteo ou a realización de levantamentos topográficos. O mesmo centro organiza durante os meses de agosto e setembro, en horario de tarde, cursos de español e galego para a poboación inmigrante e retornada da comarca de Monterrei. Para inscribirse ou recibir máis información os interesados poden chamar ao 988 41 72 32 ou pasar polas instalacións.

4 Roubo nunha perfumería Unha veciña de Verín denunciou ante a Garda Civil o roubo de 9.400 euros en perfumes no seu negocio, sito na rúa Deputación. O suceso aconteceu na madrugada do 11 de agosto, cando os ladróns, tras romper o cristal da porta de entrada, accederon ao interior de local e subtraeron uns 400 botes de perfumes de diferentes marcas.

VERÍN E COMARCA

Verín aproba un orzamento de oito millóns de euros 4 Co voto a favor do grupo de goberno do PP e en contra de PSOE e BNG. Redacción A corporación municipal de Verín aprobou provisionalmente o Orzamento Xeral de 2011, que supera os oito millóns de euros. As contas saíron adiante ao ter o grupo de goberno do Partido Popular maioría absoluta, xa que a oposición, PSOE e BNG, votou e contra. O orzamento global deste ano prevé uns ingresos de 8.336.702 euros e uns gastos de 8.057.822. Desta cifra, os gastos de persoal levaranse a maior parte: 3.421.517,31 euros, o gasto corrente recibirá 2.461.233 euros e aos investimentos dedicaranse 659.054 euros. Redución da débeda O alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, xustificou en nove puntos a xestión económica financieira desenvolvida polo seu grupo no Concello: a eliminación da débeda contraída polo goberno anterior, a redución do endebedamento, a diminución dos gastos de persoal, o aumento do gasto social, a multiplicación das xestións para conseguir financiamento adicional externo, a incorporación dos fondos europeos como fonte de financiamento, o carácter irrenunciable dos grandes proxectos investidores, o compromiso co fomento e a creación de emprego, e a optimización dos recursos dispoñibles e máxima res-

trición do gasto. Jiménez Morán insistiu en que o concello, “malia a diminución das transferencias de Estado e Xunta, e de ingresos de impostos como o ICIO (construción e obras) nun 90% sos do ICIO e do aumento do custo dos servizos foi capaz de baixar a carga financeira do concello, cumprir o plan económico financeiro de estabilidade financeira 2007-2010 e reducir o endebedamento en cantidades considerables”. Orzamento “maquillado” O voceiro socialista, Emilio González Afonso, argumentou o voto en contra do seu partido. “Se realmente a xestión económica do goberno fose a mellor, non teriamos o remanente negativo e non faría falta maquillar o orzamento deste xeito, cun crédito insuficiente e feito en función de expectativas (por exemplo o ICIO). O incremento dos ingresos, non é real, é ficticio, será un orzamento con superávit grazas a inflar capítulos”, afirmou. González Afonso alertou de que as partidas para gastos correntes, como enerxía eléctrica ou combestible, son insuficientes, tal e como dá conta o interventor no seu informe.

O político socialista critica tamén que non se realicen investimentos con recursos ordinarios do concello, “só hai de gastos plurianuais afectados de anos anteriores”. Atraso na presentación Pola súa banda, a concelleira do BNG, Perfecta Losada Sotelo, criticou a presentación das contas de 2011 “con moito atraso e un orzamento liquidado en máis da metade” e insistíu, ao igual que o socialista, na falta de cobertura dos gastos correntes. “En conclusión, estamos ante un orzamento artificial que oculta a debacle económica do concello coa trampa contable de ingresos superiores aos gastos. O orzamento tampouco contempla partida para a execución do PXOM, que se supón ía estar aprobado este ano”, dixo. Outros asuntos Na mesma sesión plenaria de xullo fixáronse os días festivos locais para 2012, que serán o 17 de xaneiro (San Antón) e o 22 de febreiro (Mércores de Cinza). Ademais, asinouse o convenio de colaboración co Verín Club de Fútbol.

O alcalde afirmou que, pese á redución de ingresos, conseguiuse reducir a débeda; a oposición acusouno de “maquillar as contas”

Feces de Abaixo será un dos núcleos de Verín que se beneficiará das axudas da Xunta á rehabilitación de vivendas que se atopen nalgún dos Camiños de Santiago./ARQUIVO.

Trece municipios situados no Camiño benefícianse de axudas á rehabilitación 4 Convenio Xunta - Concello de Verín para financiar a oficina municipal de rehabilitación. Redacción A Xunta de Galicia vén de asinar convenios de colaboración con 32 concellos que teñen declaradas Áreas de Rehabilitación Integral para o financiamento das oficinais municipais de rehabilitación. Verín é un dos seis municipios ourensáns que recibirá ata 60.000 euros de axuda para a súa oficina municipal de rehabilitación, a través da cal informarase e tramitaranse as axudas á rehabilitación postas en marcha pola Xunta. Destacan as que promoven a renovación de vivendas nos concellos polos que pasa o Camiño de Santiago, entre eles os de Castrelo de Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra, Riós, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verín, Vilar de

Barrio, Viladevós e Xinzo de Limia. O período de solicitudes para estas subvencións, que poden chegar aos 10.000 euros, esta aberto ata o 1 de decembro de 2011, presentándose as solicitudes nas xefaturas provinciais do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Oficina de rehabilitación de Verín En Verín é a Oficina de Rehabilitación do Casco Antigo a que xestiona as axudas, que no municipio beneficia a casas e edificios das parroquias de A Rasela, Ábedes, Cabreiroá, Feces de Abaixo, Mandín, Mourazos, Pazos, Queirugás, Tamagos e Tamaguelos, así como o trazado do Camiño en Verín, agás o centro urbano, o casco antigo e o barrio de San Lázaro.


PUBLICIDADE

BARRIOS Agosto de 2011


BARRIOS Agosto de 2011

VERÍN E COMARCA

A ampliación do parque empresarial de Pazos obriga a expropiar 111 fincas 4 O 5 de setembro comeza no Concello de Verín o levantamento das actas previas á ocupación dos terreos. Redacción O 5 de setembro comeza no Concello de Verín o levantamento das actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo obras de desenvolvemento do parque empresarial de Pazos, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG). A casa consistorial verinesa acollerá os días 5, 6 e 14 de setembro as reunións entre técnicos e afectados polas expropiacións. A lista completa de fincas a expropiar e os donos aos cales corresponde cada predio, foi publicada o 15 de febreiro no DOG. O expediente de expropiación dos bens e dereitos necesarios para o parque empresarial de Pazos afecta a un total de 111 fincas, cunha superficie total de 82.013 metros cadrados.

Adif licita o control das obras do tramo CampobecerrosPortocamba 4 Trátase dun tramo de 4,15 quilómetros de lonxitude, que inclúe un túnel de 3.745 metros. Redacción

O polígono ampliarase en 152.000 metros cadrados./P.L. Terreos do IGVS O Instituto Galego da Vivenda e Solo dispón xa de máis do 36% dos terreos necesarios para o desenvolvemento deste parque empresarial, que foron adquiridos por compravenda

As obras de urbanización licitaranse unha vez se remate o expediente de expropiación

cun investimento de máis de 560.000 euros. O parque empresarial de Pazos, en Verín, ocupará unha superficie total de 152.088 metros cadrados, cun investimento previsto arredor de sete millóns de euros. As obras de urbanización do parque empresarial serán licitadas unha vez que se remate o expediente de expropiación e se dispoña da totalidade dos terreos necesarios para o seu desenvolvemento.

Adif licitou o contrato de servizos de asistencia para o control das obras de plataforma do tramo Campobecerros-Portocamba, correspondente á Liña de Alta Velocidade MadridGalicia, cun investimento de 3,5 millóns de euros. A supervisión e control das obras e instalacións inclúe todas as actuacións necesarias para asegurar a correcta execución do contrato, facendo especial fincapé no seguimento e control da execución de estruturas (viadutos e falsos túneles), túneles, terrapléns, desmontes e recheos, así como na prevención das afeccións ambientais e na protección do Patrimonio Cultural. O tramo Campobecerros-Portocamba ten unha

Vías de alta velocidade en Galicia./ARQUIVO. lonxitude de 4,15 km e discorre polos termos municipais de Castrelo do Val e Laza, ambos os situados na provincia de Ourense. O proxecto contempla a construción do túnel de Portocamba (3.745 m) e a plataforma dun Posto de Banalización en Campobecerros.

Xornada informativa en Verín sobre o Banco de Terras Redacción Verín acolleu este mes unha xornada informativa sobre o Banco de Terras de Galicia. Unha xornada incluída no proxecto “Dinamización do Mercado de Arrendamento de Terras” co que se pretende coñecer e dinamizar a oferta e demanda de terras agrícolas nos municipios de Os Blancos, Baltar, Cualedro, Monterrei, Verín e Vilardevós. Os que se achegaron ata o stand, instalado na Alameda, recibiron información sobre o funcionamento do Banco de Terras e as súas posibilidades na comarca. Como complemento ás xornadas houbo actividades lúdicas ao aire libre para rapaces. O Banco de Terras de Galicia, que está en funcionamento desde o ano 2008, persegue contribuír a frear o abandono do medio rural a través da promoción do arrendamento por parte de explotacións agrarias daquelas terras cuxos propietarios non están aproveitando.


VERÍN E COMARCA

O alcalde de Vilardevós reúnese co delegado da Xunta 4 Primeiro encontro institucional tralas eleccións. Redacción

Jiménez Morán cos dous cativos saharauis.

Dous nenos saharauis pasan o verán en Verín O alcalde de Verin e a concelleira de Igualdade deron a benvida a dous nenos saharauis que pasan este verán con dúas familias da vila dentro do programa “Vacacións en Paz”. Este é o oitavo ano consecutivo que o Concello de Verín participa neste programa, e o cuarto ano que os dos menores pasan o verán na localidade, participando en actividades lúdicas como o campamento do Invernadeiro ou visitas á piscina. Segundo sinalou a edil de Igualdade, María Corona Meixeira, “é moi importante o compromiso que acadan as familias para telos como un membro máis”. Asimesmo, destacou que os nenos “amosan unha personalidade moi aberta, sociables, se integran moi ben na vida do pobo e son moi agradecidos”.

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, mantivo unha reunión institucional co alcalde do concello de Vilardevós como primeiro encontro tralas eleccións municipais. Durante a reunión, Rogelio Martínez amosoulle a Manuel Cardoso a súa disposición a colaborar para sacar adiante os principais proxectos desta zona. O rexedor interesouse polas liñas de axudas que oferta a Xunta de Galicia, en relación aos convenios sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM). O obxectivo fundamental destas obras é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír

a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia. O concello de Vilardevós conta este ano con mais de 27 mil euros grazas a este convenio. O delegado informouno ademais sobre criterios de repartición do Fondo de Compensación Ambiental, para actividades no eido medioambiental xeradoras de emprego nos concellos galegos, para o impulso da eficiencia e das enerxías renovables e para a adquisición de equipamentos e vehículos. Plan de Cooperación A maiores, o delegado territorial destacou os mais de 50 mil euros que recibiu o concello de Vilardevós este ano para contratar, a través do Plan de Cooperación da Xunta a 19 parados.

Rogelio Martínez, delegado da Xunta./P.L. “Trátase dun investimento moi importante porque non só permite reducilo número de parados na localidade senón que, ademais, facilita a realización de obras municipais de gran interese para todos os veciños, obras que, doutro xeito, ante a actual situación de crise económica, terían que esperar”, explicou Rogelio Martínez.

BARRIOS Agosto de 2011

Promoción turística durante a Volta Ciclista Redacción

Do 20 de agosto ao 11 de setembro, a Asociación de concellos das comarcas Monterrei e Conso Frieiras e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Portas de Galicia desenvolverán actuacións promocionais no marco da Volta Ciclista a España, na que Verín será sede de inicio da etapa do día 31 de agosto. Un stand promocional estará situado na zona de saída das 21 etapas da proba ciclista co obxectivo de posicionar a marca ‘Portas de Galicia’ e de divulgar a gastronomía da zona a través de produtos como o viño da D.O. Monterrei, as augas de Sousas, Cabreiroá e Fontenova, a bica de Laza, o pemento de Oímbra, a Torta do Cigarrón ou as castañas e cogumelos de Riós.


BARRIOS Agosto de 2011

EN BREVE

4 Ferido grave un ciclista tras ser atropelado Un home de 42 anos de idade resultou ferido grave tras ser atropelado por un turismo cando ía en bicicleta no municipio de Xinzo. Segundo informou a Garda Civil de Tráfico, o sinistro tivo lugar sobre as 23.15 horas do venres 12 no quilómetro 2,800 da estrada OU-301, que une Xinzo con Bande. O ciclista, veciño de Xinzo, resultou ferido grave, mentres que o condutor do turismo, un home de 53 anos veciño de Madrid, saíu ileso.

Cartel coa foto de Manuel Calvo, desaparecido en Riós.

4Ancián desaparecido en Riós

Tres semanas leva desaparecido Manuel Calvo, un ancián de 86 anos veciño de Riós que padece Alzheimer. Nos primeiros días unhas cen persoas buscárono sen éxito polas zonas de monte de Romariz, Mañoás e Rubiós, onde fora visto por última vez. Co operativo suspendido, continúan a busca familiares e amigos, a través de carteis co teléfono de contacto 618 320 649.

XINZO E COMARCA

publirreportaxe

En Xinzo, nueva peluquería unisex Alida Santana Todos los miércoles te ofrecen cambio de imagen por 15 euros Alida Santana es una nueva peluquería que acaba de abrir en Xinzo de Limia. De carácter unisex, se dirige especialmente a un público joven, con buen ambiente, buena música , máquina de café y sobre todo, los looks modernos que ofrece. Cambios de imagen Lo original de esta peluquería llega los miércoles, día en que te dan la posibilidad de realizarte un cambio de imagen por tan sólo 15 euros. El único requisito es dejarte en manos de las peluqueras, que, con 15 años de experiencia en el sector, harán todo lo que consideren para mejorar tu imagen en general: mechas, corte de pelo, maquillaje... Además, los clientes habituales tendrán beneficios extra: el día de tu cumpleaños te regalan un peinado gratis si eres mujer y un corte de pelo si eres hombre. Alida Santana también presta otros servicios como manicura o asesoriamento en cambios de imagen, y te peinan y maquillan para bodas y fiestas, incluso en tu propia casa. Para adaptarse a los difíciles horarios de trabajo actuales, pidiendo cita previa te esperan y atienden a la hora que más te convenga.

Tres entidades culturais homenaxearán a Carlos Casares 4 No 10º aniversario do seu pasamento. Redacción O Centro de Cultura Popular do Limia, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares realizarán unha serie de actos a partir de outono coma homenaxe ao escritor Carlos Casares, cando se cumplen dez anos do seu falecemento. A primeira das actividades propostas é a presentación, a comezos do outono, da Fundación Carlos Casares no Museo da Limia de Vilar de Santos, unha actividade coa que se pretende iniciar, entre ambas entidades, “unha colaboración continuada na programación de actos que se acometan nas terras da Limia”.

Los clientes de Alida Santana tendrán peinado o corte de pelo gratis el día de su cumpleaños Avda de Madrid 45 bajo - Xinzo Horario: De lunes a viernes de 9:30 a 13:30 h. y de 16:00 a 20:00 h. Sábados de 9:00 a 14:30 h. Cita previa: Telf. 988 680 758 o en Facebook: Alida Santana

Actividade nos centros educativos O traballo cos escolares da comarca é outra das iniciativas destes tres colectivos. Neste sentido, os centros escolares da zona recibirán un lote de obras do autor nacido en Xinzo, a partir das cales realizar traballos de análise e creación escrita e plástica. Nunha segunda fase convocarase un certame de creación literaria e outro de plástica. Os traballos artísticos presentados exporanse logo no Museo da Limia e os mellores textos li-

terarios daranse a coñecer nunha xornada literaria que se celebrará en Xinzo a comezo da primavera. Como recordo á figura de Carlos Casares está prevista a inclusión na revista Lethes dunha sección dedicada á persoa e á obra do escritor de Xinzo de Limia, con evocacións e estudos realizados por algúns dos colaboradores da publicación. Ao mesmo tempo, para maio do próximo ano prevese a celebración dun foro-encontro de escritores limiaos: introducindo a influencia da obra de Carlos Casares nas súas propias producións ou a pegada da Limia nas creacións literarias de cada un deles como posibles temas de debate. As tres entidades tamén queren realizar un roteiro artístico-literario elaborado desde a obra narrativa de Carlos Casares, coincidindo co aniversario do seu pasamento, combinando a visita ás paraxes do Furriolo, A Forxa, Sabucedo, A Filgueira, Xinzo de Limia, Mosteiro de Trandeiras e Torre de Pena coa lectura dos textos máis representativos do escritor limiao.

Organizarán actividades para os escolares da comarca


PUBLICIDADE

Leticia Freiría Aguiar ha aprobado las tres oposiciones de Justicia:

“Tengo que agradecer la eficiencia y profesionalidad en la preparación de la oposición de Justicia. Encontré que el examen de la oposición fue de similares características a los realizados en la Academia” Los responsables de Academia Proxecto nos han comentado que has aprobado las tres oposiciones de Justicia. Cuéntanos tu experiencia: Me matriculé en la academia en febrero de 2010 en un grupo de tramitación y auxilio, y tengo que agradecer la eficiencia y profesionalidad en la preparación ya que, ante la proximidad del primer ejercicio de auxilio en noviembre, el centro y el equipo de preparadores –sin coste alguno en el recibonos amplió una tarde más de actividad lectiva. Me encontré que el examen de la opo-

sición fue de similares características a los realizados en la academia y tuve la suerte de no fallar y aprobar. ¿Y en la oposición de Gestión? Eché la instancia para Galicia, que sólo ofertaba seis plazas; no lo tenía muy claro ya que estaba en un grupo de tramitación y auxilio, pero mis preparadores me animaron a presentarme con el argumento de que la materia que me habían explicado suponía el 80% de la oposición de gestión. Entre eso y la buena dirección de la preparación para el desarrollo del tema y elaboración

de los supuestos, también he conseguido aprobarla, con una satisfacción añadida de quedarme en Galicia. Por cierto, quiero comentar que Academia Proxecto presentó dos opositoras al ámbito de Galicia y hemos aprobado las dos. De tu experiencia personal, ¿qué consejos les das a los nuevos opositores? Que estudien todos los días, que confíen plenamente en el equipo de preparadores de la academia y sigan sus consejos y, sobre todo, que no dejen de asistir ningún día a clase y realicen todos los exámenes que les mar-

Leticia Freiría.

can durante la preparación, ya que es la mejor forma de conseguir un alto nivel que les permita aprobar.

BARRIOS Agosto de 2011

Mercedes Fernández Velo obtuvo su plaza como maestra en Educación Infantil:

“Aprobar la oposición ha supuesto un logro a nivel profesional y personal” ¿Qué hace diferente la preparación en Academia Proxecto? Desde la personalización del temario y de la programación, de la elaboración individual de las unidades didácticas, el uso de medios audiovisuales en las explicaciones de os docentes, la implicación mas allá de lo simplemente profesional de los docentes, tirando en todo momento de ti... Lo que a mí me parece fundamental es esta personalización para cada opositor lo que hace que el modo de actuar de cada uno sea “único” en relación al resto. Esta es una de las cuestiones por la que

acudí a este centro. ¿Merece la pena? Para mí sí, totalmente, pues conseguí lo que me planteaba. Aprobar la oposición ha supuesto un logro no sólo a nivel profesional, sino un logro y una meta alcanzada a nivel personal. ¿Qué consejo le darías a una persona que inicia la preparación? Si de verdad les gusta esta profesión que lo intenten con todas sus fuerzas, que es posible obtener una plaza, siempre con constancia, mucho sacrificio e ilusión y que confíen plenamente en el equipo de preparadores de la academia y sigan sus consejos.


10

BARRIOS Agosto de 2011

EN BREVE

4 Recollida selectiva nas praias fluviais A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas mantén ata o 31 de agosto a campaña de fomento da recollida selectiva “Se paras na praia, separa” en 30 áreas fluviais de 23 concellos en Ourense. En base a este proxecto instaláronse colectores de residuos apropiados nas áreas fluviais do Caneiro, en Baltar, As Batocas, en Castrelo do Val, na praia de Laza, en Nocedo, nos Blancos, no río Támega ao seu paso polo barrio de San Lázaro en Verín, e en Arzoa, no municipio de Vilardevós, entre outras.

4 Rouban no interior dunha nave en Xinzo Un camión Nissan, 150 caixas de bebidas alcohólicas e un computador portátil foi o que levaron os ladróns dunha nave de Xinzo, segundo a denuncia posta por un veciño da vila no posto da Garda Civil o 16 de agosto . Os autores do roubo entraron na nave tras romper unha xanela. O valor do roubado estímase en 25.000 euros.

4 Cursos nas Aulas Cemit de Verín e Sarreaus

A Rede Cemit ten previsto iniciar na Aula Cemit do Concello de Verín, cursos para traballadores a finais de agosto, en horario especial de 20 a 22 horas. O obxectivo deste curso é formalos nas novas tecnoloxías. Os usuarios poden informarse no teléfono 988 41 47 76 ou no correo cemit.verin@xunta.es. Pola súa banda na Aula Cemit de Sarreaus comezou este 17 de agosto un curso de alfabetización dixital sobre o correo electrónico. Aínda que xa ten as prazas cubertas, os que estean interesados pódense seguir anotando, ben na biblioteca municipal, ben no 988 454 002, para ser tidos en conta para vindeiras organizacións do mesmo curso.

XINZO E COMARCA


XINZO E COMARCA

O PP de Xinzo pedirá en pleno a continuidade dos regadíos

4 Presentará unha moción na sesión plenaria do 25 de agosto. Redacción O grupo de goberno do Partido Popular de Xinzo levará tres propostas de acordo á vindeira sesión plenaria do 25 de agosto. A máis relevante, a que pide a continuidade do plan de regadíos na comarca. O texto que se debatirá para a súa aprobación insta á Xunta de Galicia e ao Goberno central a que nos orzamentos para o exercicio do 2012, inclúan as partidas económicas necesarias para a execución e posta en funcionamento das infraestruturas que permitan dotar de regadíos ás zonas de Entrerríos, Boado – Piñeira Seca e Lamas – Ganade. Na exposición de motivos, os populares argumentan que o sector agrario é “un piar estratéxico” para Xinzo, dado a alta ocupación de persoas na agricultura e na gandería. Por iso entenden prioritario que as administracións central e autonómica prosigan mellorando as “infraestruturas e as condicións que favorezan a rendabilidade do sector agrogandeiro e asemade que contribúan a evitar o abandono do noso rural”. Motivo polo cal reclaman para as comunidades de regantes de Entrerríos, Boado – Piñeira Seca e Lamas

BARRIOS Agosto de 2011

11

O PSOE fala de “quebra técnica” do Concello de Xinzo pola política de persoal 4 O Concello ten que recurrir a un crédito de 200.000 euros. Redacción

Alcalde e parte dos concelleiros de Xinzo nun pleno anterior./ARQUIVO. – Ganade un sistema de regadío similar ao xa desenvolto na zona da antiga Lagoa de Antela. Letras Galegas para Carlos Casares O grupo de goberno tamén leva a pleno unha proposta para que se lle dedique o Día das Letras Galegas de 2013 ao escritor Carlos Casares, natural da localidade. O PP considera que é “de xustiza” que Casares sexa homenaxeado “pola dimensión da súa obra”, tanto polo conxunto da cultura galega como polo Concello de Xinzo “do que foi o mellor embaixador”. Destacan que un dos requisitos que a Real Academia Galega esixe para dedicarlle o Día das Letras Galegas a un autor é que teñan transcurrido dez anos desde a súa morte, requisito que está a piques de cumplirse (en 2012).

4 O BNG cuestiona a contratación dun crédito para pagar nóminas O grupo municipal do BNG votará en contra da contratación dun crédito de 200.000 euros para o pago de nóminas. Os nacionalistas consideran esta solución “un parche temporal que non arranxa nada” e que “non se vai poder devolver antes de fin de ano como xustifica o propio PP e polo tanto vai acrecentar a xa abultada débeda do Concello”. Alertan desde o BNG que o goberno local non está

tomando medidas reais de aforro do gasto. Con respecto á moción dos regadíos cren que é unha moción “cosmética de lavado de cara do PP local e que é o propio PP na Xunta quen está a obstaculizar o desenvolvemento destas infraestruturas. Por iso pídenlle ao alcalde que chame a Feijoo “e que lle explique que pasa cos regadíos da Limia, que para iso son os dous da mesma corda”.

Nome ao campo de fútbol A terceira proposta que presentan os populares para o pleno de agosto é a apertura dun expediente de honra para poñer o nome de J.A. Fernández Carrera ao campo de fútbol vello da Moreira, na actualidade en reformas. Fernández Ca-

rrera foi edil de Deportes de Xinzo na cuarta lexislatura e a súa traxectoria estivo ligada ao equipo da vila, o Antela CF, “sacrificándose sempre pola defensa do deporte de base e das categorías infantís e xuvenís dos diferentes equipos deportivos”.

O PP propón o Día das Letras Galegas de 2013 para Carlos Casares

Os socialistas de Xinzo denuncian a quebra técnica do Concello que unha vez máis ten que recurrir a créditos bancarios para pagar a elevada carga de persoal desta institución. “O alcalde, incapaz de poñer en marcha a RPT feita dende hai máis de dous anos, segue a contratar persoal que non pode pagar cos orzamentos do Concello, aprobados o pasado mes de marzo e que xa dedican máis do 60% a gastos de persoal”, explica a portavoz socialista. Elvira Lama sinala ademais que a operación de tesoureiría co banco terá que ser cancelada a 31 de decembro de 2011, tal e como indican o secretario e a interventora do Concello, que alertan da difícil situación económica do Concello ante o resultado orzamentario deste ano e o remanente de tesoureiría para gastos, que é negativo por importe de 2.425.095 euros. “As cifras poñen de manifesto a crítica situación económica do Concello

Elvira Lama, voceira do PSOE en Xinzo. de Xinzo, e tamén a imposibilidade de cancelar esta delicada operación”, insiste. Os socialistas denuncian tamén a falta de transparencia nas contratacións, vulnerando os principios de igualdade, mérito e capacidade para acceder aos contratos do Concello, “onde só traballan os afíns ao Grupo de Goberno, saltándose as bases do convenio colectivo e o espírito do mesmo mantendo sen actualizar dende 2006 as listas de contratación temporal”.

Denuncian falta de transparencia nas contratacións do Concello


12

BARRIOS Agosto de 2011

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

BARRIOS Agosto de 2011

13


14

BARRIOS Agosto de 2011

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

A praza da Mercede de Verín encheuse para participar na homenaxe ás vítimas do fran- Un grupo de cativos de visita á Biblioteca Pública de Verín./CdV. quismo./CIG.

Homenaxe ás vítimas do franquismo A CIG de Verín organizou o pasado 22 de xullo un acto de homenaxe ás vítimas do franquismo nas comarcas de Monterrei e Conso Frieiras. Celebrouse na praza da Mercede e incluíu a proxección do documental “Causa 1.021” , seguido dunha festa popular con música e petiscos.

Os nenos da Ludoteca Municipal visitan a Biblioteca

Un total de 150 nenos de entre 3 e 8 anos que participan na Ludoteca Municipal, organizada durante os meses de verán polo Concello de Verín, visitaron durante as últimas semanas as instalacións da Biblioteca Pública de Verín e a exposición ‘Querido Balbino: 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego’. Esta actuación está enmarcada dentro do ciclo de visitas guiadas organizadas pola Biblioteca de Verín ao longo do ano, e que xa permitiu que un total de 500 alumnos dos colexios Princesa de España, María Inmaculada, Colexio Rural Agrupado de Monterrei, e O Castiñeiro de Laza coñeceran de primeira man o servizo bibliotecario o seu funcionamento do mesmo así como as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano.

O escritor Xosé Neira Vilas cos voluntarios da biblioteca de Verín./CdV.

Mostra sobre “Memorias dun neno labrego” O escritor galego Xosé Neira Vilas presidiu a inauguración da mostra ‘Querido Balbino: 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego’, que se pode ver na Biblioteca Pública Municipal de Verín ata o 22 de agosto. O prazo da exposición ampliouse unha semana debido ao significativo número de visitas que tivo nas pasadas semanas. Neira Vilas foi recibido na casa consistorial polo director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez, polo alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, e os integrantes da corporación municipal. A continuación, acudiron ás instalacións da Biblioteca de Verín onde descubriron a placa conmemorativa que certifica o seu nomeamento como membro da Rede de Bibliotecas UNESCO. Así mesmo, Xosé Neira Vilas efectuou unha breve presentación da importancia das bibliotecas e do libro “Memorias dun neno labrego”, para finalizar cun percorrido por esta exposición, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e a Deputación de Pontevedra. A mostra rende homenaxe tanto a un escritor identificado coa terra como o libro “Memorias dun neno labrego”, o máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas. ‘Querido Balbino’ articúlase a partir de dous eixos que guían ao espectador a través dun túnel de vitrinas. Dunha banda, preséntase a traxectoria vital do escritor a partir de fotografías, documentos e correspondencia que serven para marcar diferentes momentos transcendentes da súa biografía. E doutra banda, amósanse documentos e material referidos á traxectoria seguida polo propio libro e o seu protagonista. Ademais, presenta tamén 10 obras pictóricas de autores galegos, inspiradas no protagonista de “Memorias dun neno labrego”.

Actuación do grupo Selenga (Rusia-República de Buriatia) en Ourense./P.L.

O folclore mundial percorreu Ourense A 28º edición das Xornadas de Folclore achegaron aos ourensáns durante unha semana a música e a danza de diferentes recunchos do mundo. O domingo 14 en Xinzo puideron contemplar as actuacións dalgún dos nove grupos participantes (Kotti and Choi Sun Dance de Corea, Ballet Folklórico de Temuco de Chile, Agrupación Artística Danzar de Colombia e formación Stanica da República rusa de Krasnodar.). En Verín tocoulles o luns 15 e participaron de novo os grupos de Krasnodar, Chile e Corea, así como o grupo Selenga da República rusa de Buratia, e o Ballet Ballafón de Togo. As Xornadas de Folclore están organizadas pola Deputación Provincial de Ourense con financiamento da Consellería de Cultura e Turismo.


OCIO E CULTURA

BARRIOS Agosto de 2011

15

4IMAXES DO MES

Representación de maxia durante as festas de Verín./CdV. Os rapaces de Xinzoaventura en Muiños./CdX.

Xinzoaventura trasládase a Muiños e Portonovo Como cada ano os rapaces de Xinzoaventura gozaron do 1 ao 8 de agosto do xa habitual campamento en Muiños no que un total de 20 rapaces de entre 7 e 10 anos realizaron diversas actividades lúdicas e didácticas. O vindeiro luns chega o turno de Portonovo, que será escenario doutra cita deste tipo para 50 mozos con idades comprendidas entre 11 e 15 anos, que serán supervisados e ensinados por 6 monitores.

Festas de Santa María A Maior en Verín Do 12 ao 15 de agosto Verín acolleu as súas festas populares na honra de Santa María A Maior. O venres 12 esta cita arrancou da man da presentación do libro “Gallegos emigrantes emprendedores en el mundo” de Serafín Portugal Soto, o Festival de Circo Pistacatro e o concerto de Los Mecánicos. O sábado 13 foi o turno do espectáculo de maxia do Mago Polo “I+D+I (Ilusión+Diversión+Imaxinación)” e o concerto de Marful, que presentaron o seu traballo Manual de sedución. Xa o domingo unha festa da auga e os concertos de Emilio Rúa e o quinteto Bellón Maceiras fixeron o deleite de veciños e visitantes. E para clausurar estas celebracións unha cerimonia relixiosa na honra de Santa María A Maior pola mañá e a tradicional cita coas xornadas do folclore pola noite puxeron o punto e final o luns 15 á edición 2011.

Kick boxing no Body Fitness

Cipri Gómez nun combate en Ourense./ARQUIVO

O ximnasio Body Fitness de Xinzo de Limia ten unha nova actividade: o Kick boxing, arte marcial impartida polo varias veces campión do mundo, Cipri Gómez. O pasado mes de xullo, Cipri Gómez xunto con varios alumnos fixeron unha exhibición na praza Carlos de Casares de Xinzo para achegar ao público presente o kick boxing. A exhibición de casi unha hora de duración estivo composta por unha primeira parte na que se amosaba a técnica e os golpes e as patadas desta disciplina, e unha segunda na que realizáronse combates entre os alumnos. Desde o 3 de agosto, en Body Fitness xa contan cunha clase de kick boxing na que teñen de mestre ao excampión mundial Cipri Gómez. As clases que terán lugar durante todo o curso -ata xuño de 2012- impártense os mércores e venres a partir das 20 horas. A inscrición no curso está aberta para que, todo aquel (home e muller) maior de 15 anos apúntense para descubrir un deporte moi espectacular.


16

BARRIOS Agosto de 2011

4AXENDA Espectáculos - 20 de agosto – espectáculo “Fantasía máxica” – 21 h. – Praza do Concello de Oimbra Música - 18 de agosto - Torre D’anto - Fadocoimbra - 22 h. - Largo General Silveira de Chaves - 19 de agosto - Banda Filarmónica Torre de Ervededo - 22 h. - Xardín Público de Chaves 20 de agosto: Verín Pop festival: Basonautas, Yomelo Montosolo + Neiro Nairo, Dj Van Marten e un grupo de versións local - 3 euros - La Casa de los sueños - Verín - 25 de agosto - Latin Dream - 22 h. - Largo General Silveira de Chaves - 26 de agosto - Banda Filarmónica de Loivos 22 h. - Xardín Público de Chaves - 26 de agosto - Concerto da Agrupación Musical da Limia - Xinzo - 27 de agosto - Concertinas portuguesas - Barrio vello de Xinzo - 3 de setembro - Concerto de Zyrconia - 22 h. Praza de Oriente de Xinzo - Do 16 ao 18 de setembro – Festival Reperkusión - Allariz Exposicións -Ata o 22 de agosto – ampliación da exposición ‘Querido Balbino: 19612011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego’ – Biblioteca pública municipal de Verín - Ata o 30 de agosto - Óleos de J.V. Torres Casa do Escudo de Verín - Ata o 31 de agosto – Exposición “O verán e tempo de cores, de alegría e beleza, así son tamén as creacións de Raúl Diniz” – Sala A Fábrica de Allariz - Ata o 5 de setembro - Exposición de pintura “Esperando a madrugada” - Casa de Cultura de Vidago, Chaves - Do 3 ato 25 de setembro – Exposición de pintura de Narciso de Corral - Sala A Fábrica de Allariz Cinema - 18 de agosto - Rafael - 22.45 h.- Casa da Cultura de Verín

OCIO E CULTURA

Xinzo salva o Esquecemento

4 A festa de recreación histórica mantense, aínda que sen campamento, os días 19, 20 e 21 de agosto. Paula Lodeiro Os días 19, 20 e 21 de agosto Xinzo regresará ao pasado. Concretamente ao ano 135 a.C. para conmemorar a súa festa do Esquecemento, que recorda o paso do río Lethes polas tropas romanas ao mando do comandante Décimo Xunio Bruto. É novidade este ano a supresión do campamento, motivada por circunstancias económicas e pola provisionalidade da xestora que dirixe a Asociación Civitas Limicorum, entidade que se encarga de coorganizar a festa xunto ao Concello de Xinzo. Así o confirma o actual concelleiro de Cultura e ex presidente da entidade, Carlos Gómez, que recalca que o importante é “que se salva a festa”, e engade loubanzas para a asociación organizadora: “fixeron un esforzo importantísimo”. A preguntas deste medio de se houbo críticas á eliminación do campamento, Gómez négaas e pensa que a xente “acep-

e achégase movemento a esta zona”, engade Carlos Gómez.

Personaxes romanos na festa do Esquecemento./ARQUIVO. ta a realidade” pondo de exemplo a colaboración veciñal coa festa, “está sendo espléndida”. Con este cambio, polo tanto, xa non é preciso que os grupos de castrexos e de romanos se inscriban. Algúns deles o que si están facendo, confirma o edil, é habilitando ou alugan-

do baixos no barrio vello para celebrar alí os seus xantares. E é que unha das consecuencias da supresión do campamento é o traslado da actividade ao barrio de Abaixo, onde moitos locais de copas están organizando festas alusivas ao Esquecemento. “Así beneficia a maltreita economía

Actividades Do programa de festexos, o titular da Concellería de Cultura destaca a elaborada teatralización do paso do río Lethes, con máis de 200 participantes así como a representación do circo romano a cargo dos especialistas de cine de Leyend, “dos mellores que hai”. Declarada festa de interese turístico dende 2005, o concelleiro de Cultura de Xinzo agarda unha boa asistencia de público ao Esquecemento, aínda recoñecendo que este verán a presenza de visitantes na localidade está sendo “floxa”.

A representación do cruce do río Lethes polas tropas romanas terá lugar o domingo 21, ás 17:30 horas

4 Programa do Esquecemento

VENRES 19: 23:00 H.- Concentración de Grupos Castrexos e Romanos na praza de Oriente. 23:15 H.- Desfile dende a Praza de Oriente ata a Praza Maior para acompañar á Lexión Cohors I Gálica de Décimo Xunio Bruto, e aos Guerreiros Castrexos de Beltain. 23:30 H.- ACTO DE INVOCACIÓN as Deusas Xunio e a Deusa MaeCallaech na Praza Maior. 00:00 H.- Animación de rúa. (Paquitos, Lirolaio e Batucada). 01:00H.- Oenachs e Bacanais en locais de Copas. Festas temáticas romano castrexas organizadas polos locais de Copas. Os que vaian vestidos de Romanos ou Castrexos terán agasallos. SÁBADO 20: 12:00 H.- Apertura do Macelum. 12:30 H.- Treboadum dos Zes Pereiras de Ponte de Lima. 13:30 H.- Escaramuzas e liortas entre Castrexos e Romanos polo macelum: Civitas Lucensium e Lugdunum. 14:00 H.- Treboadum


OCIO E CULTURA

dos Zes Pereiras de Ponte de Lima. 17:30 H.- Treboadum dos Zes pereiras de ponte de Lima. 17:30 H.- Exposición de cetrería no Barrio de Abaixo. 18:00 H.- CAMPIONATO DE XOGOS de taboleiro, pulso, equilibrio, ra, corda, tiro o xabarís etc. nas Prazas de Oriente e arredores. 19:00 H.- Obradoiro de coiro para maiores de 14 anos na Praza de Galicia. 20:15 H- LOITAS DE GLADIADORES na praza maior por CAETRA. 20:30 H.- Treboadum dos Zes pereiras. 20:30 H.- BODAS E NASCITURUS na praza de Oriente: Flamen Marco Flavio Sabino e Druída Rodrigísturis. 21:00 H. Saída dos clans castrexos e lexións romanas polas rúas da vila ( dende a praza de Oriente ata a Praza Maior pola rúa dos viño) 22:00 H.- Recepción de Grupos participantes na Praza Maior e selado do PACTO DE HOSPITALIDADE de grupos invitados coa Civitas Limicorum. 22-.15 H.- Desfile dos grupos participantes dende a praza maior a praza

Carlos Casares pola rúa Curros Enriquez. 22:30 H.- CEA DE C O N F R AT E R N I Z A CIÓN Castrexa e Romana con animación e danzas na praza Carlos Casares.(menú 12 euros venda anticipada). 24:00 H.- Animación de rúa: Treboadum Zes Pereiras de Ponte de Lima, Gaiteiros Lirolaio, etc. Polas rúas da vila. 01:00H.- Oenachs e Bacanais en locais de Copas. Festas temáticas romano castrexas organizadas polos locais de Copas. Os que vaian vestidos de Romanos ou Castrexos terán agasallos. DOMINGO 21: 12:00 H.- Treboadum dos Zes Pereiras de Ponte de Lima 12:00 H.- Apertura do Macelum 12:00 H.- Obradoiro de barro dirixido a nenos e nenas na Praza de Galicia. 12:30 H.- Exposición de cetrería na rúa dos viños. 13:15 H.- EXPUGNATIUM, CAETRA, LUGDUNUM, EQUUS LUCENSIUM. 13:30 H.- Treboadum dos Zes Pereiras de Ponte de Lima

17:00 H.- Concentración de Clans e Lexións na Praza de Oriente para ir a Batalla do Lethes. 17:00 H.- Desfile da Lexión de Decimo Xunio Bruto ata o Río Limia. PERCORRIDO: Rúa Galicia, Rúa Regueiro, Condesa, Carmen Novoa, Pista das Piscinas. 17:30 H.- Representación do CRUCE DO LETHES 18:15 H.- BATALLA entre Castrexos e Romanos. 19:00 H.- Concentración dos Grupos e participantes na explanada do Río Limia. 19:15 H.- DESFILE XERAL dos grupos Castrexos e Romanos (percorrido desde a pista Río Limia, Rúa Dous de Maio, Avda. de Madrid, Rúa do Peto, Rúa da Sé, Praza de Oriente, San Roque, Toural, Explanada do Toural.) 20:00 H.- CIRCO ROMANO na explanada do Toural, con carreiras de cuadrigas e loitas de gladiadores. 21:00 H.- TROULA ANIMACION, Espectáculo de teatro de rúa musical con zancudos, chuspelume e figuras mitolóxicas polas rúas dos viños. 22:00 H.- Apagado do Lume Sagrado e fin de festa.

BARRIOS Agosto de 2011

17

Os máis cativos foron os que máis gozaron coa festa da escuma, o luns 15 na Alameda do Toural de Xinzo. /RAMSÉS.

Xinzo estreou carnaval de verán A capital da Limia tamén se sumou este agosto á moda dos denominados carnavais de verán. Durante as xornadas do 13, 14 e 15 de agosto, o Carnival Sound, que así se chamaba o evento, combinou disfraces, auga, escuma e música para facer gozar a veciños e visitantes. A festa deu comezo o sábado con espectáculo de danza, disfraces e comparsas, seguido dun festival de música no que participaron os grupos Acústico Ruta, The Caxtons, Limian Group and Pablo Beat e Miguel Rendeiro. O domingo de novo as charangas e comparsas xunto coa xente disfrazada tomaron as rúas de Xinzo, e pola tarde, houbo festa da auga na praza de San Roque. Na xornada do luns, os máis novos foron os protagonistas dunha festa da escuma na Alameda do Toural, á que seguíu un concurso de disfraces na praza Maior. A iniciativa partíu da Asociación Cultural Limia Xove e contou coa colaboración de Concello, Deputación e Xunta. Esta primeira edición do Carnival Sound forma parte da oferta de eventos lúdicos que Xinzo está a ofrecer durante todo o verán tanto para a xente da localidade como para os que veñen de fóra, aínda que non todos con igual éxito de público. Na fin de semana anterior o concerto de Xoel López apenas reuniu a 400 persoas e o festival Patakazo Rock tivo que suspender a xornada do sábado por causas alleas á organización.

EN BREVE

4 I andaina da Romaría da Sainza Rairiz de Veiga acolle por primeira vez a andaina popular “Romaría da Sainza – Reserva da Biosfera”, que se celebrará o vindeiro 29 de agosto a partir das 9 da mañá. Con inicio e fin sitos nas piscinas municipais da localidade e 32 quilómetros de percorrido total esta andaina está pensada tanto para pequenos como para maiores, polo que todos aqueles interesados en participar na mesma poden inscribirse por un custo de 10 euros ata o vindeiro 19 de agosto nas oficinas do Concello de Rairiz de Veiga ou no teléfono 988 46 55 52. Ademais, recibirán ao remate da proba un bocadillo e bebida para recuperar forzas e poderán gozar das piscinas municipais de balde.


18

BARRIOS Agosto de 2011

EN BREVE

4 Homenaxe en Campobecerros O 20 de agosto a localidade de Campobecerros, en Castrelo do Val, rendirá homenaxe aos “Traballadores do Camiño de ferro”. Haberá unha ofrenda floral, un xantar de confraternidade, relatorios e a proxección de videos. A historia de Campobecerros está marcada polo tren e os operarios que traballaron na liña que une Puebla de Sanabria con Ourense, que se construíu entre 1927 e 1957.

4 Óleos de Torres na Casa do Escudo Ata o 30 de agosto, a Casa do Escudo de Verín acolle unha exposición de óleos de J.V. Torres. Este pintor conquense afincado en Palma de Mallorca mostra en Verín 37 obras en formatos mediano e pequeno nas que a natureza e os espazos construídos protagonizan a temática. A auga e o atractivo plástico das oliveiras son a principal fonte de inspiración para un pintor de paleta equilibrada, que se expresa con gamas cálidas e limpas. ‘Óleos de Torres’ poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

OCIO E CULTURA

Culmina con éxito a VI Feira do Viño de Monterrei 4 Segundo a organización, máis de 10.000 persoas abarrotarion o recinto durante os dous días que durou a festa. Redacción A VI Feira do Viño de Monterrei superou con fartura as mellores expectativas previstas. Durante o sábado 6 e o domingo 7 de agosto os que se achegaron ata o recinto na praza García Barbón de Verín puideron degustar os viños con denominación de orixe Monterrei e ademais gozar de catas populares maridadas con produtos con D.O. a cargo dos mellores especialistas, teatro e actuacións musicais, entre outras actividades. Nesta ocasión participaron na feira 14 adegas das 25 inscritas ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, esgotándose en poucas horas todos os cataviños previstos para os dous días de celebración e exal-

tación destes caldos. A feira acompañouse dun amplo programa de actividades abertas ao publico, como catas populares a cargo de Nacho Costoya campión de España de Xefes de Sala-Maîtres 2010-, teatro ou a actuación do grupo folk Brixel. Ademais, a organización, en colaboración cos restaurantes Brasil e Lugano, estableceu un “Menú Especial Feira do viño 2011”, a base de produtos autóctonos da comarca, que se ofertou durante toda a fin de semana. Inauguración a cargo de Núñez Feijóo Do acto oficial de inauguración encargouse o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que estivo acompañado, entre outros, do conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez, do

As autoridades brindaron polo éxito da feira na súa inauguración./BORYS INTERFILM delegado da Xunta Rogelio Martinez, do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e do presidente do Consello Regulador do D.O. Monterrei, Antonio A. Méndez Atanes. A lectura do pregón foi realizada pola secretaria xeral de Turismo da Xunta, Carmen Pardo.

4 XXIII Ciclo

de Órgano Música Antiga en Xunqueira de Ambía O Concello de Xunqueira de Ambía continúa co XXIII Ciclo de Órgano e Música Antiga os próximos domingos 21 e 28 de agosto. As citas musicais serán na colexiata de Santa María A Real da localidade, a partir das 20 horas e con entrada gratuíta. O domingo 21 Ars Anterga (Ilduara Perianes, voz; Juan Manuel Vázquez, tiorba; e Irma Fernández, órgano) tocarán Cantigas de Amigo e Cantigas de Alfonso X o Sabio. E o 28 de agosto o Grupo de Música Antiga 1500, de música renacentista para voz, organeto, corda e percusión antiga interpretará música dos trobadores.

Maiores e pequenos déronse cita na Feira do Viño de Monterrei./BORYS INTERFILM

“Esforzo e traballo” foron os conceptos claves que subliñou o presidente da Xunta ao referirse á Denominación de Orixe Monterrei, xa que “nas 25 adegas desta denominación estase sabendo conseguir esa mezcla entre tradición e modernidade que está a supoñer un dos rasgos distintivos dos viños galegos e que lles está valendo un merecido recoñecemento mundial”. Ademais, subliñou que o sector vitivínicola se caracteriza por un “espíritu innovador nestes tempos complicados”. Pola súa banda, o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Antonio Ángel Méndez Atanes, recordou a necesidade de revalorizar os recursos da zona -como Castelo de

Monterrei e Camiño Real-. Superando fronteiras A gran calidade destes caldos, froito das particularidades do clima e o solo da zona, situounos no mapa vitivinícola internacional, superando o millón de etiquetas repartidas ao longo deste ano, a súa exportación a países como Reino Unido, Alemania, Holanda, México ou Estados Unidos, e a posibilidade de continuar a abrirse paso “en novos mercados nos que ata agora era un produto descoñecido”, segundo indicou Jiménz Morán.

Nesta edición participaron 14 das 25 adegas pertencentes á D.O. Monterrei


OCIO E CULTURA

Segue o ocio por toda a provincia Durante a época estival actividades lúdicas e verbenas repártense por toda a nosa provincia. Pequenos e maiores, veciños e visitantes poden gozar no verán dun amplo abano de opcións de ocio, entre outras, nas comarcas de Monterrei e A Limia. Xogos tradicionais, deportes, obradoiros de manualidades e novas tecnoloxías ou cursos de idiomas son só algunhas delas.

O Ourense Lúdico busca fomentar os xogos entre os máis pequenos a través da historia e a tradición galegas ao ensinarlles xogos tan antigos como son o aro, a billarda e os bolos. Tamén están en Sandiás os martes de 16 a 18 horas ata setembro. Vilar de Santos Obradoiros de novas tecnoloxías (os luns e xoves), cursos de natación (todos os luns), ximnasia na auga (os xoves) e o programa “Educando no lecer” (martes, mércores e venres) son algunhas das actividades que Vilar de Santos está a organizar durante os meses de xullo e agosto.

A visita ás piscinas municipais non pode faltar no ocio infantil en época estival.

Trasmiras O Concello de Trasmiras é outra das localidades que este verán aposta por que os seus veciños combinen deporte e lecer. Os máis pequenos poden participar nas escolas deportivas de verán – que se realizan dous días ata finais de agosto- e nun-

has olimpiadas – que se celebrarán o 27 deste mesmo mes-. Ademais, permanecen abertas de martes a domingo as piscinas municipais. Para completar a oferta de ocio, o concello mantén aberta ao público durante todas as mañás - de luns a venres- da súa Casa da Cultura, onde se ofertan servizos de biblioteca, internet e actividades didácticas para os máis cativos.

Os menores son o público obxectivo de moitas das actividades deste verán nos concellos.

Vilardevós O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas da comarca de Verín vén de abrir o prazo de inscrición nos Obradoiros da Escola de Consumo da Xunta de Galicia, que o luns 29 de agosto achegaranse a Vilardevós. No Centro de Interpretación do Contrabando haberá, de 16 a 18 horas, os obradoiros “A nosa fábri-

Xinzo de Limia Logo de 17 anos de existencia o Ourense Lúdico chega por primeira vez á capital da Limia. En Xinzo os xogos tradicionais, talleres, papiroflexia e pintura terán lugar todos os martes de xullo, agosto e a primeira semana de setembro de 18.30 a 20.30 horas en diversos puntos da localidade.

Oímbra Pola súa banda, Oímbra conta con ludoteca todas as mañás con gimkanas, informática ou xogos na Alameda do Concello.

Ademais, o 20 de agosto Javier Muro escenificará na localidade a súa “Fantasía Máxica”.

19

4AXENDA

4Ao igual que na maioría das localidades, actividades lúdicas e festas no faltarán nas comarcas da Limia e Monterrei ao longo de todo o verán. Redacción

BARRIOS Agosto de 2011

ca de xoguetes” e “Imos crear un videoxogo”, cos que se busca fomentar entre os cativos o espírito de traballo e compañeirismo, á vez que se divirten. Rairiz de Veiga Durante xullo e agosto, de 6 a 8 da tarde de luns a venres, a piscina municipal desta localidade é o escenario da biblioteca e a ludoteca. Ademais, os nenos dispoñen, ata o 26 de agosto, de aulas de verán – con manualidades, xogos, reciclaxe, etc.- que se realizan os días laborais polas mañás. Seguen, ademais, os curso de inglés e de natación tanto para nenos como para adultos. O verán chegará ao seu fin para os veciños de Rairiz de man da súa histórica Romería da Saínza, que terá lugar entre os días 24 e 26 de setembro.

- 25 de agosto- “La luna y seis peniques”- 22.45 h. - Casa da Cultura de Verín Gastronomía - 20 e 21 de agosto – Festa da empanada – Allariz - 3 e 4 de setembro – Festa do doce, melindre e amendoado - Allariz Deportes - 20 de agosto- 40 aniversario do Antela F.C. - 17 h. - Campo de A Moreira (Xinzo de Lima) - 28 de agosto - Partido de veteráns do Antela F.C. e o R.C. Celta de Vigo - 11 h. - Campo da Moreira de Xinzo - 18 e 20 de agosto Campionato de billarda – Campo da Barreira de Allariz – Inscripcións ata o mércores 17 - 20 de agosto- Regata de piragüismo/Copa Deputación – 12 h. – Embarcadoiro da Alameda de Allariz - 20 de agosto- XXII Triatlón Vila de Allariz – 18 h. – Alameda de Allariz Feiras - 23 de agosto: Rairiz de Veiga e Verín - 27 de agosto: Xinzo - 1º domingo de setembro: Sandiás - 2 de setembro: Calvos de Randín - 3 de setembro: Verín - 5 de setembro: Cualedro - 8 de setembro: Baltar - 9 de setembro: Vilar de Barrio Outros - Os luns – Ourense Lúdico- Vilar de Barrio - Os martes – Ourense Lúdico- de 16 a 18 h – Sandiás - Os martes – Ourense Lúdico- de 18.30 a 20.30 h – Xinzo de Limia - 19, 20 e 21 de agosto - Festa do Esquecemento - Xinzo - 20 de agosto - Obradoiro de coiro - 19 h. - rúa Galicia de Xinzo - 21 de agosto - Obradoiro de barro - 12 h. - Rúa Galicia de Xinzo - 11 de setembro – Feira de Artesanía “Arte de Man” – Praza Maior e Praza de Abaixo de Allariz + en www.mundourense.com


20

BARRIOS Agosto de 2011

OCIO E CULTURA

4TRIBUNA ABERTA

4DESDE

O OUTRO LADO DA RAIA De Messi a Ronaldo

A taberna do Lorenzo Non teño xeito de esquecer todos aqueles locais, onde antano cheiraba a viño. Ese cheiriño único de taberna, por prescrición facultativa, onde se pasaba por alto precisamente os mandatos imperativos daqueles doctores que pregoaban que o exceso de branco ou tinto era prexudicial para a saúde, pero que o alterne moderado, “pululando” de tasca en tasca, en pandilla ou en solitario, en cambio era moi bo para o benestar, iso si… facéndoo con ledicia, amizade e sobre todo con xenerosidade… Verín, foi un pobo de “alterne”, onde as xentes saían en pandillas a tomar a chiquita, con espiritu de grupo, de unión, de xolda. Cando neno, no meu barrio natal, na rúa Mariano Carrero, pretiño das “Portas de Madrid”, casco histórico de Verín, os rapaces no verán, fartos de xogar ceibes, entrábamos nos bares a pedir o vasiño de auga para refrescar a gorxa. Eu tiña o meu preferido. Facendo esquina rúa do Pozo coa rúa da Cruz a taberna do Lorenzo, que precisamente non era o sitio de beber auga. Amigo e cómplice do meu pai en peripecias nocturnas en tempos de xuventude, sempre que o visitaba dábame unha pesetiña para comprar chucherías na “Purita”.Xurdían alí peripecias enxebres daquel Verín de “serenata directa ao corazón”. Xuntábanse moitos e diversos personaxes, veciños e viaxantes que andaban de paso e facían noite en Verín. Era lugar máxico, onde Mariano o “Titá” enrevesada as cartas cun cruce de mans diabólico que case que era imposible acertar, sen trampa, pelo! O sr. Benito Vento, fontaneiro, perfumaba o ambiente coa súa inseparable pipa, sempre en erupción; o sr. Gerardo “O enterrador” tamén alcumado “Pirri”, entraba pola porta

da retaguardia saltando da bicicleta de forma incrible e pousando os pes ao ritmo pendular da súa prexudicada cadeira que o delataba cunha notable coxeira. Din que xogando ao futbol na Granxa, un central contundente foi quen o lesionou. Tamén eran fixos o sr. Enrique “Cardoso”, zapateiro e repartidor de periódicos, os tres Luises “O Sacristán”, “O da Brigadilla” e ”O Ciélaga”; o factor de Renfe Marciano Izquierdo Dehutrill; o “Saro” avogado de profesión e que segundo a miña nai, de mozo cantaba e tocaba a guitarra moi ben; os irmáns Digno e Luis Pallin; o sr. Severino “O pándigo”; o “Carranchas” de Ourense, e moitos outros que coma se acostuma dicir “xente de bon vivir e de bon beber”. Ao solpor, entre lusco e fusco, e cando as tazas xa eran de ida e volta, xurdía de forma espontánea a voz clara do Lorenzo que arrastraba a clientela ao acompañamiento para fundir en doce melodía as notas da súa canción preferida “Estoy celoso no puedo negarlo” ou dunha rancheira, ou dun bolero pero con sentimento, que se esfumaban placidamente polos recunchos do casco vello, sempre coa mesma dirección, “para ela…”, e que os rapaces, ao sentir que había cante no Lorenzo asomábamos a cachola pola porta da rúa do Pozo e quedábamos parvos escoitando… Lorenzo de Lorenzo e García formou parte do grupo bucólico-musical “Los Nocturnos” que xunto con Chelis Vázquez, Poncho da “Alyla” e Casiano nos cincuenta deleitaban o persoal nos teatros da “Marita”, no cine “Oterino” e no “Buenos Aires”, pero sempre dispostos, segundo me contan, para cantar serenatas as mozas ou noivas cando os amigos llo pedían.

Era curiosa a decoración da taberna, simplemente a parede en branco e na parte frontal por detrás da barra, un feixe de mensaxes, firmas e debuxos escritos de puño e letra polos propios clientes. Chamaba a atención unha frase que rezaba “Nunca máis se soubo del” e que hoxe en día, é recordado con nostalxia por moitos que alí alternaron, sendo o significado do escrito patrimonio da imaxinación de cada quen… Paseando polo meu barrio, e ao pasar por diante das casas, vou nomeando un por un os nomes das persoas que alí viviron e pónseme a pel de pita, ver as casiñas pechadas, alguhas en ruinas incluso desmoronandose pouco a pouco (se non se pon remedio), cando ao mirar un tempo atrás, estaban cheas de xente, tomando o fresco no verán ao pé dos portais, falando uns cos outros das cousas do día. E ao chegar a taberna do Lorenzo, o recordo dos bares e do ambiente de entonces fixo que xurdiran estas letras, centrándome esta vez nesta taberna, que sen dúbida forma parte da miña infancia. Eu coñecín os derradeiros anos da vida do sr. Lorenzo e tiven o pracer de escoitar cantar na súa taberna, que supoño influiría algo no gusto que teño de tomar un viño cos amigos e como non, arrancar unha cantiga espontánea, que ao pouquiño, contaxia aos do redor, acabando todos a unha, costume que non se debería esquecer xamais, e case que me é imposible pasar por diante deste local e non recordalo, porque contan os maiores, que o seu dono foi ademais de boa persoa, un bon amigo “e diso, teño eu aquí o recibo”. Miguel A. Prieto Sotelo, “Chita”

Inventar, crear ou descobrir. Cal destas palabras define mellor a tarefa do adestrador na procura da mellor equipa e o seu sistema de xogo? Combinar xogadores é o puzzle que corroe a cabeza dun adestrador durante a época. Nese contexto, a construción de Mourinho é máis difícil que a de Guardiola porque ten que crear referencias para o equipo, en canto o outro “apenas” ten que descubrir o mellor local para que elas se encaixen e expriman no xogo. Os dous equipos xogan de forma diferente e as súas superestrelas parecem feitas á imaxe desa ideoloxía. Messi máis tricotado no control e finta esquiva medio do xogo apoiado de toque e pase. Ronaldo máis explosivo co

4HUMOR

balón durante longos metros, nun fútbol en ataque rápido, a querer chegar á portería en poucos toques. Agora imaxinen estas dúas realidades invertidas. Messi xogando no Real e Ronaldo no Barça. Claro que os xenios encontrarían sempre solución mais non é tan fácil. Vexan só como sofre Messi no esquema sen rutinas da selección arxentina. No contraste Real-Barça, porén, perturba máis imaxinar a Ronaldo, que case pide um latifundio de céspede para estender o seu xogo de velocidade, finta e remate, con ese espazo de explosión limitado. Ao revés, Messi, con maior espazo, até pode recuar máis e sair serpenteando como gusta. Sabe o momento de soltar o balón e Ronaldo sabe o timing de explotar con ela.

Confeso que sempre que vexo Ronaldo xogar, invadindo espazos alleos a pedir ávido o balón, tratándoa despois como obxecto privado, fico coa sensación de que ás veces ser o seu compañeiro de equipo non debe ser fácil. En Messi, mesmo co egoísmo pícaro de fútbol de rúa, nótase outra participación no xogo colectivo de pase. Concluindo, é obrigatorio colocalos no podium sen esquecer os artifices que fan brillar a grande estrela cintilante que é Messi, falo de Xavi e Iniesta. Será que no Real Madrid o seu desempeño sería igual? Será lexítimo comparalo co mítico Maradona? Atención que acaba de chegar ao fútbol español un gran diamante en bruto e que ten que ser pulido – Fabio Coentrão…! João Damião

[http://oemigrantedopazo.blogspot.com/]


DEPORTES

BARRIOS Agosto de 2011

21

Os quads voltaron a competir en Xinzo de Limia 4 Na terceira proba do Campionato Galego da disciplina. R.T. O circuíto de A Tapada foi o escenario, o primeiro domingo de agosto, da terceira proba do Campionato Galego de quads nas categorías de Q-1, Q-2, Q-Aficionados e Iniciación cun gran número de público nas bancadas. En Q1, a vitoria foi para Enrique Pardo, de Burgos, seguido de Ricardo Escudero e Alberto Fiestras que completaron o podio. Os

pilotos locais, Julio Marra e Miguel Ángel Domínguez, ambos da escudería Quad Club Os Queimados de Xinzo de Limia, remataron cuarto e quinto respectivamente. En Q-2, Daniel Ramuiñán, de A Coruña, foi o máis rápido chegando na segunda posición José Pérez por diante do ourensán Héctor Mosquera que foi o terceiro integrante do podio. O piloto local, Roberto Coello foi quinto.

Na categoría afeccionados foi dominada por Daniel Parada, na segunda posición entrou José Antonio Pérez e Guillermo Rodríguez foi terceiro. Benito e Iago Devesa foron cuarto e quinto para conseguir que os cinco primeiros postos da categoría foran do equipo local Os Queimados. En iniciación, Iago Fernández foi o vencedor por diante de Pablo Nogueira e Francisco Álvarez.

Os quads fixeron en A Tapada as delicias dos espectadores.

Verín recibe a Volta Ciclista a España

En bici ata o lago de Sanabria

4 A etapa comezará en Verín e rematará en Manzaneda.

4O domingo 28 de agosto.

R. Torres O mércores 31 de agosto, Verín vestirase de gala para recibir á serpe multicor que conforma o pelotón da volta ciclista a España 2011. A undécima etapa da 66 edición da volta a España dará comezo na localidade ourensá de Verín logo de chegar a caravana da volta desde Salamanca trala contrarreloxo que se disputará dous días antes -o martes 30 será unha xornada de descanso para o pelotón-. O remate da etapa terá lugar na estación de montaña de Manzaneda sendo a primeira vez (final inédito da volta) que os ciclistas rematan neste alto. A etapa conta

con 171 quilómetros nos que se subirán ademais do de Manzaneda outros tres altos repartidos ao longo de toda a etapa. O primeiros deles é no quilómetro 10 de carreira, no alto de Fumaces (terceira categoría); o segundo é o alto de Mourisca no quilómetro 63, terceira categoría, igual que o terceiro, o alto da Ermida a 36 quilómetros da meta. O porto de Manzaneda é un alto de 1.760 metros e ten unha distancia de 30 quilómetros, propicio para que haxa cambios na clasificación xeral na disputa do maillot vermello que acredita ao ciclista líder da clasficación xeral.

Redacción O Club Ciclista Verín organiza unha excursión en bici ata o lago de Sanabria para o domingo 28 de agosto e sobre unha distancia de 100 quilómetros. A saída terá lugar ás 8.30 horas no pavillón de deportes verinés (rúa Irmáns Moreno). A chegada a Sanabria esta calculada para as 14 horas, hora na que está previsto o xantar

Inscricións A inscrición para socios e familiares e menores de 12 anos é gratuíta mentres que os non socios maiores de 12 anos deberán pagar 10 euros por persoa antes do mércores 24 de agosto na conta que ten o club ciclista

100 quilómetros esperan aos participantes ata Sanabria.

Vilaza FS, campión da VI liga de verán de fútbol sala de Monterrei 4 O Rosal foi o segundo clasificado. Redacción

Carmen Pardo presentou no Pazo provincial da Deputación de Ourense a etapa da volta que comeza en Verín.

campestre nos arredores do lago a base de empanada, tortilla española, xamón serrano, queixo, bica, froita, e bebidas variadas.

en La Caixa (hai que facer constar nome e apelidos e número de persoas asistentes). Durante o tempo de permanencia no lago poderase gozar, ademais da comida campestre, dun baño e recreo pola zona. Para o regreso cada participante deberá ter alguén que dispoña de coche para levalo de volta a Verín; para

Rematada a sexta edición da liga de verán de fútbol sala de Monterrei 2011, o campión foi o equipo de Vilaza (31 puntos) tras un gran campionato no que tan só perdeu un partido contra o Rosal, á postre segundo clasificado do torneo con 21 puntos. Na terceira posición rematou o equipo de Cua-

ledro (20 puntos) despois de ter as súas posiblidades de acadar a segunda praza na derradeira xornada do campionato, pero o empate a seis final na derradeira xornada de liga contra o Rosal decantou para éste o subcampionato ligueiro. Maior nivel nos equipos O maior nivel dos xogadores dos distintos equipos participantes nesta sexta

edición fixo que este ano fóra a máis disputada de todas as disputadas ata o momento e notarase a emoción e tensión en cada partido e as diferenzas foran moito menores con respecto a edicións anteriores. Na parte baixa, o Madalena foi o pechacancelas da liga con cinco puntos por detrás de Montes que rematou con seis.

coordinar os coches para o regreso pódese contactar con Bicicletas Chinquena. A excursión é libre e cada participante actuará de forma individual e baixo a súa responsabilidade. O Club Ciclista Verín non se fai cargo de ningún incidente, simplemente fixo o deseño do itinerario e organiza a comida.

Polas rutas de contrabando Redacción

O domingo 21, a partir das 7.30 horas comezará a ruta do contrabando sobre un percorrido de 13 quilómetros que pasará polas localidades de Vilardevós (Centro do Contrabando), Ribeira de Vilardevós, Salto do Cabalo, Serra de Penas Libres, Ermida de portas abertas, Florderrei, Baixada da Serra, Picotas e volta ao Centro do Contrabando en Vilardevós. Todos os participantes poderán gozar dunha chocolatada con churros para repor forzas. A inscrición pódese facer chamando ao teléfono 988 417 232.


22

BARRIOS Agosto de 2011

CLASIFICADOS

4EMPREGO

4CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS Urxe vender piso 2 habitacións en Praia América. Negociable. Tel. 636 42 24 97. Alúganse apartamentos en Sanxenxo-Montalvo, a 400 m da praia, de 1 e 2 habitacións, axardinados e chalet en Portonovo con xardín e 3 habitacións. Tel. 607 27 19 16 (tardes-noites). Vendo piso en Verín, 3 dormitorios, 2 baños, salón, cociña, terraza, amoblado, con ascensor, céntrico. Tel.637 090 512 Alugo piso en Verín de 2 dormitorios 2 baños salon e cociña amueblado. Tel. 637 090 512. Alugo piso en Albufereta (Alicante), xullo, agosto e setembro, terraza. Tel: 666 080 665 / 985 366 611. Alúgase apartamento amoblado, novo 2 dormitorios a 100 m da praia Lanzada. Tel. 663 777 690. Vendo piso en r/Bonhome (Ourense). 85 m2. Salón, comedor, 2 dormitorios, baño e cociña amueblada. Piso exterior, 1ª planta, con ascensor. Tel.: 636.171.879. Alugo habitación en Ourense céntrica a chica ou señora. Tel: 687 134 387 Alúgase piso zona universitaria, 4 habitacións, salón, cociña, baño e aseo. Tel. 670 227 667 Alúgase piso en O Couto, amoblado e con calefacción, 3 dormitorios. Tel. 637 00 59 10. Vendo casa en estrada a Santiago (Ourense) con finca. Tel: 637 005 910. Véndese casa en Gustei (ao carón da igrexa), para entrar a vivir. 48.000 euros. Tel: 679 429 257. Vendo ático duplex en r/ San Rosendo (Ourense) 3 habitacións, 2 baños, cociña amoblada, terraza 35 metros,garaxe e trasteiro. Tel: 609 85 20 70. Alúganse pisos de 2 habitacións, 1 baño, salón cociña, amoblados, a partir de 200 euros. Véndese piso en Verín. 2 habitacións, 2 baños, salón, cociña, 3 balcóns, exterior, con arcensor, praza de garaxe, céntrico, oportunidade. 85.000 euros. Tel. ,691 904 846 e 637 090 512. En Gustei véndense 2 fincas: unha de 500 metros cadrados a 40 m de Gustey e outra na zona chamada Bouzo de 1200 metros cadrados. telf: 627 608 758 Véndese finca en zona BarxasCudeiro, a 3km de Ourense, en terreo edificable. 1.800 metros cadrados e excelentes vistas. Tlf: 627608758

VENDAS Vendo portaequipaxes de turismo. Tel: 988 213 518 Vendo tv Samsung 21 pulgadas 50 euros, PS2 con xogos 50 euros tel. 647 628 228. Compro remolque para coche de 2ª man. Tel. 988 37 57 55 Vendo 10 caixas con botellas para embotellar e pileta de baño en bo estado. Telf.: 634 84 30 34 Vendo coche de bebé Jané Carrera 3 pezas (silla+capazo+maxicosi). 120 euros. Tel. 637 75 66 87. Vendo tarima móbil de madeira barnizada.2,00x1,51x0,08 metros. Tel.: 988 239 958. Vendo moto Rieju Pacific seminova, 3.000 km, tel. 988 37 57 55 Vendo Ford Transit 90 cv caixa pechada e tarxeta de transporte, garantía ata outubro. Tel. 627 640 657. Véndese somier de láminas de madeira, 150x190cm. con estructura reforzada de seis puntos. totalmente novo. Prezo: 80 euros. Tel: 647 540 133 Véndense coellos caseiros.6 euros /kilo. Tel. 988.21.38.14 Vendo bolsas de golosinas para aniversarios Tel. 988.21.38.14. Vendo cociña de leña nº 7 Hergom. Tel. 663 034 262 Vendo cuna e moisés de neno a bo prezo. Tel: 988 21 10 59. Vendo Yamaha SR Special 250 ano 93 en perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería e kit de arrastre novo, cambio aceite, alforxas, etc... Regalo cascos, candado, funda e seguro. 1.100 euros, tel.680 568 378. Vendo silla de nenos de 0 a 3 años para coche marca Jané, 50 euros. Tlf: 636 32.95.24. Vendo 50l de aceite de oliva virxe caseiro, con todas as garantías. Tel. 639 28 61 87 Vendo olivos a 400 euros /unidade. Tel. 639 28 61 87. Véndense mobles usados: dormitorio de matrimonio completo, moble librería, tresillo con mesa, cama con somier e colchón de 1,05 m, 6 cadeiras

tapizadas, mobles de cociña. Todo a moi bo prezo. Tel.627 608 758 Vendo hidrolimpiadora monofásica con pouco uso. Tel: 686 938 331 Vendo películas en DVD a 1 euros. Tel: 663 034 262 Vendo Seat Ibiza TDI 90CV, 3 puertas, enganche, única mano, siempre garaje. 1.900 euros transferido Tel: 609 822 076. Vendo Volkswagen Passat 1.9 TDI edition 130CV, 131.000km, del 2004. Tel: 610 886 518. Vendo viño branco Ribeiro, caseiro, a bo prezo. Tel. 696 119 409 Vendo vehículo en moi bo estado.Renault 21, aire acondicionado, peche automático, dirección asistida, gasolina e pintura metalizada. 149.469 km. Tel. 627 608 758. Véndese traxe de festa con chaqueta para muller. Moi barato. 70 euros. Tel. 634 843 034. Vendo leña de carballo. Tel. 630 521 448.

TRABALLO Danse clases particulares en Verín de francés, portugués, italiano, galego, castelán (Primaria, secundaria, Bacharelato, Selectividade). Tel. 639 28 61 87. Ofrécese posto de monitor/a de pilates para clínica de fisioterapia en Ourense. Tel. 662 121 848 e 988 60 43 86. Pintor de oleo e lapis, realizo cadros de paisaxes, bodegóns, marismas... Tamén pinto retratos a lapis de carboncillo.Consultar pola tarde no 667 843 753 ou 988 212 712. Límpanse e desbrózanse fincas. tel. 630 521 448

Chama ao 988 239 634 ou escribe a info@ ourenseporbarrios. com e déixanos o teu anuncio, de balde!

[Máis información: www.cimoemprego.com] O Oferta Nº 979532 Localidade: Ourense Posto ofertado: Dependente de ciber-locutorio. Necesítase persoal, menor de 25 anos e con amplos coñecementos de informática, para realizar tarefas de atención de clientes e apoio en consultas informáticas, nun ciber-locutorio. Ofrécese traballo a tempo parcial en horario de 11:00 a 16:00 ou de 16:00 a 21:00 horas. Imprescindible dispoñibilidade para traballar as fins de semana. Oferta Nº 979531 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empregado/a do fogar (Interno/a). Traballará nun domicilio situado no centro da cidade, encargándose do coidado dun matrimonio de persoas maiores, unha delas dependente, axudándolle no seu aseo, preparando a comida, limpeza, etc. Ofrécese traballo como interno/a, con día e medio libre pola semana. Imprescindible experiencia acreditada no posto e dispoñibilidade para incorporación inmediata. Oferta Nº 979530 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Servizos). mpresa de servizos socio-sanitarios necesita comercial para ofertar os seus servizos a empresas e particulares. Valórase experiencia no sector. Ofrécese traballo a comisión por venda, con flexibilidade de horario. Oferta Nº 979529 Localidade: Ourense Posto ofertado: Dependente de comercio. Traballará nun bazar realizando tarefas de atención ó público, venta, caixa, xestión de pedidos, reposición de mercadoría, etc. Valoran experiencia previa en comercio. Ofrecen traballo a xornada completa en quenda partida, de luns a venres de 09:30 a 13:30 e de 17:00 a 21:00 e os sábados de 10:00 a 13:30. Oferta Nº 979528 Localidade: Ourense Posto ofertado: Auxiliar de clínica. Clínica odontolóxica necesita persoal, para traballar durante o mes de agosto, axudando ao dentista e ocupándose da recepción de pacientes. Imprescindible experiencia no posto ou titulación de Hixienista Dental. Necesarios coñecementos informáticos a nivel usuario. Ofrécese traballo durante un mes e en horario de 09:00 a 13:00 horas. Entre 20 e 35 anos. Oferta Nº 979525 Localidade: Ourense Posto ofertado: Peiteador/a. Realizará, entre outras, as tarefas de corte, peiteado, aplicar tinguiduras, mechas e extensións, nun salón de peiteado situado no centro da cidade. Imprescindible formación de Ciclo Medio ou Superior en Perrucaría. Valoran experiencia previa no posto. Ofrecen traballo a xornada completa en quenda partido de luns a venres e sábados pola mañá. Incorporación inmediata. Oferta Nº 979524 Localidade: Ourense Posto ofertado: Condutor/a de camión - Repartidor/ a. Empresa dedicada á subministración de bebidas a locais de hostalaría necesita persoal para realizar tarefas de repartición, carga e descarga de caixas de botellas e barrís de cervexa. Imprescindible permiso de condu-

cir tipo C. Ofrécese xornada completa a quenda partida de mañá e tarde, de luns a venres. Valorarase experiencia no posto. Ata 50 anos. Oferta Nº 979523 Localidade: Ourense Posto ofertado: Carniceiro/a oficial. ecesítase persoal para realizar tarefas de atención ao público, reposición de mercadorías, despezamento, corte e fileteado de produtos cárnicos para a súa venda. Imprescindible experiencia mínima de dous anos no posto ou similar. Ofrécese traballo a xornada completa. Entre 30 e 56 anos.

restal, Arquitectura Técnica ou Ciclo Superior en madeira e moble, así como titulación de formador de formadores, CAP. ou formador ocupacional. Requírese permiso de conducir B, vehículo propio e dispoñibilidade de horario. Oferta Nº 979505 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empregado/a do fogar. Particular selecciona persoal para tarefas de limpeza, pasalo ferro, cociña e atención de dous nenos/as. Imprescindible experiencia acreditada no posto. Entre 30 e 60 anos.

Oferta Nº 979522 Localidade: Ourense Posto ofertado: Repartidor/a de produtos cárnicos. Empresa selecciona persoal para realizar tarefas repartición, carga e descarga de produtos do sector cárnico. Imprescindible experiencia no reparto destes produtos, permiso de conducir e vehículo propio. Ofrécese traballo a xornada completa. Entre 30 e 56 anos.

Oferta Nº 979500 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axudante de cociña. Establecemento situado na zona dos Viños, necesita persoal con experiencia en cociña, para encargarse de preparar alimentos e elaborar tortillas, croquetas e realizar a limpeza do local. Ofrecen traballo en horario de 19:30 a 00:00 horas, con día libre pola semana. Ata 45 anos.

Oferta Nº 979515 Localidade: Ourense Posto ofertado: Coidador/ a de persoas maiores (Interno/a). Particular selecciona persoal para realizar tarefas de acompañamento dunha persoa maior, administración de medicinas, cociña e limpeza da casa. Ofrécese traballo en horario de venres a luns como interno/a.

Oferta Nº 979497 Localidade: Ourense Posto ofertado: Enterrador/a - Porteador/a. Empresa auxiliar de servizos funerarios necesita persoal para realizar transporte de ataúdes dende o coche fúnebre ata a igrexa e apertura e peche de nichos e sepulturas. Imprescindible dispoñibilidade horaria e permiso de conducir B, valorándose ter vehículo propio e experiencia no sector. Ofrecen traballo por horas.

Oferta Nº 979514 Localidade: San Cibrao das Viñas Posto ofertado: Condutor/a de guindastre autopropulsado. Precísase persoal co permiso de operador de guindastre móbil autopropulsado (categoría B), carné de conducir C+E e dous anos de experiencia no posto, para traballar en obras e servizos puntuais. Imprescindible ter o curso básico de prevención en riscos laborais no sector da construción. Traballo a xornada completa de luns a venres en quenda partida. Oferta Nº 979513 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Enerxía). Empresa do sector da enerxía necesita comerciais con experiencia en vendas para visitar empresas ofertando o cambio de compañía eléctrica. Necesario carné B e ter entre 20 e 45 anos. Xornada completa en quenda partida. Oferta Nº 979512 Localidade: Ourense Posto ofertado: Docente curso “Edificación e obra civil”. Impartirá varios módulos dun curso de formación ocupacional do sector da edificación e obra civil. Requírese experiencia docente en cursos do sector da construción de polo menos 2 anos. Absterse candidatos/ás que non cumpran este requisito. Con formación de Enxeñaría e/ou Arquitectura Técnica, así como titulación de formador de formadores, Curso de Aptitude Pedagóxica ou formador ocupacional. Requírese permiso de conducir B, vehículo propio e dispoñibilidade de horario. Oferta Nº 979506 Localidade: Ourense Posto ofertado: Docente curso “Carpintaría e moble”. Impartirá varios módulos dun curso de formación ocupacional do sector da carpintaría e moble. Requírese experiencia docente en cursos do sector da madeira de polo menos 2 anos. Absterse candidatos/ás que non cumpran este requisito. Con formación de Enxeñaría Fo-

Oferta Nº 979496 Localidade: Ourense Posto ofertado: Licenciado/a en Filoloxía HispánicaPara impartir clases de apoio e recuperación das materias de lingua, galego, latín e grego, nunha academia. Ofrécese traballo a tempo parcial de mañás. Oferta Nº 979495 Localidade: Ourense Posto ofertado: Aprendiz de esteticista. Centro de estética dedicado á realización de uñas de xel, manicura e pedicura selecciona persoal con formación na rama da estética. Ofrécese contrato de formación a xornada completa. De 17 a 24 anos. Oferta Nº 979494 Localidade: Ourense Posto ofertado: Esteticista. Centro de estética dedicado á realización de uñas de xel, manicura e pedicura selecciona persoal con titulación de Ciclo Superior de Estética, rematado nos últimos cinco anos. Ofrécese contrato en prácticas, en horario de 16:00 a 20:30. De 18 a 30 anos. Oferta Nº 979493 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axudante de cociña para fin de semana. Para realizar tarefas de apoio na cociña dun restaurante, durante oito horas os domingos. Valórase experiencia no sector da hostalaría. Oferta Nº 979490 Localidade: Ourense Posto ofertado: Informático/a. Realizará tarefas de deseño de sistemas informáticos, redes e comunicacións así como impartición de accións formativas en ámbito Windows, redes e sistemas. Imprescindible experiencia previa no posto. Requiren titulación de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática de Xestión, Ciclo Superior ou similar. Ofrecen contrato por obra ou servizo con duración anual e posibilidade de prórroga. Xornada completa en quenda partida. De 27 a 42 anos.


PASATEMPOS/ SERVIZOS

BARRIOS Agosto de 2011

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Saudeter, Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo Nº57- Ano: VI - Agosto 2011 - Difusión: 12.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.900, Ed. Verín: 7.100) Impreso en papel 100% reciclado.

4TELÉFONOS DE INTERESE

A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4SUDOKU

4SUDOKU

nivel fácil

nivel difícil

4CARTAS [Envíanos as túas cartas, fotos denuncia ou queixas por correo electrónico a info@ ourenseporbarrios. com, opinion@ourenseporbarrios.com, ou por correo tradicional a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]

4FELICITACIÓNS

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse. Nestes dous sudokus, as dúas liñas diagonais longas (marcadas en gris) deben tamén conter cada un dos números do 1 ao 9.

[Envíanos a túa felicitación coa foto (non fotocopia), o nome e apelidos, o día e o mes, o motivo da felicitación (aniversario, voda, santo, etc.) e o texto que desexes publicar a: Ourense por Barrios, r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense ou a info@ ourenseporbarrios. com. Indícanos un teléfono de contacto]

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

Verín - Xinzo - Ourense Laborables: 06:15 - 08:00 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sábados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00 Ourense - Xinzo - Verín Laborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 20:15 (aut.) - Domingos e festivos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.) Videferre - Verín Saídas: 09:00 - 12:30 - Regresos: 11:45 - 13:45 - 18:30 Campos - Verín Saídas: 07:45 - Regreso: 13:00 Viana - Gudiña - Verín Saída: 09:30 - Regreso: 13:00 Feces de Abaixo - Verín Saídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00 Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Verín - Videferre (feiras) Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e venres ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xoves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZO A Madrid (Auto Res): Diario: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Guardia Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmirás Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Guardia Civil Estación de autobuses Centro de saúde Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia ITV Incendios forestais Fenosa (averías)

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258 988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 902 309 000 085 988 222 222


BARRIOS Agosto de 2011


19, 20 e 21 de agosto: Festa do Esquecemento [páx.16-17]

TEMA DO MES Páx.2

TEMA DO MES Páx.2

VERÍN

Páx.4

Queimadas máis de 800 hectáreas no que vai de agosto

Canto gañan os nosos Aprobado o orzamenpolíticos? Quen é o to municipal de 2011: alcalde mellor pagado? 8 millóns de euros

VERÍN

Páx.6

A ampliación do polígono de Pazos obriga a expropiar 111 fincas

DEPORTES

Páx.21

Verín recibe a Volta Ciclista a España o mércores 31 de agosto

É tempo de diversión!

[especial OCIO E CULTURA páx.14-19]

Un dos grupos participantes na actuación das Xornadas de Folclore en Verín./CdV.

Número: 57 - Ano:VI - Agosto 2011- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.