20 de xaneiro de 2016 - Barrios

Page 1

Plácido Romero presenta o documental “Cesteando” TEMA DO MES Páx.2

VERÍN

Páx.4

As comarcas perderon Verín recibe un 8.600 habitantes na remolque equipado última década para emerxencias

XINZO

Páx.9

Asinado o convenio do proxecto Life Regenera Limia

ALLARIZ

Páx.11

Os Museo reabrirán a finais de febreiro con nova programación

[Páx. 14]

CELANOVA Páx. 14 A Fundación Curros Enríquez recibiu 9.400 visitantes

A entroidar! [Especial entroidos de Xinzo, Verín, Laza e Maceda en páx. 20-22]

[Páx. 16]

En liberdade os detidos pola morte do cura de Vilanova dos Infantes Un dos detidos á súa chegada ao xulgado de Celanova. // O Domingo Fareleiro abriu o Entroido de Xinzo./BRAIS LORENZO.

Número: 21 - Ano: XI - Xaneiro 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xaneiro de 2016

TEMA DO MES

Monterrei, A Limia, Allariz e Terra de Celanova perderon máis de 8.600 habitantes na última década 4 Nos últimos dez anos Allariz, Xinzo e Verín aumentaron poboación, mentres que Celanova reduciu o seu número de veciños. P.L. As comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz-Maceda e Terra de Celanova perderon máis de 8.600 habitantes na última década, segundo se desprende da última actualización do Padrón municipal. Os datos de xaneiro de 2015 sitúan a poboación das catro comarcas en 81.439 habitantes, 1.466 menos que en 2014, e 8.604 menos que en 2005. Unha realidade que non se aparta da que vive toda a provincia: Ourense perdeu máis de 21.000 habitantes no mesmo período. O saldo vexetativo (máis defuncións que nacementos) xunto á emigración dos mozos debido á crise económica están detrás destas cifras. A peor, a comarca de Celanova Desagregados por bisbarras, a que peor saldo ofrece é a de Terra de Celanova, con 3.596 veciños menos que hai unha década. Séguelle A Limia, con 2.741

Allariz foi o concello que gañou máis habitantes nesta década: 698

habitantes menos, e Monterrei, con 1.616. Allariz-Maceda só perdeu nestes dez anos 654 censados, aínda que hai que ter en conta que se trata da comarca máis pequena (só seis municipios) das catro. Desta tendencia demográfica negativa só se salvan as cabeceiras comarcais, e non todas. Allariz nada contracorrente, e ten agora 698 empadroados máis que en 2005. Verín tamén arroxa un dato positivo: 401 veciños máis no mesmo período, e Xinzo logra aumentar a súa poboación en 113 habitantes. Pola contra, Celanova amosa un saldo negativo: perdeu en dous lustros 614 persoas empadroadas. O seu alcalde, José Luis Ferro, recoñecu que a baixada é “negativa” pero non “alarmante”. Con todo, o rexedor considera que ao ser cabeceira comarcal “sabemos que temos máis habitantes que os empadroados, moitos veñen a traballar acá e viven na vila”. No resto de municipios das catro comarcas, o peor balance é, en termos absolutos, o de Cartelle: 700 veciños menos nunha década. A menor perda poboacional sófrea Pontedeva, con 26 habitantes menos (agora ten 600).

4 Axudas á natalidade Para tratar de reverter esta situación e fomentar a natalidade, a Xunta lanzou a Tarxeta Benvida, que achegará 100 euros ao mes para os nenos e nenas que nazan a partir de 2016. Tamén a Deputación de Ourense implantará este ano o primeiro plan provincial de apoio á natalidade, para o que destinará 800.000 euros. A nivel municipal, Celanova quere fomentar os empadroamentos con axudas fiscais. “Aínda non está definido, pero crearemos algo así como un carné de cidadán, con varios requisitos, o de estar empadroado será imprescindible, e terán bonificacións nos servizos municipais”, explicaba o seu alcalde. En canto a fomentar a natalidade cunha axuda económica, Ferro non comparte este tipo de políticas. “É unha axuda, claro está, pero non creo que ninguén vaia ter fillos por iso”. O rexedor prefire traballar en medidas de conciliación da vida laboral e familiar.

4CIFRAS DE POBOACIÓN TRALA REVISIÓN DO PADRÓN MUNICIPAL


TEMA DO MES

BARRIOS Xaneiro de 2016

SÉTIMO OBSERVATORIO ECONÓMICO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

En 79 dos 92 concellos ourensáns hai máis pensionistas que afiliados á Seguridade Social 4 Aumentar a taxa de actividade é o gran reto da economía ourensá. P. Lodeiro A Deputación de Ourense vén de presentar o sétimo informe do seu Observatorio Económico, que nesta ocasión retrata, comarca a comarca e concello a concello, a relación existente entre os dous colectivos que sustentan o PIB e a renda das familias: os traballadores activos e os pensionistas. Dos datos dedúcese unha realidade: as pensións seguen a ser a principal fonte de ingresos na nosa provincia. De feito, en 11 das 12 comarcas e en 79 dos 92 municipios ourensáns, o censo dos perceptores de pensións contributivas é maior que o dos traballadores afiliados á Seguridade Social. No caso concreto das comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz-Maceda e Terra de Celanova, só salvan os mobles os municipios de Allariz (cunha relación entre afiliados e

A proporción de activos sobre pensionistas leva mellorando desde comezos de 2014

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o autor do estudo, Andrés Mazaira, na presentación do Observatorio Económico de Ourense ante alcaldes da provincia e representantes do mundo empresarial./P.L. pensionistas de 1,30), Xinzo (1,26) e Verín (1,23). Á cola do ránking, sitúanse os concellos de Vilardevós (0,42), Quintela de Leirado (0,41) e Calvos de Randín (0,40). Os expertos fixan na proporción de 1,7 afiliados por pensionista o punto de corte que marca a viabilidade do actual sistema de pensións. Afiliacións Con todo, un dato para o optimismo: a proporción

de activos sobre pensionistas leva mellorando na provincia desde comezos de 2014. Iso si, en 2015 a evolución positiva das afiliacións foi máis feble que un ano antes: só un 0,34% máis fronte ao 1,14% do período anterior. “Iso xa dá idea de cómo se está dando ese proceso de ralentización que no fondo se enmarca nunha realidade económica global de incerteza”, apunta o profesor universitario Andrés

Mazaira, autor do estudo. Mazaira resalta que é na taxa da actividade onde está o cabalo de batalla da economía ourensá. “Temos que pensar no horizonte 2020, o obxectivo de taxa de actividade que se marca a UE é polo menos do 74%, a realidade é que temos unha taxa de actividade que queda case 20 puntos por debaixo da que temos que ter, e iso é no que temos que traballar”, apunta.

Valoración política A valoración política que fai o presidente da Deputación de Ourense era algo máis optimista. Manuel Baltar recalcaba que “levamos tres semestres consecutivos recuperando (o crecemento neto do emprego), é dicir, estamos nunha fase na que se pode falar de recuperación, de estabilidade, de fornecemento, creo que o escenario é un escenario válido para poder programar”. Baltar ve o Observatorio Económico “como unha ferramenta de traballo moi importante para adoptar decisións públicas”; do contido deste último informe conclúe que segue a ser un obxectivo principal “incrementar as afiliacións á Seguridade Social”, así como “o reimpulso do medio rural” que é “unha obviedade na que a Deputación está comprometida”. O político tamén centra a súa análise no “reto” demográfico. Baltar di que é preciso “cambiar a visión fatalista en canto ao envellecemento da poboación, cambiar o chip e velo como unha cuestión posi-

tiva, e despois entre todos sexamos capaces de poñer en marchas decisións públicas que fagan que a demografía non sexa unha preocupación”. Nesa liña, apunta ao Plan de apoio á natalidade que vai pór en marcha a institución provincial este ano. As pensións máis baixas Andrés Mazaira tamén explicou que a nómina total de pensións percibidas por ourensáns –con datos de 2014- sitúase próxima aos mil millóns de euros, representando o 12,7% da totalidade da nómina galega. Ao mesmo tempo, a poboación ourensá maior de 65 anos representa dous puntos máis no conxunto da comunidade. Un dato que se xustifica, analiza o profesor, no feito de que o importe medio da pensión ourensá (748,71 euros) é máis baixo que o galego (848,05 euros); “isto ten moito que ver coa pensión da muller, temos que prestarlle moita atención á problemática da muller”, recalca o experto. O importe medio da pensión das mulleres ourensás é de 665 euros.


BARRIOS Xaneiro de 2016

VERÍN E COMARCA

Remata a perforación do túnel do Corno 4 O túnel, de 8.583m, é o máis longo dos que se executan no tramo Zamora-Ourense.

4 Os concellos de Verín, Xinzo e Maceda recibiron remolques equipados. Redacción

Redacción Adif Alta Velocidade concluíu a perforación do túnel do Corno (vía esquerda), estrutura situada no subtramo CerdedeloPrado, en Laza. O túnel do Corno, cos seus 8.583 m de lonxitude, é o máis longo dos que se executan no tramo Zamora-Ourense, único segmento en construción da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia tras a posta en servizo do tramo Olmedo-Zamora. En paralelo, constrúese o tubo para a vía dereita, obxecto doutro contrato. Da súa lonxitude total, 8.534 m escávanse en mina

11 municipios reciben material para emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, fixo entrega de catro vehículos e sete

remolques con material de intervención de emerxencias a once entidades locais da provincia de Ourense. O acto tivo lugar no recinto feiral de Expourense

o pasado día 16 e contou coa presenza da delegada territorial na provincia, Marisol Díaz Mouteira. A achega do material realizouse ao abeiro dunha orde

Imaxe aérea do túnel do Corno./CEDIDA. (baixo terreo natural) e o resto corresponde ás estruturas en túnel artificial previstas en ambas as bocas para mellorar a integración ambiental da obra.

O director xeral de Emerxencias e Interior e a delegada da Xunta en Ourense, con representantes de 11 concellos, durante a entrega de catro pick ups e sete remolques./R.T.

de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para equipar en emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes. En concreto, entregáronse catro todoterreos pick up para os concellos de Avión, O Barco de Valdeorras, A Mezquita e Viana do Bolo; e sete remolques de emerxencias para O Carballiño, Verín, Xinzo de Limia, Maceda, Piñor, Ribadavia e a agrupación de concellos de Laza. O investimento superou os 270.000 euros. Os remolques veñen equipados con electrobombas sumerxibles, motobombas para augas residuais, xerador de electricidade portátil de gasolina, motoserras, rozadoras, unha torre de iluminación e un kit de balizamento e sinalización.

Ao abeiro dunha subvención para equipar en emerxencias os concellos


VERÍN E COMARCA

O IES García Barbón realiza un Programa bianual de formación permanente do profesorado O programa bianual de formación permanente do profesorado que se realiza no instituto García Barbón pretende dar a coñecer e potenciar o uso na aula de distintas aplicacións da web 2.0, co asesoramento técnico e a axuda económica do Centro de Profesores de Verín –do seu asesor Serafín Vazquez- e a coordinación no centro do profesor Adrián Fernández. Durante este curso, tivo lugar un Curso de Formación de 9 horas –no primeiro trimestre (ver http://barbonticverin.blogspot.com) - e ao longo do segundo trimestre o profesorado seguirá o seu proceso formativo no centro, mediante o traballo en grupo e a posta en práctica na aula dos coñecementos e habilidades adquiridas. No IES García Barbón queren potenciar o uso das TIC e a súa aplicación na aula. Por iso, ca liña de formación proposta neste programa, preténdese lograr o manexo de diferentes ferramentas que proporciona a web 2.0 (Symbaloo, Netvibes e Google Drive -entre outros-) e implementar os recur-

sos e materias na práctica educativa servíndose para compartilos de espazos vituais (blogs, páxinas web e aula virtual). Cada un dos profesores do Programa de Formación Permanente –sumáronse 21 docentes- creou un blog de aula –edublogque utilizará para mellorar a aprendizaxe dos estudantes.

o recoñecemento doutros orientadores e orientadoras –que son os que votan neste galardón-. Dentro da categoría de “Grupo, comunidad o proyecto virtual relacionado con la orientación educativa” o terceiro premio foi para: Blogorientación automática (D. Veiga) -http:// blogorientando.blogspot. com.es-.

Premio para un blog de Orientación do centro A finais do mes de decembro de 2015 tivo lugar a entrega dos Premios Orientapas de Orientación e TIC –pode verse no blog http://orientapas.blogspot. com.es/ -. O premio Orientapas 2015 non ten dotación económica, pero implica

Nova convocatoria do Premio de Blogs para os estudantes Un curso máis, O IES García Barbón convoca a novena edición do Premio de Blogs escolares. Toda a información de utilidade sobre o premio pode consultarse en: http://premioblogs2015. blogspot.com.

EN BREVE 4 Atropelo mortal en Verín Os accidentes de tráfico cobráronse o domingo 17 de xaneiro a primeira vítima mortal do ano en Verín. Un peatón que paseaba pola avenida de Sousas foi atropelado por un coche na mañá do domingo. O home foi trasladado ao hospital onde faleceu a consecuencia das graves lesións.

Hospital Comarcal de Valdeorras, Guillermina Agulla, que retorna á xerencia do Hospital de Verín, que ocupou entre os anos 2010 e 2013, substituindo a Antonia González Araujo, que cesa a petición propia para voltar ao seu traballo asistencial. Guillermina Agulla é licenciada en Medicina

A Garda Civil de Verín detivo unha muller como presunta autora dun delito de furto de 700 euros no domicilio dun veciño da localidade. A muller aproveitara que a vítima, un ancián de 89 anos, a invitara a tomar café, para botarlle un somnífero na bebida e así poder facerse cos cartos, que roubou en varios días.

4 Castrelo do Val continúa co seu ciclo sobre arqueoloxía O Concello de Castrelo do Val continúa co ciclo de conferencias sobre “Arqueoloxía Transfronteiriza”. A próxima sesión analizará a estela de Pedra Alta, un dos achádegos arqueolóxicos atopados neste municipio. Será o sábado 23 de xaneiro, e correrá a cargo do profesor Manuel Santos Estévez. A conferencia terá lugar na casa do Concello ás 18 horas.

4 “As cores do Jazz”, na sala de exposicións

4 O Sergas reorganiza o seu equipo directivo na provincia. A Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras vén de acometer unha reorganización do seu equipo directivo. Entre os cambios, a ata agora responsable do

4 Róubanlle 700 euros tras botarlle un somnífero no café

Guillermina Agulla regresa á xerencia do hospital de Verín Redacción

BARRIOS Xaneiro de 2016

Guillermina Agulla. e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, conta cunha dilatada traxectoria no ámbito da xestión sanitaria. Desde 2005, está vencellada á sanidade pública de Ourense.

Ata o 29 de febreiro permanece exposta na sala de exposicións de Verín a mostra “As cores do Jazz” dos artistas Xosé Rivada e Iria Blanco. “As cores do Jazz” ‘conxela’ a través dos cadros da pintora viguesa e das esculturas do escultopintor verinés a improvisación característica do espírito jazzístico.


BARRIOS Xaneiro de 2016

VERÍN E COMARCA

AEVER reparte 1.000 euros na súa promoción de Nadal

Campaña de compostaxe da Deputación en 50 concellos Redacción A Deputación, xunto con Sogama, vén de comezar unha campaña de compostaxe doméstica nos 50 concellos da provincia que teñen a súas competencias delegadas na entidade provincial: Amoeiro, Avión, Baltar, Bande, Beariz, Boborás, A Bola, Os Blancos, Calvos de Randín, O Carballiño, Carballeda de Valdeorras, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Coles, Entrimo, A Gudiña, O Irixo, Larouco, Lobeira, Lobios, Manzaneda, Montederramo, Muíños, Padrenda, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Petín, Pobra de Trives, Porqueira, Punxín, Rairiz de Veiga, Ribadavia, A Rúa, Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Xoán de Río, Sandiás, Sarreaus, A Teixeira, Toén, Trasmiras, A Veiga, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia. Accións Entre as accións que se levarán a cabo na campaña inclúense carpas informativas nos concellos, nas que os veciños interesados en participar poderán inscribirse no programa; a formación dos participantes; a entrega dos composteiros aos mesmos; e a realización de mesas redondas abertas para a posta en común da campaña.

Entrega do premio de 1.000 euros de AEVER./CdV.

O presidente da Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER), Santos Álvarez, o xerente do colectivo, José Ángel Rodicio, e as concelleiras de Turismo, Purificación Caldelas, e Cultura, Emilia Somoza, fixeron entrega a Gloria Castro Fariñas do premio de 1.000 euros correspondente á promoción “Este Nadal merca en Verín” . No sorteo, que coincidiu coa visita dos Bolechas ao Pavillón Municipal de Verín, participaron todas aquelas persoas que compraron ou consumiron nos estableementos asociados a AEVER, entre o 4 de decembro e o 3 de xaneiro. A gañadora puido gozar do seu premio realizando compras por un importe de mil euros en, polo menos, cinco comercios asociados a AEVER, non podendo gastar máis de 200 euros en cada un deles.

Clausurado o proxecto interxeracional “Cando xogo contigo”

Cativos e maiores participantes no proxecto interxeracional de Verín./CdV.

Cunha visita de estudantes de 5º de Primaria do CEIP Princesa de España ao asilo de Verín finalizou o proxecto interxeracional “Cando xogo contigo”. Tratábase dunha experiencia piloto ofrecida dende os Servizos Sociais Comunitarios de Verín aos centros de ensinanza da localidade para achegar o proceso de envellecemento e promover a cultura do bo trato e respeto as persoas maiores. A primeira fase abordouse no primeiro trimestre do curso e consistiu na elaboración de materiais de estimulación cognitiva por parte destes escolares na súa clase de plástica. Nunha segunda fase recibiron unha charla informativa sobre o proceso de envellecer. E finalmente o 15 de decembro, os alumnos visitaron o asilo de Verín para facer entrega dos materiais que serán utilizados nos distintos obradoiros que alí realizan o longo do ano. Foi unha xornada de ledicia para todos xa que os maiores viron interrompida a súa rutina diaria coas risas dos rapaces e cancións.

Entrega do premio da Xira de Nadal dos Bolechas

Álvaro Vega recibe o premio da man da concelleira de Cultura, Emiia Somoza/CdV.

O neno de Verín Álvaro Vega Salgado foi o gañador do premio da Xira de Nadal dos Bolechas. O rapaz recibiu o seu galardón na tarde do 15 de xaneiro da man da concelleira de Cultura, Emilia Somoza, na Biblioteca Pública Municipal de Verín. Entre todos os participantes na Xira de Nadal sorteouse un gran premio final consistente nun lote de cen libros dos Bolechas. A Xira de Nadal 2015 dos Bolechas, patrocinada pola Televisión de Galicia e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística coa colaboración do Concello de Verín visitou, coa súa caravana, o Pavillón de Deportes de Verín o domingo 3 de xaneiro.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xaneiro de 2016


BARRIOS Xaneiro de 2016

XINZO E COMARCA

1.400 fogares e comercios de Xinzo xa usan gas natural 4 A empresa Gas Natural Galicia finaliza a transformación a gas natural das redes de propano da vila. Redacción

dustrias da localidade.

Gas Natural Galicia finalizou no mes de decembro o proceso de transformación a gas natural das redes de propano e dos puntos de subministración asociados do municipio de Xinzo de Limia. En total, preto de 1.400 fogares e comercios do núcleo urbano da localidade cambiaron a gas natural nas últimas semanas. Gas Natural Galicia iniciou a subministración de gas natural aos primeiros clientes de Xinzo de Limia a finais de 2014. A compañía distribuidora prevé investir nos próximos anos 2,8 millóns de euros, para facer chegar a subministración a ao redor de 3.500 vivendas, comercios e in-

Menos molestias para os veciños A compañía enerxética comprou este verán as redes de distribución de GLP, que se integraron no proxecto de gasificación do municipio. Grazas a este acordo, non foi necesario abrir gabias para a construción de novas redes en case 12 quilómetros, co que se reduciu significativamente o impacto das obras na vida diaria dos veciños. O número de incidencias durante todo o proceso de transformación foi mínimo. Nunha primeira fase de gasificación, levou a subministración de gas natural á avenida de Ourense e de Madrid, así como ás

rúas Mato, Alexandre Bóveda, Río Arnoia, Sil e Miño. Así mesmo, aproveitando obras municipais, tamén se canalizou a rúa Curros Enríquez. Plan de gasificación O Plan de Expansión do Gas en Galicia para o período 2015-2020, acordado entre a Xunta e e a compañía, permitirá levar o gas natural a 44 novos municipios galegos, entre eles Verín, Celanova e Allariz.

A compañía investirá 2,8 millóns para chegar a 3.500 vivendas e negocios

O C.D.R. “O Viso” inicia o Proxecto Reinvénta-te 4 Dirixido a veciños da Limia en risco de exclusión social que busquen emprego. Redacción O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” inicia este mes de xaneiro un proxecto de axuda na busca de emprego a persoas en risco de exclusión social denominado Proxecto Reinvénta-te. O programa empeza o 19 de xaneiro na Casa de Cultura de Xinzo cunha sesión introdutoria de 9:30 a 13 horas. De seguido, os interesados acudirán a un obradoiro os primeiros martes e mércores de cada mes, no que se prepararán para a busca e xeración de oportunidades de emprego. A principal finalidade desta iniciativa é fomentar a autonomía dos asistentes para a través dos seus pro-

pios recursos potenciar as súas capacidades que lles aproximen a unha inserción laboral. Temáticas Entre os temas dos obradoiros que se impartirán atópanse o autocoñecemento, o mercado laboral, as entrevistas de traballo, o emprendemento no medio rural, a inclusión dixital ou a xestión eficaz do tempo e planificación, así como aqueles que demanden os participantes. As prazas para participar nesta iniciativa son limitadas polo que os interesados deben inscribirse nas oficinas do C.D.R. “O Viso” na praza Maior de Xinzo, no 988 461 571 ou en areasocial@cdroviso.org.

4 Exitosa campaña de Nadal O C.D.R. “O Viso” recolleu máis de 1.500 quilos de comida e produtos de hixiene na campaña “Contribuindo ao local, contribúes contigo”, que levou a cabo en decembro. Co recadado, realizaron un reparto inicial durante o Nadal e seguirán realizando un reparto mensual durante o 2016, entre as familias da comarca máis necesitadas. A organización agradece a colaboración de empresas, veciños e voluntarios, e da Parroquia de Santa María de Couso de Limia.

Vista xeral do núcleo de Vilar de Santos./CEDIDA.

Vilar de Santos renovará 22 vivendas co novo Programa de Rehabilitación 4 A financiación prevista ascende a 383.142 euros. Redacción Vilar de Santos renovará o ano próximo 22 vivendas da súa Área de Rehabilitación Integral, grazas ao seu novo Programa de Rehabilitación. O Concello voltou asinar convenio coa Xunta de Galicia e Ministerio de Fomento no marco do Plan Estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

O acordo supón que o Ministerio achegue unha partida de 134.100 euros para subvencionar 22 actuacións, mentres que os propietarios deberán asumir o resto da financiación das rehabilitacións, ata sumar un investimento total de 383.142 euros. O Concello, pola súa banda, canalizará toda a información e a xestión das axudas a través da Oficina de Rehabilitación. A súa principal función será facilitar e ofrecer un asesoramento técnico continuado, coordinar as

Retómase o programa de envellecemento activo 4 Con actividades no salón multiusos de Vilar de Santos. Redacción O Concello de Vilar de Santos reinicia o seu programa de envellecemento activo, un programa dirixido fundamentalmente ás persoas maiores do concello, con actividades adaptadas que se desen-

volverán no multiusos da casa consistorial todos os luns, martes e xoves ata o mes de agosto. Ademais, no Centro de Atención de Persoas Maiores de Vilar de Santos continuarán co proxecto “Saber envellecer: corpo san en mente sa”, semanal-

actuacións de rehabilitación, redacción de informes e memorias de obras, así como a tramitación de toda a documentación. A Área de Rehabilitación Integral de Vilar de Santos (agora Área de Rexeneración e Renovación Urbana de Vilar de Santos) data de 2011, e é a primeira e única nun municipio rural da provincia.

O Ministerio de Fomento achegará 134.100 euros. O resto, os propietarios

mente. Entre outras actividades haberá, obradoiros de ximnasia, andainas, memoria en movemento, biodanza, relaxación, masaxes, xogos ou psicomotricidade, fomento da autonomía persoal e mantemento da saúde. Ademais, os martes e xoves terán obradoiro de ximnasia activa. Cando o bo tempo o permita o programa realizarase nos parques biosaudables do municipio, e, no verán, na piscina municipal. Mentres, no Telecentro do Concello, organizaranse actividades para achegar o uso das novas tecnoloxías á poboación do concello, con temáticas específicas para os maiores.


XINZO E COMARCA

Rairiz de Veiga, á espera de repetir o pleno de toma de posesión de Morgade 4 A secretaría municipal informou de que o pleno de toma de posesión non se axustara á legalidade. P. L. O Concello de Rairiz de Veiga está a espera de repetir o pleno de toma de posesión de Asunción Morgade como alcaldesa, logo das dúbidas plantexadas pola oposición sobre a legalidade da sesión do 15 de decembro. Morgade fíxose entón coa alcaldía con só catro votos, pois dous concelleiros do seu grupo abstivéronse e os dous edís socialistas votaron en contra. Pero ante as queixas de irregularidades por parte dos abstencionistas e do PSOE, a secretaria municipal emitiu un informe no que concluiu que o pleno de investidura “non cumpriu coa legalidade esixida e, polo tanto, non é axustado a dereito”. Entendía a secretaria que era preciso ter esperado a que o novo concelleiro que substituía ao dimitido Xaquín Rodríguez recibira a súa credencial e ocupara o seu cargo. A este respecto, Asunción Morgade solicitara á secretaria municipal que aclarase como resolver a situación no Concello de Rairiz de Veiga. Na súa consulta pedía tamén información sobre a estimación ou desestimación do recurso de reposición interposto por catro concelleiros sobre o acordo polo que fora elixida alcaldesa. Asunción Morgade manifestou que con esta iniciativa “só procuro atopar a estabilidade necesaria para o bo goberno do Concello e garantir o normal desenvolvemento da xestión municipal, pensando no ben dos veciños”. Este luns 18, a alcaldesa recibiu a contestación da secretaria, e anunciou que vai repetir o pleno; “aínda non sei a data”, confirmou

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, coa alcaldesa de Rairiz, Asunción Morgade. a este periódico. Afiliouse ao PP Unha das primeiras decisións que tomou Morgade xa no cargo de rexedora foi afiliarse ao PP. A alcaldesa máis nova de España (ten 29 anos), declarou que se incorporaba ao proxecto do Partido Popular de Ourense, “onde sei que vou atopar todo o apoio necesario para o meu labor político, pero onde tamén espero poder achegar o meu traballo”. Malia as dúbidas sobre a legalidade da súa chegada á alcaldía, Asunción Morgade realiza xa actividades propias do cargo de alcaldesa. O 12 de xaneiro, por exemplo, foi recibida pola delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, que quixo coñecer as súas demandas e proxectos para os vindeiros meses. Josefa Asunción Morgade Rúa fora elixida alcaldesa o 15 de decembro, en substitución de Xaquín Rodríguez, condenado por un delito continuado de prevaricación a oito anos e medio de inhabilitación para cargo público.

Críticas do PSOE Sobre o sucedido en Rairiz de Veiga, a oposición socialista critica as contradicións da “alcaldesa en funcións”. “Nos 15 días que Morgade leva de alcaldesa ilegal, conseguiu romper a unión do seu propio grupo de goberno, mentir aos veciñoss, contradicirse en cada declaración e, a criterio dos socialistas de Rairiz, rozar o borde da prevaricación”, apuntaban nun comunicado a finais de decembro. O seu voceiro, Pablo Lorenzo, pide “respecto aos veciños e transparencia na xestión porque de circos estamos cansos e para iso é necesario que se leve a cabo unha auditoría das contas e que a veciñanza saiba a situación na que se atopa o Concello. É imprescindible abrir as ventás e ventilar o aire da prevaricación, do caciquismo e do escurantismo que reina no Concello dende hai máis dunha década”.

A oposición pide unha auditoría

BARRIOS Xaneiro de 2016

O Life Regenera ensaia métodos innovadores para reducir nutrintes no Limia 4 CHMS, Xunta, Deputación, Coren e Ecolagunas impulsan este proxecto. P. Lodeiro Reducir a presenza de nutrintes de orixe agraria e gandeira nas masas de auga da comarca da Limia e recuperar os cursos fluviais afectados a través de técnicas innovadoras, é a finalidade do proxecto Life Regenera Limia, unha iniciativa na que traballan desde fai máis dun ano a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, os concellos que abrangue o río Limia e as empresas Coren e Ecolagunas. Un proxecto que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros, dos que a metade son achegados pola UE e o resto polos organismos implicados. Os socios deste proxecto rubricaron este luns o convenio de colaboración na Subdelegación de Goberno en Ourense: un acto presidido polo subdelegado que contou coa presenza de representantes dos concellos de Xunqueira de Ambía, Sandiás, Vilar de Santos, Xinzo, Bande, Muíños e Lobeira. A conca do río Limia é a principal comarca agrícola de Galicia. Compatibilizar este uso coa conservación do medio ambiente é o obxectivo do Life Regenera Limia. Trátase, polo tanto, de reducir ao máximo posible os efectos que a utilización dos fertilizantes e abonos teñen nas masas de auga, unhas consecuencias que tamén se deixan notar nos bosques de ribeira. E facelo empregando técnicas innovadoras que contribúan a cumprir os obxectivos medioambientais que establece a Directiva Marco da Auga. Para conseguilo, as

Os socios de Life Regenera Limia: Emilio Rial, de Coren; Roberto Castro, subdelegado do Goberno; Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente; Manuel Baltar, presidente da Deputación; Francisco Marín, presidente da CHMS; Rosendo Fernández, presidente do Inorde; e Luis Felipe Fernández, de Ecolagunas./P.LODEIRO. distintas administracións e entidades implicadas están a impulsar actuacións pioneiras de prevención, control, recuperación e información dos resultados a gandeiros, agricultores e outros profesionais destes sectores. En total son 26 actuacións, algunhas delas xa executadas ao abeiro do protocolo de compromiso que se asinou en 2014 para dar comezo a este proxecto. O resto deberán executarse entre este ano e o próximo. Actuacións Entre as actuacións previstas, a Consellería do Medio Ambiente, por exemplo, rehabilitará os cursos fluviais modificados co obxectivo de mellorar a súa capacidade de retención e asimilación de nutrintes, e recuperará o ciclo hidrolóxico de charcas areeiras abandonadas co obxectivo é xerar un sistema lagunar que potencia a capacidade de filtrado do curso fluvial. Canto á Deputación Provincial e ao Inorde, colaboraron coa empresa Ecolagunas e con Coren para habilitar unha planta de tratamento de xurros nunha finca en Covelas, no municipio dos Blancos. Entrará en funcionamento este verán.

Pola súa banda, a CHMS licitará a finais de xaneiro o proxecto de “reconversión dunha antiga areeira nun sistema lagunar de plantas macrófitas que actúe como un filtro verde que axude a depurar”, explicaba o seu presidente, Francisco Marín. Tamén en breve a CHMS publicará a licitación do proxecto de recuperación do antigo meandro do río Limia para a mellora da capacidade de retención e asimilación de nutrintes presentes na auga. Con esta técnica innovadora, consistente na conexión hidráulica do río coas súas veigas de inundación a través do antigo curso fluvial, conseguirase potenciar o efecto fluvial natural de redución de presenza de nutrintes provocando a recirculación da auga pola antiga canle do río Limia. Francisco Marín agarda que as actuacións incluídas no Life Regenera dean “os seus froitos aos poucos e a longo prazo” e permitan que “na futura revisión dos Plans Hidrolóxicos, prevista para o 2021, que esta masa de auga cumpra os obxectivos ambientais e poida alcanzar a catalogación de bo estado”.

Investiranse 2,5 millóns ata 2017


10

BARRIOS Xaneiro de 2016

XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA

Aparece no Porto a rapaza de Xinzo que marchara da casa Redacción

Membros de NNXX Xinzo co material recollido na campaña./CEDIDA

Campaña de NNXX a beneficio de Cáritas As Novas Xeracións do PP de Xinzo veñen de pechar a campaña solidaria de Nadal de recollida de roupa, xoguetes, alimentos e produtos de hixiene, “cun balance moi positivo e cunhas cantidades moi amplas de todos os produtos recollidos”, destacaban. Todo o recollido será destinado a Cáritas da parroquia de Santa Mariña de Xinzo. Dende NNXX agradecen a todas as persoas “tanto a título individual como colectivo que participaron de forma totalmente desinteresada achegando o seu gran de area”. Tamén estenden o seu agradecemento ás empresas que colaboraron nesta iniciativa solidaria, “como Perfumerías Muchas, que participaron de forma importante nesta campaña”.

A policía portuguesa localizou no Porto a moza que faltara da súa casa en Xinzo o pasado 18 de decembro. Nicole R., de 15 anos, atópase en perfecto estado. A rapaza saiu aquel día do seu domicilio para ir ao instituto e xa non regresou. As primeiras investigacións apuntaban a que se atopaba en Portugal, como así foi, pois un taxista de Xinzo confirmara que a levara ata Vilardevós en compaña de dous mozos. Trala denuncia pola súa desaparición, a Garda Civil montou un dispositivo de busca, que deu agora os seus froitos.

O Concello de Allariz busca artistas de rúa para a Semana Santa ao Vivo 4 Actuarán nas rúas do casco histórico. Redacción O Concello de Allariz busca artistas de rúa para participar na programación da Semana Santa ao Vivo que se celebrará do 24 ao 27 de marzo. Como cada ano, o departamento de Promoción Económica do Concello de Allariz organiza a programación da Semana Santa ao Vivo. Este proxecto cultural abrangue sobre todo música de rúa, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na

rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras. Así o Concello busca artistas que desexen actuar durante a Semana Santa nas rúas do casco histórico para amenizar o paseo dos transeúntes. Para participar é preciso cumprir unhas bases que se poden consultar na páxina web www.allariz.gal. A organización seleccionará os participantes segundo criterios obxectivos atendendo á calidade, profesionalidade e pluralidade de estilos. Os interesados teñen de prazo ata o 15 de febreiro.


ALLARIZ E COMARCA

Nova directiva na Asociación de Comerciantes e Hostaleiros 4 A primeira iniciativa que organizarán, a Feira da Oportunidade en febreiro. Redacción A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz rexorde, despois dun ano de inactividade, co obxectivo de dinamizar o comercio e hostalería e atraer o máximo número de clientes aos seus establecementos. A Asociación representa actualmente un 50% dos locais comerciais e hostaleiros de Allariz aínda que traballará para conseguir

aumentar a cifra e chegar, segundo explicaba o novo presidente, José Ángel Gil, “a sectores nos que antes non se pensara como os taxistas” e así “crear sinerxías entre os sectores para que todos saiamos gañando”. O presidente adiantaba que unha das súas primeiras iniciativas que organizará a nova directiva será a Feira da Oportunidade prevista para finais de febreiro.

O Concello crea un aparcamento preto do centro de saúde 4 Contará con 15 prazas. Redacción O Concello de Allariz ten previsto crear unha nova zona de aparcamento ao carón do centro de saúde da vila. A brigada municipal será a encargada de acondicionar unha finca na rúa As Laxas para habilitar quince prazas de aparcamento gratuíto. Segundo explicaba o alcalde, Francisco García, “nesta zona hai unha carencia de aparcamentos debido ao uso residencial intensivo e á localización

do centro de saúde”. Con esta intervención “trátase de mellorar a situación e facilitar a actividade comercial da zona”. As obras comezarán pola retirada do muro de pedra que separa a finca da calzada e a limpeza da parcela para preparar o terreo como aparcamento. A creación deste novo espazo enmárcase na política municipal de facilitar áreas de aparcamento tanto a veciños como visitantes.

Soar na rúa das Laxas de Allariz que se destinará a aparcamento./M.REJO.

Os Museos reabrirán con nova programación 4 En 2015 recibiron preto de 16.000 visitas. Redacción A rede museística de Allariz, composta polo Museo Galego do Xoguete, Museo da Moda de Allariz e Museo do Coiro, permanecerá pechada para realizar labores de mantemento. Os espazos reabrirán o 26 de febreiro cunha estética renovada e unha oferta de actividades culturais e formativas para todos os públicos. O concelleiro Alberto Conde, responsable dos museos, fixo balance do número de visitas aos museos o ano pasado. En 2015 preto de 16.000 persoas visitaron as instalacións, o que supón unha mellora cuantitativa, con respecto ao ano 2014, de máis de 2.500 visitas. Nas palabras do edil “durante o ano pasado os museos conseguiron ser un importante atractivo para os turistas e veciños de Allariz, sen-

O edil responsable dos museos de Allariz, Alberto Conde (á dereita), fixo balance das visitas en 2015./CdA. do o máis elixido o Museo Galego do Xoguete”. Dende o pasado 11 de xaneiro e ata o 26 de febreiro os museos están pechados para realizar labores de mantemento e mellora. Alberto Conde explicaba que o seu obxectivo pasa por “traballar para continuar cunha tendencia ascendente nas visitas aos museos,

facendo destes espazos vivos e atractivos”. Así, o equipo responsable dos museos traballará para, ademais de mellorar os espazos expositivos, ofrecer ao visitante exposicións temporais e unha programación chea de actividades culturais e formativas que dean vida aos museos.

Foron seleccionados os xardíns do FIXA 2016 4 A sétima edición céntrase na temática dos “Xardíns do Futuro”. Redacción A mediados do mes de decembro, o xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz elexía os 10 xardíns que formarán parte da sétima edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, adicado aos “Xardíns do Futuro”. Trátase de propostas chegadas de Austria, Italia, Países Baixos, Colombia, Brasil, distintos puntos de España (Barcelona, Alicante e Pontevedra ) e tamén do propio Allariz. Ademais, seleccionáronse dous xardíns suplentes (de

Austria e Allariz). As propostas seleccionadas seguiron criterios obxectivos, segundo explicaba o presidente do xurado, o paisaxista Francisco Caldeira Cabral, “harmonía entre criterios estéticos e técnicos, creatividade e innovación ademais da forma práctica de executar os xardíns”. Xunto a el, participaron na selección o rexedor alaricano, Francisco García, o edil de Medio Ambiente, Bernardo Varela, o aparellador municipal, Celestino Feijóo, e os paisaxistas Elsa Severino, José Crespí e Teresa Vicente Franqueira.

O recinto do FIXA 2016, que abrirá ao público no mes de maio, estará formado por 12 xardíns, pois ademais dos escollidos repetirá o gañador da pasada edición, “A la Imagine de Allariz”, do paraguaio Gabriel Ayala, e o colexio Padre Feijoo seguirá contando cunha parcela.

Haberá xardíns de Austria, Italia, Países Baixos, Colombia ou Brasil, e de diferentes puntos de España

BARRIOS Xaneiro de 2016

11

EN BREVE 4 Cursos prácticos de poda e enxerto A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz oferta dous novos cursos nos meses de xaneiro e febreiro. O primeiro será sobre poda, o 23 de xaneiro de 9:30 a 13:30 e de 15 a 19 horas. Nel ensinaranse os tipos de poda e forma de cortes, entre outros contidos. O segundo terá lugar o 13 de febreiro, no mesmo horario, e tratará xeralidades do enxerto e os seus tipos. Ambos serán impartidos nas instalacións da Fundación en Paciñose e teñen un custo de 25 euros cada un. [+ info: 988 43 61 82 ou info@fundacionrgf.org]

4 Entrega dos Premios Manuel Gómez Román A Asociación de Amigos do Castelo de Maceda “Setestrelo” entregará os Premios Manuel Gómez Román de arquitectura nun acto o vindeiro 30 de xaneiro. Na súa edición 2015, o galardón na modalidade A (edificacións tradicionais rehabilitadas) recaeu no proxecto de rehabilitación de vivenda para casa do Parque das Fragas do Eume (Monfero), redactado polo estudio Sabín-Blanco Arquitectos SLP. No que se refire á modalidade B (construcións adxectivas rehabilitadas), o premio foi para o proxecto de Hortas de Caramoniña en Santiago, do estudio Abalo Alonso Arquitectos.

4 Programa Termalismo Social O Centro de Servizos Sociais Comunitarios no Fogar dos Maiores de Allariz, informa e tramita as solicitudes para participar no programa Termalismo Social 2016. A iniciativa permite aos usuarios recibir tratamentos termais para diferentes doenzas durante a súa estanza en balnearios. Os interesados teñen ata o 11 de maio para solicitar participar na quenda de setembro a decembro.


12

BARRIOS Xaneiro de 2016

ALLARIZ E COMARCA

Allariz regula a limpeza do monte para evitar incendios 4 Cunha nova ordenanza municipal. Redacción O Concello de Allariz comeza 2016 aplicando una nova ordenanza municipal que persegue ordenar as plantacións forestais e previr os incendios no medio urbano e rural, cunha correcta xestión da biomasa. A ordenanza recolle que nos terreos clasificados como chan urbano, ou chan de núcleo rural e chan urbanizable delimitado, os propietarios deberán realizar rozas e podas daqueles arbustos e plantacións que supoñan un risco de incendio, así como manter limpa a maleza nunha franxa perimetral de 50 metros ao redor de edificacións,

Habilitadas zonas de baño para cans no Arnoia Redacción

O Concello de Allariz habilitará dúas zonas para o baño de mascotas, especialmente cans, no río Arnoia. Na Airiña, preto do Arnado, e na Acearrica os cans terán

vivendas, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais a menos de 400 metros do monte. As novidades da ordenanza, que prevé multas entre os 100 e 3.000 euros, céntranse nos permisos de corte en zonas urbanas e que afectan a exemplares centenarios, así como o arborado nas masas forestais. As repoboacións e plantacións quedan prohibidas nos terreos clasificados como chan urbano, urbanizable delimitado e de núcleo rural. Mentres que os existentes antes de 2010 deberán adecuarse para gardar, respecto das edificacións, unha distancia mínima de 30 metros .

una zona específica para o seu baño. A iniciativa responde a unha reclamación da veciñanza. A creación destas áreas caninas forma parte dun conxunto de medidas que o Concello vén desenvolvendo de cara a incorporar a presenza das mascotas no día a día e sensibilizar sobre o seu coidado.

Cando os proxenitores son os alumnos 4 O Concello de Allariz ofrece desde fai máis dunha década unha Escola de Familias a pais e nais alaricanos. Paula Lodeiro A Escola de Familias “A Orella Verde” é un recurso educativo que pon o Concello de Allariz a disposición das familias alaricanas, coa finalidade de acompañar o proceso de educar. É un espazo de encontro, de aprendizaxe, de intercambios, no que se analizan contidos demandados polas familias, centrándose na igualdade e partindo da perspectiva de xénero. Segundo explica a técnica de Igualdade, Ana Cardoso, que coordina “A Orella Verde” desde fai 12 anos, “as familias queren saber se o fan ben ou mal á hora de educar, veñen para atopar receitas aínda que educar non é atopar receitas, é cousa de probar”. “As temáticas que máis lles preocupan ou as que lles resultan máis complicadas de manexar -relata a técnica- son as normas e límites e a sexualidade; antes eran as drogas”. Temas que se tratan en todas as etapas, desde infantil ata a adolescencia. “Tamén lles gusta moito educar fillos e fillas autónomos, con capacidade crítica, ou o tema da autoridade-auto-

A técnica municipal, Ana Cardoso, coas nais participantes na Escola de Familias./M.R. ritarismo”, engade. A técnica municipal recalca que, amáis de ofrecer recursos educativos aos proxenitores, o seu obxectivo é “que se recupere o bonito de ser familia, o divertido que é ter unha familia, e non o problemático”. “Ter unha familia ten que ser unha festa”, afirma. Ao remate de cada curso, nais e pais non saen con fórmulas máxicas, pero si co convecemento “de que o que lles pasa lles pasa a todo o mundo”. Dúas sesións mensuais A Escola de Familias reúnese dous días ao mes

(luns de 16 a 17:30 horas, no Fogar os Maiores), analizando cada mes unha temática concreta. Na actualidade son entre 12 e 15 familias as que acoden a ela, “cun alto nivel de motivación e de implicación”, subliña a técnica. As familias poden seguir o curso completo ou ben acudir só ás sesións que lles interesen. Proceden tanto do CEIP Padre Feijoo como do instituto alaricano, e a maioría son nais. “En 10 anos pasaron só cinco homes, creo que se segue asociando o tema da educación como algo máis feminino pero non é certo”, valora Car-

doso. Moitas nais repiten ano tras ano durante toda a etapa educativa dos seus fillos, o que amosa que o programa dá os seus resultados. “Se elas repiten é porque lles vale”, remarca. Os interesados en participar na Escola de Familias – un programa totalmente gratuíto- poden chamar ao teléfono 988 554 059.

“As familias veñen para atopar receitas, aínda que educar non é atopar receitas”


PUBLICIDADE

BARRIOS Xaneiro de 2016

13


14

BARRIOS Xaneiro de 2016

A Fundación Curros Enríquez fai balance de 2015 Redacción A Fundación Curros Enríquez de Celanova atendeu en 2015 9.400 persoas. A entidade pechou o ano pasado “cun resultado moi satisfactorio” en canto a persoas atendidas nas distintas actividades de carácter cultural e turístico que ofreceu. O resultado concreto foi de 9.414 persoas atendidas, cifra que responde á suma dos visitantes da Casa dos Poetas, dos visitantes da Torre da Homenaxe en Vilanova dos Infantes, dos participantes nas actividades culturais organizadas pola Fundación e dos grupos concertados que solicitaron un acompañamento nos roteiros ‘Celanova: pedra e poesía’ e ‘Celanova: un paseo pola historia de Galicia’”. En canto aos datos de procedencia, o 45% dos visitantes son galegos de fóra da provincia, o 22% da propia provincia, o 16% da comarca de Celanova, o 14% do resto de España e o 3% de fóra de España. Máis da metade do total (4.159 persoas) achegáronse a Celanova formando parte de grupos concertados (112), dos cales volveu salientar a cifra de grupos escolares atendidos: 53 centros de ensino que desprazaron 2.497 estudantes. Moitos deles realizaron o programa ‘Ven a coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio’ que combina as visitas a diferentes puntos de interese da vila de Celanova. Neste 2016, a Fundación estenderá a grupos non escolares este programa. Novos roteiros Este ano a entidade celebrará o 10º aniversario da apertura da Casa dos Poetas. Tamén prepara novos roteiros polas comarcas de Baixa Limia e Terra de Celanova coa obra de escritores locais como base, por exemplo, “Arraianos” de Xosé Luís Méndez Ferrín.

CELANOVA E COMARCA

O mundo a través dun cesto 4 Plácido Romero achéganos co documental “Cesteando” á vida do artesán Toño do Val e reflexiona sobre o abandono do medio rural. S.Nieto Trinta horas de gravación resumidas nunha; imaxes e declaracións tomadas en Lobeira, Medeiros, Matosiños, Lobios ou A Coruña; todo para plasmar a esencia dun artesán único, Toño do Val. O documental “Cesteando” nace do vínculo do seu director, Plácido Romero, con este cesteiro, que xorde nos anos 80, cando Toño chega a Lobeira –terra natal de Romero- para instalarse cun grupo de xente na procura de vivir da agricultura. “A simple vista parecían uns hippies, pero Toño foi o que me chamou a atención, porque era o máis traballador. Os demais aguantaron un par de anos e foron desaparecendo, pero el quedou, sobreviviu alí”, lembra Plácido.

Aproximadamente unha década despois o audiovisual uniríaos por primeira vez. Foi cando Romero era mestre no instituto de Celanova e formou un equipo de traballo, xunto a varios profesores e alumnos do centro, co fin de introducir os medios audiovisuais no ensino. Pero lonxe da idea do mestre cómodo que recurre a un vídeo para evitar dar clase, Plácido buscaba que “o alumnado fose capaz de expresarse mediante a linguaxe audiovisual, cría que así poderían defenderse das agresións que recibían a través da publicidade, dos medios e das manipulacións, porque daquela os rapaces eran moito máis sensibles, non tiñan tanta saturación como agora”, explica. Entre os traballos que realizaron, moitos premiados en concursos didácticos, atopouse “Como auga

Plácido Romero, director do documental “Cesteando”./S.N. nunha cesta”, no que se profundizaba nunha actividade tradicional, a cestería –a través do labor de Toño do Val-, e outra contemporánea, a produción de enerxía. Dende entón, Plácido e Toño mantiveron o contacto, e o profesor sempre mantivo a idea de facer un documental no que tratar os seus aspectos vitais. De aí nace “Cesteando”. “É un traballo persoal no que, a pesar incluso do que pensaba Toño, a actividade cesteira queda nun segundo plano, porque el xa ten moito material filmado so-

bre iso, incluso o que eu xa gravara antes. El non é só un traballador, é un investigador, sabe moitísimo a nivel mundial e é un gran coleccionista”, explica o director. Pero Plácido coñecía a súa vida e iso é o que quería amosar. Dúas lecturas Así, segundo nos adianta, este traballo “ten varias lecturas”. “Por unha parte móstrase o interesante da vida del, é unha persoa con gran capacidade de traballo, contamos como viviu, como sufriu e como segue sufrindo. Ensinamos a un

O documental “Cesteando” foi presentado no Teatro Principal de Ourense o pasado 15 de xaneiro. Conducido polo xornalista Aser Álvarez (na imaxe), o acto contou coa actuación do grupo Merilin Non Roe, banda da Baixa Limia autora do tema musical central do documental. Na estrea, o director, Plácido Romero, estivo acompañado do protagonista da obra, o cesteiro Toño do Val.

personaxe especial, un tipo diferente, simpático e crítico”, conta. Por outra, hai unha mensaxe para todos, “é unha toma de conciencia da situación na que se atopa hoxe o mundo rural, estase descoidando e abandonando, é como un suicidio”, detalla Romero. E é que con este documental a produtora Arraianos Multimedia, da que forma parte Plácido, afonda nunha das súas liñas de traballo, que xa se fixo evidente coa celebración do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo, o documental “Traballo animal” ou o anuncio publicitario da empresa Galeguesa Facenda O Agro (de Amoroce), premiado polo Parlamento galego. Moi satisfeito co resultado, Plácido Romero confesa que non se trata dunha obra “tecnicamente perfecta, porque as imaxes son espontáneas, e por iso ás veces son defectuosas, pero defectuosa é a vida”. En “Cesteando” todo ten un significado, incluso o propio documental busca unha similitude coa fabricación cesteira, está cargado de simboloxías. Descúbranas!

Con esta peza Arraianos Multimedia continúa na súa liña de traballo en recoñecemento do medio rural


DEPUTACIÓN especial

Deputación de Ourense e balnearios da provincia presentan o programa de “Termalismo Social” 2016 Baltar resalta a importancia “do Plan Termal” e avanza que este ano a Deputación destinará 100.000 euros para accións de termalismo social O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado da deputada provincial de Turismo, Ana Villarino, e do director da Área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, asinou no Balneario de Laias (Cenlle) con representantes de establecementos balnearios da provincia o convenio de “Termalismo Social” 2016, un programa que desenvolve a Deputación e que ten como obxectivo ofertar servizos de saúde, benestar e envellecemento activo a través do termalismo social baseado nas propiedades terapéuticas das augas mineiro-medicinais, nos servizos médicos asociados e nas actividades socio-culturais que se prestan nas instalacións termais da provincia de Ourense. Os balnearios que asinan o convenio son o Grupo Caldaria (Laias, Lobios e Arnoia), e os establecementos termais de Baños de Molgas, Cortegada e O Carballiño, estando en previsión que ao longo deste ano entren en funcionamento os balnearios de Partovia (O Carballiño) e Berán. A oferta deste ano inclúe estancias de ocio e saúde, así como percorridos turísticos, gastronómicos e de lecer, nunha iniciativa na que en 2015 participaron máis de 1.700 turistas. O 70% dos participantes no programa proveñen de fóra da provincia de Ourense,

15

A Deputación convida aos concellos do espazo metropolitano de Ourense a participar en ECOU A Deputación de Ourense convidou aos concellos do espazo metropolitano de Ourense a participar no acordo acadado entre o goberno provincial e o Concello de Ourense para poñer en marcha un plan de desenvolvemento urbano sostible, “Estratexia Conecta Ourense” (ECOU). Este proxecto é unha mostra máis do compromiso de cooperación da Deputación de Ourense na captación de investimentos e proxectos en beneficio dos pequenos concellos, os cales por si mesmos non poderían chegar a eles.

Manuel Baltar, cos representantes dos balnearios, na sinatura do convenio, en Laias. e deles un 55% chegaron a través do tren, grazas ao acordo existente entre Deputación de Ourense, Renfe e os balnearios. Oferta de 2.000 prazas En cifras globais o programa oferta inicialmente este ano unhas 2.000 prazas que poderían estenderse ata as 2.500, dependendo da procedencia dos beneficiarios e das modalidades escollidas de estancias e tratamentos. Manuel Baltar afirmou no acto que o éxito deste programa “vén da cooperación público e privada, que nos permite poñer en va-

lor unha das nosas singularidades máis salientables: o termalismo”, e remarcou a importancia “do Plan Termal”, elaborado coordinadamente coa Xunta de Galicia, “porque este programa de termalismo social é o xermolo do Plan Termal”. Baltar avanzou que este ano a Deputación de Ourense destinará 100.000 euros para accións de termalismo social, e subliñou que na primeira semana desde que se publicaran as bases do programa 2016 “xa tiñamos rexistradas máis de 250 solicitudes, que son máis da metade das prazas solicitadas nos primeiros

meses do ano pasado, o que fala ben ás claras do grande éxito desta iniciativa, que ten como finalidade potenciar a riqueza termal da nosa provincia e con ela todos os sectores asociados ao turismo en Ourense”. Solicitudes O requisito para poder participar no programa como solicitante é ter cumpridos, alomenos, 50 anos de idade. As solicitudes serán tramitadas unicamente a través de administración electrónica, na dirección http://termalismo.depourense.es.

Observatorio Económico Ourensán

A relación de afiliados sobre pensionistas leva 2 anos mellorando grazas á creación de emprego O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” 7º informe do Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta que a institución provincial desenvolve para a análise económica, laboral, empresarial e social da situación económica da provincia ourensá nas súas comarcas. O Observatorio nace da implicación das institucións (Deputación e Inorde), a universidade e o ámbito empresarial, e na súa elaboración intervén un equipo multidisciplinar de profesionais e universitarios

BARRIOS Xaneiro de 2016

especializados, coordinados polo profesor Andrés Mazaira. Este sétimo informe do Observatorio resalta que a relación de afiliados sobre pensionistas leva dous anos mellorando grazas á creación de emprego, e que a área metropolitana de Ourense, cun 41% máis de afiliados que de pensionistas, está en mellor situación que Galicia, subliñando que por terceiro semestre consecutivo hai creación neta de emprego e son maioría os concellos (actualmente 47) nos que aumenta o número de postos de traballo.

José Manuel Rodríguez, Manuel Baltar e Andrés Mazaira na presentación do Observatorio Económico Ourensán. O Observatorio inclúe nesta entrega un completo traballo sobre as pensións contributivas na provincia de Ourense, a análise máis ampla que se ten realizado sobre o colectivo de pensionistas, con estatísticas por comarcas e concellos. Neste sentido,

Manuel Baltar destacou na presentación a importancia do Observatorio, vencellado á planificación, “nunha provincia que ten un goberno cun proxecto de visión integral de provincial que nos permite anticiparnos en cuestións innovadoras”

Zona de intervención A estratexia fixa a súa zona de intervención nos municipios de Ourense e nos da súa área metropolitana, que conforman o que nesta estratexia denominarase Espazo Metropolitano de Ourense: Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, Punxín, San Cibrao das Viñas e Toén. A influencia da cidade de Ourense vai máis aló destes municipios, pero a efectos da Estratexia DUSI considérase oportuno delimitar o ámbito de actuación a estas localidades. Os municipios que circundan a capital forman unha unidade territorial na que se comparten problemas, desafíos e obxectivos, polo que é preciso desenvolver liñas de actuacións coherentes e centradas no impulso medioambiental, económico e social desta área. A delimitación da área urbana funcional a efectos da Estratexia definida estableceuse en función dos problemas urbanos que comparten a cidade de Ourense e os concellos que a rodean. Os oito municipios teñen ante si retos urbanos compartidos cuxa solución pasa por unha actuación conxunta, coordinada e integrada. As actuacións desenvolveranse en varios puntos destes termos municipais. Trátase de actuar naqueles puntos concretos con potencial para solucionar os problemas identificados, así como naquelas zonas que actúen como vínculos e conexións, tanto entre as diferentes partes da zona de intervención como entre esta e o resto da provincia.


16

BARRIOS Xaneiro de 2016

CELANOVA E COMARCA / OURENSE PROVINCIA

Quedan en liberdade os dous sospeitosos da morte do cura de Vilanova dos Infantes 4 Deberán comparecer cada 15 días no xulgado. Redacción Quedan en liberdade os dous homes que foran arrestados como sospeitosos da morte do párroco de Vilanova dos Infantes. Os dous deberán comparecer cada 15 días nos xulgados de Celanova. A maxistrada decretou o secreto do sumario e a investigación continúa aberta. Os dous detidos na noite do xoves 14 de xaneiro son dous varóns de nacionalidade croata: Elvir Fehratovic, de 37 anos e veciño de Barbadás, e o seu sobriño Arsen Fehratovic, de 30 anos. Ambos pasaron a disposición xudicial na mañá do domingo 17, pero ao parecer negáronse a declarar ante a xuíza de Celanova e a Garda Civil. A este respecto, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, descartaba que houbese risco de fuga dos dous imputados. “Eu creo que non, no momento en que están identificados, en que están

Celanova recibe unha moto para a súa Policía Local Redacción O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou 14 motocicletas á Policía Local doutros tantos concellos galegos, entre eles o de Celanova. As entregas destas motos estanse a realizar ao abeiro dunha orde de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dotada de máis de un millón de euros. Rueda destacou a importancia desta dotación, que permite mellorar os medios técnicos e a mobilidade policial, e polo tanto prestar un servizo mellor e máis rápido á cidadanía.

A delegada da Xunta presentou as axudas aos alcaldes da provincia./P.LODEIRO.

Un dos detidos entrando ao xulgado de Celanova./B. LORENZO. controlados, en que teñen que presentarse o 1 e o 15 de cada mes diante do xulgado é moi difícil que se escapen”, explicaba aos medios de comunicación. Castro descartou que a Unidade de Policía Xudicial da Garda Civil se precipitara coas detencións, que responderon a unha “decisión técnica, non política” dos investigadores. E pediu “paciencia” á familia do párroco e á sociedade “para pechar todas as investigación pendentes”. Virxe do Cristal O homicidio de Adolfo Enríquez producírase en

marzo de 2015. O cádaver do cura aparecera no interior dunha palleira ao día seguinte do asalto á casa reitoral, da que foi roubada a Virxe do Cristal. Sobre a figura, que carece de valor económico pero si ten un importante valor relixioso e afectivo, aínda non se sabe nada. “Unha imaxe tan pequeniña é moi fácil pasar desaparcibida; cando se cerre definitivamente o caso saberemos que relación hai entre iso e a morte do párroco; en todo caso, saberemos onde está esa imaxe”, valoraba o subdelegado.

A CIG gaña as eleccións en varios concellos 4 Obtén a maioría en Xinzo, Verín, Allariz e Maceda. Redacción A CIG vén de acadar uns resultados que denomina “históricos” nas administracións locais da provincia de Ourense, gañando as eleccións sindicais cunha grande distancia con respecto a outras organizacións sindicais. A Confederación Intersindical Galega logrou o 44,53% da representación sindical con 57 delegado electos, fronte ao

11,19% de UXT (15 delegados) e o 14,17% de CCOO (19 delegados). Cabe destacar os resultados da CIG nas principais vilas, coa maioría absoluta da representación sindical en Xinzo de Limia, Verín, Allariz, Maceda e Manzaneda e importantes resultados no Barco, Carballiño e Ribadavia. O sindicato tamén define como “histórica” a representación acadada na Deputación de Ourense.

Economía activa nove liñas de axudas para os concellos 4 Quere incentivar a solicitude compartida por varios municipios. Redacción

Díaz Mouteira subliñou que o Goberno galego priorizará os proxectos de xestión compartida, o que significa incremento de puntuación e polo tanto, incremento de axuda para os concellos que presenten solicitudes conxuntas para a xestión de moitos dos apoios ofrecidos. Marisol Díaz lembrou que o prazo do que dispoñen os concellos interesados nas liñas de axudas remata, na maioría dos casos, o 30 de xaneiro. Este é prazo para solicitar calquera dos seis programas de emprego abertos que teñen un orzamento de máis de 29 millóns de euros. Canto á liña de axudas para habilitación e mellora de infraestruturas dos

parques empresariais cun orzamento de máis de 3,8 millóns de euros, os concellos interesado teñen ata o 22 de febreiro para formalizar a solicitude. Por último, o Inega ten activadas dúas liñas destinadas a promover o aforro e a eficiencia enerxética que contan cun orzamento específico para as administracións públicas locais de preto de 1,7 millóns de euros. O prazo para solicitar estas axudas remata o 15 de febreiro.

México, país convidado en Xantar

rantes que formarán parte da 17ª edición dunha das feiras con máis éxito de Expourense. Ademais do menú mexicano, os visitantes de Xantar poderán degustar menús portugueses (de Vila Praia de Áncora e de Vila Real-Douro), e de diferentes concellos galegos (Vila de Cruces ou Ponteareas). De igual xeito, o Inorde en colaboración con Coren presentará un menú de produtos autóctonos de Ourense e baixo o nome de #SaboresdeOurense agruparanse os pinchos premiados no certame da capital ourensá.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, informou aos alcaldes da provincia das nove liñas de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria das que se poden beneficiar os concellos e que suman preto de 35 millóns de euros. Estes programas abranguen eidos tan amplos como o fomento de emprego e a formación de persoas desempregadas, a eficiencia enerxética, o impulso do emprego de enerxías renovables e proxectos de biomasa, e a mellora de infraestruturas de parques empresariais.

4 A feira gastronómica celebrarase en Expourense do 3 ao 7 de febreiro. Redacción O Estado de Morelos representará a México como país invitado en Xantar 2016, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Expourense en-

tre o 3 e o 7 de febreiro. A única feira internacional de turismo gastronómico celebrada en España será presentada oficialmente en FITUR o próximo 20 de xaneiro. Mentres tanto, xa se coñecen algúns dos restau-

Hai axudas para contratacións, para parques empresariais e para promover o aforro enerxético


DEPORTES

Iván Feijoo queda segundo en Torrelavega 4 O ciclista alaricano proclamouse subcampión de España de ciclocross. Redacción O ciclista do Academia Postal - Actyon, Iván Feijoo, proclamouse subcampión de España de ciclocross. A proba disputada en Torrelavega (Cantabria) supón un novo éxito para o alaricano, que no seu primeiro ano como júnior ostenta, entre outros, o título de campión da Copa de España de ciclocross. Feijoo estivo nos primeiros postos durante todo momento. Sempre por detrás do seu máximo rival, á postre campión, o vasco Jokin Alberdi, realizou unha gran carreira na que por momentos seachegaba a Alberdi. Ao final

algo máis de medio minuto separou ao ourensán da primeira posición. En terceiro lugar chegaría Jofre Cullell. Na mesma categoría, Abel Franco foi 28º e 31º, Román Sáa. Pola súa banda, Antía Martínez logrou a novena posición en cadete feminino. Con este resultado o ciclista de Allariz pertencente ao club macedán ten moitas posibilidades de ser convocado para o Mundial, algo que podería ser o broche de ouro a esta tempada. Carlos Canal Na categoría cadete, a mala sorte fixo que Carlos

Canal se tivera que conformar coa quinta posición. O ourensán sufriu unha caída cando marchaba líder da carreira. A pesar do imfortunio, é un gran resultado para este corredor que participa esta tempada por primeira vez na categoría cadete.

No primeiro ano de júnior Feijoo acadou a Copa de España o Campionato de Galicia ademais deste subcampionato

O Verín bota fume 4 A intención de dimitir do presidente, os resultados e a crispación co estamento arbitral encenden ao club. Redacción O Verín Club de Fútbol bota fume. Os últimos acontecementos no club fan presaxiar un complicado final de tempada. A intención de dimitir do presidente, os resultados deportivos e a crispación co estamento arbitral son as razóns polas que o club está a atravesar o peor momento da tempada. O seu presidente, José Manuel Zubiela, canso xa do pouco apoio que ten o club, sobre todo por parte das institucións, considera que é o momento de deixalo. Ademais está afectando a súa vida persoal. Por iso convocará unha asemblea extraordinaria antes de que finalice o curso para que quen queira se faga cargo da entidade. Noutro aspecto, o club está bastante descontento coas actuacións arbitrais e o que as actas dos en-

A Deputación presenta as súas Escolas Deportivas Redacción

Iván Feijoo na proba de ciclocross disputada en Torrelavega.

As Escolas Deportivas da Deputación chegan este curso a 15 concellos da provincia de Ourense.

contros din. Sen ir máis lonxe, o Verín considera que o colexiado minte na redacción da acta da pasada xornada. Na mesma dise que o público tiroulle ao árbitro e aos asistentes vasos de plástico ademais de non deixarlles pasar aos vestiarios; algo que negan desde o club. O aspecto deportivo é outro dos puntos no que o club do val do Támega está a pasar o peor momento do ano. O pasado domingo empataron o encontro ante o Ribadumia cando xa tiñan os tres puntos no peto. No tempo de desconto o porteiro introduciu o balón en propia porta o que supuxo o empate dos visitantes. Con este resultado o Verín é décimo quinto con 24 puntos, tan só dous por enriba do descenso. Situación que inqueda dentro do club. Para esta xornada o Verín visita ao Barbadás no derbi ourensán da xorna-

Entre eles están os de Maceda, Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas. O balonmán será a disciplina deportiva que se practique en Maceda e Xunqueira de Ambía, mentres que en Baños de Molgas será o judo. Esta actividade está destinada para nenos e nenas de entre os 6 e os 18 anos e

BARRIOS Xaneiro de 2016

17

da. Os dos Carrís levan unha racha negativa: nos últimos cinco encontros só sumaron un punto. Monterrei Se as cousas non marchan ben no Verín, peor están no Monterrei. Virtualmente descendido o conxunto do grupo sur de Rexional Preferente é o pechacancelas con oito puntos. Aínda que faltan 17 xornadas por disputar (51 puntos) o equipo de Vila está a 14 da salvación, unha desvantaxe case que imposible de salvar. Esta fin de semana recibe ao Estradense en Rozavales; os da Estrada son terceiros na clasificación.

Partido da pasada fin de semana entre o Verín Club de Fútbol e o Ribadumia. /VERÍN CF

o seu custo será de 9 euros por participante. A achega económica da Deputación para o desenvolvemento desta actividade durante este ano é de 35.000 euros. En total son 15 os concellos que gozarán desta iniciativa que comprende, ademais do judo e o balonmán, o fútbol e o xadrez.


18

BARRIOS Xaneiro de 2016

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES: CABALGATAS DE REIS

Carroza de Melchor e os seus paxes na vila alaricana./P.LODEIRO

Baltasar, Gaspar e Melchor escoitan as peticións dos cativos da Limia./P.LODEIRO

Os Reis Magos saíron en cabalgata en Allariz

Recepción ás Súas Maxestades no pavillón de Xinzo

Quizais grazas á “maxia” das Súas Maxestades, a choiva deu unha tregua durante á tarde, e permitiu, alomenos en Allariz, gozar da cabalgata. Eran catro as carrozas da comitiva: unha coa estrela, e outras tres con cadanseu rei: Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados cada un cunha ducia de paxes. Ducias de alaricanos realizaron con eles o percorrido entre a Alameda e o pavillón do instituto, onde tiñan previsto recibir as peticións dos pequeño desde as sete da tarde.

En Xinzo da Limia xa foran previsores e habilitaran o pavillón de deportes para realizar a recepción aos Magos de Oriente. Na tarde do 5 de xaneiro preto de 700 persoas, entre cativos e grandes, agardaban no recinto a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar. Previamente, cursaran visita ao centro de día, o centro sociocultural e a residencia da terceira idade da localidade. No recinto deportivo escoitaron as peticións de nenos e nenas e agasalláronos con caramelos. A organización tiña previsto repartir 12.000 doces. As atraccións de Limialandia completaron unha tarde lúdica e especial para a rapazada limiá.

Baltasar a cabalo e acompañado dos seus paxes na cabalgata de Verín./B.MARTÍNEZ

Melchor fala cunha pequena na recepción no claustro de Celanova./P.LODEIRO

Melchor, Gaspar e Baltasar, dacabalo en Verín

Os Magos de Oriente pasaron por Celanova

En Verín, as Súas Maxestades chegaron ás cinco da tarde a cabalo á Casa do Escudo. Desde alí desfilaron xunto á súa comitiva composta por nenos disfrazados de pastores, anxos e estrelas ata o pavillón dos deportes, que estaba cheo de familias, onde se celebrou a Gala de Reis.

En Celanova, os Reis Magos tampouco se esqueceron de saudar os anciáns da residencia da vila, e logo citáronse no claustro do Mosteiro para atender aos cativos. Foron moitos os pais e nais que non deixaron pasar a ocasión de inmortalizar os seus pequenos xunto ao seu rei preferido. Unha banda de música amenizou a velada.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xaneiro de 2016

19


20

BARRIOS Xaneiro de 2016

especial ENTROIDO

O “petardazo” e o Fareleiro deron inicio ao Entroido en Xinzo 4 Neste 2016 poténciase o desfile infantil abríndoo a colexios de toda a comarca da Limia. Paula Lodeiro Xinzo de Limia deu a benvida o pasado sábado ao seu Entroido, cinco semanas de troula que culminarán o 14 de febreiro coa Piñata. O programa de festexos

foi presentado polo alcalde, os concelleiros de Cultura e Festexos e de Medio Ambiente, media ducia de membros da comisión, e o autor do cartel, Esteban Bernárdez. Ricardo Sieiro, voceiro da comisión, explicou que

a súa intención foi presentar “un programa o máis amplo posible que fora do agrado de todos”. O programa é fiel á tradición, mantendo todas e cada unha das citas habituais do ciclo do entroido de Xinzo. Tras o “petardazo” e o

Fareleiro, a próxima fin de semana (23 e 24 de xaneiro), aforcamento do Meco (sábado, 19:30 horas desde a praza de Oriente á praza Maior) e Oleiro (domingo, con oleiro infantil ás 13 h e sénior ás 17 h). Esta será “ a fin de semana

Domingo Fareleiro en Xinzo, unha das manifestacións máis madrugadoras do carnaval ourensán./B.LORENZO. máis tradicional do entroido, con animación de rúa con música tradicional”, remarcaba o membro da comisión. Os días 30 e 31 de xaneiro, Noite de Corredoiro e Corredoiro, respectivamente, e xa na fin de semana grande (do 5 ao 10), Venres Infantil, Sábado de Entroido, Domingo de Entroido, Luns de Entroido, Martes de Entroido e Enterro da Sardiña, para rematar o domingo 14 de febreiro con Piñata. Novidades Aínda así, tamén se introducen algunhas novidades, como a apertura do desfile infantil do Venres de Entroido a todos os centros escolares da comarca, potenciando as actividades infantís previstas para esta xornada. O resto de xornadas manteñen un esquema similar ao doutros anos, con charangas todos os días a todas as horas, que realizarán diferentes percorridos polo centro da localidade que veñen marcados nos programas editados para a ocasión. Sieiro apuntou como novidoso a presenza en Xinzo dunha charanga valenciana. O portavoz da comisión anuncia que lle darán “unha volta” ao desfile do martes de entroido, día grande da festa na vila, que recoñece que nos últimos tempos é “bastante decadente e deberíamos tratar de mellorar”. Insistiu en que debe respectarse “o noso sentimento e tradición”, representados pola figura da pantalla. Haberá vallas no tramo central do desfile para evitar embotellamentos. As comparsas e carrozas interesadas en participar poden apuntarse ata o 3 de febreiro. No apartado de loxística

que rodea a festa, haberá carpas nas prazas Maior, Oriente e Xoan XXIII, instalaranse 15 baños públicos en puntos visibles da vila, reforzarase a recollida de vidro durante as festas e a Deputación facilitará un camión baldeador para manter limpa Xinzo estes días. Como complemento, o Museo do Entroido estará aberto no seu horario habitual durante os festexos. Agradecementos Na súa intervención, o rexedor, Antonio Pérez, anticipouse ás posibles críticas que puidera haber sobre a edición deste ano; “as cousas soas non se fan”, dixo, agradecendo aos membros da comisión o seu traballo por facer posible o entroido . Tamén tivo un recoñecemento para dous entroideiros históricos da vila xa desaparecidos, Manolo Santana e Toñito Maestro. Na mesma liña, o edil de Festexos, Luis Miguel Gil, explicou que coa constitución dunha comisión organizativa quixo “abrir ao pobo o facer o Entroido”, e sinalou que tan só lles fixo dúas peticións aos organizadores: que o desfile infantil fora de toda a comarca e ter en conta as agrupacións musicais locais nas contratacións. O Entroido 2016 de Xinzo conta cun orzamento municipal de 55.000 euros, ao que se lle sumarán as posibles subvencións por parte da Xunta e da Deputación, así como o recadado pola comisión entre hostaleiros, comerciantes e veciños.

A fin de semana do Oleiro será a máis tradicional da festa


ENTROIDO especial

San Antón abre o Entroido de Verín 4 Os Xoves de Campadres e Comadres e o Domingo Corredoiro son as seguintes citas. Redacción Como cada 17 de xaneiro, San Antón marca o comezo do entroido de Verín, coa primeira saída do ano dos cigarróns. Agora, en pouco máis dunha semana chegarán os días grandes destes festexos, que botarán a andar co Xoves de Compadres (28 de xaneiro), seguido do Domingo Corredoiro (31 de xaneiro), o Xoves de Comadres (4 de febreiro) e Venres de Compadreo (o 5). O Sábado de Entroido será o turno do bautizo do cigarrón e o domingo, o día central da festa, co desfile de comparsas ás 12 horas. Xa o luns día 7, a partir das 16:30 horas haberá actividades para os máis pequenos no pavillón municipal; e baile no Centro da Tereceira Idade da Alameda. O Martes de Entroido estará marcado polo desfile de disfraces que percorrerá as rúas a partir das 16:30 horas. Por último, o Domingo de Piñata (14 de febreiro) pechará a edición cunha comida popular para os participantes nos desfiles. Todos os días de festa, charangas e orquestras amenizarán a celebración. Carteis oficiais Pero tan importante cita non pode chegar sen ter un gran cartel anunciador. Este ano a creación “Lembranzas do entroido”, de Andrés Cid, foi o gañador do concurso, ao que se presentaron 30 propostas. Así mesmo, o desfile infantil –que percorrerá Verín o Xoves de Comadres- tamén conta co seu propio deseño, que este ano foi encargado ao CEIP

A tenda oficial do Entroido abre de 12 a 14 e de 17 a 21 horas

Princesa de España, como centro encargado da apertura do desfile. Tras elaborar este centro nove carteis, foi seleccionado polo xurado o cartel oficial que, nesta ocasión, foi creado por unha alumna de 4º de Primaria. O centro educativo recibiu un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos de Verín. Inscrición de carrozas e comparsas O Concello de Verín mantén aberto ata o 4 de febreiro o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar nos desfiles de Entroido deste ano (que serán o domingo e o martes). Os interesados en inscribirse poderán achegarse ata a Oficina de Información Turística e Sala de Exposicións de Verín para facer efectiva. Dende a organización piden que as carrozas que impliquen vehículo a motor conten co seu propio seguro; e que os vehículos que sexan modificados para o desfile leven un extintor. Ademais, os participantes inscritos no desfile do domingo poderán participar na comida que se realiza ese día. Os tickets para a mesma recolleranse no restaurante no que se fará o xantar. Tenda oficial O Concello de Verín abrirá ao público a súa tenda oficial do Entroido situada na praza García Barbón, que ten como obxectivo recadar fondos para financiar devanditos festexos. O seu horario será de 12 a 14 e de 17 a 21 horas, e nela veciños e visitantes poderán adquirir sudadeiras, camisetas, panos, mochilas e cuncas co emblema identificativo desta edición: “Entroido Verín.

BARRIOS Xaneiro de 2016

21

Deixa Pegada”. Sanitarios portátiles A vila contará durante o Entroido con 12 sanitarios portátiles ecolóxicos, a cargo da empresa Sanior, que se encargará do seu mantemento. Nova web O programa oficial do Entroido preséntase este venres, ao igual que o novo portal oficial desta festa, www.carnavaldeverin.com, no que se pode acceder a todos os datos de interese da celebración.

O CEIP Princesa de España deseñou o cartel do desfile infantil. De entre as nove propostas, o xurado escolleu a creación dunha alumna de 4º de Primaria.


22

BARRIOS Xaneiro de 2016

4AXENDA Teatro - 26 de decembro - teatro “Bobas & Galegas” 20:30 h - Casa da Cultura de Allariz Música - 22 de xaneiro - Concerto de Ad Heira Liti- 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) Exposicións - Ata o 29 de febreiro - Mostra “As cores do jazz”- Sala de exposicións de Verín - Ata o 6 de marzo - Exposición “Máscaras” de Balbina Mendes e Carlos Ferreira - Fundación Vicente Risco (Allariz) Feiras - 24 de xaneiro - Feira en Xunqueira de Ambía - 26 de xaneiro - Feira na Merca - 1 de febreiro - Feira en Allariz - 2 de febreiro- Feira en Baños de Molgas e Calvos de Randín - 3 e 11 de febreiro Feira en Verín - 4 de febreiro- Feira en Cartelle - 6 de febreiro- Feira en Porqueira - 8 de febreiro - Feira en Baltar - 9 de febreiro - Feira en Vilar de Barrio - 13 de febreiro - Feira en Xinzo de Limia - Todos os xoves - Feira en Celanova Outros - 29 de xaneiro - Exposición-espectáculo poético visual - 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - Do 4 ao 9 de febreiroCelebración do EntroidoXinzo, Verín e Laza - 13 de febreiro - Sábado de Piñata - Celanova www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

Os peliqueiros non faltan á cita 4 Os folións, a farrapada e os desfiles de domingo e martes, protagonistas en Laza. Redacción Laza quenta motores para o Entroido cos pequenos folións que os venres anteriores aos días grandes de festa se celebran no municipio. Os mozos percorren as rúas con fachóns de palla, chocos e algún instrumento, cantando e bebendo viño. Os días grandes Os grandes festexos botan a andar co Xoves de Comadres, o 4 de febreiro. O venres e o sábado de Entroido será o turno do Gran Folión, que dá comenzo no barrio da Cerdeiriña, para subir ata a Picota. O domingo 7 será a estrea dos peliqueiros, que darán os bos días aos ve-

ciños percorrendo as rúas e saudarán na saída da misa. Na praza da Picota repartirán bica, e achegaranse até xunto os compañeiros que non puideron saír. Pola tarde, terá lugar o desfile de carrozas, con orquestras, que continuarán poñendo banda sonora á festa durante a noite. O Luns de Entroido a media mañá celébrase a farrapada, unha batalla con trapos untados con barro, na praza da Picota. Mentras, a xitanada dos burros percorrerá as rúas. Pola tarde, as formigas e a Morena invadirán a Picota, acompañadas por fariña, toxos, o burro e os peliqueiros. Ao remate repartirase cachucha, pan e viño. O Martes de Entroido é o día dos peliqueiros vete-

ráns, que se exhiben pola mañá na Picota, e a mediodía percorrerán a vila. Pola tarde, o desfile de carrozas tomará as rúas, lerase o testamento e farase o enterro do Entroido, coa queima do Arangaño. Piñata Por último, o Domingo de Piñata (14 de febreiro) é a última oportunidade para que os peliqueiros que non puideron gozar da festa e do seu tradicional traxe o fagan, antes de que os sons dos seus chocos se despidan ata o próximo ano.

Cartel do Entroido de Laza, obra de Marcos Sobrino.

Entroido en Maceda 4 Comeza o 29 de xaneiro. Redacción En Maceda xa teñen todo preparado para celebrar o Entroido. Os festexos comezan nesta localidade o 29 de xaneiro, Venres de Compadres, con xuntanza ás 19 horas na praza das Tolda. Ao día seguinte será a festa dos Bolouros no pobo de Tioira a partir das 19

horas. A festa continúa conComadres o xoves 4. O sábado e o domingo os felos serán os protagonistas, percorrendo os pobos da serra. O luns 8 será o día dedicado aos cativos, con festa infantil na praza das Toldas, e o martes 9 haberá desfile de disfraces. O Enterro do Entroido o

Cartel anunciador do Entroido de Maceda. Mércores de Cinza porá o punto final a este carnaval, declarado de interese turístico galego.

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Entroido Nas pedras de Verín quedaron marcados os sinais propios dos antigos moradores desta terra. Cada recuncho desta vila recolle un legado rico en tradicións ancestrais, que aínda hoxe ninguén foi quen de dar sequera coa data do seu comenzo. Camiñando paseniño coa noite pecha, case sen tocar cos pés no chan, flotando polo barrio, na zona vella da vila, onde só alí penetra o calafrío que trinca os sentimentos, xa non queda máis que o alumear dos farois, que axudan a que as lembranzas do pasado, que veñen ao maxín, sexan nítidas e os ecos daquelas cantigas do entroido, rebelde, atrevido e transgresor, zumben no interior de seguido. O Entroido puro daqueles homes e mulleres do capuchón, da careta e da fariña, que ateigaban a praza da Estrela, danzando ao son dos xenuinos e míticos “Julius Bombeirus Zur-zús” de Vilardevós, saxo, clarinete, caixa e bombo, subidos no remolque dun tractor, arreaban sen acougo, pasodobles que deixaban a un para o arrastre, despois de tanto meneo. O enxebre reinaba na troula, que se formaba sen guión, ceibes coma os cigarróns, que abrían paso inmaculado entre a multitude que gozaba. Agora, nos derradeiros tempos, os sinais de identidade do noso Entroido dilúense sen que ninguén se dea conta. O pasodoble sucumbe coa música latina e o lucerío das grandes orquestras, coas gogós e o playback, reina na noite. O capuchón está en perigo de extinción, as

mascaritas xa non están, caretas quedan só dúas, as de “Laurel and Hardy”, o gordo e o fraco, caretas con máis de medio século custodiadas por Toni na súa tenda da rúa Maior; e a fariña...a fariña só o luns.... que angustia! Carceleiro, céibame desta gaiola que me atrapa, que me ten preso! Mais a esperanza do rexurdimento sempre queda, cando, de súpeto, na noite vencida, escóitanse ao lonxe os sons das chocas, ese son de xaneiro que estremece a alma, ese son fino do metal dos chocos máxicos, que tentan afinar a súa sinfonía, esa música celestial do sentimento e do orgullo, composta só para intrépidos e veloces cigarróns que estrearán o 17 no San Antón. Os vellos entroideiros pousan os tarecos no desván e, cansos, deixan as ocurrencias xeniais de antano sumerxidas na oscuridade, e pasan desapercibidos, desmotivados e esquecidos. Coido que estes xenios nunca foron recoñecidos coma tiñan merecido, e cos representantes do Concello na primeira fila. Os pregóns dos derradeiros anos son estériles, non poñen a pel de pita, nin se cravan no corazón. Cicais este recoñecemento pasa por deixar que os vellos entroideiros dean aos cativos, mozos e menos mozos leccións de sentimento e ledicia, porque os derradeiros sinais de identidade dos vellos son os que debemos seguir, para que este tinglado siga vivo, e o noso querido Entroido non perda a maxia e o fundamento. Bo Entroido e a gozar! Miguel A. Prieto “Chitín”


CLASIFICADOS

BARRIOS Xaneiro de 2016

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº21 - Ano: XI - Xaneiro 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Alúgase local comercial en Ourense, acondicionado, 60m2, r/ Fco. de Moure, (Praza do Couto). 375 € Tfno: 636.32.95.25 Alúgase bodega, serve para garaxe de moto ou ciclomotor. Zona Praza do Couto, rúa Francisco de Moure. Prezo 20 euros. Tel. 636 329 524. Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase habitación próxima aos novos xulgados do Couto (Ourense), con fiestra cara a rúa, cama de matrimonio, mobles, calefacción, televisión, Wi-Fi. Dispón de salón, cociña e baño. Prezo: 180 euros/mes (gastos incluidos). Tel. 600 922 547 (WhatsApp). Véndese casa de dúas plantas en León de Villamarín. Tel. 988 615 263 e 676 758 819. Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen intermediarios. Tel. 690 795 379 Necesítase chico para compartir piso no Couto. Tel. 637 005 910. Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 005 910. Alúganse oficinas na rúa Progreso (Ourense). unha amoblada, todas exteriores, bo prezo. Tel. 637 005 910. Alúgase perruquería na rúa Progreso (Ourense). 250 euros + comunidade. Tel. 637 005 910. Cámprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Cómprase casa pequena con horta preto de Ourense, non urbanizable económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 628 628. Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Prezo económico. Tel. 637 005 910. Vendo finca de 10.000 m2 con granxa para cría de 100 terneiros con 300 metros de almacén. Con todo o necesario para a cría de animais con a PAC. Zona de Xinzo. Prezo: 140.000 euros. Tel. 686 540 087.

COMPRA /VENDA Vendo unha impresora, unha fotocopiadora, unha calefacción de gas cidade seminova e un sofá 3+2, todo a bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Vendo Renault 19 GTS diésel. 110.000 km.Tel. 627 608 758 e 671 921 854 (con whatsapp) Vendo berce de madeira maciza nova, regalo colchón tamén novo. Tel. 988 04 52 74 e 666 84 10 29. Vendo llantas de aluminio de 15”. Seminovas, para rodas de 195615. 180 euros negociables. Tel. 639 984 043.

Vendo coche sen carné Microcar en perfecto estado, elevalunas eléctrico, peche centralizado, motor de 500cc, 4.000 euros negociables. seminovo. Tel. 677 22 96 57 (José Luis) Véndese cadeira de auto para bebé ata 36 kg. Diferentes posición suxeita cabeza. Totalmente nova. Prezo: 25 euros. Tel: 988 25 43 86. Véndese tractor Pascuali. Totalmente equipado. Tel: 695 690 945. Véndo Clío 1900 diésel. Impecable. Tel: 605 320 158. Vendo sofa 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade seminova. Tel. 637 00 59 10.

EMPREGO Señora de 48 anos ofrécese para traballar por horas, en limpeza na zona de Allariz. Tel. 652 783 897. Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 142 Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Disponibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de inglés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases de recuperación a domicilio, matemáticas e resto de materias curriculares. Todos os niveis. Con CAP, ampla experencia, económico. Info: clasesadomicilio2014@hotmail.com e tel. 610 382 589. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp). Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, mobles, persianas, etc. Tel. 656 782 460 Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. .Tel. 666 743 660.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos a mulleres. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Xaneiro de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.