Agosto de 2015 - Barrios

Page 1

Entrevista a Manu Gallego e Begoña Garrido, da cooperativa Xeitura VERÍN

Páx.4

Un 41% máis de degustacións na X Feira do Viño

XINZO

Páx.9

A Confederación restaura os ríos da conca do Limia

ALLARIZ

Páx.11

As infraccións penais mantéñense á baixa neste 2015

Abre o novo Parador

[Páx. 3]

CELANOVA

Páx.12

Celanova estreará campo de fútbol de herba artificial

[páx. 14]

DEPORTES Páx. 17 Pablo Rodríguez, a unha proba do título mundial de MTB

[Páx. 19]

Música en Celanova

Á esquerda, o presidente da Xunta na súa intervención durante a apertura do Parador no Castelo de Monterrei. Á dereita, conccerto de Hércules Brass Quinteto de Metais no festival do mesmo nome en Celanova.

Número: 16 - Ano: X - Agosto 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Agosto de 2015

VERÍN E COMARCA

Prazos de matrícula no IES García Barbón O instituto García Barbón de Verín informa dos prazo de matrícula nos estudos de Bacharelato. Tanto para o bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais como para o de Ciencias, a matrícula para alumnado aprobado na convocatoria de setembro é do 1 ao 10 dese mes. Canto ao prazo para Formación Profesional, abrirase do 1 ao 11 de setembro un prazo de presentación de solicitudes, sendo as datas de matrícula entre o 23 e o 25 do mesmo mes (ata as 13 horas). Pola súa banda, a matrícula na Educación de Adultos (ESA) terá lugar entre os días 1 e 10 de setembro. No mesmo período (do 1 ao 10 de setembro, ata as 13 horas) estará aber-

ta a solicitude de admisión nun dos dous cursos que se ofertan na Formación Profesional Básica (FPB) : mantemento de vehículos e servizos administrativos. Os estudantes admitidos poderán matrícularse entre o 11 e o 18 de setembro. Calendario de setembro No que se refire aos exames de setembro, para Bacharelato, FPB e ESA, as probas terán lugar os días 1 e 2, publicándose as cualificacións o día 3 a partir das 11:30 horas. De 11:30 a 13:·0 horas o profesorado atenderá ao alumnado. No caso de estudantes de 2º de Bacharelato, terán esa xornada e o día 4 para presentar reclamacións ás notas dos exames no propio centro.

CDR Portas Abertas fomenta a empregabilidade dos mozos de Verín 4Puxo en marcha un proxecto de estadías en empresas. Redacción O CDR Portas Abertas vén de por en marcha “Elixindo o meu futuro”, unha iniciativa subvencionada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A finalidade deste proxecto é facilitar aos mozos de 14 a 18 anos unha experiencia que lles permita decidir a súa traxectoria formativa profesional a través de estadías e visitas en empresas. Estas estadías terán unha duración de 7 días e 4 horas diarias. Os rapaces coñeceron a existencia deste proxecto nos seus propios centros de ensino: IES Castro

de Baronceli, IES Xesús Taboada Chivite, CPR María Inmaculada, IES García Barbón. Os sectores foron escollidos polos estudantes en función das súas inquedanzas. A partir de aí, CDR Portas Abertas estableceu contacto con algún dos seus colaboradores, como son Gardería O Castro, Taller mecánico Maraner, Xestoría O&M, Veterinaria Albeitar, Femuro, Cruz Vermella, a cooperativa de consultoría Apoio S.Coop Galega, Borys Martínez Fotografía, Nicandra, Ordenadores Verín, English Academy, Farmacia Santamarina, Verín C.F. e Verín Futsal.

Presentación do Hospitality Chaves Verín na sede da Eurocidade.

O programa Hospitality Chaves Verín comercializa a oferta turística da Eurocidade 4 Na guía participan 23 empresas das dúas localidades. Redacción Por primeira vez Verín e Chaves presentan unha guía que non só promociona a Eurocidade senón que tamén comercializa os produtos turísticos de ambas localidades. Chámase Hospitality Chaves Verín e trátase dunha ferramenta eficaz a disposición do visitante que lle permitirá adquirir servizos turísticos en ambos os municipios. Nesta iniciativa participan 23 empresas de Chaves e Verín presentando 27 actividades e servizos que serán ofrecidos a través das recepcións de hoteis e oficinas de información turística de ambos os municipios. Na guía ofértanse catro spas, servizos de termas, catro adegas, servizos de cicloturísmo, visitas guiadas, catro museos, catro piscinas, unha hípica, un kartódromo, un campo de golf, instalacións deportivas e, por primeira vez, inclúense as instalacións muni-

cipais. En canto aos formatos físicos Hospitality conta con guía, portafolio e a sección online na web Visitchavesverin.com. Primeiro destino turístico transfronteirizo Segundo explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a Eurocidade está a desenvolver diversas accións no ámbito do turismo co fin de afianzar o mercado no primeiro destino transfronteirizo de Europa e así como mellorar a competitividade e as oportunidades de negocio das empresas turísticas de Chaves e Verín. Ademais do programa Hospitality, Seoane presentou, como proba substancial da colaboración público privada neste eido, os circuítos termais Vidágo-ChavesVerín, “co fin de enriquecer a visita Chaves- Verín e alongar as estancias no noso destino”. Darán comezo o 12 de agosto.

A guía oferta 27 actividades e servizos


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Agosto de 2015

Abre o novo Parador no Castelo de Monterrei 4 O presidente da Xunta destaca que con este novo establecemento refórzase a posición turística da comarca. Redacción O Parador de Verín vén de abrir as súas novas instalacións no Castelo de Monterrei. Nun acto o pasado sábado 8 de agosto cualificado de visita -e non de inauguración-, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a aposta da Administración autonómica por reforzar o carácter turístico da fortaleza, lembrou que segue sendo pública na súa totalidade, que mantén o seus usos culturais e que garante os postos de traballo actuais. O xefe do Executivo galego considerou que con este novo establecemento refórzase a posición turística da comarca e, por tanto, a súa capacidade para xerar, desde o turismo, riqueza e emprego. Con respecto a isto, Feijoo puxo en valor o proxecto de rehabilitación para conservar dito ben cultural, cun investimento “de máis de 3 millóns de euros” tanto na adecuación do Castelo como dos seus arredores. Segundo insistiu Feijóo, a finalidade desta actuación é empregar o edificio para usos culturais, que se manteñen como obxectivo prioritario para revitalizalo con programas como ‘Vive o Castelo’, e tamén

Veciños de Monterrei denuncia que a reparación dos accesos non se axustou a licenza

para usos turísticos, sen que deixe de ser público. Nesta liña, o presidente da Xunta fixo fincapé en que este proxecto vai garantir rendibilidade, riqueza e emprego para a comarca, pois as 14 persoas que xa traballaban no Parador non só teñen garantido que se manterán os seus postos de traballo, senón que estes serán máis estables. As novas instalacións do Parador suman 12 cuartos distribuídos entre a casa reitoral e o Pazo dos Condes. Unha rehabilitación polémica A rehabilitación do Castelo de Monterrei ten sido polémica, pois unha parte da comarca opúxose a que este ben cultural teña un uso hostaleiro como Parador e tamén ao xeito no que se executaron estes traballos. O último conflicto a este respecto tivo que ver coas obras dos accesos provisionais, pois a agrupación Veciños de Monterrei denunciou á Axencia Galega de Turismo ao considerar que realizou obras de reparación dos accesos á fortaleza sen axustarse á licenza concedida nin ás condicións impostas pola comisión de patrimonio. A directora de Turismo de Galicia rexeitara as críticas da Plataforma en defensa do Castelo, salientando que a rehabilitación cumpría “con todos os requisitos de patrimonio e

4 Actividades de dinamización durante o verán

O alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, a presidenta de Paradores, Ángeles Alarcó, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, descobren unha praca nas novas instalacións do Parador de Verín.

‘Gala de Circo no Castelo’ o pasado 30 de xullo. técnicos”. Con respecto aos accesos definitivos, Nava Castro informou que a Xunta ten previsto acometer estas

obras no mes de setembro. Nestes traballos incluíríase a renovación dos servizos de saneamento e abastecemento ás vivendas próxi-

mas ao monumento, cun investimento de máis de 600.000 euros, segundo confirmou Núñez Feijoo este sábado.

‘Vive o castelo’ é o nome do programa de actividades lúdicoculturais que se desenvolven este verán para dinamizar o Castelo de Monterrei. Son actividades que “engloban desde o aspecto máis cultural, co coñecemento do propio castelo, ata o máis festivo con actuacións musicais, degustacións gastronómicas, circo e contacontos, entre outras”, afirmou a directora xeral de Turismo, Nava Castro, durante a súa presentación. O programa inclúe visitas guiadas e teatralizadas que terán lugar cada xoves ata o 20 de agosto. Para participar nelas é preciso a preinscrición en noitesnocastelo@gmail.com Asemade, tamén haberá unha xornada máxica, ‘Castelo de Contos’ o 13 de agosto, na que as persoas que visiten a fortaleza poderán descubrir os seus recantos a través dos contos e da música, coas actuacións de ‘Os quisquilláns’, ‘Daboapipa’, e do músico e actor Paco Nogueiras. A programación de ‘Vive o castelo’ rematará o 20 de agosto con ‘Música no castelo’, coas actuación de Guadi Galego e ‘Guezos’.


BARRIOS Agosto de 2015

VERÍN E COMARCA

A X Feira do Viño da D.O. Monterrei remata cun 41% máis de degustacións 4 A organización rexistra unha nova marca nunha edición que contou coa participación récord de 16 adegas. Redacción A X edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei superou un ano máis as previsións cun incremento dun 41% no número de degustacións servidas. Esta edición xa era especial polo gran número de adegas participantes: 16 adegas das 24 que conforman a D.O. Monterrei, seis máis das que tomaron parte en 2014, contaron cunha caseta desde o que promocionaron os seus viños. Un éxito de adhesión sen precedentes na historia deste foro vinícola organizado conxuntamente polo Concello de Verín e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, e que este ano ubicouse por primeira vez na Alameda. A presidenta do D. O. Monterrei, Asunción Rodríguez, cualificou esta cifra como “un éxito ro-

Establecementos de Verín organizan unha ruta de pinchos Redacción

Todos os xoves de agosto, establecementos hostaleiros de Verín organizan unha ruta de pinchos. A partir das sete da tarde e ata medianoite, unha ducia de locais da localidade propoñen unha degustación de bocados únicos a un prezo de 1,5 euros. Xunto ao petisco, os bares complementarán esta ruta con actividades de ocio sorpresa, unha iniciativa para animar aos seus clientes a saír de pinchos por Verín os xoves A ruta dos pinchos está organizada pola Asociación de Empresarios de Hostalería da comarca de Monterrei e conta co apoio do Concello.

tundo de participación, degustacións e visitantes”. Engadiu que “todo isto foi posible grazas ao esforzo e traballo de todas as adegas participantes”. Por último, Rodríguez quixo destacar que “o gran número de visitantes confirma que esta feira se converteu nun foro completamente consolidado e nunha verdadeira mostra representativa do sector do viño da comarca”. Pola súa banda, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, destacou que o notable incremento nas degustacións e número de visitantes é un sinal evidente de que a Feira do Viño de Monterrei deu un importante salto cualitativo. “Pasamos das 15.000 degustacións comercializadas na pasada edición a conseguir unhas 21.000 este ano. Isto é un sinal inequívoco de que as cousas se están facendo ben”, recalcou Seoane. Por

O recinto da feira trasladouse este ano á Alameda. outra banda, o rexedor verinés quixo lembrar que “o Concello de Verín apoiará en todo o que sexa necesario ás adegas para que esta feira sexa considerada como un punto de referencia no sector vinícola”. A Feira do Viño do D.O.

Monterrei contou cunha gran afluencia de público que acudiu a esta cita para gozar das distintas variedades dos viños de Monterrei e do programa de actividades de lecer deseñado para esta edición. A X edición deste even-

to daba comezo o pasado venres 7 de agosto nun acto presidido polo xefe do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e no que Manuel Villanueva, director de contidos de Mediaset España, foi o encargado de pronunciar o

pregón. Nel, o presidente da Xunta puxo en valor o labor dos 400 viticultores e 24 industrias da Denominación de Orixe Monterrei por lograr incrementar nun 450% a produción deste viño entre 2005 e 2014 e por darlle pulo á súa exportación, que o pasado ano foi un 17% maior á de 2013. Catro novos confrades Trala apertura, as autoridades percorreron as casetas das 16 adegas que participaron nesta feira e trasladáronse á igrexa da Mercé de Verín, onde tivo lugar a cerimonia de imposición de medallas da Confraría dos Viños de Monterrei. Ademais do pregoeiro, Manuel Villanueva, foron declarados novos confrades a Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia, Isabel Alonso, a primeira muller viticultora da denominación e Fernando Castro, un dos membros máis veteranos do panel de cata do D.O Monterrei.

400 viticultores e 24 industrias conforman a Denominación de Orixe Monterrei


VERÍN E COMARCA

Verín homenaxea aos represaliados polo franquismo 4 O Concello declara fillos predilectos a 22 vítimas da represión franquista. Redacción Verín rendeu unha merecida homenaxe ás vítimas

do franquismo no comarca. Tratábase dunha iniciativa da CIG que contou co apoio da corporación

verinesa, que, nun pleno extraordinario o pasado xoves 6 de agosto, declarou fillos adoptivos ou

predilectos a 22 vítimas do franquismo. Tamén acordou que seis rúas da vila leven o nome dalgún dos

Autoridades, veciños e familiares na homenaxe aos represaliados polo franquismo na praza do Concello de Verín.

fusilados. Logo da sesión plenaria, a homenaxe aos represaliados polo franquismo continuou na Praza do Concello, onde se descubriu unha praca en recordo o aos executados e se entregaron distincións aos familiares. A petición realizada pola CIG perseguía que o consistorio verinés concedese “a título póstumo, a unha serie de persoas que protagonizaron a vida da nosa vila nos momentos previos e posteriores ao golpe de estado de 1936, as distincións e honores que merecen, por ter entregado as súas vidas e patrimonios á causa da liberdade e da democracia”. Con ocasión da celebración da homenaxe, a CIG Verín editou un folleto cos nomes, apelidos, veciñanza e circunstancias de máis de 400 represaliados polo franquismo nas comarcas de Monterrei, As Frieiras, Conso, Viana do Bolo e o Cambedo da Raia (Portugal).

BARRIOS Agosto de 2015

EN BREVE 4 Ordenanza do tráfico no casco vello de Verín Nun pleno extraordinario o Concello de Verín acordou modificar a ordenanza que regula o tráfico no casco vello de Verín, que actualmente estaba peonalizado. Alcalde e tenente de alcalde reuníranse previamente cos veciños desta parte da vila para consensuar a modificación desta normativa, propondo o rexedor, Gerardo Seoane, unha ordenanza “de proba e revisable” na que se permitirá o tráfico nuns horarios determinados e que se irá axustando progresivamente segundo a súa efectividade. Seoane tamén anunciou medidas para valorizar a zona, como rehabilitación de edificios en ruínas, limpeza das rúas, eliminación de colectores e labores de embelecemento.


BARRIOS Agosto de 2015

VERÍN E COMARCA

O edificio multiusos de Riós albergará un centro para maiores

Roi Casal, prato forte das festas patronais de Verín

4 Benestar financiará con 12.000 euros as obras.

O concerto de Roi Casal e a súa banda serán o prato forte das festas de Santa María a Maior de Verín. O músico galego abrirá os festexos cun concerto gratuíto o venres 14 de agosto a partir das 23:00 horas na praza García Barbón, emprazamento que, en caso de choiva, se desprazaría ao pavillón municipal. Casal, músico, compositor e cantante de gran virtuosismo, realiza unha interpretación da música galega desde unha visión contemporánea

Redacción A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga, asinaron un convenio de colaboración para acondicionar o edificio multiusos que albergará un centro de atención integral a maiores na localidade. A responsable autonómica e o rexedor local ra-

tificaron este acordo, que recolle unha achega dun total de 12.000 euros por parte da Consellería, que se destinarán ás obras necesarias para acondicionar o local. Grazas a este investimento, a localidade poderá contar cun centro de atención integral para os maiores. Nel, os usuarios poderán acceder a actividades relacionadas co

Redacción

Francisco Armando Veiga, alcalde de Riós, e Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar, ratificando o acordo entre ambas administracións. envellecemento activo e a promoción da autonomía persoal. Esta non é a única liña de colaboración aberta co concello de Riós. O departamento autonómico

colabora tamén co goberno local noutras actuacións, a través de iniciativas como o financiamento do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes (cuxas horas asignadas veñen de

ser incrementadas en case un 20% ata as 911 horas), ou como a contratación de dous perceptores da RISGA a través dunha subvención que supera os 12.000 euros.


A CIG Verín chama a negociar cos bombeiros de Verín 4 O sindicato considera necesario aumentar a dotación de persoal do parque verinés. Redacción O luns 3 de agosto un sinistro queimaba dúas casas e afectaba outras tres no núcleo de Veiga de Nostre, no municipio de Castrelo do Val. Na extinción do incendio colaboraron os bombeiros do turno de garda do parque de bombeiros de Verín, malia estaren en situación laboral de folga indefinida. Uns feitos que, para o sindicato CIG, deixan “máis que claro que en Verín necesitamos unha maior dotación de persoal no parque de bombeiros,

O parque só conta con tres persoas por turno de garda

que hoxe só conta con tres persoas para cubrir cada turno de garda, para darlle servizo e cubrir as necesidades dun gran número de núcleos poboacionais espallados ao longo e ancho dunha enorme extensión xeográfica”. Por outra banda, o sindicato bota en falta no parque de Verín medios materiais, “coma poden ser coches adaptados ás necesidades máis especificas da realidade coa que se teñen que enfrontar a diario os bombeiros nas súas intervencións: hai que recorrer grandes distancias e meterse en núcleos poboacionais con rúas estreitas e accidentadas, que fan necesarios coches máis potentes e pequenos

para darlle eficacia ao servizo”. Insta a negociar Por estes motivos, a central sindical insta aos responsables dos parques de bombeiros galegos e da Xunta que senten a negociar cos representantes sindicais dos bombeiros para mellorar a calidade deste servizo. O sindicato nacionalista defende que debe ser “completamente” público. Tamén recorda que ten solicitado ao xerente do parque de bombeiros de Verín e ao presidente da Deputación unha reunión para tratar esta problemática “sen que ate o momento teñamos tido ningunha resposta”.

VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

BARRIOS Agosto de 2015

Xinzo da Limia rehabilitará o parque do Toural 4 Investirá 50.000 euros na renovación da área de xogos infantís. Redacción A Xunta de Goberno local do Concello de Xinzo vén de aprobar o proxecto de rehabilitación do parque do Toural, ao que destinará 50.000 euros. As actuacións previstas céntranse na reforma da área de xogos infantís do parque. Así, desmontaranse e retiraranse os xogos en mal estado situados na zona de primeira infancia, onde tamén se reparará o pavimento de seguridade existente. Ademais, instalaranse novos xogos infantís para todas as franxas de idade. A reforma completa-

Área de xogos infantís no parque do Toural. /M.REJO. rase co acondicionamento da fonte ornamental do parque do Toural Todos os compoñentes que se empregen serán de materiais non contaminantes e ecolóxicos. Inicio en setembro Segundo informou o Concello, a obra inicia-

rase no mes de setembro e inclúese nas previsións da Concellería de Medio Ambiente para a mellora de parques e xardíns de Xinzo. O proxecto está incluído no Plan Provincial de obras e servizos para o ano 2015 que financia a Deputación.


BARRIOS Agosto de 2015

XINZO E COMARCA

EN BREVE

Vilar de Santos contará cun punto limpo

4Os locais de Xinzo amplían horario A Consellería de Presidencia vén de autorizar ao Concello de Xinzo de Limia a ampliar nunha hora o límite de peche para os establecementos públicos da vila durante este mes de agosto. Os locais poderán pechar unha hora máis tarde en función da súa respectiva licenza municipal de apertura e sempre que non se altere a convivencia normal da poboación. A autorización para esta ampliación de horarios nocturnos para bares, cafeterías, restaurantes e pubs afecta ás fins de semana deste mes, en concreto, os días 15, 16, 17, 22, 23, 24, 29, 30 e 31.

4Torneo de fútbol en lembranza de “Toñito” Este martes 11 de agosto disputouse no campo da Moreira, en Xinzo, o I Memorial de fútbol Toño Castro “Toñito Maestro”, en lembranza do ex xogador, adestrador e directivo do Antela, falecido o pasado xuño. Tratouse dun partido triangular entre os tres equipos locais: Antela FC, o Boado FC, e o Piñeira FC. As homenaxes a “Toñito” continuarán en vindeiras datas cun encontro dos veteranos do Antela e un torneo de fútbol 8.

4Orquestras para as noites de agosto Un grupo de locais de hostalería da praza Maior de Xinzo están detrás da iniciativa “Noites na praza Maior”. Durante tres venres de agosto, propoñen animación musical aos clientes das súas terrazas. Trala cita coa orquestra Gharbo do pasado venres, o día 14 tocarán Sonreal e o 28 a Orquestra Cé Pantasma. Ambos grupos farán dous pases, : ás 21 e ás 23:30 horas. Promoven as actuacións os locais Espolón, Gran Café, Rudi, Tremedoiro, Trisquel e a Tenda de Chuches, co apoio do Concello.

4 Medio Ambiente investirá case 350.000 euros na súa construción. Redacción Participantes no taller que se desenvolveu en Paradela de Abeleda, no municipio de Porqueira.

Envellecemento activo e prevención do cancro, na Escola Rural de Saúde 4 Os obradoiros enmárcanse nas actividades de educación para a saúde da asociación. Redacción A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia vén de finalizar dúas actividades que se enmarcan no proxecto de intervención sociosanitaria e educación integral para a saúde que está a desenvolver na comarca da Limia. Dunha banda, rematou a aula animada para maiores do medio rural, coa que intentaron promover o envellecemento activo, como xeito de previr a discapacidade e promover a saúde. Trátase dun

espazo de dinamización social das persoas maiores a través de actividades lúdicas e formativas. Prevención do cancro Doutra banda, a Escola Rural de Saúde organizou un taller sobre prevención do cancro. Paradela de Abeleda (Porqueira) foi o lugar escollido pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense para achegarse á zona rural e dar información sobre o conxunto de accións que se poden realizar co fin de diminuír a incidencia ou mortalidade por

cancro. O taller “O cancro e a súa prevención”, foi impartido por Milagros Pereira, traballadora social de AECC. A actividade formaba parte do “Proxecto Intervención sociosanitaria e educación integral para a saúde na zona rural” que desenvolve a asociación, coa subvención da Deputación de Ourense, a colaboración do Concello da Porqueira, e o apoio dos veciños de Paradela “comprometidos e sabedores de que todos temos a capacidade de levar unha vida máis saudable”.

O certame de pintura mural retrásase a setembro 4 O retraso é por causas alleas á asociación organizadora, Espacio Matrioska. Redacción O I Certame de Pintura Mural “Matrioska”, que se ía celebrar este mes de agosto en Xinzo, retrásase ata setembro. A entidade organizadora, a asociación Espazo Matrioska, vén de emitir un comunicado no que informa de que o retraso

“se debe a decisións e xestións alleas á asociación” e no que lamenta a desorganización, pedindo desculpas aos participantes e á comunidade de Xinzo de Limia “que esperaba este evento con ganas”. O xurado do certame xa seleccionara aos catro artistas que ían pintar os seus murais en catro paredes de

edificios de Xinzo: Manuel Diego Sánchez, Iria Prol, Alberto Maciá, e Enrique Suárez. O quinto muro será pintado polos artistas que conforman Espacio Matrioska, asociación cultural con sede nos Blancos. O certame está co organizado pola Deputación e o Concello de Xinzo.

O Consello da Xunta aprobou o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Vilar de Santos, para a construción dun punto limpo neste municipio. Esta actuación enmárcanse no desenvolvemento do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 e contará cunha achega económica do Goberno galego de case 350.000 euros, é dicir, o 100% do importe necesario para a súa construción. O futuro punto limpo de Vilar de Santos permitirá realizar a xestión de residuos sólidos urbanos ou domésticos que requiran dunha xestión específica polo seu tamaño, natureza ou peri-

gosidade. Entre os obxectivos desta infraestrutura, atópanse os de separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente ou a saúde; evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos; e facilitar a recuperación dos recursos contidos nos residuos para a súa reciclaxe. Esta iniciativa estende a rede de puntos limpos municipais financiados pola Xunta, que con estas novas infraestruturas contará con 145 instalacións, das cales 139 están rematadas e seis (incluída a de Vilar de Santos) están en fase de proxecto, licitación e construción. O punto limpo beneficiará aos máis de 3.000 habitantes de Vilar de Santos, Rairiz de Veiga e Porqueira.

O delegado da Xunta recibe ao alcalde de Sandiás 4 Quixo coñecer cales son as súas demandas e proxectos. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, recibiu ao novo alcalde de Sandiás e líder da agrupación veciñal Agrelsan, Felipe Traveso. A xuntanza enmárcase dentro da súa rolda de contactos cos alcaldes que exercen por primeira vez o cargo na provincia “co obxectivo de saber cales son as súas demandas e proxectos

para os próximos meses”, explicou Martínez. Entre outras cuestións, o rexedor plantexou a necesidade dunha nova brigada antiincendios. O delegado da Xunta emprazou a Traveso a “próximos encontros para afondar en cuestións de relevancia para o concello e o conxunto dos seus veciños”. Nos últimos cinco anos Sandiás recibiu da Xunta achegas por máis de 1,3 millóns de euros.


XINZO E COMARCA

Esquecemento, ano XV

A penúltima fin de semana de agosto Xinzo regresa ao pasado grazas á Festa do Esquecemento, que este ano alcanza a súa 15ª edición. Esta festa de recreación histórica organizada pola Asociación Cultural Civi-

tas Limicorum lembra o cruce do río Limia (Lethes, na época) polas tropas de Décimo Xuño Bruto, que atravesouno con valentía para botar por terra a lenda que dicía que quen o cruzase esquecía todas as súas lembranzas. O momento máis significativo da festa é xustamen-

A CHMS restaura os ríos da conca do Limia afectados as inundacións

4 A festa histórica celebrarase en Xinzo do 21 ao 23 de agosto. Redacción

BARRIOS Agosto de 2015

Paso do río Lethes polas tropas romanas nunha edición anterior do Esquecemento./CEDIDA. te a recreación do paso do río Limia, mais hai outras moitas representacións da tradición e da cultura castrexa e romana durante toda a fin de semana, coma

danzas, combates, vodas e banquetes, un mercado de artesanía, ou o desfile das lexións polas rúas da vila. A cita coa historia: do 21 ao 23 de agosto.

4 Traballa nos ríos Limia, Faramontaos, Nocedo, Bouzo e Firbeda. Redacción A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) traballa na restauración e limpeza das canles da conca do Limia. Os traballos desenvólvense nos ríos Limia, Faramontaos, Nocedo, Bouzo e Firbeda, que sufriron importantes afeccións polos aumentos de caudal froito das intensas choivas do primeiro trimestre do ano, o que orixinou arrastres de vexetación arbórea e arbustiva, erosión de marxes e depósito de acarreos. O obxectivo destas actuacións, declaradas emerxencia polo Consello de Ministros, é eliminar os obstáculos, maleza e restos vexetais presentes no leito do río e mellorar as marxes erosionadas con técnicas de bioenxeñaría que faciliten a estabilización e protección das mesmas a longo prazo. Estas actuacións supoñen un investimento de máis de 140.000 euros, sufragadas integramente polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Actuacións Nos ríos Faramontaos

e Nocedo retiráronse especies arbóreas caídas ou con risco de desprenderse e máis de 1.800 metros cúbicos de acarreos, localizados na desembocadura. Ademais, execútanse actuacións de estabilización dos noiros máis erosionados, que corresponden aproximadamente 200 metros lineais de canle En canto á afección detectada no río Limia, realizarase un dique granítico de 550 metros cúbicos que dotará de estabilidade aos noiros máis afectados. Pola súa banda, no río Bouzo construirase un muro dique de 400 metros cúbicos para o que se utilizarán pedras de 1.000 quilos e cimentación formigonada, co obxectivo de mellorar ambas as marxes en diversos tramos. Tamén se arranxará o carreiro que discorre paralelo ao río, repondo o firme cunha capa de zahorra que facilite a drenaxe en episodios de choivas abundantes para evitar avenidas. Por último, no río Firbeda levarase a cabo a limpeza de ambas as marxes nun tramo de 1,5 quilómetros, incluíndo a retirada de árbores caídas e secas ou enfermas que corran risco de precipitarse ao río e formar tapóns en infraestruturas de paso.

Río Limia ao seu paso por Xinzo./M.REJO.


10

BARRIOS Agosto de 2015

ALLARIZ E COMARCA

4NOTICIAS DE EMPRESA

Landa Medioambiente, resposta profesional ás demandas do mundo rural Landa Medioambiente é unha empresa de enxeñaría medioambiental que xorde como resposta ás necesidades e esixencias profesionais do medio rural. Á fronte está Diego Quintas Ramos, enxeñeiro técnico agrícola con cinco anos de experiencia traballando por conta allea

que fai uns meses decidiu dar o salto e montar o seu propio negocio en Allariz. Xunto a el, un equipo conformado por enxeñeiros técnicos forestais, avogados, arquitectos técnicos e administrativos que tamén dispoñen de formación e experiencia no sector. “Damos solucións a

Diego Quintas, propietario de Landa Medioambiente.

calquera cuestión relacionada co medio rural e ambiental”, explícanos Diego Quintas. Un amplo abano de servizos que ten como destinatarios a comunidades de montes, asociacións, particulares, concellos ou explotacións agrícolas ou gandeiras. En particular, solucionan problemas catastrais, relacionados con expropiacións e con herdanzas, como partillas ou liquidación de impostos. Tamén realizan medicións e valoracións de parcelas, localización de propiedades, deseñan e manteñen xardíns e axudan a tramitar subvencións. Se está interesado, pode contactar con eles no 988 442 577 ou nas súas oficinas na rúa Emilia Pardo Bazán, 26 E, entrechan, de Allariz. Atenden ao público de luns a venres de 9 a 13:30 e de 16 a 19:30 horas.

XIII Feira de Artesanía “Arte de man” de Allariz 4 Será o 13 de setembro. Redacción O próximo 13 de setembro Allariz acolle a XIII Feira de Artesanía “Arte de man”, que ten como obxectivo a promoción e venda dos tra-

ballos dos artesáns locais e convidados, a través dos numerosos stands que se ubicarán polas distintas prazas da vila, así como demostracións de distintos oficios. O mercado, organizado

Demostracion de cestería da edición anterior./ARQUIVO

polo Concello de Allariz e a Asociación de Artesáns de Allariz, contará nesta ocasión con 25 postos, e os profesionais interesados en participar no mesmo deben enviar o formulario de inscrición antes do 21 de agosto ao enderezo electrónico dinamizacioneconomica@allariz.com ou poden informarse no 988 442 210.

4 Os comercios de Castelao, a pé de rúa Os comerciantes da rúa Castelao de Allariz repiten experiencia e voltan á rúa todas as fins de semana deste mes de agosto. Ademais, organizan para o día 14 unha Noite Branca na que amplían os seus horarios ata as 00:00 horas e na que haberá diferentes actividades, como sorteos, contacontos ou música.


ALLARIZ E COMARCA

Aprobado o regulamento da marca “Carne de Boi de Allariz” 4 A corporación municipal aprobouno por unanimidade. Redacción A Corporación municipal alaricana aprobou, por unanimidade, o regulamento da marca “ Carne de Boi de Allariz” que ten como obxectivo a produción, transformación e a comercialización da carne de boi criada nos montes alaricanos. Pola contra, nesta sesión non houbo acordo

na elección dos festivos locais de 2016. Todos os grupos estiveron dacordo en designar un dos festivos ao venres da Festa do Boi, pero o segundo día creou controversia. Pola súa banda, o PP considera axeitado cambiar o festivo do Martes de Entroido polo do venres de San Bieito “por ser o patrón de Allariz”, explicaron.

Allariz continúa coa mellora da rede viaria municipal 4 As obras teñen un orzamento de 200.000 euros. Redacción O Concello de Allariz está a realizar obras de mellora da rede viaria municipal. Cun orzamento próximo aos 200.000 euros, está a executar as melloras, correspondentes ao ano 2015, co obxectivo de facilitar o tránsito nas estradas do municipio. Ata o de agora leváronse a cabo obras no vial que comunica a Estrada de Xunqueira con Acea de Meire, de Souto coa Cal e

en Penamá. Así mesmo, realizouse o parcheo do conxunto da rede viaria. O alcalde alaricano, Francisco García, destacaba, ademais, que a intervención na estrada de Xunqueira utilizouse por primeira vez aglomerado en frío “que aínda que é máis custoso ofrece máis garantía de duración”.

Utilizouse aglomerado en frío, de maior duración

As infraccións penais en Allariz mantéñense á baixa en 2015 4 Os niveis de esclarecemento tanto de delitos coma de faltas está por riba do 70%. Redacción As infraccións penais manteñen cifras estables na comarca de Allariz. Así se constatou na última reunión da Xunta Local de Seguridade, que se celebrou na casa consistorial alaricana presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e polo alcalde de Allariz, Francisco García Suárez. Na xuntanza tamén participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local. Previa aprobación da acta da anterior reunión, os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade cidadá e fixeron fincapé na im-

portancia da colaboración entre a Policía Local do Concello de Allariz e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Na Xunta Local de Allariz analizáronse os datos relativos á delincuencia na comarca durante 2014 e o período entre xaneiro e xuño deste ano , e que expresan unha tendencia estable na cuantificación da totalidade das infraccións penais, respecto ao ano anterior. Mantense o índice de delitos e redúcese lixeiramente o número de faltas. Os niveis de esclarecemento tanto de delitos como faltas está por riba do 70%. A redución é importante nas infraccións penais sen delito contra a seguridade vial e tamén nas infraccións administrativas. O número de detidos ascende, mentres baixa o número de imputados.

Non baixar a garda O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, manifestou a súa satisfacción polos resultados acadados en materia de seguridade cidadá na comarca de Allariz e alertou ás Forzas e Corpos de Seguridade a non baixar a garda, “o descenso nas estatísticas delictivas non debe ser condición para o acomodo. Debemos seguir incidindo na constancia do traballo realizado como ata o de agora para que os niveis de delincuencia siga a debilitarse incesantemente”.

Ascende o número de detidos, baixa o de imputados

Responsables dos corpos de seguridade xunto a subdelegado do Goberno en Ourense e o alcalde de Allariz.

BARRIOS Agosto de 2015

11

EN BREVE 4 Denuncian colocación selectiva en Xunqueira de Espadanedo O Grupo Municipal Socialista de Xunqueira de Espadanedo presentou escrito contra o nomeamento selectivo dos operarios da brigada de incendios O seu voceiro, José Carlos Rivera, asegura que “neste proceso selectivo se vulnera a Constitución”, xa que dende o Concello non se publicou a convocatoria, “colocando a familiares, amigos e coñecidos do equipo de goberno con vantaxe sobre o resto dos veciños”, reclama. Así mesmo, considera que foi un proceso “escurantista, sen garantías e sen baremo obxectivo aprobado polo pleno da Corporación”. Por iso, esixe que se declare nulo ou revoque este proceso selectivo e se repita respectando a lei.

4 O PSOE de Maceda pide máis medios contra incendios A edil socialista de Maceda Ana María Rodríguez Blanco reclama máis medios contra os incendios para o municipio, xa que por segundo ano consecutivo unha motobomba é o único medio dispoñible no concello, “a cal que sen unha brigada de apoio merma a súa utilidade”, asegura. Coa situación actual, ademais da actuación directa tamén queda sen cubrir, segundo os socialistas, a prevención.


12

BARRIOS Agosto de 2015

CELANOVA E COMARCA

A Fundación Curros Enríquez reactiva o portal de comercio celanovés

Celanova estreará campo de fútbol de herba artificial

4 Compraencelanova.com é o seu nome.

4 O orzamento é de 250.000 euros, achegados por Xunta, Deputación e Concello.

Redacción

Redacción

A Fundación Curros Enríquez, co apoio do Concello de Celanova e a Consellería de Traballo e Benestar, qurere reactivar o portal web www.compraencelanova.com coa intención de que todos os negocios do municipio, independentemente da actividade que desenvolvan, poidan contar cun espazo propio en Internet desde o que poder dar a coñecer a súa oferta comercial. Polo momento, abriron unha “fanpage” en Facebook para dar a coñecer os establecementos comerciais, empresas e profesionais do termo municipal de Celanova, á espera de poñer en marcha en breve a web compraencelanova. com. Nesta rede social xa contan con máis de 250

seguidores en 15 días. Con esta iniciativa a Fundación pretende incorporar aos comerciantes celanoveses ao mundo das novas tecnoloxías, conseguir que todos os negocios de Celanova estean presentes na rede, e dota a todos eles dunha web personalizada. Segundo explican “conseguir que practicamente toda a rede comercial de Celanova se presente baixo un único rexistro fai que o efecto divulgador se vexa multiplicado dun xeito exponencial e o nivel potencial de coñecemento de cada un dos negocios se vexa sensiblemente incrementado”. Por todo isto, desde a Fundación Curros Enríquez anima ao comercio local a sumarse a este proxecto.

A vila de Celanova contará este ano cun campo de fútbol de céspede artificial que se construirá na zona deportiva situada xunto á estrada de Cortegada, na contorna que comprende o campo de fútbol de herba natural, pistas polideportivas e outro campo de fútbol

de terra –no que adestran os equipos locais-, que será onde se leven a cabo as obras de mellora. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, asinaron no Pazo Provincial o convenio de cooperación -rubricado tamén polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón

Lete- que contempla un orzamento de 250.000 euros, dos cales a Xunta achegará 125.000 euros, a Deputación de Ourense 75.000 euros e o Concello de Celanova 50.000 euros, para a construción do dito campo de fútbol, cuxa obra prevé estar finalizada no presente ano 2015. Trala firma do convenio, Baltar destacou a importancia da cooperación entre administracións “para levar a cabo obras de infraestruturas deportivas que, como neste caso, permitirán aos veciños de Celanova ter á súa disposición unhas modernas instalacións para seguir potenciando a práctica deportiva e a actividade física na vila”.

José Luis Ferro e José Manuel Baltar durante a sinatura do convenio.

EN BREVE 4 Relax e sesta A directora e videoartista celanovesa Xudit Casas e o compositor musical pontevedrés Adrián Saavedra estrearon na rede o 29 de xullo o seu novo proxecto: “Relax & Siesta”, unha obra que busca axudar a relaxarnos e, concretamente, a durmir a sesta. O traballo presentouse na canle oficial de Youtube da produtora Arxuína Producións. “Relax & Siesta” son unha serie de vídeos relaxantes que non teñen data de caducidade, e que duran entre 20 e 30 minutos, o tempo aconsellado para esta práctica tan habitual. A primeira entrega chámase “Mallorca” e nela quérese mostrar a illa “lonxe da imaxe estereotipada que temos dela”, afirma Xudit Casas, quen adianta que “non todos os vídeos serán de lugares, hai moitas cousas que nos poden relaxar”. Iso si, a artista, afincada en Madrid, aclarou que Galicia será a gran protagonista deste proxecto.


PUBLICIDADE

BARRIOS Agosto de 2015

13


14

BARRIOS Agosto de 2015

ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

Begoña, Martiño e Manu integran a cooperativa Xeitura.

ENTREVISTA A MANU GALLEGO E BEGOÑA GARRIDO- MEMBROS DE XEITURA

“A misión de Xeitura é difundir o patrimonio dándolle un xiro para facelo atractivo” 4 Descubrimos Xeitura, unha cooperativa encargada da Xestión Integral do Patrimonio Cultural. S.N. Os historiadores ourensáns Martiño Vázquez e Manu Gallego puxeron en marcha en 2011 Xeitura. A eles sumóuse en breve Begoña Garrido. Xuntos ofrecen actividades nas que arqueoloxía, turismo e formación se dan a man para poñer en valor o patrimonio que nos rodea e que moitas veces descoñecemos. Como nace Xeitura? Manu Gallego: “Imaxina a dous licenciados en Historia en paro, con conversas sobre as nosas inquedanzas. A idea xurdíu de min e Martiño. Eu son de Allariz e vía carencias no ámbito turístico, e el estaba canso de bolsas e quería comezar unha aventura empresarial no ámbito da arqueoloxía. Comezamos a darlle forma ás dúas ideas e de aí naceu a idea da cooperativa, Xeitura, dedicada á xestión integral do patrimonio cultural e de dividila en tres ámbitos: arqueoloxía, con traballos de documentación e investigación; difusión, máis preto do turismo; e, como coñeciamos a Begoña ela era a parte que nos faltaba, da formación e a didáctica. Foi a engranaxe perfecta. A misión da empresa é difundir o patrimonio dándolle un xiro para facelo atractivo”. Que tipo de actividades tendes feito? M.G.: “En Allariz fixemos un taller de arqueoloxía, porque quixemos unir a ruta que eu fago en Armea, coas escavacións da

Universidade de Vigo e coa formación dos cativos. Buscamos sempre que o que gañe sexa o visitante, ou os participantes nas actividades. Foi un éxito, participaron 40 nenos do programa de Concilia Verán do Concello de Allariz e marcharon encantados. En Armea facemos rutas con pequenos, adultos e avós, e todos gozan delas, non hai maneira de quitarlles a paleta teñan a idade que teñan (ri). Pero iso danos pistas de que Armea, Santa Mariña de Augas Santas, é o lugar perfecto para estas cousas. Ademais, sempre facemos grupos reducidos para ofrecer un trato personalizado, e como nós nos sentimos parte do patrimonio que estamos dando a coñecer facemos o traballo con agarimo. Así é máis lento que te coñezan, pero cremos que é máis efectivo, porque a xente así goza da visita connosco”. B.G.: “E eles descobren o patrimonio que teñen ao lado e nin sabían del. Eu creo que en Galicia fáltanos por dar un paso nese aspecto, porque temos o concepto de que esas visitas a monumentos históricos son aburridas, e logo divírtense. Pero estamos formando ás novas xeracións para que o vexan doutra maneira, e xa o defenden e o coidan eles mesmos. E Xeitura é iso, tres historiadores preocupados por poñer en valor un patrimonio que está esquecido, e non é que faga falla moita inversión porque o recurso xa o tes, só tes que ensinalo. E logo xerará riqueza”. Que novas iniciativas estades

preparando a curto prazo? B.G.: “Continuaremos coas actividades extraescolares, que

están centradas en dous ámbitos: de humanidades e de ciencias, e nelas fálase de historia e fanse experimentos, de forma que os rapaces aprenden tocando, e así gozan aprendendo. E con este tipo de actividades os pais cóntannos que logo cando están no curso escolar recoñecen cousas que trataron connosco. Porque eu particularmente céntrome en aspectos que sei que non van a dar na educación regrada, para que sexa un complemento. Para estas actividades só teñen que contactar con nós as ANPAS”. Como foron estes primeiros anos? M.G.: “Dende este verán notamos un pequeno incremento na demanda, pero pouco a pouco”. B.G.: “Creo que coincide con que pasamos a ter un local en Allariz e ter presenza física axuda moito. Pero o certo é que dedicamos moitas horas pero non somos conscientes do tempo porque nos divertimos moito co noso traballo e gozamos del, e cremos que iso se nota no que facemos”. A que se debeu a decisión de

trasladarvos a Allariz? B.G.: “Queriamos estar máis visibles e chegamos a unha colaboración co Concello, eles facilítannos o local e a cambio nós organizamos visitas guiadas e obradoiros para nenos sobre o medio ambiente, rutas polo Arnoia... Creamos oferta para familias, porque parecía que se tiñas cativos non tiñas oferta turística, así gozan pais e nenos”. Enviade unha mensaxe aos nosos lectores. B.G.: “Se alguén está interesado en coñecer a nosa actividade ou organizar iniciativas similares ás que facemos en Allariz ou Celanova noutros puntos da provincia acá estamos, hai moito patrimonio para pór en valor en Ourense e nós adaptámonos ás necesidades culturais que teñan”. [+info en www.xeitura.com]

“Facemos visitas con grupos reducidos, para un trato personalizado”, explica Manu

O poboado Coelianova cobra vida 4 Rapaces de Celanova e Allariz participan nun campamento sobre historia, organizado por Xeitura. Cun poboado castrexo orixinal como o de Castromao (Celanova) e unha reprodución bastante avanzada (Coelianova) a só 500 metros del semellaba imprescindible aproveitar tales recursos, e que mellor maneira de facelo que formando ás novas xeracións en historia, pero da forma máis lúdica. Coñecemento e diversión únense no campemento que Xeitura, coa colaboración do Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez, está a levar a cabo na zona e do que gozarán 30 rapaces de Celanova e Allariz. Do 3 ao 7 de agosto foi o turno dos máis cativos (de 6 a 9 anos) e do 17 ao 21 será o dos maiores (de 10 a 13 anos, e aínda poden inscribirse na Oficina de Turismo de Celanova). Begoña Garrido, historiadora especialista en didáctica do patrimonio, é a encargada de impartir este taller. “Interésame pór en valor os recursos pero achegándome o máximo á realidade. A idea é facer manualidades, xogos, é unha lección de historia diferente”, explica. De feito, o programa desta primeira

Nenos participantes no campamento con dous guerreiros castrexos. edición inclúe as mesmas actividades para todos, pero adaptadas ás capacidades de cada grupo. “O primeiro día tratamos o tema da vivenda, que co propio poboado xa se explica; o segundo, a cerámica e a vida cotiá; o terceiro, como elaboraban os tecidos; na cuarta xornada falamos da xente, por iso o 6 de agosto visitáronnos dous membros dunha asociación que colabora con Xeitura, e que viñeron caracterizados de auténticos guerreiros castrexos. E o último día fixemos unha obra de teatro con puntos históricos, seguida dunha comida comunitaria, na que involucramos aos

pais. No caso dos máis maiores, en lugar de comida será cea, o xoves 20 de agosto, e pasaremos a noite no castro cos pais, porque coincide coas perseidas e poderán velas porque alí non hai contaminación lumínica, será perfecto”, detallounos a historiadora, que confesa que esta edición é de proba, para coñecer o interese que desperta esta iniciativa e valorar a posibilidade de ampliar o horario o próximo ano. E vendo a resposta dos participantes todo apunta a que esta idea terá un prometedor futuro, e é que, como di Begoña, “a historia pode ser divertida, só depende de como cha conten”.


CELANOVA E COMARCA

O Centro Unión Orensana de La Habana recibirá o “Celanova, Casa dos Poetas” 4 Nun acto o 6 de setembro. Redacción Menores participantes no I Celanova Chef, cos seus diplomas, na Casa dos Poetas.

Finaliza o I Celanova Chef 24 rapaces de entre 8 e 14 anos participaron no I Celanova Chef, unha actividade organizada pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova co obxectivo de que os menores aprendesen a cociñar e a coñecer os produtos no mercado. Nas cinco sesións do curso, os participantes elaboraron comidas doces e salgadas, aprenderon a traballar e cocer diferentes tipos de masa, investigaron e probaron con diferentes produtos (por exemplo patacas fritidas con chocolate) e coñeceron a forma de traballar cos alimentos. Ademais, realizaron unha saída ao supermercado co cociñeiro Martín Álvarez para aprender a diferenciar e escoller os produtos axeitados ás receitas que vaian elaborar. Con produtos de primeira calidade como as patacas, o mel, o queixo ou as galletas mariñeiras enviadas como agasallo de colaboración polo CRIPX Pataca de Galicia, CRIPX Mel de Galicia, Consello Regulador Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e Sociedad Lugar da Veiga SLL os rapaces de Celanova realizaron galletas, aperitivos, pizzas que degustaron no propio curso e que ademais puideron levar á casa.

A Fundación Curros Enríquez acordou, por unanimidade, conceder-

lle o XXXI Premio “Celanova, Casa dos Poetas” ao Centro Unión Orensana de la Habana, polo seu compromiso histórico con

BARRIOS Agosto de 2015

15

Galicia e de xeito especial coa figura de Manuel Curros Enríquez. Este recoñecemento simboliza as moitísimas débedas que a identidade galega ten coa sociedade galega da Habana, de onde proceden símbolos como a bandeira e o himno galegos e mesmo a Real Academia Galega. O XXXI premio “Celanova, Casa dos Poetas” será entregado o domingo 6 de setembro en Celanova, nunha xornada que servirá, ademais, para lembrar a Celso Emilio Ferreiro con motivo do 36 cabodano da súa morte.

Momento da deliberación dos membros da Fundación Curros Enríguez.


16

BARRIOS Agosto de 2015

PROVINCIA

Baltar convoca un cumio de alcaldes 4 Celebrarase en Expourense o 4 de setembro. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vén de convocar aos rexedores locais da provincia ao “I Cumio de alcaldes e alcaldesas”, un encontro que se celebrará en Expourense o vindeiro 4 de setembro. O obxectivo desta xuntanza é “poñer en común proxectos e experiencias a prol da provincia dun xeito participativo e aberto, para desenvolver unha política máis conectada coa realidade local de Ourense”, explica o presidente do goberno provincial. Esta medida, incluída no

Plan de Goberno Ourense 15-19, permitirá, segundo o presidente, “formular suxestións á política provincial, informar dos plans da Deputación e facer unha valoración dos mesmos. Todo elo para desenvolver unha política máis interactiva e achegada ao cidadán”. “Inauguramos un novo xeito de relacionarnos entre administracións cun obxectivo común irrenunciable: Ourense”, destaca Manuel Baltar, quen explica na carta que dirixiu aos alcaldes que estes terán a oportunidade de expoñer as cuestións que teñan a ben.

PSOE e BNG piden a Pastor que explique os retrasos no AVE

4 Presentan novas iniciativas no Congreso. Redacción O PSOE e o BNG veñen de pedir á ministra de Fomento, Ana Pastor, que explique os retrasos no AVE ourensán. A través de diferentes iniciativas parlamentarias, socialistas e nacionalistas queren saber os motivos do parón na execución das obras nos tramos da alta velocidade da nosa provincia. A deputada socialista ourensá Laura Seara anunciou que acudirá á Oficina Orzamentaria das Cortes para obter as respostas que o Goberno lles negou en anteriores ocasións. Seara, quen formulou máis de 179 preguntas sobre o AVE a Ourense durante os últimos períodos lexislativos, quere coñecer ademais as esixencias plantexadas polas empresas, dato que apuntou a ministra como causante dos retrasos.

O BNG non ve sostible a data de 2018 Pola súa banda, a deputada do BNG, Rosana Pérez, solicitou a Fomento que detalle o estado exacto dos distintos tramos de construción entre Sanabria e A Gudiña, e cales deles están parados, e pide que se explique se se van investir os 891,4 millóns contemplados nos Orzamentos estatais. Pérez tamén preguntou ao Ministerio se mantén a data de 2018 para a chegada do AVE a Galicia. “Os meses van pasando sen que nada se mova, entón é hora de cuestionar os prazos temporais. É evidente que non é sostíbel o prazo de 2018”, valoraba a parlamentaria nacionalista.

Seara acudirá á Oficina Orzamentaria das Cortes

Entrega de vehículos ás policías locais de Allariz, Celanova e Maceda 4 Ao abeiro dunha orde de subvencións en réxime de concorrencia competitiva. Redacción O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda entregou cinco vehículos destinados á Policía Local dos concellos de Allariz, Barbadás, Celanova e Maceda. O acto tivo lugar na sede da Policia Autonómica en Ourense, e contou coa presenza do delegado territorial na provincia, Rogelio Martínez, e de representantes dos catro municipios. A entrega destes vehículos, modelo “C4 Cactus” de Citroën. realízase ao abeiro dunha orde de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dotada de máis de un millón de euros. En total subvencionáronse 48 vehículos para as policías locais de municipios de toda Galicia, cos cales se reforzan os

O alcalde de Maceda, Rubén Quintas, o concelleiro de Seguridade Cidadá de Celanova, Máximo Losada, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o rexedor de Allariz, Francisco García, e o director xeral de Emerxencias, Luis Menor, cos vehículos entregados./RAMSÉS. servizos de seguridade e de xestión de emerxencias de Galicia. No acto de entrega, Rueda destacou

a importancia desta dotación por parte da Xunta, que permite mellorar os medios técnicos e a mo-

Tres municipios reciben máis de 85.000 euros para mellora de equipamentos 4 Son os de Paderne de Allariz, Porqueira e Xunqueira de Ambía. Redacción Paderne de Allariz, Porqueira, Xunqueira de Ambía e Coles recibirán da Xunta, máis de 85.000 euros para a mellora de infraestruturas e equipamentos. No caso de Paderne de Allariz, o orzamento de 30.000 euros destinarase á reforma de instalación do alumeado exterior co fin de que o concello conte coas instalacións municipais necesarias e se preste así un mellor servizo aos veciños. O Concello de Xun-

queira de Ambía recibirá 31.256 euros, que serán

destinados á impermebilización da piscina munici-

bilidade destes corpos locais, e polo tanto prestar un servizo mellor e máis rápido á cidadanía.

pal, co fin de subsanar as perdas de auga e o desgaste da instalación. E en Porqueira, a subvención de 24.000 euros será para mellorar as infraestruturas do centro social en Sabucedo, lugar de reunión dos veciños da parroquia. A Xunta cofinancia estas subvencións con fondos Feader, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asinou convenios de colaboración cos concellos de Coles, Paderne de Allariz, Porqueira e Xunqueira de Ambía. /RAMSÉS.


DEPORTES

BARRIOS Agosto de 2015

17

Corral e Fernández, os mellores en Baños de Molgas 4 Venceron na categoría absoluta da VIII Carreira popular de San Salvador. Redacción O pasado 1 de agosto celebrouse en Baños de Molgas a VIII Carreira popular de San Salvador. A participación na categoría absoluta rozou os 200 participantes, sobrepasando esa cifra se contamos os particicipantes de todas as categorías. Corral Na categoría masculina absoluta, José Manuel Corral Justo (Atletismo Arenteiro) non tivo rival e chegou á liña de meta en solitario cun tempo de 23 minutos e 15 segundos. En segunda posición chegaría o atleta do

Vía XVIII Maceda, José Manuel Casado Méndez (23:26 minutos). En terceira posición remataría Saturnino González Nóvoa (Atletas Veteranos Ourense) con 23 minutos e 32 segundos. Fernández En categoría feminina a atleta do Comesaña Sporting Club, Iria Fernández Fontenla sería a vencedora ao parar o crono en 27:45 minutos. Tras ela, Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) a 27 segundos (28:12) e terceira sería Ana María Ocampo (Ourenrunning) con 29 minutos e 26 segundos.

Un participante da carreira de categorías inferiores da carreira de Baños de Molgas. /PATRICIA LORENZO.

Vitoria de Iglesias e Soutullo 4 Na popular de Cartelle. Redacción O sábado 8 de agosto tivo lugar en Cartelle a 19ª edición da súa carreira popular. En categoría masculina, Luis Iglesias Raña (Atletismo Arenteiro) foi o máis rápido ao completar os 7 km nun tempo de 23 minutos e 56 segundos. En segundo lugar chegaría o atleta do Atletas Veteranos Ourense, Saturnino Gon-

zález a medio minuto do vencedor (24:26 minutos). Terceiro foi Ismael Lago (Atletismo Porriño), con 24:26 minutos. Mulleres En categoría feminina gañou Ana Isabel Soutullo (Ourenrunning) cun tempo de 32:31. Segunda foi Lorena Calvo (34:26) e terceira a atleta do Río Miño Running, Estefanía González, (35:52).

Pablo Rodríguez nun momento da proba da Copa do Mundo disputada en Windham (Estados Unidos).

A unha proba do título mundial de MTB 4 O macedán Pablo Rodríguez lidera a clasificación a falta dunha carreira na Copa do Mundo. Redacción Este está a ser o ano de Pablo Rodríguez. O macedán vén de proclamarse campión de España e de Europa de BTT na categoría sub 23. Anteriormente fíxose co campionato de Galicia. Agora falta rematar a faena na Copa do Mundo.

cés Carod, o rival que lle pode arrebatar o título mundial. Pablo Rodríguez deberá gañar ou que non o faga o francés, xa que o vencedor de cada proba logra 20 puntos máis que o primeiro. O ourensán ten 310 puntos, mentres que Carod suma 292. Terceiro é o suizo Lars Forster, moi lonxe con 258.

Copa do Mundo Esta fin de semana disputouse en Windham (Estados Unidos) a penúltima proba da Copa do Mundo de MTB. O macedán logrou a terceira posición o que lle vale para manter o liderato na clasificación xeral. Nesta carreira estivo entre os primeiros pero non puido loitar polas dúas primeiras posicións que se repartían entre os franceses Victor Korerzky, primeiro, e Titiouan Carod, segundo. Terceiro foi Rodríguez seguido moi de preto polo británico Grant Ferguson. Para a última proba -disputarase en dúas semanas en Val di Sole (Italia)- o galego ten unha vantaxe de 18 puntos con respecto ao fran-

Nacional O corredor macedán do MMR Factory Racing Team proclamouse campión de España na categoría sub 23 de BTT, no campionato disputado en Valladolid no mes de xullo. Rodríguez foi o mellor demostrando o porqué da segunda praza momentánea na Copa do Mundo. Pablo Rodríguez era o favorito e demostrouno desde o inicio cando colleu a primeira praza e xa non a soltou. Saúl López (Academia Postal - Actyon, de Maceda) foi quinto nesta categoría. O júnior Brais Sendín rematou como subcampión en categoría júnior. Sendín entrou en meta en terceira posición, por detrás de Josep Durán

e Vlad Dascalu, pero ao ser Dascalu estranxeiro subiu un chanzo no podio júnior. A este éxito hai que sumarlle o que logrou formando parte do equipo galego, co que logrou a medalla de bronce. Europeo A finais de xullo, Pablo Rodríguez trasladabase ata terras italianas para participar no Campionato de Europa da disciplina. Alí colleu a primeira posición desde o inicio da carreira e xa non a soltaría ata atravesar a liña de meta. O británico Grant Ferguson (segundo) e o belga Jens Shuermans (terceiro) foron os seus rivais máis complicados. Viveiro A pasada fin de semana

os integrantes da escola JA Hermida Carlos Canal e Antía Martínez (en infantil) e Breogán Diz (alevín) lograron vencer no mini BTT de Viveiro. Ademais Noela Saa e Aida González eran segunda e terceira en infantil; Marco Nube, cuarto en infantil; Martín González, cuarto en alevín e Sarela Conde, quinta en promesas. Open de Galicia A primeiros do mes de agosto os ciclistas do CC Maceda, Brais Sendín (júnior) e Saúl López (Sub23) sumaron unha nova vitoria, cada un, no Open de Galicia de BTT XCO 2015 na proba de Castro Barbudo. Ademais destos dous corredores destacaron o segundo posto cadete de Abel Franco, o segundo tamén de Felix Borrajo en M40 e o terceiro de Jose Manuel García en M50.

Para a última cita da Copa do Mundo Rodríguez avantaxa en 18 puntos ao francés Carod

O macedán, primeiro pola esquerda, terceiro no podio da penúltima proba da Copa do Mundo de MTB.


18

BARRIOS Agosto de 2015

EN BREVE

4 Triatlón O sábado 22 de agosto Allariz acolle o XXVI Triatlón de Allariz. Unha proba asentada no calendario de triatlóns de Galicia que cada ano completa o número máximo de inscricións. A proba alaricana consta de 700 metros a nado polo río Arnoia; 24 km en bicicleta e 5,5 quilómetros a pé. O centro neurálxico da competición será a Alameda.

4 Motor Os 22 e 23 de agosto terá lugar no Concello de A Bola unha nova edición da subida ao Furriolo. Este ano chega a súa décima edición e nela estarán presentes algúns do mellores pilotos galegos. O parque pechado estará ubicado na praza Maior de Celanova.

DEPORTES

Melloras nas instalacións de piragüismo de Allariz 4 Pola demanda dos usuarios das mesmas. Redacción O Concello de Allariz vén de ampliar as instalacións do Club Piragüismo Fluvial de Allariz debido á demanda dos usuarios. Creouse unha nova rampa de acceso ao río dende a zona do campo de Vilanova onde tamén se acondicionaron os antigos vestiarios do campo de fútbol como almacén para as piraguas. As obras foron acometi-

das pola brigada municipal “para que os usuarios practiquen o piragüismo coas mellores garantías”, explicaba o alcalde Francisco García. Usuarios O cluba alaricano conta con preto de 100 fichas durante todo o ano. Nos meses de xullo e agosto organiza unha escola de verán con 60 alumnos e alumnas de toda a comarca.

Vitorias de Dasilva e Portela en Celanova

absolutas coa praza Maior e o Mosterio de San Rosendo de Celanova coma testemuñas de excepción.

Por parellas En canto aos resultados por parellas, clasificación masculina foi comandada por José Antonio Losada e Jorge Vázquez. Na feminina dominaron Lucía Nespereira e Marilín Dacal e na proba mixta os mellores foron Gustavo Fernández e Marina Losada.

Individual En categoría masculina o mellor duatleta foi Bruno Dasilva, acompañado no podio por José Luis Nespereira, segundo, e Paulo Santos, terceiro. En mulleres a máis rápida foi Noelia Portela,

Na proba de parellas mixta a diferenza entre a primeira e a segunda parella foi de só cinco segundos

4 Na terceira edición do duatlón da vila de San Rosendo. Redacción Celanova acolleu o sábado 8 de agosto a terceira edición do duatlón cross Vila de Celanova. Foi tamén a primeira edición infantil da proba. En horario matutino disputouse a proba infantil na que tomaron a saída dúas decenas de participantes. Xa pola tarde tiveron lugar as probas

seguida de Mónica Outeiriño e de María Teresa Faílda, segunda e terceira, respectivamente.

4 Ciclismo Os días 15 e 16 de agosto celebraranse na Limia unha contrarreloxo (16,1 km) e unha carreira en liña (75,970 quilómetros), esta con saída e chegada no hipódromo de Sandiás.

No centro, o alcalde de Allariz, Francisco García, diante de piragüistas no río Arnoia.

O gañador individual, Bruno da Silva e a parella maculina vencedora, José Antonio Losada e Jorge Vázquez na meta do duatlón de Celanova.


OCIO E CULTURA

BARRIOS Agosto de 2015

19

4IMAXES DO MES

Coemensais na Feira do Pemento de Oímbra./RAMSÉS

Exaltación do pemento en Oímbra

Máis dunha tonelada de pementos foron degustados ou comercializados na Festa do Pemento de Oímbra, celebrada o domingo 2 de agosto. Declarada de interese turístico galego, a festa chegaba este ano á súa 18ª edición, e a organización contaba con alcanzar os cinco mil visitantes. Durante toda a xornada houbo stands nos que estiveron á venda os pementos, que contan coa indicación xeográfica protexida. Pero ademais, houbo mostra de maquinaria agrícola e produtos artesáns, inchables para os menores e xogos tradicionais para todos. Grupos de gaitas, cantareiras e baile tradicional encargáronse da ambientación musical dunha festa que exalta o produto hortícola máis destacado de Oímbra.

Concerto de Hércules Brass no claustro barroco de Celanova./S.NIETO.

A mellor música de metais, en Celanova

Satisfacción entre os organizadores do II Festival Hércules Brass Celanova, que se celebrou a semana pasada na vila de San Rosendo coa música de metais como protagonista. “Unha cita segura na formación de novos músicos”, apuntaba Rodrigo Rodríguez, do grupo Hércules Brass, na súa valoración desta segunda edición. “Cumprimos todo o programado, o que ás veces non é sinxelo cando contas cun gran número de alumnos, artistas invitados e grupos estranxeiros”, destacaba o músico, que agradecía as facilidades para organizar este certame en Celanova, polas instalacións e pola “vontade e o apoio institucional”. Canto á asistencia de público aos concertos -algúns de pago no claustro do Mosteiro, outros gratuítos en prazas de Celanova-, os organizadores cualifícana de “boa” aínda que agardan “crecer ano tras ano” .


20

BARRIOS Agosto de 2015

OCIO E CULTURA

A Deputación leva ao rural “A última viaxe do afiador” 4 15 concellos da provincia participan nas proxeccións deste documental. Redacción 15 concellos participan no programa “Cinema de Verán” que a Deputación desenvolve nos meses de agosto e setembro para achegar o audiovisual ao rural da nosa provincia, en concreto, coa proxección da longametraxe documental “A última viaxe do afiador”, de Aitor Rei. “Pretendemos, a través do traballo de Aitor Rei e coa colaboración de Florencio de Arboiro -o maior experto mundial no ámbito dos afiadores e das rodas de afiar-, achegar ao rural un dos nosos sinais de identidade social e cultural: o afiador, figura que temos que reivindicar como esencia da nosa alma ourensá”, dixo Manuel Baltar na presen-

Bruno Nieto, David Fernández, César Fernández, María do Ceo, Mercedes Peón e Rubén Riós, na presentación do festival en Ourense./P.LODEIRO.

Aitor Rei, Manuel Baltar e Florencio de Arboiro. tación. Ademais da proxección, “a actividade inclúe un coloquio co equipo da película e unha mostra de rodas de afiar do museo Florencio de Arboiro”, explicou Aitor Rei. Datas O documental proxec-

Chega a cita anual co folclore 4 Con actuacións de seis grupos internacionais. Redacción As Xornadas de Folclore alcanzan este ano a súa 32ª edición e fano cun programa de actuacións que se vai desenvolver do 10 a 19 de agosto en 16 localidades da provincia, entre elas Allariz, Celanova, Maceda, Verín e Xinzo. Nesta nova edición do certame participan seis grupos chegados dende Xeorxia (Folk Dance Ensemble Shavlego), Rusia (Wxemplary Choreographic Ensemble Druzhba),

Taiwan (Taiwan Youth Dance Company), Filipinas (Philcas), México (Compañía Nacional Danza Folklórica) e Brasil (Grupo Folclórico Aruanda).Todos eles amosarán o folclore dos seus respectivos países a través duns espectáculos que combinan espectaculares coreografías, vistoxos traxes e calidade musical. Tras pasar xa por Celanova, o xoves 13 os grupos de Brasil, Taiwán e Xeorxia actuarán na praza das Toldas de Maceda (a partir das 22:30 horas), e os de

tarase en Baños de Molgas o 12 de agosto, en Montederramo o 13, en Chandrexa de Queixa 14, en Manzaneda o 16, en Castro Caldelas o 17, en Xunqueira de Espadanedo o 19, en Parada do Sil o 27 e na Peroxa o 28, e no Pereiro de Aguiar o 11 de setembro.

México, Filipinas e Rusia no Campo da Barreira de Allariz (ás 23 horas). O sábado 15 as Xornadas de Folclore visitan a praza Maior de Verín, onde o público poderá asistir ás representacións dos grupos brasileños, taiwanés e ruso, a partir das 22:30 horas. E finalmente en Xinzo o domingo, a partir das 20 horas, os grupos de México, Xeorxia e Filipinas desfilarán desde o parque do Toural ata a praza Carlos Casares, onde está previsto que comece o espectáculo ás 20:30 h. A entrada para todos as actuacións é gratuíta.

Visitan Maceda e Allariz o xoves 13, Verín o sábado 15 e Xinzo o domingo 16

Roberto Verino e María do Ceo bautizarán cadanseu castiñeiro no Festival de Riós 4 A oitava edición do Festival das Artes Escénicas premiará coa “Castaña de Cristal” a Mercedes Peón. Paula Lodeiro Unha firme aposta pola cultura no rural galego. Así se presenta o Festival das Artes Escénicas de Riós que, na súa oitava edición, os días 13 e 14 de agosto, homenaxeará a Roberto Verino, María do Ceo e Mercedes Peón. Os dous primeiros serán protagonistas do bautizo de dous novos castiñeiros no souto de Riós, mentres que Peón recibirá a “Castaña de Cristal” pola súa ampla carreira artística. O certame foi presentado este luns no Centro Cultural Marcos Valcárcel polo seu director, Rubén Riós, o asesor de Cultura da Deputación, César Fernández, e as homenaxeadas María do Ceo e Mercedes Peón. O Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel de Riós celébrase na praza do Concello e

no souto do lugar, con entrada de balde a todos os actos. Conxuga cinema, humor, tradición, música e, por primeira vez, gastronomía, ao incorporarse á cita o Gastroñam, un xantar con produtos 100% galegos o venres 14. Programa Na primeira xornada, o xoves 13, proxectaranse varias pezas audiovisuais, como o documental “Mil sorrisos & un perdón” de Bruno Nieto (que conta a historia do mozo David Fernández e se exhibe por primeira vez co seu segundo final) e o avance de “Vida” e “Máis ca vida”. Na xornada do venres 14 terá lugar a “Ruta do Talento”, un percorrido, a partir de mediodía, ao longo de castiñeiros milenarios que reciben este ano novo padriño, Roberto Verino, “un valente das pasarelas e das cepas”, en palabras de Rubén Riós,

e nova madriña, María do Ceo, de quen o director do festival destacou o seu papel de unión entre Galicia e Portugal. O acto será conducido polo xornalista Terio Carrera e contará coa actuación da Banda de Gaitas de Riós e do Mago Marco. Á noite, a partir das 22 horas, celebrarase a VIII Gala das Artes Escénicas, presentada por Inma Morandeira. Nela, ademais de entregarse a “Castaña de Cristal”, haberá espazo para o humor, da man do monologuista David Perdomo, e para a música, a cargo de Mercedes Peón, María do Ceo, Najla Shami, Gustavo Almeida, Habitación Vudú, Coral Cantarela, Pandereteiras de Riós, a orquestra Charleston Big Band e a Zumba&Salsa de Edson.

Celébrase os días 13 e 14 de agosto


PUBLICIDADE

BARRIOS Agosto de 2015

21


22

BARRIOS Agosto de 2015

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Restaurantes Existen grandes diferenzas entre os varios tipos de restaurantes onde se pode ir. A maior parte teñen os mesmos problemas, ou sexa, queren gañar moito diñeiro e, por iso, son obrigados a comprar os alimentos máis baratos que encontran. Actualmente, é moi común que as grandes superficies fornezan a todos os restaurantes de determinada área. Moita comida que é servida nos restaurantes, non foi preparada alí, foi só acabada ou quecida; a maior parte usa microondas para quecer esa comida antes de ser servida. Tamén usan aceite para fritir o día enteiro,

“Mesmo unhas pequenas modificacións no seu réxime alimentar poden producir un gran impacto na súa saúde”

4AXENDA

Auditorio esquecido

en moitos casos, durante días seguidos. Sabemos que os aceites quecidos moitas veces fican facilmente rancios e a comida preparada neste aceite é altamente canceríxena. Entón que facer? Debemos tentar visitar a cociña e ver a comida mentres é preparada, dándonos a posibilidade de coñecer a calidade dos diversos ingredientes e ver a súa frescura ou o estado de degradación. Debemos ser selectivos, sen ser extremistas, non esixindo a nós propios produtos 100% biolóxicos, mais frescos e cociñados na hora. Ter coñecemento de toda a información non nos obriga a facer todo para conseguir beneficios. Fagamos pouco ou fagamos moito, fagamos de acordo co que nos faga sentirnos ben. Mesmo unhas pequenas modificacións no seu réxime alimentar poden producir un gran impacto na súa saúde. João Damião

Hai edificacións en Verín que por moito, que o tempo pase desbocado, non deixarán de ser máxicas e fermosas, olladas dende fóra, e de cara, ou coma se acostuma dicir, a primeira vista, sen entrar nas entrañas, nin sequera, indagar na súa historia. Un deles é o elegante e sobrio edificio “Buenos Aires”, onde no recuncho dereito da fachada principal, da avenida Luis Espada, agocha un dos lugares máis emblemáticos da vila, o cine-teatro que leva o mesmo nome ”Buenos Aires”. Esta construción dos anos 50, feita en pedra, pulida, coas aristas xeométricas e remates en redondo polo exterior e cos mellores materiais no seu corazón, aínda e é un referente que, paciente, espera unha resurrección. Coido que, cando pola vila comenzaron os rumores de que un auditorio, de nova construción, ía ser o proxecto “bomba” do goberno municipal, de seguro que moitos de nós pola contra, pensamos que o mellor lugar para tal proxecto sería o fermoso e antigo cineteatro “Buenos Aires”. Non só pola importancia do complexo e a inmellorable ubicación no

centro da vila, senón polo carisma adquirido ao longo de máis de medio século, e máis aínda, por todas aquelas secuencias vividas por xeracións anteriores, que perduran frescas na lembranza. Neste fermoso salón comenzou a vida amorosa de moitos verineses, ollando as míticas películas daquel cine de entón, o das estrelas, aquelas que emocionaban e chegaban á alma. Moitos artistas de renome, primeiras figuras da época pisaron as súas táboas, enchendo o foro de duende e feitizo. A nosa vila pode presumir que tras das suaves cortiñas vermellas do cine teatro “Buenos Aires” xurdiron as actuacións mais sonadas dunha época pasada, que xamais voltará. Antonio Machín, La Niña de la Puebla, Manolo Escobar, Estrellita Castro, Antonio Molina, entre outros artistas destacados, visitaron o paraíso. Aquí tamen xurdiron os primeiros mitins dos novos partidos políticos que comenzaban coa recén parida democracia. Todos os lideres pasaron polo seu escenario. Obras de teatro benéficas, representadas daquela polos propios veciños, cando aínda quedaba algo de solidariedade, e moitas actividades máis, foron

“No cine teatro ‘Buenos Aires’ xurdiron as actuacións máis sonadas dunha época pasada: Antonio Machín, La Niña de la Puebla, Manolo Escobar, Estrellita Castro, Antonio Molina....”

O autor da exposición, Fernando Barreira, xunto á concelleira Teresa Devesa, a coordinadora Cristina Carballedo e o alcalde de Allariz, Francisco García./M.REJO.

A mostra “AllarizÉ” rememora a revolta do 89 A Paneira acolle desde o martes 11 de agosto a exposición “AllarizÉ”, que conmemora a revolta do 1989 no seu 26º aniversario. A mostra poderase visitar durante o mes de agosto e setembro, na Paneira, situada na praza Maior de Allariz. Esta proposta singular permitirá ver dunha forma plástica o sucedido no ano 1989.

Festas de agosto 4 San Roque en Celanova e Xinzo e Santa María en Verín. Redacción Temos por diante unha das fins de semana con máis festas por metro cadrado de todo o ano. En Verín celebran Santa María a Maior, a pa-

troa, cun concerto de Roi Casal na noite do venres e con misa coa Coral de Verín e procesión o sábado. En Celanova festexan o San Roque entre o 12 e o 16 de agosto, con alboradas a cargo de bandas de

feitas neste recinto inigualable. Desta vez, o sentido común e o corazón, quedaron no olvido, esquecidos, como o vello teatro. Pola contra, se lle dedicaran só a investimento dunha parte do orzamento actual para o novo auditorio, poderíase realizar un local carismático e con historia, arraigado entre os verineses, onde as novas xeracións puidesen gozar de novo, o que os de atrás gozamos. O camiño amargo, ata o faraonico cubo da modernidade, farase agonizante, lonxe, moi lonxe. Din no “senado”, no Mesón do Castro, que xogar ao pelotazo non é fermoso, din os futboleiros con sapiencia e sabiduría, hai que baixala a ras do chan e combinar e repartir, facelo fermoso e pensar no equipo, no noso equipo. Ese gran equipo que non é outro máis que esta maravillosa vila chea de grandeza e posibilidades. Por certo, a outra parte do orzamento poderíase dedicar a construír un centro de día en condicións, para que moitas das familias de Verín puideran ter os seus maiores pretiño da casa e non dando brincos cara a outros concellos. Coido que sería unha boa idea, xunto con ter un auditorio céntrico pretiño de todos e con embruxo, como teñen a maioría dos míticos teatros. Miguel A. Prieto “Chitín”

música, visitas gratuítas aos espazos monumentais da vila, ruada de xigantes e cabezudos, e procesión na honra do santo na xornada do domingo. En Xinzo, tamén se celebra o San Roque na rúa que leva o seu nome, o domingo 16, con pasarrúas, festa da escuma, misa e procesión, unha cea popular e a amenización musical do Trío Sevilla.

Exposicións - Ata o 30 de agosto - Obras de Salomé Fernández - Sala A Fábrica de Allariz - Ata setembro - “Carlos Casares e a fotografía”- Casa dos Poetas de Celanova Teatro e espectáculos - 14 de agosto - “Bobas & Galegas” de Mofa e Befa - 23 h - FIXA de Allariz - 15 de agosto - Espectáculo infantil de Xoan Curiel - 18 h - Piscinas da Granxa de Verín Cine - 21 de agosto - Dios mío, ¿pero qué hemos he cho? - 23 h - Campo dos Brancos de Allariz Música - 14 de agosto - Actuación de SonReal - 21 e 23:30 h - Praza Maior de Xinzo - 14 de agosto - XVIII San Roque & Roll: Pedrá + Armenian + Vandallica + Coche no Río - 22:30 h - Tioira, Maceda - 14 de agosto - Concerto de Roi Casal - 23 h - Praza García Barbón de Verín - 22 de agosto - Concerto da Banda Unión Musical de Allariz - 21 h - FIXA de Allariz - 21 e 22 de agosto - Festival Longodup Desde 21 h - Laza - 28 de agosto - Actuación de Orquestra Cé Pantasma - 21 e 23:30 h - Praza Maior de Xinzo Feiras e festas - Do 12 ao 16 de agosto - Festas de San Roque en Celanova - 13 e 14 de agosto - VIII Festival de Artes Escénicas Abelardo Gabriel- Riós - 15 e 16 de agosto - Mostra de Artesanía Allariz - 16 de agosto - Festa de San Roque en Xinzo - 15 e 16, 22 e 23 de agosto - Mercado de Artesanía en Allariz - 22 e 23 de agosto - Festa da Empanada en Allariz - 29 e 30 de agosto Encontro de Cestería en Allariz - 4 e 5 de setembro - I Mercado artesanal Reina Loba - Os Blancos www.periodicobarrios.com


CLASIFICADOS

BARRIOS Agosto de 2015

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº16 - Ano: X - Agosto 2015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Vendo finca pequena ao carón de parada de bus, preto de Ourense (350 metros cadrados). Prezo 5.900 euros. Tel.: 606 422 543. Vendo finca de 2.000 m2 edificable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 512 559. Vendo casa de planta baixa preto de Cambeo (Coles), con 2 habitacións, cociña, comedor e un baño. Pozo e auga potable. Tel. 649 673 492 e 988 21 67 55 Alugo habitación próxima aos novos xulgados de Ourense, con cama de matrimonio, amoblada, televisión na habitación, wifi, e dispón de salón, cociña e baño. 180 euros/mes gastos incluidos. Tel. 600 92 25 47 (WhatsApp). Necesítase mozo ou señor para compartir piso no Couto (Ourense), tel. 637 005 910. Alugo habitación en Verín con dereito a cociña, cama de matrimonio, baño, salón e wifi. Tel. 626 78 09 24. Alugo casa a 1 km de Allariz, 2 habitacións, amoblada, calefacción, bo prezo. Tel. 632 78 60 14. Alugo local comercial no Couto, preto de Fátima, r/ Faustino Santalices. todo exterior, 168 metros cadrados. 250 euros/ mes. Posibilidade de alugar con opción a compra. Tel. 606 035 781. Vendo apartamento na rúa Ramón Cabanillas (xunto á casa chocolate). Un sexto piso con buhardilla dúas habitacións, cuarto de baño. Tel.: 630 032 047. Vendo casa para restaurar con finca na estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alúganse 2 naves de 422 e 454 m/2. Xuntas ou separadas en Polígono de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15 fronte a Codisoil. Telf. 639 67 74 32.

VENDAS Compro ventás de aluminio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e mesmas medidas. Tel. 658 05 69 22. Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448. Vendo 600, azul turquesa, matrícula 9644-Ou, 1.995 euros negociables. Tel. 639 81 62 09. Vendo casco de moto modelo Coolmax Linine Pr 2000 XS 1550. Tamén vendo garrafóns de 16 litros. Prezos a negociar. Chamar ao 988 21 35 56 de 15:30 a 18:30 ou a partir 21 horas. Vendo Citroën C4 Aircross Exclusive HDI150cv. todos os extras. Só 7.000km. Tel.684 214 079. Véndese Opel Astra 1.9CDTI 120cv. Sport. Só 50.000km. Tel 684 214 079. Véndese Volkswagen Golf4. Aire acondicionado, llantas aluminio... Tel. 684 214 079. Vendo Seat León 1.6TDI 105cv. ano 2011. Llantas aluminio, cli-

matizador, radio USB... Tel. 684 214 079. Vendo Suzuki Vitara 2.0 HDI 90cv. con aire acondicionado, gancho remolque... ideal para caza ou pesca Tel. 684 214 079. Vendo mobiliario de oficina. Tel. 626 035 162. Vendo silla de coche para neno. 20 euros. Tel. 606 035 781. Vendo unha impresora, unha fotocopiadora, unha calefacción de gas cidade seminova e un sofá 3-2, todo a bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Vendo litera de aluminio, con soporte de seguridade e escaleira. 190cmx90cm, bo prezo. Tel. 691 01 70 95 (en Ourense cidade).

EMPREGO

Ofrécese modista para particulares. Bo prezo. Calidade. Tel. 988 255 302. Moza busca traballo coidando persoas maiores, nenos ou realizando labores de limpeza no fogar. Tamén como coidadora en hospital ou en casa. Ampla experiencia. Tel. 661 08 09 62. Ofrécese mozo responsable, meticuloso, ledo, para traballar en departamento administrativo ou como dependente. Ampla experiencia. Tel. 629 154 995. Señora de 48 anos ofrécese para traballar por horas, en limpeza na zona de Allariz. Tel. 652 783 897. Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 142 Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 782 460. Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de inglés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases de recuperación a domicilio, matemáticas e resto de materias curriculares. Todos os niveis. Con CAP, ampla experencia, económico. Info: clasesadomicilio2014@hotmail.com e tel. 610 382 589.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Agosto de 2015


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.