16 de setembro - Barrios

Page 1

Entrevista ao biker macedán Pablo Rodríguez, subcampión do Mundo de BTT VERÍN

Páx.4

A DO Monterrei prevé recoller máis de tres millóns de quilos

XINZO

Páx.10

O PSOE reitera a petición de dimisión ao alcalde de Rairiz

ALLARIZ

Páx.11

Artesanía e doces atraeron visitantes á vila alaricana

CELANOVA

Páx.15

A Unión Orensana da Habana recibe o “Casa dos Poetas”

[Páx. 12]

PROVINCIA Páx. 16 Preto de 31.000 estudantes iniciaron o curso escolar

Os túneles do AVE, protagonistas [Páx. 17]

Ourense volveu arder

[Páx. 2-3]

Á esquerda, montes en Cualedro tralo gran incendio forestal que arrasou máis de 3.000 hectáreas este setembro. Á dereita, visita de Ana Pastor ao túnel da Canda. Catro días despois producíase un sinistro laboral cunha vítima mortal no túnel do Corno./M.REJO.

Número: 17 - Ano: X - Setembro 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Setembro de 2015

TEMA DO MES

Os incendios volven cebarse con Ourense 4 Cualedro sufriu o incendio máis grave do verán, que arrasou 3.180 hectáreas. Paula Lodeiro A provincia de Ourense voltou ser azotada polos incendios forestais este verán. Entre o 1 de xullo e o 15 de setembro arderon na nosa provincia máis de 6.600 hectáreas en máis de 45 lumes. Neste dato só aparecen aqueles lumes que superaron as 20 hectáreas ou que polas súas circunstancias mereceron ser reseñados na información diaria que publica a Consellería de Medio Rural, polo que haberá que agardar ata final de ano para coñecer as cifras definitivas. Case a metade da superficie queimada foi arrasada nun só incendio, o de Cualedro, que entre os días 30 de agosto e 3 de setembro queimou 3.180 hectáreas neste municipio e nos limítrofes de Xinzo, Baltar e Trasmiras. Foi o peor incendio deste verán na nosa comunidade. O termo municipal de Cualedro, xunto ao veciño de Oímbra ou a propia capital ourensá foron os máis afectados pola vaga incendiaria: ata catro lumes de consideración sufriron desde xullo cada un destes tres concellos. No de Lucenza (Cualedro) e nos da cidade das Burgas houbo de ser decretada a “situación 2” pola proximidade das lapas ás vivendas. En concreto, o gran incendio forestal de Cualedro obrigou a desaloxar os núcleos de Vilar de Lebres, Lamalonga e Serralleira, e a cortar estradas, e queimou, ademais de 2.432

Fonte: Consellería do Medio Rural. Elaboración propia. hectáreas rasas e 748 arboradas, cinco granxas, dous vehículos motobombas e varios cobertizos. Manifesto de Cualedro Logo do lume de Cualedro, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou a zona danada e asinou cos alcaldes de Cualedro, Xinzo de Limia, Baltar e Trasmiras un manifesto co triplo compromiso de restaurar, prever o abandono e poñer en valor os terreos agrícolas e de monte fronte aos incendios forestais.

Fonte: Consellería do Medio Rural. Elaboración propia.

Feijóo sinalou que a Xunta está á disposición destes concellos para acometer a restauración dos danos ocasionados, tanto medioambientais como do patrimonio público. Nesta liña, indicou que o Goberno galego, a través da Delegación Territorial de Ourense, e en colaboración cos alcaldes destes catro municipios, está a traballar para activar unha liña de axuda a aqueles veciños que non poden pastorear porque os seus pastos foron afectados polo lume. Do mesmo xeito destacou

que se está valorando facer unha actuación concreta de repoboación das máis de 700 hectáreas de monte arborado que se queimaron no incendio rexistrado nestas localidades. En virtude do chamado ‘Manifesto de Cualedro’, Feijóo precisou que a Xunta vai seguir colaborando cos concellos para que o estado de conservación dos montes non sexa un agravante para os lumes e conseguir que os perímetros das vilas e aldeas estean limpos. Para iso, dixo, continuará apoiando

os municipios para adoptar medidas que leven aos propietarios a limpar os seus predios. Medidas Outra das liñas de acción que seguirá o Goberno galego será a posta en valor dos terreos. De acordo á normativa existente, Feijóo apuntou que se declararán perímetros abandonados aqueles terreos agrarios que poidan supoñer risco de incendios forestais pola inexistente xestión da biomasa ou ben polas reiteradas neglixencias no uso do lume. Tamén, aqueles terreos que fosen obxecto de incendios co conseguinte perigo para as áreas habitadas próximas. E, finalmente, aqueles que teñan demanda de terra por parte de explotacións agrarias xa existentes nesas zonas ou para novas explotacións agro-

Esta campaña a Policía Autonómica leva imputadas 61 persoas

gandeiras. 61 imputados Malia que o alcalde de Xinzo falou de “terrorismo ecolóxico organizado”, como presunto autor do incendio de Cualedro tan só foi detido un octoxenario do propio municipio, que quedou en liberdade con cargos. De feito, o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, nunhas declaracións feitas este verán, desbotaba intencionalidade política ou a existencia de tramas organizadas. Fernández-Couto distinguía entre aqueles incendios que se rexistran en terreo forestal, e que na súa meirande parte están relacionados coa actividade ilegal de eliminar a matogueira, e os que se producen en zonas habitadas, que teñen a consideración de incendios “escaparate”. No que levamos de ano, a Policía Autonómica leva imputadas xa a 61 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais


TEMA DO MES

BARRIOS Setembro de 2015

Os brigadistas demandan mellores condicións laborais 4 Os peóns da BRIF de Laza cobran 900 euros ao mes, incluído o plus de perigosidade. P. L. Non falta o verán que, xunto aos lumes, non xurdan as críticas ás deficiencias do dispositivo contra incendios e as reivindicacións laborais dos brigadistas. A comezos do período estival eran os integrantes do SPDCIF (Servizo público de defensa contra incendios forestais) os que reclamaban estabilidade laboral e profesional, o recoñecemento da categoría forestal, a convocatoria dunha oferta pública de emprego e a cobertura de vacantes. Tamén criticaban o mal estado dos EPIs

de extinción (equipos de protección individual) e das motobombas. A BRIF de Laza Similares reivindicacións foron as que levaron á BRIF de Laza á folga este verán, o que non impediu que estivesen en primeira liña do lume cada vez que os requeriron. Ao igual que os seus compañeiros das outras nove brigadas helitransportadas de reforzo de incendios forestais que hai no Estado, os 50 peóns que hai en Laza queren que se lles recoñeza a categoría de bombeiro forestal, a segunda actividade e con-

4 Concellos máis afectados Municipio Data extinción Hectáreas queimadas Cualedro Lucenza 03/09 3.180 Xironda 26/08 314 Lucenza 30/07 21,6 Montes 19/07 35,25 Oímbra A Granxa 22/08 24,27 A Granxa 22/08 47,57 A Granxa 13/08 40,44 Oímbra 25/07 203,66 Vilardevós Vilardevós 06/09 174,11 Arzádegos 30/07 102,45 Padrenda Padrenda 27/07 235 Calvos de Randín Rubiás dos Mixtos 19/07 132,32

dicións salariais “dignas e acordes ao posto de risco” que desempeñan, explicaba un deles, Kiko Pousa, durante unha manifestación na capital ourensá. Os peóns da BRIF reciben un soldo de 900 euros netos ao mes, nos que xa van incluídos “tres euros diarios por extinción no que nos meten perigosidade, toxicidade…”, por un traballo que inclúe enfrontarse a pé ao fronte das lapas ou montar en helicóptero. Polo momento a empresa pública de que dependen, Tragsa, non atendeu as súas reivindacións.

Entre o 1 de xullo e o 15 de setembro arderon na provincia de Ourense máis de 6.600 hectáreas en máis de 45 lumes A Xunta de Galicia valora repoboar as 700 hectáreas arboradas queimadas no gran incendio forestal de Cualedro

A conselleira do Medio Rural, o presidente da Xunta, os alcaldes de Trasmiras, Xinzo, Cualedro e Baltar na zona afectada polo incendio de Cualedro./XOÁN CRESPO.

Concentración de protesta convocada polo Comité de Defensa do Monte Galego o pasado día 10 en Ourense./P.LODEIRO.

“Os lumes son un mal endémico pero teñen solución” 4 O Comité de Defensa do Monte Galego reclama cambios na política forestal. P. Lodeiro Sindicalistas, representantes de partidos políticos (agás o PP) e ducias de cidadáns de a pé concentráronse o pasado 10 de setembro en Ourense, convocados polo Comité de Defensa do Monte Galego, tras unha pancarta na que se podía ler “Lume, nunca máis. O noso monte importa”. Na protesta deron lectura a un comunicado que pedía medidas para evitar que, verán tras verán, os montes galegos sigan ardendo. Unha lacra que xa calcinou neste 2015 máis de 6.600 hectáreas só na provincia de Ourense. Manuel Gallardo Canitrot, membro do Comité de Defensa do Monte Galego, explicaba que con esta protesta pretenden reflexar “que os lumes son un mal endémico pero teñen solución, e hai fórmulas para que esas solucións se leven a cabo”. En primeiro lugar, reclaman a apertura do Consello Forestal galego á sociedade “e que realmente sexa un foro de debate e de buscar solu-

cións”, apuntaba Gallardo Canitrot. Tamén se refiren á necesidade de ordenar o monte e o medio rural. “Atopámonos con que cada día os incendios están máis preto da zona urbana e das casas porque o monte está invadindo precisamente ese espazo, que antes estaba cultivado. Iso é porque non existe unha política agroambiental onde se poida conservar e poñer en valor o rural”, opinaba o integrante do Comité. Entre as medidas propostas polo Comité de Defensa do Monte Galego están tamén a necesidade dun plan estratéxico de xestión do monte, a dotación de máis medios técnicos, humanos e económicos para a Fiscalía contra incendios, e a transparencia e rapidez no acceso á información sobre incendios. No seu comunicado tamén esixen a investigación das causas dos incendios forestais aproveitando todos os recursos cos que conta a administración, a substitución inmediata dos medios e materiais obsoletos dos servizos forestais da Xunta, e o reco-

ñecemento da categoría de bombeiro forestal. Ven necesario que se incremente o investimento no sector forestal, rachando co círculo vicioso de “máis incendios, máis medios, máis incendios”, poñendo en marcha unha política forestal “tendente a evitar que os incendios forestais se produzan para non ter que apagalos”. Petición de dimisións en Medio Rural E finalmente piden a dimisión ou cese dos responsables da Consellería do Medio Rural porque “nos demostraron a súa insensatez e indolencia cos incendios forestais”, desde a propia conselleira, ao secretario xeral de Montes e aos xefes de distrito. Para Manuel Gallardo, “dicir barbaridades como terrorismo xihadista (en referenza ás declaracións do alcalde de Xinzo tralo gran incendio forestal de Cualedro), é querer escorrer o vulto e non querer atopar solucións nin sentar a negociar”. Neste sentido, desde o Comité criticaron que o PP é o único grupo do Parlamento galego que non os recibiu. “Esta é a demostración palpable de que non lles interesa o monte galego nin a provincia de Ourense”, rematou Gallardo Canitrot.

O Comité de Defensa do Monte Galego pide a dimisión ou cese dos responsables de Medio Rural


BARRIOS Setembro de 2015

Distincións para 17 viños da DO Redacción Un total de 17 viños da Denominación de Orixe Monterrei foron distinguidos na última edición do concurso de viños “Distincións Gallaecia”, promovido por esta asociación de catadores. Así, 11 viños brancos e 6 tintos de Monterrei alcanzaron a distinción entre os 593 viños galegos que participaron este ano. Os viños brancos distinguidos pertencentes á DO Monterrei foron Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Estela do Val, Fragas do Lecer, Gargalo Treixadura & Albariño, Gargalo Godello, Ladairo, Lobarzán IS, Marova, Stibadia e Via Arxéntea. Por outra banda, os tintos de Monterrei que obtiveron a distinción foron Crego e Monaguillo, Father 1943, Ladairo barrica, Lobarzán IS (2012), Lobarzán IS (2013) e Sila. O concurso “Distincións Gallaecia” chegaba á súa 17ª edición, alcanzando récords de participación.

VERÍN E COMARCA

A DO Monterrei prevé recoller máis de tres millóns de quilos de uvas 4 A vendima adiantouse unha semana con respecto ao ano pasado. A alcaldesa de Oímbra, o director xeral de Administración Local e o delegado da Xunta en Ourense./M.REJO.

Redacción A tempada de vendima xa comezou en Monterrei e fíxoo cun adianto de case unha semana con respecto ao ano pasado. Así, o pasado 7 de setembro iniciábanse as tarefas de recollida da uva en Castro de Lobarzán, adega situada na localidade de Vilaza, que este ano foi a primeira das integradas na denominación en empezar a vendimar recollendo, en concreto, variedades tintas de mencía, arauxa e merenzao. Desde a Denominación de Orixe Monterrei espérase unha boa campaña dado que o estado fitosanitario das uvas é moi bo debido, principalmente, á escaseza de precipitacións durante o ciclo fenolóxico da planta. As previsións que manexan

A casa consistorial de Oímbra será ampliada Colleita da uva en Monterrei./ARQUIVO. os técnicos desta denominación sinalan que poderían superarse amplamente os tres millóns de quilos de uva recolleitos, incrementando a cantidade en máis un 20% con respecto ao ano pasado, o que suporía un fito histórico na zona. Datos A Denominación de Orixe Monterrei está con-

formada por 24 adegas do val de Monterrei, que abrangue os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Ríos, Oimbra e Castrelo do Val. Os viñedos desta DO ocupan un total de 467 hectáreas de territorio nas que traballan 381 viticultores. En 2014 a produción total da DO alcanzou os 2,8 millóns de quilos de uva.

4 A Xunta subvencionará a obra con 50.000 euros. Redacción O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, asinou un convenio coa alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, para a ampliación da casa consistorial. 30 anos despois da construción do actual edificio do Concello, a Xun-

ta de Galicia faille unha achega de 50.000 euros cos que se poderán ampliar, entre outros espazos, os destinados á atención ao público e ao Arquivo Municipal, actualmente colapsado. O Concello, pola súa banda, achega uns terreos da súa propiedade, o que permitirá adecuar as instalacións ás súas necesidades actuais.


VERÍN E COMARCA

Informacións de interese xeral para o novo curso 2015/2016 do IES García Barbón Despois dun verán de obras e reformas nalgunha das instalacións, o IES García Barbón pasa a ser un centro pechado –o alumnado de Formación Profesional Básica non pode saír do recinto escolar, por tratarse de ensinanzas obrigatoriasdo que só se pode saír no recreo e ao remate da xornada. Polo tanto, compre moita puntualidade na hora de entrada, xa que de chegar tarde, a porta do centro estará pechada. A entrada de coches para os traballadores do centro farase polo lateral esquerdo – sinalizado e pintado-. O lugar de aparcamento conta con máis de vinte prazas convenientemente delimitadas. O centro preparou novas aulas –unha delas de Informática con 20 postos de ordenador conectados a internet e canon de luz- e outros espazos

Nova aula de informática do instituto. necesarios para departamentos e actividades de titoría e apoio pedagóxico. Durante o curso 2015/2016, o instituto verinés seguirá traballando, entre outras, nas seguíntes actividades pedagóxicas: - Actividades de orientación académica e titoría individualizada. O Departamento de Orientacion, en colaboración coa Xefatura de Estudos e os titores e titoras, vai seguir realizando o necesario traballo de orientación académica e laboral –en colaboración co De-

partamento de Formación e Orientación Laboral- do conxunto do alumnado. Tamén seguirán facilitando aos estudantes varias sesións de titoría individualizada ao longo do curso. - Información e asesoramento sobre becas 2015/2016. O Departamento de Orientación -como vén sendo habitual- proporciona asesoramento sobre as bolsas e axudas. A información sobre a convocatoria de becas 2015/2016 pode atoparse na web e

Turismo de Galicia mellorará o acceso ao Castelo de Monterrei 4 Anuncia a licitación das obras. Redacción Turismo de Galicia vai mellorar os accesos ao Castelo de Monterrei. O Diario Oficial de Galicia publicaba a final de

agosto a licitación para a contratación das obras. O prazo para a presentación de ofertas remata o 21 de setembro. As obras teñen como obxecto a construción do

conxunto do viario da fortaleza así como dos sistemas xerais de instalacións e o seu prazo de execución será de tres meses. A intervención na rede de camiños de Monterrei

Contorna do Castelo de Monterrei, que verá mellorado os accesos./ARQUIVO.

BARRIOS Setembro de 2015

nos blogs do centro. Lembrar que o prazo de solicitude –estudos non universitarios- remata o día 30 de setembro. É aconsellable realizar o trámite o antes posible, xa que nos últimos días poderían rexistrarse problemas técnicos. - Potenciación do uso dos recursos en internet. As TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) forman parte da nosa vida persoal e profesional cada día. Por iso, o IES García Barbón entende que o centro ten que asumir un papel protagonista –dar exemplo- e promocionar o uso educativo de internet. Para coñecer os seus recursos pode visitarse a presentación en: http://bit. ly/barbontic. - Fomento das actividades extraescolares e das saídas pedagóxicas. A realización de diferentes viaxes e saídas pedagóxicas en diversos países é un distintivo do IES García Barbón. Por iso, queren continuar potenciando as actividades extraescolares e, sobre todo, planificar saídas pedagóxicas que poidan ser de interese para o alumnado.

incluirá un sistema de saneamento, unha rede de abastecemento de auga que disporá de acometidas en espera a cada unha das edificacións da contorna, un proxecto de alumeado que permitirá no futuro implantar unha instalación de iluminación pública, a instalación de subministración de enerxía que asuma tanto as necesidades actuais como as futuras para o transporte de enerxía, e unha rede de telecomunicacións que incluirá unha canalización soterrada para servizo de distribución e acometida ás edificacións existentes. As obras de mellora do acceso ao castelo terán lugar tras o remate do proxecto de rehabilitación do conxunto arquitectónico promovido por Turismo de Galicia e levado a cabo co obxectivo prioritario da súa revitalización para usos culturais e turísticos. O obxectivo é facilitar as visitas ao complexo.


BARRIOS Setembro de 2015

VERÍN E COMARCA

Grupo de voluntarios da Bibliopiscina trala entrega de diplomas.

Diplomas para o voluntariado da Bibliopiscina

Os rapaces bailaron e divertíronse na festa flamenca.

Festa flamenca para clausurar a ludoteca de verán

O pasado 4 de setembro fíxose entrega na Casa do Concello de Verín dos diplomas acreditativos aos 16 rapaces, de entre 9 e 21 anos, que colaboraron de xeito voluntario na Bibliopiscina, co fin de recoñecer o entusiasmo e dedicación que amosaron durante os dous meses (xullo e agosto) que permaneceu en funcionamento. Este servizo, aberto ao público por sétima vez consecutivamente dende o verán do 2009, conta cunha gran aceptación. En total foron case 177 horas de actividade este ano, nas que se realizaron máis 2.200 préstamos.

A ludoteca de verán que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Verín rematou a súa edición 2015. O obxectivo da mesma era conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores; así, do 22 de xuño ao 9 de setembro participaron nela máis de 200 rapaces, de entre 3 e 12 anos. Como despedida, os pequenos gozaron, no CEIP Princesa de España, dunha festa flamenca con volantes, lunares, flores, peinetas, etc. Todo un espectáculo que proporcionou aos rapaces unha oportunidade divertida e didáctica de coñecer máis a cultura española.

O campamento de AEVER, pensado para que os pais puidesen facer compras mentras os nenos se divirtían, incluía numerosas actividades, como clases de minigolf.

Os nenos participantes neste campamento realizaron unha visita á Casa do Concello de Verín, incluída no seu amplo programa de actividades.

Un campamento para dinamizar o comercio

50 nenos participaron no campamento do Invernadeiro

Máis dun cento de nenos, divididos en catro grupos, participaron do 24 ao 27 de agosto nas actividades do campamento urbano 2015 organizado pola Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER), coa colaboración do Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense. As actividades, organizadas entre as 10 e as 13 horas, ían dirixidas a nenos de 6 anos en adiante; e tiñan como finalidade dinamizar o mercado verinense, xa que os clientes dos establecementos adscritos a AEVER puideron facer as súas compras mentres os seus fillos se divertían no campamento.

Medio cento de rapaces, de entre 9 e 15 anos, participaron do 24 ao 29 de agosto no campamento do Parque Natural do Invernadeiro 2015. Devandita iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, tiña como obxectivo dar a coñecer entre os nenos a importancia do respecto pola natureza, da reciclaxe e do compañeirismo; todo mediante actividades lúdicas e educativas, entre as que se atoparon rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro, actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia.


PUBLICIDADE

BARRIOS Setembro de 2015


BARRIOS Setembro de 2015

VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

PLENOS EXTRAORDINARIO E ORDINARIO

Verín contrata un crédito de 2,4 millóns de euros 4 O Mércores de Cinza e Os Remedios serán os festivos locais en 2016. Redacción O Concello de Verín aprobou a contratación dun crédito de 2.480.000 euros, para atender as necesidades transitorias de tesouraría, nunha sesión plenaria extraordinaria celebrada en agosto. PSOE, BNG e PP apoiaron esta operación de crédito a curto prazo, que se aprobou por unanimidade. O alcalde de Verín, o socialista Gerardo Seoane, explicou que a proposta

de contratación do préstamo xorde “como consecuencia de que os tributos municipais se recadan, na súa maior parte, nos últimos meses do exercicio, e sendo preciso atender a necesidades transitorias de tesouraría, así como adiantar fondos para a percepción das subvencións concedidas, e financiar proxectos de investimento con recursos correntes”. O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, puntualizou que o crédito se can-

celará pronto e propuxo modificar o calendario do contribuínte para evitar ter que recorrer a este tipo de operacións. Festividades de 2016 Xa na sesión ordinaria do 7 de setembro, a corporación fixou os festivos locais en Verín para o ano 2016, que serán o 10 de febreiro (Mércores de Cinza) e o 8 de setembro (Os Remedios). Na sesión, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo,

O tenente de alcalde exercendo de alcalde no pleno ordinario do 7 de setembro.

A Eurocidade planifica a súa captación de fondos comunitarios ata 2020 4 Para a convocatoria do programa Interreg. Redacción A AECT Eurocidade Chaves-Verín mantivo este

mes unha reunión para planificar a captación de fondos comuntarios ata 2020. Na xuntanza participaron

os socios que acompañarán ao organismo transfronteirizo nunha das candidaturas que presentará na próxi-

Socios da AECT Eurocidade Chaves-Verín na xuntanza do día 9 de setembro.

que asumiu a presidencia pola ausencia do alcalde, anunciou a intención do Goberno local de crear un Rexistro Municipal no que as familias do Concello de Verín se poidan anotar para acoller temporalmente refuxiados, servindo a institución municipal de intermediaria. Rogos e preguntas No turno de rogos e preguntas, o popular Juan Manuel Jiménez Morán preguntou polo expediente aberto pola Confederación Hidrográfica del Duero pola realización de obras no río Támega na praia fluvial sen o permiso pertinente. Tamén quixeron saber os motivos que levaron ao alcalde a anunciar a rescisión do contrato coa empresa que ía instalar radares de velocidade na vila. En canto aos rogos, o PP pregou ao grupo de goberno que repoña o mobiliario urbano estragado no paseo adxacente ao río Támega na Noria e que limpe a zona. Tamén reclamou o mantemento do céspede plantado nunha pequena área termal acondicionada tralo balneario de Cabreiroá. ma convocatoria Interreg: Eixo Atlántico, O Barco de Valdeorras, Bragança, Sarria e Deputación de Ourense. Ante a próxima apertura do programa Interreg prevista para este outono, a Eurocidade planifica as candidaturas que presentará sobre a base de dous eixos prioritarios: un crecemento integrador a favor da competitividade empresarial; e a mellora da capacidade institucional e da eficiencia da administración pública. O obxectivo da AECT Eurocidade Chaves-Verín é desenvolver un ambicioso plan de captación de fondos que permita un forte desenvolvemento do territorio nas áreas de turismo, termalismo, transporte, comercio, industria, mellora e competitividade das Pemes e do emprego.

4NOTICIAS DE EMPRESA

O dr. Mariano Arranz.

clínicas arranz

A saúde, un ben esencial A saúde oral é un ben esencial para o benestar físico e psicolóxico do paciente. Deste xeito, o odontólogo ten como papel fundamental servir e protexer a saúde oral dos seus pacientes. Un propósito, defendido polo Dr. Mariano Arranz, cuxa actividade diaria e cirúrxica nas súas clínicas céntrase en dous alicerces fundamentais: “a saúde e a relación cos pacientes”, creando así un clima de confianza e empatía entre os pacientes e o equipo, que conta coa tecnoloxía e equipos máis avanzados para proporcionar un servizo eficiente e de calidade en todos os seus tratamentos. “O meu obxectivo é que os meus pacientes sorrían”, afirma o Dr. Mariano Arranz sobre a importancia de contar en cada clínica cos servizos e equipamentos indispensables, para un tratamento rápido e axeitado a cada caso clínico. Empezou a exercer a profesión hai 25 anos en España, concretamente en Xinzo de Limia e Allariz (onde se localizan o resto das clínicas) e hai tres anos abriu clínica en Chaves. Os seus principios básicos son o coidado, a prevención e o tratamento dental; desde a transparencia e profesionalidade. “O meu principal obxectivo consiste en previr e informar ao paciente de como manter unha boa saúde oral”, afirma o Dr.

Mariano Arranz. En Clínicas Arranz dispoñen de varias opcións de tratamento que permiten dar unha resposta rápida nas áreas de estética e saúde oral (implantoloxía, ortodoncia -fixa e removible-, periodoncia, cirurxía oral, endodoncia -manual e mecánica-). En implantoloxía destacan a técnica de carga inmediata “All on four” ou “All on four modificado”, que son técnicas cirúrxicas e protésicas de implantoloxía e rehabilitación dental, que permiten recuperar a función e estética no mesmo día con mínimo óso e sen necesidade de enxertos. Este tratamento é rápido, eficaz e indoloro; nunhas horas o paciente ten os seus dentes fixos para comer e sorrir. O seu principal obxectivo é o paciente; minimizar a dor e solucionar o seu problema canto antes. Isto é posible grazas ao escáner, que dixitaliza os modelos e fabrica férulas de posicionamento co fin de colocar os implantes dunha maneira precisa sen dor nin puntos. No caso dos implantes, cada paciente recibe unha cartilla de implantes, coa marca, modelo e referencia do implante colocado; para recibir asistencia en calquera parte do mundo se fose necesario.

En implantoloxía destacan a técnica de carga inmediata “All on four”


XINZO E COMARCA

Benestar estuda cofinanciar un centro de maiores nos Blancos 4 Incluiríase nos orzamentos de 2016 da Consellería. Redacción A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo en Santiago unha xuntanza co alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, para analizar a posta en marcha dun centro para maiores na localidade, entre outros temas de interese social. En concreto, o departamento autonómico estudará a viabilidade desta iniciativa unha vez que a Administración local presente na Consellería de Traballo e Benestar o anteproxecto. Deste xeito,

os orzamentos de 2016 incluirán unha partida para a posta en marcha desta infraestrutura. Mato destacou a importancia de poñer a disposición das persoas maiores servizos de calidade e, deste xeito, indicou que a posta en marcha de prazas públicas para este colectivo é unha das prioridades da Xunta.

Rexedor e conselleira reuníronse para tratar temas de interese social

Reunión entre José Manuel Castro e Beatriz Mato.

BARRIOS Setembro de 2015

O “Percorrido da saúde” completa os seus obradoiros na Limia

Exitosa bolsa de emprego do Cidade de Antioquía

4 Impartíronse en Morgade, Trasmiras, Arnuide, Paradela de Abeleda e Sampaio.

A bolsa de emprego posta en marcha polo IES Cidade de Antioquía está a dar os seus froitos. Nos meses de xullo e agosto diversas empresas demandaron titulados obtendo un resultado satisfactorio. Así, do ciclo superior de Administración e Finanzas, o 33% obtiveron un posto de traballo posterior. E na rama Agraria e Forestal as empresas demandaron máis de 10 traballadores, colocando a outros tantos, aínda que algúns de xeito temporal, xa que ocuparon brigadas contra incendios. Dende o IES valoran esta bolsa como “un instrumento axeitado e eficaz, que se vai impulsar no curso que escomenzamos”, adiantan.

Redacción A quinta edición do “Percorrido da saúde pola zona rural da Limia”, organizado pola Escola Rural de Saúde da Limia, completou os seus talleres divulgando consellos prácticos de hábitos saudables e educando en prácticas cotiás que melloran a calidade de vida. Os profesionais sanitarios achegaron á poboación da comarca coñecementos sobre “Alimentación e enfermidades crónicas”, ou “Como vivir máis e mellor cambiando pequenos

hábitos diarios”. Varios foron os puntos onde se desprazaron como Morgade, Trasmiras, Arnuide, Paradela de Abeleda e Sampaio. Todo iso foi posible grazas aos farmacéuticos especialistas en nutrición Pablo García Vivanco e Elena Villariño, que abordaron a importancia da alimentación e a prevención, tomando para iso medidas de tensión arterial, glucemias e colesterol; así como Yolanda Gómez, que explicou os diferentes tipos de dietas que existen. Tamén se contou co antropólogo Manuel Mandianes, que abriu o “Percorrido”

en Morgade. Durante os talleres facilitouse material para facer máis entendible todo o relacionado coa alimentación e o que debe de terse en conta cando hai necesidade de controlar os valores relacionados con enfermidades crónicas. Estas actividades realizáronse dentro do Programa de intervención sociosanitaria e educación integral para a saúde na zona rural, subvencionado pola Deputación, contando coa colaboración dos concellos de Xinzo de Limia, Trasmiras, Porqueira e Baltar.

Asistentes a un dos obradoiros da Escola de Saúde Rural da Limia.

Redacción

Oferta formativa O Cidade de Antioquía ofrece un amplo abano de estudos profesionais, como Técnico Superior en Administración e Finanzas, Técnico Auxiliar Administrativo, Técnico Superior en Xestión Forestal do Medio Natural e Técnico de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural.


10

BARRIOS Setembro de 2015

A colleita da pataca sufrirá unha redución importante Redacción 2015 será un ano con menor produción de pataca na Limia. Desde o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, o seu director técnico, Luis Saa, agarda que a produción de pataca kennebec –a que ampara o Consello- se vexa este ano reducida na comarca. A principios de campaña, declaráronse 350 hectáreas sementadas con kennebec na subzona da Limia, cifra similar a do ano anterior. Porén, a produción vai ser máis baixa, ata un 35% menor na zona de secano “e en regadío menos”. O motivo: a falta de chuvias durante o verán. As precipitacións que están a caer estes días xa non axudarán: “incluso poden prexudicar á pataca”. Por iso, aínda que a colleita non acaba máis que empezar, agárdase unha produción bruta de 40.000 quilos por hectárea, por baixo dos 45 ou 50.000 quilos aos que se chegou noutros anos. Coma contrapartida, pode verse unha alza nos prezos no tubérculo, aínda que iso xa dependerá das negociacións entre agricultor e almacenista. A pataca de indicación xeográfica protexida representa ao redor do 20% de toda a que se cultiva na Limia.

XINZO E COMARCA

O PSOE de Rairiz de Veiga reitera a petición de dimisión ao alcalde 4 Os socialistas trasladaron aos xulgados a situación que se vive no municipio. Redacción O PSOE de Rairiz de Veiga vén de pór en coñecemento da xustiza a situación do alcalde da localidade, Xaquín Rodríguez Ambrosio, condenado a oito anos e medio de inhabilitación por un delito de prevaricación, sen que polo momento renunciara ao cargo. O voceiro socialista, Pablo Lorenzo, sinalou que “dende o momento da notificación da sentenza, Xaquín presenta

unha incompatibilidade non só para o cargo de alcalde senón que tamén de concelleiro”. O socialista advirte dunha posible imputación por prevaricación a todo o grupo de goberno ao negarse a declarar a incompatibilidade. Os socialistas intentaran presentar unha moción sobre este asunto, pero ao non convocar o rexedor plenos ordinarios desde fai cinco anos, tiveron que recorrer a unha cuestión de orde e a un rogo na sesión extraordinaria do 27 de agosto.

Nesta sesión, relatan desde o PSOE, Rodríguez Ambrosio voltou reiterar que non ten pensado convocar pleno ordinario proximamente nin dar conta da súa incompatibilidade. “Tenta aferrarse ao seu cargo por todos os medios”, indican os socialistas, que pediron de novo a súa dimisión.

Advirten dunha posible imputación por prevaricación a todo o goberno

Asistentes ao cuso de apicultura.

Curso de apicultura no CDR O Viso Un grupo de 30 persoas, entre alumnos e profesores, participaron os días 12 e 13 de setembro nun curso de apicultura organizado polo Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”; que se desenvolveu en Lodoselo e Xeve -Pontevedra-, e que estaba financiado polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Agricultura. Neste curso tratáronse aspectos como a reprodución e multiplicación do apiario, a avéspora velutina, a alimentación, os tratamentos ou o calendario do abelleiro. Os dous emprazamentos nos que se desenvolveron as clases permitiron unha gran aprendizaxe aos asistentes, polos numerosos medios técnicos cos que contan, como colmeas de observación con cámaras.

O Concello de Xinzo convoca novas axudas sociais 4 Para material escolar e alugueiro, entre outras. Redacción

Antonio (no centro), cos seus fillos, neto e bisneto, e o alcalde (á esquerda).

Vilar de Santos celebra un novo veciño centenario Con motivo do seu 100º aniversario, o Concello de Vilar de Santos realizou un acto de recoñecemento a Antonio Nogueiras Melio o 15 de agosto. “O que pretendemos é deixar constancia do noso afecto sincero a un home sinxelo”, explicaban desde o Concello nun comunicado. O seu cuñado Manuel Miguez Quelle, que conta con 103 anos, foi o primeiro homenaxeado polo Concello en decembro do 2011, e estivo presente nesta homenaxe. José González (que cumpliu 100 anos en 2014) completa a lista de veciños centenarios.

O Concello de Xinzo vén de publicar novas axudas. A primeira, dirixida a subvencionar o material escolar de alumnos de primaria, secundaria e educación especial para o curso 2015/2016. As solicitudes deben ser tramitadas antes do 2 de outubro nos propios centros escolares. Así mesmo, abriu unha nova convocatoria para otorgar prestacións por

fillo menor de tres anos, dirixida a familias que non solicitaron a axuda en febreiro. É requisito imprescindible que os proxenitores non fixeran a declaración da renda en 2013. O prazo está aberto ata o 7 de outubro. Por último, convocou axudas para o alugueiro, para persoas con orde de desafiuzamento por impago. As solicitudes poden presentarse ata o 30 de novembro. [+ info no 651 84 54 99]


ALLARIZ E COMARCA

Artesanía e doces atraen visitantes a Allariz 4 As feiras que acolleu a vila neste mes foron todo un éxito. Redacción Aspecto exterior da Praza de Abastos de Allariz.

O Concello de Allariz reforma a Praza de Abastos 4 Estará lista en outubro. Redacción O Concello de Allariz vén de iniciar obras de reforma deste espazo que, ademais do mercado, alberga distintas actividades culturais ao longo do ano. Os traballos contan cun orzamento aproximado de 10.000 euros e consistirán na división de espazos, reparacións e pintura xerais,

Protocolo contra a violencia machista Redacción O Concello de Allariz, coa implicación da Garda Civil, Policía Local, sanitarios e profesores, está a redactar un protocolo de actuación e un itinerario de intervención en casos de violencia machista.

así como na renovación dos stands. Estes serán de diferente estética e tamaño en función das necesidades, o que permitirá gañar espazo para dar entrada a novos produtores. A obra tamén permitirá habilitar un espazo á entrada no que se creará unha zona de cociña para elaboración e degustación de produtos autóctonos.

O documento pretende guiar a intervención multidisciplinar nestes casos, coordinar a intervención, a formación e o traballo de todas as partes intervintes así como mellorar e axilizar a resposta de atención ás mulleres maltratadas. Ademais, busca ser unha ferramenta para detectar posibles casos.

O Concello de Allariz organizou nas últimas semanas dúas feiras que lograron unha gran aceptación por parte de veciños e visitantes. A primeira delas foi o pasado 6 de setembro, cando o Paseo da Alameda acolleu a XX edición da Feira do doce, amendoado e melindre. Á cita non faltaron os reposteiros da vila, nin outros produtores de diversos puntos de España e Portugal. A edil de Promoción Económica, Cristina Cid, asegurou que o resultado desta edición foi moi positivo, “aumentaron o número de expositores, actividades e visitantes”. Todo grazas a que “o sector está moi consolidado en Allariz”, asegura a concelleira. Pola súa banda, este 13 de setembro celebrouse no casco histórico da vila o XIII mercado de artesanía Arte de Man, coa presenza dos mellores artesáns locais e galegos. A pesar de que a climatoloxía non acompañou, o que “nos obrigou a estar toda a mañá montando e desmontando”, segundo explicou

BARRIOS Setembro de 2015

11

EN BREVE 4 Idiomas en Paciños A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz acolle dende outubro a maio, cursos de inglés e francés para adultos. A formación busca que os alumnos e alumnas adquiran maior fluidez oral. Ademais o temario impartido permite presentarse a exames para obter certificacións oficiais. As inscricións realízanse na sede da Fundación en Paciños, no teléfono 988 436 182 ou no enderezo info@fundacionrgf.org.

4Cursos no Fogar dos Maiores A Feira do doce, amendoado e melindre de Allariz contou neste 2015 con máis expositores e visitantes./I.O. a edil, a cita contou con “artesáns de gran calidade e numeroso público”, interesado tanto nos produtos como en participar nos distintos obradoiros que se organizaron. Próximas citas Nunhas semanas Allariz ten unha nova cita. Do 2 ao 18 de outubro terán lugar as Xornadas de Carne do Boi, nas que se poderán degustar reses autóctonas. En relación ás mesmas, este 16 de setembro presentouse o Regulamento

da marca “Carne do Boi”, no que se establecen as características que debe cumprir a mesma para que poida contar con este distintivo. Xa o segundo domingo de novembro será o momento da tradicional Feira de Outono.

A edición 2015 das Xornadas da Carne do Boi celebraranse do 2 ao 18 de outubro

O Fogar dos Maiores de Allariz abre o prazo de inscrición nas actividades lúdico-formativas para o curso 2015-2016. Obradoiros de creatividade e manualidades, memoria, radio, estimulación cognitiva, canto coral e ximnasia terapéutica son as actividades que se desenvolverán na programación anual no Fogar dos Maiores. As persoas interesadas poden anotarse, durante este mes, nas dependencias do Fogar dos Maiores, na Barreira, ou no teléfono 988 554 059.


12

BARRIOS Setembro de 2015

ALLARIZ E COMARCA

entrevista ao biker pablo rodríguez

EN BREVE

“Foi unha tempada magnífica e parece que o final eclipsa os resultados”

4Cursos de animación na Casa da Mocidade

4 O ciclista macedán Pablo Rodríguez analízanos o seu remate de curso e adiántanos como se plantexa o salto a categoría absoluta. R. Torres Campión de España, campión de Europa e subcampión da Copa do Mundo son os merecidísimos resultados que logrou o macedán Pablo Rodríguez (MMR Team) esta tempada nas diversas competicións de BTT. Tras un comezo de curso impresionante todo facía presaxiar que este mozo contaría as competicións por lideratos, pero a pesar das desafortunadas derradeiras probas da tempada, como consecuencia do cansazo acumulado (que lle arrebataron a Copa do Mundo e o situaron no posto 23 do Mundial) o bagaxe final é máis que envexable. A pesar do final, foi unha tempada incrible. Pablo Rodríguez: “Si, foi unha tempada cargada de fortuna, dende marzo que comezamos a competir na Copa do Mundo, sempre logrei podio, sempre con vitoria, catro xornadas líder da Copa, tres podios, campión da Copa de Europa... Pero ao final, este último mes tanto o público como eu mesmo agardabamos máis de min, eu sabía que non chegaba coa frescura coa que comecei o ano, pero ao final son catro ou cinco meses moi esixentes, e non somos motos, os corpos non son unha ciencia exacta. Ao final cheguei á última proba da Copa do Mundo con 18 puntos de vantaxe, pero non puido ser, non tiven o día, non me atopei ben e perdín o liderato. Pero son subcampión, que se mo din a principio de ano houbera acep-

A Casa da Mocidade de Allariz acollerá dous novos cursos de animación 3D e de modelado de personaxes de animación. “Introdución ao desenvolvemento de películas de debuxos animados” permitirá aos alumnos coñecer os procesos de produción, o modelado de obxectos sólidos, texturas e materiais, a iluminación e a composición con nodos, entre outros. En “Creación, modelado e técnicas de animación de personaxes” veranse os principios de animación, a composición de escenas e texturas e diversas técnicas de animación. Os cursos desenvolveranse entre outubro e xuño e teñen prazas limitadas. Os interesados poden obter máis información no correo animacion3D@allariz.com.

4Clases de música moderna O ciclista macedán do MMR, Pablo Rodríguez, nunha proba deste ano.

“A principio de tempada atopeime moi ben e tiñamos que aproveitar o tirón” “O próximo ano será de adaptación con calma, sen presión” tado de cabeza”. Cando vos plantexastes a tempada o obxectivo era comezar moi forte? P.R.: “Empezas con incertidume. Ao principio atopeime moi ben e tiñamos que aproveitar o tirón mentras me seguise encontrando así. A miña última carreira boa foi fai catro semanas, na penúltima proba da Copa do Mundo, rematei terceiro, e estaba confiado en que chegaría con menos forza pero chegaría

ben ao final. Non obstante, non puido ser, xuntouse a mala fortuna, con caídas, e ao final dependemos dunha hora e media de carreira a tope na que inflúen mil factores, e ese día cruzouse todo e non houbo sorte.Dóeme acabar así, porque foi unha tempada magnífica e parece que iso eclipsa un pouco os resultados, pero estou moi moi contento”. Agora das o salto a categoría absoluta, e aínda que o primeiro ano adoita ser de adaptación

proximamente terán lugar os Xogos Olímpicos, como vas afrontar este curso? P.R.: “Non estou centrado nos Xogos, de feito a preparación non ten nada que ver con eles. Vou comezar a tempada forte, intentarei facer unha adaptación rápida antes de que comece a Copa do Mundo, e para iso vou correr algunhas carreiras internacionais por Europa. A clasificación para os Xogos xogarémonola nas tres primeiras probas da Copa do Mundo de maio, para logo correr as olimpiadas en agosto, pero non é algo no que me centre ao 100%, iremos traballando sobre a marcha, e se ten que vir virá. Pero tomareime un ano de adaptación con calma, sen presión”.

O local de ensaio, ubicado na Casa da Mocidade de Allariz, acolle a partir do mes de outubro clases de música moderna. Batería, batukada, guitarra ou canto son as disciplinas que se impartirán. Os interesados poden informarse e inscribirse ata o 8 de outubro, a través do teléfono 988 442 107 ou do correo radio@allariz.com.

4 Andaina en Allariz Con motivo do primeiro aniversario do primeiro aniversario de Adóptame Allariz, o próximo sábado 26 de setembro organízase a “I Andaina en compañía dos nosos cans”. A cita é a partir das 16 horas no ecoespazo O Rexo e vai destinada a todas aquelas persoas que queiran pasar un día diferente coa súa mascota e coñecer o labor que realiza este colectivo.


PUBLICIDADE

BARRIOS Setembro de 2015

13


14

BARRIOS Setembro de 2015

CELANOVA E COMARCA

EN BREVE

entrevista a ismael núñez, deseñador de moda

4 A Deputación aproba a súa achega para o novo campo de fútbol

“Para min é moi importante que saia todo de Celanova, para darlle máis nome e traballo á vila”

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou unha subvención por importe de 75.000 euros para a construción dun campo de fútbol de céspede artificial en Celanova. Ademais da Deputación, a Xunta aportará 125.000 euros e o propio Concello, 50.000. A vila contará este ano con esta nova infraestrutura, ubicada na zona deportiva xunto á estrada de Cortegada, na contorna que comprende o campo de fútbol de herba natural, pistas polideportivas e outro campo de fútbol de terra.

4 Premio “Adianteforward” de xornalismo A Fundación Curros Enríquez vén de convocar o Premio “Adiante-forward” de xornalismo para profesionais recén licenciados menores de 30 anos. Os interesados deben presentar un traballo, preferiblemente en galego, seguindo os parámetros habituais de extensión e estilo dunha reportaxe xornalística, afondando no tema do despoboamento de Galicia e as súas consecuencias económicas, cómo reverter a tendencia para non termos que emigrar. Os traballos deben ser enviados ata o 31 de decembro a adiante@currosenriquez.es. O gañador recibirá unha bolsa de 3.000 euros destinada a complementar a súa formación mediante cursos universitarios ou técnicos. [+ info en www.currosenriquez.es]

4 Ismael Núñez puxo en marcha en 2012 unha web na que comercializa prendas e complementos, e este agosto organizou un desfile de moda na súa vila para dalos a coñecer. S.N. En Celanova hai talento. Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro convertérona nun referente en poesía. Nos últimos tempos, o nome da vila está ligado a grandes éxitos audiovisuais a través dos traballos de Aser Álvarez, Bruno Nieto ou Raúl García, entre outros. E agora comeza a facerse un oco no mundo da moda da man de Ismael Núñez Estévez, que, formado en Comercio e Márketing, con só 18 anos puxo en marcha unha web (www.necolletion.com) para dar a coñecer e comercializar as súas primeiras creacións (principalmente unha liña de sudadeiras e artigos de bixutería). Agora, con 21, Ismael deu un paso máis e organizou o pasado 22 de agosto un desfile no que veciños e visitantes descubriron a colección “Remember”, coa que aposta fortemente polo téxtil. Falamos con el para coñecer os seus plans de futuro, sempre

Ismael Núñez estudou Comercio e Márketing. vencellados á súa terra. Como comezaches no mundo da moda? Ismael Núñez: “Foi case de casualidade, fai uns tres anos ao acabar os meus estudos, decidín facer e pór a venda sudadeiras coa marca “N&E Strawberry Mark”. Esta liña funcionou e

4 O BNG da Bola, contra a alcaldesa O BNG da Bola acusa á alcaldesa, a popular Teresa Barge (antes nas filas nacionalistas), de “obstaculizar deliberadamente a acción da oposición” por non facilitar a información solicitada en tempo e en forma. Desde o Bloque aseguran que ademais de oposición construtiva queren “exercer coas máximas garantías o noso labor de fiscalización e control da acción de goberno”, pero ata a data “todo son evasivas, mostra do talante antidemocrático da alcaldesa”, sentencian. Así mesmo, os nacionalistas están a solicitar ás autoridades sanitarias que na Bola haxa consulta médica todos os días da semana, xa que dende hai case un ano só contan con ela luns, mércores e venres.

Ismael (no centro da imaxe) tralo remate do desfile o 22 de agosto, xunto ao grupo de modelos que expuxeron as súas creacións.

quixen ir máis alá, comecei a producir pezas de bixutería, ata chegar ao punto de centrarme principalmente nos complementos. Este ano decidín volver fortemente ao téxtil, cunha colección, “Remember”, que se presentou o pasado 22 de agosto en Celanova”. Normalmente botar a andar neste sector (aínda que sempre é difícil) adoita ser máis sinxelo nas grandes cidades. Como te plantexas dar o salto (cun desfile) e facelo en Celanova? I.N.: “Foi unha tarefa moi difícil, pero para min era e é importante triunfar no sitio de onde son, sobre todo porque estou namorado da miña terra. E como bo celanovés quero que se vexa en todo o mundo que en Celanova hai xente que vale, non só na moda, tamén noutros campos como o audiovisual, a fotografía...”. Como xurdiu a idea do desfile? I.N.: “A idea do desfile vén xa de fai moito tempo, dende neno eu soñaba con ese día. Pero este ano foi posible. Ca marca quería dar un paso máis alá e decidín facelo”.

Que tipo de deseños compoñen “Remember”? I.N.: “Deseños moi frescos e modernos, pero sempre respetando o medio ambiente e sobre todo feitos en España, máis concretamente en Celanova. Nas prendas do desfile predominaron os tonos brancos e beiges; os materiais como gasas, tules, sedas e algodóns; e no tocante aos complementos destacaron as pedras, cristais, contas de porcelana e cristais de Swarosky”. Como e cando naceu a web www.necollection.com? Que podemos atopar nela? I.N.: “Naceu un 6 de outubro do 2012 co propósito de vender as primeiras pezas que fixen. Actualmente nela encóntrase a tenda online cos produtos da última colección, e tamén hai un blog e un apartado no que se poden ver fotos de case todos os proxectos realizados por min para a marca”. O desfile foi un soño cumprido, houbo outros proxectos que pouco a pouco foras logrando nestes tres anos? I.N.: “Si, outro foi a apertura dun show room para ensinar as próximas coleccions a todo o mundo, pero sobre todo aos bloggers, propietarios de tendas e demais xente do sector”. Cales son os teus proxectos no sector a curto prazo? I.N.: “O meu próximo obxectivo é conseguir puntos de venda nas capitais de todas as provincias galegas, e despois pouco a pouco ir engadindo máis tendas por España”. Plantéxaste nun tempo emigrar a algunha cidade como Madrid, Barcelona, París, Roma... para avanzar no sector? I.N.: “Non, é algo que non contemplo nin contemplarei xa que para min é moi importante que saia todo de Celanova, non só para dar máis nome e traballo á vila, senón tamén para que se vexa que non hai que realizar o traballo só en grandes cidades”.

“A idea do desfile vén de fai moito tempo, dende neno eu soñaba con ese día” “En Celanova hai xente que vale, non só na moda, tamén no audiovisual, na fotografía...”


CELANOVA E COMARCA

O Centro Unión Orensana da Habana recibe o Premio “Celanova, Casa dos Poetas” 4 Entregouse o 6 de setembro, acompañado da tradicional ofrenda floral a Celso Emilio. Redacción O Centro Unión Orensana da Habana recibiu o pasado 6 de setembro o Premio “Celanova, Casa dos Poetas”, que cada ano outorga a Fundación Curros Enríquez co fin de recoñecer a persoas ou entidades que ao longo da súa vida desenvolveron un intenso labor a prol da cultura galega. Manuel Rivas, Carlos Núñez, Amancio Prada ou

O premio recoñece o seu labor a prol da cultura galega

Xaime Quessada foron algúns dos galardoados nos 30 anos de historia deste

galardón. A entrega do premio realízase na Casa dos Poetas

de Celanova (antiga vivenda de Manuel Curros Enríquez) e coincide co primeiro domingo posterior ao 31 de agosto, data do falecemento de Celso Emilio Ferreiro, co fin de unir as dúas figuras máis salientables das letras de Celanova. Así, antes da entrega, houbo unha ofrenda floral ante o monumento de Ferreiro e léronse poemas tanto del como de Curros Enríquez.

BARRIOS Setembro de 2015

15

4NOTICIAS DE EMPRESA

Presentación da pasarela de moda de Verín.

AEVER recupera a pasarela de moda

Momento da ofrenda floral ante o monumento de Celso Emilio Ferreiro./I.OSORIO

A Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER) organiza unha nova edición da “Pasarela Verín de moda 2015”. O evento terá lugar o 26 de setembro, ás 20:30 horas, no Pavillón Municipal de Deportes, e constará de pases de moda e actuacións para

todas as idades. O desfile conta coa colaboración do Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense. Este venres 18, no pavillón, haberá un cásting infantil para seleccionar ata 56 menores de entre 3 e 12 anos que serán modelos por un día no desfile.


16

BARRIOS Setembro de 2015

PROVINCIA

Os orzamentos 2016 da Deputación medran un 2,65% 4 Ascenden a 77,7 millóns de euros e aprobaranse o próximo 25 de setembro. Paula Lodeiro

4 Preto de 31.000 estudantes de Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e ensinanzas especiais regresaron ás aulas dos centros educativos da provincia. Redacción

A Deputación Provincial de Ourense terá un orzamento para o vindeiro ano de 77,7 millóns de euros, un 2,65% máis que este ano. O presidente provincial, Manuel Baltar, salientou durante a súa presentación que por primeira vez as contas se aprobarán en setembro (no pleno do día 25) e que nelas “confírmase a tendencia de recuperación da facenda provincial”. Capítulo de persoal No seu detalle, os orzamentos destinan un 37,50% do total a gastos de persoal (29,1 millóns), un capítulo que medra lixeiramente debido ao incremento do gasto político (un millón de euros para dedicacións dos grupos políticos e contratacións de persoal de confianza) e a que en xaneiro os funcionarios provinciais percibirán o 75% da paga extra. A Deputación paga unhas 725 nóminas ao mes, e na RPT (Relación de Postos de Traballo) está previsto facer “pequenas modificacións”, que inclúen a incorporación dun director xeral de Recursos Humanos en xaneiro e a creación das dirección de área de Cultura e Deportes e de Transparencia e Goberno Aberto. Ademais, o Servizo de Cooperación intégrase no Servizo de Vías e Obras, o ano próximo amortizaranse 10 prazas e xubilaranse 11 traballadores. Tamén afectará a este capítulo un Plan de emprego de turismo cultural que quere levar a cabo a Deputación en colaboración coa Escola de Organización Industrial, aínda sen dotación económica concretada. Os gastos correntes levan 18,6 millóns do orzamento, mentres que para investimentos produtivos hai reservados 15,6 millóns de euros. A débeda

Comeza o curso escolar

Manuel Baltar debullou as liñas básicas dos orzamentos da Deputación de Ourense para 2016./P.LODEIRO.

4 Prioridades e proxectos

30.995 estudantes de Educación Infantil, Primaria, Especial, Secundaria, Bacharelato e ensinanzas de réxime especial comezaron xa o curso 2015/16 en centros educativos da provincia de Ourense. A esta cifra hai que sumarlle o alumnado dos ciclos formativos de Formación Profesional e nos Programas de Cualificación Profesional Inicia, cuxo número de matriculados coñecerase nas vindeiras semana. A Consellería agarda que ascenda con respecto ao curso anterior. Caída en Infantil e Primaria Na etapa de Educación Infantil, a caída de alumnado é dun 2,3% con respecto ao curso pasado. Por tipo de centros, 3.872 alumnos están matriculados en centros públicos da provincia mentres que o resto cursarán en privados e concertados. En Educación Primaria

o descenso da matrícula é de apenas un 0,4%, con 12.918 estudantes. Desta cifra, 8.583 alumnos están matriculados en centros públicos, 4.224 en centros privados concertados e 11 en centros privados non concertados. En Educación Especial hai matriculados 128 alumnos, 82 en centros públicos e os 46 restantes en centros privados con concerto. En Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) hai matrículados un total de 8.669. Deles, 5.538 estudarán en institutos públicos, 2.966 en concertados e o resto en privados non concertados. A matrícula ascende a 3.104 alumnos en Bacharelato ordinario. Segundo a titularidade dos centros, os públicos acollen o maior número de alumnos, un total de 2.552 fronte os 552 que cursan estes estudos postobrigatorios en centros privados. Nas ensinanzas de réxime especial, hai 901 matriculados só en ensinan-

4 Centros plurilingües A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de ampliar ata os 32 o número de centros de ensino da provincia de Ourense que forman parte da Rede de Centros Plurilingües, coa incorporación para este curso 2015/2016 do CEIP Curros Enríquez de Celanova. Por outra banda, tamén autorizou 45 novas seccións bilingües para a provincia, no CPR Plurilingüe María Inmaculada e no IES Xesús Taboada Chivite de Verín, o CEIP de Maceda, o CPI de PadrendaCrespos, e o IES Lagoa de Antela de Xinzo, entre outros centros.

Serán prioridades para o ente provincial en 2016 os servizos sociais, o medio ambiente, a cooperación cos concellos e a aplicación do Plan Ou 15-19 (permitirán poñer en marcha 31 medidas deste plan). Entre os proxectos que levará a cabo a Deputación o ano que vén, destacan o Plan Provincial de Obras, que destinará 55.500 euros a cada un dos 92 municipios da provincia (tamén o da capital, por primeira vez); un Plan de empre-

gabilidade, que reserva 910.000 euros (10.000 euros para cada concello, agás o de Ourense); un Plan para a mocidade con 540.000 euros; un Plan de promoción da natalidade, orzamentado en 800.000 euros (que pode ampliarse segundo as necesidades tirando do remanente de tesouraría); un proxecto de eficiencia enerxética e enerxías renovables, ao que se destinan 225.000 euros; e o Plan Termal, que ten consignados 1.250.000 euros.

da Deputación sitúase no 32%, mantendo unha progresiva redución dende 2012, ano no que estaba no 116 %. Ao distribuir o gasto por

áreas, a de infraestruturas é a que máis asume: 25 millóns de euros; a área de auga e medio ambiente leva 15,1 millóns e a de benestar, 7,2 millóns.

Á entrega do material acudiu o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, o edil de Servizos Sociais, José Luís Martin, o director da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto Peteiro, o vicepresidente, Saturnino Cuquejo, o director do colexio Amaro Refojo e a directora do Princesa de España.

O endebedamento sitúase na actualidade no 32%, moi lonxe do 116 % de 2012

O 37,50% dos gastos son para persoal, capítulo que medra con respecto a 2015

O Concello de Verín e a Fundación Amigos de Galicia entregaron 43 mochilas aos menores de familias sen recursos que estudan nos colexios Amaro Refojo e Princesa de España con todo o material escolar necesario. O orzamento para as mochilas, valorado nun total de 3.560 euros foi achegado, a partes iguais, polo Concello e a Fundación. Desde outubro, a Fundación atenderá ás familias máis necesitadas mediante un convenio de colaboración co Concello. Unha vez ao mes, as familias recibirán produtos alimenticios básicos, calzado, vestimenta, produtos de hixiene persoal ou mobles.

zas regradas de música. No que atinxe ás ensinanzas para adultos, estímase que na provincia as cursarán no curso 2015/2016 un total de 1.403 persoas.

O Concello de Verín e a Fundación Amigos de Galicia entregan 43 mochilas con material escolar


PROVINCIA

Rajoy ratifica a data de 2018 para a chegada da alta velocidade

4 O presidente do Goberno visitou en agosto a provincia, con dúas paradas: no túnel de Prado en Vilar de Barrio e en Celanova. P. Lodeiro Visita inesperada do presidente do Goberno a Ourense. Mariano Rajoy estivo o 19 de agosto na nosa provincia, supervisando os avances da Liña de Alta Velocidade (LAV) no túnel de Prado, no municipio de Vilar de Barrio, que conta con dous tubos de 7,6 km. Despois trasladouse a Celanova, onde ratificou o compromiso do seu goberno co AVE galego. “A data de 2018 mantense”, dixo, restando importancia á redución de 45 millóns de fondos europeos para esta obra. “Non supón ningunha demora”, apuntou, lembrando que os Orzamentos Xerais do Estado para 2016 reservan máis de 700 millóns de euros para os traballos de construción da LAV Lubián-Ourense, “unha cantidade moi importante”, destacou, xa que é en Ourense “onde queda o groso da obra por facer”. De feito, sinalou que están todos os tramos en obra “salvo a entrada en Ourense e un túnel no Padornelo”. Reunión con alcaldes Rajoy estivo acompañado na súa visita a Ourense pola ministra de Fomento, Ana Pastor, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno, Santiago Villanueva. En Celanova tamén o acompañaron o alcalde, José Luís Ferro, así como rexedores da comarca. Con eles mantivo despois unha

4 Accidente no túnel do Corno Un accidente laboral acontecido na noite do 15 de setembro nas obras da alta velocidade no túnel do Corno (Laza) saldouse cun falecido e un ferido grave. Os operarios caeron dunha altura de catro metros.

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, xunto ao alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e outras autoridades, visitante a Capela mozárabe de San Miguel./P.LODEIRO. reunión e unha comida nun coñecido restaurante da localidade. O presidente do Goberno foi informado da intención do Goberno local de Celanova de crear un itinerario cultural europeo na vila. Previamente visitou o claustro barroco do Mosteiro de San Rosendo, a Capela mozárabe de San Miguel (onde Rajoy sorprendeuse ao coñecer o fenómeno lumínico que se produce nela no equinoccio de primavera), e a Igrexa de San Salvador, e asinou no libro de honra do Concello. Á súa saída á praza Maior de Celanova, o presidente do Goberno detívose un bo intre para charlar e facerse fotos con veciños e turistas que llo solicitaban.

Sobre o AVE, o presidente do Goberno recordou que están todos os tramos en obra “salvo a entrada en Ourense e un túnel no Padornelo”

A ministra de Fomento, xunto á conselleira de Medio Ambiente, ao delegado do Goberno en Galicia e deputados e senadores, escoitando as explicacións dos técnicos no interior do túnel da Canda, que une Ourense con Zamora./M.REJO.

4 Pastor asiste ao cale do túnel da Canda A ministra de Fomento, Ana Pastor, asistiu o 10 de setembro ao cale do túnel da Canda (vía esquerda), situado entre as provincias de Ourense e Zamora, na Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia. Este fito construtivo supón un importante avance nas obras que se levan a

cabo no traxecto comprendido entre Lubián e a capital ourensá. Durante a súa visita, a ministra comprobou o grao de execución dos traballos, que se desenvolven conforme ao ritmo previsto para completar a conexión de Galicia á Meseta por alta velocidade en 2018.

Túnel da Canda O túnel bitubo da Canda (unha vía por cada tubo) ten unha lonxitude de 7,3 km. O seu trazado discorre polos termos municipais de Lubián e A Mezquita, supondo o nexo entre as provincias de Zamora e Ourense dentro da LAV.

BARRIOS Setembro de 2015

17

Termatalia pon o foco no público xeral Redacción Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar ultima os detalles da súa 15ª edición, que se celebrará no recinto feiral de Expourense entre o 24 e o 26 de setembro. Con Arxentina como país convidado e coa presenza confirmada de expositores e visitantes de 39 países, Termatalia afronta a súa edición máis internacional pondo o foco nas actividades dirixidas ao público xeral que é, á fin e ao cabo, o usuario final dos produtos e servizos presentados en feira. Entre as novidades desta 15ª edición destaca en Área de Alimentación Saudable que incluirá un completo programa de exhibicións de cociña en directo, degustacións e catas que serán impartidas por importantes chefs de España, Colombia e Costa Outra das novidades desta edición será a Zona Shopping no que distintas formas de moda e de artesanía de Galicia que presentarán os seus produtos ante visitantes de case 40 países. Termatalia aproveita esta área para potenciar outro dos atractivos de Galicia como “marca-destino”: a moda e a artesanía. Bar de Augas Estas novidades completaranse coas actividades destinadas para público como o Bar de Augas, que presentará augas de distintas marcas e categorías de varios países; a recreación dun Centro Termal que presenta todos os produtos e servizos que se poden gozar nun balneario e a área de Relax, no que poder gozar de forma gratuíta dunha masaxe. Ademais, os visitantes poderán obter descontos especiais ao facer os seus reservas nos balnearios presentes en feira e participar en sorteos de estancias en centros de España e Portugal.


18

BARRIOS Setembro de 2015

DEPORTES

O Verín deixa boas sensacións no arranque ligueiro de Terceira División 4 En Preferente o Monterrei circula pola metade da táboa. En categoría infantil feminina acadou un triplete a cargo de Antía Martínez, primeira; Noela Saa, segunda e Aida González, terceira.

Carlos Canal e Antía Martínez gañan no Mini BTT de Marín 4 A Escola J.A. Hermida de Maceda acadou un total de oito podios. Redacción Marín acolleu unha proba do Mini BTT galego na que a Escola José Antonio Hermida de Maceda lograba sete podios, dos cales dous eran no caixón máis alto. Unha metereoloxía adversa facía que o circuíto fora moi esixente pola cantidade de barro acumulada. Aínda así os ourensán puideron lograr os éxitos que acostuman a ter. En infantís, Carlos Canal facíase coa primeira posición. Todas as súas participacións en torneos esta tempada cóntanse por vitorias. Na mesma categoría, Marcos Nube, era

cuarto. Na mesma categoría pero en rapazas lográbase un triplete. Antía Martínez subía ao máis alto do podio; Noela Saa finaliza segunda e Aida González, terceira. En alevíns, Breogán Diz remataba segundo e Martín González, terceiro. E en principiantes, Sarela Conde subía ao podio como cuarta.

Esta tempada, Carlos Canal, en categoría infantil, suma todas as súas carreiras por vitorias

González e Villar vencen en Allariz 4 No Triatlón popular. Redacción Alberto González Gil e Mar Villar Zamuz foron os vencedores do 26º Triatlón popular de Allariz celebrado o 22

de agosto. A proba constaba de 750 metros nadando no río Arnoia, 24 quilómetros de bicicleta e 5,5km de carreira a pé. Novamente quedou curto o tope de participa-

R. Torres A Terceira División de fútbol leva disputadas catro xornadas, e para o recén ascendido Verín Club de Fútbol as sensacións son moi boas. Nos catro primeiros partidos disputados os verineses lograron unha vitoria, dous empates e unha derrota. Os do val do Támega debutaban en casa diante doutro conxunto ourensán ascendido: O Barco. Os valdeorreses asaltaron o José Arjiz e lograron a vitoria por cero goles a dous; esa sería a última derrota, polo momento, dos de Iván González. Na segunda xornada o resultado foi de 2-3. Despois de comezar gañando (0-1) os ourensáns tiveron que remontar un 2-1 adverso para levar os tres puntos. Na terceira xornada novo derbi no Arjiz nesta ocasión diante do Barbadás. 2-2 foi o resultado. E na última xornada, a número catro, disputada polo momento, o cadro ‘rojillo’ foi quen de arañar un punto en Redondela diante do Choco. Con estes resultados o Verín é 15º con 5 puntos. Os outros dous conxuntos ourensáns da Terceira, Barbadás e Barco, ción, xa que de novo se completaron as 150 prazas dispoñibles para este evento. González foi o máis rápido no río e na carreira a pé, sendo o décimo mellor tempo na bicicleta, o que lle valeu para facerse coa primeira posición cun tempo dunha hora 11 minutos e un segundo. Tras el chegaría Nicolás Domínguez (1:12:37) e terceiro, Pedro Esmorís (1:12:58).

marchan segundo e cuarto, respectivamente. Para a xornada número 5 os de Verín reciben na súa casa este domingo ao Silva. Monterrei Outro que estrea categoría pero un chanzo máis abaixo é o Monterrei. Asentados na metade da táboa con seis puntos, os seus partidos saldáronse con dúas vitorias e dúas derrotas. Na primeira xornada non tivo fortuna na casa do Atios e caeu por 2-1. Foi na segunda cando chegaba a primeira vitoria da historia do Monterrei na Rexional Preferente. Venceron na casa por 2-0 ao Cultural Areas. A máis dolorosa foi a derrota da terceira xornada por 4-1 diante do Estradense. Os ourensáns souberon da realidade des-

ta categoría. Pero parece que os homes dirixidos por Vila queren que este ano Rozavales sexa un fortín. No segundo partido disputado na casa, nova vitoria. Esta vez diante do Caselas, a quen dobregou co resultado de 2-1. Seis puntos, undécimos clasificados e o equipo que soña con asentarse na categoría. Esta fin de semana xogarán diante do Sanxenxo, equipo que ten tres puntos menos que o Monterrei. Os outros ourensáns da categoría son o Arenteiro e o Ourense Club de Fútbol. Os de Carballiño son quintos con oito puntos e os capitalinos, décimo terceiros, con cinco.

O Verín recibe no José Arjiz o domingo ao Silva

Un lance do partido disputado no José Arjiz na primeira xornada de Terceira División entre o Verín e o Barco.

EN BREVE

4 Xinzo A área de Deportes do Concello de Xinzo de Limia pón a disposición dos veciños unha ampla oferta deportiva a través das escolas municipais e da colaboración cos clubs do municipio. As actividades que se ofertan son, entre outras, cachibol e ximnasia de mantemento (para adultos); ximnasia rítmica, trampolín e de base; mini patinaxe e patinaxe; fútbol sala feminino; baloncesto, e atletismo. As inscricións xa se poden realizar. Os interesados poden obter máis información no Pavillón de Deportes, no teléfono 656390361 ou no correo electrónico deportesxinzodelimia@gmail.com.

4 Allariz O Concello de Allariz, a través da área de Deportes, pon a disposición dos nenos e nenas do concello unha ampla variedade de actividades deportivas. Fútbol, baloncesto, piragüismo, natación e equitación e actividades para os máis cativos. As escolas deportivas, para as que xa está aberto o prazo de inscrición comezarán o vindeiro día 5 de outubro. Ofrecen máis información na piscina municipal, no teléfono 988 442 083 ou no correo electrónico piscina@ allariz.com. No referente a fútbol e baloncesto, os interesados deberán informarse e inscribirse no clube correspondente, no Seixo ou no pavillón municipal.

Villar En categoría feminina foi Mar Villar Zamuz a mellor de todas as triatletas que acudiron a Allariz. Villar rematou a proba nun tempo de 1:22:18. Segunda en meta foi Helena Fernández Lago (1:27:14) e terceira, Olalla Duro Liñares (1:30:22). Equipos Por equipos o Triatlón Beariz alzouse co triunfo nesta edición.

Os particpantes do triatlón de Allariz na sección de natación do río Arnoia. /RAMSÉS


PUBLICIDADE

ACADEMIA PROXECTO INICIA UN NUEVO CURSO ACADÉMICO A C A D E M I A PROXECTO fiel a su línea de trabajo en el campo formativo: calidad (tanto en el profesorado como en los temarios, los simulacros de examen, test de autoevaluación...), profesionalidad, trato personal (adaptación máxima a las necesidades del alumno en horarios, precios,…) y tutorización personal permanente por todos los profesores del centro, INICIA UN NUEVO CURSO. Rocío Seara Carrera, encargada de la gestión del centro, nos habla de este nuevo inicio de curso: “Los Presupuestos Generales del Estado para 2016 prevén una tasa de reposición del 100% para los sectores prioritarios o esenciales (educación, sanidad, fuerzas y cuerpos de seguridad del Estado y lucha contra el fraude) y de un 50% para el resto, lo que conllevará una Oferta de Empleo Público para ese año de más del doble que la de 2015, tanto en la Administración General del Estado como en la de las Comunidades Autónomas y Entidades Locales. Hasta ahora cuando los empleados públicos se jubilaban, la Administración sólo reponía un 10% de los efectivos que se daban de baja. La medida está incluida en el anteproyecto de Presupuestos Generales del Estado que aprobó el Consejo de Ministros y que congela la oferta de empleados públicos para el resto de servicios no esen-

ciales, que son el grueso de los funcionarios administrativos. En nuestro centro ahora a lo largo del mes de septiembre, pondremos en marcha los grupos relacionados con las especialidades de Magisterio (Primaria, Infantil, Audición y Lenguaje, Inglés, Pedagogía Terapéutica) para la posible oferta del año 2016. Resaltar que se acaba de terminar hace apenas un mes la convocatoria para Galicia del 2015 con excelentes resultados por parte de nuestro alumnado en las diversas especialidades celebradas. Estamos a la espera de que se publique la oferta de empleo para el cuerpo de la Administración de Justicia. Según previsiones oficiales, la convocatoria de oposiciones para los Cuerpos de Gestión, Tramitación y Auxilio será en el mes de octubre. La idea del Ministerio es convocar antes de que finalice el año todos los Cuerpos. Pondremos en marcha grupos para la preparación de oposiciones de Policía Nacional y Guardia Civil, con una fórmula novedosa adaptada a los tiempos que corren. Iniciamos la preparación al cuerpo de Ayudante de Instituciones Penitenciarias para la oferta de empleo del 2016, con una metodología de preparación innovadora, que completa nuestra forma de enfocar estas oposiciones y que estamos seguros resultará para los alumnos de nuestro centro un plus en su preparación”.

BARRIOS Setembro de 2015

19

Más de 7.000 opositores se presentaron a las oposiciones de Maestros en sus diferentes especialidades en Galicia; lo consiguieron 432

“ESTE AÑO SACAMOS LA PLAZA DE MAESTROS. ES NUESTRO AÑO” Los alumnos del centro Academia Proxecto han tenido unos resultados muy positivos en la convocatoria del 2015, recién finalizada. Algunos llevaban dos años preparándose, y otros unos cuantos meses. Unos trabajan como interinos o sustitutos, otros no han trabajado en la vida, pues es la primera vez que se presentan, y casi estrenarán las aulas. Pero todos tienen algo en común: una plaza fija como maestros. Eso sí, el ÉXITO NO ESTUVO EXENTO DE ESFUERZO. “Es el trabajo que quieres y el esfuerzo tiene su recompensa”, señala Rubén Álvarez, con su recién sacada plaza por Educación Infantil. - ¿Cómo fueron los exámenes, el primero y el segundo de esta convocatoria?: “El primero era un supuesto largo a desarrollar y cinco preguntas, además de un tema. El segundo era la exposición de la programación y una unidad”. - ¿Te parecieron complicados?: “Algunas preguntas del primer examen eran bastante específicas, pero en general me parecieron dos exámenes normales como los que habíamos preparado en la academia”. - ¿Por qué te decidiste para tu preparación por el centro en Academia Proxecto?: “Unas compañeras de la universidad me habían dicho que era bastante buena y decidí anotarme”. - ¿Qué crees que hace diferente la preparación en Academia Proxecto?: “Es una academia más individualizada que otras, además con ellos tocamos un amplio abanico de aspectos importantes para el opositor. Vamos al examen con la sensación de estar bien preparados y ser capaces de responder en mayor o menor medida a lo que nos pregunten”.

Otra compañera de preparación de oposiciones de Magisterio en el centro, Eva Madarnás, con su plaza por Educación Infantil, aún no se lo cree. Empezó su preparación en octubre del 2013 y ahora recoge sus frutos. - ¿Cómo fueron los exámenes, el primero y el segundo de esta convocatoria?: “En lo que a la parte teórica se refiere, tienes que dedicar tiempo a preparar el temario y ampliar el mismo y es complicado. El supuesto práctico, aunque depende un poco más de la suerte y de las ideas que en ese momento te vengan a la cabeza, es básico llevarlo bien preparado. Y en cuanto a la programación, resulta complejo hablar delante del tribunal, pero si vas segura de tu trabajo se defiende sola”. - ¿Qué consejo le darías a una persona que inicia la preparación?: “Cuando te decides a hacer Magisterio la gente dice que eso no tiene salida; cuando te decides a opositar dicen que es misión imposible. El único consejo es que si realmente tienes vocación luches por lo que quieres y que con perseverancia, esfuerzo e ilusión, todo es posible. Para muestra, un botón”.

Pablo A.R. se presentó por la especialidad de Primaria y consiguió la plaza. Empezó a mediados del mes de septiembre pasado y “todo el esfuerzo merece la pena, aún no he empezado a trabajar, pero la estabilidad que consigues con una plaza de maestro es significativa, además de la libertad que como profesor puedes tener dentro del aula”. - ¿Qué destacarías o que crees que hace diferente la preparación en Academia Proxecto?: “Cuando decidí prepararlas me informé en las diferentes academias de la ciudad y después de las informaciones que tuve, Proxecto me pareció la más cercana y personal. Creo que el trato personal, humano y cercano tanto del profesor como del personal de la academia es muy diferente al de otras. Yo no solo buscaba preparar unas oposiciones sinó estar a gusto en clase, pues no competía con nadie ni buscaba hacer enemigos”. - ¿Qué consejo le darías a una persona que inicia la preparación?: “Que se tome el estudio como un trabajo, que sea constante y que aunque haya momentos en los que quieres rendirte siga adelante”.

Breixo Nóvoa ya tiene su plaza por Lengua Extranjera: Inglés. “Con mi plaza ya tengo un trabajo para toda la vida y que me encanta. Si te presentas y no sacas plaza, puedes empezar a trabajar poco a poco, y en un año o así puedes trabajar todo el curso e ir ganando la experiencia necesaria para las siguientes convocatorias”. - ¿Qué destacarías o que crees que hace diferente la preparación en academia Proxecto?: “El trato que recibes de cada uno de los trabajadores de la academia. Aparte de ser muy buenos profesionales, son como una familia. El ambiente que se respira es el ideal para el trabajo y la motivación”. - ¿Qué consejo le darías a una persona que inicia la preparación?: “Lo más importante, a parte del trabajo diario, es no darse por vencido ni desmoralizarse f á c i l mente. Hay que tener en cuenta que sacar plaza la primera vez es muy difícil, por lo que hay que ir a dar el máximo y no rendirse si las cosas no salen bien. Eso sí, es imprescindible seguir los consejos e ideas del preparador para que todo vaya lo mejor posible. Sin su ayuda todo se hace más difícil”.


20

BARRIOS Setembro de 2015

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

A Torre das Damas Os da miña xeración en Verín, cando eramos cativos pasabamos as longas e calorosas tardes de verán, ocupados con clandestinas escapadas, os recunchos máis alonxados do barrio, e como non podía ser doutra maneira, Monterrei era o lugar preferido de todos nós, coma foi tamén, sen dúbida, para os nosos pais e avós noutros tempos. Daquela, cruzar o Támega cara a San Lázaro comprometíanos a conciencia, xa que na casa sempre puñan o límite ata onde podiamos chegar. Coa liberdade da inocencia, e sen ter en conta moitas veces os consellos dos maiores, emprendiamos a subida polo fermoso e inigualable Camiño Real, ata o cumio divino. Ao chegar ás portas da fortaleza, a revisión do armamento e a visita aos lexendarios e desgastados cañóns do primeiro andar, eran unha obriga e, como non, discutir a cabalo deles, sobre a distancia onde chegarían daquela os proxectiles. Uns dicían ata Pazos, outros ata o monte Ladairo e outros ata a mesma cidade de Chaves; a imaxinación bélica daquela era bárbara!

“Era unha obriga discutir sobre a distincia onde chegarían daquela os proxectiles. A imaxinación bélica era bárbara!”

Despois, paseniño, iamos percorrendo a fortaleza recuncho a recuncho, sen deixar que ninguén nos impedira dar un paso cara adiante. Na praza de armas, acougabamos un anaco as ansias da escalada, antes de conquistar a imponente e maxestuosa Torre do Homenaxe, que nos puña a pel de pita só con ollala dende o chan estirados, mirando cara arriba, mentras reposabamos. Mais a ansia de conquista e aquela desmedida imaxinación, que nos transportaba a épocas pasadas, coido que alomenos para min sempre quedaba mermada por aquela espiña cravada, de non poder coa coqueta e misteriosa Torrre das Damas. Aquela torre inexpugnábel, que se resistía, como as damas fermosas, a ser cotexada doadamente. Toda unha vida ollando a magnitude da sinfonía que desprende a súa sobria e refinada arquitectura de carácter militar, sendo a parte da fortaleza máis antiga, despois da igrexa, inmutable no tempo e que, segundo din os antergos, a puntiño estivo de virse ao chan, alá polos anos 40 por mor dunha deixadez e abandono incomprensible. Xamais pensei que se puidera superar a fermosura das vistas incribles que otorga a Torre da Homenaxe. Estes días, despois de moitos anos de espera, puiden conquistar a máis fermosa, a máis linda doncela do val do

Támega, a infranqueable Torre das Damas, no Pazo dos Condes en Monterrei. Coas mesmas mañas de cando era neno, furguei nas remozadas entrañas do Pazo, ata topar coa escada sagrada que me levaría ata o ceo, o recuncho que xamais ollara, e que era como un desafío pendente no corazón. Subín sen présa as escalinatas, rachando o misterio dunhas pedras inmaculadas que deixaban mensaxes a cada paso. A luz limpa e cristalina penetraba polo portón do cumio, e mentres acurtaba a distancia coa cima, a inmensidade íase abrindo aos meus ollos, que ao divisar semexante paisaxe, nubláronseme as imaxes por un intre, coas doces bágoas espontáneas dun sentimento que aflorou, e que non hai verbas para describilo. Entón, cando ollei cara á outra torre, a gran torre, a inmensa mole de pedra que nos custodia, e temos a sorte de contemplar día a día, e cunha firme sensación de liberdade, coma un paxaro ceibe no paraíso, poiden dar conta, que as damas, as pequenas e fráxiles damas, son as donas do mundo, porque teñen outra visión, outra perspectiva, outra mirada, e serán por sempre, indiscutiblemente, as raíñas das nosas vidas. Miguel A. Prieto “Chitín”

Rairiz de Veiga prepárase para a Romaría da Saínza 4 Celebrarase os días 18, 19 e 20 de setembro. Redacción O Concello de Rairiz de Veiga quenta motores para a súa tradicional Romaría da Saínza, que este ano se adianta lixeiramente no calendario e celébrase os días 18, 19 e 20 de setembro.

Programa O venres 18, pola tarde haberá xogos populares para os máis pequenos. E ás 23:30 será o momento da actuación da orquestra La Oca. O sábado, ás 20 horas, celebrarase a IV edición da escenificación infan-

til do combate. E ás 23 horas será o momento da toma do castelo por parte dos mouros. Nesa noite, a música correrá a cargo das orquestras Triunfo e Armonía Show. O domingo, día grande dos festexos, comezará coa procesión dende a igrexa ata o castelo (ás 12 h), a misa solemne (12:30 h) e a tradicional batalla de mouros e cristianos (13 h). As orquestras Costa Oeste e Pontevedra despedirán as celebracións por este ano.

O combate de mouros e cristianos terá lugar o domingo ás 13 h

Grupo de nenos gozando cun contacontos na Biblioteca de Verín.

Novas actividades de fomento da lectura na Biblioteca de Verín 4 A primeira delas é “Entre rúas e versos” e nela léese camiñando. Redacción Este 18 de setembro comeza o ciclo de ac-

tividades de fomento á lectura da Biblioteca do Concello de Verín. “Entre rúas e versos”, está destinadas a un máximo de 40 socios, de entre 3 a 9 anos, e trátase dunha actividade moi peculiar na que os nenos seguirán un itinerario poético cultural no que se le camiñando. Os cativos percorrerán un itinerario destinado a descubrir recunchos da vila (como a praza Maior, praza do Cigarrón, a rúa do Pozo, e a praza da Mercé) e gozar con fermosos versos de poetas galegas. A maiores, participarán nun xogo no que

un gran dado decidirá a autora que se vai escoitar a continuación: Rosalía? Filomena? Avelina? Berta? Antía? ... Inscrición Para poder acudir a esta actividade, que se celebrará de 18 a 19 horas, hai que ralizar unha inscrición previa e ter cuberta unha autorización do pai ou nai para poder saír de ditas instalacións municipais. No caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan, toda a actividade levarase a cabo na biblioteca.


OCIO E CULTURA

BARRIOS Setembro de 2015

21

A revista “Raigame” dedica o seu último número a Vilanova dos Infantes e ao párroco Adolfo Enríquez 4 Unha reprodución da Virxe do Cristal foi entregada á parroquia polo seu autor, Manuel Granai. P. L. A revista de arte, cultura e tradicións populares “Raigame”, que edita o Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo”, dedica o seu último número, o 38, a Vilanova dos Infantes e ao párroco Adolfo Enríquez, cuxa morte hai agora seis meses aínda non foi esclarecida. Na presentación da publicación ensinouse a réplica da Virxe do Cristal creada polo escultor Manuel Granai, quen a donou á parroquia coincidindo coa celebración das festas da Virxe do Cristal. A his-

toria de Manuel Granai coa Virxe do Cristal comezou cando coñeceu o crime do párroco e o roubo da figura. Entón propúxose como reto persoal, sen afán lucrativo, crear unha réplica o máis similar posible á imaxe da Virxe. Logo de catro meses de dedicación a esta reprodución colgou na rede o seu traballo e puxéronse en contacto con el para coñecer persoalmente esta reprodución. Contidos Xulio Fernández, director da revista, apuntou que neste número 38 os lectores terán a oportuni-

dade de coñecer “o núcleo medieval de Vilanova dos Infantes, o seu entorno físico privilexiado, o santuario da Virxe do Cristal, a súa lenda, e o párroco Adolfo Enríquez que levaba alí case toda a súa vida sacerdotal”. Del destacou que foi “unha persoa boa e xenerosa”. Nova homenaxe que se vén sumar á xa realizada o pasado 17 de maio, cando a romaría Raigame foi substituída por una acto de recordo e loito por Don Adolfo. Así o recordaba o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, quen adiantou que o próximo ano haberá

novamente celebración de Raigame, a súa 15ª edición. En 2016, ademais “fará cen anos desde que a vila pasou a chamarse Vilanova dos Infantes (antes a súa denominación era en castelán), sendo un dos primeiros nomes de pobos galeguizados”, sinalou Ferro. Tamén acudiu á presentación o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, quen dixo que a institución provincial mantén o seu compromiso co “Raigame” e coa publicación desta revista, que conta cun gran prestixio no ámbito etnográfico.

Manuel Granai (coa réplica da Virxe do Cristal), Rosendo Fernández, Xulio Fernández, José Luis Ferro e José Manuel Enríquez./P.LODEIRO.

4 A familia demanda “máis premura” O sobriño de Adolfo Enríquez dixo que, seis meses despois do sucedido, “o único que temos é o recordo do noso tío” e aproveitou para reivindicar “máis premura” para que se esclareza o caso do párroco de Vilanova En representación da

familia, José Manuel Enríquez amosouse de acordo con que se manteña o secreto do sumario e co labor da autoridade xudicial e da Garda Civil pero demanda que a investigación “tome un cariz máis rápido”. “Necesitamos pasar páxina”, engadiu.


22

BARRIOS Setembro de 2015

4AXENDA Exposicións - Ata setembro - “Carlos Casares e a fotografía”- Casa dos Poetas de Celanova - Ata o 20 de setembro - Exposición “Caras e baratas” de Fernando Barreira - Café Bar A Fábrica (Allariz) - Ata o 24 de setembro - Exposición “AllarizÉ” - Sala de exposicións A Paneira de Allariz - Ata o 4 de outubroExposición “Fágase a cor”- Fundación Vicente Risco de Allariz - Ata o 10 de outubro “Expo Arte 2015” - Sala de exposicións de Verín Espectáculos - 26 de setembro - Desfile de moda - Pavillón de deportes de Verín Música - 19 de setembro - Concerto de violín e piano de Elena Domínguez e Cristina Vázquez - 20:30 h Fundación Vicente Risco de Allariz - 23 de setembro Concerto de música sacra - 20 h - Igrexa RR.PP. Mercedarios de Verín - 26 de setembro - Concerto de jazz de Marcos Pin Trío - 22 h - Arca de Noe (Vilar de Santos) - 27 de setembro Concerto de Rita Braga - 20:30 h - Arca de Noe (Vilar de Santos) Deportes - 27 de setembro - II Marcha BTT de Allariz - Alameda de Allariz Feiras e festas - 18, 19 e 20 de setembro - Romaría da Saínza - Rairiz de Veiga - 18 de setembro - Feira en Cualedro - 23 de setembro - Feira en Verín - 27 de setembro - Feira en Xinzo de Limia - 1 de outubro - Feira en Allariz - 9 de outubro - Feira en Oímbra - Todos os xoves - Feira en Celanova www.periodicobarrios. com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4TRIBUNA ABERTA

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

En Portugal hai polo menos un millón de diabéticos En Portugal hai polo menos un millón de diabéticos e seguro que pode haber moitos máis que non están nos números oficiais e outros que non saben que o son. Que é a diabete? É importante que o diabético coñeza ben o seu tipo de diabete, para poder cumprir e mellorar o tratamento. Caracterízase por un exceso de azucre no sangue que se chama hiperglicemia. Nunha persoa con diabete, o pancreas non consegue producir insulina suficiente e a glicosa aumenta no sangue que vai afectar a todos os

“Son síntomas da diabete ouriñar en gran cantidade, sede constante, fatiga, e visión torva”

Aquel interminable verán de 2005

órganos do corpo. Síntomas? Ouriñar en gran cantidade, sede constante e intensa, sensación de boca seca, fatiga, proído e visión torva. Débese comer devagar e inxerir os alimentos máis amigos (leguminosas, espárragos, avea, entre outros); fraccionar a alimentación ao longo do día (non debe estar máis de 3-4 horas sen comer); mellor carnes delgadas como as de aves e do coello; aumentar a inxesta de peixe a 2 ou 3 veces por semana; empregar aceite para cociñar e aderezar; e utilizar cremas vexetais en vez de manteiga. Evite as fariñas refinadas, o pan trigo, arroz e hidratos de carbono. Beber auga até aos 2 litros e facer exercicio físico.

Ao principio, cando un é novo, por enriba de outras moitas honrosas empresas lóitase sobre todo pola patria. Ás veces, aínda sen saber ben nin como loitar nin que raio era tal cousa da patria. Daquelas, a idea da patria cinguíase á chaira limiá, pequeno país, mestura de inocencia e desexo salvaxe, estraños moumiños na raia dunha España indolente e arma, sempre enramada na teima do agravio histórico que por fin ía ser paliado con algo máis que cifras, estatísticas e fervor á virxe do puño popular. Daquela volta falábase ás claras e con números do impulso definitivo ao sector agrario da comarca. Plans de regadíos que hoxe ninguén reclama como punta de lanza dunha morea de axudas a todos os niveis que se puxeron en

marcha. Con cartos. Nunca antes os técnicos de Medio Rural desempoaran tanto plano e expediente dende a desecación de 1950. Só en tres anos e medio. Despois daquelo, xa cuns anos máis no lombo e co xugo libertario da idea que non morre ata que o faga a derradeira persoa que crea nela, lóitase por Castelao e polos compañeiros do partido, para non deixar a ningún dos dous na estacada. Despois lóitase pola veciñanza, polo benestar aquel do Quintana, causa menos poética pero máis útil, contra o desánimo e a frustración colectiva. Despois lóitase por un mesmo, por pura selección natural nunha orde xa demasiado virulenta, moita hostilidade social para unha

“Nunca antes os técnicos de Medio Rural desempeoaran tanto plano e expediente dende a desecación de 1950”

João Damião

4HISTORIAS DE MONTERREI

O Castro de Saceda Que a nosa comarca estea chea de restos arqueolóxicos é algo que xa todos deberiamos saber, que as Administracións non se interesan por eles se non é para montar un hotel é aínda máis obvio. Por iso, que un Concello pequeno como o de Cualedro decida apostar por investigar e recuperar a cargo do seu orzamento o Castro de Saceda é digno de mención e merece o maior dos respectos. Grazas a esta iniciativa descubríronse os restos dunha cuarta muralla, púidose comprobar que o castro contaba cunha serie de fosos e parapetos

que axudaban nas tarefas defensivas ás murallas, certificouse que a primeira ocupación do mesmo foi fai 2.400 anos e que esta primeira ocupación acabou de forma drástica cando un incendio devorou o poboado e todas as vivendas desapareceron, e púidose constatar como por enriba dese incendio volveu medrar o castro, esta vez coa pedra como material de construción. Pero non só foi investigación o que se fixo en Saceda, o castro quedou limpo de herbas, puxéronse carteis e sinalización para que os turistas poidan encontrar todo o reseñable que hai

dentro, creouse un precioso camiño empedrado que conduce cara un petroglifo próximo, arranxouse a entrada para poder deixar alí os coches e, por suposto, restauráronse a maioría das edificacións do recinto. En definitiva, e como lle gusta a dicir a moitos políticos hoxe en día, púxose en valor o castro. Isto é o que a nosa comarca necesita, apostar polo turismo sen necesidade de gastar cemento ou de facerlle competencia desleal aos hostaleiros da contorna. Andrés Diz historiamonterrei. blogspot.com.es

estrutura vella e enferruxada. Rexan as siglas. Despois lóitase para atallar a vaga de desilusión e orfandade que xa borda polo cumio da desesperanza. Despois lóitase por un anaco de mesura, polo sosegado grolo tostado no alambique da amizade, do relato lóxico, terapéutico e intelixible do acontecido, reivindicando as grandes lagoas do esquecemento, pola paz interior. E finalmente lóitase pola despedida, pola fin e por un novo comezo, pode que todos xuntos de novo, outra vez por ela neste verán finito de 2015, infinda negra sombra daquel interminable verán con Alfredo Suárez Canal ao fronte. Xosé Lois Carreira, artista e ex concelleiro

Castro de Saceda.


CLASIFICADOS

BARRIOS Setembro de 2015

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº17 - Ano: X - Setembro 2015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Alugo habitación en Verín con dereito a cociña, cama de matrimonio, baño, salón e wifi. Tel. 626 78 09 24. Alugo casa a 1 km de Allariz, 2 habitacións, amoblada, calefacción, bo prezo. Tel. 632 78 60 14. Alugo local comercial no Couto, preto de Fátima, r/ Faustino Santalices. todo exterior, 168 metros cadrados. 250 euros/ mes. Posibilidade de alugar con opción a compra. Tel. 606 035 781. Vendo apartamento na rúa Ramón Cabanillas (xunto á casa chocolate). Un sexto piso con buhardilla dúas habitacións, cuarto de baño. Tel.: 630 032 047. Vendo casa para restaurar con finca na estrada de Santiago. Tel. 637 005 910. Alúganse 2 naves de 422 e 454 m/2. Xuntas ou separadas en Polígono de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15 fronte a Codisoil. Telf. 639 677 432. Vendo piso en Portonovo. No centro, preto da praia. Tel. 626 297 504. Alúgase bodega, serve para garaxe de moto ou ciclomotor. Zona Praza do Couto, rúa Francisco de Moure. Prezo 20 euros. Tel. 636 329 524. Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase habitación próxima aos novos xulgados do Couto, con fiestra cara a rúa, cama de matrimonio, mobles, calefacción, televisión, Wi-Fi. Dispón de salón, cociña e baño. Prezo: 180 euros/ mes (gastos incluidos). Tel. 600 922 547 (WhatsApp). Preferiblemente persoa tranquila, ordenada e non fumadora (aínda que me adaptaría se fose necesario). Vendo Volkswagen Golf V 140cv TDI Sportline. 6 velocidades. De maio de 2005. Climatizador bizona, peche con mando e alarma, ABS, ESP, radio CD con cargador para 6 cd´s, bluetooth con Parrot. En perfecto estado, cor negra. Tel: 616 103 100.

VENDAS Vendo Citroën C4 Aircross Exclusive HDI150cv. todos os extras. Só 7.000km. Tel.684 214 079. Véndese Opel Astra 1.9CDTI 120cv. Sport. Só 50.000km. Tel 684 214 079. Véndese Volkswagen Golf4. Aire acondicionado, llantas aluminio... Tel. 684 214 079. Vendo Seat León 1.6TDI 105cv. ano 2011. Llantas aluminio, climatizador, radio USB... Tel. 684 214 079. Vendo Suzuki Vitara 2.0 HDI 90cv. con aire acondicionado, gancho remolque... ideal para caza ou pesca Tel. 684 214 079.

Vendo mobiliario de oficina. Tel. 626 035 162. Vendo silla de coche para neno. 20 euros. Tel. 606 035 781. Vendo unha impresora, unha fotocopiadora, unha calefacción de gas cidade seminova e un sofá 3-2, todo a bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Vendo litera de aluminio, con soporte de seguridade e escaleira. 190cmx90cm, bo prezo. Tel. 691 01 70 95 (en Ourense cidade). Vendo llantas de aluminio de 15”. Seminovas, para rodas de 195615. 180 euros negociables. Tel. 639 984 043. Véndese tractor hidráulico de segunda man. Completamente equipado. Tel. 695 690 945.

EMPREGO Moza busca traballo coidando persoas maiores, nenos ou realizando labores de limpeza no fogar. Tamén como coidadora en hospital ou en casa. Ampla experiencia. Tel. 661 08 09 62. Ofrécese mozo responsable, meticuloso, ledo, para traballar en departamento administrativo ou como dependente. Ampla experiencia. Tel. 629 154 995. Señora de 48 anos ofrécese para traballar por horas, en limpeza na zona de Allariz. Tel. 652 783 897. Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 142 Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 782 460. Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de inglés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases de recuperación a domicilio, matemáticas e resto de materias curriculares. Todos os niveis. Con CAP, ampla experencia, económico. Info: clasesadomicilio2014@hotmail.com e tel. 610 382 589. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp).

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Setembro de 2015


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.