Issuu on Google+

Marisol Díaz Mouteira, nova delegada da Xunta en Ourense VERÍN

Páx.3

XINZO

Páx.9

Seoane e Jiménez Finalizan as obras de polemizan pola mellora na estación legalidade dunha obra depuradora

Xinzo terá albergue

ALLARIZ

Páx.11

Novos achádegos nas escavacións do castro de Armea

[Páx. 8]

PROVINCIA

[Páx. 17]

Páx.17

DEPORTES Páx. 18

Nove concellos reciben axudas para rehabilitación

O pavillón de Maceda leva o nome do biker Pablo Rodríguez

Remata a reforma da Praza de Celanova

[Páx. 16]

Á esquerda, edificio que se destinará a albergue de peregrinos en Xinzo, no barrio de Abaixo. Á dereita, aspecto interior da Praza de Celanova, logo da reforma, na que hai aínda dous postos e a planta superior baleiros./M.REJO e S.NIETO.

Número: 18 - Ano: X - Outubro 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Outubro de 2015

VERÍN E COMARCA

Verín subvencionará a rehabilitación de fachadas no casco histórico

Uva de calidade e en cantidade, balance da campaña na DO Monterrei

4 O plan municipal chegará a 81 edificios das rúas Maior, Amaro Refojo, Cruz e Lisa.

4 A colleita da vendima 2015 superou os 4,7 millóns de uvas. Redacción

Redacción O Concello de Verín porá en marcha un plan de rehabilitación de fachadas do centro histórico e asinará un convenio de colaboración coa diocese de Ourense para reordenar a contorna da Igrexa Santa María a Maior de Verín. O rexedor socialista, Gerardo Seoane, explicou que o plan consiste en arranxar fachadas e carpintaría para mellorar e homoxeneizar a imaxe do casco vello verinés, afectando ás fachadas das rúas Maior, Amaro Refojo, Cruz e Lisa. Dos 128 edificios que hai nas rúas citadas actuarase sobre 81. “As obras están valoradas en 297.000 euros dos que o concello, unha vez aprobe o próximo orzamento, incluirá unha cantidade enfocada a subvencionar, aproximadamente o 50%.”, explicou Seoane. Convenio coa diocese Amais, o alcalde anunciou a sinatura dun convenio coa diocese de Ourense para realizar un concurso de ideas, enfocado a arquitectos, co obxecto de ordenar a contorna da igrexa de Santa María a Maior. “O que queremos é poñer en valor a igrexa, buscar unha vía de comunicación entre a rúa Maior e a Alameda xunto con outros puntos de unión ao redor da igrexa e a praza de García Barbón” explicou Seoane. En canto ás participacións, a Igrexa achegará os terreos e algún edificio e o Concello de Verín encargarase da obra de rehabilitación e reordenación. A este respecto, o PP

Proposto un concurso para ordenar a contorna da igrexa de Santa María a Maior

A tempada de vendima 2015 finalizou en Monterrei cuns “resultados excelentes e tremendamente satisfactorios, tanto en termos cualitativos como cuantitavos”. Así o valorou a presidenta desta denominación de orixe, Asunción Rodríguez Zarraquiños, quen abundou no feito de que a DO “incrementou dun modo moi relevante a súa produción” e, o que é máis importante, “cunha uva dunha calidade maior, en relación á recollida en anos anteriores”.

Gerardo Seoane, sinalando no plano a actuación na contorna da igrexa de Santa María a Maior./CdV.

4 Homenaxe aos irmáns Sulleiro O Concello de Verín quere organizar unha homenaxe aos irmáns Sulleiro, Don Jorge e Don Manuel, párrocos veteranos da Parroquia de Santa María a Maior. “En principio queremos facelo o 22 de decembro, coincidindo coa data na que Don Manuel cumpre 50 anos de cura”, explicou o alcalde, Gerardo Seoane. A proposta levarase a pleno e proporase

nomear fillos predilectos da Vila de Verín aos dous párrocos e, en colaboración coa igrexa, realizar a homenaxe. O voceiro popular, Juan Manuel Jiménez Morán congratulouse con esta proposta pero criticou a “dobre moral” de PSOE e BNG, pois en 2013 -recordou- votaron en contra de darlle o nome de Irmáns Sulleiro Martínez a unha rúa.

amosouse crítico co Goberno municipal por anunciar este concurso “cando o que debería estar facendo é redactar o prego de contratación dun equipo para que se encargue de realizar o novo Plan especial de protección e reforma interior do núcleo Histórico e do Barrio de San Lázaro”, afirmou

o voceiro do partido da oposición, Juan Manuel Jiménez, pois, sen el, “non se pode realizar ningunha reordenación do contorno da igrexa parroquial”. O popular recordou que o seu partido conseguira da Xunta unha axuda de 110.388 euros para contratar dito equipo.

Aumento da produción amparada No incremento da produción en Monterrei, que este ano superou os 4,7 millóns de quilogramos, influíron diferentes factores. Por unha banda, aumentou en 61 o número de viticultores que decidiron amparar a súa produción na denominación de orixe (até situarse nos 445 actuais), o que evidencia non só o auxe do sector vitivinícola na comarca de Monterrei, senón a aposta por in-

tegrar a colleita baixo o selo de calidade da denominación. Doutra banda, moitos dos viticultores que tradicionalmente xa integraban a súa produción na DO aumentaron notablemente o número de hectáreas amparadas. Así, a produción amparada en Monterrei pasou de 467 hectáreas a 531. Por tanto, un maior número de viticultores e un maior número de hectáreas constitúen dúas das claves que explican o incremento da produción en Monterrei. Xunto a isto, ao comezo da vendima non había practicamente stock nas 24 adegas que compoñen esta denominación de orixe, o que lles permitiu contar co 100% da súa capacidade. Finalmente, a excelente calidade da uva de Monterrei foi consecuencia das óptimas condicións meteorolóxicas rexistradas este ano e de ausencia de enfermidades fitosanitarias nas cepas, valoraron os técnicos.

A produción amparada pasou de 467 hectáreas a 531 hectáreas

4 A DO recibe a acreditación ENAC A Entidade Nacional de Acreditación acaba de acreditar á Denominación de Orixe Monterrei para a certificación dos seus viños. Deste xeito, Monterrei convértese na primeira das denominacións vitivinícolas da provincia, e na segunda das galegas, en obter esta prestixiosa acreditación; un requisito imprescindible imposto pola Comisión Europea, que implicará unha maior profesionalización das súas adegas. En opinión de Rodríguez Zarrasquiños, coa certificación ENAC, a DO de Monterrei experimenta un “salto cualitativo transcendental”, pois permitirá “que o consumidor final posúa a fiabilidade absoluta de que detrás de cada botella de Monterrei existe un control estrito de calidade”. Así, o Consello Regulador pasará a realizar labores auditoras e non meramente de inspección posto que “poderá certificar os viños que ampara”.

Un momento da vendima nunha adega da DO Monterrei./PEDRO SENÉN ARAÚJO.


VERÍN E COMARCA

Polémica entre goberno e oposición a raíz da paralización dunha obra

4 O proxecto do edificio fora redactado polo arquitecto Gerardo Seoane antes de ser alcalde. P.L. Primeira polémica entre goberno e oposición de Verín a raíz da paralización da construción dun edificio cuxo proxecto foi redactado polo actual alcalde, Gerardo Seoane, arquitecto de profesión. O inmoble en cuestión está situado no cruce entre a avenida Luis Espada e a avenida de Portugal, en pleno centro da vila do Támega. Segundo informou o Concello, foi un expediente de Disciplina Urbanística, iniciado o 21 de setembro, o que obrigou á paralización das obras, como consecuencia do desaxuste entre os traballos executados e a obra autorizada no seu día. Houbo modificacións nas plantas soto e baixa, na volumetría exterior e na composición de fachadas e ademais, o edificio elévase unha planta máis das autorizadas. Desde o PP criticaron que Seoane só mandara parar as obras tras a súa denuncia pública de que estas eran ilegais. O seu voceiro, Juan Manuel Jiménez Morán, insistiu en que a paralización debía terse producido xa o 16

de xuño, cando entrou por rexistro no Concello a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio que mandaba paralizar inmediatamente as obras, “paralización que non se fixo efectiva porque el é o alcalde e o arquitecto da obra”, denunciou Jiménez. Nesa resolución de Patrimonio requeríase ademais subsanar deficiencias consignadas nun informe previo do arquitecto municipal do 17 de abril, e realizar modificacións do proxecto. Explicou Jiménez Morán que malia que o promotor da obra presentou o 25 de agosto un escrito no Concello solicitando que non se aplicaran as condicións impostas pola Consellería de Cultura (Patrimonio), a resposta do arquitecto municipal do 27 de agosto non lle foi favorable. Este informe recolle literalmente que “non parece haber dúbida da pretensión por parte do promotor da actuación -e do arquitecto redactor dos proxectos (isto é Gerardo Seoane, actual alcalde de Verín)de manexar ou aplicar a súa conveniencia os efectos e consecuencias da li-

cenza de obra concedida o 17/06/2014, toda vez que fai uso dela para iniciar as obras de construción do edificio, levándoo ata un moi avanzado nivel de execución segundo algunhas das condicións desa licenza, pero pretende agora eludir outras intrínsecas e expresas condicións recollidas nela relativas ao preceptivo control e cautela por parte da Consellería de Cultura”. Licenzas ilegais? O grupo de goberno apóiase noutro informe, o de Disciplina Urbanística do 21 de setembro, para asegurar que as licenzas desta obra (que datan do 28 de agosto de 2012 e do 17 de xuño de 2014, cando gobernaba Jiménez Morán) foron concedidas de xeito ilegal, “xa que non resultaba legalmente esixible a necesidade da previa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura”. “Desta forma”, continúa o informe técnico, “prexudicouse ao promotor da obra, ao incluír condicións de protección de patrimonio que non estaban xustificadas legal-

BARRIOS Outubro de 2015



de Verín de data 7 de decembro de 2012, que lle permite a ampliación dunha planta máis o edificio previamente autorizado”. Os técnicos municipais sinalaron que este expediente administrativo está sendo tramitado conforme ás disposicións legais aplicables, tras subsanar as deficiencias advertidas polos Servizos Técnicos Municipais. Implicacións legais Juan Manuel Jiménez Morán anunciou que vai poñer en mans da asesoría xurídica do Partido Popular o asunto para valorar as posibles implicacións legais de todo o acontecido. “Gerardo Seoane non pode alegar descoñecemento”, recalcou o ex rexedor.

Edificio cuxas obras foron paralizadas, na esquina entre avenida Luis Espada e avenida de Portugal/M.REJO. mente”. O Departamento de Disciplina Urbanística continúa no seu informe explicando que “con data 2 de febreiro de 2015 o promotor das obras soli-

citou unha nova licenza municipal de obras para modificar o proxecto previamente autorizado de acordo coa nova normativa urbanística municipal vixente, é dicir, o PXOM

Un informe do arquitecto municipal, de 27 de agosto, afirma que promotor e arquitecto aplicaron “á súa conveniencia” os efectos da licenza concedida Mentres, o informe de Disciplina Urbanística asegura que as licenzas de 2012 e 2014 foron concedidas de xeito ilegal




BARRIOS Outubro de 2015

VERÍN E COMARCA

O Concello de Verín ultima un operativo especial de limpeza 4 Comezará a traballar no casco vello. Redacción O tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, e o concelleiro de Servizos Públicos, Julio Vieitez, anunciaron a posta en marcha este mesmo mes dun operativo especial de limpeza na vila, formado por persoal e estrutura do propio Concello. O tenente de alcalde aclarou que o novo goberno tiña pensado poñela en marcha en xuño pero foran advertidos “de que este ano era excesivamente seco e se recollíamos auga do río corríamos o risco de que Verín quedase sen abastecemento. Polo tanto, decidimos agardar ata agora para facelo”. O dispositivo comezará a

Julio Viéitez e Diego Lourenzo./CdV. traballar no casco vello e a partir de aí, irase estendendo ao resto da vila. Lourenzo recalcou o carácter puntual da actua-

ción “pois a empresa neste momento non conta con suficiente persoal para facer un operativo que nos permita adecentar a vila.

Do mesmo xeito, ao facelo con persoal do Concello conseguiremos facer unha revisión das rúas e ver cales son as necesidades es-

pecíficas.” Abrir a Eurocidade á mancomunidade Por outra parte, o tenente de alcalde anunciou que o Concello de Verín revisará as bonificacións das ordenanzas municipais para empadroados ou posuidores do carné do eurocidadán. “Entendemos que con isto teremos moitas máis posibilidades que aumenten os abonamentos, por exemplo na piscina. Pretendemos fuxir de localismos e traballar máis con elementos da comarca no seu conxunto”, afirmou Lourenzo, que amosou a vontade “de apertura” da Eurocidade aos concellos da mancomunidade, “igual que fixo Portugal coas Xuntas de Freguesía. Teremos máis forza ao ter máis membros”.

Revisará as bonificacións das ordenanzas a empadroados

A Eurocidade promove formación sobre agricultura Redacción A AECT - Eurocidade Chaves-Verín organiza o 15 de outubro unha acción de formación sobre “Agricultura e Ambiente no Val do Támega”. A iniciativa terá lugar na súa sede, en Feces de Abaixo, entre as 16:30 e as 20:30 horas. O obxectivo da formación é sensibilizar sobre os efectos que os diferentes usos do chan, a xestión dos recursos hídricos e as prácticas agrícolas poden ter sobre o ambiente natural do val do Támega, zona incluída na Rede Natura 2000. Ademais, daranse a coñecer as actividades desenvolvidas dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza “Valorización ambiental do corredor ambiental do río Támega - VALTAMEGA”.


VERÍN E COMARCA

Actividades novidosas de orientación académica no IES García Barbón O instituto García Barbón de Verín puxo en marcha este curso novidosas actividades de orientación académica Plataforma de Orientación en liña para o alumnado de Bacharelato Os estudantes de 2º de Bacharelato do IES García Barbón teñen a sorte de poder utilizar sen custo a plataforma de orientación en liña UVENI. Tal novidoso recurso permite a realización de múltiples actividades de información e orientación académica ao longo do curso. Toda a actividade pedagóxica realizada na plataforma UVENI axuda no proceso de toma de decisións de futuro ao alumnado de 2º de Bacharelato. Podese consultar en internet en: http://bit.ly/1NpXEW3 Programa de Orientación escolar 2015/2016 para o conxunto do alumnado Un curso máis, os mozos e mozas do centro

Vista do programa de orientación escolar.

verinés dispoñen do Programa de Orientación Escolar “Orienta 2015/2016” –que se pode baixar sen custo-. No blog de Orientación publican informa-

ción sobre o Programa Orienta na que se detalla a utilidade do programa para dispoñer de información sobre os múltiples itinerarios académicos e a posibi-

4 As clases terán lugar na Casa da Xuventude de Verín. O Instituto Cameral de Idiomas da Cámara de Ourense abre o prazo para inscribirse nas clases de inglés, alemán e portugués do novo curso en Ourense e Verín. A súa finalidade é capacitar aos alumnos no axeitado uso dos idiomas, facilitando un nivel óptimo de comunicación no ámbito laboral e profesional cos interlocutores



lidade de realizar distintos cuestionarios de orientación profesional –actualizado convenientemente ao curso 2015/2016Pódese consultar en internet en: http://bit.ly/ 1VGToG4 ; e no teléfono móbil en http://www.orientaline.es/?yafxb=41564 Saída pedagóxica a Portugal do alumnado de 2º de Bacharelato Os estudantes viaxarán no vindeiro mes a cidade do Porto, facendo un percorrido polos seus lugares máis emblemáticos -o palacio de Cristal, o mercado de Bolhao ou a praza da Libertade-. Tamén se realizará unha parada en Guimaraes para visitar o seu casco histórico e o seu fermoso castelo. A saída rematará en Pena Aventura, onde se dedicará o tempo a diversas actividades recreativas (entre outras, paintball, tirolina e salto negativo)

O Instituto Cameral oferta inglés, alemán e portugués Redacción

BARRIOS Outubro de 2015

doutros países. En Verín, as sesións celebraranse na Casa dá Xuventude ao longo de nove meses, desde o 19 outubro a xuño, mes no que se realizarán os exames oficiais coas entidades certificadoras, Cambridge English para inglés, Goethe Institut para alemán e Instituto Camoês para portugués. Ofrécense clases para principiantes, iniciación básico (A1), iniciación avanzado (A2), primeiro

grao (B1), segundo grao (B2), terceiro grao (C1) e cuarto grao (C2). Estes cursos están acreditados polas principais autoridades de certificación, dentro do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa. As solicitudes poden facerse a través da web www.camaraourense.com. O prazo de matrícula está aberto até o inicio do curso. Aquelas persoas que se

Dous anos de información educativa en Barrios En outubro de 2013 comezamos a publicar mensualmente no periódico Barrios información de interese para a comunidade educativa sobre as actividades e novidades do IES García Barbón. Por iso, queremos facer memoria e facilitar unha viaxe virtual que se pode visitar en: http://bit.ly/1jQL59B

inscriban por primeira vez e non poidan acreditar mediante certificado valido o estar en posesión dun determinado nivel de coñecementos do idioma (A1, A2, B1, B2, C1, C2), deberán realizar unha proba de nivel para poder coñecer coa maior precisión posible o curso no que deben matricularse, garantindo con iso a súa correcta aprendizaxe e inmersión lingüística. A proba de nivel estará confeccionada atendendo aos parámetros establecidos por niveis polo Marco Común Europeo. As empresas interesadas en ofrecer aos seus traballadores esta formación poderán acollerse á bonificación das cotas na Seguridade Social que ofrece a Fundación Tripartita.




BARRIOS Outubro de 2015

O parador pecha temporalmente Redacción O parador de VerínMonterrei botou o peche temporalmente este ano. Malia a ampliación ao castelo de Monterrei deste verán, a instalación hoteleira continúa formando parte da vintena de establecementos da cadea que pecha cada tempada de inverno, tal e como se acordara no ERE de 2013. O parador abrirá de novo ao público o 4 de febreiro, xusto antes da fin de semana grande do Entroido verinés.

VERÍN E COMARCA

Iníciase a segunda fase da rehabilitación do Albergue de Peregrinos 4 O PP recorda que é unha actuación impulsada por este partido cando gobernaba. Redaccion Vén de comezar a segunda fase da rehabilitación do albergue de peregrinos de Verín, na que a Xunta investirá 143.127 euros. Se na primeira fase de remodelación incrementouse o número de camas, creáronse novos

servizos e mellorouse a accesibilidade do edificio, esta segunda contempla novos espazos e redistribución das estancias do albergue. Así, crearase unha zona de estar-comedor-cociña, adaptarase un almacén para as mochilas e bicicletas dos peregrinos, redistribuirase o dormitorio e baño de disca-

Interior do albergue de peregrinos de Verín. pacitados, construirase un vestíbulo de acceso á rúa e unha zona de rececpción, acondicionaranse os cuartos da primeira planta e o patio da Casa do Escudo, e repararase a cuberta do edificio. O Partido Popular re-

corda que foi impulsado cando estivo ao fronte do goberno de Verín. “Isto sen dúbida vai mellorar a estancia e a atención a todos os peregrinos que veñen a través do camiño Portugués e da Ruta da Prata que conflúen na nosa

vila”, indicaba Juan Manuel Jiménez, portavoz do PP de Verín. “Agardamos que o actual grupo de goberno siga recuperando e apoiando esta actividade tan importante para o noso concello”, engadía o ex alcalde.

500.000 euros para restauración ambiental tralo incendio de Cualedro 4 Cantidade insuficiente para o Comité de Defensa do Monte Galego. Redacción

Asistentes á charla impartida pola Garda Civil na Casa da Cultura de Verín.

Consellos de seguridade para maiores A Casa da Cultura de Verín acolleu o pasado 6 de outubro a charla informativa do “Plan Maior Seguridade”. A xornada, impartida por representantes dos corpos e forzas de seguridade, tratou sobre as pautas de conduta que se aconsellan para previr aqueles actos delituosos que con frecuencia se están a cometer contra os maiores no fogar, na vía pública, en entidades bancarias e en internet, coma roubos, furtos, estafas ou uso fraudulento das súas propiedades e cartillas de aforros, ou matralto.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ten previsto declarar zona de actuación especial para a restauración forestal e ambiental as superficies máis gravemente afectadas polo incendio ocorrido este verán en Cualedro, que queimou

máis de 3.180 hectáreas dos termos municipais de Cualedro, Trasmiras, Baltar e Xinzo de Limia. O Ministerio destinará medio millón de euros para as obras máis urxentes, destinadas a minimizar os danos por erosión como consecuencia do lume e para recuperar os hábitats danados. Unha cantidade insufi-

ciente, a xuízo do Comité de Defensa do Monte Galego, que o considera “un insulto á cidadanía”. O CDMG remítese a estudos que estiman que o custo económico por hectárea queimada supera os 4.000 euros, “o que dista moito da cuantificación que fai o goberno duns ridículos e insultantes 147 euros por hectárea”.


PUBLICIDADE

BARRIOS Outubro de 2015






BARRIOS Outubro de 2015

EN BREVE 4 Piden un caixeiro para Vilar de Barrio O BNG de Vilar de Barrio realizar unha recollida de sinaturas para lograr que Abanca instale un caixeiro automático na sucursal ubicada na localidade. “Consideramos que este servizo vai ser de moita utilidade, para os negocios, veciños e peregrinos”, explican os nacionalistas. Xa que neste momento os que precisan diñeiro en efectivo deben percorrer 15 quilómetros ata Xinzo. Coñecida a súa demanda, Abanca manifestou a súa vontade de por en funcionamento dito caixeiro. Polo que agora que lle presentarán as 1.000 sinaturas reunidas, dende o BNG agardan que “por fín as promesas se fagan realidade”.

4 Obradoiros da Cruz Vermella A asemblea de Cruz Vermella de Xinzo comeza este mes de outubro actividades dirixidas a maiores de 65 anos. Son cinco obradoiros: de calceta e ganchillo, que ten lugar os luns de 16 a 18h; de animación e memoria, todos os xoves de 17:30 a 19h; de pintura os xoves de 16 a 17:30h; e de manexo de móbiles, cuxo horario estaba pendente de definir. Ofrecen máis información na sede de Cruz Vermella na vila, na avenida de Ourense, 19 (estación de autobuses) ou no 988 462 541.

4 Moción sobre os refuxiados Elvira Lama, voceira socialista en Xinzo, rexistrou unha moción para que o Concello se ofreza para acoller a persoas refuxiadas que proceden de países en guerra por razóns humanitarias. De aprobarse a moción, Xinzo seguiría o paso doutros concellos da contorna, coma Vilar de Santos, que xa ofreceu as instalacións municipais, ou Allariz, que vai crear unha comisión municipal para a acollida de refuxiados.

XINZO E COMARCA

O PSOE de Rairiz solicita a paralización das obras na Carballa da Rocha 4 Segundo os socialistas, o Concello está empregando asfalto picado. Redacción O voceiro do PSOE en Rairiz de Veiga, Pablo Lorenzo, solicita que se paralicen as obras nas inmediacións da Carballa da Rocha mentres non exista un informe favorable de Medio Ambiente. A Carballa da Rocha, situada na aldea da Saínza, foi declarada patrimonio natural e o PSOE de Rairiz considera “unha aberración o seu acondicionamento con asfalto picado”. Tampouco descarta que se estea cometendo un delito ambiental, polo que xa puxo os feitos en coñecemento da Sociedade Galega de Historia Natural. As melloras consisten en acondicionar o camiño que leva até devandito monumento e a construción dun aparcamento. En canto a este último, Lorenzo asegura

Exterior do albergue, situado entre as rúas Serra de San Mamede e Galicia./M.REJO.

Unha das palas depositando os restos de asfalto para ser empregados na obra. que “soamente se utilizará unha vez ao ano na coñecida Romaría da Saínza e nin para esta ocasión sería necesario xa que hai sitio de sobra para aparcar”. O socialista comenta que os veciños que residen na zona da obra mostraron o seu “total rexeitamento á mesma nas condicións nas que se está facendo, negándose a cambiar a zona verde que tiñan diante das súas casas por un párking

con restos de asfalto”, explica. De feito, chegaron a chamar á Garda Civil para denuncialo, autoridade que instou ao persoal do Concello a que cesase na utilización do asfalto picado.

O albergue de Xinzo terá 14 prazas 4 A súa apertura, pendente dun convenio co Xacobeo, que será quen o xestione. P. L.

Denunciou os feitos ante a Sociedade Galega de Historia Natural

Denunciou os feitos ante a Sociedade Galega de Historia Natural

Autoridades onde a ponte sobre o río Airoa, nos Blancos./A.PAZ.

Constrúen unha ponte sobre o río Airoa A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Deputación Provincial levantaron unha ponte sobre o río Airoa nos Blancos, obra na que investiron máis de 117.000 euros. A actuación consistiu na construción dunha obra de paso sobre o río Airoa que dá continuidade á estrada municipal que une as poboacións dos Blancos e Nóveas que, debido ás continuas crecidas de caudal, atopábase moi deteriorada, afectando mesmo á súa seguridade estrutural. O novo pontón construído consta de 7 metros de luz libre, 3,50 m de gálibo e 17 m de lonxitude.

Están a piques de rematar as obras do albergue de peregrinos de Xinzo de Limia. A súa apertura dependerá da sinatura dun convenio co Xacobeo, para que esta sociedade dependente da Xunta asuma a xestión do recinto, contratando a unha persoa a tempo completo e facéndose cargo dos gastos correntes. O concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Carlos Gómez, apuntou a que “será cuestión de semanas” esta apertura, aínda que é posible que non haxa inauguración oficial por mor da proximidade das eleccións xerais. “Ás veces á inauguración é secundaria, o servizo hai que dalo”, recalcou. Con esta nova infraestrutura o Goberno local pretende situar a Xinzo no Camiño de Santiago e darlle un impulso á economía da vila, especialmente á zona de viños. O Concello agarda que aumente o turismo e isto supoña un aliciente

para que os propietarios se animen a rehabilitar as vivendas da vila e a montar máis negocios. Gómez indicou que se trata dunha instalación “pequena, pero suficiente para o servizo da Vía da Prata”, e que responde “a unha demanda da Asociación de Amigos da Vía da Prata e dos propios peregrinos”. Características O albergue está situado na praza de Oriente, no barrio de Abaixo. Conta con 14 prazas, recepción, zona de cociña, zona de descanso e zona de lavandaría. O investimento realizado ascende a 144.000 euros, 120.000 euros que puxo o Xacobeo para a unión dos tres edificios que o conforman e a súa rehabilitación, e 24.000 euros que achegou a Deputación para mercar un dos inmobles nos que se sitúa.

A rehabilitación dos tres edificios que o compoñen custou 120.000 euros


XINZO E COMARCA

BARRIOS Outubro de 2015



Finalizan as melloras na depuradora de Xinzo 4 Agora a instalación poderá depurar as augas residuais dunha poboación estimada de 16.250 habitantes/equivalentes. Redacción

O convenio foi asinado na Subdelegación do Goberno en Ourense polo profesor Rodrigo Maía en representación da Universidade do Porto, polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, e polo seu homólogo da Axencia Portuguesa do Ambiente, José Carlos Pimenta, en presenza (no centro) do subdelegado, Roberto Castro. /P.LODEIRO.

O “Risc Miño-Limia” facilitará a toma de decisións ante fenómenos extremos en ambas concas 4 España e Portugal camiñan cara a un plan hidrolóxico conxunto. P. L. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) máis a Axencia Portuguesa do Ambiente desenvolverán o proxecto de cooperación transfronteiriza “Risc Miño-Limia”. Un plan, cuxo obxectivo é mellorar o coñecemento das concas internacionais co ánimo de minimizar os efectos ante fenómenos extremos, de intensas choivas ou secas prolongadas, avanzando con iso na intención de ambos os países de camiñar cara a un plan hidrolóxico compartido. Este proxecto, no que tamén colaborarán a Universidade de Vigo, a través do Campus da Auga – Campus de Ourense-, e a do Porto, será un complemento á experiencia técnica e profesional coa que mellorar a xestión integral dos recursos hídricos nas concas transfronteirizas. O RISC Miño-Limia presentarase á candidatura dos proxectos de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal (POC-

TEP). Os seus promotores confían en conseguir de Europa a financiación precisa, 2,5 millóns de euros, que se destinará integramente a investigación e coñecemento. En detalle O presidente da CHMS, Francisco Marín, explicou que o proxecto incluirá a realización dun “inventario realista” dos recursos hidrícos de ambas bacías, que teña en conta o efecto do cambio climático nas partes española e portuguesa da demarcación. Tamén se elaborará unha cartografía axeitada, dado que na actualidade se traballa “con cartografías moi antigas”. Ademais, crearase un novo sistema de indicadores e limiares para situacións de seca e porase en marcha un novo sistema de alerta temperá de inundacións e os seus efectos sobre a poboación, baseado en modelos hidrometeorolóxicos e hidráulicos de software libre, que ofrezan unha previsión continua, polo menos a 72 horas en

toda a demarcación, especialmente nos tramos transfronteirizos. Marín puxo o exemplo da conca do Limia, que é moi plana; a partir do coñecemento que se xere co Risc Miño-Limia “poderemos deseñar métodos de retención natural para previr avenidas”, apuntou. E finalmente “o conxunto de accións previstas permitirán avanzar na elaboración, para o ano 2021, dun plan hidrolóxico conxunto, único para todo o ámbito da demarcación internacional, que mellore os impactos e presións de conxunto e permítanos adiantarnos aos episodios de intensas choivas ou prolongada seca, coordinados co veciño Portugal co que compartimos a conca transfronteiriza dos ríos Miño e Limia” explicou o presidente do organismo de conca.

Porase en marcha un sistema de alerta de inundacións

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) finalizou as obras de mellora da depuradora de Xinzo de Limia, nas que se investiron 1.139.000 euros. A actuación foi financiada nun 80% polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da CHMS (que ademais executou as obras) e nun 20% pola Xunta de Galicia. A obra realizada permitirá que a EDAR, deseñada nos anos 90, poida eliminar os nutrintes (fósforo e nitróxeno) das augas residuais, o que redundará no incremento da calidade das augas tratadas que se verten ao río Limia. A depuradora, con capacidade de tratamento de 3.360 metros cúbicos ao día, poderá depurar agora as augas dunha poboación de 16.250 habitantes-equivalentes. Tamén se adaptou para que poida cumprir os parámetros de vertedura establecidos para a Zona

de Especial Protección para as Aves (ZEPA) na que se sitúa a instalación, minimizando o consumo de reactivos e priorizando a eliminación de nutrintes, sobre todo o fósforo, por vía biolóxica. Características da obra Ademais, foi adaptada tecnoloxicamente para diminuír o custo enerxético, mediante a instalación de sensores, de elementos de automatización e xestión, e de variadores de frecuencia en motores, entre outras técnicas. Por outra banda, os traballos permitiron substituír as reixas manuais da EDAR orixinal por automáticas e as bombas de elevación por outras con rodete, resistentes á abrasión de areas, con regulación de caudal. Tamén se executou un novo desareador xunto ao existente, mantendo o actual como apoio. En canto ao tratamento biolóxico, implementouse un novo sistema de aireación mediante soplantes, equipados con variador de

frecuencia, e grellas de difusores de burbulla fina. Estas melloras supoñen a optimización da xestión mediante monitorización en continuo dos parámetros principais e permitirán a eliminación adicional de fósforo por vía biolóxica mediante cámara anaerobia previa, aproveitando a obra civil do decantador orixinal, que estaba en desuso. Por último, aproveitouse o edificio existente manténdose como oficina e edificio de control e axeitándoo á normativa actual, complementándoo coa construción dun novo edificio de proceso que alberga parte do tratamento biolóxico, os cadros eléctricos e o novo grupo electróxeno de emerxencia que garante o funcionamento da depuradora no caso de que se produza un corte de enerxía de rede.

A obra foi sufragada entre o Ministerio de Medio Ambiente (80%) e a Xunta (20%)

O presidente do Organismo de conca, Francisco Marín, e o alcalde de Xinzo, Antonio Rodríguez, visitaron o 14 de outubro EDAR para ver in situ o resultado dos traballos,


10

BARRIOS Outubro de 2015

XINZO E COMARCA

Asistentes ao I Festival do Maior xunto ao alcalde de Vilar de Santos.

I Festival do Maior de Vilar de Santos No salón multiusos do Concello, usuarios e traballadores do centro de día e vivenda comunitaria de Vilar de Santos e veciños que participaron no proxecto “Saber envellecer: corpo san en mente sa” celebraron o I Festival do Maior, como remate das actividades e para conmemorar o Día Internacional do Maior. Este proxecto ofrece cada semana ximnasia, andainas, memoria, biodanza, psicomotricidade acuática, relaxación, masaxes, xogos ou psicomotricidade co fin de fomentar a autonomía persoal e mantemento da saúde dos maiores. Durante a celebración os asistentes puideron gozar dunha actuación a cargo dos participantes no proxecto, cunha sesión de bailoterapia e coreografía; a da coral “As Bolboretas”, cun repertorio de cantigas populares; a proxección “Unha ollada atrás” onde se recolleron os diferentes traballos e actividades realizados no centro de día; e a exposición dos traballos realizados polos usuarios do centro. Rematou coa entrega de diplomas aos participantes.

Mural do Espacio Matrioska xunto á estación de autobuses./M.REJO.

Cinco murais cambian a imaxe das rúas de Xinzo

A mediados de setembro arrincou en Xinzo a primeira edición do Certame de Pintura Mural Matrioska, organizado por Espacio Matrioska, colectivo de artistas asentado no municipio dos Blancos, co apoio da Deputación de Ourense e do Concello de Xinzo. Aos artistas seleccionados no concurso asignáronselles varias paredes medianeiras para despregar toda a súa arte: a Iria Prol Cid, na avenida de Madrid, a Manuel Diego Sánchez (que pintou acompañado de Amaia e Andrea) na rúa Río Arnoia; a Enrique Suárez Rodríguez (sr.Mu e Sebas) no pavillón de deportes; e Alberto Maciá Gallego (Esquie, Jesús e Inés) en rúa Ladeira, e o mural asignado a Espacio Matrioska na estación de autobuses. As cinco paredes locen xa unha imaxe diferente, cheas de creatividade. O concurso indicaba que a temática dos murais era libre, facilitando aos creadores seleccionados todo o material, pinturas, andamios e infraestrutura necesaria para a realización dos seus traballos.


ALLARIZ E COMARCA

4 Curso de xardín ecolóxico Allariz acolle, os días 31 de outubro e 1 de novembo, o Curso de Planificación do Xardín Ecolóxico. Cun custo de 15 euros o curso será impartido, no Centro de Promoción Económica, polo profesor Francisco Marcio Rubio, presidente da Asociación Española de Xardinaría Ecolóxica. Haberá unha saída práctica aos xardíns alaricanos.

4 As xornadas rematan o domingo 18 de outubro. Allariz celebra ata o 18 de outubro, a cuarta edición das súas “Xornadas de carne de boi”. Un total de 21 establecementos participan no concurso de tapas e menús elaborados con carne de boi de Allariz, Dunha banda, petiscos a un prezo único de dous euros que inclúen desde hamburguesas, a raviolis, pizza ou albóndegas; doutra, menús nos que se degustará solombo, chuletón ou xarrete desta aprezada carne. Son preto de 1.600 quilos de carne procedentes de catro bois criados nos montes locais de Penamá

Mozos de seis países participarán en Allariz nun intercambio Redacción

A Fundación Ramón González Ferreiro busca participantes para o proxecto “Modern Sheperds”. Trátase dun intercambio cultural, dentro do programa Erasmus Plus, entre mozos de España, Grecia, Portugal, Croacia,

os que serán degustados nestas datas en Allariz, ben nos restaurantes da vila ben no Mercado da Reserva da Biosfera que se celebra todos os sábados. Neste recinto, ademais de postos de venda, hai demostracións de como cociñar diferentes partes do animal. As xornadas forman parte do proxecto de cría e comercialización de carne de boi de Allariz posto en marcha polo Concello en 2011 co obxectivo de recuperar a base territorial e facer explotacións produtivas, previr os incendios e apoiar á hostalaría local. Malta e Italia, que se desenvolverán en Allariz entre o 3 e o 12 do mes de novembro. A iniciativa vai dirixida a mozos e mozas entre 18 e 30 anos. Os interesados en participar poden contactar coa Fundación para coñecer o procedemento de selección. A organización busca xente dinámica, participativa con gañas de coñecer diferentes culturas e contactar coa lingua inglesa.

11

EN BREVE

Últimos días para probar a carne de boi en Allariz

Redacción

BARRIOS Outubro de 2015

Escavacións no castro de Armea, en Santa Mariña de Augas Santas, Allariz./CdA.

Novos achádegos en Armea 4 Descobren unha lareira e un forno no castro alaricano. Redacción O alcalde de Allariz, Francisco García, xunto cos arqueólogos da Universidade de Vigo, Adolfo Fernández e Fermín Pérez, presentaron os novos achados descubertos nas escavacións en Santa Mariña de Augas Santas no terreo explorado por Conde Balvís nos anos 50. Unha cociña coa súa lareira e un forno de pan nunha das vivendas escavadas foron os principais descubrimentos da campaña de escavacións

levada a cabo durante o pasado verán. Os traballos alí realizados teñen permitido achar dúas vivendas separadas por unha calzada empedrada, numerosas pezas de cerámica e metal así como pezas de pedra que se utilizaban para decorar as casas, e incluso unha posible fundición de vidro na que afondarán no vindeiro ano 2016. A área xa escavada e musealizada apenas representa un 1% das 9 hectáreas que se cre pode ter o xacemento de Armea datada entre os séculos I e III.

O Concello de Allariz aposta ano tras ano para continuar a actividade arqueolóxica e traballa para poñer en valor, científico e turístico, este espazo. Para finais de ano, está previsto que comece a elaborarse o plan director do castro de Armea, que marcará as prioridades.

A área xa escavada apenas representa o 1% das 9 hectáreas que se cre pode ter o xacemento

[+ info no 667 354 613]

4 Fundación González Ferreiro A Fundación Ramón González Ferreiro, con sede en Paciños, Allariz, oferta novos cursos este outono. De carácter puntual son o curso de cociña “Pratos de outono” e o de “Introdución ás plantas aromáticas e medicinais”. que se desenvolverán o sábado 24 de outubro. De maior duración son o curso de bordados a man e o de costura centrado en “arranxos e transformacións”. En ambos casos o alumnado recibirá varias horas de clases á semana ata o mes de decembro. Ofrecen máis informacións sobre estes cursos no teléfono 988 436 182 ou en info@ fundacionrgf.org.


12

BARRIOS Outubro de 2015

ALLARIZ E COMARCA

Convocados os Premios Manuel Gómez Román de arquitectura

Avinza solicita manter todos os grupos de desenvolvemento rural

Redacción

Redacción O grupo de desenvolvemento rural Avinza GDR-15 solicitará a AGADER o mantemento de todos os grupos existentes en Ourense, oito, fronte a proposta deste organismo de reducilos a cinco. Avinza é crítica con esta proposta: “reducir o número de grupos, afastar a xestión da poboación e facer grupos con maiores realidades, vai dificultar o traballo e previsiblemente os resultados do programa LEADER non cumprirán os seus obxectivos”. A xunta directiva do GDR-15 alega, ademais, que “o mantemento dos grupos permitiría acelerar o proceso de posta en marcha do novo período de programación xa que se aproveitarían as dinámicas xa iniciadas, as novas relacións entre os socios así como os equipamentos, optimizando os recursos empregados no LEADER 2007-2013”. Avinza é o grupo de desenvolvemento rural que engloba os municipios de Allariz, Maceda, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo, Paderne de Allariz, A Bola, Vilar de Santos, Taboadela e Rairiz de Veiga.

A Asociación de Amigos do Castelo de Maceda, “Setestrelo”, convoca os Premios Manuel Gómez Román de arquitectura, á recuperación do hábitat tradicional e construcións adxectivas, edición 2015. Estes galardóns pretenden estimular a recuperación da arquitectura tradicional galega. Comprenden dúas modalida-

Autoridades na praza de Alcatruz de Maceda.

Maceda estrea a remodelada praza de Alcatruz

des: unha de edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas, e outra de construcións adxectivas (hórreos, pombais, muíños…) rehabilitadas ou reconstruídas. As persoas interesadas deberán presentar os seus proxectos ata o 14 de novembro. A entrega de premios terá lugar o 12 de decembro no Castelo de Maceda. No mesmo acto farase entrega da Medalla de Prata da Asociación a unha personalidade que teña salientado pola promoción e defensa do patrimonio material ou paisaxístico de Galicia.

4 Grazas a unha subvención de 38.000 euros de Vicepresidencia.

Depositan máis de 3.800 euros en obxectos perdidos

Redacción

4 Da Policía Local de Allariz.

Maceda vén de acondicionar a súa praza de Alcatruz, un espazo público que articula a vida no centro desta vila e que nos últimos tempos estaba a sufrir unha importante deterioración. Nun dos seus últimos actos como delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do alcalde de Maceda, Rubén Quintas, visitou estas obras levadas a cabo ao abeiro das axudas da

Orde de infraestruturas de uso público da Vicepresidencia da Xunta. A intervención custou máis de 57.000 euros, dos que 38.000 euros foron achegadas por Vicepresidencia. A renovación consistiu na instalación dunha nova pavimentación, no acondicionamento de dúas zonas axardinadas e na prantación de árbores, a colocación de bancos e a mellora da iluminación. O obxectivo desta intervención foi recuperar este espazo degradado e poñelo en valor,

para así fomentar a recuperación urbana e social do municipio. Infraestruturas públicas Segundo palabras do xa ex delegado territorial, grazas á orde de infraestruturas, dende a Xunta estase a apoiar aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos.

Redacción A Policía Local de Allariz informa que foi depositada en obxectos perdidos unha cantidade de diñeiro en metálico superior a 3.800 euros atopada por un veciño da localidade. Esta persoa, que declarou que o diñeiro foi atopado na vía pública, considerou o seu deber depositar o atopado nas institucións competentes para posterior consignación perante o

Alcalde coa única finalidade de ser devoltos á persoa propietaria. A Policía Local de Allariz continúa a realizar xestións para o esclarecemento dos feitos e identificación do posible propietario. Para reclamar a cantidade é preciso que o propietario se identifique e acredite a titularidade do diñeiro na oficina de Obxectos Perdidos, que se atopa situada nas dependencias da Casa do Concello.


PUBLICIDADE

BARRIOS Outubro de 2015

13


14

BARRIOS Outubro de 2015

CELANOVA E COMARCA

“É unha aposta polo emprego e a dinamización económica” 4 Coñecemos o estado de www.compraencelanova.com. S. Nieto

Capela Mozárabe de San Miguel de Celanova./P.LODEIRO.

O Goberno non prevé actuar na Capela de San Miguel nin no Mosteiro de Bon Xesús 4 Responde a unha pregunta da socialista Laura Seara. Redacción O Goberno central non ten previstas actuacións a levar a cabo nin na Capela Mozárabe de San Miguel de Celanova nin no Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras de Xinzo. Así o di a deputada socialista no Congreso Laura Seara a partir da resposta que lle deu o propio Goberno. Segundo Seara, o Goberno de Madrid sinala respecto

diso que “a Xunta non pediu a súa colaboración” para actuar neste patrimonio. Con todo, a parlamentaria recorda que o propio Congreso aprobou no seu momento unha Proposición non de Lei do PSOE para incluír a Capela Mozárabe de San Miguel na Lista de Patrimonio do Estado e que tanto o Concello de Celanova como o de Xinzo de Limia reclama-

ron no seu momento ditas actuacións. Polo que Seara pide aos gobernos de Madrid e Santiago “que deixen de pasarse a pelota”. Segundo a socialista, o Goberno central escúdase agora en que este tipo de asuntos competen ás comunidades autónomas, e recalca que a Xunta de Galicia non reclamou o seu concurso para os devanditos arranxos.

Celanova citará aos voluntarios da Cruz Vermella 4 O sábado 17 de outubro celébrase o XVI Encontro Provincial de Voluntariado. Redacción Cruz Vermella Ourense celebrará o sábado 17 de outubro o seu Encontro Provincial de Voluntariado, que alcanza xa a súa décimo sexta edición; unha xornada que serve para recoñecer o importante labor que realiza día a día o voluntariado e para facilitar o intercambio de experiencias entre as persoas que dedican parte do seu tempo a axudar aos demais desde os distintos proxectos que desenvolve

a Institución. No acto institucional, que se celebrará ás 12 horas no salón de actos do Mosteiro, 20 persoas recibirán un recoñecemento polo seu labor voluntario, implicación e entrega nas asembleas de Cruz Vermella na provincia de Ourense. O programa inclúe ademais unha visita á capela de San Miguel, e a interpretación de varias pezas musicais e poesía no Coro Alto da Igrexa do Mosteiro.

Tras a foto de familia, na Praza Maior de Celanova, os participantes gozarán dunha comida de confraternización na reitoral de Ansemil. O voluntariado é o motor de Cruz Vermella, polo que dedicar momentos de convivencia é importante para estreitar lazos e fortalecer a institución

20 persoas recibirán un recoñecemento á súa entrega

O portal www.compraencelanova.com naceu da man da Fundación Curros Enríquez, co apoio económico da Xunta. Trátase dun espazo web no que amosar a través da rede a oferta comercial da vila de San Rosendo. Na súa primeira fase este proxecto contou coa participación duns 200 establecementos do pobo (o total ronda os 300), que grazas á subvención puideron sumarse á iniciativa a custe cero. Pero nesta nova fase, a Fundación busca que a web sexa capaz de autofinanciarse. “Porque vai precisar actualización e traballo constante”, explicounos o secretario da Fundación, Antonio Piñeiro. Para iso foron contratadas tres persoas, formados específicamente

na materia e seleccionados do obradoiro de “Márketing e comunicación” que desenvolveu o Concello. Agora o portal está próximo a funcionar de novo. “Neste mes de outubro contamos ter todo metido na web, cos videos dos negocios”, adiantábanos Piñeiro. Estes vi-

4 Terán lugar do 30 de outubro ao 1 de novembro. Organizadas pola Asociación cultural e micolóxica de Celanova e a Asociación de mulleres rurais Maravalla, as XXX Xornadas Micolóxicas terán lugar na sala micolóxica Plan C os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro. Darán comezo o ven-

Venda online A venda oline será un dos obxectivos futuros do proxecto, “pero pouco a pouco porque os protocolos son máis complicados”, asegura Piñeiro. “É unha aposta da Fundación pola creación de emprego e a dinamización económica”, conclúe.

O portal estará en funcionamento de novo neste mes./S.N.

As Xornadas Micolóxicas de Celanova alcanzan a súa 30ª edición

Redacción

deos serán unha pequena presentación dos 70 comercios que ata agora se sumaron ao proxecto. “O noso obxectivo é lograr uns 125 ou 150, sabemos que ao ser de pago non serán tantos como a primeira vez”, explica. Cando a web estea lista comezará a funcionar con estes negocios e seguirán na procura de máis.

res 30, ás 19:30 horas, coa conferencia do micólogo celanovés Alejandro Mínguez sobre “Xeneros seguros: boletus”. O sábado, de 11:30 a 13:30, haberá unha saída ao campo para a recollida de exemplares; e ás 14 horas unha comida degustación (cun prezo de 15 euros). Pola tarde, de 16:30 a 18:30 horas terá lugar a cla-

sificación, identificación e montaxe da exposición. Ás 19:30 dará comezo a conferencia de Ricardo Mínguez sobre “Trinta anos de cogumelos en Celanova”. E ás 20:30, celebrarase a asamblea xeral da Asociación cultural de micoloxía de Celanova, abordando propostas de continuidade. Xa ás 21:30 horas comezará a cea degustación (cun prezo de 12 euros). Por último, o domingo 1 terá lugar a exposición de exemplares reais e obxectos relacionados cos cogomelos, aberta ao público de 18 a 24 horas. Inscrición previa Para participar nalgunha das actividades hai que inscribirse ata o 28 de outubro en cogomelosdegalicia@gmail.com ou no 650 79 36 85.


especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

BARRIOS Outubro de 2015

15

Baltar defende no “South Summit” un “ecosistema de innovación” para o emprendemento

Reunión de Manuel Baltar con empresarios en Manzaneda

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defendeu en Madrid na súa intervención no “South Summit” 2015, o evento de emprendedores e innovación empresarial máis importante do mundo, a implantación dun “ecosistema de innovación” no que se impliquen conxuntamente administracións, axentes sociais e emprendedores, “porque o apoio ao financiamento é clave, pero non é menos importante desenvolver as condicións apropiadas, con procedementos sinxelos, que permitan xerar ideas, articular proxectos de éxito e garantir a sostibilidade das empresas”. Manuel Baltar presentou en inglés as innovacións que puxo en marcha no goberno provincial, sendo o único político convidado, e participou na “Start-up School”, sección na que xestores e empresarios presentan ferramentas de vangarda e consellos de innovación. Baltar foi convidado pola organización do South Summit, encontro no que participaron as startups máis innovadoras e speakers de primeiro nivel mundial. Nesta edición estaba previsto superar as cifras do ano pasado, que rexistrou preto de 7.000 asistentes de 34 nacionalidades, 3.500 empren-

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, convocou na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda a destacados empresarios dos principais sectores económicos da provincia de Ourense para propoñerlles establecer “unha canle de cooperación permanente entre o goberno provincial e o empresariado ourensán que permita potenciar os principais sectores económicos da provincia de Ourense”. Así o expresou o presidente provincial ao remate da reunión, na que lles presentou a súa “visión integral de provincia”, o Plan Ourense 15-19, e amosoulles a dispoñibilidade do goberno provincial para participar en proxectos público-privados que xeren competitividade. Na xuntanza participaron directivos de potentes compañías ourensás dos ámbitos do termalismo, o téxtil, a alimentación, a automoción, os medios de comunicación, o viño, a loxística sanitaria, a banca e a construción, empresas de longa traxectoria, moitas delas líderes nacionais no seu sector e que abranguen mercados que van dende o provincial ata o internacional, e o consultor estratéxico Juan Verde.

dedores, 1.800 grandes empresas e 450 investidores. O presidente do goberno provincial explicou que unha das liñas estratéxicas do Plan Ourense 15-19 –a folla de ruta da Deputación para este período político- “é a atracción de emprendedores nacionais e internacionais que veñan da man de investidores externos. Dende a Administración estamos a traballar para que neste contexto internacional de grande actividade investidora unha parte deste emprendemento se asente na provincia de Ourense”. “Somos unha administración sólida que actúa con firmeza, dous atributos que esixe calquera proxecto emprendedor de éxito, aos que se lle suma a planificación e a previsibilidade”, dixo. Clima investidor Por este motivo, remarcou, “estamos a xerar un clima para que investidores internacionais non só invistan en ideas e negocios ourensáns, senón que queremos ir da man deles de tal forma que o investidor achegue a parte financeira e nós, como Administración, acheguemos o ecosistema ideal para poñer en marcha o proxecto de negocio”. “O esencial é crear

Manuel Baltar durante a súa conferencia no South Summit 2015 o clima, o ecosistema, o ambiente para que a idea e o proxecto empresarial xermine”, dixo, convencido de que “en política e na Administración tamén se pode innovar: nós patentamos o concepto “Provincia intelixente”, que supera ao de Smart city, porque cremos que Ourense é unha provincia start up”.´ O presidente da Deputación subliñou que a Administración “debe resolver os problemas burocráticos”, considerando “palabra

máxica” á cooperación, “pero para que sexa efectiva é fundamental ter visión e un plan para acadala”, e citou como exemplo o Observatorio Económico Provincial “que nos axuda a deseñar o futuro”. Baltar considera que a estabilidade política é clave para o desenvolvemento efectivo dos proxectos, nunha provincia agradable e sostible como a de Ourense “na que estamos a desenvolver un Plan Termal que nos diferencia e singulariza”.

A Deputación de Ourense, primeira administración que aproba o orzamento do ano seguinte en setembro O pleno da Corporación Provincial correspondente ao mes de setembro de 2015 aprobou inicialmente o orzamento xeral da Deputación de Ourense para o exercicio 2016, converténdose así a institución provincial ourensá na primeira administración pública que aproba os seus presupostos para o ano seguinte no mes de setembro. O orzamento experimentará un incremento do 2,65 %, pasando de 75,7 a 77,7 millóns de euros, e dispoñerase de 15,5 millóns de euros para investimentos produtivos, mentres que a débeda sitúase no 32 %, mantendo unha progresiva redución dende 2012, ano no que estaba no 116 %. No pleno ordinario destaca tamén a aprobación da adhesión da Deputación á rede de entidades

locais para a transparencia e a participación cidadá da Federación Española de Municipios e Provincias, como socio titular, e á adhesión á Asociación Europea Partenalia, que actúa como o principal lobby de gobernos intermedios diante da Unión Europea. En canto ao orzamento, as contas para 2016 confirman coa subida dos orzamentos a tendencia marcada no exercicio anterior: a recuperación da facenda provincial, sendo as prioridades os servizos sociais, o medio ambiente, a cooperación cos concellos e o desenvolvemento do Plan Ourense 15-19, cos obxectivos centrais dunha visión integral de provincia e o desenvolvemento rural sostible”, afirmou o presidente do goberno provincial.

Nava Castro, Manuel Baltar, e Javier Guillén.

A “Vuelta a España” 2016 prevé un retorno económico de 1,5 millóns de euros para Ourense A organización da “Vuelta a España” 2016 estima que o retorno económico mínimo para a provincia de Ourense será de 1,5 millóns de euros. Cinco días completos de todo o operativo –ciclistas, equipos técnicos e persoal administrativo, así como medios de comunicación e público en xeral- suporán a ocupación de 2.500 prazas dos establecementos hoteleiros da capital e da provincia de Ourense, ao que hai que sumar os gastos de manutención e o impacto publicitario e promocional que este gran operativo terá en positivo para a provincia de Ourense. En Medina del Campo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, e o director da “Vuelta a España”, Javier Guillén, anunciaron que a 71ª Edición da “Vuelta”, que se celebrará o vindeiro verán de 2016, sairá por primeira vez na historia da provincia de Ourense, algo que foi cualificado como “unha excelente noticia” polo presidente do goberno provincial quen destaca que será “un magnífico escaparate para difundir toda a nosa riqueza natural, artística, histórica e turística, con enclaves tan singulares como a Ribeira Sacra”.


16

BARRIOS Outubro de 2015

CELANOVA E COMARCA

ENTREVISTA A LORENA RODRÍGUEZ – XERENTE DE “PAN DO DEMO”

“Da Praza de Abastos non me vou, a maneira é apostar por ela, non marchar” 4 Falamos con Lorena Rodríguez, xerente de “Pan do Demo”, un posto de cogomelos ubicado no Mercado de Celanova. Silvia Nieto Poñémoslle cara a unha desas persoas que en tempos de crise optou polo camiño máis complexo: botarlle valor e montar un negocio nunha pequena vila. É Lorena Rodríguez, propietaria xunto á súa parella (Borja Mínguez) de “Pan do Demo”, un establecemento de cogomelos ubicado na Praza de Abastos de Celanova. Levan dous anos na vila loitando contra os números, pero as gañas e a ilusión mantéñanas intactas. Mostrámoslles como pelexan a diario e coñecemos da súa man como están a vivir os praceiros de Celanova a remodelación do mercado, na que se investiron uns 320.000 euros nun total de tres fases (240.000 achegados pola Consellería de Economía e Industria, e o resto polo Concello). En que foi consistindo a reforma da Praza de Abastos? Lorena Rodríguez: “Comezou en 2013. Houbo unha primeira fase na que arranxaron o tellado; na segunda, a parte de arriba onde irá ubicado o restaurante; e a actual é a última, na que arranxaron a zona dos postos e van rematar o soto. Nos postos puxeron baldosas, antes o chan era de cemento, pintaron o teito de branco e instalaron novos focos de luz. No soto instalarán aseos, unha oficina e un almacén. En cuestión duns días acabarán”. Como estades levando o traballo con tanta obra? L.R.: “É complicado vender coas obras, porque non fas máis que limpar, pero xa se sabe como son estas cousas. De todos os xeitos, a verdade é que os praceiros estamos moi contentos, está quedando moito mellor”.

Lorena Rodríguez, no seu posto “Pan do Demo”, que abriu na Praza de Abastos de Celanova en outubro de 2013./S.N. que ofrecen carne da zona; o de venta das galeguesas, que moita xente coñece estas hamburguesas pero non sabe que son de Celanova; e o noso, que oferta cogomelos todo o ano e algúns produtos de artesanía, como velas feitas coa cera das colmeas ou obxectos de decoración con materias primas obtidas no monte. Xa fai un ano que marchou o froiteiro. Naquel momento estábamos xenial porque era unha oferta máis variada, pero dende entón quedamos nós os catro”.

Cantos postos hai hoxe en funcionamento? L.R.: “Hai dúas carnicerías,

Costa atraer clientes? L.R.: “Si, a xente non se anima a entrar, porque sénteno como se fose un comercio privado. Cando máis persoas entran é cando veñen os turistas, pero non compran, están de paso. O problema é que hai xente que ata pensa que a Praza leva anos pechada, ou algúns que non saben que nós temos o posto das setas acá e xa cumplimos dous anos”.

“Sentímonos orgullosos do que somos, amamos isto, porque se esperas facer diñeiro non é posible”

Plantexástevos coller un establecemento na rúa? L.R.: “Si, a nosa intención era esa, e miramos, pero os prezos eran inasumibles. Pídenche unha media de 250 ou 300 euros de aluguer, máis o seguro e os gastos era imposible. Sabiamos que na

Praza entraba pouca xente pero valorámolo porque tamén estamos no Mercado da Biosfera de Allariz. Era algo máis asequible e había que intentalo. Hai moita xente que nos di que saiamos da Praza que non se nos ve, pero eu teño claro que de acá non me vou, a maneira é apostar por ela, non marchar. Ás veces ata penso en montar outro posto na Praza, pero son moitos gastos e é moi complicado”. Que cres que podería contri-

buír a revitalizar a Praza? L.R.: “Creo que a chave estaría en que alguén collese o restaurante de arriba, que se ideou para ofrecer os productos da praza, e fomentaría a entrada de xente. Sería a mellor promoción, gañarías clientes e ambiente. Pero é moi difícil emprender, todo son gastos, non hai case axudas. O seguro, a luz, o coche… Eu polo que estudei arranxo os papeis sen ter que ir a unha xestoría. E cada tres meses hai que pagar o IRPF. Primeiro deberían facilitar economicamente o emprendemento, porque o tema do seguro é o peor, con 260 euros eu bótolle gasolina ao coche e como todo o mes; e logo axilizar os trámites. É moi difícil. Hai días que pensas en darte de baixa, logo volves animarte e sabes que debes seguir pelexando, pero as cifras non axudan nada. Por iso, entendo que á xente lle coste decidirse para coller o restaurante de arriba ou algún destes postos baleiros, pero ao mellor sería axeitado que se instalase unha franquicia”. Como é a experiencia de venta en Allariz? L.R.: “Alí vendemos máis, tamén levamos indo catro anos, máis ou menos, dende que comezou o Mercado da Reserva da Biosfera. As cousas tardan, pero unha vez que te consolidas vai moito mellor. Alá tamén cambiaron o mercado, e quedou moi ben. Pero o tema das setas, das verdu-

ras, deshidratados…todo funciona moi ben. É un mundo aparte. E tamén responden moi ben estes produtos con xente de fóra. Aínda que te sorprenda, acá en Celanova non hai tradición de comer setas todo o ano, van ao monte, pero só en tempada, nestes meses de outono e inverno, o resto do ano nada”. E como conseguides mantervos? L.R.: “Se estamos acá é porque amamos isto, porque nos gusta, se esperas facer diñeiro non é posible. Hai que traballar moito e acá non se valora o traballo que hai detrás. Por iso, para aguantar temos que ir facendo outros traballos complementarios, porque disto só non damos vivido. Nós sentímonos orgullosos do que facemos e do que somos, dúas persoas novas, vivindo nun pobo, saíndo ao monte a diario e manténdoo en boas condicións, facemos o que facían os nosos avós; e logo damos a coñecer o que temos”.

4 A visión do Concello Dende o Concello de Celanova móstranse moi satisfeitos con esta reforma e, unha vez rematada, procederán a tramitar a concesión do restaurante da planta superior. “Escoitaremos todas as propostas, pero tamén buscamos un perfil profesional con capacidade de captar clientes de fóra, para non facerlle a competencia aos restaurantes da vila, senón co fin de que sexa a vangarda cara ao exterior da gastronomía de Celanova”, explican. En canto aos dous postos que aínda permanecen baleiros, agardan que o novo aspecto anime a algúns produtores, e comprométense a “traballar na captación de posibles interesados”.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou o 16 de setembro a Praza de Abastos para comprobar a reforma. Estivo acompañado do alcalde e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez./R.T.


PROVINCIA

BARRIOS Outubro de 2015

17

4NOTICIAS DE EMPRESA

Nova delegada da Xunta Redacción

Marisol Díaz Mouteira substitúe a Rogelio Martínez á fronte da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense. Díaz Mouteira (Alemaña, 1967) é licenciada en Dereito e funcionaria da Xunta e nos últimos anos ocupou diversos cargos representando ao Goberno autonómico na provincia de Ourense, como delegada da Consellería de Xustiza, xefa territorial de Educación, xefa territorial da Vicepresidencia e secretaria territorial da Delegación da Xunta. Actualmente era deputada no Parlamento galego, posto que deberá abandonar agora para dedicarse a tarefas de representación do Goberno galego na

Marisol Díaz Mouteira, no acto de toma de posesión do seu cargo como delegada da Xunta en Ourense./R.T. provincia. A nova delegada prometeu «novas ideas e novos proxectos» durante o acto de xura do seu cargo, ao

que acudiron numerosas autoridades e o delegado saínte, Rogelio Martínez, que se despediu cun emotivo discurso.

Nove concellos reciben axudas para rehabilitación 4 Entre eles Allariz, Celanova, Verín, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía. Redacción O Consello da Xunta vén de autorizar os acordos que permitirán investir 28,5 millóns de euros en 1.660 vivendas situadas nas 54 Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) declaradas en 38 concellos galegos. A Xunta xa lles remitiu aos concellos para a súa tramitación os convenios que permitirán mobilizar as axudas para as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI). A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, solicítalles aos 38 municipios con subvencións concedidas que adopten as medidas procedentes para formalizar a sinatura o antes posible, previsiblemente ao longo do mes de outubro. Na provincia de Ourense son nove os concellos beneficiados: a capital ourensá, que recibirá 1.049.895 euros, Allariz con 30.000 euros, Castro Caldelas con 129.630 euros, Celanova

José Antonio Garza, xerente de Garza Automoción, co novo Mercedes-Benz GLC, que foi presentado no Hotel AC de Allariz./RAMSÉS.

Garza Automoción presenta o novo Mercedes-Benz GLC Garza Automoción, concesionario oficial de Mercedes-Benz na provincia de Ourense, presentou o pasado 8 de outubro o novo Mercedes GLC, a segunda xeración do SUV da clase intermadia da marca automobilística alemana. Trátase dun todoterreno que presenta un deseño con liñas máis suaves, maior espazo interior, máis capacidade de maleteiro e un 19% menos de consumo en relación ao seu antecesor, o GLK. E todo isto gañando, así mesmo, en seguridade, porque conta coas últimas novidades do mercado para facer deste coche o mellor compañeiro tanto na axetreada vida diaria como nas longas viaxes. O novo Mercedes-Benz GLC está xa dispoñible en Garza Automoción (Polígono de Barreiros) e estará tamén presente no stand da marca no próximo Salón do Automóbil, que se celebrará en Expourense do 23 ao 25 de outubro.

Dobre cita co automóbil en Expourense 4 Do 23 ao 25 de outubro e do 30 de outubro ao 1 de novembro.

Celanova recibirá 98.340 euros para a súa ARI./S.N. con 98.340 euros, Ribadavia con 116.220 euros, San Cibrao das Viñas con 35.760 euros, Verín con 89.400 euros, Vilar de Santos con 134.100 euros e Xunqueira de Ambía con 111.750 euros. Actuacións subvencionables As actuacións subvencionables no marco das ARIs serán obras de mellora da habitabilidade, seguridade, accesibilidade e eficiencia enerxética, tanto en elementos priva-

tivos como en elementos comúns dos edificios, así como realoxo temporal de ocupantes legais causados polas obras, execución de obras no medio urbano por parte dos concellos, e mantemento de equipos técnicos e oficinas de información e xestión. Os propietarios recibirán en axudas ata un máximo do 35% do custo do proxecto. Ao abeiro das ARIs xa se teñen rehabilitado máis de 11.300 vivendas en Galicia.

Redacción Expourense acolle no mes de outubro dúas citas cun dos sectores co-

merciais de maior peso na provincia, o da automoción. En estreita colaboración coa Asociación de Concesionarios de Automóbiles

Edición pasada do Salón do Automóbil.

de Ourense, A.C.A.U.T.O., organizan o 7º Salón do Automóbil - Vehículo Novo (a fin de semana do 23 ó 25 de outubro) e o 7º Salón do Automóbil – Vehículo de Ocasión (do día 30 de outubro ao 1 de novembro). Está confirmada a participación como expositores nestas citas da meirande parte dos concesionarios da provincia asociados a A.C.A.U.T.O. En total participarán unha vintena de empresas que engloban máis de 30 marcas de vehículos. O obxectivo é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo que poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán, comparar opcións antes de realizar unha compra que require dun gran desembolso económico.


18

BARRIOS Outubro de 2015

DEPORTES

O pavillón de Maceda levará o nome de Pablo Rodríguez 4 O biker proclamouse campión de España e de Europa. Redacción

estes anos.

Maceda rendiulle homenaxe ao seu deportista máis internacional, Pablo Rodríguez. Desde agora o pavillón deportivo desta localidade levará o seu nome. O biker estivo presente nun acto moi emotivo que recoñece a traxectoria do deportista. Rodríguez proclamóuse esta tempada, en categoría sub 23, campión de España de bicicleta de montaña (BTT) e campión de Europa e subcampión da Copa do Mundo na especialidade de cross country. Durante a homenaxe tivo lugar unha demostración dun adestramento da Escola de Ciclismo J.A. Hermida, algo que recordou os comezos de Pablo Rodríguez, que iniciou a súa formación no mundo do ciclismo nesta escola. Ademais, e con motivo do décimo aniversario da escola, proxectouse un vídeo que amosou o percorrido do club macedán durante

Familiares e amigos O ciclista estivo arroupado por familiares e amigos que non se quixeron perder o recoñecemento. En canto ás institucións fixeron acto de presenza o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde de Maceda, Rubén Quintas. Baltar dixo que a Deputación “está e estará ao carón de Pablo” porque “o seu futuro non ten límites”; tamén destacou que é un ourensán “universal, representa os mellores valores do deporte e leva con orgullo o nome de Maceda e o de Ourense”. Pola súa banda, Quintas afirmou que Pablo pedalexa por todo o mundo e con el “pedalexa todo Maceda”.

O biker macedán sube este ano á categoría absoluta

As inscrición para a San Martiño, a bo ritmo 4 A carreira popular celebrarase o domingo 15 de novembro en Ourense. P. Lodeiro O domingo 15 de novembro celebrarase a 39ª edición da carreira pedestre popular da San Martiño. A casi un mes para o remate das inscricións a cifra de anotados supera os 800. Convertida xa nunha cita deportiva de referencia a nivel nacional -está homologada pola Federación Española de Atletismo- e internacional, a carreira de 10 km polas rúas da cidade é tamén dun evento social de primeira orde en Ourense. Categorías A carreira terá tres categorías: cativos (menores de 8 anos), que percorrerán unha distancia de 1.400 metros; escolares (9-16 anos), para os que a organización deseñou un circuíto de 4.700 metros; e adultos (a partir de 17 anos), cunha distancia por diante de 10.000 me-

O Verín, na zona media da táboa Redacción

No centro, Pablo Rodríguez diante do pavillón municipal de Maceda que leva o seu nome.

Tras oito partidos disputados na Terceira División de fútbol, o Verín está na zona media da táboa. 12º con 10 puntos está tres por enriba do descenso e a catro da promoción de ascenso. Dúas

Presentación da San Martiño 2015./RAMSÉS tros. A saída producirase desde a ponte do Milenio, de forma escalonada para non se molestar, e na categoría de adultos haberá códigos de cores coas diferentes marcas persoais. Uns globos de helio axudarán a ir controlando o tempo durante o percorrido. A meta estará situada no pavillón dos Remedios. A primeira en dar o pistoletazo de saída será a proba absoluta (11 horas). Ás 12.30 horas será o turno das categorías escolares e finalizarán os máis cativos ás 13.15 horas. Inscrición Para anotarse na carreira haberá que inscribirse na web www.deportesouren-

vitorias, catro empates e dúas derrotas é a bagaxe dos de Iván González que suman 10 goles a favor e os mesmos en contra. Os verineses visitan este domingo o Baltasar Pujales para enfrontarse ao líder, o Rápido de Bouzas. Moterrei En canto ao Monterrei, está en postos de descenso

se.com até o 31 de outubro (cun prezo de 3 euros para a carreira de 10 km), ou do 1 ao 8 de novembro (cun prezo de 5 euros). As carreiras escolar e de cativos serán de balde para todos os que se anoten. Os que recollan en Ourense o seu dorsal (e o chip quen non o posúa en propiedade) deberán facelo na cancha central do pavillón dos Remedios entre o venres 13 -de 16 a 20 horas- e sábado 14 -de 9 a 20 horas-.

As inscricións estarán abertas ata o 8 de novembro no grupo sur da Rexional Preferente. O equipo dirixido por Vila ocupa a décimo sexta posición trala derrota en Rozavales por 1-3 diante do Domaio. Dúas vitorias e seis derrotas nas oito primeiras xornadas levárono a esta situación. Esta xornada volve a xogar na casa diante do Alertanavia.

EN BREVE

4 Hípica A pasada fin de semana celebrouse no hipódromo de Antela a última xornada de carreiras da tempada. As gradas estiveron cheas de público que non se quixeron perder este evento. Na primeira carreira, para pura sangues, o vencedor foi Doctor Diro; na segunda das carreiras, para pura sangue árabes, venceu Xas; na carreira de pura sangue ingleses gañou La Cañiza; e Shopina Jiel e Peon For Clara, foron os vencedores na cuarta e quinta carreira (a trote), respectivamente.

4 Orientación Máis de 300 persoas participaron no Trofeo Limiactiva de Orientación disputado na Saínza (Rairiz de Veiga). Na categoría de iniciación houbo podio totalmente ourensán. Gabriel Vázquez (Divina Pastora) rematou primeiro sendo Lisardo Vázquez (Diviva Pastora) e Juan Garrido (Limiactiva), segundo e terceiro, respectivamente. Tamén se logrou unha vitoria ourensá en homes 18 anos a cargo de Eros Mata (Trevinca O Barco). Os outros podios ourensáns foron os de Cástor Salgado (Limiactiva) en iniciación longa; Joao Morales (Limiactiva) en homes 12 anos e Francisco José Camba (Trevinca O Barco) en hombres 21 C. Os tres lograron a medalla de bronce. En categoría elite venceron Ángel Álvarez (Aromon) e Natalia Barros (Faicamiño).


PUBLICIDADE

BARRIOS Outubro de 2015

19


20

BARRIOS Outubro de 2015

EN BREVE 4 Paseos polo río Támega Un dos grandes valores ambientais do río Támega é a comunidade de aves asociada ao seu curso. Por iso, o próximo 25 de outubro a Eurocidade Chaves-Verín, en colaboración con ambos Concellos e a Asociación de Desenvolvemento Rexional do Alto Támega (ADRAT), organiza un paseo por dúas das novas rutas de observación destas especies. Os participantes serán recollidos ás 9:30 horas en Chaves e Verín, e trasladados á primeira ruta, entre Tamaguelos e a Lagoa de Mourazos. Ao remate, serán desprazados ata a segunda, ubicada xunto ás Lagoas de Chaves. Cada paseo, que conta coa presenza de especialistas, ten unha duración dunha hora e 50 minutos. As inscricións son gratuítas e limitadas. Os interesados poden inscribirse ata 22 de outubro en www.eurocidadechavesverin.eu.

4 Novos cursos na aula CeMIT de Celanova Neste mes de outubro están a dar comezo numerosos cursos na aula CeMIT de Celanova. Ata agora inciáronse as clases de informática para maiores e as de adquisición de habilidades sociais para a procura dun emprego. De seguido, os días 19, 20 e 22 impartirase (de 18 a 20 h) formación para realizar videochamadas; o 20 de outubro (de 9:30 a 13:30 h), técnicas de desenvolvemento de aplicacións con Angular JS; e o 27 (de 16:30 a 20:30 h), de seguridade perimetral con filtrado de paquetes e NAT. Os interesados en participar deben inscribirse na propia aula.

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Proba inédita ao gasóleo

Vilardevós A nostalxia sae con rumbo aos recordos que teño da infancia, cando visitaba a casa familiar en Vilardevós, pobo do meu avó Isaac, terra misteriosa que agocha o pé das Penas Ceibes. En Vilardevós está a esencia dun pobo traballador, unido e alegre, onde xamais houbo diferenzas entre as xentes de bo corazón. As miñas lembranzas son un feixe de imaxes que pasan lixeiras, mesturadas con aromas como o do pan recén cocido na madrugada no forno do avó por Luis, Linos e David, o cheiro a terra seca dos sacos polvorentos das patacas, as castañas e o cheiro químico do Nitramón, apilado na adega do negocio familiar. Foi acá onde os intrépidos contrabandistas deixaron pegadas imborrables, que hoxe nos guían cara unha historia rica e única, ao pé da Cidadela, en Soutochao, co son dunha acústica e sinfónica fervenza, quizais, orixe das xenialidades nadas nas entrañas de Ángel Barja, músico de Terroso, que xunto cos irmáns Jacinto e Silvio Santiago, Eloy Luis André, Manuel Núñez e Xaime Noguerol, escritores de acá, que coas súas letras, calman a morriña de Paulino, o meu carteiro, poeta emigrado na Herradura, e que leva a Vilardevós cravado na alma. A miudo lémbrome daqueles xantares da matanza, feitos pola infatigable

“Vilardevós, terra ceibe, berce dos meus antepasados, nostalxia dunha terra única”

e lonxeva Fé, “a madriña”, que con 94 anos aínda posúe unha mirada chea de vida. Foi un 16 de agosto cando nacín, o mesmo día do San Roque, festa grande en Vilardevós, por iso que naquel tempo andaba eu sempre de celebración, recibindo agasallos dos avós e familiares, e a maiores un par de días de festa, que era o mellor. Daquela, no pobo había moitos bares e sempre estaban ateigados de xente. Arrancaba a troula na estrada, no bar do Paco e da Puriña, rebosantes de bondade e agarimo cara a min, seguiamos no bar do Ferreiro, despois no bar da Rosita, na avenida, e xa baixando cara ao cruceiro, no bar do gran Ricardín, que era o santuario do equipo de fútbol, aquel gran equipo invencible. Abaixo tamén estaba a tenda da Pepita, o bar do Jaime, o bar José Antonio, o bar Juan “O Callan” rexentado hoxe por Teresa e Xosé Luis, a tendiña da Isabel, e xa cara o toural o bar Isidro coa señora Celsa, a Alicia os días da feira, e a Olimpia. Coido que os lugares e as súas xentes están en sintonía coas circunstancias que acontecen en cada intre, e aqueles locais tiñan a maxia e personalidade dos seus donos facéndoos diferentes. Nos setenta, en Vilardevós, había moitos veciños no pobo e os días da festa, cando se achegaban de todos os recunchos do concello, aumentaban considerablemente. Lémbrome de moitos deles, e sería imposible nomealos, mais algúns non me deixaban indiferente, e sempre tiñan un guiño cara a min, e voltar velos, cada vez que chegaba a Vilardevós, era unha ledicia. Lembro a Doloriñas bailando sen descanso cos

seus olliños rasgados, o Toñito co motocarro, no que sempre estabamos subidos os nenos, o trilero “Alevanto”, o señor Benito “o forense” co seu peculiar bigote, o señor Jacinto “o barbeiro”, e como non, o tío Abelardo e a súa dona Amparito, a tía Benita, o Juan e Conchita que xunto coa famila dos “chinitas” (Lucía, Isaura, Maruja, Manolo e Xoaquín) fixéronme sentir un neno feliz. Xunto con aquel grupiño de rapaces da miña idade, que daquela viviamos a xolda con nobleza e amizade verdadeira, e que aínda hoxe, despois de moitos anos, cando no pobo nos xuntamos, lembramos as nosas andanzas, coma se non pasara o tempo. Non quixera esquecerme de don Baltasar, o cura de Vilardevós, coma el mesmo se nomeaba. Coido que foi unha persoa boa, simpática e sobre todo xenerosa, antepoñendo sempre a realidade sobre as controvertidas doctrinas teolóxicas, que tantas críticas lle trouxeron, mais el, sempre predicando, consagrando e absolvendo, dende o seu estilo inigualable, cun sentido do humor moi agradecido, e que tanto se bota de menos. Vilardevós, terra ceibe coma a serra, berce dos meus antepasados, nostalxia misteriosa dunha terra única, onde discorren as augas cristalinas e os sons espirituais dos devanceiros pululan no aire puro, para que, a pesar do paso veloz do tempo, xamais poidamos esquecer estas raices fondas que son as bases sólidas dunha herdanza fermosa, que, alomenos eu, non esquecerei xamais. Miguel A. Prieto “Chitín”

A Asociación Portuguesa en Defensa do Consumidor (DECO) comprou catro automóbiles novos, enchéronos de gasóleo normal, extranormal e extra en varios puntos do país e realizaron 12.000 quilómetros con cada un. Ao final, verificaron o consumo e entregaron os pistóns de cada automóbil no laboratorio para avaliar o impacto dos distintos combustibles, referentes ao desgaste do núcleo vital do motor. Conclusión? É todo igual, non encontraron diferenzas significativas entre o peor e o mellor,

“Non hai diferenza entre o peor e o mellor gasóleo”

só unha insignificante diferenza de 0,13 litros en cada 100 quilómetros. No caso de rolar coa presión incorrecta dos neumáticos a diferenza de consumo é aínda maior. Por iso, todo o gasóleo é igual e a publicidade feita aos gasóleos extra resulta dunha acción enganosa. Estamos perante unha práctica desleal. Hai que esixirlle ás autoridades competentes transparencia total. Vasta de enganar ao consumidor! O Ministerio da Economía debería esixir probas sobre todas as publicidades dos gasóleos máis caros. E debe ser creado urxentemente un regulador para o sector con datos obxectivos e esclarecedores. João Damião

Comeza o concurso de carteis do Entroido de Verín 4 Os traballos poden presentarse ata o 25 de novembro. Redacción Co obxectivo de publicitar as festas do Entroido do próximo ano, en consonancia co seu espírito participativo e popular, o Concello de Verín vén de convocar o tradicional concurso para seleccionar o cartel oficial dos festexos. Pode participar quen o desexe, presentando obras orixinais con formato 50x70 cm e que mostren a esencia desta festa. A entrega das mesmas debe facerse antes do 25 de novembro no

Rexistro do Concello. De seguido, do 26 ao 10 de decembro, os veciños de Verín poderán votar ao seu favorito, e finalmente será o xurado profesional o que ditamine a creación gañadora, cuxo autor recibirá 600 euros. O Entroido de Verín, declarado Festa de Interese Turístico Nacional, celebrarase os días 28 e 31 de xaneiro, 4,5,6,7,8 e 9 de febreiro.

O autor do cartel gañador recibirá 600 euros


OCIO E CULTURA

4IMAXE DO MES

BARRIOS Outubro de 2015

21

4NOTICIAS DE EMPRESA

Para tallas grandes, Komodamoda

Para os seus saltos no tempo os Bolechas precisaron da axuda dalgúns nenos./R.T.

Os Bolechas chegan coa súa máquina do tempo ata Celanova Os irmáns animados máis famosos de Galicia visitaron o pasado domingo 11 de outubro Celanova. O Auditorio Municipal Ilduara encheuse pouco despois de mediodía de ducias de cativos que gozaron do seu novo espectáculo “Os Bolechas na máquina do tempo”, e fixeron un repaso polos seus coñecementos de historia da man destes divertidos personaxes.

Nova tenda, novas instalacións, nova localización, nova colección e moitos máis metros de exposición onde o máis difícil vai ser elixir o que te vas levar. Despois de nove anos en Ourense, a pasada semana comezou unha nova etapa a coñecida tenda de tallas grandes Komodamoda, estreando novo local na rúa Bedoya, 13, baixo, da capital ourensá. Máis amplo e máis comodo, mellorado e coidando todos os detalles con moito mimo, pensando nas necesidades das súas clientas. E iso non só se nota no seu interior, senón desde a propia entrada ao facilitar a accesibilidade a todas as persoas. Coincide este inicio cunha nova tempada que

trae bonitas cores, novos deseños, moitos vestidos, saias estampadas ou asimétricas, pezas en polipel ou con aplicacións, antelinas cun tacto moi suave e agradable, leggins para combinar con pezas longas, maxi xerseis moi estilosos, ademais dunha gran variedade de prendas vaqueiras, camisas, cazadoras ou pantalóns. E todo o que ofrece como sempre até a talla 70, con deseños moi xuvenís e actuais. Destacan tanto os flecos en todo tipo de pezas e accesorios, como o estilo étnico que tanto favorece e que nos fai ver e sentir diferentes. Contan tamén con botas de cana ancha na pantorrilla, todo en pel, ata o número 43, que tanto gustan e tan bo resultado dan ás súas clientas.

Xa pensando no inverno podes completar o look coas medias super amplas para estar ben monas e quentiñas. Roupa de festa Para as que teñan algún evento, poden lucir fantásticas cun vestido longo en favorecedoras cores, con encaixes, teas bordadas, faxíns, boleros e tamén en curto. A estrela da tempada, o mono, que é sinxelo e elegante á vez. E o máis importante sen ter que preocuparse pola ditosa talla xa que en Komodamoda atoparás a túa, sen dúbida.


22

BARRIOS Outubro de 2015

EN BREVE 4 Búscase logotipo para o Mercado da Biosfera de Allariz O Concello de Allariz e o Mercado de produtos da Reserva da Biosfera organizan un concurso para buscar logotipo e imaxe corporativa que identifique o recentemente renovado Mercado de xeito innovador e creativo. Ata o 11 de novembro os candidatos poderán enviar as súas propostas a participa@allariz.com, e a gañadora recibirá 300 euros. O xurado dará a coñecer o seu fallo na web www.allariz.gal (onde figuran as bases do concurso) e nas redes sociais do Concello o 12 de novembro.

4 “Abstrarte”, na Sala de Exposicións de Verín A Sala de Exposicións de Verín acolle ata o 31 de outubro a exposición de pintura “Abstrarte”, de Patricia Fernández Paz, artista lucense afincada en Ourense. Patricia estudou gráfica publicitaria en Lugo; fixo cursos de xoiería ou talla en marfil; e traballa nunha imprenta dixital ourensá desde 2007. A mostra pode visitarse de luns a venres das 17 a 21 horas, e os sábados de 10 a 14 e de 17 a 20:30 horas.

4 Verín Hacklab Este mes de outubro, “Verín Hacklab” retoma o seu laboratorio tecnolóxico. As clases impartiranse, na aula CeMIT da Casa da Xuventude, os venres (en dous grupos de 16 a 18 horas e de 18 a 20) e os sábados (en dous grupos de 11 a 13 horas e de 17 a 19:30). Esta iniciativa, dirixida a rapaces de entre 10 e 16 anos, ofrece creación de xogos, deseño de figuras en 3D, mantemento de equipos, charlas sobre os perigos e violencia nas redes sociais, uso de móbiles e aplicacións, e robótica educativa. Os interesados en inscribirse poden facelo na Casa da Xuventude ou na Escola de Familia.

OCIO E CULTURA

Verín conmemora o mes das bibliotecas 4 Con contacontos, obradoiros e conferencias na instalación municipal. Redacción Durante todo o mes de outubro a Biblioteca Municipal de Verín celebrará o Día Internacional da Biblioteca (que se conmemora o 24) cun completo ciclo de actividades de contacontos, manualidades, talleres, conferencias e presentacións de libros. Así, o próximo venres 16, terá lugar ás 19:30 horas a conferencia “A traxedia da emigración” de Manuel Mandianes,

con entrada de balde. O día 21 será o turno de “O mundo da morte, as ánimas e os defuntos na cultura galega”, a cargo de Miguel Losada, da Sociedade Antropolóxica Galega. O 23 festexarase o Día da Biblioteca con contacontos e manualidades para nenos de entre 3 e 9 anos socios da intalación. Así mesmo, o 27 e 28 acollerá obradoiros de cabazas do Samhain, para o cal é preciso inscribirse, xa que só poden participar cinco nenos cada día, e cun acompañante.

O 29 de outubro, ás 19:30 horas e con entrada

4 A Casa da Cultura acolle as distintas funcións, ata o 8 de novembro. A Casa da Cultura de Verín acolle do 3 de outubro ao 8 de novembro o ‘VI Festival de Teatro Entreculturas”, no que participarán grupos e compañías de teatro amateur de Galicia e Portugal. O festival está organizado pola Asociación para a Cultura e Ocio La Caja de Pandora de Verín coa colaboración do Concello de Verín, e o seu programa inclúe

un total de sete funcións que dan comezo ás 20 horas e ás que se pode acudir de balde. Programa Tras as tres primeiras, o próximo sábado 17 de outubro chega o turno da representación de “A Zapareira”, a cargo da Asociación Cultural A Ruada (A Rúa); o día 24 os asistententes poderán gozar de “Uma bomba chamada Etelvina”, da man da Asociación Cultural Vai Avante de Portugal; e

Animación á lectura Con motivo destas actividades, as de fomento

á lectura adiántanse ás 17 horas. As inscricións poderán realizarse, coma sempre, na biblioteca, por teléfono ou en biblioteca@verin.net.

0 27 e 28 haberá obradoiros de cabazas de Samhaín

Os días 23 e 30 de outubro acollerá contacontos e manualidades para nenos.

VI Festival de Teatro Entreculturas Redacción

de balde, será a presentación da obra “Amigo medo”, do escritor Javier López Rodríguez. E o día 30, pecharase o mes con contacontos e manualidades de Samhaín para os máis cativos.

o 31, de “Sempre nos quedará Venecia”, por parte dos anfitrións, a Asociación Cultural La Caja de Pandora de Verín. Xa o 8 de novembro, pecha esta edición “Se o sei non volvo a casa”, a cargo da Asociación Cultural Charamela, de Melide.

As funcións teñen lugar ás 20 horas e con entrada gratuíta

Outono de cine na vila do Támega 4 Haberá proxeccións ata o 22 de novembro. Redacción A Casa da Cultura de Verín está a acoller proxeccións dentro do circuíto de exhibición cinematográfica Cinemas de Galicia. Dende o 19 de setembro, os asistentes gozaron de películas como “Encallados”, “Ida” e “As altas presións”. De seguido, en novembro, dará comezo a segunda parte, coa exhibición o sábado 7 (ás 20 h) de “Le Week-End”, unha comedia romántica que obtivo

unha Concha de Prata no Festival de San Sebastián 2013. O sábado 14 (ás 20 h) será o truno de “9 ondas”. Finalista nos premios Mestre Mateo 2014 na categoría de longametraxe. E o domingo 22 (ás 19 h), da película “Guillaume y los chicos, ¡a la mesa!”, que gañou 5 Premios César da Academia de Cine de Francia, e dous Premios da Quincena de Realizadores de Cannes, en 2013. O prezo da entrada é de 3 euros.

4AXENDA - 23 de outubro - Representación de “Memorias dun neno labrego” - 12:30 e 20:30 h - Casa da Cultura - Allariz - 30 de outubro - Manualidades de Samhaín 17 h - Biblioteca Pública de Verín - 30 de outubro e 1 de novembro - Xornadas do Fantástico Romasanta Allariz www.periodicobarrios.com


CLASIFICADOS

BARRIOS Outubro de 2015

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº18 - Ano: X - Outubro 2015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Alugo habitación en Verín con dereito a cociña, cama de matrimonio, baño, salón e wifi. Tel. 626 78 09 24. Alugo casa a 1 km de Allariz, 2 habitacións, amoblada, calefacción, bo prezo. Tel. 632 78 60 14. Alúganse 2 naves de 422 e 454 m/2. Xuntas ou separadas en Polígono de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15 fronte a Codisoil. Telf. 639 677 432. Vendo piso en Portonovo. No centro, preto da praia. Tel. 626 297 504. Alúgase bodega, serve para garaxe de moto ou ciclomotor. Zona Praza do Couto, rúa Francisco de Moure. Prezo 20 euros. Tel. 636 329 524. Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase habitación próxima aos novos xulgados do Couto, con fiestra cara a rúa, cama de matrimonio, mobles, calefacción, televisión, Wi-Fi. Dispón de salón, cociña e baño. Prezo: 180 euros/ mes (gastos incluidos). Tel. 600 922 547 (WhatsApp). Preferiblemente persoa tranquila, ordenada e non fumadora (aínda que me adaptaría se fose necesario). Véndese casa de dúas plantas en León de Villamarín. Tel. 988 615 263 e 676 758 819. Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen intermediarios. Tel. 690 795 379

VENDAS Vendo unha impresora, unha fotocopiadora, unha calefacción de gas cidade seminova e un sofá 3-2, todo a bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Vendo litera de aluminio, con soporte de seguridade e escaleira. 190cmx90cm, bo prezo. Tel. 691 01 70 95 (en Ourense cidade). Vendo berce de madeira maciza nova, regalo colchón tamén novo. Tel. 988 04 52 74 e 666 84 10 29 Vendo coche sin carné Microcar en perfecto estado, elevalunas eléctrico, peche centralizado, motor de 500cc, 4.000 euros negociables. seminovo. Tel. 677 22 96 57 (José Luis) Vendo llantas de aluminio de 15”. Seminovas, para rodas de 195615. 180 euros negociables. Tel. 639 984 043. Vendo Volkswagen Golf V 140cv TDI Sportline. 6 velocidades. De maio de 2005. Climatizador bizona, peche con mando e alarma, ABS, ESP, radio CD con cargador para 6 cd´s, bluetooth con Parrot. En perfecto estado, cor negra. Tel: 616 103 100. Véndese tractor hidráulico de segunda man. Completamente equipado. Tel. 695 690 945.

Vendo roupa de señora de moi boa calidade e de marca. En perfecto estado. Tamén telas, cortinas e algunha mantelería. Tel. 690 79 53 79 (Carmen). Véndese leña de carballo para cheminea. 220 euros por tractor. Tel. 630 521 448. Véndese Mercedes B 180 CDI (modelo novo). Ano 2012. 71.000 kms. Por 18.900 euros./ Peugeot 308 HDI 110 cv. Ano 2009. 98.000 km2. 8.800 euros./ Passat Highline 2.0 TDI 140 cv. Ano 2007. 170.000 kms. Faros Xenon. 11.000 euros./ Audi A4 2.0 TDI 140 cv. Ano 2005. 145.000 kms. Con navegador. 10.500 euros./Renault Megane familiar DCI 105 cv. Ano 2010. 109.000 kms. 9.500 euros./Audi A6 2.5 TDI 140 cv 6 velocidades. Ano 1995. 1.900 euros. Tel. 988 410 418 - 607 917 339.

EMPREGO Ofrécese mozo responsable, meticuloso, ledo, para traballar en departamento administrativo ou como dependente. Ampla experiencia. Tel. 629 154 995. Señora de 48 anos ofrécese para traballar por horas, en limpeza na zona de Allariz. Tel. 652 783 897. Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 142 Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 782 460. Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de inglés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases de recuperación a domicilio, matemáticas e resto de materias curriculares. Todos os niveis. Con CAP, ampla experencia, económico. Info: clasesadomicilio2014@hotmail.com e tel. 610 382 589. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp). Desbrózanse fincas con tractor e a man. Tel. 630 521 448.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Outubro de 2015


15 de outubro - Barrios