Xuño 2011 - BXV

Page 9

especial ADEIDO

BARRIOS Xuño de 2011

ADEIDO pon en marcha o proxecto “Rehabilitación II” Proxecto pensado para recuperar o patrimonio arquitectónico ourensán e fixar poboación no rural A Asociación de Empresarios Inmobiliarios de Ourense (ADEIDO) vén de por en marcha a segunda edición do seu proxecto “Rehabilitación”, co cal busca a recuperación do patrimonio arquitectónico e a fixación de pobación nos 92 concellos de Ourense, ao mesmo tempo que se dinamice a vida económica da provincia coa posta en valor de todas as súas posibilidades. Aqueles concellos que asinen este convenio con ADEIDO permitiranlle aos seus veciños interesados en rehabilitar a súa vivenda que o fagan “nas mellores condicións”, tal e como sinalou o presidente deste colectivo, Benito Iglesias. Polo momento, sete municipios ourensáns xa respoderon afirmativamente a esta iniciativa: Xunqueira de Espadañedo, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Baños de Molgas, Nogueira de Ramuín, Esgos e Maceda. Alcaldes e concelleiros de Urbanismo atenderon as explicacións que os empresarios do sector inmobiliario lles fixeron no transcurso dun xantar coloquio no castelo de Maceda. Vantaxes de “Rehabilitación II” A primeira vantaxe de formar parte deste proxecto é a publicación das propiedades para vender no portal inmobiliario de ADEIDO (www.pisoenourense.com)

a custo cero. Ademais, ADEIDO conta co apoio do despacho de avogados ARL, que ofrece aos residentes nos municipios vencellados á iniciativa o rexistro das súas propiedades –a principal demanda coa que a asociación se atopou durante a primeira edición de “Rehabilitación”- nas mellores condicións do mercado (con servizo in situ, asesoramento personalizado e un 20% de desconto na tarifa). Tamén colabora o estudo de arquitectos Daniel López Ben & Pablo Noya Suárez, que ofrecerán aos interesados en rehabilitar un 20% de desconto así como información de balde sobre as liñas de axuda nesta materia que estean en vixencia no momento. Por exemplo, a que na actualidade oferta a Xunta de Galicia para aquelas vivendas sitas no trazado do Camiño de Santiago (con achegas que acadan ata o 75% do presuposto ata un máximo de 11.600 euros). Desta área de rehabilitación benefícianse as vivendas situadas nos municipios de Ourense, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Taboadela, Allariz, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Laza, Trasmirás, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Verín, Vilardevós, Riós, A Mezquita, Castrelo do Val, A Gudiña, Vilariño de Conso, Piñor, San Cris-

ADEIDO reuníu a alcaldes e concelleiros de Urbanismo no Castelo de Maceda nunha xuntanza explicativa sobre o proxecto “Rehabilitación II”. tovo de Cea, Vilamarín, Amoeiro e Coles. Ademais dos particulares, as axudas tamén benefician aos concellos, que poderán acceder a subvencións para a realización de obras de urbanización no ámbito das áreas de rehabilitación (ata o 60% do orzamento das obras). Xornada formativas Este proxecto complétase cunha serie de xornadas formativas que ADEIDO pon a disposición dos concellos para facilitar á poboación coñecementos en materia de rehabilitación a través dunha información clara, comprensible e agrupada.

Benito Iglesias, nun momento do xantar-coloquio no Castelo de Maceda.

Os concellos que asinen o convenio con ADEIDO permitiranlle aos seus veciños interesados en rehabilitar a súa vivenda que o fagan “nas mellores condicións”, sinalou o seu presidente, Benito Iglesias

Rolda de prensa de presentación do proxecto “Rehabilitación II”; no centro, Benito Iglesias, presidente de ADEIDO.

ADEIDO realizará xornadas informativas para facilitar á poboación coñecementos en materia de rehabilitación a través dunha información clara, comprensible e agrupada


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.