Xuño 2011 - BXV

Page 1

[páx.2-8]

COMARCAS Páx.9

CULTURA

Páx.14

ADEIDO incentiva a rehabilitación no rural ourensán

Curso de verán en Xinzo sobre os castros da Limia

COMARCAS Páx.16 As aulas CeMIT impulsan a alfabetización dixital

PROVINCIA Páx.18

Especial

Eleccións Municipais 22-M: os resultados

DEPORTE

Páx.21

O Inorde crea un foro VII Carreira Popular para saber como ven Nocturna en Xinzo, o fóra os nosos produtos sábado 18 de xuño

Máis de 200 atletas na Torre do Castro de Sandiás Elpidio Gómez foi o vencedor desta segunda edición

[páx.21]

Número: 55 - Ano:VI - Xuño 2011 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xuño de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

ENTREVISTA A JUAN MANUEL JIMÉNEZ MORÁN – ALCALDE DE VERÍN

“O meu proxecto estrela para estes catro anos será a creación de emprego en Verín” 4 O parque empresarial de Tamagos, o centro de investigación termal, unha nova escola e un xeriátrico serán, segundo Jiménez Morán, algunhas das fontes de xeración deses postos de traballo. Ramsés Torres Repetindo maioría absoluta, incluso con maior apoio que catro anos atrás, Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín, confésase moi satisfeito e explica que ese aumento se debe á súa boa xestión durante a lexislatura que agora remata. Coa prioridade absoluta de crear postos de traballo na vila, o popular afronta estes catro anos convencido de que serán determinantes para a historia de Verín. Que valoración fai do resultado obtido polo Partido Popular de Verín nas pasadas eleccións municipais? Jiménez Morán: “Os resultados son moi bos, os mellores da historia do partido acá, polo que estamos moi satisfeitos coa confianza que depositou en nós o pobo de Verín, agora o que nos dá medo é non ser capaces de cumplir ca mesma. Iso sí, ímolo a intentar con tódalas nosas forzas, cumplindo o programa tan amplo que presentamos e que tanta ilusión creou nos verineses”. Que cre que motivou este incremento de votos? Agardábao? J.M: “Nós agardabamos ter bastantes votos polos comentarios que escoitábamos na rúa e cremos que aconteceu así pola xestión que levamos a cabo durante os últimos catro anos, a pesar de que foron complicados

porque collemos as rendas do concello nun momento en que a débeda do mesmo era importante, acadando un valor de máis dun millón de euros. Practicamente adicámonos a poñer ao día as contas en vez de poder aplicar as novas medidas que tíñamos en mente, pero, a pesar diso, creo que fixemos un traballo, principalmente nos dous últimos anos, logo de producirse o cambio de goberno da Xunta, xa que antes non foron escoitadas ningunha das nosas peticións. Con Núñez Feijoo poidemos comezar proxectos como o parque empresarial de Tamagos, a ampliación do de Pazos, desenvolver o termalismo na zona, etc., iniciativas que agora temos que rematar para crear emprego en Verín”. Que significou para vostede que fose Verín o concello que lle concedeu un deputado máis ao PP a nivel provincial? J.M.: “Foi unha satisfacción grande. Aínda que o tiñamos calculado: se conseguiamos unha vantaxe de 478 votos o PP faríase cun deputado máis e para min é todo un orgullo que este proceda de Verín”. Na entrevista previa ao 22-M díxonos que se non se retiraba non era por falla de ganas, segue pensando o mesmo? J.M.: “De poucas cousas podo presumir, pero unha delas é a de ter unha estrutura de partido impre-

sionante, con rapaces novos aos que hai que deixar paso, aínda que recoñezo que cada vez é máis difícil porque á xente cóstalle entrar en política. A verdade é que a pesar dos anos que levo teño moita ilusión por todos os proxectos que temos en marcha, levo tempo dicindo que estes catro anos serán os máis importantes dos próximos vinte, porque a todos - tanto a goberno como a oposición- tócanos cambiar o sistema produtivo de Verín, xa que estaba baseado na construción e iso ocasionoulle maiores danos a raíz da crise económica actual. Hai que orientalo cara ao termalismo, ao turismo, ao sector primario... Ese é o meu reto: encamiñar Verín. Ao rematar esta lexislatura xa vos direi”. Que valoración lle merecen os resultados do seu partido a nivel provincial? J.M.: “A quen lle compete valorar iso é ao presidente provincial, quen xa o fixo e asegurou estar contento porque os resultados foron, en xeral, bos, salvo na capital. O que hai que facer sempre, sexan como sexan os resultados, é pensar onde se fallou para non conseguir máis apoio. Eu, a pesar de aumentar un 12% o número de votos recibidos, estou valorando en que me equivoquei para non conseguir os 14 votos máis que me tiveran dado o concelleiro número 11. Gústame ser crí-

Juan Manuel Jiménez Morán no seu despacho do Concello de Verín./ RAMSÉS tico conmigo mesmo porque de xeito contrario non se é capaz de mellorar. O que hai que sacar dos resultados son conclusións e buscar a solución aos erros”. En canto aos resultados do PP en Ourense capital, que explicación lle atopa a que non fosen tan favorables? J.M.: “Supoño que haberá xente a que non lle gustou a candidatura e a irrupción dun novo grupo político fixo que optasen por eles. Pero a verdade é que eu non podo nin debo facer unha análise porque non coñezo como se des-

envolveu a campaña, iso deberá facelo a xunta local do PP en Ourense e estou seguro de que así será”. De todo o que inclúe o seu programa electoral, cal será a primeira medida que porá en marcha a partir do 11 de xuño? J.M.: “Como comentaba antes, as infraestruturas máis primordiais para Verín son o parque empresarial de Tamagos, o parque loxístico que dentro do mesmo vai sacar a Xunta de Galicia, o centro de investigación termal que leva consigo un hotel-balnearioescola (que suporá o relan-

zamento do termalismo en Verín), o Complexo das Artes, unha nova escola de educación infantil, o novo xeriátrico.... Pero para todo iso é imprescindible aprobar o Plan Xeral nun prazo moi curto, para dispor dos terreos precisos. Neste intre só nos resta un informe da Confederación Hidrográfica do Douro, que agardo que estea resolto en menos de 15 días”. E de todo iso, cal diría vostede que será entón o proxecto estrela do PP nesta lexislatura? J.M.: “O meu proxecto estrela particular é crear emprego, por iso por primeira vez dende que me presento a alcalde de Verín atrevinme a firmar un contrato cos veciños pondo por escrito no noso programa electoral o número de postos de traballo que crearemos con proxectos que temos en mente. Iso é o que agardo cumprir nos próximos catro anos e é o que máis falla lle fai ao noso pobo”. Se antes das eleccións ses dirixía aos veciños para pedirlles o seu voto, que lles diría agora? J.M.: “En primeiro lugar daríalle as grazas a todo o mundo, tanto aos que nos votaron como aos que non. E logo quero que saiban que estes catro anos serán os máis importantes dos próximos 20 ou 40 da historia de Verín e para iso o Partido Popular vai arrimar moito o ombreiro”.


ELECCIÓNS MUNICIPAIS especial

BARRIOS Xuño de 2011

Jiménez Morán consolida a súa maioría

4 Logra un concelleiro máis que fai catro anos (10), os socialistas mantéñense (4), o BNG sube un (3) e desaparecen os independentes da corporación de Verín. Redacción O pasado sábado 11 de xuño tomou posesión a nova corporación municipal de Verín, conformada por dez concelleiros do Partido Popular, catro do Partido Socialista e tres do Bloque Nacionalista Galego. Nesta lexislatura desaparecen os independentes. Tras constituírse a mesa, presidida pola concelleira de maior idade, María Corona Meixeira Romasanta, e o máis novo, Diego Lorenzo Moura, constituíuse a corporación e, a continuación, elixiuse o alcalde, nunha votación a man alzada, obtendo o seguinte resultado: dez votos para

Juan Manuel Jiménez Morán (PP), catro para Emilio González Afonso (PSdeGPSOE) e tres para Perfecta Losada Sotelo (BNG). Ante este resultado, proclamouse como alcalde de Verín o candidato popular Juan Manuel Jiménez Morán, que estivo arroupado na súa toma de posesión por numeroso público e por cargos do seu partido, como a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo ou o parlamentario Celso Delgado. No seu discurso de investidura o rexedor popular recalcou que na vindeira lexislatura vaise definir o Verín das vindeiras décadas.

A representación na corporación municipal de Verín redúcese nesta lexislatura a tres grupos: PP, PSOE e BNG

Foto de familia da nova corporación municipal de Verín. /CdV. Concelleiros Os integrantes da corporación municipal para esta nova lexislatura son os populares Juan Manuel Jiménez Morán, Enrique Día García, María Luisa Valla-

dares Rodríguez, José Hilario Castro González, María Luisa Salgado Carballo, José Ramón Blanco Cid, María Inmaculada Hervella Ramos, Víctor Manuel Baladrón Lamas, María Coro-

na Meixeira Romasanta, e María de la Paloma Esteban Álvarez. Polo PSOE serán concelleiros Emilio González Afonso, José Agustín González-Ares Fernández, Yo-

landa Losada Fernández e Elías Taboada Nieves. Polo BNG completan a corporación Perfecta Losada Sotelo, Óscar Núñez Álvarez e Diego Lorenzo Moura.


BARRIOS Xuño de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

ENTREVISTA A ANTONIO PÉREZ – ALCALDE DE XINZO DE LIMIA

“Nunca dubidei de que iamos gañar as eleccións” 4 A pesar das numerosas listas, Antonio Pérez asegura que o Partido Popular sempre foi a opción máis válida. Miguel Rejo Completamente satisfeito pola maioría absoluta acadada foi como Antonio Pérez estreou o 11 de xuño o seu cargo como alcade de Xinzo de Limia. O popular, que promete traballar arreo polos seus veciños, asegura que nunca dubidou da súa vitoria a pesar da dura competencia e considera que o seu partido, en xeral, debe estar moi orgulloso do apoio recibido en toda a provincia. Que valoración lle merece o resultado obtido polo PP en Xinzo de Limia nas pasadas eleccións municipais? Antonio Pérez: “Moi positivo, porque a pesar das sete candidaturas que se presentaron nós conseguimos 200 votos máis que fai catro anos, polo que o noso resultado paréceme espléndido”. Agardábao? A.P.: “Sempre. Eu nunca dubidei de que íamos gañar as eleccións porque a xente é moi intelixente, sabe que apostar polo Partido Popular e por este grupo de goberno é garantir o futuro do pobo”. Que representa para vostede que o seu partido fose o único que aumentou en escanos en Xinzo? A.P.: “Eu creo que é unha tendencia clara que se da a nivel global, pero acá ha-

bía unhas circunstancias extraordinarias porque, despois de Ourense, Xinzo era o concello no que concurriron un maior número de listas electorais e era moi difícil acadar a maioría absoluta. Finalmente, a pesar de rozar o décimo concelleiro, quedamos con 9 (de 17), o que creo que é un resultado estupendo”. Que opinión lle merecen, precisamente, ese elevado número de partidos que se presentaron á alcadía de Xinzo? A.P.: “Eu non vou a opinar sobre outras formacións políticas, pero o que sí que penso é que cando unha persoa se presenta como independente as súas razóns terá. En canto aos seus resultados, non teño nada que dicir, aí están”. E que ese aumento de votos do seu partido aconteza a primeira vez que vostede se presenta como candidato? A.P.: “Como dicía antes, eu nunca tiven dúbidas porque vía o que pensaba a xente, que se demostraba nos nosos actos electorais, nos que sempre enchiamos os locais que acupabamos. En definitiva, palpábase a maioría”. Cre que con este resultado péchase a polémica que surxiu no momento de elixir candidato do PP en Xinzo?

A.P.: “Se non se pecha o debate eu négome a seguir falando deste tema porque xa me parece absurdo”. Como valora os resultados do seu partido a nivel provincial? A.P.: “Creo que estiveron, moi ben, con algunha excepción, lóxicamente. O PP cumpliu as súas expectativas máis que de sobra”. E os resultados do PP en Ourense capital? A.P.: “Eu non entro a valorar ese tipo de cuestións”. De todo o que inclúe o seu programa electoral, cal será a primeira medida que porá en marcha? A.P.: “Primeiro reestruturarei as áreas, porque agora somos máis concelleiros e a partir de aí comezaremos a traballar arreo durante os próximos catro anos, que fai moita falta nesta vila”. Se antes das eleccións se dirixía aos seus veciños para pedirlles o voto, que lles diría neste intre? A.P.: “Grazas pola súa confianza. Creo que escolleron o opción máis válida, temos un gran equipo de goberno, imos a facer moitas cousas por este pobo e non os imos a defraudar. Polo tanto, simplemente moitas grazas polo seu apoio e que agora estamos a disposición de todos os veciños”.

O PP retén a alcaldía de Xinzo 4 As urnas refrendaron a Antonio Pérez como alcalde da capital limiá. Redacción O Partido Popular volve gobernar con maioría absoluta en Xinzo de Limia. Os nove integrantes deste grupo político déronlle a Antonio Pérez o seu apoio na votación que o convertiu de novo en alcalde, mentres que PSOE, BNG e AIDAL votaron aos seus candidatos e APGa abstívose. A Pérez acompañarano esta lexislatura Manuel Cabas, Manuel López Casas, Xiana Carrera, Monserrat Lama, Antonio Fernández, Carlos Gómez, Luis Miguel Gil e María Dolores Calvo. Polo BNG saíron elixidos concelleiros Amador Díaz Penín xunto a Manuel Pérez e Lucía Nóvoa; polo PSOE, Elvira Lama, Ramón Gómez e Manuela Vallejo. Alternativa Popular Galega estará representada por Francisco Romero e AIDAL por Teresa Puga. O de Xinzo será o concello ourensán con máis formacións políticas presentes, con cinco forzas. Discurso do alcalde Antonio Pérez comezou o seu discurso de investidura amosándose crítico co desenvolvemento da campaña electoral, na que soportou “ataques furibundos” e recibiu “panfletos ameazantes”, dixo. Rematouno, en cambio, tendendo a man á oposición “polo ben de Xinzo” e pedíndolles que deixen “o non por imperativo” e que os temas importantes da localidade se discutan no salón de plenos “non

Antonio Pérez, abrazado trala súa toma de posesión como alcalde de Xinzo./M.REJO. fóra”. A sesión plenaria foi seguida por numeroso público que ateigaba a consistorial de Xinzo. Valoracións Malia que na toma de posesión do alcalde de Xinzo a oposición non interviu, algunha formación non tardou en facer pública a súa valoración da sesión plenaria. É o caso do BNG, que cualificou de “feito insólito e bochornoso na historia democrática do Concello de Xinzo” o discurso de Antonio Pérez.

“Non anunciou nin unha soa medida de goberno, nin deu a máis lixeira pincelada de por onde ten pensado que discorra a vida municipal nos vindeiros catro anos”, critican os nacionalistas, que acusan ao rexedor popular de “atacar á oposición e tentar xustificar as súas propias carencias democráticas internas”. O BNG anunciou un labor de oposición “intenso e encamiñado a defender aos veciños” e dixo que vixiará “moi de preto as accións do goberno para denunciar as desfeitas”.

Antonio Pérez recibiu o apoio do PP para sair alcalde; BNG, PSOE e AIDAL votaron aos seus candidatos e o edil de APGa abstívose


PUBLICIDADE

BARRIOS Xu単o de 2011


BARRIOS Xuño de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

A continuidade é a tónica nos concellos de A Limia e Monterrei 4 Cambio histórico en Vilardevós, onde os socialistas perden a alcaldía; e en Rairiz de Veiga Xaquín Rodríguez seguirá de alcalde, agora dentro do PP. Redacción O Partido Popular foi o claro vencedor das pasadas eleccións municipais. Os populares gobernarán con maioría absoluta 64 municipios ourensáns (sete máis que na última lexislatura), pasando deste xeito de 14 a 15 escanos na Deputación Provincial de Ourense, un deputado máis logrado grazas á vitoria de Jimenez Morán en Verín, precisamente o mesmo que se enfrentou a Xosé Manuel Baltar na loita pola presidencia do PP de Ourense. Con este resultado, Ourense foi, das catro provincias galegas, a que máis respaldou nas furnas aos populares ao concederlles o 49,53% dos votos. Nas comarcas de A Limia e Monterrei houbo poucas sorpresas: en Xinzo de Limia, o popular Antonio Pérez repite como rexedor ao facerse coa maioría absoluta a pesar da ampla competencia á que tivo que enfrontarse; e en Verín os veciños revalidaron a xestión de Jimenez Morán , que suma un concelleiro máis que en 2007 para o Partido Popular. No resto de localidades, a sorpresa saltou en Vilardevós, feudo histórico dos socialistas, que perderon nesta ocasión a súa maioría absoluta en favor do popular Manuel Cardoso. O PSOE de Vicente Gómez resiste en Castrelo do Val, e os populares Luciano Rivero, José Luis Suárez, Alfonso Villarino, Francisco Armando Veiga e José Ramón Barreal repiten goberno en Cualedro, Monterrei, Oímbra, Riós e Laza respectivamente. En canto á comarca limiá, continúan todos os alcaldes da pasada lexislatura, aínda que un cambia de siglas. Así, o ex-BNG Xaquín Rodríguez Ambrosio seguirá gobernando Rairiz de Veiga pero desta volta liderando a lista popular. Os populares José Antonio Feijoo en Baltar, Susana Vázquez en Porquei[SEGUE NA PÁX. 8]

Castrelo do Val (PSOE 6 – PP 3) Repite como alcalde o socialista Vicente Gómez, quen considera que o desenvolvemento da zona industrial e o aumento de servizos sociais son as principais prioridades do seu pobo.

Cualedro (PP 8 – BNG 2 - PSOE 1) Repite como alcalde Luciano Rivero, o cal durante o comezo da que será a súa segunda lexislatura promete rematar a residencia de anciáns iniciada antes das eleccións, coa que á súa vez creará postos de traballo para os máis novos da vila.

Laza (PP 6 – BNG 3) O popular José Ramón Barreal, que se estreara como alcalde o pasado inverno substituindo a José Ángel Morais, foi refrendado como alcalde de Laza polos seus veciños, acadando a maioría absoluta.

Monterrei (PP 8 - PSOE 2 - BNG 1) Repite como alcalde de Monterrei o popular José Luis Suárez., que prometía antes do 22-M manter os servizos sociais (como o de lavandería e comida a domicilio) e levar a cabo algunha obra.

Oímbra (PP 8 – PSOE 2 - BNG 1) Como el mesmo presaxiaba antes das eleccións, continúa como alcalde Alfonso Villarino, para quen sacar adiante o Plan Xeral, o polígono industrial e a galescola son os tres proxectos que máis precisa Oímbra.

Riós (PP 7 – PSOE 2) Logo de 17 anos como rexedor municipal, continúa no posto Francisco Armando Veiga. O popular aposta polo remate do parque empresarial de Ferreira como o seu deber máis inmediato, así como crear un centro de día e mellorar os servizos básicos.

Vilardevós (PP 6 – PSOE 5) O PSOE perde un histórico feudo na provincia, onde gobernou nos últimos 24 anos. Vilardevós estrea como alcalde ao popular Manuel Cardoso, quen promete centrarse na creación de emprego na vila.

Verín (PP 10 - PSOE 4 - BNG 3) Juan Manuel Jiménez volve ser alcalde da vila do Támega por cuarta vez, ampliando aínda máis o apoio entre os seus veciños (de 9 a 10 concelleiros). A creación de emprego será a súa prioridade na nova lexislatura que comeza.

Baltar (PP 7 - PSOE 2) O popular José Antonio Feijóo amosou a súa satisfacción por repetir alcaldía logo dunha “campaña anormal”. As súas prioridades: que a xente nova permaneza no municipio, intentando que se poida ubicar algunha empresa no concello; unha residencia de maiores e melloras na travesía de Baltar e na estrada a Randín.

Os Blancos (PP 4 APGa 3) Único municipio ourensán que non formou aínda corporación. Pendente dunha resolución xudicial que decida se é válido o sorteo que lle deu a alcaldía a Juan Manuel Andrade tralo empate de PP e APGa. Estes últimos piden a repetición da votación nunha mesa electoral.

1)

Calvos de Randín (PSOE 6 – PP 3) As urnas refrendaron como alcalde de Calvos de Randín ao socialista Aquilino Valencia, que considera prioritario mellorar a calidade de vida dos veciños e construir as infraestruturas que garantan o asentamento de poboación no pobo.

Porqueira (PP 6 – BNG 2 - AIDAL 1) En Porqueira repite no cargo de alcaldesa a popular Susana Vázquez, para quen o remate do fogar residencial e a concentracion parcelaria é o seu primeiro obxectivo, ademais de preodcuparse polo día a día dos veciños.

Rairiz de Veiga (PP 6 – PSOE 2 - BNG 1) Repite por cuarta lexislatura como alcalde de Rairiz de Veiga (pero agora no PP) Xaquín Rodríguez, quen asegura que as necesidades máis básicas dos veciños están solventadas. Agora aposta pola construción dun parque empresarial e unha central de biogás para acadar o desenvolvemento económico da localidade.

3)

Sandiás (PP 6 – PSOE

Continúa, logo de máis de 30 anos, ao fronte do Concello de Sandiás Concepción Méndez. Segundo a popular, o remate do polígono industrial e o polideportivo, así como a mellora do saneamento da comarca son as necesidades máis básicas de Sandías.

Sarreaus (PP 8 – PSOE

Mantense como rexedor o popular Gumersindo Lamas, para quen os vindeiros catro anos serán unha continuidade dos anteriores, polo que rematarán o centro de día que está en marcha, e renovarán infraestruturas e redes de abastecemento. Vilar de Barrio (PP 6 – PSOE 2 - BNG 1) Repite como alcalde Julio Pérez, quen sinala como a principal prioridade do seu grupo de goberno a contrución da residencia de anciáns que tanto precisa a vila.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xu単o de 2011


BARRIOS Xuño de 2011

especial ELECCIÓNS MUNICIPAIS

[VÉN DA PÁX. 6]

ra, Concepción Méndez en Sandiás, Emilio Pazos en Trasmiras, Gumersindo Lamas en Sarreaus e Julio Pérez en Vilar de Barrio revalidan as súas maiorías absolutas. É de destacar o pleno de concelleiros obtido polo nacionalista Xan Jardón en Vilar de Santos, que gobernará outros catro anos máis, desta vez sen oposición. Pese á conflictiva lexislatura pasada, o socialista Aquilino Valencia seguirá á fronte da alcaldía de Calvos de Randín. Queda por coñecer o que deparará a xustiza para Os Blancos, onde a corporación está pendente de constitución por un recurso de APGa contra a decisión que nomea alcalde ao popular Juan Manuel Andrade.

Os Blancos terá que esperar 4 A constitución da nova corporación está pendente dun recurso de APGa. Redacción

7)

Vilar de Santos (BNG

Vilar de Santos reduce censo e pasa nesta lexislatura de 9 a 7 concelleiros, que copa o BNG, que gobernará sen oposición. Con Xan Jardón de novo á fronte, os nacionalistas aseguran que continuarán apostando polo benestar social, a rehabilitación de vivendas e espazos públicos, o apoio ao sector agrario, a modernización dos servizos e a creación de emprego.

Á espera do que se resolva nos Blancos, nas comarcas de Monterrei e A Limia só dúas alcaldías cambiaron de cor política: Vilardevós e Rairiz de Veiga pasan a estar gobernadas polo PP

Trasmiras (PP 7 – PSOE 2) Revalidou, tal e como agardaba, a maioría absoluta Emilio Pazos, segundo o cal as súas prioridades serán o remate do Plan Xeral e a construción dun parque empresarial, un centro da terceira idade e unha gardería. Xinzo de Limia ( PP 9 - PSOE 3 - BNG 3 - AIDAL 1 - APGa 1 ) Xinzo será o municipio ourensáns con máis formacións políticas representadas, cinco, que se reparten os seus 17 concelleiros. O popular Antonio Pérez, que asumira a alcaldía desde outono pasado en substitución de Isaac Vila, foi refrendado nas urnas.

O Concello dos Blancos non constituiu a súa corporación municipal como o resto dos 92 municipios ourensáns o pasado sábado, debido ao recurso presentado por APGa contra a acta de proclamación de electos no devandito municipio. Tras o empate producido nas pasadas eleccións municipais entre o PP e Alternativa Popular Galega, un sorteo outorgaba o cuarto concelleiro, e por tanto a maioría absoluta, á formación que encabeza Juan Manuel Andrade. Desconforme con este resultado, APGa solicitou a anulación do resultado electoral nos Blancos, a suspensión provisional da constitución do goberno municipal e a repetición

da votación na mesa electoral na que se detectou a desaparición dun voto. Este recurso supuxo a suspensión inmediata da constitución da corporación e a elección de alcalde nos Blancos, até o 1 de xullo, data na que debe ser resolto polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Segundo o candidato de APGa, José Manuel Castro, “o resultado non é válido porque hai un voto que non foi contabilizado para ningunha das candidaturas, nin calificado como blanco ou nulo. O PP dende o principio asegurou que esa papeleta era súa, pero en realidade descoñécese a lista que incluía”. Pola contra, o candidato do PP, Juan Manuel Andrade agarda que a resolución da xustiza manteña o estatus actual que o designou

Juan Manuel Andrade, candidato do PP.

O candidato de APGa, José Manuel Castro alcalde, porque repetir as eleccións nesta mesa “non é bo para ninguén, o ambiente está moi crispado”.


especial ADEIDO

BARRIOS Xuño de 2011

ADEIDO pon en marcha o proxecto “Rehabilitación II” Proxecto pensado para recuperar o patrimonio arquitectónico ourensán e fixar poboación no rural A Asociación de Empresarios Inmobiliarios de Ourense (ADEIDO) vén de por en marcha a segunda edición do seu proxecto “Rehabilitación”, co cal busca a recuperación do patrimonio arquitectónico e a fixación de pobación nos 92 concellos de Ourense, ao mesmo tempo que se dinamice a vida económica da provincia coa posta en valor de todas as súas posibilidades. Aqueles concellos que asinen este convenio con ADEIDO permitiranlle aos seus veciños interesados en rehabilitar a súa vivenda que o fagan “nas mellores condicións”, tal e como sinalou o presidente deste colectivo, Benito Iglesias. Polo momento, sete municipios ourensáns xa respoderon afirmativamente a esta iniciativa: Xunqueira de Espadañedo, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Baños de Molgas, Nogueira de Ramuín, Esgos e Maceda. Alcaldes e concelleiros de Urbanismo atenderon as explicacións que os empresarios do sector inmobiliario lles fixeron no transcurso dun xantar coloquio no castelo de Maceda. Vantaxes de “Rehabilitación II” A primeira vantaxe de formar parte deste proxecto é a publicación das propiedades para vender no portal inmobiliario de ADEIDO (www.pisoenourense.com)

a custo cero. Ademais, ADEIDO conta co apoio do despacho de avogados ARL, que ofrece aos residentes nos municipios vencellados á iniciativa o rexistro das súas propiedades –a principal demanda coa que a asociación se atopou durante a primeira edición de “Rehabilitación”- nas mellores condicións do mercado (con servizo in situ, asesoramento personalizado e un 20% de desconto na tarifa). Tamén colabora o estudo de arquitectos Daniel López Ben & Pablo Noya Suárez, que ofrecerán aos interesados en rehabilitar un 20% de desconto así como información de balde sobre as liñas de axuda nesta materia que estean en vixencia no momento. Por exemplo, a que na actualidade oferta a Xunta de Galicia para aquelas vivendas sitas no trazado do Camiño de Santiago (con achegas que acadan ata o 75% do presuposto ata un máximo de 11.600 euros). Desta área de rehabilitación benefícianse as vivendas situadas nos municipios de Ourense, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Taboadela, Allariz, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Laza, Trasmirás, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Verín, Vilardevós, Riós, A Mezquita, Castrelo do Val, A Gudiña, Vilariño de Conso, Piñor, San Cris-

ADEIDO reuníu a alcaldes e concelleiros de Urbanismo no Castelo de Maceda nunha xuntanza explicativa sobre o proxecto “Rehabilitación II”. tovo de Cea, Vilamarín, Amoeiro e Coles. Ademais dos particulares, as axudas tamén benefician aos concellos, que poderán acceder a subvencións para a realización de obras de urbanización no ámbito das áreas de rehabilitación (ata o 60% do orzamento das obras). Xornada formativas Este proxecto complétase cunha serie de xornadas formativas que ADEIDO pon a disposición dos concellos para facilitar á poboación coñecementos en materia de rehabilitación a través dunha información clara, comprensible e agrupada.

Benito Iglesias, nun momento do xantar-coloquio no Castelo de Maceda.

Os concellos que asinen o convenio con ADEIDO permitiranlle aos seus veciños interesados en rehabilitar a súa vivenda que o fagan “nas mellores condicións”, sinalou o seu presidente, Benito Iglesias

Rolda de prensa de presentación do proxecto “Rehabilitación II”; no centro, Benito Iglesias, presidente de ADEIDO.

ADEIDO realizará xornadas informativas para facilitar á poboación coñecementos en materia de rehabilitación a través dunha información clara, comprensible e agrupada


10

BARRIOS Xuño de 2011

VERÍN E COMARCA

Inmersión en inglés en Castrelo do Val

EN BREVE

4 A xustiza da a razón á CIG

O Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Ourense vén de presentar unha sentenza favorable á CIG de Verín ante o recurso presentado pola mesma contra o alcalde da localidade, Juan Manuel Jiménez Morán, por denegarlle á organización sindical a autorización para o uso de megafonías dirxidas a difundir a convocatoria da pasada folga xeral do 27 de xaneiro. Segundo a determinación xudicial, o comportamento do rexidor “vulnera o dereito fundamental de expresión, a comunicar e recibir libremente información, así como o dereito de liberdade sindical e de folga contidos na Constitución”. Pola súa banda, a CIG sinala que “tal acción política se asemella máis á imposta por gobernos unipersoais doutras épocas históricas, que á actuación democrática que se lle supón a un político elixido polo pobo” e lamenta que “como outra similares, contará coa mesma comprensión do partido que o sustenta”.

4 Pasos de peóns elevados na estrada de Laza O conselleiro de Medio Ambiente informou ao Concello de Verín que na estrada de Laza ‘se executarán aqueles pasos de peóns sobreelevados que sexan precisos desde o punto de vista técnico e de seguridade viaria co máxima urxencia posible’. O anuncio prodúcese trala petición por parte do Concello de Verín da instalación destes pasos de peóns elevados ao longo da estrada de Laza (OU113), entre os puntos quilométricos 0.000 e 1.800, debido a gran velocidade que acadan os vehículos nesa travesía. “Estamos moi satisfeitos pola rápida resposta por parte do titular de Medio Ambiente”, recoñece o alcalde, “que permitirá a redución de velocidade dos vehículos nesta travesía e evitará accidentes como o da Semana Santa”.

P.L.

Reunión da Mesa para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero en Verín./CdV.

A Mesa para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero fai balance O salón de plenos do Concello de Verín acolleu unha nova reunión da Mesa da para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero, na que se fixo balance do traballo desenvolvido nos últimos meses. Entre estas accións, destaca a mellora da atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero desde a área sanitaria, coa realización de informes médicos máis detallados e específicos, a consolidación do equipo da Garda Civil de atención ás vítimas e a formalización das bases necesarias para crear unha comisión de educación familiar. A mesa para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero está presidida pola concelleira de Igualdade, María Corona Meixeira Romasanta, e dela forman parte unha representante da Subdelegación do Goberno, Purificación Álvarez Villamaría, e a responsable do Centro de Información ás Mulleres, Carmen Serrano Fernández. Tamén participan traballadores sociais das Mancomunidades de Municipios da Comarca de Verín e Conso-Frieiras, o departamento de Educación Familiar de Verín, persoal do hospital comarcal e do centro de saúde, dos corpos e forzas de Seguridade do Estado, do Colexio de Avogados, e dos sectores da educación e da xustiza.

A Oficina Virtual do Concello de Verín oferta 48 novos trámites telemáticos 4 Na páxina www.verin.es. Redacción A Oficina Virtual do Concello de Verín, en www.verin.es, acaba de pór en funcionamento un catálogo de 48 novos trámites específicos que os cidadáns poderán realizar vía telemática. Estes novos trámites son, por exemplo, a aprobación de proxectos de urbanización, a comunicación previa de activida-

de inocua, a concesión de subvencións, a declaración de ruína urbanística, a denuncia en procedemento sancionador urbanístico, ou a reclamación de responsabilidade patrimonial do Concello e restauración de legalidade en obras en execución sen licenza, entre outros trámites en materia urbanística. Requisitos Para poder utilizar es-

tes servizos é preciso dispoñer de dispositivos telemáticos como o DNI electrónico e un software facilitado pola Dirección Xeral da Policía; instalar o compoñente da firma suministrado polo Ministerio de Política Territorial e Administración Pública; e opcionalmente dispoñer da dirección electrónica única (DEU) proporcionado por Correos. Ata este momento, a oferta de xestións on line da web do Concello de Verín limitábase ás solicitudes xenéricas, a consulta de expedientes electrónicos e de notificacións recibidas, e ao cambio de domicilio no rexistro de condutores da DXT e duplicado do permiso de circulación de vehículos por cambio de domicilio.

Nunha casa de turismo rural de Castrelo do Val escoitarase a vindeira fin de semana unicamente falar na lingua de Shakespeare. Trátase da iniciativa “Weekend English”, o primeiro fin de semana de inmersión lingüística en inglés que se organiza na comarca de Monterrei, concretamente nunha casa rural de Pepín, en Castrelo do Val. Dous días de actividades en inglés Durante dous días, 13 persoas -españois e anglofalantes- convivirán realizando unha variedade actividades, cunha única premisa: en todo momento só está permitido falar en inglés. Durante a fin de semana os participantes nesta experiencia realizarán unha visita guiada

a unha adega, unha rota de sendeirismo, e actividades máis típicas do mundo anglosaxón como o “afternoon tea” (o té da tarde) ou un “pub quiz” (un trivial típico dos pubs ingleses). Estarán acompañados por anglofalantes nativos de orixe inglesa, irlandesa e norteamericana. Dada a boa acollida desta primeira experiencia, o seu promotor, Gregory Pioli, propietario dunha academia de idiomas en Verín, prevé máis fins de semana deste tipo para despois do verán. Adultos cun nivel intermedio de inglés son o público obxectivo deste programa, que fomenta unhas condicións ideais para perfeccionar este idioma. Ademais de prover unha experiencia en inglés única sen sair do país, Weekend English fomenta unhas condicións ideais para perfeccionar o idioma.

Os socialistas de Verín denuncian a supresión do servizo se radioloxía 4 Sinalan como culpable a “falsa austeridade” da Xunta. Redacción O deputado socialista Juan Carlos Francisco Rivera vén de presentar no Parlamento de Galicia unha interpelación á conselleira de Sanidade, para que dea conta da eliminación do Servizo de Radioloxía do Centro de Atención Primaria de Verín, servizo que viña funcionando ininterrompidamente desde hai 37 anos. Segundo Rivera “dende hai quince días o servizo de radioloxía da PAC de Verín está inutilizado como consecuencia dunha avaría e a intención da Consellería de Sanidade é eliminalo e centralizar os servizos radiolóxicos no Hospital de Verín”, algo que, ao centrarse en horario de tarde, prexudicará aos propios pacientes “que

non poderán ser avaliados e diagnosticados no mesmo día, como acontecía ata agora, ao mesmo tempo que lles causará un maior gasto económico posto que os obrigará a desprazarse varias veces”, asegura o socialista. Recollida de sinaturas Diante desta situación, o PSOE de Verín iniciará unha recollida de sinaturas en toda a comarca en defensa do servizo radiolóxico existente ata este intre. Rivera acusou á Xunta de Galicia de “desmantelar a sanidade pública utilizando o falso discurso da “austeridade”, coa única finalidade de beneficiar a empresas privadas e prexudicar ao conxunto da cidadanía, seguindo o exemplo marcado por outras comunidades autónomas gobernadas polo PP”.


VERÍN E COMARCA

Crece un 37,5% a entrega de contraetiquetas na DO Monterrei Redacción O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei distribuíu até a data 701.914 contraetiquetas supondo esta cifra un incremento do 37,5 % respecto ao mesmo período do ano 2010 cando se entregaron 510.625 distintivos de calidade amparados polo consello. O presidente do Consello Regulador, Antonio Méndez mostrou unha gran satisfacción polo espectacular aumento na venda de contraetiquetas sobre todo nunhas épocas en que a crise esta presente en todos os sectores económicos o que fai aínda máis meritorio a consecución de tan bos resultados por parte das adegas amparadas pola Denominación de Orixe Monterrei. A DO Monterrei é das cinco galegas a de maiores

contrastes e peculiaridades entre elas é a única que pertence á Confederación Hidrográfica do Douro xa que o río Támega, que cruza a rexión de norte a sur é o último afluente español do río Douro, é importante sinalar tamén a gran variedade de chans que van desde os pizarrosos, moi axeitados para a crianza de viños tintos aos graníticos e arenosos, que xeran nos viños brancos un intenso potencial aromático ou os chans arxilosos, que reteñen a humidade en épocas de seca, ademais das características do clima que alberga Monterrei, considerado mediterráneo tépedo con tendencia continental e no que a pluviometría é de 600 mm, que fai que esta zona se asemelle a algunhas con caldos tan recoñecidos como os da Ribeira do Douro ou A Rioxa.

Autoridades na Feira do Viño de Monterrei do ano pasado.

Os empresarios de Verín contan cun programa de descontos pioneiro

4 Durante dous meses sortearán 100 euros semanais. Redacción A Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (AEVER) ten en marcha un programa de descontos totalmente pioneiro na nosa comunidade, mediante o cal os clientes dos seus 73 socios que posúan a tarxeta correspondente a esta iniciativa recibirán o 5% do importe das súas compras para gastar dentro dos establecementos da asociación. Neste intre son xa mil os verineses que gozan das vantaxes desta tarxeta, que sen caducidade e a custo cero, permítelles aforrar mercando. Cen euros semanais Pero, ademais dos descontos dos que dispoñen a diario os clientes dos asociados a AEVER, dende o 15 de xuño ata o 15 de agosto todos aqueles que teñan a súa tarxeta activada (aínda que non realizasen con ela ningunha compra de momento) entrarán no sorteo semanal de catro vales de 50, 20, 20 e 10 euros, que os gañadores poderán gastar do

José Ángel Rodicio mesmo xeito que o diñeiro que acumulan polas súas compras habituais. Xa que tal e como explicou o presidente da asociación, José Ángel Rodicio, “é unha iniciativa pensada para que o diñeiro circule dentro de Verín”. Convenio con Asisa Por outra banda, AEVER vén de firmar un convenio de colaboración coa compañía de seguros médicos Asisa a través do cal todos os seus asociados gozarán dunha póliza sanitaria privada, con cobertura a nivel nacional, na que poden incluir aos seus familiares.

BARRIOS Xuño de 2011

11

EN BREVE

4 Premio aos mellores blogs O I.E.S. García Barbón de Verín vén de celebrar a cuarta edición do seu premio “Barbón Blogs”, no que participaron os estudantes do centro que recibían a asignatura Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), quenes durante o segundo e terceiro trimestre deste curso tiveron que traballar diariamente nun blog individual co que aprender e por en práctica os coñecementos da propia materia. Os tres mellores blogs foron os de María Prieto, Rebeca Diz e Iván Rodríguez, que recibiron como premio unha cámara de fotos dixital e dous MP5, respectivamente.

4Banco do tempo Verín xa está a preparar a súa terceira edición do Banco do Tempo, unha iniciativa a través da cal os seus asociados ofertan e demandan servizos nos que unidade de intercambio é a hora, é dicir, unha persoa deposita unhas horas do seu tempo ofertando un servizo que desexe dar e, a cambio, pode solicitar tempo doutros socios para resolver necesidades da súa vida diaria, como axuda no fogar, reparación, educación, transporte ou artesanía, entre outras. Para participar no Banco do Tempo de Verín só hai que ser maior de idade e estar empadroado na loca-

lidade ou en zonas limítrofes. Os interesados poden inscribirse no Concello, no 988 41 47 76 ou en bancodotempo@verin.net.

4 Cursos de informática

A Biblioteca Municipal de Verín acolle dende comezos de mes unha serie de Obradoiros de Alfabetización Dixital, baseados na iniación á informática e internet, procesadores de textos, follas de cálculo, base de datos e busca de emprego na rede. Impártense na nova aula multimedia da instalación municipal. Os interesados poden informarse na propia biblioteca ou no mail dinamizacion@verin.net.

4Asociacionismo entre mulleres O Concello de Verín vén de publicar unha serie de axudas económicas en favor das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, co fin de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres galegas na vida empresarial. Os requisitos que estas organizacións deben cumprir son: estar domiciliadas en Galicia, constituídas legalmente, contribuir á igualdade entre sexos e promover a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social. As interesadas deben dirixir a súa solicitude ao Centro de Información ás Mulleres de Verín antes do 30 de xuño.


12

BARRIOS Xu単o de 2011

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

BARRIOS Xu単o de 2011

13


14

BARRIOS Xuño de 2011

OCIO E CULTURA

Curso de verán sobre os castros da Limia

4IMAXES DO MES

EN BREVE

4 “Mulleres no obxectivo”

4 Impartido por historiadores galegos, lusos, asturiáns e casteláns. Redacción A cultura castrexa continúa presente na actualidade a través de numerosas construcións que se conservan por toda a nosa comunidade, das cales as sitas en zonas de interior están a despertar nos últimos anos o maior interese por parte de expertos na materia. Co fin de afondar nesta importante parte do noso pasado, o Campus de Ourense celebra ata o 16 de xuño na Casa da Cultura de Xinzo de Limia o curso de verán “Castros de interior: a Idade de Ferro do noroeste peninsular a través do exemplo limiao”. Unha iniciativa que, segundo o seu propio director, Fermín Pérez, do Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo, “é xa unha tradición que se vén celebrando dende

os 90 nesta localidade, a través de sucesivos cursos nos que se abordaron diferentes aspectos da zona empregando como fío condutor a historia e a arqueoloxía”. E precisamente para poder afondar todo o preciso neste eido, o curso conta coa participación dun amplo abano de expertos de Vigo, Santiago de Compostela e Salamanca, así como docentes lusos de Porto e Minho. Ademais das conferencias, o último día os asistentes realizarán unha visita a diversos castros do sur de Ourense e do norte de Portugal nos que poderán escoitar in situ as explicacións que lles ofrecerán sobre estes vestixios expertos como Joao Fonte, Francisco Fariña e Antonio Rodríguez Colmenero.

A Eurocidade e a biblioteca de Verín convocan un concurso de narrativa Redacción A Eurocidade ChavesVerín e a Biblioteca Pública Municipal de Verín organizan, por terceiro ano consecutivo, un Concurso de Narrativa, co fin de fomentar a escritura os valores culturais e deportivos entre os menores da comarca. Neste concurso poderán participar todos os alumnos matriculados en centros docentes da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos. O relato debe ser orixinal e inédito, comprender a seguinte temática: “A Biblioteca Fantástica”, e ten que presentarse en letra manuscrita lexíbel, en idioma galego, portugués ou castelán; a súa extensión non superará, en

ningún caso, 4 DIN A4 escritos por unha cara. Cada traballo debe ir asinado cun lema, no interior dun sobre á parte, que presentará co mesmo lema que asine o traballo, informará o/a autor/a do seu nome, apelidos, curso, centro, enderezo e teléfono, de telo. Para verificar que a súa idade está comprendida entre 10 e 16 anos, ambos inclusive, dentro do mesmo sobre introducirá unha fotocopia do DNI. O traballo enviarase ou entregarase no Rexistro da Casa do Concello de Verín antes das 12 horas do 15 de xullo. Entre todos os participantes seleccionados sortearanse obsequios de material deportivo doados por clubs de fútbol.

Unha das actividades para os cativos na celebración do Día Mundial da Infancia./ EUROCIDADE.

Os nenos de Verín celebraron o seu día con tres xornadas de diversión e aprendizaxe Máis de 3.500 nenos (900 de Verín) conmemoraron en Chaves o Día Mundial da Infancia. O lugar escollido para os tres días de actividades -31 de maio, 1 e 2 de xuñofoi o Estadio Municipal da cidade flaviense, no que se levaron a cabo actividades como danza, pinturas faciais, globoflexia, xogos lúdicos e deportivos, entre outras. Ademais, os rapaces recibiron a visita dunha animadora da Academia de Artes de Chaves, dos equipos de saúde escolar dos dous centros de saúde da localidade (que realizaron xogos didácticos para concienciar aos máis pequenos dos riscos que corren en verán), de Chavín (a mascota da Eurocidade), e de Minnie e Bob Esponja. Está actividade, integrada dende 2008 no proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, permite o intercambio entre as comunidades educativas dos dous municipios. De feito, o próximo ano serán os nenos de Chaves os que celebren este día na vila ourensá.

O entroido volta a Verín en pleno verán Redacción

Con este serán xa oito as ocasións nas que o entroido volta a Verín no mes de xullo, entre os días 25 e 31. Organizada unha vez máis pola Asociación Xuvenil Entroideiros, a Batukada 2011 conta congregar na vila a preto de 20.000 persoas, duplicando os asistentes da pasada edición. Sempre ao redor da idea da que xurdiu, promover de forma lúdica o espíritu e a cultura entroideiros verineses, esta edición, que terá lugar durante a última semana de xullo, inclúe a exposición “O Entroido na vida” (sita na Casa do Escudo), un obradoiro e un desfile de disfraces, unha festa da auga e da escuma, e a actuación de charangas e batucadas. Un amplo abano de actividades coas que veciños e visitantes poderán conmemorar e vivir por segunda vez no ano unha data tan sinalada para Verín como é o seu carnaval.

Calamaro, Celtas Cortos e Maldita Nerea, banda sonora das festas de Ourense 4 Tamén se celebra o XVI Derrame Rock. Redacción Casetas gastronómicas, o tradicional mercado medieval, actividades para os máis pequenos, teatro, monólogos e música, música e máis música é o que agarda en Ourense do 17 ao 26 de xuño durante as súas tradicionais festas. Co concerto de Andrés Calamaro como pistoletazo de saída anticipado, o venres 17 a partir das 21 horas no Xardín do Posío, arranca unha semana repleta de citas culturais, lúdicas e, sobre todo, musicais para todos os públicos. E precisamente este último ámbito, o Xardín do Posío convértese no centro neurálxico, ao ser escenario o sábado 18 de xuño do Ourense Dance 2011;

o domingo, da actuación do recoñecido DJ Juan Magan; o martes, Nena Daconte presentará nel o seu novo disco e o xoves Celtas Cortos poñen son á noite de San Xoan. Xa durante a fin de semana a elección será máis difícil. Por unha banda, venres, sábado e domingo Expourense acollerá a décimo sexta edición do Derrame Rock, no que se darán cita, entre outros, grupos do calibre de Molotov, Lamatumbá, M-Clan, Siniestro Total e Los Suaves; e por outra, Maldita Nerea achegarán aos ourensáns os seus novos temas o venres 24 no Xardín do Posío; e Mercedes Peón e Uxía farán o propio na Praza Maior o sábado e o domingo, respectivamente.

Ata o 25 de xullo a Casa do Escudo de Verín acolle a mostra “Mulleres no obxectivo” destinada a conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. Trátase dunha exposición colectiva de fotógrafos galegos de distintas épocas que amosan a súa visión persoal do día a día das mulleres, a súa relación co traballo e a conciliación do mesmo coa vida familiar. A mostra complétase cun documental titulado “Mulleres XX”, que versa sobre a evolución da muller galega en distintos postos de traballo ao longo da historia e que é valorada por féminas de recoñecido prestixio.

4 Aprendendo galego na feira O Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o Director Xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, asistiron o pasado 27 da maio á XV Convivencia de Educación Infantil “Cholo e Nela pola feira”, que se desenvolveu no Centro Rural Agrupado de Monterrei e na que participaron 840 nenos de educación infantil procedentes dun total de 25 centros da provincia de Ourense. Esta edición incluíu xogos, obradoiros, exhibicións e experimentos relacionados coa feira co fin de que os cativos a coñecesen un pouco mellor. A través de iniciativas coma esta, Cholo e Nela, as mascotas da convivencia, promoven o uso da lingua galega entre os máis novos.

4 Becas da Deputación Ata o 23 de xuño está aberto o prazo para presentar solicitudes ás 25 prazas do Programa Europeo de Mobilidade que convoca a Deputación. O programa ofrece estancias e prácticas profesionais en empresas da Unión Europea e vai dirixido a titulados universitarios.

[+ en http://becasinternacionales.depourense.es]


PUBLICIDADE

BARRIOS Xu単o de 2011

15


16

BARRIOS Xuño de 2011

especial REDE CEMIT

A Xunta impulsa a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica a través das Aulas CeMIT

19 concellos da provincia xa dispoñen destes centros nos que se difuden coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación A Xunta de Galicia está a impulsar a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica de todos os galegos a través da Rede CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica), na actualidade presente xa en 89 municipios galegos. Na provincia de Ourense contan cunha aula CeMIT os concellos de Xinzo de Limia, Verín, Viana do Bolo, A Bola, Allariz, Beariz, Boborás, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Celanova, Leiro, Manzaneda, Sarreaus, Ribadavia, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía e a capital ourensá. A Rede CeMIT nace cos obxectivos estratéxicos de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital faise máis evidente, e impulsar, potenciar e difundir os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación en tres colectivos principalmente: cidadanía, profesionais TIC e empregados públicos. Así pois, a Rede CeMIT configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de inicia-

tivas orientadas a impulsar o emprego das TIC de cara a fomentar a empregabilidade, a competitividade empresarial, a e-Inclusión, o e-Benestar e o empuxe da e-Administración. A Rede CeMIT da Xunta de Galicia Un aula CeMIT é un espazo acondicionado acusticamente e de estética particular que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios: accións formativas, videoconferencias, visionado de audiovisuais ou multimedia dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver. Estas aulas ofrecen un servizo apropiado para familiarizar á cidadanía coas canles e soportes audiovisuais e multimedia e facilitan o acceso de balde a internet. Funcionan como lugares de encontro, de formación e de promoción multimedia.

Un obradoiro de alfabetización dixital na aula CeMIT de Verín nas materias de iniciación á informática e internet, procesadores de textos, follas de cálculo ou base de datos, e busca de emprego na rede.

Unha Aula CeMIT é un espazo acondicionado acusticamente que dispón de material informático, equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, así como outros sistemas de control que permiten recrear diferentes escenarios, como accións formativas, videoconferencias ou visionado de audiovisuais A Rede CeMIT iniciou a súa andaina este ano e na actualidade conta con 89 concellos adheridos, que ofrecen 94 aulas de acceso público ás novas tecnoloxías

para cumprir os obxectivos da Rede CeMIT. A Rede é un servizo público e gratuíto para toda a cidadanía financiado pola Xunta de Galicia en colabo-

ración cos concellos onde se sitúan. O compromiso adquirido polo Goberno galego é que cada cidadán conte cunha aula de Modernización e Inclusión Tecnolóxica a menos de trinta minutos da súa residencia. Esta rede de centros forma parte da Axenda Dixital 2014.gal, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin conseguir a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020. 1.000 cursos de formación Dos 89 municipios conectados, 53 asinaron o protocolo de adhesión que lles posibilita a contratación dun axente TIC que impulsará as actividades no centro definidas no Plan de

Videoconferencia nunha aula CeMIT da provincia.

Formación 2011. O Plan de Formación 2011 da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Rede CeMIT) recolle unha oferta de máis de 1.000 cursos gratuítos que se impartirán en 89 concellos. Este programa, que chegará ao redor de 12.000 usuarios mediante formación presencial e online, constitúe a plasmación da aposta do Goberno galego polo fomento do uso das novas tecnoloxías entre a poboación, tanto entre os colectivos máis afectados pola fenda dixital como entre os profesionais e o ámbito empresarial. O contido do Plan de Formación e a carta de servizos están dispoñibles no enlace http://cemit.xunta.es.

O Plan de Formación 2011 da Rede CeMIT recolle unha oferta de máis de 1.000 cursos gratuítos que se impartirán en 89 concellos


PUBLICIDADE

BARRIOS Xu単o de 2011

17


18

BARRIOS Xuño de 2011

especial INORDE

O Inorde e Grupo Cuevas crean un foro para saber como se ve Ourense desde fóra

Intervirán destacados nomes da información e a cultura española e a representantes do mundo da cociña para dar a súa visión sobre os produtos ourensáns Unha conferencia do xornalista José Ribagorda abriu o foro creado polo Inorde e o Grupo Cuevas para coñecer como se ven desde fóra a provincia e os seus produtos máis destacados. A charla de Ribagorda supuxo o inicio dun ciclo no que intervirán destacados nomes da información e a cultura española e representantes do mundo da cociña, que darán a súa visión sobre os produtos ourensáns. Entre os conferenciantes que xa están confirmados, aínda que desde o Inorde non se quixo dar os nomes, están un cociñeiro “con tres estrelas Michelín” e un “comunicador histórico no mundo da gastronomía”. Proxecto da UE O foro terá unha duración de dous anos e medio, o mesmo prazo que o proxec-

to do Inorde para desenvolver e valorizar os produtos endóxenos aprobado pola Unión Europea do que forma parte. O organismo ourensán recibirá 660.000 euros de fondos europeos para sacar ao mercado produtos que aquí se producen, como a castaña, a seta, o olivo, a framboesa ou a trufa. “No ciclo anterior da Unión Europea executamos o proxecto ‘Castaña, Setas e Olivo’, co resultado da creación de centros de investigación en Xinzo, Riós, Vilariño de Conso e Vilardevós, son centros xa produtivos; agora o novo proxecto é para o sector terciario: conseguir o valor engadido que é cando se saca ao mercado o produto envasado e etiquetado”, explicaba José Manuel Rodríguez, xerente do Inorde, o sentido deste proxecto.

O presidente da Deputación, José Luis Baltar, o presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, o director xeral do grupo Cuevas, Artur Yuste, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, na presentación do foro.

660.000 euros para valorizar os produtos endóxenos da provincia

Conferencia do xornalista José Ribagorda sobre “Se somos o que comemos, que somos?” no Liceo.

O Inorde elaborará un estudo de potencialidades dos recursos presentes no medio rural que permitan un maior impulso á actividade económica e ao emprego, como a castaña, a seta, a oliva, a framboesa, o mirabel, os froitos secos ou a cereixa

O Inorde continúa coa súa tarefa de desenvolver e valorizar os produtos endóxenos da provincia. Agora vén de ser aprobado pola Unión Europea un proxecto no que o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico se presenta como beneficiario principal, e que consta dun orzamento global de 660.332 euros para o período 2011-2012. Nel participan outros tres socios, dous lusos e un ourensán: a Asociación de Desenvolvemento da Rexión do Alto Támega, a Fundaçao Rei D. Denis, ambos os dous da rexión Alto Trasos-montes e Douro, e o Centro Empresarial Transfronteirizo do Concello de Barbadás. Os obxectivos deste proxecto europeo son promover as condicións de desenvolvemento das economías locais, estimulan-

do potenciais endóxenos e factores de competitividade, así como asegurar a preservación e sostibilidade dos recursos e desenvolver e innovar novos produtos. Como beneficiario principal, o Inorde participará activamente nas actividades previstas. A primeira delas será identificar, analizar e estruturar os produtos endóxenos da eurorrexión. Para iso elaborarase un estudo de potencialidades dos recursos presentes no medio rural que permitan un maior impulso á actividade económica e ao emprego, como a castaña, a seta, a oliva, a framboesa, o mirabel, os froitos secos ou a cereixa. Tamén se realizará outro estudo para mellorar a calidade dos produtos potenciados, co obxectivo de darlles maior valor engadido e obter un produto competitivo. Unha segunda actividade prevista é a articulación coa

industria, mediante tres accións: unha diagnose das necesidades e esixencias do mercado; unha estratexia de colocación do produto, e a elaboración de plans de negocio. Nun terceiro momento a actividade plantexada será o desenvolvemento e a innovación de produtos endóxenos, para o que o Inorde e os seus socios buscarán pequenas fincas experimentais en toda a provincia aptas para as producións a testar; logo cultivarán de xeito ecolóxico os produtos escollidos, e ademais realizarán unha micorrización de castiñeiros con trufas e boletos. Como beneficiario principal, o Inorde tamén se encargará dos labores de xestión e coordinación e comunicación deste proxecto de cooperación transfronteiriza.


especial PLAN IMPULSA

BARRIOS Xuño de 2011

19

Alfonso Rueda avanza a próxima presentación do Plan Estratéxico do Plan Impulsa Ourense O conselleiro de Presidencia remarca o papel de tutela do plan que exercerá o delegado territorial e as xefaturas territoriais. En menos dun mes estará presentado o Plan Estratéxico do Plan Impulsa Ourense, segundo anunciou o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda. “Co cal xa lle dará carta de natureza definitiva a todas as medidas que se viñeron facendo ata o de agora, as medidas transitorias que supuxeron a mobilización dun investimento preto dos 50 millóns de euros”, explicou Rueda. Este Plan Estratéxico é unha actualización do realizado no seu día polo Inorde na que se identificarán os grandes problemas, necesidades e alternativas da provincia a medio prazo. En relación ao Plan Impulsa Ourense, o titular de Presidencia destacou o importante labor de promoción, difusión e coordinación que a delegación territorial da Xunta en Ourense realiza, xa que dende a súa posta en marcha, o delegado mantivo reunións cos técnicos do Igape, coa comisión de seguimento e participou en xornadas informativas nos concellos da provincia e coas principais asociacións e axentes sociais. Ese será tamén o papel que asuman, unha vez presentado o Plan Estratéxico, tanto o dele-

gado como as xefaturas territorias máis directamente afectadas, segundo explicou Alfonso Rueda. “Terán que tutelalo e seguilo e ver se se están cumplindo os obxectivos”, dixo. Plan Impulsa Ourense O Plan Impulsa Ourense é un proxecto posto en marcha pola Goberno galego que contempla unha lina de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial da provincia de Ourense. Para tal fin, deseñáronse un conxunto de medidas específicas de apoio á iniciativa privada e emprendedora que aporte riqueza e equilibrio socioeconómico á provincia. Este programa conta, ademais do apoio da administración autonómica, co respaldo dos axentes sociais, sindicáis e patronais. O plan busca potenciar os sectores estratéxicos da economía da provincia, impulsar actuacións emprendedoras de alto valor competitivo e produtivo, fomentar a creación de emprego, e desenvolver o tecido socioeconómico da provincia como xeito de equilibrio territorial. O Impulsa Ourense apoia investimentos a partir de 200.000

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e aos xefes territoriais. euros. No caso dos proxectos de primeira implantación, terán garantida unha subvención a fondo perdido mínima do 20%; e para creación de novos establecementos (ampliación, modernización ou innovación tecnolóxica), os proxectos a realizar en Ourense terán un apoio mínimo do 15% dos custos subvencionables.

O conselleiro de Presidencia na visita aos xulgados de Celanova.

A administración periférica da Xunta en Ourense aforra tres millóns de euros en dous anos O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza fixo o anuncio da próxima presentación do Plan Estratéxico da provincia tralo seu paso pola delegación territorial de Ourense, dentro do marco das visitas que está levando nos últimos días polas delegacións territoriais da Xunta, para poder coñecer as súas demandas, necesidades e a súa actividade cotiá. En Ourense o titular de Presidencia resaltou que a delegación da Xunta nesta provincia leva un aforro duns tres millóns de euros nestes dous últimos anos: “ nun desglose rápido: soldos dos antigos delegados provincias, a estrutura que tiñamos ao redor, en rescisión de alugueiros que xa non eran necesarios, aforros en gasto corrente, na administración xudicial nas notificacións...” Segundo resaltou Rue-

da, os datos avalan que o novo modelo da estrutura periférica polo que apostou a Xunta hai dous anos está plenamente consolidado e ten repercutido nunha maior eficacia e eficiencia nas delegacións, nun aforro para as arcas públicas e nunha mellora no servizo que se presta aos administrados. Rueda cifrou en “seis ou sete millóns de euros” o aforro total previsto para toda a lexislatura. Importante labor das delegacións O conselleiro subliñou o importante labor que levan a cabo as delegacións como enlace entre Xunta e concellos e recordou a importancia de manter contactos cos alcaldes, para así reforzar a colaboración e a cooperación entre administracións para ofrecer o mellor servizo aos cidadáns, xerar sinerxías e evitar duplicidades. Nesa liña, o conselleiro

destacou que nestes dous primeiros anos de traballo o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, levou a cabo case 1.000 visitas a empresas da provincia, audiencias a empresarios, audiencias a cidadáns e actos. Visita aos xulgados de Celanova Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Xustiza, Juan José Martín desprazouse logo á localidade de Celanova, onde puido comprobar as obras de remodelación que se levaron a cabo nos Xulgados, e onde a Xunta aportou máis de 260.000 euros. As obras tiveron por obxecto a reforma e adaptación da planta primeira para xulgado. Ademais, instalouse un ascensor, aire acondicionado en varias salas, cambiouse o solo e realizouse a redistribución dalgúns espazos.


20

BARRIOS Xuño de 2011

ARTIGOS / DEPORTES

4EN FORMA

4TRIBUNA ABERTA

Verín-Antela, o clásico do corazón Fartiños de tanto “clásico” de televisión, deses que só perturban as mentes pechadas a cambio de nada, deses que nos fan sufrir sen necesidade, deses que fan que digamos cousas que o día seguinte dan vergoña, deses que nos cegan e non deixan ver mais alá que a nosa razón, en definitiva, eses partidos lonxanos, sen arraigo, os do “paripé de turno”, os do momento, os do negocio, deses que “nin fú nin fá….” Agrádame mais falar dos “nosos clásicos”, aqueles dos anos 70, eses de verdade, no que o sentimento dun pobo céntrase por un día no corazón, deses que agardas a victoria, non só deportiva, senón que mais alá dun resultado, e porse por riba en fundamentos da vida, de ser mellor que ou peor que… “Verín-Antela” un clásico onde os haxa!, aquel fútbol áspero dos setenta, pero cheo de gratitude, de querer antes que poder, de sacrificio, de espectáculo, o da camiseta, o do escudo , o da xente, o da ilusión. Tíñamo prometido o meu pai, e levoume á “Moreira”, para ver o gran partido da tempada. Nas inmediacións do “Bar Alfonso” en Verín moita xente collía os coches en dirección Xinzo. Corrían finais dos setenta, moita xente de Verín acudiu a ver o partido, pero os de Xinzo aquel día rebentaron a “vella Moreira”, non collía un alfinete. Todo o redor do campo estaba ateigado, monteime nos ombreiros do meu pai para ver millor. Pancartas, be-

rros, algún que outro pique, en fin, moita algarabía. O Verín coa casaca vermella, o Antela casaca branca, a terra mollada no campo, pero día soleado. Palpitábame o corazón o mesmo ritmo frenético co que un home ao meu carón dáballe o bombo sen parar. No ambiente tensión, apenas recordo xogadas do partido, pero nun intre, en segundos, un xogador do Antela moi moreno, e coas pernas brillantes, despois de parar o balón co muslo, deixouna caer o chan, e sen pensalo espetou un trallazo que rompeu a rede do meu mestre “Meno”. Un tal “Bem-Barek acabou co meu soño, era case o final do partido e perdemos! Estampida en Xinzo, aquelo foi coma unha explosión, alí quedaron as miñas ilusións, sentíame máis pequeniño aínda do que era, unha merda, con perdón, os ollos con bágoas, coitelos no meu peito, non tiña consolo. No camiño de volta, por fóra do campo, un home miroume, chiscoulle un ollo ao meu pai, acaricioume na cachola e dixo en voz alta “ o Verín xogou mellor ca nós, hoxe tivemos sorte”. As verbas dese home foron un bálsamo para min, relaxeime. Logo paramos na taberna do “ Meco” na catedral, alí donde tanto se falaba de fútbol e de Entroido, e o Sr. Manolo exercía o fermoso oficio de taberneiro, ilustrado por tradición familiar. Subidiño ao mostrador da esquerda, chimpei dun grolo unha Fanta de laranxa, e a mirada clavadiña na foto

do Betis de “Carriega” que presidía o local entre outras. Verín e Xinzo fundianse nun patrimonio de rivalidade ben entendida, regada cunhas cuncas de viño blanco mercado en Monterrei por costume e sabiduría. Unha historia sen final, anécdotas doutras épocas, pantallas e cigarróns, discusións das xogadas, pero nun ambiente de señorío e cabaleirosidade, facendo fuxir a rabia, a envexa e todo aquilo que poidera romper a permanente camaradería de dúas afeccións que defendían os seus cores con orgullo e sentimento. Logo unha cantiga, outra taziña, outra cantiga... e así foi pasando aquela tarde tan fermosa e tan amarga ao mesmo tempo. Son momentos que non se esquecen, dos que se mergullan no interior para sempre, dos que me gusta recordar. Despois do paso dos anos seguín entrando na taberna do “Meco” e sempre me lembra aquela tarde que eu estaba triste entre tanta xolda, e que sen dúbida non esquecerei nunca. Por certo, aquel día cando saíamos da taberna, botamos unha partida á ra, a que tiña o “Meco” no canellón, esa de meter unha ficha de ferro pola boca, e o conto mudou. Tiramos catro veces cada un, incrible! e gañamos un a cero. Alguén comentou “os de Verín toleran o viño millor ca nós” e entre risas perdímonos polo barrio de abaixo… Miguel A. Prieto “Sotelo”

EN BREVE

“Caminante, no hay camino, se hace camino al andar” Unha vez máis imos falar da importancia que ten a actividade física na nosa vida diaria, tanto para mellorar a nosa saúde física, como o noso estado de ánimo e relacións sociais. Agora que chega o verán, moitos de nós ímos de vacacións, as actividades colectivas paran, a outros danos preguiza acudir ao ximnasio ou facer ximnasia pola nosa conta. A calor esgótanos e a preguiza invádenos. Case todo parece estar na nosa contra para seguir coa vida activa que levabamos durante o resto do ano. Vacacións igual a relaxación? Iso crían vostedes! As posibilidades que temos nesta época son maiores das que cremos. O bo tempo, a horas de pouco sol, convídanos a saír á rúa e realizar multitude de actividades. Paseos en bicicleta, longas camiñadas, ir á piscina, aquaerobic ou aquagim, ximnasias suaves á tardiña nun parque e infinidade de posibilidades máis sós ou con compaña. Quizais o que máis facemos, por comodidade, posibilidades, economía ou motivación, sexa saír a pasear. Se é así, sigan facéndoo; senón, proben un día. Saian á noitiña ou á primeira hora da mañá, cando o sol non quenta. Aclimátense ben, segundo as condicións do medio. Un bo calzado, roupa cómoda e deportiva, mochila lixeira con auga refrescante e se me deixan aconsellarlles, empecen a usar bastóns. Os bastóns axúdannos a non perder o equilibrio, prodúcense menos lesións e exercítase máis o noso corpo, posto que parte da carga que soportan as nosas pernas transfírese aos nosos brazos e tronco, repartindo a carga. A indumentaria é importantísima, posto que se usamos un mal calzado sairannos bochas ou podémonos lesionar, canto máis en longas camiñadas. Outro aspecto importante é a preparación física, é dicir, como aclimatamos o noso corpo para o posterior esforzo. Se a camiñada non é de alta intensidade, non pasará nada por andar sen máis; pero se imos a realizar camiña-

das de varios quilómetros e horas de percorrido, debemos de seguir as pautas anteriores. Como en toda actividade física, debemos de mover as articulacións e estirar os músculos, tanto antes como despois do esforzo. O seu corpo agradecerallo. Pode completalo cun plan de tonificación muscular para facer os seus ósos e músculos máis fortes e resistentes. Teñen todo ao seu favor para saíren a camiñar. Bo tempo, unhas paisaxes incribles que convidan a iso, tempo libre e xente ao seu redor que seguramente estea a desexar saír, conversar e pasar un intre distendido. O único que ten que pór vostede son gañas. Asegúrolle que a forza de vontade irá en aumento cando vexa o pracenteiro que resulta camiñar e os beneficios que iso achega á súa saúde en xeral. Xa coñecen vostedes o famoso proverbio de Antonio Machado, que a modo de metáfora convídanos á reflexión. E din que Machado era un gran andarín. Con este proverbio e os nosos consellos convidámoslles a camiñar, no sentido literal e figurado da palabra: “Caminante, son tus huellas el camino y nada más; Caminante, no hay camino, se hace camino al andar. Al andar se hace el camino, y al volver la vista atrás se ve la senda que nunca se ha de volver a pisar. Caminante no hay camino sino estelas en la mar”. (Antonio Machado) Indumentaria axeitada para as camiñadas: Roupa: 1º tecido (capa interior) transpirable. 2ª capa de illamento, fría/calor. 3ª capa (exterior) impermeable e cortaventos. Calzado: zapatillas baixas en peso, flexibles, chan acolchado, bo arco de soporte e transpirables. Mochilas: anatómicas (adáptanse ás costas mantendo equilibrado o centro de gravidade sobre a cadeira). Máximo 20% propio peso. Mulleres: 50/ 70 L // Homes: 60/90 L. Laura Pazos, SAUDETER

4 Actividades lúdico-deportivas 2011 O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Verín programa para os meses de verán actividades lúdico-deportivas que constarán na Escola de Verán (do 1 xullo ao 31 de agosto); ludoteca Deportiva para a práctica de Fútbol-7, Fútbol-Sala, Tenis, Pádel e Baloncesto, no complexo deportivo A Granxa (do 1 xullo ao 31 de agosto); 3º Torneo de Tenis no complexo deportivo de A Granxa (do 5 ao 19 de agosto; excursión ao Aquapark de Cerceda, o 4 de agosto. O prazo de inscrición para participar nestas actividades deportivas iníciase o luns 20 de xuño, no Pavillón Municipal de Deportes.

4 Torneo de fútbol sala interparroquial Vale de Anta, parroquia de Chaves, foi o equipo campión da terceira edición do Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín. Na final venceu por dous goles a cero ao Soutelinho da Raia; o terceiro clasificado foi o Santa Cruz Trinidade. Tamén se entregaron os premios á mellor defensa (Vale de Anta), o mellor ataque (Soutelinho da Raia) e o premio fairplay ao equipos do Vilas Boas e Madalena, por incluír futbolistas femininas nos seus partidos.

4 Torneo de pádel de Verín O Torneo de pádel que se disputa no complexo deportivo de A Granxa ten como actuais líderes a Casa Lupita no grupo A e Míchel Boys no B. Ademaiss están clasificados actualmente para os cuartos de final do torneo os equipos, Saudeter, Areté e Xuventude Mapfre no grupo A e Por qué?, Adega do Caneda e Natalú no grupo B. Os equipos están conformados por 2 ou 3 xogadores maiores de 16 anos. É o primeiro torneo desta modalidade deportiva que se celebra en Verín.


DEPORTES

BARRIOS Xuño de 2011

21

Máis de 200 atletas na Torre do Castro

4 Elpidio Gómez foi o vencedor desta segunda edición. Redacción O Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva organizaron a 2ª Carreira Popular Torre do Castro que contou con máis de 200 atletas de todas as idades, desde o atleta máis novo cun ano e medio ata un veterán nas carreiras galegas, o carballinés Manuel Fernández Ledo de 74 anos, do clube Kórpore do Carballiño. A proba dividiuse en tres carreiras: a carreira escolar dos rapaces (2.000 metros), a carreira dos ¨pitufos¨ de 350 metros, e a carreira absoluta (7.900 metros) que contou cun total de 106 participantes. O gañador da proba absoluta foi Elpidio Gómez (ADAS PROINOR – O Barco) cun tempo de

0:28:30. Os 2º e o 3º clasificados foron, Rubén Diz (Ourense Atletismo Academia Postal) e Mario Pérez (Ourense Atletismo Academia Postal). Na categoría feminina a gañadora foi Silvia Teijeiro (Ourense Atletismo Academia Postal), e as 2ª e 3ª clasificadas foron Filomena Cid (Ourense Atletismo Academia Postal) e Rocío Cid (Burgas Atletismo Ourense). Os gañadores, ademais do trofeo, levaron o seu peso en patacas da Limia. E agora, turno da nocturna de Xinzo O vindeiro sábado 18 de xuño é Xinzo de Limia a vila ourensá que congregará aos atletas máis incondicionais na súa VII Carreira Popular Nocturna, que nesta edición presenta como

novidade unha proba por equipos, compostos por catro persoas (homes, mulleres ou mixto), optando o mellor conxunto de cada categoría a unha medalla. Coma sempre, as demais probas terán como protagonistas aos pitufos (que ás 20.30 horas darán unha “minivolta” de 285 metros), aos benxamíns e alevíns (que áas 20.50 percorrerán 500 metros), aos infantís e cadetes (que farán o propio ás 21.15 horas cos tres quilómetros que compoñen o seu percorrido) e por último, aos xuvenís, júniors, promesa, séniors e veteráns (que farán fronte a un circuito de seis quilómetros a partir das 22 horas). O formulario de inscrición está dispoñible na web www.limiactiva.com.

O GD Chaves vencedor do 2º Torneo Fútbol 7 benxamín.

Chaves vence no segundo Torneo Internacional Fútbol 7 benxamín 4 O Verín B acadou a segunda posición. Redacción O GD Chaves ven de proclamarse vencedor do 2º Torneo Internacional Fútbol 7 benxamín que organiza o Concello de Verín en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín. O torneo que se disputou no complexo deportivo de A Granxa contou coa presenza dos equipos Chaves, Verín B, Verín A, Verín C,

Boticas, Celanova, Benfica, Verín D e Flaviense. O vencedor foi Chaves por diante de Verín B e Verín A; en cuarta posición rematou Boticas, quinto foi Celanova e Verín C, sexto; Benfica sétimo; oitavo, Verín D e pechou a clasificación o Flaviense. O máximo goleador do torneo foi Fran González (Verín A), mentres que o premio ao mellor porteiro

Ciclismo en Verín

4 O domingo, 26 de xuño terá lugar a II Volta Cicloturista “Val do Támega”. Redacción

Elpidio Gómez levantando os brazos na meta da carreira de Sandiás./RAMSÉS

O Club Ciclista Verín organiza coa colaboración do Concello de Verín, a II Volta Cicloturista “Val do Támega”. As bicis botaranse ás estradas o próximo domingo 26 de xuño. Esta proba é puntuable para a Copa Galicia e está aberta a todos os cicloturistas federados maiores de 16 anos -os non federados tamén poderán participar coa licenza dun día-. O percorrido ten unha distancia de 113 quilómetros, e tomarase a saída a partir das 9 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes de Verín (R/Irmáns

Moreno). O itinerario consta de dous tramos: un neutralizado (Verín, Rabal, San Cibrao, Oímbra, Vilaza, Albarellos, Verín e Caldeliñas) e outro libre (Servoi, Alto do Foxo, Campobecerros, Ventas da Capilla, A Gudiña, Ventas da Barreira, Fumaces e Verín). Do total do itinerario, os 34 quilómetros iniciais (Verín-Caldeliñas) serán neutralizados polo vehículo da organización, a un ritmo constante de 25 quilómetros/hora, e coa prohibición de adiantar ao devandito automóbil. Desde Caldeliñas ata a meta o tramo será libre. A inscrición é de 35 euros

foi parar a Pedro Rodrigues (GD Chaves); o premio de mellor xogador foi para Iván Fernández (Verín B). Esta iniciativa estivo enmarcada nas V Xornadas de Deporte e Saúde, destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular. (federados) e de 47 para os non federados (inclúe a subscrición de licenza federativa por un día) mediante transferencia bancaria ou na web www.championchipnorte.com. O prazo de inscrición, limitado a 250 participantes, conclúe o 23 de xuño. Para retirar os dorsais será necesario DNI, xustificante de pago e licenza -para federados-. Os trofeos que se entregarán serán para o club máis numeroso e aos ciclistas máis veterán, afastado e novo.

113 quilómetros será a distancia a percorrer polos ciclistas inscritos na proba cicloturista que terá un tope de 250 participantes


22

BARRIOS Xuño de 2011

4AXENDA Exposicións - Ata o 25 de xuño - Mostra “Mulleres no obxectivo” na Casa do Escudo de Verín - Desde o 29 de xuño Pinturas de Isabel Delgado - Casa do Escudo de Verín Música - 17 de xuño - Andrés Calamaro + Eladio y los seres queridos - 21 h - Xardín do Posío de Ourense - 18 de xuño - Concerto de alumnado do Conservatorio - 12 h. - Casa da Cultura de Verín - 18 de xuño - Ourense Dance - 21 h. - Xardín do Posío de Ourense - 19 de xuño - DJ Juan Magán - 21 h. - Xardín do Posio de Ourense - 21 de xuño - Nena Daconte - 21 h. - Xardín do Posío de Ourense - 23 de xuño - Celtas Cortos - 21 h. - Xardín do Posío de Ourense - Do 23 ao 25 de xuño XVI Derrame Rock - recinto Expourense, Ourense - 25 de xuño - Mercedes Peón - 22 h. - Praza Maior de Ourense - 26 de xuño - Uxía - 22 h. - Praza Maior de Ourense - 26 de xuño - Música no Corpus: actuación da Coral e da Banda de Gaitas de Verín - 12 h. - Igrexa Parroquial de Santa María A Maior de Verín Cinema - 16 de xuño - Fitzcarraldo - 22:45 h. - Casa da Cultura de Verín - 23 de xuño - ¡Que verder era mi valle! - 22:45 h. - Casa da Cultura de Verín - 30 de xuño - El mensaje del miedo - 22:45 h. - Casa da Cultura de Verín Deportes - 18 de xuño - VII Carreira Popular Nocturna de Xinzo de Limia - 20:30 h. Xinzo - 26 de xuño - II Volta Cicloturista Val do Támega - 9 h. - Verín Outros - 18 de xuño - Concentración de mastín español - Concello de Baltar - Desde o 20 de xuño ata o 8 de xullo - Curso “Presentacións power point, recursos en Internet e redes sociais” - Casa da Xuventude de Verín + en www.mundourense.com

AXENDA / CLASIFICADOS

4EMPREGO

4CLASIFICADOS

[Chame a Teleemprego Cimo - 902 11 60 39, de luns a venres de 8 a 14 horas. Máis información: www.cimoemprego.com] Oferta Nº 979209 Localidade: Xinzo de Limia Posto ofertado: Esteticista. Centro de beleza selecciona persoal para realizar depilacións, cavitación, mesoterapia, etc. Imprescindible experiencia, titulación relacionada co posto e permiso de conducir. Horario a convir. Oferta Nº 979208 Localidade: Xinzo de Limia Posto ofertado: Monitor/a de actividades deportivas Empresa selecciona persoal para realizar tarefas de aerobic, baile e actividades deportivas para nenos/as. Imprescindible experiencia mínima dun ano e titulación relacionada co posto. Ofrécese horario a convir. Entre 20 e 40 anos. Oferta Nº 979129 Localidade: Verín Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Seguros). Realizará visitas a empresas e particulares para ofrecerlle os servizos dunha compañía aseguradora. Necesario permiso de conducir B. Traballo a xornada completa de luns a venres en quenda partida. Ofrecen contrato mercantil, con pago do seguro de autónomo e soldo fixo máis comisións. Valórase experiencia no posto. Entre 25 e 47 anos. Oferta Nº 979117 Localidade: Verín Posto ofertado: Axente de enquisas. Necesítanse enquisadores/as con experiencia para realizar sondaxes de opinión a turistas que visiten a zona. Desexable formación na área de turismo. Ofrécese contrato mercantil, con pagamento por enquisa realizada, cunha duración aproximada de seis meses. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Oferta Nº 979086 Localidade: Xinzo de Limia Posto ofertado: Auxiliar administrativo/a. Para facilitar apoio nos traballos habituais do departamento de administración dunha empresa, como reforzo durante as vacacións de verán. Necesaria experiencia no posto e ter domicilio en Xinzo de Limia ou arredores. Ofrecen contratación a través dunha empresa de traballo temporal, cunha duración aproximada de dous meses. Oferta Nº 979085 Localidade: Celanova Posto ofertado: Axente de viaxes. Realizará tarefas de atención a clientes, venda directa de produtos vacacionais, orzamento de viaxes, xestión de reservas e de expedientes de venda. Imprescindible experiencia acreditada, mínima dun ano, en axencias de viaxes. Ofrecen traba-

llo a xornada completa en horario comercial de mañá e tarde, de luns a venres e sábado mañá. Entre 20 e 40 anos. Oferta Nº 979216 Localidade: Ourense Posto ofertado: Director/a de ocio e tempo libre. Para coordinar as actividades dun campamento durante oito días no mes de xullo. Imprescindible estar en posesión do titulo de Director/a de lecer e tempo libre. Oferta Nº 979215 Localidade: Ourense Posto ofertado: Asesor/ a de telecomunicacións. Encargarase de realizar venda de servizos de telefonía fixa, móbil, acceso a Internet e comercialización de produtos informáticos. Requírese experiencia, da menos dous anos, en postos de comercial ou vendas, valorándose no sector. Con coñecementos de Microsoft Office, aplicacións Web e permiso de conducir B. Ofrécese traballo a xornada completa. Oferta Nº 979207 Localidade: Ourense Posto ofertado: Carniceiro/a. ecesítase persoal para realizar tarefas de atención o público, reposición de mercadorías, despece, corte e fileteado de produtos cárnicos para a súa venda. Imprescindible experiencia previa mínima de cinco anos en posto similar. Ofrecen contrato a xornada completa. Oferta Nº 979205 Localidade: Ourense Posto ofertado: Dependente de comercio. Necesítase persoal para atención de clientes, venda e colocación de mercadoría nunha tenda de alimentación. Requírense coñecementos de informática, valorándose experiencia previa en atención ao público. Ofrecen traballo a xornada completa en quenda partida de mañá e tarde, de luns a sábado. Oferta Nº 979204 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Medioambiente). Encargarase da captación e fidelización de clientes para unha empresa dedicada á elaboración e colocación de colectores para a recollida de residuos. Visitará empresas de construción e de recollida de residuos, así como organismos oficiais. Necesaria dispoñibilidade para desprazarse por toda España. Ofrecen vehículo de empresa e contrato laboral. Oferta Nº 979203 Localidade: Ourense Posto ofertado: Axente comercial (Sector: Electricidade). Precisan persoal con experiencia e coñecementos relacionados coa electricidade para tarefas comer-

ciais. Necesario permiso de conducir B e vehículo propio, así coma dispoñibilidade de incorporación inmediata. Ofrécese traballo a xornada completa e contratación a través dunha empresa de traballo temporal . Oferta Nº 979201 Localidade: Ourense Posto ofertado: Dependente de carnizaría. Encargarase da atención dos clientes dunha carnizaría - charcutaría, así como da reposición de mercadoría nas vitrinas, corte de embutidos, etc. Necesaria experiencia mínima de seis meses no posto. Ofrécese traballo a media xornada, en horario de tardes, de luns a xoves, venres mañá e tarde e sábados mañá (20 horas semanais). De 20 a 40 anos. Oferta Nº 979200 Localidade: Ourense Posto ofertado: Monitor/a de actividades de animación. Realizará a supervisión e xestión dunha área de xoguetes así coma actividades de animación: obradoiros, xogos, cancións, etc. Necesaria experiencia no ámbito da infancia. Ofrecen traballo en quenda de tarde de luns a venres e sábados pola mañá. Entre 23 e 40 anos. Oferta Nº 979199 Localidade: Ourense Posto ofertado: Comercial para axencia de viaxes. Selecciónase persoal con titulación mínima a nivel de Ciclo Superior en Axencias de viaxes ou Turismo, para realizar funcións de atención a clientes e venda de billetes. Necesaria experiencia no posto e dominio do programa Amadeus. Valorarase que teñan coñecementos en idiomas. Ofrecen traballo a xornada completa de luns a venres en quenda partida e os sábados pola mañá. Oferta Nº 979195 Localidade: Ourense Posto ofertado: Empregado/a do fogar (Interno/a). Para acompañar unha familia durante os meses de xullo e agosto, á zona da praia en Baiona. Realizará tarefas de pasalo ferro e preparación da comida. Ofrecen traballo como interno/a. Imprescindible experiencia acreditada no posto. Oferta Nº 979194 Localidade: Ourense Posto ofertado: Electricista oficial. Empresa da cidade necesita persoal con titulación de Ciclo Medio de Electricidade, permiso de conducir e vehículo propio. Realizará tarefas de colocación de tubos, equipos eléctricos, cablear, conexións, montaxe de cadros, etc. Horario partido.

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses; no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

PISOS

VENDAS

Urxe vender piso 2 habitacións en Praia América. Negociable. Tel. 636 42 24 97.

Vendo portaequipaxes de turismo. Tel: 988 213 518 Vendo tv Samsung 21 pulgadas 50 euros, PS2 con xogos 50 euros tel. 647 628 228. Compro remolque para coche de 2ª man. Tel. 988 37 57 55 Vendo 10 caixas con botellas para embotellar e pileta de baño en bo estado. Telf.: 634 84 30 34 Vendo coche de bebé Jané Carrera 3 pezas (silla+capazo+maxicosi). 120 euros. Tel. 637 75 66 87. Vendo tarima móbil de madeira barnizada.2,00x1,51x0,08 metros. Tel.: 988 239 958. Vendo moto Rieju Pacific seminova, 3.000 km, tel. 988 37 57 55 Vendo Ford Transit 90 cv caixa pechada e tarxeta de transporte, garantía ata outubro. Tel. 627 640 657. Véndese somier de láminas de madeira, 150x190cm. con estructura reforzada de seis puntos. totalmente novo. Prezo: 80 euros. Tel: 647 540 133 Véndense coellos caseiros.6 euros /kilo. Tel. 988.21.38.14 Vendo bolsas de golosinas para aniversarios Tel. 988.21.38.14. Vendo cociña de leña nº 7 Hergom. Tel. 663 034 262 Vendo cuna e moisés de neno a bo prezo. Tel: 988 21 10 59. Vendo Yamaha SR Special 250 ano 93 en perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería e kit de arrastre novo, cambio aceite, alforxas, etc... Regalo cascos, candado, funda e seguro. 1.100 euros, tel.680 568 378. Vendo silla de nenos de 0 a 3 años para coche marca Jané, 50 euros. Tlf: 636 32.95.24. Vendo en moi bo estado Renault 21. AA, CC, DA. Gasolina. Pintura metalizada. Matrícula; OU-1507-K. Kilómetros: 149.469. Tel. 627 608 758.

Alúganse apartamentos en Sanxenxo-Montalvo, a 400 m da praia, de 1 e 2 habitacións, axardinados e chalet en Portonovo con xardín e 3 habitacións. Tel. 607 27 19 16 (tardes-noites).

Vendo piso en Verín, 3 dormitorios, 2 baños, salón, cociña, terraza, amoblado, con ascensor, céntrico. Tel.637 090 512 Alugo piso en Verín de 2 dormitorios 2 baños salon e cociña amueblado. Tel. 637 090 512. Alugo piso en Albufereta (Alicante), xullo, agosto e setembro, terraza. Tel: 666 080 665 / 985 366 611. Alúgase apartamento amoblado, novo 2 dormitorios a 100 m da praia Lanzada. Tel. 663 777 690. Vendo piso en r/Bonhome (Ourense). 85 m2. Salón, comedor, 2 dormitorios, baño e cociña amueblada. Piso exterior, 1ª planta, con ascensor. Tel.: 636.171.879. Alugo habitación en Ourense céntrica a chica ou señora. Tel: 687 134 387 Alúgase piso zona universitaria, 4 habitacións, salón, cociña, baño e aseo. Tel. 670 227 667 Alúgase piso en O Couto, amoblado e con calefacción, 3 dormitorios. Tel. 637 00 59 10. Vendo finca en zona BarxasCudeiro a 3 km de Ourense en terreo edificable. 1.800 m2 excelentes vistas, en Gustei véndense 2 fincas: unha de 500 m2 e outra de 1.200 m2. Tel. 627 608 758. Vendo casa en estrada a Santiago (Ourense) con finca. Tel: 637 005 910.

4SUDOKU

nivel fácil


ARTIGOS / SERVIZOS

BARRIOS Xuño de 2011

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Saudeter, Joao Damiao, Borys Martínez, Bea Losada Nº55- Ano: VI - Xuño 2011 - Difusión: 12.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia:4.900, Ed. Verín: 7.100) Impreso en papel 100% reciclado.

4TELÉFONOS DE INTERESE

A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4DESDE

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

O OUTRO LADO DA RAIA

A crise en Portugal despois das eleccións As eleccións do pasado día 5 da xuño viñeron varrer o clima de medo, de obediencia non crítica e sobre todo, de desorientación de cara ao futuro. Foron presentadas constantemente falsas imaxes da realidade, desdicindo o que din dun día ao seguinte, sempre coa mesma frialdade e convición, instalando na poboación a falta de esixencia ética e a desorientación que impide pensar e escoller. Esperemos que todo vaia mudar, pois o pobo votou indiscutiblemente para iso. O que é paradoxal é

4HUMOR

que a esperanza dese cambio nace nun momento de crise gravísima e que vai agravarse aínda máis en 2012 e 2013, debido a unha maior recesión e un maior desemprego, o que aumentará sen dúbida as dificultades na vida dos portugueses. Por iso é preciso devolverlle ao pobo a súa capacidade propia de intelixencia e de acción que sempre o caracterizou. Desexamos un goberno que se fundamente esencialmente na transparencia e que esta se torne o soporte dunha comunica-

ción permanente cos cidadáns. Así se restablecerá a credibilidade do executivo e se restaurará a confianza na clase política. Nun país tan abaneado e dividido, no que as tensións parecen agravarse por momentos, impóñense amplas converxencias. O PSD (Partido Social Demócrata) e Pasos Coello, futuro primeiro ministro, xa conseguiron o máis fácil: gañar as eleccións. Agárdaos agora o máis difícil: mudar para mellor Portugal. João Damião

[http://oemigrantedopazo.blogspot.com/]

Verín - Xinzo - Ourense Laborables: 06:15 - 08:00 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sábados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00 Ourense - Xinzo - Verín Laborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 20:15 (aut.) - Domingos e festivos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.) Videferre - Verín Saídas: 09:00 - 12:30 - Regresos: 11:45 - 13:45 - 18:30 Campos - Verín Saídas: 07:45 - Regreso: 13:00 Viana - Gudiña - Verín Saída: 09:30 - Regreso: 13:00 Feces de Abaixo - Verín Saídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00 Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Verín - Videferre (feiras) Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e venres ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xoves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZO A Madrid (Auto Res): Diario: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Guardia Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmirás Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Guardia Civil Estación de autobuses Centro de saúde Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia ITV Incendios forestais Fenosa (averías)

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258 988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 902 309 000 085 988 222 222


BARRIOS Xu単o de 2011


[páx.2-8]

COMARCA

Páx.11

DO Monterrei: crece un 37% a entrega de contraetiquetas

VERÍN

Páx.11

COMARCAS Páx.16

AEVER lanza un As aulas CeMIT novidoso programa de impulsan a descontos alfabetización dixital

PROVINCIA Páx.18

Especial

Eleccións Municipais 22-M: os resultados

DEPORTES Páx.21

O Inorde crea un foro II Volta cicloturista para saber como ven “Val do Támega”, o 26 fóra os nosos produtos de xuño en Verín

Jiménez Morán consolida a súa maioría en Verín O PP acada dez concelleiros, o PSOE catro e o BNG tres

[páx.3]

Número: 55 - Ano:VI - Xuño 2011- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.