Bd 173

Page 15

ESPECIAL ENTROIDO

Barrios DEPORTIVO 9 de febreiro de 2018

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº173- Ano: X - 9 de febreiro de 2018 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Chega o agardado Entroido de Verín 4 O desfile terá lugar o domingo pola mañá. Co Domingo Fareleiro deu comezo o Entroido de Xinzo./RAMSÉS.

Xinzo de Limia volta ás súas raíces 4 Dende a organización tentan potenciar a parte tracional do seu Entroido. M.R. Cando leades estas liñas moitos de vós xa vos enchoupastes de fariña e vistes como romperon as olas. E é que Xinzo de Limia xa celebrou os domingos Fareleiro e Oleiro. E que queda por chegar? Co petardazo o pasado sábado 20 de xaneiro na praza Carlos Casares ás 12 da noite, Xinzo comezou unha voráxine de desenfreo e troula que rematará, para os que cheguen, o 18 de febreiro co Domingo de Piñata. Despois, a fin de semana do 27 e 28 de xaneiro tivo lugar a colga do meco, e celébrase o Domingo Oleiro. Nestes dous días pediuse a todos os asistentes que vestiran traxes vellos ou carozos e leven apeiros de labranza dos anos 20 e 30, unha aposta que a organización fai para recuperar ese pulo tradicional do antigo Entroido que sobreviviu ata o de agora. Corredoiro Na seguinte fin de semana, a do 3 e 4 de febreiro, por fin apareceron as pantallas na primeira carreira do ano, que asombrarán máis aos visitantes que aos veciños. E sen darnos conta entraremos de cheo no corazón do Entroido. Como

antesala, o venres día 9 os máis pequenos, xa entrenando para cando sexan mozos, farán un desfile ás 11:30. Os días seguintes, sábado, domingo e luns, continuará sen parar a festa na rúa a cargo de charangas e orquestras repartidas por toda a vila ata ás 2:30 horas, para que os asistentes gocen da celebración limiá. Dende o Concello piden que a esa hora cese todo o posible o ruido da música exterior.

máis de festa esta cita.

Enterro da sardiña O mércores, 14 de febreiro, os limiáns enterrarán con moita dor a sardiña ás 21 horas, previa procesión dende unha hora antes.

Orzamento En canto ao orzamento, aínda non se pode saber porque faltan as aportacións persoais e empresariais, que contan sexan menores xa que este ano non hai entrega en metálico, senón que hai que ingresalo nunha conta bancaria. Pero é o Entroido, e pode haber sorpresas. O Concello achega 80.000 euros e coas aportacións agardan rondar os 100.000. Outro tema no que está traballando o Concello é a declaración turística internacional do seu Entroido. Xa teñen unha partida económica preparada para invertir en reportaxes cos medios de comunicación máis importantes europeos e americanos, principalmente, un dos requisitos para obter esta declaración. Xa o vén traballando con axencias e pode ser que estea antes do verán, sendo así o primeiro Entroido de Galicia en ter esta calificación.

Piñata E xa como remate final, o domingo 18, de Piñata, ás 17 horas, na praza Maior congregará a todos os entroideiros da provincia que queiran despedir cun pouco

O desfile terá lugar o martes 13 desde as 17:30 h

Desfile O Martes de Entroido, o protagonista será o desfile a partires das 17:30 horas, acompañado por charangas. Este ano vánse representar as distintas fases do Entroido, para que non sexa un mero desfile de carrozas e comparsas.

Redacción Co anuncio do que nos agarda por parte dos Cigarróns (Domingo Corredoiro) e a resaca do Xoves de Comadres, Verín métese de cheo no seu Entroido. O sábado 10, unha descarga de foguetes e bombas, e as charangas espertan a todos os veciños, anunciando o Sábado de Entroido. Pola tarde, na praza do Cigarrón, organizado pola Asociación do Cigarrón, terá lugar o acto solemne no que tres novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras en presenza de toda a xente que queira acompañalos nese día tan especial. Non faltará

a Raíña do Entroido e o Entroideiro Maior. Ese día haberá tamén degustación gratuíta de produtos típicos, como a bica e o licor café, amenizando dito acto con diversas charangas. Gran desfile O Domingo de Entroido, 11 de febreiro, será o día grande de maior intensidade na capital de Monterrei. Veciños e visitantes agardan a chegada do desfile de comparsas e carrozas, que se concentran no barrio de San Roque ata a súa saída. Ás 12 do mediodía comenza o gran desfile de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns, amenizado pola Banda

Os Cigarróns serán unha das atraccións no desfile de Verín./ARQUIVO.

de Gaitas do Concello de Verín, e das charangas, que percorrerán as rúas da vila, abarrotadas de xente, que termina por reunirse na praza García Barbón ao remate dese desfile popular. Resto de días O día 12 celébrase o Luns Fareleiro. Pola mañá, o son dun foguete é o aviso de máis troula. Pola tarde, terá lugar o carnaval infantil no pavillón de deportes, con xogos e música para os máis cativos. Así mesmo, unha charanga amenizará o baile da terceira idade. Na tardiña terá lugar reparto de bica e empanada para coller forzas e volver ao baile co son da música da orquesta. O Martes de Entroido podemos consideralo o último gran día da gran festa popular en verín. Bombas e foguetes comezan pola mañá coa mesma intensidade como anunciaron a chegada do Entroido. Despois de xantar as rúas voltan a encherse de xente para revivir o desfile de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns que tivo lugar o domingo, amenizado unha vez máis pola Banda de Gaitas do Concello de Verín, e das charangas. Conclúen este día os bailes e verbenas populares, e a festa nocturna dase por finalizada para moitos e moitas ao amencer do día seguinte. O Mércores de Cinsa, os entroideiros participarán coa súa pena no enterro da sardiña. E o día 18, o Domingo de Piñata pon o epílogo ao Entroido deste ano cun xantar popular para os participantes nos desfiles.

O gran desfile de comparsas e Cigarróns terá lugar o domingo 11 a partir das 12 horas


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.