Issuu on Google+

Entrevista ao ximnasta Eduardo Novelle [Páx. 6] DÍA DA BICI

Páx.4

PATINAXE

Páx. 7

FÚTBOL

Páx. 8

BALONCESTO

Páx. 9

Ourense é deporte!

Número: 85- Ano: V - 25 de outubro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 8 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.




BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

FÚTBOL

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 27 de outubro. Os Carrís. UD Barbadás - Rápido de Bouzas. 3ª División. - Día 27 de outubro. Ourense. CD Ourense B - Pontellas. Rexional Preferente. - Día 27 de outubro. O Barco de Valdeorras. Barco Estradense. Rexional Preferente. - Día 27 de outubro. Meliás. Meliás - Gondomar. RP. - Día 27 de outubro. Estadio Miguel Ángel. Pabellón Ourense - Lugo. División de Honra xuvenil. - Día 3 de novembro. O Couto. Ourense - Coruxo. 2ªB. - Día 3 de novembro. Os Carrís. UD Barbadás - Cerceda. 3ª División.

Baloncesto

- Día 25 de outubro. Paco Paz -21.00h-. COB - Peña Huesca. Liga Adecco Oro. - Día 26 de outubro. Os Remedios -20.00h-. ABO - Laboratorios CBTormes. - Día 2 de novembro. Os Remedios -20.00h-. Pabellón Feminino - Celta Selmark. LF2.

Atletismo

- Día 27 de outubro. A Carballeira -12.00h- Circuíto “Correndo x Ourense”. - Día 27 de outubro. Baños de Molgas 10.00h- III Andaina solidaria Baños de Molgas. - Día 3 de novembro. O Barco de Valdeorras -12.00hVI Carreira dos Santiños.

Fútbol sala feminino

- Día 26 de outubro. Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Atlético de Madrid. 1ª División. - Día 2 de novembro. Os Remedios -17.00h- Ponte Ourense - Valdetires Ferrol. 1ª División.

Hoquei

- Día 26 de outubro (Mariñamansa) -16.00h-. Apóstol - Atlántico. 1ª Nacional Gr. III. - Día 26 de outubro (Mariñamansa) -18.00h-. Albor Pabellón. 1ª Nacional Gr. III. - Día 26 de outubro (Mariñamansa) -20.00h-. Cudeiro - Barrocás. 1ª Nacional Gr. III. - Día 27 de outubro (Mariñamansa) -12.00 h- Barrocás - Polo. División de Honra.

Rugbi

- Día 26 de outubro. Campus Ourense. Campus Ourense Rugby - Ingleses. 1ª División Autonómica Masculina.

Balonmano

- Día 26 de outubro. Pavillón dos Remedios -18.30 h-. Pabellón Balonmán Ourense - OAR Coruña. 1ª Estatal. - Día 27 de outubro. Pavillón dos Remedios. Indomogal Pabellón - Tui. 1ª Galega. - Día 2 de novembro. Pavillón Os Remedios. Pabellón Balonmán Ourense - Granitos Ibéricos. 1ª Estatal.

Tiro

- Día 27 de outubro - Eiroás - Liga Pistola Standar. - Días 2 e 3 de novembro - Eiroás - Copa Deputación de pistola e carabina neumática. - Día 3 de novembro -Eiroás-. Liga Avancarga.

Presentación da carreira popular do San Martiño. /RAMSÉS

Aberto o prazo de inscrición da San Martiño

4 A novidade deste ano é a carreira de cativos, inédita en edicións anteriores. Redacción Desdeo 15 de outubto e ata o vindeiro 10 de novembro queda aberta a inscrición da 37 carreira pedestre popular do San Martiño, que coma en anos anteriores (e despois da polémica suscitadas nestas datas) será gratuíta. O día elexido para a celebración deste evento tan importante do deporte ourensán terá lugar o domingo 17 de novembro. Este ano a novidade máis destacada é a dunha terceira carreira, a de cativos. Será a partir das 13 horas e poderán participar

A 37ª carreira do San Martiño terá lugar o vindeiro 17 de novembro

os nados entre o ano 2005 e posteriores. A distancia a cubrir por parte dos inscritos será de 1,4 km e pasarán pola ponte do Milenio -saída-, Basilio Álvarez, Avenida das Caldas, Ponte Vella e meta no pavillón dos Remedios. Os cativos poderán ir acompañados dun adulto que non contará coma participante. O resto das carreiras son as de anos anteriores. A absoluta, sobre unha distancia de 10.000 metros que comezará ás 11.00h; e a escolar (nados desde 1997 a 2004), de 4,7 km, dando o pistoletazo de saída ás 12.30h. Entrega de chips e dorsais A recollida de chips e dorsais será o venres día 15, entre as 16 e as 20 h, e o sábado día 16, de 9 a

20 h na cancha central do Pavillón dos Remedios. Tamén haberá varios lugares da xeografía galega para que retiren os dorsais os participantes que non se poidan achegar a Ourense a recollelos neses días; para elo teñen que configuralo á hora de inscribirse. A inscrición realizarase a través da web www.deportesourense. com. Feira do corredor Por segundo ano consecutivo organizarase na cancha central a feira do corredor. Será o venres e o sábado e consistirá en stands comerciais e informativos de todo o relacionado co atletismo (roupa, calzado, bebidas isotónicas...-), así como probas de índices físicos para os deportistas.

Trala polémica suscitada, este ano seguirá sendo gratuíta a inscrición desta proba popular Presentación A presentación da San Martiño tivo lugar o luns 14 de agosto e contou co alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o xerente do Consello Municipal de Deportes, Cándido Gómez, e a coordinadora deportiva, Marta Míguez; o concelleiro de deportes, Alfonso Vilachá non estivo presente. O alcalde chegou tarde, deu o discurso e marchou sen rematar a rolda de prensa. Así que á pregunta de se será de pago o ano que vén a carreira, respondeu dunha maneira clara o xerente do Consello Municipal de Deportes: “é unha decisión política”. E ningún político estaba para responder.

A novidade deste ano é unha carreira de cativos


BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

ATLETISMO

A carreira da Carballeira pecha o “Correndo x Ourense” deste ano 4 Celébrase o domingo 27 de outubro. R.T.

Alejrandro chegando a meta en primeira posición na proba Coruña10 deste ano.

Preparado para a carreira do San Martiño

4 O atleta ourensán Alejandro Fernández busca a súa segunda vitoria consecutiva. R.T. O atleta ourensán Alejandro Fernández está xa preparado para loitar por levarse a San Martiño por segundo ano consecutivo. Alejandro está a atravesar un dos seus mellores momentos de forma e encara estes meses de inicio de outono co obxectivo de facer un bo papel na carreira de Santiago e a decana das galegas, a San Martiño. Coruña10 O ourensán, do New Balance Team, reeditou triunfo na carreira popular Coruña10. Este ano, coma o pasado, acadou a primeira

posición da proba disputada polas rúas da cidade herculina. O seu tempo foi de 29’46”, aventaxando a Lolo Penas en 23 segundos e en 44 ao lucense Manuel Hurtado. Así mesmo, outros ourensáns remataron en postos destacados, foi o caso do atleta de Ribadavia Iván Docampo (6º) e o limiao Rubén Diz (7º). En categoría feminina, a atleta residente en Ourense Yolanda Gutiérrez impúxose ao resto de participantes. Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) e vencedora do circuíto “Correndo x Ourense” rematou en 9ª posición.

A carreira da Carballeira pecha o circuito de carreiras populares “Correndo x Ourense” por este ano. A terceira edición deste circuíto péchase o domingo 27 de outubro cando, desde as 12 horas celébrense as últimas carreiras no barrio da Carballeira. Tras seis probas chega ao seu fin un circuito que, ao longo de seis xornadas, percorreu os barrios ourensáns. Como vén sendo habitual, ás 12 dará comezo a carreira de Pitufos; as nais e pais acompañarás aos seus fillos a percorrer os últimos metros deste atlético ano. Ás 12.10h o turno será para as ca-

tegorías benxamín e alevín; ás 12.15h tocaralles aos infantís e cadetes. E finalmente ás 12.30h percorreranse os definitivos 5700 metros desta terceira

edición da categoría absoluta. Nesta categoría xa hai vencedores; en homes, o mellor foi Javier Paredes (Sociedad Gimnástica de Pontevedra); e en mulleres

detacou por enriba das demais Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense). Premios Nesta carreira da Carballeira, a asociación de veciños Karlaska fará entrega de premios os mellores de cada categoría.

Ao remate da carreira terá lugar a entrega de premios

A proba disputada nas pistas de atletismo do campus foi a penúltima do circuíto./R.T.

Ángel Chaparro, o mellor “Aurum” no Desafío Illas Cíes Ramsés Torres Non sabemos se foi polo gran crono que fixo ou por un erro humano -máis ben decántamonos pola segunda opción-, pero o certo é que no número anterior deste xornal Barrios Deportivo, no artigo dos atletas do Club Deportivo Aurum que participaron no Desafío Illas Cíes, esquecémonos de mencionar a Ángel Chaparro Velacoracho. Chaparro foi o máis



rápido dos catro atletas do club ourensán nesta proba (Furi, Patricio e Jesús foron os seus outros tres compañeiros), polo que a ausencia no artigo non ten xustificación. Ángel Chaparro Velacoracho rematou na posición número 189 ao facer a proba en 4 horas 52 minutos e 57 segundos. O tramo a nado o fixo en 39.11; o de ciclismo en 2.41.25 e o medio maratón en 1.28.04. A nosa sinceira noraboa!

Chaparro, durante o Desafío Islas Cíes.




BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

POLIDEPORTIVO

Día da Bici histórico 4 8.000 ourensáns non se quixeron perder esta cita xa convertida en tradición familiar. Redacción O pasado 6 de outubro o Día da Bici, organizado polo Club Ciclista Ourensano que preside Carlos Moure, chegaba á súa 29 edición cunha cifra de participación histórica. 8.000 ourensáns acudiron a esta cita , que xa agardan cada outubro, para compartir en familia un día adicado á saúde e ás dúas rodas, porque o importante desta data

é fomentar o uso da bicicleta e concienciar sobre os dereitos dos ciclistas. E se cada ano Ourense se volca co seu Día da Bici, este ano máis, porque a gran participación fixo intervir ás autoridades, cando a cabeza e a cola da marcha se encontraron en Sáenz Díez. Algunhas novidades Esta edición contou con algunhas novidades, os 10

Posta de longo de Limiactiva 4 Repartiron os premios da pasada tempada e presentaron as novidades da nova. Redacción A Asociación Deportiva Limiactiva celebrou o pasado domingo día 20 a presentación da tempada 2013-2014. O lugar elixido para o evento foi a Cervecería Avenida, de Xinzo de Limia e alí citáronse. Óscar Gómez, presidente de Limiactiva, fixo un breve repaso sobre a historia deste club, fundado no ano 2005, cando só contaba cunha decena de socios. Actualmente supera os 80 socios entre as seccións de atletismo e a de orientación, de nova creación esta tempada. Proxectáronse vídeos con imaxes das actividades realizadas polo club, como foron as Olimpíadas Escolares, a Carreira Popular Torre do Castro de Sandiás

ou o Circuíto Limiactiva de Orientación. Durante a presentación repartíronse os premios correspondentes ao ranking Limiactiva 12-13 para todas as categorías desde pre-

quilómetros de percorrido contaban con menos costas, co fin de incentivar a participación dos cativos e de aquelas persoas que non usan a bicicleta a diario. Con comezo e remate na Alameda –pensado previamente para evitar aglomeracións- os veciños dos barrios da Carballeira, O Couto e A Ponte viron cubrir as súas rúas coa serpe multicor que como cada benxamín até veteranos. Futuro O futuro para esta Asociación espérase prometedor pois cada ano aumenta o número de socios así como a participación en cada unha das actividades organizadas. Para os interesados en formar parte desta asociación aínda está aberto o prazo de inscrición da súa escola de atletismo e as súas seccións de atletismo e orientación. Contacto: limiactiva@gmail.com

Momento da presentación da nova tempada de Limiactiva./MIGUEL REJO.

Os milleiros de participantes no Día da Bici 2013 saíndo dende a Alameda./R.T. ano dan forma os propios ourensáns, demostrando unha vez máis que a competición queda a un lado

cando o que importa é mostrar a nosa conciencia social e saudable. E, a iso, non hai quen nos gañe.

Pabellón e ABO comezan a Liga 4 En Liga Feminina 2 e EBA, respectivamente. Redacción O Pabellón Feminino e o ABO comezan esta fin de semana os seus periplos na súas respectivas ligas. O Pabellón Feminino será, un ano máis, o equipo que máis tempo leva participando na Liga Feminina 2 (LF2) e buscará novamente a permanencia. Pola súa banda, o ABO terá na busca da tranquilidade o maior obxectivo deste ano en Liga EBA. Pabellón Este ano continuan no Pabellón tres xogadoras da tempada pasada: Arantxa Mallou, Miriam Bolívar e María Álvarez. As novidades son Claudia Aponte, Lucía Calviño, Florence Glen, Nerea Nieto e Laura Saarinen, que completan o grupo que este ano estará

baixo a batuta de Benxamín Rodríguez. O primeiro encontro das ourensás será fóra de casa contra o Universidad de Oviedo. O primeiro partido en Ourense será o 2 de novembro ás 20 horas nos Remedios contra o Celta Selmark. ABO O ABO conta facer un digno papel nesta campaña. Juan Norat segue de adestrador e terá coma pupilos a Héctor Cid, Mamadou Diop, Cristián Iglesias, Diego Mallou, José Otero, Rubén Pernas, David Placer, José M. Recio e Pablo Sánchez; un equipo totalmente renovado. Os ourensáns xogan este sábado 26, ás 20 horas nos Remedios, contra o Aquimisia Laboratorios CBTormes.

O Día da Bici busca fomentar o uso deste vehículo

CD La Purísima busca deportistas Redacción

O Club Deportivo La Purísima está completando os equipos desta tempada. O club, creado no colexio ourensán do mesmo nome hai catro anos, precisa de xogadores novos para os seguintes conxuntos voleibol de categoría cadete, fútbol 8 de alevíns, benxamíns e prebenxamíns, e minibasket de categoría alevín mixto. A oferta deportiva e de ocio de La Purísima complétase con disciplinas como atletismo, fútbol sala, ioga, patinaxe, danza creativa e baile moderno. En total, algo máis de cen rapaces practican deporte neste club. Inscricións Os interesados poden contactar con CD La Purísima no 625 695 777 ou cdlapurisima@gmail. com.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

XIMNASIA

Ouro e prata para as pavillonistas

Babarro, Yanira Fernández, Lucía Gómez e Maite Aráuz) que foron cuartas a poucas décimas do terceiro clasificado, o Club María Barbeito. Nesta categoría foron campioas galegas as ximnasta o equipo do Club Treboada e segundas clasificadas as do Club Apóstolo

As benxamíns proclamáronse campioas e as alevíns subcampioas



Santiago de Pontevedra. De seguido, todos estes conxuntos participarán no Campionato Nacional de Base que terá lugar en Guadalaxara entre o 20 e o 24 de novembro. Galego federado de conxuntos Durante a mañá tivo tamén lugar a primeira fase, que contabiliza co 30% da nota xeral do Campionato Galego Federado de conxuntos. Nesta competición os tres conxuntos pavillonistas acabaron con claras opción cara o podio.

4 No galego de conxuntos de base disputado nos Remedios. Redacción O Campionato Galego de conxuntos de base, celebrado no pavillón dos Remedios o pasado 13 de outubro, saldouse cun ouro e unha prata para o Club Ximnasia Pavillón de Ourense.

Na categoría benxamín, o conxunto do Club Escola Pavillón (composto por Candea Díaz, Candea Pérez, Claudia Selas, Julia Cascón, Aldara Cerdeiros e Sara Cid) foi campión galego, seguido do Club Escola Acordes de Coruña e Escola Ximnasia Porta

Norte, de Lugo. En categoría alevín o Club Treboada de Pontevedra foi 1ª clasificado, e o Club Ximnasia Pavillón (integrado por Sabela Rodríguez, Sabela de Martín, Paula Martínez Ramos, Paula Martínez Pérez, Rebeca Belo, María Rodrí-

guez, Lucía González e Sara Branco) segundo, seguido do Club María Barbeito de Coruña como terceiro clasificado. Outros resultados Na categoría infantil houbo menos sorte para as ourensás (Ainoa Vázquez, Marta Mangana, Lida

Os conxuntos presentes o 13 de outubro nos Remedios participarán no Nacional de Base, que terá lugar en Guadalaxara do 20 ao 24 de novembro./R.T.




BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

XIMNASIA

entrevista aO XIMNASTA EDUARDO NOVELLE - do c.x. pavillón

“Desexo vivir a experiencia do Mundial e facer as cousas ben” 4 O ximnasta ourensán Eduardo Novelle competirá no Mundial por edades, que se celebrará en novembro en Bulgaria. Ramsés Torres Está claro que por un fillo se fai o que sexa, e iso debeu pensar a nai do ximnasta ourensán Eduardo Novelle, cuxa presenza no Mundial de edades é das máis especiais, xa que a financiación logrouna grazas á venda de tartas de chocolate caseiras da súa proxenitora. Dende cando practicas ximnasia? e en que mo-

dalidades? Eduardo Novelle: “Dende os 7 anos e practico trampolín e dobre minitramp. Das dúas gústame máis trampolín porque é na que máis adestro”. Por que te decantaches por estas modalidades? E.N.: “De pequeno facía natación no Pavillón, onde vin que practicaban este deporte. Gustoume e a miña nai apuntoume, e dende aquel momento sigo

“Non me fixo en ningún ximnastas de xeito específico, pero gústame moito o canadiense Jason Burnett”

nel”. Canto adestras? E.N.: “Adestro 6 días á semana e ao redor de dúas horas e media ao día”. Tes algún ximnasta de referencia? E.N.: “Non me fixo en ninguén de xeito específico, pero gústame moito un ximnasta canadiense que se chama Jason Burnett”. Tiveches problemas económicos para poder presentarte ao Mundial de Bulgaria, que terá lugar en novembro, e ao final conseguistes resolvelo vendendo tartas caseiras, como surxiu esa

Eduardo, con 15 anos, adestra 6 días á semana e dúas horas e media cada día./R.T.

iniciativa? E.N.: “Foi idea de miña nai. Cando mo propuxo gustoume, había que intentar algo porque eu tiña claro que quería ir. Despois de lograr o diñeiro estou moi contento, a xente reaccionou moi ben e eu estoulles a todos moi agradecido. Agora teño unha gran responsabilidade porque moita xente confía en min e non quero fallarlles”. Cres que esta iniciativa pode repetirse para lograr financiación noutra ocasión? E.N.: “Si, de feito a miña nai está a animar á xente a que siga mercando tartas para financiar os seguintes campionatos”. Como se decide se un ximnasta pode competir no mundial? E.N.: “Contan as notas de cada campionato e valoran os teus saltos. Así escollen aos 4 ou 5 mellores de cada categoría, e escolléronme nas de trampolín e dobre minitramp para ximnastas de 15-16 anos”. Cal será a túa meta nesta cita? E.N.: “Vou para vivir a experiencia e facer as cousas ben, non busco lograr o podio”. E os teus obxectivos a medio prazo cales son?

Novelle competirá no Mundial de Bulgaria en trampolín e dobre minitramp na categoría 15-16 anos./R.T. E.N.: “Nesta tempada busco clasificarme para o Europeo do vindeiro ano e para o Mundial, se o hai”. Veste como ximnasta profesional no futuro? E.N.: “Vendo aos profesionais creo que está difícil logralo, quédame bastante para chegar a ese nivel, pero vouno a intentar”. Onde cres que se ato-

pan os mellores ximnastas do mundo? E.N.: “Para min os mellores son os de China, Rusia, Canadá e Xapón”. Queres enviarlle un mensaxe a alguén? E.N.: “Quero darlle as grazas a todas as persoas que mercaron tartas e principalmente a miña nai, porque sen ela non lograría ir ao mundial”.

“A miña nai segue vendendo tartas para financiar os seguintes campionatos. E quero darlle as grazas, sen ela non lograría ir ao mundial”


BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

PATINAXE



entrevista a lara rives - cofundadora do club deportivo ourela de patinaxe artístico

“Queremos un club competitivo, con patinadores federados que estean presentes nas citas oficiais” 4 O Club Deportivo Ourela é o primeiro de patinaxe artístico da provincia de Ourense e as súas fundadoras buscan con el promocionar un deporte no que, a pesar do descoñecemento social, Galicia é unha comunidade de referencia. Ramsés Torres Son de Santiago de Compostela e contan cun amplo currículo deportivo ás súas costas. Lara e Nuria Rives Busto son dúas patinadoras e adestradoras nacionais que acaban de crear o Club Deportivo Ourela, o primeiro de Ourense vencellado á patinaxe artística, un deporte tan fermoso como descoñecido. En que consiste a patinaxe artística? Lara Rives: “É un deporte, aínda que moita xente o dubide, que se practica, de xeito federado, sobre patíns en bota con dúas rodas diante e dúas detrás en paralelo, non en liña. Ten unha característica fundamental que é a súa parte artística, que se mide por como o patinador

“Agardamos presentar ás nenas a algunha competición o próximo ano”

se expresa na pista e a presenza que ten nela. Aínda que ademais ten unha parte técnica, expresada nos saltos e piruetas que esixen un gran control dos patíns”. Como surxe a idea de crear o Club Deportivo Ourela? L.R.: “As dúas fixemos este ano o curso para converternos en adestradoras nacionais. Ademais, ambas levamos no patinaxe artístico dende nenas, e somos adestradoras de patinaxe dende fai moito tempo en diversos clubs, colexios e concenllos, principalmente da zona de Santiago e A Coruña. E vendo como están as cousas decidimos vir para Ourense porque nesta provincia non hai nada vencellado ca patinaxe artística, sobre todo a nivel federado”. Con que filosofía chegades a Ourense? L.R.: “Viñamos con gañas de crear algo noso. Temos unha filosofía de traballo moi clara, cunha idea determina-

Lara e Nuria son adestradoras nacionais de patinaxe artístico./RAMSÉS da do que pode transmitir o deporte”. Con cantos alumnos conta agora mesmo o club? L.R.: “Neste intre temos 17 nenos e 4 adultos, destes últimos un xa é fixo e outros que aínda están probando. O grupo de adultos costa un pouco máis”. Ademais, dades cursos en colexios. L.R.: “Si, somos profeso-

Grupo de nenas que aprenden patinaxe da man do Club Deportivo Ourela./R.T.

ras de patinaxe artístico no colexio Benchosei e no Club Deportivo La Purísima”. Que hai que facer para inscribirse no voso club? L.R.: “Poñerse en contacto con nós a través do teléfono ou enderezo electrónico. Ou tamén poden vir polo pavillón dos Remedios un día dos que adestramos e xa lles damos toda a información que precisen. Ademais, poden facer unha proba sen compromiso”. Que lle dirías aos ourensáns para que se animen a practicar este deporte? L.R.: “Primeiro, que é para ambos sexos, porque temos o problema de que hai a tendencia a pensar que é só para nenas e mozas, e queremos que os homes tamén se animen, porque é un deporte para todos. Ademais, nas

competicións oficiais despois rematan destacando máis os homes, curiosamente. O que se debe a que é un deporte que esixe unha forza e unha velocidade que, ás veces, á mulleres nos costa máis lograr, polo que o suplimos con outras cousas. Ademais, ten moitas vantaxes. Axuda ao equilibro, é divertido e coñeces a xente nova, porque aínda que cada un vai ao seu ritmo todos compartimos pista e animámonos uns a outros. É un deporte que hai que probar”. Que futuro tendes en mente para o club? L.R.: “Queremos un club competitivo. Aínda estamos comezando, pero as nenas que temos están mellorando moito, polo que queremos lograr a medio ou longo prazo formar un club con depor-

“É un deporte que mellora o equilibro, é divertido e axuda a coñecer xente ”

tistas federados que poidan participar en campionatos oficiais”. Aproximadamente que prazo é ese? L.R.: “Aínda non o sabemos con exactitude porque é complicado conseguir o material para competir de xeito federado. Os patíns de iniciación son asequibles, pero os de competición teñen un prezo máis elevado, polo que temos que ir valorando como van evolucionando as nenas, porque aínda que algunhas xa patinaban en liña e iso fai que o equilibrio o manteñan ben, o certo é que no tema das figuras están comezando de cero. Pero agardamos metelas xa nalgunha competición o ano próximo, aínda que sexa no nivel máis baixo. Porque en patinaxe hai tres rangos de competición: “niveles”, que é o máis baixo e no que participan os nenos que comezan; “segunda categoría”, que é o paso intermedio; e “primeira categoría”, que é como a Primeira División de fútbol. Este ano levarémolas a algunha exhibición, prepararemos algunha coreografía para que as nenas estean en pista e sintan a presenza do público. Queremos un club no que as cativas vexan todo o que hai, o que é unha competición, e se dean conta de que Galicia é unha comunidade autónoma de referencia na patinaxe artística”. [Contacta co Club Deportivo Ourela no 685019039 ou en cd.ourela@gmail.com]




BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

FÚTBOL

4EDITORIAL

Patrocinio Termal

Todos detrás! 4 O CD Ourense ocupa a primeira posición do grupo primeiro da Segunda División B. R. Torres O CD Ourense ocupa desde a pasada xornada (a nove) a primeira posición do grupo primeiro da Segunda División B. Con 18 puntos de 24 disputados mira detrás del ao resto de rivais. E iso que é o único equipo dos cinco primeiros que cumpriu a xornada de descanso (ao ter a Liga 19 equipos en lugar de 20). A un punto (17) sitúase o Rácing de Santander; na terceira posición, o Oviedo (16); e en cuarto lugar está o Zamora (15 puntos). Todos eles en promoción de ascenso a Segunda División. Pero se miramos máis abaixo, fóra da promoción o primeiro equipo é o Guijuelo, quinto con 14 puntos; é dicir, catro puntos menos cos rojillos e un partido máis. Un comezo inmellorable para un equipo adestrado por José Luis Míguez “Luisito” que non quere relaxacións. Este primeiro posto a estas alturas da competición supón para o técnico “unha mera anécdota”. Despois de que na terceira xornada sufrira no Couto a derrota contra o Rácing de Ferrol (1-2), os ourensáns levan cinco vitorias consecutivas. A última delas foi no exilio de Verín. O céspede do Couto está con coidados

para que volva a ter unhas condicións óptimas para a práctica do balonmpé, polo que se tivo que xogar o encontro contra o Tropezón no José Arjiz. Tropezón Contra o conxunto cántabro encontraron os homes de Luisito un encontro moi trabado e complicado de sacar adiante. Adiantaronse os ourensáns cun gol de Javi Hernández, quen lle gañou as costas a toda a defensa visitante. Antes do descanso o Tropezón lograría poñer as táboas de novo no marcador. Na segunda metade o encontro entrou nunha dinámica pouco conveniente para o Ourense. Demasiadas interrupcións e o xogo moi trabado. Luisito foi pola vitoria e fixo un dobre cambio; Óscar Martínez e Capi deixaban o seu sitio a Gustavo Souto e Adrián Cruz. Destacaron os dous xogadores nos seguintes minutos. Cruz estivo moi activo na zona de creación e Gustavo Souto firmaba o 21, e daba o pase do 3-1 a Javi Hernández. 11 inicial Luisito usou o mesmo 11 nas últimas xornadas: Pato; Josu, Portela, Capi, Pinillos, Yebra, Álex Fernández, Iker Alegre, Borja Valle, Javi

Hernández e Oscar Martínez. Os cambios habituais son Adrián Cruz, Gustavo Souto e Juan Martínez, e en menor medida, Moisés García e Jaime Noguerol. Campillo e Adil non entran nunha lista desde fai varias semanas. A pesar desta realidade, Luisito é claro, e pídelle a todos os xogadores que “teñan paciencia”, pois está seguro “de que chegará a oportunidade de todos eles”. O técnico de Teo pretende, con estas palabras, manter a todos os xogadores motivados. Logroñés, Caudal, Coruxo Ao CD Ourense tócalle disputar tres partidos en nove días. O sábado 26 visita ao Logroñés; o mércores 20 volve a xogar fóra contra o Caudal Deportivo e o domingo 3 de novembro recibe ao Coruxo coa posibilidade de que aínda continúe ao fronte da clasificación. Para este partido o Ourense xogará coa segunda equipación azul e branca, para dala a coñecer aos afeccionados.

CDO suma cinco vitorias consecutivas

R. Torres Fai uns meses o Concello de Ourense, na persoa do seu alcalde, anunciaba que miraría con “mimo” e “especial cariño” o patrocinio de “Ourense Termal” para o Club Deportivo Ourense e Club Ourense Baloncesto. E a contía de devandito patrocinio entraría dentro dos orzamentos de 2014. Este ano o Concello non ten presuposto, senón que ten prorrogado o do 2012, e pretende aprobar os de 2014 en prazo -antes de final de ano- (algo que non aconceteu nos últimos anos). Os dous clubs xa estamparon na súa equipación o “Ourense Termal” co que os patrocina o Concello; de feito o COB a efectos da

Liga xa está inscrito coma Ourense Termal. Con esta iniciativa preténdese dar pulo ao termalismo, fonte principal do turismo ourensán. Nembargantes, cunha aposta tan decidida é estraño que non teña un logo ben definido. Mentres na camiseta do COB represéntase mediante unha gota de auga sita na parte dianteira, que

envolve o escudo do club e con letra pódese ler Club Ourense Termal; na zamarra do CDO está plasmada na parte baixa da parte de atrás e lese “Ourense Termal” cunha tipogafía totalmente distinta. Dúas imaxes para un mesmo produto, cando o máis lóxico sería unificar a imaxe corporativa; con variantes, pero non con diferencias tan salientables coma neste caso.

Actuais camisetas do COB e do CD Ourense.

O U.D. Barbadás, cuarto na 2ª División Nacional A U.D. Barbadás feminino, equipo da Segunda División Nacional ocupa a cuarta posición neste primeiro tramo ligueiro. O último partido foi en Santiago contra o Compostela, a quen venceron por cero goles a un. O único tanto do encontro foi obra de Emma cun remate de volea tras saque de esquina de Cris. Non foi o mellor encontro das ourensás pero si foi suficiente para que lograran tres valiosos puntos que as colocan na cuarta posición con tres puntos. Esta fin de semana non haberá competición, que se reanudará o vindeiro 3 de novembro nos Carrís ante o Gijón.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

BALONCESTO



O COB quere a primeira en casa 4 Os homes de Gonzalo García de Vitoria xogan contra o Huesca de Quim Costa. R. Torres O Club Ourense Baloncesto (desde esta xornada Ourense Termal) quere acadar a primeira vitoria da tempada no pazo Paco Paz. Despois de perder na primeira e segunda xornada da Adecco Ouro e sumar a primeira vitoria da tempada en Navarra na terceira, os

de Gonzalo García de Vitoria queren darlle a primeira alegría aos seareiros ourensáns e vencer ao Huesca nesta cuarta xornada. O partido será o venres 25 de outubro a partir das 21 horas no Paco Paz. Gonzalo destaca dos maños, amais da súa “xuventude”, que forman un equipo que busca “sacarte do es-

quema” e “atacar en carreira”. O adestrador ourensán salienta o gran palmarés de moitos dos xogadores oscenses, acostumados a xogar partidos importantes. “Moitos deles faranse cun nome no baloncesto”, aseveraba a técnico cobista. O Ourense Termal marcha na clasificación en décima posición, cunha

Riley Luettgerodt esquivando a un xogador do Andorra./RAMSÉS

vitoria e dous derrotas. As pantasmas da pasada tempada, na que comezaron cun 0-6, están disipadas e agora falta refrendar a boa marcha coa vitoria na casa ante o Huesca. Porcentaxes Para de Vitoria a baixa porcentaxe de tiro das dúas primeiras xornadas xa está totalmente solventada, e recorda que contra Navarra acadaron “11 triplos e un 68% de acerto en tiros de dous”. Rafa Huertas No apartado de anotación quen terá un papel principal durante a tempada será Rafa Huertas. O escolta non elude a responsabilidade e considera que tres ou catro compañeiros máis el terán que asumir ese reto. Despois dun ini-

Rafa Huertas é un anotador chave do COB desta tempada, como demostrou no partido do Pazo./RAMSÉS cio no que lle costou aclimatarse á cidade, Huertas, grazas a que moitos dos seus compañeiros son amigos foi acostumándose á súa nova realidade; pasar do sur ao norte con todo o que atañe. Para o cordobés,

un dos maiores culpables de que agora esté cómodo é o adestrador, “Gonzalo traballa moi alegre e iso é de agradecer” confesaba o xogador, que augura “un ano agradable para o COB”.


10

BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

POLIDEPORTIVO

P21 Padel Team, campión galego de 3ª categoría

16 equipos participaron no Torneo Outono de Pádel

4 Venceu na final ao Campo de Vigo.

4 Nas instalacións Pádel Oira.

Redacción

Redacción

Tras unha fin de semana de emocionantes eliminatorias entre algúns dos mellores clubs de pádel de Galicia, P21 Pádel Team logrou facerse co Campionato galego por equipos de terceira categoría, impoñéndose por un total de 4-1 na final ao Club de Campo de Vigo, actual campión da 1ª División da Liga Rías Baixas. En cuartos de final eliminaron ao Fontes do Sar por 4-1. Nas semifinais desfixéronse do Club de

Campo de Ferrol con contundencia (5-0). E na gran final lograron o campio-

Intre dun dos partidos disputados polo P21.

Rugbi

Comeza a Liga para o Campus Ourense 4 En categoría masculina e feminina sénior. Redacción Comeza unha nova tem-

nato por 4-1 contra o xa citado Club de Campo de Vigo.

pada para os equipos sénior do Campus Ourense Rugbi. O equipo masculino xa

comezou, e con derrota na primeira xornada. Foi no Municipal Anxo Carro de Lalín e caeu ante o conxunto local por un resultado de 22 a 14 na xornada que daba o pistoletazo á liga. Na segunda xornada tocoulles descansar, e reanudarán a competición esta fin de semana na casa contra os Ingleses R.C. O equipo feminino tivo

O primeiro Torneo Outono de Pádel das instalacións Pádel Oira celebrouse o pasado 19 de outubro coa participación de 16 parellas. O sistema de xogo foi un formato de liguiña de catro grupos con catro parellas cada un. Os dous primeiros clasificados pasaban á fase final e os terceiros e cuartos de cada grupo disputaron a fase de consolación. Os gañadores foron a parella formada por J.L.G.M. e J.L. G. A. que aprazar o partido do seu debut, polo que debutarán esta fin de semana diante do Coreti Lalín, onde moitas xogadoras ourensás recalaron esta tempada; polo que se vvirá unha rivalidade especial entre ex compañeiras. O Campus Ourense viaxará a terras pontevedresas con numerosas baixas.

41ª División Autonómica sénior masculina de rugbi.

41ª División Autonómica sénior feminina de rugbi.

Xornada 1: 12-13/10/2013 Lalín - Campus Ourense Rugbi Club Xornada 2: 19-20/10/2013 Campus Ourense Rugbi Club - descansa Xornada 3: 26-27/10/2013 Campus Ourense Rugbi Club - Ingleses Xornada 4: 09-10/11/2013 Pontevedra - Campus Ourense Rugbi Club Xornada 5: 16-17/11/2013 Campus Ourense Rugbi Club - Mareantes Xornada 6: 23-24/11/2013 Blusens Universidad de Vigo B - Campus Ourense Xornada 7: 14-15/12/2013 Campus Ourense Rugbi Club - Zalaeta Xornada 8: 21-22/12/2013 Campus Ourense Rugbi Club - Lalín Xornada 9: 11-12/01/2014 Campus Ourense Rugbi Club - descansa Xornada 10: 18-19/01/2014 Ingleses - Campus Ourense Rugbi Club Xornada 11: 25-26/01/2014 Campus Ourense Rugbi Club - Pontevedra Xornada 12: 08-09//02/2014 Mareantes - Campus Ourense Rugbi Club Xornada 13: 15-16/02/2014 Campus Ourense - Blusens Universidad de Vigo B Xornada 14: 01-02//03/2014 Zalaeta - Campus Ourense Rugbi Club

Xornada 1: 18-19/10/2013 Campus Ourense Rugbi Club - Zalaeta Xornada 2: 26-27/10/2013 Lalín - Campus Ourense Rugbi Club Xornada 3: 09-10/11/2013 Campus Ourense Rugbi Club - descansa Xornada 4: 16-17/11/2013 Campus Ourense - Blusens Universidad de Vigo B Xornada 5: 30/11 - 01/12/2013 CRAT - UDC - Campus Ourense Rugbi Club Xornada 6: 14-15/12/2013 Campus Ourense Rugbi Club - Ingleses Xornada 7: 21-22/12/2013 Muralla - Campus Ourense Rugbi Club Xornada 8 Zalaeta - Campus Ourense Rugbi Club Xornada 9 Campus Ourense Rugbi Club - Lalín Xornada 10 Campus Ourense Rugbi Club - descansa Xornada 11 Blusens Universidad de Vigo B - Campus Ourense Xornada 12 Campus Ourense Rugbi Club - CRAT - UDC Xornada 13 Ingleses - Campus Ourense Rugbi Club Xornada 14 Campus Ourense Rugbi Club - Muralla

Dúas parellas participantes no torneo./I.D.PÁDEL OIRA Ao terminar procedeuse á entrega de trofeos aos participantes, que agardan que

o centro deportivo organice máis evntos como este ao longo da tempada.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

POLIDEPORTIVO

O Marbel, 11º na Liga Internacional de Judo 4 O club ourensán foi de menos a máis na competición. Redacción

Integrantes do Galmédica Ourense Tenis Mesa.

tenis de mesa

Tres xornadas, tres vitorias 4 O Galmédica Tenis de Mesa logra pleno de vitorias nos tres primeiros partidos. Redacción Despois da refundición das ligas de tenis de mesa desta tempada, o Galmédica Ourense disputa este ano a Terceira División Nacional, sendo o único representante ourensán da categoría. Tralas tres primeiras xornadas, o conxunto leva pleno de vitorias e apunta que superará con creces o seu obxectivo, que non é outro

que a permanencia. Na primeira das xornadas vencía ao C.T.M. Vigo Bocaterias Papo’s por un claro 6-1. Na segunda xornada desfíxose con moitos apuros (a pesar do resultado final) do actual campión de liga, o Mercantil de Vigo “B” a quen superou por 25; o partido de dobres foi determinante, no que unha gran decisión táctica decantou o encontro cara ao equipo ourensán.

fútbol sala

V Liga Intercultural Municipal 4 Nela compiten 22 equipos. Redacción Este mes comezou a quinta edición da Liga Intercultural Municipal de fútbol sala, que se celebra no pavillón da Carballeira. Este ano un total de 22 equipos participan neste evento que cada ano reúne a máis deportistas (oito equipos tiveron que quedar fóra por falta de horas para disputar máis encontros). En total son preto de 300 fichas as que se tramitan entre os distintos equipos. Os 22 conxuntos están divididos en dúas categorías (1ª e 2ª división).

Unha vez rematada a Liga dispútase a Copa, e este

Terceira xornada Na pasada xornada, a terceira, recibían ao Liceo de Noia (un dos mellores conxuntos da pasada campaña). Depois dun encontro de moita igualdade, o resultado favoreceu ao Galmédica por 5-2. Con este inicio é máis que probable que cambien o obxectivo de comezo de curso e busquen un máis ambicioso. ano, a organización contan con celebrar unha Supercopa. Deporte para todos Este campionato creuse coa idea de facilitar á xuventude a práctica deportiva cun baixo custo económico. Ao final da tempada,

O Marbel Judo Club rematou a súa participación na Liga Internacional de judo na undécima posición. Despois de tres xornadas o conxunto ourensán acadou unha meritoria clasificación que o levou ao posto 11 de 16 equipos. Na última xornada, a do 19 de outubro, os ourensáns lograron vencer ao San Francisco Teo de Santiago (3-1) e ao Judo Ferrolterra (3-1), empataron un disputado duelo contra o Judo Club Coruña (2-2) e perderon contra o intratable Judo Club Arteixo (0-4). Ao final das tres xornadas o Marbel conseguiu cinco vitorias, un empate e nove derrotas, sumando un total de 198 puntos. Play off para o título Os catro equipos que disputarán esta edición ademais dos premios aos primeiros clasificados, hai un trofeo á deportividade.

Rematada a liga disputarase a Copa e, este ano, tamén a Supercopa

da Liga Internacional de Clubes de Judo, “Trofeo Cidade de Ourense”, logo

das tres xornadas disputadas da fase regular serán: o Universidade da Coruña, primeiro na liga; Famu de Frutos “A”, segundo; Judo Club Arteixo, terceiro, e o cuarto clasificado o Ingenieros Bitácora. Os enfrontamentos emparellarán en semifinais ao primeiro contra o cuarto clasificado (Universidad de Coruña-Bitácora) e segundo contra terceiro (Arteixo e Famu Vigo).

Cristián (de fronte) durante o seu combate.

Bos resultados do taekwondo ourensan en Ribeira 4 Sete deportistas do Centro Deportivo Couto lograron estar entre os tres mellores das súas categorías. Redacción

Presentación da V Liga Intercultural Municipal de fútbol sala./RAMSÉS.

11

O taekwondo ourensán colleitou bos resultados no Open de Ribeira celebrado o pasado 19 de outubro na localidade coruñesa e no que participaron preto de 500 deportistas. Sete representantes do Centro Deportivo Couto calificáronse entre os mellores das súas categorías: así Iván Blanco foi primeiro (en júnior lixeiro) e Diego Siota segundo

(en infantil galo). María González (en cadete galo), Andrés Álvarez e Sergio Álvarez (en júnior pluma), Andrés Freijeiro e Nicolás Pérez (en júnior superlixeiro) foron terceiros. Próximos eventos Deportistas do club ourensán competirán a primeira fin de semana de novembro no Open de Pontevedra, cita previa ao Campionato galego júnior que terá lugar o día 16 en Lugo.


12

BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

FÚTBOL SALA

Raquel de Souza busca encontrar camiño cara a porta contraria diante de dúas xogadoras do Alcorcón./RAMSÉS.

O Ponte Ourense, a reconducir o camiño

4 Leva unha vitoria, dous empates e dúas derrotas en cinco xornadas disputadas. R. Torres O Ponte Ourense busca reconducir unha situación que levouno nas cinco primeiras xornadas da Primeira División de fútbol sala a lograr unha vitoria, dous empates e dúas derrotas, o que o sitúan na undécima posición con cinco puntos. O xogo das rapazas adestradas por Jorge Vaz é notable, con dominio en moitos minutos de partido, pero que, nembargantes, non se materializa en vitorias. Mesma situación que a vivida o ano pasado cando o adestrador era Óscar Vivián. E cando esto ocorre soe pasar que a ansiedade faise notar e a cabeza xoga malas pasadas; o que deriva en que os resultados non sexan os merecidos. Alcorcón Contra o Alcorcón as de Vaz comezaron perdendo desde moi cedo. No pri-

meiro minuto de encontro, Leire adiantaba ás visitantes, despois dunha perda de balón local. As madrileñas poñían de cara o encontro. O Ponte buscaba resarcirse do xarro de auga fría do gol e tentaba levar o control

do partido, pero a falta de acerto nos metros finais impedían que as ourensás empataran o choque. Mentres a Agrupación Deportiva Alcorcón seguía co seu acerto demoledor, e Orive facía o 0-2 tras pase de Vadillos

que lle gañaba as costas ao seu par. Tralo descanso, o Ponte intentou unha maior intensidade no xogo en busca de lograr algo positivo do choque. Pero novamente as alfareras golpearían facendo aos tres minutos da reanudación o 0-3. Orive de novo batía a Vanesa aproveitando un balón solto na área. Nestas, o adestrador ourensán optou polo xogo de cinco, o que fixo que acurtaran distancias a falta de dous minutos. Ana lograba o único tanto local, pero a vitoria marcharía cara terras madrileñas. Soto del Real A vindeira xornada enfronta o Ponte Ourense

O Ponte Ourense visita na sexta xornada ao Soto del Real, equipo que leva catro puntos, un menos que as pontinas

medirase co Soto del Real, coas ourensás coma visitantes. O seu rival é décimo terceiro con catro puntos (a un das pontinas). As madrileñas sumaron os seus catro puntos nas dúas primeiras xornadas. Na primeira xornada soprenderon na cancha do Burela (empate a un tanto), e na segunda xornada golearon ao Vallirana por 6-1 na casa. A partir dese momento todo derrotas: 10, contra Rioja; 2-6, contra Atlético de Madrid e 3-1, contra Móstoles. O Soto ten en Patri García a súa xogadora máis perigosa. García leva catro

Cris A xogadora Cristina acaba de abandonar a disciplina do Ponte Ourense para enrolarse nas filas do Burela Pescados Rubén. Esta semana certificouse a nova e Cris xa foi presentada coma nova xogadora laranxa.

Anita controlando o balón diante da xogadora ourensá do Alcorcón, Andrea Feijoo./RAMSÉS.

4 Xornada 6 - 6 de outubro Orvina - Poio Gironella - Viaxes Amarelle Cidade As Burgas - At. de Madrid Soto del Real - Ponte Ourense Burela - Vallirana U. de Alicante - La Rioja Alcorcón - Roldán Ferrol - Móstoles

4 Xornada 7 - 2 de novembro

Noe remata a portaría do Alcorcón./RAMSÉS.

tantos nas cinco xornadas disputadas ata o momento. O Ponte está pendente da evolución da lesión de Laura Fernández que se perdeu o último partido contra o Alcorcón. A participación de Laura sería moi beneficiosa para os intereses pontinos para sacar un resultado positivo.

At. de Madrid - U. de Alicante Gironella - Orvina Ponte Ourense - Ferrol Móstoles - Cidade As Burgas La Rioja - Burela Poio - Alcorcón Roldán - Soto del Real Viaxes Amarelle - Vallirana

Primeira División FSF - 5ª xornada Posto Equipo

Puntos

1º At. Madrid 2º Burela 3º Alcorcón 4º Gironella 5º La Rioja 6º U. de Alicante 7º Roldán 8º Cidade As Burgas 9º Amarelle 10º Poio 11º Ponte Ourense 12º Móstoles 13º Soto del Real 14º Orvina 15º Ferrol 16º Vallirana

13 13 10 10 10 9 7 7 6 6 5 4 4 3 3 3


BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

FÚTBOL SALA

13

O líder pon a proba ao Cidade 4 No que vai de curso as de Codeso contan por vitorias todos os seus partidos como locais. R. Torres O líder, Atlético de Madrid, pon a proba ao Cidade As Burgas na sexta xornada da Primeira División de fútbol sala. As xogadoras adestradas por Manolo Codeso contan neste arranque ligueiro con pleno de vitorias cando xogan como locais; 53 contra o Universidad de Alicante e 4-1 contra o recén ascendido Vallirana. Nesta xornada o equipo que visita o pavillón dos Remedios é o líder provisional, o Atlético de Madrid, empatado a puntos no alto da clasificación co Burela. Será unha boa ocasión para certificar a boa liña que levan as franxiverdes na casa, ante un dos claros favoritos a facerse co campionato. Mentres o Atlético marcha colíder co Burela (13 puntos), o Cidade

As Burgas é oitavo (7). Tamén será unha oportunidade para comprobar que o Cidade está capacitado para gañar a equipos teóricamente superiores, é que a vitoria contra Alicante (outro dos favoritos) non foi un espellismo. Na parte do Atlético de Madrid, o peso do equipo o levan xogadoras coma Fabi, Ju Delgado, Ro e Leti, pero sen esquecerse de Natalia e Rocío. Pola banda do Cidade, Iria Saeta deberá esperar o seu debut nesta tempada. Unha rotura fibrilar cando foi chamada pola selección tráea de cabeza. Saeta desde entón (setembro) arrastra esa rotura que lle impedíu xogar no que vai de Liga. Candela Soria tamén está con problemas físicos; e Peke e María Romero aíndan andan con

O Cidade As Burgas recibirá este sábado 26 (a partir das 16 horas) nos Remedios ao Atlético de Madrid

molestias nos seus respectivos nocellos, pero iso non lles impedirá formar parte das xogadoras disponibles por Manolo Codeso. Un dos atractivos máis destacados do encontro deste sábado será o duelo entre Natalia (Atlético) e Vanessa (Cidade); as dúas xogadoras levan cinco dianas cada unha. Trátase de dúas artilleiras que firmaron 29 goles a primeira e 24 a segunda a pasada campaña. Agora, madrileña e ourensá de seguro que buscarán romper a igualdade. Tendencia positiva Nas dúas últimas tempadas, os enfrontamentos entre galegas e madrileñas disputados en Ourense deron unha derrota pola mínima do Cidade o ano pasado, e a vitoria, tamén pola mínima, fai dous anos. A igualdade foi a nota dominante de cada encontro, e presúmese que nesta ocasión camiñará a historia polos mesmos derroteiros.

Vanessa está a realizar un gran papel este curso, principalmente como anotadora./R.T.

Traxectoria Nas últimas tres xornadas o Cidade colleitou un empate, unha derrota e unha vitoria. Na cita ante o Buerela chegaba a Vistalegre coa moral alta despois de vencer a anterior xornada ao Universidad de Alicante. Pero nada máis comezar, as lucenses adiantábanse cun gol de Maite. Lonxe de amilanarse, o Cidade buscou un empate, que acadou ao minuto seguinte Figo. Pero antes de que rematara a primeira parte, Peque devolvía a vantaxe ás locais. Na segunda metade, o Burela buscou romper o partido desde os primeiros compases; e Lidia, primeiro, e Maite, despois, poñían un claro 4-1 para as laranxas. Xa nos intres finais Sonia Pacios facía o definitivo 4-2. Contra o Vallirana lograron a segunda vitoria en casa fronte a un equipo recén ascendido; 4-1 foi o resultado final antes as catalanas sen ser un partido de moita brillantez por ningunha parte. O último partido ata a data fíxoas desprazarse ata a Rioxa. Despois de rematar a primeira metade coma comezou o encontro, Sonia adiantaba ás ourensás, para, a 49 segundos do final, as locais lograr o empate a un gol. A pesar do mazazo por perder dous puntos nos últimos intres, o certo é que facerse cun empate na Rioxa é un importante botín, xa que as rioxanas son quintas con 10 puntos. Goles de Vanessa Vanessa Sotelo regresou esta tempada ás filas franxi-

Nati disputando un balón a Lidia, do Burela. verdes logo de pasar un par de anos no Ponte Ourense. O Cidade xa está a notar a capacidade goleadora da moza ourensá que leva nas seis primeiras xornadas cinco goles. Tres menos que

Lidia (Burela), dous menos que Sara (Alicante) e empatada con Natalia e Ro (At. Madrid Navalcarnero), Eva Manguán (Móstoles), Maite Garde (Orvina) e Amelia (Alicante).

4 O Cidade levará un crespón negro na súa camiseta esta tempada Redacción O Cidade As Burgas levará durante toda a tempada un crespón negro por enriba do dorsal da parte posterior das súas equipacións, en memoria das vítimas do accidente de tren acontecido o 24 de xullo en Angrois (Santiago de Compostela). A homenaxe será para todos os afectados, pero de maneira especial para as tres ourensás falecidas no accidente, e de xeito particular para Carolina Besada, que era irmá da xogadora Marta Besada, xogadora do club. A primeira equipación seguirá sendo franxiverde, pero cambia o pantalón

que pasa do negro ao verde. A segunda equipación pasa de ser negra a ser zamarra vermella e pantalón negro. A equipación das porteiras será totalmente amarela.

Imaxe da parte traseira da nova equipación do Cidade As Burgas.


14

BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

Campeonato galego de aire comprimido en Eiroás Redacción O club de tiro Eiroás acolle este mes de novembro dúas competicións de aire comprimido; unha de carácter competitivo, o Campionato Galego, e outra cun aspecto solidario. Coincidindo coa Copa Deputación de Ourense de armas neumáticas, o club organiza unha tirada benéfica, a favor da asociación de discapacitados ASMIS. A competición desenvolverase en dúas tandas: a primeira o sábado 2 a partir das 16:15 horas, e a segunda o domingo 3 desde as 10 ho-

ras. Disputaranse todas as categorías de aire comprimido (pistola e carabina) e o custo da doazón mínima para inscrición, que debe realizarse ata o 30 de outubro, é de 10 euros. Ás 12:30 horas do domingo terá lugar a entrega de premios. Pola súa banda, o domingo 10 de novembro, as instalacións de Eiroás acollen a partir das 10 da mañá o Campionato Galego de aire comprimido, onde se enfrontarán os mellores da nosa comunidade, tanto de pistola como de carabina.

Open de aeromodelismo en Santa Mariña Redacción

O 12 e o 13 de outubro celebrouse en Ourense Santa Mariña- un Open Nacional F3C. Este é o segundo ano consecutivo que se celebra un evento deste nivel na provincia. O campionato é unha competición de acrobacia con helicópteros radio controlados. A súa dificultade, precisión e espectacularidade faina unha das más difíciles modalidades do aeromodelismo. Parte da selección nacio-

nal desta modalidade que representou a España no pasado agosto no Mundial de Polonia estivo presente en Ourense. Acudiron un total de sete pilotos pertencentes a cinco clubs de cinco comunidades. Por parte de Club Aeromodelismo Ourense participaron Jorge Rey Saeta na categoría B (avanzada), quen obtivo o primeiro posto, e David Prada Martínez, na categoría A (absoluta), rematando cuarto.

Finais da Copa Deputación 2013 de billar Redacción O vindeiro sábado día 26 celebraranse nos salóns do Café Rojo de Ourense, as finais da Copa Deputación 2013 de billar que se disputa en tres modalidades diferentes, carambola, snooker e pool. En carambola os xogadores disputarán os seus enfrontamentos ao mellor de 40 entradas ou 20 carambolas na modalidade de billar a tres bandas. Para iso o club conta cunha mesa profesional con calefacción que fará as delicias dos xogadores. Na modalidade de snooker os enfrontamentos faranse a gañar dous frames, ca asistencia, entre outros,

de Óscar Yáñez, semifinalista nos pasados campionatos galegos, ou Francisco Movilla, medalla de bronce nos Campionatos de España. En billar pool, tamén coñecido como billar americano ou bola 8, os enfrontamentos serán a seis partidas e participarán xogadores cun amplo palmarés na especialidade como José M. Rivero e Fernando Fernández, que intentará poñer as cousas difíciles ao resto de participantes. Á terminación farase un cóctel con entrega de premios, que este ano lembran o motivo do famoso afiador típico da cidade de Ourense.

POLIDEPORTIVO

Special Olympics trae a Ourense os XVII Xogos autonómicos de natación 4 A cita é este sábado 26 de outubro nas piscinas dos Remedios. Paula Lodeiro 236 nadadores galegos con algún tipo de discapacidade intelectual daranse cita este sábado 26 de outubro nas piscinas dos Remedios de Ourense nos XVII Xogos autonómicos de natación organizados por Special Olympics. Unha iniciativa “social, non meramente deportiva”, explicaba Eladio Fernández, presidente de FADEMGA, na presentación do evento. Ás 10:45 horas terá lugar a inauguración dos Xogos, na que os deportistas participantes desfilarán ante os presentes seguindo o cerimonial das Olimpíadas. A competición dará comezo ás 12 horas, e consistirá nas probas clásicas de natación (25 e 50 metros costas, crol e bolboreta, e relevos) distribuídas en tres niveis de competición

(alto, intermedio e básico) ademais de probas adaptadas para deportistas que precisen de apoio ou estimulación verbal. Os organizadores destacan que é o deporte o que se adapta aos deportistas e non ao revés. Participan 23 asociacións En total participarán 23 asociacións de toda Galicia, catro delas de Ourense (As Burgas, Aspanas, Aspadisi e Aspadisol), e amais dos deportistas, 67 adestradores

e 70 voluntarios colaborarán para que o evento resulte un éxito. Os Xogos rematarán contra as 19 horas, momento no que se clausurarán e se entregarán os trofeos. Só polo feito de participar todos os deportistas terán a súa medalla, como “premio ao esforzo e á superación”, recalcaba Fernández. Xunto ao presidente de FADEMGA, estiveron presentes na rolda de prensa o alcalde de Ourense, Agus-

4 En total repartíronse 25.000 euros en axudas, a mesma cantidade que en 2012. Un total de 59 deportistas ourensáns recibiron o

Todos os deportistas terán a súa medalla, como “premio ao esforzo”

Presentación dos XVII Xogos autonómicos de natación no Concello. /P.LODEIRO.

59 deportistas ourensáns reciben beca do Concello Redacción

tín Fernández, o concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, e o presidente da asociación As Burgas, Antonio Rincón. Todos eles animaron ao público ourensán a acudir a ver esta competición para “ver as posibilidades destas persoas” e darlles a opción “de poder participar en sociedade”, recalcaba Eladio Fernández. O rexedor sumábase a esta petición resaltando que “o deporte ten que transmitir a imaxe desta xente, que demostra a esencia do deporte: participar para superarse”.

pasado 23 de outubro unha beca concedida polo Concello de Ourense e correspondente a este ano 2013.

O concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, dirixíndose aos deportistas becados./MIGUEL REJO

25.000 euros foi o importe completo que se repartiu en axudas individuais, exactamente a mesma cantidade que se entregou en 2012. As becas otorgáronse diferenciando entre deportistas de alto nivel, cualificación e iniciación; aínda que a cuantía estableceuse en proporción aos resultados individuais obtidos neste exercicio. De xeito particular, os deportistas que lograron becas de maior valor foron o tirador David Davite (que recibiu 919 euros), o ximnasta Daniel Pérez (con 890 euros), e os practicantes de wushu Natalia Nolasco e Ezequiel

Gago (con 863 e 791 euros, respectivamente). Axudas por deportes Por deportes, a natación foi o que máis número de becados conseguiu, 24 -que recibiron en total 9.100 euros de axudas-. En segundo lugar atopouse a ximnasia, con 17 becas que suman máis de 6.800 euros. Deste xeito, entre ambas disciplinas repartíronse preto do 70% das becas ourensás. Pola súa banda, o atletismo logrou 6 becas (que suman 2.672 euros); o tiro olímpico fíxose con dúas (de 1.387 euros en total); e o wushu logrou 5 becados (que recibiron 3.280 euros). Así mesmo, houbo un becado en ciclismo (Alejandro Pérez con 357 euros), tenis (Xiana García con 234 euros), equitación (Iago Blanco con 381 euros) e billar (José Francisco Movilla con 710 euros).


BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013

ARTIGOS / ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº85- Ano: V - 25 de outubro de 2013 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (XXIV) Capítulo 23. A educación en valores no deporte de base Actitudes, valores e normas son necesarias para vivir en sociedade. Son fundamentais para unha boa convivencia, para a boa marcha das escolas deportivas e a boa relación entre os mozos deportistas. Son imprescindibles para que a sociedade progrese, de non ser así a educación non tería sentido, posto que debemos de tentar que das escolas deportivas saian persoas íntegras, cun criterio positivo ante a vida, que saiban xulgar o mundo en que viven e tomar actitudes coherentes coa súa forma de pensar. O deporte foi considerado como un medio idóneo para conseguir desenvolver os valores de desenvolvemento persoal e social: espírito de superación, integración, respecto, tolerancia, acatamento de normas e regras, traballo en equipo, autodisciplina, responsabilidade, honestidade, lealdade, etc. Son calidades desexables por todos e que se poden alcanzar a través do deporte e da orientación dos profesores, técnicos e familia, de maneira que estes valores desenvólvanse nos deportistas e axúdenlle a un completo desenvolvemento físico, intelectual e social. A educación e o deporte foron e seguen sendo considerados como medios indispensables para o desenvolvemento dos valores persoais e sociais. Na clase de educación física e no deporte os mozos deportistas deben aprender a competir, resolver problemas, dialogar, participar, cooperar, superarse, gañar e perder, ser tolerantes, etc. O deporte forma parte da cultura e educación dos homes desde tempos remo-

Alfonso Vilachá. tos. Se comezamos a cimentar e consolidar desde as etapas inferiores a materia dos valores humanos, non nos cabe a menor dúbida de que co tempo construiriamos un edificio humano pletórico de valores persoais e sociais. Desta maneira, os mozos deportistas estarían preparados para afrontar calquera contratempo tanto humano como deportivo e gobernar a propia embarcación da súa vida. Que materia da vida tan necesaria e importante para desenvolver na contorna familiar, os colexios e escolas deportivas A partir de agora, debemos loitar por un mundo mellor, onde os seus habitantes esteamos por enriba do odio, da brutalidade, da discriminación, do desprezo, da mentira, da inxustiza, da violencia, etc. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

“O deporte foi considerado como un medio idóneo para conseguir desenvolver os valores de desenvolvemento persoal e social”

4TRIBUNA ABERTA

Cando fomos deuses (I) Prólogo. A historia que vou narrar pode semellar circunscrita tan só a aqueles amantes do deporte, e en especial do fútbol, pero debería ser tida en conta e coñecida por un espectro máis amplo da poboación, ao menos da ourensá, xa que nun tempo particularmente difícil un pequeno recuncho do Estado un equipo modesto acadaba un logro inda non superado hoxe e que supuxo que a cidade das Burgas fose coñecida en toda España e en moitos outros lugares do mundo. Unha xesta que fixo que por un intre os veciños da cidade sentisen unha fachenda tal que mesmo poderían guindarse da alma eivas seculares e ollar face a face e non de esguello a calquera. TEMPADA 67/68 O tres de setembro tivo lugar o partido de presentación do equipo en Ourense, foi un amigable ante o Langreano que finalizaría con empate a un tantos e que non amosou nada salientable sobre o céspede. Nese intre gran parte da afección estaba desilusionada tras ver estragar por dúas veces a posibilidade de retornar á Segunda. E máis tendo en conta que dous días antes perderan o Trofeo Ministro de Información y Turismo disputado co gallo das festas do San Ramón en Vilalba fronte ao Lugo, un rival directo para disputar o ascenso. Ben é certo que foron os lanzamentos desde o penalti os que decidiron o gañador, pero a xente agardaba máis dos rojillos. 1ª Xornada. C. Lemos 0 – 2 C.D. Ourense Xogábase a primeira xornada o dez de setembro e ao Ourense lle correspondía xogar en campo alleo, nesta ocasión en Monforte. O encontro

rematou con vitoria por cero a dous, goles de Cortés ambos na primeira parte sendo de especial beleza o segundo, índose o xogador de varios contrincantes para finalizar a xogada cun tiro desde fora da área que resultaría imparable. O equipo sen facer un gran encontro amosa ter solidez e semella ser tan forte como nas dúas tempadas precedentes. Tras do descanso é o Lemos quen domina o partido e estraga dúas claras ocasións propiciadas por erros da zaga ourensanista. Antes de comezar a tempada, e ante a imposibilidade de contar co porteiro desexado tanto pola directiva como polo técnico, un Miguel Ángel que tamén era desexado polo Celta e que finalmente comezaba contrato co Real Madrid, inda que nesta tempada xogaría cedido no C.D. Castellón, xogador que polo de agora é o futbolista máis afamado da cidade. O club contrata ao vasco Esnaola, que semellaba ía ser o gardameta titular e fora quen defendera o arco rojillo durante os partidos de preparación, e ao lucense Roca. Pero para sorpresa de todos neste primeiro choque ligueiro o adestrador Bouso decide pór de titular baixo o arco a Roca, que finalmente será o porteiro titular durante toda a tempada. [Esta é a primeira dunha serie de entregas sobre a historia do CD Ourense na tempada 67/68]

José A. Santos

“Nun tempo particularmente difícil un pequeno recuncho do Estado un equipo modesto acadaba un logro inda non superado hoxe”

Torneos deportivos en Amencer 4 Durante a ponte festiva de Todos os Santos. Redacción Abríuse o prazo para a inscrición dos torneos de promoción deportiva da Asociación Xuvenil Amencer. Os torneos que se disputarán son os de fútbol 8 e 5x5 de baloncesto. Fútbol 8 O xoves 31, pola festividade de Todos os Santos, terá lugar un campionato de fútbol no campo de herba artificial do colexio salesiano. A data tope de inscrición remata o mércores 30 de outubro, e o sorteo do campionato realizase ese mesmo mércores ás 18 horas na Sala Aberta de Amencer, onde terán que estar presentes o capitán ou un representante por equipo.

Baloncesto 5x5 Para o mesmo día está previsto que se celebre o torneo de baloncesto 5x5. A data de inscrición rematará o propio xoves ás 16.30 horas, e media hora máis tarde, tralo sorteo, contan comezar o torneo. Xogarase no pavillón cuberto de Salesianos. Información Para máis información poden dirixirse a Amencer, praza don Bosco 1, baixo; ao teléfono 988 21 81 23, ao correo electrónico amencer@ amencer.org ou descargar na páxina web amencer.org. Estes torneos inclúense dentro do proxecto “Deporte para todos”, que se desenvolve nas festas, pontes e períodos de vacacións escolares de todo o curso escolar 2013/2014.

O golf máis solidario

Derrota do BM. Ourense

Redacción

Redacción

O Montealegre Club de Golf acolleu o 12 de outubro o VI Torneo de Golf de Cruz Vermella Ourense - Memorial Lalo, no que participaron 102 persoas. Os fondos recaudados coas inscricións ascenderon a 1.500 euros, que se sumaron ao importe dos patrocinios e a fila cero, e se destinarán á crise do chamamento “Ahora + que nunca”. A modalidade de xogo foi “stableford” a 18 foxos. E os vencedores foron Carlos Criado en Primera categoría, Alfonso González en Segunda e Javier Viteri en Tercera. Ademais, o premio de mellor Scratch foi para J. Benito Vázquez, o de mellor Approach para Carlos C. Sánchez e o de mellor Drive para Carlos C. Cerdeira.

Ao Balonmán Pabellón Ourense está a costarlle adaptarse á 1ª División Estatal. No que vai de liga conta os partidos disputados por derrotas e ocupa a 14ª (e última) posición da xeral. O sufrimento era o previsible nesta nova categoría, pero os ourensáns precisan sumar unha vitoria para, como mínimo, mellorar o ánimo. O seu último verdugo foi o Calvo Xiria, contra o que perdeu por 34-11. Un rival duro, que vai de cuarto e gañou 4 dos 5 partidos disputados ata o momento (o último fronte ao Pabellón). A súa seguinte cita será na casa. Recibirá o sábado 26 ás 18.30 horas nos Remedios ao O.A.R. Coruña (sétimo con 3 vitorias). Unha nova oportunidade para que os ourensáns gocen do sabor da vitoria.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de outubro de 2013


24 Outubro 2013 BD Nº 85