4
Mondariz - Agosto de 2012
Beatriz Suárez, propietaria do Hotel Restaurante Plaza, en Mondariz
“Abrir un hotel era o soño da miña vida” G. R. ivimos tempos convulsos en tódolos eidos. Uns máis ca outros , pero da crise ninguén se salva. O mundo do turismo, que era unha das nosas bazas económicas, tamén foi ferido de morte. Os turistas poden nalgúns casos aumentar en número pero baixar en consumo. Os que antes utilizaban os hoteis hoxe confórmanse cun camping.
V
“O hotel dispón de 30 habitacións dobres, catro delas convertidas en triples; unha en cúadruple. Logo facemos combinacións de individuais para os que deciden quedar sós nunha habitación” Nesta zona do Condado temos algúns puntos concretos onde podemos atopar turistas. Un deles é, sen lugar a dúbidas, Mondariz (tanto no Balneario coma no que popularmente chamamos Mondariz-Pueblo), pero obviamente o número de turistas non é comparable ao que podemos ver nalgunhas zonas da costa galega. Dez anos ha que Beatriz Suárez de-
cide abandonar o claustro materno dos negocios e atreverse coa aventura de abrir un hotel en Mondariz. Hoxe podemos velo coma algo normal pero daquela non deixaba de ser unha interesante pero atrevida aposta empresarial. Os seus pais xa eran veteranos no eido da hostalaría. Aí estaba e segue o Restaurante Refuxio, no que moitos de nós, estou seguro, comemos excelentes menús. -Abrir un hotel hai dez anos, en Mondariz, non era un chisco arriscado? -Pois sí, pero era un soño que me acompañaba de sempre e coa axuda do meu marido tiramos para diante e aí está. -Que lle ofrece aos turistas este hotel en canto a capacidade? -Dispón de 30 habitacións dobres e catro delas convertidas en triples; unha en cúadruple. Logo facemos combinacións de individuais para os que deciden quedar sós nunha habitación. -Ademais de ofrecer habitacións e comida para hóspedes tamén tedes outro tipo de servizos, non? -Traballamos con grupos organizados; xente que aluga un autobús e vén de excursión pola zona; asociacións que deciden pasar unha fin de semana visitando esta terras do Condado. -Supoñemos que nos últimos tempos tamén aquí apreciaríades os efectos de crise? -Efectivamente, duns anos a esta parte costa un chisco máis facer este tipo de servizos, pero ainda así vanse facendo.
-Cales son os prezos dos servizos no hotel? -En tempada alta coma agora as habitacións individuais están a 35 euros con dereito a almorzó e IVE incluído; as dobres están a 50 euros con almorzo e IVE incluído. En tempada baixa unha habitación individual custa 20 euros e a dobre custa 40 euros; en ámbolos dous casos con almorzo e IVE incluído. Ademais disto tamén ofertamos pensión completa ou media para persoas que decidan pasar uns días entre nós. -Doutro tipo de persoas que traballen nos arredores, en institucións, que pasen aquí todo o ano tamén tendes oferta? -Non; para esas persoas temos a pensión á parte do hotel, na que pasan todo o ano persoas que así o
“Tamén temos a pensión á parte do hotel, na que pasan todo o ano persoas que así o deciden, os que non queren vivir coa súa familia polo que sexa, ou que decidan vivir de pensión para ser máis libres e independentes” deciden, os que non queren vivir coa súa familia polo que sexa, ou que decidan vivir de pensión para ser máis libres e independentes.