O boneco é tan antigo como o propio home "Din que un día, hai moitos anos, o home descubriu a súa sombra para traer o seu corpo entre a luz do
lume e as paredes das covas onde vivían. A súa sombra moveuse e el trasladouse; levantou os brazos, e a sombra movíase; bailaba se el bailaba e se se quedaba quieto ela tamén. E así naceron os monicreques, da man da maxia,da imaxinación, do xogo e da fantasía”
O teatro de sombras é unha arte moi antiga de contar historias e de entretemento. Utiliza figuras articuladas chatas, bonecos de sombra, para crear imaxes mantidas entre unha fonte de luz e unha pantalla translúcida ou un tecido. As imaxes producidas polos bonecos poden ter diversas cores e outros
tipos de información. Moitos efectos conséguense a través do movemento, tanto dos bonecos coma da fonte de luz. Un marionetista talentoso pode facer que as figuras pareza que andan, bailan, loitan, acenan coa cabeza e rin.
Xorde na Prehistoria, ao redor do 5.000 a.C, cando os homes se
volvían tolos coas sombras movéndose nas paredes das
covas. O teatro de sombras trátase dunha representación nunha
pantalla
branca,
cun
foco
de
luz
acendido
contrariamente, designando sombras de siluetas de figuras
humanas, animais, ou obxectos, recortadas en papel ou formadas con determinadas posicións das mans, reportándonos ao mundo máxico dos contos.
Unha lenda chinesa di que houbo unha presentación para o emperador e a súa corte. Esta presentación foi
acompañada dun son dunha frauta que "fixo xurdir a sombra dunha bailarina movéndose con lixeireza e gracia". Neste momento, xurdiría o teatro de sombras.
Luis Martínez Daniel Portela Rafael Vicente 4º ESO A