A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Neste Nadal desde A Quinta dos libros RECOMENDAMOS...
CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Comezamos coa suxestiรณns para @sns para @s mรกrez Marquieris pequeneir@s...
CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Un, dous, tres. Que ves? Nadia Budenn Tradución: Xosé Ballesteros Álbum cheo de ritmo con personaxes encadeados e ilustracións de grande colorido para recoñecer imaxes e palabras. Elaborado en cartón para que sexa manexable e útil no proceso de aprendizaxe dos primeiros lectores.
Márez Marquieris de 2 anos O señor Don Nicanor Ana Fernández Abascal Ilustración: Flavio Morais Porque os contos nutren os soños. Menos tele e máis lecturas para vivir aventuras. Con esta historia circular moito poderás gozar: coas súas rimas, as súas formas, as súas divertidas bromas. Descubrirás que neste libro atópase un bo amigo.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Isto e aquilo Tomi Ungerer Libro visual no que máis dunha trintena de accións e de emocións represéntanse por parellas e de xeito confrontado. As únicas palabras que contén son as que identifican cada ilustración: rir-chorar, amar compartir, ver - mirar, cantar – bailar. Trátase dunha obra pensada para estimular a capacidade interpretativa dos máis cativos. Afeccionado a establecer chocantes relacións entre palabras e imaxes, os debuxos de Tomi Ungerer reflicten o seu sentido do humor, natural e sen filtros, a picardía e o sentido lúdico.
No Ovo Emma Lidia Squillari Doce ovos, todos de diferentes tamaños, cores e texturas e, en cada un, unha criatura a piques de nacer. Ao principio, o interior da casca é un lugar cómodo e seguro pero o espazo mingua a medida que os animaliños medran. Ata que chega o emocionante momento de nacer! O pitiño, o parrulo, a tartaruga, o crocodilo... unha ducia de especies ovíparas entre aves, mamíferos e réptiles habitan neste libro divertido e enxeñoso no que é necesario prestarlles moita atención ás ilustracións. Cómpre identificar cal dos personaxes é o narrador da historia, por que motivo van faltando animais a medida que avanzan as páxinas.
De 3 a 6 anos O conto do outro día Tenro diálogo entre un pai e un fillo na escuridade do cuarto, pouco antes de durmir, que fala da capacidade dos nenos para conseguir que a persoa adulta recupere a emoción e a fantasía da súa etapa infantil pasada. Estampa nocturna que lembra tamén o amor incondicional aos fillos. Dende o punto de vista infantil destaca a busca da protección do adulto, que calma o medo á noite e ao descoñecido; a presenza física e a voz enchen ese baleiro.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Teño dereitos. Aira Editorial Libro ilustrado para primeiros e primeiras lectoras. Promovido por Esculca. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades, é un libro informativo sobre os principais dereitos humanos, contados dun xeito atractivo a través dun universo colorido e simbólico moi moderno. No mundo cométense moitas veces inxustizas e abusos sobre as persoas. Mais todo ser humano, polo simple feito de selo, sexa cal sexa a súa orixe, a súa familia, as súas capacidades e diferenzas, merece ser.
OLA! SON UN BICHO BÓLA! APIARIO Ola! Son un bicho bóla! é un álbum para rir e descubrir as habilidades dos bichos bóla que viven ao redor do mundo. O divertimento está asegurado pero tamén a reflexión arredor da construción da comunidade dende a diversidade. É un libro orientado a prelectores e primeiros lectores e lectoras.
De 3 a 6 anos
A banda da Raimunda Pablo Nogueira Este conto está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla nenas e nenos, ao que, sen dúbida, contribúen visualmente as ilustracións de Manuel Uhía. A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só sae un «croa, croa, croa».
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
De 3 a 6 anos
El gran libro de los superpoderes Todos temos un talento que nos fai únicos e especiais. Algúns son bos en matemáticas e outros en cociña. Algúns son aventureiros e outros prefiren ler. Descubre o que te fai diferente dos demais, nin mellor nin peor. Cal é o teu talento? Unha colección de talentos moi ben ilustrada que che fará reflexionar sobre a túa identidade, os teus puntos fortes e habilidades.
Un cuento para cada letra Esta recompilación de 29 historias, unha por cada letra do alfabeto, foi deseñada para nenos que aprenden a ler e escribir, para distinguir as grafías e sons de cada letra e aprender a recoñecelos. Cada historia ten unha letra como personaxe principal. Os textos foron compostos con guión caligráfico
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Continuamos coas recomendaciรณns para @sns para a rapazada de entre seis e doce anos...
CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Bichería Carlos López Un libro cheo de paxaros, insectos, peixes, réptiles, felinos e demais bichería con máis de corenta contos pequenos en extensión, pero grandes en humor e tenrura, nos que se narran cousas estrafalarias que lles aconteceron a estes animais. E tamén mesmo a verdadeira orixe dalgúns deles. Ilustrado por Xan López Domínguez.
Dende 1880 Historia sen palabras que amosa o paso do tempo nos últimos 140 anos. Ambientada nunha cidade occidental, o edificio dunha céntrica rúa é o escenario invariable onde se observa o tránsito dos anos a través do atuendo dos seus habitantes, os modelos de familia, os medios de transporte, os produtos expostos nos escaparates, os oficios dos transeúntes ou os avances tecnolóxicos. Reflíctense tamén fitos históricos: as Guerras Mundiais, a pandemia de 1918 e a chegada á lúa
Superavoa David Rodríguez A avoa Rita é unha superheroína. Se non fose por ela o mundo viríase abaixo. Esta historia agocha unha feliz homenaxe ás avoas. Con ilustracións do autor.
De seis a doce anos
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Acouga Babau Blanca Millán e R. J. Peralta Estar só na casa pode ser aburrido, mais eu teño un amigo co que podo xogar, cantar, ir de paseo, axudar na casa, pero..
De seis a doce anos
Patio de luces Érica Esmorís Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e sae ao patio para observar a roupa dos tendais e imaxinar como será a vida deses veciños aos que nunca viu. Serán tal e como Lea os imaxina?
Gelsomino no país dos mentiráns Gianni Rodari Gelsomino é un rapaz cunha voz tan potente que pode esnaquizar castelos enteiros só con botar un berro. Xunto cos seus amigos, enfrontarase ao rei do País dos Mentiráns, onde mentir é obrigatorio por lei e onde dicir a verdade supón expoñerse a fortes sancións por orde de quen manda. Este é un antigo pirata que tapa a cabeza cunha perruca laranxa e ao que lle encanta pronunciar discursos dende un balcón. É unha das obras máis imaxinativas e divertidas de Gianni Rodari. Vai máis aló da ficción e no trasfondo da historia, escrita na década de 1960, está a era de Mussolini, do fascismo e da resistencia.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Fábulas contadas Gonzalo Navaza As fábulas son pequenos relatos de intención moralizante onde personaxes animais encarnan condutas e caracteres humanos e que foron incorporadas á tradición popular desde hai milenios. Neste libro o autor refai en versos rimados algunhas das máis coñecidas dun xeito orixinal e divertido.
O nariz de Fiz Miro Villar Fiz vive nunha aldea da montaña da Galicia rural. É «unha criatura pequerrechiña e miudiña», pero posúe unha estraña habelencia que o converte en protagonista de emocionantes aventuras
De seis a doce anos
A señorita Bubble baixo cero Ledicia Costas Lady Bubble comeza unha nova vida nunha preciosa vila de Laponia. Os problemas non tardan en petarlle na porta. Unha familia de pingüíns necesita da súa axuda. Tamén os elfos da fábrica de xoguetes botan man dela porque están vivindo unha situación desesperada. Nesta nova aventura que segue a A señorita Bubble a protagonista vai ter que enfrontarse a un poderoso inimigo. Papá Noel cruzou ao lado escuro. Ilustrado por Andrés Meixide.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Kitty persigue un misterio Esta vez Kitty non investiga soa... Coñeceu a Ozzy, unha nova amiga con poderes de curuxa. Xuntas embarcaranse nunha aventura nocturna perseguindo a un can misterioso, que é bastante traste. Está claro que combinando os seus poderes son máis fortes, pero ... poderán conseguilo?
De seis a doce anos
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Atrapados en el insti! (Daniela Golubeva 4) A nova rutina é unha tolemia. Insti, baila, coida a miña irmá... Estou a facer moitas cousas e non teño nin un minuto para escribir no meu diario, pero o que me pasou hoxe hai que sabelo. Resulta que NEVOU TANTO que as portas quedaron totalmente bloqueadas e estamos A-TRA-PA-DOS na escola. Así que este é o plan: acampar na escola TOOODA a noite e gozar sen parar. Apúntaste?
De seis a doce anos
El gran libro de magia de Isadora y Mirabella Medio fada, medio vampiro, totalmente única! Un libro ideal para agasallar no que Isadora Moon e a súa curmá Mirabella contan todos os segredos da súa maxia. Agora poderás descubrir todos os trucos de Isadora e a súa curmá Mirabella para ser tan máxicos coma eles. Atoparás moitos consellos, actividades, manualidades...e moito máis!
Los Superpreguntones XXL. ¡Viajamos al futuro! A ciencia avanza sen parar e con este libro as Superpreguntas, que queren sabelo todo, abren a porta a coñecer un futuro que xa está aquí. O libro consta de 365 preguntas, unha por cada día do ano, agrupadas en diferentes capítulos temáticos para coñecer como serán as profesións do futuro, medicina, escola, animais, transporte, robots, viaxes espaciais...
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Los Futbolísimos 18: El misterio de la isla del volcán O campionato de España dispútase en Tenerife. Soto Alto está máis preparado ca nunca, é a súa grande oportunidade. Esta vez, ningún misterio lles impedirá concentrarse no fútbol. Aínd non coñecen os Dragóns , nin Os Xigantes, nin os ecoloxistas de Tenerife Verde e moito menos o Exército das Sombras... Pero nada pode cos Futbolísimos!
Sueños imposibles Jose Julio é unha sensación en Instagram e TikTok. Pero quen se agocha detrás da cámara? Con este libro coñecerás todos os seus segredos! -Alguén dixo que os teus soños son imposibles? -Algunha vez pensaches que o mellor é deixar de intentalo? -Cres que é hora de desistir? De seis DE NINGÚN XEITO!
a doce anos
Descubre como cheguei aquí e que son detrás da cámara. Porque para min renunciar nunca foi unha opción. Atréveste a coñecerme?
Viúda negra. Siempre roja Entra no mundo da icónica e mortal espía Avenger Natasha Romanoff. Esta historia fala da súa misión de rescatar a Ava Orlova, unha adolescente de orixe rusa vítima de varios experimentos militares. De súpeto, nenos de toda Europa do Leste comezan a desaparecer e todo apunta a que o ex-profesor de Natasha estivo detrás de todo. Ava pode ser a clave para derrotalo, aínda que tanto ela como Natasha deben primeiro desvelar os misterios que rodean os seus respectivos pasados.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
¡Cuéntanos la mentira! Que é o peor que puido facer a túa avoa? Imaxínalo? Alicia, a avoa desta historia, cóntalle aos seus netos a súa aventura infantil cando na Semana Santa lle enviaron moitos deberes que ela non quería facer, sobre todo sobre as súas vacacións. Alicia busca unha grande escusa para xustificar non ter feito os deberes: inventa unha serie de catástrofes que o impediron. A súa mentira é tan gorda, tan única e tan terrible para os seus profesores que a humillan dun xeito exemplar. Non obstante, as súas mentiras tamén a levarán a coñecer o verdadeiro poder da súa palabra.
El gatito que sigue perdido en el inframundo Agora que Billy sabe que forma parte da Profecía e que ten un papel que desempeñar na futura guerra contra os Sen Ollos, só ten un obxectivo: atopar a Pamphilus para que o axude na súa misión. Polo de agora, o gato queda en Villaldea e tenta atopar un lugar entre os membros da Lexión Perdida e coñecer máis sobre os seus poderes. Pero, como todo o mundo sabe, a vida en Villaldea está lonxe de ser tranquila.
De seis a doce anos
Enola Holmes y el misterio de la doble desaparición Cando Enola Holmes, irmá menor do famoso detective Sherlock Holmes, descobre que a súa nai desapareceu, intúe que só ela poderá atopala. Enxeñosa e astuta, no momento en que os seus irmáns deciden enviala ao internado, foxe da mansión familiar coa firme intención de dedicarse a atopar o paradoiro das persoas desaparecidas e, ao mesmo tempo, a rastrexar á súa nai. Conseguirá Enola saír disto e aclarar a desaparición da súa nai, burlándose dos seus irmáns?
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Seguimos cos que ides xa medrad@s... De doce anos en diante
CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
O enigma do baúl pechado Xosé A. Neira Cruz Entre o lixo dun vertedoiro, Max atopa un enigmático baúl pechado. Sen saber que hai no seu interior, está seguro de que garda algo que desexa coñecer, pero non hai forma de abrilo. Por riba, o misterioso obxecto pasou a formar parte das posesión da tenda do malvado señor Lin. De un momento a outro vai suceder algo extraordinario que serve para que Max e os seus amigos entendan a importancia das palabras e da verdadeira amizade.
Antía e Daren Valentín Alvite A bibliotecaria Severiana Pratas denunciou o roubo duns valiosos torques. O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade. Xa soña cun ascenso. O que non imaxina é que dous rapaces, Antía e Daren, tamén están facendo as súas propias pescudas. Unha orixinal novela de misterio chea de retranca e desbordante humor.
De como o Santo dos Croques se fai peregrino Pepe Carballude A escultura pétrea do Mestre Mateo, popularmente coñecida como O Santo dos Croques, e mais un par de figuras do Pórtico da Gloria da catedral de Compostela cobran vida e póñense a facer o camiño de Santiago coma uns peregrinos máis. Relato escrito co humor, a retranca e a imaxinación características do autor, que se amosa seguidor dunha tradición literaria moi nosa
De 12 anos en diante
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
O espazo de fóra. Unha aventura noutra dimensión Martin Sodomka Unha moza e dous mozos enredan despois das clases explorando as posibilidades teóricas de viaxar ao espazo, cando as cousas toman un xiro inesperado e acaban vivindo unha frenética aventura. Moita xente pensa que os milagres máis abraiantes acontecen no mundo da fantasía. Mais hai un espazo onde suceden cousas fascinantes: na realidade que nos rodea; non son produto dunha ilusión, senón das verdades que foi descubrindo e demostrando a Física.
De 12 anos en diante
A lavandeira de San Simón Eva Mejuto Durante a Guerra Civil a illa de San Simón foi cadea e campo de concentración para máis de seis mil homes inocentes. Moitas mulleres axudaron desinteresadamente a facerlles máis soportable a condena levando ata alí comida e roupa limpa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir. Con ilustracións de Bea Gregores
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
A raíña galega Xosé Durán «Nacín hai xa moitos séculos. Son a lingua galega, filla dunha poderosa raíña e duns belicosos reis que moraban no noroeste da Península Ibérica. Fun admirada en Europa e cortexada por reis, nobres e bispos. Os trobadores tanxían os seus instrumentos cantándome nos pazos e castelos, mentres os xograres alegraban as festas comigo. Mesmo os poetas de Castela, Andalucía e a Provenza devecían por min. Cos Irmandiños fun derrubar castelos de nobres opresores e coas xentes do común escorrentei os franceses ao que ousaron pisar Galicia. Pero cando me deixaron de escribir, só o alento do pobo conseguiu manterme viva. Agardo contigo, que me les, recuperar os esplendorosos momentos de gloria e vivir orgullosa outras mil primaveras máis».
O caso do chantaxista roibo Jordi Sierra i Fabra A detective Berta Mir ten que afrontar no mesmo día dous casos: buscar unha adolescente captada por una seita e entregar o pago dunha chantaxe. Non semellan moi complicados. Pero as cousas nunca son o que parecen e axiña descobre que a moza fuxida garda un tráxico e escuro segredo. O pago do rescate tamén se complica cun asasinato, no que a detective se ve envolta e onde pode perigar a súa vida, malia a axuda que lle vai prestar un misterioso personaxe.
O círculo escarlata César Mallorquí «En certa ocasión, hai xa moito tempo, vin unha pantasma. E agora, catro anos despois, vin outra. A segunda pantasma foi moito menos amable. Daba medo e, desde logo, non ulía precisamente a nardos. Tiven un desagradable encontro con ela na Mansión Kraken, pouco despois de oír falar por primeira vez do Círculo Escarlata, unha escura e sinistra seita tan antiga coma o tempo. Iso ocorreu no verán de 1973, catro anos despois da miña estadía en Vila Candeloria, o fogar dos meus tíos e das miñas curmás, os Obregón».
De 12 anos en diante
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Un fillo Alejandro Palomas Narra a historia de Guille, un neno riseiro, introvertido, imaxinativo e aparentemente feliz. Pero iso é só en aparencia porque, por debaixo de tanta felicidade, atópanse cousas algo escuras. Guille só ten unha amiga. Semella feliz e forte, mais é fráxil, e cun misterio sen resolver. Haberá que coñecer o seu pai en crise, a súa nai atarefada, a unha mestra curiosa e incluso a súa psicóloga, para que o labirinto teña unha saída. Novela chea de tenrura, verdades a media voz e, sobre todo, misterio.
O efecto Frankenstein Elia Barceló Coma se se tratase de Alicia caendo polo tobo, Nora viaxa ata finais do século XVIII. Alí terá que disfrazarse de home e tamén de señorita; adaptarse á vestimenta e aos costumes da época para lle axudar ao seu amigo Max a solucionar o problema coa criatura que o seu irresponsable amigo Víctor creou e abandonou no seu laboratorio
De 12 anos en diante
Bos días, Maruja. 12 estampas dunha pintora Xosé A. Perozo Texto sobre a vida e a obra de Maruja Mallo, unha das pintoras máis importantes do século XX. Adiantada ao seu tempo, viviu sen ataduras nunha sociedade que non aceptaba ás mulleres libres e independentes. Padeceu as consecuencias da guerra do 1936 e sufriu o exilio. Porén, entusiasmada pola maxia das cores e as formas xeométricas, realizou o seu soño de vivir entre pinceis e lenzos. Con imaxes de Maruja Mallo e ilustracións de María Lires.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Coraxe. Poemas audaces para rapazas afoutas VV AA Esta escolma de poemas saídos da mente e do corazón dalgunhas das poetas máis potentes e representativas do panorama actual pretende ser unha despensa sen fondo da que nenas, rapazas e mulleres extraian a ración exacta de coraxe que a vida lles pida a cada momento.
De 12 anos en diante
O Famoso Catálogo Walker & Dawn Davide Morosinotto Te Trois, Eddie, Tit e Julie non poderían ser máis diferentes nin mellores amigos. Comparten un catálogo de venda por correspondencia, tres dólares para gastar e o desexo de descubrir o mundo. E cando no canto do revólver que encargan chega un vello reloxo que non funciona, non o pensan dúas veces e parten cara a Chicago para cambialo. Na súa viaxe nun barco de vapor polo Mississippi e nun tren de mercancías atoparán caloteiros profesionais, policías corruptos, xente boa que resulta non ser tal… por non falar dun crime sen resolver e de moitos, moitos cartos!
Anne, a de Tellas Verdes Lucy Maud Montgomery Matthew e Marilla Cuthbert, irmáns de mediana idade, pretenden adoptar un neno que os axude coa granxa. Por equivocación reciben a Anne Shirley, unha orfa fraca e rubia de once anos, chea de enerxía e vitalidade, que deixará unha pegada imborrable ao seu redor, grazas á súa vívida imaxinación e charla constante
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
A historia de Greta Valentina Camerini Para ser unha mañá de finais do verán en Estocolmo, o 20 de agosto de 2018 vai unha calor incrible na cidade. E segundo se oe na televisión, nos últimos meses as temperaturas foron altas, quizais a causa dos numerosos incendios en toda Suecia. Ese día, Greta Thunberg, que daquela tiña quince anos, comezou a súa folga fronte ó edificio do Parlamento: os políticos non deben esperar máis, hai que facer algo para salvar o medio ambiente. É o primeiro #fridaysforfuture da Historia. De 12 anos en diante
Un de nós mente Karen M. McManus Dos cinco estudantes castigados nunha aula dun instituto, só catro saen con vida. Todos os superviventes teñen algo que agochar: Bronwyn, a alumna brillante que nunca rompeu un prato; Addy, a loura superficial; Nate, o traficante a pequena escala; e Cooper, o atleta. Simon, que desenvolveu unha app para móbiles na que divulga rumores sobre os seus compañeiros, morre na aula. Os catro superviventes convértense en sospeitosos. Ou talvez só sexan cabezas de turco…
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Ulises e as cronoamigas Érica Esmorís Por culpa de Caraempanada, que me suspendeu Historia, vou ter que pasar o verán no campamento da Illa do Tempo. Alí convivimos rapazas de diferentes décadas do século XX. Dáme que este verán imos viaxar no espazo… e no tempo. Acompáñasnos?
De 12 anos en diante
A casa de Mango Street Sandra Cisneros Esperanza, unha adolescente que vive nun humilde barrio hispano de Chicago, sente que non pertence ao mundo que a rodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, A casa de Mango Street expón temas coma a inmigración, a pobreza, o machismo, ou a desigualdade, a través de relatos interconectados.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Nosotrxs somos el cambio Cada día somos máis as persoas que, en todo o mundo, demandamos un planeta máis xusto e sostible. Neste libro atoparás algunhas propostas e moita inspiración para tomar medidas na túa vida diaria. Porque cada xesto, incluso o máis pequeno, pode xerar unha onda imparable. E ti, úneste ao cambio?
De 12 anos en diante
Dímelo bajito Kamila Hamilton tiña todo baixo control ... ou iso cría ela: non estaba nos seus plans que os irmáns Di Bianco volvesen para darlle a volta ao seu mundo. Thiago foi quen lle deu o seu primeiro bico. Taylor a que sempre a protexeu. O regreso dos irmáns fai que a vida aparentemente perfecta de Kami se tambalee. Xa non é a nena inocente que coñecían: desde que se foron, parece que ninguén pode acceder a ela ... ninguén máis ca eles.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Royalty Witches 1. La esencia de la aurora Unha nova serie xuvenil de fantasía épica chea de novela, acción e aventuras. Kat, Emma, Kibibi e Lilith son catro nenas que, a simple vista, non teñen moito en común. Porén, todas son bruxas reais e participaron xuntas na 118 edición da Liga da Coroa. Cada unha delas procede dun país diferente e agocha un segredo, aínda que non son as únicas. Ademais, o seu aquelarre presenta a Shin, a Auga indomable, que fai saltar o corazón de Kibibi cada vez que a mira. Se queren demostrar o seu valor, pasar as probas e ser coroadas raíñas dos seus respectivos países, deben deixar de lado as súas diferenzas e traballar en equipo.
Azules salvajes
De 12 anos en diante
"Elixe", pregúntalle a nai a Lizzie, unha adolescente de trece anos, cando comeza o verán. Lizzie elixe quedarse co seu tío Davy na súa cabina, rodeada polos Adirondacks nos Estados Unidos, preto de Canadá. Elixe a Matías Bondanza, o veciño do tío Davy, como o seu mellor amigo do mundo. Elixe a túa guía de supervivencia, A arte de Keppy, ovos revoltos e pupusas, un anaco de rocha, a frescura baixo as árbores do bosque. Pero axiña as cousas pasan fóra do teu control. Cousas que nunca tería imaxinado: unha pausa na prisión, un secuestro, unha treboada torrencial ... E Lizzie terá que escoller de novo, porque o destino de todo o que ama pende nun fío.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Make it happen Se me segues en Instagram ou TikTok, seguramente viches o meu caderno, porque me acompaña sempre. É un caderno moi, moi especial. Nel escribo letras de cancións, escribo ideas, debuxo como me sinto e escribo o que me nace. En resumo, dou renda solta á miña creatividade. Agora decidín crear este caderno para compartir a miña inspiración con todos vós. Atoparás algunhas das miñas ilustracións, frases inspiradoras, suxestións de actividades e moito espazo para apuntar e debuxar. Pero, sobre todo, o que quero é que fagas súas estas páxinas. Escribir e debuxar libremente permítelle expresar os seus sentimentos e emocións. Goza do teu caderno! De 12 anos en diante
La fábrica de cretinos digitales O uso da tecnoloxía - teléfonos intelixentes, ordenadores, tabletas - polas novas xeracións é absolutamente desproporcionado. Con só dous anos de idade, o consumo medio rolda as tres horas. De oito a doce, a media achégase ás cinco horas. Na adolescencia, a cifra dispara ata case sete horas, o que supón máis de dúas mil catrocentas horas ao ano en pleno desenvolvemento intelectual. Ao contrario do que a prensa e a industria estenderon ata agora, o uso da tecnoloxía, lonxe de axudar ao desenvolvemento de nenos e estudantes, produce graves complicacións de todo tipo: no corpo (obesidade, problemas cardiovasculares, redución de esperanza de vida), sobre as emocións (agresividade, depresión, comportamentos de risco) e sobre o desenvolvemento intelectual (empobrecemento da linguaxe, concentración, memoria ...)
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Saboreamos agora O Recuncho VIA, que ten espazo nas nosa biblioteca, no noso CPI e tamĂŠn, como non, nas nosasn, como non, nas nosas lecturas de Nadal
CPI Manuel SuĂĄrez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
De seguido, animamos @s b@s lectores con estas achegas...
CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Granito Álex Alonso Dous policías asasinan catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión. É o famoso crime de Nigrán, acontecido en xaneiro de 1994. Álex Alonso basea alí a súa novela aínda que aposta pola ficción, iso si, elaborada a partir dun enorme traballo de documentación xornalística.
Para @s b@s lector@s O paraíso dos inocentes Antón Riveiro Coello Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activista Amira loita por informar o mundo desde dentro da guerra e visita un orfo rescatado baixo os cascallos; no lado do réxime, Isam, un químico que traballa nunha fábrica de xabón, teme a notificación do Goberno para engrosar as filas do exército. Ao mesmo tempo, en Bruxelas, días antes do atentado terrorista de Zaventem, Alicia atopa indicios desacougantes que a fan temer pola vida da súa parella.
Flores de ferro
María Rei Vilas María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Os incurábeis Antonio Tizón Unha prostituta aparece asasinada no barrio coruñés dos Castros. O inspector Sánchez terá que resolver ademais deste caso, outros que se repiten días despois no mesmo entorno.
Para @s b@s lector@s
Entre donas VV AA. Dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais (Marilar Aleixandre, Marica Campo, Rosalía Fernández Rial, Inma López Silva, Teresa Moure, Emma Pedreira, María Reimóndez, Eli Ríos, Anxos Sumai e Antía Yáñez), diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia.
Música para os días de inverno Pablo Nogueira Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente. O rexoubo dun soño a piques de esmorecer e a esperanza dunha nova vida. A música eríxese coma unha especie de leitmotiv que soa de fondo.
O caranguexeiro Takiji Kobayashi Publicada por entregas na revista Senki en 1929, está considerada unha das obras canónicas da literatura proletaria. Destaca a potencia coa que se reflicte o maltrato ás clases traballadoras, un feito que daquela lle supuxo a intervención da censura, que chegou a prohibir a obra. No xélido marco do mar de Okhotsk, o cruel superintendente dun barco factoría explota con modos ruíns a tripulación, que sofre severos castigos e represalias.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
El chico que dibujaba constelaciones
Para @s b@s lector@s
Esta é unha historia de amor, soños e vida. De Valentina. A rapaza que non sabía que tiña o mundo aos pés, a que medrou e comezou a pensar no imposible. O que cazaba estrelas, o que ansiaba máis, o que tropezaba con el. Con Gabriel. O rapaz que debuxou constelacións, o valente e idealista, o que confiou nas palabras "para sempre" e creou os piares que acabaron retendo o pasado, o agora, o que foi e os recordos que se converterán en po.
La cinta roja Dentro de Auschwitz hai un taller de costura coma ningún outro: unha emocionante historia de amizade e heroísmo, baseada en feitos reais. Aos catorce anos e no seu primeiro día de traballo, Ella entra nun mundo de sedas, tesoiras, alfinetes e bordados. Pero esta non é unha tenda de costura normal. Nin sequera os teus son clientes comúns. Obtivo un traballo na tenda de costura Birchwood. Presa nese campo de concentración, cada vestido que deseña pode significar a diferenza entre a vida e a morte. Os recordos do pasado, a paixón polo seu traballo e o mundo da moda e dos tecidos serán o refuxio para superar esa terrible realidade.
El infinito en un junco Unha viaxe pola vida do libro e dos que o gardaron durante case trinta séculos. Este é un libro sobre a historia dos libros. Unha viaxe pola vida dese artefacto fascinante que inventamos para que as palabras puidesen viaxar no espazo e no tempo. A historia da súa fabricación, de todos os tipos que probamos ao longo de case trinta séculos: libros de fume, pedra, arxila, xuncos, seda, coiro, árbores e, as últimas chegadas, plástico e lixeiro.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Línea de fuego Durante a noite do 24 ao 25 de xullo de 1938, a XI Brigada Mixta do Exército da República atravesa o río para establecer unha cabeza de ponte en Castellets del Segre. Nas inmediacións da cidade, medio batallón de infantería, un tabor marroquí e unha compañía da Lexión defenden a zona. A batalla do Ebro está a piques de comezar, a máis crúa e cruenta batalla que se librou en terras españolas.
Un océano para llegar a ti Unha doce e atrevida novela sobre segredos familiares e emocións silenciadas. Despois da morte da súa nai, Gabriele regresa á cidade dos veráns da súa infancia. Alí agárdaa o seu pai, con quen fai anos que non fala. Xuntos dispuxéronse a cumprir o último desexo de Greta: que as tres persoas máis importantes da súa vida -o seu marido, a súa única filla e a súa cuñadaespallasen as súas cinzas nun lugar onde estaban felices.
Para @s b@s lector@s La hija del Reich Leipzig, Alemaña, anos 30. Hetty Heinrich é a filla obediente dun xornalista de alto rango convertido en nazi, ansioso por desempeñar o seu papel no novo Reich. Pero cando coñece a Walter, espertan nela sentimentos perigosos: Walter, co pelo louro e os ollos azuis, o amigo da infancia que lle salvou a vida. Walter, un xudeu ... Porque que ocorre cando o amor che fai cuestionar todo o que crías ata agora?
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Este Nadal én, como non, nas nosas bo para gozar coa poesía.a. Aquía. tedes varios tía.tulos que vos poden facer sentir...
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
E agora... un pouquiño de bandao de banda deseño de bandaada para adozar o padal CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Astérix e os normandos René Goscinny e Albert Uderzo Nesta ocasión, os normandos chegan á aldea gala dispostos a descubrir o que é o medo. Ao bateren con Astérix e Obélix, e co resto dos irredutibles galos, de seguro que o van conseguir. Ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea pobo-ada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor.
O pacto do Letargo. O tríscele roubado Miguelanxo Prado Despois de Présas fáciles, Miguelanxo Prado interpela de novo e faino agora cunha obra de suspense na que propón unha reflexión sobre a relación do ser humano coa natureza para saber que ocorre cando o medio no que vivimos entra en conflito coa ambición de poder.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Dúas moedas Nuria Tamarit Mar, unha adolescente europea, viaxa a Senegal acompañando á súa nai, que traballa no proxecto de construción dunha biblioteca e unha emisora de radio nun pobo de agricultores e pescadores ao norte da rexión. Habituada ás comodidades e dinámicas do chamado primeiro mundo, a medida que se vaia aclimatando aos ritmos e costumes do lugar irá tomando conciencia de que a metade da súa equipaxe eran tópicos, prexuízos e descoñecemento. Sobre o terreo, Mar descubrirá unha cultura sensual e hospitalaria, unha paisaxe de beleza insólita e unha sociedade con problemáticas moi específicas e sometida a graves desaxustes políticos, pero tamén allea a moitas das nosas servidumes cotiás.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Presentárez Marquiermosvos unhas suxestións para @sns para aprender divertía.ndovos...
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Salvamos o planeta! Larousse Editorial Nova entrega da colección Básicos de Ciencia que busca aprender e divertir. Por que hai gaivotas nos vertedoiros? Que é unha marea negra? E o quentamento global? Tan malo é o plástico? Estas son só algunhas das moitas preguntas enxeñosas con respostas rápidas nestas páxinas. As ilustracións son de Bruno Martínez Tabares
Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe Xurxo Mariño A evolución da linguaxe humana é un dos problemas máis fascinantes da ciencia actual. Este atractivo libro do neuro-científico e divulgador Xurxo Mariño é unha aventura de misterio na que pouco a pouco van aparecendo pistas sobre o desenvolvemento da capacidade lingüística, tanto a medida que se indaga na evolución biolóxica e cultural do xénero Homo, como tamén coa observación dos cambios que se producen durante os primeiros anos de vida das nenas e nenos.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán CastelánGalego Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias Recolle máis de vinte mil frases feitas, o que supón un dos maiores repertorios lexicográficos deste tipo publicado en lingua galega. A información proporcionada en cada entrada dividiuse en cinco campos: a clave, a frase, o texto, o significado e a(s) correspondencia(s) no outro idioma. Este Dicionario fraseolóxico bilingüe está deseñado como unha fonte de recursos e de coñecemento idiomático útil para os falantes e para os usuarios de diferentes ámbitos da lingua (académicos e profesionais), tanto galegos como non galegos.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
... Xa para rematar, un pouco de mĂşsicasica para mover o esqueleto
CPI Manuel SuĂĄrez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
COSTURAS. GUADI GALEGO Quinto disco en solitario de Guadi Galego con dez cancións asinadas por ela e Carlos Abal que transitan dende mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador. Complementan o traballo tres colaboracións: a das poetas Antía Otero e Marina Oural, e a da cantante catalá Paula Grande. A produción musical, a cargo de Olivera Estudi, dá un novo aspecto ás creacións de Guadi, adentrándose en terreos electrónicos sen esquecer a parte máis orgánica e creando texturas dentro do pop. Desta volta con Costuras tenta confirmar o bo momento creativo no que se atopa e reafirmarse na súa maneira de contar.Costuras está editado nun orixinal Digipack con portada do pintor Ricardo de Barreiro que cada persoa descobre ao rascar a superficie gris que a agocha.
Vieiras e Vieiros. Historias de peregrinos LUAR NA LUBRE Décimo noveno traballo do grupo, un álbum que visualiza a pegada do Camiño de Santiago a través das historias de quen percorren os sendeiros: os peregrinos. Tal e como explica Bieito Romero, «as vieiras son o símbolo máis recoñecible de Santiago como apóstolo e tamén dos peregrinos que, en numerosas ocasións, levaron para a súa terra desde as nosas praias (... ). Eles, que levan as vieiras, fan os vieiros». Luar Na Lubre pon en valor a banda sonora dos territorios polos que transita o itinerario xacobeo ou a propia cidade de Compostela. A edición inclúe tamén un segundo disco que recompila algúns temas vinculados á ruta xacobea. Conta con colaboracións tan interesantes como as de Diana Navarro, Ismael Serrano, Pablo Milanés, Miro Casabella, a Orquestra Sinfónica de Bratislava ou Carlos Jean
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Extra! Paco Nogueiras Novo traballo de Paco Nogueiras, con ilustracións de Marc Taeger, que achega doce cancións con inspiración na prensa escrita. Os temas dispóñense como nun xornal con distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades. As melodías destacan polos ritmos modernos, frescos, pegadizos e bailables, invitando á participación do público.
Cantos contos en cantos Enma Janeiro Unha nova selección de 13 «Cantos» de procedencia e contidos diversos, feitos música e canción cunha miscelánea de ritmos que invitan a xogar e a cantar, a contar e a danzar, ao paso das voces e os distintos efectos vocais, e tamén das guitarras, que sobresaen sobre outros moi variados recursos da percusión. A máis das referencias aos distintos contos, que van desde clásicos como Os tres porquiños ata historias de autor como Non fai falta a voz, o traballo literario, plástico e musical complétase cun DVD con vídeos de animación en 2D que serven de soporte para o karaoke das cancións, que vai facilitar o goce das historias. Para completar o arco de idades ao que vai destinada esta selección, o libro+CD inclúe tamén cinco cancións de «Caracois», para que a cativada de menos idade poida iniciarse nun xogo que mestura e combina palabras, imaxes e sons.
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021
A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2020
Desde a Quinta dos libros e o Recuncho da Mata desexárez Marquiermosvos Moi boas Festas e mellores lecturas con esta Panxoliño de bandaa de Nadal METIDO NUN OVO Os tres Reises Magos van para Belén, quitaron os zocos para correr ben. Lupe de Caveira failles o café, Esperanza de Macario peneira de pé (bis)
Déanos o aguinaldo anque sexa pouco, un bo bacallao e a metade doutro. De postre castañas boas e ben grandes, un molete enteiro e un queixo de Flandes
Escoiten señores o aguinaldo novo que naceu un neno metido nun ovo
Escoiten señores o aguinaldo novo que naceu un neno metido nun ovo
Escoiten señores o aguinaldo vello que naceu un neno metido nun cesto
Escoiten señores o aguinaldo vello que naceu un neno metido nun cesto
CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier O Rosal. Curso 2020-2021